De: ATENEO FERROLAN -administrador@ateneoferrolan.e.telefonica.net- Para: artabra21@gmail.com Data: 31 de outubro de 2008 13:02 Asunto: ACTIVIDADES CULTURAIS A DESENVOLVER no Ateneo Ferrolán - novembro 08
Actividades culturais que vai desenvolver o Ateneo Ferrolán durante o mes de Novembro de 2008
EXPOSICIÓN de ALE BICA “Óleos e Pinturas dixitais” Inauguración 31 de outubro ás 20 horas. Até o 12 de novembro (2ª planta).
EXPOSICIÓN de Fotos “O Exilio Galego en Venezuela” do 6 ao 15 de novembro (1ª planta)
EXPOSICIÓN de Fotos de Federico Fernández Ackerman até o 30 de novembro (1ª planta)
EXPOSICIÓN de Pintura de Rosa Fernández Salanova (2ª planta) do 14 ao 29 de novembro
MARTES DE CINE – Ciclo “Galiza o Cine en Galego”. Todos os martes ás 19 h.
Día 7 venres PRESENTACIÓN LIBRO SEX “Los Babilonios” ás 19 horas.
Día 8 sábado_ SESIÓN VERMÚ (Colaboración con Radio Filispim) ás 12 h.
Día 14 venres _ CONCERTO de SILVIA PENIDE – ás 21 horas
Día 29 sábado – CONCERTO de NORGE BATISTA, da Trova,CANTAUTOR CUBANO - ás 20 h.
ELABORACIÓN GUÍA DA BIBLIOTECA – HEMEROTECA
CONVOCATORIA CERTAME TEATRO INFANTIL E XUVENIL – Presentación BASES 2009
De: Comité Cidadán de Emerxencia -comitecidadan@gmail.com- Para: artabra21@gmail.com Data: 30 de outubro de 2008 16:40 Asunto: Novembre, 1 : MAGOSTO e exposición "A Ría na Rúa" (cambio ubicación)
Novembre, 1 : MAGOSTO e exposición "A Ría na Rúa" (cambio ubicación)
O acto anunciado para o 1º de novembro no Cantón, trasládase, por motivo do mal tempo previsto, ao Centro Cívico de Caranza, quedando a convocatoria como segue:
Organizado polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol e coa colaboración da Asociación de Veciños de Caranza e da Concellalía de Cultura de Ferrol, o próximo Sábado 1 de Novembro, a partir das 5 da tarde, no Centro Cívico de Caranza, terá lugar o Acto de peche da semana de "A Ría, na Rúa", na que dez artistas locais elaboraron sendas pinturas murais alusivas ao perigo da ubicación da Planta de Gas no interior da Ría e que permaneceron expostas os últimos días en 10 prazas da nosa cidade.
Para salvagardar dos efectos da chuvia e vento destes días, esta obra importante e desinteresada dos nosos artistas, chamada a ser patrimonio colectivo de Ferrol, vai ser exposta conxuntamente desde hoxe no vestíbulo do Centro Cívico de Caranza, e neste marco pictórico, o sábado 1º de Novembro a partir das 5 da tarde celebrarase un MAGOSTO POPULAR, onde toda a cidanía, a prezos simbólicos, poderá degustar castañas, chourizos, panceta, pan, viño, refrescos, leite, etc., nunha tarde festiva, de confraternización e reivindicativa, disfrutando da música enxebre.
Para as nenas e nenos que presenten unha cabaza decorada, sortéase unha bicicleta, por parte da A.VV, de Caranza, ainda que o mellor dos premios será contribuir coa súa arte a esta xuntanza en defensa dos noso dereitos e da nosa seguridade.
De: Asociación de Vecinos de Caranza Para: artabra21@gmail.com Data: 30 de outubro de 2008 15:44 Asunto: Convocatoria do Grupo de Análise e Proposta
Convocatoria do Grupo de Análise e Proposta
CONVOCATORIA PARA ROLDA DE PRENSA
As entidades abaixo asinantes, en representación do Grupo de Análise e Proposta, para a elaboración do regulamento de participación cidadá, convocamos a todos os medios de comunicación, a unha rolda de prensa o Venres día 31 na Galería Sargadelos ás cinco da tarde.
Fdo. A. VV. Caranza A. VV. Ferrol- Vello A. VV. Esteiro-Fontelonga A. VV. O Rosario A. VV. Serantes A. VV. Sta Comba - Cobas A. de Xordos Alcer Adra ADEGA
É importante que asistan todos os representantes das entidades que formaron parte do GAP e do Foro Cívico.
Consideramos oportuno trasladar aos partidos políticos e a todos os cidadáns de Ferrol que o GAP dá por concluído o proceso para a elaboración do regulamento de participación cidadá (consensuado e aprobado por máis de setenta entidades), que urxe que se emita o informe do secretario do concello para non incorrer en ilegalidades e que sexa aprobado nun pleno extraordinario o máis axiña posible. ___________________________
Publicado o 22 de Outubro de 2008 Columna de Amy Goodman 29 de outubro de 2008 17:20Por Amy Goodman
O cambio está moi preto. Salvo que se repita o prolongado reconto de votos do ano 2000 en Florida, pronto haberá un vencedor nas eleccións presidenciais de Estados Unidos.
En tempos de crise económica, o cambio é algo que un garda no peto e que quere conservar.
As campañas electorais, con todo, non funcionan con moedas de poucos centavos. As súas arcas, especialmente a dos demócratas, estanse enchendo de máis e máis fajos de diñeiro, o que asegura que os políticos quedarán en débeda cos intereses especiais e os doantes adiñeirados. Non esperen que as cadeas de televisión expoñan grandes discusións sobre isto, porque precisamente son as cadeas televisivas as que máis se benefician desta conxuntura.
Barack Obama bateu unha nova marca de recadación de fondos durante o mes de setembro, segundo indicouno a súa campaña recentemente, que superou todas as predicións, alcanzando os 150 millóns de dólares. Dado que Obama decidiu non acollerse ao sistema público de financiamento de campañas, pode gastar libremente todo o que as súas arcas permítanlle ata o día das eleccións. John McCain aceptou o financiamento público e iso significou para a súa campaña a imposición dun máximo de 84,1 millóns de dólares de diñeiro público para gastar nas eleccións xerais. A campaña de Obama gastou en publicidade catro veces máis que a de McCain. [Ler o interesante artigo completo] _________
De: Asociación Veciñal "O Rosario-Inferniño" -avvorosario@gmail.com- Para: artabra21@gmail.com Data: 29 de outubro de 2008 12:01 Asunto: SAMAIN -MAGOSTO-2008
SAMAIN -MAGOSTO-2008 NO INFERNIÑO - FERROL
A Xunta directiva convidavos a participar no SAMAIN este xoves a partir das 7 da tarde na Praza do Inferniño.
Os participantes estarán convidados ao BAILE INFANTIL DO SAMAIN para este venres as 6 da tarde con súas familias na DISCO COTTON, preto da Praza do Inferniño
Animamos a levar as cabazas deseñadas para esta celebración tradicional como traer COLARES DE ZONCHOS.
Saúdos veciñais.
Adso. Xosé M. Sanxoán - Secretario asdo. Ana J. Lopez - Presidenta
Un sector moi importante do movimento social e veciñal da cidade, que contribueu na elaboración do regulamento de Participación Cidadá e no Foro Cívico, decideu solicitar a súa intervención no Pleno Extraordinario do Concello de Ferrol celebrado onte, luns, 27 de Outubro de 2008, intervención que lle foi concedida, sendo Xosé Miguel López Pérez, presidente da Asociación Veciñal de Esteiro “Fontelonga ”, o encarregado de falar no Pleno en representación de nove entidades. A continuación transcribimos a declaración que se leu no citado Pleno.
Ferrol 27 de outubro de 2008.
Sr Alcalde, señoras concelleiras, señores concelleiros, veciñas e veciños de Ferrol, ¡ Boas tardes ¡.
No nome das nove entidades que solicitamos intervir neste Pleno Extraordinario do Concello de Ferrol ( AV de Ferrol Vello, AV de Caranza, AV O Rosario-Inferniño, AV de Covas, AV Prioriño, AV San Pablo de Catabois, ADEGA, Ateneo Ferrolán e AV de Esteiro- Fontelonga), queremos DEMANDAR a continuidade do proceso de participación cidadá posto en marcha por este Concello de Ferrol desde a Concellería de Participación Cidadá no presente ano 2008.
Hai máis entidades que xa nos amosaron o seu apoio como a Xunta Veciñal de Doniños, AV de Valón, AV San Salvador de Serantes, AV da Zona Centro e a Asociación Cultural “Lefre de Caldereta” e outras máis o irán facendo ó longo da semana.
Non vimos a ser portavoces de ningún grupo político, non vimos a censurar nin a atacar a ningún grupo municipal, todos eles nos merecen o maior respecto.
Vimos, exclusivamente, a que se recoñeza o traballo que vimos desenvolvendo, de maneira consensuada, desde o mes de maio na elaboración dunha ferramenta de participación cidadá: O novo Regulamento, e agardamos que hoxe non sexa o día no que no Concello de Ferrol morra ou se mate, por intereses partidarios, a participación cidadá.
DEMANDAMOS dos cinco grupos municipais o apoio ó proceso de participación cidadá e agardamos que Vostede, sr. Alcalde, faga o mesmo.
Non se converta vostede, sr Alcalde, na persoa que desde a Alcaldía de Ferrol, matou a participación do tecido asociativo da cidade na vida municipal, sería para vostede, sr Alcalde, un triste logro.
Se algún grupo municipal pretende utilizarnos no seu favor, está fondamente trabucado.
Se algún medio de comunicación, como sucedeu o sábado e o domingo, ve no noso comportamento e nas nosas demandas algún apoio á algún partido político, trabúcase moito máis.
So vimos aquí a demandar que os partidos políticos cumpran o que prometen nas campañas electorais: Gobernar para os cidadáns e as cidadás e sobre todo cos cidadáns e as cidadás.
Non vimos aquí a cuestionar a lexitimidade dos grupos municipais, nin moito menos os queremos suplantar, pero queremos que se aprobe urxentemente o Regulamento de Participación Cidadá do Concello de Ferrol, elaborado e consensuado por máis de 70 entidades asociativas e por cidadáns e cidadás a título persoal, que fomos quen, por riba das nosas moitas maneiras de ver a vida, de chegar a un documento de todos e de todas, documento que, previo informe xurídico do Secretario Municipal, foi apoiado polos grupos municipais na xuntanza que mantivemos con eles.
Queremos que se poñan en marcha as asembleas de barrio e de parroquia.
Queremos que se poñan en marcha os consellos sectoriais.
Queremos que se poña en marcha o Consello da Cidade e o Valedor Veciñal.
Queremos que se poida intervir nos Plenos e nas Comisións Informativas.
Queremos, sobre todo, no 2009 que se poñan en marcha os Orzamentos Participativos, que unha experiencia piloto nun barrio ou parroquia ou nunha área de goberno municipal poña en marcha os orzamentos participativos.
Como saberán vostedes no veciño concello de Fene, vano facer con 240.000 euros, 120.000 na parroquia de San Valentín e 120.000 na parroquia de Sillobre. En Ferrol a cantidade terá que ser sensiblemente maior.
Non dubide, sr. Alcalde, de que chegaremos a un acordo de en que barrio ou en que parroquia se fai a experiencia piloto, nós sabemos e queremos o consenso e xa o temos demostrado ó longo do proceso de elaboración do Regulamento de Participación Cidadá.
Agardamos e demandamos dos Grupos Municipais, e sobre todo de Vostede sr. Alcalde, que hoxe non se aprobe un Regulamento de Administración e Goberno do Concello de Ferrol, que vaia contra o proceso participativo, nin contra o froito dese proceso o Regulamento de Participación Cidadá, deixando baleiro de contido e convertendo en papel mollado.
Se isto sucedese, sr Alcalde, se hoxe morre ou matan a participación cidadá, saiba Vostede que o tecido asociativo non imos ficar nin mudos e moito menos imos ficar quedos.
Nós non nos pronunciamos sobre quen ten que gobernar a cidade, non é a nosa competencia.
Nós demandamos a continuidade da participación cidadá na vida municipal de Ferrol.
Nós tamén formamos parte da cidade e colaboramos día a día na construción da mesma, no noso tempo libre, restandoo das nosas afeccións e roubándollo ás nosa familias, con moito esforzo e de maneira gratuíta, como non pode ser doutro xeito.
O tecido asociativo non pode ser só o río no que pescan os partidos políticos cando conforman as súas candidaturas as eleccións municipais, non somos entidades de usar e logo tirar, somos e temos vocación de ser moito mais.
Somos o tecido asociativo máis importante e máis vivo de toda Galicia e sempre que nos deixan ou nolo piden estamos dispostos a participar co noso traballo e co noso esforzo.
Non hai moitos días, sr Alcalde, e neste mesmo Salón de Plenos do Concello de Ferrol, Vostede recoñecía o importante labor desenvolvido por moitas entidades asociativas na elaboración do Plano Estratéxico de Servizos Sociais de Ferrol, posto en marcha desde a Concellería de Benestar Social, foron moitas horas, moito traballo e moito esforzo. Que non se pretenda hoxe deixarnos mudos.
Nun sistema democrático os comportamentos ególatras, irrespectuosos e “caudillistas”, están fóra de tempo e de lugar, Ferrol non os precisa e nós nin os practicamos nin os toleramos.
Queremos, xa para rematar, DEMANDAR dos Grupos Municipais do Concello de Ferrol, que non aproben ningún Regulamento de Administración e Goberno, que limite, menosprece ou minusvalore a participación cidadá.
DEMANDAMOS para o exercicio do 2009 orzamentos participativos, cunha partida económica importante.
DEMANDAMOS a aprobación e posterior desenvolvemento do Regulamento de Participación Cidadá, elaborado, de maneira consensuada e sen ningún dirixismo político, polo tecido asociativo.
Agardamos que os cinco Grupos Municipais aposten decididamente pola participación cidadá e agardamos que Vostede, Sr Alcalde, faga o mesmo.
O Sábado 1 de Novembro, terá lugar o acto final da Campaña "A Ría , na Rúa", onde 10 artistas encheron 10 prazas da cidade de arte, reivindicación e denuncia, en protesta polo despropósito gasístico de REGANOSA, que ameaza a vida de miles de persoas. As obras podense contemplar en cada praza, até o Sábado, onde, nun acto central, xuntaremos as 10 obras no Cantón, desde as 5 da tarde, onde non faltará música e un magosto popular, organizado polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.
[Nunha foto de Kiko Delgado, o 16 de Xuño de 2007, logo de asinar o Pacto de Goberno entre o PSOE e EU-IU, Yolanda Díaz e Vicente Irisarri, fechan o acordo con abrazo e beixo]
[Nunha foto de Kiko Delgado, o 27 de Outubro de 2008, o desencontro no Pleno Municipal]
Pola importancia da noticia, transcribimos o publicado pola axencia Europa Press hai unhas horas, máis adiante publicaremos opinións e documentación ao respeito deste asunto.
AMP-A abstención de EU e o rexeitamento da oposición tomba o regulamento de grandes cidades que pedía o PSOE en Ferrol
Irisarri e Díaz piden desculpas polo "espectáculo" dos últimos días e o PSOE analizará desde mañá a situación do Goberno local
FERROL, 28 Oct. (EUROPA PRESS) -
A abstención de Esquerda Unida e os votos en contra dos tres grupos da oposición evitaron hoxe a aprobación no Concello de Ferrol do regulamento da Lei de grandes cidades que defendía o alcalde socialista, Vicente Irisarri, como "ferramenta" para afrontar un goberno en solitario sen os seus socios de EU.
