xoves, novembro 30, 2006

Xornadas: Restauracion Mina das Pontes, 2 de decembro

Tags

monica arto blanco -primumverum@yahoo.es- 30 de noviembre de 2006 18:29 Para: artabra21@gmail.com ---------- Mensaeme reenviado ---------- From: "Rafael Corral Bellas" -rafacorral@hotmail.com- To: adega@adega.info Date: Wed, 29 Nov 2006 10:17:46 +0000 Subject: Xornadas Reatauracion Mina As Pontes

Un saudo

O grupo ecoloxista Guerrilleiros das Fragas organiza para este sábado dia 2 as 4 da tarde unha xornada de conferencias na Casa Dopeso en As Pontes, co título de " A restauracion da mina de
As Pontes "pretendese dar a coñecer o proxecto de enchido do lago a tódolos ponteses interesados.

Mandamos en datos adxuntos unha nota de prensa co fin de dar publicidade o acontecemento e que chege o maior número de persoas. Esperando que sexa publicada despídense atentamente:

Guerrrilleiros das Fragas Apartado 41 CP 15320 As Pontes Teléfono de contacto: 659 734273 (Rafa)


Nota de Prensa

O 31 de decembro de 2007 cesa a extracción de lignito na mina de As Pontes, consecuencia delo, ENDESA encherá con auga o oco da mina facendo un lago de 550 millóns de m3 e unha profundidade de ata 200 m, ó noso xuízo cun alto perigo de que se produza nel un ambiente totalmente incompatible coa vida.

O grupo ecoloxista Guerrilleiros das Fragas, preocupado polo futuro do entorno de As Pontes, organiza para este sabado día 2 de decembro na Casa Dopeso unha xornada de conferencias co título: “ A restauración da mina de As Pontes “. Gracias ós prestixiosos ponentes que se prestaron a participar, cremos que será explicado en profundidade o proxecto de enchido do oco da mina e todolos ponteses recibirán unha resposta as súas inquedanzas. A partir das 4 da tarde intervirán:

Felipe Mazías Vázquez Catedrático de Edafoloxia da Universidade de Santiago de Compostela. Tema: Impacto Ambiental do proceso de enchido do oco da mina de As Pontes.

Francisco Aréchaga Director da mina de ENDESA Tema: O lago da mina de As Pontes, un proxecto de sostenibilidade Ambiental

Francisco da Silva Bello Concelleiro de Calidade de As pontes Tema: Actuación municipal na mina de As Pontes

Convocatoria dun acto público o 1 de decembro: Outro urbanismo é posíbel

Tags
Convocatoria dun acto público o 1 de decembro, venres, ás 7 da tarde no Centro Cívico e Cultural Carvalho Calero do Inferniño [Ferrol]:

Outro urbanismo é posíbel


A Plataforma Ártabra 21, xurde, como a confluencia de diversos colectivos veciñais agredidos como consecuencia dunha política urbanística e de ordenación do territorio especulativa e insubstentábel.

Nos debates constituintes afirmabamos:

Que a cimeira de Rio de Janeiro de 1992 concluíu coa necesidade de que a cidadanía tomase parte nas decisións que atinxen a sustentabilidade dos asentamentos humanos.

Posteriormente na Carta das Cidades Europeas Cara a Sustentabilidade (Carta de Aalborg-1994), partindo dunha realidade caracterizada polo esgotamento enerxético do planeta, a destrución sistemática do medio ambiente natural e un paulatino empeoramento da calidade de vida, as cidades europeas apostan por percorrer un camiño cara a substitución das actuais fontes de enerxía de orixe fósil por fontes de enerxía renovábeis, pola mellora da calidade de vida e a protección do medio ambiente.

Neste camiño trazado na Carta de Aalborg defendíase a PARTICIPACIÓN CIDADÁ coma un dos eixes imprescindíbeis para acadar estes obxectivos.

Na actualidade, máis dunha década despois da Carta de Aalborg, vemos como no noso entorno urbano e natural inmediato, lonxe de camiñar na liña proposta por este documento, as diferentes administracións teiman en levar a termo proxectos que atentan en contra da calidade de vida da cidadanía, (e moitas veces tamén en contra da súa propia seguranza), depredando e degradando o patrimonio cultural e natural herdado, desenvolvendo políticas territoriais, urbanísticas e enerxéticas insustentábeis.

Desde Ártabra 21 temos o empeño de que as cousas poden e deben cambiar, e o camiño que encetamos vai nesa dirección, hoxe somos 16 colectivos, mais hai xa catro máis que solicitaron a entrada na Plataforma, agardamos ser mais en pouco tempo. Mais o nosos obxectivo non é ser mais senon que a cidadanía participe e exerza os seus dereitos. As actividades de Ártabra 21 van nesa dirección.

É, con esta filosofia de fondo coa que nos abrimos á sociedade e intentamos mobilizar o vindeiro domingo día 3 de decembro xunto con otras asociacións e entidades de Ferrol.

Máis tamén baixo esta filosofia organizamos un acto público que vai ter lugar mañá venres, 1 de decembro, ás 7 da tarde no Centro Cívico e Cultural Carvalho Calero do Inferniño, baixo o lema:

OUTRO URBANISMO É POSÍBEL

que consiste nunha Charla Coloquio, onde falarán representantes do
  • Colectivo veciñal de Recimil
  • Colectivo Veciñal pola defensa do parque público de Sartaña
  • Plataforma pola Defensa Patrimonial e Natural dos Montes de Brión e Leixa
  • Comunidade Menáncaro
  • Comisión Cidadá pola Recuperación de Ferrol Vello

Blog: http://artabra21.blogspot.com

correio-e: artabra21@gmail.com

venres, novembro 24, 2006

Convocatoria da manifestación do 3 de Decembro, en defensa dos espazos públicos


Escoita a convocatoria




¿ Por que nos manifestamos ?


Para a defensa dos espazos públicos, do patrimonio urbanístico-cultural, do medio ambiente e contra a especulación urbanística. En concreto a mobilización cidadán quere denunciar a inxusta e ilegal usurpación que se está cometendo na Praza da Porta Nova [Praza de España]; manifestámonos para mostrar o noso desacordo, coa construción dun macro-edificio, nunha zona calificada no PXOM [Plano Xeral de Ordenación Municipal de Ferrol] como Sistema Xeral Viario, é dicir vías de dominio e uso público. O macro-edificio, proxectado para a Praza, é de cinco plantas, dúas soterradas e tres de superficie, cunha altura de 21 metros e case 7.500 m2 de superficie comercial e de servizos privados, incluíndo a concesión do mesmo a unha empresa privada durante 75 anos. En xeral ímonos manifestar contra a actuación do goberno municipal neste asunto e para demandar a paralización das obras.

NA DEFENSA DOS ESPAZOS PÚBLICOS, NON Á PRIVATIZACIÓN DA PRAZA !!

LIBREMOS AO PATRIMONIO PÚBLICO DA ESPECULACIÓN, FEÍSMOS E CHAPUZAS !!

CONTRA A ESPECULACIÓN URBANÍSTICA, NON AO MACRO-EDICIFIO COMERCIAL !!

SI AOS ESPAZOS PÚBLICOS ABERTOS PARA USO E GOZO DE TODA A CIDADANÍA !!


DEFENDAMOS OS NOSOS DEREITOS !!

DEFENDAMOS OS NOSOS BARRIOS !!

OUTRA ORDENACIÓN DO TERRITORIO, OUTRO URBANISMO É POSÍBEL !!

PARTICIPA NA MANIFESTACIÓN POPULAR !!

Convocan:

Asociación Veciñal de Esteiro "Fontelonga",
Asociación Veciñal de Ferrol-Vello,
Asociación Veciñal de Santa Mariña,
Asociación Veciñal de San Xoan-Bertón,
Asociación Veciñal O Cruceiro de Canido,
Asociación Veciñal "O Rosario - Inferniño",
Asociación San Fernando de Recimil,
Asociación Cultural Fuco Buxán,
Centro Comercial Aberto da Magdalena,
CC.OO Ferrol,
Colectivo Veciñal Sartaña,
Esquerda Unida - IU,
Federación de ANPAS de Centros Públicos de Ferrolterra,
Os Verdes - Grupo Verde de Ferrol,
NÓS - Unidade Popular,
Plataforma Ártabra 21,
UGT-Ferrol.

Día 30, nova concentración contra a Planta de Gas

Ola a todos/as,

Con de novo o blog www. f-cape.org (ferrolterra- Cidadáns Aliados para Protexer a súa Contorna)

Envío un correo que recibín de VOS VERDES-GRUPO VERDE para ter en conta e para envialo a coñecidos que puidesen estar interesados e afectados.

Os que non sexan de Ferrol, por favor envialo a aqueles familiares e amigos residentes nesta cidade.

¡ DESPERTEMOS ! ¡ QUE NON GÁÑENOS A PRENSA CANALLESCA COS seus SILENCIOS E MANIPULACIÓNS !

SEXAMOS NOSOSTROS Os MEDIOS DE DIFUSION

PLANTA DE GAS FORA DÁ RIA - planta de gas fora dá ría - PLANTA DE GAS FORA DÁ RIA - planta de gas fora dá ría- PLANTA DE GAS FORA DÁ RIA

Grazas. Saúdos, Carballo

SEGUE COMUNICADO-------------------------------------------------------------------------

Os Verdes-Grupo Verde de Ferrolterra comunican que o vindeiro xoves, dia 30 de Novembro, ás 19 h., concentrarémonos unha vez máis contra a Planta de Gas no Inferniño, xunto á parada de taxis.

Ese día, para promover a asistencia dos ferrolanos ao acto, entre os asistentes sortearemos un par de entradas para o próximo partido do Racing de Ferrol na Malata. De paso, poderán coñecer mediante fotos de gran tamaño, as distancias mínimas que nos separan de Reganosa e os seus riscos inmensos.

Por outra banda, Vos Verdes queremos apoiar tamén así ao noso equipo local, que está sendo generosamente financiado por Reganosa, actualmente a industria mais perigosa de toda Europa, e que usa esta estratexia como forma publicitaria para lavar a súa imaxe.

