A ACTUALIDADE DO QUE PASA EN HONDURAS
Para outra información diferente á convencional acceder a TeleSuRTvPleno movido onte en Ferrol
20070330
Onte, 29 de marzo tivo lugar o Pleno Municipal ordinario do último xoves de mes, e so quedan tres até as vindeiras eleicións municipais do 27 de maio, mais os asuntos pendentes, e de grande polémica, seguen sobre a mesa do goberno municipal. A veciñanza organizada manten o seu pulso co goberno do PP-IF, en proxectos municipais de tinte especulativo, clientelar ou simplemente de nefasta xestión. Ao Pleno de onte acudiron representantes de diversos colectivos veciñais organizados na defensa dos seus intereses [Os Corrais-Serantes, Mandia, Menáncaro, Sartaña, ... ]. Até había un grupo dos hooligans da extrema dereita que van a apoiar a Vilariño e abucharar a Xaime Bello, mais desta vez quedaron caladiños, será por iso da proximidade da Santa Semana que nos invadirá nos próximos días cos seus Kukusclan. O Comité de Emerxencia para a Defensa da Ría de Ferrol, tiña presentada unha moción que ao final non foi aceptada pola Alcaldia para que se tratara no Pleno; os Convocantes na defensa dos espazos públicos e encontra das actuacións municipais na Praza de Porta Nova tiñan solicitado falar no Pleno e promoveron unha moción para que defenderan os tres grupos da oposición para instar ao goberno municipal para que paralizara as obras da Praza, moción que xa non se pudo tratar pois foi rexeitado o seu tratamento no Pleno por non considerala de urxencia; o BNG presentou unha moción sobre o traslado do proxecto "Centro de Ocio, ... Sartaña", non exenta de polémica, que foi rexeitada por 13 contra 12 votos; o Plano de Acción da Axenda Local 21 foi levado ao Pleno por un goberno municipal que o incumpre nos feitos e nas propostas, sen importarlles as súas incoerencias, mais para os que defenden a Fraga de Menáncaro e as outras poucas zonas de bosque autóctono que queda no Concello e um desenvolvemento sostíbel, é todo un éxito a súa aprobación, ao menos no seu espiritu de boas intencións, ... o Pleno foi suspendido sine die polo Alcalde, logo de suspendelo temporalmente por dúas veces e intentar sen éxito que varios representantes veciñais foran expulsados do Pleno.Achegamos enlaces coa noticia segundo alguns medios informativos que estiveron presentes no Pleno:
Diario de Ferrol
Voz de Galicia -I-
Voz de Galicia -II-
La Opinión de A Coruña
________
O Concello de Narón devolverá a taxa de saneamiento e iniciará de novo ou proceso
Diario de Ferrol
Ferrol | Vernes, 30 de Marzo de 2007
O Concello de Narón devolverá a taxa de saneamiento e iniciará de novo ou proceso
O Concello de Narón acata a sentenza dictada polo Xulgado do Contencioso Administrativo que obriga a devolver ou diñeiro abonado polos usuarios polo saneamiento dá zona rural do municipio, pero asegura que acto seguido se iniciará de novo ou proceso de cobro dá taxa.
CARMELA LÓPEZ > FERROL
Vos 18 primeiros fallos xudiciais, correspondentes a outros tantos recursos de veciños, estiman as citadas reclamaciones, argumentando que a liquidación dá taxa polo saneamiento dá zona rural notificouse sen expresión dous elementos dá débeda tributaria, dado que a Administración non especificou a que atendía a cuantía, engadindo que lla cota consistía nunha cantidade fixa sinalada ao efecto, debeu, cando menos, citarse a norma ou acordo que a establecía.
A titular do Xulgado do Contencioso Administrativo recolle, así mesmo, na sentenza, que non exprésase se ou que se liquida é unha taxa, unha contribución especial ou un imposto.
Ou alcalde, Xoán Gato, anunciou onte que ou Concello acata a sentenza e fixo fincapé non texto dá mesma, precisando que anula a liquidación efectuada, polo que se devolverá ou diñeiro aos veciños afectados, iniciando a continuación ou novo proceso de cobro dá taxa.
En opinión de Gato, ou xulgado anula a liquidación por un erro de redacción dous recibos, "que loxicamente correxiremos". Segundo ou alcalde, ou fallo recoñece que a ordenanza municipal establece a recepción obligatoria dá liquidación a todos vos inmuebles aínda que non realicen ou enganche, ou que, ao seu xuízo, ampararía a esixencia do tributo.
Ou mandatario naronés recalcou que ou tribunal "nin impugna ou prezo, nin anula a ordenanza, ou que se esixe é que se corrixa ou erro de redacción".
Indicou, para rematar, que ou lóxico é esperar a que se produzan todas as sentenzas, posto que hai outros 70 recursos pendentes.
Pola súa banda, ou portavoz do BNG, Pablo Villamar, asegurou que a sentenza vén dar a razón ao seu grupo, "que non aceptou nin a taxa nin a forma". Nesta liña, insistiu en que Unidade por Narón "ten que abandoar a súa prepotencia e cabezonería", aceptando que hai que paralizar ou cobro dás taxas e a conveniencia de sentarse todos, partidos e veciños, para realizar un estudo do custo real do servizo.
Villamar referiuse ás declaracións do alcalde publicadas onte na prensa, nas que sinalaba que utilizar a achega dá Diputación para abaratar ou importe do que deben pagar vos veciños dá zona rural sería ilegal, dado que tería que destinarse á acometida xeral. Ou portavoz do BNG indicou que quen determina se é legal ou non son vos xuíces, engadindo que, polo recollido na sentenza, "ou que parece que está mal son as taxas e a maneira de cobralas".
Ou portavoz do PP de Narón, Miguel Hermida, tamén se pronunciou a este respecto, manifestando que a sentenza é unha noticia alegre para todos vos veciños que se manifestaron ou pasado domingo "pola cabezonería de Gato e de Unidade por Narón". Hermida recordou que ou seu grupo presentou fai uns meses unha enmenda na que se propoñía destinar ao saneamiento ou diñeiro dá tramoya do Pazo dá Cultura, engadindo que se pode facer ou mesmo cos cinco millóns de superávit.
Pola súa banda, a Agrupación de Veciños dá Zona Rural valora positivamente a sentenza, "que nos dá a razón", por tratarse dunha contribución especial encuberta, sen ningún estudo.
Enlace orixinal no Diario de Ferrol
A noticia en La Opinión de A Coruña
A noticia en La Voz de Galicia
________________________
Marcadores: Agrupación de AAVV do Rural de Narón, Narón
IV Conspitrando por umha Rádio Livre: 4 e 5 de Abril - Rádio Filispim
From: Rádio FilispiM 93.9FM <opaii.rfm@gmail.com>
Date: 30-mar-2007 14:42
Subject: Nota de prensa do Colectivo OPAííI!! de Ferrol - IV Conspirando por unha radio libre.
To: Coord - André <radiomonstruo@hotmail.com>
Já está em marcha o IV Conspitrando por umha Rádio Livre, o Joves 5 de Abril, às 10:30 na Sala DZine (Sam Sadurninho). O incrivel encontro anual filispiniano. Este ano temos moitas sorpresas, sorteos, concursos e presentador@s únicos (Susana Grison e o Profesor Chamizo) , música ao vivo a cargo de La Sentina (Rock desde Ferrol) e os Chiquilicuatres (Fussom desde Riveira), que seguramente sorprenderám ate o mais impasivel.
Como novidade mundial, este ano o festival abrímolo un día antes, o mércores 4 de Abril, coa proxección no Ateneo Ferrolán da película " Rádio Favela - Uma onda no ar " a isso das 19:30hs.
O diretor Helvécio Ratton (Menino Maluquinho) leva às telas a história real da Rádio Favela, criada por quatro amigos que precisaram enfrentar a repressom da polícia.
Sinopse
Jorge, Brau, Roque e Zequiel som quatro jovens amigos que vivem em uma favela de Belo Horizonte e sonham em criar uma rádio que seja a voz da favela onde vivem. Eles conseguem transformar seu sonho em realidade ao criar a Rádio Favela, que logo conquista os moradores locais por dar voz aos excluídos, mesmo operando na ilegalidade. O sucesso da rádio comunitária repercute fora da favela, trazendo também inimigos para o grupo, que acaba enfrentando a repressom policial para a extinçom da rádio.Imagens
- Clique nas imagens para vê-las ampliadas em uma nova janela.
![]()
![]()
![]()
![]()
![]()
![]()
![]()
Trailers
- Clique aqui para ver o trailer.
Ficha Técnica
Título Original: Uma Onda no Ar
Gênero: Drama
Tempo de Duração: 92 minutos
Ano de Lançamento (Brasil): 2002
Site Oficial: www.umaondanoar.com.br
Estúdio: Quimera Produções
Distribuição: Mais Filmes
Direção: Helvécio Ratton
Roteiro: Jorge Durán e Helvécio Ratton
Produção: Simone Magalhães Mattos
Música: Gil Amancio
Fotografia: José Tadeu Ribeiro
Desenho de Produção: Vera Hamburger
Direção de Arte: Vera Hamburger
Figurino: Paulo Henrique "Ganso" e Marney Heitmann
Edição: Mair Tavares
Elenco
Alexandre Moreno (Jorge)
Adolfo Moura (Zequiel)
Babu Santana (Roque)
Benjamin Abras (Brau)
Edyr Duqui (Dona Neusa)
Priscila Dias (Fátima)
Renata Otto (Lídia)
Hamilton Borges Walê (Baiano)
Tião D'Ávilla (Delegado)
Premiações
- Recebeu uma indicação ao Grande Prêmio Cinema Brasil, na categoria de Melhor Direção de Arte.- Ganhou 2 Kikitos de Ouro, no Festival de Gramado, nas seguintes categorias: Prêmio Especial do Júri e Melhor Ator (Alexandre Moreno).
Curiosidades
- Inicialmente o título original do filme seria Uma Rádio na Favela.- O custo de produção de Uma Onda no Ar foi de R$ 1,7 milhão.
- Parte da arrecadação conseguida com Uma Onda no Ar será destinada à Rádio Favela FM, de Belo Horizonte.
- O processo de seleção dos atores de Uma Onda no Ar ocorreu em junho de 2000, quando foram convocados pela mídia jovens negros para testes. Foram inscritos mais de 3000 candidatos em Belo Horizonte, no Rio de Janeiro e em São Paulo.
- Para se preparar para seu papel em Uma Onda no Ar, o ator Adolfo Moura visitou oficinas de eletrônica para aprender a soldar e manusear ferramentas e peças.
- Uma Onda no Ar foi totalmente rodado em Belo Horizonte, com locações no morro e na cidade. Somente as cenas na cadeia e no interior dos barracos foram rodadas em estúdio.
--
OPAII-Rádio FilispiM [ 93.9 FM]
A rádio livre e comunitária da comarca de Trasancos
www.opaii.blogspot.com
filispina@gmail.com ou opaii.rfm@gmail.com
Apdo. 303 15401 Ferrol (Galiza)
--
Rádio FilispiM
A rádio livre e comunitária da comarca de Trás-Ancos
No 93.9 da FM
Marcadores: Rádio Filispim
Denuncian a falla de coordinación e as barreiras á accesibilidade que están a xerar as obras no espazo comprendido entre o Cadro de Esteiro e a Praza
Para: artabra21@gmail.com
Data: 29 de marzo de 2007 18:33
Asunto: Denuncian a falla de coordinación e as barreiras á accesibilidade que están a xerar as obras no espazo comprendido entre o Cadro de Esteiro e a Praza Vella
ESQUERDA UNIDA-IU quere denunciar a falla de coordinación e as barreiras á accesibilidade que están a xerar as obras no espazo comprendido entre o Cadro de Esteiro e a Praza Vella
ESQUERDA UNIDA-IU quere denunciar a lamentable descoordinación que está presidir o conxunto de obras que se están a desenrolar no espazo da antiga alameda da cidade, na zona comprendida entre o Cadro de Esteiro e a Praza Vella, pasando por Taxonera,, o Cantón de Molíns, os mercados e A alameda do Túnel ou Campo da Feira.
A nosa organización entende que o primeiro obxectivo da intervención nun espazo público debe ser a mellora da accesibilidade peonil. Polo tanto non é de recibo que estas obras, lonxe de facilitar a accesibilidade e a mobilidade peonil, están feitas cunha total desconsideración destes principios, que hoxendía, en pleno século XXI, teñen necesariamente que orientar calquer actividade urbanizadora. A obra de Taxonera en Esteiro é un exemplo acerca do que non hai que facer no eido da accesibilidade, pois nela xeráronse escalóns que antes non había; ou aplicouse adoquinado para un paseo peonil, pavimento moi ríxido, que é especialmente pouco apropiado para as persoas mayores. En vez de mellora-la accesibilidade, a empeoramos. Quitar os coches dun espazo público, que a priori podería supoñer unha mellora para a accesibilidade peonil, deste modo non fai máis que empeorar esta accesibilidade.
Temos que denunciar que, aínda por riba, que o conxunto das obras adoleza dun proxecto unitario ou de programación no tempo, e que se estén a suceder inconcrecións e retrasos nos plazos. Neste eido neste conxunto de espazos pódense inventariar máis de 30 diferentes tipos de pavimento, e as novas obras realizadas non fan máis que engrosar esta lista. Igual acontece co mobiliario urbano. O conxunto das obras trasluce descuido, improvisación e ignorancia acerca da conveniencia de dotar de unidade deste espazo público, o máis importante da cidade.
ESQUERDA UNIDA-IU aínda que saúda que na Alameda do Túnel se elimine ao aparcamento de automóbiles. Pero o xeito de intervir neste espazo non fai máis que causarnos asombro. Ou ben a empresa adxudicataria das obras tiña un stock de bordillos de formigón que tiña que colocar canto antes nun espazo público, ou non se entende como o Concello intervén dun modo tan burdo nun espazo de interese patrimonial como é a alameda.
A accesibilidade peonil foi descoidada ao punto de xerarse bordillos e até barreiras de hormigón que antes non existían. A obra supón arrebatar este espazo á cidadanía, por canto as barreiras que se dispoñen impiden a celebración da feira o terceiro domingo de cada mes. Recordar que esta Feira de Ferrol é, despois da Semana Santa, o acontecemento público máis importante da Cidade, congregando regularmente cada terceiro domingo de cada mes, doce mañáns ao ano, a máis de 20.000 persoas de toda a comarca.
Sería moi doado compatibilizar a celebración da feira mensual co disfrute peonil deste espazo, aplicando pavimentos para tráfico mixto, eliminado as barreiras existentes en Irmandiños e non colocando bordillos innecesarios na alameda do Túnel.
É este un espazo catalogado no vixente PXOM, o que supón que a Xunta, a traverso da Consellería de Cultura, ten un deber de tutela, que se traduce na necesidade de emisión dun informe favorable sobre o proxecto, previo á obra que se está a executar neste espazo. É evidente que tal informe non existe. Unha vez máis o Concello de Ferrol obvia ás súas obrigas para con a protección do Patrimonio da Cidade.
Cando a traverso das nosas propostas programáticas, das mocións que temos presentado e do traballo feitos estos anos no Concello e no movemento acociativo estamos a demandar a urbanización da cidade dacordo á vella arela da cidade relacional - onde os espazos públicos xogan un papel central no artellamento da vida social de tod@s e cada un de nós - parécenos profundamente errado poñer atrancos nos ámbitos onde ésta é máis real.
EU-IU demanda do Concello que supere as presas electorais, deixe de malgastar o presuposto municipal en obras que empeoran a habitabilidade e accesibilidade dos espazos públicos da cidade e desenvolva unha programación planificada e unitaria neste espazo cidadá de fonda importancia histórica.
Mensaxens da Lista de Correios en orde cronolóxica: posíbel mobilización o 22 de abril, reunión en Compostela para o Sábado, 31 de Marzo, coordenadora
30 de marzo de 2007 1:08
De: Fusquenlla -fusquenlla@sospontedeume.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 29 de marzo de 2007 0:36
Asunto: Galicia Hoxe e a xuntanza
Galicia Hoxe e a xuntanza
---------- Mensaxe reenviado ----------
From: Choiva Ázeda
To: fusquenlla@sospontedeume.com
Date: Fri, 30 Mar 2007 00:53:55 +0200
Subject: RE: Galicia Hoxe
Nós non poderemos asistir, pero cremos na necesidade dun catalizador de todas as enerxías que posibilite xerar unha forza mediática suficientemente ampla para ser atentida polos xestores públicos.
A nova de galicia-hoxe xa está na nosa bitácora.
Saúdos.
Se non che interesa recibir máis E-MAILS nosos, só tes que enviar un correo ca palabra BAIXA
choiva-azeda.blogspot.com
Asociación Cultural Choiva Azeda
AS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ
Subject: Galicia Hoxe
Date: Thu, 29 Mar 2007 00:36:27 +0200
Galicia Hoxe e a xuntanza
___________________
De: Fusquenlla -fusquenlla@sospontedeume.com-
Pra: artabra21@gmail.com
Data: 29 de marzo de 2007 13:56
Asunto: Mensaxens da Lista de Correios en orde cronolóxica: posíbel mobilización o 22 de abril, reunión en Compostela para o Sábado, 31 de Marzo, constitución dunha coordenadora galega e outros.
Mensaxens da Lista de Correios en orde cronolóxica: posíbel mobilización o 22 de abril, reunión en Compostela para o Sábado, 31 de Marzo, constitución dunha coordenadora galega e outros.
De: Fusquenlla -fusquenlla@sospontedeume.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 23 de marzo de 2007 1:16
Asunto: [redelitoralvivo] Confirmación de lugar e hora para a Xuntanza do 31]
---------- Mensaxe reenviado ----------
From: Xan Duro -xanduro@usc.es-
To: redelitoralvivo@verdegaia.org
Date: Thu, 22 Mar 2007 19:48:22 +0100
Subject: [redelitoralvivo] Confirmación de lugar e hora para a Xuntanza do 31
Ola de novo,
Confirmada a xuntanza o día 31 de marzo ás 12 na Galería Sargadelos de Compostela, Rúa Nova 16.
Esta xuntanza é non é exclusiva da Rede Litoral Vivo senón abertas a todos so colectivos que queiran asisitir. Divulgade o máximo posíbel a convocatoria.
Unha aperta e ate o sábado.
-----------------------------------------
Xan Duro
Coordenador Xeral de Verdegaia
www.verdegaia.org
www.bicis.info
www.redelitoralvivo.info
www.plataformaferrocarril.org
____________________________________
---------- Mensaxe reenviado ----------
From: Xan Duro -xanduro@usc.es-
To: redelitoralvivo@verdegaia.org
Date: Sun, 25 Mar 2007 19:49:03 +0200
Subject: Re: RE : [redelitoralvivo] Confirmación de lugar e hora para a Xuntanza do 31
Ola María,
Sinto moito a coincidencia pero como estaba a semana santa polo medio non habia moito onde escoller. De calquera xeito se queredes enviar algunha suxestión, etc é ben recibida.
unha aperta
-----------------------------------------
Xan Duro
Coordenador Xeral de Verdegaia
www.verdegaia.org
www.bicis.info
www.redelitoralvivo.info
www.plataformaferrocarril.org
María Peón wrote:
olá,
moito me temo que desde a APDR non poderemos participar desa xuntanza, xa que coincide coa Asamblea Xeral da FEG, supoño que algúns outros colectivos terán o mesmo problema... de tódolos xeitos, tampouco podemos confirmar a nosa participación na mesma até que celebremos a nosa asemblea, este xoves; imaxino que xa é tarde para mudar a data da xuntanza ¿?...
saúdos
María Peón (APDR)
_______________________
Orlando Álvarez Álvarez -orlandogregorio@mundo-r.com-
28 de marzo de 2007 19:21
Para: fusquenlla@sospontedeume.com
Os de SOS Courel non podemos asistir a xuntanza do 31 de marzo, pero queremos participar nestas iniciativas. Aínda que non somos litoral, dos montes do Courel baixan moitos ríos cara o Mar, e coas desfeitas que se están a facer por estos lares, cremos que cousa boa non pode baixar.
Adxuntamos fotos
Saúdos
Orlando
607 22 58 87


__________________
Fusquenlla -fusquenlla@sospontedeume.com-
29 de marzo de 2007 13:56
---------- Mensaxe reenviado ----------
From:
To:
Date: Thu, 29 Mar 2007 10:44:51 +0200 (CEST)
Subject: REUNIÓN INTENTAREMOS IR.
MARCOS.
ASOCIACIÓN NA DEFENSA DO PARQUE ROSALIA DE CASTRO.LUGO
________________________
Proposta do LAZO VERDE para o día da Terra
Fusquenlla -fusquenlla@sospontedeume.com-
27 de marzo de 2007 18:24
---------- Mensaxe reenviado ----------
From: Fusquenlla
To: destinatarios-no-revelados:;
Date: Tue, 27 Mar 2007 18:15:20 +0200
Subject: [Fwd: Proposta do LAZO VERDE para o día da Terra]
---------- Mensaxe reenviado ----------
From: coordinacion@amigosdaterra.net
To: Rede Litoral Vivo
Date: Tue, 27 Mar 2007 19:08:36 +0200
Subject: Proposta do LAZO VERDE para o día da Terra
Estimados compañeiros da Rede.
Dende Amigos da Terra queremos reproducir para o día 22 a campaña do LAZO VERDE que Greenpeace, Amigos de la Tierra, SEO, ADENA e Ecoloxistas en Acción propoñen en Madrid para o día 21. Unha manifestación de grandes dimensión onde todos esteamos vinculados por un símpolo aséptico de intereses partidarios, sen etiquetas e que non dea pe a ningunha conxetura sobre a independencia dos que se manifestan.
De gran poder mediático e capaz de tocar a aquelas xentes as que habitualmente os grupos ecoloxistas non temos acceso. Provocar o efecto bola de neve, xerando a corrente de opinión que tantas veces pretendemos e tan poucas acadamos. Conseguir que a xente se decate do día que é. Crear un símbolo a reproducir todos os "Dias da Terra" a marxe da temática proposta.
Nos propoñevosvos este tema tamén na reunión do sábado 31 en Compostela, pero é importante que nos posicionemos e pasemos o concreto, xa que o tempo apremia.
Facédenos chegar as vosas impresións.
Victor Barro
______________________________________
Fusquenlla -fusquenlla@sospontedeume.com-
27 de marzo de 2007 23:42
---------- Mensaxe reenviado ----------
From: Anton Fortuna Rodriguez
To: redelitoralvivo@verdegaia.org
Date: Tue, 27 Mar 2007 22:01:05 +0200 (CEST)
Subject: RE: [redelitoralvivo] Proposta do LAZO VERDE para o día da Terra
Ola a todas e a todos
Mentres non desvirtue o motivo principal da manifestación do dia 22 en Santiago de Compostela; é decir, contra o Plan Acuícola da Xunta, entre outros problemas do litoral, pola miña parte non lle vexo obxeción.
Por outra banda, sería recomendabel elaborar unha faixa para a cabeceira da manifestación que aluda ao impacto das piscifactorias e do urbanismo na nosa Costa, dado que son problemas de actualidade.
Eu non poderei asistir ese dia á xuntanza da Rede Litoral, mais xa decidiredes.
Saudos!. Antón Fortuna (Verdegaia)
coordinacion@amigosdaterra.net di:
Estimados compañeiros da Rede.
Dende Amigos da Terra queremos reproducir para o día 22 a campaña do
LAZO VERDE que Greenpeace, Amigos de la Tierra, SEO, ADENA e Ecoloxistas
en Acción propoñen en Madrid para o día 21. Unha manifestación de
grandes dimensión onde todos esteamos vinculados por un símpolo aséptico
de intereses partidarios, sen etiquetas e que non dea pe a ningunha
conxetura sobre a independencia dos que se manifestan.
De gran poder mediático e capaz de tocar a aquelas xentes as que
habitualmente os grupos ecoloxistas non temos acceso. Provocar o efecto
bola de neve, xerando a corrente de opinión que tantas veces pretendemos
e tan poucas acadamos. Conseguir que a xente se decate do día que é.
Crear un símbolo a reproducir todos os "Dias da Terra" a marxe da
temática proposta.
Nos propoñevosvos este tema tamén na reunión do sábado 31 en Compostela,
pero é importante que nos posicionemos e pasemos o concreto, xa que o
tempo apremia.
Facédenos chegar as vosas impresións.
Victor Barro
--
__________________
Fusquenlla -fusquenlla@sospontedeume.com-
29 de marzo de 2007 13:56
---------- Mensaxe reenviado ----------
From: Celestino Quintela
To: redelitoralvivo@verdegaia.org
Date: Thu, 29 Mar 2007 11:55:40 +0200
Subject: Re: [redelitoralvivo] Proposta do LAZO VERDE para o día da Terra
Olá a todo o mundo!
Na C. Permanente da FEG parécenos moi ben e apoiamos a proposta de AdT do lazo verde.
Por outra banda, sinalar que a asemblea anual da feg vai ser o vindeiro 31 de marzo, polo que non poderemos estar na xuntanza.
Porén, gustaríanos sinalar algunha cousa en relación á posíbel organización dun acto-manifestación para o dia 22 de abril. A FEG é unha das diversas "Entidades Galegas pola redución dos residuos", e os comentarios van nesa liña:
- Gustaríanos que a faixa do acto-manifestación fose reutilizábel, ben porque o lema que nela estea impreso faga que esa faixa se poida empregar noutros actos-manifestacións da mesma natureza (futuras mobilizacións en defensa do litoral) ou porque a faixa estea feita do tipo faixa de lona sobre a que van letras-autocolantes que logo se poden despegar para sobre a mesma faixa cambiar o lema.
