A ACTUALIDADE DO QUE PASA EN HONDURAS
Para outra información diferente á convencional acceder a TeleSuRTvXoves 1 de febreiro: reunión das entidades convocantes das mobilización na defensa dos espazos públicos
20070131
Para: artabra21@gmail.com
Data: 31 de xaneiro de 2007 0:26
Asunto: Reunión das entidades convocantes das mobilización na defensa dos espazos públicos
Quedades convocados a unha Xunta de CONVOCANTES DAS MOBILIZACIÓNS NA DEFENSADOS ESPAZOS PÚBLICOS, CONTRA O MACRO-EDIFICIO NA PRAZA DA PORTA NOVA [PRAZA DE ESPAÑA], todas as organizacións e entidades, para analizar, avaliar e debater os últimos acontecementos a respecto do EDIFICIO EMBLEMÁTICO que o GOBERNO LOCAL quere impulsar.
A reunión terá lugar no local social da A. Veciñal de Fontelonga o vindeiro xoves, día 1 de febreiro ás 7 horas da tarde.
Debatiremos as decisións que a pesar de haber uns INFORMES DESFAVORABLES do Sevicio de Urbanismo e Inspección Territorial da Coruña, sospeitamos, a xulgar polas últimas declaracións do Goberno, que continuarán as OBRAS .
Saúdos.
Ferrol a 31 de Xaneiro de 2007.
Os convocantes.
--
Convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos, en contra do macro-edificio da Praza da Porta Nova [Praza de España]:
Asociación Veciñal de Esteiro "Fontelonga",
Asociación Veciñal de Ferrol-Vello,
Asociación Veciñal de Santa Mariña,
Asociación Veciñal de San Xoan-Bertón,
Asociación Veciñal O Cruceiro de Canido,
Asociación Veciñal "O Rosario - Inferniño",
Asociación San Fernando de Recimil,
Asociación Cultural Fuco Buxán,
CIG-Ferrol,
CC.OO Ferrol,
Colectivo Veciñal Sartaña,
Esquerda Unida - IU,
Federación de ANPAS de Centros Públicos de Ferrolterra,
Os Verdes - Grupo Verde de Ferrol,
NÓS - Unidade Popular,
Plataforma Ártabra 21,
UGT-Ferrol.
USTG-Ferrol
Marcadores: Praza da Porta Nova
Esquerda Unida-IU de Ferrol esixe ao Alcalde de Ferrol que resolvamente os recursos de Sartaña
De:-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
Para: artabra21@gmail.co
Data: 31 de xaneiro de 2007 13:38
Asunto: Esquerda Unida-IU de Ferrol esixe ao Alcalde de Ferrol que resolva os recursos de Sartaña
“Esquerda Unida-IU de Ferrol esixe ao Alcalde de Ferrol que resolva
os recursos de Sartaña”
Esquerda Unida-IU de Ferrol quere manifestar o seguinte:
Que, como se lembrará, o seu Grupo municipal no Concello de Ferrol presentou, o pasado 23 de xuño de 2006, un Recurso de Reposición, contra o acordo número 11 da Orde do Día do Pleno da Corporación Municipal de Ferrol de data 25 de maio de 2006: “Proposta de adxudicación á Empresa Serviocio do contrato de redacción do proxecto de xestión e explotación dun centro deportivo de ocio e saúde no Barrio de Ultramar”.
Pois ben, dende a dita data e a pesar de ser requerido, incluso por escrito, que foxe dictada a correspondente resolución expresa sobre o mesmo o Sr. Alcalde non se dignou todavía a facelo.
Para Esquerda Unida-IU de Ferrol esta actitude amosa, unha vez máis, o carácter intolerante e a doble vara de medir do PP. Pois non ten a dignidade de contestar a un recurso presentado por un Grupo Municipal da Corporación Municipal que el preside e, doutra banda, el que anda a pedir respecto aos procedementos administrativos e co mesmo argumento, esixímoslle o respecto o procedemento administrativo, e tal como lle foi solicitado por escrito, resolva expresamente sobre o recurso de Esquerda Unida tal e como estipula a Lei.
É evidente que, con esta actuación, o Sr. Alcalde está a demostrar que cando as cousas non lle van ben esixe o cumprimento da legalidade ou utiliza esta no seu beneficio, esquecéndose arbitrariamente que a Lei é para todos e todas, nos dereitos e nas obrigas, e polo tanto consonte a Lei de Procedemento Administrativo esixímoslle que resolva, xa non só, o recurso presentado polo noso Grupo Municipal senón tamén o millar de recursos presentados pola veciñanza. Recurso , todo sexa dito, perfectamente argumentado e incluso acompañados de informes técnicos que veñen demostrar que o acordo recorrido vulnera a legalidade urbanística.
Así pois, dende Esquerda Unida-IU de Ferrol seguimos a considerar que a idea de colocar un centro deportivo nunha praza pública para negocio dunha empresa, que conta coa oposición da veciñanza, e que ten alternativas máis viables é, con todas as letras, unha auténtica barbaridade polo que invitamos ao Grupo de Goberno a reconsiderar o seu proxecto e eviten unha nova usurpación dun espazo público da nosa cidade.
Ferrol, 31 de xaneiro de 2007
Esquerda Unida-IU de Ferrol
Marcadores: Sartaña: Praza Pública
Solidariedade coa veciñanza de Sartaña: o Goberno Municipal do PP e IF, quere aprobar o proxecto de SERVIOCIO, no Pleno deste xoves, 1 de febreiro
O goberno municipal do PP e IF, quere aprobar o proxecto de SERVIOCIO, no Pleno deste xoves, 1 de febreiro de 2007.
O Goberno Municipal do Concello de Ferrol continua co seu empeño de facernos crer que o progreso consiste e encher as cidades de cemento, construír sen mais, para especular, para beneficiar a uns poucos que xa verten de privilexios. Nese empeño, queren acabar coa Praza de Sartaña, queren facer da Praza un centro de "lecer" de beneficio privado, sen atender as case 1000 alegacións presentadas [30.06.2006], nin ao recurso de reposición interposto no seu día polo grupo municipal de Esquerda Unida. Van presentar este Xoves, 1 de Febreiro, ás 9 e media da mañá a aprobación definitiva do nefasto proxecto do "Centro de Ocio Sartaña" concedido á empresa "amiga" SERVIOCIO [Con data 25 de maio de 2006, o pleno do Concello de Ferrol acordou adxudicar á empresa Serviocio, o contrato de redacción do proxecto, da xestión e explotación dun centro de ocio na Praza de Sartaña].
A Plataforma Ártabra 21, reunida en Asemblea Xeral Ordinaria, onte dia 30 de xaneiro, acordou, por unanimidade, solidarizarse coa veciñanza da Praza de Sartaña, nas súas xustas reivindicacións que non son outras que se desestime o proxecto de privatizar a Praza, e se aprobe a súa remodelación e acondicionamento integral como un espazo público, con xardíns, instalacións deportivas e parque infantil, para uso e goce de toda a cidadanía e en especial da veciñanza do barrio.Conforme ás resolucións aprobadas pola PA21, na Asemblea Xeral Constituínte do 29 de maio e na segunda do 27 de xuño do pasado ano, de apoio á veciñanza de Sartaña e de oposición ao atentado urbanístico, cívico, social, ... chamado Centro de Ocio de Sartaña, e en defensa da Praza de Sartaña como Parque Publico, voltamos reiterar este apoio incondicional ás xustas demandas veciñais.
Non permitamos un novo atropelo contra o patrimonio veciñal, hai alternativas sobre a mesa, para unha nova proposta de asentamento dese proxecto, que ten o goberno municipal e a empresa SERVIOCIO, na zona do Bertón onde está previsto reurbanizar a curto prazo. Ademais poderíase facer unha verdadeira piscina municipal, non a bañeira ou lámina de auga, que queren facer na Praza de Sartaña.Praza de Sartaña: Parque Público !!
Non permitamos a súa privatización !!
Acude ao Pleno Municipal este xoves, 1 de febreiro de 2007
Relación de enlaces de referencia públicados no Blog da PA21:Sartaña
Resolucións aprobadas na Asemblea Xeral [27.06.2006]
RESOLUCIÓN DE APOIO Á CAMPAÑA DO COLECTIVO DE SARTAÑA
Argumentos veciñais de oposición ao atentado urbanístico, cívico, social, ...chamado Centro de Ocio de Sartaña
A veciñanza impide facer catas na Praza de Sartaña
Fotos Sartaña Praza Pública [26 e 30 de Xuño de 2006]
Marcadores: Sartaña: Praza Pública
Información, nos xornais, sobre as reaccións que suscitou a información que filtrou "Roi Xordo", sobre as obras na Praza da Porta Nova
DIARIO DE FERROL
Mércores, 31 de Xaneiro de 2007
FERROL
O Concello inicia accións legais pola "filtración" do informe da Xunta
O Concello iniciará accións legais pola "filtración" do informe proposta do Servizo de Urbanismo e Inspección Territorial da Coruña recomendando a paralización das obras da praza de España. Os feitos xa foron postos en coñecemento da Fiscalía.
REDACCIÓN > FERROL
Francisco Pita-Romeu
O concelleiro de Urbanismo, Guillermo Evia (PP), acompañado polo anterior responsable desta área, Francisco Pita-Romeu (IF), compareceron onte en roda de prensa -a primeira para o edil "popular" desde que está á fronte deste departamento- para realizar unha valoración do contido da proposta do Servizo de Urbanismo e Inspección Territorial da Coruña, dependente da Consellería de Política Territorial, achega das obras da praza de España.
Evia, que insistiu en que dito informe non é unha resolución firme, senón unha proposta que devandito servizo provincial remite á Dirección Xeral de Urbanismo, manifestou que "alguén terá que explicar" como chegou o documento á Federación Roi Xordo e aos grupos da oposición. Neste sentido, o edil de Urbanismo afirmou que, tras consultar aos servizos xurídicos, iniciaranse accións legais contra aqueles que filtren" o informe por incurrir, considerou, nun presunto delito de infidelidade en custódiaa dun documento público.
Así mesmo, o concelleiro "popular" cualificou o escrito como "interesado, parcial e desinformado". En primeiro lugar, criticou que os funcionarios que realizaron o informe non requirisen o expediente "as veces que fose necesario" -solicitárono o 4 de decembro e, segundo o escrito, dita petición non foi atendida-, á vez que aclarou que únicamente restaban unhas fotografías para o envío da documentación.
Pero, ademais, afirmou que a proposta adoece de defectos "graves", como o feito de ignorar a aprobación por parte do pleno da corporación, o pasado 24 de novembro de 2004, da modificación dos usos na praza de España, acolléndose ao artigo 47.4 da Louga, de modo que desde entón, dixo, o chan afectado polo edificio xa estaba cualificado como sistema xeral de equipamientos públicos e zonas libres e non como sistema xeral viario. Sobre este punto tamén se pronunciou Pita-Romeu, que asegurou que ao tratarse de chan urbano consolidado é o Concello o que ten as competencias para aprobar un cambio de usos do chan.
"O informe elude que no momento da adjudicación das obras o Concello xa aprobara a modificación puntual do Plan Xeral", manifestou Evia, que engadiu que "é un exemplo claro de manipulación política". Neste sentido, o edil de Urbanismo instó á Dirección Xeral a abrir un proceso para descubrir "quen está detrás desta filtración".
Para o concelleiro do PP, o sucedido con este informe confirma que existen "presións" para evitar que se dea o visto bo á modificación puntual aprobada polo pleno, á vez que acusou a BNG e PSOE de instigar unha "trama política" co único obxectivo de paralizar os traballos da praza de España. O anterior responsable de Urbanismo foi máis aló e afirmou que cando se enviou á Dirección Xeral o acordo plenario, fíxose "advertindo" á Xunta achega do modo que o goberno local elixira para modificar os usos do chan deste espazo -o artigo 47.4 da normativa e non o 93.4- e co único obxectivo de cuantificar o incremento das zonas verdes e espazos libres de devandito ámbito con vistas a actuacións futuras.
O goberno local, anunciou Evia, seguirá adiante coas obras e, no caso de que o director xeral de Urbanismo sucriba a proposta, recorrerá, ata pola vía xudicial, o informe desfavorable. "Mentres que non se impugne o acordo plenario, as obras teñen que seguir", incidió o concelleiro, que engadiu que "están xogando con Ferrol dun modo sucio e, desde logo, van contar sempre coa nosa posición en contra".
==============================================
Enlace coa noticia orixinal no Diario de Ferrol
===============================================
DIARIO DE FERROL
Mércores, 31 de Xaneiro de 2007 -
O movemento cidadán felicítase pola proposta dos técnicos da Xunta
A plataforma Ártabra 21, que reúne a gran parte do movemento asociativo da cidade, remitiu un comunicado a través do cal felicítase da proposta de resolución da administración autonómica, xa que contempla en primeira instancia "as demandas sociais contra a usurpación dos espazos públicos para beneficios privados". De todos os xeitos, a entidade, unha das convocantes das manifestacións celebradas en contra do inmueble previsto, sinala que non se debe "baixar a garda", polo que sinala que continuará coas súas reivindicacións e coa convicción de que "outro urbanismo é posíbel".
O requerimiento do servizo dependente da Consellería de Política Territorial confirma, para a entidade, as súas demandas, as da Federación de Asociacións de Veciños Roi Xordo e as dos veciños en xeral que consideran que "o edificio é innecesario, ocupa un espazo público cualificado como sistema xeral viario e é ilegal".
===============================================
Enlace coa noticia orixinal no Diario de Ferrol
===============================================
DIARIO DE FERROL
Mércores, 31 de Xaneiro de 2007
A oposición pide consenso para a praza de España
A petición conxunta dos grupos da oposición no último pleno da corporación pedindo a paralización das obras da praza de España viuse agora reforzada pola proposta de resolución do expediente de infracción urbanística emitido polo Servizo de Urbanismo e Inspección Territorial da Coruña. Con todo, os "nefastos" resultados que pode carrexar o final da obra ou ata a paralización da mesma fixeron que tanto BNG como PSOE reclamen nuevamente un consenso dos grupos para alcanzar unha saída satisfactoria e o menos daniña posible para a cidade. EU-IU cre que se esgotaron as vías, ante a falta de preocupación do alcalde.
REDACCIÓN > FERROL
A marcha totalmente irregular dos acontecementos que rodean ás obras da praza de España pode desembocar aínda en algo peor. Polo menos é o que consideran os partidos da oposición, que recibiron a proposta de resolución do Servizo de Urbanismo e Inspección Territorial da Coruña de paralizar as obras como unha confirmación das súas críticas ao labor do goberno local a este respecto. Con todo, aínda abogan polo consenso e o diálogo co fin de conseguir unha saída "digna" ao problema xurdido, tanto coa legalidad das obras como coa construción dun macroedificio con poucos adeptos.
Deste xeito, o candidato á Alcaldía polo PSOE, Vicente Irisarri, considera que aínda se está a tempo de consensuar entre todos, "afastados da batalla política", unha solución "para que non se hipoteque o chan para os próximos 60 anos". Así mesmo, móstrase satisfeito de que sexan os propios inspectores os que vexan as deficiencias "alleos a supostas presións políticas".
Irisarri ve como única saída a restitución á legalidad, sinalando que o PSOE sempre considerou que o garante da legalidad urbanística é o Concello e, en particular, o grupo de goberno, polo que debería dar exemplo de como actuar.
O representante socialista recorda que a legalización é posible, xa que é competencia do municipio a modificación puntual do PXOM, aínda que nesta ocasión "empezouse a casa polo tellado e fíxose todo antes do cambio". Aínda así, Irisarri cre que "non hai mal que por ben non veña" e aínda hai tempo de "aproveitando este informe e a oposición manifesta dos cidadáns ao edificio suscitado, tanto en tamaño como en forma e uso, consensuar entre todos unha solución". Tamén se referiu á posible transcendencia que tería a paralización por ilegalidad con respecto á empresa concesionaria das obras, Abeconsa, sinalando que se incurriría nunha responsabilidade patrimonial da administración pública. A este respecto, os socialistas confían en que ao tratarse dunha empresa ferrolana, esta sexa "comprensiva" e "coas compensacións axustadas á lei" consígase outro modelo de praza cun edificio máis pequeno.
Informe negativo > Desde o BNG, o candidato á Alcaldía, Xoán Xosé Pita, maniféstase na mesma liña de que "cada vez é máis necesario que falemos e que ou alcalde recolla ou ofrecemento do BNG para dar unha saída digna ó problema".
A proposta dos nacionalistas pasaría por "coller ou proxecto do seu día e entre todos arranxar a situación", sen por iso, renunciar a ningunha posible opción.
O BNG destacou la "acumulación" de informes negativos do goberno local que "para nada benefician á cidade" e reiterou a súa plena disposición a buscar unha solución "que se pasa por parar as obras, benvida sexa pero, de calquera xeito, é ou momento de falar, e cada día que pasa é un novo perxuicio para a cidade". Menos proclive a novas oportunidades ao diálogo móstrase a responsable de EU-IU, Yolanda Díaz, quen sinala que esta proposta de resolución do expediente constata a tese abordada no último pleno e pola que, a través dunha moción, os grupos da oposición pedían a paralización das obras. Así, sinala que de prosperar a proposta de Inspección Territorial "ou alcalde tería que dimitir", critica que no último pleno "mesmo chegou a presumir de proxecto" e destaca "a súa falta de interese, despóis dás denuncias que se fixeron". EU-IU pide ao goberno local que proceda á paralización inmediata dos traballos e considera que esta actuación "que implica a construción dun edificio de 21 metros" é "temeraria", xa que se está falando de "un posible delito de ordenación do territorio". Desde EU-IU tamén se fixo alusión aos horarios nos que están levando a cabo as obras de reparación do túnel, xa que "están a traballar de madrugada con maquinaria pesada nas horas propias de descanso dá veciñanza". Neste sentido, presentáronse tamén en rexistro municipal protestas dalgúns veciños da zona.
================================================
Enlace coa noticia orixinal no Diario de Ferrol
================================================
La Voz de Galicia
Mércores, 31 de Xaneiro de 2007
A Xunta admite que o seu primeiro informe para a praza de España «non é válido»
PP e IF esixen á Fiscalía que investigue quen «filtrou» o texto oficial que pedía parar a obra
A reforma continúa e o Concello di que só a poderá deter un ditame xudicial
(Firma: Rubén Santamarta | Lugar: ferrol)
GOLPE DE EFECTO.
Guillermo Evia e Francisco Pita-Romero , o actual edil de Urbanismo e o relevado o pasado 19 de xullo, compareceron xuntos por primeira vez para defender o proxecto da praza.
O informe difundido o luns pola Federación Veciñal Roi Xordo, asinado por dous técnicos do Servizo de Urbanismo e Inspección Territorial dá Coruña, «carece de validez porque a única resolución válida é a asinada polo director xeral de Urbanismo, e aínda non hai ningunha decisión adoptada», explicaban onte fontes oficiais da Consellería de Política Territorial. Restaban así importancia ao documento de seis páxinas asinado o día 22 de xaneiro pola xefa da sección de Disciplina Urbanística e o xefe de servizo de Urbanismo e Inspección Territorial, dependentes de Política Territorial ambos, documento que respondía a unha denuncia desa Federación Veciñal e que propuña a «inmediata paralización» das obras na praza de España e a revisión do acordo plenario que adxudicou os traballos a Abeconsa.