Nun pleno municipal de case cinco horas de duración e coa presenza de máis de 200 veciños, o Goberno de coalición de PSOE e EU aparcou temporalmente as súas acusacións mutuas das últimas semanas, aínda que escenificou as súas discrepancias na votación do Regulamento da Lei de grandes cidades, que foi rexeitado cos votos en contra do PP (7), Independentes por Ferrol (3) e BNG (2) e coa abstención de EU (4), fronte aos votos afirmativos do PSOE (9).
A tenente de alcalde e líder de EU, Yolanda Díaz, pediu a retirada do regulamento da orde do día do pleno para tratar de chegar a un acordo co PSOE. Tras un receso, mantívose o punto no debate plenario e o PSOE defendeu a "imprescindible urxencia" da aprobación dunha norma que cualificou como necesaria para a "modernización" da cidade, pero que finalmente non foi aprobada.
Irisarri defendeu a norma por considerar que se trataba de "unha boa lei" que trata de buscar "a eficacia da xestión municipal" para calquera equipo de goberno e que permitirá a Ferrol "homologarse" co resto de cidades galegas que xa contan con esta normativa.
A primeira tenente de alcalde e portavoz de Esquerda Unida mostrou con todo o seu rexeitamento á norma --que si votara antes do período de alegacións, no debate plenario celebrado o 18 de xullo--, porque incide en formulacións dun "goberno tecnócrata", que non apoia a "participación cidadá" nin un modelo de "orzamento participativo".
Yolanda Díaz lamentou que non se aceptasen algunhas das alegacións presentadas por partidos políticos e colectivos veciñais, nas que se reclamaba a limitación das accións permitidas a cargos non electos ou a porcentaxe do 2,5 por cento previsto para altos cargos. Anunciou que non apoiaría ao PSOE nunha proposta "diametralmente oposta" aos seus posicionamentos políticos.
Así, o voto de abstención dos catro concelleiros de EU-EU deixou ao PSOE de Vicente Irisarri (nove concelleiros) a mercé da oposición, PP, IF e BNG, que finalmente rexeitou a normativa.
RUPTURA DE PACTO
En todo caso, a polémica sobre as acusacións cruzadas por PSOE e EU-EU durante a última semana estivo presente no debate plenario, e os distintos grupos da oposición reclamaron información sobre se a aprobación da lei suporía a ruptura efectiva do pacto de coalición, tras 16 meses de goberno, e o inicio dun mandato socialista en solitario e minoría.
Neste contexto, os aínda socios de goberno fixeron fronte común contra os envites da oposición e, en concreto, do portavoz do PP, José Manuel Rei Varela, quen reclamou información sobre o "grotesco espectáculo" dos últimos días, nos que Irisarri e Yolanda Díaz "rivalizaron" en "ver quen dicía a maior barbaridade".
"Vaia tropa temos no Concello", asegurou, parafraseando "a Romanones", e acusou á coalición de "unha irresponsabilidade" que puxo ao concello "ao bordo do abismo" e que "ha mancillado a imaxe de Ferrol" nunha "guerra sen cuartel".
O portavoz "popular" asegurou que o goberno de coalición foi "unha pantomima", "unha farsa", case como "un matrimonio non consumado" que hoxe "pide a nulidade matrimonial", nun pleno municipal que Rei Varela cualificou dun intento de Irisarri por obter a "confianza" da corporación.
DESCULPAS
Vicente Irisarri, que xunto con Yolanda Díaz pediu "desculpas" polo "espectáculo" e o "esperpento" dos últimos días, acusou a Rei Varela de "rezumar odio e rancor" e tratar de "ferir de morte" ao bipartito cun discurso "duro e agresivo" que faltaba á "verdade" dun goberno que só trata de "sacar a Ferrol do punto no que o deixou a dereita". Tamén a primeira tenente de alcalde, Yolanda Díaz, reprochou o discurso "frívolo" do PP e o seu intento de facer "carnaza".
As críticas á escenificación da crise dos últimos días tamén estivo presente no discurso de Independentes por Ferrol, que en todo momento insistiu en coñecer se os socios de goberno tiñan previsto finiquitar o seu pacto ou manter a súa coalición. Tampouco o BNG pasou por alto a crise, aínda que neste caso centrou o seu voto negativo nas consideracións de que a norma é "regresiva" e instaurará a "dedocracia".
A pesar de que o pleno municipal avanzou durante máis de catro horas na incerteza sobre a decisión que adoptarían os distintos socios de goberno, antes do debate sobre o regulamento, Esquerda Unida-Esquerda Unida escenificara na súa abstención sobre a reforma da praza de Armas unha primeira mostra das súas desavinzas co PSOE. Aínda así, o proxecto foi aprobado, xa que os socialistas contaron co apoio dos grupos da oposición.
Ao termo do pleno, tanto Vicente Irisarri como Yolanda Díaz declinaron realizar declaracións, pero fontes socialistas confirmaron que a partir de mañá o alcalde podería realizar valoracións sobre o sucedido nun pleno municipal, que chegou despois de que durante media hora, xusto antes do seu inicio, os 13 concelleiros de goberno tratasen de axuntar posturas, nun último intento de diálogo. ______________
Convocatoria da Asemblea Xeral da Plataforma Ártabra 21
Estimadas comañeiras e compañeiros, este vindeiro mércores, 29 de Outubro, está convocada unha Asembla Xeral da PA21, para facer un balanzo da actividade desenvolta até hoxe e analisar a coxuntura política, social e veciñal en Ferrol e comarca.
A Asemblea comezará ás 7 da tarde nos locais do Ateneo Ferrolán.
"Contra os que se empeñan en destruír e pórnos em perigo, tendo como obxectivo a súa riqueza e como aliada a irresponsabilidade de quen nos debería defender, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol quere construír. Coa inestimábel axuda de dez artistas plásticos da nosa cidade, totalmente desinteresada, ..." A Ría estivo na Rúa
As obras están expostas nas propias prazas onde foron realizadas, toda a semana, e o día 1 de novembro, reuniránse no Cantón, nunha gran Exposición Mural colectiva, que celebraremos ali mesmo con castañas, viño e música.
De: AVV FERROL VELLO -avvferrolvello@yahoo.es- Para: artabra21@gmail.com Data: 24 de outubro de 2008 23:18 Asunto: COMUNICADO URXENTE A TODAS AS ENTIDADES SOCIAIS
COMUNICADO URXENTE A TODAS AS ENTIDADES SOCIAIS
Ferrol 24 outubro de 2008
As entidades abaixo asinantes que vimos participando desde o mes de maio na elaboración dun novo regulamento de Participación aprobado e aceptado por máis de 70 entidades de Ferrol no Campus de Esteiro queremos MANIFESTAR:
Que apoiamos o proceso de Participación Cidadá posto en marcha no Concello de Ferrol e reclamamos a súa continuidade.
Que demandamos, de manera inmediata, a convocatoria extraordinaria dun pleno para aprobar o novo regulamento de Participación Cidadá.
Demandamos que o regulamento de Goberno e Administración do Concello de Ferrol que se pretende aprobar o próximo luns non contradiga o regulamento de participación Cidadá consensuado polo Foro Cívico e non vaia en contra do proceso de participación Cidadá que se ven desenvolvendo en Ferrol.
AV. Caranza – AV. O Rosario-Inferniño – AV Prioriño, AV. San Pablo, AV Ferrol Vello, ADEGA, ATENEO, AV de Esteiro Fontelonga, AV Covas.
Sumarvos en favor dunha participación real e eficaz _______________
De: Comité Cidadán de Emerxencia -comitecidadan@gmail.com- Para: artabra21@gmail.com Data: 24 de outubro de 2008 19:48 Asunto: O Mural de As Pías.
O Mural das Pías.
[Clicar acima da imaxe, para entrar na Galería de Diapositivos en tamaño grande]
Como prólogo ás xornadas de "A Ría na Rúa" que comezarán mañá 25 de Outubro, compañeiras e compañeiros do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, están confeccionando, con esforzo e bo ritmo, un Mural de gran tamaño, na parede do campo de deportes de A Parda, xunto á estrada das Pías, que anuncia esta actividade artística coa que o Comité quere, unha vez máis, chamar a atención en positivo, do perigo e perxuízo que ocasiona a ubicación no interior da nosa Ría, da Planta de Gas, e da ameaza que supón o continuo tráfico de gaseiros ao pé das nosas casas e as nosas vidas.
Mañá, sábado 25 de outubro, ás 11,30 horas, desde o Centro Cívico de Caranza, iniciarase o Roteiro que, durante dúas horas, percorrerá as 10 prazas de Ferrol, onde outros tantos artistas plásticos estarán realizando a súa obra pictórica, gozando da súa arte e animándoos e agradecendo a súa desinteresada colaboración.
O Comité Cidadán de Emerxencia invita a todas e todos, a lucir mañá a camiseta de "Planta de Gas Fora dá Ría" participando desta marcha artística e solidaria.
E a todo o público a gozar da obra artística que durante a próxima semana permanecerá nas nosas prazas e logo no Cantón, levando a ría e a vida ás rúas da nosa cidade.
De: Educación e Paz -paz@sgep.org- Para: artabra21@gmail.com Data: 23 de outubro de 2008 13:06 Asunto: DECLARACION
24 de Outubro
No Día Internacional das Nacións Unidas NOVE ORGANIZACIÓNS SOCIAIS GALEGAS PEDEN UNHA REFORMA EN PROFUNDIDADEDO SISTEMA DE INSTITUCIÓNS INTERNACIONAIS
A celebración do 24 de outubro como Día Internacional da ONU serve a nove organizacións sociais galegas para lembrar a necesidade dun profundo cambio no sistema de Institucións internacionais. O Seminario Galego de Educación pola Paz, a Fundación Galiza Sempre (FGS), a Coordinadora Galega de ONGDs, Esculca, o IGADI, o IGESIP, Xustiza e Sociedade e as fundacións FESGA e Luis Tilve crearon en 2007 un Comité Galego de Apoio á Campaña Mundial para unha profunda Reforma do Sistema de Institucións Internacionais, unha iniciativa apoiada por destacadas personalidades e máis de 100 redes sociais e cívicas internacionais. O principal obxectivo desta Campaña é contribuír á creación dunha orde mundial baseada no respecto e desenvolvemento da legalidade internacional, cunhas Nacións Unidas máis fortes, máis democráticas e con control efectivo sobre todos os seus órganos, axencias e sobre as outras organizacións multilaterais globais (Fondo Monetario Internacional, Banco Mundial, Organización Mundial do Comercio, etc).
O Manifesto da Campaña subscrita polas entidades galegas “coa intención de incorporar ao noso País a este movemento” denuncia, entre outros, os problemas da guerra e a pobreza, os riscos ambientais, a perda de diversidade cultural e a progresiva debilidade das institucións políticas perante mercados cada vez máis globais.
O Foro Social Galego a celebrar do 5 ao 7 de decembro será escenario dun novo debate sobre esta iniciativa que pretende cuestionar o unilateralismo, o desprezo da legalidade internacional e a imposición de políticas económicas ultraliberais desde organismos alonxados do control democrático que caracterizan a situación mundial.
Pódese consultar o Manifesto da Campaña en: www.reformcampaign.net. ___________________ __________________
Logo de que Medio Ambiente anunciara a "normalización" do Eume e dera por "controlada" a acidez, ADEGA denuncia que persiste un grave risco ambiental e de saúde pública polas altas cantidades de metais pesados que amosan as augas. Recentes análises encargadas por ADEGA á UdC, dan valores moi por riba dos límites legais para determinados metais pesados nos ríos Lavadoiro e Chamoselo, que están sendo inxectados ao Eume. Particularmente preocupantes son os níveis de cromo, níquel, cadmio, arsénico e uranio, este último con valores que superan 24 veces o recomendado pola OMS. A situación no Eume está moi lonxe da "normalidade" que se quere vender. Ademáis dun encalado permanente para corrixir a acidez, como se vai solucionar o problema dos metais pesados? [+ Info na web de ADEGA]
O meu nome é Juán Fernández Sixto e, como cidadá/n de Ferrol (opción para non ferroláns que queiran apoiar a campaña: como amante dos animais) gustaríame manifestar o meu rexeitamento ao proxecto actual de rehabilitación da vella canceira de Mougá e o intento por parte do Concello de dar unha imaxe falsa de este tema.
Non se pode dicir que a canceira vai ser un refuxio cando as instalacións carecen de hospital, sala de curas ou quirófano. Que ten pensado o Concello facer cos animais que ingresen enfermos ou feridos? Un animal enfermo ou ferido non pode estar aloxado nunha canceira, no exterior, e sen posibilidade de recibir, por exemplo, tratamento por vía intravenosa ou osixeno.
Non se pode chamar zona de corentena a tres canceiras sen illamento e situados no exterior. Qué pasará cando ingrese o cuarto animal se o primeiro inda non rematou o período de corentena?
Co gran problema que están a ser os gatos nas rúas da cidade, problema ao que o Concello leva anos dando as costas, por non falar dos gatos abandonados, como se pode construír no ano 2008 un centro para a recollida de animais abandonados sen un espacio especialmente habilitado para estes animais? (unha canceira non é adecuado para eles)
Que vai pasar cos cabalos, ovellas e outros animais que vemos a diario invadindo zonas públicas, as veces estradas, a miúdo mantidos en condicións penosas?
Se o Concello de Santiago no ano 2005 cunha inversión de 394.000 € levou a cabo a CONSTRUCCIÓN e EQUIPAMENTO dun refuxio de 15.000 m² con quirófano, hospital, zonas de illamento e corentena, espacio para gatos e outros animais, zonas de esparcemento para os animais e aula medioambiental, como pode o Concello de Ferrol gastar 300.000 € dos nosos impostos na REHABILITACIÓN dunha canceira de 1.000 m² construida hai dez anos, sen ter en conta os avances producidos nunca década e a experiencia acumulada noutras cidades? Por qué os nosos representantes municipais non visitan outros centros para coñecer o seu funcionamento e ver cales son as necesidades e os problemas de este tipo de instalacións? Por que non contan coas protectoras de animais locais que ademais de representar os intereses de moitos cidadáns de Ferrol preocupados polo benestar animal, poderían aportar ideas e experiencia?
Asociacións de defensa dos animais de todo o mundo levan anos loitando contra a adquisición compulsiva e irresponsable da animais, unha das principias causas de abandono. Entón ¿non resulta inda máis irresponsable que unha institución pública manifeste publicamente que os nenos que acudan en visita escolar á canceira poderán “escoller” alí mesmo o seu can? Por certo, os animais que habitualmente enchen estes centros son animais maltratados, con traumas e asustadizos, que o que menos necesitan é converterse en parte dun espectáculo para excursións, iso non é educar no respecto aos animais, máis ben o contrario.
Por todas estas razóns quero pedir a este goberno que recapacite e asuma unha iniciativa moderna e eficaz que resolva por fin un problema que preocupa cada vez mais aos cidadáns, a matanza continuada de animais abandonados, un problema, por certo, común a toda a comarca de Ferrolterra, e que debería ter unha solución conxunta. ____________ Asociación para un Comportamento Ético cos Animais COMETA C/ Manoel Antonio 4, 1º 15570 Narón. A Coruña Tlf: 617 040 992 Correo electrónico: correo@asociacioncometa.com Páxina web: www.asociacioncometa.com CIF: G-15963234
De: Comité Cidadán de Emerxencia -comitecidadan@gmail.com- Para: artabra21@gmail.com Data: 21 de outubro de 2008 21:23 Asunto: sábado 25 outubro: "A Ría, na Rúa"
Sábado 25 Outubro: "A Ría, na Rúa"
Organizado polo Comitá Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol:
25 de outubro, ás 10 h. 10 pintor@s en 10 prazas da nosa Cidade, comezaran a realizar sendas pinturas murais que trasladarán as nosas Rúas, a nosa Ría e a problemática da Planta de Gas,.
Ás 11,30 h., partindo do Centro Cívico de Caranza, iniciarase un Roteiro que percorrerá a cidade hasta o Peirao, visitando cada unha das obras pictóricas e amosando ós artistas o agradecemento pola súa colaboración e compromiso en defensa da Ría e da vida.