- Á hora de elaborar materiais de difusión do acto-manifestación, valorar a posibilidade de minimizar a presenza do material impreso, pois hoxe en día existe o boca a boca, e a via internet para difundir todo tipo de acción. Deste xeito poderemos realizar unha boa difusión pública do acto sen ter que consumir grandes cantidades de tintas e papel, papel que nalgún caso pode proceder de eucaliptos galegos. Adicionalmente, pódese recorrer á radio, aínda que por motivos económicos penso que pode estar fóra das nosas posibilidades.
Agardo que estes comentarios sexan considerados na xuntanza, aínda que non poidamos estar presentes físicamente.
Un saúdo,
Tino Quintela
Coordenador Xeral da FEG
*****************************************
Celestino Quintela Sabarís
M.Sc., PhD. Student
Department of Botany, Fac. of Biology
Universidade de Santiago de Compostela
Tel: (0034) 981 563 100, ext.: 13265
Email: campanho@usc.es
*****************************************
Marcadores: Lista Correios, Mobilizacións, Rede Litoral Vivo
Se o Alcalde dá a palabra esta será a Intervención no Pleno do Concello de Ferrol dos Convocantes ... pola Defensa do Espazos Públicos
20070329
Para: artabra21@gmail.com
Data: 29 de marzo de 2007 17:48
Asunto: PALABRA NO PLENO DOS CONVOCANTES
Envio este RELATORIO para dar letura no PLENO DE HOXE se o ten a ben o Sr. Alcalde....para comunicarlle que toda a cidadanía rexeita a nova e moderna - PRAZA OXIDADA que ninguén entende.
Ferrol a 29 de Marzo de 2007
Os Convocantes ...
--
Convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos, en contra do macro-edificio da Praza da Porta Nova [Praza de España]:
Asociación Cultural Fuco Buxán,
Asociación Veciñal de Esteiro "Fontelonga",
Asociación Veciñal de Ferrol-Vello,
Asociación Veciñal O Cruceiro de Canido,
Asociación Veciñal "O Rosario - Inferniño",
Asociación Veciñal de Santa Mariña,
Asociación Veciñal de San Xoan-Bertón,
Asociación Sociocultural Lopez Bouza
CC.OO Ferrol,
CIG-Ferrol,
Colectivo Veciñal Sartaña,
Esquerda Unida - IU,
Federación de ANPAS de Centros Públicos de Ferrolterra,
Os Verdes - Grupo Verde de Ferrol,
NÓS - Unidade Popular,
Plataforma Ártabra21,
Terra Galega,
UGT-Ferrol,
USTG-Ferrol.
Intervención no Pleno do Concello de Ferrol dos Convocantes ... pola Defensa do Espazos Públicos.
29 de Marzo do 07.
Sr. Alcalde, Sras. Concelleir@s-, veciñas e veciños de Ferrol .
Queremos dirixirnos a todas e a todos no nome do colectivo de CONVOCANTES na Defensa das PRAZAS , PARQUES e dos Espazos Públicos.
Vimos de realizar unha serie de manifestacións na que participaron os cidadáns e a maioría das entidades, sindicatos e organizacións de Ferrol para defender a Praza da Porta Nova - Praza de España do proxecto especulativo que se está executando, un edificio ilegal de 21 metros de altura e de 7500 metros cadrados de superficie destinado a servizos privados en concesión a unha empresa durante 60 anos, que non ten cabida no actual PXOM de Ferrol.
O edificio é por tanto ilegal, pero sobre todo é innecesario.
Quen precisa un edificio de oficinas nun espazo público cando a cidade ten centos de locais baleiros ?
Preguntamos ao Sr. Alcalde se o edificio ten como finalidade oficinas públicas ou privadas ?
-Rogamos que nos responda.
Sr. Alcalde, Concelleiros e concelleira do Partido Popular fagan caso e sexan respectuosos coas recomendacións da Dirección Xeral de Urbanismo da Xunta de Galiza, rexeiten o edificio paralizando de xeito inmediato as obras. Non agarden a que sexa a Xustiza quen lles obriguen a paralizar as obras, fágano vostedes; escoiten á cidadanía de Ferrol que con independencia da opción política, maioritariamente rexeitan esa construción, non pechen os ollos e os ouvidos, escoiten á cidadanía
Paren as obras xa!.
Sr. JUNCAL,ASINE O DECRETO DE PARALIZACION DE OBRAS.
Sr. Alcalde teña o gusto de non castigar ao pobo cunha PRAZA OXIDADA.!
Sres. de Independentes por Ferrol : Sabemos que este era o seu proxecto e que ía ligado ó derrubamento do Barrio de Recimil ( felizmente protexido pola Xunta de Galicia). Se é certo que lles interesa Ferrol, fagan o que o pobo de Ferrol demanda ¡ O pobo de Ferrol non quere o edificio na Praza de España!. Non promovan máis proxectos especulativos nas prazas públicas ¡ Xa está ben ! deixen a Praza de España, a Praza de Sartaña para uso e gozo do conxunto da cidadanía e non para beneficio duns poucos.
Grupos municipais da oposición BNG, PSOE e Esquerda Unida, cumpran co seu papel e de non conseguir a paralización das obras, que todos e todas agardamos, presenten de maneira conxunta, todos cantos recursos legais pódanse presentar contra unha edificación ilegal e innecesaria.
No caso de que non se acorde a paralización das obras, participen de maneira decidida en todas cantas iniciativas cidadáns se fagan para conseguir en primeiro lugar a paralización e en segundo lugar o abandono do proxecto do edificio da Praza da Porta Nova.
Sras. Concelleiras e Sres. Concelleiros non queremos facer máis mobilizacións para impedir o “ Hito emblemático.
Apelamos á súa responsabilidade e ás súas obrigas para coa cidadanía de Ferrol, escoiten o seu clamor e voten de maneira unánime a paralización das obras. Oferten e abran unha mesa cidadá, con todos os axentes sociais, políticos e a participación cidadá para buscar unha solución, que ten que pasar de xeito inequívoco por unha Praza de España, por unha Praza da Porta Nova libre de edificacións.
Apelamos ó seu sentido común, á súa conciencia e o seu compromiso de servizo á cidadanía, para que voten a paralización inmediata das obras.
- Están vostedes cometendo unha ilegalidade e dando ás costas á cidadanía.
-Están vostedes construíndo a PRAZA mais fea e horrible do mundo mundial.
Ningún ferrolán quere ista PRAZA.
REXEITAMOS ESTA MALA IMITACION DUN DESGUACE DE BUQUES OXIDADOS.
POR UNHA PRAZA LIBRE DE TODO IMPACTO VISUAL !!
¡¡ Simplemente queremos UNHA PRAZA DE CALIDADE PARA USO E GOZO DE TODA A CIDADANIA !!
Moitas grazas.
Ferrol 29 de Marzo de 2007.
Marcadores: Praza da Porta Nova
Información de Actividade divulgación medioambiental. Residencia Maiores Caranza 30.3.2007; 13 hs.
Para: artabra21@gmail.com
Data: 29 de marzo de 2007 14:35
Asunto: Información de Actividade divulgación medioambiental. Residencia Maiores Caranza 30.3.2007; 13 hs.
Remitimos a seguinte nota sobre unha actividades a realizar por se ten a ben reflexarlla no seu medio informativo.
ASUNTO: Actividade formativa-divulgativa sobre Proteción do Medio Ambiente.
TEMA: A ecoloxía e o medioambiente non ten idade
LUGAR: Residencia de Maiores de Caranza (Ferrol). Salón de Actos. Actividade aberta.
DIA/HORA: 30.3.2007; 13 hs
RELATORA: Maruxa Espiño. Membro de ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza), delegación de Trasancos
ORGAÑIZA: Departamento de Animación Social. Residencia de Maiores de Caranza, e ADEGA-Trasancos
Comentario : Dentro das actividades formativas e de divulgación da Residencia da 3ª idade de Caranza, e coa colaboración da delegación comarcal de ADEGA, realizarase unha actividade preliminar tipo charla-coloquio entre Maruxa Espiño, membro de ADEGA-Trasancos e persoas do propio centro asistencial. En datas ulteriores tense proxectado facer actividades de campo pendentes de concretar
Información Adicional:
-Maruxa Espiño (Adega-Trasancos): 677876271
-Departamento de Animación Social na Residencia de Maiores de Caranza
Atentamente:
Antonio Gª Jiménez
Vogal de Adega-Trasancos
Ferrol
e-mail: angaji@yahoo.com
Marcadores: Actos Externos, ADEGA, Medio Ambiente
Qué se lle perde ao Alcalde de Ferrol si Reganosa fracasa?
De: CCE -comitecidadan@iespana.es- Para: artabra21@gmail.com
Data: 29 de Marzo de 2007 10:06
Asunto: Qué se lle perde ao Alcalde de Ferrol si Reganosa fracasa?
O 11 de marzo de 2007 un xornal local publicou a intención do Sr. Juncal, actual alcalde de Ferrol, de presentar unha moción ao pleno municipal para solicitar a ampliación da capacidade de Reganosa a 800.000 m3/hora. Nas autorizacións administrativa previa e na de construción a Reganosa consta a capacidade de vaporización de 322.500 m3/hora, polo tanto Reganosa pretende ampliar 2,5 veces a capacidade que ten autorizado.
Porqué o Sr. Juncal préstase a esa moción que anuncia, cando como Alcalde e máxima autoridade local de protección Civil a súa obrigación é defender a vida e bens dos veciños e veciñas de Ferrol?.
O mércores, véspera do Pleno ordinario de final do marzo do xoves 29 ás sete da tarde, non había noticia de que o Sr. Juncal fose a presentar dita mocion. Hai precedentes de presentar unha moción urxente no mesmo Pleno Ordinario, o cal ten que votar a urxencia para que sexa debatida a moción. Dada a postura do bipartito na Xunta de Galicia con Reganosa, o Sr. Juncal podería estar contando cos votos dos concelleiros do BNG e PSOE para ter os trece votos a favor da urxencia e para aprobar dita disparatada moción, a fin de provocarlles un custo político se en precampaña electoral caen na trampa de enfrontarse á maioría dos/as ferrolanos/as. Por iso no Comité Cidadán consideramos conveniente ir como publico a devandito pleno e ver o que pasa. Solicitouse por escrito que o Alcalde da palabra a un representante do CCE ao principio do pleno, no caso de que dita moción fose tratada en realidade.
En outubro de 2005 o Conselleiro de Industria Fernando Branco solicitou a ampliación a 412.800 m3/hora, ver as hemerotecas, cando se iniciou a revisión do plan energético 2002-2011. Despois de que o devandito Conselleiro presionase a través da prensa, anuncióu que lle incluíron ditos 412.800 m3/hora na revisión de planificación energética 2005-2011. O Consello de Ministros de 31 de marzo de 2006 aprobou a revisión 2005-2011 do Plan Energético incluíndo a devandita cifra de 412.800 m3/hora. Os promotores de Reganosa e os seus corifeos estaban satisfeitos, aínda que saben que a planificación ten só valor indicativo, que non é a autorización que ten que ser solicitada e tramitada segundo o procedemento do articulo 67 da lei 34/1988 de hidrocarburos, para cuxa aplicación existe un Real Decreto 1434/2002 de 27 de decembro. En resumo todo o resto do ano 2006 estiveron satisfeitos, pero en decembro apareceron con formas mediaticas desesperadas.
En decembro foron publicadas paginas enteiras na Voz de Galicia, en A Nosa Terra, ás que se sumou Diario de Ferrol este domingo 25 de marzo, todas elas cun similar contido, coordinadas ou fomentadas desde os promotores de Reganosa, cunha mensaxe victimista e desesperado para que a Reganosa amplíenlle a 800.000 m3/hora, (xa non lles chegan os 412.800).
Con devandita campaña mediatica os seus promotores ademais presionan para que a Reganosa olímpicamente apróbenlle a autorización de funcionamento sen ter cumprimentados os requisitos legais nin os condicionados de distancias á poboación ou de saída de urxencia de buques gaseros.
O publicado á desesperada en devanditos medios coincide con que o Consello de Ministros do 29 de decembro acordou reducir a un 50% a marxe de beneficio das instalacións de gas natural. Con iso o prazo de amortización de Reganosa pasa de 25 a 50 anos coa capacidade de 322.500 m3/hora e por iso reclaman a ampliación a 800.000 para que cadren las ?contas da lechera? que tiñan feitas. Por iso deixan ver que sen a ampliación Reganosa será un fracaso. Haberá socios que estarán vendo se deben seguir nese mal negocio ou ir para outro con segura rentabilidad. Para frear esa fuxida os promotores do disparate teñen que manter esa campaña victimista de reclamar unha ampliación que aumenta a ameaza á vida humana e ao medioambiente da Ría.
Por que un alcalde de Ferrol propón esa moción apoiando a tolemia de ampliación de Reganosa a 800.000 m3/hora?. ¿Que se lle perde a un Alcalde de Ferrol se Reganosa fracasa?.
29.032007
Carmelo Teixeiro
Coordinador del Comité Ciudadano de Emergencia para la Ría de Ferrol
http://comitecidadan.org/
________
Marcadores: Ferrol, Planta de Gas: fóra da Ría, Reganosa
Moción conxunta dos grupos da oposición pola paralización das obras da Praza da Porta Nova
20070328
Para: artabra21@gmail.com
Data: 28 de marzo de 2007 19:58
Asunto: MOCION PRAZA DE PORTA NOVA - PRAZA DE ESPAÑA
Enviovos a MOCION presentada polos grupos da Oposición Esquerda-Unida, PSOE, BNG, petición de PARALIZACION DE OBRAS DO EDIFICIO DA PRAZA DE PORTA -NOVA , PRAZA DE ESPAÑA...
Saúdos
mel sanxoán
--
ASOCIACIÓN VECIÑAL O ROSARIO- INFERNIÑO
CIF-G70006473
correo-e: avvorosario@gmail.com
blog da asociación: ferrolnovo.blogspot.com
AO ILMO. ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE FERROL
Os Grupos municipais de ESQUERDA UNIDA-IU, PSdG-PSOE e BLOQUE NACIONALISTA GALEGO ante V.I. comparecen presentan a seguinte moción ao Pleno da Corporación municipal do Concello de Ferrol con base nos seguintes
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
A Dirección Xeral de Urbanismo mediante resolución asinada polo Director Xeral de Urbanismo, de data 23 de Febreiro de 2.007 require ó Concello de Ferrol para que proceda á revisión de oficio dos acordos adoptados polo Pleno do Concello de Ferrol en sesión celebrada o 24 de Novembro de 2.004, para o cambio de usos dos terreos no ámbito da Praza de España e en sesión celebrada o 16 de Marzo de 2.005, polo que se aprobou definitivamente o “Proxecto para a urbanización da Praza de España e construcción dun vial subterráneo entre a Avda do Rei e a Avda de Vigo financiado mediante a concesión de dominio público” polo procedemento previsto no art. 102 da Lei 30/1192 de 28 de Novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común” por ser nulos de Pleno Dereito.
O revisión de oficio dos acordos plenarios requiren o informe previo do Consello Consultivo de Galicia, informe que na súa tramitación pode ter un prazo estimado de dous meses, polo que, obviamente urxe iniciar os trámites necesarios para proceder á revisión de oficio dos acordos plenarios de data 24 de Novembro de 2.004, 21 de Xaneiro de 2.005 e 16 de Marzo de 2.006.
Un mes despois de ditada a Resolución por parte da Dirección Xeral de Urbanismo, o Concello de Ferrol non deu ningún paso para cumprir co Resolución ditada o 23 de Febreiro de 2.007, é máis, o ritmo das obras incrementouse seguindo as ordes ditadas polo Concello de Ferrol.
Perante a neglixencia do Grupo de goberno do Concello de Ferrol os
Grupos asinantes entendemos que a nosa moción gaña razóns e urxencia co requirimento da Dirección Xeral de Urbanismo, que con data de 23 de febreiro require a revisión de oficio dos acordos municipais adoptados polo Pleno do Concello de Ferrol na sesión de 24 de novembro de 2004 e de suspensión dos efectos do acordo do devandito Pleno; cómpre non esgotar o prazo de tres meses contemplado na lei e atender ao pronunciamento autonómico para non incorrer nunha flagrante ilegalidade. Dacordo co cal, proponse ao Pleno da Corporación que adopte os seguintes:
ACORDOS
A inclusión no próximo Pleno Ordinario do Concello de Ferrol dos seguintes puntos na Orde do Día:
1. Inicio do Procedemento Administrativo de revisión de oficio do acordo plenario de 24 de Novembro de 2.004 polo que se acordou o cambio de usos da Praza de España e do acordo plenario de 16 de Marzo de 2.006 polo que se aproba definitivamente o “Proxecto para a urbanización da Praza de España e construcción dun vial subterráneo entre a Avda do Rei e a Avda de Vigo financiado mediante a concesión de dominio público coa seguinte
Proposta de Resolución: Que se declaren nulos de Pleno Dereito o acordo Plenario de data 24 de Novembro de 2.004 polo que se acordou o cambio de usos da Praza de España e do acordo plenario de 16 de Marzo de 2.006 polo que se aproba definitivamente o “Proxecto para a urbanización da Praza de España e construcción dun vial subterráneo entre a Avda do Rei e a Avda de Vigo financiado mediante a concesión de dominio público en base ós seguintes
Fundamentos de Dereito:
- a. Os terreos de referencia están clasificados polo vixente Plan Xeral de Ordenación Municipal de Ferrol aprobado definitivamente o 28 de Decembro de 2.000 como solo urbano, sistema Xeral Viario
- b. O sistema Xeral viario é unha denominación xeral do planeamento cuxa alteración debe suxeitarse, dacordo co disposto polo artigo 93.3 e 4 da Lei 9/2002, o procedemento previsto, para a tramitación e a aprobación do planeamento, tal e como se evidencia coa tramitación polo concello da modificación puntual que ten por obxecto recualificar o solo de sistema xeral viario previsto no Plan Xeral de Ordenación municipal, propoñéndose a súa cualificación como sistema xeral de espazos libres e zonas verdes nunha parte e sistema xeral de equipamento comunitario noutra.
- c. O acordo do Pleno do Concello de Ferrol de data 24 de Novembro de 2.004, para cambio de usos no ámbito da Praza de España, foi adoptado prescindindo total e absolutamente do procedemento previsto polo artigo 93 da Lei 9/2002, para a modificación do planeamento, polo que incorre en causa de nulidade de Pleno Dereito do artigo 62.1.e) da Lei 30/1992, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común.
- d. A modificación do sistema xeral viario, en ningún caso pode ampararse no procedemento do artigo 47.4 da Lei 9/2002 de 30 de Novembro de Ordenación Urbanística e protección do medio rural, que soamente está previsto para o cambio de uso daqueles terreos que o planeamento urbanístico reserve para equipamento públicos, e non aqueles que forman parte do sistema xeral viario como é o caso
- e. O acordo do Pleno do Concello de Ferrol de data 16 de Marzo de 2.005, de aprobación do proxecto de urbanización da Praza de España, e as obras consistentes na construcción dun edificio de dúas plantas de soto e cinco plantas e dous locais,están a vulnerar a normativa que resulta de aplicación, artigo 115 do vixente Plan Xeral de Ordenación Municipal, que establece as condicións xerais da rede urbana do sistema xeral viario, dispoñendo no seu apartado c): no subsolo das vías urbanas poderanse implantar aparcamentos subterráneos públicos nas condicións previstas nestas normas, sen prexudica-la funcionalidade rodada e os usos públicos en superficie preservando o carácter de dominio público de solo e subsolo.. De acordo co establecido no Art. 213.2 da Lei 9/2002 de 30 de Decembro de Ordenación Urbanística e protección do medio rural, as licenzas ou ordes de execución que se outorguen con infracción da zonificación ou uso urbanístico das zonas verdes, espazos libres, dotacións ou equipamentos públicos previstos no planeamento serán nulas de pleno dereito. En consecuencia, o acordo de aprobación do proxecto de urbanización incorre en causa de nulidade de Pleno dereito do artigo 62.1.g) da Lei 30/1992 de 26 de Novembro, que establece que son nulos de Pleno Dereito os actos das administracións cando así se estableza expresamente nunha disposición de rango legal.
- f. O acordo de data 16 de Marzo de 2.005 , é nulo de Pleno, porque trae causa do acordo adoptado polo Pleno do Concello de Ferrol en data 24 de novembro de 2.004, incurso en causa de nulidade de pleno dereito, artigo 62.1.e) da Lei 30/199 de 26 de Novembro, por ter sido ditado prescindindo total e absolutamente do procedemento legalmente establecido.
- g. Conforme ó disposto polo artigo 212.2 da vixente Lei 9/2002 do 30 de Decembro, procede a revisión de oficio dos acordos municipais referenciados, polo procedemento previsto no artigo 102 da Lei 30/1992 de 26 de Novembro do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por incorrer en causa de nulidade de pleno dereito do artigo 62.1.e) e 62.1.g) da Lei 30/1992
3.- Proceder de xeito inmediato á paralización das obras de construcción dun edificio de 21 metros de altura na Praza de España.
Polo Grupo de EU-IU
Polo Grupo do BNG
Polo Grupo do PSdG-PSOE
Marcadores: Praza da Porta Nova
Defenden a centralidade da democracia participativa na vida dos concellos
Para: artabra21@gmail.com
Data: 28 de marzo de 2007 15:56
Asunto: Defenden a centralidade da democracia participativa na vida dos concellos
ESQUERDA UNIDA-IU defende a centralidade da democracia participativa na vida dos concellos
ESQUERDA UNIDA-IU considera fundamental desenvolver nos anos vindeiros un esforzo sostido no eido da participación cidadá para devolver o oxíseno das demandas populares ao cerne da vida municipal. Esforzo que terá que desenvolverse de xeito transversal en todas as áreas municipais e que requerirá tanto dun importante desplegue no eido da toma de conciencia e a educación, canto nos recursos humanos e económicos para pór en funcionamento a democracia participativa.
Democracia participativa que para a nosa organización supón un fabuloso trasvase de coñecementos e participación público ( asociacións, particulares, técnicos e responsbles políticos ) á cotidianeidade municipal, que ten que permitir traballando arreo e ao longo dos anos, involucrar a milleir@s de cidadáns e cidadás na codirección da cousa pública. Un mecanismo chave para conquerir esta participación son os orzamentos participativos. E a ferramenta para botalos a andar, e que nós demandaremos irrenunciablemente será a concellaría de Participación Cidadá.
Para Esquerda Unida-IU hai algúns eixos que nos parecen pertinentes pór enrriba da mesa para artellar a andaina da nosa proposta de democracia participativa. A solidariedade da cidadanía co conxunto da cidade, de maneira que arbitre os mecanismos e criterios que teñan como finalidade o reequilibrio social e territorial.
A universalidade, como expresión da vontade política de que non haxa un só cidadán que non participe nalgún eido da trama social organizada. Os orzamentos tamén concebidos como unha escola de participación e cidadanía, como o exercicio que supera a escisión entre gobernantes – con poder – e gobernados – desprovistos del. A corresponsabilidade na xestión da cousa pública, de todo aquello que é patrimonio e responsbilidade de tod@s. O control e o seguimento do proceso, para avaliar e correxir os erros que xurdan no mesmo. O fomento do tecido asociativo como expresión da madureza dunha sociedade capz de avanzar na autorregulación. O impulso decidido á participación das mulleres e da mocedade en especial neste proceso de profundización da democracia.E, por último, un enfoque global de cidade, artellando os intereses territoriais e sectoriais.
ESQUERDA UNIDA-IU quere manifestar o seu compromiso moral e, xa que logo, político ( facetas ambod dunha praxe transformadora que se quere participativa ), cos acordos e decisións adoptados no seo do proceso. ESQUERDA UNIDA-IU respectará a levará adiante os resultados froito da codecisión participativa nada no proceso.
Nós temos o convencemento de facer coa nosa proposta unha achega importante para facer de Ferrol a primeira cidade que lance a nivel galego a fórmula da democracia participativa, como unha das ferramentas para a superación da crise desta democracia de baixa intensidade, que lonsa e desengana á cidadanía.
Marcadores: Democracia Participativa, EU-IU
Escrito ao Alcalde de Ferrol, instandolle a que cumpra a suas responsabilidades respecto á seguridade e Reganosa
De: CCE -comitecidadan@iespana.es-Para: artabra21@gmail.com
Data: 28 de Marzo de 2007 11:02
Asunto: Escrito ao Alcalde de Ferrol, instandolle a que cumpra a suas responsabilidades respecto á seguridade e Reganosa
O Comité Cidadán de Emerxencia presentou por rexistro municipal un escrito ao Alcalde de Ferrol a fin de que, como primeira autoridade local de protección civil, exerza as súas obrigacións en defensa da vida dos veciños e veciñas de Ferrol, propoñendo ao pleno municipal unha moción para solicitar da administración central competente que non autorice a entrada en funcionamento de Reganosa.
Acompáñase así mesmo nun fichero pdf con algunhas paginas da Autorización de Construción a Reganosa, de 13 de febreiro de 2004, onde na que ten o pé de pagina nº 5 consta a capacidade de vaporización de 322.500 m3/hora, polo que é falsa a cifra de 400.000 m3/hora que nalgún medio se esta difundindo.
