A ACTUALIDADE DO QUE PASA EN HONDURAS
Para outra información diferente á convencional acceder a TeleSuRTvMarchistas da Folga do Metal de Pontevedra camiñan até Compostela
20090629
Hoxe luns 29 de Xuño comezou pola mañá a marcha a pé a Compostela dos traballadores e traballadoras en folga do Metal desde a cidade de Pontevedra que teñen previsto chegar a Compostela mañá Martes en manifestación até á Xunta de Galiza.
A funda de traballo azul dos folguistas encherá Compostela para "visibilizar a multitude que representa o Metal e a trascendencia desta loita de dignidade e resistencia".
Hoxe, ás 10 da mañá, en Ferrol, tivo lugar unha concentración en solidariedade cos traballadores e traballadoras do Metal de Pontevedra diante da Porta do Arsenal en Navantia-Ferrol, convocada polo Sector Crítico de CCOO e a CIG.
Mañá, 30 de Xuño, ás 10:30 hras diante da Porta Principal de Navantia-Ferrol sairán Autobuses que se desplazaran até Compostela co obxectivo de participar nunha concentración de solidariedade e recebimento aos marchistas da Folga do Metal que teñen previsto chegar a Compostela pasado o mediodía. Ainda que os Autobuses están fletados pola CIG, con cargo a seu orzamento, non fai falta estar afiliad@ ao sindicato para poder utilizar este medio, para participar en Compostela na Mobilización Solidaria. As persoas interesadas en facer uso deste medio de transporte poden apontar-se no local da Unión Comarcal de Ferrol da Central Sindical [Rúa Eduardo Pondal, 41/43 entrechán] ou chamando ao seu teléfono 981358750.
Solidariedade co Metal de Pontevedra !!
Por un Convenio Xusto !!
[+info en Avante]
________________________











