Invítase a toda a cidanía a participar neste Roteiro, portando as camisetas "Planta de Gas fora da Ría".
As obras ficarán expostas nas propias prazas, toda a semana,
O día 1 de novembro, reuniránse no Cantón, nunha gran Exposición Mural colectiva, que celebraremos ali mesmo con castañas, viño e música.
Colabora a Concellería de Cultura de Ferrol.
Itinerario do Roteiro:
[Clicar acima da imaxe para ampliar]
Saída ás 11,30 do Centro Cívico de Caranza – Avda. Castelao – Marques Sta. Cruz – Sartaña – Nova de Caranza – Chile – Praza de Ultramar – Venezuela – Villa Soledad – Estrada de Castela – Praza do Inferniño – Avda. Viveiro – Estrada de Castela – Monumento Porta Nova – Ramón y Cajal – Avda. Esteiro – Españoleto – Praza do Himno Galego – Españoleto – Praza de España – Galiano – Carmen – Sol – Terra – Praza de Canido – Concepción Arenal – María – Terra – Praza de Armas – Terra – Praza da Constitución – Igrexa – Concepción Arenal – Dolores – Amboaxe – Real – San Francisco – Praza Vella- Peirao de Coruxeiras. (Duración aprox. : 2 horas) ________________
De: Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol Para: artabra21@gmail.com Data: 21 de outubro de 2008 00:05 Asunto: 23 outubro: SANTIAGO CARRILLO en Ferrol
23 Outubro: SANTIAGO CARRILLO en Ferrol
Organizado por Fuco Buxán, A.C. Xoves 23 de Outubro, ás 20 horas Centro Cutural "Carvalho Calero" Praza do Inferniño - Ferrol SANTIAGO CARRILLO Presenta o seu libro: "Dolores Ibárruri Pasionaria, una fuerza de la naturaleza" A figura máis emblemática do Partido Comunista de España durante a Guerra Civil e a posguerra lembrada polo seu máis estreito colaborador.
De: suso -susopazos@yahoo.es- Para: artabra21@gmail.com Data: 20 de outubro de 2008 21:23 Asunto: kit de urxencia para a poboacion
kit de urxencia para a poboación
Plan de alerta en MugardosConsellos da Xunta aos veciños ante un caso de urxencia
LORENA BUSTABAD - Ferrol - El Pais - 14/08/2008
Cinta illante para selar portas e fiestras, persianas pechadas baixo sete chaves, afastarse de interruptores e enchufes, prescindir do coche e os electrodomésticos e permanecer no interior das vivendas ou colexios. Son algunhas das recomendacións de seguridade que a Dirección Xeral de Interior e Protección Civil da Xunta, adscrita á Consellería de Presidencia, está facendo chegar estes días aos veciños do municipio coruñés de Mugardos. ___________
De: Participación Cidadá -participacion@ferrol.es- Para: artabra21@gmail.com Data: 22 de outubro de 2008 09:19 Asunto: acta_sexto_gap e convocatoria do gap núm.8
Enviando por correo electrónico: acta_sexto_gap e convocatoria do gap núm.8
Espero a vosa confirmación de recepción. Un saúdo ___________
Estimada amiga, Estimado amigo:
Despois das últimas reunións do Grupo Análise e Proposta, do día 14 de outubro (GAP) e do 16 de outubro (GAP e cinco grupos políticos), achegamos unha nova convocatoria para o Martes 28 ás 19,00 horas no Salón de Plenos, cos seguintes asuntos a tratar:
Valoración do proceso de reforma do regulamento e validación do texto coas recomendacións xurídicas para a aprobación e conformidade co futuro Regulamento orgánico de administración e goberno.
Elección de representantes para a exposición do borrador do Regulamento no Pleno.
Presentación das Primeiras Xornadas de Orzamentos Participativos.
Debate sobre os criterios e pautas de selección dun territorio ou sector na posta en marcha de orzamentos participativos.
Para calquera cuestión, poden poñerse en contacto coa Concellaría de Participación Cidadá (981 944 000 ext 219; participacion@ferrol.es).
Agradecendo de antemán a súa colaboración, reciba un cordial saúdo.
De: Montserrat González (Concello das Pontes de García Rodríguez) -montserrat.gonzalez@aytoaspontes.es- Para: artabra21@gmail.com Data: 20 de outubro de 2008 14:42 Asunto: Vida e traballo coa infancia en Calcuta
O vindeiro 30 de Outubro terá lugar nas Pontes, ás 19:30 hrs na casa Dopeso, a conferencia de Urmi Basu "Vida e traballo coa infancia en Calcuta"
Organizada polo Concello
Urmi Basú taballadora Social e presidenta da ONG New Light, é un referente na loita contra o tráfico de mulleres no seu pais, atende a mais de 200 nenos e nenas fillos e fillas das mulleres que se dedican a prostitución no barrio de Kaligaht. Nesta ocasión Urmi vestára acompañada por 9 nenos e nenas que por primeira vez saen de Calcuta.
A conferencia versará sobre a súa experiencia en prol da infancia e a loita dunha muller que quedou apartada da súa familia por dedicarse a atender os menores mais desfavorecidos da casta dos intocables.
Tedes mais información sobre Urmi Basu e os seus proxectos na seguinte dirección de correo
A Axencia española de Protección de Datos trasladou o seu respaldo a actividade que está a levar a cabo o Movemento polos Dereitos Civís na defensa dos dereitos fundamentais dos cidadáns. A institución emitiu unha valoración, a petición da asociación, da sentenza do Xulgado Contencioso que obriga ao Concello de Compostela a retirar as cámaras de vídeovixilancia do centro histórico da cidade. Dende a Axencia recoñécese que a instalación descontrolada de cámaras e o tratamento posterior que se lle da ás imaxes obtidas "estase convertendo nunha preocupación cada vez maior dos cidadáns" e relaciónase esta situación co incremento considerable do número de denuncias presentadas por particulares perante a AEPD, "cuxa consecuencia directa supuxo un número superior a 120 inspeccións só no ano 2007".
As palabras do director da Axencia, agradecidas por parte desta asociación, non reflicten non obstante a realidade que estamos a vivir. O aumento do vídeocontrol tanto na Galiza como no resto do Estado estase a levar a cabo dun xeito irregular, sen que na meirande parte das instalacións se cumpran os requisitos mínimos para garantir o exercicio dos dereitos e das liberdades civís, principalmente pola falla dunha lexislación máis estricta e completa neste ámbito e pola desidia practicada dende as administracións encargadas de supervisar o cumprimento da normativa. A este feito, hai que engadir que a falla dunha lei que regule os dispositivos privados facilita que se produzan vulneracións dos dereitos en espazos que pertencen ao ámbito público, pero con impunidade salvagardada polo baleiro legal. Cicunstancia esta que dificulta máis aínda a defensa dos principios que asisten a todos os cidadáns, deixando a porta aberta ao mercadeo da imaxe propia en medios de comunicación, a Internet, etc. (tal e como se puido ver esta pasada fin de semana nun xornal galego que publicou as fotografías dunha parella tomadas por unha cámara ilegal privada).
Por iso agardamos que dende a AEPD se poñan en práctica os bos desexos do director de "manter o máis firme empeño en continuar coa nosa labor de velar polo cumprimento da normativa en protección de datos y control da súa aplicación".
Movemento polos Dereitos Civís | Rúa Rosalia de Castro - Galerías Belen - Local 108 (Santiago de Compostela) | Tel-Fax: 881972938 | Movil 610858850 __________________
De: Educación e Paz -paz@sgep.org- Para: artabra21@gmail.com Data: 20 de outubro de 2008 12:39 Asunto: 60 Aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos
60 Aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos
Benqueridas amigas e amig@s:
A Iniciativa polos Dereitos Humanos é unha plataforma unitaria creada hai dous anos para sensibilizar arredor da Declaración Universal e incentivar na sociedade o coñecemento dos dereitos que a conforman, denunciar a violación dos mesmos no mundo e contribuír á súa materialización e perfección.
Para este ano, no que conmemoramos o 60 Aniversario, mantivemos unha primeira reunión e teremos unha nova o vindeiro día 27 de Outubro, ás 18:00 horas, nos locais do Seminario Galego de Educación para a Paz (Rúa do Valiño 13- 1º en Compostela) co obxecto de analizar as posibilidades de apoiarnos mutuamente en actos conmemorativos que faremos e promover algunha actividade conxunta arredor do 10 de Decembro (algunha está prevista no propio FSG).
Acordamos tamén invitar ás organizacións do FSG que tiveran interese en participar nesta Iniciativa.
Na actualidade a Iniciativa polos Dereitos Humanos está conformada por distintas entidades (Amnistía Internacional, Coordinadora Galega de ONGDs, Coordinadora de Crentes Galegos, Encrucillada, Esculca, Fesga, Fundación Luis Tilve, Fundación 10 de Marzo, Foro da Inmigración, Irimia, Seminario Galego de Educación para a Paz e Xustiza e Sociedade).
Agradecendo de antemán a vosa participación, trasládovos un saúdo cordial.
De: BNG -bng@ferrol.es- Para: artabra21@gmail.com Data: 21 de outubro de 2008 13:29 Asunto: XOÁN XOSÉ PITA EMPRAZA A IRISARRI A CONVOCAR O PLENO COMPROMETIDO SOBRE O SECTOR NAVAL
XOÁN XOSÉ PITA EMPRAZA A IRISARRI A CONVOCAR O PLENO COMPROMETIDO SOBRE O SECTOR NAVAL
O portavoz municipal considera que "Irisarri foxe dos debates que comprometen a súa fidelidade ao PSOE"
Ferrol, 21 de outubro de 2008. O portavoz nacionalista no Concello de Ferrol emprazou esta mañá a Vicente Irisarri a convocar o Pleno que goberno local se comprometeu a convocar para analisar o futuro do sector naval e as reivindicacións dos Comités de Empresa de Navantia Ferrol-Fene.
Xoán Xosé Pita lamentou o comportamento do primeiro edil da cidade do que dixo que "segue a fuxir dos debates que comprometen a súa fidelidade ao PSOE". Así mesmo, evidenciou a negativa do Alcalde a que o conxunto da corporación municipal participe coa súa opinión neste asunto transcendental para o desenvolvemento industrial da nosa comarca, non convocando o Pleno comprometido e negando a participación dos grupos políticos nas reunións que mantivo cos representantes dos traballadores.
O BNG afirma que cumpre un posicionamento político que esixa a reapertura das tres mesas de negociación comprometidas pola Dirección de Navantia (SEPI). Mesas sobre o Novo Marco Regulador o Plan Industrial e a Regularización de actividade das compañías auxiliares, asemade quer que se concrete a contratación da 6 fragata prometida nas continuas visitas electorais dos Ministros a Ferrol, que Navantia Fene recupere a actividade civil e que se reactive a actividade que mantiña Navantia no sector eólico.
O portavoz nacionalista "esixe a SEPI que deixe de botar sombras sobre o futuro do sector Naval" e incide en que o BNG "non vai a xogar a lavarlle a cara a determinadas posturas políticas que no formal manteñen discursos diferentes en Ferrol e en Madrid".
Grupo Municipal do BNG no Concello de Ferrol. -- Xosé Manuel Pazo Blanco ____________
De: Alberte Moman -albertemoman@gmail.com- Para: artabra21@gmail.com Data: 19 de outubro de 2008 20:56 Asunto: 'Ferrol e o que queda por chover' na Galería Sargadelos
'Ferrol e o que queda por chover' na Galería Sargadelos
Xoves 23 de outubro, 20 horas, na Galería Sargadelos de Ferrol (Rubalcava, 30-32, 15402 Ferrol) presentación de Ferrol e o que queda por chover, coa presenza do propio autor e de Melba Couto, mestra de literatura e lingua galegas no IES Sofía Casanova.
Ferrol e o que queda por chover. Ferrol ten sentido. Has horas son un estigma nesta cidade. Unha restrospectiva histórica moi persoal sobre o Ferrol que me tocou vivir. Tamén dese outro Ferrol que viviron por min, das súas experiencias plasmadas na miña imaxe.
Pódese adquirir en: Galería Sargadelos de Ferrol Lulu.com Amazon.com ou solicitándoo neste correo electrónico: albertemoman@gmail.com
Alberte Momán. (Ferrol, 1976), profesionalmente enxeñeiro técnico agrícola, é autor de diversas obras premiadas, como 'O lobo da xente' (Edicións Positivas, Premio Narrativas Quentes 2003), 'Erótica' (Premio Francisco Añón de Poesía 2004, publicado en Agosto de 2005 na editora arcosonline.com), 'O pasado nas horas' (Premio Rosalía de Castro, Cornellá, 2004), 'De ter un can chamaríalle Guenguis' Mención de honra no certame de poesía GZcrea 2006 (recollido no volume colectivo 'Isto é un poema e hai xente detrás' (Espiral Maior. 2007), 'Baile Àtha Cliath' (Premio de poesía erótica Illas Sisargas 2007). No ano 2008 edita 'Ferrol e o que queda por chover' e 'Erótica' con Lulu.com. É membro da Asociación de Escritores en Lingua Galega.
Ten colaboracións dispersas por diversos volumes colectivos, como a primeira edición de Relatos de Verán do diario La Voz de Galicia, ou a colectánea poética 'Xuro que nunca volverei pasar fame. Poesía escarlata' (Difusora de Letras, Artes e Ideas 2003). Colaborou, tamén, no volume de poesía 'Sempre mar. Cultura contra a burla negra', promovido e editado pola asociación Burla Negra con motivo do afundimento do Prestige. Tamén no libro publicado co gallo do certame de narrativa breve do concello de Curtis na edición do 2005, en que recibiu un accésit pola obra 'Benvidos á noite americana'. Colaborador do xornal A Peneira, é autor de 'Efecto Iguana', novela por entregas que se publicou no suplemento cultural deste xornal. En Maio de 2006 participa nos 'Dias da Criaçao' celebradas na Casa da Eira Longa en Vilar-Boticas (Trás-os-Montes). En Febreiro de 2007 publica 'O alento da musa' (Difusora de Letras, Artes e Ideas). No 2007 saca o volume colectivo de poesía 'A porta verde do sétimo andar', da agrupación do mesmo nome.
Tamén ten colaboracións en revistas como Madrygal, editada pola Universidade Complutense de Madrid, ou Dorna, que publica a Universidade de Santiago de Compostela.
De: Antonio Gª -angaji@yahoo.com- xavi -xriveiro@ya.com- ADEGA-TRASANCOS(FERROLIÑO)" -adegatrasancos@adega.info- Para: artabra21@gmail.com Data: 19 de outubro de 2008 18:29 Asunto: Vilar do Colo. Posición do BNG de Fene sobre o feito en Cabanas
Vilar do Colo: Posición do BNG de Fene sobre o feito en Cabanas e Convocatoria concentraicon entrada novo gaseiro
Boas a tod@s, os comentarios na ligazón de RadioFusión, estánse a poñer interesántes. Invítovos a que participedes e volquedes as vosas impresións. Un saúdo
De: asociacion Veciñal O Rosario-Inferniño Para: artabra21@gmail.com Data: 18 de outubro de 2008 11:55 Asunto: Os grupos municipais apoian a proposta veciñal do novo regulamento
Asociación Veciñal "O Rosario - Inferniño" de Ferrol XUNTANZA DO GAP... 10/17/2008 Os grupos municipais apoian a proposta veciñal do novo regulamento.
A reunión celebrouse no salón de recepcións do Concello e durou máis de hora e media.
Diario de Ferrol.- -D. ALEXANDRE REDACCIÓN > FERROL
Os grupos municipais están conformes co avance do Regulamento de Participación Cidadá elaborado por entidades veciñais, colectivos, e cidadáns.
Os portavoces de PSOE, EU, PP, IF e BNG así llo manifestaron onte aos membros do Grupo de Análise e Proposta (GAP).