En anteriores comunicados do Comité Cidadán de Emerxencia informouse que o Consello de Ministros do 29 de decembro de 2006 acordou reducir das marxes de beneficio para as instalacións de gas natural. Tiñan unha marxe de beneficio do 14% que foi rebaixado ao 7%, co cal os prazos de amortización para Reganosa dispararíanse a 50 anos ou mais, provocando que as súas contas da lechera non sirvan para socios que prefiran un negocio a curto prazo. Iso, mais os contratos por gasoducto, explica o xeito desesperado coa que Reganosa e as súas corifeos están reclamando unha ampliación a máis do dobre, que non está xustificada polo consumo local que é moi pequeno en comparación coa diferenza de 800.000 a 322.500 m3/hora.
Carmelo Teixeiro
Coordinador do Comite Cidadán de Urxencia para a Ría de Ferrol.
No escrito presentado por rexistro municipal o martes 27 de marzo, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol expón que polos medios de comunicación, do último domingo 18 de marzo, ten coñecemento de que o Alcalde de Ferrol vai convocar un Pleno Extraordinario para propoñer unha moción en apoio a ampliación da capacidade de vaporización que Reganosa, de xeito desesperado está reclamando, coa pretensión de chegar a cifra de 800.000 m3/hora, dicindo que quere fornecer gas natural as Comunidades Autónomas de León e de Asturias. Informase ao Alcalde de Ferrol que na autorización administrativa previa a Reganosa de 3/6/2002, e na de construción de 13/2/2004, consta a cifra de 322.500 m3/hora como capacidade de vaporización autorizada a Reganosa. (*)
Por outra banda, tamén se lle comunica ao Alcalde de Ferrol que segundo o publicado nestes últimos meses, e evidente que, antes de finalizar as súas obras, Reganosa é un fracaso como negocio energético e dá a impresión de que seus promotores entraron no sector energético con manifesta incompetencia, segundo as informacións que se publican, particularmente sobre as OPAS a Endesa, coa aparición ademais de grandes operadores europeos dispostos a entrar no mercado español e tamén en Galicia, con contratos de gas natural por gasoductos en grandes cantidades a longo prazo desde Argelia ou desde Rusia, de xeito que o gas natural contratado por gasoducto téñeno que pagar aínda que non o consuman, quedando as plantas de gas como reserva para cando poidan existir problemas no fornezo por gasoducto.
Así mesmo que nun escrito que o Comité Cidadán enviou o Ministro de Industria o 27 de xuño de 2006, advírteselle que é imposible que Reganosa poida cumprimentar os condicionados da autorización de construción, sobre distancias de seguridade respecto das poboacións e para a saída de urxencia dos buques gaseros, polo que non estaría salvagardada a vida das persoas e os seus bens. Agora, cando aínda estase a tempo de evitar unha traxedia, tamén ao Alcalde de Ferrol déixaselle constancia de que Reganosa está anunciando a súa entrada en funcionamento para o próximo mes de xuño, pretendendo saltar devanditos condicionados e implicar as administracións públicas en novas ilegalidades.
Por todo iso o Comité Cidadán SOLICITA do Alcalde de Ferrol que:
a) Como primeira autoridade local de protección civil, exerza as súas obrigacións para defender aos seus veciños e veciñas da ameaza que supoñería Reganosa no caso de entrar en funcionamento, e consecuentemente propoña o pleno unha moción solicitando da administración central competente que non autorice a súa entrada en funcionamento, tramite que unha vez rematadas as obras Reganosa ten obrigación de solicitar segundo o artigo 85 do Real Decreto 1434/2002 de 27 de decembro.
b) En base a Regulamento de Participación Cidadá do Concello de Ferrol, no caso de que se convoque o citado Pleno Municipal anunciado, permítase exercer a palabra a un representante do Comité Cidadán de Urxencia, a fin de expoñer unha opinión que é de interese xeral para os veciños e veciñas de Ferrol.
(*) Acompáñase un fichero pdf con algunhas paginas da Autorización de Construción a Reganosa, de 13 de febreiro de 2004, onde na que ten o pé de pagina nº 5 consta a capacidade de vaporización de 322.500 m3/hora, polo que é falsa a cifra de 400.000 m3/hora que nalgún medio se esta difundindo.
En anteriores comunicados do Comité Cidadán de Emerxencia informouse que o Consello de Ministros do 29 de decembro de 2006 acordou reducir as marxes de beneficio para as instalacións de gas natural. Tiñan unha marxe de beneficio do 14% que foi rebaixado ao 7%, co cal os prazos de amortización para Reganosa dispararíanse a 50 anos ou mais, provocando que as súas contas da leiteira non sirvan para socios que prefiran un negocio a curto prazo. Iso mais os contratos por gasoducto para os grandes operadores , explica o xeito desesperado coa que Reganosa esta redclamando unha ampliación a mais do doble, e que non está xustificada polo consumo local que é moi pequeniño en comparación coa diferencia de 800.000 a 322.500 me/hora..
Anexo copia do escrito prersentado
Nota.-
Con respecto ao ficheiro mencionado de 7 páxinas en formato PDF, non o subimos neste BLOG, tratase da Resolución de la Dirección General de política Energética y Minas por la que se aprueba el proyecto de ejecución de las instalaciones de la planta de recepción, almacenamiento y regasificación de G.N.L. de mugardos (A Coruña) presentado por la empresa "Regasificadora del Noroeste, S.A.", polo que, quen teña interese no mesmo, pode pedilo a través do correio-e [artabra21@gmail.com].
______
Marcadores: Ferrol, Planta de Gas: fóra da Ría, Reganosa
Denuncian a deixación de responsabilidades tanto do Concello de Ferrol canto da Consellería de Cultura para a protección do patrimonio construído
20070327
Para: artabra21@gmail.com
Data: 27 de marzo de 2007 16:53
Asunto: Denuncian a deixación de responsabilidades tanto do Concello de Ferrol canto da Consellería de Cultura para a protección do patrimonio construído
ESQUERDA UNIDA-IU denuncia a deixación de responsabilidades tanto do Concello de Ferrol canto da Consellería de Cultura para a protección do patrimonio construído
ESQUERDA UNIDA-IU quere lembrar á cidadanía de Ferrol que hai xa máis dun ano, a Comisión Cidadá para a Recuperación do ferrol Vello, plataforma na que que participan o BNG, PSdG-PSOE, e ESQUERDA UNIDA-IU, denunciou perante a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes (PSdG) que no barrio de Ferrol Vello se estaban a executar unha serie de obras que incumprían a normativa urbanística municipal vixente.
Posteriormente, ante a falta de resposta (nin positiva, nin negativa) da Consellería de Política Territorial, no mes de abril do pasado ano, a instancias da Consellería de Cultura e Deporte (BNG), esta mesma Comisión Cidadá presentou escrito diante da Delegación Provincial desta Consellería na Coruña na que se solicitaba a intervención deste departamento da Xunta de Galicia na protección do patrimonio construido do Barrio de Ferrol Vello, habida conta que as obras xa denunciadas diante da Consellería de Política Territorial incumplían a Lei de Patrimonio Cultural de Galicia, ao non contar co informe previo e vinculante favorable da Dirección Xeral de Patrimonio.
A raíz das denuncias presentadas pola Comisión Cidadá, a Consellería instou ao Concello de Ferrol a paralizar as obras en tres inmobles afectados pola denuncia, na rúa Benito Vicetto 7-9, en s. Francisco 25 e máis na rúa Espartero 34-36, pero nada dixo da outra obra denunciada (San Francisco 42-44).
Perante o requerimento feito pola Consellería – a instancias da Comisión Cidadá – , ESQUERDA UNIDA-IU quere denunciar que nada fixo o concello de Ferrol, que deixou avanzar as obras, desenvolvendo unha política de feitos consumados, que lastima o seu deber de protexer o patrimonio construído, e pon ao concello de parte dos que queren facer cartos a costa de arruinar a nosa historia construida. Ademáis, ESQUERDA UNIDA-IU tamén quere denunciar que, tendo en conta a infracción cometida polo Concello de Ferrol, ao autorizar obras nun barrio protexido sen o preceptivo informe favorable da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, infracción que está tipificada como leve pola Lei de Patrimonio Cultural de Galicia, a non paralización das obras pode supoñer ao Concello de Ferrol sancións entre 60.000 euros e máis de 150.000 euros por cada obra, sanción que pagaremos todos os ferroláns e ferrolanas do noso bolso pola inoperancia deste goberno municipal a hora de facer cumplir a legislación vixente e tamén á hora de executar o mandato da Consellería de paralizar as obras.
Pero se xa é grave esta actitude do concello á hora de defender o patrimonio construido da cidade, nalgúns casos a Consellería de Cultura e Deporte non se queda atrás.
A outra obra denunciada pola Comisión Cidadá para a Recuperación de Ferrol Vello, obra que actualmente se está a executar en San Francisco 42-44 (o coñecido edificio da Farmacia de San Francisco), non foi tratada de igual xeito pola Consellería de Cultura e Deporte (BNG), descoñecendo ESQUERDA UNIDA-IU a razón de que a día de hoxe (case un ano despois de ser denunciada) este departamento da xunta non movera aínda un papel no eido de evitar, primeiro, a destrucción de tan interesante inmoble, e despois, de evitar o importante impacto visual que esta obra causa na rúa San Francisco e no conxunto do barrio.
A Consellería de Cultura e Deporte (BNG), non instou ao Concello de Ferrol a paralizar as obras cando a destrucción do inmoble era aínda reversible, nin iniciou ningún trámite para evitar o grave impacto visual.
ESQUERDA UNIDA quere demandar das administracións públicas, sexan da cor política que sexan, que alomenos cumpran os cometidos que lles marca a lei. Neste caso temos que denunciar imcumprimentos na lei que acarrean graves danos ao patrimonio construído, asemade de interrogármonos pola distinta actitude adoptada nuns casos e noutro ( o de s. Francisco 42-44 ). A nosa organización esixe que as actuacións dos poderes públicos eviten incurrir en arbitrariedades.
Instan ao concello a desenvolver un urbanismo sustentable, respectuoso coas nosas costas
Para: artabra21@gmail.com
Data: 27 de marzo de 2007 12:11
Asunto: Instan ao concello a desenvolver un urbanismo sustentable, respectuoso coas nosas costas
ESQUERDA UNIDA-IU insta ao concello a desenvolver un urbanismo sustentable, respectuoso coas nosas costas
ESQUERDA UNIDA-IU pídelle ao PP que non xogue a enganar a cidadanía con falsas defensas sobre a necesaria protección do litoral. Cando atopámonos cun clamor casi unánime sobre a necesidade de deter unha escalada na construcción desaforada sobre a cinta litoral, resulta que o PP dí que sí, que hai que protexer, pero sen deixar de construir; cuadratura dun círculo irreal, que para nós agocha a nula vontade política para deter o expolio e destrucción dun ben de primeira orde que é patrimonio de tod@s nós. Os urbanistas saben que os Planos xerais de ordeación urbana
Para ESQUERDA UNIDA-IU hai que cambiar de xeito radical o modelo económico baseado na construcción e as actividades de baixo valor engadido, que asemade de destrozar a natureza , acarrean un emprego precario, pouco cualificado e de baixos salarios. Nos anos de goberno do PP inflouse unha burbulla especulativa inmobiliaria que aínda pende sobre nós, pois o goberno do PSOE mantivo de xeito continuista esa política económica de dereitas, sendo inacapaz de debullar con claridade outra política económica e social alternativa.
Cando en Ferrol coñecemos unha realidade económica e demográfica que amosa a irracionalidade do modelo económico do ladrillo: dende o ano 2000, fixéronse 2500 novas vivendas para en troques perder cáseque 5000 veciñ@s, asemade de ter ser aprobar os planeamentos rehabilitadores nos barrios da Magdalena e Ferrol Vello; cando estamos nesa coxunstura – pouco desexable – vai o PP e pide que se lle bote máis madeira a caldeira do ladrillo. Para a nosa organización é evidente que a protección do litoral non
ESQUERDA UNIDA-IU afirma que a protección do medio litoral lonxe de ser un atranco para o desenvolvemento da nosa cidade, resulta un elemento fundamental doutro modelo de desenvolvemento, aquél que pousa as súas capacidades nunha economía ao servizo das necesidades das persoas e da protección do medio físico que permite albergar e reproducir a vida en condicións de sustentabilidade. Así, a costa ferrolá acada un valor punteiro para desenrrolar actividades económicas ( dende os recursos mariños até un turismo sustentable de calidade ), fornecendo un xeito de interactuar entre ser humano e medio equilibrado e non depredador.
Nós temos aínda na nosa bisbarra a oportunidade de non estragar un medio fabuloso. Trátase de non devastalo co lume do ladrillo en aras de que algúns promotores e constructores enchan o peto cunha celeridade digana de mellor causa.
Sobre o debate do Regulamento da PA21
Para: artabra21@gmail.com
Data: 27 de marzo de 2007 11:06
Asunto: Regulamento da PA21
¡Hola ártabros! Un saúdo ártabro desde Recimil.
O pasado día 11 mandeivos un escrito sobre as enmendas presentadas ao borrador do Regulamento.
Hoxe quero ampliar aquelas opinións, porque coido que temos moito que debater neste asunto, coas consideracións seguintes:.
1.- Para comezar, habería que decidir se debemos ou non, ter un regulamento.
2.- Se decidimos que é necesario, hai que debater xa o borrador, porque levamos un ano funcionando e aínda non fumos quen de botalo a andar.
3.- Decía no meu anterior escrito que non tería problema en aceptar as emendas presentadas, para tentar de acadar un consenso. Malia todo, penso que a emenda que presenta Verdegaia non ten demasiado fundamento. Explícome:
Calquera que sexa o tema a debater nas nosa asembleas, antes de ser aprobado, deberá verificarse que cumple cos nosos principios de defensa do Patrimonio, da Ecoloxía, dunha Política xusta, democrática, participativa e responsable, e coa defensa dos espazos públicos e en contra da especulación.
Se o tema en cuestión reúne todos estos requisitos, e se toma a decisión de apoialo e defendelo, en ningún caso poderán prevalecer os intereses particulares dunha persoa ou dunha asociación ou entidad en particular, porque eso significaría botarse fora dos noso principios.
Esto xa se falou, porque xa sucedeu nunha ocasión, concretamente no caso da Resolución sobre Recimil. Se a defensa das Casas Baratas está dentro dos nosos principios, todos, sen excepcións debemos acatala.
Pois o mesmo ten que suceder con calquera outra cuestión a debater. Primeiro determinar se o tema entra dentro dos noso principios, e si cumple o establecido, hai que defendelo UNITARIAMENTE.
De calqueira xeito, non me opoño a eliminar o punto obxecto da controversia, aínda que a emenda paréceme que non é necesaria.
4.- Coido que Internet é unha ferramenta formidable para nos comunicar e debater os temas que nos preocupan. ¿Por que non escribimos todos as nosas opinións antes das asembleas? Se as opinións de cada membro da Plataforma chegaran a todos os demais, levaríamos o debate case feito e aforraríamos tempo, facendo as reunións máis breves.
Recibide de novo un “saúdo ártabro” desde Recimil. Vémonos Hoxe as 7 en Sartaña.
Marcadores: Regulamento PA21
Primeiros pasos para crear unha coordinadora contra a degradación urbanística
20070326
Para: artabra21@gmail.com
Data: 26 de marzo de 2007 17:45
Asunto: Primeiros pasos para crear unha coordinadora contra a degradación urbanística
VINTE ASOCIACIÓNS PARTICIPAN XA NA IDEA
Primeiros pasos para crear unha coordinadora contra a degradación urbanística
Compostela vai acoller o vindeiro sábado día 31 unha asemblea de colectivos de todo o país preocupados pola situación.
Redacción - 17:45 26/03/2007
Tags: degradación -http://www.vieiros.com/tags/tag:degradacion-plataforma
-http://www.vieiros.com/tags/tag:plataforma- Urbanismo
-http://www.vieiros.com/tags/tag:urbanismo-
Hai poucas semanas o colectivo eumés Fusquenlla facía un chamamento social para que se organizase unha protesta nacional que mostrara a preocupación polas agresións urbanísticas que está a sufrir o país.
Agora, diferentes asociacións galegas xa expresaron a súa intención de acudir a unha asemblea que se celebrará o vindeiro sábado, ás 12 horas na Galería Sargadelos de Compostela. Na reunión intentará crearse unha coordinadora.
Fusquenlla expresa nun comunicado a “preocupación e repulsa pola degradación urbanística que estamos a sufrir en Galiza e cuxos síntomas máis evidentes son as agresións no litoral, a edificación masiva e descontrolada, o deterioro dos núcleos históricos das vilas, a destrución do patrimonio arquitectónico, a perda dos sinais de identidade territorial, a desaparición dos espazos públicos, a ausencia dunha política social de vivendas e a promoción de proxectos especulativos e lesivos para o noso entorno”.
Na reunión da vindeira fin de semana xa anunciaron a súa presenza a Asociación O Carballal; Adega; Amigos da Terra; Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra; Colectivo Ecoloxista do Salnés; Federación Ecoloxista Galega; Greenpeace; Luita Verde; Verdegaia; Asociación Cultural e Veciñal O Tombo de Ardán (Marín); Anduxía (Bueu); Bouzas Móvete; Comité Cidadán de Defensa para a Ría de Ferrol; Foro Social de Cangas; Fusquenlla; Ortigueira Sostible
_____________________________
---------- Mensaxe reenviado ----------
From: Xan Duro -xanduro@usc.es-
To: redelitoralvivo@verdegaia.org
Date: Thu, 22 Mar 2007 19:48:22 +0100
Subject: [redelitoralvivo] Confirmación de lugar e hora para a Xuntanza do 31
Ola de novo,
Confirmada a xuntanza o día 31 de marzo ás 12 na Galería Sargadelos de Compostela, Rúa Nova 16.
Esta xuntanza é non é exclusiva da Rede Litoral Vivo senón abertas a todos so colectivos que queiran asisitir. Divulgade o máximo posíbel a convocatoria.
Unha aperta e ate o sábado.
-----------------------------------------
Xan Duro
Coordenador Xeral de Verdegaia
www.verdegaia.org
www.bicis.info
www.redelitoralvivo.info
www.plataformaferrocarril.org
_________________
----- Mensaxe reenviado ----------
From: Xan Duro -xanduro@usc.es-
To: redelitoralvivo@verdegaia.org
Date: Sun, 25 Mar 2007 19:49:03 +0200
Subject: Re: RE : [redelitoralvivo] Confirmación de lugar e hora para a Xuntanza do 31
Ola María,
Sinto moito a coincidencia pero como estaba a semana santa polo medio non habia moito onde escoller. De calquera xeito se queredes enviar algunha suxestión, etc é ben recibida.
unha aperta
-----------------------------------------
Xan Duro
Coordenador Xeral de Verdegaia
www.verdegaia.org
www.bicis.info
www.redelitoralvivo.info
www.plataformaferrocarril.org
_____________________
María Peón wrote:
olá,
moito me temo que desde a APDR non poderemos participar desa xuntanza, xa que coincide coa Asamblea Xeral da FEG, supoño que algúns outros colectivos terán o mesmo problema... de tódolos xeitos, tampouco podemos confirmar a nosa participación na mesma até que celebremos a nosa asemblea, este xoves; imaxino que xa é tarde para mudar a data da xuntanza ¿?...
saúdos
María Peón (APDR)
Marcadores: Fusquenlla, Urbanismo
Defenden que o centro de ocio proxectado para o parque público de Sartaña ten encaixe no proxecto de urbanización do polígono do Bertón
Para: artabra21@gmail.com
Data: 26 de marzo de 2007 12:44
Asunto: Defenden que o centro de ocio aprobado polo Goberno Municipal e que vai facer desaparecer o parque público de Sartaña ten, perfectamente, encaixe no proxecto de urbanización do polígono do Bertón
ADXUNTAMOS MOCIÓN REXISTRADA NO DÍA DE HOXE RELATIVA AO TRASLADO DO CENTRO DE OCIO E SAÚDE DE ULTRAMAR AO BERTÓN.
MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO BNG RELATIVA A UBICAR O CENTRO DE DEPORTIVO DE ÓCIO E SAÚDE DE ULTRAMAR NO POLÍGONO DO BERTÓN
O grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego no Concello de Ferrol ao abeiro da lexislación vixente apresenta para o seu debate no Pleno da Corporación a seguinte MOCIÓN:
Exposición de Motivos
O pasado mes de febreiro a Consellería de Vivenda e Solo remitia ao Concello de Ferrol para a sua tramitación o Proxecto Sectorial e de Urbanización do Polígono do Bertón.
Este proxecto de urbanización prevé actuar sobre unha superfície de 138.000 metros cadrados que albergará 1200 vivendas protexidas. Trátase dunha das áreas de oportunidade máis significativa da cidade de Ferrol, por canto que esta vencellada á construcción dunha nova fachada urbana, un elemento limítrofe cos ensanches xa consolidados,- en particular co Barrio de Ultramar- e un elemento tamén de transición cos desenvolvementos industriais e de servizos do polígono da Gándara.
As características deste polígono estabelece as seguintes distribucións 29.500 m2 para solo residencial, 4300 m2 para uso terciario comercial e 18.000 m2 de solo dotacional entre as que destaca 7.000 m2 para usos deportivos.
O grupo municipal do BNG, defende que o centro de ocio aprobado polo Goberno Municipal e que vai facer desaparecer o parque público de Sartaña ten, perfectamente, encaixe no proxecto de urbanización do polígono do Bertón.
Nas alegacións apresentadas en agosto de 2005 o BNG plantexou que existen alternativas á ubicación prevista e valoraba outros posíbeis emprazamentos deste complexo no propio barrio ou na zona colindante do Bertón.
Consideramos que é agora, coincidindo coa tramitación municipal deste proxecto, cando se pode e debe aproveitar esta oportunidade para atopar un novo emprazamento ao Centro Deportivo de Ocio e Saúde do barrio de Ultramar dentro dos espazos destinados a equipamentos deportivos.
Por todo esto o grupo muncipal do BNG propón ao Pleno da Corporación a adopción do seguinte ACORDO:
Instar ao Goberno Municipal a realizar as negociacións necesarias dirixidas a conseguir un acordo que permita que o Centro Deportivo de Ocio e Saúde aprobado polo Goberno Municipal para ubicar no parque público de Sartaña se emprace no proxecto de urbanización do polígono do Bertón
Ferrol a 23 de marzo de 2007
Charla-coloquio sobre participación cidadá
Para: artabra21@gmail.com
Data: 27 de marzo de 2007 12:11
Asunto: Charla-coloquio sobre participación cidadá
ESQUERDA UNIDA-IU organiza unha charla-coloquio sobre participación cidadá
ESQUERDA UNIDA-IU organiza mañá, martes 27 de marzo, ás 20:00, no local do Real Coro TOXOS E FROLES, sito na rúa Magdalena,220, unha charla-coloquio sobre participación cidadá.
O acto público contará coas intervencións de Javier Galán, candidato número 2 da lista municipal de EU-IU ao concello de Ferrol, e máis de Rocío López Lozano, xefa do Departamento de Participación cidadá do concello de Córdoba.
ESQUERDA UNIDA-IU entende que resulta fundamental dar un pulo a cuestión da mellora e profundización de vida democrática. Todas os estudos constatan un alonxamento da cidadanía da vida política, e as formacións políticas non podemos restar indiferentes a tan preocupante realidade.
A nosa formación política naceu como resposta as insuficiencias que os partidos tradicionais teñen para encauzar os anceios de participación no goberno da cousa pública por parte da cidadanía. Nós somo un movemento político e social, que pretende alentar a comunicación e a participación de persoas e colectivos a traverso das áreas de elaboración colectivas, as cales son espazos da organización onde se debate e acordan as liñas e propostas programáticas por parte de afliad@s, mais tamén nos que participan aqueles que non forman parte orgánica da organización. As áreas son laboratorios onde se prepara o programa político do porvir, espazos onde se aprende e elabora un acordo programático, o noso compromiso racional coa cidadanía.
A crise da política está alentada pola ideoloxía neoliberal, empeñada en rebaixar e cegar a calidade da política como ferramenta de transformación radical da sociedade; a esquerda política e social temos que desenvolver novos instrumentos para a participación e o debate político sobre contidos e propostas concretas, os cales enxergándoos no horizonte de igualdade e liberdade. As áreas e a elaboración colectiva son as que fundan a proposta de programa que levamos as eleccións; non doutro xeito estamos a producir o noso programa electoral, dende o encontro e debate coa sociedade crítica organizada, e non da man de escuros gabinetes técnicos, que só sirven aos intereses do capital.
Estamos convencidos que o movemento veciñal, o feminismo, o ecoloxismo, a clase traballadora, a mocedade... necesitan de voltar o espazo da política, convocar razóns apaixoadas para cambiar o tempo da resignación e do acomodo coas lóxicas do capital ( Atento, Henkel, carestía da vivenda, precariedade, violencia de xénero, agresións como a planta de gas ou a praza de España, etcétera ), e achegármonos á respiración esperanzada que sabe da potencia transformadora que temos as e os traballadores cando razoamos e organizámonos en común.
ESQUERDA UNIDA-IU vai a facer da democracia participativa un eixo central da súa proposta política. O exemplo dos concellos onde gobernamos indica que é posible involucrar aos veciñ@s na cotidianeidade das decisións; non será tarefa fácil maís é posible a condición de ter a vontade política de acordar c@s veciños en que imos empregar os orzamentos municipais. A experiencia que arrancou en Porto Alegre xa está a ser aplicada en Córdoba, Cabezas de s. Juan, Sevilla... e pode selo en Ferrol, mañán imos dar outro paso para que sexa posible na nosa cidade.
