A ACTUALIDADE DO QUE PASA EN HONDURAS
Para outra información diferente á convencional acceder a TeleSuRTvFerrol e a especulación urbanística: un Outono quente
20061028

Estos días a institución municipal e o movimento ciudadán de Ferrol están nun enfrentamento social e político de importáncia, promete um outono quente. Pois quente está o panorama municipal, sobre todo na área de urbanismo que o concelleiro Evia herdou de Pita-Romero.
O novo concelleiro apresenta un novo talante e parece que non está collido por compromisos inconfesabeis, como aparentaba ter o seu predecesor e outros do mesmo grupo político. Mais empeñase o goberno municipal en levar adiante projectos especulativos e nefastos para a cidade, pois non dan soltado lastres, tan importantes, como son os de Leixa e Brión, Praza da Porta Nova [Praza de España], Menáncaro, Recimil, Sartaña, ... todos, conflitos que mobiliza a unha parte do movimento popular que fai elevar a sua conciencia e capacidade de organización e mobilización, é por isto, entre outras cousas, polo que nasce a nosa Plataforma Ártabra 21, como unha confluencia dese descontento popular contra os abusos e a especulación.
A Plataforma Ártabra 21, está preparando unha mobilización popular contra a especulación e na defensa dos espazos públicos. En concreto imos centrar as nosas reivindicacións na inxusta e ilegal usurpación do espazo público que se está cometendo na Praza da Porta Nova [Praza de España], onde se pretende a construcción dun edificio de máis de 20 metros de altura ... e outras lindezas.
O dia 31, deste mes de Outubro, a nossa Plataforma ten convocado unha Asemblea Aberta a toda a Ciudadanía, no Centro Cívico Carvalho Calero no Inferniño, ás 7 da tarde.
Promover a participación cidadán é un dos nosos principios, é por iso polo facemos un chamamento á todas as organizacións e veciñanza que queira participar na citada Asemblea, para contribuir na paralisación do especulador, inxusto e ilegal atropelo urbanístico que se está cometendo na citada praza grande de Ferrol.
CONTRA A ESPECULACIÓN URBANÍSTICA !!
NA DEFENSA DOS ESPAZOS PÚBLICOS, NON A SÚA PRIVATIZACIÓN !!
NON AO EDIFICIO NA PRAZA !!
EN NOVEMBRO, MOBILIZACIÓN POPULAR !!
PARTICIPA !!
Así trataron os medios de comunicación da comarca algunhas noticias de interese:
Diario de Ferrol - 27 de Outubro de 2006
A Fiscalía do TSXG pide ao Concello documentación sobre a praza de España
O fiscal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia dirixiu un escrito ao Concello no que solicita que lle sexa remitida a documentación sobre a modificación puntual do Plan Xeralde Ordenación Municipal na praza de España e en especial a aprobación definitiva por parte da Dirección Xeral de Urbanismo. Como consecuencia das dilixencias informativas abertas respecto diso, a Fiscalía solicita tamén que o secretario municipal envíe un informe sobre a legalidad da construción dun edificio de 21 metros nun chan cualificado como sistema xeral viario.
A información completa no propio Diario de Ferrol
La Voz de Galicia - 27 de Outubrode 2006
O fiscal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o órgano xudicial máis importante da comunidade, solicitou ao Concello que lle remita toda a documentación relativa á reforma da praza de España para ver se houbo algunha irregularidade administrativa.
A Información completa na propia Voz de Galicia
La voz de Galicia - 26 de Outubrode 2006
Esquerda Unida presentou unha moción para o seu debate no pleno de hoxe na que solicita ao Concello que recalifique de forma definitiva como zona verde unhas parcelas en Ferrol, coñecida como adro de San Francisco, fronte á igrexa do mesmo nome. Ese lugar é urbanizable, segundo o PXOM, pero actualmente están suspendidas as licenzas ata mediados de novembro. Nese lugar poderíase levantar un edificio de tres plantas.
A noticia na propia Voz de Galicia
Diario de Ferrol - 27 de Outubro de 2006
Respaldo ao cambio do PXOM nos solares de San Francisco
O pleno aprobou por unanimidad dos grupos políticos presentes -é dicir, salvo IF- o inicio do expediente de modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal no ámbito das tres parcelas situadas xunto ao atrio de San Francisco, de modo que pasen a ser espazo libre público e non urbanizable -como figura na actual achaiadura urbanístico-.
A noticia completa no propio Diario de Ferrol
La Voz de Galicia - 27 de Outubrode 2006
Os seis edís do grupo municipal de IF decidiron onte abandonar o pleno ordinario de fin de mes despois de que un grupo de veciños de Ultramar, afectados pola construción dunha piscina na praza de Sartaña, exhibise carteis coa imaxe de Juan Fernández e Leopoldo Ibáñez con cualificativos como «piratas». Tamén había afectados e contrarios ao proxecto de urbanización de Menáncara.
A noticia completa na propia Voz de Galicia
Diario de Ferrol - 27 de Outubro de 2006
Os concelleiros de IF abandonan o pleno polas protestas vecinales
As protestas e pancartas contra algúns dos concelleiros de IF por actuacións talles como a construción do centro deportivo e de lecer en Sartaña ou a urbanización de Menáncaro provocaron o abandono da sesión plenaria de onte dos seis concelleiros de IF.
A noticia completa no propio Diario de Ferrol
Actos ao redor do Día contra o Cambio Climático
From: Verdegaia en Ferrol, Eume e Ortegal <ferrol@verdegaia.org>
Date: 27/10/2006 23:16
Subject: Día contra o Cambio Climático
To: artabra21@gmail.com
Ola a todos/as,
Sociedade Galega de Historia Natural (Ferrol) e Verdegaia (NC Ferrol) organizamos unhas xornadas sobre Cambio climático distribuídas en 4 actos. Adxúntovos cartaz informativo das xornadas. Agradecemos difusión. Máis información en:
www.verdegaia.org e
www.sghnferrol.blogspot.com
Atentamente,
Mª Belén Arenas Riveiro
Secretaria comarcal Verdegaia (NC Ferrol, Eume e Ortegal)
Día contra o Cambio Climático
A Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) e a Asociación VERDEGAIA (NC Ferrol) celebran catro actos relacionados directamente co cambio climático: O Sábado, 4 de novembro, ás 19.00h conferencia sobre a "Antártida" a cargo de Javier Cristobo, que viaxou fai uns meses a bordo do Hespérides ás terras frías do sur e que o Luns, 6 de novembro, ás 20.00h nos amosará un vídeo "Antártida, a vida no límite", realizado por José Antonio Moya da Universidade de Alicante, que describe as dificultades da subsistencia nesa terra. O venres, día 10, ás 20.00h se pasará a película "O pesadelo de Darwin" do director Hubert Sauper, todas elas celebraránse no Ateneo Ferrolán. Finalmente o Sábado, día 11,ás 18.30h na Casa do Pazo (As Pontes) Xosé Veiras García de VERDEGAIA dará unha conferencia sobre o "Centrais térmicas: fábricas de cambio climático".
O sábado, 4 de Novembro celébrase en todo o mundo o "Día contra o Cambio Climático". Esta conmemoración tenta chamala atención de toda a sociedade sobre un perigo que se está a materializar con moita rapidez e que investigadores de todo o mundo atribúen de maneira especial, aínda que non única, ás emisións incontroladas de gases á atmosfera e que nun moi curto período de tempo desequilibrou os niveis de radiacións que entran e saen da terra, coas conseguintes variacións na temperatura, movementos de correntes etc. Os desastres naturais que o mundo está a padecer nos derradeiros anos, quizais non sexan máis cos primeiros síntomas dunha desfeita imparable, con prediccións de aumentos nos niveis dos océanos causados polo desxeo dos polos, chuvias incontroladas e pola contra, secas persistentes e descontrol de pragas de enfermidades, entre outras moitas desgracias que se concatenan unas cas outras. Todos temos o deber de coñecer cales poden ser as causas que nos levaron a esta situación e ata que punto periga a estabilidade do mundo coñecido. Esta conciencia nos debería levar a premer sobre os gobernos para que tenten afrontar o problema, xa que as solucións están nas súas mans por ser as causas de índole industrial na súa maior parte. Detrás das emisións está o diñeiro e as grandes empresas que tan so a política pode controlar. De pouco serve co cidadán queira mercar vehículos pouco contaminantes se as empresas non os fabrican, pero si podería instar aos gobernos para que exerceran o seu poder no control destas fabricacións e puxeran maior énfase da investigación doutras posibilidades enerxéticas ou traballasen a política forestal con máis sentido ecolóxico do que están a facer, prestando máis atención a manter e fomentar os bosques autóctonos e menos ás plantacións de diñeiro fácil e pronta queima ou tala. Entender dunha vez por todas que as árbores non se poden cortar arrasando todo o que se atopa, deixando unha terra depredada como si os pes dun xigante pasara por riba dela. O aproveitamento non debera ser lesivo para o bosque, e nestes momentos o é e moito, proporcional á pobreza do país onde se esquilma a madeira.
--Núcleo Comarcal de Verdegaia en Ferrol, Eume e Ortegal
Todos os días 30 de cada mes contra a Planta de Gas, na Praza do Inferniño, ás 7 da tarde
Enviado : vernes, 27 de outubre de 2006 12:03
Para: artabra21@gmail.com
Asunto: Os verdes comunicado concentracion no Inferniño todolos días 30 a las 19 h.
POR FAVOR, PASA ESTE CORREO AOS TEUS CONTACTOS
Estades todos invitados a presentar nesta concentración os vosos testimonios contra o abuso que supón para todos nos a planta de gas.
Planta de gas fora da ria XA!!!!
Saúdos de Carlos Lareo.
Ferrol, a 27 de outubro de 2006
Os Verdes-Grupo Verde de Ferrolterra convoca a todos os cidadáns de Ferrolterra a concentrarse na Praza do Inferniño, o vindeiro luns 30 de Outubro, ás 19 h. para denunciar o risco a que nos someten os nosos dirixentes políticos ao permitir a actual ubicación dunha Planta de Gas fronte a Ferrol, vulnerando as leis españolas e europeas, e poñendo en permanente risco vital a preto de 100.000 persoas que habitamos a contorna da Ría. Este acto repetirase todos os días 30 de cada mes -excepto Febreiro 28-.
Os Verdes-Grupo Verde de Ferrolterra comeza deste xeito unha cadea de actos contra a planta de gas, co fin de denunciar os intereses creados que se moven contorna ao poder político, non só no área de Ferrol senón tamén na Xunta de Galicia, e que colocan á poboación nunha situación de altísimo risco, só comparable á acaecida con Chernovyl ou Bhopal -con centos de miles de mortos- por mor do deixamento e insidia das autoridades galegas, mais interesadas en favorecer ás grandes corporacións industriais que en protexer aos cidadáns dunha industrialización a calquera prezo.
¡Planta de Gas fora dá ría, XA!
Moitas grazas pola súa atención e pola difusión deste comunicado. Reciba un cordial saúdo de:
Carlos Lareo . Portavoz de Os Verdes-Grupo Verde de Ferrol
Tfno. 619 083 499 www.osverdes.org
Marcadores: Planta de Gas: fóra da Ría
A veciñanza de Sartaña denuncia o intento de facer catas na pista da Praza
Clica dúas veces na imxen do escritopara velo con detalle.

Marcadores: Sartaña: Praza Pública
Un paso máis para salvar a Fraga de Menáncaro dos especuladores
A información completa no Blog da Comunidade Menáncaro
A Plataforma pola Defensa Natural e Patrimonial dos Montes de Brión e de Leixa presentou alegacións ao plan sectorial do parque empresarial
20061027
Ferrol | Xoves, 26 de Outubro de 2006
FERROL
Presentan alegacións ao polígono de Leixa polo seu valor natural
A Plataforma pola Defensa Natural e Patrimonial dos Montes de Brión e de Leixa presentou alegacións ao plan sectorial presentado para este último parque empresarial, que se atopa a exposición pública nestes momentos. Segundo as súas consideracións, a materialización deste plan supoñería un dano irreversible ao espazo natural no que se prevé, con destrución dunha zona boscosa, de canles de ríos e a repercusión correspondente na fauna. Así mesmo, consideran que a construción deste polígono industrial conleva un risco ao atoparse nas inmediaciones dunha zona hospitalaria. Por todos estes motivos, piden que se desestime o plan sectorial e que se adopten as medidas oportunas para preservar íntegramente as fragas da Pega e Casa do Monte, situadas nesta contorna.
REDACCIÓN FERROL
A plataforma detalla as súas alegaciones e, en primeiro lugar, fai referencia a que o citado proxecto urbanístico afectaría á fraga dá Pega, un dos últimos reductos de bosque autóctono non ripícola -é dicir, non ligado á presenza de auga- que se conserva no municipio. Desde o ano 2001 vénse solicitando que esta fraga e outras catro de Ferrol sexan declaradas espazo natural de interese local de acordo coa Lei Galega de Conservación da Natureza.
Nas alegacións precísase así mesmo que nesta zona existen fragas de ribeira constituídas por especies autóctonas cada vez menos abundantes na comarca como o abedul, o fresno, o carballo, o sauce, o avellano, etc. Se se materializa esta actuación, puntualiza a plataforma, as citadas masas arbóreas desaparecerían ou se verían gravemente mermadas.
Outra das zonas que resultaría danada tal e como se contempla o proxecto é un "ameneiral" -bosque de alisos- que permanece prácticamente todo o inverno anegado constituíndo unha formación arbórea de rara presentación.
Para a Plataforma pola Defensa Natural e Patrimonial dos Montes de Brión e de Leixa, a desaparición destas masas vexetais supoñería un paso máis na deforestación que sofre Galicia "trala vaga de lumes e tras certas actuacións urbanísticas", polo que a entidade considera importante "manter a nosa masa arbórea na loita contra a propia deforestación, riscos de inundacións e ou cambio climático". Outra das consecuencias que arrastraría consigo a desaparición das zonas boscosas é o dano irreversible na fauna asociada a elas, pero tamén os ríos veríanse afectados. Así, a memoria do proxecto sinala que o ámbito do polígono aparece cruzado por dous cursos de auga que desembocan no regato de Leixa e que, ademais, un dos límites da zona industrial é o propio río Freixeiro. A canalización de regatos necesaria para executar as obras entraría en contraposición coa lei para a protección, conservación e mellora dos ríos galegos, sostén a plataforma, que incide unha vez máis no perigo para a fauna destas canles fluviales.
Polo que se refire á situación do polígono nunha zona hospitalaria -o hospital Novoa Santos e o de Defensa están no límite do polígono e o Marcide e o Centro de Atención a Minusválidos Físicos moi próximos-, a plataforma considera un risco o posible tránsito ou almacenamiento de mercancías perigosas preto destes espazos. Tampouco se mostra de acordo coa instalación nas proximidades de dous centros como son o IES Leixa e o de educación especial Carmen Polo.
A plataforma denuncia tamén que pequenos núcleos de casas da zona de Fonteiroa quedarían prácticamente enjaulados dentro do polígono industrial e engade que en Ferrol e a súa contorna existe suficiente chan industrial.
Nota aclaratoria para a Asembleia Xeral do 31 de Outubro
20061024
A Xunta Coordenadora aproba difundir a proposta que elaborou por todos os medios, para que todas as organizacións, colectivos e persoas teñan coñecemento da mesma e vaian facendo as súas achegas para a citada Asemblea Extraordinaria.
Convocatoria das citadas Asembleais Xerais:
A Xunta Coordinadora da Plataforma Ártabra21, tal e como fixa o documento fundacional, convócavos para unha ASEMBLEA ORDINARIA ás 7, 00 h. da tarde e unha segunda ASEMBLEA EXTRAORDINARIA ás 7, 30 horas da tarde no Centro Cultural Municipal “CARVALHO CALERO” do Inferniño o martes día 31 de outubro.
Se algunha organización ten ALEGACIÓNS ás propostas da Xunta Coordinadora, pedimos envialas a este correo [artabra21@gmail.com] ou presentar unha copia na MESA ao inicio da ASEMBLEA para ordenar o debate.
Para Ligar com a proposta de Regulamento que fai a Xunta Coordenadora
- En normativa RAG
- En normativa AGAL
A veciñanza impide e denuncia novas catas na Praza de Sartaña

NOVAS CATAS NA PISTA DE SARTAÑA
jose ramon -JOSERJOVE@terra.es-
23 de octubre de 2006 23:32
Para: "Plataforma Artabra 21 A Plaraforma da Costa Artabra, Ortegal e Eume"
-artabra21@gmail.com-
Boa noite.
Adxúntovos nota de prensa onde dase conta do incidente ocurrido na tarde hoxe.
Un saúdo,
José Ramón Jove
Boa tarde.
Comunícovos que na tarde de hoxe arredor das 7 da tarde, os veciños impediron a realización dunhas "calicatas" que comenzaban a facer unha parella de traballadores.
En principio estos se mostraron contrariados pero inmediatamente depuxeron a súa actitude.
Este feito púxose en coñecemento do 092 que acudíu ó lugar e tomou declaración e nota do que alí estaba sucedendo, para posteriormente e segundo manifestaron cursar o correspondente informe.
Cabe sinalar tamén que os traballadores procederon a instancia dos veciños a tapar o oco realizado, como non podía ser doutro xeito.
Os veciños somos sabedores con certeza de que non hai licencia municipal para realizar ningunha actividade. Estas maniobras cremos que obedecen a presións da Concellería de Deportes e "puenteando" á Concellería de Urbanismo.Os veciños non imos a consentir baixo ningún concepto este tipo de maniobras e menos cando nos ampara a legalidade, xa que nin hai licencia, nin se resolveron todavía o recurso presentado por Esquerda Unida, nin se respostaron as mil alegacións entregadas en contra da redacción do proxecto de adxudicación da pileta de Sartaña.
