Ciclo de Cine Documental: Os días 2, 8 e 15 de xaneiro 2009

20081230

De:ATENEO FERROLAN -a_ferrol@teleline.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 30 de dezembro de 2008 12:27
Asunto: Ciclo de Cine Documental: Os días 2, 8 e 15 de xaneiro 2009



Ciclo de Cine Documental: Os días 2, 8 e 15 de xaneiro 2009

Os días 2, 8 e 15 de xaneiro de 2009 ás 19,30 horas no salón de actos do Ateneo Ferrolán, disfrutaremos dun estupendo ciclo de cine documental con tres obras impactante e directas á conciencia.

DÍA 2 de Xaneiros ás 19:30hs.

"LOS ESPIGADORES Y LA ESPIGADORA"
de Agnés Varda (Francia)

Hai que recuperar todo o que nos é útil, é unha cuestión de ética.




DÍA 8 de Xaneiros ás 19:30hs.

"LA PESADILLA DE DARWIN"
de Hubert Sauper (Francia, Austria e Bélxica)

Unha testemuña dramática dos desastres da globalización.




DÍA 15 de Xaneiros ás 19:30hs.

"ZEITGEIST"
de Peter Joseph

O seu contido cuestiona os efectos do sistema monetario sobre o conxunto da sociedade, propondo unha sociedade alternativa baseada non na moeda senón no uso dos recursos para satisfacer, primeiro que nada, as necesidades básicas de todos os habitantes do planeta.




http://9000804453549207470-a-1802744773732722657-s-sites.googlegroups.com/site/ateneoferrolan/Home/banner_rehabilitacion.gif?attredirects=0
________________
--> Ler máis [+]

Postado por Saúde e Liberdade ! às 22:55 0 comentários Links para esta postagem  

Convocatória Urgente: Solidariedade com Palestina

De:Fundaçom Artábria -artabria@artabria.net-
Para:artabra21@gmail.com
Data:30 de dezembro de 2008 01:04
Asunto:CONVOCATÓRIA URGENTE: Solidariedade com Palestina



CONVOCATÓRIA URGENTE: Solidariedade com Palestina

A Fundaçom Artábria convoca em regimem de auto-convocatória às diferentes entidades, coléctivos e organizaçons políticas e sindicais da Comarca a umha reuniom de urgência hoje, 30 de Dezembro, às 21h no nosso Centro Social (Travessa de Batalhons, nº7 rés-do-chao, Esteiro) para preparar umha concentraçom no 2 de Janeiro em solidariedade com o Povo Palestiniano.

A Junta Directiva

--
A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o nº 54 no registo de fundaçons da Xunta de Galicia.

Código de Identificaçom Fiscal (CIF): G15645518.
Morada: Travessa de Batalhons nº7 Esteiro
15403 Ferrol - GALIZA
Telefone do Centro Social: +34 981369099
Fax do Centro Social: +34 981369920
Telefone do café-bar: +34 981369921


Sítio webda Fundaçom Artábria
http://www.artabria.net

Sítio web do festival da Terra e da Língua
http://www.artabria.net/festival

_________________
--> Ler máis [+]

Postado por Saúde e Liberdade ! às 17:46 0 comentários Links para esta postagem  

Outro gaseiro á deriva a 16 millas de Provincetown (Massachusetts) cando se dirixía á terminal de GNL de Everett en Boston

De: Ferrol CAPE -ferrol.cape@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 29 de dezembro de 2008 22:33
Asunto: OUTRO GASEIRO Á DERIVA EN BOSTON (Costa do nordeste de EE.UU.)




O servizo de gardacostas dos EE.UU. asistiu a un gasero á deriva a 16 millas de Provincetown (Massachusetts) cando se dirixía á terminal de GNL de Everett en Boston. Esta é a segunda vez nun ano que un gasero perde a propulsión.

Inspectores e tripulación do USCG embarcaron no gasero "Suez Matthew" para avaliar a situación da urxencia mentres que o gasero está sendo asistido por dous remolcadores. A avaría xurdiu pola perda de presión nas caldeiras de vapor. A primeira caldeira recupérase tres horas máis tarde e a segunda dúas horas despois.

O gardacostas e a empresa informaron que o incidente de onte foi menos "severo" que o sucedido o pasado febreiro cando o gasero Catalunya Spirit estivo varias horas á deriva na mesma zona. Esta urxencia foi informada por F-Cape (http://www.f-cape.org/category/noticias/page/2/ ).

O senador Antonio Galluccio, Demócrata por Cambridge, dixo "que aínda que o incidente ocorreu na costa fronte Provincetown, sería moi alarmante que ocorrese cando o gasero estivese no porto de Boston (ou de Ferrol) aproximándose á terminal de Everett. Esta eventualidade reafirma a idea de situar estas instalacións fóra da costa".

Pola súa banda, Edward Kelly, presidente da unión de bombeiros de Boston, recordou a petición da súa organización de dispor un plan de resposta máis comprensivo para un accidente potencial dun gasero no porto de Boston. " Unha análise profesional dun desastre cun gasero debe ser feito, " dixo Kelly. " Debido á realidade do mundo en que vivimos, pois estamos en guerra. "

F-Cape quere recordar tamén o incidente co gasero Ramdane Abane en xaneiro do ano 2001 fronte á costa de Muxía, provocando unha alarma pública na zona e que segundo La Voz de Galicia podería causar unha "gran explosión sen precedentes en Galicia", o que obrigou ao delegado do goberno en Galicia Sr. Fernandez de Mesa a declarar o estado de urxencia. [http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2001/01/26/394137.shtml]

Feliz ano 2009 e ¡ PLANTA DE GAS FORA DÁ RIA!

A noticia pódese consultar en: http://www.boston.com/news/local/massachusetts/articles/2008/12/29/2d_incident_involving_an_lng_tanker_off_coast_stirs_critics/

Envía www.f-cape.org Colectivo universitario opositor á planta de gas (GNL) da ría de Ferrol [Galicia]
____________
--> Ler máis [+]

Postado por Saúde e Liberdade ! às 00:49 0 comentários Links para esta postagem  

Boletín Informativo de "Democracy Now!", do Luns, 29 de Decembro de 2008

Postado por Saúde e Liberdade ! às 00:25 0 comentários Links para esta postagem  

Centos de ferid@s e máis de 200 mort@s na Palestina - Gaza -, despois dunha agresión israelí sen precedentes desde 1967

20081227

Postado por Saúde e Liberdade ! às 23:13 0 comentários Links para esta postagem  

Lei do Silencio na Armada: O Almirante Xefe asume que se castigue a quen denuncie irregularidades como o ocorrido coa explosión na fragata Estremadura

De: santiago diaz-garzón morillo -xantia@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 26 de dezembro de 2008 16:06
Asunto: Lei do Silencio na Armada



Martes, 16 de Decembro de 2008
Lei do Silencio na Armada: O Almirante Xefe asume que se castigue a quen denuncie irregularidades como o ocorrido coa explosión na fragata "Estremadura"

Sorprende:

Fontes militares consultadas polo Confidencia Dixital interpretan o informe asumido polo AJEMA como un chamamento a continuar cumprindo a -Lei do Silencio-. É dicir que, cando un militar teña coñecemento dalgunha irregularidade -aínda que sexa un delito-, non debe denuncialo publicamente, e que xa se atopará un arranxo internamente para non danar a imaxe da Armada.

Enlace co artigo:

Lei do Silencio na Armada. O Almirante Xefe asume que se castigue a quen denuncie irregularidades como o ocorrido coa explosión na fragata "Estremadura"

_________

A publicación da foto do AJEMA [ Manuel Rebollo García] é responsabilidade do CA21
__________________
--> Ler máis [+]

Postado por Saúde e Liberdade ! às 22:15 0 comentários Links para esta postagem  

A Asociación Veciñal de Esteiro " Fontelonga ", sobre a cantidade pactada para orzamentos participativos entre os grupos municipais de PSOE e BNG

De: ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA -avvfontelonga@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 26 de dezembro de 2008 17:51
Asunto: Na defensa da participación cidadá




Na defensa da participación cidadá

Na última xuntanza do pasado luns a Asociación veciñal de Esteiro " Fontelonga", acordamos facer pública unha nota de prensa que exprese a nosa disconformidade co acordo de Orzamentos Municipais do 2009 subscrito entre os grupos municipais BNG e o PSOE no referente a Presupostos Participativos. Como se recolle nos xornais acordaron unha cantidade de 100.000 euros para o concepto de Participación Cidadá no referente a Orzamentos Participativos, cantidade absolutamente ridícula e que amosa pouco interese, aínda que se manifeste o contrario, pola Participación Cidadá .

O Foro Cívico celebrado no Campus de Esteiro no que participaron 70 entidades asociativas de Ferrol, acordamos unha experiencia piloto para o ano 2009 en canto a orzamentos participativos.

Na xuntanza mantida co alcalde de Ferrol e o concelleiro de Participación Cidadá o Grupo de Análise e Proposta(GAP) lle trasladamos a necesidade de consignar a orzamentos participativos cando menos un millón de euros ( no concello de Fene teñen 240.000 euros e mesmo en San Sadurniño superan a cantidade que propoñen os grupos municipais do PSOE e BNG para Ferrol).

Non sabemos se tamén se pactou en que barrio ou parroquia se vai poñer en marcha a experiencia piloto dos 100.000 euros ou vai ser esta unha decisión colectiva de participación cidadá.

Recordar que a posteriori da xuntanza mantida co Alcalde, Sr Irisarri, a Ferrol lle tocou a lotería de 13 millóns de euros máis aportados polo Goberno do Estado e malia todo se acordan 100.000 euros que e o que custa calquera reparación de fochas ou calquera pequena obra que se fai nun barrio ou parroquia

Facemos un chamamento a tódalas entidades asociativas de Ferrol, especialmente ás que participaron no Foro Cívico e no Grupo de Análise e Proposta para acordar, se así o estiman, un documento conxunto que rexeite esa cantidade acordada de 100.000 euros, por insuficiente, ridícula e que expresa pouca vontade de desenvolvemento da Participación Cidadá.

Como diciamos no Pleno onde interviñemos, malia que se diga o contrario, a Participación Cidadá está en serio perigo, non hai máis que ver que imos rematar o ano 2008 e o novo Regulamento de Participación Cidadá, dous meses despois de rematado, segue pendente do informe xurídico do Secretario do Concello para poder ir á Comisión correspondente e ser aprobado, se así o estima, polo Pleno do Concello de Ferrol para poder logo abrir o prazo de alegacións pertinentes antes da súa posta en vigor.

Tamén queremos recordar que en dito Pleno manifestamos que non iamos quedarnos quedos si se pretendía parar o proceso de Participación Cidadá, agardamos que os grupos municipais do PSOE e BNG, reconsideren a súa decisión.

Ferrol a 24 de decembro de 2008.

Xunta Directiva da Asociación Veciñal de Esteiro “Fontelonga”.

Asdo./Xosé Miguel López Pérez, presidente

ESTEIRO-FERROL
ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-

Web veciñal
Blog veciñal

_____________________

Enlaces relacionados:

O BNG apoiará ao PSOE de Ferrol para aprobar os orzamentos Diario dixital de información sobre Galiza e resto do Mundo. Tamén Seccións de Opinión, o tempo, deportes, etc.

El BNG apoya al PSOE de Ferrol para aprobar los presupuestos ...Romper la coalición con Izquierda Unida está poniendo en más de un aprieto al alcalde de Ferrol, Vicente Irisarri. El regidor criticó ayer la "extraña ...

Galicia | Pacto económico de PSOE y BNG contra el "torpedeo" de la ... 21 Dic 2008 ... ferrol convulso. Pacto económico de PSOE y BNG contra el "torpedeo" de la oposición. Irisarri logra el apoyo nacionalista a unos ...

Borrador de regulamento de participación veciñal
__________________
--> Ler máis [+]

Já chega umha nova festa de viragem de ano 2008 en Artábria...

20081226

De: Bruno Lopes Teixeiro -brunotrasancos@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 24 de dezembro de 2008 19:58
Asunto: Já chega umha nova festa de viragem de ano a Artábria...



Já chega umha nova festa de viragem de ano a Artábria...
Nom perdas o video

Nom perdas a viragem de ano 2008 na Artábria...
________________
--> Ler máis [+]

Postado por Saúde e Liberdade ! às 16:50 0 comentários Links para esta postagem  

A poxa dun home para axudar ao medio ambiente

Por Amy Goodman
[Pode-se escoitar o artigo en español aqui]

Tim DeChristopher é un estudante de economía da Universidade de Utah en Salt Lake City, que acababa de terminar o seu último exame antes do receso de inverno. Unha das preguntas do exame era: Se as empresas de petróleo e gas son as únicas interesadas en comprar terras públicas, os prezos que pagan para a explotación de gas e petróleo reflicten os verdadeiros custos?