Marcadores: Actos Externos, EU-IU
Máis de 1000 persoas na manifestación contra as taxas abusivas do saneamento en Narón
20070325
Muitas persoas acudiron á manifestación convocada pola Agrupación das Asociacións Veciñais da Zona Rural de Naron.
Este 25 de marzo de 2007, vai fazer historia no movimento veciñal de Naron, pois había moito tempo que non se realizaba unha manifestación tan importante e númerosa en Narón, contra a política abusiva do goberno municipal de Xoan Gato, promotor inmobiliario e agora tamém promotor político, no todo vale de Terra Galega. Cuxa ideoloxía mal chamada de centro galeguista, basease na simple xestión municipal con receitas neoliberais tanto no social como no económico, como na ordenación do territorio.
A manifestación transcurreu como estaba previsto desde as inmediacións do Asilo de Piñeiros até a Praza de Galiza, diante da casa do Concello, alí rematou coa lectura dun comunicado da Agrupación das Asociacións Veciñais convocantes.
Unha manifestación reivindicativa e con forza perotagonuizou a veciñanza de Narón, farta da impunidade coa que está gobernando o actual goberno con maioría absoluta e sen escoitar á veciñanza.
A veciñanza DENUNCIA:
- O prezo abusivo das taxas de saneamento e auga.
- A falta de proxecto e planificación, aínda sen presentar ásveciñas e veciños.
- O mal estado das obras,mala calidade e improvisación.
- A negativa daogoverno municipal a que a veciñanza se poida expresar nos plenos.
- A prepotencia da alcaldía e resto de gobernantes, e a mala xestión do diñeiro público.
- A negativa a que a cidadanía participemos nas decisións municipais.
POR UN NARÓN DE FUTURO.
A UNIÓN FAI A FORZA E TODAS E TODOS PODEMOS CAMBIA-LO
__________
Enlace coa noticia no Diario de Ferrol
Enlace coa noticia en La Voz de Galicia
Enlace coa noticia en La Opinión de A Coruña
____________
Marcadores: Agrupación de AAVV do Rural de Narón, Manifestacións, Narón
Diario de Ferrol: Plantan 70 alisos na contorna do río Cádavo, en Fene, para rexeneralo
20070324
Diario de Ferrol
Ferrol | Sábado, 24 de Marzo de 2007
Plantan 70 alisos na contorna do río Cádavo para rexeneralo
Adega promoveu a plantación duns 70 alisos nas marxes do río Cádavo, ao seu paso por Fene, coa intención de regererar uns espazos urbanos, pero moi interesantes desde o punto de vista medioambiental. Adega celebrou con este acto o día dedicado á árbore.
REDACCIÓN > FERROL
Un grupo de medio centenar de persoas interveu nesta operación, que se fixo efectiva a partir das seis da tarde, e que tamén congregou a bastantes curiosos. O alcalde de Fene, Xosé María Rivera Arnoso, e outros membros da corporación, ademais de representantes da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia, Adega, déronse cita na contorna da avenida Tarrío, nas inmediaciones do edificio do mercado municipal, onde se rexistrou unha gran actividade ao longo da tarde.
Desde a formación ecoloxista explicouse que as plantas obtivéronse dun semillero natural que se localiza a escasos metros do lugar elixido para a plantación e destacouse que coa elección do emprazamento do río Cádavo tratouse de imprimir un certo carácter reivindicativo ao acto. Por outra banda, informouse de que os alisos (ameneiros, en galego) foron os que deron o nome ao lugar , "Ou Ameneiral", e considerouse interesante repoboar a zona elixida porque os beneficios asociados a estas contornas pasan por servir de refuxio a aves, invertebrados e mamíferos e por actuar de regulador de determinadas condicións térmicas e da luz. A convocatoria foi un éxito, segundo os organizadores, que consideran probable volver repetir a experiencia noutros lugares do término municipal de Fene.
Enlace coa noticia orixinalno Diario de Ferrol
Marcadores: ADEGA, Fene, Medio Ambiente
Diario de Ferrol: Programan protestas no rural pola taxa de saneamiento en Narón
Diario de Ferrol
Ferrol | Sábado, 24 de Marzo de 2007
Programan protestas no rural pola taxa de saneamiento
Os 1.100 euros fixados no municipio naronés para dispoñer do servizo de auga e alcantarillado na zona rural continúan considerándose excesivos na Agrupación de AAVV da Zona Rural. O colectivo, que se manifestará mañá polas taxas, non descarta realizar medidas de presión se non se reducen os prezos.
LORENA ROMEU > FERROL
A auga e o alcantarillado chegarán na primeira fase a tres parroquias J.M.
A Agrupación de AAVV da Zona Rural invita aos veciños do núcleo urbano a sumarse á manifestación que mañá ás doce do mediodía sairá desde o asilo de Piñeiros cara ao Concello, percorrendo un tramo da estrada de Castilla. O colectivo considera que o custo dos servizos de auga e alcantarillado é abusivo, e critica a calidade das obras, a falta de planificación, as escasas reunións cos veciños sobre o tema e a mala xestión do diñeiro público, tal e como manifestan nun comunicado.
Representantes da AVV da Zona Rural e das asociacións vecinales de Ou Val e San Xiao falaron onte no Concello da problemática, recordando que se suscitou no ano 2002 e que, en 2007 "atopámonos con que tan só está empezada a primeira fase dás obras e con que ou custo económico é altísimo para unha xente de Narón que somos traballadores". O colectivo demanda a gratuidad do servizo e considera que a imposibilidad de chegar a un acordo cos gobernantes levoulles a convocar a primeira manifestación destas características desde a chegada da Democracia. "Non descartamos levar a cabo medidas de presión, como pecharnos non Concello ou presentar denuncias en Europa, non caso de que a situación non cambie", aseguraron desde a Agrupación.
Desprazamento > A Agrupación de AAVV da Zona Rural poderá a disposición dos veciños das diferentes parroquias un servizo de autobuses, que sairá ás once da mañá das igrexas de Castro, Pedroso e San Xiao, e a esa mesma hora dos locais sociais de Sedes e San Mateo e da cooperativa de Ou Val.
Desde a Agrupación de AAVV criticouse tamén a xestión municipal, que dispón de cinco millóns de euros de remanentes "por exprimir ós cidadáns ou máximo posible". As acusacións chegaron tamén a nivel político, afirmando que "eles -polos gobernantes naroneses- din nas parroquias ás que van presentar candidatos de Terra Galega que van dar participación cidadá e nós queremos en Narón ou que eles prometen nos outros concellos".
Enlace coa noticia orixinal no Diario e Ferrol
Marcadores: Agrupación de AAVV do Rural de Narón, Manifestacións, Narón
Demandan do concello que poña os medios necesarios para que a escola de infantil de Masdiás entre en funcionamento no curso 2007-08
Para: artabra21@gmail.com
Data: 24 de marzo de 2007 12:35
Asunto: Demandan do concello que poña os medios necesarios para que a escola de infantil de Masdiás entre en funcionamento no curso 2007-08
ESQUERDA UNIDA-IU demanda do concello que poña os medios necesarios para que a escola de infantil de Masdiás entre en funcionamento no curso 2007-08
EU-IU quere amosar a necesidade de que as administracións públicas implicadas no caso do colexio Manuel Masdiás, concello e vicepresidencia, se impliquen de xeito resolutivo para acadar a posta en funcionamento dunha escola infantil pública, dotación educacional da que está falta a nosa cidade, onde hai un déficit de prazas infantís públicas innegable e non abordado.
As sucesivas demoras e o abandonos das instalacións que denuncian tanto o Consello escolar do centro, canto o profesorado, deixa en evidencia a neglixencia coa que se están a conducir neste tema a equipa de goberno.
Preguntámonos onde restan os compromisos do concelleiro de obras ao respecto de habilitar unha partida orzamentaria para arranxar un espazo que se degrada ollos vista, con humidades, filtracións ... e sen a dotación necesaria para que @s nen@s da cidade conten cun equipamento necesario para paliar o devandito déficit de prazas na educación infantil.
ESQUERDA UNIDA-IU entende que hai que superar a fase onde as administracións se tiran as responsabilidades á cabeza, resultando ferida a provisión de servizos públicos de calidade para a cidadanía. A negociación do convenio de investimentos para adheririse ao Consorcio Galego de Servizos Sociais ten que facerse xa resolutiva e conquerir para esta cidade as demandas recollidas por todolos grupos políticos no Pleno de 30 de novembro de 2006.
No devandito Pleno, o noso grupo deixou constancia do disgusto que lle producía a fórmula do consorcio, plataforma que podría derivar nunha privatización do mesmo, as discriminacións que podía producir, ou o posible menoscabo da autonomía municipal, mais acordamos necesario que sobre a única fórmula que propón a Xunta - o Consorcio - se garantan as dotacións de servizos necesarias para superar os déficits que temos neste eido nesta cidade. Qué se ten feito dende entón? Dende logo nada no que atinxe a escola infantil de Mandiás.
O barrio de Caranza non merece a deixación de funcións que están a cometer as administracións públicas, e en particular a equipa de goberno con esta dotación educativa; deixación que amosa o desinterese deste goberno municipal polas dotacións educativas públicas,asemade do nulo compromiso cunha política integral de igualdade, que axude a rachar coas dependencias sociais que se lle impoñen ás mulleres cando os poderes públicos non atenden as necesidades de colectivos como o dos nen@s fóra dos tramos educativos obrigatorios.
ESQUERDA UNIDA-IU fai un chamamento ao concello e a vicepresidencia para que resolvan, coa celeridade que demandan as necesidades sociais sen atender, o conxunto de investimentos recollidos no Pleno de 30 de novembro de 2006 : as dúas escolas infantís, o centro de día, a residencia de maiores, os gastos de xestión e mantemento da Casa de Acollida, a construcción de aprtamentos tutelados, o centro de día para transeúntes, e a ludoteca – lecoteca para os cativos, máis un incremento da contía que recibe Ferrol polo plan concertado.
Marcadores: Escolas Infantís, EU-IU
Convocatoria da Asemblea Xeral Ordinaria para o martes 27 de marzo de 2007, no Local Deportivo Sartaña
20070323
Achegamos ACTA da Xunta Coordinadora celebrada este 22 de marzo.
Achegamos Convocatoria da Asembleia Xeral.
asdo.
A Xunta Coordiandora
Amadeo Varela
José R. Jove
Xosé M. Sanxoán
_________________
ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DA PA21
27 de Marzo de 2007
A Xunta Coordinadora da Plataforma Ártabra21, tal e como fixa o seu Documento Fundacional, convócavos para unha ASEMBLEA XERAL ORDINARIA ás 7:00 h. da tarde do día 27 de Marzo no local da Agrupación Deportiva de Sartaña [Esquina entre as rúas Sánchez Calviño e Paraguai].

Orde do día
1 .- Lectura e aprobación, se procede, da ACTA da ASEMBLEA anterior.
2 .- Estado de contas.
3 .- INFORMACION XERAL.-
a- FRAGA DE MENÁNCARO.
b -NOVIDADES EN RECIMIL.
c – PLANTA DE GAS.
d – Sartaña.
e - Axenda Local21.
f – Documento “OS SEN VOZ DE GALICIA”.
4 .- EDIFICIO DE PORTA NOVA.
5 .- Avaliación da pasada ASEMBLEA EXTRAORDINARIA.
Remisión das 4 PROPOSTAS DE REGULAMENTO ás Organizacións de PA21
6 .- RELEVOS VOLUNTARIOS na XUNTA COORDINADORA.
7 .- Proposta de RESOLUCIÓN – PROTECCIÓN DO ESPAZO NATURAL DO CHA DE BRIÓN E LEIXA .
8 .- Determinación do día, lugar e hora da seguinte Asemblea da PA21.
9 .- Suxestións e preguntas.
Ferrol a 22 de Marzo de 2007.
A Xunta Coordinadora
Jose R. Jove / Amadeo Varela / Xosé M. Sanxoán
Marcadores: Convocatorias Internas PA21
Acta da Xunta Coordenadora da PA21 do 22 de marzo de 2007
22 de Marzo de 2007.
XUNTA COORDINADORA do xoves-22 ás 7,30 horas da tarde no LOCAL da Fundaçon Artabria.
Orde do día
1 .- Lectura e aprobación, se procede, da ACTA anterior.- Pendente.
2 .- Estado de contas- Informa JOVE que despois de efectuar o pagamento da última MANIFA de 300, 00 €, temos un saldo de 109,70 €
3 .- Información Xeral.
- Novidades en Menáncaro.- Comentarase na ASEMBLEA.
- Recimil.- Está de actualidade o ESTUDO de REHABILITACIÓN da Xunta de Galicia.
4 .- MOCIÓN- GRUPOS POLITICOS OPOSICION , PARALIZACIÓN DE OBRAS EDIFICIOS PRAZA DE PORTA NOVA – PRAZA DE ESPAÑA.
O Pasado día 14, OS CONVOCANTES mantivemos unha reunión con distintos grupos da oposición para recomendarlles a necesidade de presentar unha MOCION de paralización das OBRAS do edificio da Praza de Porta Nova no PLENO de fin de mes.
5.- AVALIACION DA PASADA ASAMBLEA EXTRAORDINARIA.
REMISION DAS PROPOSTAS DE REGULAMENTO AS PROPIAS ORGANIZACIONS DA PA21 PARA SUA DISCUSION.
Motivado a falla de QUORUN na pasada Asemblea Extraordinaria do día 15, esta acordou remitir as distintas Organizacións as 4 PROPOSTAS DE REGULAMENTO para seu debate.
6 .- CONVOCATORIA PARA A ASEMBLEA DO DÍA 27 NO LOCAL DEPORTIVO DE SARTAÑA.-
Acordamos enviar por correo-e a ORDE DO DIA.
DEBATE E APROBACIÓN de RESOLUCIÓN para a PROTECCIÓN DO ESPAZO NATURAL DO CHA DE BRION E LEIXA.
Presentase esta anunciada proposta de RESOLUCIÓN.
7 .- Suxestións e preguntas. (Actividades Lapis Verdes) ?
Ferrol a 22 de Marzo de 2007.
Asdo. - A Xunta Coordinadora.
Amadeo Varela, José R. Jove e Xosé M. Sanxoán
Marcadores: Actas da PA21
Reunión das entidades convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos, luns, día 26 de marzo
Para: artabra21@gmail.com
Data: 23 de Marzo de 2007 18:27
Asunto: CONVOCATORIA- EDIFICIO PORTA NOVA
CONVOCATORIA- EDIFICIO PORTA NOVA
Estamos CONVOCADOS para o luns, día 26 de marzo ás 6, 15 h. da tarde no local social da Asociación Veciñal FONTELONGA.
Debate respecto a MOCIÓN a presentar polos grupos da oposición de PARALIZACIÓN DE OBRAS NA PRAZA DE PORTA NOVA, despois de mandar a Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Urbanismo o INFORME CONTRARIO ó EDIFICIO, que como sabedes invitamos aos grupos políticos da oposición a presentala para introducir o debate na ORDE DO DIA deste Pleno e solicitar a PALABRA.
Analizaremos a proposta dunha CONCENTRACIÓN CIDADÁN diante do pazo do Concello o mesmo día 29 antes da celebración do Pleno Ordinario de fin de mes.
Asdo.
Polos Convocantes
Miguel Lopez
Xosé M. Sanxoan
--
Convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos, en contra do macro-edificio da Praza da Porta Nova [Praza de España]:
Asociación Cultural Fuco Buxán,
Asociación Veciñal de Esteiro "Fontelonga",
Asociación Veciñal de Ferrol-Vello,
Asociación Veciñal O Cruceiro de Canido,
Asociación Veciñal "O Rosario - Inferniño",
Asociación Veciñal de Santa Mariña,
Asociación Veciñal de San Xoan-Bertón,
Asociación Sociocultural Lopez Bouza
CC.OO Ferrol,
CIG-Ferrol,
Colectivo Veciñal Sartaña,
Esquerda Unida - IU,
Federación de ANPAS de Centros Públicos de Ferrolterra,
Os Verdes - Grupo Verde de Ferrol,
NÓS - Unidade Popular,
Plataforma Ártabra21,
UGT-Ferrol,
USTG-Ferrol.
Marcadores: Praza da Porta Nova
Un dos responsábeis da instalación de REGANOSA dentro da Ría de Ferrol, Ramon Ordás Badía, ex Director Xeral de Industria, ... da anterior Xunta
Enlaces interesante:
http://www.galeon.com
http://www.xornal.com
___________________
De: calareo
Para: artabra21@gmail.com
Data: 22 de marzo de 2007 0:59
Asunto: O TSXG imputa o ex director xeral de Industria por concederlle 16 minicentrais ao seu cuñado
Non sei por qué o imputan!!!
Endesa foi privatizada polo PP, e tamén a financian...?
Endesa emplea aos que tiveron con ela un trato de favor...?
Paga así os servicios prestados...?
Endesa ficha a un dos homes fortes do PP galego en Industria
17-11-2005 ELADIO MEIZOSO / CADEA SER
Segundo soubo a SER, Endesa, empresa presidida por Manuel Pizarro, ha fichado ao que foi home forte do PP galego en Industria ata a derrota electoral deste partido nas eleccións autonómicas do pasado mes de xuño. O que foi ata ese momento director xeneral de Industria, Enerxía e Minas da Xunta, Ramon Ordás Badía, incorporouse como director de negocio energético de Endesa en Portugal. Ordas Badía, asegura que non está incumpliendo a Lei de Incompatibilidades porque opera fóra do territorio galego.
A ver si a Xustiza, ou o que queda dela, se abren paso neste caso, e enxuizan a este tio que dou a concesión a planta de gas de Reganosa vulnerando todas as leis do estado e europeas! Leéde... ainda que apestan!!!
O imputado: Ramón Ordás Badía
Asunto:
O TSXG imputa o ex director xeral de Industria Ramón Ordás Badía por concederlle 16 minicentrais ao seu cuñado.
Ordás Badía, alto cargo da Xunta dende 1999 até que Fraga perdeu a maioría absoluta en 2005, tivo unha importancia determinante non só na concesión da maior parte das licenzas de minicentrais hidroeléctricas e parques eólicos que se otorgaron en Galiza senón tamén no estabrecemento da planta de ragasificación de Reganosa na ría de Ferrol, empresa para a que estivo a piques de empezar a traballar antes de que Endesa o mandara a Portugal, onde desenvolve agora as súas actividades profesionais.
A Fiscalía imputa ao ex director xeneral de Industria por conceder parques eólicos e minicentrales ao seu cuñado
A Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) imputou un delito de tráfico de influencias ao ex director xeneral de Industria da Xunta durante o Goberno do PP, Ramón Ordás Badía, por conceder parques eólicos e minicentrales hidroeléctricas ao seu cuñado, o industrial Luís Castro Valdivia, a quen o fiscal tamén imputou.
EUROPA PRESS
No entanto, a Fiscalía tamén advirte que, ao delito de tráfico de influencias, poderían sumarse outros de prevaricación e de cohecho en función das dilixencias que se poidan practicar na instrución do caso.
Ramón Ordás Badía ocupou o posto de director xeral de Industria, Enerxía e Minas da Xunta entre novembro de 1999 e xuño de 2005, é dicir, durante os últimos seis anos de Goberno do PP na Xunta. Na actualidade é director de negocio energético de Endesa en Portugal.
Segundo un informe remitido ao Xulgado de Instrución decano da Coruña e asinado o 13 de marzo de 2007 polo fiscal José Piñol Rodríguez, durante os 15 anos de Goberno de Manuel Fraga, o industrial Castro Valdivia beneficiouse da concesión de sete parques eólicos e de nove minicentrales ás que hai que engadir outra "operación sospeitosa" referida á transmisión de dereitos sobre o aprovechamiento hidroeléctrico sobre o Río Landró.
A xuízo do fiscal, Castro Valdivia recibiu "un forte impulso e consolidación" en canto aos proxectos de minicentrales e parques eólicos que se lle adxudican desde que o seu cuñado asumiu en 1999 a Dirección Xeral de Industria.
ENTRAMADO DE EMPRESAS
O empresario, que está relacionado con 35 empresas e con anterioridad consta noutras catro compañías, beneficiouse destas concesións pese a que a súa rede empresarial "carece das condicións mínimas para poder afrontar proxectos de tamaño financeiro e técnico como o que requiren os relacionados co sector energético".
Á vista de que as máis de 30 empresas coas cales está relacionado contan con "un capital moi escaso", "carecen de todo tipo de soporte persoal para o desenvolvemento das súas finalidades" e "non contan co soporte técnico nin material" para levar a cabo proxectos energéticos, o fiscal conclúe que a rede empresarial de Castro Valdivia "non podería obter as autorizacións administrativas" para parques eólicos e minicentrales.
Ademais, a Fiscalía alerta de que este entramado eludiu desenvolver un plan eólico empresarial, que segundo a lexislación vigente, debe ser constituído cando se accede a máis dun parque eólico.
Co "apoio do seu cuñado", nese momento director xeral de Industria, Castro Valdivia entrou en decembro de 1999 no negocio das centrais hidroeléctricas, mentres que percibiu autorizacións de parques eólicos desde o ano 2004. Así, ata obtivo unha autorización para un parque eólico en novembro de 2005, cando o Goberno bipartito xa tomara posesión, xa que a admisión a trámite da solicitude e a súa tramitación produciuse aínda con Ordás na Dirección Xeral de Industria.
CONSELLERÍA
A petición do fiscal, a Consellería de Innovación e Industria remitiu un informe sobre posibles irregularidades en expedientes de concesións energéticas durante a época do Goberno de Manuel Fraga, xa que se detectaron indicios de fraude de lei nalgúns proxectos.
Respecto diso, o conselleiro de Innovación, Fernando Branco, recordou hoxe que, xa no seu momento, o departamento que dirixe detectou unha situación "complicada" debido a "algunhas irregularidades" en concesións energéticas realizadas por Ordás Badía. Respecto diso, puntualizou que é á Fiscalía a quen corresponde evaluar a situación.
"A min o que me correspondía era sacar un novo decreto e establecer a concurrencia competitiva para que efectivamente haxa elementos valorizables obxectivos, como así fixemos. Esa é a nosa responsabilidade,", limitouse a responder a preguntas dos medios de comunicación.
Noticia orixinal en La Opinión de A Coruña
Para saber máis: A Nosa Terra
Parques eólicos e cuñados na Xunta
Pero non se limita ás minicentrais hidroeléctricas a actividade empresarial da familia de Francisco Vázquez. A súa empresa Hidroeléctrica del Arnoya, no penúltimo consello da Xunta que presidiu Manuel Fraga e que tivo lugar o 14 de xullo de 2005, conseguiu a adxudicación dunha licenza para instalar o parque eólico dos Chaos, na provincia de Lugo, orzamentado en 10,4 millóns de euros.
Dase a circunstancia de que, no momento en que se concede esta licenza, o director xeral de Industria, Enerxía e Minas, encargado de supervisar os proxectos eólicos e hidroeléctricos otorgados pola Xunta, é Ramón Ordás Badía, cuñado de Luís Castro Valdivia, socio da familia Vázquez na empresa que se beneficiou da concesión, Hidroléctrica del Arnoya.
Ordás Badía, alto cargo da Xunta dende 1999 até que Fraga perdeu a maioría absoluta en 2005, tivo unha importancia determinante non só na concesión da maior parte das licenzas de minicentrais hidroeléctricas e parques eólicos que se otorgaron en Galiza senón tamén no estabrecemento da planta de ragasificación de Reganosa na ría de Ferrol, empresa para a que estivo a piques de empezar a traballar antes de que Endesa o mandara a Portugal, onde desenvolve agora as súas actividades profesionais.
Luís Castro Valdivia, fundador co seu pai, Luís Castro Gómez, da empresa Hidroeléctrica del Arnoya, que constituíron cun capital social de só 3.000 euros, está casado con Rosa Ordás Badía, irmá do que foi director xeral de Industria da Xunta de Galiza. No piso onde vive na Coruña o matrimonio Castro-Ordás, na rúa Fama, tivo a súa sede social durante algún tempo a empresa Hidroeléctrica del Arnoya, antes de que fora comprada a súa metade pola familia de Paco Vázquez. Luis Castro Valdivia foi responsábel de Novas Xeneracións, a organización xuvenil do Partido Popular."
_________________________
Máis dos mesmos....
La Opinión de A Coruña
Un constructor logrou unha concesión enerxetica que comprou por 600 euros
A adxudicación outórgalle dereitos para xerar enerxía hidroeléctrica por unha potencia valorada en 10 millóns de euros.
O constructor coruñés José Luís Jaime Martínez Díaz, un dos fundadores e agora administrador único da empresa Cuadernas e Arcos, conseguiu que a Xunta do Partido Popular autorizáselle a explotar unha minicentral hidroeléctrica cuxos dereitos adquirira dous meses antes por 600 euros (100.000 pesetas).
A concesión hidroeléctrica foi outorgada polo Goberno en funcións o pasado 3 de agosto malia que o proceso de selección do beneficiario da minicentral está aínda pendente dunha resolución xudicial, despois de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia houbese anulado a maior parte do procedemento administrativo.
O constructor coruñés adquiriu os dereitos para explotar unha minicentral hidroeléctrica no río Landro, no municipio lucense de Ourol, mediante a empresa Sociedade Lucense de Enerxía Hidráulica e Eólica, unha sociedade limitada que el mesmo constituíra só cinco días antes da compra dos dereitos da concesión. Dous meses despois, Augas de Galicia autorizou a minicentral solicitada, cunha potencia de 10 megavatios, cuxo valor de mercado pode alcanzar os 10 millóns de euros (1.660 millóns de pesetas), o que potencialmente supón un beneficio 16.000 veces maior que o investimento realizado.