A reunión, coa que se pechou o proceso de elaboración do novo regulamento iniciado no pasado mes de maio e no que participaron unhas 70 asociacións locais, ademais de particulares, celebrouse a petición dos integrantes do GAP.
Estes estaban interesados en coñecer a opinión dos representantes municipais sobre este texto e manifestaron o seu desexo de que sexa aprobado por unanimidade cando leve ao pleno.
Neste sentido, tanto os concelleiros do Goberno (PSOE e EU) como da oposición (PP, IF e BNG) mostráronse de acordo co contido do documento e co método seguido pola Concellaría que dirixe Javier Galán (EU) para elaboralo, aínda que se reservaron o sentido do seu voto para a sesión plenaria.
Pero o que se convocou como posta en común do traballo levado a cabo polo grupo de veciños e a comisión política para mellorar o actual regulamento derivou nun debate sobre a compatibilidade deste coa lei de grandes cidades, cuxo desenvolvemento foi ratificado neste mandato.
Neste sentido, o concelleiro popular, José Manuel Rei, considerou conveniente perfilar primeiro como afectará esta lei aos órganos de xestión municipal antes de aprobar o novo regulamento.
Así, explicou que coa Lei de Grandes Cidades moitas das competencias que agora ten o pleno e que son tratadas previamente polos grupos en comisión asumiraas directamente o alcalde a través da Xunta de Goberno Local, polo que os cidadáns terán un maior nivel de participación nuns órganos do Concello cada vez máis baleiros de competencia, advertiu.
Nesta liña pronunciouse o independente Juan Fernández, que criticou ao rexedor por non explicar á oposición como aplicará a Lei de Grandes Cidades, non vaia ser que esteamos traballando nun novo regulamento de participación que non vai valer para nada.
Ante estas dúbidas, o edil de EU Javier Galán asegurou que non haberá contradición entre a lei e o regulamento, engadindo que se ou novo regulamento non se leva a cabo, dimitirei como concelleiro de Participación Cidadá.
Foi máis aló ao manifestar que EU non aceptará a Lei de Grandes Cidades cando contraveña a este regulamento de participación.
Pola súa banda, Manuel Santiago, representante do grupo municipal socialista na reunión, destacou que coa nova norma de participación Ferrol situarase á cabeza en canto ao traspaso de competencias á cidadanía da xestión municipal.
Co encontro de onte -que se iniciou ás sete da tarde e hora e media despois aínda continuaba- deuse por resolta a participación veciñal.
Agora serán os grupos municipais os que teñen que aprobar o texto que resultou deste proceso, primeiro en comisión informativa e logo en pleno, onde un portavoz veciñal defenderá o novo regulamento.
De: Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol -fucobuxan@gmail.com- Para: artabra21@gmail.com Data: 17 de outubro de 2008 16:53 Asunto: Solidaridade cos traballadores de MEGASA
A convocatoria de dez días de folga xeral dos TRABALLADORES DE MEGASA, en demanda dun convenio xusto e unhas condicións laborais propias dun sistema democrático, tiveron onte unha resposta cerril da patronal: o despido de dous traballadores (un deles membro do Comité de Empresa e de Folga).
Desde "Fuco Buxán" invitamos a toda a cidadanía, a expresar a súa solidaridade cos compañeiros de MEGASA, nesta loita democrática, por conquerir as condicións de traballo dignas e xustas que pretenden. [+ Info]
Engádese Artigo de Rafael Pillado (Vicepresidente de "Fuco Buxán, A.C."), publicado en "Diario de Ferrol" hai poucos días. __________
MEGASA: O dereito a negociar un convenio razoable
Os compañeiros de Megasa pretenden negociar un convenio que sexa razoable. A empresa se nega a estudar as súas propostas e chegar a acordos cos lexítimos representantes dos traballadores, incluso apelando á intervención policial desmesurada, cando o conflito viña discurrindo pacífica y ordenadamente, e no marco pleno da legalidade.
Pois ben, estes días coñeciamos diversas opinións a través dos medios de comunicación, con algún dos cales discrepo diametralmente. Mentres Felipe do Muíño recorda a actitude serena dos traballadores o longo dos anos, sen renunciar nin os seus dereitos, nin o seu posto de traballo, Fernando Álvarez, sinala como prioritario “cuidar mucho a Megasa”, “y si una empresa para salvarse en época de crisis, tiene que reducir su plantilla … debe hacerlo…” E afirma que “… los acuerdos con los trabajadores es la diferencia entre la empresa privada y la pública”. Quere isto dicir que na empresa privada non caben os acordos? Que eu saiba, na nosa lexislación laboral, a negociación colectiva é un dereito dos traballadores. Incluso na Ditadura, tiveron que recoñecelo.
No caso de Megasa quen se nega a negociar é a Empresa. E quero dicir que esa empresa a compoñen o capital empresarial e os traballadores. A plusvalía non cae do ceo. ¡Sen traballadores, Megasa non sería Empresa!
E debemos saber que pese a constante redución de plantilla, Megasa duplicou a súa produción de aceiro. Iso chámase sobreexplotación.
E esa produción permitiulle á Empresa comprar a Siderúrxica Nacional Portuguesa. Supuxo convertela nunha multinacional, onde os recursos se moven a capricho do empresario. Un empresario paternalista que ten o concepto das relacións laborais propias do feudalismo. E xa sabemos o que pasa cando non se respecta o marco regulado polo Estado. ¡Mirade a EE.UU. hoxe!
Según o Sr. Álvarez, os traballadores son “servos da gleba”, e deben tragar o que se teña disposto polo patrón. (Por certo, faltoulle dicir no seu artigo que Segundo Vilaboi foi asasinado a garrote vil.)
Pero, Que piden os traballadores? Que barbaridade pretenden? Facerse coa empresa?
Pois o que queren e superar o convenio actual que está por debaixo do provincial do metal de A Coruña, pese a que o seu traballo se realiza en condicións durísimas.
Temas:
1.- “Contrato de relevo”, que permita renovar a plantilla, xa moi diminuída. 2.- Promoción interna. Como é posible que un 70% da plantilla sexan especialistas? ¡Así resulta máis barato! 3.- Cobrar efectivamente o 100% do salario no caso de accidente. 4.- Redución da xornada laboral, a máis alta do sector. Sobre 100 horas máis que na siderúrxica vasca. 5.- Un sistema de primas obxectiva, que non se rexan polo “dedo”. 6.- Aplicación do IPC real e non o previsto. 7.- Un plus por traballar na fin de semana.
E queren negociar, non ser só mandados. Para algo conquerimos a Democracia.
Por qué se nega a empresa a algo tan natural? Porque quere evitar ter que ceder unha parte dos beneficios xenerados polos traballadores. EI está movendo os traballadores dun posto de traballo a outro, para romper a súa resistencia. Pretende cortar as súas mobilizacións, buscando a división da plantilla e o seu cansancio polo custe económico das mobilizacións.
Estou seguro de que non o conquerirán, e algo terán que dicir os sindicatos e os traballadores de Ferrolterra. Solidariedade de clase.
De: BNG -bng@ferrol.es- Para: artabra21@gmail.com Data: 17 de outubro de 2008 10:08 Asunto: Iniciativa sobre o control á Plataforma de apoio ao Cabo Gago
Iniciativa sobre o control a Plataforma de apoio ao Cabo Gago
O BNG pregunta no Parlamento polas denuncias da Plataforma Cidadá en defensa do cabo Gago sobre a vixianza á que os somete o exército
Santiago de Compostela, 16 Outubro 08.- O deputado do BNG Fernando Blanco Parga vén de rexistrar no Parlamento Galego unha pergunta para a súa resposta escrita sobre as denucias da Plataforma Cidadá en Apoio do Cabo Gago sobre a vixianza que o exército mantén sobre este colectivo.
Tal e como explica o parlamentar na iniciativa, “representantes desta plataforma denunciaron publicamente que na realización dunha rolda de prensa e dun acto público celebrado na sede do Ateneo Ferrolán ese mesmo día estiveran situados nun local fronte o edificio dous militares de paisano, controlando e realizando fotografías das persoas que asistían a ese acto”.
Do mesmo xeito, a plataforma realizou outra denuncia pública ao remate da manifestación de apoio ao Cabo Gago o pasado 12 de outubro en Ferrol, “sobre a participación de militares de paisano na propia manifestación, co interese de informar sobre o que ali sucedía”.
O parlamentar pergunta no texto se o goberno considera que “é función das Forzas Armadas o control e información dos actos e manifestacións convocados por unha Plataforma Cívica”.
Blanco Parga quer saber se “o goberno vai demandar algún tipo de información ao respecto destas denuncias do goberno estatal, responsábel do funcionamento das Forzas Armadas”.
De: BNG -bng@ferrol.es- Para: artabra21@gmail.com Data: 17 de outubro de 2008 09:50 Asunto: O BNG ACUSA AO GOBERNO LOCAL DE PERMISIVIDADE COAS EMPRESAS DE TELEFONIA
O BNG ACUSA AO GOBERNO LOCAL DE PERMISIVIDADE COAS EMPRESAS DE TELEFONIA
Xoán Xosé Pita lembra que “Irisarri adía desde o mes de abril a revisión da ordenanza municipal de antenas de telefonía”.
Ferrol, 16 de outubro de 2008. O portavoz do BNG, Xoán Xosé Pita, afirmou esta mañá que o Goberno Local non esta interesado en regular as antenas de telefonía móbil no noso Concello e lamentou a actitude municipal por ser demasiado permisiva coa proliferación de “estacións base” sen licenza municipal.
O BNG cre que é hora de porlle freo aos abusos que sofren os veciños e veciñas afectados polas antenas por parte das empresas operadoras e regular convenientemente a súa instalación de cara a garantir unhas condicións mínimas e que teñan en conta os problemas de saúde que poden acarrear este tipo de instalacións.
Pita indicou que o alcalde da cidade leva adiando desde o pasado mes de abril o inicio da revisión da Ordenanza Municipal de antenas de telefonía, para mellorala e adaptala a Lei estatal de telefonía Móbil. Unha ordenanza aprobada no ano 2002 que se atopa desfasada e na que a xuízo do BNG se deberían reforzar aqueles aspectos onde o concello si pode impor restricións máis firmes, dentro das súas competencias, como é nos apartados urbanísticos e estéticos.
Queremos lembrar o acordo plenario, tomado por unanimidade, para a revisión desta Ordenanza, impulsado polo BNG, debido ás múltiples denuncias pola instalación deste tipo de antenas na práctica totalidade dos barrios da nosa cidade que mesmo foron e son obxecto de informes do valedor do Pobo, de sentencias xudiciais que dan a razón aos veciños e veciñas mentres que as antenas seguen a funcionar sen que ninguén actúe.
Grupo Municipal do BNG no Concello de Ferrol _____________
Contra os que se empeñan em destruír e pórnos em perigo, tendo como obxectivo a súa riqueza e como aliada a irresponsabilidade de quen nos debería defender, o Comité cidadán de emerxencia para a ría de Ferrol quere construír.
Coa inestimábel axuda de dez artistas plásticos da nosa cidade, totalmente desinteresada, e coa colaboración da Concellaría de Cultura, temos deseñada esta actividade. Dez prazas da nosa cidade van ver como, desde un suporte baleiro, xurde unha obra de arte, enriquecéndonos a tod@s.
Son tempos difíciles, pero non podemos amolarnos. A busca cega do beneficio, e a venda absurda e mentirosa de postos de traballo a cambio do noso futuro, estanos a levar a un pozo sem fondo. A Planta de gas é o exemplo máis claro, aínda que, lamentabelmente, non único. Mais nós somos a xente, o pobo, a cidadanía e imos reaxir. Axuda tamén, un pouco de alegría e reflexión para os sentidos e para o espírito; iso é a arte, esa grande creación humana.
A ría, que nos ten dado tanto, vai verter e por uns días,adentrarase terra adentro. Tod@s sabemos que non existiría Ferrol sem ela ... non nos suicidemos.
Camiñaremos, avaliaremos, gozaremos da arte e remataremos o dia 1 cun magosto. Un magosto para conxurar a morte coa alegría de vivir. Entre os cadros murais, as gaitas, os aturuxos e as castañas, tamén matinaremos sobre o que non pode ser. Acudide, estades na vosa casa.
De: Comité Cidadán de Emerxencia -comitecidadan@gmail.com- Para: artabra21@gmail.com Data: 20 de outubro de 2008 16:57 Asunto: Outra vez a néboa ...
Outra vez a néboa ...
A néboa, por segunda vez en menos dunha semana, impediu esta mañá a entrada a Reganosa, do "LNG Madrid Spirit" coa súa carga de gas natural licuado.
Outra vez terá que fondear na ría de Ares, co risco consiguiente para as poboacións daquela contorna, ata a próxima pleamar diurna de mañá, se para entón as condicións de visibilidad permíteno.
Outra vez en poucos días, voltamos plantexar os temores que o pasado xoves manifestabamos, e así sucesivamente, ante cada entrada dun buque na nosa Ría.
Por cada entrada anunciada – teña lugar ou non - este Comité Cidadán de Emerxencia, seguirá convocando á CONCENTRACIÓN, para manifestar a Autoridades e cidadanía, o perigo permanente a que estamos expostos, pola ilegal ubicación da Planta de Gas, e para seguir esixindo:
¡ PLANTA DE GAS FORA DÁ RÍA ¡
Pleamar día 20: 8,49 e 21,31 h. Pleamar día 21: 10,02 e 22,58 h.
Isto diciamos fai só 4 días:
"Onte, 16 de outubro, non lle foi posible ao LNG "EDO" arribar a Reganosa. Uns minutos antes da pleamar, encheuse de néboa a boca e o interior da Ría, desistindo o buque da manobra de aproximación, e retrasando a súa entrada á próxima marea diurna.
A aparición da néboa nas nosas augas surxe de súpeto moitas veces .
Preguntámonos que pasaría, se esta circunstancia se dera xa inciada a entrada no canal. Co buque entre castelos, e sen visibilidade, sería probable que encallara.
¿Cal sería a reacción da poboación circundante, ó saber que un barco cargado de GNL, unha bomba flotante, estaba accidentado e próximo as nosas casas?.
¿Ou se por causa grave tivera que abandoar a ría e se pechara de néboa nese momento?
¿Saberían as nosas Autoridades que decirnos?.¿Saberíamos nos que facer?……"
De: Ateneo Ferrolán -bettinakorten@freenet.de- Para: artabra21@gmail.com Data: 16 de outubro de 2008 22:18 Asunto: Charlas-Coloquio deFerrolDeporte no Ateneo
FerrolDeporte propón para paliar o mal que sofren hoxe en día moitos clubs deportivos, unha serie de charlas-coloquio no Ateneo Ferrolán.
A partir do 16 de Outubro, e durante os dous próximos xoves (23 e 30 de Outubro), a asociación ferrolana FerrolDeporte emplaza a todos os directivos de clubs da comarca a tomar parte nos faladoiros que se celebrarán no Ateneo Ferrolán a partir das 20.00 h e ata as 22.00 horas.
O 16 de Outubro, abre o ciclo "Os nosos poucos cartos", unha charla na que se tocarán aspectos do financiamento, subvencións, axudas e patrocinios privados, entre outros temas sobre os que os presentes poderán intercambiar opinións. O día 23 as infraestructuras tomarán protagonismo na conferencia "Vos lugares onde vive ou deporte", na que se abordará os problemas dos locais así como necesidades futuras dos clubs neste sentido.
O ciclo de faladoiros clausurarase con algunhas das claves da formación, a comunicación e os procedementos que as distintas entidades terán que desenvolver fronte á administración en "Que deberiamos aprender".