Esas mesmas fontes aseguraban que ese informe non chegara aínda onte á sede central da Xunta en San Caetano (Santiago) e que, polo tanto, non se puido estudar o seu contido. é, remarcaron desde Política Territorial, un «expediente máis» que se analizará co resto da documentación antes de emitir un informe, o que determinará se se aproba a modificación completa do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) para a praza de España.
A pesar desta controversia, os traballos proseguen na praza tanto para finalizar a reforma de urbanización (xogos infantís, mobiliario urbano...) como para levantar os tres edificios previstos na zona: dous locais de hostalería e un edificio para uso de oficinas, de 21 metros de alto. E para liquidar dúbidas, o goberno municipal remarcou que as obras da praza de España non poden ser detidas «nin por ese informe-proposta nin tan sequera por outro da Xunta, unicamente haberán de paralizarse se hai un requirimento xudicial».
«Quéirano ou non, gústelles ou non, o proxecto conta con todos os parabéns legais», observou o edil de Urbanismo, Guillermo Evia (PP). Acompañado do seu predecesor no cargo, Francisco Pita-Romero (IF), o edil anunciou que os servizos xurídicos do Concello solicitaron á Fiscalía que investigue quen «filtrou un documento oficial interno de traballo, que é un delito tipificado como de infidelidade por custodia de documentos público», remarcou Evia. «Espero que a Xunta -dixo- investigue isto e aclárenolo». Consultado por La Voz, desde Política Territorial asegurouse que o Concello será «o primeiro» en coñecer a resolución final sobre a praza.
Os dous concelleiros aseguraron, ademais, que o informe-proposta contén varias «anomalías» porque elude que o Concello xa aprobou o 24 de novembro do 2004 unha modificación puntual do plan urbanístico na zona do edificio, de forma que sexa «sistema xeral de equipamento comunitario».
================================================
Enlace coa noticia orixinal en La Voz de Galicia
================================================
La Voz de Galicia
Mércores, 31 de Xaneiro de 2007
«Esta situación confirma que hai presións para frealo todo»
A FRONTE POLÍTICA
Aos dous partidos que conforman a coalición de goberno de Ferrol, PP e IF, a situación xerada esta semana ao redor da praza de España, coa difusión dun informe que propuña parar as obras, non lles parece «casual». «Confírmanos o que levamos varias semanas dicindo, que hai presións e intereses para que se paren as obras da praza de España», explicaba o responsable de Urbanismo, Guillermo Evia. E apuntaba directamente a dous partidos: «Aquí hai unha trama de PSOE e BNG para deter isto, vulnerando un procedemento administrativo, e tutelando politicamente o informe final sobre o cambio de usos da praza».
Francisco Pita-Romero recordaba que fai apenas seis días os tres partidos da oposición solicitaron iso mesmo, a paralización das obras, unha solicitude que tombaron os votos de PP e IF no pleno. «Os acordos de adxudicación non se recorreron, e iniciáronse no 2004, e agora pasa todo isto, a catro meses das eleccións», reflexionaba Evia.
================================================
Enlace coa noticia orixinal en La Voz de Galicia
================================================
La Voz de Galicia
Mércores, 31 de Xaneiro de 2007
DOCUMENTACIÓN | Dúas resolucións do secretario e do arquitecto avalan a intervención
Dous informes diferentes, do 17 de novembro do 2006 e do 22 de decembro dese mesmo ano, validan ao Concello a continuar coas obras. Asínanos, respectivamente, o secretario municipal e o arquitecto municipal, quen é responsable da achaiadura urbanística da cidade. «¿E por que se ha de dar máis validez ao que diga a Xunta que aos informes dos técnicos municipais?», preguntábase onte o ex edil de Urbanismo, Francisco Pita-Romero .
No primeiro deses documentos oficiais detállase que a actuación iniciada o 7 de xuño do 2004 -aprobouse o expediente de contratación- e rematada o 16 de marzo do 2005 -adxudicouse a obra definitivamente- «goza de aparencia de legalidade e de presunción de validez», á vez que recorda que ningún dos acordos definitivos «foron recorridos ante vos órganos dá Xurisdicción Contencioso-Administrativa».
O segundo informe subliña que o 16 de marzo do 2005, cando se adxudicaron as obras de forma definitiva a Abeconsa o chan onde se vai a levantar o edificio «atopábase clasificado nesa data como sistema xeral de equipamento comunitario en só urbano consolidado», é dicir, apto para a construción.
O Concello, recordaron onte Evia e Pita-Romero, é competente para cambiar a clasificación de chan urbano consolidado segundo un artigo da lei galega.
================================================
Enlace coa noticia orixinal en La Voz de Galicia
================================================
Marcadores: Praza da Porta Nova
A Consellería de Política Territorial , ... , propon requerir ao Concello de Ferrol para que paralice as obras do edificio da Praza da Porta Nova
20070129

O Servizo de Urbanismo e Inspección Territorial da Coruña, organismo dependente da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, segundo a Federación de asociacións veciñais de Ferrol "Roi Xordo" nunha entrevista concedida, hoxe, a unha emisora local de TV [Localia TV] e tamén pola nota de prensa que teñen colgada na rede [con data 29.01.2007], na súa web [http://www.roixordo.org/], propon requerir ao Concello de Ferrol para que paralice as obras do edificio da Praza da Porta Nova [Praza de España], incluíndo os dous edificios destinados a cafeterías de 180 m2 de superficie e 4 m de altura; e dispoña a suspensión dos efectos do acordo plenario do Concello, aprobado no seu momento [16.03.2005] cos votos do PP e Independentes por Ferrol, por entender a Inspección que é nulo de pleno dereito.
Esta proposta de requerimento do servizo da Consellería Consellería de Política Territorial, ..., ven confirmar as demandas do movimento social ferrolán constituído en Convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos, en contra do macro-edificio da Praza da Porta Nova [Praza de España], da Federación Veciñal Roi Xordo, da veciñanza opositora en xeral e da nosa Plataforma Ártabra 21 que en todo momento quixemos deixar patente a oposición á construción do edificio, por ser innecesario, por ocupar un espazo público cualificado como sistema xeral viario e por ser ilegal.
Chama a atención a mención a un delito tipificado no Código Penal, dentro do capítulo que se refire aos delitos sobre a ordenación do territorio [artigo 320] [1], que se puído ter cometido ao aprobar o acordo mencionado e a propia adxudicación das obras. Delito que contempla unha posíbel pena de prisión de seis meses a dous anos ou multa de doce a vinte e catro meses, ademais da pena de inhabilitación especial para emprego ou cargo público por tempo de sete a dez anos, contemplada no artigo 404 [2], por un delito de prevaricación.
Estamos pois diante dunha presunta infracción urbanística con posibles consecuencias penais. Pois na prposta de resolución do servizo e inspección di que “as obras denunciadas atópanse emprazadas en solo cualificado polo planeamento municipal vixente como sistema xeral viario, no que a súa ordenanza de aplicación tan só permite a implantación no subsolo de aparcamentos soterraneos públicos, preservando o carácter de dominio público do solo e subsolo. É decir, non se contempla para os sotos usos distintos do de aparcamento soterraneo nin usos edificatorios sobre a rasante do vial. “O Artigo 117 da Lei 9/2002 tipifica como infracción moi grave o incumprimento das normas relativas ó uso e edificación que afecten a terreos cualificados como dotacións ou equipamentos públicos” [3]
O movimento cidadán temos que felicitarnos pola proposta de resolución da administración autonómica, pois vén contemplar en primeira instancia as demandas sociais contra a usurpación dos espazos públicos para beneficios privados. Mais non debemos baixar a garda e continuar nas nosas xustas reivindicacións e coa convicción de que un outro urbanismo é posíbel.
Nota da Federación Veciñal Roi Xordo
[Nota de prensa en ficheiro formato privativo -doc- que está aloxado no servidor da súa web na rede, que se pode abrir ou baixar ao computador]
________________
Nota [1].-
LEY ORGANICA 10/1995, de 23 de noviembre, del Código Penal.
...
TITULO XVI
Dos delitos relativos á ordenación do territorio e a protección do patrimonio histórico e do medio ambiente
CAPITULO I
Dos delitos sobre a ordenación do territorio
Artigo 319.
1. Impoñeranse as penas de prisión de seis meses a tres anos, multa de doce a vinte e catro meses e inhabilitación especial para profesión ou oficio por tempo de seis meses a tres anos, aos promotores, constructores ou técnicos directores que leven a cabo unha construción non autorizada en chans destinados a viales, zonas verdes, bens de dominio público ou lugares que teñan legal ou administrativamente recoñecido o seu valor paisajístico, ecolóxico, artístico, histórico ou cultural, ou polos mesmos motivos sexan considerados de especial protección.
2. Impoñerase a pena de prisión de seis meses a dous anos, multa de doce a vinte e catro meses e inhabilitación especial para profesión ou oficio por tempo de seis meses a tres anos, aos promotores, constructores ou técnicos directores que leven a cabo unha edificación non autorizable no chan non urbanizable.
3. En calquera caso, os Xuíces ou Tribunais, motivadamente, poderán ordenar, a cargo do autor do feito, a demolición da obra, sen prexuízo das indemnizacións debidas a terceiros de boa fe.
Artigo 320.
1. A autoridade ou funcionario público que, a propósito da súa inxustiza, informe favorablemente proxectos de edificación ou a concesión de licenzas contrarias ás normas urbanísticas vigentes será castigado coa pena establecida no artigo 404 deste Código e, ademais, coa de prisión de seis meses a dous anos ou a de multa de doce a vinte e catro meses.
2. Coas mesmas penas castigarase á autoridade ou funcionario público que por si mesmo ou como membro dun organismo colegiado resolva ou votado a favor da súa concesión a propósito da súa inxustiza.
____________________
Nota [2].-
LEY ORGANICA 10/1995, de 23 de noviembre, del Código Penal.
TITULO XIX
Delitos contra a Administración pública
CAPITULO I
Da prevaricación dos funcionarios públicos e outros comportamentos inxustos
Artigo 404.
Á autoridade ou funcionario público que, a propósito da súa inxustiza, dictare unha resolución arbitraria nun asunto administrativo castigaráselle coa pena de inhabilitación especial para emprego ou cargo público por tempo de sete a dez anos.
Artigo 405.
Á autoridade ou funcionario público que, no exercicio da súa competencia e a propósito da súa ilegalidad, propuxer, nomear ou der posesión para o exercicio dun determinado cargo público a calquera persoa sen que concorran os requisitos legalmente establecidos para iso, castigaráselle coas penas de multa de tres a oito meses e suspensión de emprego ou cargo público por tempo de seis meses a dous anos.
Artigo 406.
A mesma pena de multa impoñerase á persoa que acepte a proposta, nomeamento ou toma de posesión mencionada no artigo anterior, sabendo que carece dos requisitos legalmente exixibles.
____
Nota [3].-
Lei 9/2002 de Ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (DO. Galicia 31 decembro 2002) modificada pola Lei 15/2004 (DO. Galicia 31/12/2004).
CAPÍTULO IV
Regras xerais para a equidistribución
SECCIÓN 1ª. Principios e criterios
Atrtículo 115. ...
Artigo 116. ...
Artigo 117. Procedemento de aprobación.
1. O expediente de aprobación do instrumento de equidistribución entenderase iniciado ao aprobarse a delimitación do polígono.
2. A iniciación do expediente de equidistribución implica, sen necesidade de declaración expresa, a suspensión do otorgamiento de licenzas de parcelación e edificación no ámbito do polígono.
3. Unha vez aprobado inicialmente polo órgano municipal competente, someterase o proxecto a información pública por prazo mínimo de vinte días a través da correspondente publicación no Boletín Oficial da Provincia, con notificación individualizada aos interesados.
A estes efectos, o municipio deberá ter a disposición do público un exemplar do expediente administrativo, con toda a documentación obrante.
4. A aprobación definitiva deberá recaer no prazo máximo de dous meses desde a conclusión do trámite de información pública. Transcorrido este prazo sen resolución expresa, o instrumento de equidistribución entenderase aprobado por silencio salvo nos supostos nos que na fase de información pública ou durante a instrución do expediente formuláronse alegaciones polos propietarios ou titulares de dereitos afectados, nese caso o silencio terá efectos desestimatorios.
______
Nota da Federación Veciñal de Ferrol Roi Xordo.-
[29.01.2007]
O Servicio de Urbanismo e Inspección Territorial da Coruña, dependente da Conselleria de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes comunicoulle á Federación Veciñal Roi Xordo á súa proposta de resolución do expedente de infracción urbanistica con referencia OT 107A-06/319 aberto a raíz da denuncia presentada pola Federación Veciñal Roi Xordo e por un aluvión de Cidadáns.
A resolución do Servicio de Urbanismo e Inspección Territorial da Coruña O Servicio de Urbanismo e Inspección Territorial da Coruña, en cumprimento do Ar. 118 do RDU PROPON REQUERIR Ó ALCALDE DE FERROL PARA QUE DISPOÑA A SUSPENSIÓN DOS EFECTOS DO ACORDO APROBATORIO DO PROXECTO DE URBANIZACIÓN E A INMEDIATA PARALIZACIÓN DAS OBRAS INICIADAS Ó SEU ABEIRO, E PROCEDA Á REVISIÓN DO ACORDO DO PLENO DO CONCELLO DE FERROL DE DATA 16 DE MARZO DE 2.005, QUE APROBOU DEFINITIVAMENTE O PROXECTO PARA A URBANIZACIÓN DA PRAZA DE ESPAÑA PRO SER NULO DE PLENO DEREITO
Esta resolución do Servicio de Urbanismo e Inspección Teritorial confirma na súa totalidade as denuncias presentadas pola Federación Veciñal Roi Xordo a respeito da construcción do edificio da Praza de España e que motivou incluso que se puxera en coñecemento da Fiscalia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia por ser constitutivo dun delito contra a Ordenanción do Territorio.
Na resolución do Servicio de Urbanismo indicase que a Modificación puntual da revisión e adaptación do P.X.O.M de Ferrol para a reordenación dos sistemas xerais de equipamentos comunitarios, zonas verdes e espacios libres públicos no ámbito da Praza de España está pendente da súa aprobación definitiva, e que se atopa suspendida ata o cumprimento do requisito de documentación que lle foi efectuado ó Concello de Ferrol con data 9 de Novembro de 2.006.
Indicase asimismo nesta resolución que “chama a atención ó subinspector urbanístico no seu informe de data 2 de Xaneiro de 2.007 sobre o feito de que no título do proxecto obxectivo de concurso, adjudicación e aprobación se omite toda referencia á construcción do edificio de 21 metros de altura e dos sotos, cando na memoria e planos do mesmo proxetase a construcción de dúas plantas de soto e un edificio de cinco plantas que se presentan diafanas, sen mencionar o uso que se dará ás mesmas”.
Continua decindo o informe que “as obras denunciadas atópanse emprazadas en solo cualificado polo planeamento municipal vixente como sistema xeral viario, no que a súa ordenanza de aplicación tan só permite a implantación no subsolo de aparcamentos soterraneos públicos, preservando o carácter de dominio público do solo e subsolo. É decir, non se contempla para os sotos usos distintos do de aparcamento soterraneo nin usos edificatorios sobre a rasante do vial. “O Artigo 117 da Lei 9/2002 tipifica como infracción moi grave o incumprimento das normas relativas ó uso e edificación que afecten a terreos cualificados como dotacións ou equipamentos públicos”.
Nas súas consideracións xurídicas a resolución do servicio de urbanismo indica que “dos feitos que se acaban de expoñer queda suficintemente acreditado no expedente que na praza de España de Ferrol, clasificada no vixente PXOM como solo urbano de Sistema Xeral Viario, estánse a ejecutar obras de construcción de dous locais de 180 m2 de planta cada un deles e 4 metros de altura, así como un edificio de dous sotos e 5 plantas sobre rasante, infrinxindo de xeito ostensible a ordenanza que lle é de aplicación” .
Indica a continuación que “constan tamén no expedente de planeamento que non está aprobada definitivamente e publicada (requisitos indispensables para a súa entrada en vigor) a modificación puntual do PXOM na que pretendian ampararse as obras denunciadas. En consecuencia, as devanditas obras e o proxecto de urbanización do que traen causa, aprobada por acordo do Pleno de data 16 de Marzo de 2.006, ao ejecutar e autorizar un uso distinto ó de aparcamento subterraneo, unico que permite o precitado artigo 115c, nun solo dotacional de uso público, constituen unha infracción moi grave tipificada no artigo 217-2 da vixente Lei 9/2002.”
Dí tamén a resolución que “á vista do informe do secretario do Concello de data 13 de Outubro de 2.004, e que expresamente advirte de que o Concello non poderá adjudicar a obra mentras non realice a adaptación do planeamento, e do feito de que no título do proxecto técnico que foi obxeto de concurso público, adjudicación e aprobación se omitise toda referencia ó edificio emblemático, cuxa execución e claramente contraria ás previno contidas no vixente planeamento municipal para o solo cualificado como sistema xeral viario, considerase que o acordo aprobatorio do referido proxecto PUIDERA SER CONSTITUTIVO DUN DELITO SOBRE A ORDENANCION DO TERRITORIO DO ARTIGO 320 DO CODIGO PENAL. A tal efecto, e atendendo ó requerimento do fiscal, remiteselle copia deste informe proposta para a súa incorporación ás diligencias informativas nº 191/2006-Penal.”
Finaliza a resolución decindo que “de conformidade co artigo 213-2 da LOUG, as licenzas ou ordes de execución que se outorguen con infracción da zonificación ou uso urbanístico das zonas verdes, espacios libres, dotacións ou equipamentos públicos previstos no planeamento serán nulas de pleno dereito. Nestes casos, o Conselleiro competente en materia de urbanismo requerirá ao alcalde para que proceda á revisión da licenza”
A Federación Veciñal Roi Xordo, á vista desta resolución do Servicio de Urbanismo e Inspección territorial da Coruña quere manifestar que todas as súas denuncias e actuacións realizadas desde o mes de Setembro de 2.006 vense confirmadas polo organo tutelar de Urbanismo de Galicia, e que a solicitude realizada no seu día á Conselleira de Política Territorial de que asumira as competencias de urbanismo do Concello de Ferrol no relativo á Praza de España atopan hoxe a súa plena confirmación pola propia Conselleria de Política Territorial e Obras Públicas.
Asi mesmo, a denuncia presentada pola Federación Veciñal Roi Xordo na Fiscalia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia vese hoxe totalmente ratificada polo propio Servicio de Urbanismo da Xunta de Galicia que califica a actuación do Concello de Ferrol como constitutivo dun delito contra a Ordenanción do Territorio.
A Federación Veciñal Roi Xordo ESIXE O ALCALDE DO CONCELLO DE FERROL A INMEDIATA PARALIZACION DAS OBRAS DO EDIFICIO QUE ESTA A CONSTRUIR NA PRAZA DE ESPAÑA. Sobre a consideración política na que queda o Goberno Municipal de Ferrol despois desta resolución do Servicio Provincial de Urbanismo no é misión da Federación Veciñal Roi Xordo pero lle solicitaríamos que actuara en conciencia.