José Luís Jaime Martínez Díaz, cuxa empresa carecía de experiencia no sector hidroeléctrico, comproulle os dereitos para explotar a minicentral ao empresario energético Luís Castro Valdivia, cuñado do entón director xeral de Industria, Ramón Ordás Badía, que á súa vez se fixo, xunto co presidente da patronal galega, Antonio Fontenla, co control da sociedade municipal que solicitara á Xunta a concesión da minicentral hidroeléctrica.
O administrador da constructora coruñesa Arcos e Cuadernas constituíu o 10 de febreiro de 2005 ante un notario a empresa Sociedade Lucense de Enerxía Hidráulica e Eólica, unha sociedade limitada con 4.000 euros de capital social da que el é o único socio. O día anterior, un informe de Augas de Galicia propuxera a adjudicación a Hidroeléctrica de Ourol dos dereitos para explotar unha minicentral hidroeléctrica.
Cinco días despois, o 15 de febreiro do ano pasado e tamén ante notario, asinou con Luís Castro Valdivia a escritura de cesión dos dereitos que a empresa Hidroeléctrica de Ourol -fundada con capital municipal pero despois controlada por empresas de Castro Valdivia e Antonio Fontenla grazas a unha ampliación de capital- tiña sobre a concesión para explotar unha minicentral hidroeléctrica no río Landro, no municipio lucense de Ourol.
Vieiros
Apenas dous meses despois, o 7 de abril de 2005, o presidente de Augas de Galicia outorgou a concesión da minicentral hidroeléctrica que solicitara Hidroeléctrica de Ourol á Sociedade Lucense de Enerxía Hidráulica e Eólica, que comprara os dereitos por 600 euros.
A Xunta adxudicou finalmente a concesión o 3 de agosto de 2005, só un día antes de que tomase posesión o novo Goberno e o PP abandonase o Executivo galego, tras perder nas eleccións autonómicas do 19 de xuño a maioría absoluta que lle permitiu gobernar Galicia durante 16 anos.
A adjudicación produciuse a pesar do proceso xudicial aberto en torno a eses dereitos e á existencia dun incidente de ejecución pendente de resolución por parte do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que anuló case todo o proceso administrativo desenvolvido para elixir ao beneficiario da concesión.
Os dereitos foron vendidos ademais pese a que a compraventa da concesión estaba expresamente prohibida por unha resolución da Xunta.
A compraventa de dereitos energéticos desvelada pola OPINIÓN figura entre as irregularidades constatadas polos técnicos da Consellería de Industria que elaboraron a petición do fiscal xefe do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Carlos Varela, un informe sobre as anomalías achadas na adjudicación de concesións hidroeléctricas e eólicas en Galicia durante os últimos anos.
A Consellería de Medio Ambiente, do mesmo xeito que a de Industria, xa remitiu ao fiscal o seu informe sobre as irregularidades na xestión de minicentrales.
______________________
¿Queredes máis...?
Leido en : Vieiros
Denuncian irregularidades na concesión de aproveitamentos hidroeléctricos
[16/06/2005 17:04] A Coordenadora Galega para a Defensa dos Ríos (COGADER), formada por organizacións ecoloxistas, plataformas veciñais, sindicatos, asociacións de pescadores e outras entidades preocupadas polos ríos, detectou irregularidades na concesión de aproveitamentos hidroeléctricos que afectan a numerosos espazos naturais da Rede Natura 2000, coma por exemplo o sistema fluvial Ulla-Deza e os sobreirais do río Arnego. COGADER anunciou a súa intención de trasladar á Fiscalía Anticorrupción a documentación da que dispón en relación coa tramitación e adxudicación por parte de Augas de Galicia, organismo dependente da Consellería de Medio Ambiente, de numerosas concesións a diversas empresas, como Energías del Deza, detrás das cales está a mesma persoa.
As empresas detrás das que está esta persoa ven tramitadas as súas concesións rapidamente. Outros expedientes que afectaban ás mesmas zonas polas que se interesa "o conseguidor" foron resolvidos desfavorabelmente para outras empresas.
Segundo COGADER, "existe unha falta clara de transparencia na tramitación das concesións, falta de expedientes de valoración de impacto ambiental, ocultación de información e prazos fóra do habitual, tramitándose os mesmos a máis velocidade que o resto. Existe tamén unha vulneración da lexislación ambiental, pois os estudos ambientais eluden valorar os posibles impactos reais, non existindo por exemplo impactos catalogados coma severos e críticos nestes espazos. Cómpre recordar que estes espazos recentemente foron incluídos na Rede Natura 2000 e, polo tanto, están suxeitos á protección máxima que lle confire o artigo seis da Directiva Hábitats".
De acordo con COGADER, "hai evidencias bastante fundamentadas que fan pensar seriamente que este trato de favor non se debe a unha situación circunstancial. Confirmouse unha especial predisposición e sintonía por parte de Augas de Galicia a favorecer a estas sociedades".
COGADER empraza "ao presidente de Augas de Galicia, que á súa vez é Secretario Xeral da Consellería de Medio Ambiente, a que explique publicamente que está a suceder con estas irregulares e precipitadas concesións".
Tramitacións en tempo récord
As tramitacións que teñen a ver co "señor das minicentrais" fanse en tempo récord. COGADER dá os seguintes exemplos:
-Hidroeléctrica de Ourol SL. Centrais no río Landro, das Balsadas e Xestosa, que, segundo o Consello de Contas, contou con concesións irregulares.
-Hidroeléctrica del río Arnoya SL. Dous aproveitamentos concedidos en extrañas circunstancias, segundo o Consello de Contas, no río Corzán e no Xallas.
-Ecoener SL. Aproveitamento hidroeléctrico no río Soldón e Vilarmel, Salto de Val da Cova, na Serra do Courel (Folgoso do Courel). Outros aproveitamentos hidroeléctricos solicitados na mesma zona foron resoltos negativamente pola Confederación Hidrográfica do Norte.
-Desarrollo Energético de A Lama SL. Central Hidroeléctrica no Río Xesta (A Lama). En setembro de 2000, a Dirección Xeral de Turismo da Consellería de Cultura informa que o aproveitamento sitúase nun ámbito atractivo para a práctica turística. En febreiro de 2002, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación ambiental da Consellería de Medio Ambiente informa que o proxecto construtivo presenta modificacións a respecto do proxecto inicial.
-Ecoener e Compañía Gallega de Minicentrais S.A. (esta última absorbida por Hidroeléctricas de Arnoia). Figura como administrador das dúas compañías, promovendo as dúas unha concesión para un aproveitamento hidroeléctrico no río Tronceda (Mondoñedo), empresas que posteriormente cederon os seus dereitos no expediente á Sociedade Española de Generación Eléctrica-Segel, SL, considerándose por tanto a única peticionaria.
Os casos do Ulla e o Deza
COGADER afirma que "na actualidade, varios expedientes de solicitude de concesión resultan moi sospeitosos pola celeridade coa que se están a tramitar e o número de peticións realizadas dende finais de abril de 2005". É o que acontece con proxectos que afectan aos ríos Ulla e ao seu afluente o Deza.
Energías del Deza presentou solicitudes para tres aproveitamentos que deteriorarían o espazo da Rede Natura 2000 "Sistema Fluvial Ulla-Deza". Ademais, pedíronse un total de 11 aproveitamentos por parte doutros catro peticionarios. Un deles acaba de desistir da súa petición. No río Ulla "Energías del Deza" solicitou a minicentral Salto da Peña.
Tamén parques eólicos
O "señor das minicentrais" tamén opta a concesións de parques eólicos, sendo conselleiro delegado de Energías del Ribeiro S.L e de Hidroeléctrica de Ourol, S.L, e administrador único de Eólicas da Mariña SL e Eólicas del Barbanza S.A. Dúas delas parecen involucradas na especulación de concesións.
En decembro do ano pasado, no xornal "La Voz de Galicia" puido lerse o seguinte titular: "A Xunta outorga parques eólicos a sociedades creadas dous meses antes. Ningunha destas novas empresas supera os 4.000 euros de capital social nin posúe experiencia no sector"
Listado de sociedades vinculadas pola mesma persoa
- 1.Desarrollo energético de A Lama S.L. Ten permiso concedido no río Xesta (A Lama).
- 2. Compañía Gallega de Minicentrales S.A. (extinguida e absorbida por Hidroeléctrica de Arnoia).
- 3. Ecoener S.L. concesións en río Tronceda, Salto de Lagoa en Mondoñedo. Río Soldón e Vilrmel, Salto de Val de Cova, Quiroga e Folgoso do Courel.
- 4. Energías de Pontevedra S.L
- 5. Energías de Quiroga, SL.
- 6. Energías del Deza S.L.
- 7. Energías del Ribeiro S.L.
- 8. Hidroeléctrica del Barbo S.L.
- 9. Hidroeléctrica de Cartelle S.L.
- 10. Hidroeléctrica de Gomesende S.L.
- 11. Hidroeléctrica de Hermisende S.L.
- 12. Hidroeléctrica de Mondonedo S.L.
- 13. Hidroeléctricas de Ourol S.L.
- 14. Hidroeléctrica de Tosende SL.
- 15. Hidroeléctrica de Viana do Bolo SL.
- 16. Hidroeléctrica de Vila de Cruces S.L.
- 17. Hidroeléctrica del Arnoia SL.
- 18. Hidroeléctrica del Boeza SL.
- 19. Hidroeléctrica del Freixas SL.
- 20. Hidroeléctrica del Giesta SL.
- 21. Hidroeléctrica del Linares SL.
- 22. Hidroeléctrica del Mandeo SL.
- 23. Hidroeléctrica del Navia SL.
- 24. Ingeniería Medio Ambiental de Galicia SL.
- 25. Instituto Energético de Galicia SL.
- 26. Promotoras Energéticas de Chandrexa de Queixa SL.
- 27. Sociedade Eléctrica del Río Frío SL.
Boa sorte paisanos!
Alegacións a ordenanza reguladora de montes e espazos forestais
Para: artabra21@gmail.com
Data: 23 de marzo de 2007 13:44
Asunto: alegacións a ordenanza reguladora de montes e espazos forestais
AO CONCELLEIRO DELEGADO DE MEDIO AMBIENTE
Dona YOLANDA DÍAZ PÉREZ, con D.N.I nº 32.662.769, con domicilio a efectos de notificación no Grupo municipal de EU-IU no Concello de Ferrol, na súa calidade de voceira do grupo municipal de EU-IU, presenta as seguintes alegacións ao borrador da Ordenanza reguladora de actividades nos montes e espazos forestais.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Todas as nosas alegacións están estruturadas polo eixo da protección do medio e o propiciar a participación das asociacións do rural neste ámbito tan seu e, xa que logo, as nosas achegas queren incidir na regulación das plantacións, extremar o control sobre as actuacións dos maderistas, coidar as distancias a predios e viais e preservar o monte trala actividade productiva feita sobre él.
Dacordo cos eixos das nosas alegacións entendemos que a redacción proposta no borrador reduce as garantías de control público e precaución ambiental, favorecendo unha práctica económica que tende a desrregularse e a deixar facer aos maderistas, en prexuízo da preservación da riqueza material e natural do s espazos forestais.
ALEGACIÓNS
PRIMEIRA. ESQUERDA UNIDA-IU defende que se manteñan os puntos 2 e 3 do artigo 1 ( ámbito e delimitación ) da ordenanza vixente, suprimidos no presente borrador. A delimitación nos planos de ordenación e a elaboración do catálogo de masas e/ou especies forestais permite unha maior garantía de control e protección dos espazos obxecto da presente regulación.
SEGUNDO. ESQUERDA UNIDA-IU defende que se manteña o redactado do artigo 3 da vixente ordenanza ( especies estranas ), cando prohíbe taxativamente o emprego das devanditas especies, rexeitando o que nos propón o borrador , onde todo queda suxeito a arbitrariedade da autorización municipal. Este artigo realza a necesidade – alegada por nós - de elaborar o catálogo consignado no artigo 1.
TERCEIRA. ESQUERDA UNIDA-IU defende que se manteña o punto 3 do artigo 9 ( planos especiais ) da ordenanza vixente, que o borrador propón eliminar. Tratamos con elo de extremar as cautelas para que non se produzan agresións no medio, como serían edificacións permanentes.
CUARTA. ESQUERDA UNIDA-IU defende que no artigo 10 do borrador ( novas plantacións ), se rebaixe de cinco hectáreas a unha a superficie que requira permiso de plantación., pois 5 ha. resultan un extensión grande dabondo e cómpre reducila para mellorar a protección dos espazos. No noso concello non abundan espazos de tales dimensións, e entendemos que a nosa proposta permitiría incluir moitos espazos dentro das cautelas e proteccións que recolle esta ordenanza.
QUINTA. Tamén no mesmo artigo 10 do borrador, ESQUERDA UNIDA-IU demanda que se manteña a esixencia de realizar un estudo de impacto ambiental – que neste borrador deixa de ser obrigatorio -, pois estas cautelas redundan na protección dos espazos contemplados na ordenanza.
SEXTA. ESQUERDA UNIDA-IU defende que no artigo 11 do borrador( distancias mínimas ), se manteñan os puntos 3 e 4 da ordenanza vixente , que desaparecen neste borrador , que marcan unhas distancias mínimas que no caso dos camiños acadan os 3 metros e no das estradas chegan a 6 metros; por canto para nós é moi importante evitar que os viais públicos sexan invadidos e non se poña en perigo a seguridade no tráfico.
SÉPTIMA. Neste mesmo artigo 11, ESQUERDA UNIDA-IU sostén que se manteñan zonas libres para calquer estrutura de sinalización terrestre ou marítima como xa recolle a ordenanza en vigor, e que non consigna o borrador. A razón desta alegación é a de extremar a seguridade do tránsito.
OCTAVA. ESQUERDA UNIDA-IU propón que se manteñan os puntos 6 e 7 do artigo 11da ordenanza en vigor, que desaparecen no mesmo artigo 11 do borrador; nós estimamos que cómpre extremar as precaucións en zonas de difícil visibilidade e para que as plantacións non invadan o espazo das vías, para mellor garantir a seguridade.
NOVENA. ESQUERDA UNIDA-IU defende que no artigo 11 do borrador se recolla a necesidade de que a faixa de 50 metros de ancho ao redor das urbanizacións teña que ser contemplada nos proxectos previos de reforma como de necesaria titularidade dos promotores da devandita urbanización; cómpre evitar casos como Menáncaro.
DÉCIMA. ESQUERDA UNIDA-IU propón que se manteña no artigo 12 do borrador ( realización de tarefas extractivas ), o texto que está en vigor na presente ordenanza, no que atinxe a regular aos vehículos con peso máximo autorizado superior ás 5tn.
DÉCIMO PRIMEIRA. ESQUERDA UNIDA-IU defende que se manteña no artigo 13 do borrador ( solicitude autorización de extracción ) a redacción dos puntos 2 e 3 da actual ordenanza en vigor no artigo 17. Deste xeito a solicitude de autorización describira as condicións de entresaca e non permitirá a cota matarrasa; e o madereiro terá que facer constar a especie que vai cortar, a cantidade, a localización do predio e os datos do propietario do mesmo, e a copia do recibo da compra da madeira, os camiños e vías e vehículos que se van empregar. Todos estos requisitos sirven para garantir que nos atopamos ante unha actividade económica legal e respectuosa do medio forestal.
DÉCIMO SEGUNDA. Para ESQUERDA UNIDA-IU cómpre manter - e así o defendemos - , a vixencia dos artigos 13 ( licencia de actividade ) e 14 ( taxas de licencia e rexistro de vehículos ) da ordenanza en vigor, que desaparecen na proposta de borrador. A explicación é que queremos que esta sexa unha actividade económica legal que, como outras, achegue recursos ao concello e que en caso de producise algunha incidencia teñamos toda a información do autor. A redacción que nos propón o borrador suprime requisitos indispensables para este fin.
DÉCIMO TERCEIRA. No artigo 14 do borrador ( artigo 16 na ordenanza en vigor ), ESQUERDA UNIDA-IU propón que se suba a contía das fianzas, que son moi baixas respeito do volumen de madeira a que se refiren.
DÉCIMO CUARTA. ESQUERDA UNIDA-IU defende o mantemento do punto 3 do artigo 18 da vixente ordenanza ( reparación de deterioracións... ), o artigo 15 do borrador, no que esixe que o titular da actividade recolla e retire ás zonas de deposito establecidas os restos derivados da súa actividade. A seguridade en xeral e en particular o que ten que ver coa prevención de lumes demanda que se manteña esta precaución.
DÉCIMO QUINTA. ESQUERDA UNIDA-IU defende que se lle engada ao artigo 16 do borrador ( sobre carga e depósito de madeira ) o texto do punto primeiro do artigo 19 da ordenanza vixente, esto é, nós demandamos rixa a prohibición terminante de realizar tarefas de carga e almacenamento sobre vías e estruturas anexas de titularidade pública local, provincial ou da administración pública que sexa. As razóns da demanda son de seguridade e se están a incumplir , valga o exemplo, nestes días atrás alomenos no vial de Balón a Vilasanchez. Que non quede ao socaire da deixación ou arbitrariedade municipal.
DÉCIMO SEXTA. No mesmo artigo 16 do borrador, ESQUERDA UNIDA-IU sostén que se engadan os puntos 6 e 7 do artigo 19 da ordenanza aprobada, os cales resultan moi importantes para previr os lumes. Que as moreas de madeira cortada e os restos de rams, cortizizas e follaxes garden distancias entre sí de seguridade de 10 e 25 metros respectivamente.
DÉCIMO SE´PTIMA. ESQUERDA UNIDA-IU defende que o artigo 17 do borrador ( execución subsidiaria ) sexa substituido polo artigo 20 da actual ordenanza, pois a súa redacción resulta máis clara..
DÉCIMO OCTAVA. No artigo 19 do borrador ( responsables ) ESQUERDA UNIDA-IU propón que os servizos técnicos municipais teñan a obriga de denunciar as infraccións que se produzan non só a esta ordenanza, senón a calquer outra, caso do tráfico; que non se limiten ao ámbito específico da ordenanza se son coñecedores de que se imcumpren outras.
DÉCIMO NOVENA. ESQUERDA UNIDA-IU considera necesario que o artigo 20 do borrador ( clasificación das infraccións ) incorpore a creación dun rexistro de infraccións e que se recolla que a suma de dúas ou máis infraccións leves suporá unha infracción grave.
VIXÉSIMA . ESQUERDA UNIDA-IU propón que no artigo 22 do borrador ( sobre sancións ), que segundo o permita a lei 7/1985 Reguladora das Bases do Réximen Local, o importe das sancións sexa incrementado para que teñan un mínimo efecto disuasorio
VIXÉSIMA PRIMEIRA. No mesmo artigo, ESQUERDA UNIDA-IU demanda que se reduza o prazo que contempla o borrador para facer a retirada do arborado até cumprir as distancia mínimas cando sexa cometida unha falta leve; a retirada terá que efectuarse nun prazo máximo dunha semana, prazo que privilexia a nosa óptica de primacía dunha norma que busque a seguridade.
VIXÉSIMA SEGUNDA. ESQUERDA UNIDA –IU defende que se engadan, ao artigo 22 do borrador ( sancións ), os puntos do 4 ao 8 do artigo 23 da ordenanza en vigor, por canto tipifican o réximen sancionador desta ordenanza ao servizo da protección dos espazos forestais e montes contemplados nela.
VIXÉSIMA TERCEIRA. ESQUERDA UNIDA-IU sostén a necesidade de manter o artigo 24 da actual ordenanza ( anulación de licencias ). As administracións públicas teñen que ter medios para impedir, nos casos tasados pola lei de reiterados imcumprimentos da legalidade, unha actividade lesiva para o interese xeral.
VIXÉSIMA CUARTA. ESQUERDA UNIDA-IU considera irrenunciable engadir na disposición adicional segunda - consonte a nosa defensa da democracia participativa – que calquer modificación que se practique na ordenanza terá que se facer co trámite previo de escoitar as aa.vv., tal e como se fixo co actual texto aínda en vigor. Non está de máis lembrar que o actual texto contou co acordo de tódolos grupos políticos e das asociacións do rural.
VIXÉSIMA QUINTA. No glosario, ESQUERDA UNIDA-IU demanda que se manteña no concepto de monte, que os prados e praderías – como no texto en vigor - non teñan a consideración de montes, otrosí dos terreos que nun predio esencialmente agrícola sexan axeitados para atender ao sostemento do gando.
VIXÉSIMA SEXTA. Tamén nese concepto de monte do glosario, ESQUERDA UNIDA-IU entende que hai que rebaixar a dimensión da superficie mínima, hoxe en 5000 metros cadrados, excesiva dende a nosa consideración, e que fai que haxa non poucos espazos que queden fóra da aplicación desta ordenanza, desprotexidos.
VIXÉSIMA SÉPTIMA. ESQUERDA UNIDA-IU demanda que se recolla neste glosario tanto o que fai referencia a usos primarios como a bosque atlántico, carballeira atlántica ou bosque misto caducifolio, segundo xa está recollido na actual ordenanza. Na precisión para caracterizalos vai unha parte da capacidade de protexer estes espazos.
VIXÉSIMA OCTAVA. No concepto de explotación forestal, ESQUERDA UNIDA-IU propón que non se cinga a aquelas que obteñan un rendemento económico, que sexa máis integral e abranga a todas.
VIXÉSIMA NOVENA. ESQUERDA UNIDA-IU demanda que se incorpore un mecanismo de protección de restos arqueolóxicos na proposta de nova ordenanza.
TRIXÉSIMA. ESQUERDA UNIDA-IU defende que se inorpore, por último, unha indicación para regulamentar os espazos de montes en mancomún, o cooperativismo forestal, consonte a necesidade de impulsar o espazo da economía social.
Asdo. YOLANDA DÍAZ PÉREZ
Marcadores: EU-IU, Monte Galego
[redelitoralvivo] Confirmación de lugar e hora para a Xuntanza do 31]
Para: artabra21@gmail.com
Data: 23 de marzo de 2007 0:16
Asunto: [redelitoralvivo] Confirmación de lugar e hora para a Xuntanza do 31]
---------- Mensaxe reenviado ----------
From: Xan Duro -xanduro@usc.es- -xanduro@usc.es-
To: redelitoralvivo@verdegaia.org
Date: Thu, 22 Mar 2007 19:48:22 +0100
Subject: [redelitoralvivo] Confirmación de lugar e hora para a Xuntanza do 31
Ola de novo,
Confirmada a xuntanza o día 31 de marzo ás 12 na Galería Sargadelos de Compostela, Rúa Nova 16.
Esta xuntanza é non é exclusiva da Rede Litoral Vivo senón abertas a todos so colectivos que queiran asisitir. Divulgade o máximo posíbel a convocatoria.
Unha aperta e ate o sábado.
-----------------------------------------
Xan Duro
Coordenador Xeral de Verdegaia
www.verdegaia.org
www.bicis.info
www.redelitoralvivo.info
www.plataformaferrocarril.org
Marcadores: Manifestacións, Rede Litoral Vivo
Fusquenlla: seguimos insistindo na necesidade de organizar unha manifestación pola defensa do territorio
Para: artabra21@gmail.com
Data: 23 de marzo de 2007 0:24
Asunto: convocatoria
Dende o Colectivo FUSQUENLLA seguimos insistindo na necesidade de organizar unha manifestación pola defensa do territorio e contra o urbanismo que ameaza a nosa paisaxe e forma de vida.
Xa hai varios grupos que están dispostos a facer unha reunión preparatoria o día 31 de marzo ás 12 na Galería Sargadelos de Compostela, Rúa Nova 16.
Invitámosvos a esta reunión e agradeceríamos trasladásedes este chamamento a todos cantos grupos e particulares queiran sumarse a esta iniciativa.
Un saúdo.
(Fusquenlla)
Marcadores: Manifestacións, Rede Litoral Vivo
[redelitoralvivo] Mobilización do 22 de abril e xuntanza preparatoria]
Para: artabra21@gmail.com
Data: 23 de marzo de 2007 0:14
Asunto: [redelitoralvivo] Mobilización do 22 de abril e xuntanza preparatoria]
---------- Mensaxe reenviado ----------
From: Xan Duro -xanduro@usc.es-
To: redelitoralvivo@verdegaia.org
Date: Thu, 22 Mar 2007 17:42:18 +0100
Subject: Re: [redelitoralvivo] Mobilización do 22 de abril e xuntanza preparatoria
Ola a tod@s,
O que debemos pretender para o día 22 e dar un berro colectivo dende os movementos sociais contra a destrución do noso litoral e por outro modelo de desenvolvemento do mesmo. O protagonismo ten que ser principalmente dos colectivos afectados directamente, e na súa localidade, por esta destrución e co apoio dos afectados "colaterais" que podemos ser os grupos ecoloxistas e a cidadanía en xeral (non partidos políticos)
O tempo non é moito pero penso que abonda na medida que cada un dos colectivos participantes se implique na súa divulgación e en mobilizar a canta xente poida.
O que si é imprescindíbel e mantermos unha xuntanza presencial de todos os colectivos interesados para definir:
1. Lema da convocatoria
2. Manifesto
3. Cartelería: deseño, nº de exemplares a imprimir e custos
4. Faixa de cabeceira (se a queremos)
5. Permisos
6. Custo económico e prorateo entre participantes.
Propoño o sábado 31 de marzo pola mañá en Santiago.
