A ACTUALIDADE DO QUE PASA EN HONDURAS
Para outra información diferente á convencional acceder a TeleSuRTvMartes, 1 abril: Conferencia Leila Khaled [Militante histórica da causa Palestina e integrante do Consello Nacional Palestino]
20080331
De: Fuco Buxán Asoc. Cultural- Ferrol -fucobuxan@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 30 de março de 2008 19:42
Asunto: Martes, 1 abril: Conferencia Leila Khaled
Organiza
A. C. Fuco Buxán
A situación Palestina, hoxe
Martes, 1 de Abril, 8 tarde
Galería Sargadelos – Ferrol
Interveñen:
Manuel Angel Cendán Dopico
Directivo de Fuco Buxán
Xoán Gabeiras Vérez
Presidente de Galiza por Palestina
Leila KhaledMilitante histórica da causa Palestina
e membro do Consello Nacional Palestino
Colaboran:
Galería Sargadelos - Ferrol
Galiza por Palestina
Deputación de A Coruña
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es
______________
__________
Marcadores: Actos Externos, Fuco Buxan A. C.
Audio programa especial "5º Conspirando por unha Radio Libre" , do Colectivo Opaii! e Rádio FilispiM
___________
| | |||
Programa especial V Conspirando por unha rádio libreRádio FilispiM, 93.9FM. Ferrol [GZ] Xoves 20 de marzo de 2008 Duración aproximada: 02:30:00
Como todos os anos, o colectivo Opaíí!-Rádio FilispiM, de Ferrol (Terra de Trasancos) vén de argallar o "Conspirando". A semana santa(?) ferrolá, véuse asaltada pola quinta edición deste evento, que desta vez atopou o seu sitio no mesmo "Inferno" (Praza do Inferniño). Mentres os desfiles procesionais tomaban o centro da cidade departalmental, centos de persoas e dúcias de colectivos da comarca, conspiraban, baixo unha inmensa carpa habilitada para a ocasión polo Colectivo Opaíí!-Rádio FilispiM, na súa particular penitencia anual, coincidindo co xoves santo(?), para máis inri. Este audio recolle os prolegómenos do Conspirando, con diversas conexións coa Feira de Colectivos, no mesmo Inferniño, horas antes de que os ritmos punk, ska, reggae e funk, anularan son das trompetas e saetas, definitivamente. A 5º edición do Conspirando por unha rádio libre, argallada polo Colectivo Opaíí!-Rádio FilispiM, de Ferrol (Terra de Trasancos), estivo protagonizada en un primeiro termo por unha Feira de Colectivos, na que participaron: a Marcha Mundial das Mulleres de Trasancos, ONG Solidariedade Internacional Galicia, Asociación Cometa (por un trato digno aos animais), Comité Antisida Lazos, Fuco Buxán, Espazo Libertario, Comité de Emerxencia para a Ría de Ferrol, Ateneo Ferrolán, así como diversos artesáns. Todos eles encheron, coas súas diversas propostas, a carpa instalada na pista polideportiva da praza do Inferniño en Ferrol. Máis tarde, cara as 11:00 da noite, os grupos musicais da comarca, The Sweat, Ta´Crack (funk-rock) e os de Nigrán, Dakidarría (ska, reggae, punk) fixeron danzar, a un ritmo ben diferente ao marcado polas salmodias "semanasanteras", a máis de 500 persoas. Mais, estimamos, que durante toda a xornada chegaron a pasar, polo Conspirando, perto dun milleiro. O Conspirando por unha rádio libre, celébrase todos os xoves santos(?) en Ferrol, co obxecto de autofinanciar (e celebrar) a Rádio FilispiM, libre e comunitaria da Terra de Trasancos (Ferrol), que transmite no 93,9 da FM dende o ano 2005, por obra e graza do Colectivo Opaíí!. Web relacionada: Rádio FilispiM 93.9FM, libre e comunitária Terra de Trasancos (Ferrol-GZ) | |||
Audio do V Conspirando por unha Radio Libre de_Radio_FilispiM - Colectivo Opaii!
[Ferrol Terra de Trasancos 20 de Marzo de 2008]
___________
Marcadores: Rádio Filispim
Comunicado "Post-Conspiratorio" do Colectivo Opaíí - Rádio FilispiM 93.9FM
20080328
De: Rádio FilispiM 93.9FM -filispina@gmail.com-Para: artabra21@gmail.com
Data: 28 de março de 2008 18:19
Asunto: Comunicado "Post-Conspiratorio" do Colectivo Opaíí - Rádio FilispiM 93.9FM
COMUNICADO POST-CONSPIRATORIO DO COLECTIVO OPAII - Rádio FilispiM 93.9FM.
O Colectivo Opaii! - RFM, quere co presente comunicado agradecer a resposta á convocatoria da 5ª edición do Conspirando por unha radio libre, do pasado xoves 20 de marzo de 2008.
Agradecemos a participación dos colectivos de base da comarca na Feira de Colectivos: Marcha Mundial das Mulleres, ONG Solidariedade Internacional Galicia, Cometa, Comité Antisida Lazos, Fuco Buxán, Espazo Libertario, Comité de Emerxencia para a Ría de Ferrol, Ateneo Ferrolán, así como aos diversos artesáns que encheron coas súas diversas propostas a carpa instalada na pista polideportiva do Inferniño.
Agradecemos especialmente a colaboración, polo seu apoio totalmente desinteresado, do colectivo Fervesteiro e Asociacións Culturais, DZINE e Irmandiño de Moeche, que foron quen de aportarnos experiencia, apoio técnico e humán, para poder afrontar o noso primeiro (dos cinco) festivais ao ár libre.
Agradecemos a entrega dos grupos musicais locais: The Sweat e Ta´Krack, que tocaron e trunfaron na noite, de xeito totalmente desinteresado.
Agradecemos a asistencia dos centos de persoas que ao longo da tarde, noite e madrugada, pasaron pola nosa carpa, interesad@s nas propostas que amosaban os colectivos instalados na Feira de Colectivos, primeiro e, xa á noite, disfrutaron coa música dos grupos: Dakidarría, The Sweat e Ta´Krack. Unhas cincocentas persoas chegaron a concentrarse baixo a carpa instalada para a ocasión na praza do Inferniño, en Ferrol, mais, estimamos que perto dun milleiro puideron pasar durante toda a xornada do Conspirando.
En todo caso, todo indica que, esta ten sido a edición que máis xente ten convocado.
Finalmente, nos congratulamos de ter sido partícipes activos desta quinta edición, que ten sido, tan especial pra tod@s nós.
Finalizamos este comunicado con unha petición e unha convocatoria final.
A petición: de terdes tirado fotos ou gravados vídeos, achegádenolos, precisamos documentar o Conspirando, como FilispiM manda. Podedes enviar todos eses documentos gráficos á filispina@gmail.com
A convocatoria: este domingo 30 de marzo a partir das 5 da tarde ao través de Rádio FilispiM, 93.9FM, lembraremos algúns dos mellores momentos do V Conspirando, coa re-difusión do programa especial, que realizamos o mesmo xoves 20 de marzo, dende o estudio de Rádio FilispiM, con múltiples conexións en directo dende a praza do Inferniño e a participación de muitos dos colectivos participantes no Feira de Colectivos.
Ao tempo, emplazámosvos a tod@s a que nos acheguedes as suxerencias que estimedes, pra poder mellorar a vindeira edición do Conspirando que, se ninguén nolo impide, volverá a ser no lugar que semella temos achado como máis axeitado as nosas propostas: o inferno.
Opaii!!!!
Rádio FilispiM 93.9FM
A rádio livre e comunitária da comarca de Trás-Ancos
http://www.opaii.blogspot.com
Rede Galega de Radios Libres e Comunitarias
http://www.corme.net/regarlic
______________
Enlace relacionado:
- 5º Conspirando por unha radio libre: Xoves 20 de Marzo
- Proposta do Colectivo Opaíí - Rádio FilispiM: "V Conspirando por unha radio libre" -> xoves 20/03/2008
________________________
Marcadores: Rádio Filispim
A CIG denuncia a criminalización do nacionalismo e a falta de respecto aos máis básicos principios democráticos
Para: artabra21@gmail.com
Data: 27 de março de 2008
Asunto: A CIG denuncia a criminalización do nacionalismo e a falta de respecto aos máis básicos principios democráticos
CIG-Comunicación-
A CIG denuncia a criminalización do nacionalismo e a falta de respecto aos máis básicos principios democráticos
Exixe do Ministerio do Interior que investigue e adopte medidas por estes graves feitos
A Confederación Intersindical Galega (CIG) manifesta a súa indignación e estupor pola persecución das ideas e a criminalización de colectivos e persoas polo simple feito de seren nacionalistas, tal e como acreditan os documentos internos da Garda Civil aos que tivo acceso o Movemento polos Dereitos Civís.
A CIG denuncia a existencia dun protocolo de actuación do instituto armado para identificar calquera persoa ou colectivo que presente o máis mínimo trazo de ideoloxía nacionalista, manifestada en síntomas tales como levar no seu vehículo un autocolante coas siglas GZ ou ser membro dunha asociación cultural.
Tal protocolo pon de manifesto a precaria situación do pomposamente chamado “Estado de Dereito” e cuestiona a existencia real dos dereitos fundamentais e as liberdades públicas, ao deixar sen contido principios tan básicos do noso ordenamento xurídico como o pluralismo político, as liberdades de consciencia e expresión e o dereito á presunción de inocencia.
Para a CIG, é indignante que a Garda Civil estea a aplicar procedementos policiais ilegais e clandestinos, de xeito que as persoas que os padecen non teñen dereito a saber que os verdadeiros motivos polos que son sometidos a control son as súas ideas políticas.
Estes feitos están na liña da regresión e perda de dereitos e liberdades que, sob pretexto de garantir unha hipotética seguridade cidadá, se están a producir en todo o mundo. Resulta mesmo paradoxal que un corpo tan anacrónico como a Garda Civil se sitúe na vangarda dos máis modernos métodos de control do pensamento, das ideas, das organizacións e das propias persoas.
A CIG esixe ao Ministerio do Interior que investigue estes gravísimos feitos e tome medidas disciplinarias contra os funcionarios e autoridades da Garda Civil responsábeis da elaboración e posta en práctica do protocolo denunciado. Do contrario, estará a mostrar cumplicidade cunha situación que atenta contra dereitos comúns a todo ser humano, que só con moito esforzo foron incorporados á Carta das Nacións Unidas.
http://www.galizacig.com/
_____________
Enlaces Relacionados:
- A Garda Civil tomará os datos dos conductores de coches con autocolantes GZ ou da bandeira galega coa estrela vermella
- O MpDC repartirá 5.000 autocolantes coa GZ para animar aos galegos a que se convertan en “sospeitosos”
- A Garda Civil tomará os datos aos coches que leven autocolantes GZ
- A indignada rebelión do condutor investigado: Entrevista, en GZNación, con Renato Nuñez voceiro do MpDC [Movimento polos Dereitos Civís]
___________
Marcadores: CIG, Denuncias, Dereitos Civís, MpDC
Primeiras Xornadas Vivenda e Cidade: Ferrol do 27 ao 29 de Marzo de 2008
20080327


ampliar clicando acima das imaxes]
Enlaces relacionados nos Arquivos Ártabros:
__
Marcadores: Actos Externos
Equipas Normalización Lingüística: Por un ano 2009 dedicado a Carvalho Calero
-manolopazo@gmail.com-
cequipnormalizacion Ferro
-cequipnormalizacion@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 27 de março de 2008 00:26
Asunto: Por un ano 2009 dedicado a Carvalho Calero
Apoia a campaña dirixida a que o ano 2009 sexa adicado a Ricardo Carvalho Calero enviando a :
presidencia@realacademiagalega.org
Por un ano 2009 dedicado a Carvalho Calero
![]() |
--
ASOCIACIÓN LINGÜÍSTICO-CULTURAL
"COORDENADORA DE EQUIPAS DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA"
http://www.blogoteca.com/cenlf/
Mil primaveras máis para a nosa lingua
A secretaria
Asinado:
Mª ISABEL FACHAL FREIRE
____
Xosé Manuel Pazo Blanco
manolopazo@gmail.com
______________
Marcadores: Equipas Normalización Lingüística
Hoxe, a Asociación Veciñal de Ferrol Vello, vai intervir no Pleno Municipal, para denunciar, entre outras, a descarga do "clinker" no Porto de Ferrol
-avvferrolvello@yahoo.e-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 26 de março de 2008 23:22
Asunto: INTERVENCIÓN DA AVV DE FERROL VELLO NO PLENOMUNICIPAL DO XOVES 27 DE MARZO
INTERVENCIÓN DA AVV DE FERROL VELLO NO PLENO MUNICIPAL DO XOVES 27 DE MARZO
Informámoslles de que no pleno de mañá día 27 de marzo as 19:00 horas, un representante da nosa AVV, tras a pertinente autorización do Concello, intervirá para expoñer os problemas que, segundo nós, está a presentar as descargas no muelle Fernández Ladreda de carbón e de distintos materiais contaminantes (achégase, ao final do texto, a nosa última nota sobre o tema).