Adxúntovos fotos do relatado anteriormente.
Un saudo,
José Ramón Jove Vidal
DNI: 32 629 752 C
Tfno. 618 929 865
Veciños na defensa de Sartaña
Marcadores: Sartaña: Praza Pública
Os días 7 e 8 de Novembro haberá unhas xornadas de Enerxias Renovabeis en Ferrol, organizadas por Enxeñeria Sen Fronteiras
I Xornadas de Enerxías Renovabeis. Tecnoloxía e Aplicación ó DesenvolvementoAberta a inscripción até o dia 30 deste mes de Outubro, para poder participar nas I Xornadas de Enerxías Renovabeis en Ferrol. Realizaranse o 7 e 8 de Novembro no Salón de Actos do Vicerrectorado de Ferrol da UDC no Campus de Esteiro, organizadas por Enxenería Sen Fronteiras.
Coa intención de proporcionar aos diferentes actores sociais, insitucions e entidades privadas que desenvolven a súa actividade na Galiza, como a todos aqueles sectores da poboación interesados, nunha visión máis ampla e realista da situación enerxética actual.
Varios técnicos en proxectos e expertos de nivel internacional en enerxía explicarán a influencia que ésta ten no desenvolvemento humano.
As xornadas ofrecen a posibilidade de aproximarse á situación enerxética mundial dun modo obxectivo e realista, que permita comprender dunha forma clara a importancia que a enerxía xoga no desenvolvemento humano e someter a debate social o emprego que da mesma se leva a cabo, así como os seus métodos de obtención e as diferentes políticas enerxéticas actuais.
Mais info en
http://galicia.isf.es/energiaferrol/galego/index.php
Enxeñería Sen Fronteras (ESF) é unha Organización Non Gubernamental (ONG) adicada á cooperación ó desevolvemento que traballa para construír unha sociedade mundial xusta e solidaria e para pór a Tecnoloxía ó servizo do desenvolvemento humano.
ESF é unha ONG pluridisciplinar, aconfesional e apartidista, formada por socios e voluntarios. Está estructurada en forma de federación de asociacións que comparten uns mesmos obxectivos e principios.
http://galicia.isf.es/
Comunicado sobre Dragado Canal da Ria de Ferrol
Antonio Gª -angaji@yahoo.com-
20 de Outubro de 2006 01:37
Para: "ADEGA-TRASANCOS(FERROLIÑO)"
-adegatrasancos@adega.info-
Queridos compañeiros/as:
Vos reenvío esta mensaxe de Carlos Lareo, referente á planta de gas e con convocatoria adicional de concentracions os días 30 de cada mes, contra a planta de gas dentro da ría, por se queiredes participar.
Unha aperta e.... boa fin de semana
Antonio Gª
----- Forwarded Message ----
From: calareo -calareo@yahoo.es-
To: "ADEGA-TRASANCOS(FERROLIÑO)" -adegatrasancos@adega.info-
Sent: Thursday, October 19, 2006 11:37:18 PM
Subject: RV: Os Verdes Comunicado sobre Dragado Canal da Ria de Ferrol
Resultado:
Achégovos o último comunicado a raíz da sangrante decision de bombardear o fondo da ria con fondos publicos para Reganosa, SEN DICIR QUE É PARA QUE ENTREN E SALGAN Os BUQUES METANEROS. Hai que, xa que logo, puntualizalo ante a presna que tampouco se atreve a dicir a finalidade do mesmo dragado. A Voz ata saca a foto de ¡un trasatlantico! pola canle. Vaia Morro.
Anímovos a que se podeis, acudades ás concentracións que imos empezar todos os 30, ás 19 h no Inferniño. Pasade o emilio!
Grazas!!!!
Os Verdes-Grupo Verde de Ferrolterra
calareo -calareo@yahoo.es- escribiu:
Os Verdes-Grupo Verde de Ferrolterra, comunica que o investimento de 1,5 millóns de euros autorizada por Fomento para realizar o dragado da canle de entrada de ríaa ten por obxectivo facilitar o acceso dos grandes e perigosos buques gaseros ?autenticas bombas flotantes- ao interior da Ría de Ferrol, xa que actualmente só poden facelo con marea alta, o que a converte nunha autentica ratonera no caso de calquera accidente.
Este feito é algo que se está ocultando á poboación desde a Administración e polos grupos políticos con responsabilidades na materia.
¿Por que as autoridades non explican que o que pretenden é facilitar o tránsito dos grandes buques gaseros -autenticas bombas flotantes- cara a Reganosa, os cales entrarán achegándose peligrosamente á poboación de Ferrol, por un estreito e longa canle, que non cumpre cos criterios de navegabilidad internacionais para estes buques de altísimo risco?
¿ Por que non din que tocan fondo, excepto con marea alta, o que converte ríaa nunha ratonera sen saída en caso de ser necesario afastalos?
¿Por que non din que se encallan na canle, poden abrirse grietas de varios metros e verter grandes cantidades do Gas Natural Licuado (GNL) que levan, o que obrigaría a evacuar todo Ferrol polo inmenso risco que supoñen estes buques? Evacuación doutra banda imposible en curto espazo de tempo !!.
¿Por que non din que en Hong Kong evacuaron 30 Km á redonda cando ardeu un gasero con 20.000 Tm en mar aberto?
¿Por que non din que os gaseros de Reganosa portarán 70.000 Tm de GNL?
¿Por que non din que GNL Vivendas = Perigo?
¿Por que non din que a normativa EN-1532 impón a necesidade de tránsito de Gaseros sen ningún tipo de restricción dentro de ríaa de Ferrol e a súa canle de entrada, as 24 horas do día?
¿Por que non din que cada gasero necesitará 4 remolcadores para cruzar en zig-zag a canle? ¿Por que o estado ten que poñer remolcadores para unha empresa privada?
¿Por que non din que non realizaron o estudo de impacto ambiental para dragar o fondo da canle da ría? ¿Temen que sexa negativo?
¿Por que non din que para apoiar a Reganosa ?empresa privada- si que hai fondos económicos de todos os contribuyentes, e para a Depuradora de augas residuales temos que estar esperando máis de 10 anos?
Vos Verdes preguntamos: ¿É que aquí todo vale? ¿É que as leis están para que algúns privilexiados NON cúmpranas? ¡Queremos saber porqué...!!!
Por iso pedimos aos Ferrolanos que se levanten contra tanto oprobio e abuso, e acudan ás concentracións que realizaremos Vos Verdes no Inferniño, todos os días 30 de cada mes, ás 19 h. Informaremos próximamente.
¡Planta de Gas fora dá ría, xa! ¡Ferrol, levántache!!!!
Un saúdo cordial de Carlos A. Lareo
Portavoz de Vos Verdes de Ferrolterra
Un saúdo cordial de Carlos Lareo
Tfno. 619083499
Marcadores: Planta de Gas: fóra da Ría
A veciñanza de Ferrol-Vello na defensa dos espazos públicos [15.10.2006]

O pasado domingo, 15 de Outubro, tivo lugar un acto reivindicativo, convocado pola Asociación Veciñal e a Comisión Pola Recuperación de Ferrol Vello, o acto tiña como obxectivo reclamar da administración municipal a cualificación como zona verde pública das parcelas diante do adro de San Francisco, e así evitar o dano irreparable que suporía a edificación dun edificio de baixo e tres alturas neste espacio tan significativo para a cidade.
Perante o acto, leuse un comunicado e recolleronse asinaturas da veciñanza reclamando da administración municipal a cualificación de zona verde pública tal como se aprobo en pleno, das parcelas situadas diante do adro de San Francisco. Lembrando que o anterior plan de urbanismo xa reflexaba as parcelas como zonas públicas, o porqué de tal modificación “é un misterio”.
Ligar coa Galeria fotográfica do acto facilitada polas entidades convocantes.
Ligar co Comunicado que se leu no acto.
Ligar co Blog da Comisión Cidadá para a recuperación de Ferrol-Vello
Convocatoria das Asembleias Xerais do 31 de Outubro
20061023
Ao remate dista ASEMBLEA ORDINARIA , principiará ás 7, 30 h. unha ASEMBLEA EXTRAORDINARIA para os integrantes da PA21 co fin de redactar un Regulamento de funcionamento interno.
Se algunha organización ten ALEGACIÓNS ás propostas da Xunta Coordinadora, pedimos envialas a este correo ou presentar unha copia na MESA ao inicio da ASEMBLEA para ordenar o debate.
Saúdos
--
Ferrol a 23 de outubro de 2006.
A Xunta Coordinadora
Asdo.
José R. Jove
Carlos Gª Seoane
Miguel Reimundez
Ernesto Lopes
Amadeo Varela
Xosé M. Sanxoán
A Xunta Coordinadora da Plataforma Ártabra21, tal e como fixa o documento fundacional, convócavos para unha ASEMBLEA ORDINARIA ás 7, 00 h. da tarde e unha segunda ASEMBLEA EXTRAORDINARIA ás 7, 30 horas da tarde no Centro Cultural Municipal “CARVALHO CALERO” do Inferniño o martes día 31 de outubro.
ASEMBLEA ORDINARIA
Orde do día
1 .- Lectura e aprobación , se procede, da ACTA da ASEMBLEA anterior.
2 .- Estado de contas.
3 .- Proposta da Xunta Coordinadora para convocar unha mobilización contra o edificio emblemático na Praza de Porta Nova- P.de España o sábado 4 ao mediodía.
4 .- Proposta de manifesto publico respecto o incendio na Planta de gas en Mugardos.
5.- Determinación do día, lugar e hora da seguinte Asemblea da PA21.
6 .-Suxestións e preguntas.
ASEMBLEA EXTRAORDINARIA
Orde do día
Punto único - Proposta da Xunta Coordinadora respecto ao Regulamento Organizativo da PA21.
Ferrol a 20 de Outubro de 2006.
A Xunta Coordinadora
Asdo.
Carlos Gª Seoane
José R. Jove
Amadeo Varela
Miguel Reimundez
Ernesto Lopes
Xosé M. Sanxoán
Para Ligar com a proposta de Regulamento que fai a Xunta Coordenadora
- En normativa RAG
- En normativa AGAL
Declaración do Colectivo Fusquenlla [21.10.2006]
20061021

manuel dominguez
-manudominguez@yahoo.es-
21 de octubre de 2006 16:55
Para: artabra21@gmail.com
Declaración do Colectivo Fusquenlla ante as múltiples irregularidades urbanísticas en Pontedeume.
Máis dun ano transcorreu desde que se puxeron as primeiras denuncias contra o edificio da Av. Dr. Villanueva nº1 e só agora o concello pretende calmar o malestar enviando ao arquitecto municipal a elaborar un informe no que se constatan as múltiples ilegalidades que o técnico atopou. Aínda así este traballo resulta inaccesíbel para os cidadáns que denunciamos a obra, contravindo a lei que regula o acceso aos documentos públicos. O colectivo Fusquenlla solicitou coñecer o informe técnico así como os posibeis acordos adoptados polo goberno local para evitar este tipo de infraccións, no suposto que se tomasen tales acordos. Unha vez máis négasenos o dereito a acceder a este tipo de documentación.
Tendo en conta a lexislación sobre ordenación urbanística, o concello de Pontedeume ten a obriga, unha vez detectadas irregularidades nunha obra, de incoar un expediente e paralizar os traballos ata que se repoña a legalidade. Non é así neste caso e as obras seguen o seu curso normal. Sería desexábel, por hixiene política, que se desmentise desde o concello se hai intereses persoais que expliquen esta permisividade.
O concello conculca a lei novamente ao non dictar as medidas oportunas para impedir o desenvolvemento dos traballos e ao non poñer os medios para que os construtores acaten a regulamentación urbanística.
Exiximos que o alcalde paralice inmediatamente esta obra pois xa non hai escusa para a dilación.
Son moitos os casos nos que o rexedor e o concelleiro de urbanismoignoraron a lei de ordenación urbana, beneficiando con iso aos promotores que construen sen control mentres o entorno se deteriora e se modifica a face dunha vila como Pontedeume.
Consideramos que o problemas urbanísticos da nosa vila exixen unha urxente solución dada a veloz carreira do cemento. Por iso amén demandamos da Consellería de Política Territorial e Urbanismo que aplique a lei dun xeito inmediato e con todo rigor.
Segundo esta, a CPTOPT ten a obriga de informar ao ministerio fiscal das infraccións cometidas polos concellos en materia urbanística dado que o concello non respetou a legalidade e iso a pesar dos últiples requerimentos feitos pola propia Xunta. Lembremos que hai ordes de paralización dictadas sobre obras como o edificio de Caldagueiro e sobre vivendas construidas en zona de protección costeira, que se permitíu a ocupación de vivendas cun expediente aberto sen o correspondente certificado de primeira ocupación, que se concederon licenzas para construir en zonas protexidas, que se permitíu ampliar unha urbanización como Caldagueiro previamente declarada ilegal, que se tolerou unha segregación do chan a pesar do informe negativo da secretaria co obxecto de beneficiar a un coñecido construtor, que non se respectan os dereitos cidadáns ao negarlles a información requerida sobre documentos públicos, e que se consente aos construtores non axustar as obras ás licenzas concedidas.
Nun escrito enviado á Consellería de Poítica Territorial e Urbanismo exiximos que esta adopte definitivamente unha posición clara respecto ao ocurrido en Pontedeume, dando conta ao fiscal dos feitos comprobados.
Cremos que non abonda coa acusación que se fixo sobre dúas vivendas particulares en Nogueirosa soslaiando outras actuacións ilegais moito máis graves e daniñas desde o punto de vista urbanísitco. A Xunta ten o compromiso moral e legal de facer que se repecte o estado de dereito, máxime cando os que o infrinxen son os poderes públicos, neste caso o concello de Pontedeume, sen dar motivos para pensar que hai neglixencia en quen ten que velar, na súa condición de máxima autoridade, polo total acatamento da legalidade. Por esta razón, tamén daremos conta ao presidente do executivo do escrito enviado á CPTOPT.
http://www.sospontedeume.com/
Proposta Regulamento feita pola Xunta Coordenadora [Nomativa rag]
20061020
No documento fundacional aprobado o 29 de maio do 2006, establécense un método e principios organizativos, redactados en 9 paragrafos, que é necesario desenvolver e concretar, para acadar o funcionamento áxil e dinámico que se pretende, tal como especifica o paragrafo 7 dos citados principios.
Parágrafo 1.- “O funcionamento da plataforma baséase no compromiso, individual e colectivo, de participación para lograr a consecución dos obxectivos.”
a).- O principal fundamento para o funcionamento democrático da PA21 é o do CONSENSO. En caso de necesidade, recorrerase à votación, que será decidida por maioria simple.
b).- A PA21 componse basicamente de tres estruturas organizativas:
A Asemblea Xeral, a Xunta Coordenadora e os Grupos de Trabalho.
c).- Tod@s @s membros teñen o dereito a integrarse nos órganos de goberno e representación, e o deber de participar cando sexan designad@s pola Asemblea. Exceptúanse @s membros individuais, d@s que, a participación será voluntaria.
d).- Tod@s @s membros da Plataforma teñen o deber de aceptar, apoiar e defender as decisións da Asemblea, ainda que, por causa xustificada, non participasen nesa decisión asemblear.
Parágrafo 2.- “Esta Plataforma está aberta a entidades, organizacións e persoas de xeito individual que soliciten a súa integración, que será ratificada pola Asemblea.”
a).- Toda organización, colectivo ou persoa que solicite o seu ingreso na PA21, ten o deber de:
Aceptar o Documento Constituinte, coa súa Declaración de Princípios, os seus Obxectivos Xerais e o seu Método e Principios Organizativos.
Asinar na lista de Membros da Plataforma.
Apresentar a solicitude ante a Asemblea por medio d@ solicitante ou un/unha representante.
b).- A solicitude deberase facer por escrito, no que constará o nome e sinatura da persoa solicitante, ou o nome da entidade e a sinatura d@ seu/súa representante, expresando o seu desexo de integrarse na Plataforma e a súa decisión de aceptar todas as normas, principios e obxectivos da mesma.
Parágrafo 3.- “Faranse Asembleas todas os últimos martes laborais de cada mes.”
a).- A función da Asemblea consiste en determinar as liñas básicas xerais de actuación da PA21 como resultado da coordenación e debate entre @s divers@s membros, así como as iniciativas a pór en marcha para emprender algú tipo de acción.
b).- A Asemblea estará dirixida por un/unha compoñente da Xunta Coordenadora, eleito Portavoz.
c).- Tod@ @s membros da Plataforma teñen o dereito e o deber de participar nas Asembleas con, polo menos, un/unha representante. Ningunha persoa poderá representar ao mesmo tempo a dous membros.
d).- En caso de votación, cada representante dun grupo ou colectivo, posuirá un voto. As persoas a título individual presentes na Asemblea teñen o dereito a expresárense libremente, e a efectos da votación, integraranse nun grupo ao cal lle corresponde un voto no cómputo global cos colectivos e organizacións, cuxo signo dependerá da maioria simple escollida polas persoas deste grupo. Estabelécese un mínimo de cinco persoas, non adscritas a ningún outro colectivo, para conformaren este grupo.
Os acordos da Asemblea tomaranse por maioria simple.
e).- Na Orde do Dia das Asembleas incluiranse, para o seu debate, as propostas de Resolución apresentadas pol@s membros.
f).- No último ponto da Orde do Dia de cada Asemblea - a celebrar o últimao martes laboral de cada mes – estabelecerase a data, hora e lugar da Asemblea seguinte. Non embargo, a Xunta Coordenadora enviará cunha semana de antelación a tod@s @s membros da Plataforma - via correio electrónico - as citadas circunstancias coa Orde do Dia.