________________
A nosa actividade como movimento social no conflicto da Praza da Porta Nova [Praza de España].-

Enlaces relacionados da Plataforma Ártabra 21:
- O desenvolvimento do Pleno Municipal do 25 de xaneiro, en Ferrol, segundo os medios de comunicación
- Solicitude para poder intervir no Pleno Municipal do Concello de Ferrol do 25.01.2007, polo asunto do edificio da Praza da Porta Nova
- Éxito da mobilización do domingo 21 de xaneiro, pola defensa dos espazos públicos e contra a construción do macro-edificio na Praza da Porta Nova
- Galería Fotográfica da Manifestación Popular, na defesensa dos espazos públicos e contra o macro-edificio na Praza da Porta Nova [Praza de España] Ferrol, 21 de xaneiro de 2007
- Manifesto Cidadán asinado polas entidades convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos
- Domingo 21 de Xaneiro, manifestación pola defensa dos espazos públicos, non ao macro-edificio da Praza da Porta Nova [Praza de España]
- Acordos e actividade para a Manifestación Popular do domingo 21 de xaneiro
- Nova reunión para decidir e preparar unha nova manifestación, contra o macro-edificio da Praza da Porta Nova [Praza de España]
- Entidades convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos, solicitaron entrevista con diferentes organismos da administración autonómica
- Acordos mais relevantes da reunión das entidades convocantes da manifestación do pasado 3 de decembro
- Entrega do Manifesto Cidadán e solicitude de reunión urxente no Concello de Ferrol
- En defensa dos espazos públicos, non ao macro-edificio privado na Praza da Porta Nova [Praza de España]. Galeria fotográfica da manifestación celebrada en Ferrol o 3 de decembro de 2006.
- Baixo a chuvia: pequena crónica da manifestación do 3 de decembro
- Convocatoria dunha reunión para valorar a manifestación, para o martes 5 de decembro
- Manifesto Cidadán que se lerá o domingo, 3 de decembro na Manifestación Popular
- Convocatoria dun acto público o 1 de decembro, venres, ás 7 da tarde no Centro Cívico e Cultural Carvalho Calero do Inferniño [Ferrol]:
- Outro urbanismo é posíbel
- Convocatoria da manifestación do 3 de Decembro, en defensa dos espazos públicos
- Outro urbanismo é posíbel: Acto o 1 de decembro
- O 22 de novembro, reunión aberta a todas as entidades que se opoñen ás actuacións municipais no proxecto da Praza da porta Nova [Praza de España]
- Convocatoria dunha reunión de todas as entidades veciñais, sociais e políticas, opostas á actuación municipal na Praza da Porta Nova [Praza de España]
- Nota da Xunta Coordenadora da PA21
- Na defensa dos espazos públicos non ao edificio da Praza da Porta Nova [Praza de España]
- Porta Nova espazo público
- Valoracións e Acordos da Reunión Extraordinaria Aberta da Xunta Coordenadora do 10 de Xullo

+++++++++++++++++++++++++++++++++
Marcadores: Praza da Porta Nova
Salvar Ponzos - SOS Ponzos

De: salvar ponzos -sghnferrol@teleline.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 28 de xaneiro de 2007 21:08
Asunto: S.O.S. Ponzos
Somos veciñ@s de Covas e pedímosvos axuda para evitar a destrución desta xoia natural. Calquera aportación, por pequena que pareza, será valiosa. O blog é de tod@s, medrará.
--
http://www.salvarponzos.blogspot.com
¡ Hai que salvar Ponzos!
Xunta planea unha piscifactoría de rodaballo de 390.000 m2 sobre os humedais e a praia de Ponzos, en Ferrol, unha xoia natural ao pé do cabo Prioiro declarada Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) e Lugar de Interese Comunitario (LIC Costa Ártabra) na Rede Natura 2000. Pedímoslle á Xunta coherencia e que non permita a destrución de tanta riqueza, que a valore, conserve e protexa.
Marcadores: Salvar Ponzos
Enmendas à Proposta da Xunta Coordenadora para o Regulamento Interno da PA21
20070127
Data: 27 de Janeiro de 2007 02:01
Para: "Plataforma Artabra 21 A Plaraforma da Costa Artabra, Ortegal e Eume" -artabra21@gmail.com-
Asunto: Enmendas à Proposta da Xunta Coordenadora para o Regulamento Interno da PA21
Estimadas companheiras e comanheiros da PA21:
Mediante este correio-e achego a enmenda à proposta de regulamento que fai a Xunta Coordenadora da PA21 que se vai debater na vindeira Assembleia Geral Extraordinária, o 30 deste mès de Janeiro que se vai celebrar nos locais da Fundaçom Artábria, às 19:30 hrs.
...
Saúde !
Inácio
ENMENDA À PROPOSTA DA XUNTA COORDENADORA SOBRE O REGULAMENTO ORGANIZATIVO DA PLATAFORMA ÁRTABRA 21, APRESENTADA A TÍTULO PARTICULAR POR INÁCIO M. ORERO, MEMBRO INTEGRANTE DA COMUNIDADE MENÁNCARO.
Explicaçom dos motivos da enmenda que se apresenta.-
No documento constiuinte da PA21 que foi aprovado o 29 de Maio do 2006, acordamos o MÉTODO E PRINCÍPIOS ORGANIZATIVOS, que é necessário revisar nalgum aspecto, mas considero que nom fai falta desenvolver todo um Regulamento Interno como se dumha organizaçom se trata-se, pois a PA21 é umha soma de organizaçons e vontades, a perda desta perpectiva é a que nos fai desenvolver um regulamento que encorsetaria à própria Plataforma num modelo organizativo próprio dum partido ou no melhor dos casos umha organizaçom ou associaçom jerarquizada e moi estruturada que nom é o caso. A argumentaçom de VERDEGAIA [*] na sua enmenda apartado d, do paragrafo 1, é umha leiçom de sentido comum e de saber no terreo no que nos podemos e devemos mover.
Polo exposto, proponho só revisar alguns aspectos do MÉTODO E PRINCÍPIOS ORGANIZATIVOS, consensuados no seu momento pola maoiria das pessoas e entidades que participárom na constituiçom da PA21 no seu dia, que nom desvirtuam o consensuado e desde o meu ponto de vista fam mais ágil e dinámico o funcionamento interno.
Prostas que passo a expor:
MÉTODO E PRINCÍPIOS ORGANIZATIVOS
O funcionamento da plataforma baseia-se no compromisso, individual e colectivo, de participaçom para lograr a consecuçom dos objectivos.
Esta Plataforma está aberta a entidades, organizaçons e pessoas de jeito individual que solicitem a sua integraçom, que será ratificada pola Assembleia.
Farám-se Assembleias todas as derradeiras Terça-Feiras laborais de cada mês.
____
Redactar de novo este Parágrafo, na sua maior parte com palavras e conceitos propostos pola Xunta Coordenadora:
Constituira-se umha Xunta Coordenadora formada por seis pessoas que assumirám as responsabilidades de coordenaçon, actas e contas, e estas serán renovadas de jeito alternativo pola Assembleia. Sendo renovadas estas pessoas, alternativamente, de três en três, cada seis meses. A Assembleia poderá autorizar a continuaçom na Xunta Coordenadora de qualquer membro, sempre que haja unanimidade. Evitara-se no possível a permanência dumha mesma pessoa na Xunta Coordenadora por mais de seis meses consecutivos. Mas esta concibe-se como um organismo aberto a todas aquelas pessoas que quigerem participar por iniciativa própria ou da Xunta Coordenadora, para colaborar na actividade que desenvolva o organismo, ou para tratar um assunto ou campanha determinada.
A Xunta Coordenadora representará à PA21 entre assembleias, que aplicará as linhas gerais estabelecidas polas mesmas, determinando os medios necessários para levar a cabo os acordos decididos. Esta coordenará o blogue, o correio-e e todos os medios de difussom e comunicaçom dos que se disponha. En caso de urgência, terá capacidade decisória, respeito dum tema concreto, devendo justificar a urgência e dar conta da sua actuaçom, ante a Assembleia mais próxima.
______________
Para as juntanças urgentes, a Xunta Coordenadora fará a convocatória o mais rápido possível.
As Assembleias acordarám por Resoluçons os princípios gerais que regerá a Plataforma, o método para um funcionamento ágil e dinámico, e as actuaçons concretas a desenvolver.
_______________
Cambiar este parrafo polo que propom a Xunta Coordenadora, que quedaria do seguinte jeito, dentro do texto de MÉTODO E PRINCIPIOS ORGANIZATIVOS:
Non poderá exercer de Portavoz da Plataforma, a mesma pessoa, mais de seis meses consecutivos. Para temas concretos, ou em caso de necessidade, a Assembleia poderá nomear umha ou um Portavoz ocasional.
________________
Proponho que o assunto sobre a economia e as quotas da PA21, nom vaiam dentro do Documento de Princípios, senom que seja umha resoluçom desta Assembleia Xeral, como concreçom do já acordado com anterioridade, mas reduzindo o contributo semestral a 15 € e outros cámbios.
Concreçom da Resoluçom, aprovada na II Assembleia Geral Ordinária, celebrada no Centro Cultural Torrente Ballester, a Terça-Feira, 27 de Xunho de 2006, referente às quotas e o assunto económico da PA21:
1.- A Plataforma Ártabra 21, parte dum património de zero euros.
2.- Ante a impossiblidade de prever os possíveis gastos, nom se farám orçamentos anuais.
3.-
_________________
Cambiar esse ponto 3, por este outro:
3.- Estabelece-se umha quota semestral de 15 € [euros], para cada umha das entidades membros da PA21. No caso de membros individuais, o contributo será de 3 € [euros] por semestre, adimitindo maiores contributoss voluntários.
__________________
4.- As contas da Plataforma estarám sempre a disposiçom da Assembleia, mediante a informaçom apresentada pol@ tesoureir@, ou pessoa em quem delegue.
5.- Em caso de necessidade pontual urgente, a Assembleia poderá estabelecer umha quota extraordinária.
Nota [*]
Argumentaçom de VERDEGAIA
Proposta de emenda de Verdegaia: propoñemos a supresión deste apartado d, do parágrafo 1, por considerar q isto pode provocar q unha asociación ten a obriga de aceptar, e incluso apoiar e defender algo q pode ir en contra da maioría dos seus asociados/as ou incluso en contra dos seus propios ppos, bases e Estatutos como asociación. A plataforma artabra 21 en ppo, xurdiu para xuntar e sumar os esforzos das asociacións q traballan no ámbito de Ferrol e comarcas naquelas causas nas q todos/as estamos dacordo ou iso foi o q entendemos dende Verdegaia. Con este artigo, unha asociación pode quedar ao abeiro do q diga a plataforma, ou da opinión doutras asociacións coas que pode non concordar na maioría dos casos. Cada asociación ten q ser coherente principalmente para cos seus socios/as e nun segundo lugar participar na plataforma naquelo no q crea ou naquelo q máis lle interese ou motive e dende logo non debe nunca renunciar aos seus propios ppos e aos seus acordos internos polo q decidan outras asociacións , aínda q estas estean en maioría. Se fose así, en vez dunha Plataforma de Asociacións, a Plataforma Artabra 21 sería unha especie de asociación q absorvería as distintas asociacións q a integran. Pensamos q a toma de decisión debe ser sempre o consenso e no caso de votación cada asociación pode reservarse o dereito propio de aceptar ou desvincularse daqueles acordos concretos cos que non coincidimos. Incluso, nun momento dado, pode ter unha opinión totalmente distinta á da Plataforma, porque para iso, moitas das asociacións nos declaramos independentes, entendendo con iso q non somos controladas nin por partidos políticos, nin empresas, nin outras asociacións e q , polo tanto temos o noso propio criterio non supeditado ao criterio doutras asociacións, incluídas neste caso, plataformas. E polo tanto nos reservamos o noso dereito de apoiar, defender e aceptar ou non as decisións das demais entidades. Só estamos supeditados ao noso Estatuto, ás decisións dos nosos órganos de goberno, e as decisións da nosa Asamblea Xeral amais da lexislación vixente, claro está. E no caso doutras asociacións será algo parecido e deberán sempre respetar en primeiro lugar os seus estatutos, o q digan os seus integrantes, sempre antes q o q diga a Plataforma Ártabra 21. Polo tanto, consideramos q o mellor e suprimir este apartado por resultar contraproducente.
--
Inácio Martínez Orero
Telemóvel
645158113
________________
O desenvolvimento do Pleno Municipal do 25 de xaneiro, en Ferrol, segundo os medios de comunicación
20070126
Vernes, 26 de Xaneiro de 2007
Ferrol
PP e IF rexeitan a moción para paralizar as obras
Como xa se sabía desde o momento da súa presentación, os votos da coalición de goberno -PP e IF- impediron a aprobación da moción elaborada de forma conxunta polos grupos da oposición na que se pedía a paralización das obras do edificio da praza de España.
La Voz de Galicia
Venres, 26 de Xaneiro de 2007
Ferrol
A praza de España fractura a goberno e oposición ao iniciar a precampaña
A coalición recorda que hai dous anos aprobouse a obra «e entón non houbo contencioso»
A esquerda di que o edificio é «ilegal» e pide a súa paralización, que rexeitaron PP e IF
Ao Pleno do Concello de Ferrol: Paralización das obras xa !
20070125
Para ampliar clicar acima da imaxenDe: Convocantes en defensa dos espazos públicos
Data: 25 de Xxaneiro de 2007 1:09
Para: PA21 -artabra21@gmail.com-
Asunto: O tratado na reunión
AVALIACION da MANIFESTACIÓN do 21 de XANEIRO-07. - OS CONVOCANTES valora moi positivamente a resposta SOCIAL e a practica totalidade das organizacións veciñais, sindicais, todos os partidos da oposicion, convocantes e a Plataforma A21, criticando a GRANDE AUSENCIA DA FEDERACION veciñal ROI XORDO, logrando aglutinar todas estas forzas nun exercicio de poucos precedentes ao tratarse dun tema de urbanismo, alcanzando un ACORDO UNANIME para evitar a construción do Edificio da Praza de Porta Nova - Praza de España .
Os CONVOCANTES, REUNIDOS anteriormente no día de hoxe, ACORDAMOS acudir ao PLENO DO CONCELLO DE FERROL , para apoiar a MOCION presentada polos grupos políticos da oposición de PARALIZAR AS OBRAS.
SOLICITAR POR REXISTRO O USO DA PALABRA no PLENO por parte dun membro dos CONVOCANTES.
VALORAR o desenvolvemento e contido do Pleno , as súas concecuencias e se se produce algunha reacción por parte da coalicción de goberno local.
Presentar escrito, denuncia ante a FISCALIA para que actúe de oficio, se procede, ante un posible delito urbanístico.
Priorizar a seguinte entrevista solilcitada a Direccion Xeral de Urbanismo, da xunta de Galicia, solicitando a PARALIZACIÓN DE OBRAS.
En base aos acontecementos convocaremos unha nova reunión para a vindeira semana .
SAÚDOS
Ferrol a 24 de Xaneiro de 2007.
Convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos, en contra do macro-edificio da Praza da Porta Nova [Praza de España]:
Asociación Veciñal de Esteiro "Fontelonga",
Asociación Veciñal de Ferrol-Vello,
Asociación Veciñal de Santa Mariña,
Asociación Veciñal de San Xoan-Bertón,
Asociación Veciñal O Cruceiro de Canido,
Asociación Veciñal "O Rosario - Inferniño",
Asociación San Fernando de Recimil,
Asociación Cultural Fuco Buxán,
CIG-Ferrol,
CC.OO Ferrol,
Colectivo Veciñal Sartaña,
Esquerda Unida - IU,
Federación de ANPAS de Centros Públicos de Ferrolterra,
Os Verdes - Grupo Verde de Ferrol,
NÓS - Unidade Popular,
Plataforma Ártabra 21,
UGT-Ferrol.
USTG-Ferrol
Marcadores: Praza da Porta Nova
Acordos máis relevantes da Xunta Coordenadora da PA21 [24.01.2007]
AVALIACION da MANIFESTACIÓN do 21 de XANEIRO-07. - A XUNTA COORDINADORA valora moi positivamente a resposta SOCIAL e a práctica totalidade das organizacións veciñais, sindicais, todos os partidos da oposicion, convocantes e a Plataforma A21, criticando a GRANDE AUSENCIA DA FEDERACIÓN veciñal ROI XORDO, logrando aglutinar todas estas forzas nun exercicio de poucos precedentes ao tratarse dun tema de urbanismo, alcanzando un ACORDO UNANIME para evitar a construción do Edificio da Praza de Porta Nova - Praza de España.
Os CONVOCANTES, REUNIDOS anteriormente no día de hoxe, ACORDAMOS acudir ao PLENO DO CONCELLO DE FERROL , para apoiar a MOCION presentada polos grupos políticos da oposición de PARALIZAR AS OBRAS.
SOLICITAR POR REXISTRO O USO DA PALABRA no PLENO por parte dun membro dos CONVOCANTES .
VALORAR o desenvolvemento e contido do Pleno, as súas concecuencias e se se produce algunha reacción por parte da coalicción de goberno local.
Presentar escrito, denuncia ante a FISCALIA para que actúe de oficio, se procede, ante un posible delito urbanístico.
Priorizar a seguinte entrevista solilcitada a Dirección Xeral de Urbanismo, da Xunta de Galicia, solicitando a PARALIZACIÓN DE OBRAS.
En base aos acontecementos convocaremos unha nova reunión para a vindeira semana .
A Xunta Coordinadora fai a seguinte CONVOCATORIA de celebrar unha primeira ASEMBLEA ORDINARIA en data 30 de Xaneiro na Fundaçon Artábria ás 7 da tarde.
Unha segunda convocatoria dunha ASEMBLEA EXTRAORDINARIA en mesma data ás 7,30 horas na Fundaçon Artábria, para aprobar unha proposta de REGULAMENTO INTERNO de FUNCIONAMENTO na Plataforma Ártabra21.
Ferrol, a 24 de Xaneiro de 2007.
Asdo. - A Xunta Coordinadora.
Amadeo Varela
Ernesto Lopes
Miguel Reimundez
José R. Jove
Carlos Gª Seoane
Xosé M. Sanxoán
Solicitude para poder intervir no Pleno Municipal do Concello de Ferrol do 25.01.2007, polo asunto do edificio da Praza da Porta Nova
AO ALCALDE-PRESIDENTE
DO EXCMO. CONCELLO
DE FERROL
XOSÉ MANUEL SANXOAN CAAMAÑO, provisto de DNI núm. 32.613.638-Y, e con domicilio a efectos de notificacións R/ Río Lérez Nº 2-4, 2º esq. (15404) de Ferrol e tfnos. 981 32 59 13 e 649 024 612, en nome dos Convocantes da Manifestación en Defensa dos Espazos Públicos e e contra a Construcción do edifico da Porta Nova-Pza. de España (Asociación Veciñal de Esteiro"Fontelonga", Asociación Veciñal de Ferrol-Vello, Asociación Veciñal de Santa Mariña, Asociación Veciñal de San Xoan-Bertón, Asociación Veciñal Ocruceiro de Canido, Asociación Veciñal "O Rosario - Inferniño", Asociación San Fernando de Recimil, Asociación Cultural Fuco Buxán, CIG-Ferrol, CC.OO Ferrol, ColectivoVeciñal Sartaña, EsquerdaUnida-IU, Federación de ANPAS de Centros Públicos de Ferrolterra, Os Verdes - Grupo Verde de Ferrol, NÓS-UnidadePopular, PlataformaÁrtabra21, UGT-Ferrol, USTG-Ferrol) ante vostede comparece e DI:
Que tendo coñecemento no día de onte que no Pleno Ordinario do día de hoxe vai ser debatida unha moción dos Grupos Municipais de Esquerda Unida-IU, PSdG-PSOE e BNG sobre a paralización das obras do edificio da Pza. de España e a apertura de negociacións para a búsqueda dunha alternativa á construcción do mesmo, por medio do presente escrito intereso, con base no art. 19 do Regulamento de Participación cidadán do Concello de Ferrol, a intervención dun representante das entidades convocantes no Pleno de hoxe para expresar a nosa opinión sobre a dita moción.