Hoxe o "LNG Edo" cargado con GNL para REGANOSA, non poido entrar na Ría por mor da presencia de néboa espesa ao longo do seu canal, no momento da marea morta en pleamar diurna. O buque cargado co perigoso gas durme na Ría de Ares. Mais a acción de protesta tivo lugar diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Ferrol. Berros de frases cargadas de razóns alertaban do perigo que supón a entrada de gaseiros para a ilegal e perigosa REGANOSA.
O compañeiro "Lalán" voltou reiterar da ilegalidade da entrada de gaseiros na Ría e informou de que a vía administrativa, contra o despropósito gasístico, continua aberta, pois recibiron anuncio de que a correspondente dirección xeral da Comisión Europea, vai emprazar ao Goberno Español, ante a denuncia da cidadanía polo incumprimento de REGANOSA da Directiva Seveso II [Artigos 8 e 12], respecto á proximidade a zonas poboadas e sobre o efecto dominó que pode causar un accidente, tanto na planta de gas, como no complexo industrial petro-químico [Forestal del Atlantico] ao que está encostada. Por outra banda Jam López, coordenador da campaña "A Ría na Rúa", informou de dita campaña que terá lugar entre os día 25 de Outubro e 1 de Novembro que pretende levar a loita contra REGANOSA a dez prazas de Ferrol, coa colaboración de 10 artistas que realizarán murais en ditas prazas, ademais dun roteiro reivindicativo e un magosto popular. _______________
De: Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol Para: artabra21@gmail.com Data: 13 de outubro de 2008 17:01 Asunto: Presentación "Xanela aberta", libro de Adela Figueroa
Presentación "Xanela aberta", libro de Adela Figueroa
Convidamos a asistir á presentación do libro de Poesía
"XANELA ABERTA"
de Adela Figueroa Panisse
Xoves, 16 de outubro, ás 8 da tarde. Galería Sargadelos - Ferrol
Desenhos: Celsa Sánchez Vázquez Limiar: Marica Campo Ediciós do Castro
17-19 e 24-26 de outubro. CAMPAMENTO DE VOLUNTARIADO AMBIENTAL NO RÍO TEA Na campaña de outono do Proxecto Ríos e dentro do programa de Voluntariado en Ríosen colaboración co Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, celebrarase durante tres fins de semana de outubro (10-12; 17-19; 24-26)un campamento de voluntariado no río Tea. Neste campamento realizarase unha acción para eliminar flora exótica e invasora. O voluntariado contará con material (traxes e botas de auga, material de inspección, guias de campo, etc) así como cun seguro de responsabilidade civil e de accidentes colectivos Durante os tres turnos de fin de semana, o voluntariado permanecerá no albergue Alentea, ubicado en Barciademera (O Covelo) en rexime de pensión completa. Información e inscricións na seguinte ligazón: CAMPAMENTO VOLUNTARIADO TEA 08
18 e 19 de outubro. Feira de TERRACTIVA e actos da MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES
Esta fin de semana, nos días 18 e 19 de outubro ADEGA estará presente en dous importantes eventos que terán lugar no país: un de carácter nacional e outro internacional. O primeiro é o Festival das Artes pola BiodiversidadeTERRACTIVA, que vai ter lugar en Arzúa. O segundo é a MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES en Vigo, que este ano está adicada á soberanía alimentaria. Preme para ver o programa detallado de actos!
26 de outubro. ROTEIRO POLO COUREL E MAGOSTO
O tema da programación de roteiros 2008-2009 son os Parques Naturais, os xa declarados e os propostos, nomeadamente os da cornixa oriental galega. Dende ADEGA entendemos que a declaración dunha zona singular como é O Courel como Parque Natural debe ser un beneficio para a comunidade en xeral, e en especial para os habitantes dese espazo. Por iso, comezamos este ciclo de roteiros cunha camiñada polo Courel desde Paderne até Sobredo, acadando unha lonxitude de 12 quilómetros. É un percorrido de dificultade baixa, sendo o punto máis alto da ruta o Castro de Brío con 1.060 metros (no km. 5), e o máis baixo o paso sobre o río Lor, a 450 metros sobre o nivel do mar (no km. 11). Como remate, e mentres algunhas e algúns preparamos o MAGOSTO, outras e outros faremos un anexo de 3 km máis polos penedos de Ferreirós, aos que se lles recomenda levar lanterna. DOMINGO 26 DE OUTUBRO Normal ............................................. 15 € Estudantes, xubilados/as e no paro. ........ 12 € Socios/as. ........................................ 10 € Até 17 anos ....................................... 5 €
SAÍDA: diante da Escola de Maxisterio de LUGO ás 9 da mañá Imprescindible anotarse chamando ao 699626660 (Xosé Luis) ou 982240299(local de ADEGA Lugo)
→8 e 9 de novembro. II ENCONTRO SOBRE O LOBO GALEGO Bótalle unha man ao lobo! O lobo é a especie máis emblemática da nosa cultura. Simboliza o máis indómito da nosa fauna. Todos/as os/as que esteades interesados/as en colaborar activamente na conservación do lobo poñédevos en contacto con Pepe Salvadores, vogal de Diversidade Natural de ADEGA (correo electrónico: psalvadores@edu.xunta.es; teléfono 659 683 384). Hai moito que facer para axudar á conservación desta especie que está en regresión. O máis inmediato: II Encontro sobre o lobo galego. No CEIDA (Santa Cruz. Oleiros), os días 8 e 9 de novembro. Achegaremos máis información proximamente.
Máis información: Local nacional (981 570099) ou na páxina: www.adega.info _________
De: Miguel Ángel Fernández -miguelafp@gmail.com- Para: artabra21@gmail.com Data: 15 de outubro de 2008 18:51 Asunto: Roteiro reivindicativo en defensa das Fragas do Rego Pequeno (Somozas)
Roteiro reivindicativo en defensa das Fragas do Rego Pequeno (Somozas): 26 de Outubro de 2008
Querid@s compañeir@s:
É para min un pracer remitirvos información sobre o noso seguinte roteiro, que terá lugar o vindeiro 26 de outubro.
Como sempre iremos en bus, dende a escalinata de Correos en Ferrol.
Cando chamedes, lembrade dicir un nome completo e o número de persoas. Tede en conta que as prazas son limitadas.
Como información adicional que non aparece no arquivo adxunto, direivos que o percorrido discurre por unha pista forestal en bo estado e, na parte final, por pistas alfaltadas, polo que non é imprescindible que o calzado sexa de montaña.
A hora completa do programa de radio e televisión Democracy Now! -- "O Informe de Guerra e Paz" -- sae en inglés (texto, audio, e vídeo) en www.democracynow.org. A continuación o noticiero "Os titulares de hoxe" e a síntese en español da hora completa do programa. O audio e o texto atópanse en www.democracynow.org/esOs Titulares de Hoxe en español Baixe o arquivo audio en español (MP3) O audio atópase dispoñible ao redor das 5:00 pm (17:00), hora de NY
As radios que queren emitir o audio poden descargalo desde un link exclusivo para emisoras. Este servizo non ten custo. Por favor, contáctar para recibir esta información.
Comezou o VII Encontro Internacional da Marcha Mundial das Mulleres, o primeiro celebrado en Europa, coa participación de 150 mulleres procedentes dos cinco continentes
Mulleres en marcha até que todas sexamos libres! é o lema que enmarca o VII Encontro Internacional da Marcha Mundial das Mulleres que se celebra nesta ocasión na Galiza, sendo destacábel o feito de que este é o primeiro Encontro Internacional da Marcha Mundial das Mulleres celebrado en Europa.
Neste encontro do feminismo internacional participan un total de 42 coordenadoras nacionais: 84 delegadas e 25 observadoras e mulleres convidadas de países como Dinamarca ou Inglaterra que non contan aínda con coordenadora nacional, facendo un total de 150 delegadas procedentes de todo o mundo.
Deuse o caso de representantes de coordenadoras que non puideron asistir porque as fronteiras se fecharon para as mulleres de Guinea, Gana e Nixeria, ou por temor a non poder recuperar a sua vida despois de ter participado neste encontro internacional de mulleres, é o caso de Irán.
O recibimento e inauguración do encontro consistiu nun acto de acollida das delegadas galegas que fixeron de anfitrioas oferecendo unha mostra da cultura, tradicións e da música galega feita polas mulleres, nun acto cargado de emoción. A terra foi o principal elemento simbólico que foi o enlace que uniu as mulleres dos diferentes países e culturas.
A presentación do Encontro correu da man de Tereixa Otero da Coordenadora Nacional Galega, e Míriam Nobre da Coordenadora do Secretariado Internacional.
Na mañá do día 15 celebrouse o pleno inicial que se centrou na análise do plan estratéxico mundial da Marcha e na introdución ao traballo das distintas áreas ou campos de acción, coa participación das coordenadoras nacionais de Albania Argentina, Bangladesh, Bélgica, Bolivia, Brasil, Burkina Faso, Catanlunya, Chile, Colombia, Costa de Marfil, Cuba, Euskadi, Filipinas, Francia, Galiza, Grecia, Guatemala, Haití, India, Italia, Kenia, Líbano, Macedonia, Mali, México, Mozambique, Nepal, Nueva Caledonia, Paquistán, Perú, Portugal, Quebec, República Democrática do Congo, República Centroafricana, Ruanda, Senegal, Sudáfrica, Sudán, Suiza, Turquía.
Na súa intervención Miriam Nobre sinalou vários aspectos preocupantes para as mulleres e que teñen que ver co modelo de mercado e as relacións económicas do mundo actual que seguen en moitos países excluindo as mulleres incluso do seu dereito de acceso á terra.
A crise financeira que xorde en EEUU e está contaminando a todo o mundo, demostra que a economía financeira actual está afastada da produción real da riqueza que é a producida polo traballo humano. Esta economía que é virtual ten impacto na economía real, no quotidiano e é a causa do encarecemento dos alimentos, sobre todo para aquelas comunidades que non consuman os seus produtos locais. Agora podemos dicir que o mercado está corrupto, non só se dá a corrupción nos estados, tamén no mercado, e son case sempre os homes os que protagonizan este apropiamento das riquezas e dos recursos sen medir as consecuencias para o conxunto da poboación.
O grado de cinismo é tan grande que se impón a percepción de que cando o Estado para os profesores está gastando, cando compra títulos da banca está invirtindo. Estase a dar un proceso de privatización das ganacias e socialización das perdas. Conclúe Miriam Nobre que temos que construír unha forza grande todas as mulleres para reaccionar a esta situación.
Outro aspecto que foi avaliado foi o proceso de emigración de mulleres do Sul e do Leste que se dedican ao coidado no Norte, sen ter acceso ás mesmas proteccións e dereitos. Hai inmigrantes que son útiles e outras que non.
Para as vindeiras xornadas a Marcha Mundial das Mulleres vai debater sobre a violencia cara as mulleres, a paz e a desmilitarización, o ben común e o traballo das mulleres que son os campos de acción de traballo e en equipos rexionais organizados en Asia e Oceanía, Américas, África, Europa, Medio Oriente e Mundo Àrabe.
No contexto do Encontro Internacional, a soberanía alimentaria está presente en cada debate e terá culminación no Foro de Soberanía Alimentaria que está ideado para propiciar este debate concreto desde a perspectiva feminista. Celébrase o vindeiro 18 de outubro e culmina na feira que se celebrará os vindeiros 18 e 19 de outubro desde as 11 da mañá na Praza da Estrela en Vigo. A manifestación será o domingo 19 de outubro desde as 12.00h con saída na Praza do Concello de Vigo, baixo o lema "MARCHA CON NÓS PARA MUDAR O MUNDO". Percorrerá as rúas de Vigo até a Estación Marítima.No seu comezo terá lugar a construción dun Milladoiro coa participación de todas as delegadas da Marcha Mundial das Mulleres. Modificado o ( Mércores, 15 Outubro 2008 18:23 )
De: Comunistas da Galiza P.C.P.E. -comunistasdagaliza@gmail.com- Para: artabra21@gmail.com Data: 16 de outubro de 2008 09:23Asunto: SHERLOCK II
SHERLOCK IIEFECTO CAMPÁS DE DUELO
VIÚVA A CHORAR
SHERLOCK Ola. Novamente estou aquí. Son o famoso detective Sherlock Holmes.
WATSON E tamén estou eu, Watson, infaltable acompañante de Sherlock? Que misterio temos que investigar hoxe, Sherlock?
SHERLOCK Non escoitas?... Son campás de duelo.
WATSON Algún crime, algún asasinato?
SHERLOCK Están a tocar a morto en Wall Street? no centro, no cogollo, no mongondo do imperio financeiro norteamericano.
WATSON Pois deberan tocar a festa porque, se lin ben os xornais, os lexisladores gringos aprobaron o salvavidas para os bancos usureIros de Wall Street.
SHERLOCK Tes razón. Os lexisladores fixéronse cómplices do maior roubo da historia moderna.
WATSON Esquecín a cifra, Sherlock... de canto era o botín?
SHERLOCK 700 mil millóns de dólares, Watson. Se se puxesen un sobre outro eses billetes, a torre chegaría á Lúa.
WATSON Ou sexa, que o goberno gringo vailles inxectar esa millonada de diñeiro aos bancos?
SHERLOCK Boa palabra, Watson. Inxectarlles. As inxeccións son para os enfermos, verdade? A economía norteamericana está enferma. Talvez unha enfermidade terminal.
WATSON E todo ese diñeiro sae de?
SHERLOCK ? do peto dos contribuíntes norteamericanos, da xente común. As cidadás e cidadáns honestos pagan a estafa dos banqueiros. E os banqueiros, felices da vida.
WATSON Pero, entón, Sherlock, por que están a tocar a morto en Wall Street? Iso é o que non entendo.
SHERLOCK Sabes por quen dobran as campás? Polo neoliberalismo. A doutrina neoliberal? morreu.
WATSON Non entendo, Sherlock.
SHERLOCK O neoliberalismo, meu querido Watson, baseábase no famoso principio da "man invisible".
WATSON De que man estás a falar, Sherlock?
SHERLOCK Estados Unidos dixo e repetiu e volveu repetir e a repetir que o mercado se regula só. Que o Estado non ten que meterse a arranxar as cousas do mercado. Os brillantes economistas neoliberais afirmaron que o mercado ten "unha man invisible" que o amaña todo.
WATSON Pero se é así? por que o Estado ten que lles resolver agora o problema aos banqueiros?
SHERLOCK Ese é o crime, o meu querido Watson. A famosa "man invisible" só lles serviu aos banqueiros neoliberais para estrangular aos debedores. E como a avaricia rompe o saco, eles tamén rebentaron.
WATSON E agora?
SHERLOCK Agora, na hora da crise, pídenlle a papi Estado que os salve, que os saque de apuros. E papi Estado dálles o diñeiro dos contribuíntes para que sigan prestando e explotando a eses mesmos contribuíntes.
WATSON Pero, onde quedan, entón, os principios neoliberais?
SHERLOCK Nas nádegas, querido Watson. Limparon as nádegas coa súa infalible doutrina neoliberal. Ese é o truco do neoliberalismo. Cando as cousas van ben, quedo con todo. E cando van mal, que papi Estado mo amañe.
WATSON As ganancias privatízanse?
SHERLOCK e as perdas se socializan.
WATSON Que fillos da ... eses banqueiros!
SHERLOCK Por iso, aquel poeta revolucionario Bertolt Brecht preguntábase: que delito é maior, roubar un banco ou fundalo?
EFECTO CAMPáS E REQUIEM
SHERLOCK Reza, Watson, reza pola doutrina económica neoliberal. Réquiem polo neoliberalismo e por todas as súas mentiras. _______
Ao redor do Día Mundial Contra a Pobreza, na Galiza realizanse moitos actos diferentes vilas e cidades [Viana do Bolo, Santiago de Compostela, Vigo, Ferrol, A Coruña, Lugo, Ouerense]. En Ferrol podes participar na "Concentración e Performance" este Venres, 17 Outubro, desde as 7 da tarde a nove da noite, no Cantón frente ao Palco da Música.