Parágrafo 4.- “Constituirase unha Xunta Coordenadora formada por dous/duas coordenadores/as e dous/duas responsábeis de Actas e Contas, estes/as serán renovad@s de xeito alternativo pola Asemblea.”
a).- Como Organismo representante da PA21 entre Asembleas, a Xunta terá como misións:
Aplicar as liñas xerais establecidas polas Asembleas, determinando os medios necesarios para levar a cabo os acordos asembleares.
Coordenar os grupos de traballo.
Difundir as iniciativas propostas nas Asembleas, via correio electrónico, blogues ou comunicados nos medios informativos.
Apoiar con todos os medios disponíbeis, as accións propostas por membros da PA21, que fosen aprobadas pola Asemblea.
Elaborar a Orde do Dia das Asembleas e da propia Xunta Coordenadora.
En caso de urxencia, terá capacidade decisoria, respeito dun tema concreto, debendo xustificar a urxencia e dar conta da sua actuación, ante a Asembleia mais próxima.
b).- Para mellorar o seu funcionamento, a Xunta Coordenadora, estará formada por SEIS persoas pertencentes a seis membros distintos da Plataforma. Ademais, d@s 2 coordenadores/as e @s 2 responsábeis de actas e contas, incluiranse duas persoas suplentes. A Xunta Coordenadora concíbese como un organismo aberto a todas aquelas persoas que quixeren participar por iniciativa propia.
c).- Unha vez nomead@s @s compoñentes da Xunta Coordenadora, a Asemblea poderá designar as funcións de cada quen, ou permitir que se organicen por si mesm@s.
d).- A duración do desempeño destas funcións, será como mínimo de seis meses, sendo renovad@s @s compoñentes, alternativamente, de tres en tres. A Asemblea poderá autorizar a continuación na xunta Coordenadora de calquera membro, sempre que haxa unanimidade. Non embargo, evitarase no posíbel a permanencia dunha persoa nas mesmas funcións por mais de seis meses.
e).- @s compoñentes da Xunta Coordenadora asumirán as seguintes funcións:
Portavoz, Secretari@, Tesoureir@, Vogal 1º (suplente do Portavoz), Vogal 2º (suplente d@ Secretari@) e Vogal 3º (suplente d@ Tesoureir@).
d).- Independentemente das suas funcións como compoñentes da Xunta Coordenadora, as funcións específicas de cada quen serán as seguintes:
@ Portavoz.-
Será @ encargad@ de abrir e fechar as reunións da Xunta Coordenadora e das Asembleas, e moderar o debate.
Representará á PA21 nos seus posicionamentos públicos, encargandose de que se envien os comunicados aos medios informativos.
Estará à disposición d@s membros da PA21.
@ Secretari@.-
Recollerá as aportacións d@s asembleares - que a ser posíbel deverán ser apresentadas por escrito - e redactará as actas das Asembleias e da Xunta Coordenadora.
Redactará a Orde do Dia de todas as xuntanzas.
Tamén redactará as Resolucións e os Comunicados, segundo o acordado nas Asembleas e nas Xuntas Coordenadoras.
Ademais, levará sempre actualizada umha lista d@s compoñentes da Plataforma.
@ Tesoureir@.-
Levará controlo dos Ingresos e Gastos.
Apresentará o estado de contas en cada Asemblea.
@s Vogais.-
Cada Vogal axudará ao/á seu/súa correspondente e @ suplirá en caso necesario.
e).- A Xunta Coordenadora proporá unha persoa responsábel do blogue e do correo electrónico da PA21, que informará do tema. Este nomeamento deberá ser ratificado pola Asemblea.
f).- A periodicidade das reunións, ordinarias ou extraordinarias, será determinada pola propia Xunta Coordenadora. A estas reunións poderá asistir calquera membro da Plataforma que o desexar.
g).- Calquera membro da PA21 poderá pedir a reunión da Xunta Coordenadora, para tratar un tema urxente.
Parágrafo 5.- “Para as xuntanças urxentes, a Xunta Coordenadora fará a convocatoria o mais rápido posíbel.”
a).- En caso necesario, a Xunta Coordenadora deberá reunirse do xeito mais inmediato, e convocará rapidamente unha Asemblea Extraordinaria da Plataforma.
Parágrafo 6.- “Para cada evento ou tema concreto nomearase un Comité organizador Permanente, até rematar este feito.”
a).- Para tratar un tema concreto, a Asemblea poderá nomear unha persoa, ou unha Comisión, que se integrarán na Xunta Coordenadora até rematar este feito.
b).- Por decisión da Asemblea poderán crarse Grupos de Traballo, para debater os aspectos dunha problemática concreta (urbanismo, medio ambiente, participación veciñal, cultura, etc.) e buscar unha saída prática a unha determinada situación e ás propostas de actuación.
c).- Os Grupos de Traballo terán plena autonomia para organizar o seu funcionamento, e será un/unha responsábel de grupo quen deba informar das súas conclusións, á Xunta Coordenadora.
Parágrafo 7.- “As Asembleas acordarán por Resolucións os princípios xerais que rexerá a Plataforma, o método para un funcionamento áxil e dinámico, e as actuacións concretas a desenvolver.”
a).- As propostas de Resolución constitúen o corpo teórico da PA21.
b).- As Asembleas acordarán, por medio de Resolucións, aqueles aspectos non recollidos até agora, e que pudesen mellorar e axilizar o funcionamento da Plataforma.
c).- As Propostas de Resolución aprobaranse nas Asembleas por maioria simple.
Parágrafo 8.- “Non poderá exercer de Portavoz da Plataforma Ártabra 21 a mesma persoa duas veces consecutivas.”
a).- Non poderá exercer de Portavoz da Plataforma, a mesma persoa, mais de seis meses seguidos. Para temas concretos, ou en caso de necesidade, a Asemblea poderá nomear un/unha Portavoz ocasional.
Parágrafo 9.- “Esta declaración de principios poderá ser revisada en cada Asemblea, previa presentación por escrito do texto a engadir ou corrixir.”
a).- Tanto o Método como os Principios Organizativos e o Regulamento, poderán ser debatidos e modificados pola Asemblea.
b).-As propostas de modificación deberán ser apresentadas por escrito à Xunta Coordenadora para que a poda incluir na orde do dia da seguinte Asemblea.
Das Finanzas
……………..
Artº. 1.- A Plataforma Ártabra 21, parte dun patrimonio de cero euros.
Artº. 2.- Ante a imposiblidade de prever os posíbeis gastos, non se farán orzamentos anuais.
Artº. 3.- Estabelécese unha cota semestral de 25 euros, para cada unha das asociacións membros, excepto aquelas plataformas sectoriais integradas na propia PA21, que cotizan a través dalgunha das suas organizacións constiuíntes. No caso de membros individuais, a aportación cuantifícase en 3 euros por semestre, adimitindo maiores aportacións voluntarias.
Artº. 4.- As contas da Plataforma estarán sempre a disposición da Asemblea, mediante a información apresentada pol@ tesoureir@, ou persoa em quen delegue.
Artº.5.- En caso de necesidade pontual urxente, a Asemblea poderá estabelecer unha cota extraordinaria.
Disolución da Plataforma
……………..
Artº. 1.- A Plataforma disolverase voluntariamente, por acordo asemblear adoitado polos dous terzos d@s membros presentes na Asemblea.
Artº. 2.- En caso de disolución da Plataforma, a Xunta Coordenadora encargarase de facer a liquidación de bens, entregando o patrimonio activo a unha entidade benéfica. No caso de débedas, liquidaranse polas aportacións d@s membros presentes.
Proposta de Regulamento que fai a Xunta Coordenadora [Normativa agal]
No documento fundacional aprovado o 29 de Maio do 2006, estabelecem-se um método e princípios organizativos, redigidos em 9 parágrafes, que é necessário desenvolver e concretar, para alcançar o funcionamento ágil e dinámico que se pretende, tal como especifica o parágrafe 7 dos citados princípios.
Parágrafe 1.- “O funcionamento da plataforma baseia-se no compromisso, individual e colectivo, de participaçom para lograr a consecuçom dos objectivos.”
a).- O principal fundamento para o funcionamento democrático da PA21 é o do CONSENSO. Em caso de necessidade, recorrerá-se à votaçom, que será decidida por maioria simples.
b).- A PA21 compom-se basicamente de tres estruturas organizativas:
A Assembleia Geral, a Junta Coordenadora e os Grupos de Trabalho.
c).- Tod@s @s membros tenhem o direito a integrar-se nos órgaos de governo e representaçom, e o dever de participar quando sejam designad@s pola Assembleia. Exceptuam-se @s membros individuais, d@s que, a participaçom será voluntária.
d).- Tod@s @s membros da Plataforma tenhem o dever de aceitar, apoiar e defender as decisons da Assembleia, ainda que, por causa justificada, nom participassem nessa decisom assemblear.
Parágrafe 2.- “Esta Plataforma está aberta a entidades, organizaçons e pessoas de jeito individual que solicitem a sua integraçom, que será ratificada pola Assembleia.”
a).- Toda organizaçom, colectivo ou pessoa que solicite o seu ingresso na PA21, tem o dever de:
Aceitar o Documento Constituinte, com a sua Declaraçom de Princípios, os seus Objectivos Gerais e o seu Método e Princípios Organizativos.
Assinar na listagem de Membros da Plataforma.
Apresentar a solicitude ante a Assembleia por meio d@ solicitante ou um/umha representante.
b).- A solicitude deverá-se fazer por escrito, no que constará o nome e sinatura da pessoa solicitante, ou o nome da entidade e a sinatura d@ seu/sua representante, expressando o seu desejo de integrar-se na Plataforma e a sua decisom de aceitar todas as normas, princípios e objectivos da mesma.
Parágrafe 3.- “Farám-se Assembleias todas as derradeiras terça-feiras laborais de cada mês.”
a).- A funçom da Assembleia consiste em determinar as linhas básicas gerais de actuaçom da PA21 como resultado da coordenaçom e debate entre @s divers@s membros, assim como as iniciativas a pôr em marcha para empreender algum tipo de acçom.
b).- A Assembleia estará dirigida por um/umha componhente da Junta Coordenadora, eleito Portavoz.
c).- Tod@ @s membros da Plataforma tenhem o direito e o dever de participar nas Assembleias com, polo menos, um/umha representante. Nengumha pessoa poderá representar ao mesmo tempo a dous membros.
d).- Em caso de votaçom, cada representante dum grupo ou colectivo, possuirá um voto. As pessoas a título individual presentes na Assembleia tenhem o direito a expressarem-se livremente, e a efeitos da votaçom, integrarám-se num grupo ao qual lhe corresponde um voto no cómputo global com os colectivos e organizaçons, cujo signo dependerá da maioria simples escolhida polas pessoas deste grupo. Estabelecem-se um mínimo de cinco pessoas, nom adscritas a nengum outro colectivo, para conformarem este grupo.
Os acordos da Assembleia tomarám-se por maioria simples.
e).- Na Ordem do Dia das Assembleias incluirám-se, para o seu debate, as propostas de Resoluçom apresentadas pol@s membros.
f).- No último ponto da Ordem do Dia de cada Assembleia - a celebrar a última terça-feira laboral de cada mês – estabelecerá-se a data, hora e lugar da Assembleia seguinte. Nom embargo, a Junta Coordenadora enviará com umha semana de antelaçom a tod@s @s membros da Plataforma - via correio electrónico - as citadas circunstáncias com a Ordem do Dia.
Parágrafe 4.- “Constituirá-se umha Junta Coordenadora formada por dous/duas coordenadores/as e dous/duas responsáveis de Actas e Contas, estes/as serám renovad@s de jeito alternativo pola Assembleia.”
a).- Como Organismo representante da PA21 entre Assembleias, a Junta terá como misons:
Aplicar as linhas gerais estabelecidas polas Assembleias, determinando os meios necessários para levar a cabo os acordos assembleares.
Coordenar os grupos de trabalho.
Difundir as iniciativas propostas nas Assembleias, via correio electrónico, blogues ou comunicados nos meios informativos.
Apoiar com todos os meios disponíveis, as acçons propostas por membros da PA21, que fóssem aprovadas pola Assembleia.
Elaborar a Ordem do Dia das Assembleias e da própria Junta Coordenadora.
Em caso de urgência, terá capacidade decisória, respeito dum tema concreto, devendo justificar a urgência e dar conta da sua actuaçom, ante a Assembleia mais próxima.
b).- Para melhorar o seu funcionamento, a Junta Coordenadora, estará formada por SEIS pessoas pertencentes a seis membros distintos da Plataforma. Aliás, d@s 2 coordenadores/as e @s 2 responsáveis de actas e contas, incluirám-se duas pessoas suplentes. A Junta Coordenadora concebe-se como um organismo aberto a todas aquelas pessoas que quigerem participar por iniciativa própria.
c).- Umha vez nomead@s @s componhentes da Junta Coordenadora, a Assembleia poderá designar as funçons de cada quem, ou permitir que se organicem por si mesm@s.
d).- A duraçom do desempenho destas funçons, será como mínimo de seis meses, sendo renovad@s @s componhentes, alternativamente, de três en três. A Assembleia poderá autorizar a continuaçom na Junta Coordenadora de qualquer membro, sempre que haja unanimidade. Nom embargo, evitará-se no possível a permanença dumha pessoa nas mesmas funçons por mais de seis meses.
e).- @s componhentes da Junta Coordenadora assumirám as seguintes funçons:
Portavoz, Secretári@, Tesoureir@, Vogal 1º (suplente do Portavoz), Vogal 2º (suplente d@ Secretári@) e Vogal 3º (suplente d@ Tesoureir@).
d).- Independentemente das suas funçons como componhentes da Junta Coordenadora, as funçons específicas de cada quem serám as seguintes:
@ Portavoz.-
Será @ encarregad@ de abrir e fechar as reunions da Junta Coordenadora e das Assembleias, e moderar o debate.
Representará à PA21 nos seus posicionamentos públicos, encarregando-se de que se enviem os comunicados aos meios informativos.
Estará à disposiçom d@s membros da PA21.
@ Secretári@.-
Recolherá as aportaçons d@s assembleares - que a ser possível deverám ser apresentadas por escrito - e redigirá as actas das Assembleias e da Junta Coordenadora.
Redigirá a Ordem do Dia de todas as juntanças.
Também redigirá as Resoluçons e os Comunicados, segundo o acordado nas Assembleias e nas Juntas Coordenadoras.
Ademais, levará sempre actualizada umha listagem d@s componhentes da Plataforma.
@ Tesoureir@.-
Levará controlo dos Ingressos e Gastos.
Apresentará o estado de contas em cada Assembleia.
@s Vogais.-
Cada Vogal ajudará ao/à seu/sua correspondente e @ suplirá em caso necessário.
e).- A Junta Coordenadora proporá umha pessoa responsável do blogue e do correio electrónico da PA21, que informará do tema. Este nomeamento deverá ser ratificado pola Assembleia.
f).- A periodicidade das reunions, ordinárias ou extraordinárias, será determinada pola própria Junta Coordenadora. A estas reunions poderá assistir qualquer membro da Plataforma que o desejar.
g).- Qualquer membro da PA21 poderá pedir a reuniom da Junta Coordenadora, para tratar um tema urgente.
Parágrafe 5.- “Para as juntanças urgentes, a Junta Coordenadora fará a convocatória o mais rápido possível.”
a).- Em caso necessário, a Junta Coordenadora deverá reunir-se do jeito mais imediato, e convocará rapidamente umha Assembleia Extraordinária da Plataforma.
Parágrafe 6.- “Para cada evento ou tema concreto nomeará-se um Comité organizador Permanente, até rematar este facto.”
a).- Para tratar um tema concreto, a Assembleia poderá nomear umha pessoa, ou umha Comissom, que se integrarám na Junta Coordenadora até rematar este facto.
b).- Por decisom da Assembleia poderám criar-se Grupos de Trabalho, para debater os aspeitos dumha problemática concreta (urbanismo, meio ambiente, participaçom vizinhal, cultura, etc.) e buscar umha saída prática a umha determinada situaçom e às propostas de actuaçom.
c).- Os Grupos de Trabalho terám plena autonomia para organizar o seu funcionamento, e será um/umha responsável de grupo quem deva informar das suas conclusons, à Junta Coordenadora.
Parágrafe 7.- “As Assembleias acordarám por Resoluçons os princípios gerais que regerá a Plataforma, o método para um funcionamento ágil e dinámico, e as actuaçons concretas a desenvolver.”
a).- As propostas de Resoluçom constituim o corpo teórico da PA21.
b).- As Assembleias acordarám, por meio de Resoluçons, aqueles aspeitos nom recolhidos até agora, e que pudessem melhorar e agiliçar o funcionamento da Plataforma.
c).- As Propostas de Resoluçom aprovarám-se nas Assembleias por maioria simples.
Parágrafe 8.- “Nom poderá exercer de Portavoz da Plataforma Ártabra 21 a mesma pessoa duas vezes consecutivas.”
a).- Nom poderá exercer de Portavoz da Plataforma, a mesma pessoa, mais de seis meses seguidos. Para temas concretos, ou em caso de necessidade, a Assembleia poderá nomear um/umha Portavoz ocasional.
Parágrafe 9.- “Esta declaraçom de princípios poderá ser revisada em cada Assembleia, prévia presentaçom por escrito do texto a acrescentar ou corrigir.”
a).- Tanto o Método como os Princípios Organizativos e o Regulamento, poderám ser debatidos e modificados pola Assembleia.
b).-As propostas de modificaçom deverám ser apresentadas por escrito à Junta Coordenadora para que a poda incluir na ordem do dia da seguinte Assembleia.
Das Finanças
……………..
Artº. 1.- A Plataforma Ártabra 21, parte dum património de zero euros.
Artº. 2.- Ante a impossiblidade de prever os possíveis gastos, nom se farám orçamentos anuais.