Polo exposto,
SOLICITO: Que teña por presentado este escrito e, consonte o Regulamento de Participación cidadán do Concello de Ferrol, autorice a intervención no Pleno ordinario de 25 de xaneiro de 2007 aos representantes veciñais:
- Xosé Miguel López Pérez
Ou
- Miguel Reimúndez González
Ferrol, 25 de xaneiro de 2007
Marcadores: Praza da Porta Nova
Fundamentos e razóns que invalidan técnica e legalmente a ubicación da planta de Gas Natural Licuado (GNL) que está construíndo REGANOSA en Mugardos
20070124
De: Ferrol CAPE -Ferrol.cape@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
data: 24 de xaneiro de 2007 23:41
Ferrol.cape@gmail.com , blog opositor á ubicación da planta de Gas Natural Licuado dentro da Ría de Ferrol
PREGAMOS A MÁXIMA DIFUSION A PERSONAS E ORGANISMOS INTERESADOS. Grazas.
Realiza: Colectivo universitário opositor á planta de GNL dentro da Ría de Ferrol .
Ola de novo:
Tal como prometémosvos, enviamos a primeira emisión dos FUNDAMENTOS E RAZÓNS que invalidan técnica e legalmente a ubicación da planta de Gas Natural Licuado (GNL) que está construíndo REGANOSA en Punta Promontoiro (Mugardos), Ría de Ferrol.
Non nos cabe nin a máis mínima dúbida que os xuíces vana a parar cando se finalicen os procesos xudiciais en curso. Esta serie de FUNDAMENTOS técnico-legais axudarán a comprender a falta de criterio e senso común de todos aqueles que apoian esta ubicación con informes FAVORABLES ou con declaracións públicas.
Esperamos demostrar de forma CLARA e CONTUNDENTE que certos políticos e medios de comunicación escritos están nun erro e desenmascararemos a súa postura neste tema xa que se non aceptan estes argumentos é porque ou ben son uns necios ou porque participan conscientemente nesta ilegalidade. Demostraremos, ao rematar esta serie de artigos, que son ELES OS QUE MINTEN cando din que estamos enganando á cidadanía.
Estamos abertos aos COMENTARIOS, SUXESTIÓNS e CRITICAS que se puidesen realizar sobre a lectura destes FUNDAMENTOS. Os comentarios pódense facer por e-mail en: ferrol.cape@gmail.com
Ao final desta serie de artigos publicaremos unha ALTERNATIVA TECNICA á planta de Gas de Mugardos que permite recibir GAS NATURAL para o consumo dos Ciclos Combinados da Galicia sen a necesidade de meter na angosta Ría de Ferrol eses perigosos gaseiros e cun CUSTO MOI ACEPTABLE.
Saúdos a tod@s do blog www.f-cape.org ¡NON QUEREMOS OUTRO "NUNCA MAIS" e menos en Ferrol!.
Edita: Colectivo universitário opositor á planta de GNL dentro da ria de Ferrol .
O blog www.f-cape.org (ferrolterra-Cidadáns Aliados para Protexer a súa Contorna) xorde pola SEN RAZON de políticos, especuladores e "técnicos competentes" que, debido aos seus intereses persoais, deciden situar unha peligrosísima planta de REGASIFICACION de Gas Natural Licuado na Ría de Ferrol. Este blog non é político nin ten relación algunha con persoas, entidades ou partes interesadas. O único interese na realización do blog está referido aos artigos 43 e 45 da Constitución Española pois nos preocupa a nosa seguridade e a da nosa familia.
___________________
FUNDAMENTOS.-
___________________
Planta Regasificadora
- REGANOSA -
Por que a Planta de Gas non pode estar dentro da Ría ?
FUNDAMENTO 1º : Non cumpre co RAMINP (Reglamento de Actividades Molestas, Insalubres, Nocivas e Perigosas) Decreto 2414/1961.FUNDAMENTO 2º : Non cumpre o R. D. 6//2.001 do 8 de maio sobre EVALUACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL (Directiva europea 97 /11 /CEE) - NON SE TIVO EN CONTA - (Modifica o R.D. Lexislativo 1302/1986 do 28 de xuño - Directiva europea 85/337/CEE).
FUNDAMENTO 3º : Non cumpre a norma UNE - NE 1532 sobre INSTALACIÓNS E EQUIPOS PARA GAS LICUADO ? Interfaz entre buque e terra ? Marzo de 1.997 SAÍDA Ao MAR DE BUQUES GASEROS EN CASO DE URXENCIA REQUERIMIENTOS PRINCIPAIS SOBRE ASPECTOS DE SEGURIDADE DE BUQUES GASEROS A CUMPRIR NOS TERMINALES DE DESCARGA DE GAS NATURAL LICUADO (GNL).
FUNDAMENTO 4º : Non cumpre o R.D. 1254 / 1999 "Medidas de control dos riscos inherentes aos accidentes graves nos que interveñan sustancias perigosas" (Directiva Europea 96/82/CE ? Lei Seveso II)
FUNDAMENTO 5º : Non cumpre a norma UNE - NE 1473 sobre INSTALACIÓNS E EQUIPOS PARA GAS NATURAL LICUADO - Deseño para as instalacións terrestres - Maio 1998
_______________________________
Marcadores: Planta de Gas: fóra da Ría
A oposición ao macro-edifio na Porta Nova, escenificada no corazón da obra: no furado escavado no medio da Praza
O pasado venres 19 de xaneiro, 15 representantes das entidades convocantes das mobilizacións, ocuparon, nunha acción sorpresa, as obras do macro-edificio que se está construíndo na Praza da Porta Nova [Praza de España].
Con esta acción pretendíase deixar patente a oposición á construción do edificio, por ser innecesario, por ocupar un espazo público cualificado como sistema xeral viario e por ser ilegal.
O edificio estase construíndo sen licenza de obra, mas os responsables municipais, non só non a paralizan, senón que reclaman da empresa construtora a aceleración das obras.
As entidades convocantes queríamos deixar patente a falta do letreiro indicador da obra coas características técnicas, responsables da mesma, o número de licenza e datas de execución, como mandan as ordenanzas municipais. Non existe esta indicación porque é un edificio ilegal, que se está construíndo sen a licenza de obra preceptiva. A inspección municipal de obras está deixando facer, sen actuar, conculcando a legalidade vixente e prevaricando. A representación cidadán de oposición ao edificio, pretendía que a policía municipal levantara un atestado de tal circunstancia, máis esta convidounos a que presentaramos a denuncia no cuarteliño de San Xoán, cousa que se fixo.
Marcadores: Praza da Porta Nova
Éxito da mobilización do domingo 21 de xaneiro, pola defensa dos espazos públicos e contra a construción do macro-edificio na Praza da Porta Nova
20070122
Muitas foron as persoas que se sumaron este domingo, para secundar a manifestación convocada en contra do macro-edificio que o Concello de Ferrol está a construír na Praza da Porta Nova [Praza de España].
"Na defensa dos espazos públicos", é un lema que forma parte dos principios constitucionais da nosa Plataforma que xunto a outras 17 entidades, convocamos a mobilización popular.
O día 3 de decembro, manifestámonos en Ferrol, de novo este domingo 21, voltámolo facer, e así pretendemos seguir mobilizándonos até acadar os nosos obxectivos que son: que se paralicen as obras e que o goberno municipal busque outras alternativas que non sexa a construción dese macro-edificio na superficie da Praza e que, esta, quede aberta e limpa para uso e gozo de toda a cidadanía.
Na convocatoria participaron as catro centrais sindicais maioritarias da comarca [CIG, UGT, CCOO e USTG] e a última hora tamém contou co apoio dos partidos políticos BNG e PSdeG-PSOE; ademais dos partidos xa convocantes das mobilizacións: Esquerda Unida - IU, Os Verdes Grupo - Verde de Ferrol e Nós-UP; asociacións veciñais ["Fontelonga" de Esteiro, a de Ferrol Vello, "O Rosario" do Inferniño, "O Cruceiro" de Canido, a de San Xoán - Bertón, San fernado de Recimil, Colectivo de Sartaña, a de Santa Mariña]; a Federación de ANPs dos colexios públicos de Ferrolterra, comerciantes, a Asociación Cultural "Fuco Buxan" e o noso organismo popular a Plataforma Ártabra 21.
A manifestación partiu ás 12 de mediodía desde a Praza Amada García, ante o Edificio Administrativo da Xunta de Galicia. A manifestación foi a través da Rúa Real cara á Praza do Concello, coreándose berros como "Non ao edificio na Praza da Porta Nova", "Non, Non, á especulación", ... entre outros. Rematou a mobilización, cunha concentración na Praza, diante da Casa do Concello ferrolán, onde se deu lectura ao MANIFESTO CIDADÁN, por parte de Merce Salvatierra Ventura da Asociación Veciñal "O Rosario" - Inferniño, no nome das entidades convocantes .A protesta da cidadanía foi, e seguirá sendo, para que os gobernantes municipais saiban que existe unha importante oposición veciñal a un proxecto innecesario, especulativo e ilegal, que non imos permitir que se siga executando.
_______________________________
Galería fotográfica da Manifestación Popular do 21 de xaneiro en Ferrol
[Arquivos Ártabros]
_______________________________
CONVOCATORIA DUNHA IMPORTANTE REUNIÓN
O Mércores, dia 24 de xaneiro, ás 19:00 hs nos locais da Asoc. Vec. de Esteiro "Fontelonga" que é o lugar onde se veñen facendo regularmente as xuntas das asociacións e organizacións convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos, en contra do macro-edificio da Praza da Porta Nova [Praza de España], está convocada unha nova reunión para avaliar as mobilizacións, dar conta das entrevistas mantidas, até o de agora, con diferentes organismos da administración autonómica e a do pasado mércores 17, co concelleiro de urbanismo Guillermo Evia e se é o caso convocar novas mobilizacións.
Para ampliar clicar acima
A manifestación do domingo 21 de Xaneiro, na defensa dos espazos públicos, contra a construción do macro-edificio da Praza da Porta Nova [Praza de España], segundo algúns xornais:
Diario de Ferrol
La Voz de Galicia [1]
La Voz de Galicia [2]
Galicia Hoxe
El País - Galicia
El Correo Gallego
Marcadores: Praza da Porta Nova
Choiva Azeda: mobilizacións si!
20070121
Para: artabra21@gmail.com
Data: 21 de xaneiro de 2007 21:53
Asunto: mobilizacións si!
---------- Mensaxe reenviado ----------
From: Choiva Ázeda -choivazeda@hotmail.com-
To: fusquenlla@sospontedeume.com
Date: Sun, 21 Jan 2007 20:02:43 +0100
Subject: mobilizacións si!
Ola xente,
non cremos que poidamos asistir nin as reunións nin a concentración pero parécenos moi importante escenificar neste momento a preocupación da maioría dos galegos sobre o descontrol urbanístico. Gustaríanos que nos avisades da data, pra poder asistir, aínda que é probable que non asistamos, podemos traballar facendo comunicacións do evento e das accións que se plantexen.
Cremos que hai un goberno cunha maior sensibilidade cos anteriores e nós estamos + concienciados que nunca. Aínda así non esta nada feito, as leis españolas dan demasiado poder as administracións e os promotores, e en ambos colectivos hai xente interesada en construír moito, rápido e barato.
Pola nosa parte cremos que hai varios temas sangrantes:
+ o prezo da vivenda.
+ a falta dunha lei da paisaxe.
+ ese apartado da lei galega que permite a un promotor mercar (expropiar) pola forza propiedades para facer esas "urbanizacións".
+ a inexistencia de dunha norma que obrigue ós promotores a facer un porcentaxe de vivenda social en cada unha das súas promocións. Para dar acceso a vivendas dignas a xente nova e para favorecela integración social.
+ a obriga para os Concellos e promotores de presentar planes de sostenibilidade e de transporte con cada unha de esas propostas de crecemento suburbano.
+ a falta de relación entre as políticas urbanísticas e as políticas para a reducción das emisión de gases de efecto invernadoiro.
En Europa norte, a preocupación polas emisións dos vehículos privados e de transporte obriga os planes urbanísticos a facer os novos grupos de vivendas de forma máis compacta e integrada en zonas urbanas, potenciando o transporte público e os sistemas de transporte non contaminantes no seu deseño ao mesmo tempo que percura a conservación das zonas productivas agrícolas para potenciar o consumo local...
vou freando pero nós basicamente pensamos que se pode reutilizar, restaurar e construír moito, tanto densificando (ocupando solares) os núcleos de poboación existente e cando sexa necesario creando novos desenvolvementos en certas localizacións pero cunha planificación que defenda a paisaxe, a cultura, os individuos e pense no interese colectivo agora e dentro dunhas décadas.
Dispostos a todo o que se poda.
Choiva Azeda.
Se non che interesa recibir máis E-MAILS nosos, só tes que enviar un correo ca palabra BAIXA
Asociación Cultural Choiva Azeda
http://choiva-azeda.blogspot.com/
AS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ
Martes, 23 de xaneiro: Mesa redonda sobre o cambio climático, claves para o futuro
De: Antonio Gª -angaji@yahoo.com-Para:artabra21@gmail.com
Data: 22/01/2007 16:23
Assunto:Mesa redonda sobre o cambio climático, claves opara o futuro
Martes, 23 de xaneiro ás 8 da tarde. Galería Sargadelos - Ferrol
ENCONTROS COA INFORMACION
Debate sobre:
CAMBIO CLIMÁTICO
Claves para un futuro incerto
Intervirán:
PATRICIA HERMIDA
Xornalista
ANTONIO GARCÍA JIMÉNEZ
Médico e membro de ADEGA
Presenta:
VICTOR G. NOVÁS
Directivo de Fuco Buxán, A.C.
Entrada libre
Organizada por Fuco Buxán - Asociación Cultural
Prégase difusión:
Asociación Cultural Fuco Buxán. Apartado de Correos, 240.
Telf.: 981.325.492. Ferrol 15400. Galicia. España.
fucobuxan@yahoo.es
fucobuxan@fucobuxan.com
www.fucobuxan.com
sos parque rosalia de lugo
Para: artabra21@gmail.com
Data: 23 de enero de 2007 22:14
Asunto: sos parque rosalia de lugo
ESTIMADOS AMIGOS, SOMOS OS REPRESENTANTES DA ASOCIACIÓN NA DEFENSA DO PARQUE ROSALIA DE CASTRO, DE LUGO, QUE ASISTIMOS A VOSA MANIFESTACIÓN EN FERROL.
NECESITAMOS A VOSA AXUDA PARA DIFUNDIR A NOSA WEB ENTRE VOS, E QUEN O ESTIME OPORTUNO, FIRME A CARTA AO ALCALDE, E A SOLICITUDE DE BEN DE INTERESE CULTURAL.
UNHA APERTA
MARCOS
http://www.parquerosalia.es
Charla en Pontedeume sobre problemática ambiental e ordenación territorial na costa
De: manuel dominguez
Data: 20 de xaneiro de 2007 15:23
Asunto: Charla en Pontedeume sobre problemática ambiental e ordenación territorial na costa
O Colectivo FUSQUENLLA xunto con ADEGA e o COLEXIO OFICIAL DE ARQUITECTOS DE GALIZA (COAG) organiza unha charla debate sobre o impacto ambiental do urbanismo e a degradación da costa.
No acto, que se celebrará o venres día 26 deste mes na Casa da Cultura ás 20:00 horas, intervirán Adela Figueroa, presidenta de ADEGA, que exporá a problemática das actuacións urbanísticas no litoral; Xoan Creus Andrade, arquitecto do COAG, que versará sobre a ordenación territorial e a súa influencia na vida e futuro das cidades; Manuel Domínguez, representante de FUSQUENLLA, falará sobre a incidencia das actuacións urbanísticas, tanto presentes como futuras, no concello de Pontedeume; e Fernando V. Martull, xornalista de LA OPINIÓN.
Dende aquí invitamos a todos os cidadáns que vexan e comprendan a importancia que a ordenación urbanística ten sobre a calidade de vida dos habitantes das nosas vilas. Asemade facemos extensiva esta invitación a todos os colectivos sociais e políticos sobre cuias costas descansa a enorme responsabilidade de traballar polo desenvolvemento racional dun urbanismo sostíbel para Pontedeume.
http://www.sospontedeume.com/
Rede Litoral Vivo: O Colectivo Fusquenlla de Pontedeume suxire organizar unha concentración en Compostela ao fío de toda a desfeita urbanística
Para: artabra21@gmail.com
Data: 19 de xaneiro de 2007 19:27
Asunto: O Colectivo Fusquenlla de Pontedeume suxire organizar unha concentración en Compostela ao fío de toda a desfeita urbanística e territorial
Ola a tod@s,
Como xa sabedes (enviouse a convocatoria a esta lista. Tedes copia ao final do correo) o Colectivo Fusquenlla de Pontedeume suxire organizar unha concentración en Compostela ao fío de toda a desfeita urbanística e territorial. Suxire unha xuntanza en Compostela nas próximas semanas para avaliar esta posibilidade.
Esta xuntanza e mobilización, no caso de facerse, debe contar coa Rede Litoral Vivo xa constituinda polo que, unha vez máis, pídovos que a volta de correo, indiquedes o voso interese na constitución oficial da Rede Litoral Vivo e, se así o considerades, calquera nova suxestión para os documentos que temos en borrador. Non debemos agardar máis.
Envíasevos tamén unha copia deste correo aos vosos enderezos-e para que confirmedes a recepción do mesmo.
Unha aperta
--
Xan Duro
Coordenador Xeral
www.verdegaia.org
www.bicis.info
O colectivo Fusquenlla de Pontedeume quérevos invitar a colaborar na organización dunha concentración en Santiago de Compostela, que pretendemos sexa o máis concurrida posible, para amosar a nosa preocupación pola degradación urbanística que estamos a sufrir en Galicia e cuxos síntomas máis evidentes son as agresións urbanísticas no litoral, a edificación masiva e descontrolada, o deterioro dos núcleos históricos das vilas, a destrucción do patrimonio arquitectónico, a perda dos sinais de identidade territorial, o retroceso dos espazos públicos, a ausencia dunha política social de vivendas e a promoción de proxectos especulativos e lesivos cara o noso entorno.
Cremos que se dan as condicións para poder afrontar esta mobilización dada a sensibilidade social que hoxe en día hai.