Esta convocatoria está promovida tamén pola "plataforma de profesionais de urxencias e urxencias contra a planta de gas" e pola asociación ecologista Adega-Trasancos, e animamos a que en futuras concentracións únanllenos mais entidades sociais da cidade.

En caso de accidente en Reganosa, ou en calquera dos moitos buques gaseros que navegarán pola ría, a 500 mts das vivendas, haberá que evacuar aos cidadáns de Ferrol. ¿Onde están os plans de evacuación e urxencias...? As autoridades din que é unha industria "estratéxica" pero ¿que significa isto...? ¿que todo vale...? ¿onde están os estudos de riscos para a poboación...?

Os partidos políticos, que gobernan no Concello, velan mais polos seus intereses particulares que polos da poboación en xeral, e votan -ou se absteñen- seguindo ordenes "de arriba", ata en contra da súa propia opinión persoal. Prefiren outorgar contraprestaciones ás grandes corporacións industriais, antes que defender a vida e a seguridade das persoas ou o medio ambiente. E para lavar a súa imaxe, de paso apoian ao Racing de Ferrol. Pois ¡¡nós tamén!!.

¡Boas noites, e Boa Sorte!

Saúdos,

Carballo

Frente á especulaçom: um urbanismo ao serviço da maioria

Tags
Nosup-trasancos -nosup-trasancos@nosgaliza.org-
29 de noviembre de 2006 23:50
Para: artabra21@gmail.com

Um dos muitos pré-textos que se poderiam ter escolhido para levar adiante esta convocatória, é o tema da Praça de Porta Nova. A problemática que se ergue sobre este projecto constitui um dos casos mais paradigmáticos da descarnada política neoliberal, no que ao urbanismo se referir, praticada polo governo municipal de turno, sem distinçom de signo político, ontem BNG-PSOE e hoje PP-IF.

Por desgraça para a maioria social, a tónica geral para o conjunto dos municípios galegos consiste na privatizaçom dos espaços públicos, que é umha das premissas básicas sobre a qual se alicerça o desenvolvimento urbanístico desenhado pola burguesia local e executada pola “classe” política. No concelho de Ferrol o resultado dessa cumplicidade é a imensa impunidade e descaro com a que actuam empresários como Isidro Silveira com Abeconsa, por citar o mais evidente, para levar polo bom caminho os seus interesses particulares. A remodelaçom da Praça de Porta Nova foi desenhada de maneira nefasta no seu dia polo BNG-PSOE, sendo necessária a aprovaçom do PGOM para a inclusom dum prédio de carácter privado destinado a desenvolver umha actividade empresarial. Depois da mudança no governo municipal, PP e IF continuam apostando por fazer do município ferrolano umha cidade feita a medida dos interesses da minoria social, ainda que isto implique obviar toda a legalidade que eles precisamente desenham.

Portanto, é evidente que nom estamos diante dumha única problemática isolada. Sinalou-se que a privatizaçom dos espaços públicos é fundamental para alicerçar umha estratégia urbanística com claros interesses de classe, mas isso nom é avondo para sustentar tais ilógicos plantejamentos e há que procurar o abusso contra a qualidade de vida da vizinhança ferrolana (por exemplo o projecto da “pileta” na zona de Sartanha) ou contra a conservaçom do nosso património cultural, histórico e ambiental (demoliçom do bairro de Recimil para a construçom de vivendas de luxo, parque logístico nos montes de Chá em Briom, urbanizaçom de chalês e hotel prévia destruiçom da carvalheira de Menáncaro, etc.)

Este domingo 3 de Dezembro, nas ruas do centro de Ferrol -inçadas polas obras!!- cenifica-se a resposta unitária do movimento popular ferrolano a umha problemática global que tem como fim o enriquecimento da minoria social por meio da usurpaçom dos espaços públicos. As faixas e palavras-de-ordem da vizinhança dos bairros de Recimil, Sartanha, Canido ou O Inferninho, entre outros, assim o demonstrarám.

De NÓS-Unidade Popular sabemos que o dia de hoje constitui umha data de grande importáncia para o movimento popular da comarca de Trasancos, posto que esta mobilizaçom vem aglutinar às diversas organizaçons e colectivos que desde há uns anos travam a sua respectiva luita contra aquelas problemáticas que lhe atingirem directamente na sua acçom diária. Devemos, porém, olhar o grande significado da manifestaçom de hoje como um primeiro avanço na consciência da vizinhança ferrolana de cara a saber determinar que por trás de cada umha das problemáticas que se atopam ante eles, acham-se os claros interesses lucrativos dos mesmos de sempre.

Em derradeiro lugar, há que lembrar que depois desta importante mobilizaçom, o conjunto do movimento popular deve continuar a trabalhar nas diferentes problemáticas abertas a golpe de promotora imobiliária no Concelho de Ferrol, e por extensom aos demais municípios da comarca, desenvolvendo sempre a imprescindível vissom global e sem cair em falsas promessas ou alianças que podam dinamitar a necessária coesom deste movimento reinvindicativo. A firmeza da independência dum discurso dirigido à defesa da maioria social, o povo trabalhador, é a única capaz de conseguir os objectivos estratégicos propostos.

Paremos a especulaçom urbanística!!

Ferrol nom se vende!!

Outro urbanismo é posíbel: Acto o 1 de decembro,

Tags

Urbanismo desbocado en pontedeume

Tags
manuel dominguez -manudominguez@yahoo.es-
29 de noviembre de 2006 16:40
Para: artabra21@gmail.com

En Pontedeume proxéctase construir 9 mil vivendas no período 2006-2010. Non hai moito desde o colectivo Fusquenlla denunciabamos que o novo PXOM de Pontedeume permitía ampliar o solo urbanizábel ata un 200 % do actualmente existente (ver Informe Greenpeace). Isto supón triplicar a superficie adicada a chan apto para a construción. Agora sábese que hai proxectadas máis de 9.000 vivendas a construir no período 2006-2010. Na acualidade hai construidas, aproximadamente, 4000 vivendas, das cales 2700 son principais, 728 secundarias e 609 baleiras (datos do INE relativos ao ano 2001).

A lectura é doada. Pontedeume cun crecemento demográfico negativo (perde poboación desde hai máis de cinco anos), con máis de 600 vivendas baleiras, vai permitir a construción de 9000 vivendas.

Segundo estes datos, cabería esperar un aumento de poboación de máis de 18.000 persoas en catro anos. Hai que ter moita fe para aceptar esta posibilidade cando, pola contra, asistimos a unha diminución do número de habitantes.

xoves, novembro 23, 2006

Enmendas de VERDEGAIA ao proxecto de Regulamento interno da PA21.

Tags
Emendas Verdegaia

Belén Arenas Riveiro
25 de noviembre de 2006 1:50
Para: "Plataforma Artabra 21 A Plaraforma da Costa Artabra, Ortegal e Eume"

Ola, mando emenda de VERDEGAIA ao borrador de regulamento da PA21, xunto coa argumentación da emenda.

Un saúdo

Pd: gustarianos ver que outras emendas foron presentadas para debatilas internamente, e gustarianos que a nosa emenda xunto coa nosa argumentación fose reenviada aos outros colectivos, para q a estuden.



PROPOSTA FINAL DA XUNTA COORDENADORA SOBRE O REGULAMENTO ORGANIZATIVO DA PLATAFORMA ÁRTABRA 21 (normativa da RAG)

No documento fundacional aprobado o 29 de maio do 2006, establécense un método e principios organizativos, redactados en 9 paragrafos, que é necesario desenvolver e concretar, para acadar o funcionamento áxil e dinámico que se pretende, tal como especifica o paragrafo 7 dos citados principios.

Parágrafo 1.- “O funcionamento da plataforma baséase no compromiso, individual e colectivo, de participación para lograr a consecución dos obxectivos.”

a).- O principal fundamento para o funcionamento democrático da PA21 é o do CONSENSO. En caso de necesidade, recorrerase à votación, que será decidida por maioria simple.

b).- A PA21 componse basicamente de tres estruturas organizativas:

A Asemblea Xeral, a Xunta Coordenadora e os Grupos de Trabalho.

c).- Tod@s @s membros teñen o dereito a integrarse nos órganos de goberno e representación, e o deber de participar cando sexan designad@s pola Asemblea. Exceptúanse @s membros individuais, d@s que, a participación será voluntaria.

d).- Tod@s @s membros da Plataforma teñen o deber de aceptar, apoiar e defender as decisións da Asemblea, ainda que, por causa xustificada, non participasen nesa decisión asemblear.

proposta de emenda de Verdegaia: propoñemos a supresión deste apartado d, do parágrafo 1, por considerar q isto pode provocar q unha asociación ten a obriga de aceptar, e incluso apoiar e defender algo q pode ir en contra da maioría dos seus asociados/as ou incluso en contra dos seus propios ppos, bases e Estatutos como asociación. A plataforma artabra 21 en ppo, xurdiu para xuntar e sumar os esforzos das asociacións q traballan no ámbito de Ferrol e comarcas naquelas causas nas q todos/as estamos dacordo ou iso foi o q entendemos dende Verdegaia. Con este artigo, unha asociación pode quedar ao abeiro do q diga a plataforma, ou da opinión doutras asociacións coas que pode non concordar na maioría dos casos. Cada asociación ten q ser coherente principalmente para cos seus socios/as e nun segundo lugar participar na plataforma naquelo no q crea ou naquelo q máis lle interese ou motive e dende logo non debe nunca renunciar aos seus propios ppos e aos seus acordos internos polo q decidan outras asociacións , aínda q estas estean en maioría. Se fose así, en vez dunha Plataforma de Asociacións, a Plataforma Artabra 21 sería unha especie de asociación q absorvería as distintas asociacións q a integran. Pensamos q a toma de decisión debe ser sempre o consenso e no caso de votación cada asociación pode reservarse o dereito propio de aceptar ou desvincularse daqueles acordos concretos cos que non coincidimos. Incluso, nun momento dado, pode ter unha opinión totalmente distinta á da Plataforma, porque para iso, moitas das asociacións nos declaramos independentes, entendendo con iso q non somos controladas nin por partidos políticos, nin empresas, nin outras asociacións e q , polo tanto temos o noso propio criterio non supeditado ao criterio doutras asociacións, incluídas neste caso, plataformas. E polo tanto nos reservamos o noso dereito de apoiar, defender e aceptar ou non as decisións das demais entidades. Só estamos supeditados ao noso Estatuto, ás decisións dos nosos órganos de goberno, e as decisións da nosa Asamblea Xeral amais da lexislación vixente, claro está. E no caso doutras asociacións será algo parecido e deberán sempre respetar en primeiro lugar os seus estatutos, o q digan os seus integrantes, sempre antes q o q diga a Plataforma Ártabra 21. Polo tanto, consideramos q o mellor e suprimir este apartado por resultar contraproducente.

