

CONVOCATORIASActualizadas: 01.12.2009 |
O INICIO |
SOMOS |
O DESTACADO 125N2009 en Ferrol Terra: A violencia machista e os medios |
O DESTACADO 2Desastre financeiro, crise sistémica? |
Se queres colocar este reproductor na túa web ou blogue entra aquí













Para outra información diferente á convencional acceder a TeleSuRTv
Os 109 Gobernos que asisten en Dublín á Conferencia Diplomática sobre bombas de acio aprobaron por consenso o texto do Tratado na sesión plenaria final. Este amplísimo apoio, o máximo que se podía lograr e o mellor dos escenarios posibles para o fin da Conferencia, demostra o inmenso respaldo da comunidade internacional á estigmatización das bombas de acio. Entre eses 109 países están a maioría dos latinoamericanos, africanos e asiáticos, moitos membros da OTAN, e o Reino Unido, Alemaña, Francia, Holanda, Dinamarca, Italia, Bélxica e España.
Marcadores: Non ás bombas de acio
Aparecía estes días a noticia de que a Empresa Nacional de Celulosas (ENCE) podería instalarse nos portos de A Coruña ou Ferrol. Diante de esa información, o Alcalde da Coruña respostaba con contundencia: “Lo voy a tomar como una broma”. “Ni A Coruña ni el puerto de Ferrol” son emprazamientos viables. Mentres, o Alcalde de Ferrol se limitou a sinalar que era un “error”. Parecía expresarse máis como Presidente de Portos de Galicia que como Alcalde da Cidade. Non escoitamos a voz de ningún outro alcalde da comarca.Marcadores: Opinión, Rafael Pillado, Reganosa
Marcadores: Desarme, Non ao Escudo estelar


Marcadores: Planta de Gas: fóra da Ría, Reganosa

Marcadores: Actos Externos, Ateneo Ferrolán
Caixa Galicia e Caixanova fixeron públicos os seus informes de goberno corporativo, nos que están obrigados a facer constar as operacións que realizan con partidos políticos e coa administración. Os partidos galegos débenlle ás dúas entidades financeiras ao redor de cinco millóns de euros. O BNG é, con diferenza, a forza cun descuberto máis importante, dun total de 3.714.000 euros, seguida a moita distancia polo PSdeG-PSOE, con 870.000 euros, e o PP, con 292.000.
Con respecto aos últimos anos, o BNG vai aumentando o seu saldo negativo coas caixas de aforros, dos 2.4 millóns que debía en 2005, aos 2.7 de 2006, até a cifra actual de 3.7. Pola contra, dende ese mesmo ano 2005 no que se produciu o cambio de goberno na Xunta o PSOE foi rebaixando a súa débeda, dende o 1.1 millóns até os 870 mil actuais. Pola súa banda, o PP sempre se moveu en cifras moi inferiores, chegando a un máximo en 2006 (672 mil euros de débeda), moi reducido doce meses despois.
Por entidades, Caixa Galicia é o principal acreedor de BNG e PSdeG-PSOE, mentres que o PP concentra a súa débeda na entidade viguesa. A parte máis importante da débeda dos partidos corresponde a cantidades arrastradas doutros exercicios, sendo o BNG a única forza que xestionou empréstitos de importancia no 2007, uns 600 mil euros con Caixanova a un ano, e 335 mil con Caixa Galicia a 24 meses.
Concellos endebedados
O Concello da Coruña é o que acumula unha débeda total máis importante coas dúas caixas galegas, sumando máis de 79 millóns de euros. A moita distancia atópase Ferrol, con 22 millóns de euros, aínda que en proporción co seu orzamento esta resulta unha cantidade importante. Na mesma situación están Pontevedra ou Lugo, con débedas de 18.3 e 15.6 millóns respectivamente. Todas estas cidades teñen negociado estes empréstitos e avais con Caixa Galicia.
Outros concellos máis pequenos que tamén deben cartos ás entidades financieiras con Carballo (4.2 millóns), Oleiros (4.2), Arteixo (3.2), Vilalba (2), Ribeira, Noia e Betanzos (1.7 cada un), A Pobra do Caramiñal (1.6) e Fene e Monforte (1.1). En canto ás restantes entidades públicas, destaca a débeda contraída pola Universidade de Santiago, que recibiu case 18 millóns de euros de Caixa Galicia.