Esta intervención solicitouse tras constatar que as nosas xuntanzas co presidente da Autoridade Portuaria [unha delas hai mais dun ano e a última hai apenas un mes] non tiveron consecuencia algunha apreciable por nós.
Ademais do contido da intervención, gustaríanos salientar a importancia de que a veciñanza preocupada polo tema acudan mañá ao pleno a apoiar coa súa presenza as nosas reclamacións. Por iso convocamos a todos cantos compartan as nosas inquedanzas polo medio ambiente e a prevención dos riscos para a saúde a achegarse mañá ao Concello. Facemos un chamamento especial á veciñanza de Ferrol Vello, A Cabana, A Graña e Brión.
Moitas grazas polo seu interese.
RESPONSABILIDADE, SEGURIDADE E CONVIVENCIA
A asociación de veciños de -FERROL VELLO- queremos manifestar a nosa preocupación e ao mesmo tempo denunciar unha serie de feitos e accións que lonxe de desaparecer aumentaron nas últimas semanas.
Como ben saben as entidades competentes xunto cos veciños da Cabana , A Graña , Canido e sobre todo de Ferrol Vello, desde fai anos estase producindo no porto de Ferrol unha agresión contra a saúde pública e contra o medio ambiente, con continuas descargas de materiais contaminantes que non fan máis que pór en serio perigo a saúde dos veciños se non se pon as medidas correctoras que a lexislación fixa e define claramente.
Esta asociación veciñal tras manter sucesivas reunións co presidente da Autoridade Portuaria , Amable Dopico Freire e coa súa Directora, Susana Roel Cabal, vémonos defraudados novamente posto que en vez cumprir e facer cumprir as normativas vixentes en materia de carga e descarga de materias perigosas, esta Autoridade Portuaria é a responsable de agravar aínda mais esta situación descargando novamente CARBÓN no peirao interior Fernández Ladreda, en lugar de facelo na terminal de carbón, sen tomar ningún tipo de medidas ambientais, carecendo de depuradora e derramando a recollida de augas directamente ao mar, alertar que un contacto continuo con partículas de carbón en suspensión poden provocar neumoconiosis ou agravar patoloxías respiratorias dos veciños afectados.
CLÍNKER.- A descarga de clínker (compoñente principal para a fabricación de cemento) leva realizando ao descuberto e sen ningunha medida anticontaminante, desprezando unha vez máis unhas medidas ambientais que tanto os consignatarios como a autoridade portuaria desprezan en beneficio duns maiores dividendos, ao abaratar custos supostamente ?INNECESARIOS?, tamén queremos deixar claro que é falso que todo o clínker válase a descargar no porto exterior de Ferrol posto que son dúas concesións as que descargan dito material, unha COP Galicia (Porto exterior) e Perez Torres (Porto interior Fernández Ladreda).
MAGNESITA.- mineral moi volátil e altamente contaminante por conter sílice cristalino en elevadas concentracións, que pode producir a medio prazo silicoses e afeccións pulmonares moi graves.
CHATARRA.- chatarra de recuperación procedente de despezamentos que se importa e descárgase no porto interior de Ferrol con todo tipo de materiais non férreos que aglutina inherentemente devandito material (Metais pesados, combustibles, aceites, etc...).
Advertir que todo o sistema de recollida de augas e rede de sumidoiros verte directamente ao mar carecendo dunha planta depuradora e dun sistema de decantación previo.
A Autoridade Portuaria é consentidora destas malas prácticas e de non esixir aos diferentes consignatarios que se dedican á carga e descarga de devanditos materiais de que instalen e utilicen sistemas para evitar estes riscos para a saúde da veciñanza.
De igual xeito desde esta Asociación parécenos que unha obra como a pasarela que se construirá na entrada do porto na zona da Cabana non teña presente o volume de ciclistas que circulan con fillos menores de idade e non se inclúa no proxecto un carril bici que unha o paseo da Cabana co paseo do peirao de Curuxeiras. Non sería aceptable que pais e fillos circulen coas súas bicicletas por unha das estradas con máis tráfico rodado, saída natural da autoestrada e punto de préstamo de bicicletas. Unha irresponsabilidade ante o perigo que iso leva e unha falta de previsión nun proxecto que debería beneficiar aos cidadáns que pasean e circulan polo barrio de Ferrol Vello.
ESIXIMOS Á AUTORIDADE PORTURIA E ÁS DISTINTAS CONSIGNATARIAS.
1. A compra de tolvas ecolóxicas (Con aspersores, captacións de po e cintas transportadoras pechadas).
2. A construción dunha planta depuradora que recolla as verteduras e as augas residuais que orixinal o almacenamento ao aire libre destas mercancías molestas e insalubres e así evitar a súa vertedura ao mar.
3. A construción dun sistema de abrigo que evite a dispersión de partículas a causa do vento.
4. A construción dun carril bici que unha os paseos da cabana e do peirao proporcionando seguridade aos usuarios.
Ferrol a 8 de marzo de 2008
Xunta directiva da AVV De -FERROL VELLO-
__________________
Enlaces Relacionados:
- Francisco Rodríguez, diputado do BNG, preguntaba ao goberno sobre este problema en setembro de 2007 [formato pdf]
- Noticia no Diario de Ferrol, o 18 de Decembro de 2007: En resposta a unha pregunta do deputado do BNG Francisco Rodríguez, o Goberno central asegura que a descarga de clínker no porto exterior realizarase con medidas anticontaminación e que o seu transporte en camións "será con restricións" mentres non se abra o novo acceso viario
- Denuncia a constante saída de Camións de 50 Tm cargados con clínker do Porto Exterior por unhas estradas limitadas a 16 Tm
- Esquerda Unida de Ferrol, ante as descargas de clínker no Porto Exterior e o seu transporte polas estradas do Concello de Ferrol
Marcadores: Clínker, Ferrol-vello
A Garda Civil tomará os datos dos conductores de coches con autocolantes GZ ou da bandeira galega coa estrela vermella
Para: artabra21@gmail.com
Data: 26 de março de 2008 11:55
Asunto: A Garda Civil tomará os datos dos conductores de coches con autocolantes GZ ou da bandeira galega coa estrela vermella
A Garda Civil tomará os datos dos conductores de coches con autocolantes GZ ou da bandeira galega coa estrela vermella
Dereitos Civís tivo acceso a documentos de formación interna deste corpo, nos que se relaciona co “MOVIMENTO DE LIBERACION NACIONAL GALEGO” á Coordenadora de Asambleas de Estudantes da USC, a Galiza non se Vende, a PRES.O.S., ou a A Marcha Mundial De Mulleres, entre outros colectivos
O Movemento polos Dereitos Civís tivo acceso a información facilitada pola Garda Civil en charlas de formación interna realizados, polo menos, na provincia de PONTEVEDRA. Nestas charlas repartíronse unha serie de informacións sobre o que a Garda Civil considera “o segundo maior problema de terrorismo do España” e que se centra nas siglas MLNG (MOVEMENTO DE LIBERACIÓN NACIONAL GALEGO). Na páxina 1 das copias facilitadas aos gardas civís asistentes aparecen un autocolante coas iniciais GZ, unha bandeira galega coa estrela vermella (bandeira da patria) no centro e o escudo galego de Castelao coa frase “DENANTES MORTOS QUE ESCRAVOS” como distintivos propios do MLNG.
Noutra páxina dese mesmo informe recóllense as iniciais GZ no centro coa bandeira da patria rodeado do que a Garda Civil considera campos de actuacións do MLNG (mulleres, ecoloxismo e medio ambiente, temática cultural e deportiva, lingua, antirrepresiva e dereitos civís, xuvenil, estudantes, partidos políticos e sindicatos) e no que se relaciona co MLNG a PRE.S.O.S, CEIVAR, AMI, BRIGA, ADIANTE, COORDINADORA DE ASEMBLEAS DE ESTUDANTES DA USC, AGIR, GREI, EI, NOS-UP, FPG, CUT, GALIZA NON SE VENDE, MULLERES NACIONALISTAS GALEGAS, A MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES, FAZENDO MEMORIA HISTÓRICA, AGRUPACIÓN DE MONTAÑA AUGAS LIMPAS, ERVA, QUERCUS, SCD CONDADO, A.C. CALEIDOSCOPIO, etc. Cada unha das citadas asociacións e colectivos aparece representado cos seus correspondetes logotipos para facilitar o recoñecemento por parte dos axentes.
Noutro documento ao que tivo acceso Dereitos Civís facilítase información sobre centros sociais como a: Baiuca vermelha, O Fresco e a Casa da Triga de Ponteareas, o Social Cultura Deportiva Condado, a Santa Sede e O noso Eido de Salvaterra, o Fervedoiro de Cuntis, A Tiradoura de Cangas, A Revira de Pontevedra, a Revolvía, A Cova dos Ratos, o Caleidoscopio e a Faísca de Vigo e A formiga de Redondela.
Identificacións de persoas e supostos delictos
Xa cara ao final do informe facilítase información sobre persoas por supostos delictos como “daños vidriera ayto - TUI”, “deslucimiento bienes inmuebles – iglesia – SA(L)VATERRA”, “quema fotografía S.M. El Rey – Vigo”, REQUISITORIADO e “OTROS DE INTERÉS POLICIAL”. Do mesmo xeito recóllense as inicias dos identificados nestes supostos delictos, na seguitne orden: A.A.P., A.R.M.Q, I.M.G; A.J.P.R, P.P.G; A.B.E., J.C.P.N, C.M.I, S.M.R.; A.G.M; A.F.S. e M.A.L.C.
Tamén se amosan algunhas das fotos destas persoas na rúa, incluso a de unha considerada de “INTERES POLICIAL” e coa que non se relaciona ningunha falta ou delicto.
Co acceso a esta documentación o MpDC vén de esclarecer as recentes queixas recibidas polos controles realizados polos Corpos e Forzas de Seguridade previos á eleccións xerais, nos que se denunciaban que se estaban identificando a cidadáns que dipuñan de autocolantes de ideoloxía nacionalista no seu coche e obviando aos demais.
O MpDC considera que a Garda Civil debería explicar que significa “OTROS DE INTERÉS POLICIAL” xa que a creacción de bases de datos paralelas e na que se están incluindo fotos e nomes de persoas que non cometeron ningún delicto é ilegal.
Contacto: Renato Núñez | Tel. 881972938 – 610858850
MpDC -mpdc@movemento.org-
http://mpdc.blogspot.com/
___________
Enlace relacionado no xornal dixital GZNacion.com:
A indignada rebelión do condutor investigado
Pasar a formar parte dunha base de datos "DE INTERESE POLICIAL". Renato Núñez, voceiro de MpDC, fala en GzNación sobre as repercusións reais da formación policial en Galiza contra o suposto "Movimiento de Liberación Nacional Gallego".
[GZnación / Lara Graña / 27 Mar 08]
_______________
Roteiro Nocturno polo río Belelle, este Sábado 29 de Marzo
20080326
Para: artabra21@gmail.com
Data: 26 de março de 2008 21:09
Asunto: Roteiro Nocturno polo río Belelle
Ola compas, adxunto arquivo con cartaz do roteiro a celebrar este sábado á noite polo río Belelle. É unha nova experiencia que queremos podamos disfrutar todas e todos. O percorrido será de aproximadamente 2 horas. Ao inicio (ás 19,30 h) realizaremos a plantación dunhas árbores no paseo marítimo de San Valentín.
Comentar asemade que agasallaremos un chaleco reflectante e unha linterna ás persoas participantes. Ao remate do roteiro repartiranse bebidas e petiscos.
Saúdos, Carlos Outeiro.
________________
Suspendida palestra de Nilda Eloi
Para: artabra21@gmail.com
Data: 26 de março de 2008 15:38
Asunto: ATENÇOM: SUSPENDIDA PALESTRA DE NILDA ELOI
ATENÇOM: SUSPENDIDA PALESTRA DE NILDA ELOI
Lamentamos ter que comunicar que a palestra "o genocídio na Argentina" que ia ser impartilhada por Nilda Eloi, amanhá quinta-feira, ficou suspendida por problemas de agenda da companheira.
Desculpade as molestias.