Artº. 3.- Estabelece-se umha quota semestral de 25 euros, para cada umha das associaçons membros, excepto aquelas plataformas sectoriais integradas na própria PA21, que quotiçam através dalgumha das suas organizaçons constiuintes. No caso de membros individuais, a aportaçom quantifica-se em 3 euros por semestre, adimitindo maiores aportaçons voluntárias.
Artº. 4.- As contas da Plataforma estarám sempre a disposiçom da Assembleia, mediante a informaçom apresentada pol@ tesoureir@, ou pessoa em quem delegue.
Artº.5.- Em caso de necessidade pontual urgente, a Assembleia poderá estabelecer umha quota extraordinária.
Dissoluçom da Plataforma
……………..
Artº. 1.- A Plataforma dissolverá-se voluntariamente, por acordo assemblear adoitado polos dous terços d@s membros presentes na Assembleia.
Artº. 2.- Em caso de dissoluçom da Plataforma, a Junta Coordenadora encarregará-se de fazer a liquidaçom de bens, entregando o património activo a umha entidade benéfica. No caso de dívidas, liquidarám-se polas aportaçons d@s membros presentes.
29 de outubro, Verdegaia organiza un paseo polas Fragas do Eume
20061019
19 de octubre de 2006 23:21
Responder a: "Verdegaia en Ferrol, Eume e Ortegal" -ferrol@verdegaia.org-
Ola a todos/as:
Dende Verdegaia propoñemos un paseo guiado polas moitas fragas que conforman o espazo natural das Fragas do Eume e pola memoria dunhas formas de vida que permitiron a súa supervivencia. A actividade celebrarase o próximo domingo día 29 de outubro de 2006, saíndo ás 9:30 hs da escalinata da Oficina de Correos de Ferrol. A volta está pensada para o mesmo día ás 18:00 hs e para os desprazamentos cóntase cun microbus gratuíto. O percurso ten unha dificultade media-baixa e non se inclúe o xantar dos participantes. Sí é necesario realizar unha inscripción telefónica ou por email ata o próximo 27 de outubro.
O termo fraga define varios tipos de bosque, todos eles pertencentes aos denominados bosques atlánticos caducifolio, e é a fraga que se refuxia no val do Eume unha das máis escasas de Europa. O Parque Natural das Fragas do Eume foi declarado en 1997 e comprende 9.125 hectáreas de ladeiras que acompañan o río Eume ao seu paso polos concellos de: As Pontes, Monfero, A Capela, Cabanas e Pontedeume. Malia a súa condición de Parque Natural e Lugar de Interese Comunitario, estes bosques veñen sufrindo unha forte fragmentación e redución da súa superficie. A isto súmase o risco de contaminación e de perda do caudal do Eume e afluentes con proxectos como a transformación da mina de Endesa nun grande lago inerte, ou os xa existentes encoro e minicentral.
Data: 29 de outubro de 2006
Prazo de inscripción: até 27 de outubro.
Teléfonos:
699 89 77 12
616 03 92 68
636 95 87 28
email: ferrol@verdegaia.org
Percurso:
Area recreativa-Ponte colgante, Fraga caída, río Seco-pozo de Cal Grande, pozo da Volta, ponte colgante, Rabuñadas do Demo (límite entre cabanas e A Capela), Desembocadura río Sesil, Woodwardia radicans, dabalia canadiensis, illa de San Rosendo, fieiteiras, río Ferrerias.
Un saúdo.
Agradecemos difusión.
--Núcleo Comarcal de Verdegaia en Ferrol, Eume e Ortegal
Verdegaia é unha asociación ecoloxista galega sen ánimo de lucro, plural, democrática, apartidaria e independente, constituída co obxecto de contribuír desde Galicia para a defensa do ambiente e o avanzo na transformación social e mundial en termos de sustentabilidade ecolóxica, xustiza social e paz. Foi fundada o 2 de Abril de 2006.
Máis información en http://www.verdegaia.org/
Acta da Xunta Coordenadora do 19 de Outubro
ASSISTEM: Amadeo Varela, Carlos Garcia Seoane, Xosé M. Sanxoán e José R. Jove.
- Carlos Garcia Seoane procede à leitura da acta da reuniom do 10 de Outubro e aprova-se sem modificaçons.
- Procede a realizar-se, de maneira conjunta, a ordem do dia da quarta Assembleia da PA21, que compreende à vez umha ordinária, para tratar assuntos de primeira necessidade, e outra extraordinária para debater e aprovar a proposta da Junta Coordenadora sobre o regulamento organizativo para a PA21:
1. Assembleia ordinária:
1.1.- Leitura e aprovaçom, se proceder, da acta da Assembleia anterior.
1.2.- Estado de contas.
1.3.- Proposta da Junta Coordenadora para a mobilizaçom sobre a Praça de Porta Nova.
1.4.- Proposta da Junta Coordenadora sobre posicionamento público a respeito do incéndio na Planta de gás em Mugardos.
1.5.- Determinaçom do dia, lugar e hora da seguinte Assembleia da PA21.
1.6.- Sugestons e perguntas.
2. Assembleia extraordinária:
2.1.- Proposta da Junta Coordenadora sobre o Regulamento Organizativo da PA21.
- Finanças. Jove informa novamente do estado de contas da PA21.
- Mel informa que a Associaçom Vicinal O Rosário- Inferninho apoiará, incondicionalmente, a mobilizaçom prevista para a Praça de Porta Nova.
Também se compromete a levar umha proposta de posicionamento público da PA21 a respeito do incidente acontecido na Planta de Gás.
- Antes de passar a debater a posta em comum do regulamento organizativo da PA21 abre-se um debate a respeito da normativa lingüística a utilizar pola PA21. Chega-se à unanimidade entre os assistenes de respeitar, rigorosamente, a normativa (da AGAL ou da RAG) a utilizar por cada quem no desenvolvimento das suas reponsabilidades na PA21. E sobre a futura ediçom de material propagandístico da PA21, também existe unanimidade em que se deve co-editar nas duas normativas da nossa língua.
- Debate e aprovaçom da proposta comum da Junta Coordenadora sobre o regulamento organizativo da PA21.
Para começar o debate do regulamento acorda-se utilizar como texto base a refundiçom das propostas de Amadeo e Carlos. Vai-se lendo artigo por artigo e determinando os acréscimos e supressons.
Proposta de regulamento de Amadeo Varela [modificada]
20061016
16 de octubre de 2006 15:48
Para: artabra21@gmail.com
Recollendo e armonizando (ó meu xeito), as propostas de Carlos e a miña.
Coido que, antes de debater o presente borrador, deberíase debater a linguaxe a empregar,
e o xeito de adaptar, dentro do posible, as novas normas ás que xa temos aprobadas.
2º. Borrador para regulamento interno da Plataforma Ártabra 21
Texto refundido das aportacións de Carlos e Amadeo.
====================
Método e principios organizativos.
……………….
No documento fundacional aprobado o 29 de maio do 2006, establécense un método e principios organizativos, redactados en 9 paragrafos, que é necesario desenvolver e concretar, para acadar o funcionamento áxil e dinámico que se pretende, tal como especifica o paragrafo 7 dos citados principios.
Paragrafo 1.- “O funcionamento da plataforma baséase no compromiso moral, individual e colectivo, de participación para lograr a consecución dos obxectivos.”
a).- O principal fundamento para o funcionamento democrático da PA21 é o do CONSENSO. En caso de necesidade, recorrerase a votación, que será decidida por maioría simple.
b).- A PA21 componse basicamente de tres estructuras organizativas:
A Asemblea Xeral, a Xunta Coordenadora e os Grupos de Traballo.
c).- Todos os membros están obrigados a participar nos órganos de goberno e representación, cando sexan designados pola Asemblea. Exceptúanse os membros individuais, dos que, a participación será voluntaria.
d).- Todos os membros da Plataforma están obrigados a aceptar, apoiar e defender as decisións da Asemblea, aínda que, por causa xustificada, non houbesen participado nesa decisión asamblearia.
Correccións.-
Paragrafo 2.- “Esta Plataforma está aberta a entidades, organizacións e persoas de xeito individual que soliciten a súa integración, que será ratificada pola Asemblea.”
a).- Toda organización, colectivo ou persoa que solicite o seu ingreso na PA21, ten o deber de:
Aceptar o Documento Constituinte, coa súa Declaración de Principios, os seus Obxectivos Xerais e o seu Método e Principios Organizativos.
Asinar na lista de Membros da Plataforma.
Presentar a solicitude perante a Asemblea por medio do solicitante ou un representante.
b).- A solicitude deberase facer por escrito, no que constará o nome e firma da persoa solicitante, ou o nome da entidade e a firma do seu representante, expresando o seu desexo de integrarse na Plataforma e a súa decisión de aceptar todas as normas, principios e obxectivos da mesma.
c).- Cando unha entidade, organización ou persoa solicitante, houbese comprometido a súa opinión ou actividade en obxectivos contrarios ós da Plataforma, deberá rectificar – na medida do posible – para evitar que se poidan producir contradiccións no seo da Plataforma.
Correccións.-
Paragrafo 3.- “Faránse Asembleas todos os últimos martes laborales de cada mes.”
a).- A función da Asemblea consiste en determinar as liñas básicas xerais de actuación da PA21 como resultado da coordenación e debate entre os diversos membros, así como as iniciativas a pór en marcha para emprender algún tipo de acción.
b).- A Asemblea estará dirixida por un compoñente da Xunta Coordenadora, elexido Portavoz.
c).- Todos os membros da Plataforma teñen o deber de participar nas Asembleas con al menos un representante. Ningunha persoa poderá representar ó mesmo tempo a dous membros.
d).- En caso de votación, cada representante dun grupo ou colectivo, posuirá un voto. Os membros individuais terán voz, pero non voto. Os acordos da Asemblea tomaranse por maioría simple.
e).- Na Orde do Día das Asembleas incluiranse, para o seu debate, as propostas de Resolución presentadas polos membros.
f).- No último punto da Orde do Día de cada Asemblea - a celebrar o último martes laborable de cada mes - establecerase a data, hora e lugar da Asemblea seguinte. Nembargantes, enviaranse con antelación a todos os membros da Plataforma - via correo electrónico - as citadas circunstancias coa Orde do Día.
g).- As Asembleas celebraranse nun local o máis céntrico posible ó ámbito de actuación, para facilitar a asistencia. Tamén se poderá celebrar a xuntanza no local dalgunha Asociación membro, a petición súa e co consentimento da Asamblea.
Correccións.-
Paragrafo 4.- “Constituirase unha Xunta Coordenadora formada por dous coordenadores e dous responsables de Actas e Contas, estes serán renovados de xeito alternativo cada Asemblea.”
a).- Para mellorar o seu funcionamento, a Xunta Coordenadora, estará formada por SEIS persoas pertencentes a seis membros distintos da Plataforma.
b).- Como Organismo representante da PA21 entre Asembleas, a Xunta terá como misión:
Aplicar as liñas xerais establecidas polas Asembleas, determinando os medios necesarios para levar a cabo os acordos asamblearios.
Coordenar os grupos de traballo.
Difundir as iniciativas propostas nas Asembleas, vía correo electrónico, blogs ou comunicados nos medios informativos.
Apoiar con todos os medios disponibles, as accións propostas por membros da PA21, que fosen aprobadas pola Asemblea.
Elaborar a Orde do Día das Asembleas e da propia Xunta.
En caso de urxencia, terá capacidade decisoria, respecto dun tema concreto, debendo xustificar a urxencia e dar conta da súa actuación, perante a Asemblea máis proxima.
c).- Unha vez nomeados os compoñentes da Coordenadora, a Asemblea poderá designar as funcións de cada un, ou permitir que se organicen por si mesmos.
d).- A duración do desempeño destas funcións, será como mínimo de seis meses, sendo renovados os compoñentes, alternativamente, de tres en tres. A Asemblea poderá autorizar a continuación na Xunta de calquera membro, sempre que haxa unanimidade. Nembargantes, evitarase no posible a permanecia dunha persoa nas mesmas funcións por máis de seis meses.
e).- Os compoñentes da Xunta asumirán as seguintes funcións:
Portavoz (Coordenador ou Moderador), Secretario, Tesoureiro, Vocal 1º (suplente do Portavoz), Vocal 2º (suplente do Secretario) e Vocal 3º (suplente do Tesoureiro).
d).- Independientemente das súas funcións como compoñentes da Xunta, as funcións específicas de cada un serán as seguintes:
O Portavoz.-
Será o encargado de abrir e pechar as Asembleas, e dirixir o debate.
Representará á PA21 nos seus posicionamentos públicos, encargándose de enviar os comunicados ós medios informativos.
Estará á disposición dos membros da PA21.
O Secretario.-
Recollerá as aportacións dos asemblearios - que a ser posible deberán ser presentadas por escrito - e redactará as actas das Asembleas e da Xunta Coordenadora.
Redactará a Orde do Día de todas as xuntanzas.
Tamén redactará as Resolucións e os Comunicados, segundo o acordado nas Asembleas e nas Xuntas.
Ademais, levará sempre actualizada unha lista dos compoñentes da Plataforma.
O Tesoureiro.-
Levará control dos Ingresos e Gastos.
Informará dos ingresos non efectuados polos membros da Plataforma.
Presentará o estado de contas en cada Asemblea.
Os Vocais.-
Cada Vocal axudará ó seu correspondente e o suplirá en caso necesario.
e).- A Xunta Coordenadora proporá unha persoa responsable do blog e do correo electrónico da PA21, que informará do tema. Este nomeamento deberá ser ratificado pola Asemblea.
f).- A periodicidade das reunións, ordinarias ou extraordinarias, será determinada pola propia Xunta. A estas reunións poderá asistir calquera membro da Plataforma que o desexe.
g).- Calquera membro da PA21 poderá pedir a reunión da Coordenadora, para tratar un tema urxente.
Correccións.-
Paragrafo 5.- “Para as xuntanzas urxentes, a Xunta coordenadora fará a convocatoria o máis rápido posíbel.”
a).- En caso necesario, a Xunta deberá reunirse do xeito mais inmediato, e convocará rápidamente unha Asemblea Extraordinaria da Plataforma.
Correccións.-
Paragrafo 6.- “Para cada evento ou tema concreto nomearase un Comité organizador Permanente, até rematar este feito.”
a).- Para tratar un tema concreto, a Asemblea poderá nomear unha persoa, ou unha Comisión, que se integrarán na Xunta Coordenadora até rematar este feito.
b).- Por decisión da Asemblea poderán crearse Grupos de Traballo, para debater os aspectos dunha problemática concreta (urbanismo, medio ambiente, participación cidadá, cultura, etc.) e buscar unha saída práctica a unha determinada situación e ás propostas de actuación.
c).- Os Grupos de Traballo terán plena autonomía para organizar o seu funcionamento, debendo informar das súas conclusións, o máis rapidamente posible, á Xunta Coordenadora.
Correccións.-
Paragrafo 7.- “As Asembleas acordarán por Resolucións os principios xerais que rexerá a Plataforma, o método para un funcionamento áxil e dinámico, e as actuacións concretas a desenvolver.
a).- As propostas de Resolución constitúen o corpo teórico da PA21.
b).- As Asembleas acordarán, por medio de Resolucións, aqueles aspectos non recollidos ata agora, e que poidesen mellorar e axilizar o funcionamento da Plataforma.
c).- Igualmente acordaranse por Resolucións, as actuacións concretas a desenvolver.
Correcións.-
Paragrafo 8.- “Non poderá exercer de Portavoz da Plataforma Ártabra 21 a mesma persoa dúas veces consecuctivas.”
a).- Non poderá exercer de Portavoz da Plataforma, a mesma persoa, máis de seis meses seguidos. Para temas concretos, ou en caso de necesidade, a Asemblea poderá nomear un Portavoz ocasional.
Correccións.-
Paragrafo 9.- Esta declaración de principios poderá ser revisada en cada Asemblea, previa presentación por escrito do texto a engadir ou corrixir.”
a).- Tanto o Método como os Principios Organizativos e o Regulamento, poderán ser debatidos e modificados pola Asemblea.
b).-As propostas de modificación deberán ser presentadas por escrito cun mínimo de seis días de antelación á próxima Asemblea.
Correcións.-
Réxime Económico (Das Finanzas)
……………..
Artº. 1.- A Plataforma Ártabra 21, parte dun patrimonio de cero Euros.
Artº. 2.- Ante a imposiblidade de prever os posibles gastos, non se farán orzamentos anuais.
Artº. 3.- Establécese unha cota semestral de 25 euros, para cada unha das asociacións membros. No caso de membros individuais, a aportación cuantifícase en 3 euros por semestre.
Artº. 4.- As contas da Plataforma estarán sempre a disposición da Asemblea, mediante a información presentada polo tesoureiro.
Artº. 5.- En caso de que a reserva económica da Plataforma supere os 1000 (600) euros, suspenderase o cobro de cotas ata novo aviso.
Artº.6.- En caso de necesidade puntual urxente, a Asemblea poderá establecer unha cota extraordinaria.
Correccións.-
Disolución da Plataforma
……………..
Artº. 1.- A Plataforma disolverase voluntariamente, por acordo asambleario adoptado polos dous tercios dos membros presentes na Asemblea.
Correccións.-
Artº. 2.- En caso de disolución da Plataforma, a Xunta Coordenadora encargarase de facer a liquidación de bens, entregando o patrimonio activo a unha entidade benéfica. No caso de débedas, liquidaranse polas aportacións dos membros presentes.
Correccións.-
Os Verdes denuncian un Incendio na Planta de Gas de REGANOSA
20061015
Ferrol, a 15 de outubro de 2006Os Verdes-Grupo Verde de Ferrolterra comunican a posibilidade de que a Planta de Gas de Reganosa, en Ferrolterra, teña accidentes moi graves se chega a entrar en funcionamento, dada a súa proximidade aos núcleos urbanos de Mugardos (800 mts) e Ferrol (1.500 mts).