Marcadores: BNG, Caixas de Aforro Galegas
APOIANDO AO CABO PRIMEIROMarcadores: Cabo Gago, Denuncias, Solidariedade
Marcadores: Denuncias, Non ás bombas de acio
ASEMBLEA ORDINARIA DA PLATAFORMA ÁRTABRA 21Marcadores: Actas da PA21, Convocatorias Internas PA21
Marcadores: Ferrol-CAPE, Reganosa
Maio 23, 2008
A xente facilitou unha mesa, cadeira, materiais para facer unha pancarta.
pancartas, ...
Maio 24, 2008Marcadores: Denuncias, Desarme, Non ao Escudo estelar
Marcadores: Ateneo Ferrolán, Participación cidadá
Comunícovos o meu intento de contribuír á difusión da campaña "Europa di non ao Escudo Espacial" en Ferrol (unha das cidades máis militarizadas de Europa desde fai practicamente tres séculos) iniciando fronte ao Concello da cidade unha folga de fame indefinida a partir do mediodía do xoves 22 de maio.
Como cidadán europeo -nacido nesa cidade- no exercicio dos seus
Debo de dicirvos que tal como preséntanse as cousas inicio esta campaña só, a corpo descuberto e sen fárragos loxísticos. Aberto a todo o mundo (a toda individuo ou organización que vexa de interese común sumarse nesta denuncia) a miña intención está dirixida a lograr que a xente mesma -non indiferente ao obxectivo- sexa a que sobre a marcha proporcione os medios necesarios para ampliar as nosas comunicación e a difusión resultante. Pola miña banda, comezo a campaña tan só cunha cartolina pintada a rotulador e un teléfono móbil.Marcadores: Denuncias, Desarme, Non ao Escudo estelar
De: Comité Cidadán de Emerxencia -comitecidadan@gmail.com-
Marcadores: Planta de Gas: fóra da Ría, Reganosa

Marcadores: Marcha Mundial das Mulleres
Marcadores: Medio Ambiente, Opinión
De: Comité Cidadán de Emerxencia -comitecidadan@gmail.com-Marcadores: Mobilizacións, Reganosa
De: asociacion Veciñal O Rosario-InferniñoMarcadores: O Inferniño
De: Comité Cidadán de Emerxencia -comitecidadan@gmail.com-
Marcadores: Celulosa, Planta de Gas: fóra da Ría, Reganosa
De: S.O.S Courel -soscourel@mundo-r.com-Marcadores: O Courel
Marcadores: Opinión, Planta de Gas: fóra da Ría, Reganosa
De: A Ría non se vende -arianonsevende@gmail.com- Marcadores: A Ría Non Se Vende, Mobilizacións
De: ATENEO FERROLAN -a_ferrol@teleline.es- Marcadores: Actos Externos, Ateneo Ferrolán
De: ATENEO FERROLAN -a_ferrol@teleline.es-
Ás 19,30 horas o responsable da oficina de rehabilitación o Sr. Mendizábal informará sobre o PERI e as axudas para a rehabilitación de vivendas.