DeChristopher estaba inspirado. Terminou o seu exame, púxose a parca vermella e saíu cara á polémica poxa de terras da Oficina de Administración de Terras (BLM, polas súas siglas en inglés), que a organización Southern Utah Wilderness Alliance denominou "o último gran agasallo do goberno de Bush á industria de gas e petróleo". En lugar de participar na protesta que se realizaba fóra, rexistrouse como ofertante e comprou 9.000 hectáreas de terra pública. É dicir que puxou con éxito polas terras públicas, situadas preto dos Parques Nacionais Arches e Canyonlands e do Monumento Nacional Dinosauro, e outras áreas prístinas. O prezo: máis de 1,7 millóns de dólares.

Díxome: "Cando comecei a comprar cada parcela, entenderon con claridade o que estaba sucedendo… suspenderon a poxa, e fun expulsado por axentes federais. Creo que había bastante caos e realmente non sabían como proceder nese momento".

[O interesante artigo completo no Blog "Difundindo Democracy Now! desde Galiza"]
_______________
--> Ler máis [+]

Postado por Saúde e Liberdade ! às 00:03 0 comentários Links para esta postagem  

O Apalpador apareceuse en Rádio FilispiM!!!!!

20081225

De: Pequeno monstro -radiomonstro@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 25 de dezembro de 2008 14:07

Asunto: O Apalpador apareceuse en Rádio FilispiM!!!!!


O Apalpador apareceuse en Rádio FilispiM!!!!!

[Para amliar clicar na imaxe]

http://pequenosmonstros.blogspot.com/2008/12/o-apalpador-apareceu-en-rdio-filispim.html

Prégase difusión de tan magno acontecemento!!!
--
O pequeno monstro.
www.pequenosmonstros.blogspot.com
______
--> Ler máis [+]

Postado por Saúde e Liberdade ! às 22:49 0 comentários Links para esta postagem  

O 30 de Dezembro o Apalpador sairá polas ruas do bairro de Esteiro

De: Fundaçom Artábria -artabria@artabria.net-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 25 de dezembro de 2008 21:22
Assunto: O 30 de Dezembro o Apalpador sairá polas ruas do bairro de Esteiro


O 30 de Dezembro o Apalpador sairá polas ruas do bairro de Esteiro

O próximo dia 30 de Dezembro a partir das 19h00, o Apalpador sairá polas ruas do bairro de Esteiro a apalpar as barrigas d@s nen@s repartindo presentes e a música das gaitas como acompanhamento. Durante esta semana já foi visto em diferentes Comarcas da Galiza. Disponibilizamos um video do jornal galego "A nosa Terra" onde é entrevistado este mítico personagem galego ao seu passo por Compostela. Desde Artábria queremos parabenizar à Gentalha do Pichel polo sucesso que está a ter a iniciativa de socializar esta figura do natal galego.

Continua:

Quem é o Apalpador?

É sabido que a igreja católica aproveitou toda umha série de festividades que marcavam o ritmo das sociedades existentes antes da cristianizaçom, tingindo com um novo verniz celebraçons e festas com milénios de história.

Assim sobre as celebraçons pagás do solstício do Verao colocou o Sam Joám, ligou o entuido em que celebramos a extinçom do Inverno com a quaresma e santificou as festividades dedicadas à morte que desde muito atrás coincidem na nossa cultura com os primeiros compassos do Outono. Mas guardou a celebraçom mais importante, a do nascimento do filho de deus, para a situar nas mesmas datas em que a maior parte das culturas europeias anteriores à era cristá celebravam o solstício do Inverno, como momento de renascimento do ano.

Dessa sobreposiçom do cristianismo sobre os restos culturais pré-existentes temos um bom conhecimento na Galiza, porque nom se trata só da adaptaçom ao calendário, mas da mesma ocupaçom dos espazos empregados de antano para cultos pré-cristaos sobre os quais, sem nengum complexo, se levantárom ermidas e cruzeiros para os adaptar ao cristianismo.

Porém, e apesar do esforço que o cristianismo fijo para apagar qualquer pegada dos cultos e crenças populares, som muitos os vestígios que ficárom como testemunho. Nalguns casos com mais sucesso que noutros, mas em todos eles como prova das fundas raizes que o nosso povo mantém como a cultura indígena que é.

Pode que o caso das tradiçons ligadas ao solstício de inverno sejam algumhas das mais perjudicadas por séculos de tergiversaçom, marginalizaçom e ocultamento. E neste caso o proceso de aculturizaçom tem-se agravado pola superposiçom a umha primeira deturpaçom de orige católica, com séculos de andadura, da poderosa maquinária ideológica do imperialismo que pretende homegeneizar a cultura popular a um nível global.

Mas por baixo do Pai Natal, o negócio da Coca-Cola e do Corte Inglés; mesmo por baixo dos Reis Magos e o nascimento de Cristo, na Galiza mantivérom-se pegadas de antigas tradiçons que é preciso recuperar.

Assim nalgumhas comarcas da alta montanha do leste da Galiza, no Courel, Lóuçara e o Cebreiro; mantinha-se até datas muito recentes a tradiçom do Apalpador, um gigante com ofício de carvoeiro, que, no Natal, baixava das devesas onde morava para as aldeias, com a intençom de apalpar nas barrigas d@s nen@s e assim comprovar se estavam bem mantid@s. O Apalpador vigilava que @s nen@s viviram com fartura, desejava-lhe que no vindouro ano continuaram a nom passar fame, e deixava-lhes umha presa de castanhas quentes como presente e lembrança da sua visita.

Possivelmente esta antiga tradiçom do Apalpador seja um dos mais antigos vestígios da nossa cultura. E como parte dum património ameaçado devemos pular por mante-lo e actualiza-lo.

Por que imos ter que asumir os dictados impostos por quem quere aculturizar-nos? Por que temos que ceder aos mandatos do consumismo capitalista e da tradiçom católica?

Aproveitemos também as celebraçons do natal para manifestar a nossa vontade de rebeldia e a nossa afirmaçom como povo, e escomezemos por recuperar a figura do Apalpador.

Que nom seja mais o barbudo publicista da Coca-Cola, nem os submisos monarcas orientais os que traiam os presentes aos fogares do nosso país!!

Deixemos que seja um galego, um honesto e trabalhador carvoeiro, quem venha agora com os presentes para as nossas moradas, e que as castanhas de antano sejam acompanhadas por outros bens que a sua generosidade de seguro lhe permite doar.

Este natal abramos-lhe as portas ao Apalpador!!
_______
A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o nº 54 no registo de fundaçons da Xunta de Galicia.

Código de Identificaçom Fiscal (CIF): G15645518.
Morada: Travessa de Batalhons nº7 Esteiro
15403 Ferrol - GALIZA
Telefone do Centro Social: +34 981369099
Fax do Centro Social: +34 981369920
Telefone do café-bar: +34 981369921


Sítio webda Fundaçom Artábria
http://www.artabria.net

Sítio web do festival da Terra e da Língua
http://www.artabria.net/festival
--> Ler máis [+]

Postado por Saúde e Liberdade ! às 21:46 0 comentários Links para esta postagem  

Este Luns, 22 de Decembro de 2008, tivo lugar a XX Asemblea Cidadá, nos locais da Asociación Veciñal "Ferrol Vello"

20081224


De: comitecidadan@gmail.com
Para: artabra21@gmail.com
Data: 23 de dezembro de 2008 23:03
Asunto: Resumo do tratado na XX Asamblea Cidadá



Resumo do tratado na XX Asamblea Cidadá

Onte 22 de Decembro, convocada polo Comité Cidadán de Emerxencia, celebrouse, no local da A. VV. de Ferrol Vello, a XX Asemblea Cidadá, que, cumprindo a orde do día prevista, tratou en sintese o seguinte:

1.- Balance e informe de situación.- Analizáronse as principias accións reivindicativas levadas a cabo desde a XIX Asamblea, do pasado maio:
  • Roteiro polas sedes dos socios de Reganosa.
  • O peche nos Concellos de Ferrol e Mugardos, integrados na rede Galicia Non se Vende.
  • A significativa manifestación do 8 de Xuño.
  • A II Marcha a Pé a Mugardos.
  • A Exposición Mural "A Ría na Rúa", o roteiro reivindicativo e o magosto en Caranza.
  • A participación no Foro Social Galego.
  • As concentracións e manifestacións de denuncia a cada entrada dun gaseiro na nosa ría.
  • A publicación do Boletín nº 14 e doutros folletos explicativos.
E asemade as accións xuridicas emprendidas e repaso das que están pendentes de resolución polos Tribunais:
  • Denuncias ante a Fiscalía do TSXG e Fiscalía Especial contra a Corrupción, de novos datos da duplicidade orzamentaria de Reganosa.
  • Os 12 Contenciosos presentados.
  • As duas sentenzas do TSXG contra Reganosa, recorridas pola Xunta e Reganosa ante o Supremo.
  • A reapertura do expediente de denuncia presentado ante a Comisión Europea.
  • O Recurso de Amparo Constitucional contra a Autorización Administrativa Previa.

Abordouse de xeito especial a sentenza do Tribunal Supremo, de 14 de novembro pasado, desestimando a demanda presentada polo Concello de Ferrol, con resolución favorable do TSXG (23.06.2004) e recorrida pola Xunta e Reganosa. No ano 2006 o Pleno do Concello de Ferrol decide retirarse do Contencioso, agora o Tribunal Supremo falla, plantexando que o Tribunal Superior de Xusticia de Galicia non debeu de admitir a tramite a demanda do Concello de Ferrol "Por ser un acto de tramite inimpugnable" non entrando para nada no fondo do asunto, da tramitación ambiental de Reganosa, en contra do que pretendía facer creer La Voz de Galicia na nota publicada o pasado 5 de Decembro. Hai 12 contenciosos admitidos a tramite e dous pendentes do Supremo . Este Tribunal, terá que entrar no fondo do asunto , e aclarar si a planta de Reganosa esta obrigada a facer a Declaracion de Impacto Ambiental tal como fixeron as demais instalacions deste tipo, como fallou por 3 veces o TSXG e manten o CCE ou simplemente vale o sucedáneo da Declaracion de Efectos Ambientais.

2.- Propostas de traballo.- Desde a constatación de que a Planta de Gas de Reganosa, e o tráfico contínuo de gaseiros na nosa ría, son unha ameaza real e permanente aa nosas vidas, ao noso ecosistema e a unha parte importante da economía desta comarca, a Asemblea Cidadá amosou unha vez máis a determinación e o compromiso con esta loita que só rematará unha vez acadado o obxetivo de Planta de Gas fóra da Ría.

O traballo nos vindeiros meses deberá centrarse na comunicación coa cidadanía, a mobilización social e a utilización das vías mediáticas, xurídicas e administrativas.

Analizáronse varias propostas concretas neste senso, que o CCE se encargará de preparar, para unha próxima Asemblea Cidadá a convocar no vindeiro mes de Xaneiro.

PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org
________________
--> Ler máis [+]

Postado por Saúde e Liberdade ! às 00:08 0 comentários Links para esta postagem  

Hoxe, luns 22 de Decembro, ás 8 da Tarde, concentración na Praza do Concello, contra a violencia machista

20081222

Ante un novo asasinato dunha muller, a mans do "seu home", no concello de Portas, onde nos atopamos de novo cun caso de violencia machista con resultado de asesinato, a Coordenadora Local de Ferrol Terra, da Marcha Mundial das Mulleres, ten convocado un acto na Praza do Concello de Ferrol, ás 8 da tarde, para rexeitar o asesinato e todo tipo de violencia machista.
--> Ler máis [+]

Os almirantes vanse á oficina


De: Jose Manuel Aracemi -josemanuelaracemi@hotmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 21 de dezembro de 2008 21:06
Asunto: Os almirantes vanse á oficina



Os almirantes vanse á oficina

Leo en prensa que tras pilotar a Armada pásasche, igual que o teu antecesor (teclear en Google "Almirantes de acio" ou [-http://www.novasgz.com/pdf/ngz64.pdf-], ao mundo empresarial: "Navantia ficha ao ex-AJEMA Sebastián Zaragoza Soto como director responsable da Asesoría para a Exportación Naval". Atrás queda o incómodo asunto da Fragata "Estremadura" onde morreron dous mariños e tamén moitas preguntas sen responder. Francisco Javier e Erik non eran dous simples peóns da túa organigrama. Tiñan familia, ilusións e toda unha vida por diante. Por que se truncou todo iso aquel fatídico 19 de decembro de 2005 ? Por que rebentou aquela caldeira? Por que non se realizaban á fragata os mantementos establecidos? Porqué se destruíron todas as probas do accidente? Por que azuzaste o teu jauría de xurídicos contra todo aquel que intentou dar luz ao caso?