"ANQUE OS LÍDERES POLÍTICOS SE COMPROMETERON A LOITAR CONTRA A POBREZA, SÓ NESTE ANO HAI 50 MILLÓNS MÁIS DE PERSOAS CON FAME QUE PODO FACER EU PARA APOIAR A MOBILIZACIÓN CONTRA A POBREZA? "
Acudir coa miña xente á manifestación "tod@s contra a pobreza" que terá lugar este sábado, 18 de outubro, en Vigo. Ás 12.30 sairemos da Praza da Independencia deica á Praza da Constitución. Se non estás dacordo con que @s polític@s non cumpran coas súas promesas: dío en alto. Agardámoste!!!"
Tamén podese colaborar: • Difundindo carteis, dípticos, octaviñas, bandas brancas... no meu centro de traballo, no cole das miñas crianzas, na miña universidade • Apoiando o manifesto da campaña coa miña sinatura • Informándome sobre a campaña en www.pobrezacero.org • Engadindo os banners da mobilización nas miñas comunicacións e páxinas web: http://www.rebelatecontralapobreza.org/spip.php?article390 • Animando á participación de máis colectivos (asociacións de veciños/as, organizacións de mulleres, grupos ecoloxistas, pacifistas, sindicatos, igrexa, etc...)
Ferrol Solidario acompañanos a seguinte programación:
Dende a Àrea de Solidaridade,Cooperación e Voluntariado invitamosvos a participar con nosco o dìa 17 de Outubro na Praza de Armas a partir das 11h. da maña,con motivo do dìa Mundial para a Erradicación da Pobreza.Adxuntamos o programa con todas as actividades.
Saúdos
DÍA DA ERRADICACION DA POBREZA 17 DE OCTUBRE de 2008
PROGRAMACIÓN
11:00 INAUGURACION
-Exposición Fotográfica. CRISIS OLVIDADAS. Médicos Sin Fronteras. -Comercio Xusto. -Bases Concurso Fotografía. -Mesa con Material Divulgativo. - A árbore “ Outro Mundo é Posíbel”
14:00-16:30 PECHADO
-Exposición Fotográfica. CRISIS OLVIDADAS. Médicos Sin Fronteras. -Comercio Xusto. -Bases Concurso Fotografía. -Mesa con Material Divulgativo. -A árbore “ Outro Mundo é Posíbel”
19:00-20:00 PERFORMANCE ( Plataforma Pobreza Cero, Coordinadora Galega de ONGDs.)
PERFOMANCE:
O acto xirará en torno a unha mesa de tres metros ubicada na rúa, no que dun estremo se representará a unha persoa sentada a mesa dun país “desenvolvido” e do outro se representará a unha persoa senda a mesa dun país “subdesenvolvido”. A idea deste acto, non é tan só mostrar as diferenzas existentes entre o primeiro e terceiro mundo, ben coñecidas xa por todos e todas. Senón explicar as súas causas, incidindo ademais na crise alimentaria actual. Polo que a ambientación de cada un dos lados da mesa, xirará en torno a esa idea.
Parar apoia o entendemento do “teatrillo”, na parte de diante e visible da mesa colocaremos diferentes carteis, nos que se dean cifras e exemplos prácticos, para visualizar de forma tanxible á magnitude de pobreza da que estamos falando. (obxectivos do milenio...). Tamén haberá un último cartel, no que escribiremos, a frase. “Somos a primeira xeración capaz de erradicar a pobreza do mundo”
Por outro lado, haberá ubicado nun lugar visible da mesa, un ábaco ou similar que complemente a función. Que servirá para representar dun modo máis visual o que queremos facer. Cada vez que unha persoa firme ou coloque un compromiso no patchwork, as contas do ábaco tenderán cara a redución da pobreza, e mentres non se faga nada e o “teatro” que xira en torno o lado que represente o “primeiro mundo” as contas do ábaco tenderá cara o aumento da pobreza. (Pódese acompañar dun cartel que a través dunha frase explique o movemento das contas. Ex: Gáñalle a partida a pobreza... etc...)
20:00- Representación Teatral, “ANIMALIÑOS” e “ATAQUE VERBAL”, por Bartoleta Teatro. Dúas obras de teatro de temática social que reflexan distintos aspectos, todos eles relacionados coa pobreza. __________
A hora completa do programa de radio e televisión Democracy Now! -- "O Informe de Guerra e Paz" -- sae en inglés (texto, audio, e vídeo) en www.democracynow.org. A continuación o noticiero "Os titulares de hoxe" e a síntese en español da hora completa do programa. O audio e o texto atópanse en www.democracynow.org/es
De: nosup-trasancos@nosgaliza.org Para: artabra21@gmail.com Data: 14 de outubro de 2008 18:57 Assunto: NÓS-Unidade Popular apoia a decisom de IU e do BNG e reclama que se retire o convite à rainha espanhola na comemoraçom dos 150 anos de Ferrol
NÓS-Unidade Popular apoia a decisom de IU e do BNG e reclama que se retire o convite à rainha espanhola na comemoraçom dos 150 anos de Ferrol
A esquerda independentista galega organizada em Ferrol em NÓS-Unidade Popular quer fazer pública a sua denúncia polo papel vergonhoso que o máximo representante municipal de Ferrol, Vicente Irisarri, está a fazer no relacionado com a comemoraçom dos 150 anos da nossa cidade. Parece-nos um insulto ao povo ferrolano que os actos institucionais sejam modificados em funçom da agenda da rainha espanhola, a quem nom vinha bem participar nos actos na data própria da celebraçom: o dia 13.
Em lugar de dar ao evento personalidade própria e convertê-lo num acto autónomo em que o povo seja protagonista da efeméride, o PSOE, com o apoio do PP, opta por render vassalagem a umha instituiçom monárquica que carece de qualquer aval democrático e é rechaçada por boa parte do nosso povo.
Tal como noutras ocasions temos criticado a atitude submissa de todos os partidos representados no pleno municipal, nesta ocasiom fazemos público reconhecimento da negativa de IU e do BNG a participar de umha comemoraçom humilhante e injustificável em que se cede o protagonismo a umha representante da família Bourbon, alheia ao nosso país e à nossa cidade.
Esperamos que esta decisom de IU e o BNG nom seja puramente conjuntural, dada a evidência da ridícula manobra protagonizada por Irisarri e o seu partido. Em nengum caso forças que se dim republicanas e/ou nacionalistas galegas podem legitimar umha instituiçom caduca, antidemocrática e alheia à Galiza.
Da mesma forma, NÓS-Unidade Popular quer reclamar que o PSOE evite qualquer exaltaçom espanhola na celebraçom de umha data histórica para Ferrol. O dinheiro da instituiçom municipal nom deve ser gasto em propaganda monárquica do nacionalismo espanhol, e sim em serviços sociais e na defesa da identidade inequivocamente galega da nossa cidade.
[O metaneiro frente ao barrio de Caranza, saíndo dunha reparación realizada, hai anos, no asteleiro de Perlio - Foto Xan Porto]
De: Comité Cidadán de Emerxencia Para: artabra21@gmail.com Data: 15 de outubro de 2008 00:20 Asunto: xoves 16, ás 7 tarde: CONCENTRACION (Gaseiro Nº 32º)
Xoves 16 de Outubro, ás 7 tarde: CONCENTRACIÓN (Gaseiro Nº 32º)
Anunciada a entrada na Ría do gaseiro nº 32, cargado de GNL, oComité Cidadán de Emerxencia, convoca: CONCENTRACIÓN – MANIFESTACIÓN Partindo da Praza Amada García (Edificio Xunta de Galicia ó lado da Praza de España) Xoves, 16 de Outubro, ás 7 da tarde (Retomando o horario de inverno) Características do buque: "LNG EDO" Eslora: 285 m. manga: 45,6 m. calado: 11,5 m. Capacidade: 126530 m3 Antiguedade: 28 anos. ( 1.01.1980) ¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡
De: Antonio Gª -angaji@yahoo.com- adegatrasancos@adega.info Para: artabra21@gmail.com Data: 14 de outubro de 2008 17:54 Asunto: SALUDOS, INFORMACIÓN, ACTIVIDADE,ETC
Información da actividade da pasada fin de semana de limpeza fondos mariños en Fene e mesa redonda
[Para ampliar, clicar acima das fotos]
Extraen 11 toneladas de residuos da ría no porto de Perlío
Diario de Ferrol 12.10.2008 REDACCIÓN > FERROL
Once toneladas de residuos retirados do mar é o resultado da limpeza organizada pola Asociación de Armadores de Artes Menores de Galicia (Asoar-Armega) durante a mañá de onte no porto de Perlío. A iniciativa enmárcase no programa "Limpando as nosas rías".
O bo tempo favoreceu a participación nos labores de retirada de residuos, xa que 86 persoas en total -incluíndo mergulladores e tripulantes de embarcacións- pasaron a mañá recollendo desperdicios acumulados no fondo do mar. Curiosamente, a maioría do material retirado correspondíase con elementos de ferro, como escaleiras metálicas -varias de gran tamaño- e ferros, algunhas das cales non foi posible sacar do mar polo seu excesivo peso, que rompía os cabos constantemente. O tipo de residuos fai pensar que puidesen provir dos estaleiros. Pero tampouco faltaron os pneumáticos que, sen razón aparente, son un dos ?habitantes? máis habituais das profundidades mariñas.
O único problema foi que as augas atopábanse turbias, algo que dificultou a extracción dos refugallos; aínda así a organización mostrouse satisfeita co resultado.
Á marxe do organozador, Asoar-Armega, colaboran na iniciativa "Limpando as nosas rías" as Consellerías de Medio Ambiente e Pesca, a Demarcación de Costas, a Subdelegación do Goberno en Galicia, os Concellos de Fene, Ferrol e Mugardos, as confrarías de Mugardos, Fene e Barallobre, Greenpeace, Adega, a asociación ambiental Neptuno e a Cooperativa de Mergulladores do Longueirón de Fisterra.
A xornada de onte concluíu cunha charla coloquio na sociedade O Pote. _____________
De: ATENEO FERROLAN -a_ferrol@teleline.es- Para: artabra21@gmail.com Data: 14 de outubro de 2008 17:33 Asunto: [Ateneo Ferrolán] Exposición de Laura Lago Bellas "BAOBAB"
A exposición de Laura Lago Bellas "BAOBAB" pode visitarse de luns a venres de 11:00hs. a 13:30hs. e de 17:00hs. a 21:00hs. e os sábados de 10:30hs. a 13:30hs. na sala de exposicións da segunda planta do Ateneo Ferrolán.
De: Xosé Manuel Pazo Blanco -manolopazo@gmail.com- BNG bng@ferrol.es Para: artabra21@gmail.com Data: 13 de outubro de 2008 23:36 Asunto: O BNG ANUNCIA A SÚA AUSENCIA NOS ACTOS DO 150 ANIVERSARIO DA CONCESIÓN DO TÍTULO DE CIDADE
O BNG ANUNCIA A SÚA AUSENCIA NOS ACTOS DO 150 ANIVERSARIO DA CONCESIÓN DO TÍTULO DE CIDADE
Ferrol, 13 de outubro de 2008.
O Consello Local do BNG de Ferrol ven de facer pública a súa decisión de non asistir aos actos previstos polo goberno local, para o vindeiro dia 15 de outubro, de cara a comemorar o 150 aniversario da concesión do título de Cidade a Ferrol.
O BNG non comparte o criterio de primar a presencia da Casa Real na inauguración da exposición fotográfica, xa que quedou evidenciado que para a Monarquía os actos de conmemoración do 150 aniversario da cidade son un prato de segunda. Hai que lembrar que a representante da Casa Real acode a Ferrol a presidir un acto militar, o que aproveita o Goberno Local para trasladar a celebración civil para ese día. É a cidade de Ferrol quen ten que modificar a súa axenda en función da da Casa Real.
O BNG lamenta a rigorosidade do protocolo esixido no acto civil xa que restrinxe a participación da cidade de Ferrol nun acto que debería ser aberto e no que se vira representada e identificada toda a sociedade local.
O BNG considera que a coalición de goberno PSOE-IU parece ancorada no 1858, ao organizar uns fastos onde á sociedade civil se lle encomenda o rol de súbditos/as, de convidados de pedra, nuns actos conmemorativos que van xirar en torno ao acto militar de entrega das bandeiras de combate en vez de apostar por uns actos civís modernos e abertos a toda a cidadanía.
Consello Local do BNG no de Ferrol. -- Xosé Manuel Pazo Blanco _______________
De: Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol -fucobuxan@gmail.com- Para: artabra21@gmail.com Data: 12 de outubro de 2008 14:51 Asunto: Martes, 14: Conferencia “Da crise á soberanía alimentaria”
Martes, 14 de Outubro, a activista agraría e feminista Isabel Vilalba [*] en Ferrol: Conferencia “Da crise á soberanía alimentaria”
Martes, 14: Conferencia “Da crise á soberanía alimentaria”
Conferencia – Debate "Da crise á soberanía alimentaria"
Martes, 14 de outubro, ás 20 h. Galería Sargadelos – Ferrol
Intervirán: Isabel Vilalba Dirixente do Sindicato Labrego Galego e da Rede Internacional "Vía Campesina" Lupe Ces Da comisión organizadora do VII Encontro Internacional da Marcha Mundial das Mulleres
Naceu hai 34 anos en Lourenzá. Fixo estudos de Filoloxía Hispánica, especialidade Galego-Portugués e o 2ª ciclo de Ciencias da Información. É labrega nunha explotación de leite e de fabas no concello de Lourenzá. Pertence ao Sindicato Labrego Galego dende hai 10 anos, e dende hai aproximadamente 6 é a responsable da Secretaría das Mulleres desta entidade, representando ao Sindicato Labrego Galego na Marcha Mundial das Mulleres. Participou representando a estas organizacións nos seguintes foros internacionais:
De: Inacio M.O inaciogz@gmail.com Para: artabra21@gmail.com Data: 12 de outubro de 2008 23:00 Asunto: Máis 2.000 persoas expresan o seu apoio ó cabo Gago, sancionado por denunciar neglixencias na Armada
Noticia publicada na Edición Dixital do xornal Galicia Hoxe, tirada da axencia de noticias EFE
Máis 2.000 persoas expresan o seu apoio ó cabo Gago, sancionado por denunciar neglixencias na Armada
15.55h. Á marcha asistiu o ex deputado do BNG Francisco Rodríguez e a primeira tenente de alcalde de Ferrol, Yolanda Díaz EFE. FERROL
Unhas 2.500 persoas, segundo a plataforma de apoio ó cabo ferrolán Jorge Miguel Gago Chao, e algúns centenares menos, en opinión da Policía local de Ferrol, secundaron este mediodía unha manifestación para esixir a retirada do expediente sancionador ó militar.
O cabo denunciara ante un medio de comunicación local a "neglixencia" de mandos da Armada no accidente da fragata Extremadura, no que faleceron dous mariñeiros galegos en decembro de 2005, polo que foi expedientado pola Mariña e deberá pasar dous meses nun penal militar.
A mobilización partiu este mediodía desde o porto ferrolán e concluíu unha hora e media despois no Cantón de Molíns, tras pasar fronte o Concello. Os pais e a esposa do militar ferrolán, que o pasado venres se encadearon ante o Arsenal militar de Ferrol para esixir a defensa "claridade e transparencia" no esclarecemento do accidente, portaban hoxe unha pancarta, acompañados de representantes de institucións e colectivos sociais da comarca.
A marcha foi convocada pola plataforma de apoio ó cabo, que integran 24 entidades da zona, entre outras os grupos políticos do BNG e EU.
Á marcha asistiu o ex deputado do BNG Francisco Rodríguez, a primeira tenente de alcalde de Ferrol, Yolanda Díaz, o parlamentario nacionalista Fernando Branco e representantes de organizacións sindicais da comarca.