Marcadores: Actos Externos, Ateneo Ferrolán, Rehabilitación
De: Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
A Asociación Cultural Fuco Buxán ten o pracer de invitalo á presentación do libro "A esforzada conquista da Autonomía,1979 -1981" (Editorial Galaxia).Marcadores: Actos Externos, Fuco Buxan A. C.
Reganosa é unha planta regasificadora de Gas Natural Licuado, GNL, situada en Mugardos, ao fondo da Ría de Ferrol. Os buques de GNL teñen que facer un percorrido pola Ría de cinco km até Mugardos, mais en toda a Ría só 150 metros de ancho teñen calado suficiente para este tipo de buques. A entrada só pode realizarse a unha hora determinada da pleamar e con mar e vento en calma. O barco é conducido, de modo case acrobático, por catro remolcadores, dous tiran do gasero pola proa cara ao interior da Ría e outros dous na popa tiran en sentido contrario para reter e servir de temón ao barco impedindo que se atravese ou encalle. Estes barcos teñen unha manga de 50 metros e a normativa esixe que a canle navegable teña de ancho, como mínimo, cinco veces a manga, é dicir, 250 metros, mentres que a sinuosa ría de Ferrol só ten 150 m como máis arriba se di.
Cando unha actividade, como é a instalación e localización dunha regasificadora, exponse como negocio e o seu fin primordial só é o negocio, a confrontación cos intereses sociais xorde de inmediato. E non se trata de estar de acordo ou de oporse a determinadas tecnoloxías, nin a determinadas fontes de enerxía, senón ao procedemento e aos medios utilizados que afectan, sen miramientos, ao conxunto da sociedade [A conveniencia da regasificadora sería outro tema non menos discutible].
As medidas de seguridade e o respecto ás leis relacionadas con este tipo de actividades tan perigosas quedan subordinadas ao negocio do gas. A complicidade necesaria e directa dos poderes públicos: municipal, autonómico e do goberno central, e a do resto dos poderes, é máis que evidente. O mesmo que a dos partidos políticos PP, PSOE e BNG que, como neste caso, teñen un protagonismo clamoroso. Todos eles sitúanse con e á beira do poder económico e fronte a decenas de organizacións de cidadáns.
No medio de todo isto, o empresario Roberto Tojeiro, co apoio dalgún político con intereses empresariais oponse á construción do ferrocarril que podería servir para o transporte do carbón para as Centrais Térmicas de ENDESA situadas nas Pontes, monopolizando así o transporte por estrada en proveito propio.
1997. O empresario Tojeiro aproveita a oportunidade para lanzar o proxecto de planta regasificadora, privada por suposto, ao amparo da planeada ampliación dos peiraos de Forestal do Atlántico cuxo recheo excede o previsto e solicitado, incumprindo así gravemente a lei de costas. Pero ninguén di nada e todo segue adiante coa complicidade das autoridades competentes tuteladas polos partidos políticos no poder ou na oposición.
1999, agosto. O Xefe do Estado Maior da Zona Marítima do Cantábrico, Pedro Español Jofre de Villegas, é destituído e enviado á Reserva por presentar un informe ao Ministerio de Defensa afirmando que o proxecto da Planta de Regasificación afectaba á seguridade do Arsenal Militar situado na zona. Posteriormente Federico Trillo, ministro de Defensa, negou en máis dunha ocasión, a existencia de tal informe.
O Presidente da Autoridade Portuaria, Guillermo Romeu Caramelo, oponse á instalación da Planta Regasificadora no zona de recheo realizado na Ría porque incumpre a Lei de Costas e advirte que retirará a concesión. A represalia non se fai esperar e é cesado fulminantemente sen máis argumentos.
Un ano despois, 20 buques criogénicos duns 150.000 m3 cada un con GNL percorreron os cinco km da ría de Ferrol para transvasar a súa carga aos dous tanques da Regasificadora cunha capacidade total de 300.000 m3 de GNL.
Por actuacións ou procedementos similares, noutras zonas de Galiza, e por outros motivos, medio centenar de organizacións sociais de todo tipo crearon un movemento cidadán fronte aos partidos políticos e fronte ás institucións con obxecto de manter as mobilizacións por toda Galiza baixo os lemas "Galicia non se vende", "Goberne quen goberne Galiza non se vende" ou o da proposta de "Terra viva e vida digna para todos". En todos os casos son as organizacións sociais dos cidadáns as que se enfrontan ás institucións e aos partidos políticos que din e considéranse os seus representantes, pero a realidade é que estes enfrontamentos son o denominador común entre os cidadáns e os seus mencionados representantes.
Marcadores: Opinión, Planta de Gas: fóra da Ría, Reganosa
De: ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA -avvfontelonga@mundo-r.com-
Neste lugar e con eses veciños e veciña queriamos render homenaxe, na súa cidade natal, a José Couso Permuy , simbolizando nel a defensa da paz, da xustiza, da liberdade de prensa e dos dereitos humanos, como fixo José Couso Permuy e polo que foi asasinado.
José Couso Permuy, está hoxe aquí , con nós e vivo, por que ninguén morre mentres é recordado.Galería da Página realizada polos seus compañeir@s de Tele5.
camaras@informativost5.com
http://www.primeraplana.net/couso/index.html![]()