Sempre aborrecín ás persoas -locomotora que van pola vida arroiando a todo aquel que cruza ou se interpón no seu camiño cara ao posto cobizado. Persoas cuxa Folla de Servizos pesa máis que a súa conciencia. Persoas cuxa ambición non lles permíte pensar en algo tan sacro como a seguridade dos seus homes.

José Aracemi

Ferrol
________________
Nota: A foto é responsabilidade do CA21
_______________
--> Ler máis [+]

Postado por Saúde e Liberdade ! às 13:58 0 comentários Links para esta postagem  

Demandan a convocatoría da xunta de voceiros para acordar os proxectos de obras a realizar co FIL

De: eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
Para: artabra21@gmail.com
Data: 22 de dezembro de 2008 13:05
Asunto: ESQUERDA UNIDA DEMANDA A CONVOCATORIA DA XUNTA DE VOCEIROS PARA ACORDAR OS PROXECTOS DE OBRAS A REALIZAR CO FONDO DE INVESTIMENTOS LOCAL



Ferrol, luns 22 de decembro de 2008

ESQUERDA UNIDA DEMANDA A CONVOCATORIA DA XUNTA DE VOCEIROS PARA ACORDAR OS PROXECTOS DE OBRAS A REALIZAR CO FONDO DE INVESTIMENTO LOCAL

YOLANDA DÍAZ, VOCEIRA DE EU, PLANTEXA A NECESIDADE DE PRORROGAR O FONDO E DE INCORPORAR COMO ELEMENTO CORRECTOR A TAXA DE DESEMPREGO, EU ENTENDE NECESARIA A CREACIÓN DUN FONDO ESTATAL PARA AS POLÍTICAS SOCIAIS

O Grupo Municipal de Esquerda Unida quere subliñar a urxencia de acordar nunha ulterior Xunta de Voceiros o conxunto dos proxectos de obras a desenvolver dentro dos trece millóns de euros asignados no Fondo Estatal de Investimentos para a nosa cidade. As datas corren en contra nosa e semella que o alcalde deixa pasar os día sen acordar o conxunto das actuacións e sen imprimir ao proceso a urxencia que posúe. A nosa organización, que xa presentou un conxunto de propostas para a cidade, demanda da alcaldía celeridade para acordar cos grupos municipais o destino dos fondos.

Esquerda Unida entende que cómpre dotar de estabilidade e mellorar ao Fondo Estatal e para elo demandará na Xunta de Voceiros, en canto sexa convocada, que o alcalde inste ao Goberno do Estado a prorrogar o Fondo a 3 anos, pois semella pouco realista a previsión de que a crise se supere no ano 2009. A ampliación a tres anos do Fondo Estatal de Investimentos suporá unha meirande achega de recursos cos que acometer proxectos de maior envergadura, dos que na nosa cidade hai pendentes de acometer dabondo. Xunto coa prórroga do Fondo, Esquerda Unida plantexa que se incorpore como elemento corrector na asignación de Fondos, a variable da taxa de desemprego, o cal ten unha relevancia certa nunha cidade castigada especialmente polo paro como é Ferrol.

En sintonía co antedito, Esquerda Unida considera necesario a creación dun segundo fondo adicado, neste caso, aos servizos sociais. Coa durísima situación xeral que está a xestarse pola crise económica, as políticas públicas de carácter social son unha esixencia para un goberno que se queira cunha mínima sensibilidade social. O aumento do desemprego, o retraso e falla de dotación orzamentaria que padece a lei da dependencia, as insuficiencias no financiamento do ensino público universitario e non universitario ou no eido sa saúde, en resumo a fenda no gasto social que temos cos países maís avanzados da UE, medida en sete puntos porcentuais do PIB, entreganlle razóns e urxencia para a creación dun Fondo Estatal de contido social. _______________
--> Ler máis [+]

Postado por Saúde e Liberdade ! às 13:17 0 comentários Links para esta postagem  

Programaçom das Festas de Inverno, já pronta

20081220

De: Fundaçom Artábria -artabria@artabria.net-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 20 de dezembro de 2008 11:00
Assunto: Programaçom das Festas de Inverno, já pronta



Programaçom das Festas de Inverno, já pronta

Por fim podemos oferecer-vos a programaçom completa das Festas de Inverno, a poucos dias já da chegada do Apalpador. Mais um ano, a Artábria apresenta um programa variado com actividades para miúd@s e graúd@s, com o idioma e a cultura do País como fio condutor.

Queres conhecê-la?

Dia 22

- Nom é a primeira vez, mas sempre é umha sorte contarmos com a presença de um d@s mais acreditados autores da literatura infantil e juvenil galega, o escritor ferrolano Antom Cortiças, grande conhecedor também das tradiçons populares galegas. Desta vez, o Antom visita-nos para ensinar cousas sobre os jogos e brinquedos tradicionais, aproveitando a sua autoria da "Enciclopedia de xogos tradicionais", através de um obradoiro de origami no nosso centro social. Crianças e crescid@s serám bem-vind@s a partir das 19 horas para aprendermos a fazer figuras de papel.

No mesmo dia, à noite, iniciamos o ciclo de sessons musicais agendadas para estas datas, sob o título genérico de "Vozes". Começamos com 'Vozes Reagge', com clássicos desse estilo como Peter Tosh, Inner Circle, Jimmy Cliff e o lendário Bob Marley.

Dia 23

- "Vozes do Curdistam" é o nome da sessom em que o local se encherá de umha música de grande intensidade rítmica, mui vital, com cançons que falam dos prazeres mais básicos da vida e também das gestas guerreiras, algo comum a todos os povos que habitam nas montanhas do Cáucaso e do Irám.

Dia 24

- A partir das 17h30, temos um obradoiro de presentes artesanais, dirigido polos companheiro Ernesto Lopes, o Nês, integrante de toda a vida da nossa entidade. A partir de diferentes materiais tais como osso de fruita, cascas de noces, et cetera, construiremos brinquedos que o Apalpador repartirá entre as crianças.

Mais tarde, Suso Vaamonde, Xerardo Moscoso, Benedicto, Bibiano, Fujam os ventos, Saraibas, Miro Casavelha... ateigarám Artábria com os seus versos de crítica frente às injustiças e de dignificaçom da nossa cultura e lingua. Será o dia das "Vozes pop e da cançom de intervençom galega".

Dia 25

- A partir das 19h30, sessom de cinema para crianças. Começamos com o filme "Madagáscar", primeira parte da saga dos animais fugidos de um zoo em Nova Iorque a caminho de África.

Dia 26

- Às 20h00, com o titulo "A necessária oficialidade das nossas selecçons", membros de Siareir@s Galeg@s vam explicar-nos os argumentos das reivindicaçons de reconhecimento para o direito a contarmos com selecçons oficiais galegas.

Dia 27

- Emissom do jogo de futebol que a selecçom masculina de Galiza jogará no estádio de Riazor da Corunha contra Angola. Duelo galegófono de alto nível.

Dia 28

- Combinamos no nosso local para compartilhar um jantar gastronómico centrado num produto próprio destas datas: as castanhas.

Mais tarde, por volta das 20h30, visionaremos o segundo jogo da selecçom feminina de futebol. Desta vez, após a estreia do ano passado em Balaídos frente à Catalunha, o jogo será contra Angola em Pasarom (Ponte vedra).

Dia 29

- Repetiremos encontro com o Antom Cortiças e os origamis (figuras de papel). Depois da experiência da anterior ocasiom, será o momento de elaborar figuras de papel um bocadinho mais complexas.

Com "Vozes do Rhythm and blues", continua o ciclo musical com as cálidas vozes do Rhythm and blues, um estilo fortemente influenciado polo jazz, assim como polo gospel.
Dia 30

- A partir das 17h00, continuaremos a elaborar presentes artesanais, continuando a tarefa iniciada no dia 24.

A partir das 19h00, o Apalpador sairá polas ruas do bairro de Esteiro a apalpar as barrigas d@s nen@s repartindo presentes e a música das gaitas como acompanhamento.

Dia 31

- É a vez das "Vozes de mulher", como Guadi Galego, Ugia Pedreira, Mercedes Peom ou Uxia.
Também teremos o sorteio da cesta de natal, com umha mam inocente a retirar, dentre mais de 150 numeros, o ganhador ou ganhadora do cabaz natalino, cheio de productos adquiridos na cooperativa de consumo responsável "A Xoaniña".

Pola 1 da manhá, e com entrada gratuita, teremos a festa de viragem de ano. Se no passado ano tivemos umha festa de estética "hortera", nesta ocasiom mudamos de extremo e a festa estará centrada nos anos 30: ganguesters, tiroteios, clubes clandestinos, fatos e chapéus serám os elementos nesta original festa viragem de ano.

Dia 2

- As "Vozes punk" levam-nos de volta até o ano 1977, época na qual em cidades como Londres ou Nova Iorque nasceu o punk como umha atitude de repulsa pola rigidez dos convencialismos imperantes na sociedade.

Dia 3

- Organizamos umha jornada de limpeza no nosso local, com o fim de arrumar as salas de reunions, biblioteca, o café-bar, paredes... e assim termos o centro um bocadinho mais recolhidinho. A jornada de limpeza começará por volta das 11h00; posteriormente faremos umha pausa para o jantar com os produtos que cada um de nós traremos. Após esta pausa, continuaremos com a limpeza até o horário de abertura do café-bar.

Já à noite, teremos a III Festa Singstar, em que teremos a oportunidade de demonstrar os nossos dotes de interpretaçom com cançons de todos os estilos (rock, pop, heavy, cantor de intervençom, soul, ská, punk...) e contando pola primeira vez com umha pequena selecçom de temas em galego-português.

Dia 4

- Às 19h40 horas, volta o cinema infantil com a projecçom do filme "Shin Chan, a invasom", recuperando assim o famoso personagem que tanto sucesso tem feito na Galiza de há uns aninhos.

Esperamos contar convosco, com os vossos filhos e filhas, amigos e amigas, família e até algum animal de estimaçom. Todos e todas temos o nosso lugar na celebraçom das Festas de Inverno e a chegada de um novo ano de luitas e construçom nacional.

Mais um ano, pola Galiza, em pé de festa!

A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o nº 54 no registo de fundaçons da Xunta de Galicia.

Código de Identificaçom Fiscal (CIF): G15645518.
Morada: Travessa de Batalhons nº7 Esteiro
15403 Ferrol - GALIZA
Telefone do Centro Social: +34 981369099
Fax do Centro Social: +34 981369920
Telefone do café-bar: +34 981369921


Sítio webda Fundaçom Artábria
http://www.artabria.net/

Sítio web do festival da Terra e da Língua
http://www.artabria.net/festival

_________
--> Ler máis [+]

Postado por Saúde e Liberdade ! às 13:03 0 comentários Links para esta postagem  

O 17 de Decembro terá lugar a Asemblea Comarcal de Esquerda Unida

20081217

De: eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
Para: artabra21@gmail.com

Data: 16 de dezembro de 2008 13:10

Asunto: asemblea comarcal




Benquerid@s compañeir@s:

Achégase nota de prensa sobre a asemblea comarcal que mañá renovará a dirección comarcal da nosa organización. Grazas pola vosa atención.

Un saúdo,

Ramiro Marier

Ferrol, martes 16 de decembro de 2008

ESQUERDA UNIDA CELEBRARÁ MAÑÁ ASEMBLEA PARA RENOVAR A DIRECCIÓN COMARCAL

ESQUERDA UNIDA IMPULSARÁ UNHA NOVA CONVERXENCIA SOCIAL E POLÍTICA PARA DARLLE UNHA SAÍDA SOCIAL E DEMOCRÁTICA Á CRISE ECONÓMICA

Enmarcado no proceso de refundación de Esquerda Unida, este mércores, 17 de decembro, ás 20:30 horas, na sede local de Esquerda Unida en Ferrol terá lugar a asemblea comarcal de Esquerda Unida na que se procederá a renovar o órgano de direción comarcal.