A Directiva da Fundaçom Artábria
--
Sítio webda Fundaçom Artábria
http://www.artabria.net
Sítio web do festival da Terra e da Língua
http://www.artabria.net
______________
Enlace relacionado:
Palestra sobre o genocídio na Argentina com Nilda Eloi
_____________
Marcadores: Actos Externos, Artábria
Mais um ano, voltamos a lembrar Carvalho Calero no aniversário do seu falecimento, apresentando o novo blogue da campanha 'Carvalho, Letras Galegas 09
Para: artabra21@gmail.com
Data: 26 de março de 2008 13:53
Asunto: Mais um ano, voltamos a lembrar Carvalho Calero no aniversário do seu falecimento, apresentando o novo blogue da campanha ‘Carvalho, Letras Galegas 09’
Mais um ano, voltamos a lembrar Carvalho Calero no aniversário do seu falecimento, apresentando o novo blogue da campanha 'Carvalho, Letras Galegas 09'
WEB CAMPANHA DE ADESIONS:
CARVALHO09.AGAL-GZ.ORG
O décimo oitavo aniversário do falecimento de Ricardo Carvalho Calero voltou a servir para lembrarmos a sua importáncia na cultura galega do século XX. Um grupo de sócios, sócias e amizades da Fundaçom Artábria concentramo-nos em frente da casa natal de Carvalho, na rua Sam Francisco do bairro de Ferrol Velho, para fazermos um pequeno acto de homenagem.[Foto pendurada ontem na fachada da casa natal na rua Sam Francisco (Ferrol) - Clicar acima para ampliar]
O acto contou com umha oferta floral, a leitura de textos literários de Ricardo Carvalho Calero e umhas palavras de lembrança, nas quais se sublinhou nom só os méritos do escritor e o investigador literário e lingüístico, mas também os do intelectual honesto e comprometido com o seu país e com o seu tempo.
Lembrou-se o seu activismo juvenil republicano e nacionalista, a sua adesom ao bando democrático na Guerra Civil, a prisom, o ostracismo a que foi submetido durante o franquismo. Também a coerência com que sempre mantivo as ideias autodeterministas, republicanas e reintegracionistas, com a língua como facho da sua actividade intelectual durante toda a sua longa vida.
Neste ano, o acto de homenagem também incluiu umha referência à nossa campanha para que a Academia Galega reconheça o valor da obra de Carvalho, dedicando-lhe por fim um Dia das Letras que bem pode ser o próximo, em 2009. Assim, coincidindo com este 25 de Março, apresentamos o novo blogue dedicado à campanha 'Carvalho Letras Galegas '09', onde iremos informando de todas as iniciativas relacionadas com a mesma.
Ao concluir a concentraçom da rua Sam Francisco, as e os concentrados dirigimo-nos ao Centro Social da Fundaçom Artábria, em Esteiro, onde se oferecêrom uns petiscos e se continuou com umha agradável conversa na noitinha ferrolana.
--
A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o nº 54 no registo de fundaçons da Xunta de Galicia.
Código de Identificaçom Fiscal (CIF): G15645518.
Morada: Travessa de Batalhons nº7 Esteiro
15403 Ferrol - GALIZA
Telefone do Centro Social: +34 981369099
Fax do Centro Social: +34 981369920
Telefone do café-bar: +34 981369921
Sítio webda Fundaçom Artábria
http://www.artabria.net
Sítio web do festival da Terra e da Língua
http://www.artabria.net
__________
Marcadores: Actos Externos, Artábria
Mañá, xoves 27 de Marzo, celebrase unha nova masa crítica en Ferrol. Partindo coma sempre da praza do Inferniño as 20:15 hrs
Para: artabra21@gmail.com
Data: 26 de março de 2008 13:02
Asunto: Mañá, xoves 27, celebrase unha nova masa critica en Ferrol. Partindo coma sempre da praza do inferniño as 20:15
Masa Crítica Ferrol
Mañá, xoves 27, celebrase unha nova masa crítica en Ferrol. Partindo coma sempre da Praza do Inferniño as 20:15 hrs.
Animádevos a participar e axudade nos a difundir esta convocatoria.
PEDALÉA TODOLOS DÍAS, CELÉBRAO UNHA VEZ AO MES
A Masa Crítica é unha "coincidencia organizada" de ciclousuari@s que realizan un paseo colectivo pola cidade. Este evento celébrase mensualmente en máis de 350 cidades de todo o mundo, baixo o lema "Pedaléa todolos días, celébrao unha vez ao mes"
Comezou en San Francisco (EE.UU) no ano 1992 a partires dunha xuntanza da SF Bike Coalition,Chris Carlsson propuxo que posto que había moita xente pedaleando polo centro e que as condicións para facelo eran realmente malas, por qué non quedar unha vez ao mes, facersnos visíbeis entre nos mesmos e ao resto da cidade e voltar a casa todos/as xuntos/as?. A idea aceptouse rápidamente e na primeira "quedada" xuntaronse 60 a tras un ano eran máis de 600.
O nome de "Masa Crítica" vendo documental "Return of the scorcher" de Ted White, onde se describían as normas de cruce nas intersecións nas grandes cidades chinesas definíanse como unha cuestión de masa crítica: O tráfico para cruzar ten que agardar ate que acada unha masa crítica que lle permite meterse e frear o fluxo principal de tráfico que vese na origa de parar ate alcanzar a súa vez a masa crítica suficiente para poder circular de novo.
________________
Marcadores: Actos Externos, Masa Crítica
Mañá, Xoves, 27 de Marzo, concentración e manifestación ante a chegada do "Mourad Didouche" con GNL para REGANOSA
Mañá vai ser unha mobilización significativa, pois estamos ante unha nova situación, REGANOSA pasa á ofensiva, anunciando o inicio de actuacións administrativas para conseguir duplicar a súa produción, ampliando para elo a súa capacidade de regasificación, instalando máis vaporizadores e duplicando o número de buques gaseiros que entrarían na Ría. [+ Info]
ás 7 da tarde
está convocada unha
CONCENTRACIÓN
con cacerolas, buzos brancos,
camisolas vermellas, bandeiras,
ante o Edificio Administrativo da Xunta de Galicia
desde onde marcharemos en
MANIFESTACIÓN
até a Praza do Concello
Convoca:
![[comitecidadan.gif]](http://4.bp.blogspot.com/_QExrwfv6Cnc/Rl7IsqSBEpI/AAAAAAAABBM/VGgrGjLL9DM/s1600/comitecidadan.gif)
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org
Enlaces relacionados:
- O buque gaseiro "Mourad Didouche" non chegou a Ferrol
- Convocada unha concentración e posterior manifestación, ante a entrada na nosa Ría do "Mourad Didouche", buque gaseiro cargado para REGANOSA
- REGANOSA prepara a súa anunciada e temida ampliación
- REGANOSA e o diputado Xavier Carro fan migas
__________________
Marcadores: Planta de Gas: fóra da Ría, Reganosa
REGANOSA prepara a súa anunciada e temida ampliación
20080325
REGANOSA volta á carga, teimando para a súa ampliación, quer producir o doble, para o cal xa ten o visto bon da Comisión de Industria do Congreso dos Diputados en Madrid e pasou a formar parte da Planificación Gasística 2007-2016, a proposta de Xavier Carro, doutrahora opositor á planta regasificadora promovida polo Grupo Tojeiro, hoxe fiel defensor dos interesses de REGANOSA nas Cortes Españolas.O aumento da capacidade de produción de REGANOSA, significa duplicar a capacidade de vaporización, é dicer máis centos de miles de metros cúbicos de auga morta, enfriada e clorada verquida à Ría e o doble de buques gaseiros cargados con GNL van a entrar en Punta Promontorio, empobrecendo aínda máis a Ría e poñendo en perigo a seguridade e a vida de miles de persoas, por duplicar a probabilidade de sufrir unha catástrofe de irreparables consecuencias. É dicer, o despropósito gasístico, amplia o seu poder amenazante sobre á seguridade e vida das persoas, á vez que duplica o seu poder destructor da riqueza da nosa Ría.
No mes de setembro do pasado ano 2007, Xavier Carro, o antes Diputado e hoxe mesmo elexido Senador por designación do Parlamento da Galiza, anunciaba aos medios de comunicación, a aprobación no Parlamento Español, da súa iniciativa para a ampliación de REGANOSA, así como da ampliación da capacidade do gasoduto coa meseta. Hoxe mesmo o Diario de Ferrol, publica a noticia de que Reganosa comeza os trámites para duplicar a súa capacidade de vaporización e fai mención a que o DOG publicou onte o anuncio de REGANOSA para licitar a redacción do proxecto básico.
[Ría de Ferrol onde se pode contemplar o despropósito gasísticoque significa REGANOSA - Clicar acima da imaxe para ampliar]
Pola importancia da noticia publicada no Diario de Ferrol, a transcribimos a continuación.
Diario de Ferrol Ferrol Martes 25 de Marzo de 2008
Reganosa comeza os trámites para duplicar a súa capacidade de vaporización
M. MAYORAL > FERROL
Aínda que a nova Planificación Gasística 2007-2016 aínda ten que recibir o visto e prace do Consello de Ministros, Reganosa bota a andar o proxecto de duplicar a súa capacidade de vaporización, unha ampliación contemplada no proxecto do Ministerio e que conta, xa que logo, con todas as bendicións.
A planta de Reganosa ten actualmente dous vaporizadores ORV (Open Rack Vaporizers) que utilizan a auga do mar para quentar e regasificar o gas natural licuado (GNL) dos dous enormes tanques, de 150.000 metros cúbicos cada un, que son visibles desde o outro lado da ría. A empresa naceu, con todo, coa pretensión de contar con outros dous vaporizadores que duplicarían a súa capacidade e o proxecto ponse en marcha apenas cinco meses despois de que a planta de gas comezase a funcionar con todos os permisos. Desde Reganosa indicouse que, de aprobarse a solicitude e desenvolverse cada paso do programa sen contratempos, a ampliación podería ser operativa no ano 2013.
O Diario Oficial de Galicia fixo público onte o anuncio da Regasificadora do Noroeste para licitar a redacción do proxecto básico. O contrato adxudicarase polo procedemento negociado e unha ver asinado a empresa que o conseguiu terá un prazo duns cincuenta meses para realizar todos os estudos e servizos incluídos no mesmo. Os elementos fundamentais da ampliación serán dous novos ORV de 160 toneladas métricas por hora cada un, aínda que o proxecto para a súa posta en marcha debe contemplar todos os sistemas que levan aparellados, desde reixas ata sistemas eléctricos e de seguridade.
Os dous novos vaporizadores aumentarán a capacidade de regasificación, non a de almacenamento, que seguirá limitada aos dous grandes tanques de Punta Promontoiro. A posta en marcha dos dous novos ORV significará, segundo está contemplado na proposta de Planificación Gasista ata 2012, que a produción de Reganosa, actualmente limitada a 412.800 Nm/h, poderá chegar ata os 825.600 Nm/h, algo que contribuirá a paliar o déficit de gas natural que sofre actualmente Galicia.
A Planificación Gasista contempla tamén a construción e ampliación da capacidade do gasoduto que conectará Galicia coa Meseta, outra cuestión que afectará directamente a Reganosa e que, como os novos vaporizadores, foron compromisos adquiridos polo ministro de Industria Joan Clos.
Ambos os puntos forman parte do documento que deberá recibir en breve o visto e prace do Consello de Ministros.
Enlace coa noticia orixinal no Diario de Ferrol
________
Enlace relacionado:
REGANOSA e o diputado Xavier Carro fan migas
________________
O anuncio no DOG en formato PDF:
DOG, Nº 56 Luns, 24 de marzo de 2008. Obras para a ampliación da terminal de regasificación de GNL no emprazamento de Punta Promontorio, no termo municipal de Mugardos (A Coruña).
Marcadores: Planta de Gas: fóra da Ría, Reganosa
Convocatoria do XVIII Certame Fotográfico "Medio Ambiente" - Ateneo Ferrolán
De: ATENEO FERROLAN -a_ferrol@teleline.es-Para: artabra21@gmail.com
Data: 25 de março de 2008 11:41
Asunto: XVIII Certame Fotográfico "Medio Ambiente" - Ateneo Ferrolán
XVIII Certame Fotográfico "Medio Ambiente" - Ateneo Ferrolán

Xa están as bases para o XVIII Certame Certame Fotográfico "Medio Ambiente" que realiza o Ateneo Ferrolán, con motivo da celebración do DÍA MUNDIAL DE MEDIO AMBIENTE.
Bases do Certame
___________
ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879)
"UN LUGAR DE ENCONTRO PARA A CULTURA” Rúa Magdalena 202-204, 1º
FERROL
www.ateneoferrolan.org
_____________
Marcadores: Ateneo Ferrolán
O buque gaseiro "Mourad Didouche" non chegou a Ferrol
O buque gaseiro "Mourad Didouche" que tiña prevista a súa chegada no día de onte [24.03.2008] a Ferrol, non chegou por causas que ainda non coñecemos, mais que o xornal comarcal "Diario de Ferrol" as situa nun retraso na escala que tiña que facer no porto andaluz de Huelva, por causa dun temporal no "Estrecho". Nas próximas horas informaremos deste asunto. Mais foron moitas as persoas que se achegaron até as inmediacións do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, para participar na mobilización do Comité Cidadán de Emerxencia, que ao final quedou desconvocada até novo aviso.
