Ante un novo asasinato por violencia machista a Marcha Mundial das Mulleres convoca un acto en Ferrol

20090717



A Marcha Mundial das Mulleres, ante o asasinato de María Luz Tapia convoca unha concentración diante do Concello de Ferrol, hoxe 17 de xullo às 20hs.

As vidas roubadas das mulleres vítimas da violencia machista, a dor e o futuro truncado das súas familias, son petadas na conciencia dunha sociedade que debe reaxir contra esta expresión brutal do patriarcado, condenando e marxinalizando todas as expresións políticas, relixiosas, culturais, empresariais... que pretenden recortar os nosos dereitos, converternos en seres tutelados carentes de soberanía, e fazer das relacións afectivo- sexuais un terreo abonado pola sumisión e a desigualdade.

Ferrol, 17 de xullo de 2009

Lupe Ces Rioboo
http://lupeces.blogspot.com/

Enviado por:
lupe ces
-lupeces@gmail.com
17 de julho de 2009 14:39

________________________

Postado por Saúde e Liberdade ! às 15:00  

0 comentários:

Postar um comentário

Colectivo Ártabra 21 - Designer: Douglas Bowman | Dimodifikasi oleh Abdul Munir Original Posting Rounders 3 Column