A renovación da direción comarcal enmárcase na nova etapa política inaugurada coa eleción do Coordenador Xeral, Cayo Lara, que vén marcada pola vontade achegar unha proposta de traballo unitaria e respectuosa da pluralidade, un valor central para a esquerda anticapitalista, republicana e federal, teses definitorias da IU que sae da Asemblea Federal. Unha IU que le o valor do traballo en equipo e das direcións colectivas, colexiadas e integradoras para acadar a condición de ferramenta de transformación social.

Chega un tempo novo político e social no que a voz de Esquerda Unida vai soar firme e nidia en defensa dos traballadores e traballadoras golpeados pola crise económica. Galicia necesita que se escoiten as razóns e argumentos da esquerda, fóra do consenso estéril e continuísta dos partidos que habitan o Parlamento de Galiza. Na rúa, nas fábricas, nas universidades, a esquerda en Galicia di que chegou o tempo de repensar os dogmas neoliberais, afundidos nesta crise, e avanzar na recuperación do público e social como fundamentos do benestar e a cohesión sociais.

A realización dun milleiro de actos públicos para enfrontar a crise semella un primeiro chanzo para facer chegar á clase traballadora e a cidadanía a análise e proposta programática de esquerdas que Esquerda Unida considera necesaria para darlle unha saída social e democrática á crise económica.

A Asemblea Federal de IU acordou comezar un proceso de refundación que se extenderá ao longo de 18 meses ao obxecto de promover unha nova converxencia política e social ao redor dos valores e programas da esquerda transformadora e anticapitalista. Ábrese un tempo novo para achegarmos os milleiros de traballadores e traballadoras, xóvenes e mulleres que comparten con nós unha visión crítica da globalización capitalista e os que queremos sumar a un traballo colectivo de transformación radical da sociedade.
_____________
--> Ler máis [+]

Postado por Saúde e Liberdade ! às 01:19 0 comentários Links para esta postagem  

Autoconvocatoria para o 20 de Decembro de 2008: Por unha alianza anticapitalista

De: Autoconvocando -alianzas@forosocialgalego.org-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 15 de dezembro de 2008 12:57
Asunto: Por unha alianza anticapitalista



Por unha alianza anticapitalista

Lembramos esta autoconvocatoria reiterando que o único xeito de saber se entre os movementos temos quórum para unha xuntanza o día 20 (e xa que logo buscar local) é que devolvades este correo manifestando disposición. Existen loxicamente problemas coa data do 20 para algunha xente que non pode ir ou mesmo ten algunha actividade programada nese día, mais hai quen propón non adiar máis a xuntanza e se acaso celebrar outra a finais de xaneiro para ir sumando e concretando.


MOVEMENTOS SOCIAIS GALEGOS, DA REFLEXIÓN Á ACCIÓN CONXUNTA
POR UNHA AUTOCONVOCATORIA POSÍBEL


Non son poucos os movementos sociais do país que pensan que falamos moito e facemos pouco, ou que o que facemos non se ve. Co ano 2009 ás portas cómpre organizármonos nunha alianza galega para dar resposta á ofensiva do capital, que indubidabelmente será máis forte nos vindeiros meses. É precisa unha marea de colectivos e persoas que busquen puntos comúns, pois son moitos nos que coincidimos, que programen un plan de acción conxunto, poderoso, e que poñan enriba da mesa a solución á pregunta que todos temos en mente: que imos facer?

Durante as últimas semanas xurdiron propostas concretas ás que cómpre respostar. Mais seguramente existen outras moitas que todos e todas quereríamos valorar. Seremos os e as integrantes de movementos sociais galegos antihexemónicos, dende os que orbitan no independentismo aos que se dedican ao desenvolvemento, dende os ecoloxistas aos anarquistas, dende os campesiños aos centros sociais… quen de confluír en accións e campañas conxuntas para opoñérmonos á deriva autoritaria de gobernos e poderes económicos?

Esta mensaxe trata de cotexar se os movementos galegos de índole anticapitalista, sen exclusión, estarían dispostos a manter unha xuntanza para falarmos dese, que imos facer? Trátase de realizar unha reunión en réxime de autoconvocatoria, sen líderes nen xerarquías, na que os colectivos expoñan propostas de acción concretas para tentar asumir cando menos algunhas delas e facer forza entre todos durante 2009. Trátase de construír, de unir, de atopar interseccións, de falar e de escoitar, de propor alternativas, mobilizacións, campañas, rebelións... sen condicións previas nin freos a calquera tipo de ideoloxía ou condición.

MECANISMO:

Por non existir unha listaxe de correo nin unha organización, a proposta é que as persoas e colectivos interesados resposten a este correo manifestando a súa disposición a asistir a unha xuntanza aberta na que se debatan propostas concretas, que os colectivos ou persoas a título individual deben levar elaboradas. Cada tres días, todos recibirán un correo con todas as respostas recibidas e de aí sacarán a conclusión se a xuntanza se pode facer.

A data proposta para a xuntanza é a do 20 de decembro, sábado, pola mañá. Por equidistancia en Compostela, mais loxicamente calquera pode propor outra opción que se fará saber a todo o mundo.

Se alguén propón outro mecanismo adiante...

POR UNHA ALIANZA SOCIAL GALEGA

Saúdos
_______________
--> Ler máis [+]

Postado por Saúde e Liberdade ! às 01:02 0 comentários Links para esta postagem  

Domingo 21 de Decembro: Mercadiño de Troco en Ferrol


De: Elena López -elenuli@hotmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 16 de dezembro de 2008 18:41

Asunto: mercadiño de troco, este domingo


Este domingo, ven á feira de Ferrol,

pero sen un peso nos petos, non vas mercar!!

(todo o consumo ten consecuencias, pensa nelas)

Participa no mercadiño de troco:
- pensa no que precisas e que podes ofrecer a cambio
- cólleo
- traeno
- trócao

O valor real de calquera cousa é somentes o da súa utilidade:
- algo moi custoso que non se usa, non vale nada
- algo recuperado ou un préstemo temporal poden valer moitísimo

Tamén habemos ter obradoiros:
- para facer papel reciclado
- crochetar cestas da compra con sacas plásticas usadas (trae se tes a agulla de ganchillo grosa, ou avisa á familia para que veña aprender)
- facer chapas anticonsumistas persoais
- apañar e máis compartir máis ideas para que os "refugallos" viren en uteis

Van dous correos xuntos: unha cuña da Rádio Filispim (feita por Miguel e Iago) e máis un texto (provisional) de como vai funcionar a cousa.
Bótalle un ollo, pégalle unha escoitada, e pásao!!

xa nos contarás logo como che foi na feira
um grande abraço
_________________

Baixa o ficheiro anexo en formato -pdf- :
Como vai funcionar a cousa [Texto Provisional]
______________
--> Ler máis [+]

Postado por Saúde e Liberdade ! às 00:02 0 comentários Links para esta postagem  

Concentraçom em Ferrol em solidarierdade com os dous militantes indepedentistas acusados de agressom a Juán Fernández em 2004

20081216

De:nosup-trasancos@nosgaliza.org Para:artabra21@gmail.com Data:16 de dezembro de 2008 03:22 Assunto:Concentraçom em Ferrol em solidarierdade com os dous militantes indepedentistas acusados de agressom a Juán Fernández em 2004


Concentraçom em Ferrol em solidarierdade com os dous militantes indepedentistas acusados de agressom a Juán Fernández em 2004

Para a próxima segunda-feira, 22 de Dezembro às 10.00h está marcado o juízo contra dous militantes da esquerda independentista da Comarca de Trasancos acusados de agredir ao empresário naval, líder de IF e exvice-presidente da Cámara municipal de Ferrol, Juan Fernández e ao seu filho após ter-se celebrado umha grande manifestaçom em Ferrol convocada polos principias sindicatos em defesa do sector naval galego e dos postos de trabalho ameaçados em IZAR Fene e IZAR Ferol.

No final da mobilizaçom, a presença de Juan Fernández, foi contestada por um sector de manifestantes, recebendo o impacto de alguns ovos.

O juízo que tinha que celebrar-se o passado 29 de Maio e ao que em princípio só fora citado um dos independentistas finalmente fôra adiado ao nom estar na Galiza um dos denunciantes.

Contra os dous pesa a acusaçom de “atentado contra cargo público” e as penas de prisom oscilam entre os 5 e 2 anos.

Como denunciamos no seu dia em um princípio eram sete os vizinhos de Ferrol denunciados por estes factos após que a Brigada de Informaçom da Polícia espanhola utilizasse mais umha vez a "lista negra" de militantes independentistas na comarca para que se activasse este processo represivo.

De NÓS-Unidade Popular convocamos umha concentraçom em solidariedade com os nossos companheiros o mesmo dia do juízo às 9.30 diante dos julgados de Ferrol.

Para mais informaçom:
  • Adiado julgamento contra militante independentista em Ferrol acusado de agressom a Juan Fernández [+]

  • NÓS-Unidade Popular denuncia umha nova montagem policial contra a militáncia independentista em Ferrol [+]

  • Solidariedade com os 7 companheiros acusados de "agressom" a Juán Fernández [+]

  • Adiado o julgamento aos seis filiados de NÓS-UP em Trasancos [+]

  • Julgamento a NÓS-UP Trasancos: "nada que ocultar"[+]

  • NÓS-UP manifesta-se com milhares de trabalhadores e trabalhadoras dos estaleiros em Ferrol [+]

__________
--> Ler máis [+]

Postado por Saúde e Liberdade ! às 11:52 0 comentários Links para esta postagem  

Acción de protesta ante a posíbel entrada na Ría do gaseiro 37, "LNG Lagos", cargado con GNL para REGANOSA, pois onte non poido entrar polo temporal

20081213

[Foto: Susete70]

De: Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-

Para: artabra21@gmail.com
Data: 13 de dezembro de 2008 15:51
Asunto: Domingo 14 decembro : CONCENTRACIÓN (Entrada 37º gaseiro)



Domingo 14 decembro : CONCENTRACIÓN (Entrada 37º gaseiro)

O gaseiro nº 37, o "LNG Lagos", que hoxe sábado tivo que desistir da entrada na Ría, a causa do forte vento, intentará achegarse na tarde de mañá domingo a Planta de Gas, coa sua perigosa carga de GNL, polo que o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, convoca

CONCENTRACIÓN

Domingo, 14 de Decembro, ás 7 da tarde

Ante o Edificio Administrativo da Xunta de Galicia

(Praza de Amada García – Ferrol)

¡¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡!

Buque: "LNG Lagos" – Bandeira: Bermudas – Antiguedade: 32 anos (23 inactivo)
– Eslora: 274,4 m. – manga: 42 m. – calado: 11,8 m. – Capacidade: 122.255 m3.

Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org
___________

Onte o "LNG Lagos", que fai 37 buque cargado con GNL-LNG que chega até a nosa Ría, non poido entrar por causas metereolóxicas. O Comité Cidadán xa preveia esta circunstancia, dado as previsións de temporal que se facían.

Sábado, 13 de Decembro
[creada o Sábado, 13 de Decembro ás 9:31:51]
MAÑÁ TARDE NOITE TEMPERATURAS
Estado ceoVento Estado ceoVento Estado ceoVento
MINMAX
10° 13°
Comentario: Ceos cubertos na mañá, con chuvias puntualmente fortes; pola tarde intervalos nubosos con chuvascos que poderían vir acompañados de sarabia e treboadas. Temperaturas mínimas en lixeiro ascenso e máximas sen cambios significativos. Vento forte do oeste pola mañá e forte do noroeste o resto da xornada.
_______

Comunicado do Comité Cidadán de Emerxencia
[13 de dezembro de 2008 10:16 ]

De novo un gaseiro cargado con GNL para Reganosa ten que abortar a súa entrada debido ás condicións meterolóxicas.

O "NLG LAGOS" un vello gaseiro de 32 anos de antiguedade (23 deles inactivo) tiña prevista a arribada a Ría de Ferrol o sábado 13 de Decembro, na pleamar da tarde, e vese forzado a desistir de cruzar o angosto canle da Ría debido as previsións de mar gruesa e ventos fortes que poderían provocar o seu desplazamento contra a costa e causar un tráxico accidente.

Estas situacións vanse producindo con moita frecuencia (néboa, temporal, vento, visibilidade…), e non fan outra cousa que reafirmar o tantas veces manifestado sobre a perigosidade e improcedencia da ubicación da Planta no interior da Ría, cando podería estar situada no Porto Exterior.