Parágrafo 2.- “Esta Plataforma está aberta a entidades, organizacións e persoas de xeito individual que soliciten a súa integración, que será ratificada pola Asemblea.”

a).- Toda organización, colectivo ou persoa que solicite o seu ingreso na PA21, ten o deber de:

Aceptar o Documento Constituinte, coa súa Declaración de Princípios, os seus Obxectivos Xerais e o seu Método e Principios Organizativos.

Asinar na lista de Membros da Plataforma.

Apresentar a solicitude ante a Asemblea por medio d@ solicitante ou un/unha representante.

b).- A solicitude deberase facer por escrito, no que constará o nome e sinatura da persoa solicitante, ou o nome da entidade e a sinatura d@ seu/súa representante, expresando o seu desexo de integrarse na Plataforma e a súa decisión de aceptar todas as normas, principios e obxectivos da mesma.

Parágrafo 3.- “Faranse Asembleas todas os últimos martes laborais de cada mes.”

a).- A función da Asemblea consiste en determinar as liñas básicas xerais de actuación da PA21 como resultado da coordenación e debate entre @s divers@s membros, así como as iniciativas a pór en marcha para emprender algú tipo de acción.

b).- A Asemblea estará dirixida por un/unha compoñente da Xunta Coordenadora, eleito Portavoz.

c).- Tod@ @s membros da Plataforma teñen o dereito e o deber de participar nas Asembleas con, polo menos, un/unha representante. Ningunha persoa poderá representar ao mesmo tempo a dous membros.

d).- En caso de votación, cada representante dun grupo ou colectivo, posuirá un voto. As persoas a título individual presentes na Asemblea teñen o dereito a expresárense libremente, e a efectos da votación, integraranse nun grupo ao cal lle corresponde un voto no cómputo global cos colectivos e organizacións, cuxo signo dependerá da maioria simple escollida polas persoas deste grupo. Estabelécese un mínimo de cinco persoas, non adscritas a ningún outro colectivo, para conformaren este grupo.

Os acordos da Asemblea tomaranse por maioria simple.

e).- Na Orde do Dia das Asembleas incluiranse, para o seu debate, as propostas de Resolución apresentadas pol@s membros.

f).- No último ponto da Orde do Dia de cada Asemblea - a celebrar o últimao martes laboral de cada mes – estabelecerase a data, hora e lugar da Asemblea seguinte. Non embargo, a Xunta Coordenadora enviará cunha semana de antelación a tod@s @s membros da Plataforma - via correio electrónico - as citadas circunstancias coa Orde do Dia.

Parágrafo 4.- “Constituirase unha Xunta Coordenadora formada por dous/duas coordenadores/as e dous/duas responsábeis de Actas e Contas, estes/as serán renovad@s de xeito alternativo pola Asemblea.”

a).- Como Organismo representante da PA21 entre Asembleas, a Xunta terá como misións:

Aplicar as liñas xerais establecidas polas Asembleas, determinando os medios necesarios para levar a cabo os acordos asembleares.

Coordenar os grupos de traballo.

Difundir as iniciativas propostas nas Asembleas, via correio electrónico, blogues ou comunicados nos medios informativos.

Apoiar con todos os medios disponíbeis, as accións propostas por membros da PA21, que fosen aprobadas pola Asemblea.

Elaborar a Orde do Dia das Asembleas e da propia Xunta Coordenadora.

En caso de urxencia, terá capacidade decisoria, respeito dun tema concreto, debendo xustificar a urxencia e dar conta da sua actuación, ante a Asembleia mais próxima.

b).- Para mellorar o seu funcionamento, a Xunta Coordenadora, estará formada por SEIS persoas pertencentes a seis membros distintos da Plataforma. Ademais, d@s 2 coordenadores/as e @s 2 responsábeis de actas e contas, incluiranse duas persoas suplentes. A Xunta Coordenadora concíbese como un organismo aberto a todas aquelas persoas que quixeren participar por iniciativa propia.

c).- Unha vez nomead@s @s compoñentes da Xunta Coordenadora, a Asemblea poderá designar as funcións de cada quen, ou permitir que se organicen por si mesm@s.

d).- A duración do desempeño destas funcións, será como mínimo de seis meses, sendo renovad@s @s compoñentes, alternativamente, de tres en tres. A Asemblea poderá autorizar a continuación na xunta Coordenadora de calquera membro, sempre que haxa unanimidade. Non embargo, evitarase no posíbel a permanencia dunha persoa nas mesmas funcións por mais de seis meses.

e).- @s compoñentes da Xunta Coordenadora asumirán as seguintes funcións:

Portavoz, Secretari@, Tesoureir@, Vogal 1º (suplente do Portavoz), Vogal 2º (suplente d@ Secretari@) e Vogal 3º (suplente d@ Tesoureir@).

d).- Independentemente das suas funcións como compoñentes da Xunta Coordenadora, as funcións específicas de cada quen serán as seguintes:

@ Portavoz.-

Será @ encargad@ de abrir e fechar as reunións da Xunta Coordenadora e das Asembleas, e moderar o debate.

Representará á PA21 nos seus posicionamentos públicos, encargandose de que se envien os comunicados aos medios informativos.

Estará à disposición d@s membros da PA21.

@ Secretari@.-

Recollerá as aportacións d@s asembleares - que a ser posíbel deverán ser apresentadas por escrito - e redactará as actas das Asembleias e da Xunta Coordenadora.

Redactará a Orde do Dia de todas as xuntanzas.

Tamén redactará as Resolucións e os Comunicados, segundo o acordado nas Asembleas e nas Xuntas Coordenadoras.

Ademais, levará sempre actualizada umha lista d@s compoñentes da Plataforma.

@ Tesoureir@.-

Levará controlo dos Ingresos e Gastos.

Apresentará o estado de contas en cada Asemblea.

@s Vogais.-

Cada Vogal axudará ao/á seu/súa correspondente e @ suplirá en caso necesario.

e).- A Xunta Coordenadora proporá unha persoa responsábel do blogue e do correo electrónico da PA21, que informará do tema. Este nomeamento deberá ser ratificado pola Asemblea.

f).- A periodicidade das reunións, ordinarias ou extraordinarias, será determinada pola propia Xunta Coordenadora. A estas reunións poderá asistir calquera membro da Plataforma que o desexar.

g).- Calquera membro da PA21 poderá pedir a reunión da Xunta Coordenadora, para tratar un tema urxente.

Parágrafo 5.- “Para as xuntanças urxentes, a Xunta Coordenadora fará a convocatoria o mais rápido posíbel.”

a).- En caso necesario, a Xunta Coordenadora deberá reunirse do xeito mais inmediato, e convocará rapidamente unha Asemblea Extraordinaria da Plataforma.

Parágrafo 6.- “Para cada evento ou tema concreto nomearase un Comité organizador Permanente, até rematar este feito.”

a).- Para tratar un tema concreto, a Asemblea poderá nomear unha persoa, ou unha Comisión, que se integrarán na Xunta Coordenadora até rematar este feito.

b).- Por decisión da Asemblea poderán crarse Grupos de Traballo, para debater os aspectos dunha problemática concreta (urbanismo, medio ambiente, participación veciñal, cultura, etc.) e buscar unha saída prática a unha determinada situación e ás propostas de actuación.

c).- Os Grupos de Traballo terán plena autonomia para organizar o seu funcionamento, e será un/unha responsábel de grupo quen deba informar das súas conclusións, á Xunta Coordenadora.

Parágrafo 7.- “As Asembleas acordarán por Resolucións os princípios xerais que rexerá a Plataforma, o método para un funcionamento áxil e dinámico, e as actuacións concretas a desenvolver.”

a).- As propostas de Resolución constitúen o corpo teórico da PA21.

b).- As Asembleas acordarán, por medio de Resolucións, aqueles aspectos non recollidos até agora, e que pudesen mellorar e axilizar o funcionamento da Plataforma.

c).- As Propostas de Resolución aprobaranse nas Asembleas por maioria simple.

Parágrafo 8.- “Non poderá exercer de Portavoz da Plataforma Ártabra 21 a mesma persoa duas veces consecutivas.”

a).- Non poderá exercer de Portavoz da Plataforma, a mesma persoa, mais de seis meses seguidos. Para temas concretos, ou en caso de necesidade, a Asemblea poderá nomear un/unha Portavoz ocasional.

Parágrafo 9.- “Esta declaración de principios poderá ser revisada en cada Asemblea, previa presentación por escrito do texto a engadir ou corrixir.”

a).- Tanto o Método como os Principios Organizativos e o Regulamento, poderán ser debatidos e modificados pola Asemblea.

b).-As propostas de modificación deberán ser apresentadas por escrito à Xunta Coordenadora para que a poda incluir na orde do dia da seguinte Asemblea.

Das Finanzas

……………..

Artº. 1.- A Plataforma Ártabra 21, parte dun patrimonio de cero euros.

Artº. 2.- Ante a imposiblidade de prever os posíbeis gastos, non se farán orzamentos anuais.

Artº. 3.- Estabelécese unha cota semestral de 25 euros, para cada unha das asociacións membros, excepto aquelas plataformas sectoriais integradas na propia PA21, que cotizan a través dalgunha das suas organizacións constiuíntes. No caso de membros individuais, a aportación cuantifícase en 3 euros por semestre, adimitindo maiores aportacións voluntarias.

Artº. 4.- As contas da Plataforma estarán sempre a disposición da Asemblea, mediante a información apresentada pol@ tesoureir@, ou persoa em quen delegue.