O pai do cabo, Miguel Gago, destacou durante a protesta que están "fartos de tanta mentira e provocación"; denunciou a lentitude da causa xudicial aberta en 2006 tras o accidente e concluíu dicindo que se o seu fillo vai ó cárcere "farao coa cabeza ben alta" pero esixirá sempre "que se saiba a verdade" sobre o sinistro. ___________
DN!: Abran os debates .... e ... A invasion dos pitufos mariños -- Dúas Columnas de Amy Goodman, Outubro 2008
Columna de Amy Goodman 12 de outubro de 2008 01:40
Columna Semanal de Amy Goodman, presentadora de Democracy Now! Esta mensaxe inclúe as columnas do 1 e 8 de Outubro, 2008. Por favor, difundir.
Abran os debates Publicado o 8 de Outubro de 2008 Por Amy Goodman
As crónicas xa chegaron, e o recente debate dos candidatos á presidencia de Estados Unidos, celebrado na cidade de Nashville, Tennessee, foi para durmir a calquera. Un dos problemas é que, nun debate, é importante que os participantes estean realmente en desacordo. Pero os senadores Barack Obama e John McCain coinciden substancialmente en moitos asuntos. Esta é unha das razóns máis importantes polas que os debates deberían ser abertos e polas que os candidatos dos terceiros partidos e independentes deberían ser incluídos.
Consideremos o colapso financeiro global. Ambos os senadores votaron a favor do polémico proxecto de lei de rescate financeiro que inicialmente foi rexeitado na Cámara de Representantes de Estados Unidos. No Senado foi aprobado de xeito rotundo e, engordado con favores económicos para lograr o apoio dos pouco colaboradores membros da Cámara de Representantes, finalmente tamén foi aprobado pola Cámara Baixa. As noticias que aparecen día a día suxiren que o plan de rescate non solucionou o problema. Máis ben, o contaxio económico estase expandindo a todo o mundo, e xa hai bancos europeos e asiáticos ao bordo do colapso. Islandia "non só os seus bancos, senón o país enteiro" enfróntase á ruína financeira. [Seguir lendo o interesante Artigo]
______________
Invasión dos pitufos mariños Publicado o 1 de Outubro de 2008 Por Amy Goodman
Fai un par de semanas apareceu un artigo no xornal Army Estafes, que pasou maiormente desapercibido, achega do Primeiro Equipo de Combate da Brigada da 3ª División de Infantería. "A partir do 1 de outubro e durante 12 meses", relataba a redactora do Army Estafes Gina Cavallaro, "o Primeiro Equipo de Combate da Brigada estará baixo o control diario do Army North de Estados Unidos, o servizo do Exército que integra o Comando Norte, para actuar como unha forza nacional de resposta ante urxencias e desastres, naturais ou producidos polo home, incluíndo ataques terroristas". Máis preocupante aínda, o artigo continúa: "poden ser convocados para axudar en caso de disturbios civís e para o control de multitudes".
Esta forza chamarase Forza de Xestión de Respostas a Consecuencias de orixe química, biolóxico, radiológico, nuclear ou por explosivos de alta potencia. As siglas do nome orixinal (Consequence Management Response Force), CCMRF, pronúncianse en inglés "sexa-smurf" (pitufo mariño). Estes "pitufos mariños", informa Cavallaro, pasaron 35 dos últimos 60 meses en Iraq patrullando nunha situación de tensión total, "nunha zona de combate, e agora pasarán os seus 20 meses de repouso -o tempo de descanso que necesitan pasar os soldados para -reaxustarse e recuperar forzas tras ser despregados-" armados e listos para saltar ás rúas de EE.UU..
O artigo do Army Estafes inclúe unha corrección que afirma que dita forza non vai usar armamento non letal dentro do país, como se supuxo nun momento. Chamei á Tenente Coronel da Forza Aérea, Jamie Goodpaster, unha oficial de asuntos públicos do Comando do Norte. Díxome que a misión xeral era humanitaria, para salvar vidas e axudar ás comunidades a recuperarse de acontecementos catastróficos. No entanto, as forzas militares levarían armamento, almacenado en colectores, entre o que se contarían armas letais e tamén as chamadas "armas non letais". Terían principalmente vehículos militares de patrulla, pero, continuou Goodpaster, tamén terían acceso a tanques. A oficial afirmou que o uso das armas decidiríase a un alto nivel, posiblemente ao nivel do Secretario de Defensa. [Seguir lendo o interesante Artigo]
De: lupe ces -lupeces@gmail.com- Para: artabra21@gmail.com Data: 12 de outubro de 2008 22:31 Asunto: actos soberania alimentaria
Prezadas amigas e amigos envio-vos por se é do vosso interesse, e podedes participar, informaçom sobre dous actos ao redor da Soberania Alimentaria e o VII Encontro Internacional da Marcha Mundial das Mulheres. Lembrai que estades todas e todos convidados a participar nas actividades programadas para o sábado 18 e domingo 19 em Vigo (foro e feira soberania alimentaria, milhadoiro, manifestaçom...) Para mais informaçom podedes ir a feminismo.info
MARTES 14 DE OUTUBRO às 20hs.- Nos locais da Galería Sargadelos, organizado pola Asociación Fuco Buxan "Da Crise á Soberania Alimentaria" coa participaçom de Isabel Vilalva, do Sindicato Labrego Galego.
De: nacional@nosgaliza.org Para: artabra21@gmail.com Data: 12 de outubro de 2008 17:08 Assunto: NÓS-Unidade Popular homenageou em Meirás às luitadoras galegas, no VIII Dia da Galiza Combatente
NÓS-Unidade Popular homenageou em Meirás às luitadoras galegas, no VIII Dia da Galiza Combatente
Militantes e simpatizantes de NÓS-Unidade Popular concentrárom-se neste 11 de Outubro ao pé do Farol de Meirás, no concelho de Valdovinho, para comemorar o Dia da Galiza Combatente, dedicado nesta ocasiom às mulheres que, ao longo da história da Galiza, luitárom em defesa das classes populares, dos direitos nacionais e de género no nosso país.
NÓS-UP quijo reconhecer assim, nesta ocasiom, as mui diversas expressons de luita que, em diferentes etapas, assumírom posiçons libertadoras no campo popular: mulheres operárias, mulheres comunistas, mulheres guerrilheiras, mulheres feministas... mulheres independentistas. O lugar nom foi escolhido por acaso: a paróquia onde se encontram enterrados os restos de luitadora Lola Castro, a Meirás de Valdovinho, com o imenso Oceano Atlántico como pano de fundo.
Lara Souto, da Direcçom Nacional de NÓS-Unidade Popular, conduziu o acto político ao pé do farol, perto dos alcantilados de Meirás. A seguir, tomou a palavra Zéltia Fernandes, da Mesa Nacional de BRIGA e, finalmente, a companheira Gema Branco, também da Direcçom Nacional de NÓS-UP, pronunciou um discurso em que lembrou umha série de mulheres que, nos últimos séculos, tenhem protagonizado episódios de luita popular na Galiza. Desde Maria Pita até Lola Castro, passando por Amada Garcia e outras muitas, aplaudidas polas dúzias de pessoas presentes no acto político.
Posteriormente, fôrom entoados a Internacional e o Hino Nacional da Galiza, enquanto ardia umha bandeira monárquica espanhola e dotaçons da Guarda Civil espanhola espreitavam nas redondezas do lugar.
Na segunda parte dos actos do 11 de Outubro, as pessoas presentes deslocárom-se, atravessando Meirás, até o cemitério da paróquia, onde fôrom depositadas umhas flores no túmulo de Lola Castro, Mariana, e foi cantado novamente o Hino Nacional.
Finalmente, um restaurante localizado no vizinho concelho de Narom acolheu um jantar de confraternizaçom com participaçom de quase setenta das pessoas participantes na convocatória patriótica do Dia da Galiza Combatente, nas terras de Trasancos, no noroeste da Galiza.
De: Ateneo Ferrolán -bettinakorten@freenet.de- Para: artabra21@gmail.com Data: 12 de outubro de 2008 18:37 Asunto: Xa está na rúa o número 32 da "Revista Atenea"
Xa está na rúa o número 32 da "Revista Atenea"
EDITORIAL
SERVIZOS
HEMEROTECA-BIBLIOTECA.
HISTORIAS DA NOSA BIBLIOTECA-HEMEROTECA.
FALAMOS DE...
EXPOSICIÓN “EL CORREO GALLEGO: 130 ANOS”.
AS “MENINAS” MÚDANSE A CANIDO. Fotos de Jorge Meis
XVIII CONCURSO DE GAITA GALEGA “CONSTANTINO BELLÓN 2008”.
BREVES
PROGRAMA ALALÁ.
FERVESTEIRO.
PROPOSTAS DE PROGRAMAS PARA RÁDIO FILISPIM.
AIFA: PRÓXIMO ENCONTRO EN STO. DOMINGO.
PRESENZA DO ATENEO FERROLÁN.
MASA CRÍTICA FERROLÁ.
PREMIOS AELG 2007.
MANIFESTO A PROL DA CONVIVENCIA LINGÜÍSTICA.
PROGRAMACIÓN
OUTUBRO-NOVEMBRO-DECEMBRO.
CERTAME FOTOGRÁFICO “MEDIO AMBIENTE”.
VI CERTAME DE TEATRO INFANTIL E XUVENIL “ATENEA 2008”.
ARTIGOS
O NOME DO PAÍS, por Carlos Callón.
SOBRE A HIPOTÉTICA... ¿FUNDACIÓN DO CONVENTO DE SAN FRANCISCO DE FERROL EN 1377?, por Fernando Dopico Blanco.
150 ANIVERSARIO DA DECLARACIÓN DE FERROL COMO CIDADE.
OS ATENEOS NO SÉCULO XX, por Pilar Blanco Vidal.
MULLER
MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES: VIGO 18-19 DE OUTUBRO 2008.
A FAO pide unha revisión das políticas e subvencións aos biocombustibles Un informe anual sopesa as oportunidades e riscos
7 de outubro de 2008, Roma - As políticas e subvencións dos biocombustibles deberían ser reconsideradas con urxencia para manter o obxectivo da seguridade alimentaria mundial, protexer aos campesiños pobres, promover un desenvolvemento rural de ampla base e asegurar a sustentabilidade ambiental, afirmou hoxe a FAO nunha nova edición da súa principal publicación anual O Estado Mundial da Agricultura e a Alimentación (SOFA, polas súas siglas en inglés) 2008.
"Os biocombustibles ofrecen oportunidades pero tamén expón riscos. O resultado dependerá do contexto específico do país e das políticas adoptadas", dixo Jacques Diouf, Director Xeral da FAO. "As políticas actuais -explicou- tenden a favorecer aos produtores dalgúns países desenvolvidos fronte aos da maioría dos países en desenvolvemento. O desafío reside en reducir ou xestionar os riscos compartindo ao mesmo tempo as oportunidades de forma máis ampla".
A produción de biocombustibles baseada en produtos agrícolas creceu máis do triplo entre 2000 e 2007, e agora supón case o dous por cento do consumo mundial de combustibles para o transporte. Espérase que este crecemento continúe, aínda que a contribución dos biocombustibles líquidos (principalmente etanol e biodiesel) para a enerxía do transporte, e, máis aínda, para o consumo enerxético mundial, seguirá sendo limitada.
A pesar da escasa importancia dos biocombustibles líquidos en termos da subministración enerxética mundial, a demanda de materias primas agrícolas (azucre, millo, sementes oleaginosas) para obtelos seguirá aumentando na próxima década e quizais máis adiante, incrementando a presión sobre os prezos alimentarios.
Oportunidades para os pobres
Se os países en desenvolvemento poden obter beneficios da produción de biocombustibles e estes poden chegar á poboación pobre, unha maior demanda de biocombustibles podería axudar ao desenvolvemento rural.
"As oportunidades para os países en desenvolvemento de beneficiarse da demanda de biocombustibles poderían aumentar mediante a supresión das subvencións agrícolas e aos biocombustibles e das barreiras comerciais, que crean un mercado artificial e benefician actualmente aos produtores dos países da OCDE á conta dos produtores dos países en desenvolvemento", afirmou Diouf.
Outras medidas políticas que impulsan o uso de biocombustibles líquidos, como a esixencia de que se mesturen con combustibles fósiles, así como os incentivos fiscais, deron lugar a un rápido crecemento artificial da produción de biocombustibles. Segundo o informe, estas medidas teñen elevados custos económicos, sociais e ambientais e deberían ser reconsideradas.
Seguridade alimentaria
A crecente demanda de biocombustibles e o consecuente aumento do prezo dos produtos agrícolas ofrecen grandes oportunidades para algúns países en desenvolvemento. A agricultura podería converterse no motor de crecemento para a redución do fame e a mitigación da pobreza. A produción das materias primas dos biocombustibles pode crear empregos e xerar ingresos, especialmente se os pequenos campesiños pobres reciben axuda para ampliar a súa produción e conseguir acceso aos mercados. Fomentar a participación dos pequenos agricultores na produción de cultivos, incluíndo os destinados a biocombustibles, require investimentos en infraestrutura, investigación, financiamento rural, información dos mercados e institucións e sistemas legais.
Con todo, entre os riscos existentes, predomina a preocupación pola seguridade alimentaria. Os elevados prezos dos produtos agrícolas xa están tendo un impacto negativo nos países en desenvolvemento que dependen en gran medida das importacións para satisfacer as súas necesidades alimentarias. Os consumidores pobres de zonas urbanas e os compradores netos pobres de alimentos das zonas rurais atópanse especialmente en perigo. Unha gran parte da poboación pobre mundial gasta máis da metade dos seus ingresos en comida. "As decisións sobre os biocombustibles deberían ter en conta a situación da seguridade alimentaria, pero tamén a dispoñibilidade de terra e a auga", segundo Diouf. "Todos os esforzos -engadiu- deberían encamiñarse a manter o principal obxectivo: liberar á humanidade do azoute do fame?.
Gases de efecto invernadoiro
Se analizamos a dimensión ambiental, o balance non sempre é positivo. "Unha maior produción e emprego de biocombustibles non contribuirá necesariamente a reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro tanto como previamente se había suposto", revela o informe. Aínda que algunhas materias primas dos biocombustibles como o azucre poden xerar unhas emisións de gases de efecto invernadoiro considerablemente inferiores, non sucede o mesmo con moitas outras.
O maior impacto dos biocombustibles nas emisións de gases de efecto invernadoiro vén determinado polo cambio do uso da terra. "Os cambios no uso da terra - por exemplo a deforestación para satisfacer a crecente demanda de produtos agrícolas- son unha gran ameaza para a calidade do chan, a biodiversidade, e as emisións de gases de efecto invernadoiro", apuntou Diouf.
O informe afirma que os criterios de sustentabilidade baseados nas normas internacionais acordadas poderían axudar a mellorar o impacto ambiental dos biocombustibles, pero non deberían crear novas barreiras comerciais para os países en desenvolvemento.
Segunda xeración
A próxima xeración de biocombustibles atópase actualmente en desenvolvemento pero aínda non está dispoñible a nivel comercial. Utiliza materias primas como madeira, pastos altos, refugallos agrícolas e forestais, e podería mellorar o equilibrio da enerxía fósil e os gases de efecto invernadoiro dos biocombustibles.
"Parece ser que hai unha proposta para destinar unha maior porcentaxe do investimento en biocombustibles en investigación e desenvolvemento, especialmente en tecnoloxías de segunda xeración que, se son ben deseñadas e aplicadas terían un maior potencial en termos de redución das emisións de gases de efecto invernadoiro cunha menor presión sobre a base de recursos naturais", afirmou Diouf.