Para comezar deberiamos celebrar nas próximas semanas unha reunión previa de tódolos colectivos, asociacións e plataformas interesadas coa finalidade de prepara-la convocatoria, fixa-las datas e atender a tódolos aspectos organizativos. Esta reunión previa poderiase celebrar
en Santiago.
Asemesmo, e dado o elevado número de organizacións involucradas, pedímosvos que trasladedes esta invitación a cantas asociacións vecinais, grupos ecologistas e entidades do voso entorno poidan estar interesadas.
Facédenos chegar a vosa opinión sobre este proxecto ao enderezo:
fusquenlla@sospontedeume.com
Decídenos se o vedes viábel e se estades dispostos a participar, cando menos nesa reunión previa. Tamén sería interesante acadar a colaboración de destacados personaxes, intelectuales, políticos, etc. que se amosan publicamente en contra deste grave problema que afecta ao noso país.
Un saúdo de Fusquenlla <http://www.sospontedeume.com>
Reportaxe en TVE2 sobre a planta de gas de Reganosa o domingo 28 de xaneiro, ás 20:30 hrs
20070119
Para: artabra21@gmail.com
Data: 19-xaneiro-2007 0:46
Asunto: Reportaxe en TVE2 sobre a planta de gas de Reganosa o domingo 28 ás 20:30 PASAO A TOD@S TEUS CONTACTOS POR FAVOR. FERROL AGRADECERA-CHO
UN GASODUCTO NO MEU XARDÍN
Domingo 28 de Xaneiro 2007, ás 20:30h, na 2 de TVE
"Vivimos cunha planta de gas á beira e cun gasoducto que pasa polo xardín e xusto por baixo das cimentaciós das nosas casas". É a denuncia de Luz Mariña e Elena Rei, veciñas do pobo de Mugardos, na galega Ría de Ferrol, ante a inseguridade que senten desde que se iniciaron as obras para construír unha planta de transformación de gas situada a escasos 100 metros das súas vivendas.E non son as únicas, porque xusto enfronte, a 1 quilómetro escaso, está Ferrol, e alí máis de sesenta asociacións civís formaron o Comité Citadán de Urxencia para intentar que a planta non entre en funcionamento.
O proceso industrial dunha regasificadora como a de Mugardos consiste en recibir buques metaneiros cargados con gas natural en estado líquido, algo que se logra arrefriándoo a 160 grados baixo cero. Os barcos descargan este gas licuado nuns tanques onde se requenta o gas e devólvese ao seu estado gaseoso para ser distribuído pola rede nacional de gasoductos.Nin Reganosa, a empresa propietaria da instalación, nin o Ministerio de Industria quixeron participar nesta reportaxe na que os veciños afectados afirman que a planta incumple a normativa de seguridade no que se refire a distancias mínimas a núcleos de poboación. Engaden, ademais, que supón un gravísimo perigo para as súas vidas a entrada semanal de grandes barcos gaseiros nunha Ría angosta e de pouca profundidade como é a de Ferrol.
Aquí funciónase coa pleamar, isto é, que cada 12 horas sube o nivel do mar para que entren os barcos grandes. Se un gaseiro tivese un accidente dentro da Ría, escapase o gas e non houbese pleamar, sería un holocausto!!, afirma Carmelo, un dos membros máis activos do Comité Citadán.A Xunta de Galicia afirma que a planta de Reganosa cumple con todos os requisitos legais, pero o caso é que a xustiza admitiu a trámite unha ducia de contenciosos que están atrasando unha posta en marcha anunciada inicialmente para 2004.
En España funcionan actualmente cinco regasificadoras, e Galicia ten sede de gas; a escasez do mesmo impediu históricamente un maior desenvolvemento da súa industria e restou competitividade a boa parte dos seus produtos. Con todo son moitos os que, aínda defendendo a necesidade do gas, renegan da ubicación da planta, escollida por un grupo privado, apoiada pola Xunta anterior de Manuel Fraga, asumida pola coalición que encabeza o goberno galego actual."Un gasoducto no meu xardín" é unha reportaxe de Carlos Enrique Carrasco, realizado por José Luís Costas Solagrán.
Liña 900 é un programa de "la2" de TVE dirixido por Jaume Codina, presentado por Xavier Muixí e producido por Alejandro Amillano.
Carlos Lareo
Portavoz de Os Verdes - Grupo Verde de Ferrolterra
POR FAVOR REENVÍA ESTA MENSAXE A TODOS OS TEUS CONTACTOS.
NECESITAMOS O APOIO DE TODAS E TODOS OS FERROLÁNS e GALEGOS DE BEN PARA PARAR ESTA LOUCURA!!!.
(INFORMATE DO PROBLEMA QUE SE NOS VEN ACIMA!!!!.)
NON PERDAS O PROGRAMA DE LINEA 900 DO DOMINGO 28!!.
Esta mensaxe foi enviado a :
prensa@casareal.es; jlrzapatero@presidencia.gob.es; eperezt@usc.es; secre.presiden@xunta.es; medios.informativos@xunta.es; gabinete@xunta.es; club.inter.prensa@xunta.es; conselleria.medio.ambiente@xunta.es; prensa.cma@xunta.es; jacobo.garcia.blanco@parlamentodegalicia.es; presidencia@parlamentodegalicia.es; prensa.industria@xunta.es; sedenacional@bng-galiza.org; Info.Cidadan@xunta.es; ceng@psdeg-psoe.org; ana.puig@gps.congreso.es; hipolito.farinas@diputado.congreso.es; registro@defensordelpueblo.es; gabinete.prensa@izquierda-unida.es; atencion@pp.es; psoe@psoe.es; grupo.popular@gpp.congreso.es; victoria.lopez@gpiu.congreso.es; olga.alberdi@gpiu.congreso.es; alcaldia@ferrol-concello.es; gabineteprensa@ferrol-concello.es; ferrol@bng-galiza.org; gp-bng@parlamentodegalicia.es; secretaria.bng@gpmixto.congreso.es; cnogueira@europarl.eu.int; ceng@psdeg-psoe.org; galicia@pp.es; corunya@pp.es; ucferrol@galicia.ccoo.es; galicia@csi-csif.es; ustgalicia@terra.es; ugtferrol@galicia.ugt.org; eu-mugardos@esquerdaunida.org; eu-ferrolterra@esquerdaunida.org; eu-fene@esquerdaunida.org; eu-neda@esquerdaunida.org; ecop@cesga.es; jaime.pita.varela@parlamentodegalicia.es; valedor@valedordopobo.com; rexistro@valedordopobo.com; juanjose.gallo@dicoruna.es; dgpc@proteccioncivil.org; alcaldia@ferrol-concello.es
Enviado: vernes, 19 de xaneiro, 2007 0:42:42
Marcadores: Planta de Gas: fóra da Ría
Esquerda Unida-IU de Ferrol apoia, convoca e participará na manifestación convocada en defensa dos espazos públicos
Para: artabra21@gmail.com
Data: 18-xaneiro-2007 11:52
Asunto: Esquerda Unida-IU de Ferrol apoia, convoca e participará na manifestación convocada en defensa dos espazos públicos e en contra da construcción dun macroedificio na Praza de España
Esquerda Unida-IU de Ferrol apoia, convoca e participará na manifestación convocada en defensa dos espazos públicos e en contra da construcción dun macroedificio na Praza de España e anima á cidadanía a participar nela.
Para Esquerda Unida-IU de Ferrol este edificio supón un elemento máis a sumar á desfeita da Praza de España e que foi vendido ante a cidadanía, polo Grupo de Goberno municipal, como solución á mesma e como contraprestación á empresa que realiza o soterramento do enlace da Avenida do Rei e a Avenida de Vigo pola execución desta obra sen custes para o Concello. Nembargantes, na nosa opinión, a construcción deste macroedificio de 21 metros de altura supón, ademais de romper a fisonomía propia da praza, unha usurpación dun espazo público para darlle uns usos privativos; polo tanto, ten un custe social moi elevado que a miopía gubernativa municipal non é capaz de ver e, moito menos, valorar.
O que se nos presenta como a panacea dos males da Praza de España e debido as presas políticas, que non de execución da obra, ten, ademais, apariencia de non respectar os usos do solo urbano para a parcela na que se localiza e así foi denunciado pola Federación Veciñal de Zona Urbana. Polo tanto convén aclarar estos extremos antes de continuar cun edificio que privará por moitos anos a Ferrol do desfrute dunha das súas prazas públicas máis senlleiras.
Por estos motivos, pola enfermiza privatización do solo público por parte da dereita municipal, por un urbanismo para a cidadanía, porque o solo público é de todos e todas e non duns poucos, Esquerda Unida-IU de Ferrol quere animar a toda a cidadanía a participar na manifestación do próximo día 21 de xaneiro: “Na defensa dos espazos públicos, non ao edificio na Praza de España”.
Ferrol, 18 de xaneiro de 2007
Esquerda Unida-IU de Ferrol
Marcadores: Praza da Porta Nova
NÓS-Unidade Popular convoca a participar na manifestaçom pola anulaçom do projecto de edifício em plena Porta Nova de Ferrol
Para: artabra212gmail.com
Data: 17 de xaneiro de 2007 23:19
Asunto:NÓS-Unidade Popular convoca a participar na manifestaçom pola anulaçom do projecto de edifício em plena Porta Nova de Ferrol
A Assembleia Comarcal de NÓS-Unidade Popular em Trasancos quer fazer público um firme apoio à manifestaçom que neste domingo, dia 21 de Janeiro, marchará polas ruas do centro de Ferrol em defesa dos espaços públicos do nosso concelho.
No passado mês de Dezembro, centenas de ferrolanas e ferrolanos demonstramos numha manifestaçom semelhante que existe umha oposiçom significativa aos planos especulativos do Partido Popular e Independientes por Ferrol que, graças à morna e inofensiva oposiçom das restantes forças representadas no pleno, pensam aplicar os seus planos urbanísticos, tam contrários aos interesses da maioria como favoráveis às construtoras que lhes financiam as campanhas eleitorais.
Ferrol padece, desde há muitas décadas, partindo da etapa da ditadura franquista, políticas urbanísticas que tenhem desfigurado a cidade, estendendo o cimento e eliminando zonas verdes, entregando ao domínio dos carros e do cimento um espaço que nos corresponde a todos e todas nós: as pessoas que habitamos o nosso concelho.
As obras na Porta Nova, cujo nome tradicional foi substituído no franquismo polo ilegítimo de “plaza de España” e assim mantido até a actualidade, representam um novo capítulo da história de agressons contra a possibilidade de construirmos umha cidade humanizada, aberta às pessoas e minimamente habitável.
Por isso, neste domingo devemos dizer, alto e claro, que os negócios privados que pretendem instalar no macro-edifício da Porta Nova nom som nengumha prioridade nem muito menos um bem comum para a nossa cidade. Som umha manobra para restringir ainda mais os reduzidos espaços públicos e zonas verdes com que conta Ferrol.
Os ferrolanos e ferrolanas conscientes, principalmente as que engrossamos as classes trabalhadoras, devemos reivindicar o direito à umha cidade humanizada, onde poder viver e relacionar-nos, desfrutar o tempo de lazer e garantir isso mesmo aos nossos filhos e filhas.
PP e IF só governam para as construtoras e os seus negócios.
Frente à direita especuladora e privatizadora, defendamos os espaços públicos!
Fora o projecto de macro-edifício na Porta Nova!
Ferrol, 17 de Janeiro de 2007
Marcadores: Praza da Porta Nova
Manifesto Cidadán asinado polas entidades convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos
20070118
Todas as cidades son, desde a antigüidade, en primeiro lugar, os seus espazos públicos. Espazos de encontro, espazos solidarios aos que toda a cidadanía temos dereito; espazos democráticos que nos igualan, novos e vellos, ricos e pobres, homes e mulleres. Son os espazos públicos o cerne da vida urbana, onde se suceden as festas, as manifestacións políticas, o comercio, o xogo, o deporte, o paseo e o lecer… onde se expresa a nosa identidade colectiva, onde se materializa todo o que fomos no pasado, o que somos e o que queremos ser. Só somos cidadás e cidadáns plenos cando gozamos destes lugares colectivos, abertos e accesibles .
Os espazos públicos son ademais, non o esquezamos, a herdanza máis importante que deixou a historia da cidade, espazos abertos necesarios para a vida, cheos de significado e de memoria. É a nosa responsabilidade deixar estes espazos ás novas xeracións mellor de cómo os recibimos das nosas nais e pais.
As grandes cidades, as cidades que nos enfeitizan no cine ou cando viaxamos, presumen das súas rúas e prazas, dos seus parques e xardíns, como signo da calidade de vida da que gozan os que alí viven. E non presumen só os seus gobernantes, tamén a cidadanía sente orgullo do seu e o defenden, como o defendemos nós hoxe nesta praza.
Sen embargo, algúns queren facernos crer que a calidade de vida non ten nada que ver co gozo dos espazos públicos. Queren facernos crer que o progreso reside no cemento e nos centros comerciais.
Algúns queren facernos crer que é necesario utilizar os espazos públicos como mercadorías, que se pode vender, e mesmo regalar, o noso capital cidadán. Están empeñados en nos explicar que é necesario poñer, o que é de toda a cidadanía, nas mans de empresas privadas, para que o xestionen como mellor lles conveña.
Preséntannos un mundo ao revés, onde o branco é negro, o negro branco. Un mundo ao revés onde os piratas, como dí a canción, son honrados.
Exemplos recentes non faltan. Ameazan con destruír paraxes naturais, con cambiar prazas públicas por centros de ocio privados, con cambiar centros culturais por centros comerciais.
Na Praza da porta Nova [Praza de España], o Concello de Ferrol está a executar unha obra ilegal nun espazo público, nunha praza. Unha obra ("hito urbano" lle chaman, como se a praza non puidese ser un fito urbano sen edificio), que de consumarse suporía hipotecar unha parte do espazo público máis importante da cidade ata dentro de 75 anos. ¿Qué pasará se dentro de dez anos o edificio deixa de ter uso?, ¿teríamos que aguantar a súa ruína durante outros 65 anos ou indemnizar ao concesionario?
Unha obra ilegal que pon en evidencia que mentres a cidadanía ten que cumprir o Plan Xeral, a administración que é garante do seu cumprimento, o Concello de Ferrol, pode pasar olimpicamente do cumprimento desta norma na Praza da Porta Nova [Praza de España]. Din que o fito urbano é legalizable, porque no futuro pódese adaptar o Plan Xeral ao que alí se constrúa. Este goberno municipal está a inventar un novo urbanismo no que son os plans os que se adaptan ás obras e non as obras aos plans. Unha sorte de Far West, no que manda o máis forte. Un territorio no que a cidadanía cumpren as normas mentres a administración as adapta á súa conveniencia.
Na Praza da Porta Nova [Praza de España] o negocio está claro, máis o beneficio non. ¿Onde está a necesidade de construír un edificio de 21 m de altura, de uso privado, sobre un espazo público?, ¿quen necesita un edificio de oficinas no medio dunha praza cando na cidade hai centos de oficinas baleiras? ¿Quen necesita un novo centro comercial que arruíne o pequeno comercio da Madalena, un dos recursos máis importantes da cidade? Eles saberán. Nós, dende logo non vemos tal beneficio.
Non Sr. Juncal, non Sr. Evia, non Sr. Pita Romero, non Sr. Juan Fernández. Non queremos que nos sigan roubando o noso patrimonio público. Non queremos un urbanismo que consista na subasta e liquidación do patrimonio público, dos espazos conquistados e mantidos durante anos, xeración tras xeración, co esforzo de todos e todas.
A veciñanza de Ferrol queremos que se reurbanicen as prazas e rúas da cidade, que sexan accesibles e compartibles por toda a cidadanía e non coto privado duns “negocietes”.
Queremos que os espazos públicos de Ferrol sexan máis e mellores. Queremos que a mellora das rúas e prazas, as zonas verdes e deportivas, os xardíns e os parques urbanos sexa a prioridade número un do urbanismo municipal.
¡ Non ao edificio ilegal da Praza da porta Nova, non aos usos privados dun espazo público, Paren as obras Xa !
Ferrol, a 21 de xaneiro de 2007.
Asociación Veciñal de Esteiro "Fontelonga",
Asociación Veciñal de Ferrol-Vello,
Asociación Veciñal de Santa Mariña,
Asociación Veciñal de San Xoan-Bertón,
Asociación Veciñal O Cruceiro de Canido,
Asociación Veciñal "O Rosario - Inferniño",
Asociación San Fernando de Recimil,
Asociación Cultural Fuco Buxán,
Centro Comercial Aberto da Magdalena,
CC.OO Ferrol, Colectivo Veciñal Sartaña,
CIG-Ferrol,
Esquerda Unida - IU,
Federación de ANPAS de Centros Públicos de Ferrolterra,
Os Verdes - Grupo Verde de Ferrol,
NÓS - Unidade Popular,
Plataforma Ártabra 21,
UGT-Ferrol,
USTG-Ferrol.
Marcadores: Praza da Porta Nova
Roteiro polas zonas costeiras de Sta. Comba, Sartaña e Ponzos, na parroquia ferrolá de Covas
20070116
Para: artabra21@gmail.com
Data: 16 de xaneiro de 2007 14:27
VERDEGAIA ORGANIZA UN ROTEIRO POLO L.I.C. COSTA ÁRTABRA, NO SEU TRAMO DE SANTA COMBA, SARTAÑA E PONZOS
O L.I.C. Costa Ártabra repártese polos concellos costeiros de Ares, Mugardos, Ferrol, Narón, Valdoviño, Cedeira, Cariño e Ortigueira. Trátase dun tramo de costa moi variado en canto a ecosistemas se refire, albergando areais, cantís, humidais, pequenas illas e mesmo serras, e que conforman un espazo único integrado dentro da Rede Natura 2000. O tramo de costa que imos percorrer correspóndese coas zonas costeiras de Sta. Comba, Sartaña e Ponzos, na parroquia ferrolá de Covas. Ademais dos seus valores ambientais e patrimoniais, queremos salientar as múltiples agresións que ameazan a conservación deste espazo protexido como é o proxecto de parque acuícola ideado para Ponzos.
Data: Domingo 28 de Xaneiro de 2007.
Saída: 10:00h.
Lugar: Escalinata de Correos (Ferrol).
Dificultade: media-baixa.
Transporte gratuito.
Non inclúe xantar.
Prégase inscripción.
Contacto: 616 03 92 68 - 661 63 69 46
Ferrol, 15 de Xaneiro de 2006
Atentamente,
Mónica Arto Blanco
Coordenadora do Núcleo Comarcal de Verdegaia Ferrol, Eume e Ortegal
ferrol@verdegaia.org
Verdegaia é unha asociación ecoloxista galega sen ánimo de lucro, plural, democrática, apartidaria e independente, constituída co obxecto de contribuír desde Galicia para a defensa do ambiente e o avanzo na transformación social e mundial en termos de sustentabilidade ecolóxica, xustiza social e paz. Foi fundada o 2 de Abril de 2006.
Máis información en www.verdegaia.org
Desacordo coa situación xerada derredor da instalación de plantas de acuicultura en Galiza
Para: artabra21@gmail.com
Data: 15/01/2007 07:32
Assunto: Desacordo coa situación xerada derredor da instalación de plantas de acuicultura en Galiza.