Artº.5.- En caso de necesidade pontual urxente, a Asemblea poderá estabelecer unha cota extraordinaria.

Disolución da Plataforma

……………..

Artº. 1.- A Plataforma disolverase voluntariamente, por acordo asemblear adoitado polos dous terzos d@s membros presentes na Asemblea.

Artº. 2.- En caso de disolución da Plataforma, a Xunta Coordenadora encargarase de facer a liquidación de bens, entregando o patrimonio activo a unha entidade benéfica. No caso de débedas, liquidaranse polas aportacións d@s membros presentes.

luns, novembro 20, 2006

Reunión da Xunta Coordenadora da PA21, o vindeiro 22 de novembro

Tags
Convocatoria da XUNTA COORDIANDORA

22 de Novembro de 2006.

Convocatoria da XUNTA COORDINADORA para o vindeiro mércores día 22 de novembro-06, ás 6, 30 horas da tarde, no LOCAL SOCIAL da Asociación Veciñal FONTELONGA.

Orde do día

1 .- Lectura e aprobación da ACTA anterior.

2 .- CONVOCATARIA de MANIFESTACIÓN DO DÍA 3 DE DECEMBRO.
- Manifesto.
- APOIOS de outras organizacións e colectivos.
- Publicidade.
- Xornadas de traballo e repartos.

3 .- Análise SESION PLENARIA do pasado día 17 de novembro a respecto a dos recursos XURIDICOS da Planta de gas.

4 .- Organización CHARLA- DEBATE DAS POLITICAS URBANISTICAS DESENVOLVIDAS POLO CONCELLO DE FERROL .
Está solicitado o ATENEO para o día 1 de decembro.

5.- ORDE DO DIA da vindeira ASEMBLEA de data 28 de Novembro.

6 .- Suxestións e preguntas.-


Ferrol a 20 de Novembro de 2006.

Asdo. - A Xunta Coordinadora.
Amadeo Varela, Ernesto Lopes, Miguel Reimundez, José R. Jove,Carlos Gª Seoane, Xosé M. Sanxoán

A partir de hoxe o Concello de Ferrol é máis inseguro

Tags

---------- Forwarded message ----------
From: Carmelo Teixeiro
Date: 18-nov-2006 17:20
Subject: Hai que decir o que está detras do resultado do Pleno municipal de Ferrol

To: artabra21@gmail.com



Nota de prensa enviada onte a tarde os medios sobre o pleno municipal de Ferrol do venres pola mañán [17.11.2006].

Agora despois da votación haberá que explicar con mais detalle o que pasou desde setembro de 2004 hasta agora para que os concelleiros do PSOE e do BNG cambiasen, no caso dos do PSOE quedando en abtsención. Sabese con nomes e apelidos quen no PSdeG-PSOE e no BNG estiveron presionando aos seus concelleiros en Ferrol para que votasen a proposta do Sr. Juncal, estando este avisado.

E decir, os concelleiros do BNG e do PSOE en Ferrol foron presionados e traicionados por persoeiros dos seus partidos desde aquela votación no Parlamento Galego, o 10 de novembro de 2004 en que o PP e PSdeG-PSOE votaron conxuntamente unha moción do PPdeG para que o Concello de Ferrol se retirase dos contenciosos contra Reganosa. Daquela estaba ainda Beiras entre os parlamentarios do BNG e deducese que foi clave para que daquela o BNG fixera unha proposta distinta no parlamento galego. Iso ocurreu dous días antes daquel pleno municipal de 12 de novembro de 2004 donde Juncal por segunda vez levou o Pleno sua moción e o Concelleiro Eduardo Fra desbaratou o plan votando distinto o que lle dixeran desde a executiva Galega. O BNG tamén votou en contra da Proposta de Juncal.

Pero agora para este pleno municipal de Ferrol de 17 de novembro de 2006, dous anos despois, as cartas parece que estaban mellor marcadas, e decir, Juncal xogou con rede porque sabía que desde o PSdeG e o BNG ían a presionar mais duramente os seus concelleiros en Ferrol.

Juncal tiña que saber que o presentar por terceira vez súa moción as presións do BNG e PSdeG-PSOE asegurarían maioria suficiente, pero por si acaso tiña unha carta escondida cun dos concelleiros de IF que vai ir co PP para as vindeiras eleccións, e decir un transfuga tapado para no caso de que os concelleiros do BNG e PSOE se abstivesen oubese un empate a sete e Juncal sacase o asunto co seu voto de calidade.

O absurdo é que os concelleiros do BNG no pleno viron que si se abstiñan saía igual adiante a proposta de Juncal, pois habería empate a sete entre os concelleiros do PP frente os dous de EU e cinco de IF. Por iso aparte da decepción no caso da votación dos concelleiros do BNG ten outro cariz.

Agora queda por descubrir o ¿porque en toda esa operación desde novembro de 2004 aparecen embarcadas as direccións galegas do PPdeG, PSdeG-PSOE e BNG?. Hai información dabondo para ter a resposta, pero iso o deixaremos para mais adiante.

Siguen os contenciosos do Comité Cidadán, pero a renuncia do Concello de Ferrol a seus contenciosos con Reganosa e porque o piden os promotores désta para algún propósito que xa se descubrira si lle vai servir de algo ou si somentes e un calmante como a un moribundo cando lle dan morfina.

De calquera xeito está claro que as direccións galegas do BNG e do PSOE, ou quen manda nelas, non teñes dúbida en sacrificar seus representantes en Ferrol nin os seus candidatos para as próximas eleccións locais, ¿a cambio de que?. Tamén iso xa o veremos mais adiante.

Saúdos
Carmelo Teixeiro
Coordinador do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

Máis informacion en http://comitecidadan.bitacoras.com/

Os concelleiros do BNG e do PP votan xuntos na votación para que o Concello renuncie a recurrir ao Tribunal Supremo a sentencia 1242 del TSJM [17.11.2006]

Os concelleiros do BNG e do PP votan xuntos na votación para que o Concello renuncie a recurrir ao Tribunal Supremo a sentencia 1242 del TSJM [17.11.2006]

Coordinador do Comité Cidadán intervindo [17.11.2006]



Texto leido nese Pleno Municipal de Ferrol por parte dun representante do Comité Cidadán.
O que había que decirlles ás concelleiras e concelleiros antes da votación, da proposta que o Alcalde Sr Juncal levaba o Pleno:


Ao Pleno do Concello de Ferrol, 17 de novembro de 2006.

Recurso de casación o TS da sentencia 1242 do TSJM

En primeiro lugar temos que recordar a Pedro Español Jofre de Villegas, ex_Xefe de Estado Maior da Zona Marítima do Cantábrico, que en agosto do ano 1999 elaborou un informe donde di que o proxecto de Reganosa e unha amenaza para a poboacion de Ferrol e para o Arsenal Naval Militar, e propon que seu informe se teña en conta cando aparecese o proxecto de Reganosa. Foi suscrito polo entonces Almirante da ZMC que o enviou a Madrid o Ministerio de Defensa. Esos dous valiosos militares non merecen ser calificados de agoreiros como fai unos dias frívolamente se fixo, os que cuestionamos a ubicación de Reganosa, nun periodico local a raíz da sentencia 1242 do TSJM. A oculltación de este informe no Ministerio de Defensa, sirve de indicativo do nivel de irregularidade co procedimento seguido para Reganosa. Dado que estos señores viven todavía, pode Vd. Sr Juncal chamalos para que lle informen da amenaza real que supon Reganosa.

O Pleno do Concello de Ferrol no ano 2002 decideu presentar dous contenciosos en relacion con Reganosa. O 31 de xullo de 2003 acordou seguir coas actuacions acordadas, pero despois xa non presentou novas actuacions.

Un contencioso do concello de Ferrol correspondeu o TSXG, cuia sala primeira emiteu a sentencia de 23 de xuño de 2004 favorable o Concello de Ferrol, e que anula a tramitación ambiental de Reganosa, con unha abundante argumentación legal. Foi recurrido o Tribunal Supremo pola Xunta e por Reganosa en xullo de 2004. O tribunal Supremo pode tardar de dous a catro anos, pero o concello xa non pode facer nada por retirarse do mesmo. En outro contencioso de Asociacions do CCE en xuño de 2006 a sala segunda do TSXG emiteu unha sentencia que por segunda vez tamen anula a tramitación ambiental de Reganosa, coincidindo coa anterior e engadindo argumentación legal que invalida as alegacions da Xunta de Galicia en relacion co amaño de falsa tramitación ambiental feita a Reganosa no ano 2001. Tamen esta segunda sentencia foi recurrida por Reganosa e a Xunta de Galicia, en ambos casos para seguir avanzando coas obras sabendo que son ilegales, con unha actuación que o Presidente do Tribunal Supremo calificou de perversa e torticera porque queren ter rematadas as obras antes de que o Tribunal Supremo teña tempo a decidir.

O Segundo contencioso do Concello de Ferrol e contra a Autorización Administrativa previa de 3 de xuño de 2002, aprobada pola Direccion General de Politica Energetica y Minas. Foi desestimado pola sentencia 1242 do Tribunal Superior de Justicia de Madrid, que e unha aberración e comete o erro de que, a falta de argumentos legais, está chea de argumentos económicos e políticos moi cuestionables con apreciacions erróneas, copiadas dos argumentos de Reganosa e dos organismos da Administración Central e autonómica implicados. Según esta sentencia o Ministerio de Industria pode autorizar unha instalación perigosa sin cumplir a lexioslacion vixente en distancias suficientes a poboación. Tamen esta sentencia da por bon o amaño de tramitación ambiental feito no ano 2001 a Reganosa o mesmo tempo que recoñece que non e competente para eso. Igualmente a sentencia do TSJM apoiase nun informe da Dirección Xeral de Industria que di que non hai problema coas distancias as poboacions, pero o organismo competente para o artigo 12 da directiva Severo II e outro, a Dirección Xeral de Urbanismo, según o artigo 3 do Decreto Autonomico 277/2000 de 9 de noviembre. Eso a modo de tres botons de mostra. Por iso dita sentencia do TSJM e fácilmente recurrible e rebatible polo Tribunal Supremo.