![]() | ![]() | ![]() | ![]() | ![]() | ||
|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | ![]() | ![]() | ![]() | ![]() | ||
![]() | ![]() | ![]() | ![]() | ![]() | ||
![]() | ![]() | ![]() | ![]() | ![]() |




Marcadores: Esteiro, Fontelonga, José Couso Permuy
Tino Deibe: un dos nosos
Marcadores: Fuco Buxan A. C., Planta de Gas: fóra da Ría, Reganosa

Estivem nos locais comarcais da CIG da Avda de Esteiro de Ferrol. Fum até ali ao conhecer que a empresa ESHOR, ia intentar outra vez entrar nos locais do sindicato, para arrincar umha retificaçom das declaraçons realizadas numha rolda de imprensa, presidida polo Secretario Comarcal Xosé Manuel Pintos, onde se denunciava um trato escravista para com as trabalhadoras e trabalhadores imigrantes.
Cheguei a ver dous autocarros que transportárom até Ferrol a umhas 100 pessoas, a maioria, polo seu aspecto, peruanos, equatorianos... Diziam que vinham de Madrid, aproveitando o festivo de Sam Isidro. Comezárom a rodear os locais, os de diante com muita força berrando "Pintos mentiroso" termando dumha faixa em galego onde solicitavam à CIG que nom os defendera. Atrás, silencio e passividade. Havia umhas sete mulheres, a mais activa a Chefa de Pessoal, que agarrava também umha faixa. A consigna máis coreada Viva ESHOR! Viva ESHOR! Os ovos que traiam para lançar quedárom esmagados entre os A3 que ficárom no cham. Algumha discussom, berros...

Umha barreira de homens e mulheres da afiliaçom da CIG, aguardavam, junto a duas dotaçons policiais, nas portas do sindicato mostrando algumhas das diferentes fazes que componhem a actividade sindical na comarca.
Dentro da sede comarcal, os comentários iam e vinham. A Direçom estivo reunida no salom de atos, e a normalidade mantinha-se como se podia.
Alguns trabalhadores de ESHOR argumentavam no meio do rebumbio, que eles estavam ali porque por culpa da CIG a empresa estava perdendo contratos. Aqui do que se trata é que empresas como ESHOR desapareçam do sector da costruçom. Empresas que competem deslealmente conseguindo ofertar uns custes mais baixos, mantendo condiçons laborais de escravitude.
Som case 500 as baixas voluntárias na empresa desde hai ano e medio. Parece ser que já as assinam junto co contrato, coa data em branco. Mas tudo isso e muito mais, sairá no juiço que a empresa tem que enfrontar o próximo dia 10 de Junho. De todo isto, para mim nom é nada especialmente salientável. Ao fim, centos de trabalhadores e trabalhadoras que passarom por ESHOR, as suas famílias, amizades... conhecem a verdade e assim se clarificará no julgado, ainda que isso nom seja exatamente fazer justiça.
Mas o verdadeiramente salientável é a agressom e violentaçom da liberdade sindical. O feito sem precedentes da mobilizaçom dumha empresa, que acarretando a uns trabalhadores e a algumha trabalhadora às portas do sindicato, pretende pôr atrancos à acçom sindical, porque esse é o papel que lhe corresponde aos sindicatos, denunciar as irregularidades, denunciar os abusos, denunciar a explotaçom, às empresas piratas e escravistas que fam o seu lucro a base do tráfico de seres humanos.Os julgados, as inspeçons de trabalho, SMAC, o Conselho Galego de Relaçons Laborais...atúam para resolver os conflitos e as denúncias apresentadas e mediar ante a acçom sindical. Assim se vai avançando, ou retrocedendo, em direitos e seguridade no trabalho.
A CIG é um sindicato formado, na comarca, por mais de 8000 pessoas. Dentro da CIG confluem muitas correntes sindicais, e também distintos interesses partidários ou de grupos de poder. À hora de elaborar estratégias de acçom sindical, pode haver diferencias, mesmo choques ou reinos de taifas entre federaçons ou organismos. O que nom sabe quem pretende amordaçar à CIG, que existe a solidariedade obreira, que existe a consciência sindical, que essa consciência e essa história do movimento sindical na nossa comarca, é quem de romper sectarismos e interesses pessoais para criar a barreira que defenda a organizaçom imprescindível da classe trabalhadora. Todo isto seja qual sejam as siglas, seja qual seja o nome das pessoas que num momento determinado a dirijam. É o sindicato, aquilo que temos para defender os nossos direitos, e que está aberto também para a defesa dos direitos daqueles companheiros e companheiras, que traem a pel mais escura, os rasgos dos olhos também diferentes, que sentem mais frio que nós quando chove dous dias seguidos, e a quem a morrinha fai-lhes de companhia porque nom vem muito o sol por aqui.
Gostaria-me que desde a direçom da CIG, e desde as direçons de todos os sindicatos, se propusera umha mobilizaçom do movimento obreiro em Ferrol, para reafirmar a inviolabilidade dos direitos sindicais, e a necessidade dos sindicatos como garantes dumha sociedade democrática.
Lupe Ces
Ferrol 15.05.2008
_________



