Esquerda Unida pide a exención do IBI para as e os desempregad@s con cargas familiares

20091016



  • O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA   RECLAMA   A EXENCIÓN TOTAL DO IBI PARA OS E AS DESEMPREGADAS CON CARGAS FAMILIARES
  • ESQUERDA UNIDA RECLAMA DO GOBERNO MUNICIPAL  UNHA POLÍTICA IMPOSITIVA ATENTA  ÁS NECESIDADES DOS SECTORES MÁIS GOLPEADOS POLA CRISE  

O Consello local de Esquerda Unida reclama do Goberno Municipal que desenvolva unha política impositiva favorable e atenta as situacións de necesidade derivadas da actual crise económica.

Esquerda Unida considera necesario e achega a demanda ao Goberno Municipal que diante da situación de crise, as e os desempregados da nosa cidade  con cargas familiares e cuns ingresos por unha  prestación ou polo subsidio inferiores ao salario mínimo interprofesional sexan eximidos de aboar o imposto de bens inmobles. 

A proposta da nosa organización pretende aliviar a situación económica das e dos desempregados da nosa cidade e, xa que logo,  instrumentar unha política tributaria máis xusta socialmente, por amosarse atenta as situacións derivadas da crise económica.

A merma dos ingresos  que se produza pola implementación desta medida vai recaer nunha  administración que ten uns recursos e  unha capacidade de endebedamento moi superior á dos particulares.

A nosa organización non pode compartir que as exencións recaian nas fundacións das entidades financeiras, nos poderosos da nosa comunidade, que seguen a obter grosos beneficios tras recibir as axudas públicas sen contrapartidas de ningún tipo, e que non haxa os reflexos e o sentido de xustiza para bonificar a un colectivo tan numeroso como necesitado como é o dos traballadores no desemprego.

Ferrol, 15 de outubro  de 2009
Consello local de Esquerda Unida

Web de Esquerda Unida:
http://www.esquerdaunida.org/

Enviado por:
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
15 de outubro de 2009 17:54


Boa tarde:
No arquivo enviámosvos  unha nota de prensa en relación coa demanda de exención do IBI para as e os desempregados con cargas familiares.
Recibide un saúdo.
Asdo. Ricardo Ledo
Secretario de Organización

__________________

Postado por Saúde e Liberdade ! às 00:17  

0 comentários:

Postar um comentário

Colectivo Ártabra 21 - Designer: Douglas Bowman | Dimodifikasi oleh Abdul Munir Original Posting Rounders 3 Column