A ACTUALIDADE DO QUE PASA EN HONDURAS
Para outra información diferente á convencional acceder a TeleSuRTv"Últimas iniciativas en intervención institucional na violencia contra as mulleres", este Martes 13 de Outubro, da man da A.C. Lefre de Caldereta
20091013
A.C. Lefre de Caldereta. Q tes na Caldereta?.
(13/10 ás 20.30 horas. Borsalino)
Ola a todas e todos,
O martes 13/10 ás 20.30 horas no Pub Borsalino continuamos como tódolos 2º martes de cada mes coas nosas charlas-tertulias na actividade Q tes na Caldereta?. Esta vez contamos cunha muller de grande traxectoria, tanto en experiencia profesional a nivel docente, coordinadora, asesora, educadora e traballadora social, como en experiencia vital.
Estará con nós Mª Jesús Olivares Rodríguez, máis coñecida como Chus que actualmente é Traballadora Social do Concello de Ferrol (Dirección da Casa de Acollida de mulleres); Achegarémonos da man de Chus a que nos conte máis sobre as últimas iniciativas en intervención institucional na violencia contra as mulleres, as políticas, obradoiros etc que se estan a levar a cabo hoxe en día e os recursos das mulleres contra a violencia machista.
Agardamos por todas e todos vos. Non faltedes.
Difundide.
Saúde
A.C. Lefre de Caldereta
Enviado por:
A.C Lefre de Caldereta
-lefre@lefredecaldereta.com-
12 de outubro de 2009 20:25
_______________________
0 comentários:
Assinar:
Postar comentários (Atom)















