Marcadores: Artábria, BNG, Fuco Buxan A. C., Lingua, Mobilizacións, Nós-Up
De: Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
Lamentamos comunicar que hoxe, aos 59 anos de idade, faleceu en ferrol o noso compañeiro Tino Deibe Río, como consecuencia dunha enfermidade que o apartou da súa constante actividade social e cultural, desenvolvida durante moitos anos.Marcadores: Fuco Buxan A. C.
A Rede A Ría Non Se Vende, composta por 16 colectivos, ven de reunirse por terceira vez co presidente da autoridade portuaria de Vigo, Xesús Paz, esta vez para recibir explicacións sobre as propostas realizadas por dúas consultoras externas ao porto sobre zonificación de usos e posibles ampliacións do porto.
En xuntanza anterior, a Rede xa presentara as súas suxerencias destinadas á redacción do tan agardado Plan de Usos, e un informe detallando 14 puntos negros medioambientais da ría, tanto na xurisdición da APV como en outras xurisdicións.
Parte de estas novas propostas xa se coñecían pola prensa, a cal, alomenos a máis oficialista, parece empeñada en imaxinarse un amplo consenso ao redor delas, cando a realidade é que as informacións que corren son incompletas, non chegan a grande parte dos sectores con actividade económica dependente do estado ambiental da ría nin á poboación de a pé, e insisten na aburrida perorata de crecemento, progreso, etc.