Esta sentencia foi comunicada o 10 de novembro, con 10 dias habiles que rematan o mercores 22 de novembro para presentar recurso o Tribunal Supremo. Polo tanto teñen os Srs. Concelleiros varios dias mais para tratar este asunto nun Pleno. Pero o Sr. Juncal ten moita presa e de novo trae hoxe o Pleno sua proposta de que o concello renuncie a Xustiza.

Os concelleiros para poder tratar o asunto neste pleno deberían con antelación suficiente coñecer a sentenza e tamén o informe do avogado defensor. puiden saber que o informe do avogado téñeno no Concello pero non se lle deu aos concelleiros, polo que estes deben decidir se se cumpre a normativa de convocatoria dun Pleno ou se iso o non dispoñer de devandito informe é suficiente motivo para que este pleno deixe sobre a mesa o asunto, é dicir, que o Pleno acorde pospoñer a decisión para o vindeiro luns ou martes, a fin de votar se se recorre a sentenza. Non ten sentido votar a renuncia aos contencioso que propón o Sr. Juncal, porque o Concello soamente ten un contencioso en trámite, e tamén porque quen votasen a proposta do Sr. Juncal estarían pronunciándose por un estado fóra da lei e estarían dando ánimos a todos cantos queiran actuar vulnerando as leis.

Se espera que os concelleiros sexan coherentes co que votaron o 31 de xullo de 2003, e consecuentemente co que no seu dia votaron para que se presentase o contencioso contra Reganosa e agora voten en contra da proposta do Sr. Juncal, e decir, a favor de que o Concello de Ferrol recurra o Tribunal Supremo a sentenza 1242 do TSJM. Asimesmo os concelleiros deberian facer valer seu dereito a autonomía municipal nos asuntos que afectan a poboacion ferrolan, e non afectan a quenes con avisos desde Santiago de Compostela lles estén presionando para que renuncien as ideas que viñan defendendo en Ferrol.

Nos ultimos anos, con manipulación informativa e moito gasto de diñeiro, a poboacion e os concelleiros de Ferrol veñen recibindo "consellos inquisitoriales" e prepotentes alleos os intereses xerais da maioria da poboación ferrolan. Desde o ano 2001 os concelleiros do PP foron os primeiros captados para sumisión aos promotores de Reganosa, con excepcions coma a de Man Cenalmor, e co cese fulminante de Romero Caramelo cando como Presidente da Autoridade Portuaria non tragaba a Planta de Gas dentro da Ría e propoñía que fose ubicada no Porto Exterior. Logo desde o ano 2004 estase presionando os concelleiros do PSOE e do BNG para que renuncien as ideas que teñen dereito no exercicio da autonomia municipal en defensa da población de Ferrol, cuia inmensa mayoría non quere a planta de gas dentro da Ría porque e unha amenaza para sua vida. A Planta de Gas non e unha obra calquera que por estar rematada se poida decir que hai que deixala donde está construida, pois a vida humana non se lle pode poñer coste e nunca e tarde para defende-la vida das persoas. Os promotores de Reganosa saben desde fai cinco anos que están vulnerando as leies de prevencion de accidentes graves por sustancias perigosas e saben que se arriscan a tragarse o marrón de que sua Planta de Gas non entre en funcionamento.

A todos os que estana movendo esos fios inquisitoriales, prepotentes e sumisos por intereses e motivos inconfesables, hai que facerlles chegar que esta "historia", en relacion coa Planta de Gas, non remata no caso de que o Sr Juncal saque adiante a proposta que lle mandan presentar no concello. Hai que decirlles tamen que se equivocan, pois a historia vai seguir a mais, que non se acaba hasta que a Planta de Gas este fora da Ría, hasta que non sexa unha amenaza para a vida humana nin para o medioambiente.

No século XXI as actitudes inquisitoriales volvense moi pronto en contra de quenes as practican. Posiblemente as circunstancias que en adiante ocurran, na xustiza, na comision europea, no sector enerxetico, nas vindeiras eleccions muncipais, etc., convirtan en estatuas de sal a todos cantos hoxe están tragando coa planta de Gas dentro da Ría.

Preferimos que o Concello de Ferrol siga na via da Xustiza, que non renuncie a un estado de dereito donde se aplique a Lei, que siga na defensa dos cidadans de Ferrol acompa­ñan­do o Comite Cidadan que ten outros sete contenciosos a trámite, ademais do que xa temos gañado a espera de que o Tribunal Supremo complete o trabalo da Xustiza Tamen temos o expediente aberto na Comisiòn Europea donde cando coñezcan esa sentencia 1242 do TSJM daranse conta de que teñen que "amarrar en corto" o goberno español.



Nota enviada aos medios de comunicación


Nun Pleno Municipal Extraordinario, o alcalde do PP Juan Juncal co seu voto de calidade, logra gañar unha votación que anima a quen queiran facer negocio fóra da lei ou á marxe da mesma, a costa do medioambiente ou de ameazar á vida das persoas.


O Pleno do Concello de Ferrol por 13 votos, 7 do PP e 6 do BNG, acordou non recorrer ao Tribunal Supremo a sentenza nº 1242 do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid (TSJM), que desestima un contencioso interposto por este Concello contra a Autorización Administrativa Previa a Reganosa aprobada no ano 2002. Nunha segunda votación con só os 7 votos do PP e o voto de calidade do Alcalde, e pola abstención dos concelleiros de BNG e PSOE, o Pleno aprobou a proposta que por terceira vez en dous anos presentou o Alcalde Juan Juncal para "que o Concello retírese dos contenciosos que ten presentados contra Reganosa", pero soamente son dous, un en Madrid desestimado polo TSJM, e outro con sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia favorable ao Concello, anulando a tramitación ambiental de Reganosa. Hai outros sete contenciosos que están a tramite e foron interpostos por asociacións do Comité Cidadán.


Dado que se trataba dun pleno extraordinario as dúas votación realizáronse segundo a orde convocada polo Alcalde. En contra de ambas propostas votaron os dous concelleiros de Esquerda Unida e os cinco asistentes de Independentes por Ferrol (IF), que ten seis pero un deles non asistiu ao pleno “por estar doente”. Dos catro concelleiros do PSOE asistiron tres que se abstiveron nas dúas votaciones. É de destacar as intervencións magistrales de Yolanda Díaz e de Juan Fernández respectivamente portavoces de Esquerda Unida e de Independentes por Ferrol en defensa dos intereses da maioría da poboación que se sinte ameazada por Reganosa, fronte á moi baixa calidade e incoherencia dos demais portavoces, especialmente do Alcalde Juan Juncal que por terceira vez en dous anos presentou unha mesma moción para renunciar a que a Xustiza termine o seu traballo, e co seu voto de calidade gaña unha votación que fará historia, e é perigosa porque anima a facer negocios fora ou á marxe da lei.

O Pleno do Concello de Ferrol en reunión extraordinaria de hoxe, debateu a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid que desestimou o recurso contencioso administrativo que o devandito Concello interpuxera no ano 2002 contra a Autorización Administrativa Previa a Reganosa outorgada o 3 de xuño de 2002 pola Dirección Xeral de Política Energética e Minas, entón dependente do Ministerio de Economía e actualmente do de Industria.

Antes do comezo do Pleno o Alcalde deu a palabra a Carmelo Teixeiro, coordinador do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, que recordou aos concelleiros as votaciones contrarias á ubicación de Reganosa e para que a Planta de Gas sitúese no Porto Exterior, en particular o pleno de 31 de xullo de 2003 no que por 17 votos de BNG, EU, IF e PSOE aprobouse unha moción que fora proposta polo BNG, manifestándolles que esperaba que os concelleiros que fosen coherentes coa súa vontade expresada nesas votaciones anteriores en defensa da inmensa maioría dos cidadáns que se senten ameazados polas Planta de Gas que Reganosa constrúe. Finalizou dicindo que o Comité Cidadán ten sete contenciosos a trámite, así mesmo que as actuacións continuarán ata que a Planta de Gas sitúese fóra da Ría e desapareza a ameaza que podería supoñer Reganosa para a poboación.

A intervención de Yolanda Díaz, concelleira e Portavoz de Esquerda Unida, foi magistral analizando a sentenza de 27 de outubro do TSJM, concluíndo que é recurrible ao Tribunal Supremo para que a Xustiza complete o seu traballo, coincidindo co dictame do avogado defensor do Concello que non foi aceptado polo Alcalde Juan Juncal. A sentenza abusa de contidos políticos e técnicos erróneos impropios da Xustiza, e é unha aberración xa que dá por boa a autorización dunha instalación perigosa que vulnera a lexislación vigente en distancias á población, ademais de que leva a contraria ao Tribunal Superior de Xustiza Galicia que cunha sentenza de xuño de 2004 anuló a tramitación ambiental de Reganosa.

A favor de recorrer a sentenza tamén se situou Juan Fernández Portavoz de Independentes por Ferrol, con argumentos técnicos dada a súa condición de Enxeñeiro Naval e ex_Conselleiro de Industria nos anos 1990 a 1993 cando se decidiu que o lugar idóneo para a Planta de Gas era en Cabo Prioriño, a raíz do cal xurdiu o proxecto de Porto Exterior.

Foi tan chocante o cambio de actitude dos concelleiros do BNG e PSOE, que parte do publico asistente logo das votacions lles abucheó, e ao final do pleno seguiulles increpando con fortes gritos mentres saían e baixaban as escaleiras do Concello ou se ían para as súas oficinas.

Comité Ciudadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
14 de noviembre de 2006





domingo, novembro 19, 2006

O 22 de novembro, reunión aberta a todas as entidades que se opoñen ás actuacións municipais no proxecto da Praza da porta Nova [Praza de España]

Tags

Estimad@s veciñas e veciños:

Na pasada Asembleia Xeral do 31 de Outubro, a Plataforma Ártabra 21, decideu preparar unha mobilización popular, para denunciar a actuación municipal no asunto do edificio da Praza da Porta Nova [Praza de España].