Os Verdes-Grupo Verde de Ferrolterra denunciou na comisaría da Garda Civil de Mugardos a emisión á atmosfera, ao longo do dia de onte, de grandes volumes de gases irritantes producidos no incendio rexistrado nun dos tanques da Planta de Gas de Reganosa. Á hora de redactarse este comunicado -doce horas despois- aínda continuaba ardendo o interior do tanque.
Este accidente evidencia que as medidas de seguridade que a empresa di haber implementado dentro do recinto poden verse excedidas por calquera adversidad ou fallo, poñéndose así de manifesto que a industria gasística Reganosa é proclive a xerar unha CATÁSTROFE MOI GRAVE no caso de que as autoridades permitan a súa entrada en funcionamento por estar rodeada de densos núcleos de poboación, o cal contraviene as leis europeas (Seveso II) e españolas (Raminp).
Cada tanque da Planta almacenará 150.000 m3 de Gas Natural Licuado, e en caso de haber estado cheo a día de hoxe, a deflagración poñería en perigo mortal a toda a poboación da comarca de Ferrolterra, ou sexa, a máis de 100.000 persoas.
Os Verdes-Grupo Verde, así mesmo, denunciamos a necesidade de que se determine, mediante unha análise do aire, a composición e o volume dos gases emitidos á atmosfera, xa que foron respirados por numerosos veciños presentando despois irritación de garganta e dor de cabeza. Doce horas despois, cónstanos que esta medición do aire non se produciu, nin existe predisposición a realizala.
Todo isto evidencia que está fallando, non só a seguridade en Reganosa, senón tamén os plans de urxencias das autoridades locais e autonómicas, obrigándonos a cuestionar a súa capacidade para garantir saúde da poboación e o medio ambiente, tal como esixe a normativa Seveso II.
Por úlltimo, Os Verdes-Grupo Verde reclamamos que a Xunta de Galicia recoloque a Planta nun área afastada da poboación, como se fai con este tipo de instalacións noutros países mais avanzados que as sitúan en mar dentro ou en sitios illados e remotos.
Moitas grazas pola súa atención e pola difusión deste comunicado. Reciba un cordial saúdo de:
Carlos Lareo .
Portavoz de Os Verdes-Grupo Verde de Ferrol
Tfno. 619 083 499
http://www.osverdes.org
Información no Diario de Ferrol
Información na Voz de Galicia
Marcadores: Planta de Gas: fóra da Ría
Nota da Xunta Coordenadora da PA21
Os membros da Xunta Coordiandora estamos convencidos de que esta MOBILIZACIÓN SOCIAL non so está de sobras XUSTIFICADA, senón que é necesaria unha resposta social e contundente na defensa da cidadanía e veciños/as de Ferrol, denunciando así claras manobras de especulación urbanística.
A decisión, como non pode ser doutra maneira, a terá a ASEMBLEA , que determinará todas as accións en detalle, sendo APROBADA polas entidades e organizacións asistentes, ademais das persoas que abertamente poden acudir .
Esperamos que as organizacións integrantes na PA21, vaiades debatindo as vosas propostas para defendelas na ASEMBLEA.
Salientar que algunha prensa dalle unha relevancia notoria , dada a importancia dista MOBILIZACIÓN, continuando outra prensa co continuismo mais seguidista e cómplice que dalgunha maneira teremos que pedir contas ou dimisións dos seus responsables, privando ou deformando o DEREITO A UNHA INFORMACIÓN SEN CENSURA NIN MANIPULADA...
Información publicada no Diario de Ferrol
14 de Outubro de 2006
As obras en superficie da praza de España, concretamente as do coñecido como edificio "emblemático", seguen recibindo críticas de diferentes entidades da cidade. A xunta coordinadora da Plataforma Ártabra 21, integrada por diversas asociacións da comarca, propoñerá na súa próxima asemblea, prevista para o 31 de outubro, unha movilización social contra esta intervención. En concreto, abordarase a posibilidade de que esta acción de protesta celébrese o 4 de novembro, e, ademais, acordarase o texto con alusiones políticas que se plasmará nos folletos ou dípticos que se repartirán en devandita xornada. Este foi un dos asuntos tratados na reunión do día 10.
REDACCIÓN FERROL
A empresa Abeconsa encárgase dos traballos en superficie da praza de España
A Plataforma Ártabra 21, que agrupa a diversas entidades da comarca, levará á súa próxima asemblea, que terá lugar o día 31 do presente mes, unha proposta concreta da xunta coordinadora sobre a convocatoria dunha movilización social en contra da construción dun edificio "emblemático" na praza de España e que, segundo aseguran nun comunicado de prensa, xa se está empezando a levantar.
En concreto, a coordinadora propoñerá que a acción de protesta celébrese o próximo 4 de novembro, aínda que a data definitiva decidirase, no seu caso, en devandita asemblea.
Como recorda Ártabra 21, a construción do edificio na praza de España "vulnera" o Plan Xeral municipal e, ademais, non conta coa aprobación da Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Patrimonio. "Ao marxe dá legalidade, supón unha agresión contra un espazo público", sosteñen desde esta agrupación, que tamén acordará na súa próxima asemblea o texto con alusiones políticas que se incluirá nos dípticos ou folletos que se repartirán no transcurso desta movilización social.
Furacán "Gordon"
Este foi un dos acordos que se adoptaron na última reunión da plataforma, celebrada o pasado día 10, na que tamén se decidiu demostrar públicamente a súa solidariedade e "completo apoio" aos veciños de Caranza afectados polo furacán "Gordon". Aproveitando este suceso, Ártabra 21 quere subliñar que un dos seus principais obxectivos é o dereito a unha vivenda digna fronte á especulación inmobiliaria, denunciando a "prepotencia con que actúan certas empresas construtoras que están á procura permanente do grande beneficio privado e non menor espazo de tempo posíbel, ofrecendo vivendas de moi baixa calidade, pois a súa integridade depende do tempo que chegue a ir nun momento dado, cuestión que a día de hoxe é inaceptábel".
Na asemblea do día 10 tamén se informou achega da denuncia presentada ante a Fiscalía pola Asociación de Veciños Ou Rosario de Ou Inferniño contra a outra entidade do barrio, a do Ensanche A, por un presunto cobro ilegal de taxas no feirón do Inferniño durante oito anos por esta última agrupación vecinal.
Finalmente, a plataforma rexeitou as declaracións efectuadas polo deputado do BNG Francisco Rodríguez sobre Reganosa. A este respecto, a xunta coordinadora de Ártabra 21 acordou transmitir públicamente a súa satisfacción pola sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia contra a tramitación administrativa da planta de gas ante a falta dun informe de impacto ambiental. "Lamentamos que ante un cambio de goberno, que suporía tamén un cambio de actitudes, sensibilidade ambiental e cidadá, signifique máis do mesmo ou continuismo nas políticas trasnoitadas dás dereitas, poñendo en perigo ás persoas dá ría de Ferrol", afirman desde a entidade.
19 de Outubro, xoves, reuniom extraordinaria da Xunta Coordenadora
20061014
Máis adiante daremos mais información.
Se hai algunha proposta ou comentario que facer, enviar un correio-e ao da Plataforma [artabra21@gmail.com] ou tamén podes utilizar a sección postar um comentario neste ou noutro artigo, utilizando o Blog como un ponto de encontro e comunicación.
Domingo 15, mobilización veciñal en Ferrol-Vello, en defensa dos espazos públicos
20061013
13 de octubre de 2006 21:38
Para: artabra21@gmail.com
O próximo domingo 15, as 12.30 h. terá lugar no adro de san Francisco un acto reivindicativo para solicitar a recualificación como zona verde dos tres solares diante do adro. Adxunto nota de prensa por se queredes sacar máis información no blog.
saúde
miguel
Co fin de reclamar da administración municipal a cualificación como zona verde pública das parcelas diante do adro de San Francisco, e así evitar o dano irreparable que suporía a edificación dun edificio de baixo e tres alturas neste espacio tan significativo para a cidade, a Comisión pola recuperación de Ferrol Vello e a A.vv. de Ferrol Vello convocan un acto reivindicativo que terá lugar diante da igrexa de San Francisco o próximo domingo ás 12.30 horas.
O plan xeral de ordenación urbana, e a propia ley de Ordenación Urbanística de Galicia, permite a modificación do planeamento unha vez trascorridos catro anos a contar dende a súa entrada en vigor (neste caso a contar dende xaneiro de 2001).
Atendendo a este precepto, e co fin de convertir estes tres solares en zona verde, o Pleno da Corporación Municipal acordou o 30 de xuño de 2005 a suspensión de outorgamento de licencias durante un ano, prorrogable sempre e cando nese periodo se producira a aprobación inicial desta modificación.
Posteriormente esta resolución foi ratificada por unanimidade de tódalas forzas políticas polo pleno da Corporación o día 27 de Xullo de 2006, a iniciativa de EU-IU, no marco dunha moción de dez medidas para a recuperación de Ferrol Vello.
Esta suspensión de licencias entrou en vigor o día da súa publicación no DOG (15 novembro de 2005) e, polo tanto, caduca o 15 de novembro de 2006. De non terse aprobado inicialmente a modificación puntual no prazo dun mes, non se podería prorrogar a suspensión de licencias e os propietarios poderían construir o aproveitamento que o plan hoxendía lles outorga. Esto xeraría un dano irreparable na imaxe da cidade, perxudicando sen remedio o papel de mirador sobre os Arsenais e a ría que hoxendía teñen os Xardíns de Herrera e o Adro de San Francisco e alterando profundamente a escala do barrio de Argüelles nas rúas Cruz e Virxe.
Aclarar que a conversión destes solares en zona verde non supón inicialmente máis gasto que a publicación do anuncio no DOG, xa que logo non sería necesario expropiar os terreos ata dentro de catro anos. Ademáis a expropiación resultaría máis económica despois da modificación (como zona verde) que antes da modificación (como terreo edificable), e o prezo dos terreos non superaría en ningún caso os 200.000 euros (tendo en conta os valores catastrais de referencia vixentes).
Dende a Comisión Pola Recuperación de Ferrol Vello e a Avv. de Ferrol Vello pensamos que o barrio non necesita máis vivenda nova, e sí rehabilitar a vivenda hoxe baleira e xerar novos espacios de lecer para os seus habitantes.
Só dende o desprecio polo interese público xustifícase a non tramitación desta modificación puntual. Chama a atención a celeridade ca que se tramitan e aproban outras modificacións moito máis complexas como a correspondente a Fábrica de Lápis (Parcela Hispania), onde sí están en xogo importantes intereses privados.
Acta da reunión da Xunta Coordenadora [13.09.2006]
20061011
ASSISTEM: a Junta Coordenadora ( Inácio Martinez, Xan Ramirez, Carlos Garcia Seoane, Xosé M. Sanxoán, Jose R. Jove) mais Belén, representante de Verdegaia.
- Adia-se a aprovaçom das actas das reunions da Junta Coordenadora desde o 4 de Julho por nom dispôr delas. Portanto, ficam para aprovar, se proceder, na seguinte reuniom da Junta Coordenadora.
- Análise do acontecido na Galiza durante o verao com os incéndios florestais e possível aportaçom da Plataforma. Proporá-se à Assembleia que sejam as organizaçons ecologistas-ambientalistas que num futuro organicem um plano de extinçom de incéndios ante umha catástrofe como a acontecida.
- Contactará-se com o colectivo didáctico-ambiental Lapis Verdes para conhecer a sua disponibilidade para organizar umhas Jornadas sobre urbanismo (reabilitaçom do bairro da Madalena).
- Novos ingressos de organizaçons ou colectivos á Plataforma. Amigos da Terra- Cedeira, Associaçom de vizinhos de Santa Marinha- O Vilar (Ferrol) e a Associaçom Cultural Treme a Terra (Pontedeume) solicitárom entrada na Plataforma.
- Urbanismo.
Praça de Porta Nova. Propom-se editar uns panfletos para difundir a postura da Plataforma na cidade de Ferrol. Na reuniom de 10 de Julho acordará-se que Miguel de Ferrol Velho redigiria uns apuntamentos sobre as questons técnicas sobre a improcedência da edificaçom nesta praça.
Também se proporá na Assembleia a organizaçom dumha mobilizaçom-concentraçom por umha praça de domínio público.
Sartanha. Jove dá a conhecer as novidades que se dêrom sobre esta problemática.
A vizinhança impediu a realizaçom dumhas “catas” sobre a praça, polo parecer necessárias para a redacçom do projecto.
Achárom um outro argumento contra a construçom da piscina: nom se inclui a utilizaçom de energias renováveis no prédio.
Menáncaro. Inácio informa que proximamente terám umha reuniom com o concelheiro de Urbanismo, Évia.
- Resoluçons para a Assembleia.
- Resoluçom sobre a mudança climática. (Verdegaia)
- Resoluçom Pola defesa da Costa Ártabra. (Xan Ramírez).
- Resoluçom sobre a defesa da carvalheira de Menáncaro. (Comunidade de Menáncaro).Acta da reunión da Xunta Coordenadora [10.10.2006]
ACORDOS MAIS RELEVANTES DA JUNTANÇA DA COORDENADORA DA PLATAFORMA ÁRTABRA 21 CELEBRADA A TERÇA-FEIRA, 10 DE OUTUBRO NO LOCAL DA FUNDAÇOM ARTÁBRIA.
ASSISTEM: a Junta Coordenadora (Amadeo Varela, Miguel Reimundez, Carlos Garcia Seoane, Xosé M. Sanxoán, Jose R. Jove, Ernesto Lopes).
- Carlos Garcia Seoane procede à leitura da acta da reuniom do 13 de Setembro e aprova-se sem modificaçons. Aprova-se acta da Junta coordenadora de 4 de Julho.
- Valorizaçom da lll Assembleia ordinária. Os assistentes coincidem no aspecto de que nom se pode repetir umha reuniom que se prolongue por tanto espaço de tempo ao apresentar umha ordem do dia que atinge muitíssimos pontos, os quais a metade deles som simplesmente informativos. Porém, reflexiona-se que a Junta Coordenadora deve ser muito mais ágil na transmissom da informaçom aos diferentes colectivos, e ao mesmo tempo estes devem ter a preocupaçom de passar os assuntos que considerarem de importáncia polas vias oportunas: co-e, notícias no blogue, reparto de folhas com apuntamentos, etc.
Valoriza-se que as pessoas que levem a reuniom devem pertencer à Junta Coordenadora por umha questom de agilidade ao ter conhecimento do que se tem que tratar em cada ponto e onde se vai dar o debate.
Também reflexiona-se sobre a questom de incluir nos primeiros pontos da Ordem do dia os assuntos referidos a organizaçom da Plataforma.
- Finanças. Jove informa que até o dia de hoje só ingressárom a quota semestral seis colectivos e duas pessoas a título individual. Dará conta pessoalmente a quem falte por ingressar.
- Vizinhança dos prédios das Telheiras do bairro de Carança afectada polo ciclom Gordom.
“A Junta Coordenadora da Plataforma Ártabra 21 acorda oferecer a sua solidariedade e completo apoio com a vizinhança afectada polo passo do ciclom Gordom o qual provocou numerosos desperfeitos no bairro de Carança à altura dos prédios das Telheiras e, mais em concreto, nas vivendas de protecçom oficial construídas pola cooperativa Vitra e na que tomou parte a empresa construtora ACS, famosa por meter a zoca ali onde houver possibilidade de obter lucro a curto prazo.
Desta maneira, aproveitamos este sucesso para dar a conhecer um dos objectivos que persegue a Plataforma Ártabra 21 que é o do direito a umha vivenda digna frente à especulaçom imobiliária, denunciando a prepotência com a que actuam empresas construtoras como a nomeada, a qual está à procura permanente do grande benefício privado e no menor espaço de tempo possível e em troca oferece vivendas de muita baixa qualidade pois a sua integridade depende do tempo que chegue a ir num momento dado, questom que a dia de hoje é inaceitável.”
- Contactará-se de novo com o colectivo Lapis Verdes para tentar relançar as Jornadas sobre a reabilitaçom de bairros históricos que propugeram há um par de meses.
- Praça de Porta Nova. Acorda-se levar à Assembleia de Outubro umha proposta concreta sobre a realizaçom dumha mobilizaçom nas vindouras semanas contra o prédio “emblemático” que se está a começar a construir na Praça de Porta Nova.Também se levará umha proposta de panfleto para repartir durante a mobilizaçom.
- Transmite-se umha breve informaçom sobre as problemáticas de Sartanha, Menáncaro, os montes de Briom e Leixa e Recimil.
Salientam as informaçons da Associaçom Vicinal o Rosário- Inferninho quem denunciou ante os julgados de Ferrol a cobrança irregular das taxas no feirom do Inferninho realizadas já durante oito anos pola directiva da Associaçom Vicinal do Ensanche A, que por lei corresponde ao Concelho.
- Miguel de Ferrol-Velho informa dum acto reinvindicativo a realizar polo seu colectivo para o domingo 15 de Outubro numha zona do bairro que se pretende urbanizar. Fica encarregado de enviar um correio electrónico para detalhar esta proposta e informar aos demais membros da PA21.
- Declaraçons de Francisco Rodrigues (BNG) a respeito de sentença contra REGANOSA.
“ A Junta Coordenadora da Plataforma Ártabra 21 acorda transmitir publicamente a sua satisfacçom ante a sentença do Tribunal Superior de Justiça da Galiza (TSJG) contra a tramitaçom administrativa feita por Reganosa, anulada já em duas ocasions polo citado Tribunal e recorrido pola Conselharia do Ambiente da Junta da Galiza, fazendo gala dum exemplo claro de como o actual Executivo autonómico fai continuísmo das políticas ambientais do Partido Popular.
