Preguntas presentadas no Congreso dos Deputados por Esquerda Unida en relación coa situación do Prestige

20091020


  • ESQUERDA UNIDA PRESENTA NO CONGRESO DOS DEPUTADOS DÚAS PREGUNTAS EN RELACIÓN COA IMPUTACIÓN DE LÓPEZ SORS
  • ESQUERDA UNIDA PREGUNTA POLAS CONSECUENCIAS ECONÓMICAS DERIVADAS DUNHA HIPOTÉTICA CONDENA
  • ESQUERDA UNIDA DEMANDA DO GOBERNO DO ESTADO UNHA VALORACIÓN DA IMPUTACIÓN DO EX DIRECTOR XERAL
Esquerda Unida vén de presentar no Congreso dos Deputados dúas preguntas parlamentarias ao obxecto de que o Goberno do Estado clarexe cal é a súa postura diante do xiro producido polo auto da Audiencia Provincial da Coruña, no cal volta a imputar ao que entón era director xeral da mariña mercante, José Luis López – Sors, como presunto autor dun delito medioambiental pola súa actuación na decisión de afastar o Prestige.

Segundo o exposto no seu escrito de acusación, Esquerda Unida – única organización política persoada na causa – reclamaba a imputación de López – Sors e a Audiencia vén de darnos a razón, cando no auto cualifica a decisión de afastar o buque como erro clamoroso, e cando afirma que as probas reunidas na fase de instrución do sumario amosan o seu desacerto na xestión da crise, até facer constar que as súas actuacións foron peor imposible.

No auto a Audiencia critica a compracencia cun rumbo suicida, estimando que non se valorou de maneira adecuada a situación real do buque e a decisión de afastalo non proporcionaba unha solución de intervención co obxectivo de salvar a nave.

O deputado de Esquerda Unida, Gaspar Llamazares, presenta, xa que logo, estas dúas preguntas para as que solicita resposta por escrito do Goberno central:

¿ Cal é a valoración que fai o Goberno da imputación do ex director xeral da Mariña Mercante polas súas responsabilidades na orde de alonxar o Prestige e o
conseguinte delito medioambiental cometido ?

¿ Cales poderían ser as consecuencias económicas para o Estado, no caso de condea do imputado ?

A nosa organización reclama a maior celeridade para avanzar nunha causa que arrástrase dende o ano 2003.

Compostela,20 de outubro de 2009

Envio por:
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
20 de outubro de 2009 17:31


Estimad@s amig@s:  vaivos unha información de Esquerda Unida nacional en relación coas preguntas presentadas no Congreso dos Deputados por Esquerda Unida en relación coa situación do Prestige. Grazas pola vosa atención. Saúdos, Ramiro Marier

______________________

Postado por Saúde e Liberdade ! às 22:23  

0 comentários:

Postar um comentário

Colectivo Ártabra 21 - Designer: Douglas Bowman | Dimodifikasi oleh Abdul Munir Original Posting Rounders 3 Column