A realidade, a pesares da aparente boa intención do actual presidente da APV, é que continuamos a asistir ao espolio e destrución da riqueza natural, de recursos e paisaxística dunha ría que, aparte dos postos de traballo que dependan da actividade portuaria, da sustento a 15.000 empregos directos, 9.991 na pesca, 1.124 no marisqueo, 2.373 na acuicultura e 2.109 nas actividades directamente relacionadas en terra.
Recoñecen o uso dos espazos portuarios para actividades que se poderían realizar en outras localizacións e deseñan un plan no tempo para retirar algunhas destas empresas, pero están atados por unha xestión nefasta ate o momento e estes traslados presentan grandes dificultades. O porto de Vigo é o único dos 28 pertencentes a Puertos de Estado que non ten aprobado un Plan de Usos, plan que xa era obrigatorio no ano 1993. E o caos continúa sen efectuar a intervención radical que se precisa.
Moi ao contrario, se prescinde de facer o análise global que a ría precisa e as propostas céntranse en contentar a intereses concretos, consolidando exemplos de corrupción e ilegalidade como o porto deportivo de Punta Lagoa, na Guía, de 350 amarres, que destruíu bancos marisqueiros e arrasou o hábitat do cabaliño de mar, e que ten resolucións de derrubo e xa catro sentenzas xudiciais que confirman as súas múltiples ilegalidades. E “premiando” ao seu promotor, o presidente de Pescanova, con 5.000 de recheos e 30.000 m3 de dragados nas instalacións da súa empresa en Chapela, lindantes con Rede Natura. Tamén aparecen 21.000 m2 de novo recheo en Punta Chapelisa, lindantes con Pescanova, xa dentro da propia Rede.
Citroen, unha firma que non ten nin un só metro cadrado de concesión portuaria, nin estes espazos aparecen asignados a ningún outro operador, beneficiase dunha ampliación da súa superficie dedicada a aparcadoiro mediante a realización de silos en altura e, a maiores, máis de 80.000 m2 de recheo extra en Bouzas. As oficinas de Zona Franca, un campo de fútbol e múltiples naves industriais permanecen no lucrativo (para o porto) recheo, situado enriba do que fora o banco marisqueiro máis produtivo da ría.
Abel Caballero utilizou seu paso pola APV como trampolín para a alcaldía de Vigo, convocando un concurso para remodelar o área central do porto, con unhas bases incongruentes coa lexislación de portos, e que se adxudicou a Jean Nouvel. As actuais propostas deixan o espazo en branco para ese proxecto, imposible de realizar segundo a lexislación vixente, pero que terían o suporte económico garantido coa creación de unhas 1.150 prazas de amarre no pleno centro da cidade. A privatización da ría sempre foi lucrativa para alguén. No Salgueirón, en Cangas se xoga cos mesmos ingredientes, ilegalidade, arquitecto de luxo, privatización e porto deportivo para proxectar 420 amarres nunha zona de gran riqueza natural. E os contenciosos que os paguen os afectados.
Na zona de Rande, en plena Rede Natura, se presentan dúas novas propostas de recheo, a antes citada de Punta Chapelisa, e 32.000 m2 máis ampliando a terminal de granito. Na xuntanza mantida, e preguntado polo tema, Xesús Paz se defende argumentando que a Rede Natura permite certos tipos de actividades dentro da súa xurisdición. Nós nos preguntamos si non falaría xa con Manuel Vázquez e este lle asegurou que recheos e nocivas actividades portuarias si poderán estar permitidas no PRUX, PORN ou Plan de Conservación do LIC Enseada de San Simón!. Non parece que tales minucias ou ningún principio de precaución sexan capaces de apartar a estas xentes dos seus obxectivos de beneficio.
Algo así nos tiñamos que imaxinar cando xa no 2005 a Fundación Provigo pechou o Observatorio Medioambiental da Ría de Vigo, ao parecer por non poder asumir os 70.000 euros do seu custe anual. Podería crerse esa razón se non fora porque dita fundación está formada entre outros polo Consorcio da Zona Franca, Caixanova, Deputación provincial, Citröen, a Cámara de Comercio ou o Club Financeiro de Vigo.