Pola outra banda, rejeitamos sem ambagens as declaraçons realizadas por um dos representantes do BNG no Parlamento espanhol, Francisco Rodrigues, quem afirmava que o projecto da planta regasificadora nom vai para adiante polos atrancos que impom a justiça e, portanto, que precisa dum pulo firme e decidido por parte da Administraçom.
Porém, desde a Plataforma Ártabra 21 aguardamos que as sentenças ditadas polo TSJG contra a tramitaçom ambiental de Reganosa sejam firmes e que a caste política e os grupos económicos imersos neste desnecessário projecto aceitem as sentenças e nom levem a cabo a posta em funcionamento da planta, ainda que afirmem que o grau de construçom já atinge o 90 por cento pésie a carecer da aprovaçom da Declaraçom de Impacto Ambiental necessária e incumprir flagrantemente com todas as medidas de segurança estabelecidas para umha actividade deste tipo.”
- Rede litoral Norte-Sul. Finalmente assistiu à derradeira reuniom desta rede Antón Fortuna como observador e representante da nossa PA21.
- Regulamento Organizativo. Carlos Garcia Seoane apresenta novamente proposta incluindo algumhas achegas da aportaçom de Amadeo Varela.
Acorda-se realizar umha nova reuniom da Junta Coordenadora para a quinta-feira, 19 de Outubro às 19.00 hh. no local da Fundaçom Artábria para redigir umha proposta comum que será posta a disposiçom das demais organizaçons para ser debatida nas vindouras Assembleias.
Proposta modificada de Carlos Gº Seoane
REGULAMENTO ORGANIZATIVO DA PLATAFORMA ÁRTABRA 21
A Plataforma Ártabra 21 surge a favor dumha política justa, democrática, participativa e sustentável, responsável cara ao futuro da humanidade, respeituosa e defensora do meio natural .
Porém, a Plataforma Ártabra 21 (PA21) conforma-se organizativamente em base a umha necessidade, a de constituir o ponto de encontro de todas as organizaçons ou colectivos que formam parte do movimento popular nas comarcas de Trasancos, Eume e Ortegal – a Costa Ártabra- e que tem como objectivos o de “difundir” as diversas iniciativas que lancem algumha das entidades da PA21 e, sobretodo, transmitir umha mensagem unificada e bem forte do conjunto das organizaçons que a integramos contra as problemáticas que nos atingem na nossa acçom diária.
A PA21 está integrada por organizaçons, colectivos e pessoas a título individual.
O principal fundamento que rege a democracia interna da PA21 é o do CONSENSO, recorrendo-se à maioria simples –a votaçom- nos casos que determinem este regulamento e nas situaçons absolutamente excepcionais e necessárias para o avanço da PA21.
A PA21 compom-se basicamente de três estruturas organizativas:
- A Assembleia Geral.
- A Junta Coordenadora.
- Os grupos ou equipas de trabalho.
1.- A Assembleia Geral da PA21.
- A sua funçom consiste em determinar as linhas básicas gerais de actuaçom da PA21 como resultado da coordenaçom e debate entre as diversas organizaçons e colectivos, as iniciativas a pôr em marcha ou com intençom de empreender algum tipo de acçom.
- A Assembleia Geral ordinária terá um carácter mensal, coincidindo com todas as derradeiras terças-feiras laborais de cada mês.
Tendo em conta isto, o lugar e hora de realizaçom da reuniom será determinado pola Assembleia.
- Terám direito a participar todas as organizaçons e colectivos com quotas ao dia no momento de realizaçom da Assembleia.
Cada organizaçom ou colectivo estará representada pol@ seu/sua respectiv@ representante. Nengumha pessoa poderá representar ao mesmo tempo a duas ou mais organizaçons.
No caso de dar-se umha votaçom devido ao estabelecido no presente regulamento ou por umha situaçom excepcional necessária para o avanço da PA21, cada organizaçom ou colectivo representado na Assembleia possuirá voz e voto próprio.
As pessoas a título individual presentes na Assembleia tenhem o direito a expressarem-se livremente, e a efeitos da votaçom, integrarám-se num grupo ao qual lhe corresponde um voto no cómputo global com os colectivos e organizaçons, cujo signo dependerá da maioria simples escolhida polas pessoas deste grupo.
- A ordem do dia da Assembleia Geral será elaborada pola Junta Coordenadora e encaminhará-se via correio electrónico ao conjunto das organizaçons e colectivos da PA21 cumha semana de antecedência.
- As Propostas de Resoluçom constituim o corpo teórico da PA21.
Junto á ordem do dia encaminharám-se as Propostas de Resoluçom que impulsem algumha das organizaçons, colectivos ou pessoas da PA21 com o objectivo de enriquecer a Resoluçom engadindo o que se considerar conveniente. O acréscimo também se enviará com anterioridade à Assembleia para evitar cair em divagaçons no momento do debate.
Estas Propostas de Resoluçom aprovarám-se por votaçom na Assembleia.
- A Assembleia Geral estará presidida por um/umha moderador/a , um/umha secretári@ de actas e um/umha secretári@ de finanças, quem devem pertencer à Junta Coordenadora, para fazer das Assembleias reunions mais ágeis e dinámicas.
@ secretári@ de finanças deverá apresentar em cada Assembleia um informe de finanças correspondente ao período inter-assembleário indicando de maneira resumida as entradas, saídas e o saldo do que dispom a caixa da PA21.
- Das propostas de incorporaçom à PA21:
Toda organizaçom ou colectivo que solicitar a sua entrada na PA21 tem o dever de:
* Aceitar o Documento Constiuinte e o presente Regulamento Organizativo.
* Estar presente na Assembleia Geral na que se propom a sua incorporaçom.
* Assinar na listagem de organizaçons e colectivos da PA21.
A proposta de incorporaçom tem de ser ratificada, prévia votaçom, na Assembleia Geral.
- Das propostas de sançom a qualquer membro da PA21:
Quando umha entidade, organizaçom ou membro da PA21 entrasse por meio da sua acçom social numha contradiçom flagrante com o estabelecido no Documento Constituinte ou com o recolhido no Regulamento Organizativo, poderá submeter-se a valorizaçom por parte dos demais membros da Assembleia Geral, chegando a proponher-se, se for necessário, a sua expulsom da PA21.
A proposta de sançom a qualquer membro da PA21 tem de ser ratificada, prévia votaçom, na Assembleia Geral.
@ membro que puder ser objecto deste tipo de medida tem o direito a rectificar publicamente, na medida do possível. Aliás, também tem o direito a oferecer a sua própria opiniom ante a Assembleia Geral.
- Doutros direitos e deveres dos membros da PA21:
Todos os membros da PA21 tenhem o dever de aceptar as decisons da Assembleia Geral ainda que, por causa justificada, nom participassem nessa decisom assembleária. Neste sentido, nom se exclui o direito à discrepáncia pública sobre qualquer das decisons acordadas por maioria na Assembleia Geral sempre e quando este legítimo direito nom afecte ao nosso primordial objectivo como plataforma do movimento popular na Costa Ártabra, que é o de estender umha mensagem firme e coesionada contra as agressons do Capital que nos atingem de maneira global na nossa acçom diária.
2. - A Junta Coordenadora.
- Constiui o máximo organismo da PA21 entre as Assembleias Gerais mensais.
- É um organismo formado por seis pessoas, possuindo um carácter rotatório de três em três membros por períodos trimestrais. O critério de rotaçom por este organismo será por ordem alfabética entre as organizaçons e colectivos que integram a PA21, sem que por isto exista o motivo de excluir as pessoas que quigerem participar na mesma por iniciativa própria. Porém, dizemos que é um organismo aberto.
De maneira excepcional, se nom houver disponibilidade ou motivaçom para integrar-se na Junta Coordenadora, a Assembleia Geral decidirá prorrogar no organismo ao membro, ou membros, que considere necessários.
- As suas funçons consistem em:
a)- Aplicar e executar as linhas gerais estabelecidas pola Assembleia Geral, determinando os meios necessários para levar a cabo esses planos acordados mediante:
- Criaçom dos grupos ou equipas de trabalho específicos.
- Coordenar os grupos de trabalho segundo as capacidades da PA21.
-“Difundir” as iniciativas das organizaçons e colectivos da PA21 que se propugêrom na Assembleia Geral polas vias mais eficientes: correio electrónico, o blogue da PA21, comunicados de imprensa, etc.
- Proporcionar apoio “logístico” e pessoal às organizaçons e colectivos que impulsarem umha acçom determinada.
b)- Capacidade decisória ante qualquer sucesso conjuntural, isto é, com capacidade de posicionamento público a respeito dum tema concreto acontecido; ou para participar na convocatória dumha mobilizaçom, por exemplo.
c)- Elaborar a ordem do dia da vindoura Assembleia Geral.
- A periodicidade das reunions da Junta Coordenadora será quinzenal.
- A Junta Coordenadora nomeará um/umha Coordenador/a, um/umha secretári@ de actas e um/umha secretári@ de finanças.
- @ Coordenador/a tem as seguintes funçons:
- Exercer de moderador/a nas reunions da Junta Coordenadora e na Assembleia Geral.
- Representar à PA21 nos seus posicionamentos públicos.
- Estar a disposiçom dos colectivos que integram a PA21.
- @ Coordenador/a, ao igual que @ secretári@ de finanças, exercerám como tal durante três meses, é dizer, no período dumha rotaçom na Junta Coordenadora, sempre e quando @s membros que integrem este organismo nom decidirem que podem continuar mais três meses, podendo prorrogar-se a responsabilidade na mesma pessoa até seis meses.
Umha mesma pessoa nom poderá exercer duas vezes como Coordenador/a até se completar o ciclo.
- Ao mesmo tempo, a Junta Coordenadora, nomeará um/umha responsável do blogue da PA21, quem se encarregará de actualizar o blogue com as diversas iniciativas que surgirem, e um/umha responsável da caixa de correio electrónico da PA21, quem informará dos correios electrónicos que cheguem á conta.
- Por questons conjunturais, convocará-se polos meios mais precisos e ágeis umha Junta Coordenadora Extraordinária para tratar o tema que surgir e determinar a nossa resposta.
3.- Os grupos ou equipas de trabalho.
- Constiuim o organismo de actuaçom da PA21 num sector que apresente umha problemática concreta.
É um organismo determinado pola Assembleia Geral e impulsado pola Junta Coordenadora em funçom das necessidades e capacidades da PA21.
- A sua funçom consiste em oferecer umha saída prática às propostas que se acordárom concretando os planos de actuaçom e os meios materiais precisos para desenvolvê-las.
- Estará integrado por todas aquelas pessoas e organizaçons que tiverem a necessidade e disponibilidade de participar no grupo de trabalho. Desta maneira, é neste organismo no que trabalham conjuntamente aquelas organizaçons e colectivos cumha mesma problemática (urbanismo, ambientalismo, participaçom vizinhal, cultura, etc.) e som estes quem determinam a execuçom concreta dos planos desenhados em equipa.
- @s membros dos grupos ou equipas de trabalho que se constituam deverám nomear a um/umha responsável de grupo, quem terá como funçons fundamentais:
- Exercer como moderador/a nas reunions do grupo de trabalho.
- Informar da maneira mais rápida possível dos planos concretos de actuaçom à Junta Coordenadora para que seja esta quem difunda estas acçons a desenvolver.
- Assistir às reunions da Junta Coordenadora, se for necessário, para propôr ou informar sobre algumha actuaçom.
- A periodicidade das reunions será determinada polo próprio grupo de trabalho.
DAS FINANÇAS
- A PA21, parte dum património de zero euros.
- Ante a impossiblidade de prever os possíveis gastos, nom se farám orçamentos anuais.
- Estabelece-se umha quota semestral de 25 euros, para cada umha das associaçons membros, excepto as plataformas integradas em PA21, que ficam exentas do ingresso de quota. No caso de membros a título individual, a aportaçom quantifica-se em 3 euros por semestre, como mínimo.
- As contas da PA21 estarám mensalmente a disposiçom da Assembleia Geral mediante a informaçom que achegue @ secretári@ de finanças.
- No suposto de que a reserva económica da PA21 supere os 1000 euros, suspenderá-se o pagamento das quotas até novo avisso.
- No suposto dumha necessidade pontual urgente, a Assembleia poderá estabelecer umha quota extraordinária.
DA DISSOLUÇOM DA PLATA FORMA ÁRTABRA 21.
- A PA21 dissolverá-se voluntariamente, por acordo assembleário adoitado polos dous terços dos membros presentes na Assembleia Geral.
- No suposto de dissoluçom da PA21, a Junta Coordenadora encarregará-se de fazer a liquidaçom de bens, entregando o património activo a umha entidade benéfica. No caso de houver dívidas, liquidarám-se polas aportaçons d@s membros presentes.
DISPOSIÇOM FINAL
A interpretaçom deste regulamento organizativo corresponde-lhe á Assembleia Geral e, entre Assembleias, á Junta Coordenadora.
A modificaçom ou acréscimo de qualquer ponto deste Regulamento organizativo terá de ser ratificada, unicamente, pola Assembleia Geral.
Crónica da III Asemblea Xeral da PA21
20061008
Logo de nomear o moderador e o secretario de actas, pasouse á leitura da acta da anterior Asemblea e do informe do estado de contas que quedaron aprobados.
Valoraronse as novas peticións de incoprporación á Plataforma, en concreto tiñan solicitado a entrada: a ASOCIACIÓN VECIÑAL STª MARIÑA, a ASOCIACIÓN AMIGOS DA TERRA-CEDEIRA e TREME A TERRA DE PONTEDEUME. O representante do colectivo de Recimil e o de Sartaña, fixeron varias reflexións e consideracións á entrada da Asociación Veciñal de Santa Mariña, en concreto solicitan unha retificación do representante da Asociación Veciñal, con respecto á postura mantida polo mesmo en referencia aos conflitos do bairro de Recimil e a Praza de Sartaña. Mais como non estaban presentes na Asemblea negún representante das entidades que tiñan solicitado a entrada na Plataforma, este ponto quedou adiado até a próxima Asemblea. Este ponto suscitou un intenso debate sobre cais deberían ser as condicións que se lle deberían esixir a un novo colectivo, asociación ou entidade en xeral, para entrar na PA21. Quedando pendente este debate para a asemblea xeral na que revisemos os principios organizativos.
Realizaronse varias intervencións, para informar de propostas, proxectos e actuacións da Plataforma e as entidades que a conforman, entre asemblea e asemblea:
- Sobre as expropiacións de Canido, informouse que a nosa actuación foi simplesmente como orientadores e mediadores, para que a veciñanza afectada e a asociación veciñal do barrio entraran en contacto e realizaran unha acción conxunta. Realizaronse varias reunións de coordenación, con resultado poisitivo. A veciñanza consigueu, en pouco tempo, o apio de mais de 2.000 asinaturas que apresentaron no rexistro do Concello. As reivindicacións centranse no realoxo tanto de inquilinos como propietarios e conseguir un prezo actual de mercado para as suas vivendas. Informouse que o desafiuzamento polo de agora está paralisado.
- Sobre os incendios forestais e o voluntariado de vixilancia, houbo muitas intervencións, críticas e autocriticas, de diferente postura. Informouse que a nível de participación cidadán, na coordenación do voluntariado, realizouse unha convocatoria por parte da SGHN, ADEGA e VERDEGAIA que ainda están por analisar os seus resultados. Constatouse que hai diferentes posturas ao respecto de que papel debe cumprir a PA21, na defensa do noso monte, polo que este asunto queda adiado para a primavera do 2007.
- Sobre a Praza de Porta Nova [Praza de España] –EDIFICIO EMBLEMÁTICO. Informouse da nosa actuación como Plataforma, reafirmandonos na defensa dos espazos públicos e contra a privatización dos mesmos. A nosa actuación até agora consisteu nunha reunión extraordinaria e aberta da Xunta Coordenadora, onde valoramos o asunto e decidimos a edición dun folleto informativo que non cumprimos, enviamos unha nota de prensa nos termos que acordamos na reunión e mais tarde editamos uns autocolantes. Acordouse por unanimidade deixar que a Xunta Coordenadora elabore as actividades e accións como Plataforma para este asunto, dentro dos parametros acordados con anterioridade.
- Informouse que por tres veces se nos presentou un problema á hora de decidir se tiñamos ou non que participar como Plataforma noutras plaformas ou convocatorias. En concreto numha autoconvocatoria dunha concentración contra a agresión israelí ao Líbano e Palestina, para a participación nunha plataforma polo mesmo motivo e pola manifestación de Nunca Máis polo asunto dos lumes. Polo de agora a nosa postura, foi a de facer publicidade das convocatorias se estas están dentro dos nosos obxectivos e principios, e tramitar as diferentes convocatorias ás organizacións que integran Ártabra 21, por se queren e deciden somarse ás mesmas. Valorouse continuar como até agora, mentras non acordemos un novo regulamento que contemple un novo método áxil de consulta e decisión que permita manter outra postura.