A Plataforma Ártabra 21, non é a única entidade que manifesta a súa oposición á actual actuación municipal sobre a Praza, polo que consideru necesario compartir o seu proposito con outras entidades cidadáns e outro tipo de colectivos, asociacións e organizacións en xeral, para que en pé de igualdade, participaramos nunha convocatoria cidadán para manifestar o rexeitamento ao macro-edificio e en xeral á actuación do goberno municipal neste asunto e demandando a paralización das obras.

Por tal motivo, convócouse unha reunión de todas as entidades veciñais, sociais e políticas, para valorar esta situación e convocar unha mobilización cidadán unitaria. Reunión aberta a todas as entidades veciñais, sociais e políticas que se opoñen ás actuacións municipais no planeamento urbanístico na citada Praza.

O pasado xoves, 16 de novembro, tivo lugar nos locais da Asociación Veciñal de Esteiro “Fontelonga”, a citada reunión aberta a todas as entidades veciñais, sociais e políticas que se opoñen ás actuacións municipais no planeamento urbanístico na Praza de Porta Nova [Praza de España].

Nesta reunión, ademais de representantes da Xunta Coordenadora da PA21, participararon representantes de ADEGA-Trasancos, Asociación Veciñal O Rosario – Inferniño, Colectivo Veciñal de Recimil, Colectivo Veciñal de Sartaña, Comisión Cidadá Pola Recuperación de Ferrol Vello, Comunidade Menáncaro, EU-Esquerda Unida, Lapis Verdes [Asociación Ecoloxista Docente], NOS-UP – Trasancos] que son algunhas das organizacións que están integradas na nosa Plataforma, mais tamén participaron representantes da A.VV. de San Xoan-Berton, A.VV de Esteiro “Fontelonga”, Federación de ANPAS de Ferrol Terra e A.VV. de Santa Mariña e Asociación de Comerciantes Centro-A Madalena.

Á reunión, estaban convocadas todo tipo de asociacións veciñais e organizacións sociais e políticas e en concreto entregouselles persoalmente a convocatoria ao PSOE, BNG, CIG, UGT, CCOO, e A. VV. de Caranza, que non participaron na reunión, das cais só UGT manifestou un apoio expreso á convocatoria.

Con anterioridade a esta convocatoria, a PA21 puseramonos en contacto cos respresentantes da Federación de AA.VV. da Comarca “Roi Xordo”, entidade que amosou desde sempre un rexeitamento ao proxecto municipal e últimamente destacouse pola súa actividade xudicial e administrativa contra a ilegal construcción do edificio da Praza, para convidala a convocar e participar nesta reunión aberta, mais na súa asemblea xeral do pasado 10 de novembro, acordou declinar do convite por 4 votos contra 3.

Polo de agora as organizacións que asistiron á reunión, ainda que os seus representantes amosaron de entrada a conformidade coa convocatoria ciudadán, manifestaron que tiñan que tratar a convocatoria nas súas diferentes xuntas directivas para poder tomar unha decisión, así mesmo agardamos que outras entidades se somen a esta mobilización cidadán.

Para confirmar a participación e últimar a mobilización cidadán, voltouse a facer unha convocatoria aberta para o vindeiro mércores, dia 22 de novembro, ás 19:30hrs, no mesmo local da Asociación Veciñal de Esteiro “Fontelonga”. Mais decideuse acordar xa, a data e hora; o percorrido; o obxecto e os lemas da mobilización ciudadán.

Mobilización:

Facer unha manifestación popular o domingo, día 3 de dezembro, ás 12 do medio-dia, con saída da Praza frente ao Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, pasando pola Rúa Galiano até a Praza do Concello, onde remataría a manifestación coa lectura dun comunicado unitario consensuado por todas as entidades convocantes que contemplaría a demanda de paralización das obras e que posteriormente fariamos chegar ao Alcalde.

Obxecto da mobilización:

O obxecto da mabilización popular, consiste en manifestarnos en defensa dos espazos públicos, do patrimonio urbanístico-cultural e do medio ambiente, contra a especulación urbanística. En concreto a mobilización cidadán centrarase na denuncia da inxusta e ilegal usurpación que se está cometendo na Praza da Porta Nova [Praza de España], onde se está construindo, nunha zona calificada no PXOM como Sistema Xeral Viario, é dicer vias de dominio e uso público, un macro-edificio de cinco plantas, dúas soterradas e tres de superficie, cunha altura de 21 metros e case 7.500 m2 de superficie comercial e de servizos privados, incluindo a concesión do mesmo a umha empresa privada durante 75 anos. E en xeral manifestarnos contra a actuación do goberno municipal neste asunto e demandando a paralización das obras.

Os lemas da mobilización:

NA DEFENSA DOS ESPAZOS PÚBLICOS, NON A SÚA PRIVATIZACIÓN !!
LIBREMOS AO PATRIMONIO PÚBLICO DA ESPECULACÍÓN, FEISMOS E CHAPUZAS !!
CONTRA A ESPECULACIÓN URBANÍSTICA, NON AO MACRO-EDICIFIO COMERCIAL !!
SI AOS ESPAZOS PÚBLICOS ABERTOS PARA USO E DISFRUTE DE TODA A CIDADANÍA !!
PROMOVAMOS A PARTICIPACIÓN E A MOBILIZACIÓN POPULAR !!
DEFENDAMOS OS NOSOS BARRIOS !!
DEFENDAMOS OS NOSSOS DERITOS !!
OUTRA ORDENACIÓN DO TERRITORIO, OUTRO URBANISMO É POSÍBEL !!
PARTICIPA !!

Convocatoria aberta para o vindeiro mércores, dia 22 de novembro, ás 19:30hrs, no mesmo local da Asociación Veciñal de Esteiro “Fontelonga”, rúa Fernando VI, bloque 1 baixo s/n [tlf. 981 933 223].

Pola importancia dos asuntos a tratar, pregamos a vosa asistencia e puntualidade.

Ferrol a 19 de Novembro de 2006.

sábado, novembro 18, 2006

Inauguración do local de unión libertaria e programa das xornadas libertarias en Ferrol

Tags
---------- Forwarded message ----------
From: Unión Libertaria <unionlibertaria@gmail.com>
Date: 14-nov-2006 17:30
Subject: Inauguración local UL e xornadas libertarias
To: avvorosario@gmail.com
Cc: artabra21@gmail.com

Ferrol, 15 de novembro de 2006

O vindeiro sábado 17 de novembro, Unión Libertaria inaugurará o seu novo local nos baixos da Avenida de Esteiro, número 10. Deste xeito, o noso colectivo da un paso adiante no camiño de aportar o seu grao de area na tarefa de promover os movimentos sociais de base na nosa bisbarra, dende unha perspectiva libertaria.

O novo local será o lugar no que desenvolveremos as actividades deste colectivo anarquista e tamén contaremos nel cos nosos talleres de software libre, a nosa biblioteca a disposición de todo o público que desexe consultala. Ademáis, será tamén local de traballo do xornal "Marea Negra" (agora en período de reestructuración) e da Federación Local da Confederación Nacional do Traballo (CNT), recén creada na cidade.

Mais tamén desexamos que este local sexa un espazo aberto á colaboración con todolos movementos sociais de base de Ferrol, entre os que está o vosocolectivo. Por elo desexamos invitarvos á todotas persoas ligadas á vosa organización a asistir ao acto de inauguración do local de Unión Libertaria, que terá lugar ás 19:30 horas no baixo do número 10 da Avenida de Esteiro.

Agardamos contar coa vosa presenza nesta xornada de confraternización, para que a mesma poida servir para estreitar as liñas de colaboración entre nós e, en definitiva, conquerir a melloras na situación da nosa terra e das nosas xentes.

Ao tempo, adxuntamosvos a programación das Xornadas Libertarias que se inaugurarán co acto de inauguración do sábado 17 de novembro e que terán continuidade ata o sábado 25 de novembro.

Unha forte aperta

Unión Libertaria


Quedades tod@s convidad@s ás V XORNADAS LIBERTARIAS de Ferrol, que servirán como apertura do novo local anarquista da comarca.

Estas realizaranse do 18 ao 25 de Novembro, coa seguinte programación:

  • Sábado 18, Apertura ao publico do novo local anarquista. Sede de Unión Libertaria e da Federación Local da CNT.
  • Luns 20 , III Homenaxe ás vítimas do Franquismo, no antigo cemiterio de Canido (Ferrol)
  • Martes 21, Presentación do monográfico "Vermellas" da revista "Unión Libre" dedicado ás mulleres represaliadas. A cargo dos seus coordinadores Carmen Blanco e Claudio Rodríguez
  • Mércores 22, Charla "Anarquismo: Unha utopía para o século XXI"
  • Xoves 23, Video-Forum "Auto-organización veciñal contra a especulación". Proxección de "El Forat"
  • Venres 24, Presentación da Federación Local da CNT
  • Sábado 25, Concerto de clausura das xornadas. Tocarán Fefi, Bitxobola, IV Guerra Mundial e Retobato. Realizarase no Bar Chimarrao de O Bertón e terá un prezo de 2 Euros

Todos os actos comezaran ás 19:30 agás o concerto que o fará as 21:30. O enderezo é Avda. de Esteiro nº22 Baixo FERROL

Animádevos a coñecer este novo espazo e participar das súas actividades.

+info: www.unionlibertaria.org

martes, novembro 14, 2006

Convocatoria dunha reunión de todas as entidades veciñais, sociais e políticas, opostas á actuación municipal na Praza da Porta Nova [Praza de España

Tags
CONVOCATORIA PARA MANTER UNHA REUNIÓN ESTE XOVES, 16 DE NOVEMBRO, ÁS 7 DA TARDE NOS LOCAIS DA ASOCIACIÓN VECIÑAL DE ESTEIRO "FONTELONGA".

Estimadas veciñas e veciños:

A Plataforma Ártabra 21, é un movimento cívico e popular que nasceu nos seus comezos, como a confluencia de varios colectivos veciñais que loitan contra a especulación urbanística e os abusos que, desde instanciais municipais, provocan agresións contra os direitos das veciñas e veciños e entregan a mans privadas os espazos públicos. No proceso dos debates posteriores, a plataforma conformouse como expresión da participación popular cun programa progresista, reivindicativo, de promoción da participación cidadán, defensor do medio ambiente, dos espazos públicos, dos direitos civís, ... Na actualidade son 16 os colectivos e entidades que formam parte deste movimento popular.