Así seguirá sucedendo, ata que un día, iniciada a manobra de entrada, o buque, véxase sorprendido por un cambio brusco non previsible das condicións metereolóxicas, ou que, por causa urxente, teña que abandonar a ría no medio dunhas circunstancias adversas, entón, cando ocorra a desgraza, todos aqueles responsables que agora fan oídos xordos ás nosas advertencias serán os primeiros en lamentarse. Entón será xa demasiado tarde.
___________
--> Ler máis [+]

Postado por Saúde e Liberdade ! às 17:06 0 comentários Links para esta postagem  

Che Sudaka esta sexta-feira na Fundaçom Artábria: 12 de Dezembro

20081211



De: Fundaçom Artábria -artabria@artabria.net-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 11 de dezembro de 2008 08:58
Asunto: Che Sudaka esta sexta-feira na Fundaçom Artábria



Che Sudaka esta sexta-feira na Fundaçom Artábria

Finalmente e com um cámbio de última hora o concerto que o cantor punk ferrolano Bitxo Bola ia celebrar na sexta-feira, 12 de Dezembro no nosso Local Social, adiou-se para o próximo 19 de Dezembro.

Em lugar do Bitxobola contaremos quase por surpresa com os CHE SUDAKA!!! ...
O concerto começará às 22.30horas e o preço do bilhete será de 5 euros para público geral e de 4 euros para sóci@s. A festa continuará com a música de A morrinha Sound Antisistema.

+ info CHE SUDAKA: http://www.myspace.com/chesudakastyle
+ info A morrinha Sound Antisistema: www.myspace.com/amorrinha

A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o nº 54 no registo de fundaçons da Xunta de Galicia.

Código de Identificaçom Fiscal (CIF): G15645518.
Morada: Travessa de Batalhons nº7 Esteiro
15403 Ferrol - GALIZA
Telefone do Centro Social: +34 981369099
Fax do Centro Social: +34 981369920
Telefone do café-bar: +34 981369921


Sítio webda Fundaçom Artábria
http://www.artabria.net

Sítio web do festival da Terra e da Língua
http://www.artabria.net/festival

__________________
--> Ler máis [+]

Postado por Saúde e Liberdade ! às 19:04 0 comentários Links para esta postagem  

O Sábado 13 de Novembro, presentación do libro "El caso Leganés", referido ao ataque conservador á sanidade pública na Comunidade de Madrid

20081210

De: Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
Para: artabra21@gmail.com
Data: 9 de dezembro de 2008 17:17
Asuntos: Sábado 13 : Presentación :”EL CASO LEGANÉS” por Luis Montes



Sábado 13 : Presentación :”EL CASO LEGANÉS” por Luis Montes


Organizado pola A.C. "Fuco Buxán"

E coa colaboración da Área de Filosofía Moral da Facultade de Humanidades
Universidade de A Coruña

Sábado 13 de Decembro, ás 7 da Tarde
na Aula Magna de Humanidades
(Campus de Esteiro – Ferrol)

Presentación do Libro

"EL CASO LEGANÉS"

O Acto contará coa presenza do seu autor

Luís Montes

ExCoordinador de Urgencias do Hospital Severo Ochoa

Entrada libre.

Constitúe o libro unha analise do proceso considerado o maior escándalo sofrido pola sanidade pública nos últimos tempos. Detrás do caso Leganés están cuestións tan importantes para o sistema democrático como: o papel da medicina pública, o dereito aos cuidados paliativos, o modelo de sanidade (pública o privada).

Visita a nosa web : www.fucobuxan.com
--
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es

___________
--> Ler máis [+]

Postado por Saúde e Liberdade ! às 19:56 0 comentários Links para esta postagem  

Valoración das recentes sancións á SGAE [Sociedade Geral de Autores y Editores] pola violación de dereitos fundamentais

20081209

De: MpDC -prensa1@movemento.org-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 9 de dezembro de 2008 14:20
Assunto: NP Sancións AEPD SGAE



Valoración das recentes sancións a SGAE pola violación de dereitos fundamentais

O MpDC manifesta a súa indignación perante as reiteradas e arrogantes violacións de dereitos fundamentais por parte da SGAE

Nestes últimos días coñecemos a nova da multa imposta pola Axencia Española de Protección de Datos á SGAE, por gravar unha voda sen autorización. O Movemento polos Dereitos Civís acolleu con satisfacción esta sanción, dada a gravidade das lesións dos dereitos á intimidade e á propia imaxe. Sen embargo, preocupa e moito a reacción da Sociedade Xeral de Autores perante a sanción: os seus responsables restáronlle “relevancia” ós feitos e anunciaron con toda tranquilidade a súa vontade de reincidir neste comportamento ilegal. De feito, a SGAE, multada tamén nestes días por outra violación da Lei de Protección de Datos, presentou unha nova demanda valéndose da mesma práctica ilegal sancionada pola AEPD. O Movemento polos Dereitos Civís manifesta a súa indignación de fronte á lixeirezaa coa que a SGAE atenta reiteradamente contra os dereitos fundamentais das persoas para defender a propiedade intelectual dos seus asociados.

A Axencia Española de Protección de Datos sancionou cunha multa de 60.000 euros á SGAE por introducirse nun banquete de vodas e realizar gravacións sen permiso, coa intención de comprobar se o local utilizaba música dos seus afiliados sen pagar o canon. A AEPD considera que a SGAE cometeu unha infracción moi grave, incorrendo nunha clara violación do dereito constitucional á intimidade e á propia imaxe, pois en ningún momento contaron coa aprobación das persoas que estaban sendo gravadas. A SGAE non puido utilizar as gravacións no xuízo contra o local, mais obtivo aínda así máis de 40.000 euros en concepto de canón musical non pagado.

Nestes mesmos días a AEPD ditou outra resolución pola que sanciona de novo á SGAE, neste caso con 6000 euros , e de novo por unha infracción da Lei de Protección de Datos. Fai xa dous anos que varios socios denunciaran a este organismo por facer públicos, a través da web Portal Latino, datos persoais suxeitos á protección da LOPD. Nomes, números de teléfono e outros datos persoais, que a SGAE tiña a obrigación de custodiar en secreto, apareceron nun coñecido programa informático de intercambio de arquivos. A AEPD xustifica a sanción no feito de que “queda acreditado que por parte de Portal Latino, responsable da custodia dos datos, vulnerouse o deber de segredo garantido na lei ao posibilitar o acceso non restrinxido a datos persoais sen consentimento dos seus titulares”.

De calquera xeito, o máis grave para o Movemento polos Dereitos Civís non é tanto que as diversas sancións denote un reiterado incumprimento por parte da SGAE dunha Lei que protexe dereitos fundamentais. O verdadeiramente escandaloso son as declaracións dos responsables do organismo, nas que anuncian a súa vontade reincidir nestes comportamentos, a pesar de seren conscientes da ilegalidade dos mesmos.

"Levamos lustros facéndoo e volveremos facelo. Non creo que teña especial relevancia. Nas sociedades de xestión (e non só na nosa) adóitase traballar así”. Estas foron as declaracións que realizou o director de Relacións Institucionais da SGAE ó coñecer a sanción. De feito, a SGAE ven de ser denunciada novamente por gravar imaxes dunha voda no interior dun local e sen permiso dos interesados, imaxes que intentará utilizar nun novo xuízo no que reclama o pago do canon. O Movemento polos Dereitos Civís fica sorprendido e indignado perante semellante desprezo dos dereitos fundamentais das persoas, e manifesta o seu apoio a AEPD, á Asociación para la Protección de Datos de los Consumidores, que denunciou estes últimos feitos, e a todos os afectados. Sen dúbida, a SGAE debería reflexionar sobre a perda de lexitimidade pública que supoñen estas continuas violacións de dereitos fundamentais para a súa defensa dos dereitos intelectuais dos seus asociados.

Movemento polos Dereitos Civís. r/ Rosalía de Castro 29. Galerías Belén 102.15703 Santiago de Compostela. mpdc@movemento.org

Contacto: 610858850 (Renato Núñez)

______________

Noticia relacionada:

Protección de Datos multa con 60.101€ á SGAE por gravar unha voda sen permiso
20Minutos.es
  • A SGAE contratou a un detective que gravou aos invitados bailando ao ritmo de cancións protexidas.
  • O salón de vodas tivo que pagar 43.179 euros de canon musical.
  • A resolución di ademais que a actuación do detective vulnerou a Lei de Seguridade Privada.
______________
--> Ler máis [+]

Postado por Saúde e Liberdade ! às 15:43 0 comentários Links para esta postagem  

Nós-UP parabeniza a comunidade educativa do CEIP Recimil polo novo nome e pede ao CEE Carmen Polo e o IES Marqués de Suanzes que sigam o exemplo

De: nosup-trasancos@nosgaliza.org
Para: artabra21@g
mail.com
Data: 9 de dezembro de 2008 02:04
Assunto: NÓS-Unidade Popular parabeniza a comunidade educativa do CEIP Recimil polo novo nome e pede ao CEE Carmen Polo e o IES Marqués de Suanzes que sigam o exemplo



NÓS-Unidade Popular parabeniza a comunidade educativa do CEIP Recimil polo novo nome e pede ao CEE Carmen Polo e o IES Marqués de Suanzes que sigam o exemplo

A comunidade educativa do CEIP Recimil, localizado nesse bairro ferrolano, decidiu num processo democrático, em que fôrom directamente consultados pais e maes, retirar por fim o nome de Ibañez Martín, o sanguinário ministro franquista que, oficialmente, ainda dá nome a esse centro de ensino infantil.

Assim, a falta de que a Administraçom admita a proposta dos órgaos representativos do centro, por fim a demanda de diferentes sectores vicinais, sindicais e políticos de Ferrol vai ser assumida, num novo passo de limpeza democrática em que a comunidade educativa de Recimil deu exemplo a toda a cidade e a toda a Galiza.

NÓS-Unidade Popular, activamente envolvida durante anos na reivindicaçom popular de retirada de símbolos do franquismo que ainda estám presentes nos espaços públicos do nosso país, tampouco quer deixar de manifestar a satisfaçom pola retirada dos títulos de honra dedicados durante a ditadura ao genocida Francisco Franco e à mulher, Carmen Polo. É, contodo, injustificável a demora com que se agiu –33 anos depois da morte do ditador!–, e é sintomática a negativa do PP e de IF a apoiar a tardia iniciativa do BNG.

Dito todo o anterior, e umha vez transmitidos publicamente os parabéns ao professorado, pais, maes, alunado e pessoal administrativo do CEIP Recimil, voltamos a reclamar aos outros dous centros que ainda mantenhem nomes do franquismo no nosso concelho que, já que nom tivérom a iniciativa de o fazerem antes, cumpram agora com o estabelecido na Lei da Memória Histórica e retirem os nomes de Carmen Polo e do Marqués de Suanzes aos respectivos centros.

Assembleia Comarcal de Trasancos de NÓS-Unidade Popular

Ferrol, 5 de Dezembro de 2008
_________________
--> Ler máis [+]

Postado por Saúde e Liberdade ! às 14:29 0 comentários Links para esta postagem  

Democracy Now! - Boletín de Noticias do Luns, 8 de Decembro de 2008

Postado por Saúde e Liberdade ! às 12:16 0 comentários Links para esta postagem  

A veciñanza protesta polo tránsito de camións cargados con clínker e carbón pola estrada de Valón procedente do Porto Exterior

20081208

O tránsito de camións de grande tonelaxe, pola estrada de Valón procedente do Porto Exterior de Caneliñas, pon en perigo á veciñanza que mora e tránsita, polo lugar.
Fotos: Mel Sanxoan

Galería da Manifestación convocada polas asociacións veciñais de Doniños, A Cabana e Valón, contra o tránsito de camións de grande tonelaxe, cargados con clínker e carbón, pola estrada de Valón desde o Porto Exterior. Manifestación celebrada o Venres, 5 de Decembro de 2008.