__________
Enlace relacionado:
Convocada unha concentración e posterior manifestación, ante a entrada na nosa Ría do "Mourad Didouche", buque gaseiro cargado para REGANOSA
__________
Marcadores: Planta de Gas: fóra da Ría, Reganosa
Convocada unha concentración e posterior manifestación, ante a entrada na nosa Ría do "Mourad Didouche", buque gaseiro cargado para REGANOSA
20080322
O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, de novo volta convocar unha concentración diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, para denunciar a irresponsabilidade das autoridades que permiten que se poña en perigo á seguridade e a vida da poboación.
Luns, 24 de marzo
ás 7 da tarde
está convocada unha
CONCENTRACIÓN
con cacerolas, buzos brancos,
camisolas vermellas, bandeiras,
ante o Edificio Administrativo da Xunta de Galicia
desde onde marcharemos en
MANIFESTACIÓN
até a Praza do Concello
Convoca:
![[comitecidadan.gif]](http://4.bp.blogspot.com/_QExrwfv6Cnc/Rl7IsqSBEpI/AAAAAAAABBM/VGgrGjLL9DM/s1600/comitecidadan.gif)
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org
Marcadores: Planta de Gas: fóra da Ría, Reganosa
As privatizacións
20080320
Privatizar ou non privatizar
por: miguelattac
Máis información sobre o AGCS
[Acordo Xeral do Comercio de Servizos]
Marcadores: Documentais
Acordos da Xunta Directiva da Asociación veciñal de Esteiro “Fontelonga” do luns día 17 de marzo de 2008
De: ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA-avvfontelonga@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 18 de março de 2008 17:51
Asunto: Acordos da Xunta Directiva da Asociación veciñal de Esteiro “Fontelonga” do luns día 17 de marzo de 2008
Achegámoslles os acordos tomados pola Xunta Directiva da Asociación Veciñal de Esteiro " Fontelonga" o luns día 17 de marzo de 2008.
Xunta Directiva da Asociación Veciñal de Esteiro " Fontelonga"
Acordos da Xunta Directiva da Asociación Veciñal de Esteiro “Fontelonga”.
Na primeira xuntanza mantida pola nova Xunta Directiva de Fontelonga xurdida da Asemblea Xeral Extraordinaria celebrada o xoves día 13 de marzo de 2008 e coa asistencia dos seus once compoñentes se tomaron os seguintes acordos:
- Crear catro áreas de traballo que son: Área de Urbanismo, Obras e Tráfico e Seguridade que estará coordinada polo presidente de Fontelonga, Xosé Miguel López. Área de Servizos Sociais, Voluntariado, Servizos, Parques e Xardíns e Medio Ambientes que estará coordinada por Juan Cervantes. Área de Cultura, Ocio, Tempo Libre, Festas e Actividades que estará coordinada por Vicente Aneiros. Área de Participación Cidadá, Relacións Institucionais e Universidade que estará coordinada por Xesús Manuel Díaz Suárez.
- O horario de atención a veciños e veciñas no local social de Fontelonga será de luns a venres en horario de tarde de luns a venres.
- Unha delegación da Asociación Fontelonga participará nas xornadas Vivenda e Cidade que organizadas pola concellería de Vivenda do Concello de Ferrol se celebrarán no Salón de actos do Vicerreitorado de Esteiro os días 27, 28 e 29 de marzo de 2008.
- Unha delegación da Asociación Fontelonga participará no Congreso Galego de Voluntariado que se celebrará o día 10 de abril no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela.
- O vindeiro día 2 de abril manteremos unha xuntanza coa Coordinadora de Seguridade do Concello de Ferrol, Dona Sandra Ríos, co concelleiro de Tráfico, D. Gerardo López Castrillón e cos responsables da Policía Local. A xuntanza, con posterior recorrido polo barrio de Esteiro, será no local de Fontelonga ás 18 horas.
- Nesa mesma primeira semana de abril manteremos unha xuntanza co Concelleiro de Obras e Vivenda D. Miguel Reimúndez para coñecer o plano de obras que e vai facer por importe de 58.000 euros e varias rúas e beirarrúas do Barrio.
- Na próxima semana a Asociación Veciñal de Esteiro “ Fontelonga” entregaremos no Rexistro Municipal as alegacións que esta entidade imos formular á Ordenanza de Convivencia Cidadá que nestes momentos está en fase de alegacións por parte do tecido asociativo da cidade.
Asdo./ Antonio Ríos Rodríguez, secretario.
______________
ESTEIRO
Web veciñal
Blog veciñal
Artigos PA21
___
Marcadores: Fontelonga
Artábria voltará a lembrar Carvalho Calero no XVIII aniversário do seu falecimento
Para: artabra21@gmail.com
Data: 18 de março de 2008 16:34
Asunto: Artábria voltará a lembrar Carvalho Calero no XVIII aniversário do seu falecimento

A Fundaçom Artábria voltará a reivindicar a memória de Ricardo Carvalho Calero e da sua obra, como vimos fazendo cada ano quando se cumpre um novo aniversário do seu falecimento, em 1990. Mais umha vez, na terça-feira dia 25 de Março, realizaremos umha oferta floral na casa natal do intelectual ferrolano, na rua Sam Francisco do bairro de Ferrol Velho, a partir das 20h30.
A seguir, ofereceremos uns petiscos no nosso Centro Social, na Travessa de Batalhons, número 7, no bairro de Esteiro.
Neste ano, a comemoraçom coincide com a campanha que a nossa entidade desenvolve para que a Real Academia Galega reconheça por fim a importáncia de Carvalho Calero dedicando-lhe o Dia das Letras do ano próximo, umha campanha que conta já com numerosas e variadas adesons que coincidem em denunciar o silenciamento de que Carvalho tem sido vítima nas últimas décadas, devido à sua firme defesa da unidade lingüística galego-portuguesa.
Esperamos contar com a presença de muitos ferrolanos e ferrolanas para um novo reconhecimento a Carvalho Calero por parte da sua cidade natal.
___________
Marcadores: Artábria
Resultados da busqueda nos blogs da Plataforma Ártabra 21
20080319
Marcadores: Resultados Busqueda
O Mundo Contra a Guerra
20080316
A Conferencia "O Mundo Contra a Guerra" chama por manifestacións globais contra a guerra 1.200 delegadas e delegados, de movementos pola paz e contra a guerra de todo o mundo, reuníronse en Londres o 1 de decembro e acordaron impulsar manifestacións no 5º aniversario da invasión de Iraq, esixindo a retirada de todas as tropas estranxeiras de Iraq e Afganistán, e contra calquera ataque a Irán.Declaración da conferencia : "O Mundo Contra a Guerra"
Declaración acordada por 1.200 delegados de 26 países, asistentes á conferencia O Mundo Contra a Guerra, sábado 1 de decembro de 2007:
Esta conferencia de delegadas e delegados de movementos pola paz, contra a guerra, antiimperialistas e de liberación, de todo o mundo, declara a súa oposición á "guerra sen fin" levada a cabo polo goberno estadounidense contra Estados, pobos e movementos en todo o noso planeta.
Opómonos á interferencia de EEUU, e dos seus aliados, en Estados soberanos, e afirmamos o dereito á autodeterminación de todos os pobos. Apoiamos a todos os que loitan pola paz e contra o imperialismo.
En particular, esiximos:
- O fin inmediato da ocupación militar ilegal de Iraq, que causou centenares de miles de mortos e produciu o desprazamento de millóns de persoas, a retirada de totes lles tropas estranxeiras e a plena transferencia de soberanía ao pobo iraquí e aos seus representantes.
- Que paren todos os preparativos para un ataque a Irán, así como o compromiso de que se solucione calquera tema exclusivamente mediante a diplomacia.
- A retirada das tropas estranxeiras de Afganistán, permitindo ao pobo afgán decidir o seu propio futuro.
- para o pobo palestino, e o final da agresión israelí en todo Oriente Medio.
- O fin dos plans de EEUU respecto de escudos anti mísiles, e que todos os Estados promovan activamente o desarmamento nuclear.
Xa que logo, designamos o aniversario da invasión de Iraq como un día mundial de acción a favor das demandas NINGÚN ATAQUE A IRÁN e TROPAS FÓRA DE IRAQ/AFGANISTÁN.
Chamamos a todos os movementos antiguerra nacionais a convocar protestas e manifestacións masivas para este día.
_______________
The World Against War
_____________
_____________
Marcadores: Non á Guerra, Ártabra Solidaria
Información das Asembleas xerais ordinaria e extraordinaria , celebradas pola Asociación Veciñal de Esteiro " Fontelonga" o día 13 de marzo
De: ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA-avvfontelonga@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 16 de março de 2008 11:22
Asunto: Asembleas de Fontelonga
Comunicado ós medios
Achegámoslles información das Asembleas xerais ordinaria e extraordinaria , celebradas pola Asociación Veciñal de Esteiro " Fontelonga" o día 13 de marzo e que foran previamente convocadas a través dos medios de comunicación varias veces, carta persoal a cada socio/a e colocación de 150 carteis en todo o Barrio de Esteiro.
Dámoslles anticipadamente as grazas pola difusión das mesmas.
Un saúdo.
Ferrol 14 de marzo de 2008.
Asdo./Antonio Ríos Rodríguez, secretario
Información das Asembleas xerais ordinaria e extraordinaria , celebradas pola Asociación Veciñal de Esteiro " Fontelonga" o día 13 de marzo
Asembleas xerais ordinaria e extraordinaria da Asociación Veciñal de Esteiro “Fontelonga” Celebradas o xoves día 13 de marzo de 2008 e cos seguintes acordos:
- Foi aprobada a acta da asemblea anterior.
- Foi aprobado o informe económico .
- Foi aprobado o informe de xestión, felicitando a asemblea o bo traballo desenvolvido pola Xunta Directiva durante este pasado ano.
- A asemblea se manifestou a prol de : Apoiar , unha vez máis,o Plano de colocación de bolardos, emprendido pola concellería de Seguridade, nas beirarrúas do barrio e demandar a colocación de moitos máis.
- Rexeitar que desde a concellería de Tráfico se pretenda instalar un aparcadoiro nunha zona que o PXOM cualifica como zona verde, non entendemos como desde o Concello se pode facer incumpri-la Lei. Demandar desta concellería a ampliación da zona azul entre a rúa Rochel, Avenida de Vigo e Avenida de Esteiro. Demandar desta concellería que destine efectivos da Policía Local a Esteiro para sancionar os condutores que aparcan sobre as beirarrúas.
- Reclamar que se axilicen os trámites para a creación dunha Area de Rehabilitación Integral da rúa Carlos III e transversais.
- Seguir demandando que o Cuartel de Dolores sexa destinado a usos universitarios.
- Demandar a construción dunha Escola Infantil Pública no Barrio de Esteiro na parcela que o Concello de Ferrol ten na Avenida de Esteiro.
- Esixir a urxente solución o estado de degradación dos baixos e entrecháns das Vivendas de Álvaro Cunqueiro, algúns deles, como xa denunciamos, que están vertendo augas fecais con grave perigo para a saúde das persoas.
- Reclamar, unha vez máis, a retirada da antena de telefonía móbil da Avenida de Esteiro que é ilegal.
- Reclamar do Concello a construción dun Centro Cívico Municipal no Barrio de Esteiro.
Na Asemblea extraordinaria :
- Foi reelixido Presidente da Asociación, D. Xosé Miguel López Pérez.
O resto da Xunta Directiva é :
- Vicepresidente: Juan Luís Moreda Glez. Continúa da anterior.
- Secretario: Antonio Ríos Rodríguez. Continúa da anterior.
- Vicesecretario: Vicente Aneiro López. Continúa da anterior.
- Tesoureiro:Carlos Aneiros Rico. Continúa da anterior.
- Vogal: Francisco Fernández Rey. Continúa da anterior.
- Se incorporan como vogais:
- Juan Cervantes González.
- Fernando Naveiras Freire.
- Juan Garmendia Díaz.
- Xesús Manuel Díaz Suárez.
- Alfonso Tellado Sande.
____________
________________
ESTEIRO
Web veciñal
Blog veciñal
Artigos PA21
___________
Marcadores: Fontelonga
5º Conspirando por unha radio libre: Xoves 20 de Marzo
20080314
1º Ataque
"V CONSPIRANDO por unha radio libre!"
Xa está o "V CONSPIRANDO por unha radio libre!"
Como todos os anos o Colectivo Opaíí!–Rádio FilispiM, organiza para o vindeiro xoves "santo", 20 de marzo, una nova edición do festival "CONSPIRANDO por unha radio libre".
Este ano cumprense cinco edicións. Todas as actividades incluidas no "V CONSPIRANDO", terán lugar baixo unha carpa instalada na pista polideportiva da PRAZA do INFERNIÑO en Ferrol.