Queremos manifestar o noso desacordo coa situación xerada derredor da instalación de plantas de acuicultura en Galiza.
Consideramos prioritario que a administración galega volque os seus esforzos en que as condicións das nosas rías e das augas próximas á costa (onde existe un moi importante potencial de producción pesqueira) non continúen a padecer as problemáticas dos hidrocarburos, augas residuais, recheos, etc, que dificuldan ou impeden dispormos dunha producción pesqueira sen comparanza en calidade e en número de postos de traballo con respeito ás plantas de acuicultura.
Non rexeitamos a instalación de estas plantas sempre en cando se faga desde criterios de sustentabilidade para o noso entorno natural. A necesidade que este tipo de empresas teñen da utilización de auga do mar non implica necesariamente que a súa instalación se faga na beiramar, poidéndose contemplar a posibilidade de retiralas uns centos de metros para reducir o impacto sobre o noso litoral.
A Consellaría de Pesca non debe bailar ao son que toque unha empresa privada por moi grande que esta sexa. Pescanova, logo de recoller numerosas subvencións do erario público presionan á administración para que lle facilite saltarse a legalidade vixente, cousa esta, na que a administración soupo estar á altura das circunstancias ao impedir a súa instalación en Touriñán.
Mais agora non entendemos que desde a Consellaría se pretenda dar por feito a instalación dunha planta de acuicultura de enormes dimensións no litoral do concello de Ferrol sen que se coñeza un proxecto real nen que, xa que logo, teña superado os trámites legais para se instalare no noso litoral. Será culpa de esta consellaría se a opinión pública tira a conclusión de que se un entorno natural non fica dentro da Rede Natura 2000 xa non ten valor ecolóxico nen lexislación que o protexa.
Ferrol a 12 de xaneiro do 2007
Carlos Outeiro Baamonde
Vice-responsábel Adega-Trasancos
Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza
Pza Camilo Díaz Valiño, 2º A 15704 Santiago de Compostela
Correo electrónico: adega@adega.info
Páxina electrónica: www.adega.info
Tfnos: 981.570099 /619 808662
Delegación ADEGA-Trasancos
Acordos e actividade para a Manifestación Popular do domingo 21 de xaneiro
20070115
Data: 15 de xaneiro de 2007 0:04
Para: artabra21@gmail.com
Asunto: Acordos e actividade para a Manifestación Popular do domingo 21 de xaneiro
Por ACORDO dos CONVOCANTES do pasado luns día 8 deste mes, trasladamos a DATA DA MANIFESTACIÓN para o día 21 de Xaneiro, nos mesmos termos que a anterior manifestación do día 3 de decembro-06, INCORPORANDO o SINDICATO USTG- Ferrol .
ACORDAMOS como ponto de encontro o Edificio Administrativo da Xunta de Galicia ás 12 do mediodía , para saír en MANIFESTACIÓN á PRAZA DO CONCELLO, onde lerase o mesmo MANIFESTO.
- Xa esta a dispor de todos os CONVOCANTES os CARTEIS E OCTAVILLAS que podedes recoller os paquetes en Fontelonga ás 6 da tarde.
- ANUNCIO de CONVOCATORIA DE MANIFESTACIÓN PARA O DÍA 21 en Rolda de PRENSA na GALERIA SARGADELOS , o pasado venres -12.
- Fixemos un REPARTO polo FEIRON DO INFERNIÑO de 2.000 panfletos este pasado sabado , antes da MANIFA convocada pola Asociación de Equatorianos -en Ferrol.
- Para o Mércores ás 12 do mediodía , faremos outro REPARTO no MERCADO DE RECIMIL.
- REPARTO na PRAZA DO CONCELLO para o xoves ás 7 da tarde.
- ENTREVISTA COA ASOCIACIÓN DE HOSTALERIA.-LUNS 15 , ás 5,30 horas da tarde nos seus locais da Rua Real.
- ENTREVISTA CONCELLEIRO DE URBANISMO DE FERROL .- MARTES -16, ás 5,30 horas da tarde en Urbanismo.
- ENTREVISTA DIRECCIÓN XERAL-XUNTA DE GALICIA .- MARTES -16, ás 10 horas da mañá en COMPOSTELA.
- ENTREVISTA DIRECCIÓN XERAL VIVENDA E SOLO - XUNTA DE GALICIA - MERCORES -23 , en COMPOSTELA .
- ACORDO de que as distintas entidades comuniquen durante toda a semana os APOIOS para dar forza a convocatoria.
- CARTEIS nos vosos barrios, negocios, panaderias, centros de traballo..etc.
- Están enviados por escrito o COMUNICADO a Subdelegación do Goberno, anunciando a MANIFESTACIÓN PARA O DÍA 21.
- COMUNICADO POR REXISTRO PARA A ALCALDIA DA MANIFESTACIÓN DO 21.
- SOLICITUDE DE USOS DE MEGAFONIA E CONEXION para ler o MANIFESTO.
Tamén a PLATAFORMA ARTABRA21, fai un ROGO de COLABORACIÓN de RECOLLIDA DE SINATURAS en vosos postos de TRABALLO, BARRIOS, COMERCIOS, etc., por persoas CENSADAS EN FERROL.
Podedes entregar os impresos aos representantes, coordinadores da PA21 .
A campaña de recollidas vai durar estes meses.
Ferrol a 15 de Xaneiro de 2007
Saúdos
-
asdo. Xosé M. Sanxoán.-
--
Convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos, en contra do macro-edificio da Praza da Porta Nova [Praza de España]:
Asociación Veciñal de Esteiro "Fontelonga",
Asociación Veciñal de Ferrol-Vello,
Asociación Veciñal de Santa Mariña,
Asociación Veciñal de San Xoan-Bertón,
Asociación Veciñal O Cruceiro de Canido,
Asociación Veciñal "O Rosario - Inferniño",
Asociación San Fernando de Recimil,
Asociación Cultural Fuco Buxán,
CIG-Ferrol,
CC.OO Ferrol,
Colectivo Veciñal Sartaña,
Esquerda Unida - IU,
Federación de ANPAS de Centros Públicos de Ferrolterra,
Os Verdes - Grupo Verde de Ferrol,
NÓS - Unidade Popular,
Plataforma Ártabra 21,
UGT-Ferrol.
USTG-Ferrol
Marcadores: Praza da Porta Nova
STOP às agressons ao litoral: nom à piscifactória em Covas
Para:artabra21@gmail.com
Data: 13 de xaneiro de 2007 23:06
Asunto: STOP às agressons ao litoral: nom à piscifactória em Covas
Nos últimos dias, trascendeu nos meios de comunicaçom a pretensom da empresa “Isidro de la Cal” de construir umha macroplanta de aquicultura, contando com o apoio do PP e do presidente da Cámara Municipal de Ferrol, Juan Juncal. NÓS-Unidade Popular quer fazer pública a sua posiçom contrária a tal possibilidade com base ao seguintes critérios:
1. O projecto, com umha superfície de quase 400.000 m2, localizaria-se nas proximidades da praia de Ponços, na paróquia de Covas, numha área protegida pola Rede Natura como “Lugar de Interesse Comunitário (LIC) Costa Ártabra”, e pola sua condiçom de zona húmida e polo valor paisagístico da área, umha das mais valiosas do litoral ferrolano.
2. Dentro da irracional febre da promoçom de plantas desse tipo, tendentes a substituir progressivamente a merma de peixe pescado na alta mar, este projecto representa umha gravíssima ameaça para a riqueza natural e paisagística do nosso concelho, que parece contar com a cumplicidade institucional nom só do Governo municipal de Ferrol, mas também da Conselharia das Pescas da Junta da Galiza.
3. Por enésima vez, os interesses privados de umha empresa que oferece 60 postos de trabalho som postos por cima de qualquer consideraçom ou estudo ambiental sério. Mais umha vez, dependerá da capacidade de pressom do movimento popular da comarca que esta barbaridade poda concretizar-se ou seja finalmente descartada.
NÓS-Unidade Popular quer denunciar publicamente o projecto, exigir a sua retirada e confirmar a sua disposiçom a contestar na rua, junto a todos os sectores comprometidos com a defesa do nosso meio natural, tam depropositada proposta empresarial e institucional.
Assembleia Comarcal de NÓS-Unidade Popular em Trasancos
Ferrol, 13 de Janeiro de 2007
Paremos a marea vermella [Importante convite do colectivo Fusquenlla]
Para: artabra21@gmail.com
Data: 13 de xaneiro de 2007 18:47
Asunto: paremos a marea vermella
O colectivo Fusquenlla de Pontedeume quérevos invitar a colaborar na organización dunha concentración en Santiago de Compostela, que pretendemos sexa o máis concurrida posible, para amosar a nosa preocupación pola degradación urbanística que estamos a sufrir en Galicia e cuxos síntomas máis evidentes son as agresións urbanísticas no litoral, a edificación masiva e descontrolada, o deterioro dos núcleos históricos das vilas, a destrucción do patrimonio arquitectónico, a perda dos sinais de identidade territorial, o retroceso dos espazos públicos, a ausencia dunha política social de vivendas e a promoción de proxectos especulativos e lesivos cara o noso entorno.
Cremos que se dan as condicións para poder afrontar esta mobilización dada a sensibilidade social que hoxe en día hai.
Para comezar deberiamos celebrar nas próximas semanas unha reunión previa de tódolos colectivos, asociacións e plataformas interesadas coa finalidade de prepara-la convocatoria, fixa-las datas e atender a tódolos aspectos organizativos. Esta reunión previa poderiase celebrar en Santiago.
Asemesmo, e dado o elevado número de organizacións involucradas, pedímosvos que trasladedes esta invitación a cantas asociacións vecinais, grupos ecologistas e entidades do voso entorno poidan estar interesadas.
Facédenos chegar a vosa opinión sobre este proxecto ao enderezo:
fusquenlla@sospontedeume.com
Decídenos se o vedes viábel e se estades dispostos a participar, cando menos nesa reunión previa. Tamén sería interesante acadar a colaboración de destacados personaxes, intelectuales, políticos, etc. que se amosan publicamente en contra deste grave problema que afecta ao noso país.
Un saúdo de Fusquenlla
http://www.sospontedeume.com
Esquerda Unida-IU de Ferrol esixe a vixianza do paso de vehículos pesados na Estrada de Chá-Mandiá
Para: artabra21@gmail.com
data: 12-xaneiro-2007 11:05
Asunto: Esquerda Unida-IU de Ferrol esixe a vixianza do paso de vehículos pesados na Estrada de Chá-Mandiá
Esquerda Unida-IU de Ferrol ante as continuas queixas da veciñanza de Mandiá esixe do responsable de Tráfico e ao Alcalde do Concello de Ferrol que fagan cumprir a normativa vixente aos responsables das obras do acceso ao Porto Exterior no seu paso pola parroquia de Mandiá.
A situación está a ter dimensións nas que, incluso, se pon en perigo integridade das propiedades dos veciños polo paso de camións de 35 toneladas nunha estrada que ten o límite máximo permitido en 5 toneladas.
Debemos destacar tamén que, denunciando esta situación, existen varias denuncias formais presentadas ante a Policía Local e numerosas chamadas telefónicas a este departamento alertando do paso frecuente de vehículos de alta tonelaxe pola dita estrada. Polo tanto, o seus responsabeis políticos non descoñecen a situación e a súa desideia está a provocar graves prexuízos á veciñanza e ás súas propiedades.
Dende Esquerda Unida-IU de Ferrol igual que denunciamos, no seu día, pola execución das mesmas obras pero nas parroquias de Doniños e Cariño reiteramos que o Goberno Municipal está a mirar cara outro lado cando se trata de solucionar os problemas da veciñanza e, particularmente, dos da zona rural deixandoa a expensas dos intereses do Ministerio de Fomento e das empresas adxudicatarias das súas obras.
Doutra banda, no día de onte esta formación acudiu á invitación realizada pola Asociación de Veciños de Mandiá co fin de manifestar o seu posicionamento sobre o posible Polígono de Mandiá, asesorar e prestar a súa colaboración no que precise á dita Asociación neste tema.
Ferrol, 12 de xaneiro de 2007
Esquerda Unida-IU de Ferrol
Ante a noticia do proxecto de construcción dunha Empresa de acuícultura na zona de Covas
20070111
De:eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
Para: artabra21@gmail.com
11 de xaneiro de 2007 13:20

Esquerda Unida-IU de Ferrol ante a noticia do proxecto de construcción dunha Empresa de acuícultura na zona de Covas por parte da iniciativa privada quere manifestar o seguinte:
En primeiro lugar, sinalar que a zona onde se pretende instalar a dita empresa, e que ocupará unha superficie de 390.000 m2 , atópase nun lugar sensible, independentemente da calificación ou protección do solo, dende un punto de vista ambiental. E significativo que a anterior Xunta de Galicia recortará a franxa de protección correspondente ao LIC “Costa Ártabra” en 550 metros nesta zona. Así, mentres nas zonas limítrofes a protección é de 700 metros aquí inexplicablemente, agás que xa existirá esta vontade e non fora comunicada, recórtase nesa extensión. Se isto, como todo indica, fora así debemos denunciar a nefasta ordenación do solo, algo que reiteradamente vimos realizando pois o solo é de todos, é un recurso escaso, e a Administración non debe actuar como garante dos intereses empresariais senón que debe velar, e é un mandato constitucional, por velar polo desfrute dos recursos naturais de todos e todas, velar porque este non se vexa alterado e respectar o principio internacional e asumido pola nosa lexislación do desenvolvemento sustentábel.
Doutra parte a ninguén se lle escapa que o alto valor paisaxístico da zona e que o estado case virxe da nosa costa, de executarse a dita iniciativa, verase seriamente comprometido e, incluso, comprometido para outros usos como u turismo sustentable.
En segundo lugar, e tamén relacionado coa ordenación, non debemos caer en erros do pasado como sucedeu coas minicentrais hidroeléctricas ou os parques eólicos e lamentar hoxe os seus efectos e ter que revisar as distintas concesións. Polo tanto, dende Esquerda unida-IU consideramos unha temeridade por parte do Goberno da Xunta anunciar este tipo de iniciativas sen rematar, todavía, o Plan de Parques de Tecnoloxía Alimentaria e sen valorar ambientalmente a superficie onde se pensa localizar este enorme complexo industrial.
En terceiro lugar, este tipo de industrias atópanse na actualidade altamente mecanizadas polo que non debemos cegarnos coa creación de sesenta postos de traballo senón que debemos entrar na valoración de se para crear este tipo de industrias compensa alterar un espacio natural virxe, e valorar, tamén, a posibilidade de que outro tipo de actividades económicas máis respectuosas co medio podan crear un número de postos de traballo similar ou superior, como por exemplo, o turismo sustentábel antes dito.
En cuarto lugar, dende Esquerda Unida-IU, considerando que algúns tipos de acuicultura son ou podemos consideralos como ecoloxicamente sustentábeis, rexeitamos o argumento de que estas industrias son a solución da sobre pesca dos caladoiros, dende esta formación consideramos que a solución pasa pola recuperación destes e o apoio aos medios de pesca artesanais. Ademais, debemos advertir que este tipo de instalacións producen outro tipo de impactos cales son os derivados da producción dos pensos, ou a utilización de productos químicos e farmacolóxicos para o mantemento da explotación.
En quinto lugar, queremos denunciar, unha vez máis, a nula información recibida por parte da Alcaldía de Ferrol sobre este tema que, na nosa opinión, debe contar coa información e posterior consenso de tódolos grupos municipais antes de lanzarse aos medios de comunicación.
Por todo o anterior, dende Esquerda Unida-IU, ante a ausencia de información oficial sobre o proxecto, anunciar que permaneceremos vixiantes deste proxecto e do cumprimento da normativa ambiental na espera de que dende a Alcaldía sexanos trasladada a oportuna información.
Ferrol, 11 de xaneiro de 2007
Esquerda Unida-IU de Ferrol
Domingo 21 de Xaneiro, manifestación pola defensa dos espazos públicos, non ao macro-edificio da Praza da Porta Nova [Praza de España]
20070109
Marcadores: Praza da Porta Nova
Campaña de Amnistia Internacional: Proxección do filme Camiño a Guantánamo de Michael Winterbottom e Mat Whitecross, venres 12 de xaneiro
Para: artabra21@gmail.com
Data: 10 de xaneiro de 2007 18:45
Asunto: Campaña de Amnistía Internacional
AMNISTÍA INTERNACIONAL
GRUPO LOCAL FERROLTERRA
Campus de Esteiro
Edificio de Apoio ao Estudo
Av. de Vigo, s/n. FERROL
Prezado amigo,
O 11 de xaneiro é o 5º aniversario do inicio das retencións levadas a cabo no centro de detención da Bahía de Guantánamo, en Cuba. Amnistía Internacional na súa campaña contra a tortura está a desenvolver accións coordinadas para aumentar a presión internacional que poida conseguir o peche deste centro, punta do iceberg de tódolos iniciados ilegalmente dende o atentado do 11 de setembro de 2001 en Nova York.
Como sabes das nosas anteriores comunicacións no Grupo Local de Ferrolterra estamos a traballar nun Proxecto Especial, enfocado a David Hicks, preso australiano capturado o 9 de decembro de 2001 en Afganistán, que na actualidade aínda segue alí retido sen que lle fosen presentados os seus cargos.
Dende Ferrolterra, nós queremos apoiar esta campaña coa proxección da película Camiño a Guantánamo de Michael Winterbottom e Mat Whitecross, premio á mellor dirección no Festival de Berlín de 2006, no Centro Cultural da Fundación Caixa Galicia no Cantón o venres día 12 de xaneiro ás 20:00 horas.
Agardamos que esta proxección sirva para achegar a máis xente a situación na que se atopan estas persoas, polo que queriamos pedirche a túa colaboración e difusión. Unha aperta.
Grupo Local Ferrolterra.
--
ASOCIACION VECIÑAL O ROSARIO- INFERNIÑO
CIF-G70006473
correo-e: avvorosario@gmail.com
blog da asociación: http://ferrolnovo.blogspot.com
XII Festival Treme a Terra, 19 de xaneiro en Pontedeume
O dia 19 de Xaneiro o XII Festival Treme a Terra comezará, ás 21.30hs e a entrada é gratuíta.
Estarán:
· The Homens
· Josele Santiago
· Banda Potemkin
· Festicultores Troupe
Máis información no Diario de Ferrol
Mesa Redonda: A Costa Galega unha riqueza a defender, domingo 14 de xaneiro
Para: artabra21 -artabra21@gmail.com-
INFORMACION DE MESA REDONDA E EXPOSICION
“A COSTA GALEGA: UNHA RIQUEZA A DEFENDER”
Achegaremos unha visión realista da situación actual da ría de Ferrol e os principais condicionantes que a motivan, através da ollada de persoas relacionadas coa pesca no noso litoral e co traballo desde as cofrarías de pescadores.
Transladaremos a nosa vision con respeito ás potencialidades e propostas de xestión que, desde a nosa delegación, vemos para o noso entorno. Finalmente é a nosa intención dar unha visión global da situación de cotaminación na que se atopan inmersas as rías galegas e da contaminación relacionada co Prestige.
Asemade procederemos a innaugurar no mesmo recinto unha exposición de paneis fotográficos de Adega coa temática: “A costa galega, unha riqueza a defender” que permanecerá exposta ao público até o vindeiro domingo 28 de xaneiro.