As reivindicacións veciñais:

1.- Por un tráfico que respete as simais de 40 quilómetros/hora, 16 toneladas e os pasos de peóns

2.- Porque non se transporte o clinker e o carbón por esta estrada

3.- Para que a Deputación amañe os danos que fan os camións do clinker e os do carbón nas vivendas, cerres e na propia estrada

4.- Para que os culpables de non ter feita esta estrada ao Porto Exterior, asuman a súa responsabilidade

5.- Polo dereito da veciñanza a vivir e camiñar polas beirarruas con seguridade
__________

Enlaces relacionados:
_____________
--> Ler máis [+]

Postado por Saúde e Liberdade ! às 20:17 0 comentários Links para esta postagem  

10 de Dedembro de 2008 no Teatro Jofre de Ferrol: Solidaridade con Cuba

Chamada urxente de solidariedade con Cuba tras os furacáns
[Spot elaborado por Cuba Información o 12 de Setembro de 2008]
cubainformacion.tv



Campaña: Un furacán de solidariedade con Cuba
Primeiras cifras de doazóns
[29 de novembro de 2008]


Adolfo Pérez Esquivel encabeza a campaña
de solidariedade con Cuba tras furacáns
[23 de Novembro de 2008]


Danos ciclón Pomba.
Perdas por furacáns superan 9.000 millóns de dólares
[15 de novembro de 2008]


Múltiples iniciativas solidarias tras furacáns
[27 de Setembro de 2008]


Chamamento de intelectuais cubanos
ao fin do bloqueo tras furacáns
[21 de setembro de 2008]


Cuba responde a
unha nova ingerencia yanki aproveitando os furacáns
[14 de Setembro de 2008]


Furacán Gustav:
o Sistema de Defensa Civil de Cuba evita vítimas
[6 de setembro de 2008]
cubainformacion.tv




De: Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-

Para: artabra21@gmail.com
Data: 6 de dezembro de 2008 16:48

Asunto: 10 Dedembro: Teatro Jofre: Solidaridade con Cuba



10 Dedembro no Teatro Jofre: Solidaridade con Cuba


Acto Solidario con Cuba

Mércores 10 de decembro ás 20:30

no Teatro Jofre de Ferrol

Trátase de finaciar catro proxectos de vivendas e infraestruturas básicas, destruidas polo paso consecutivo de tres furacáns, principalmente en Pinar del Río, por un importe de 153.000 euros, que serán xestionados e fiscalizados pola ONG ACSUR las Segovias.

O prezo da entrada son 6 euros.

Organizado pola Plataforma de Axuda Urxente a Cuba, formada por:

ACSUR las Segovias. Ateneo Ferrolán. A. VV de Caranza " Cuco Ruíz de Cortazar". A. VV de Esteiro"Fontelonga". CPS de San Valentín. Asociación E.P. Uruguai-Galicia. Asociación Fuco Buxán.

coa colaboración e patrocinio da Concellería de Cultura do Concello de Ferrol.

Programa do Acto, que será presentado pola periodista Beatriz Picos:

* Ulträqäns.
* Balakandra.
* Norge Batista ( cantautor cubano).
* Laura Landeira (recita)
* Luar na Lubre.
* Coro Toxos e Froles.

Intervirán: Un representante da Plataforma de Axuda Urxente a Cuba e o Consul Cubano en Galicia.

A recadación ingresarase na conta de Caixa Galicia:

2091 0000 35 3040185583. onde tamén podense facer donativos.

As entradas xa están á venta no Teatro Jofre e por internet na Páxina:
http://www.ferrol.es/jofre.
-----------
Visita a nosa web : www.fucobuxan.com
--
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es
--> Ler máis [+]

Postado por Saúde e Liberdade ! às 16:50 0 comentários Links para esta postagem  

Chevron na Casa Branca: Continuísmo no que Podemos Crer

Chevron na Casa Branca: Continuísmo no que Podemos Crer

Por Amy Goodman [*]
3 de decembro, 2008

O luns, o Presidente electo Barack Obama presentou ao mundo os seus principais designados ao gabinete de seguridade nacional, e non deixou ningunha dúbida de que pretende comezar o seu goberno en pé de guerra. Quizá o menos coñecido deles é o xeneral retirado da Armada James Jones, a quen Obama designou como asesor de Seguridade Nacional. O cargo é crucial: pensen no poder que exerceu Henry Kissinger na Casa Branca durante o goberno de Richard Nixon. Unha mirada a quen é James Jones arroxa luz á promesa electoral de Obama de "O Cambio no que cremos".

Jones é o ex comandante supremo aliado da OTAN. É o presidente e xefe executivo do Instituto para a Enerxía do Século 21 da Cámara de Comercio de Estados Unidos. O instituto foi criticado por grupos ambientalistas por, entre outras cousas, solicitar a expansión inmediata da produción de petróleo e gas nacional e publicar informes en contra do uso da Lei de Aire Limpo para combater o arrequecemento global.

Jones, quen se retirou recentemente das Forzas Armadas, utilizou os seus 40 anos de carreira militar para estar na dirección de varias empresas. Entre elas atópase Cros Match Technologies, que fai equipos de identificación biométrica. Máis relacionado coa próxima función que desempeñará Jones no círculo íntimo de Obama, con todo, podería ser o cargo que tivo como director de Boeing, unha fabricante de armas, e como director da xigante petroleira Chevron.

Chevron xa enviou a un dos seus directores á Casa Branca: Condoleezza Rice. Como membro do directorio da xigante petroleira con sede en California, Rice de feito púxolle o seu nome a un buque petroleiro, o Condoleezza Rice. O nome do buque foi cambiado tras pasar vergoña cando Rice pasou a formar parte do goberno de Bush como asesora de seguridade nacional. Entón agora Chevron ten a unha nova persoa no máis alto nivel do poder executivo. E como Robert Gates manterá o seu cargo como Secretario de Defensa, quizá Obama debería cambiar o seu slogan a "Continuísmo no que podemos crer".

Pero que pódese dicir dun director de Chevron nun cargo tan alto do "Ala Oeste"? Os ataques de Obama contra John McCain durante a campaña incluíron unha referencia diaria ás ganancias masivas de ExxonMobil, coma se esa fose a única empresa petroleira que existise. Chevron tamén tivo ganancias descomunais. Ademais, foi acusado nun caso ante un tribunal federal en San Francisco con relación ao asasinato, fai dez anos, de dous activistas pacíficos desarmados nunha rexión rica en petróleo no Delta do Níxer, en Nixeria. O 28 de maio de 1998, tres helicópteros de Chevron trasladaron a militares e policías á sección remota do Delta coñecida como Ilajeland, onde manifestantes ocuparan unha plataforma petroleira de Chevron para protestar contra o papel da empresa na destrución do medio ambiente local. Os soldados abriron fogo contra os manifestantes. Dous morreron e outros resultaron feridos (Rice estaba a cargo do comité de política pública do directorio cando loitou contra resolucións de accionistas que esixían que Chevron mellorase os seus antecedentes de dereitos humanos e ambientais en Nixeria).

Larry Bowoto estivo entre quen foron feridos polos disparos, e xunto con outros familiares dos que foron asasinados, presentou unha demanda contra Chevron en California pola súa participación no ataque. Enseguida despois de que Jones foi nomeado o asesor de seguridade nacional de Obama o luns, un xurado absolveu a Chevron. Larry Bowoto viñera a California para o xuízo. Faloume sobre os seus sentimentos, e díxome: "O luns estaba decepcionado da sentenza ditada polo xurado. Creo persoalmente que a loita continúa. Creo que o avogado que nos representa non quedará quedo. Tomará a iniciativa e acudirá ao tribunal de apelacións". Coñecín a Larry Bowoto en 1998, apenas meses despois de que recibiu os disparos. Mostroume as súas feridas de bala cando o entrevistei no Delta do Níxer. Tamén coñecín a Omoyele Sowore, quen logo veu a Estados Unidos e creou o sitio web de noticias SaharaReporters.com.
  • Sowore seguiu o caso de cerca. Aínda que estaba decepcionado, dixo: "Logramos unha vitoria importante... punto débil de Chevron é denunciado nesta localidade... Tamén está Nixeria, os manifestantes non se darán por vencidos... Isto non vai a desalentar a ninguén que queira asegurarse de que Chevron renuncie á violencia como forma de facer negocios. Os cidadáns estadounidenses, cada vez protexen máis a súa economía... Chevron xogou moito co medo... dos membros do xurado, ao dicir que hai persoas [os manifestantes nixerianos] que fixeron que subise o prezo do petróleo ... Esta foi unha vitoria pírrica para Chevron. Se estivese no seu lugar, non abriría a champaña".
Os nixerianos coñecen ben o poder que ten o complexo militar-industrial no seu propio país. A pesar de que Obama asumiu a presidencia con promesas de cambio, a súa designación do xeneral da Armada James Jones como asesor de seguridade nacional probablemente faga respirar tranquilamente aos titáns das empresas estadounidenses, mentres deixa ás persoas de escasos recursos do Delta do Níxer cun aire penetrante e a auga manchada de petróleo, detrás das ganancias de Chevron.
_________
Notas.- Columna Semanal de Amy Goodman, presentadora de Democracy Now! Autorízase a publicación. Por favor escríbanos a spanish@democracynow.org para avisarnos onde se publica e tamén se hai estacións de radio queren emitir o audio.

Denis Moynihan colaborou na investigación xornalística para a produción desta columna.

[*] Amy Goodman é presentadora de "Democracy Now!" un informativo diario internacional de TV e radio dunha hora que se emite en máis de 550 emisoras en inglés e 200 emisoras en español. foi galardoada co Premio "Right Livelihood 2008", tamén chamado o "Nobel alternativo", e recibirá o premio no parlamento sueco o luns, 8 de decembro.

© 2008 Amy Goodman

Texto en Inglés. Traducido por Simple Visión e Democracy Now! en español, spanish@democracynow.org

Texto en Galego traducido por Ártabra 21, utilizando os recursos públicos de tecnoloxía lingüística desenvoltos polo Seminario de Lingüística Informática (SLI) da Universidade de Vigo.


Democracy Now!
http://www.democracynow.org/
Democracia Xa!
Difundindo Democracy Now! desde Galiza
http://democracia-xa.blogspot.com/

_____________________
--> Ler máis [+]

Postado por Saúde e Liberdade ! às 14:22 0 comentários Links para esta postagem  

Roger de Flor presenta o seu novo traballo, "Naturalidad Silvestre": Sábado 13 de Decembro

De: Ateneo Ferrolán -bettinakorten@freenet.de-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 8 de dezembro de 2008 11:58
Asunto: Roger de Flor en concerto no Ateneo


Roger de Flor en concerto no Ateneo

Tras unha longa espera por fin o músico fenés Roger de Flor presenta o seu novo traballo, "Naturalidad Silvestre", no que inclúe oito composicións propias e unha do seu compañéro de fatigas Serguei Izmailov. O CD gravouse nos estudios "La Buhardilla" (Limodre-Fene) e foi mesturado e masterizado nos estudios de Víctor Gacio "O Can Verde", en Neda.

No disco colabora un variado grupo de músicos e amigos da comarca, de calidade e experiencia contrastadas, como Fran Rey (piano), Cabe García (guitarra), Luís Cuba (baixo), Álvaro Lamas (steal guitar), Serguei Izmailov( batería), etc.

Entre os estilos que se poden atopar no novo disco están o swing pop, country, balada, sempre co toque persoal e humorístico que De Flor imprime as súas cancións que navegan no ronsel dun Burt Bacharach, un Ray Davies ou unhas Vainica Doble.

Logo de participar nunha infinidade de proxectos na súa carreira como o grupo de rock ´n´roll ferrolán "Bang 74" ou o dúo "La Sociedad Protectora del Hombre Mono", De Flor enceta a súa andaina en solitario a principios do 2007 coa presentación da súa primeira maqueta "Canciones de amor y retranca". Tras ter percorrido boa parte de Galicia presentando o seu primeiro traballo,con gran acollida de crítica e público, retírase temporalmente dos directos para participar na gravación de varios videoclips, entre eles, o da canción "Os dous amigos", segunda finalista no concurso "A polo ghit", organizado pola Radio Galega e o portal cibernético Vieiros, e na composición e posterior gravación das súas novas creacións, incluídas no mencionado disco "Naturalidad Silvestre".

O Ateneo Ferrolán foi o lugar elixido polo músico para a presentación do seu novo traballo na cidade.

Sábado 13 de decembro ás 20,30 h.

ENTRADA:
- Público 5 € co agasallo do CD "Naturalidad Silvestre".
- Gratis para Socios e Socias do Ateneo (sen disco).
______________
Ateneo Ferrolán
Fundado en 1879
“Un Lugar de Encontro para a Cultura”

http:// www.ateneoferrolan.org
e-mail:
a_ferrol@teleline.es Telf.: +34 981 357 970
Fax: 981 354 098
Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204, 1º.CP.15402 - FERROL (A Coruña)
Apdo. Correos: 303

__________
--> Ler máis [+]

Postado por Saúde e Liberdade ! às 14:00 0 comentários Links para esta postagem  

Remata o Foro Social Galego: "crear alianzas e mobilizacións contra o neoliberalismo durante 2009"

[Para ampliar clicar acima da imaxe]


De: Foro Social Galego
-forosocialgalego@forosocialgalego.org-
Para:artabra21@gmail.com
Data: 7 de dezembro de 2008 18:05
Asunto: Remata o FSGal


Toda a información en:
http://www.forosocialgalego.org


FSGal: alianzas e mobilizacións para 2009
Os movementos sociais comprométense a crear alianzas e mobilizacións contra o neoliberalismo durante 2009. O proceso do FSGal continuará na Galiza cando menos cada dous anos, levará a nación galega ao discurso altermundista planetario e del sairán alianzas contra o capitalismo.