Agardo as vosas opinións
Unha aperta
-----------------------------------------
Xan Duro
Coordenador Xeral de Verdegaia
www.verdegaia.org
www.bicis.info
www.redelitoralvivo.info
www.plataformaferrocarril.org
Marcadores: Manifestacións, Rede Litoral Vivo
Proposta de logo para Os sen voz
Data: 22 de marzo de 2007 23:10
Asunto: Proposta de logo dos sen voz
Aí vai unha proposta de logo para "Os Sen Voz".
A ver se vos gosta.Saudos
Marcadores: Os sen Voz
Desde a Rede Litoral propopoñen unirnos a unha manifestación o día 22 de abril
20070322
Para: artabra21@gmail.com
Data: 22 de marzo de 2007 17:28
Asunto: mobilización
Desde a Rede Litoral propopoñen unirnos a unha manifestación o día 22 de abril (día da Terra) en Santiago aproveitando a que van facer varios grupos do Son e doutra zona onde queren poñer piscifactorías. Previamente haberá unha reunión en Santiago o día 31 deste mes (estou á espera de confirmación da data) Fusquenlla vai asistir á reunión. Decídeme si a Plataforma está dacordo. De tódolos xeitos, intentarei ir o 27 á Asemblea. Un saúdo.
Marcadores: Manifestacións, Rede Litoral Vivo
Greempace e a convocatoria dunha manifestación o 22 de abril na defensa do litoral
Para: artabra21@gmail.com
Data: 22 de marzo de 2007
Asunto: Greempace e a convocatoria dunha manifestación o 22 de abril na defensa do litoral
Pakinho escribió:
Ola a tod@s
En principio dende Greenpeace estamos dispostos a apoiar e participar na manifestación do día 22, pero dende Madrid (xa sabedes que é ali onde tomán este tipo de decisións) pídenme que me asegure de que non haberá partidos políticos involucrados e que a mensaxe oficial da manifestación limitarase a defensa do litoral ...
Daquela pediríavos que me confirmarades estes puntos e, que si xa a pensachedes, cal é a mensaxe ou consigna principal da cabeza da manifestación.
Espero que entendades estas precaucións que temos que tomar e que están nos nosos estatutos e que é a propia responsable de costas quen se ten que cubrir as costas perante da executiva.
Unha aperta a tod@s e espero a vosa resposta,
Paco González
Coordinador do grupo local de Greenpeace na Coruña
Marcadores: Manifestacións, Rede Litoral Vivo
Investiguar ao ex director xeral de industria Ramón Ordás Badía por posible trafico de influencias ao permitir a construcción de Reganosa
Para: artabra21@gmail.com
Data: 22 de marzo de 2007 12:47
Asunto: Investiguar ao ex director xeral de industria Ramón Ordás Badía por posible trafico de influencias ao permitir a construcción de Reganosa
Para: Víctor Manuel López Casal -vmlcasal@avogacia.org-
Gracias Victor, non sería posible pedirlle ao fiscal que investigue ao ex director xeral de industria Ramón Ordás Badía por posible trafico de influencias ao permitir a construccion de Reganosa en medio das casas e vulnerando o Raminp, lei de costas, seveso II, proximidade a Forestal...? Despois terminou traballando para un dos socios maioritarios de Reganosa: Endesa. Esto demostraría que a concensión esta viciada dende o principio por intereses cruzados e amiguismo.
Grazas e un saúdo.
Carlos
Mira isto en La Opinión de hoxe:
A Fiscalía denuncia ao socio de Vázquez e Fontenla por tráfico de influencias
O fiscal do TSXG imputa o mesmo delito ao cuñado de Castro Valdivia, a quen acusa de favorecer ao seu familiar nos seus negocios cando era director xeral de Industria, Enerxía e Minas co PP.
M. Ballesteros / J.L. Álvarez.A Coruña
A Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) denunciou por un delito de tráfico de influencias ao ex director xeral de Industria, Enerxía e Minas Ramón Ordás Badía e á súa cuñado Luís Castro Valdivia, socio do presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Antonio Fontenla, e da muller e os fillos do ex alcalde e embaixador de España no Vaticano, Francisco Vázquez. O Ministerio público sostén que Ordás Badía aproveitou presuntamente o seu cargo para favorecer a empresas do seu parente con intereses no sector hidroeléctrico e eólico e apunta a posibilidade de que tamén se produciron delitos de cohecho e prevaricación.
As dilixencias da Fiscalía abríronse en marzo do ano pasado despois de que A OPINIÓN publicase unha serie de informacións nas que desvelaba os vínculos empresariais de Castro Valdivia co presidente da patronal galega e coa esposa do entón regidor coruñés no sector energético, no que obtiveran licenzas para a explotación de minicentrales hidroeléctricas e parques eólicos.
No escrito enviado a semana pasada ao Xulgado de Instrución Decano da Coruña, o fiscal José Ramón Piñol precisa que nos feitos denunciados poderían estar implicadas outras persoas relacionadas co entramado empresarial deseñado por Castro Valdivia, xa sexa como "colaboradores necesarios" ou "en tarefas auxiliares", e aos que tamén se fará extensiva a denuncia se ao longo da investigación, da que se fixo cargo o Xulgado de Instrución número 1 da Coruña, concrétase a súa participación.
Durante a fase de dilixencias informativas, o Grupo de Blanqueo da Unidade de Drogas e Crime Organizado (Udyco)-Coruña realizou a petición da Fiscalía do TSXG un informe sobre as decenas de empresas gestionadas ou participadas polo cuñado de Ordás Badía nos últimos anos no que se refire, segundo precísase na denuncia, os datos registrales, a vida social, as actividades económicas, os socios integrantes de cada sociedade e as modificacións de estatutos.
Na súa denuncia, a Fiscalía recoñece que Castro Valdivia iniciou fai moito tempo os seus negocios no sector energético, pero precisa que foi desde que a súa cuñado asumiu o cargo de director xeral de Industria, Enerxía e Minas, en novembro de 1999, cando a súa actividade empresarial recibiu "un forte impulso e consolidación".
Castro Valdivia foi creando desde entón, segundo o fiscal, unha serie de empresas de características parecidas e coas que obtivo nove licenzas hidroeléctricas e sete para explotar parques eólicos. Todas as sociedades vinculadas a Castro Valdivia son de responsabilidade limitada, de capital "moi escaso", carecen de persoal para levar a cabo as súas finalidades sociais e nin sequera contan con soporte técnico para poder desenvolver proxectos energéticos. O fiscal tamén apunta, como informou no seu día A OPINIÓN, que as sociedades -35, segundo a denuncia-, non teñen "soporte material", xa que case todas teñen o seu domicilio social en dúas direccións da Coruña: o número 1 de cálea Fama e o número 6 do Cantón Grande.
"Estamos en presenza dunha rede empresarial que carece das condicións mínimas para poder afrontar proxectos do tamaño financeiro e técnico como o que requiren os relacionados co sector energético, e por iso non poderían obter as autorizacións administrativas correspondentes", sinala o fiscal no seu escrito. Malia estas carencias, a rede de Castro Valdivia, na que tamén ten un peso moi destacado o presidente da patronal galega, logrou controlar dereitos para controlar minicentrales e parques eólicos por valor de máis de 63 millóns de euros, algúns dos cales foron obtidos en xullo e agosto de 2005, cando a Xunta presidida por Manuel Fraga estaba xa en funcións.
O Ministerio público tamén puido constatar durante a súa investigación, que foi iniciada de oficio pouco despois de que
A OPINIÓN comezase a informar da vinculación societaria de Castro Valdivia coa familia de Francisco Vázquez, que na constitución das sociedades buscouse a "ocultación de persoas" de forma intencionada para poder evitar o control da titularidad real dos proxectos energéticos autorizados.
É o caso, por exemplo, de Hidroeléctrica do Arnoya, unha sociedade con dúas minicentrales hidroeléctricas nos concellos de Negreira e Serra de Outes e con autorización para un parque eólico e cuxo capital #repartir+se ao 50% entre dúas empresas máis: Iglevaz e Desenvolvemento Energético de Galicia. A primeira das sociedades está controlada pola muller de Vázquez, María do Carmen da Igrexa, e os seus dous fillos, Elena e Francisco. A segunda está participada, á súa vez, por dúas sociedades: unha de Castro Valdivia e outra de Antonio Fontenla.
As ramificaciones de entidades empresariais repítense ata case perderse en moitas outras sociedades ás que está vinculado o cuñado de Ordás Badía. O fiscal precisa que son 35 as sociedades nas que Castro Valdivia aparece como administrador, conselleiro ou apoderado, entre outros cargos, ás que engade outras catro nas que tivo responsabilidades no pasado, pero refire na súa denuncia que existen outras compañías vinculadas ao industrial que non teñen relación directa coa actividade energética que deberían investigarse para coñecer a súa exacta relación co entramado.
A investigación levada a cabo nos últimos meses fai tamén pensar á Fiscalía do TSXG que o sistema deseñado por Castro Valdivia para gestionar os seus negocios permitiulle eludir a obrigación legal de constituír un plan eólico empresarial, necesario cando algún empresario accede a máis dunha explotación eólica. Na denuncia ante o xulgado, o Ministerio público sinala que entre marzo de 2003 e novembro de 2005, cando gobernaba xa a Xunta PSOE e BNG, as empresas de Castro Valdivia obtiveron autorizacións para o parque eólico de Couteiro (a través de Eólicos dá Mariña), Monte Rande (Promotora Eólica de Galicia ), Sabucedo (Eólica do Morrazo), Ou Chao (Hidroeléctrica do Arnoya, controlada pola muller e os fillos de Vázquez), Vilachá (Sociedade Eólica de Ourol), Ribeiro (Enerxías de Ourol) e Ourol (Hidroeléctrica de Ourol).
A esta última sociedade, o representante do Ministerio fiscal dedícalle un capítulo aparte, xa que a empresa foi constituída polo propio Concello de Ourol, en Lugo, para gestionar os seus intereses energéticos como sociedade municipal, pero tras unha circunstancias pouco claras, segundo a propia denuncia, foi privatizada e pasou a mans de Castro Valdivia.
Hidroeléctrica do Ourol, que entón obtivera xa o aprovechamiento hidrológico do río Landro, transmitiu estes dereitos á empresa Sociedade Lucense de Enerxía Hidráulica e Eólica SL que, pese á súa denominación, ten a súa sé social en
A Coruña, no número 6 do Cantón Grande, como boa parte das compañías de Castro Valdivia. O titular único desta empresa, José L. Martínez Díaz, é a única testemuña que a Fiscalía propón na súa denuncia, ao que engade tómaa de declaración en calidade de imputados de Castro Valdivia e Ordás Badía, que agora é director de negocio energético da compañía Endesa en Portugal.
O Ministerio público propón tamén ao xulgado de instrución que reclame á Consellería de Innovación e Industria o informe sobre os expedientes de parques eólicos das empresas de Castro Valdivia, así como información sobre as condicións técnicas necesarias para que unha sociedade poida recibir unha concesión dun parque eólico; que solicite do Rexistro Mercantil as contas das case 40 empresas relacionadas coa denuncia e que pida á Tesorería da Seguridade Social datos sobre os traballadores das sociedades de Castro Valdivia.
Coa súa denuncia, a Fiscalía do TSXG tamén aporta os informes da Udyco-Coruña, os das Consellerías de Industria e de Medio Ambiente sobre as concesións energéticas, o expediente da Xunta sobre Hidroeléctrica de Ourol e as dilixencias informativas abertas pola Fiscalía da Audiencia de Lugo.
____________________________
Noticia orixinal en La Opinión de A Coruña
______________________________________--
----- Mensaxe orixinal ----
De: Víctor Manuel López Casal
Para: calareo
Enviado: xoves, 22 de marzo, 2007 12:04:47
Asunto: victor advogado
Ola Carlos:
Grazas polo teu correo, e aproveito para informarche que o 9 deste mes foi presentado no Xulgado do contencioso administrativo de Ferrol o contencioso contra REGANOSA contra a licenza de obra e a licenza de actividade. O día 21, outro particular tamén lle presentamos outro contencioso que uniremos ó anterior. Posteriormente presentaremos a demanda unha vez examinado o expediente. Mantereiche informado de como evoluciona o procedemento. Un saúdo
Marcadores: Reganosa
Celebración do día da árbore e acto sobre as piscifactorías a debate
De: CARLOS OUTEIRO BAAMONDE -couteiro@hotmail.com-Para: artabra21@gmail.com
Data: 22 de Marzo de 2007 09:34
Asunto: Celebración do día da árbore e acto sobtre as piscifactorías a debate
Compre facermos un esforzo para garantir un grupo de persoas que nos permita facer o acto un pouco "lucido"
Lembrade a charla de hoxe sobre as piscifactorías (Sargadelos ás 8 do serán)
Prégase rebotedes esta información.
Un saúdo, Carlos Outeiro.
Delegación ADEGA-Trasancos
Celebración do día da árbore ACTO PÚBLICO pola conservación dos nosos ríos
En celebración do día da árbore, a nosa Delegación comprácese en convidala/o a asistir mañá venres 23 de marzo, ás 6 do serán, a unha plantación de ameneiros á beira do río Cádavo, nas inmediacións do Mercado Fenés, detrás do supermercado Eroski (Avda. do Tarrío). Desde eiquí queremos facer un chamamento á participación de todas aquelas persoas interesadas en participar na mellora ambiental da nosa comarca.
Entre os múltiples lugares da nosa comarca onde podiamos realizar este acto consideramos apropriado este por axudarnos a visualizar o carácter reivindicativo que lle queremos imprimir. O estado actual dos nosos bosques de ribeira pode ser mellorado con pequenas e económicas actuacións que nos devolverán multiplicado por 100 o esforzo realizado. Os beneficios asociados a estos entornos pasan por serviren de refuxio a innumerábeis aves, invertebrados e mamíferos, por facer de filtro á contaminación que a miudo temos asociada ás zonas de cultivos, como regulador das condicións térmicas e de luz do río ou, por exemplo, a protección dos taludes das marxes do río. É a nosa actuación un primeiro paso para recuperar este entorno degradado.
Entre as múltiples especies arboreas que conforman a vexetación autóctona da nosa comarca eleximos o ameneiro en consideración aos nosos vellos, os que tanto nos poden aprender sobre unha relación máis sustentábel co noso entorno. Foron os nosos vellos os que nos dixeron cal era a mellor especie cando lle puxeron o nome a esa zona: O ameneiral.
Para realizar a plantación e poder respostar a dúbidas sobre a materia contaremos con Antón Muñiz, especialista no tema e membro da Directiva da nosa Delegación.
Afectuosos saúdos,
Ferrol, a 21 de marzo do 2007
Carlos Outeiro Baamonde Vice-secretario Adega-Trasancos Para máis información: Carlos Outeiro Tlf - 690.30 72 45
Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza
Pza Camilo Díaz Valiño, 2º A 15704 Santiago de Compostela
Correo electrónico: adega@adega.info
Páxina electrónica: www.adega.info
Tfnos: 981.570099 /619 808662
Marcadores: Actos Externos, ADEGA, Convocatorias, Medio Ambiente
22 de marzo, reunión da Xunta Coordenadora da PA21
22 de Marzo de 2007.
Convocatoria da XUNTA COORDINADORA para o vindeiro xoves-22 ás 7,30 horas da tarde no LOCAL da Fundaçon Artabria.
Orde do día:
1 .- Lectura e aprobación, se procede, da ACTA anterior.
2 .- Estado de contas-
3 .- Información Xeral.
- Novidades en Menáncaro.
- Recimil.
4 .- MOCIÓN- GRUPOS POLITICOS OPOSICION , PARALIZACIÓN DE OBRAS EDIFICIOS PRAZA DE PORTA NOVA – PRAZA DE ESPAÑA.
- NOVAS PROPOSTAS.
5.- AVALIACION DA PASADA ASAMBLEA EXTRAORDINARIA.
REMISION DAS PROPOSTAS DE REGULAMENTO AS PROPIAS ORGANIZACIONS DA PA21 PARA SUA DISCUSION.
6 .- CONVOCATORIA PARA A ASEMBLEA DO DÍA 27 NO LOCAL DEPORTIVO DE SARTAÑA.
DEBATE E APROBACIÓN de RESOLUCIÓN para a PROTECCIÓN DO ESPAZO NATURAL DO CHA DE BRION E LEIXA.
7 .- Suxestións e preguntas. (Actividades Lapis Verdes) ?
Ferrol a 21 de Marzo de 2007.
Asdo. - A Xunta Coordinadora.
Amadeo Varela
Ernesto Lopes
Carlos Gª Seoane
Miguel Reimundez
José R. Jove
Xosé M. Sanxoán
Marcadores: Convocatorias Internas PA21, Xunta Coordenadora PA21
Diario de Ferrol: Os bombeiros retiran parte da galería dun edificio en Ferrol Vello
Diario de Ferrol
Ferrol | Xoves, 22 de Marzo de 2007
Os bombeiros retiran parte da galería dun edificio en Ferrol Vello
Os bombeiros de Ferrol retiraron a terceira parte dunha galería que ameazaba con esborrallarse sobre a vía pública e a totalidade dos cristais do edificio correspondente ao número 51 da rúa San Francisco, en Ferrol Vello. Trátase da casa natal de Carvalho Calero, que está en ruínas.
CARMELA LÓPEZ > FERROL
A intervención do persoal do parque municipal de Bombeiros de Ferrol iniciouse ás 12.27 horas, a raíz dunha chamada dos aparejadores da Gerencia de Urbanismo do Concello.
Segundo a información facilitada polo equipo que interveu na operación, a galería en cuestión representaba un perigo para peatones e automóbiles, polo que se retirou ao redor dunha terceira parte e todos os cristais da fachada.
O operativo prolongouse por espazo de media hora e contou coa participación de seis bombeiros, o cabo e o xefe do parque municipal, co apoio do camión escaleira. Con posterioridad requiriuse a intervención do persoal da empresa Urbaser para proceder á retirada do material que quedara na vía pública.
Denuncia > A AVV de Ferrol Vello e a Comisión Cidadá pola recuperación deste barrio aseguran, mediante un comunicado, que o ocorrido onte "supón un paso máis cara á declaración de ruína do inmueble -que ou Concello ten enriba dá mesa e sobre a que terá que decidir en breve a instancias dous propietarios- e, polo tanto, a destrución definitiva dun elemento moi significativo do patrimonio arquitectónico e cultural dá nosa cidade".
Desde o seu punto de vista non é difícil sospeitar que detrás da pasividade dos propietarios hai unha estratexia clara. Nesta liña, sinalan que se trata de deixar o edificio sen protección algunha, esperando que as inclemencias meteorolóxicas déixense notar sobre a cuberta, a estrutura e a carpintería, cos consiguientes problemas para o vecindario, para finalmente, cando o estado de deterioro é moi avanzado, "solicitar a declaración de ruína, que ou Concello concede".
Con isto, sinalan os denunciantes, o que antes era un edifico único na súa especie, de interese patrimonial e cultural, "agora é un solar onde facer un par de alturas máis dás que antes había", engadindo que este proceder, que tristemente está sendo cada vez máis habitual, supón unha perda irreparable para o patrimonio construído da cidade.
En vista da situación a AVV e a Comisión Cidadá denuncian a desidia coa que se segue este tema e reclaman do Concello un cambio radical de actitude, esixindo que se cumpra a lei. Recordan, para rematar, que a adquisición da casa natal de Carvalho Calero foi acordada o ano pasado polo pleno da corporación, engadindo que noutros lugares estes edificios son transformados en casas-museo.
_________________________
Noticia orixinal no Diario de Ferrol
__________
Marcadores: Ferrol-vello, Rehabilitación
A Central Térmica das Pontes, as emisións de CO2, Kioto, o AVE,
Para: artabra212gmail.com
Data: 22 de marzo de 2007 0:59
Asunto: GALIZA REGALA ENERXÍA PARA O BENESTAR DAS REXIÓNS RICAS DE ESPAÑA
Ao fío de todo isto, non está nada mal a opinión de Couselo
(http://acentogallego.typepad.com/about.html)
GALIZA REGALA ENERXÍA PARA O BENESTAR DAS REXIÓNS RICAS DE ESPAÑA
A maior central térmica de España está no municipio galego das Pontes de García Rodríguez. Os seus 1.400 MW de potencia instalada multiplican por dez a media das 200 térmicas que deben funcionar en España. Nas Pontes existía unha mina de lignito pardo, moito azufre e escaso poder calorífico, 20 quilómetros cadrados de superficie, cunhas revervas estimadas en 154 millóns de toneladas. En 1949 comezou Encaso a súa explotación para alimentar unha térmica de 32 MW e dez anos despois tamén unha planta de fertilizantes. En 1972, o Consello de Ministros transferiu o patrimonio minero eléctrico de Encaso a Endesa. A crise do petróleo de 1973 deu valor aos lignitos pardos, o que fixo rendible queimalos para xerar enerxía eléctrica. Durante varios anos as extracciones superaron os 12 millóns de toneladas para alimentar o consumo dos catro grupos de 350 MW, así que ultimamente a térmica abastécese en maior medida de carbón de importación. A alta produción de enerxía da central das Pontes propiciou que en 1978 construísese a factoría de Alúmina-Aluminio, na costa lucense. O deporte preferido do Estado é succionar a Galicia, porque os galegos déixanlle, claro. A Galicia endosáronlle dous impactos ambientais de xeito extraordinario á grande. Seguro que se se organizasen competicións sobre contaminación, As Pontes en CO2 e San Cibran en lodos vermellos serían campións de Europa. Pero o provecho destas industrias básicas foise a outras rexións. Galicia, ademais de quedarse sen un recurso non renovable -lignito-, cargou e carga cos custos ambientais que permiten máis benestar ás comunidades ricas. ¿E que recibe como compensación? Incomprensión, marginación, agravios.. Un amigo madrileño que visitou Galicia en Semana Santa para atiborrarse de marisco de ... Irlanda, Escocia, Francia e Túnez (o bo marisco galego cómese en Madrid, pero é caro), espetoume que "os galegos estamos inundando España de CO2". Deume a risa mirando cara ás árbores que cobren palmo a palmo o monte Castrove. Os montes galegos alimentan unha inmensa fábrica de osíxeno. Pero non dan abasto. Sosteñen os investigadores que a contaminación das chemineas industriais expulsan tanto CO2, que se necesitaría unha superficie de absorción de 4,6 millóns de hectáreas e a superficie galega é só de 2,9 millóns de hectáreas. Entón, hai que deixar de queimar carbón e alimentar as centrais con gas natural.
O caso é que a Comunidade de Madrid produce o 0,1 por cento da electricidade de España, pero consome o 11,4, segundo Unesa. ¿De onde sae a diferenza? Pois de Asturias, Galicia, Estremadura e Castilla e León. Madrid non ten centrais nucleares nin xeradores eólicos. Só unha miseria hidráulica e outra pouca térmica. Pero goza dun bo fornezo, ao prezo único nacional. Non é milagre que o PIB per cápita dun galego sexa o 61,8 por cento do dun madrileño. Os residentes na vila do oso e o madroño alcanzan por este concepto 10.409 euros anuais máis que os habitantes da esquina occidental de Europa. O PIB por habitante de 16.870 euros de Galicia esperemos que non mengue por culpa do CO2 se hai que pagar plusvalías na bolsa de dereitos de emisión por esixencias do guión de Kioto e dos mercadores de Bruxelas. Resulta irritante que circulase o rumor de que o AVE a Galicia podía quedar para 2020 porque non hai suficiente enerxía eléctrica para tirar das máquinas. E Galicia, ademais da gran produción térmica, ten o 16,7 por cento da potencia hidráulica instalada e o 24,2 da eólica. (Galicia é campioa de España en produción de enerxías renovables). Ocorre que desde que chegou a democracia, no canto de gobernos autonómicos, temos como unha sucursal do Goberno central. É como correr cen metros lisos con muletas. Non se chega á meta.
Enlace orixinal do artigo
Saúdos
Comunicado do Colectivo de "Os sen Voz de Galicia"
20070321
Para: artabra21@gmail.com
Data: 21 de Marzo de 2007 00:51
Asunto: Comunicado do Colectivo de "Os sen Voz de Galicia"
Nas dúas últimas semanas en varias reunións de distintas asociacións en relación con La Voz de Galicia, redactouse un texto de dúas páxinas co título de "Os sen Voz de Galicia" para colgar en, paginas de Internet das asociacións participantres ou que subscriban devandito texto.
Do mesmo texto fíxose unha versión máis reducida dun páxina para divulgar pola rúa e do que xa se difundiron 2000 exemplares este domingo pasado na Feira de Ferrol.
Para todos os que aínda non o coñecen achéganselles ambos textos, o de dúas páxinas e o dunha so páxina. Ademáis da versión en galego apórtase a versión en castelán para uso e envio a quen desde fóra de Galicia poida contribuír á súa difusión.
Saudos cordiais
Carmelo Teixeiro
Motivado as censuras e manipulacións do grupo La Voz de Galicia, un colectivo de asociacións cidadáns, ecolóxicas e socioculturais nos agrupamos transitoriamente baixo a denominación de “OS SEN VOZ DE GALICIA”. Compartimos un profundo malestar pola deriva de dito grupo nos últimos tempos en connivencia con posicións radicais conservadoras. Somos conscientes da importancia que este grupo de comunicación ten na conformación da opinión pública galega, e dende a nosa condición de cidadáns galegos do século XXI entendemos que é necesaria unha profunda rectificación na liña editorial deste grupo, alomenos no que atinxe á bisbarra de Ferrol.