E non é so a APV a que ten un comportamento voraz coa ría, tamén a Xunta pretende promover nas instalacións da antiga ETEA, en Teis, un porto deportivo con 1.076 amarres, dentro dun plan director de portos deportivos que pretende crear máis de 4.000 novos amarres na ría; e o desastroso estado da rede de depuración fai rebosar todos os aliviadoiros do litoral con precipitacións absolutamente normais, producindo, xunto ao deficiente funcionamento das depuradoras, enormes concentracións de coliformes que se suman ás xa altas concentracións de metais pesados, clorobifenilos e hidrocarburos para afectar á calidade e o prezo dos produtos da ría e comprometer o seu futuro. Ao mesmo tempo, a consellería de medio ambiente ignora a avaliación ambiental dos plans xerais de Vigo e Moaña, que proxectan duplicar o número de vivendas. Imos ben cara a algún tipo de progreso?. Se opinas que non, acude o día 25 de maio, as doce, á Praza da Estrela de Vigo.
_________________
http://arianonsevende.org
_________
Marcadores: A Ría Non Se Vende, Vigo
De: ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGAMarcadores: Esteiro, Fontelonga
«A localización da regasificadora no porto do Musel é mala»
Enrique Banet e Mabel Rivera, ao fondo, antes da proxección. Foto: jorge peteiroMarcadores: Planta de Gas: fóra da Ría, Reganosa
Marcadores: Actos Externos, Artábria, Carvalho Calero
Enlace co Blog do Boletín nº 14 [Maio-Xuño-Xullo - 2008] do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol nel podedes baixar [en formato PDF] a edición impresa do Boletín e do Cartaz que convoca a Manifestación do 8 de Xuño, para copiar e difundir por todos os recunchos da Comarca. Mais tamén podedes acceder a TVComité onde se poden ver 52 videos, seguidos ou indiviualmente.Marcadores: Planta de Gas: fóra da Ría, Reganosa
De: ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGAMarcadores: Actos Externos, Esteiro, Fontelonga
De: Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol -fucobuxan@gmail.com-Marcadores: Carmelo Teixeiro, Fuco Buxan A. C.
----- Original Message -----Marcadores: Foro Social Galego
Marcadores: Artábria
COMUNICADO DO COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL.
O Comité Cidadán de Emerxencia ten convocado para o día 9 de maio unha concentración diante da sede da Xunta de Galicia para denunciar a instalación ilegal da Planta de Gas de Reganosa, de onde sairá para recorrer as sedes dos socios financeiros de Reganosa sinalando aos responsables desta ameaza.
Esta concentración coincide co primeiro aniversario da primeira entrada ilegal do primeiro gaseiro cargado dentro da ría e ademais coincide coa entrada mañá mesmo dun novo gaseiro.
A concentración foi comunicada ao Subdelegado do Goberno como no caso das 19 anteriores, polo que resulta inaudito o comunicado do Subdelegado de Goberno de prohibir a manifestación alegando “comunicación extemporánea”.
O Comité Cidadán vai a recorrer diante do Tribunal Superior de Xustiza esta actitude inaceptable e represiva do Sr. Pose Mesura.
A loita contra da planta de gas ilegal, tamén é unha loita pola democracia e polo dereito a vida.
Este Comité Cidadán mantén a súa convocatoria, en exercicio do seu dereito constitucional e chama a todos os veciños e veciñas da comarca a concentrarse o venres día 9 ás 6 da tarde na Praza de España diante do edificio administrativo da Xunta de Galicia
Marcadores: Planta de gas, Planta de Gas: fóra da Ría
VENRES 9 DE MAIO, ANDAINA CONVOCADA POLO COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, COMEZANDO ÁS 6 DA TARDE, DIANTE DO EDIFICIO ADMINISTRATIVO DA XUNTA DE GALICIA, PARA SINALAR OS RESPONSÁBEIS ECONÓMICOS QUE ESTÁN DETRÁS DO DESPROPÓSITO GASÍSTICO DA ILEGAL E PERIGOSA REGANOSA
"O capital social de Reganosa ascende a 34,4 millóns de euros, cantidade á que chegou despois de tres operacións de ampliación, as cales acordáronse en marzo de 2001, cando se pasou de 3.005.600 euros a 9.015.182, en xuño de 2002, momento no que desta última cantidade subiu ata os 18 millóns, e en xuño de 2003, ata os 34,4 millóns. As tres modificacións indicadas non reportaron cambios no reparto accionarial que, expresado en porcentaxes, é o representado" no cadro de acima publicado pola propia empresa.
[Para ampliar clicar acima da imaxe]Marcadores: Planta de Gas: fóra da Ría, Reganosa
De: ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
Vivendas abandonadas no barrio de Ferrol Vello: un exemplo da desidia dos propietariosMarcadores: Fontelonga, Rehabilitación
Marcadores: Clínker, Ferrol-vello
De: ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGAMarcadores: Fontelonga, Rehabilitación