Hoxe en Ferrol dúas mobilizacións secundan a convocatoria, de acción mundial, lanzada pola Confederación Sindical Internacional, "Por un Traballo Decente", en Europa engadese unha revindicación propia de rexeitamento da directiva europea das 65 horas. A falta de dereitos laborais e sindicais, a precariedade, as xornadas interminábeis, o aumento dos accidentes laborais, a falta de saúde laboral,... e un sinfín de incumprimentos de dereitos e de retrocesos importantes nas conquistas obreiras do século XX, fan desta xornada un aviso fundamental para chamar á necesaria ofensiva obreira, sobre todo neste momento no que o capital a nivel mundial pretenden que paguemos a súa crise ...
Convocada pola CIG, hoxe, 7 de Outubro, terá lugar unha concentración ás 12 do mediodía, na Praza Amada García, frente ao Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.
Convocada polo Sector Crítico de CCOO, Esquerda Unida, PCG, Sindicato de Estudiantes, "El Militante", terá lugar unha concentración, ás 8 da tarde, na Praza Amada García, frente ao Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.
De: MMM Marcha Galiza -marchagaliza@gmail.com- Para: artabra21@gmail.com Data: 7 de outubro de 2008 09:13 Asunto: comunicado "65 horas"
Comunicado da Marcha Mundial das Mulleres ante a directiva europea das 65 horas e a xornada de mobilización mundial "Por un Traballo Decente" do 7 de outubro de 2008.-
A directiva europea que vai ser posta a votación no parlamento europeo, conforme vai poder ampliarse a xornada laboral até as 65 horas semanais, está sendo contestada desde distintos sectores sociais, e as condicións laborais de precariedade, falta de dereitos sindicais, siniestralidade... que se dan nos cinco continentes, motivan a mobilización que o próximo 7 de Outubro, unha parte do movemento sindical mundial, ten convocada baixo o lema "Por un traballo decente". Esta directiva europea, non supón mais que engadir un pouco de pementa a un preparado que pretende purgar todos os avances conseguidos ao longo do século XX polos movementos socias, moitos deles da man do feminismo. Ao berro de que ven o coco!!!, utilizando a chantaxe, a intimidación e o medo, a minoría capitalista que amasou e amasa grandes beneficios coa especulación financeira, pretende agora que paguemos os seus pratos rotos e amañemos, baleirando as arcas públicas, as pingueiras e desperfeitos dos seus corruptos negocios. Nesta situación de alarma social, ao redor da crise financeira, como se de unha catástrofe natural de enormes e incontrolábeis consecuencias se tratase, lánzanse salvavidas coa etiqueta de abaratamento do despido, aumento da xornada laboral, aumento da idade de xubilación... e outras receitas que se venhem aplicando en maior ou menor medida nos últimos tempos, receitas que para as mulleres son vellas coñecidas, pois van parellas ao aumento da economía somerxida e a precariedade, onde temos unha representación maioritaria, e o recorte de servizos sociais. A ameaza do "Lado Escuro" onde se situan o patriarcado e o capitalismo, non só non desaparece senón que mostra un repunte virulento.
Non hai outra saída? É necesario que a actividade financeira ocupe unha parte tan importante da actividade económica? Podería existir unha economía onde a actividade de mercar e vender activos financeiros se puidera regular por unhas normas estritas que non permitisen a especulación?
Desde a Marcha Mundial das Mulleres pensamos que si. Que é hora de democratizar a economía. Que é hora de que a economía estea ao servizo da sociedade. Que é hora de pór límites á riqueza, porque xa é tempo de eliminar a pobreza. Porque somos conscientes que a perda de dereitos laborais, a acumulación de beneficios en poucas mans, o recorte do gasto público en saúde, educación, vivenda, preservación da terra e da auga, supón pór freo á igualdade, e camiñar de fronte para o deterioro ambiental e social. Non podemos entregar a nosa vida ao control do mercado. Para o capitalismo, son imprescindíbeis a produción e o consumo sen límites. Para as persoas son imprescindíbeis os coidados, a terra, o ar e a auga. Busquemos, esixamos e apliquemos fórmulas políticas que invistan e afortalen o sector público, redes asistenciais e servizos que axuden a conciliar a vida laboral e familiar. Construamos modelos económicos e sociais (educacionais, espirituais, afectivos, sexuais, políticos...) inspirados nos valores da democracia e da igualdade, non nos da cobiza e a opresión. A Marcha Mundial das Mulleres valora que o planeta está nunha encrucillada onde só se poden seguir dúas direccións, a do cambio económico e social que permita acabar coa pobreza e compartir o traballo (o laboral e o doméstico), que sustenta a existencia da Humanidade, ou o camiño da acumulación das riquezas por parte dunha minoría, coa perpetuación da discriminación das mulleres, onde a violencia e a pobreza coexisten co gasto sen medida, a ostentación e a depredación do planeta.
Acudamos ás mobilizacións convocadas nas cidades galegas por un Traballo Decente, contra a directiva europea das 65 horas! ____________ Coordenadora Nacional Galega Marcha Mundial das Mulheres Marcha Mundial das Mulleres Rúa Romil, 20, baixo 36202 Vigo-Galiza CIF G-15773013 Teléfonos de contacto: Coord. Nacional: 671695968/637817745 Coord. Ferrol: 658432609/652201003 Coord. Pontevedra: 669794462 Coord. Vigo: 657825556/667531529 http://www.feminismo.info _____________
De: eu-ferrolterra@esquerdaunida.org Para: artabra21@gmail.com Data: 6 de outubro de 2008 09:36 Asunto: CONCENTRACIÓN CONTRA A DIRECTIVA DAS 60 HORAS
MANIFESTACIÓN MÁÑÁ, MARTES 7 DE OUTUBRO DE 2008 AS 20.00 , DIANTE DO EDIFICIO DA XUNTA EN FERROL, CONCENTRACIÓN XORNADA MUNDIAL POLO TRABALLO DECENTE, NON AS 60 HORAS
GRAZAS, UN SAÚDO.
Estimado/a compañeiro/a:
O pasado xuño, os ministros de Traballo da Unión Europea aprobaron unha proposta de directiva sobre a xornada laboral que eleva o tope máxima de xornada semanal ata as 60 horas (65 no caso das actividades con gardas, como os hospitais). Esta directiva ten que ser debatida no Parlamento Europeo antes de fin de ano.
Nin que dicir ten que, de ser aprobada, a directiva suporía un enorme retroceso nas condicións laborais dos traballadores, un auténtico retroceso histórico dun século, posto que a xornada laboral máxima de 48 horas foi fixada pola OIT en 1919.
O vindeiro 7 de outubro está convocada, pola Confederación Sindical Internacional, unha Xornada Mundial polo Traballo Decente, que no caso dos países da Unión Europea adquirirá un contido de rexeitamento á directiva das 60 horas. CCOO e UGT teñen convocadas diversas mobilizacións. No caso concreto de Galicia, haberá unha manifestación en Vigo.
Dada a gravedade do ataque, a celebración dunha soa manifestación en toda Galicia parece insuficiente, polo cal decidimos impulsar unha mobilización unitaria en Ferrol, convocando unha reunión aberta de tódalas entidades interesadas en participar na preparación de dita mobilización. Previamente a esa reunión, entrevistámonos cos secretarios xerais comarcais dos tres sindicatos (CCOO, UGT e CIG) para darlles a coñecer a nosa proposta e deixar claro que era un complemento á manifestación de Vigo. Aínda que atopamos unha moi boa actitude en todos eles e aínda que todos admiten que unha manifestación en Vigo un martes ás 8 da tarde non é unha opción para que os traballadores de Ferrolterra se mobilicen, motivos diversos impediron unha convocatoria unitaria na nosa comarca.
Nestas circunstancias, e pensando que nunha comarca coas tradicións de loita obreira de Ferrolterra é case obrigado que haxa unha mobilización contra as 60 horas o 7 de outubro, decidimos ir para adiante coa convocatoria dunha concentración para ese día. Será ás 8 da tarde diante do edificio da Xunta da Praza de España.
Nos últimos anos, e a pesar do “milagro económico” español, a situación dos traballadores ven deteriorándose. Agora, a recesión económica fará que os ataques contra os dereitos laborais aumenten aínda máis. Temos que impedir que nos fagan pagar a crise. Por iso é moi importante que o día 7 acudas á concentración e que difundas a convocatoria no teu entorno (empresa, barrio...). Na sede e no concello haberá carteis da convocatoria á túa disposición. Non podemos permanecer parados, ¡hai que moverse!
Diante do perigo no transporte por estrada, sobre todo de Clinker, desde o Porto Exterior a Asociación Veciñal de Valón convoca hoxe, 6 de Outubro, ás 4 da Tarde unha concentración no Alto de Valón, co obxectivo de protestar polo transporte deste tipo de mercancías, carbón e outras mercancías perigosas, sucias e pouco saudábeis, sen reunir a estrada as condicións axeitadas, así como a falta de medidas de seguridade dos medios transporte. Contra a velocidade excesiva, o non respecto dos sinais de transito e pasos de peóns, ... e outras. Moitos camións circulan sen levar a caixa tapada con lonas, como esixe a normativa vixente. Demanda a veciñanza que se tomen medidas de seguridade e se controle o tránsito deste camións, polo dereito da veciñanza a transitar polos paseos e beirarrúas con seguridade e tranquilidade.
ADEGA de Trasancos apoio á convocatoria veciñal, para mais información contactar con Serxio [o noso delegado en Valón: 662428976] ______________
Convocadas asembleas e concentracións en todas as cidades, o 7 de outubro
A CIG di NON á Directiva das 65 horas
A CIG vén de convocar concentracións simultáneas en todas as comarcas de Galiza para o día 7 de outubro, para denunciar a grave perda de dereitos que suporá para a clase traballadora a ratificación, por parte do Parlamento Europeo, das modificacións introducidas na Directiva de Tempo de Traballo. Unhas modificacións que contemplan, entre outros aspectos, a xeneralización da posibilidade de ampliar a duración máxima da xornada laboral até as 65 horas semanais ou a relaxación na obriga empresarial de compensar con descansos o traballo realizado a maiores.
O pasado 11 de xuño, o Consello de Emprego, formado polos Ministros de Traballo de cada un dos Estados que integran a UE, aprobou por maioría a chamada DIRECTIVA DE TEMPO DE TRABALLO que pretende:
Poder traballar, como máximo, unha xornada semanal de até 65 horas, con carácter flexíbel, que se regularizará por exceso ou defecto cada tres meses; sen fixar o tempo de descanso entre xornadas laborais, nin límite de horas de traballo ao ano. O que se traballe de máis nunhas semanas, traballarase, supostamente, de menos nas outras.
A Directiva estabelece para determinados sectores de servizos, como pode ser a Sanidade, Vixilancia e Seguridade, Condutores de Transporte Público ou Privado... etc, que o período inactivo de traballo que non se preste unha atención continuada non se considere tempo de traballo, por exemplo, durante unha garda médica o tempo que non hai pacientes, ou nos tempos de espera entre servizos para os condutores de autobús.
Estabelécese a posibilidade de que na sinatura do contrato o traballador ou traballadora pode “voluntariamente” de xeito individual e con independencia do regulado en Convenio, aceptar a xornada de 65 horas. Eles saben perfectamente que a chantaxe dos empresarios será condicionar a sinatura do contrato a que se acepte a ampliación da xornada.
No Estado Español, a xornada máxima de 40 horas semanais está acordada desde o ano 1979, pero a involución do capitalismo máis salvaxe que domina Europa quere facernos retroceder 200 anos. Queren facernos traballar máis horas e máis barato, evitarán as horas extra e os pluses para os que traballan en fin de semana ou festivos.
Esta Directiva será debatida para a súa aprobación nos próximos meses no Parlamento Europeo, onde a dereita neoliberal ten maioría, polo que parece probábel a súa aprobación antes do mes de decembro. Unha vez aprobada, cada Estado debe adaptar esta norma á súa propia lexislación nun determinado prazo.
Como podemos ver, a Europa que se constrúe non protexe o mundo do traballo nin á clase traballadora. Esta é unha Europa neoliberal que non ten reparos en gastar miles de millóns de euros de diñeiro público de todos os Estados a través do Banco central Europeo, para pagar nesta crise, o despilfarro, a especulación financeira dos bancos e das inmensas fortunas, que agora socializan as perdas pero antes non socializaron as inmensas ganancias. Co noso diñeiro pagan as consecuencias da súa avaricia e logo nos dirán que temos que reducir as pensións, as prestacións por desemprego, a sanidade...
Mobilízate coa CIG o día 7 de outubro
CONCENTRACIÓNS
A Mariña: Ás 11:00 horas no concello de Cervo.
A Coruña: Ás 12:00 horas, diante da Subdelegación do Goberno
Ferrol: Ás 12:00 horas diante do edificio da Xunta de Galiza na Praza de España.
Lugo: Ás 12:30 horas diante da Subdelegación do Goberno.
Ourense: Ás 11:30 diante do edificio sindical
Pontevedra: Ás 12:30 horas diante da Subdelegación do Goberno.
Santiago: Ás 12:30 h na Praza de Galiza.
Vigo: Ás 12:00 horas, saída de diante do pavillón do Berbés.
De:ATENEO FERROLAN -a_ferrol@teleline.es- Para: artabra21@gmail.com Data: 4 de outubro de 2008 14:13 Asunto: VIII Xornadas "Mostra de Curtametraxes" 2008
A celebrar os días 22 e 23 de decembro no Ateneo Ferrolán.
Os días 22 e 23 de decembro, levaranse a cabo no Ateneo Ferrolán ás OITAVAS XORNADAS DE MOSTRA DE CURTAMETRAXES, comezadas no ano 2001 con grande interese do público en xeral.
Nestes días amosaremos curtametraxes e creacións de cineastas, case que sempre noveis, e con especial atención aos cineastas galegos e galegas en especial.
Facemos un chamamento a todas as persoas que queiran participar nestas xornadas, nos acheguen os seus traballos en formato DVD ou se poñan en contacto con nos antes do día 15 de novembro para poder engadilos ao programa deste ano.
Admítense curtametraxes de ficción, de animación, documentais, anuncios, vídeo clips, ...
De:Xosé Manuel Pazo Blanco -manolopazo@gmail.com- BNG FERROLTERRA -ferrol@bng-galiza.org- Para: artabra21@gmail.com Data: 3 de outubro de 2008 19:52 Asunto: O BNG acusa a PSOE- IU de antepor os intereses do estamento militar à sociedade civil
O BNG acusa a PSOE- IU de antepor os intereses do estamento militar à sociedade civil.
O grupo municipal do BNG censurou hoxe ao goberno local por financiar con recursos económicos municipais un acto estritamente militar e facelo coincidir cos actos de conmemoración do 150 aniversario da concesión do título de cidade a Ferrol.
O portavoz municipal do BNG, Xoán Xosé Pita, incidiu que con estas actitudes PSOE e IU evidencian que seguen antepoñendo os intereses do estamento militar aos intereses da sociedade civil e calificou de escusa a participación da casa real para xustificar esta actitude.
Pita, lamentou que a equipa de goberno Local formado por PSOE-IU, aposte por facer coincidir, o vindeiro dia 15 de outubro, un acto militar cos actos de aniversario da cidade, participando economicamente no financiamento do primeiro evento e restándolle protagonismo aos actos de aniversario da cidade.
O BNG xa censurou a decisión de sufragar a compra de dúas bandeiras de combate para as escolas militares da cidade cun gasto de case 18.000 € para as arcas municipais mais tampouco comparte a decisión do actual Goberno Local de financiar estas actividades e ter que pagar entre outros o catering deste evento, as invitacións ou o autobús que desprazará a corporación municipal polas dependencias militares.
Xoán Xosé Pita, portavoz nacionalista, considera un erro primar o evento militar por riba do acto civil de inauguración da exposición fotográfica sobre a historia da Cidade e invita ao Alcalde da Cidade a explicar pormenorizadamente os motivos que o levaron a tomar esta decisión e a dar conta do custo total destas actividades.
Desde o BNG se afirma que ningún dos seus membros vai participar no acto militar de entrega das bandeiras de combate por parte do Concello de Ferrol as Escolas Militares da Cidade.