Dadas as particularidades da organización do festival nunha praza pública, contamos coa colaboración puntual da Concellaría de Cultura do Concello de Ferrol.
PROGRAMA do "V CONSPIRANDO por unha radio libre!"
MÚSICA:
Na 5º edición do "CONSPIRANDO", tocarán tres grupos, dous locais e un de fóra. Os estilos musicais serán variados: Funk, Pop e Punk-Rock. A parte músical do festival comezaría cara as 22:00 h. e remataría de madrugada.
* Un dos grupos (do máis aló), xa confirmados, son DAKIDARRÍA. Fan un estupendo punk/reggae/ska. Orixinarios de Nigrán, chegarán nunha furgoneta camuflada, directamente dende Madrid, nunha xira total que os levou por Alacante e Valencia.
+ info en: http://es.myspace.com/dakidarria
* Outro dos grupos locais dos que xa podemos confirmar a súa presenza é THE SWEAT, que executan un irresistíbel funk-rock. Foron teloneiros de Macaco, nas pasadas festas de vrao de Ferrol.
+ info en: http://es.myspace.com/thesweatfunk
* O terceiro nome do cartel e TA'CRACK, fan Pop-Funk Rock e son de Naron:
+ info en: http://myspace.com/tacrack
ACTOS PARALELOS:
* - PROGRAMA DE RADIO ESPECIAL, en directo dende o estudio de Rádio FilispiM. 93.9FM, con conexións en directo, horas antes do festival.
* - FEIRA DE COLECTIVOS, con postos e material divulgativo de diversos colectivos, sociais, culturais, ecoloxistas, artesáns, da nosa comarca. Esta feira se desenvolverá nos postos que os colectivos instalarán na propia carpa, cara as 6:00 h. do serán e até que desexaren.
* - GRAVACIÓN ÍNTEGRA DO FESTIVAL en formato radiofónico, para a súa futura emisión en Rádio FilispiM, 93.9FM
OBXECTO do "V CONSPIRANDO por unha radio libre!"
O festival, como todos os anos, ten como obxecto a recadazón de fondos para autofinanciar Rádio FilispiM. Emisora, que non pertence a institución nen empresa con ánimo de lucro algunha, autoxestionada e ao servizo da comunidade, de aí que a proposta sexa libre e comunitaria, enmarcada dentro do terceiro sector da comunicación.
Ademáis, pretende a difusión dos artistas e grupos locais e a interelación das asociacións e grupos de base, que desexen participar na "FEIRA DE COLECTIVOS" que estara amenizada por unha Charanga, para a difusión e mostra das iniciativas cidadás, a poboazón en xeral.
http://photos1.blogger.com/blogger/7136/1659/1600/cabeceira1.jpg
Colectivo Opaíí! (Ondas Para Activación Información Independente) - Rádio FilispiM, 93.9FM
Inscrito no rexistro de asociacións culturais da Xunta de Galiza, con nº 2004/007965/1 (AC)
Inscrito no rexistro de asociacións culturais do Concello de Ferrol, con nº 346
www.opaii.blogspot.com
--
Rádio FilispiM
A rádio livre e comunitária da comarca de Trás-Ancos
No 93.9 da FM
Marcadores: Actos Externos, Radio Filispim
Xornadas sobre Agrocombustibeis: Ferrol 4, 11, 18, e 25 de Abril de 2008
20080313
XORNADAS SOBRE AGROCOMBUSTIBEIS.
Ferrol, 4, 11, 18 e 25 de abril de 2008.
Programa
1ª xornada, 4 de abril
18h: Miguel García Guerrero (Catedrático de Bioquímica e Bioloxía Molecular da Universidade de Sevilla): As microalgas como fonte alternativa de biocombustibeis.
19h: José Santamarta Flórez (director da revista World Watch).
20h: Coloquio.
2ª xornada, 11 de abril
18 h: Lidia Senra Rodríguez (Sindicato Labrego Galego, coordinadora europea de Vía Campesina, labrega, ecoloxista e feminista). Os cultivos agroenerxéticos e a súa relación coa soberanía e a seguridade alimentaria.
19 h: Luis Costal Andrade, (Enxeñeiro agrónomo e Técnico da Dirección Xeral de Investigación agroforestal). O papel da agricultura galega na produción de biocarburantes.
20 h: Coloquio.
3ª xornada, 18 de abril
18 h. Antonio Dorado, (Xefe da Área de Renovabeis do Instituto Enerxético de Galicia). Posibilidades de utilización das fontes enerxéticas renovabeis no medio rural. Axudas.
18:45 h. Tom Kucharz (xornalista e investigador social, membro de Ecoloxistas en Acción): Xeopolítica, crise enerxética e agrocombustibeis. Para loitar contra o Cambio Climático necesitamos Decrecimento Económico.
19:30 h. Alejandro Arizkun Cela (profesor titular no Departamento de Economía da Universidade Pública de Navarra): Os límites da substitución de fontes enerxéticas para a sostenibilidade: os agrocombustibeis.
20:15 h. Coloquio.
4ª xornada, 25 de abril
18 h: Audiovisual 1.
19 h: Audiovisual 2.
20 h: Coloquio e ágape con produtos ecolóxicos.
______________
PROGRAMA DAS XORNADAS DE FORMACIÓN SOBRE AGROCOMBUSTIBEIS ABRIL 2008 FERROL
A actual situación de crise enerxética e ambiental obriga a unha reestruturación de todo o sistema económico e, por tanto, político e social, tomándose para iso medidas como a substitución de enerxías baseadas en combustibeis fósiles por renovables que, en principio, semellan aceptabeis, pero que, se non se levan adiante análises serias sobre as súas repercusións, poden acarrexar consecuencias imprevisibeis, e ás veces fatais para o futuro da humanidade.
Aínda que a crise fora xa anunciada por persoas do ámbito científico e ambientalista dende hai mais de dúas décadas, non se tomaron as medidas precisas e no momento actual os problemas acadan unha envergadura desmesurada e afectan a moi diversos ámbitos: escaseza e carestía de combustibles, contaminación, quentamento global, seguridade alimentaria, desaparición de acuíferos, que nalgúns casos abastecen importantísimas zonas de produción cerealística, etc.
Neste contexto córrese o risco de tomar medidas precipitadas sen analizar todas as posibles consecuencias que orixinarían. Por outra banda, existe o risco da aparición de certos lobbys asociados a grupos empresariais coa única finalidade de sacar beneficios económicos a esta situación, sen considerar as posibles consecuencias negativas das súas operacións.
A Mesa “Agrocombustibeis a debate” formouse hai xa mais de tres meses co obxectivo de analizar esta problemática, utilizando como método o estudo con base bibliográfica, o debate e a toma de posturas consensuadas, co obxectivo de proporcionar información á cidadanía e denunciar aqueles casos nos que se infrinxa dano ao medio ambiente ou á seguridade alimentaria das persoas.
Co mesmo obxectivo formativo vímonos na necesidade de abrirse a novos colectivos, promovendo un debate social a partir dunhas xornadas impartidas por persoas cualificadas e con profundo coñecemento das custións que o problema plantexa: seguridade alimentaria, danos medioambientais, balance final dende o punto de vista enerxético do emprego de agrocombustibeis, posibilidades produtivas para Galiza, mantemento e agudización das desigualdades nos intercambios comerciais entre países, etc.
____________
agrocombustibeisadebate
http://agrocombustibeisadebate.blogaliza.org/
_
A Sociedade Galega de Historia Naural, Verdegaia, ADEGA, a cooperativa Xoaniña e persoas a título individual estamos a organizar unhas xornadas formativas para o vindeiro mes de abril en Ferrol, onde se tratarán temas relacionados coa problemática dos agrocombustibles
____________
Marcadores: Actos Externos, Biodiésel
NÓS-Unidade Popular rechaça as desproporcionadas ajudas públicas do governo municipal de Ferrol à Igreja Católica
De: Nosup-trasancos Para: artabra21@gmail.com
Data: 13 de março de 2008 15:37
Asunto: NÓS-Unidade Popular rechaça as desproporcionadas ajudas públicas do governo municipal de Ferrol à Igreja Católica
NÓS-Unidade Popular rechaça as desproporcionadas ajudas públicas do governo municipal de Ferrol à Igreja Católica
Em pleno século XXI, a esquerda continua na Galiza sem contar com referentes institucionais válidos, que mantenham um mínimo de dignidade e coerência com ideias tam básicas como o laicismo e a clara divisom entre Igreja e Estado.
Se alguém pensava que IU podia representar essa esquerda tam necessária, a sua histórica decisom de financiar Semana Santa católica em Ferrol com 70.000 euros, aumentando em 45% as ajudas anteriores, esclarece onde se situa, por cima da retórica e as grandes palavras, o grupo municipal de Izquierda Unida-Esquerda Unida em Ferrol.
Naturalmente, os ultras situados à frente da Coordenadora de Confrarias mostrou já a sua satisfaçom polo que denominárom, com toda a razom, “grande salto qualitativo e quantitativo”. Com efeito, supom um salto qualitativo comprovar que umha força supostamente de esquerda, republicana e laica dedique imensos recursos ao financiamento de celebraçons religiosas tingidas ano após ano do mais rançoso sabor reaccionário. Umhas celebraçons em que os militares espanhóis desfilam com as suas bandeiras monárquicas junto às autoridades católicas que, ao longo do ano, se encarregam de esclarecer quais som as suas posiçons em temas como o aborto, a igualdade de direitos para homossexuais e o respeito à nom confissionalidade do Estado, manifestando-se do braço do PP e da extrema-direita em várias ocasions nos últimos anos.
NÓS-Unidade Popular quer lembrar que a Coordenadora de Confrarias ferrolana é liderada pola conhecida ex-dirigente do PP Meca Arcos, ligada familiarmente à extrema-direita franquista na nossa cidade. É esse sector o que é favorecido por umha instituiçom pública, a Cámara Municipal de Ferrol, que deveria dedicar o dinheiro da área cultural a tantos aspectos em que esta é deficitária polo abandono crónico das instituiçons.
Em lugar disso, IU prefere ficar bem com as confrarias católicas e com o reaccionário bispado de Mondonhedo-Ferrol. Parece-nos fundamental que o Ferrol progressista, laico e de esquerda tome nota do uso que o governo alegadamente ‘progressista’ está a fazer do voto cedido por tantos trabalhadores e trabalhadoras para reclamar umha política de esquerda.
Nem a escusa do turismo nem a defesa de umha cultura elitista e confissional podem justificar umha medida que nem o PP e IF tinham tomado, com um apoio tam desproporcionado a atender aos gastos das festas de umha Igreja milionária como é a católica, caracterizada pola sua aberta oposiçom às ideias do progresso e a justiça social.
Que será o próximo, converter a COPE em emissora de referência e dedicar-lhe o dinheiro do departamento de serviços sociais e normalizaçom lingüística?
Ferrol, 13 de Março de 2008
Assembleia Comarcal de NÓS-Unidade Popular
nosup-trasancos@nosgaliza.org
______________
Marcadores: Denúncia, Ferrol, Semana Santa
Acto de Protesta en Ferrol ante a entrada na Ría do 16 buque gaseiro LNG Abuja, para a ilegal e perigosa REGANOSA [12.03.2008]
Como estaba previsto o LNG Abuja, buque gaseiro cunha antigüedade de máis de 28 anos e un sinfín de amaños "Sideroquirurxicos" no seu casco e maquinaria, mesmo catro deles nos asteleiros ferroláns, entrou na Ría coa súa perigosa carga para REGANOSA. Con este son 16 os buques que levan entrado na Ría cargados con GNL [Gas Natural Liquado], poñendo en perigo a seguridade e a vida das miles persoas que aquí traballamos e vivimos.
O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, como é habitual, convocou un acto de protesta. Desta vez como a anterior, o acto non tivo lugar no Porto de Ferrol, senón ante o Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, con posterior marcha pola rúas de Ferrol até chegar á Praza do Concello. Onde se lle demandou ás autoridades municipais que cumpran coa súa responsabilidade de protexer á poboación do despropósito gasístico que ameaza a nosa vida e seguridade que leva verquido ao mar millóns de metros cúbicos de auga enfriada, morta e clorada, deteriorando a vida mariña e a riqueza marisqueira da nosa Ría.
Cen persoas participamos no acto de protesta, non debemos baixar a garda, polo que debemos recuperar a mobilización cidadán como un xeito importante de exteriorizar a oposición a ese complexo gasístico, construído grazas á corrupción e complicidade institucional e política.
____________________
Marcadores: Planta de Gas: fóra da Ría, Reganosa
Rolda de Prensa 13.03.08 da SGHN: Determinación de especies descoñecidas para a ciencia de fósiles mariños
De: SGHNFERROL -sghnferrol@teleline.es-Para: artabra21@gmail.com
Data: 13 de março de 2008 10:05
Asunto: ROLDA DE PRENSA 13.03.08 - Determinación de especies descoñecidas para a ciencia de fósiles mariños
ROLDA DE PRENSA 13-03-08
Nota de prensa
Prégase a súa difusión
Convocatoria de ROLDA DE PRENSA da Sociedade Galega de Historia Natural, e presentación aberta ao público.