Novas Fotografías do Foro

Plenario do sábado pola noite, a actividade máis concorrida, por X. M. Albán

As carpas de movementos sociais (corenta entidades estiveron representadas), fotos de Irene

Asemblea de movementos do domingo pola mañá, por X. M. Albán

A renda básica no FSGal
Antoni Doménech, Daniel Raventós e Xosé Manuel Beiras destacaron o carácter de “recuperación de cidadanía social e tamén política desta medida”.

O capitalismo fracasou
X. M. Torrente-. Esta foi a idea central que desenrolouse nas mais de dúas horas do debate O neoliberalismo en crise: cara onde vai o sistema?, correspondente a segunda xornada do Foro Social Galego (FSGal) que estase a celebrar no Campus Norte da Universidade de Santiago de Compostela (USC). ver fotos de X. M. Albán

O neoliberalismo en crise
Xavier Vence sinala que a “demostración do fracaso do modelo neoliberal non implica a derrota dos que o defenden”.
__________________

Toda a información en:

http://www.forosocialgalego.org


________________
--> Ler máis [+]

Postado por Saúde e Liberdade ! às 01:51 0 comentários Links para esta postagem  

Comeza o Foro Social Galego

20081204

De: Foro Social galego
-forosocialgalego@forosocialgalego.org-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 4 de dezembro de 2008 12:43
Asunto: Comeza o Primeiro Foro Social Galego: ACTO INAUGURAL

CONVOCATORIA ABERTA
Comeza o Primeiro Foro Social Galego: ACTO INAUGURAL

Día:
venres 5 de decembro
Hora: 18:30 da tarde
Lugar: Auditorio de Galiza de Santiago de Compostela (Sala Circular)
Convoca: Consello do Foro Social Galego en representación dos movementos e persoas participantes
Contido:
-Antecedentes, movementos participantes e presentación
-Resumo xeral da programación
-Obxectivos dos Debates plenarios
-Lectura das mensaxes de saúda recibidas por persoeiros do altermundismo de todo o planeta
-Saúda de Paul Nicholson (A Vía Campesina) en nome das organizacións e persoas convidadas
Asisten: membros das organizacións e persoeiros do mundo social galego

Invitamos a todos os medios de comunicación a asistir ao acto
Apertas e moitas grazas
Comisión de Comunicación
Consello do Foro Social Galego

MATERIAIS PARA OS MEDIOS DE COMUNICACIÓN
A Comisión de Comunicación do FSGal pon a dispor dos medios toda a información necesaria, dende un dosier de prensa, cuñas radiofónicas, programa, etc.

OS MATERIAIS PODEN BAIXARSE EN:
http://forosocialgalego.org/index.php?option=com_content&task=view&id=63&Itemid=58

CONTACTOS PARA OS MEDIOS
A Comisión de Comunicación do Consello do Foro Social Galego é a encargada de fornecer información sobre o desenvolvemento do FSGal aos medios. En ningún caso os membros da dita comisión emitirán xuízos de valor nin opinións en nome do FSGal, tan só informacións sobre a súa organización. Os teléfonos de contacto son os seguintes:

Lara Domínguez (609162441)
Manoel Santos (686021933)
Xavier Ron (639823803)
Lidia Senra (609845861)
Bruno Vilela (645995140)

________________
--> Ler máis [+]

Postado por Saúde e Liberdade ! às 23:59 0 comentários Links para esta postagem  

Democracy Now!, sigue emitindo os seus Boletíns de Noticias diarios por todo o Planeta

Outra óptica para dar as noticias ou as outras noticias en Democracy Now! [Democracia Xa!], este é un programa de difusión diaria que se transmite a través de máis de 700 emisoras de radio e televisión en Estados Unidos, América Latina e Europa.

Na nosa Comarca "Rádio Filispím" no 93.9 da FM, emite o Boletín de Noticias do citado programa. O Blog "Difundindo Democracy Now! desde Galiza", difunde os audios e reproduce por escrito algúns do noticiarios, reportaxes e artigos, facilitando os enlaces e contactos necesarios para chegar até a redacción de "Democracy Now!"

Os titulares de hoxe [Xoves, 4 de Dezembro de 2008 21:10 ]:
Os Titulares de Hoxe en español
Baixe o arquivo de audio en español (MP3)

Boletíns Informativos
Democracy Now!
http://www.democracynow.org/
Democracia Xa!
Difundindo Democracy Now! desde Galiza
http://democracia-xa.blogspot.com/
______________
--> Ler máis [+]

Postado por Saúde e Liberdade ! às 22:33 0 comentários Links para esta postagem  

Apoio de EU á manifestación veciñal das asociacións de Doniños, A Cabana e Valón, contra o transporte o clínker e o carbón pola estrada de Valón

De: eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
Para: artabra21@gmail.com
Data: 4 de dezembro de 2008 15:44
Asunto: ESQUERDA UNIDA RESPALDA E CHAMA A PARTICIPAR NA MANIFESTACIÓN ORGANIZADA POLAS ASOCIACIÓNS VECIÑAIS DE DONIÑOS, A CABANA E VALÓN


ESQUERDA UNIDA RESPALDA E CHAMA A PARTICIPAR NA MANIFESTACIÓN ORGANIZADA POLAS ASOCIACIÓNS VECIÑAIS DE DONIÑOS, A CABANA E VALÓN

O GRUPO MUNICIPAL ASISTIRÁ PARA EXPRESAR O SEU RESPALDO E ESIXIR SOLUCIÓNS INMEDIATAS PARA AS DEMANDAS VECIÑAIS

O Grupo Municipal de Esquerda Unida participará na manifestación convocada para a sobremesa de mañá, venres, 5 de decembro, ás 16:30 horas, polas asociacións veciñais de Doniños, A Cabana e Valón. Van meses dabondo sen que as administracións públicas competentes teñan feito algo pola veciñanza, que sofre de cotío os perigos e inconveniencias que a desidia dos responsables políticos permiten.

Esquerda Unida hai meses que ven denunciando da man dos veciños a problemática creada, e demandando das autoridades competentes unha resolución e as debidas compensacións para os afectados. Demarcación de estradas ten neste periodo unha actuación alomenos neglixente, con tratamentos diferenciados segundo os casos.

Para Esquerda Unida hai razóns dabondo para se mobilizar, e as enumeran as asociacións convocantes:
  • Para conquerir un tráfico que sexa respectuoso das sinais da estrada: 40 km/h e camións que non excedan as 16tn.
  • Para que a Deputación amañe os danos que causan os camións que transportan clínker e os que levan carbón, danos que afectan ás vivendas, aos peches e a propia estrada.
  • Para que non se transporte o clínker e o carbón pola estrada de Valón, segundo os compromisos adquiridos.
  • Para que asuman a súa responsabilidade os que aínda non fixeron a estrada ao porto exterior.
  • Para conquerir o dereito da veciñanza para vivir e camiñar polas beirarrúas con seguridade.
Chama, pois, a nosa organización, a participar a todas e todos para conquerir a forza necesaria para arrancar das autoridades unha solución os problemas que arrastra a veciñanza da zona.

Ferrol, xoves 4 de decembro de 2008
_______________

http://esquerdaunida-ferrol.blogspot.com/
_______________
--> Ler máis [+]

Postado por Saúde e Liberdade ! às 21:13 0 comentários Links para esta postagem  

María Manuela, habemos de ir: Gala o 4 de Decembro no Jofre e Exposición no Ateneo Ferrolán até o 14 de Decembro

20081202

De: ATENEO FERROLAN -a_ferrol@teleline.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 2 de dezembro de 2008 11:38
Asunto: María Manuela, habemos de ir: Gala o 4 de Decembro no Jofre e Exposición no Ateneo Ferrolán até o 14 de Decembro




Dentro dos actos de homenaxe a María Manuela, o Ateneo Ferrolán ten a sorte de ofrecer as actividades paralelas á Gala Central.

Do 1 ao 14 de Decembro, na sala de exposicións do Ateneo, estarán expostas varias obras pictóricas da artista ferrolá.

O 1 de Decembro, realizarase unha mesa redonda "María Manuela, a súa pintura no seu tempo", ás 20:00hs. na que intervirán Alfonso Costa, Eva Veiga e Siro López, a mesa estará moderará por Chelo Loureiro.

O 2 de Decembro, continuarase con a mesa redonda "María Manuela, a súa música no seu tempo" tamén ás 20:00hs. e desta vez intervirán Ánxela Loureiro, Mini e Mero, Pepe Dopico e Xurxo Varela, a mesa estará moderará por Xulia Díaz.

A Gala Central será no Teatro Jofre o xoves 4 de decembro ás 20:30hs.


http://9000804453549207470-a-1802744773732722657-s-sites.googlegroups.com/site/ateneoferrolan/Home/banner_rehabilitacion.gif?attredirects=0


Ateneo Ferrolán
Fundado en 1879
“Un Lugar de Encontro para a Cultura”

http:// www.ateneoferrolan.org
e-mail:
a_ferrol@teleline.es Telf.: +34 981 357 970 Fax: 981 354 098
Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204, 1º.CP.15402 - FERROL (A Coruña)
Apdo. Correos: 303

________


--> Ler máis [+]

Postado por Saúde e Liberdade ! às 23:49 0 comentários Links para esta postagem  

Boletín de Noticias de Democracy Now! - Martes, 2 de Decembro de 2008

BOLETÍN DE NOTICIAS DEMOCRACY NOW!
Martes, 02 de diciembre de 2008

Os titulares de Hoxe

* Obama designa a Clinton como Secretaria de Estado
* O Dow cae 680 puntos ao declararse a recesión
* California declara urxencia fiscal; Filadelfia planea recortes masivos
* Dixo Bush: ?Creo que non estaba preparado para a guerra?
* Fallo xudicial en Tailandia ordena disolución de partido gobernante
* Informe: Estados Unidos advertiu a India sobre ataque en Bombai
* Xurado absolve a Chevron de demanda polos asasinatos de 1998 en Nixeria
* Conmemórase o vixésimo aniversario do Día Mundial da Loita Contra a SIDA
* Comeza conferencia da ONU sobre o cambio climático en Polonia
* leva a cabo segunda volta de eleccións ao Senado de Estados Unidos en Xeorxia
* Refúganse os cargos contra os Veteranos de Iraq contra a Guerra
* Xuíz de Texas refuga acusacións contra Cheney e Gonzales
* Directores Executivos de GM e Ford conducirán automóbiles híbridos ata Wáshington

Información de Democracy Now!

Democracy Now! en español ("Os Titulares de Hoxe") emítese por máis de 200 emisoras de radio en Estados Unidos, Canadá, América Latina, España, e Australia. A hora completa en inglés emítese en máis de 550 emisoras de radio e TV en Estados Unidos, e outros países. As emisoras inclúen Pacifica, NPR, emisoras de radios comunitarias e universitarias; estacións de TV de "public access" e de PBS, por satélite (DISH network: Free Speech TV canle 9415 e Link TV canle 9410; DIRECTV: Link TV canle 375); no Servizo Europeo da Rede Mundial de Radio e no Servizo da Asociación Comunitaria de Transmisión Australiana; como "podcast", báixase automaticamente á túa computadora ou aparello de audio portátil (en inglés ou español); e sae en vivo (en inglés) de luns a venres ás 8:00am hora de Nova York en www.democracynow.org e a pàgina en español atópase en www.democracynow.org/es.

Boletíns Informativos
Democracy Now!
http://www.democracynow.org/
Democracia Xa!
Difundindo Democracy Now! desde Galiza
http://democracia-xa.blogspot.com/

_______________
--> Ler máis [+]

Postado por Saúde e Liberdade ! às 23:42 0 comentários Links para esta postagem  

Máis de 260 adhesións previas: Os movementos sociais vólcanse co Foro Social Galego

De: Foro Social galego
-forosocialgalego@forosocialgalego.org-
Para: artabra21@gmail.com Data: 2 de dezembro de 2008 16:59 Asunto: Máis de 260 adhesións previas ao Foro Social Galego



Os movementos sociais vólcanse co Foro Social Galego

Máis de 70 colectivos e 190 persoas a titulo individual xa fixeron a súa adhesión previa ao Foro Social Galego (FSGal), malia que os propios días da celebración tamén se poderán facer no espazo da organización, que estará situado no Auditorio de Galiza. O FSGal terá lugar no Campus Norte de Santiago de Compostela entre o 5 e 7 de decembro de 2008.