A nosa condición cidadá a vimos amosando dende hai anos, pois a meirande parte de nós ten unha dilatada experiencia de traballo nos movementos sociais, e xa que logo, na vida pública da nosa bisbarra. No noso traballo social constatamos que nos derradeiros anos, a empresa de comunicación que é La Voz de Galicia, amosa unha predisposición a ignorar, censurar, manipular ou deformar a realidade social na que en Ferrolterra vivimos e tamén as propostas que se crean dende a sociedade.
Estamos decididos a promover o exerxicio dos dereitos de cidadanía, da liberdade de expresión que a constitución recoñece, e asimesmo un estatuto da profesión periodística ainda pendente e atrancado por medios como La Voz de Galicia, porque son valores moi superiores a práctica de gañar cartos conculcando principios básicos da profesión periodística e tamén da vida social democrática como a veracidade e a pluralidade.
Resulta esgotador o relatorio de problemáticas, feitos e conflitos da vida social, económica, política e cultural, da que somos parte, onde La Voz de Galicia censura ou manipula a información. Sirvan algúnhas mostras, sen ánimo de exhaustividade: censura do Premio José Couso do ano 2005 a Ignacio Ramonet Director do semanario Le Monde Diplomatique; censura da información que xeneran os que apostan por que a planta de gas se ubique fora da Ría de Ferrol: no Porto Exterior ou en mar aberto do Golfo Artabro, pero adica paxinas enteiras a informacións caprichosas dos promotores de Reganosa; o apoio a postura do goberno municipal de Ferrol de privatizar espazos públicos na Praza de Sartaña, na Praza de España - Porta Nova cun edificio de sete plantas para usos privados, na Praza do Inferniño, na Praza de Amboage, Vivendas de Recimil, Montes de Brión, o apoio ao disparate do Sr Juncal de traer a Papeleira de Ence para a nosa Ría, o apoio cego a un proxecto abortado dunha piscifactoria na Praia de Ponzos, o respaldo aos depredadores da Fraga de Menáncaro, a manipulación da información en xeral e en particular nos sucesivos conflitos laborais, no convenio con defensa e a residencia universitaria. Os calificativos insultantes para os colectivos que defenden a recuperación da riqueza natural e marisqueira da Ría, ou a quenes defenden a vida humana e os intereses xerais da cidadanía, etc.. En todo isto La Voz de Galicia ven actuando á contra dos intereses xerais dos veciños e das veciñas de Ferroterra. Nós queremos ser claros, mais non inxenuos: recoñecemos a filiación da sistemática desinformación, silenzos e exclusións practicada por La Voz de Galicia, que nunha manchea de temas amosa a pantasma de poderosos intereses económicos con unha trama espúrea que a cidadanía comprometida ten a obriga de denunciar.
Na actual sociedade chamada de globalización capitalista, o impacto dos medios de comunicación acada unha grande importancia, quizais máis que noutrora. Os grandes medios de comunicación de masas teñen como obxectivo primeiro procuran gañar cartos e deste imperativo despréndese o corolario que fai que tendan a soster ideoloxicamente os poderes políticos i económicos dos que se “alimentan”. O grupo La Voz de Galicia é unha empresa privada que vai por un mal camiño sobre dunha base equivocada de que “solo existe o que se publica no seu xornal”, un erro de vulto porque tamén estamos entrando na chamada sociedade da información na que hai moitos medios e formas de comunicación.
Nada hai que obxectar a que un grupo de comunicación privado manteña a liña editorial que estime oportuna, consonte os seus intereses, mais sí temos dereito, a cidadanía, a dispor dunha información veraz e plural, como recolle o artigo 20 da Constitución. Debémosnos e debémoslle a Ferrolterra o compromiso de esixir á Voz de Galicia que a transmisión dos feitos sexa obxecto de contraste e careo, con fontes diversas e datos mismamente fiables, en vez dos datos falsos ou manipulados, asemade dos silenzos e censuras ás posicións distintas que La Voz de Galicia, en temas importantes que afectan a Ferrolterra, nestes últimos anos se nega a publicar por ser daqueles que “non comulgan coas rodas” de muíño do propio medio, practicando éste o sectarismo da trasnoitada dictadura franquista, vulnerando os actuais dereitos constitucionais.
Mais pensamos que non todo vale nesa nefasta dinámica, polo que La Voz de Galicia debe millorar cara a una información con valores que cómpre preservar, ente eles sinaladamente dous: VERACIDADE e PLURALIDADE. Se ámbolos dous se vulneran, comprométese de xeito irremediable a calidade da información, reducida entón a pobre condición de unha función informativa prostituída, mera mercadoría.
Queremos preservar da nosa crítica aos abnegad@s e bos profesionais traballador@s do grupo La Voz, non exentos da enorme precariedade laboral; paradoxos da globalización, que exalta a información e castiga as condicións de traballo d@s que a producen.
E lamentable que o Presidente do grupo Voz, Santiago Rei Fernández Latorre, por unha maioría dos concelleiros de Ferrol se lle teña otorgado o titulo de fillo adoptivo da cidade, nun contexto en que seu xornal está exercendo a maior censura e manipulación informativa en temas de moito interese para a maioría dos ferroláns e ferrolás, cos correspondentes perxuicios para a cidade.
O noso fondo malestar crítico e racional, pode condensarse nunha demanda de rectificación da praxe do grupo La Voz de Galicia, co fin de que sexan respectados os criterios de veracidade e pluralidade inherentes a unha praxe informativa honrada e profesional. Por todo ilo, como cidadanía crítica e informada, DEMANDAMOS: unha mínima información veraz e plural, de La Voz de Galicia, dos feitos e demandas sociais que acontecen na nosa bisbarra e nos temas que lle afectan.
Mentras non sexan satisfeitas estas demandas, o colectivo de “Os sen Voz de Galicia” seguirá incrementando seu número, e promovendo que non se merque dito xornal hasta que cambie sua inercia.
En Ferrol , a 20 de Marzo de 2007.
Saúdos Ferrolterrans.
“Os sen Voz de Galicia”
Marcadores: Os sen Voz
Sábado día 24 de Marzo, ás 16:30 en DONIÑOS xornada de Limpeza de Litoral e outras convocatorias
De: Antonio Gª angaji@yahoo.com-Para: artabra21@gmail.com
Data: 21 de marzo de 2007 0:22
Asunto: Sábado día 24 de Marzo, ás 16:30 en DONIÑOS xornada de Limpeza de Litoral
Queridos/as compañeiros/as: Vos envio información de algunhas das proximas citas por se se poden poñer na sección de eventos da páxina web e por se vos interesa participar-colaborar:
*Está aberta a exposición en FENE-Casa da Cultura- de Xaquín Marín sobre "MEDIO-AMBIENTE", aberta ata o 30 de marzo. [Noticia en La Voz de Galicia]
*Mesa redonda en Sargadelos 22.3.2007 , as 20 hs sobre PISCIFACTORIAS (vai abaixo información, e cartaz asociado)
*Sábado día 24.3, as 16,30 en DONIÑOS xornada de Limpeza de Litoral a nivel europeo. Organiza Surfrider Foundation, e colaboramos diversos colectivos ecoloxistas. Despois alí no campo de tiro se farai unha prantación de árbores no polígono de tiro de Doniño dentro dol programa de Naciones Unidas "One Billion Trees".
_________________
INFORMACIÓN ADICIONAL DO BLOG DA PLATAFORMA ÁRTABRA 21:

O Clean Up Day, Día Mundial de Limpeza dos Oceanos, Baías e Praias, foi instituído en 1986 polo CMC Central for Marine Conservation, unha ONG conservacionista de grande projección internacional. Debido ao seu enorme éxito, o Clean Up Day foi rapidamente adotado por diversas organizacións internacionais e locais en todo o mundo. Este evento é realizado no terceiro sábado de setembro e terceiro sábado de Marzo.
A organización internacional Surfrider Foundation, coa colaboración das organizacións ecoloxistas da comarca e veciñanza en xeral, convoca á cidadanía da comarca a participar nesta iniciativa ecolóxista de voluntariado, para axudar a eliminar o lixo da praia de Doniños coa intención de saneala e poder manter en boas condicións unha riqueza incuestionábel do noso patrimonio paisaxístico como é o areal de Doniños.
Pretendese con esta iniciativa chamar a atención da opinión pública sobre a obriga de coidar o litoral e concienciar á poboación de que hai que protexer o entorno natural, e neste caso o mar e a costa. Agardamos por todos vós, o vindeiro sábado 24 de marzo, alí a calquera hora neste primeiro sábado da primavera, como van facer miles de persoas noutras partes do Planeta.___________
Enlaces de interese:
http://www.surfrider.org/
http://www.surfrider.org.br/
http://www.surfrider-europe.org/
http://www.initiativesoceanes.org/
Jesús Busto –Surfrider Foundation-. en FerrolJesús Busto - GALIZA
+34 607 149 664
jesusbusto@terra.es
________
Marcadores: Actos Externos, ADEGA, Convocatorias, Medio Ambiente
Diario de Ferrol: Vistos para sentenza 14 recursos contra a taxa do saneamiento rural en Narón
Diario de Ferrol
Ferrol | Mércores, 21 de Marzo de 2007
Vistos para sentenza 14 recursos contra a taxa do saneamiento rural en Narón
A titular do Xulgado do Contencioso Administrativo de Ferrol deixou vistas para sentenza onte as 14 primeiras reclamaciones presentadas por veciños da zona rural contra a taxa de saneamiento cobrada polo Concello de Narón. Na actualidade hai tramitadas outras 80 e espéranse máis.
CARMELA LÓPEZ > FERROL
O desenvolvemento das vistas no Xulgado foi seguido de preto por ao redor dun centenar de veciños do rural naronés, que portaban pegatinas nas que podía lerse "Estamos aquí porque queremos xustiza. Saneamento se, negocios non", xunto con outras nas que se recollían as diferenzas existentes coas taxas doutros concellos polo mesmo cometido. En concreto, sinálanse os prezos da conexión do saneamiento en Neda -40 euros-, Cabanas -90,15-, zona rural de Ferrol -350 euros-, Ares -87,46 euros- e Narón -850 euros-.
Segundo a información facilitada polo secretario da AVV de Castro, Arturo Llago, o problema iniciouse cando o Concello acordou dotar de saneamiento as parroquias rurales e aprobou as taxas polas conexións. En resposta, en agosto de 2005 presentáronse ao redor de 1.300 alegaciones, que foron desestimadas na súa totalidade, polo que as asociacións de veciños, o 28 de decembro do mesmo ano, interpuxeron un recurso contencioso administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza, que aínda está sen resolver.
En agosto do ano pasado, o Concello comezou a remitir aos beneficiarios as notificaciones polas conexións ao auga e ao alcantarillado, por un importe conxunto de 1.100 euros.
Para as persoas de escasos recursos, Servizos Sociais ten establecido un baremo de exención das taxas. Tamén existe a posibilidade de facer os pagos en varios prazos.
A raíz desas primeiras comunicacións, os veciños comezaron a presentar reclamaciones pola vía contencioso administrativa e onte víronse as primeiras 14, quedando pendentes outras 80, que os veciños din que van ser moitas máis, dado que o Concello continúa efectuando notificaciones.
As parroquias afectadas pola primeira fase do saneamiento rural que está acometiendo a empresa mixta Cosma afecta ás parroquias Castro, Ou Val e San Xiao, o que representa ao redor de 750 vivendas.
Nos recursos que se están vendo solicítase a nulidad da liquidación recorrida por vulneración dunha serie de artigos do texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, infracción do artigo 34 do Reglamento de Servizos das Corporacións Locais e por desviación de poder e infracción da Lei Xeral Tributaria.
Os veciños teñen convocada unha movilización cidadá para o próximo día 25, que conta co apoio do BNG.
__________
Noticia orixinal no Diario de Ferrol
Marcadores: Manifestacións, Narón, Taxas
Recuperando a memoria histórica: proxeccón do filme "Unha inmensa prisión", hoxe ás 8 da Tarde.
A Asociación de Ferrolterra "A Nosa Memoria", continua co seu programa de actos desta vez proxectarase no Cine Duplex de Esteiro- Ferrol, o filme "Unha inmensa prisión", hoxe, 21 de marzo 2007 , ás 8 da Tarde. A entrada é de balde.Unha inmensa prisión, percorre a historia da represión exercida durante a dictadura de Franco en España. Foi realizada co apoio de varias asociacións (o Foro pola memoria, a Fundación Domingo Malagón, etc.).
Unha inmensa prisión
Xénero e duración: documental, 46'
Director: Carlos Ceacero e Guillermo Carnero
Guión: Carlos Ceacero e Pablo Sanz
Produción: Guillermo Carnero e Casiano Hernández
Montaxe: Tais Bielsa e Pablo Sanz
Para Unha inmensa prisión, conseguíronse testemuños de ex presos/as e represaliados/as políticos/as coma Vicenta Camacho, Concha Carretero, Matías Esteban Franco, Gervasio Puerta, Joan G. Tristany, Enric Pubill, Agustín Ibarrola, Manuel Gambín, Manuel Menchén ou Helios Salas Martín, entre outros.
Marcadores: Actos Externos, Memoria Histórica
Proposta de resolución para a Asembleia Xeral da PA21, do vindeiro 27 de marzo, sobre Cha de Brión e Leixa
-PROPOSTA DE RESOLUCIÓN-
“PROTECCIÓN DOS ESPAZOS NATURÁIS DO CHA DE BRIÓN E DE SAN PEDRO DE LEIXA”
Na actualidad , varios espazos de interese natural e arquolóxico do concello de Ferrol atópanse ameazados por diversas actuacións urbanísticas e empresariais.
En concreto, está aberto o proxecto de facer un “megapolígono industrial “ (Plataforma Loxística) no Chá de Brión, e por outra banda, e bastante avanzado, esta o “Proxecto sectorial do parque empresarial San Pedro de Leixa (Ferrol)” (D.O.G. 9.1.2007).
Dende a “Plataforma pola Defensa Natural e Patrimonial dos Montes de Brión e de Leixa”, integrado por Clube de Montaña de Ferrol, Esquerda Unida-IU, Nós-UP, ADEGA, e veciños de Brión e de Leixa, realizamos diversas actuacións, iniciativas e alegacións cara a preservar a riqueza patrimonial e natural destas zonas.
En resumo, os puntos mais salientables polos que nos parece que debense de protexer a riqueza destas zonas son os seguintes
A) CHA DE BRIÓN-zona con importantes restos arqueolóxicos (máis de 35 mámoas catalogadas por Patrimonio). Unha actuación urbanística na zona, non estaría en acorde, na nosa opinión, có artigo 104 de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia e a súa modificación Lei 15/2004 referente a “Adaptación a ambiente”
-está adxacente ó LIC “Costa Artabra” e unha actuación urbanística nesta zona podería danar zonas moi sensibles como a lagoa de Doniños, a propia costa Artabra,etc
-nacemento de regatos e presencia de humedais. A construcción de naves industriáis nesta zona estaría en contraposición coa recentemente aprobada Lei 5/2006 no parlamento galego para “Protección conservación e mellora dos ríos galegos”
-existencia de algunhas das ultimas turbeiras de Galicia
-flora e fauna con alguns especímenes no listado de especies a protexer.
-etc.etc
B) SAN PEDRO DE LEIXA-atópase á “Fraga da Pega” e a “Fraga da Casa do Monte” uns dos últimos reductos de bosque autóctono non ripícola que se conserva no municipio ferrolán. Tamén nesta zona hai flora moi importante con Ripsilvas, e bosque de ribeira
-zona con importantes restos arqueolóxicos : Castro da Leixa (Croa) , Castro de Sta Icia , e a mámoa de Trasancos (actuación urbanísitca na zona: mesmos incumprementos da Lei 15/2004)
- Nesta zona atópanse especies animáis incluidas no “Catálogo Nacional de Especies Amenazadas” (CNEA) con categoría de vulnerable (V) e/o perigro de extinción. Máis de 40 especies entre mamíferos, reptiles, aves, peces, ou anfibios da zona estarían englobadas dentro da Directiva Hábitats 92/43/CEE ou directiva Aves (Directiva79/409) etiquetadas de “interese especial” ou “vulnerable”.
-Nesta zona está os regatos de Fonteiroa, o rego de Leixa e o rio Frexeiro, zonas especialmente sensibles a unha posible actuación empresarial.
-Esta superficie atópase en contacto directo có Hospital Basico da Defensa e o Hospital Novoa Santos. Non semella moi axeitado facer un polígono industrial e trafico de mercadurías potencialmente perigrosas nesta zona.
Por todo o exposto presentamos “proposta de resolución” á Plataforma Artabra 21:
1º Considerar ó “Chá de Brión” e os espazos naturáis de “San Pedro de Leixa” zonas naturais e de interese arqueoxólico a protexer de defendelas de posibles actuacións urbanísticas e empresariais.
2º Apoiar a solicitude de que preservar integramente as fragas de esa zona, en concreto as de “A Pega”, “Casa do Monte” con fíguras especiais de protección así como os cursos fluviais e bosques de ribeira
3º Apoiar a solicitude de que sexa declarado tanto o Chá de Brión como os espazos naturais de San Pedro de Leixa como “Espazos Naturais Protexidos”.
Ferrol 19.2.2007
En representación da “Plataforma pola Defensa Natural e Patrimonial dos Montes de Brión e de Leixa”,
Xan Ramirez
Pdte Clube Montaña Ferrol
Asdo Antonio García Jiménez
Vogal de Adega-Trasancos
Ignacio Allegue
Responsable de Medio Ambiente de IU-EU
Carlos García
Responsable de Nós-UP
Jaime López
Representante Veciños Brión
_______________
Enlaces relacionados:
Presentadas alegacións ao Proxecto Sectorial do parque empresarial de Leixa e ao Estudo de impacto Ambiental
Alegacións ao “Estudo de Impacto Ambiental do Proxecto sectorial do parque empresarial San Pedro de Leixa (Ferrol)” (D.O.G. 9.1.2007)
_______________
Marcadores: Brión e Leixa, Cha Brión, Medio Ambiente, Resolucións
Coiva Azeda e Ortigueira Sostible: pola mobilización en defensa do Litoral Galego
20070320
Para: artabra21@gmail.com
Data: 19 de marzo de 2007 11:02
Asunto: Choiva Azeda e a convocatoria dunha manifestación o 22 de abril na defensa do litoral
Responder a: mareavermella@egrupos.net
Para: mareavermella@egrupos.net
Dende a Asociación Choiva Azeda de As Pontes estamos interesados en apoiar e colaborar en todo o que esté da nosa mán.
choiva-azeda.blogspot.com
Asociación Cultural Choiva Azeda
AS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ
mareavermella@egrupos.net
http://www.egrupos.net/grupo/mareavermella
De: "mareavermella\"@egrupos.net Marea vermella Grupo"
Para: artabra21@gmail.com
Data: 10 de marzo de 2007 2:22
Asunto: Ortigueira Sostible e a convocatoria dunha manifestación o 22 de abril na defensa do litoral
Recibimos o voso correo. Contade con nos. Ortigueira Sostible
http://www.egrupos.net/grupo/mareavermella
Marcadores: Manifestacións, Rede Litoral Vivo
Hoje, Terça - Feira, 20 de Março, às 20:00 hrs inauguraçom dumha Mostra do debuxante e artista, Xaquín Marín, na Casa da Cultura de Fene
De: Inácio M. Orero -inaciogz@gmail.com- Para: "Plataforma Ártabra 21 - A Plataforma da Costa Ártabra, Ortegal e Eume" -artabra21@gmail.com-
Data: 20 de Marzo de 2007 10:04
Asunto: Inauguraçom exposiçom de Xaquín Marín
Hoje, Terça - Feira, 20 de Março, às 20:00 hrs inauguraçom dumha Mostra do debuxante e artista fenés, Xaquín Marín, na Sala de Exposiçons da Casa da Cultura de Fene, organizada por ADEGA -Trasancos.
Com o Medio Ambiente como fondo da Exposiçom, a delegaçom de Trasancos da associaçom ecologista ADEGA, organiza a exposiçom do artista fenés.
O artista gráfico, Xaquín Marín, apresenta umha selecçom das sua obra relacionada co medio ambiente numha mostra aberta ao público em geral, desde o 20 ao 30 de Marzo na Casa da Cultura de Fene.
A exposiçom, organizada pola entidade ecologista ADEGA - Trasancos, aborda os principais temas ambientais galegos, empregando como material gráfico obras criadas do artista fenés nestes últimos trinta anos, acompanhadas de textos, fotos, gráficos e esquemas. Exponhem-se em láminas enmarcadas de 70 x 80 cm.
A mostra podera-se ver de segunda a sexta feira, em horario de tarde de 16:00 a 20:30 hrs e os Sábados polas manhás de 10:30 a 12:30hrs.
--
Inácio Martínez Orero
Telemóvel
645158113
Marcadores: ADEGA, Exposicións, Fene, Medio Ambiente, Xaquín Marín
Mesa Redonda o 22 de marzo: As piscisfactorias a debate
20070319
De: Antonio Gª -angaji@yahoo.com-Para: artabra21@gmail.com
Data: 19 de marzo de 2007 10:13
Asunto: Mesa redonda (piscifactorías)
INFORMACION ACTIVIDADE: MESA REDONDA : "PISCIFACTORÍA". Ferrol 22.3.2007
Estimados compañeiros/as:
Remitimos información desta actividade por se queredes/poidedes asistir ou participar, así como difiundirlla entre as personas da vosa asociación.
Unha aperta
Antonio García
-Adega-Trasancos-
MESA REDONDA
PISCIFACTORIAS A DEBATE
VENTAXAS E INCONVENIENTES
GALERIA SARGADELOS - Ferrol (R / María)
Xoves 22 de Marzo, ás 20 Horas
Intervirán:
* HUMBERTO FIDALDO (VICEPRESIDENTE DE ADEGA-TRASANCOS)
* XABIER ABOI (SEC. NACIONAL DE CIG-MAR)
* ELENA CARQUIJERO (SOCIEDADE GALEGA DE HISTORIA NATURAL)

Marcadores: Actos Externos, ADEGA, Medio Ambiente
Acordos Asemblea Xeral Extraordinaria do 15 de marzo de 2007
ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA DA PA2115 de Marzo do 2.007
ASEMBLEA EXTRAORDINARIA para debate e aprobación do REGULAMENTO ORGANIZATIVO DA PA21 no ATENEO FERROLÁN, xoves 15 a partir das 19:15 h. da tarde.
Ponto único - DEBATE e APROBACION do REGULAMENTO ORGANIZATIVO DA PA21.
Que estando só presentes representantes das organizacións: Colectivo Veciñalde Sartaña, Comunidade Menáncaro, Ateneo Ferrolán, Nós-UP, Asoc. Veciñal O Rosario - Inferniño, polo que ante á falla de quórum suficiente para aprobar o REGULAMENTO
ACORDAMOS
Desconvocar á Asemblea e encargar á XUNTA COORDINADORA que achegue as PROPOSTAS DE REGULAMENTO a todas as organizacións, respostando a mencionada XUNTA seus acordos respectivos para celebrar unha nova ASEMBLEA EXTRAORDINARIA.
Ferrol a 15 de Marzo do 2007.
- A Asemblea Extraordinaria -
Marcadores: Acordos, Actas da PA21
Carta de Carlos Lareo a un programa dunha cadena de TV convencional xeneralista de ambito estatal que envia á Plataforma Ártabra 21
20070318
Para: artabra212gmail.com
Data: 18 de marzo de 2007 12:27
Asunto: Planta de gas en Ferrol, extorsion á veciñanza pasando un gasoducto por su jardín...
Carta de Carlos Lareo a un programa dunha cadena de TV convencional xeneralista de ambito estatal que envia á Plataforma Ártabra 21
En Ferrol, estase construíndo unha planta de gas vulnerando todas as leis.
Xa vos informamos do tema, pero consideramos que quizá un bo modo de abordalo desde o voso programa pode ser o do cidadán ao que lle pasan un gasoducto polo seu xardín, por baixo da súa casa, e que non pode facer nada para evitalo, pois todas as administracións están confabuladas coa empresa Reganosa, malia que esta non cumpre a lei (!).
Este é o caso que lle sucede á miña amiga Luz Mariña, presidenta da AVV de veciños de Meá, en Mugardos. Fixéronlle unha planta de gas a 100 mts da súa casa, e por se non fose bastante, pásanlle o gasoducto por baixo da mesma co fin de botala. Estan comprando as vivendas adxacentes á mesma, pero como Luz se nega a vender, pásanlle o gasoducto baixo a súa casa para obrigala a facelo, cando este podería ser construído por outra banda mais apropiada para a empresa e para os veciños.
Fano para poder expropiala e sacarse de encima a unha persoa que etá loitando dura e abiertamente contra a ubicación da planta, a 100 mts das casas da parroquia Meá, a 800 mts do pobo de Mugardos (con mais de 6.000 habitantes), a 1.900 mts da cidade de Ferrol (con 80.000 habitantes), a 1Km do Arsenal militar e das fragatas F100 (as mais modernas da armada e posible branco terrorista), a 2Km da base naval da Graña, con buques da OTAN (e branco terrorista).... etc
Agora ben, como aínda así non o conseguen, queren facer unha estrada que pase por alí e poñer unha rotonda encima da súa casa...!!!