Lugar: Galería Sargadelos
Data: 13 de marzo de 2008
Hora: 19:30 h
Intervirán:
- Representantes da SGHN Ferrol: Paulino Gasalla (Secretario Xeral), Juan Ignacio Díaz da Silva (Responsable do Museo da Natureza) e Ismael Miján (Secretario da SGHN-Ferrol)
- Paleontólogos: Olivier Lambert, Giovanni Bianucci e Klaas Post
- Representantes da Alcaldía de Ferrol
Hoxe xoves día 13 de marzo se celebrará unha rolda de prensa ás 19:30 horas na Galería Sargadelos á que asistirá representación da Alcaldía de Ferrol e a Sociedade Galega de Historia Natural para presentar ó equipo de científicos que está a traballar na investigación dos fósiles mariños:
- Dr. Olivier Lambert, Departamento de Paleontoloxía do Museo de Ciencias Naturais de Bélxica
- Dr. Giovanni Bianucci, Departamento de Ciencias da Terra da Universidade de Pisa
- Dr. Klaas Post, Departamento de Paleontoloxía do Museo de Historia Natural de Rotterdam
______________
Sociedade Galega de Historia Natural.
Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o medio natural galego.
Delegación de Ferrol - SGHN
Apartado de Correos n1 356
15480 FERROL (A Coruña)
Tfno. [24 horas] e fax 981 35 28 20
Móbil 616 388 935
Web: http://www.sghn.org
Correo-e: sghnferrol@terra.es
Blog Ferrol: http://sghnferrol.blogspot.com/
_______________________
Entidade Científica sen ánimo de lucro fundada en 1973. Inscrita no Rexistro Nacional de Asociacións co n1 18.847. Rexistrada no folio 11 das Asociacións Protectoras do Medio Ambiente [Xunta de Galicia]. N1 AO/C-000/382 do Rexistro de Asociacións Culturais Galegas. Membro do Consello Galego de Medio Ambiente.
_
Marcadores: Actos Externos, SGHN
A mala fe de Galicia Bilingüe
20080312
Manuel de Castro García
Martes, 11 de marzo de 2008
Nas clásicas películas de guerras coloniais, o exército imperial afai enviar por diante unha marea de nativos de recheo que se deixan a vida na primeira andanada. Con todo, a música non se pon tráxica e o protagonista non se bota as mans á cabeza ata que morreu o seu amigo blanquito. Onde o guionista ve un amigo morto na batalla eu vexo miles de mortos, un deles máis blanquito que os demais e que, encima, adoita ser do bando invasor. Cun pouco de sentido común e de sentido da xustiza, conviremos en que a segunda visión é máis honesta que a primeira. Se non miramos con perspectiva e limitámonos a unha parte, estaremos expondo unha mentira. Iso pasa coas polémicas lingüísticas no Estado español.
Está recibindo certo eco mediático -e eu súmome como un altofalante máis- unha nova organización aplaudida pola extrema dereita política e pola extrema dereita ideolóxica (ás veces, algúns progres só son progres en catro pinceladas externas) que se chama Galicia Bilingüe, e que ten como finalidade devolver o idioma galego á caverna e aos complexos de inferioridade nos que se sumiu durante o franquismo e en escuras épocas do alto Medievo. Para haberse erixido en pobres vítimas, dispón dun bo aparello de propaganda para denunciar a suposta tiranía do idioma galego sobre o castelán. O castelán é o idioma que emprego libremente para escribir este artigo nun medio que se chama Xornal.com, o mesmo no que están escritos a práctica totalidade dos medios de comunicación de Galicia, as películas nos cines, a publicidade en todas partes. Por suposto, o castelán é o idioma oficial dos personaxes máis poderosos de Galicia: os grandes empresarios, os presidentes das caixas, os políticos fóra das cámaras e, sobre todo e por encima de todo, rúbelos que aspiran a ocupar un sitio aos pés destes poderosos. Eu mesmo, que traballo como xornalista para diversas empresas galegas, admito que me quedou sen clientes e sen traballo se iniciase os meus contactos cos empresarios en galego. Esta é unha descrición con perspectiva e con xustiza da situación lingüística na Comunidade autónoma de Galicia aínda que haxa, excepcionalmente, algún blanquito morto entre unha marea de vítimas. Pretender colocar ao castelán no papel de vítima en Galicia non pode ser considerado unha opinión senón unha mentira con mala fe, e ás mentiras históricas non opinables debería porlle freo a Fiscalía por propia iniciativa. Salvando as distancias de fondo, xuridicamente debería ser como negar o Holocausto en Alemaña. Pódese opinar contra o galego, e ata propugnar a súa desaparición, pero non se pode facer negando e deformando a dolorosa historia do idioma autóctono deste país.
Sabe, lector, onde está a verdade? Nos avós, que non poden ser acusados de manipuladores de última hora. Os avós, nos seus pobos de orixe, falaron exclusivamente no seu idioma autóctono porque foi a súa realidade lingüística máis íntima, aínda que moitos evitáronlla aos seus fillos por un complexo histórico ou para atopar traballo nun mercado laboral no que o idioma propio estivo abertamente vetado e desprezado. Ten graza que a persoa que me topei estes días defendendo Galicia Bilingüe (que dá toda a súa información en monolingüe castelán) sexa incapaz de sacudirse de encima un forte acento da terra. Ese é o panorama xusto, con perspectiva, de Galicia. Encantoume que aos meus fillos, se os tivese, ou a min mesmo educáronme en galego para engrandecer o meu patrimonio cultural, pero na miña infancia o profesor ou o pai que o suxeriu terían que saír como un lóstrego.
Por iso, con perspectiva, ninguén ten dereito a denunciar os presuntos abusos do galego nun lugar no que o idioma castelán impúxose pola forza, moitas veces a forza bruta. É como o escándalo que montou o PP -teoricamente con razón- polo malgaste da Consellería de Cultura en Cuba, durante a feira editorial da Habana. A min tamén me parece un escándalo o desembarco de ostentación galega no país do mundo que máis en serio se toma a austeridade institucional, pero me pregunto que autoridade moral pode ter o Partido Popular para criticar ao departamento de Cultura galego cando ese partido deu o dobre de diñeiro, o dobre, a un só cantante de Miami (Xullo Igrexas) para fomentar nosequé cultura galega, unha cultura que existe e non só consiste en cantar o "Juendolín" nas verbenas. A acusación do PP exclúe unha comparación previa que habería que pór sobre a mesa, do mesmo xeito que Galicia Bilingüe pretende tomarnos por bobos esaxerando algún problema puntual coas normas para defender o galego. Aprovéitase dos nosos complexos lingüísticos para tratar de estender unha difamación.
Nota: a definición de extrema dereita non é un insulto; é unha colocación no espectro político. Para algunhas cousas, eu situaríame a min mesmo na extrema esquerda, tendo en conta que me sinto á esquerda dos actuais grandes partidos que incumpren a Constitución, que fomentan as desigualdades económicas e que permiten que millóns de compatriotas sobrevivan con menos de mil euros ao mes. A liberdade da que tanto se fala empeza, de entrada, cobrando máis de mil euros. Con menos non existe nin o principio de liberdade e a palabra democracia resérvase para uns poucos privilexiados que, como eu, gañamos máis que esa cantidade e podemos pensar en escoller ou ata en non ir votar.
Enlace co artigo orixinal en Xornal.com
Outros artigos de Manuel de Castro en:
Xornal.com
Outros interesantes artigos de Manuel de Castro en:
Rebelión
____________
Palestra sobre o genocídio na Argentina com Nilda Eloi
Para: artabra21@gmail.com
Data: 12 de março de 2008 01:42
Asunto: Palestra sobre o genocídio na Argentina com Nilda Eloi
Na próxima quinta-feira, 27 de Março, contaremos com a presença no nosso Local Social de Nilda Eloi, destacada militante argentina dos direitos humanos e que foi detida-desaparecida no seu país, durante a ditadura argentina, forma parte da Associaçom ex-Detidos Desaparecidos da Argentina e na actualidade é a principal testemunha protegida do juizo contra vários repressores que se desenvolve na cidade da Prata. Nilda estará em Ourense, Compostela, Ponte Areias e Ferrol.Nilda estará em Ourense, Compostela, Ponte Areias e Ferrol. O motivo da sua tourné pola Galiza é informar sobre a situaçom dos julgamentos que estám a ser desenvolvidos na Argentina, as queixas-crimes apresentadas pol@s galeg@s desaparecid@s e as actividades pola memória histórica que se estám a desenvolver.
Perante as ameaças e intimidaçons, Nilda Eloi vive as 24 horas do dia sob protecçom policial, inclusive com a recomendaçom de empregar colete antibalas. A outra testemunha, Julio López, logo de testemunhar, foi seqüestrado há mais de um ano, achando-se actualmente desaparecido.
A entidade que ela representa, integrante do colectivo "Justiça Já", jogou um papel muito importante na apresentaçom das denúncias apresentadas pola Federaçom de Associaçons Galegas polos desaparecidos galegos na Argentina.
A palestra é organizada conjuntamente pola Fundaçom Artábria, Assembleia Aberta da Baiuca Vermelha, Local Social A Esmorga e Assembleia Aberta do Centro Social Henriqueta Outeiro.
Ourense, 11 de Março às 20.30h no Local Social A Esmorga
Compostela, 13 de Março às 20.30h no Centro Social Henriqueta Outeiro
Ponte Areas, 21 de Março às 20.30h no Local Social Baiuca Vermelha
Ferrol, 27 de Março às 20.30h na Fundaçom Artábria
Quem é Nilda Eloi?
Nilda Eloi, durante o seu cativeiro, passou por distintos campos de concentraçom. Foi detida e seqüestrada na Prata durante o operativo denominado "A noite dos Lápis", quando fôrom seqüestrad@s e assasinad@s vári@s estudantes secundários que reclamavam a criaçom do "Boleto estudantil".
Nascida a 22 de Fevereiro de 1957 na Prata, Argentina, é integrante da Associaçom de ex- Detidos Desaparecidos.
Foi seqüestrada no primeiro de Outubro de 1976, permanecendo durante 11 meses em 6 centros clandestinos de detençom (La Cacha, Pozo de Quilmes, Pozo de Arana, Vesubio, El Infierno e Comisaria Valentín Alsina). Desde 22 de Agosto de 1977 até princípio de 1979 estivo detida no Cárcere de Vila Devoto, a disposiçom do Poder Executivo Nacional, quer dizer, sem causa judicial nengumha.
É denunciante por queixa-crime nos julgados da sua cidade na mega causa "Camps" e nas causas emanadas da mesma. Nas causas que se abrírom polo Centro Clandestino de Detençom como as de: "La Cacha", "Brigada de Investigaçons", "Comisaría 5ta", "Posto Vasco", etc..
Noutros julgados, é denunciante na mega causa "1º corpo do Exército" e nas causas que dela se derivam.
Como integrante da Associaçom de Ex-Detidos Desaparecidos, é denunciante destas causas, na mega causa "Esma" e as suas derivadas, na mega causa "Campo de Maio", assim como em diferentes causas no interior do país.
Assim mesmo, como representante da Associaçom de ex-Detidos Desaparecidos, participa no "Julgamento pola Verdade", que desde 1998 leva avante a Cámara Federal da Prata.
Entre os labores que desenvolve no AEDD, está a confecçom de Trabalhos de Compilaçom de Dados (TRD, no seu acrónimo em espanhol) que servírom para abrir diversas causas e dada a riqueza documental dos mesmos, fôron aceites como prova tanto nas causas en primeira instáncia como nos julgamentos orais.
__________________
Marcadores: Actos Externos, Artábria
Os Aturuxos do Diario de Ferrol
20080311
Para: artabra21@gmail.com
Data: 9 de março de 2008 10:43
Asunto: Os Aturuxos
Despois dun día de reflexión cheguei a esta conclusión.
Un saúdo.
Os Aturuxos
Saibamos quen é quen.
O venres 7 de Marzo o Diario de Ferrol, no seu recuncho dos “Aturuxos”, deixou ben clara a súa tendencia partidista e a súa estraña maneira de defender Ferrol, cun insidioso comentario que retrata a retorcida mentalidade do seu (¿dos seus?) autor.