Para máis información: Suso Oca Tlf - 606.11 98 46.
O que xa pasou en 2007
Este apartado do Blog recolle a relación de actividades que os diferentes colectivos foron realizando nos 12 meses do ano, así como tamém as actividades con un contido social, solidario e reivindicativo que se encadren dentro dos obxectivos da Plataforma.
Estas son as actividades do mes de Xullo de 2007:
- DOMINGO, 15 DE XULLO, ROTEIRO PICO VELLO, PARA DENUNCIAR A PRETENSIÓN DE EXPLOTAR UN XACEMENTO DE ANDALUCITA NUN LUGAR DE GRANDE VALOR ECOLÓXICO E MEDIOAMBIENTAL COLINDANTE COAS FRAGAS DO EUME, SAÍDA ÁS 10 DA MAÑÁ DESDE O A PRAZA DE GALIZA DE FERROL, FRENTE AO EDIFICIO DE CORREOS.
- VENRES, 13 DE XULLO, ÁS 4 DA TARDE, CONCENTRACIÓN NO PORTO DE FERROL, PARA PROTESTAR POLA ENTRADA ILEGAL E PERIGOSA NA RÍA DE FERROL, DUN 5º BUQUE GASEIRO PARA REGANOSA
- MARTES, 10 DE XULLO, ÁS 8 DA TARDE ASEMBLEA CIDADÁ, CONVOCADA POLO COMITÉ DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, NOS LOCAIS DA ASOCIACIÓN VECIÑAL DE FERROL-VELLO.
- DO 5 AO 12 DE XULLO, EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA: A COSTA UN PATRIMONIO A DEFENDER E XAQUÍN MARÍN E ADEGA, CENTRO CIVICO E CULTURAL DE CARANZA.
- MÉRCORES, 4 DE XULLO, ÁS 8 E 1/2 DA TARDE, PRESENTACIÓN DONº 22 DA REVISTA RAZÓN SOCIALISTA, NA GALERÍA SARGADELOS DE FERROL.
- XOVES, 5 DE XULLO, ÁS 8 DA TARDE, A RIQUEZA DA RÍA: MESA REDONDA NO CENTRO CÍVICO DE CARANZA, EN FERROL, ORGANIZADA POR ADEGA.
Estas son as actividades do mes de Xuño de 2007:
- SÁBADO, 30 DE XUÑO, ÁS 7 E 1/2 DA TARDE, GRAN MARCHA QUEER PRECÁRIA CONTRA OS VALORES FAMILIARES DA NOVA DIREITA, CAMPO DA LEÑA, NA CORUÑA.
- DO 15 AO 22 DE XUÑO, EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA: O VOLUNTARIADO DO LUME, CASA DA CULTURA DE NEDA, ORGANIZADA POR ADEGA.
- VENRES, 22 DE XUÑO, ÁS 8 DA TARDE MESA REDONDA: O VOLUNTARIADO DO LUME, CASA DA CULTURA DE NEDA, ORGANIZADA POR ADEGA
- NON MÁIS VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES: CONCENTRACIÓN EN FERROL POLO ASASINATO DE ESTRELA GEREMÍAS, LUNS, 25 DE XUÑO, ÁS 8 DA TARDE, NA PRAZA DO CONCELLO DE FERROL
- MARTES, 26 DE XUÑO, ÁS 8 DA TARDE ASEMBLEA XERAL DA PLATAFORMA ÁRTABRA 21, NOS LOCAIS DA FUNDAÇOM ARTÁBRIA EN ESTEIRO - FERROL
- XOVES, 21 DE XUÑO, ÁS 9 DA TARDE CONCENTRACIÓN CACEROLADA - TAMBORRADA NO PEIRAO DE FERROL, PARA PROTESTAR POLA NOVA ENTRADA DUN BUQUE GASEIRO, CARGADO CON GNL, DENTRO DA RÍA DE FERROL E ALERTAR DO PERIGO QUE SUPÓN AS INSTALACIÓNS DE REGANOSA DENTRO DA RÍA
- DOMINGO, 17 DE XUÑO, ÁS 4 DA TARDE FESTIVAL SOLIDARIO COAS POBOACIÓNS QUE PADECERON AS INUNDACIÓNS O PASADO MES DE MAIO EN URUGUAI, NA ASOCIACIÓN VECIÑAL DE SANTA MARIÑA - FERROL
- VENRES 15 DE XUÑO, ÁS 5 DA TARDE, ACTO INFORMATIVO DA COFRADÍA DE PESCADORES DE FERROL E O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA, NA LONXA DO PORTO DE FERROL
- DESDE O 4 AO 15 DE XUÑO EXPOSICIÓN, E O LUNS, 4 DE XUÑO, INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN A "REPUBLICA", NO CENTRO CULTURAL CARVALHO CALERO NO INFERNIÑO - FERROL, ÁS 8 DA TARDE COA PRESENCIA DE CARLOS ETXEBARRIA
- VENRES, 15 DE XUÑO, ÁS 8 DA TARDE MESA REDONDA: UNHA RÍA A DEFENDER, CASA DA CULTURA DE NEDA, ORGANIZADA POR ADEGA
- VENRES, 15 DE XUÑO, ÁS 8 E 1/2 DA TARDE PALESTRA EN ARTÁBRIA SOBRE O CONFLITO BASCO, CO POLÍTICO E SOCIÓLOGO JUSTO DE LA CUEVA, LOCAIS DA FUNDAÇOM ARTÁBRIA EN ESTEIRO - FERROL
- XOVES, 14 DE XUÑO, ÁS 8 DA TARDE CHARLA COLOQUIO: O CAMBIO CLIMÁTICO, BIBLIOTECA DE PONTEDEUME, ORGANIZADA POR ADEGA
- DOMINGO 10 DE XUÑO, ÁS 3 DA TARDE, CONCENTRACIÓN NAS INMEDIACIÓNS DA PRISIÓN DE TEIXEIRO, CONVOCADA POLO COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, PARA AMOSAR O NOSO APOIO @S MARCHISTAS QUE CHEGARÁN DESDE FERROL, LOGO DUNHA MARCHA A PÉ DE TRES DIAS, POLA DEFENSA DA RÍA E A LIBERDADE DE BERNARDO BASTIDA
- VENRES 8 DE XUÑO, ÁS 3 DA TARDE,CONCENTRACIÓN NO PEIRAO DE FERROL, PARA AMOSAR O NOSO APOIO @S MARCHISTAS QUE SAIRÁN A PÉ ATÉ TEIXEIRO, NUNHA MARCHA DE TRES DÍAS, POLA DEFENSA DA RÍA E A LIBERDADE DE BERNARDO BASTIDA
- XOVES 7 DE XUÑO, ÁS 8 DA TARDE VAI TER LUGAR UNHA ASEMBLEA CIDADÁ, CONVOCADA POLO COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, NOS LOCAIS DA ASOCIACIÓN VECIÑAL DE FERROL-VELLO
- MÉRCORES, 6 DE XUÑO, ÁS 7 DA TARDE, ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DA PLATAFORMA ÁRTABRA 21, NO CENTRO CÍVICO E CULTURAL RICARDO CARVALHO CALERO, NO INFERNIÑO - FERROL
- DOMINGO, 3 DE XUÑO, CONCENTRACIÓN NO PEIRAO DE FERROL, ÁS 12 DO MEDIODÍA, CONVOCADA POLO COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA
- VENRES, 1 DE XUÑO, XORNADAS SOBRE SOBERANÍA ALIMENTARIA, ÁS 8 DA TARDE NOS LOCAIS DA ASOCIACIÓN VECIÑAL DE FERROL-VELLO, ORGANIZADA POLA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES
Estas son as actividades do mes de Maio de 2007:
- XOVES, 31 DE MAIO, ÁS 8 DA TARDE NOS LOCAIS DA ASOCIACIÓN VECIÑAL DE FERROL-VELLO, CONVOCADA A ASEMBLEA CIDADÁ PARA A DEFENSA DA RÍA DE FERROL
- XOVES, 24 DE MAIO, DIA INTERNACIONAL DAS MULLERES POLA PAZ, PROXECCIÓN DO FILME AS TARTARUGAS TAMÉN PODEN VOAR, ÁS 7 DA TARDE, NA AULA DE USOS MÚLTIPLES DA BILIOTECA MUNICIPAL DE NARÓN
- MÉRCORES, 23 DE MAIO, ÁS 8 DA TARDE, NOS LOCAIS DA ASOCIACIÓN VECIÑAL DE FERROL-VELLO, TERÁ LUGAR A XII ASEMBLEA CIDADÁ CON CARÁCTER URXENTE, CONVOCADA POLO COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL
- DOMINGO, 20 DE MAIO, PASEO URBANO POLOS DESPROPÓSITOS MUNICIPAIS, SAÍDA DESDE A PRAZA DE SARTAÑA, ÁS 11 DA MAÑÁ
- XOVES, 17 DE MAIO, ÁS 12 DO MEDIODÍA,CONCENTRACIÓN NA PRAZA DE ROSALIA, NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS,NA DEFENSA DA NOSA LÍNGUA, CONVOCADA POLA ASOCIACIÓN VECIÑAL DE SAN XOAN-BERTÓN, QUE FAI UN CHAMAMENTO Á PARTICIPACIÓN A TODAS AS ENTIDADES VECIÑAIS E CULTURAIS
- DOMINGO, 13 DE MAIO, MANIFESTACIÓN EN NARÓN, POLA PARTICIPACIÓN CIDADÁ NA POLÍTICA MUNICIPAL, CONTRA O ABUSO NO COBRO DAS TAXAS, ... POR UN DESENVOLVEMENTO SOSTÍBEL DO TERRITORIO, SAÍDA ÁS 12 DO MEDIODÍA DESDE PIÑEIROS
- ENTRE O 15 DE ABRIL E O 6 DE MAIO, UNIÓN LIBERTARIA ORGANIZA UN CICLO DE CINEMA DOCUMENTAL DE INTERESE HISTORICO, SOCIAL E MEDIOAMBIENTAL, EN ESTEIRO - FERROL
- ENTRE O 13 DE ABRIL E O 11 DE MAIO, A SGHN ORGANIZA UN CICLO DE DE CONFERENCIAS SOBRE SUSTENTABILIDADE NO ATENEO FERROLÁN
- SÁBADO, 12 DE MAIO, ÁS 12 DO MEDIODÍA CONCENTRACIÓN CIDADÁ NOPEIRAO DE FERROL, PARA MANIFESTAR O REXEITAMENTO Á ENTRADA DE BUQUES GASEIROS CARGADOS DE GNL NA RÍA DE FERROL
- VENRES, 11 DE MAIO, FESTIVAL A MOCIDADE COA LINGUA, EN FENE
- XOVES, 10 DE MAIO, XI ASEMBLEA CIDADÁ DE FERROLTERRA PARA A DEFENSA DA RÍA, ÁS 8 DA TARDE NA ASOCIACIÓN VECIÑAL DE FERROL-VELLO
- MÉRCORES, 9 DE MAIO, ÁS 20:00 HRS, NA AULA MAGNA DE HUMANIDADES, PRESENTACIÓN DO LIBRO "MUROS DE SILENCIO", SOBRE A PLANTA DE GAS QUE TEN REGANOSA DENTRO DA RÍA DE FERROL
- LUNS, MARTE E MÉRCORES, 7, 8 E 9 DE MAIO, MOBILIZACIÓNS PARA IMPEDIR QUE O BUQUE GASEIRO "GALICA SPIRIT" ENTRARA Á PLANTA DE GAS QUE TEN REGANOSA DENTRO DA RÍA DE FERROL
- DOMINGO, 6 DE MAIO, MANIFESTACIÓN NACIONAL NA DEFENSA DO MEDIO NATURAL, CONTRA A DEGRADACIÓN URBANÍSTICA DO TERRITORIO, EN COMPOSTELA
- SÁBADO, 5 DE MAIO, ÁS 12 DO MEDIODÍA NA PRAZA DO CONCELLO DE FERROL, PRESENTACIÓN MASIVA DE ALEGACIÓNS PARA EVIATR O ATENTADO URBANÍSTICO NA PRAZA DE SARTAÑA
- MARTES, 1 DE MAIO, ÁS 6 DA TARDE EN MEA - MUGARDOS, HOMENAXE A FRANCISCO MARTÍNEZ LEIRA -PANCHO- GUERRILEIROANTIFASCISTA,NO DÍA DA SOLIDARIEDADE INTERNACIONALISTA DA CLASE TRABALLADORA.
- MARTES, 1 DE MAIO, MANIFESTACIÓNS NO 1º DE MAIO, DÍA DO INTERNACIONALISMO PROLETARIO, DÍA DA SOLIDARIEDADE INTERNACIONALISTA DA CLASE TRABALLADORA, EN FERROL MANIFESTACIÓNS CONVOCADAS POLAS CENTRAIS SINDICAIS
Estas son as actividades do mes de Abril de 2007:
- XOVES, 26 DE ABRIL, CONCENTRACIÓN NA PRAZA DO CONCELLO DE FERROL, ÁS 18:30 HS, PARA EXIXIR A PARALIZACIÓN DAS OBRAS DO MACRO-EDIFICIO DA PRAZA DA PORTA NOVA, ENTIDADES CONVOCANTES DAS MOBILIZACIÓNS NA DEFENSA DOS ESPAZOS PÚBLICOS
- XOVES, 26 DE ABRIL, ÁS 12 DO MEDIODÍA, CONCENTRACIÓN DIANTE DO XULGADO DE NEDA, PARA PROTESTAR POR O XULGAMENTO DE MILITANTES DE NÓS-UP, POR PINTAR DE ROSA UNHA CRUZ DOS CAIDOS EN NEDA.
- MÉRCORES, 25 DE ABRIL, ÁS 8 DA TARDE,NOS LOCAIS DA ASOC. VEC. DE FERROL VELLO, PRESÉNTASE O PROXECTO “FERROL VELLO, TEMOS UN PLAN”
- MARTES, 24 DE ABRIL, 10ª ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DA PA21, ÁS 7 DA TARDE NOS LOCAIS DO ATENEO FERROLÁN
- LUNS, 23 DE ABRIL, REUNIÓN DA COMUNIDADE MENÁNCARO CON ADEGA, SGHN E VERDEGAIA, ÁS 7 E 1/4 DA TARDE NO ATENEO FERROLÁN
- VENRES, 20 DE ABRIL, ASISTENCIA AO PLENO EXTRAORDINARIO ONDE PRETENDEN APROBAR O PROXECTO URBANIZAZOR EN MENÁNCARO.