Polo tanto, non estamos contra o gas, senón contra o seu ubicación pois vulnera o RAMINP (Reglamento de actividades molestas insalubres nocivas e perigosas) que esixe que estas indutrias instálense a mais de 2Km dos nucleos habitados. Vulnera a lei Seveso II que esixe que non haxa industrias perigosas proximas (á beira está Forestal do Atlantico que acumula 280.000 m3 de combustibles , fenol, formol, metanol, colas, sulfato amonico, slops...), tambien esixe estudo de riscos (non o hai), informar á poblacion (non o fixeron) e consultala (moito menos), pero sobre todo a lei Seveso II di que :
Os GOBERNOS GARANTISEN DISTANCIAS SUFICIENTES Á POBLACION, Ao PATRIMONIO CULTURAL E Á RIQUEZA NATURAL? Art. 12 R.D. 1254/99 (SEVESO II).
Bo, pois nada disto cúmprese aqui...!!
É mais, os buques gaseros navegarán por unha estreita ría vulnerando a norma UNE-EN 1473 que esixe que o buque poida abandonar ríaa en calquera momento e condición meteorolóxica en caso de accidente e/ou incendio do gasero. Ademais o estudo de MARIN realizado para REGANOSA esixe o dragado da ría para que o buque poida saír en calquera momento e condición. En caso dun sinistro no buque HABRIA QUE EVACUAR A TODA A POBOACIÓN NO CANTO DE EVACUAR Ao BUQUE!!!
Mais de 100.000 persoas que habitan a contorna de ríaa terían que ser evacuadas en segundos ou minutos, que é o que tarda en arder o gas do buque (70.000 Tm). Un gasero equivale a 50 bombas como as de Hiroshima, e é imposible de apagar. O radio de accion pode alcanzar os 8 Km á redonda!!!
Isto expresárono o dia 8 de Marzo do 2006 en roda de prensa os profesionais de urxencias e urxencias (sanitarios, bombeiros e proteccion civil da zona) nun manifesto expresando o seu convencimiento de que "unha planta de gas non pode situarse nas inmediaciones de núcleos habitados por constituír un risco innecesario de catástrofe contra a que non caben plans de evacuación ou confinamiento da poboación, dado o seu total poder devastador."
(Comparade coas fotos de Lake Charles, ou a de Elba Island en EEUU. Alli, en EEUU,só hai 5 plantas construídas, aínda que hai mais de 40 solicitadas. A poboación rexéitaas polo risco, e as que constrúen fanas en lugares remotos, como as das fotos, sen casas en Km ao redor. Comparade con Mugardos e veredes a diferenza. Só en España hai tantas plantas como en USA)
O director Xeral de Industra da Xunta de Galicia, D. Anxo Calvo di que non houbo accidentes en plantas de gas desde Clevelandd no 41. Nada mais FALSO. Non só hóuboos nas plantas senón tamén nos gasoductos como o que sae de Reganosa.
- -EEUU, Planta de gas de Cleveland en 1941, primeiro accidente na primeira planta de gas que se fixo no mundo con 131 mortos, 225 feridos, 80 fogares, 7 camións, 217 coches...
- -Mexico, planta de gas de San Juan de Itxhuatepec, en 1984 explota producindo miles de mortos e desaparecidos, era unha zona de gran chabolismo polo que non se coñece a cifra exacta. Habia 50 veces menos gas do que terá Reganosa
- -Australia, planta de gas de Longford 1998, 2 mortos só porque 40.000 persoas evacuadas en poucos minutos. Só eran 800 Tm de gas. En Reganosa habra 300.000 Tm. E os barcos pasarán a 500 mts das casas.
- -Argelia, Skkidda, planta de gas de Sonatrach en 2004. Vinte e dous mortos e 74 feridos pola explosión no perímetro da planta gasística de Skikda, ao leste de Argelia, e que é socio de Reganosa.
E os Gasoductos que?: estala un de media ao ano. Algúns exemplos:
- -3 xuño de 1989: 190 mortos ao explotar o maior gasoducto da URSS, nas proximidades da Ufa, nos Urales.
- -28 setembro de 1993: Máis de 70 mortos ao explotar un gasoducto que une Caracas e Tejerias (Venezuela).
- -4 novembro de 1993: 39 mortos ao explotar un gasoducto na provincia de Quang Ninh (Vietnam).
- -6 febreiro de 1994: Dez mortos ao explotar un gasoducto que unía as instalacións de Petróleos Mexicanos (Pemex) no estado de Tabasco (México).
- -28 decembro de 1994: Setenta mortos no estado de Monagas (este de Venezuela) ao explotar un gasoducto.
- -4 xaneiro de 1995: Polo menos once mortos por mor dunha explosión nun gasoducto de Jian, provincia chinesa de Shandong.
- -26 agosto de 1996: Un centenar de mortos en Henan, centro de Chinesa, na explosión dun gasoducto causada por un intento de roubo.
- -27 decembro de 1998: Quince mortos en Arroio de Pedras, no norte de Colombia e máis de 200 feridos na explosión dun gasoducto.
- -19 agosto de 2000: Dez mortos ao explotar unha condución de gas natural nas proximidades de Carlsbad (Novo México, EEUU).
- -20 agosto de 2000: Polo menos 25 mortos na explosión dun tren cisterna que transportaba gas licuado ao #sueste de Nairobi.
- -23 decembro de 2003: Polo menos 193 mortos nunha forte explosión nun yacimiento de gas natural do municipio de Chongqing, no suroeste de Chinesa, que afectou a 28 núcleos urbanos.
- -30 de Xullo de 2004: 15 mortos e mais de 100 feridos en explosion dun gaseoducto en Bélgica.
- -23 Setembro de 2006: 3 mortos e 5 desaparecidos en explosion dun tanque de gas dunha vivenda unifamiliar en Baviera, Alemania
A titulo ilustrativo quero destacar que o pasado 14 de Outubro de 2006 sucedeu o 1er Accidente en Reganosa, afortunadamente sen feridos, e que en caso de haber gas sucedería a maior catástrofe de España e quizá do mundo, só equiparable a Chernovyl e Bhopal, con centos de miles de feridos/mortos. Ardeu o revestimiento interior dun tanque durante tres días polo menos (o silenciaron) composto por la de roca, e nin os bombeiros puideron apagalo.
Reganosa, no seu actual ubicación, é a maior ameaza para a vida que existe actualmente en Europa e desde fai 6 anos, un comité cidadán de urxencia para a ria de Ferrol véno denunciando sistematicamente. http://cociudem.wordpress.com/
Existe un secuestro da información e periodicos como A Voz de Galicia non publican nada deste movemento contra a ubicación da planta. os demais fan o que ueden sabendo que os seus promotores (grupo Tojeiro dono de Gadis supermercados e Forestal do Atlantico entre outros) retíralles a súa publicidade -moi xenerosa- no caso de que se mollen contra a planta.
Só medios foráneos da Coruña, Santiago ou Madrid publican noticias entre o descoñecemento dos habitantes de Ferrol, que ven secuestrado o seu dereito a ser informados dos proles e os contras, pero tan só reciben información a favor de Reganosa.
Pero non só podemos falar de riscos para a vida, senón que tambien fará desaperecer o ecosistema da ria ferrolana deixando sen emprego a mais de 700 mariscadores, pois agora solicitou a Augas de Galicia verter ata 600.000 toneladas ao día de auga de mar (contaminada con Hipoclorito sódico, é dicir, lejía) procedente dos vaporizadores de gas. En principio o Sr. Tojeiro (principal promotor) dixo que regasificaría o gas licuado mediante os gases da cogeneracion tal como faise en Bruxas. A razón de querer utilizar a auga de mar é simplemente porque é MAIS BARATO importándolle un comino os danos aos bancos marisqueros da ría. Este tipo de ardiz ou enganos utilizárono ao longo de todo o proceso de aprobación da planta, coa colaboración da Xunta e dalgúns medios de comunicación escritos. Tambien din que neutralizarán a lejía con bisulfito. Pero aínda así, a auga quedará esterilizada a razón de 600 millóns de litros/dia. A ver que plancton ou molusco sobrevive a esa cantidade diaria !!!!
En fin... é unha longa historia...
Se vos animades este é o meu telefono... 619 083 499
Saúdos e grazas por todo.
Carlos Lareo Porral DNI: 78.861.765D
Comisionado para catástrofes do 061 de Ferrol
Nota: Sé que contactásteis no seu día con algún de nós, pero por algunha razón que descoñezo vos retirásteis do tema. Confío en que dandole o enfoque do desalojo que pretenden coa miña amiga Luz Mariña animédesvos de novo co tema e axudédesnos a evitar unha catástrofe anunciada.
Algúns datos
http://www.elcorreogallego.es/index.php?idMenu=130&idNoticia=54129
http://www.larazon.es/noticias/noti_aut27442.htm
http://www.elcorreogallego.es/index.php?idMenu=361&idNoticia=131105
http://es.geocities.com/osverdesgalicia/planta_de_gas.htm
http://www.f-cape.org/
Marcadores: Planta de Gas: fóra da Ría
Reunión das entidades convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos, coa oposición municipal de Ferrol
20070316
-defendendo.os.espazos.publicos@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 16 de Março de 2007 18:44
Asunto: Reunión CONVOCANTES - GRUPOS POLITICOS OPOSICIÓN
Por acordo da XUNTA DE CONVOCANTES do pasado mércores-14 , decidímos reunirmos cos Partidos políticos da Oposición co obxecto de propoñer unha MOCION conxunta no vindeiro PLENO ORDINARIO de fin de mes que esixa á PARALIZACIÓN DE OBRAS DO EDIFICIO DA PRAZA DE ESPAÑA - PRAZA DE PORTA NOVA.
Hoxe , venres-16 a partir das 11 45 horas, principiamos unha rolda de reunión cos grupos da Oposición , comezando con Esquerda Unida , Yolanda Díaz, manifestandolle a proposta dos CONVOCANTES no senso de presentar a MOCION CONXUNTA solicitando á PARALIZACIÓN DE OBRAS e acatar o cumprimento que recomenda o INFORME DA DIRECCIÓN XERAL DE URBANISMO.
Yolanda Diaz, compromete súa disponibilidade de presentar ista MOCION.
Continuamos co Grupo do PSOE , que tamén estará en disposición de presentala se así o decide o grupo.
Remata a rolda de reunións co BNG, que manifesta a sua predisposición a apoiar a MOCION.
Ferrol a 16 de Marzo de 2007.
Os CONVOCANTES.
--
Convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos, en contra do macro-edificio da Praza da Porta Nova [Praza de España]:
Asociación Cultural Fuco Buxán,
Asociación Veciñal de Esteiro "Fontelonga",
Asociación Veciñal de Ferrol-Vello,
Asociación Veciñal O Cruceiro de Canido,
Asociación Veciñal "O Rosario - Inferniño",
Asociación Veciñal de Santa Mariña,
Asociación Veciñal de San Xoan-Bertón,
Asociación Sociocultural Lopez Bouza
CC.OO Ferrol,
CIG-Ferrol,
Colectivo Veciñal Sartaña,
Esquerda Unida - IU,
Federación de ANPAS de Centros Públicos de Ferrolterra,
Os Verdes - Grupo Verde de Ferrol,
NÓS - Unidade Popular,
Plataforma Ártabra21,
UGT-Ferrol,
USTG-Ferrol.
Marcadores: Praza da Porta Nova
Diario de Ferrol: O pleno de fin de mes aprobará o Plano de Acción da Axenda Local 21
Se queres podes consultar, ou mesmo baixarte, o Plano de Acción da Axenda Local 21 de Ferrol, en formato PDF, desde aquí: Enlace
Diario de Ferrol
Ferrol | Vernes, 16 de Marzo de 2007
O pleno de fin de mes aprobará o Plano de Acción da Axenda Local 21
A comisión de Medio Ambiente deu onte o visto bo á proposta de Plan de Acción da Axenda Local 21 que, como anunciou o concelleiro do área, Amador Rodríguez Silvar, será debatido e aprobado polo pleno da corporación na sesión ordinaria correspondente a este mes.
REDACCIÓN > FERROL
O titular da Concejalía de Medio Ambiente explicou que o documento -colgado na web do Concello desde o pasado mes de novembro- é o resultado das diversas reunións do foro de participación social -neste tomaron parte todo tipo de entidades e os grupos políticos-, do documento previo de diagnóstico e das achegas directas do grupo de goberno.
Neste sentido, Rodríguez Silvar indicou que o Plan de Acción contempla unha primeira parte, na que se explica o fundamento teórico, e unha segunda, coas propostas. Esta última, destacou o edil "popular", consiste nunha serie de liñas de acción, aprobadas por unanimidad na última reunión do foro de participación cidadá.
Estas fichas contemplan o desenvolvemento de diferentes actuacións, aínda que, segundo subliñou Rodríguyez Silvar, terán que ser os próximos gobernos locais os que deberán estipular as actuacións concretas. "Como se trata dun plan a medio e longo prazo, é importante que exista consenso", manifestou o concelleiro do PP, que engadiu que se estableceron unha serie de liñas estratéxicas e, unha vez aprobado, cada goberno priorizará".
De feito, Rodríguez Silvar afirmou que, ao seu xuízo, un dos puntos máis importantes é o da elaboración dun plan de movilidad. Como se apunta no Plano de Acción, o obxectivo desta proposta pasa por "facer unha cidade máis accesible, cómoda e sostible para vos cidadáns, dende ou punto de vista do urbanismo, tanto a nivel de mobilidade como de espazo público, integrando vos dous conceptos". O edil sinalou que o desenvolvemento deste punto, que persegue a elaboración dun estudo da movilidad actual en Ferrol, a eliminación de barreiras entre barrios, a creación de espazos públicos de calidade, a creación dunha rede básica eficiente e eficaz, a optimización do transporte público en todas as súas versións, a creación de estacións multimodales e o fomento do desprazamento a pé e en bicicleta, está ligado a unha previsible revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal en vigor.
Outras das fichas de traballo do Plano de Acción, que se aprobará na sesión plenaria do 29 de marzo, inclúe a redacción dun proxecto de axencia de ecología urbana e paisaxe, do desenvolvemento do turismo sostenible, a implantación dun sistema de información xeográfico no Concello ou a creación da feira Bioterra, entre outras medidas.
Ademais, o documento leva implícita a elaboración dunha serie de ordenanzas, a maior parte, como destacou o concelleiro delegado de Medio Ambiente, xa plasmadas nun borrador entregado aos grupos da oposición, como a de alumado público, a de montes ou a de parques e xardíns.
O Plano implica á maior parte das concellarías do municipio.
Enlace coa noticia orixinal no Diario de Ferrol
____________________________________
Marcadores: Axenda Local 21, Ferrol, Medio Ambiente
Diario de Ferrol: Os Guerrilleiros das Fragas, en contra da batida do lobo
Polo seu interese medio ambiental e social, transcribimos esta noticia que é unha denúncia da asociación ecoloxista das Pontes "Guerrilleir@s das Fragas" que publica hoxe o xornal comarcal Diario de Ferrol.Diario de Ferrol
Ferrol | Venres, 16 de Marzo de 2007
Os Guerrilleiros dás Fragas, en contra da batida do lobo
Guerrilleiros dás Fragas, con sé nas Pontes, trata de contrarrestar os argumentos expostos polo Concello e entidades locais para solicitar unha batida de lobos, recordando que o posible aumento da presenza do animal non obedece ao incremento da cabana senón á degradación do territorio.
REDACCIÓN > FERROL
O colectivo ecologista demanda á Consellería de Medio Ambiente que non teña en conta a petición cursada senón, pola contra, aposte decididamente pola conservación da especie e, neste sentido, faise constar que a demanda chega, ademais, cando os lobos atópanse en época de celo.
Por outra banda, ao mesmo tempo que se reclama un sistema de compensación rápida e eficaz dos danos ocasionados polos lobos, os Guerrilleiros dás Fragas cuestionan que os recursos económicos familiares dependan en gran medida do gando danado, por considerar que "cousa rara nun pobo industrial como As Pontes onde a maioría dous propietarios do gando son prexubilados de Endesa conha economía sustentada en gran medida por tódolos contribuíntes e non non gando".
Tamén se explica que o lobo (canis lupus signatus) é unha das últimas xoias supervivientes da fauna autóctona e, sobre un posible incremento da cabana lobezna, dise que se trata dun síntoma de degradación dos seus territorios habituais. Neste sentido, o colectivo ecologista aclara que a apertura de novos accesos, canteiras e repoblaciones forestales poden ser algunhas desas posible causas. Así mesmo recórdase que a actual prohibición de deixar abandonado no monte o gando morto contribuíu a dificultar a supervivencia dun animal que tamén adoitaba recorrer aos vertederos para alimentarse.
Os Guerrilleiros dás Fragas entenden que "nos esquezamos que o lobo de ningún xeito é unha ameaza para a persoa humana, do que ou afasta ou temor ancestral que senten de nós os animais salvaxes". Así, dise que "non se coñece nos últimos 25 anos nin un só ataque comprobado a seres humanos" e, sobre esta última aseveración, desde a entidade ecoloxista pídense respostas a preguntas relacionadas sobre o número de ovellas mortas ou outros animais desaparecidos por posibles ataques de lobos.
Enlace coa noticia orixinal no Diario de Ferrol
___________________
Marcadores: As Pontes, Denuncias, Guerrilleiros das Fragas, Medio Ambiente
Debate organizativo na Plataforma Ártabra 21
- Que é o que estamos debatindo ?
- Proposta de Amadeo Varela
- Proposta de Carlos Garcia Seoane
- Proposta modificada de Carlos Gª Seoane
- Proposta modificada de Amadeo Varela
- Nota aclaratoria para a Asembleia Xeral do 31 de Outubro e Proposta de Regulamento que fai a Xunta Coordenadora
- Enmendas de VERDEGAIA ao proxecto de Regulamento interno da PA21
- Enmendas de NÓS-UP ao proxecto de Regulamento interno da PA21
- Enmendas à proposta da Xunta Coordenadora sobre o Regulamento Organizativo da PA21, apresentada a título particular por Inácio M. Orero, membro integrante da Comunidade Menáncaro
- 15 de marzo de 2007, às 7 da tarde, no Ateneo Ferrolán, Asemblea Xeral Extraordinaria para tratar sobre a modificación do Regulamento Organizativo da PA21
- Acordos Asemblea Xeral Extraordinaria do 15 de marzo de 2007
Marcadores: Documentos
Instan ao goberno municipal a preparar a campaña antilumes
Para: artabra21@gmail.com
Data: 16 de marzo de 2007 13:08
Asunto: Instan ao goberno municipal a preparar a campaña antilumes
ESQUERDA UNIDA-IU insta a equipa de goberno a comenzar a preparación da campaña antilumes do verá, e denuncia as practicas das madereiras en Balón-Vilasánchez
Aínda que competencia autonómica, o papel colaborador a desenvolver polo concello nas tarefas de prevención en primavera resulta moi importante , e dende a nosa formación política queremos coñecer qué iniaciativas estánse a tomar neste eido polo goberno municipal.
Temos coñecemento de que non se está aprestar a debida atención as condicións nas que se atopa ao terreo rural. Como onte xa denunciabamos hai prácticas das madereiras que - sen control – non contribúen precisamente a previr os lumes.
Mais o concello ten que desenvolver unha política de limpeza que pasa en parte non menor por velar polo cumprimento da ordenanza municipal reguladora de actividades nos montes e espazos forestais, en especial o que se recolle en depósito, carga e transporte.
ESQUERDA UNIDA quere denunciar a situación que se está a producir no vial que vai de Balón a Vilasánchez, onde as madereiras están a cortar incumprindo varias normas e producindo danos no propio vial e un trastorno e problemas na circulación, nunha práctica reiterada que levou a varios veciñ@s a quiexarse no propio concello e chamar á polícía municipal xa o día 13; cando de novo, hoxe, 15 de marzo vólvese a reproducir a situación denunciada.
Dende ESQUERDA UNIDA-IU queremos que a equipa de goberno tome medidas e garanta que non se repitan estes feitos. En primeiro lugar, nós albergamos dúbidas acerca de se teñen ou non permiso para efectuar os cortes. Dúbidas a despexar polo concello.
En segundo lugar nós demandamos unha acción decidida para evitar que camións de arredor dunhas corenta toneladas estean a facer a carga nun vial onde hai unha sinal que limita a tonelaxe a un máximo de 10. Sinal que non é arbitraria e que de non ser respectada está a producir danos no firme dun vial de aglomerado, noviño, ao ponto de aínda non ser recibido polo concello.
Terceiro: a normativa aínda en vigor prohíbe facer as cargas na propia estrada, hai que facelas fóra. Sinalar que o estado no que quedan as cunetas é lamentable, suxas e descoidadas polas empresas que fan a carga.
E cuarto, hai que evitar os atrancos na circulación que producen estas cargas feitas na ilegalidade.
E para rematar no catálogo dos feitos, sinalar que a reiteración desta práctica ten que ser cortada de raíz polo concello. Nós entendemos que hai que sancionar, proporcionadamente ao dano producido, ás madereiras que non cesen nestas prácticas. O concello está obrigado a velar pola legalidade, polo cumprimento da súa normativa, de non ser así teríamos dereito a afirmar a despreocupación da equipa de goberno cos propios bens públicos, caso do vial, da seguridade da circulación na zona ou da limpeza do lugar. En definitiva teríamos dereito acensurar a deixación deliberada do concello coas súas propias obrigas.
Marcadores: EU-IU, Monte Galego
Escritos solicitando que non sexa autorizada a entrada en funcionamento de Reganosa: Delegación do Goberno e Vicepresidencia da Xunta de Galicia
De: CCE -comitecidadan@iespana.es- Para: artabra21@gmail.com
Data: 15 de Março de 2007 00:32
Asunto: Escritos solicitando que non sexa autorizada a entrada en funcionamento de Reganosa.
O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, enviou hoxe identicos escritos ao Delegado do Goberno e á Subdelegada pola Coruña solicitandole que se poñan en comunicación co Ministerio de Industria a fin de que non sexa autorizada a entrada en funcionamento de Reganosa.
Asimesmo envióuse outro escrito o Vicepresidente Anxo Quintana, acompañandolle unha copia do DVD de linea 900 e se lle di que revise a herencia envenenada de REGANOSA e que se desmarque da mesma.
Carmelo Teixeiro
Coordinador do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
______________________
O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol enviou hoxe por correo postal un escrito ao Delegado do Goberno en Galicia solicitandole que recorde ao Ministro de Industria que ten pendente de resposta un escrito de 27 de xuño de 2006 no que se lle solicita que non sexa autorizada a entrada en funcionamento de Reganosa.
Así mesmo para que o Ministerio de industria ordene ao Área de Enerxía da Subdelegación da Coruña para que non autorice a entrada en funcionamento das instalacións que Reganosa está construíndo, por ser imposible que os promotores poidan cumprimentar os condicionados impostos na autorización de construción, nas distancias á poboación segundo o articulo 12 da Directiva Seveso II ou no RAMINP, e na saída de urxencia dos buques gaseros, todo o cal pódese comprobar nunha simple visita á Ría de Ferrol.
Como anexos acompáñalle un DVD coa reportaxe de Linea 900 titulado “Un gasoducto no meu jardin”, cuxas imaxes permiten apreciar a imposibilidade de que Reganosa poida cumprimentar os devanditos condicionados de distancias á poboación e de saída de emerxencia dos grandes buques gaseros. Se lle envia unha copia dos informes que no seu dia emitiron a Dirección Xeral de Urbanismo e a Autoridade Portuaria de Ferrol, dúas dos organismos que foron consultados previamente á autorización de construccion e que responderon con informes presuntamente favorables pero concidionados a cuestións que son imposibles de resolver coa caprichosa ubicación de Reganosa dentro de Ríaa de Ferrol, como os requisitos de distancias ata a poboación e a saída de emerxencia dos buques gaseros.
Por outra banda ao Delegado do Goberno en Galicia cítaselle a paradoxa negativa de que no mes de febreiro pasado, o buque holandés Ostedijk cargado de fertilizantes tivo un incendio parcial da súa carga e que, aínda logo de sufocado devandito incendio, as autoridades non lle permitiron achegar a un porto da provincia de Lugo. Con maior motivo esas mesmas autoridades non poden permitir que un gasero cargado de GNL entre na Ría de Ferrol, feito anunciado para o mes de maio, ameazando a vida de 100.000 persoas.
Se alerta tamén ao Delegado do Goberno que é unha falsedad cualificar de estratéxica a Reganosa. No Ministerio de Industria deberían poder informarlle a Vd que é posible unha plataforma gasista en Galicia sen ameazar a vida da poboación, cunha Planta de Gas fóra da Ría de Ferrol, no Porto Exterior que se esta construíndo ou en mar aberto do Golfo Ártabro.
A autorización de funcionamento ha de ser solicitada ao Area de Enerxía da Subdelegación do Goberno, segundo o artigo 85 do Real Decreto 1434/2002, así mesmo segundo a cláusula décima das autorización de construción de 13 de febreiro de 2004.
O Comité Cidadán sinala ao Delegado do Goberno que pola ameaza que implicaría a actividade Reganosa para a vida nas poboacións próximas, por ser tal actividade totalmente contraria ao desenvolvemento sostenible da Ría de Ferrol e porque os condicionados existentes a primeira ollada pódese apreciar que son imposibles de resolver, o Area de Enerxía da Subdelegación do Goberno non debe autorizar o funcionamento de Reganosa.
Idéntico escrito foi enviado no dia de hoxe tamén á Subdelegada do Goberno na Coruña.
_______________
Escrito enviado a Anxo Quintana:
[Para ampliar clicar acima da imaxen]






