Copio literalmente:
“CADA cierto tiempo, los coordinados contra Reganosa exhiben las plusvalías que obtuvo Tojeiro por la venta de terrenos en Mugardos, negadas por la empresa. Insistir en el asunto forma parte de la campaña de acoso a la gasificadora, sobre todo cuando las movilizaciones ciudadanas se agotan...”Este pequeno comentario é unha auténtica obra de arte da demagoxia barata e da insidia sibilina. Vaiamos por partes:
“... coordinados contra Reganosa ...”.- ¿Como deberemos entender iso de “coordinados”? ¿Organizados, confabulados, manipulados, dirixidos, que forman parte dun contubernio antiprogreso? Pois ben, os “coordinados” expuxemos mil e unha veces, que non estamos “contra Reganosa”, senón contra do emprazamento da Planta dentro da Ría. “Eles” teñen que sabelo, pero non interesa dicilo.
“exhiben las plusvalías ... negadas por la empresa”. “Eles” non dan creto ás denuncias dos “coordinados”, mais á negativa da empresa si. En calquera país avanzado, os periodistas investigarían de quen é a razón. Mais “eles” xa tomaron partido, poñéndose do lado do máis forte.
“Insistir en el asunto forma parte de la campaña de acoso a la gasificadora...” .- É dicir, nós, os “coordinados”, somos os acosadores, e non os ameazados e acosados (Mehá), os encadeados (Bastida), os reprimidos e golpeados polas forzas do “desorde” (varios) e os que teñen vida e facenda en perigo (todos), por mor dos intereses económicos dos seus “amigos”...
... “las movilizaciones ciudadanas se agotan...”. Parece que “eles” alégranse diso. Será porque non son de Ferrol, non viven en Ferrol, e lles importa moi pouco o que lle pase a Ferrol e ós ferroláns. E tamén, polos importantes ingresos da publicidade de Reganosa. Está claro que con cartos cómprase todo. Xa se sabe, “El que tiene plata...”
Saber quen é quen é importante.
Coido que non estaría mal que a próxima cacerolada se faga na rúa Galiano, diante de D. de F. Pero que sexa ben numerosa.
_____________
Marcadores: Denúncia, Planta de Gas: fóra da Ría, Reganosa
Noticias desde EEUU e entrada dun novo buque gaseiro na Ría de Ferrol
Para:artabra21@gmail.com
Data: 11 de março de 2008 09:43
Asunto: Noticias desde EEUU e entrada dun novo buque gaseiro na Ría
OBSERVATORIO DO GAS NATURAL LICUADO (GNL)
Noticias desde EEUU e entrada dun novo buque gaseiro na Ría
Estimades amig@s.
Hoxe enviámosvos unhas noticias de EE.UU. que demostran a clara oposición da veciñanza e dos representantes políticos dese país ás localizacións irracionais de plantas regasificadoras pola ameaza que supón para as poboacións próximas e para o medio ambiente.
En EE.UU. están paralizados varios proxectos de plantas regasificadoras debido aos procesos xudiciais, pois en tanto non se dite sentenza por parte dos tribunais NON SE EMPEZAN A Construir As PLANTAS. Aquí en España, as cousas fanse doutra forma e así nos vai. Mentres os xuíces pénsanllo (10 anos) a ría de Ferrol está nunha constante ameaza. Por que en EE.UU. considéranse os riscos e as leis e aquí non?
Estas noticias pódense ler no documento anexo:
Arquivo OBSERVATORIO - febrero08
- Aprázase a aprobación da planta de GNL de Long Island Sound (febreiro 2008)
- Manifestación en Salem de opositores ás plantas de GNL en Oregón (febreiro 2008)
- O organismo de pesca NMFS de EE.UU. recomenda a denegación de permiso de GNL Bradwood
UN NOVO BUQUE GASERO TEN PREVISTO ENTRAR NA RÍA DE FERROL CARGADO CON GNL
MÉRCORES 12 DE MARZO
CONCENTRACIÓN
DIANTE DO EDIFICIO ADMINISTRATIVO DA XUNTA DE GALICIA
ÁS 7 DA TARDE
ACODE!
PLANTA DE GAS FORA DÁ RIA! ¡XA!
Saúdos
www.f-cape.org
Colectivo universitario opositor á planta de gas (GNL) da ría de Ferrol
_______________
Marcadores: Ferrol-CAPE, Reganosa
Semana de Actividades no Ateneo Ferrolán
De: ATENEO FERROLAN -a_ferrol@teleline.es-Para:artabra21@gmail.com
Data: 10 de março de 2008 17:46
Asunto: ACTIVIDADES SEMANAIS no Ateneo Ferrolán
ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879)
"UN LUGAR DE ENCONTRO PARA A CULTURA” Rúa Magdalena 202-204, 1º
FERROL
www.ateneoferrolan.org
ACTIVIDADES do 10 ao 14 de MARZO
LUNS Día 10
- ás 20 horas –CONFERENCIA: ONG IMPLICAD@S : Programa VANAKKAM
MARTES Día 11
- ás 12,30 horas – CAFÉ ENCONTRO: XORNADAS REHABILITACIÓN – CONCELLO FERROL
- ás 19 horas – MARTES DE CINE: MARZO CICLO MULLERES DIRECTORAS: “LAS VÍRGENES SUICIDAS” de Sofía Coppola (1999)
MÉRCORES Día 12
- ás 18 horas – CONFERENCIA. Organiza: Asociación Cultural Xubilados da Admón. Pública.
VENRES Día 14
- ás 17,30 horas – A ESCOLA DA VACA
- ás 20,30 horas – INAUGURACIÓN EXPOSICIÓN de GUILLERMO BAAMONDE (1ª planta)
EXPOSICIÓNS no ATENEO FERROLÁN: AXENDA
- Do 14 ao 31 de marzo - EXPOSICIÓN GUILLERMO BAAMONDE (1ª Planta)
O ferrolán Jesús Ordovás, leva a exposición "25 Años de POP con Rádio3" á súa cidade natal
A exposición estará no Ateneo Ferrolán até o 23 de marzo.
Un mes logo de impartir unha conferencia sobre a música pop dos últimos anos, Jesús Ordovás volve á súa cidade natal, Ferrol, para inaugurar a exposición 25 Años de Pop con Radio3. Esta exposición poderase visitar no Ateneo Ferrolán do 28 de febreiro ao 23 de marzo. Trátase dunha mostra multimedia que permite aos seus visitantes achegarse e rememorar unha época moi importante na nosa cultura musical: os anos 80, 90 e principios do século XXI. Grupos como Sinistro Total, Radio Futura, Alaska e os Pegamoides, Almodóvar e Mcnamara ou, máis actualmente, o ferrolán Carlos Jean marcaron unha forma de facer música onde a imaxinación, o descaro e a orixinalidade son a súa principal carta de presentación. A exposición recolle parte da colección de fotografías, carteis, flyers, fanzines, discos, libros, etc. que Jesús Ordovás recompilou durante os seus máis de 25 anos á fronte do mítico Diario Pop de Radio3. Componse de varios apartados, organizándose a través tanto de material gráfico como de ferramentas multimedia e interactivas que permiten ao visitante descubrir a exposición en función dos seus intereses e a súa curiosidade. Nos módulos audiovisuais o visitante pode navegar por programas de televisión dos 80 e 90, videoclips musicais e diverso material audiovisual sobre a riqueza creativa desa época musical que se iniciou nos oitenta e chegou ata os nosos días. Ademais, pódense realizar audicións de discos do momento e ata atreverse a xogar a un trivial musical ou a emular a estes grupos cantando nun karaoke. 25 Años de Pop con Radio3 é unha exposición que non deixará indiferente a ningún visitante.
_________
Marcadores: Ateneo Ferrolán
Concentración diante do Edificio Administrativo da Xunta, o 12 de marzo, ante a entrada na Ría dun novo gaseiro para a ilegal e perigosa REGANOSA
20080310

UN NOVO BUQUE GASEIRO
TEN PREVISTO A ENTRAR NA NOSA RÍA
CARGADO CON GNL
PARA A ILEGAL E PERIGOSA
REGANOSA
CONCENTRACIÓN
DIANTE DO EDIFICIO ADMINISTRATIVO
DA XUNTA DE GALICIA
ÁS 7 DA TARDE
Convoca:Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
O LNG ABUJA (ex”Louisiana”) Foi construido por GeneralDynamics Quincy MA, E.E.U.U. en 1980. Ten 93.619 toneladas derexistro bruto, 285 metros de eslora, 46 metros de manga , cun calado de 12 metros e capacidade de 126.530 metros cúbicos. En1999 entra nos asteleiros ferroláns para reformas, sendo rebautizado polos seus propietarios, Lachmar Corporation Inc., LNGAbuja. Está matriculado en Nassau (Bahamas) e clasificado en American Bureau of Shipping. Recientemente foi adquirido porla Nigeria LNG Ltd., e posteriormente transferido a BGT. Este buque estivo reparando en Ferrol por tres veces máis, a última en 2004. Un buque vello, case 30 anos e cun historial de numerosas intervencións no seu casco e maquinaria, muitas delas dentro desta Ría.
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org
_________
Marcadores: Planta de Gas: fóra da Ría, Reganosa
Convite da Asociación Veciñal de Esteiro "Fontelonga", ao acto de Homenaxe ás Vítimas do 11M do 2004
De: ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA-avvfontelonga@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 10 de março de 2008 18:44
Asunto: Homenaxe ás vítimas do 11 M- RECORDATORIO
Homenaxe ás vítimas do 11 M
A Asociación Veciñal de Esteiro " Fontelonga" celebraremos o vindeiro martes 11 de Marzo ás 18 horas un acto cívico , aberto a toda a cidadanía, de homenaxe ás vítimas do 11 de Marzo de 2004 en Madrid, como vimos facendo cada ano.
O acto ó que están convidados tódolos grupos municipais do Concello de Ferrol, partidos, sindicatos e todo o tecido asociativo da cidade, será na Praza das Vítimas do 11 M, na confluencia das rúas Vázquez Cabrera e San Ramón, preto do Pavillón Municipal de Deportes de Esteiro.Con este acto, carente de calquera contido partidista, se pretende recordar ós mortos e mortas, feridos e feridas nese brutal atentado, e ademais quere ser un acto de afirmación democrática fronte ó terrorismo, de defensa das liberdades, da paz e sobre todo da xustiza.
Ferrol a 7 de Marzo de 2008.
Xunta Directiva da Asociación Veciñal de Esteiro " Fontelonga".
Asdo../ Xosé Miguel López Pérez, presidente
________________
ESTEIRO
Web veciñal
Blog veciñal
Artigos PA21
___________
Marcadores: Fontelonga
Chamamento a participar nas manifestacións do 10 de Marzo "Día da Classe Obreira Galega"
De: Comité Cidadán de Emerxencia-comitecidadan@gmail.com-
Para: artabra21@gmauil.com
Data: 7 de março de 2008 18:59
Asunto: Manifestación o luns 10 de marzo
Asistiremos a esta cita amosando o noso lema: PLANTA DE GAS FORA DA RÍA, e convidamos a toda a cidadanía a participar na mesma.
Manifestacións:
Convocada por CCOO: saida da Praza do Inferniño ás 19 horas.
Convocada por CIG: saida da súa Sede (Rua E.Pondal – Esteiro) ás 19,30 horas.
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
_____
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org
...........
Marcadores: Movimento Obreiro
O Comité Cidadán de Emerxencia denuncia novo "pelotazo" do Grupo Tojeiro no caso REGANOSA
20080305
O 4 de Maio de 1997, o Consello de Administración da citada Auoridade Portuaria, acordaba a Concesión Administrativa, outorgada por 30 anos á empresa Forestal del Atántico, cuxo importe correspondía nos exercicios económicos de 2001 e 2002 a 142.576,90 €. A citada concesión, foi cedida, nun 46,92% a REGANOSA o 23 de marzo de 2001, con anterioridade, o 2 de marzo de 2001, o Consello de Administración da citada A.P. aprobaba a cesión, uns días antes [21.02.2001] de producirse o outorgamento da Concesión Administrativa, producese o cese do Presidente da Autoridade Portuaria, Guillermo Romero Caramelo, que se opuña ao "cambalache" [*]. A Concesión foi autorizada definitivamente despois dunha ampliación da mesma, polo Consello de Administración da citada Autoridade Portuaria con data do 7 de maio de 2003. Desta vez no asentamento contábel de REGANOSA no conceito de concesións administrativas figura 24.799.003,39 €.
[*] Guillermo Romero era presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol en febreiro de 2001, cando tocaba regularizar un recheo de 123.000 m2 en Punta Promontoiro, onde só se autorizaran 59.000 m2, e un dragado ilegal que servira para poñer un calado de 14 metros onde só había 12,5.