O empeño do goberno municipal en levar adiante proxectos especulativos e nefastos para a cidade, como son os de Brión e Leixa, Praza da Porta Nova [Praza de España], Fraga de Menáncaro, Recimil, Sartaña, ... enfrentase á mobilización cidadá no camiño da defensa dos espazos públicos e do medio ambiente, e na denuncia da especulación urbanística.

A Plataforma Ártabra 21, está preparando unha mobilización popular, aprobada na pasada Asembleia Xeral do 31 de Outubro, para denunciar a actuación municipal no asunto do edificio da Praza da Porta Nova [Praza de España]. En concreto esta mobilización centrarase na denuncia da inxusta e ilegal usurpación do espazo público que se está cometendo na Praza, onde se pretende a construcción dun macro-edificio de cinco plantas, dúas soterradas e tres de superficie, cunha altura de 21 metros e case 7.500 m2 de superficie comercial, incluindo a concesión do mesmo a umha empresa privada durante 75 anos.

A Plataforma Ártabra 21, non é a única entidade que manifesta a súa oposición á actual actuación municipal sobre a Praza, polo que considera necesario compartir o seu proposito con outras entidades cidadáns e outro tipo de colectivos, asociacións e organizacións en xeral, para que en pé de igualdade, participen nunha convocatoria cidadán para manifestar o rexeitamento ao macro-edificio comercial e en xeral á actuación do goberno municipal neste asunto e demandando a paralización das obras.

Por tal motivo, convócase unha reunión de todas as entidades veciñais, sociais e políticas, para valorar esta situación e convocar unha mobilización cidadán unitaria. Esta reunión terá lugar o vindeiro xoves, 16 de Novembro, ás 7 da tarde nos locais da Asociación Veciñal de Esteiro "Fontelonga", rúa Fernando VI, bloque 1 baixo s/n [tlf. 981 933 233].

Pola importancia dos asuntos a tratar, pregamos a vosa asistencia.

Ferrol, a 11 de Novembro de 2006

A Xunta Coordenadora da PLATAFORMA ÁRTABRA 21
Asdo.: Carlos Gª Seoane, Miguel Reimundez, Ernesto Lopes, Amadeo Varela, José R. Jove, Xosé M. Sanxoán


* NA DEFENSA DOS ESPAZOS PÚBLICOS, NON A SÚA PRIVATIZACIÓN !!
* LIBREMOS AO PATRIMONIO PÚBLICO DA ESPECULACÍÓN, FEISMOS E CHAPUZAS !!
* CONTRA A ESPECULACIÓN URBANÍSTICA, NON AO MACRO-EDICIFIO COMERCIAL !!
* SI AOS ESPAZOS PÚBLICOS ABERTOS PARA USO E DISFRUTE DE TODA A CIDADANÍA !!
* PROMOVAMOS A PARTICIPACIÓN E A MOBILIZACIÓN POPULAR !!
* DEFENDAMOS OS NOSOS BARRIOS !!
* DEFENDAMOS OS NOSSOS DERITOS !!
* OUTRA ORDENACIÓN DO TERRITORIO, OUTRO URBANISMO É POSÍBEL !!
* PARTICIPA !!

sábado, novembro 11, 2006

Convocatoria dunha Reunión da Xunta Coordenadora da PA21, ampliada a representantes de cada asociación e colectivo que conforman a Plataforma

Tags
O vindeiro Luns, 13 de Novembro, ás 7 da Tarde, nos locais do Ateneo Ferrolán, terá lugar unha reunión extraordinaria ampliada da Xunta Coordenadora, onde agardemos que participen ao menos unha persoa representante por cada unha das diferentes entidades que estám presentes na Plataforma Ártabra 21.

O motivo da Convocatoria extraordinaria é o de ultimar a proposta de mobilizzación, aprobada na pasada Asembleia Xeral do 31 de Outubro, que está sobre a mesa de traballo da Xunta Coordenadora, para denunciar a actuación municipal no asunto do edificio da Praza da Porta Nova [Praza de España] .

A nosa Plataforma, ten no seu programa, como un dos pontos principais, a defensa dos espazos públicos, é por iso polo que poñemos tanto empeño na denuncia da actuación dos gobernantes municipais neste asunto. Valoramos na pasada Asemblea Xeral, xa citada, que tiñamos que mobilizar contra este atropelo urbanístico que pretende privatizar un espazo público tan importante como é a praza grande de Ferrol.

Pola importancia da reunión, pregamos asistencia e puntualidade.

Ligazons relacionadas:

Ferrol e a especulación urbanística: un Outono quente

Valoracións e Acordos da Reunión Extraordinaria Aberta da Xunta Coordenadora do 10 de Xullo

Convocatoria da V Asembleia Xeral da Plataforma Ártabra 21 [28.11.2006]

Tags
CONVOCATORIA de ASEMBLEA XERAL para o vindeiro martes, día 28 de Novembro a partir das 7 da tarde no CENTRO CÍVICO E CULTURAL DE CARANZA.
ORDE DO DIA

1º .- Lectura e aprobación da ACTA anterior.
2º .- Estado de CONTAS.
3º .- MANIFESTACIÓN para o DOMINGO 3 DE DECEMBRO.
INFORMACIÓN
ACORDOS
PARTICIPACIÓN
4º .- CHARLA - DEBATE.
Plataforma A21 , organizará unha Charla-Debate para o VENRES, día 1 de decembro no Centro Cultural CARVALHO CALERO.
Diferentes colectivos e afectados explicarán as súas preocupacións, situacións, avances, etc.,
- OUTRA POLITICA URBANISTICA É POSIBEL.

5º .- Análise da actuación dos Representantes Municipais do Concello de Ferrol no pasado PLENO do día 17 a respecto de retirar os RECURSOS XUDICIAIS contra Reganosa.
6º .- Incorporación da Plataforma PA21 na REDE LITORAL GALEGA.
7º .- Suxestións e preguntas.-

Ferrol a 22 de Novembro de 2006.

A Xunta Coordinadora.
Asdo.
Amadeo varela
Ernesto Lopes
José R. Jove
Miguel Reimundez
Carlos Gª Seoane
Xosé M. Sanxoán

Explosión e lume da tubería de gas natural de Tejas Eastern Transmission Corporation

Este é um pequeno anaco de video da explosión da tubería de gas [GNL] en Edison New Jersey EE.UU (23 de marzo de 1994). Isto foi tomado mentras que se intentaba evacuar o complexo madedeiro de maderas de Durham.

xoves, novembro 09, 2006

Convocatoria da manifestación do 11 de Novembro contra a Planta de Gas de REGANOSA

Tags
MANIFESTACIÓN-CONCENTRACIÓN

Sábado, 11 de Novembro, ás 12 do medio-dia no peirao de Ferrol, onde atracan as lanchas de Mugardos.

A Autoridade Portuaria de Ferrol programou para o 2007 un dragado da canle de entrada/saída da Ría. Unha actuación que non se precisa por que está próxima a inauguración do Porto Exterior en Cabo Prioriño que poderá recibir os grandes buques e as mercancías perigosas ou nocivas, polo que non será necesario que entren ao porto interior.

Tras esta decisión se esconde o interese dos promotores de Reganosa, empresa que non ten autorización para entrar en funcionamento, contra a que existen once contenciosos admitidos a trámite, con dúas sentencias do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que anulan a tramitación ambiental de Reganosa, pendentes de ser ratificadas polo Tribunal Supremo. Así mesmo na Comisión Europea existe un expediente contra o estado español por vulneración da directiva Seveso II de prevención de riscos de accidentes graves por sustancias perigosas.

O pasado setembro no Congreso dos Deputados, o Goberno Central respondeu que esixirá que se cumpran as decisións do Tribunal Supremo e os demais Tribunais, pero se ampara nun informe da Autoridade Portuaria do ano 2004 que recomenda dragar a canle de entrada á Ría.

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol chama a cidadanía a partipar nesta manifestación, para expresar o rexeitamento pola actitude dunha administración pública que non fai caso ás leis nin as decisións dos tribunais e pretende utilizar os recursos públicos que son de todos para unha actuación que non é necesaria e que de levarse a cabo degradararía aínda mais a Ría de Ferrol. A manifestación partirá de onde atracan as lanchas de Mugardos e percorrerá o “Paseo da Mariña” ata a fronte do edificio da Autoridade Portuaria.

Se solicitará por escrito o Presidente da Autoridade Portuaria que non se faga tal dragado e tamén se lle lembrarán as obrigas de estar o servicio dos intereses públicos. Asimesmo se lle solicitará que o millón e medio de euros sexa destinado a iniciar a rexeneración e a recuperación da riqueza natural e do potencial de emprego da Ría, eliminando lodos e recheos como os do peirao carboeiro que Endesa vai deixar de utilizar.

É evidente que Reganosa sería unha ameaza para a vida humana e o medioambiente, no caso de que chegase a entrar en funcionamento, dentro da Ría de Ferrol e adosada a un complexo petroquímico xa existente e con 40.000 habitantes ao redor, nun radio de 3 quilómetros

Tamén ao actual Presidente da Autoridade Portuaria solicitaráselle que revise e anule os informes que os seus antecesores Guillermo Grandio e Angel del Real enviaron nos anos 2001 e 2004 á Dirección Xeral de Política Energética e Minas. Ditos informes, ocultan o perigo, son favorables a Reganosa e non garanten que os gaseiros poidan cumprimentar a Norma europea EN-1532 segundo a que en caso de urxencia durante a descarga, estes deben poder saír a mar aberto polos seus medios e con rapidez, ademais de que o lugar de descarga dos buques gaseiros debe estar situado augas fóra da canle principal navegable.Todas estas condicións pódense cumprir no Porto Exterior, pero son imposibles coa ubicación de Reganosa dentro da Ría de Ferrol.