- Informouse, por parte da Asociación Veciñal "O Rosario" do Inferniño, que elaboru un Proxecto de PARQUE URBANO do INFERNIÑO, para a zona denominada Palco das Ánimas. Valorandose moi positivo este tipo de participación cidadán, adiantandose cunhas propostas sustentábeis e de recuperación dos espazos públicos, para uso e disfrute do conxunto da cidadania. Mais información en http://www.ferrolnovo.blogspot.com
- Informouse por parte do representante do Ateneo Ferrolán da Sentenza TSXG a respecto da PLANTA DE GAS, no recurso contencioso-Administrativo interposto pola Asociación Veciñal da Parroquia de Meha (Mugardos) e outras asociacións do Comité Cidadán de Emerxencia, contra a Declaración de Efectos Ambientais do proxecto de planta de almacenamiento e regasificación de gas natural licuado. Unha sentenza que volta, por segunda vez a darnos a razon e fallar en contra de REGANOSA. A empresa e a Xunta de Galicia recorreron a decisión do tribunal. Mais info en http://artabra21.blogspot.com
- Informouse dunha proposta que fai VERDEGAIA para que a Plataforma Ártabra 21 se integre na Rede de Defensa do Litoral, vaise apresentar como rsolución na próxima Asemblea de Outubro, mentras quedou encargada Belen de VERDEGAIA de pasar toda a información sobre esta rede dado que ela xa estaba participando nas reunións que hai en Compostela para a constitución desta rede. Máis información en http://arquivosartabros.blogspot.com
- Informouse de que Cos pés na Terra que é o nome dunha nova revista electrónica ecoloxista promovida desde a asociación ecoloxista Verdegaia vai incluir un artigo sobre as plataformas sociais que nestes momentos están a traballar na defensa de diversos tramos do litoral galego. Polo que piden o envío dun texto sobre a Plataforma Ártabra 21. Este tema queda nas mans da Xunta Coordenadora.
- Informouse, da reunión que se mantivo por parte da Comunidade Menáncaro co concelleiro Guillermo Evia, segundo o cal o asunto estaba paralisado a espera dun novo informe da Dirección Xeral de Urbanismo da Xunta de Galicia. Mais tamém se informou de que no pleno do Concello de Ferrol a celebrar o Xoves, 28 de Setembro, había un ponto que solicitaba a aprobación definitiva do Plano Sectorial de Menáncaro. Valorouse estar antentos ao que podia suceder ao respecto deste tema. Mais información en http://menancaro.blogspot.com
- Mencionouse a necesidade que hai de investigar os riscos medioambientais de todo o complexo químico-industrial que hai en Ponta Promontorio.
- Na elección por votación do LOGO que vai utilizar a PLATAFORMA ÁRTABRA 21, saiu elexida a proposta E com 56 pontos que é a que segue:

RESOLUCIÓNS ACORDADAS na ASEMBLEA.-
Apresentaronse tres resolucións para ser aprovadas na III Asemblea da Plataforma ärtabra 21.
- Ainda que con algunhas observacións de interese sobre a falta de mención á contaminación que causan certas industrias e tamén outros asuntos, foi aprobada a resolución presentada por VERDEGAIA: SOBRE O CAMBIO CLIMÁTICO.
- Foi aprovada a resolución presentada pola Comunidade de Menáncaro: DEFENSA DA FRAGA DE MENÁNCARO.
A resolución proposta pola Xunta Coordenadora, sobre a Defensa da COSTA ÁRTABRA quedou desestimada, por considerarse incompleta e por conter algunhas propostas que non comparte algún dos colectivos que conforma a Plataforma. Acordouse apresentar unha nova proposta de resolución para a Asemblea de Outubro, coa consulta e colaboración de todos os colectivos e entidades que conforman a PA21.
Sobre a proposta de debate sobre princípios organizativos, non se puido constituir unha comisión para presentar un regulamento de funcionamento xuntas, comisións ou grupos de traballo, ... por falta de persoas voluntarias, só se apresentou o compañeiro Carlos Gª Seoane. Polo que o asunto quedou en mans da Xunta Coordenadora.
Renovouse a Xunta Coordenadora, cesaron Manuel Domínguez [Colectivo Fusquenlla], Xan Ramírez [Plataforma pola Defensa Patrimonial e Natural dos Montes de Brión e Leixa] e Inácio Martínez [Comunidade Menáncaro], e entraron Ernesto [ADEGA], Amadeo [Colectivo Recemil] e Miguel [Comisión Cidadá Pola Recuperación de Ferrol Vello].
A próxima Asemblea, que será a IV, terá lugar o martes, 31 de Outubro, ás 19:00 nos locais do Centro Cívico e Cultural Carvalho Calero, no Inferniño, de Ferrol. [Pendente de confirmación]
No transcurso da Asemblea participaron 26 persoas en representación dos colectivos que a continuación se relacionan:
- ADEGA-Trasancos
- Asociación Veciñal "O Rosario" do Inferniño
- Ateneo Ferrolán
- Colectivo Fusquenlla [Pontedeume]
- Colectivo veciñal de Recimil
- Colectivo veciñal pola defensa do parque público de Sartaña
- Comisión Cidadá Pola Recuperación de Ferrol Vello
- Comunidade Menáncaro
- EU-Esquerda Unida
- Plataforma pola Defensa Patrimonial e Natural dos Montes de Brión e Leixa
- Plataforma polo Transporte Público e Sustentábel de Ferrol
- VERDEGAIA [Organización Ecoloxista]
Ferrol, Costa Ártabra, a 7 de Outubro de 2006.
10 de Outubro, reunión da Xunta Coordenadora
A orde do día iremo-la facendo entre tod@s, perante estes días, mais será na propia reunión da Xunta Coordenadora onde se acorde a orde día a tratar na citada reunión.
Orde do día provisional:
1 .- Lectura e aprobación da ACTA anterior.
2 .- Análise e valoración da Asemblea anterior.
Estado Contas.-
Incorporacións e contactos con outras organizacións?
Comunicado- AFECTADOS DE TEJERAS.
3 .- Contacto coa Asociación LAPIS VERDES.
Exposición barrios históricos.
4 .- Urbanismo- Praza Porta Nova. REPARTO DE FOLLETOS.
Sartaña
Menáncaro ,etc...
Recimil.
Brión- Leixa
Denuncia ao Fiscal –A.Veciñal O Rosario- Inferniño respecto ao Feirón
5 .- Información REDE LITORAL NORTE-SUR GZ.?
6 .- Debate REXIME INTERNO ORGANIZATIVO.
Marcar seguinte reunión da Xunta Coordinadora.
7 .- Suxestións e preguntas.
Se hai algunha proposta ou comentario que facer, enviar un correio-e ao da Plataforma [artabra21@gmail.com] ou tamén podes utilizar a sección postar um comentario neste ou noutro artigo, utilizando o Blog como un ponto de encontro e comunicación.
Convocatoria da IV Asemblea Xeral Ordinaria da Plataforma Ártabra 21, para o martes, 31 de Outubro de 2006
A orde do día está pendente de facer, función, esta, que corresponde á Xunta Coordenadora, se hai algunha proposta ou comentario que facer, enviar un correio-e ao da Plataforma [artabra21@gmail.com] e tamén podes utilizar a sección postar um comentario neste ou noutro artigo, utilizando o Blog como un ponto de encontro e comunicación.
Resolucións aprobadas na Asemblea Xeral [26.09.2006]
Resolución apresentada pola organización VERDEGAIA sobre medidas para frear o cambio climático por parte dos concellos.
O cambio climático, consecuencia da intensificación do efecto invernadoiro inducido pola especie humana, é xa unha realidade. O Panel Intergobernamental sobre Cambio Climático, IPCC, adscrito á ONU e formado por máis de 2000 cinetíficos en todo o mundo, asegura que o cambio climático global xa comenzou e que as accións para mitigalo e adaptarse a el son urxentes.
As emisións de gases efecto invernadoiro en Galicia medraron o 45’9% entre 1990 e 2005, crecemento moi significativo e preocupante. A nosa terra presenta unhas emisións por habitante que figuran entre as máis altas de Europa e do mundo. Boa parte das emisións teñen lugar nas vilas e cidades, onde vive o 70% da poboación galega, especialmente as emisións dos sectores transporte, doméstico, comercial e institucional.
A nivel estatal, máis do 50% das emisións de gases de efecto invernadoiro relacionadas co transporte realízanse en áreas urbanas, na súa meirande parte froito do emprego do automóbil privado. existen previsións moi preocupantes que sitúan ao sector do transporte como o de maior crecemento relacionado co consumo enerxético.
O crecemento do consumo enerxético nos sectores residencial, comercial e institucional está a ser moi importante, rexistrándose un uso da enerxía pouco eficiente. Isto é particularmente lamen tábel no caso dos Concellos e das Administracións Públicas en xeral, xa que, por razóns ambientais e económicas, deberían ser exemplos de uso eficiente da enerxía, nos seus edificios e instalacións, no alumeado público e nos parques de vehículos ao seu servizo.
A comunicación da Comisión Europea relativa a unha Estratexia temática sobre ambiente urbano, que forma parte do Plano de Acción Ambiental da UE en vigor, destaca o papel das zonas urbanas na implementación de medidas para a redución das emisións. Como áreas prioritarias de traballo apunta os transportes e a construción.
Perante a gravidade do problema do cambio climático e a necesidade de adoptar mediadas urxentes que impliquen a toda a cidadanía, a asociación ecoloxista Verdegaia propón á Plataforma Ártabra 21 que apoie pública e expresamente os seguintes puntos a demandar aos diferentes concellos da nosa comarca:
1.- Integración dos concellos da comarca na “Rede Española de Cidades polo Clima”.
2.- Elaboración de ordenanzas sobre captación e aproveitamento de enerxía solar que reforce as esixencias contidas no Codigo Técnico de Edificación (CTE).
3.- Elaboración de auditorías enerxéticas en tódalas instalacións e equipamentos municipais para, posteriormente, elaborar un Plano Enerxético Municipal que mellore a eficiencia enerxética e incorpore progresivamente fontes enerxéticas renovábeis nas instalacións e servizos municipais.
4.- Igualmente, realizar unha auditoría de consumo eléctrico do alumeado público e adoptar medidas para diminuilo como por exemplo: adecuación do número de puntos de luz ás necesidades reais, substitución por lámpadas de baixo consumo, diminución do horario de iluminación, etc..
5.- Crear unha Axencia Local de Enerxía en cada concello para realizr as auditorías xa comentadas e para informar, prestar asistencia técnica á cidadanía e empresas, desenvolver campañas de sensibilización, ...en materia de aforro enerxético e enerxías renovábeis.
6.- Redacción dun “Plano de Mobilidade Sustentábel” que inclúa a adopción de medidas de pacificación do tránsito e restricción do vehículo privado, potenciación de modos de transporte menos contaminantes (pé, bicicleta, transporte colectivo..)
7.- Planificación urbana que diminúa a necesidade de desprazamentos, que favoreza o uso do transporte menos ou nada contaminante (bicicleta, pé, colectivo..).Ademais, as novas areas residenciais serán libres de coches e estudarase o impacto sobre o tráfico antes de autorizar grandes areas comerciais.
8.- O imposto sobre vehículos penalizará de forma forte aos vehículos con maior consumo enerxético e maiores emisións de CO2, especialmente a vehículos todoterreno non destinados a usos comerciais.
9.- Primará a “Contratación Pública Verde”, isto é, contratar bens e servizos conceder adxudicacións que conten con criterios que favorezan a sustentabilidade.
10.- A política de residuos urbanos terá como obxectivo prioritario a redución en orixe. Para iso reformarase a taxa de recollida de lixo de xeito que incentive a prevención da xeración de lixo. Faranse accións de concienciación cidadá e o destino do lixo será a reutilización, reciclaxe e compostaxe.
Resolución apresentada pola Comunidade Menáncaro pola Defensa da Fraga de Menáncaro.
A Fraga de Menáncaro está situada no val do río Aneiros ou río da Sardiña, na parroquia de Serantes do concello de Ferrol, esta conforma un habitat natural de máis de 10 ha de superficie. A Fraga de Menáncaro é unha das poucas manchas de bosque autóctono que se conserva no concello, xunto coa Fraga de Monte Fontelo(A Graña), Fraga da Pega e da Casa do Monte(Leixa) e o Acivreiral das Forxas(Covas), espazos naturais que tamén se deberían conservar e protexer. Un dos feitos que fai de Menáncaro unha zona cunha carvalleira singular é a presencia de individuos centenarios de porte excepcional, base dun bosque maduro e de gran biodiversidade.
A Fraga é unha mostra de bosque potencial desenvolvido, prácticamente desaparecido noutras zonas de Ferrol. Un dos principais valores é a súa singularidade, dada a case ausencia de formacións de carvalleiras en Ferrol. O habitat natural de Menáncaro, a protexer, está formado por un bosque ripario que ocupa as marxes do río, unha zona da carvalleira que se imbrica coa aliseda riparia e zonas de prado húmido nas marxes do bosque ripario.
Na Fraga de Menáncaro, há especies singulares e de grande valor, protexidas por normativas en vigor é únicas no contorno, destaca a presenza, no prado húmido, de Juncus foliosus, única localidade da provincia da Coruña. E "entre as especies de interese hai que destacar a presenza de Dryopteris guanchica, un felgo relicto do terciario con presenza en Galiza, Asturias, Algeciras, Sintra e Macaronesia. Está considerada como "vulnerable" no borrador do listado de flora ameazada da Xunta de Galicia. Os narcisos Narcissus triandrus e N. bulbocodium están incluídos no listado sinalado como especies "de interese especial" e ambos están presentes na zona".
Na actualidade, esta carvalleira está ameazada por mor da especulación urbanística, coa construcción dunha urbanización de chalets no lugar, paralizada na actualidade por unha resolución [informe previo á autorización] da Dirección Xeral de Urbanismo, do 7 de Febreiro de 2006, nº de saída 112 [Expediente: 101A – 05/041].
Dado o seu interese natural, didáctico, científico, cultural, paisaxístico e ecolóxico do conxunto do habitat natural e dalgunhas das árbores e espécimes da flora existentes na Fraga, xa que constitúe un patrimonio natural e cultural valioso, de interese público, e unha das escasísimas e reducidísimas mostras de bosque autóctono existentes no Concello de Ferrol, irrecuperábel no caso da súa destrución ou desaparición, esta Asemblea Xeral da Plataforma Ártabra 21,
ACORDA:
1º Defender a Fraga de Menáncaro como un espazo natural a protexer de todo tipo de speculación urbanística.
2º Apoiar a solicitude da Comunidade Menáncaro, de recalificación da zona, por parte do Concello de Ferrol, como Solo Rustíco.
3º Apoiar a solicitude de que sexa declarada a Fraga de Menáncaro: Espazo Natural Protexido.
Que é o que estamos debatindo ?
Non é muito o tempo que levamos camiñando e construindo este proxecto popular, mais xa hai persoas que consideran que o modelo do que nos dotamos na asemblea constituinte ten eivas que é necesario correxir canto antes.
Na última Xunta Coordenadora acordouse levar a Asemblea Xeral Ordinaria do pasado 26 de Setembro, unha proposta de debate sobre princípios organizativos para unha vindeira asemblea xeral. Para organizar o debate nesa asemblea e as proposta as levar, propusose a constitución dunha Comisión para apresentar un regulamento de funcionamento xuntas, comisións ou grupos de traballo, ..., para os vindeiros meses. Mais, para esta proposta de debate sobre princípios organizativos, non se puido constituir unha comisión por falta de persoas voluntarias, só se apresentou o compañeiro Carlos Gª Seoane. Polo que o asunto quedou en mans da Xunta Coordenadora que terá que organizar o debate e establecer un método democrático e participativo.
Polo de agora, até que a Xunta Coordenadora decida outra cousa os contributos e propostas serán publicadas neste Blog.
Acta da Xunta Coordenadora do 13 de Setembro
ACORDOS MAIS RELEVANTES DA JUNTANÇA DA COORDENADORA DA PLATAFORMA ÁRTABRA 21 CELEBRADA A QUARTA-FEIRA, 13 DE SETEMBRO NO LOCAL DO CLUBE DE MONTANHA DE FERROL.
ASSISTEM: a Junta Coordenadora ( Inácio Martinez, Xan Ramirez, Carlos Garcia Seoane, Xosé M. Sanxoán, Jose R. Jove) mais Belén, representante de Verdegaia.
- Adia-se a aprovaçom das actas das reunions da Junta Coordenadora desde o 4 de Julho por nom dispôr delas.
- Análise do acontecido na Galiza durante o verao com os incéndios florestais e possível aportaçom da Plataforma. Proporá-se à Assembleia que sejam as organizaçons ecologistas-ambientalistas que num futuro organicem um plano de extinçom de incéndios ante umha catástrofe como a acontecida.
- Contactará-se com o colectivo didáctico-ambiental Lapis Verdes para conhecer a sua disponibilidade para organizar umhas Jornadas sobre urbanismo (reabilitaçom do bairro da Madalena).
- Novos ingressos de organizaçons ou colectivos á Plataforma. Amigos da Terra- Cedeira, Associaçom de vizinhos de Santa Marinha- O Vilar (Ferrol) e a Associaçom Cultural Treme a Terra (Pontedeume) solicitárom entrada na Plataforma.
- Urbanismo.
Praça de Porta Nova. Propom-se editar uns panfletos para difundir a postura da Plataforma na cidade de Ferrol. Na reuniom de 10 de Julho acordará-se que Miguel de Ferrol Velho redigiria uns apuntamentos sobre as questons técnicas sobre a improcedência da edificaçom nesta praça.
Também se proporá na Assembleia a organizaçom dumha mobilizaçom-concentraçom por umha praça de domínio público.
Sartanha. Jove dá a conhecer as novidades que se dêrom sobre esta problemática.
A vizinhança impediu a realizaçom dumhas “catas” sobre a praça, polo parecer necessárias para a redacçom do projecto.
Achárom um outro argumento contra a construçom da piscina: nom se inclui a utilizaçom de energias renováveis no prédio.
Menáncaro. Inácio informa que proximamente terám umha reuniom com o concelheiro de Urbanismo, Évia.
- Resoluçons para a Assembleia.
- Resoluçom sobre a mudança climática. (Verdegaia)
- Resoluçom Pola defesa da Costa Ártabra. (Xan Ramírez).
- Resoluçom sobre a defesa da carvalheira de Menáncaro. (Comunidade de Menáncaro).
Proposta de Carlos Garcia Seoane
Para:artabra21@gmail.com
Fecha: 04-oct-2006 18:17
Asunto: proposta de regulamento organizativo
Companheir@s:
Envio anexado a minha proposta sobre o regulamento organizativo da Plataforma Ártabra 21.