- MÉRCORES, 18 DE ABRIL, REUNIÓN DA COMUNIDADE MENÁNCARO CON ADEGA, SGHN E VERDEGAIA, ÁS 7 E 1/4 DA TARDE NO ATENEO FERROLÁN
- MARTES, 17 DE ABRIL, CONFERENCIA SOBRE A POLÍTICA DA XUNTA DE GALICIA DE REHABILITACIÓN DE VIVENDAS, EN ESTEIRO - FERROL
- LUNS, 16 DE ABRIL, REUNIÓN DAS ENTIDADES CONVOCANTES DAS MOBILIZACIÓNS NA DEFENSA DOS ESPAZOS PÚBLICOS,NO ATENEO FERROLÁN
- DOMINGO, 15 DE ABRIL, II DESCENSO A PÉ, RÍO BELELLE, AS PONTES, A CAPELA, CABANAS, FENE, NEDA
- 4 E 5 DE ABRIL, QUARTA E QUINTA FEIRA, IV CONSPIRANDO POR UMHA RÁDIO LIVRE, RÁDIO FILISPIM, COLECTIVO OPAII !, EM FERROL E SAM SADURNINHO
Estas son as actividades do mes de Marzo de 2007:
- LUNS, 26 DE MARZO, ÁS 6 DA TARDE NA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE NARÓN, FORO DE CIDADÁS: "8 DE MARZO: POR QUE UN DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES ? "
- DOMINGO, 25 DE MARZO, MANIFESTACIÓN VECIÑAL CONTRA AS TAXAS MUNICIPAIS QUE O CONCELLO DE NARÓN ESTÁ A COBRAR POLO ENGANCHE AO ALCANTARILLADO E A ÁGUA, ÁS 12 DO MEDIODÍA, EN PIÑEIROS
- DOMINGO, 25 DE MARZO, ACTOS DE HOMENAXE A RICARDO CARVALHO CALERO, EN FERROL
- SÁBADO, 24 DE MARZO, LIMPEZA DA PRAIA DE DONIÑOS, ÁS 4 E 1/2 DA TARDE, EN FERROL
- VENRES, 23 DE MARZO, ÁS 6 DA TARDE PLANTACIÓN DE AMENEIROS Á BEIRA DO RÍO CÁDAVO, EN FENE
- XOVES, 22 DE MARZO, MESA REDONDA: AS PISCIFACTORIAS A DEBATE, ÁS 8 DA TARDE NA GALERÍA SARGADELOS, EN FERROL
- XOVES, 15 DE MARZO, ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA DA PA21, ÁS 7 DA TARDE no centro culturale social carvalho calero, NO INFERNINHO
- MARTES, 13 DE MARZO, CHARLA-COLOQUIO DE AMNISTIA INTERNACIONAL, NO SALON DE ACTOS DO VICERRECTORADO, EN ESTEIRO
- 10 DE MARZO, ACTOS E MANIFESTACIÓNS NO DÍA DA CLASE OBREIRA GALEGA
- 8 DE MARZO, ÁS 8 DA TARDE, NO CANTÓN DE FERROL, CONCENTRACIÓN NO DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES, CONVOCADA POLA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES
- DOMINGO, DÍA 4 DE MARZO, ÁS 12 DO MEDIODÍA, MANIFESTACIÓN CIDADÁ NA DEFENSA DOS ESPAZOS PÚBLICOS, CONTRA A CONSTRUCIÓN DO MACRO-EDIFICIO NA PRAZA DA PORTA NOVA
Estas son as actividades do mes de Febreiro de 2007:
- MARTES, 27 DE FEBREIRO, 8ª ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DA PA21, ÁS 7 DA TARDE NA SALA DE ACTIVIDADES DO INSTITUTO MARQUÉS DE SUANZES, EN RECIMIL
- MARTES, 27 DE FEBREIRO, ÁS 8 DA TARDE, MESA REDONDA SOBRE A PLANTA DE GAS, NO SALÓN DE ACTOS DO VICE-RECTORADO, UDC- CAMPUS DE FERROL
- XOVES, DÍA 22 DE FEBREIRO, ÁS 8 DA TARDE, NO LOCAL DO COLEXIO DE ARQUITECTOS DE FERROL CONFERENCIA SOBRE MONTE PENIDE, UN PROXECTO SIMILAR AO DE CHA DE BRIÓN
- XOVES, DÍA 22 DE FEBREIRO, ÁS 12 DO MEDIODÍA, DIANTE DA CASA DO CONCELLO DE FERROL, RECOLLIDA DE FIRMAS E PUNTO INFORMATIVO Á CIDADANÍA, DAS ENTIDADES CONVOCANTES DAS MOBILIZACIÓN NA DEFENSA DOS ESPAZOS PÚBLICOS, CONTRA A CONSTRUCIÓN DUN MACRO-EDIFICIO NA PRAZA DA PORTA NOVA [PRAZA DE ESPAÑA]
- MARTES, 6 DE FEBREIRO, ÁS 8 DA TARDE CONCENTRACIÓN NA PRAZA AMADA GARCÍA, DIANTE DO EDIFICIO ADMINISTRATIVO DA XUNTA DE GALICIA EN FERROL, EN SINAL DE DOR E REPULSA POLO ASASINATO DE Mº CARMEN, OUTRA VÍCTIMA DA VIOLENCIA DE XÉNERO NA GALIZA
- XOVES, 1 DE FEBREIRO, ÁS 7 DA TARDE, REUNIÓN DAS ENTIDADES CONVOCANTES DAS MOBILIZACIÓNS NA DEFENSA DOS ESPAZOS PÚBLICOS, NOS LOCAIS DA A. V. DE ESTEIRO "FONTELONGA"
- XOVES, 1 DE FEBREIRO, ÁS 9 E 1/2 DA MAÑÁ PLENO MUNICIPAL DO CONCELLO DE FERROL, PARA TRATAR O ASUNTO DA PRAZA DE SARTAÑA
Estas son as actividades do mes de Xaneiro de 2007:
- DOMINGO, 28 DE XANEIRO, ÁS 10 DA MAÑÁ NA ESCALINATA DE CORREOS NA PRAZA DE GALIZA DE FERROL, ROTEIRO POLAS ZONAS COSTEIRAS DE STA. COMBA, SARTAÑA E PONZOS, NA PARROQUIA FERROLÁN DE COVAS
- VENRES, 26 DE XANEIRO, ÁS 8 DA TARDE NA CASA DA CULTURA, CHARLA EN PONTEDEUME SOBRE A PROBLEMÁTICA AMBIENTAL E ORDENACIÓN TERRITORIA NA COSTA
- MÉRCORES, 25 DE XANEIRO, ÁS 7 DA TARDE, NO PLENO MUNICIPAL DO CONCELLO DE FERROL: DEMANDA DA PARALIZACIÓN DAS OBRAS DO EDIFICIO NA PRAZA DA PORTA NOVA [PRAZA DE ESPAÑA]
- MÉRCORES, 24 DE XANEIRO, ÀS 7 DA TARDE, REUNIÓN DAS ENTIDADES CONVOCANTES DAS MOBILIZACIÓNS NA DEFENSA DOS ESPAZOS PÚBLICOS E CONTRA O EDIFICIO NA PRAZA DA PORTA NOVA [PRAZA DE ESPAÑA]
- MARTES, 23 DE XANEIRO, MESA REDONDA: CAMBIO CLIMÁTICO, CLAVES PARA O FUTURO
- DOMINGO, 21 DE XANEIRO, ÀS 12 DO MEDIODÍA, MANIFESTACIÓN NA DEFENSA DOS ESPAZOS PÚBLICOS, NON AO EDIFICIO NA PORTA NOVA [PRAZA DE ESPAÑA]
- VENRES, 19 DE XANEIRO, XII FESTIVAL TREME A TERRA EN PONTEDEUME
- VENRES, 19 DE XANEIRO, OCUPACIÓN DA OBRA ONDE SE ESTÁ CONSTRUINDO O ILEGAL MACRO-EDIFICIO NA PRAZA DA PORTA NOVA [PRAZA DE ESPAÑA]. ACCIÓN REALIZADA DENTRO DA CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN: EN DEFENSA DOS ESPAZOS PÚBLICOS
- MARTES, 8 DE XANEIRO, REUNIÓN PARA PREPARAR UNHA MANIFESTACIÓN CONTRA O MACRO-EDIFICIO DA PRAZA DA PORTA NOVA [PRAZA DE ESPAÑA], EN DEFENSA DOS ESPAZOS PÚBLICOS
Marcadores: O que xa pasou
Nova reunión para decidir e preparar unha nova manifestación, contra o macro-edificio da Praza da Porta Nova [Praza de España]
20070107
-defendendo.os.espazos.publicos@gmail.com-
6 de xaneiro de 2007 11:18
Para: Plataforma Ártabra 21 -artabra21@gmail.com-
NOTA DE PRENSA, das asociacións veciñais e outras entidades convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos, en contra do macro-edificio da Praza da Porta Nova [Praza de España].-
O Goberno Municipal do Concello de Ferrol, está construindo na Praza da Porta Nova [Praza de España], un macro-edificio de uso e lucro privado, nun espazo público que é de toda a cidadanía, que é parte do noso patrimonio arquitectónico-cultural, a nosa praza principal de Ferrol. Van destrozar, ainda máis, a Praza coa presencia dun macro-edificio que a presida, destinado a ser centro comercial, de servizos e lezer privados, duns de 7.500 m2 de superficie, que van poñer en mans dunha empresa para que o xestione como mellor lles conveña, usurpando o que é de todos para beneficio privado.
Na Praza de España, o Concello de Ferrol está a executar unha obra ilegal nun espazo público, nunha praza. Unha obra ("hito urbano" lle chaman, como se a praza non puidese ser un fito urbano sen edificio), que de consumarse suporía hipotecar unha parte do espazo público máis importante da cidade ata dentro de 75 anos. ¿Qué pasará se dentro de dez anos o edificio deixa de ter uso?, ¿teríamos que aguantar a súa ruína durante outros 65 anos ou indemnizar ao concesionario?
Unha obra ilegal que pon en evidencia que mentres a cidadanía ten que cumprir o Plan Xeral, a administración que é garante do seu cumprimento, o Concello de Ferrol, pode pasar olimpicamente do cumprimento desta norma na Praza de España. Din que o fito urbano é legalizable, porque no futuro pódese adaptar o Plan Xeral ao que alí se constrúa. Este goberno municipal está a inventar un novo urbanismo no que son os plans os que se adaptan ás obras e non as obras aos plans. Unha sorte de Far West, no que manda o máis forte. Un territorio no que a cidadanía cumpren as normas mentres a administración as adapta á súa conveniencia.
Na praza de España o negocio está claro, máis o beneficio non. ¿Onde está a necesidade de construír un edificio de 21 m de altura, de uso privado, sobre un espazo público?, ¿quen necesita un edificio de oficinas no medio dunha praza cando na cidade hai centos de oficinas baleiras? ¿Quen necesita un novo centro comercial que arruíne o pequeno comercio da Madalena, un dos recursos máis importantes da cidade? Eles saberán. Nós, dende logo non vemos tal beneficio.
Non queremos que nos sigan roubando o noso patrimonio público. Non queremos un urbanismo que consista na subasta e liquidación do patrimonio público, dos espazos conquistados e mantidos durante anos, xeración tras xeración, co esforzo de todos e todas.
O pasado día 3 deste mes de decembro, manifestamonos en Ferrol, de novo, as asociacións e entidades que promovimos esa mobilización, pretendemos seguir mobilizandonos até acadar os nosos obxectivos que son: que se paralicen as obras e que o goberno municipal busque outras alternativas que non sexa a construcción dese macro-edificio na superficie da Praza, que a Praza quede aberta e limpa para uso e gozo de toda a cidadanía.
Este Luns, dia 8 de xaneiro, ás 19:00 hs nos locais da Asoc. Vec. de Esteiro "Fontelonga" que é o lugar onde se veñen facendo regularmente as xuntas das asociacións e organizacións convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos, en contra do macro-edificio da Praza da Porta Nova [Praza de España], está convocada unha nova reunión para decidir e preparar unha nova manifestación.
--
Convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos, en contra do macro-edificio da Praza da Porta Nova [Praza de España]:
Asociación Veciñal de Esteiro "Fontelonga",
Asociación Veciñal de Ferrol-Vello,
Asociación Veciñal de Santa Mariña,
Asociación Veciñal de San Xoan-Bertón,
Asociación Veciñal O Cruceiro de Canido,
Asociación Veciñal "O Rosario - Inferniño",
Asociación San Fernando de Recimil,
Asociación Cultural Fuco Buxán,
CIG-Ferrol,
CC.OO Ferrol,
Colectivo Veciñal Sartaña,
Esquerda Unida - IU,
Federación de ANPAS de Centros Públicos de Ferrolterra,
Os Verdes - Grupo Verde de Ferrol,
NÓS - Unidade Popular,
Plataforma Ártabra 21,
UGT-Ferrol.
Data: 08.01.2007
Hora: 19:00 hrs
Lugar: Local social da Assoc. Vec. de "Fontelonga"
Assistentes: A.V. de Ferrol Vello, Colectivo Veciñal de Sartaña, Esquerda Unida - IU , Ateneo Ferrolán, Colectivo Veciñal de Recimil, A.V. de Santa Mariña, A.V. de San Xoán- O Bertón, Os Verdes - Grupo Verde de Ferrol, A.V. O Rosario - Inferniño, USTG - Unión Sindical de Traballadores de Galicia - Ferrol, A.V. de "Fontelonga", Plataforma Ártabra 21
Reunidas as persoas representantes das diferentes entidades nos locais da Assoc. Vec. de Esteiro "Fontelonga", ACORDAMOS o que segue:
1º - Ratificar a incorporación ás entidades convocantes do sindicato comarcal da Unión Sindical de Traballadores de Galicia - USTG [ ustg@ustg.es] .
2º .- Modificar a data da MANIFESTACION Popular- NA DEFENSA DOS ESPAZOS PÚBLICOS, CONTRA O MACRO-EDIFICIO DA PRAZA DA PORTA NOVA [PRAZA DE ESPAÑA], para o Domingo, 21 de Xaneiro, ás 12 do mediodía, diante do Edifício Administrativo da Xunta de Galicia, na Praza Amada Garcia.
3º .- Comunicar a Subdelegación do Goberno o cambio de día de celebración da MANIFESTACION Popular. [ Mel]
4º .- Aprobar a propaganda proposta, con algunha modificación de última hora: deseño e cantidades [8.000 folliñas en A5 con o texto da convocatoria, 500 cartaces en A4 e outros 500 en A3]. Aprobase facer un reparto por organizacións convocantes e zonas. [ J.R. Jove e Inácio]
5º.- Solicitar permiso para utilizar a megafonia para convocar [Mel], e megafonear varios días da última semana [ Mel e Miguel López].
6º .- Convocar Rolda de Imprensa para o venres, Sexta-Feira, dia 12 de Xaneiro, às 12:30 hrs na Galería Sargadelos.[Mel]
7º .- Despois de celebrada a Rolda de prensa, as diferentes organizacións convocantes, enviarán comunicados de adhesión e apoio a MANIFESTACION Popular.
8º .- Carlos , os Verdes , quedou en conseguir unha megafonía para ler o MANIFESTO ao final do ACTO do Domingo 21 de Xaneiro.
9º .- Facer unha faixa para a cabeceira da MANIFESTACION Popular con a seguinte lenda: NA DEFENSA DOS ESPAZOS PÚBLICOS, NON AO MACRO-EDIFICIO DA PRAZA DA PORTA NOVA [PRAZA DE ESPAÑA]. [Miguel López e Inácio]
10º.- O Manifesto Cidadán, redactado por Miguel Raimúndez da PA21, segue sendo válido, mas quedou-se de reenviar a todas as entidades convocantes para a sua revisión. Se há algum contributo ou proposta de modificacion , comunicala por correo-e a:
defendendo.os.espazos.publicos
11º .- Enviar unha nota de Prensa o venres, Quinta-Feira, dia 18 de Janeiro, recordando a convocatória da MANIFESTACION Popular do Domingo 21 de Xaneiro. [Mel]
12º .- Acción Sorpresa na Praza da Porta Nova [Praza de España],venres, Sexta-Feira, dia 19 de Xaneiro, às 16:30 hrs, diante do Edifício Administrativo da Xunta de Galicia, na Praza de Amada García. Para ese día ten que estar a faixa feita, para utilizar na Acción.
13º .- Acordamos repartos de propaganda:
* Sábado, dia 13 de Xaneiro, as 11 da mañá no Feirón do Inferniño, xunto ao Palco.
* Mércores, Quarta-Feira, dia 17 de Xaneiro, ás 12 do mediodía no Mercado de Recimil.
* Xoves, Quinta-Feira, día 18 de Xaneiro, ás 7 da Tarde , nos arcos na Praza do Concello.
* Venres, Sexta-Feira, día 19 de Xaneiro, logo de facer a Acción SORPRESA pola tarde.
==============================
--
Convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos, en contra do macro-edificio da Praza da Porta Nova [Praza de España]:
Asociación Veciñal de Esteiro "Fontelonga",
Asociación Veciñal de Ferrol-Vello,
Asociación Veciñal de Santa Mariña,
Asociación Veciñal de San Xoan-Bertón,
Asociación Veciñal O Cruceiro de Canido,
Asociación Veciñal "O Rosario - Inferniño",
Asociación San Fernando de Recimil,
Asociación Cultural Fuco Buxán,
CIG-Ferrol,
CC.OO Ferrol,
Colectivo Veciñal Sartaña,
Esquerda Unida - IU,
Federación de ANPAS de Centros Públicos de Ferrolterra,
Os Verdes - Grupo Verde de Ferrol,
NÓS - Unidade Popular,
Plataforma Ártabra 21,
UGT-Ferrol.
USTG-Ferrol
Marcadores: Praza da Porta Nova
Entidades convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos, solicitaron entrevista con diferentes organismos da administración autonómica
-defendendo.os.espazos.publicos@gmail.com-
6 de xaneiro de 2007 11:40
Para: Plataforma Ártabra 21 -artabra21@gmail.com-
NOTA DE PRENSA.
Miguel Angel Reimúndez González no nome das asociacións veciñais e outras entidades convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos, en contra do macro-edificio da Praza da Porta Nova [Praza de España], solicitou entrevista con diferentes organismos da administración autonómica.
AO DIRECTOR XERAL DE PATRIMONIO CULTURAL, D. FELIPE JOSÉ ARIAS VILAS.
CONSELLERÍA DE CULTURA E DEPORTE
Solicitou unha entrevista, co fin de coñecer de primeira man a postura da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural con relación ao edificio que o Concello de Ferrol está a promover na Praza de España e o seu impacto negativo no Barrio da Madalena (declarado B.I.C.) ou o Barrio de Recimil (incluído no Inventario de Bens Culturais de Galicia).
Esta edificación, de levarse a cabo, alteraría gravemente a imaxe urbana tanto do Barrio da Madalena (resolta con edificios racionalistas de interese) como da fronte do Barrio de Recimil á Praza de España. Por isto entendemos que esta Dirección Xeral deberíase pronunciar negativamente sobre a modificación puntual do PXOM que o Concello está a tramitar para dar cobertura legal a unhas obras que, hoxendía, non se axustan á legalidade urbanística.
Á DIRECTORA XERAL DE FOMENTO E CALIDADE DA VIVENDA, DONA ECARNA OTERO CEPEDA.
CONSELLERÍA DE VIVENDA E SOLO
Solicitou, unha entrevista, co fin de coñecer de primeira man a postura da Dirección Xeral de Fomento e Calidade da Vivenda con respecto ao repetido anuncio por parte do Concello de financiar as obras de urbanización da superficie con cargo ao Convenio de Reurbanización da Madalena e Ferrol Vello, asinado hai uns meses entre o Concello de Ferrol e a Consellería de Vivenda.
Entendemos que esto suporía un grave incumprimento de dito convenio, pois na relación de espacios públicos incluidos non figura a Praza de España, e sí moitas rúas e prazas da Madalena e Ferrol Vello nas que as obras de reurbanización aínda están pendentes.
AO DIRECTOR XERAL DE CALIDADE E AVALIACIÓN AMBIENTAL, D. JOAQUÍN LUCAS BUERGO DEL RIO
CONSELLERÍA DE MEDIOAMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE
Solicitou unha entrevista, co fin de coñecer de primeira man a postura da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental con respecto á construcción dun edificio dotacional de 7.000 m2 construidos e 21 m de altura, adicado a usos terciarios e comerciais, na Praza de España en Ferrol.
Tanto a Lei 9/2006, que somete a avaliacion ambiental planes e proxectos, como a "Estrategia de Evaluación del Medio Ambiente Urbano" do Ministerio de Medio Ambiente, que cuestiona a implantación de usos terciarios exclusivos no centro das cidades consolidadas, xunto ca gravísima alteración que o edificio que se está a construir producirá na imaxe da cidade, entendemos que dan pé a un pronunciamento negativo da Dirección Xeral de Medio Ambiente á hora de avaliar a idoneidade do proxecto promovido polo Concello de Ferrol.
AO DIRECTOR XERAL DE URBANISMO, D. RAMÓN SAÚL LUEJE ESPINA
CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES
Solicitou unha entrevista, co fin de coñecer de primeira man a postura da Dirección Xeral de Urbanismo con respecto ás obras da Praza de España en Ferrol.
Estas obras están a recibir unha forte contestaciòn social, e xa son, a día de hoxe, 23 os colectivos cidadáns (plataformas, aavv., sindicatos, partidos políticos e as. culturais) os que se opoñen a esta obra por considerala ilegal (realízanse en contra do planeamento urbanístico vixente) e por supoñer de facto unha apropiación inxustificada, por parte dunha empresa privada, do espacio público máis importante da cidade.
Entendemos ademáis que a situación dos cidadáns que se opoñen a esta obra é de total indefensión, por ser a administración municipal a que incumple o seu propio Plan Xeral de Ordenación Urbana, ao promover dito edificio sobre un sistema xeral viario, e agora promove unha modificación puntual do Plan Xeral co fin de adaptalo a estes fins.
Tendo en conta que é a CPTOPT o organismo no que descansan en última instancia as competencias de disciplina urbanística da Comunidade Autónoma, entendemos que un pronunciamento desta Consellería a favor de dita modificación puntual suporía un grave precedente, ao sancionar unha modificación puntual dun Plan Xeral de Ordenación Municipal que se realiza co único fin de adaptar a norma a unha obra, cando o que é de xustiza é que sexan as obras as que se adapten a norma vixente.
Reclamamos tamén da Conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, Dona María José Caride unha tutela efectiva da legalidade urbanística, instando ao Concello de Ferrol á paralización das obras, e se este requerimento non se cumprira no prazo indicado, a executar subsidariamente as competencias que garantan a legalidade urbanística, segundo o previsto no artigo 230 da LOUPMRG.
--
Convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos, en contra do macro-edificio da Praza da Porta Nova [Praza de España]:
Asociación Veciñal de Esteiro "Fontelonga",
Asociación Veciñal de Ferrol-Vello,
Asociación Veciñal de Santa Mariña,
Asociación Veciñal de San Xoan-Bertón,
Asociación Veciñal O Cruceiro de Canido,
Asociación Veciñal "O Rosario - Inferniño",
Asociación San Fernando de Recimil,
Asociación Cultural Fuco Buxán,
CIG-Ferrol,
CC.OO Ferrol,
Colectivo Veciñal Sartaña,
Esquerda Unida - IU,
Federación de ANPAS de Centros Públicos de Ferrolterra,
Os Verdes - Grupo Verde de Ferrol,
NÓS - Unidade Popular,
Plataforma Ártabra 21,
UGT-Ferrol.
Marcadores: Praza da Porta Nova




