- Audio da Rolda de Prensa
[Cedido por Rádio FilispiM]
|
- Galería de Diapositivos da Rolda de Prensa
- Galería de Fotográfias da Rolda de Prensa
_________________________
As datas son significativas:
Cese de Guillermo Romero Caramelo no BOE, en formato - PDF-
As hemerotecas dan datos de interese, ainda que sexan as de "La Voz de Galicia":
Manuel Fraga apoia a decisión do conselleiro de Política Territorial porque «había que resolver o tema de Mugardos» [Noticia en "La Voz de Galicia" - 16.02.2001]
A Xunta destitúe ao presidente do porto de Ferrol por entorpecer a planta de gas [Noticia en "La Voz de Galicia" - 16.02.2001]
Eran outros tempos:
O deputado socialista Ismael Rego acusa ao titular de Política Territorial de cesar a Romeu porque "non se encartou aos intereses dun empresario" afín á Xunta [O Xornal - 21.03.2001]
Interesante frase:
"Fixen o que tiña que facer e díxenllo a quen llo tiña que dicir. Non quero volver falar de Reganosa", Guillermo Romero Caramelo [Extracto dunha reportaxen da revista "Tempos Novos", nos Arquivos Ártabros]
____________
Concentración diante do Edificio Administrativo da Xunta, o xoves 6 de marzo, ás 7 da Tarde, ante a entrada na Ría dun novo buque gaseiro para a ilegal e perigosa REGANOSA
_______________
Marcadores: Planta de Gas: fóra da Ría, Reganosa
Concentración diante do Edificio Administrativo da Xunta, o 6 de marzo, ante a entrada na Ría dun novo buque gaseiro para a ilegal e perigosa REGANOSA
De: Comité Cidadán de Emerxencia-comitecidadan@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 4 de março de 2008 22:29
Asunto: Convocatoria Xoves, entrada 15º gaseiro

CONVOCA
CONCENTRACIÓN
CACEROLADA
E
BUZOS BRANCOS
Xoves, 6 de Marzo, ás 7 da tarde
Ante o Edificio Administrativo da Xunta de Galicia de Ferrol
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org
É conveniente que quen poidan facelo, acudan provistos de todo o material habitual nestas concentracións que vimos realizando: camisetas, bandeiras, buzos, material sonoro, pancartas, etc.
Características do buque:
LNG Finima,
Antigüedade: 25 años.
Eslora: 287 m. manga: 42 m.
Bandeira: Bermudas
PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !
--
C/C en BBVA, titular:
Ángeles Cuadrado e outros.
Para ingresar desde unha oficina bancaria desde dentro do Estado:
0182-0232-77-0201521046
Para ingresar desde unha oficina bancaria desde fóra do Estado:
Codigo BIC: BBVAESMMXXX
IBAN
ES80 0182 0232 7702 0152 1046
Marcadores: Planta de Gas: fóra da Ría, Reganosa
Audio do Manifesto da "Rede Galiza Non Se Vende", leido ao remate da Manifestación do 17M2008, na Praza da Quintana en Compostela
20080303
Manifesto íntegro GZ NON SE VENDE.
Compostela 17/02/2008
|
Marcadores: Rede Galiza Non se Vende
Proposta do Colectivo Opaíí - Rádio FilispiM: "V Conspirando por unha radio libre" -> xoves 20/03/2008
De: FilispiM 93.9FM -opaii.rfm@gmail.com- Para: artabra21@gmail.com
Data: 29 de fevereiro de 2008 19:44
Asunto: Proposta do Colectivo Opaíí - Rádio FilispiM ao voso colectivo. "V Conspirando por unha radio libre" -> xoves 20/03/2008
Proposta do Colectivo Opaíí - Rádio FilispiM ao voso colectivo. "V Conspirando por unha radio libre" -> xoves 20/03/2008
Olá a todas e tod@s,
Somos o Colectivo Opaíí! – Rádio FilispiM, 93.9FM, e pedímosvos que prestedes moita atención ao seguinte:
Como todos os anos o Colectivo Opaíí! – Rádio FilispiM, organiza para o vindeiro xoves "santo", 20 de marzo, una nova edición do festival "CONSPIRANDO por unha radio libre".
Este ano cumprense cinco edicións. É polo que, decidimos dar un salto cualitativo, canto a organización do mesmo, procurando un espazo aberto para a súa celebración.
Tras petición ao departamento de cultura do Concello de Ferrol, este deu o visto e praze a utilización do PALCO existente na PRAZA DO INFERNIÑO, en Ferrol, comprometéndose a facilitarnos unha CARPA, baixo a que programar o propio festival e os actos paralelos ao mesmo.
PROGRAMA DO "V CONSPIRANDO por unha radio libre".
MÚSICA:
Na 5º edición do "CONSPIRANDO", tocarán tres grupos, dous locais e un de fóra. Os estilos musicais serán variados: funk, tradicional e punk-rock. A parte músical do festival comezaría cara as 22:00 h. e remataría cara as 01:00 da madrugada.
ACTOS PARALELOS:
PROGRAMA DE RADIO ESPECIAL, en directo dende o estudio de RFM [Rádio FilispiM]), con conexións en directo, horas antes do festival.
FEIRA DE COLECTIVOS, no propio festival, previa aos concertos con postos e material divulgativo dos diversos colectivos, sociais, culturais, ecoloxistas, da nosa comarca que desexen participar e se inscriban previamente. Esta feira se desenvolvería nos postos que os colectivos instalaran na propia carpa, entre as 6:00 h. do serán e até que desexaren.
Estamos estudiando a posibilidade de que algun colectivo amenice esta FEIRA, previa ao festival, con malabares, circo, etc.
GRAVACIÓN ÍNTEGRA DO FESTIVAL en formato radiofónico, para a súa futura emisión en Rádio FilispiM (RFM)
OBXECTO DO V "CONSPIRANDO por unha radio libre".
O festival, como todos os anos, ten como obxecto a recadación de fondos pra autofinanciar Rádio FilispiM. Como sabedes, Rádio FilispiM non pertence a institución nen empresario algún, a autoxestión comunitaria é a súa principial mantedora, de aí que a rádio sexa libre e comunitaria.
Ademáis, pretende a difusión dos artistas e grupos locais, e a interelación dos colectivos que se sumen á convocatoria da "FEIRA DE COLECTIVOS", para a difusión das diversas iniciativas. En todo caso, participando dunha xornada de convivio, compartillamento de experiencias e mostra das mesmas á poboazón en xeral.
QUE PRECISAMOS pra poder levar a bon término o V Conspirando?
Para poder facer fronte aos gastos que xenera a organización deste tipo de eventos, pensamos na introduzón, nos cartazes anunciadores do evento, de PUBLICIDADE dos diversos colectivos, asociacións ou pequenos negocios da comarca. O custe deste "espazo no cartaz" é de 30 euros (sinxelo), ou 50 euros (duplo espazo).
Se recibes esta mensaxe, é porque figuras entre os colectivos, aos que decidimos solicitar este PATROCINIO, polo que vos pedimos valoredes a posibilidade de participar desta iniciativa coa aportación que mellor se axuste as vosas posibilidades.
EN CALQUER CASO, quedades todas e todos os colectivos convidadas a instalar unha mesa co voso material divulgativo na FEIRA DE COLECTIVOS.
Cómpre, que no prazo máis breve posíbel nos contestedes a este correio indicando se estades de acordo en calquera das iniciativas que vos propoñemos: patrocinio, participación na FEIRA DE COLECTIVOS ou ámbalas dúas propostas. Tambén podedes chamarnos ao teléfono 680 73 02 41.
CASO DE PRESTARNOS O VOSO APOIO CO PATROCINIO, achegádenos CANTO ANTES o LOGOTIPO ou imaxe que queirades incluir nos cartazes que xa estamos deseñando. Pódedes anexalo no correio de volta.
Esperamos ter sido clar@s e concisos.
Unha aperta.
Colectivo Opaíí - Rádio FilispiM, 93.9 FM
--
OPAII-Rádio FilispiM [93.9 FM]
A rádio livre e comunitária da comarca de Trasancos
www.opaii.blogspot.com
filispina@gmail.com ou opaii.rfm@gmail.com
Apdo. 303 15401 Ferrol (Galiza)
_____________-
Marcadores: Rádio Filispim
Concentración e Feira este 8 de Marzo de 2008 en Ferrol e Narón, no Día Internacional das Mulleres
20080301

DIA INTERNACIONAL DAS MULLERES
8 DE MARZO DE 2OO8
Nin un paso atrás!
As mulleres non podemos perder dereitos
Levamos un longo camiño andado desde que en 1910 se acordaba na Conferencia Internacional Socialista de Mulleres, celebrada en Copenhague, sinalar o 8 de Marzo como un día de mobilización e loita polos dereitos das mulleres. A nosa sociedade ten avanzado cara onde soñaban as mulleres que viviron a Segunda República, e como nin chegaron a imaxinar as que tiveron que sobrevivir á dictadura franquista. Con todo, sabemos que nos queda moito por camiñar. Tamén sabemos que o que temos conquistado até agora pode sernos arrebatado por intereses políticos, económicos ou relixiosos. Isto é o que sucedeu nas últimas décadas en paises como Afganistam, Iraq, Nicaragua, Exipto, EEUU ou Polonia. Isto é o que pretenden as forzas reaccionarias representadas pola Conferencia Episcopal e a cúpula do Partido Popular.
Asistimos, nestes últimos meses, a un discurso ameazador que relaciona un suposto caos social coa liberdade das mulleres, co noso estatus de cidadás en igualdade e cos dereitos conseguidos até agora. E dos discursos preténdese pasar aos feitos. Así xa se fixo, abrindo procesos xudiciais a mulleres que se acolleron á Lei do Aborto, demostrándonos que esta lei é insuficiente para protexer e garantir o noso dereito a decicir, e nos deixa desprotexidas ante a reacción machista. Políticos conservadores, para a nosa intranquilidade, aseguran que se gañan as eleccións van facer cumprir a Lei do Aborto. E dicer, haberá máis mulleres enxuiciadas, máis clínicas fechadas e máis obxección de conciencia na sanidade pública. Os discursos non paran aí. Fálase do divorcio como un mal da nosa sociedade e descúlpase a violencia machista por falta de paciencia e capacidade de sacrificio das mulleres.
Para o noso asombro, estes políticos, coreados pola Conferencia Episcopal, falan de negar os dereitos humanos, o dereito á igualdade, a lesbianas e gais, intentando impoñer un modelo único de familia. Ademais, o racismo tinxe este discurso que pretende que recuperemos o medo á liberdade de épocas escuras, de exclusión e sufrimento para as mulleres. A situación é grave porque falamos da institución relixiosa con máis poder no noso país e dunha forza política maioritaria.
A Marcha Mundial das Mulleres recolle moitos anos de experiencia de loita feminista de todas partes do planeta. É por iso que sabemos que cando soan tambores anunciando pasos atrás, retrocesos na conquista dos nosos dereitos, o mellor xeito de facerlles fronte é a denuncia, a organización e a mobilización. Este 8 de Marzo estaremos presentando autoinculpacións de ter abortado nos xulgados das sete cidades galegas. Facémolo para mostrar a nosa solidariedade coas mulleres enxuizadas, para denunciar unha lei que non garante o noso dereito a decidir. Estaremos organizando, ao longo da xeografía galega, actos de denuncia e toma de conciencia, do que nos xogamos se nos arrebatan o que levamos conseguido. Estaremos visibeis, ocupando os espazos públicos. Estaremos unidas ao resto das mulleres do planeta que senten a necesidade de cambiar o mundo para cambiar a vida das mulleres, e que hai que cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo.
Se queres sumarte á nosa resposta contra a reacción machista consulta:
http://www.feminismo.info
NIN UN PASO ATRÁS!
AS MULLERES NON PODEMOS PERDER DEREITOS
Están programadas concentracións e actos en toda Galiza, nas sete cidades entregaran-se autoinculpacións nos diferentes xulgados.
Mobilización, Denuncias e Actos en Ferrol e Narón:
- Concentración en Ferrol e entrega de autoinculpacións nos xulgados, na Rúa Coruña ás 12 do mediodía.
- Feira Feminista, no Pavillón da Mocidade [A Gándara] en Narón, de 18:00 a 21:00 hrs. Libros, Música, Poesia, Arte, Artesania, ...
__________
Coordenadora Local de Ferrol - Terra
da Marcha Mundial das Mulheres na Galiza
FENE [Ferrol-Terra]:
Escola Fonte do Campo S/N
15500 Fene - Galiza
Telfs 671695968 - 652201003 - 667685430 - 696732735
Enlaces da Marcha Mundial das Mulleres:- A Marcha na Galiza
- Blog das Coordenadoras Locais da Galiza
- Anexos ao Blog das Coordenadoras locais de Galiza
- Blog da Coordenadora Local de Ferrol - Terra
- A Marcha Mundial das Mulleres na Galiza na Loita Contra a Violencia de Xénero
- A Marcha nos Médios
- VII Encontro Internacional da MMM Vigo Outubro 2008
- Última edición do Boletín Internacional
- Colectivos e organizaçons da Marcha na Galiza
- A Marcha Internacional
___________
Marcadores: Feminismo, Marcha Mundial das Mulleres





















