A adhesión ao FSGal responde a un compromiso cun proceso de reflexión, debate, formulación de propostas e artellamento de redes e loitas sociais, que pretende autofinanciarse na medida do posíbel, porén, os espazos do FSGal están abertos a todos e todas. O FSGal é un espazo libre.

O Foro Social galego contará con 14 actividades autoorganizadas polos movementos sociais, así como con 14 horas de proxección de audiovisuais de índole social, a presentación de 15 iniciativas, libros, manifestos e propostas de formación de redes e unha completa programación cultural.
Máis de 40 voluntarios e voluntarias coidarán de que toda a fin de semana discorra o mellor posíbel e unha nómina de 12 xornalistas voluntarios e voluntarias, profesionais e estudantes de Ciencias da Información na súa meirande parte, encargaranse de cubrir os debates e publicalos na web do FSGal: http://www.forosocialgalego.org

Tanto os grupos musicais, como de teatro ou circo que colaboran co proceso do Foro, fano altruistamente. Entre eles estarán Ataque Escampe, A Compañía do Ruído, Casilda Alfaro, García (Dios ke te crew), Leite de Nai, Leo Arremecághona, Charanga Os Jalochos, Os Chiquilicuatres, Pel de Noz, Sacha na Horta, Tino Vaz e Tonhito de Poi, entre outros.

Amais disto, e malia que non é un acto propio do FSGal, o domingo 7 ás 12:30 horas, no Auditorio de Galiza, desenvolverase un
Asemblea de Movementos Sociais autoconvocada e autoxestionada.

Toda a información en: http://www.forosocialgalego.org

MATERIAIS PARA OS MEDIOS DE COMUNICACIÓN
A Comisión de Comunicación do FSGal pon a dispor dos medios toda a información necesaria, dende un dosier de prensa, cuñas radiofónicas, programa, etc.
OS MATERIAIS PODEN BAIXARSE EN:
http://forosocialgalego.org/index.php?option=com_content&task=view&id=63&Itemid=58

CONTACTOS PARA OS MEDIOS
A Comisión de Comunicación do Consello do Foro Social Galego é a encargada de fornecer información sobre o desenvolvemento do FSGal aos medios. En ningún caso os membros da dita comisión emitirán xuízos de valor nin opinións en nome do FSGal, tan só informacións sobre a súa organización. Os teléfonos de contacto son os seguintes:
Lara Domínguez (609162441)
Manoel Santos (686021933)
Xavier Ron (639823803)
Lidia Senra (609845861)
Bruno Vilela (645995140)
Alfonso (645029338)
____________

--> Ler máis [+]

Postado por Saúde e Liberdade ! às 23:16 0 comentários Links para esta postagem  

Diante dun novo asasinato dunha muller en Ponte Caldelas, a Marcha Mundial das Mulleres convoca unha acción de repulsa e contra a violencia machista

20081201

CONCENTRACIÓN
DE REPULSA E REXEITAMENTO
DA VIOLENCIA MACHISTA,
HOXE, LUNS, 1 DE DECEMBRO DE 2008,
ÁS 8 DA TARDE
NA PRAZA DO CONCELLO DE FERROL



De: MMM Marcha galiza -marchagaliza@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 1 de dezembro de 2008 07:21
Asunto:: Convocatoria de concentración da Marcha Mundial das Mulleres de Ferrolterra


Convocatoria de concentración da Marcha Mundial das Mulleres de Ferrolterra

A Coordendora Comarcal de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres convoca a toda a cidadanía a unha concentración en repulsa e rexeitamento da violencia machista que terá lugar mañá luns, 1 de decembro as 20 h na Praza de Armas de Ferrol trás o último asasinato dunha muller en Ponte Caldelas (Pontevedra) a maos da súa parella, pese a estar esta cumplindo condena por anteriores delitos de violencia machista e cunha orde de alonxamento.

Cada quen desde a súa responsabilidade podemos e debemos rematar con esta lacra e sementar un futuro sen violencia machista.

Rogamos a súa maior difusión e asistencia

Coordendora Comarcal de Ferrolterra da MMM

--
Coordenadora Nacional Galega
Marcha Mundial das Mulheres
Marcha Mundial das Mulleres
Rúa Romil, 20, baixo
36202 Vigo-Galiza
CIF G-15773013
Teléfonos de contacto:
Coord. Nacional: 671695968/637817745
Coord. Ferrol: 658432609/652201003
Coord. Pontevedra: 669794462
Coord. Vigo: 657825556/667531529
http://www.feminismo.info
_____________________________
--> Ler máis [+]

Postado por Saúde e Liberdade ! às 07:25 0 comentários Links para esta postagem  

O día 2 de Decembro, martes, proxeción dun interesante documentario na TV2: "Tapologo, Mulleres en loita contra a SIDA"

De: Purificación Mayobre - Universidade de Vigo
-pmayobre@uvigo.ées-
Para:
artabra21@gmail.com
Data: 30 de novembro de 2008 13:07
Asunto: DOCUMENTOS TV: TAPOLOGO. MULLERES EN LOITA CONTRA A SIDA. (Sobre o documental das irmás Gabriela e Sally Gutierrez Dewar).


DOCUMENTOS TV: TAPOLOGO. MULLERES EN LOITA CONTRA A SIDA.
(Sobre o documental das irmás Gabriela e Sally Gutierrez Dewar).

Estimad@s amig@s, remítoimos a seguinte información por se fóra do voso interese:
"TAPOLOGO" 2 de Decembro Día Internacional da loita contra a Sida - VIH

"TAPOLOGO" emítese en DOCUMENTOS TV o martes, 2 de decembro de 2008 ás 22:45 na 2 de TVE.

Unha versión para televisión, do documental TAPOLOGO das irmás Gabriela e Sally Gutierrez Dewar.

O documental obtivo o premio do Público no Tri-Continental Festival, á mellor película de Sudáfrica e o galardón ao mellor Documental Nacional no Festival Miradasdoc, de Guía de Isora (Tenerife).

"Tapologo": No poboado de Freedom Park, en Sudáfrica, máis do 50% das mulleres están infectadas de SIDA. En TAPOLOGO a superación da pandemia do SIDA aparece como un proxecto comunitario, que mobiliza a unha rede colectiva onde participan enfermeiras xubiladas, asistentes sociais, médicos, lideres relixiosos marxinados pola igrexa oficial, xunto con ex -traballadoras sexuais e algunhas dos propias enfermas. No África sub-sahariana, a doutrina da Igrexa católica sobre o uso de condóns produciu efectos mortíferos e devastadores. Consciente do problema, o bispo Kevin Dowling cuestiona a postura oficial da Igrexa católica e apoia á rede Tapologo.

DOCUMENTOS TV:
http://www.rtve.es/FRONT_PROGRAMAS?go=111b735a516af85ccdc4135d9df82c2e123009d61eb00f778b60af793b191c31b01d775c169a04bd94ad77d45d33b935a790fd1629d17981be5faa42bc3395c60e6d70bec0be79ea18875e2999e27af085f657e8609ef438
TAPOLOGO (o documental orixinal): http://www.tapologofilm.com/

Entrevista con Sally Gutiérrez (unha das directoras): http://www.tapologofilm.com/tapologo_entrevista_sally.htm

As irmás Gabriela e Sally Gutierrez Dewar: http://www.fcat.es/wiki/index.php/Sally_&_Gabriela_Guti%C3%A9rrez_Dewar

Saúdos cordiais. Purificación Mayobre - Universidade de Vigo Feminismos, Xéneros e Identidades:
http://webs.uvigo.é/pmayobre/index.html

Web Profesional: FEMINISMOS, XÉNEROS E IDENTIDADES:
http://webs.uvigo.es/pmayobre

Correo Electrónico: pmayobre@uvigo.es

Teléfono: 988 38 71 20 (Escritorio-Ourense)

Fax: 988 38 71 59 (Ourense) (Enviar Fax a nome de Purificación Mayobre Rodríguez)

Postgrado Oficial Público (POP) de Estudos de Xénero (2006 - 2008): http://webs.uvigo.es/pmayobre/pop/01.htm

2º Máster en Xénero, Educación, Políticas de Igualdade e Liderazgo (2006 - 2007): http://webs.uvigo.es/pmayobre/06/mas06.htm

1º Máster en Educación en Igualdad de Xénero e Políticas de Igualdade (2004 - 2005): http://webs.uvigo.es/pmayobre/pc/master.htm

Purificación Mayobre Rodríguez Departamento de Socioloxía, Ciencia Política e da Administración e Filosofía Facultade de Ciencias da Educación Universidade de Vigo (Campus de Ourense) Campus Universitario As Lagoas. Av. Castelao s/n. 32004 Ourense
___________
--> Ler máis [+]

Postado por Saúde e Liberdade ! às 07:00 0 comentários Links para esta postagem  

Contribuíndo na construción do movimento social de esquerdas na Comarca de Ferrol Terra de Trasancos

O pasado 25 de Novembro tivo lugar unha Asemblea Xeral Extraordinaria da Plataforma Ártabra 21, nos locais do Ateneo Ferrolán. Na Asemblea participaron representantes das entidades "Colectivo Veciñal -Praza de Sartaña Sempre Pública-", "Comunidade Menáncaro", "NÓS-Unidade Popular", "Comisión Veciñal pola Recuperación de Ferrol Vello", "Asociación Veciñal O Rosario - Inferniño" e comunicaron o seu acordo coas resolucións tomadas, os representantes do "Ateneo Ferrolán" e "Colectivo Veciñal de Recimil".

No transcurso da Asemblea valorou-se o proceso, relativamente longo, de práctica, reflexión e debate, da situación da Plataforma, polo que como resultado desta valoración e ante a continuada falta de resposta e asistencia das distintas entidades que conformaban a PA21 ás convocatorias e dunha falta de capacidade operativa, chegouse á conclusión de que o modelo organizativo da PA21, non respostaba á actual situación, polo que os representantes presentes decidiron a reformulación e transformación da PA21.

Analizouse que a Plataforma Ártabra 21, no seu momento, cumpriu seu obxectivo na pasada etapa de goberno PP-IF, dando unha resposta social de mobilizacións e apoios a outras plataformas e colectivos; realizando pronunciamentos públicos, denuncias e apoio ás loitas populares; realizando asembleas e actos de información e debate; apoiando a loita contra a Planta de Gas; contra o proxecto de minipiscina e edificio que pretendía sacrificar a Praza Pública de Sartaña, para beneficios privados; o apoio á loita da veciñanza expropiada de Canido; a favor da loita pola rehabilitación do bairro de Recimil; da loita pola defensa da Fraga de Menáncaro; da loita da Comisión Cidadán pola Recuperación e Rehabilitación de Ferrol Vello; da loita pola defensa dos montes de Brión e Leixa; da loita unitaria na defensa dos espazos públicos, pola defensa da Praza da Porta Nova, contra a especulación e a usurpación dos espazos públicos para usos e lucros privados.

En coherencia con esta análise, a pesar do tempo transcorrido, desde que se realizou "O Paseo Urbano contra os Despropósitos Municipais" do goberno da dereita (PP-IF), o 20 de Maio de 2007, valorouse a necesidade de aproveitar esta sinerxia "filosófica" e reivindicativa da PA21, para continuar este proxecto popular, como un elemento máis do movimento social da comarca, onde se pensa confluír, reformulando e creando un COLECTIVO de filiación social a título persoal, continuador da PA21, REIVINDICANDO o compromiso contemplado no ideario do seu DOCUMENTO FUNDACIONAL, adaptando-o ás novas circunstancias.

Para o cal decidiuse facer unha CONVOCATORIA de ASEMBLEA CONSTITUINTE para o martes, día 9 de Decembro, ás 7 da tarde, nas instalacións do ATENEO FERROLÁN, convidando a participar ás persoas integrantes de cada unha das organizacións e colectivos que estiveron formando parte da PA21 até agora, e das persoas que teñan interese na participación.
_____________________
--> Ler máis [+]

Postado por Saúde e Liberdade ! às 00:19 0 comentários Links para esta postagem  
Colectivo Ártabra 21 - Designer: Douglas Bowman | Dimodifikasi oleh Abdul Munir Original Posting Rounders 3 Column