Así mesmo recordaráselle que os cartos da Autoridade Portuaria non son para facer favores e que a Directiva Seveso II en canto a distancias suficientes ás poboacións tamén é aplicable aos buques gaseros, por ser instalacións perigosas que poden producir accidentes graves.

Acude á manifetación, o Sábado, 11 de Novembro, ás 12 do medio-dia no peirao de Ferrol, onde atracan as lanchas de Mugardos.

¡DEFENDAMOS A VIDA A RÍA E O MARISQUEO!

¡O DRAGADO DO CANAL DA RÍA NON E NECESARIO!

¡PLANTA DE GAS NO PORTO EXTERIOR!

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

Información sobre a IX Asemblea Ciudadán, octavilla e convocatoria de manifestacion para o sábado 11 de novembro

IX Asemblea Ciudadán, octavilla e convocatoria de manifestacion para o sábado 11 de novembro.
1 mensaje
ATENEO FERROLAN -a_ferrol@teleline.es- 9 de noviembre de 2006 11:36
Para: artabra21@gmail.com


-----Mensaje original-----
De: Comite Cidadan [mailto:comitecidadan@iespana.es]
Enviado el: jueves, 09 de noviembre de 2006 7:39
Para: "Undisclosed-Recipient:;"@smtp.ifrance.com
Asunto: IX Asemblea Ciudadán, octavilla e convocatoria de manifestacion para o sabado 11 de novembro.

En IX Asemblea Ciudana celebrada no Salon de actos da A.VV de Ferrol Vello, o Comité Cidadán informo do estado de actuacións por via xudicial e adminstrativa para a paralizacion da Planta de Gas que constrúe a Empresa Reganosa e a fin de que non lle sexa autorizada a entrada en funcionamento que é obligatorio ten que solicitar, é dicir, Reganosa ten unha atípica e irregular autorizacion de construcción, con informes falsos ou falaces, entre eles os da Autoridade Portuaria de Ferrol cuns condicionados que son de imposible solución e que gardar relación coa alta densidad de poblacion na contorna á ubicacion caprichosa elexida por Reganosa, e a pouca distancia aos núcleos de población próximos según require o RAMINP e a Directiva Europea chamada Seveso II. Así mesmo co tráfico de gaseros que nunca entraron cargados, que unicamente entraron en lastre, é dicir vacios ou inertizados, e que no caso de que entrasen cargados de GNL non esta garantido que se poida cumprir coa norma europea que é obligatoria EN-1532 segun a cal en caso de urxencia durante descárga os gaseros deben poder saír a mar aberto polos seus propios medios e con rapidez, o cal é imposible desde dentro de Ría e con todo é posible desde o Porto Exterior en construcción, para dar idea diso acompáñanse unhas fotos da saída dun carboeiro e dun gasero en lastre, vacios, onde se pode observar que necesitan o auxilio de remolcadores a unha velocidade moi lenta.

O buque carboeiro sae despois de descargar carbon, o metanero despois de reparar. Na Ría de Ferrol nunca entrou un buque gasero cargado de GNL, polo que é falsa a versión de Reganosa e que algunhas autoridades repiten con frivolidade perversa e torticera.

Así mesmo esta Asemblea Cidadá tratou sobre a manifestación convocada para o sabado 11 de novembro ás 12 da mañá no porto, para o que se difundiran octavillas e un cartel.

Tamén á asemblea deuselle información sobre a integración do Comité Cidadán na Rede Litoral Vivo, recentemente constituída coas plataformas doutras Rías de Galiza, entre elas a APDR de Pontevedra, Vilagarcia e V¡go, ademas da organizacion ecologista Verdegaia ...

Carmelo Teixeiro

Coordinador Comité Cidadán de Urxencia para a Ría de Ferrol


mércores, novembro 08, 2006

Nunca Máis convoca unha manifestación nacional o domingo 12de novembro, ás 12 do mediodia en Compostela

Tags
De: cig.prensa@galizacig.com
Para:artabra21@gmail.com

Vigo, 8 de novembro de 2006

"Outro Prestige aínda é posíbel, evitémolo"


A mobilización da Plataforma cidadá Nunca Máis foi presentada en rolda de prensa nacional na que participaron Rafa Villar, portavoz nacional de Nunca Máis, e Xaquín Rubido, integrante da Plataforma en Defensa da Ría da Arousa e da Xestora de Nunca Máis. A manifestación, no cuarto aniversario do Prestige, sairá da Alameda de Compostela este domingo 12 ás doce da mañá.

Rafa Villar, portavoz nacional de Nunca Máis, e Xaquín Rubido, da Plataforma en Defensa da Ría da Arousa, presentaron en rolda de prensa a mobilización do domingo.

Segue existindo un alto risco no tránsito marítimo; Galiza non posúe un Plan de Continxencias propio; seguen sen determinarse os "Lugares Refuxio" e os Centros de Almacenamento; a escaseza de medios é evidente; non se controla eficazmente o Dispositivo de Separación de Tráfico de Fisterra; continúa a deterioración do noso medio mariño; permanece a débeda histórica do Estado, que non atendeu á súa obriga de protexer o litoral galego. Velaí os argumentos principais cos que Nunca Máis subliña que "é obriga da sociedade galega lembrar que unha catástrofe marítima e medioambiental aínda é posíbel" e polo que se convoca unha manifestación para o día 12 de novembro ás 12 horas, que sairá da Alameda de Santiago.

A continuación reproducimos o díptico que está a ser repartido nas comarcas de Nunca Máis en todo o país e que explica máis polo miúdo as razóns e necesidades de volver saír ás rúas, para que o berro nunca máis poda ser unha realidade!

luns, novembro 06, 2006

Convocatoria da IX Asamblea Cidadán da Ría de Ferrol


---------- Forwarded message ----------
From: Plataforma Artabra 21 A Plaraforma da Costa Artabra, Ortegal e Eume <artabra21@gmail.com >
Date: 04/11/2006 23:10
Subject: Fwd: IX Asamblea Cidadan
To: aaaa@bbb.com

Reenvío mensaxe de convoctoria importante para o vindeiro sábado 11 a mañá en Ferrol-Vello..
saúdos
a xunta coordinadora

 
É moi importante á asistencia a dito acto que vai ser gravado por unha televisión de ámbito estatal
----- Original Message -----
Sent: Tuesday, October 31, 2006 12:52 AM
Subject: IX Asamblea Cidadan

 

O pasado mercores 25 de outono o Comite Cidadan acordou convocar unha manifestación e concentración no peirao de Ferrol e diante da Autoridade Portuaria para o vindeiro sabado 11 de novembro.  Esta mobilización se ven retrasando desde hai varios meses, a raiz de que desde o Goberno Central se recibiron varios escritos apuntando os informes da Autoridade Portuaria de Ferrol que foron favorables a autorizacions a Reganosa poñendoi como condicionante o dragado do Canal de entrada/saida pero sin garantizar a saida de emerxencia para os gaseiros no caso de un accidente duranta a descarga.

 

Por iso e a raiz de que estas ultimas semans foi feito publico a intencion de dragar o devandito canal de entrada/saida da Ría de Ferrol,  hemos decidido a convocatoria en formato pdf da Asamblea Cidadan, que se adxunta para comunicar as  Asociacions Cidadans, Ecoloxistas ou Culturais e persoas integradas na Asamblea Cidadan.

 

Ademais de facilitar información sobre a situacion das actuacions contra da ubicacion da planta de Gas dentro da Ría, un punto da Asamblea Cidadan e informar e decidir sobre a participacion do Comite Cidadan na "Rede Litoral Vivo" a nivel galego con plataformas doutras Rias Galegas a fin de sumar sinerxias, e que se esta constituindo con unas bases nas que entre outros criterios requirese que os partidos politicos ou os sindicatos non participen nestas plataformas, e decir, somentes as asociacions e persoas a titulo individual.

 

 

A tódalas entidades sociais e persoas, integradas na Asemblea Cidadán de Ferrolterra

 

IX ASEMBLEA CIDADÁN

MARTES

7 DE NOVEMBRO 2006,

 as 19,30 horas

Sala de Actos da A.VV. de Ferrol Vello

(Rúa do Curro 1, o lado do Bar Maristany)

Nas ultimas semanas coñeceuse que a Autoridade Portuaria de Ferrol, e seu presidente, para o ano 2007 anunciaron sua pretensión de dragar o canal de entrada/saida da Ría, cando xa non e necesario porque vaise inaugurar o Porto Exterior de Cabo Prioriño que poderá recibir os grandes buques e as mercadurias perigosas ou nocivas . Ademais tendo en conta a necesidade de informar e avanzar nas actuacións contra da ubicación dunha Planta de Gas dentro da Ría, e para que se ubique no porto Exterior ou en mar aberto do Golfo Artabro , o Comité Cidadán acordóu convoca-la IX Asamblea Cidadán, no Salón de actos da A.VV de Ferrol Vello para o vindeiro martes 7 de novembro, as 19,30 da tarde:

 

ORDE DO DÍA

1º.- Participación do CCE na "Rede Litoral" Vivo, entidades que poden integrarse na mesma e na Asamblea Cidadan.

2º.- Informe de situación, sentenzas do TSXG, recursos da Xunta o T. Supremo,  respostas do goberno central e da Comisión Europea.

3º.- Concentración e movilización o sabado 11 de novembro, no peirao de Ferrol e diante da Autoridade Portuaria.

 

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

 

Nota: A "Rua do Curro" é un calello peatonal con entrada desde a beirarrúa do "Paseo da Mariña" en "Ferrol Vello", onde están varios bares con cadeira  no exterior desde onde se pode verna fachada do edificio  o cartel da  A.VV e a pancarta  co lema "Planta de Gas Fora dá Ría". Nesta sala da A.VV de Ferrol Vello, o 17 de xuño do ano 2001   tivo lugar a constitución do Comité Cidadán de Emergencia para a Ría de Ferrol, coa presidencia honoraria de D. José Gabeiras Montero.

 




--
PLATAFORMA ÁRTABRA 21

A Plataforma da Costa Artabra, súas vilas e comarcas .--

Blog da Plataforma Ártabra 21

http://artabra21.blogspot.com/


--
Inácio Martínez Orero

Telemóvel
645158113