A ACTUALIDADE DO QUE PASA EN HONDURAS
Para outra información diferente á convencional acceder a TeleSuRTvA Mesa impulsa a creación dunha plataforma social en defensa do galego
20090702
O colectivo convida a diferentes entidades para facer unha fronte común.
A Mesa pola Normalización Lingüística vén de facer unha convocatoria aberta a todas as entidades que teñan interese en formar parte dunha plataforma social en defensa do galego. A xuntanza celebrarase o vindeiro martes 7 de xullo ás 17 horas na Galería Sargadelo de Santiago.
Dende A Mesa fan fincapé no carácter plural da convocatoria por que “a lingua a todas e a todos nos afecta, a todas e a todos nos implica”. Entre os asuntos que se abordarán estará o dunha Iniciatiava Lexislativa Popular que garanta o dereito a poder vivir en galego.
02/07/2009
Fonte: Vieiros
_____________
Un manifesto pide unha iniciativa lexislativa popular a prol do galego
Unha comisión cidadá critica ao PP polos seus ataques á oficialidade da fala dende que regresou á Xunta [+info en Xornal.com]
_______________












