Sem mais.
Saúdos.
Carlos Garcia Seoane.
REGULAMENTO ORGANIZATIVO DA PLATAFORMA ÁRTABRA 21
A Plataforma Ártabra 21 surge a favor dumha política justa, democrática, participativa e sustentável, responsável cara ao futuro da humanidade, respeituosa e defensora do meio natural .
Porém, a Plataforma Ártabra 21 (PA21) conforma-se organizativamente em base a umha necessidade, a de constituir o ponto de encontro de todas as organizaçons ou colectivos que formam parte do movimento popular nas comarcas de Trasancos, Eume e Ortegal – a Costa Ártabra- e que tem como objectivos o de “difundir” as diversas iniciativas que lancem algumha das entidades da PA21 e, sobretodo, transmitir umha mensagem unificada e bem forte do conjunto das organizaçons que a integramos contra as problemáticas que nos atingem na nossa acçom diária.
A PA21 está integrada por organizaçons, colectivos e pessoas a título individual.
O principal fundamento que rege a democracia interna da PA21 é o do CONSENSO, recorrendo-se á maioria simples –a votaçom- nos casos que determinem este regulamento e nas situaçons absolutamente excepcionais e necessárias para o avanço da PA21.
A PA21 compom-se basicamente de três estruturas organizativas:
- A Assembleia Geral.
- A Junta Coordenadora.
- Os grupos ou equipas de trabalho.
1.- A Assembleia Geral da PA21.
- A sua funçom consiste em determinar as linhas básicas gerais de actuaçom da PA21 como resultado da coordenaçom e debate entre as diversas organizaçons e colectivos, as iniciativas a pôr em marcha ou com intençom de empreender algum tipo de acçom.
- A Assembleia Geral ordinária terá um carácter mensal, coincidindo com todas as derradeiras terças-feiras laborais de cada mês.
Tendo em conta isto, o lugar e hora de realizaçom da reuniom será determinado pola Assembleia.
- Terám direito a participar todas as organizaçons e colectivos com quotas ao dia no momento de realizaçom da Assembleia.
Cada organizaçom ou colectivo estará representada pol@ seu/sua respectiv@ representante. Nengumha pessoa poderá representar ao mesmo tempo a duas ou mais organizaçons.
No caso de dar-se umha votaçom devido ao estabelecido no presente regulamento ou por umha situaçom excepcional necessária para o avanço da PA21, cada organizaçom ou colectivo representado na Assembleia possuirá voz e voto próprio.
As pessoas a título individual presentes na Assembleia tenhem o direito a expressarem-se livremente, e a efeitos da votaçom, integrarám-se num grupo ao qual lhe corresponde um voto no cómputo global com os colectivos e organizaçons, cujo signo dependerá da maioria simples escolhida polas pessoas deste grupo.
- A ordem do dia da Assembleia Geral será elaborada pola Junta Coordenadora e encaminhará-se via correio electrónico ao conjunto das organizaçons e colectivos da PA21 cumha semana de antecedência.
- As Propostas de Resoluçom constituim o corpo teórico da PA21.
Junto á ordem do dia encaminharám-se as Propostas de Resoluçom que impulsem algumha das organizaçons, colectivos ou pessoas da PA21 com o objectivo de enriquecer a Resoluçom engadindo o que se considerar conveniente. O acréscimo também se enviará com anterioridade à Assembleia para evitar cair em divagaçons no momento do debate.
Estas Propostas de Resoluçom aprovarám-se por votaçom na Assembleia.
- A Assembleia Geral estará presidida por um/umha moderador/a , um/umha secretári@ de actas e um/umha secretári@ de finanças, quem devem pertencer à Junta Coordenadora, para fazer das Assembleias reunions mais ágeis e dinámicas.
@ secretári@ de finanças deverá apresentar em cada Assembleia um informe de finanças correspondente ao período inter-assembleário indicando de maneira resumida as entradas, saídas e o saldo do que dispom a caixa da PA21.
- Das propostas de incorporaçom à PA21:
Toda organizaçom ou colectivo que solicitar a sua entrada na PA21 tem o dever de:
* Aceitar o Documento Constiuinte e o presente Regulamento Organizativo.
* Estar presente na Assembleia Geral na que se propom a sua incorporaçom.
* Assinar na listagem de organizaçons e colectivos da PA21.
A proposta de incorporaçom tem de ser ratificada, prévia votaçom, na Assembleia Geral.
2. - A Junta Coordenadora.
- Constiui o máximo organismo da PA21 entre as Assembleias Gerais mensais.
- É um organismo formado por seis pessoas, possuindo um carácter rotatório de três em três membros por períodos trimestrais. O critério de rotaçom por este organismo será por ordem alfabética entre as organizaçons e colectivos que integram a PA21, sem que por isto exista o motivo de excluir as pessoas que quigerem participar na mesma por iniciativa própria. Porém, dizemos que é um organismo aberto.
- As suas funçons consistem em:
a)- Aplicar e executar as linhas gerais estabelecidas pola Assembleia Geral, determinando os meios necessários para levar a cabo esses planos acordados mediante:
- Criaçom dos grupos ou equipas de trabalho específicos.
- Coordenar os grupos de trabalho segundo as capacidades da PA21.
-“Difundir” as iniciativas das organizaçons e colectivos da PA21 que se propugêrom na Assembleia Geral polas vias mais eficientes: correio electrónico, o blogue da PA21, comunicados de imprensa, etc.
- Proporcionar apoio “logístico” e pessoal às organizaçons e colectivos que impulsarem umha acçom determinada.
b)- Capacidade decisória ante qualquer sucesso conjuntural, isto é, com capacidade de posicionamento público a respeito dum tema concreto acontecido; ou para participar na convocatória dumha mobilizaçom, por exemplo.
c)- Elaborar a ordem do dia da vindoura Assembleia Geral.
- A periodicidade das reunions da Junta Coordenadora será quinzenal.
- A Junta Coordenadora nomeará um/umha Coordenador/a, um/umha secretári@ de actas e um/umha secretári@ de finanças.
- @ Coordenador/a tem as seguintes funçons:
- Exercer de moderador/a nas reunions da Junta Coordenadora e na Assembleia Geral.
- Representar à PA21 nos seus posicionamentos públicos.
- Estar a disposiçom dos colectivos que integram a PA21.
- @ Coordenador/a, ao igual que @ secretári@ de finanças, exercerám como tal durante três meses, é dizer, no período dumha rotaçom na Junta Coordenadora, sempre e quando @s membros que integrem este organismo nom decidirem que podem continuar mais três meses, podendo prorrogar-se a responsabilidade na mesma pessoa até seis meses.
Umha mesma pessoa nom poderá exercer duas vezes como Coordenador/a até se completar o ciclo.
- Ao mesmo tempo, a Junta Coordenadora, nomeará um/umha responsável do blogue da PA21, quem se encarregará de actualizar o blogue com as diversas iniciativas que surgirem, e um/umha responsável da caixa de correio electrónico da PA21, quem informará dos correios electrónicos que cheguem á conta.
- Por questons conjunturais, convocará-se polos meios mais precisos e ágeis umha Junta Coordenadora Extraordinária para tratar o tema que surgir e determinar a nossa resposta.
3.- Os grupos ou equipas de trabalho.
- Constiuim o organismo de actuaçom da PA21 num sector que apresente umha problemática concreta.
É um organismo determinado pola Assembleia Geral e impulsado pola Junta Coordenadora em funçom das necessidades e capacidades da PA21.
- A sua funçom consiste em oferecer umha saída prática às propostas que se acordárom concretando os planos de actuaçom e os meios materiais precisos para desenvolvê-las.
- Estará integrado por todas aquelas pessoas e organizaçons que tiverem a necessidade e disponibilidade de participar no grupo de trabalho. Desta maneira, é neste organismo no que trabalham conjuntamente aquelas organizaçons e colectivos cumha mesma problemática (urbanismo, ambientalismo, participaçom vizinhal, cultura, etc.) e som estes quem determinam a execuçom concreta dos planos desenhados em equipa.
- @s membros dos grupos ou equipas de trabalho que se constituam deverám nomear a um/umha responsável de grupo, quem terá como funçons fundamentais:
- Exercer como moderador/a nas reunions do grupo de trabalho.
- Informar da maneira mais rápida possível dos planos concretos de actuaçom à Junta Coordenadora para que seja esta quem difunda estas acçons a desenvolver.
- Assistir às reunions da Junta Coordenadora, se for necessário, para propôr ou informar sobre algumha actuaçom.
- A periodicidade das reunions será determinada polo próprio grupo de trabalho.
DISPOSIÇOM FINAL
A interpretaçom deste regulamento organizativo corresponde-lhe á Assembleia Geral e, entre Assembleias, á Junta Coordenadora.
A modificaçom ou acréscimo de qualquer ponto deste Regulamento organizativo terá de ser ratificada, unicamente, pola Assembleia Geral.
Proposta de Amadeo Varela
Para: artabra21@gmail.com
Fecha: 02-oct-2006 10:06
Asunto: Borrador para Regulamento
Aportación do Colectivo Recimil
.....ooooo00000ooooo.....
Borrador para regulamento interno da Plataforma Ártabra 21
====================
Método e principios organizativos.
……………….
No documento fundacional aprobado o 29 de maio do 2006, establécense un método e principios organizativos, redactados en 9 paragrafos, que é necesario desenvolver e concretar, para acadar o funcionamento áxil e dinámico que se pretende, tal como especifica o paragrafo 7 dos citados principios.
Paragrafo 1.- “O funcionamento da plataforma baséase no compromiso moral, individual e colectivo, de participación para lograr a consecución dos obxectivos.”
Para cumprir con este compromiso, acordamos:
Artº. 1.- Todos os membros da Plataforma están obrigados a aceptar, apoiar e defender as decisións da Asemblea, aínda que, por causa xustificada, non houbesen participado nesa decisión asamblearia.
Correccións.-
Artº. 2.- Todos os membros da Plataforma están obrigados a asistir ás Asembleas con al menos un representante, e a participar nos órganos de goberno e representación, cando sexan designados pola Asemblea.
Correccións.-
Paragrafo 2.- “Esta Plataforma está aberta a entidades, organizacións e persoas de xeito individual que soliciten a súa integración, que será ratificada pola Asemblea.”
Para cumprir esta condición, requírese:
Artº. 3.- A solicitude deberá facerse por escrito, no que constará o nome e firma da persoa solicitante, ou o nome da entidade e a firma do seu representante, expresando o seu desexo de integrarse na Plataforma e a súa decisión de aceptar todas as normas, principios e obxectivos da mesma.
A solicitude deberá presentarse perante a Asemblea por medio do solicitante ou un representante.
Correccións.-
Artº. 4.- Cando unha entidade, organización ou persoa solicitante, houbese comprometido a súa opinión ou actividade en obxectivos contrarios ós da Plataforma, deberá rectificar – na medida do posible – para evitar que se poidan producir contradiccións no seo da Plataforma.
Correccións.-
Paragrafo 3.- “Faránse Asembleas todos os últimos martes laborales de cada mes.”
Artº. 5.- No último punto da Orde do Día de cada Asemblea - a celebrar o último martes laborable de cada mes - establecerase a data, hora e lugar da Asemblea seguinte. Nembargantes, uns días antes, lembraranse ós membros da Plataforma - na medida do posible - as citadas circunstancias.
Para posibilitar esta e outras informacións, cada membro da Plataforma deberá aportar a súa dirección electrónica ou telefónica.
As Asembleas celebraranse nun local o máis céntrico posible ó ámbito de actuación, para facilitar a asistencia. Nembargantes, poderase celebrar a xuntanza no local dalgunha Asociación membro, a petición súa e co consentimento da Asamblea.
Os acordos da Asemblea tomaranse por maioría simple.
Correccións.-
Paragrafo 4.- “Constituirase unha Xunta Coordenadora formada por dous coordenadores e dous responsables de Actas e Contas, estes serán renovados de xeito alternativo cada Asemblea.”
Na curta vida da Plataforma, xa se comprobou que esta solución non da o resultado esperado, polo que se establece unha nova organización da Xunta Coordenadora.
Artº. 6.- Constituirase unha Xunta Coordenadora formada por SEIS persoas pertencentes a seis membros distintos da Plataforma, que asumirán as seguintes funcións:
Portavoz, Secretario, Tesoureiro, Vocal 1º (suplente do Portavoz), Vocal 2º (suplente do Secretario) e Vocal 3º (suplente do Tesoureiro).
Correccións.-
Artº. 7.- Independientemente das súas funcións como compoñentes da Xunta, as funcións específicas de cada un serán as seguintes:
O Portavoz será o encargado de abrir e pechar as Asembleas, e dirixir o debate. Ademais, encargarase de enviar os comunicados ós medios informativos.
O Secretario recollerá as aportacións dos asemblearios - que a ser posible deberán ser presentadas por escrito - e redactará as actas. Tamén redactará as Resolucións e os Comunicados, segundo o acordado nas Asembleas e nas Xuntas. Ademais, levará sempre actualizada unha lista cos compoñentes da Plataforma.
O Tesoureiro dará conta dos Ingresos e Gastos que houber e levará control dos ingresos efectuados polos membros da Plataforma.
Cada Vocal axudará ó seu correspondente e o suplirá en caso necesario.
Correccións.-
Artº. 8.- Unha vez nomeados os compoñentes da Coordenadora, a Asemblea poderá designar as funcións de cada un, ou permitir que se organicen por si mesmos.
Correccións.-
Artº. 9.- A duración do desempeño destas funcións, será como mínimo de seis meses, sendo renovados os compoñentes, alternativamente, de tres en tres. A Asemblea poderá autorizar a continuación de calquera membro, sempre que haxa unanimidade.
Correccións.-
Paragrafo 5.- “Para as xuntanzas urxentes, a Xunta coordenadora fará a convocatoria o máis rápido posíbel.”
Complétase este apartado co artigo seguinte:
Artº. 10.- A Xunta Coordenadora reuniráse a lo menos unha vez por mes, para recoller as aportacións dos membros da Plataforma, e redactar a Orde do Día da seguinte Asemblea.
En caso de urxencia, a Xunta deberá reunirse do xeito mais inmediato, e convocará rápidamente unha Asemblea Extraordinaria da Plataforma.
Correccións.-
Paragrafo 6.- “Para cada evento ou tema concreto nomearase un Comité organizador Permanente, até rematar este feito.”
Modifícase esta disposición, da maneira seguinte:
Artº. 11.- Para cada evento ou tema concreto, a Asemblea poderá nomear unha persoa, ou unha Comisión organizadora, que se integrará na Xunta coordenadora ata rematar este feito.
Corrección.-
Paragrafo 7.- “As Asembleas acordarán por Resolucións os principios xerais que rexerá a Plataforma, o método para un funcionamento áxil e dinámico, e as actuacións concretas a desenvolver.
Tendo en conta que os principios xerais xa están recollidos no documento fundacional, este paragrafo modifícase do seguinte xeito:
Artº. 12.- As Asembleas acordarán, por medio de Resolucións, aqueles aspectos non recollidos ata agora, e que poidesen mellorar e axilizar o funcionamento da Plataforma.
Igualmente acordaranse por Resolucións, as actuacións concretas a desenvolver.
Correcións.-
Paragrafo 8.- “Non poderá exercer de Portavoz da Plataforma Ártabra 21 a mesma persoa dúas veces consecuctivas.”
É necesario clarificar.
Artº. 13.- Non poderá exercer de Portavoz da Plataforma, a mesma persoa, máis de seis meses. Para temas concretos, ou en caso de necesidade, a Asemblea poderá nomear un Portavoz ocasional.
Correccións.-
Paragrafo 9.- Esta declaración de principios poderá ser revisada en cada Asemblea, previa presentación por escrito do texto a engadir ou corrixir.”
Artº. 14.- Tanto o Método como os Principios Organizativos, poderán ser debatidos e modificados pola Asemblea. As pretendidas modificacións deberán ser presentadas por escrito.
Correcións.-
Réxime Económico
……………..
Artº. 15.- A Plataforma Ártabra 21, parte dun patrimonio de cero Euros.
Artº. 16.- Ante a imposiblidade de prever os posibles gastos, non se farán orzamentos anuales.
Artº. 17.- Establécese unha cota de 25 euros semestrales, para cada unha das asociacións membros. No caso de membros individuais, a aportación cuantifícase en 3 euros por semestre.
Correccións.-
Artº. 18.- As contas da Plataforma estarán mensualmente a disposición da Asemblea.
Artº.- 19.- En caso de que a reserva económica da Plataforma supere os 600 euros, suspenderase o cobro de cotas ata novo aviso.
En caso de necesidade puntual urxente, a Asemblea podera establecer unha cota extraordinaria.
Correccións.-
Disolución da Plataforma
……………..
Artº. 20.- A Plataforma disolverase voluntariamente, por acordo asambleario adoptado polos dous tercios dos membros presentes na Asemblea.
Correccións.-
Artº. 21.- En caso de disolución da Plataforma, a Xunta Coordenadora encargarase de facer a liquidación de bens, entregando o patrimonio activo a unha entidade benéfica. No caso de débedas, liquidaranse polas aportacións dos membros presentes.
Correccións.-
SERIA INTERESANTE QUE SE POIDESE ENVIAR A TODOS OS MEMBROS UNHA COPIA DESTE BORRADOR, PARA QUE CADA UN FAGA AS CORRECCIÓNS QUE ESTIME OPORTUNAS. DESTE XEITO ADIANTARÍAMOS MOITO O TRABALLO DA XUNTA E DA ASEMBLEA.
Un saúdo do Colectivo Recimil a todos os ártabros. Por favor, comunicade recepción.
Amadeo.












































