
A ACTUALIDADE DO QUE PASA EN HONDURAS
Para outra información diferente á convencional acceder a TeleSuRTvOs Titulares de Hoxe -31.08.2009-, do programa de radio Democracy Now!
20090831
- Votantes xaponeses desprazan do goberno a partido conservador
- Agosto convértese en mes con máis baixas militares estadounidenses en Afganistán
- Xornalista de radio CBS gravemente ferido en Afganistán
- Xeral McChrystal reclama nova estratexia en Afganistán
- Pentágono cancela contrato de Rendon Group
- Cheney: investigación sobre torturas "oféndeme moitísimo"
- Blackwater designou a estranxeiros para programa secreto da CIA
- O Presidente colombiano Álvaro Uribe contraeu a gripe porcina
- Arxentina presenta proxecto de lei sobre reforma dos medios
- Tribunal: Comcast pode controlar unha porción maior do mercado de televisión por cable
- O Reino Unido deporta a ex garda de Guantánamo
- Ex Primeiro Ministro Israelí Ehud Olmert é acusado de cargos de corrupción
- Abbas: Non haberá negociacións de paz ata que Israel deteña a construción de asentamentos
- Xornalista de Sri Lanka foi condenado a vinte anos de traballos forzados
- Faleceron dous bombeiros de California
- O senador Kennedy foi sepultado no Cemiterio Nacional de Arlington
- O goberno de Obama intenta obter "control de urxencia" de Internet
[*] En maio do 2005, Democracy Now! comezou a emitir Os Titulares de Hoxe en español que actualmente se escoitan en máis de 200 emisoras en América Latina, 20 en Estados Unidos , 10 en España e outros países. A cobertura segue crecendo.
Escoita os titulares de hoxe:
Democracy Now!
http://www.democracynow.org/
Difundindo Democracy Now! desde Galiza
http://democracia-xa.blogspot.com/
_________________
Marcadores: Democracy Now
Mobilización entre o 1 e o 7 de Setembro: Semana de accións europeas polo prezo do leite
DO 1 ao 7 O PREZO DO LEITE DECÍDESE EN EUROPA
31 de Agosto do 2009
Semana de accións europeas polo prezo do leite
Como anunciabamos na pasada semana, co gallo das reunións que manterá a Comisión de Agricultura e nas que se abordarán medidas que agardamos poñan fin á crise do sector leiteiro, a Coordenadora Europea Vía Campesina, da que o SLG forma parte, fixo un chamamento á mobilización conxunta en Europa do 1 ao 7 de setembro, accións que o Sindicato Labrego Galego secundará dende Galiza, ao igual que as gandeiras e gandeiros franceses, entre outr@s, que xa comezaron hoxe coas mobilizacións en Francia.
O SLG levará a cabo unha semana de accións reivindicativas que fará cumio co desprazamento a Santander o vindeiro luns 7 de setembro (coincidindo coa celebración, en convocatoria extraordinaria, do Consello Europeo de Agricultura), onde a ministra de agricultura Elena Espinosa ten anunciada a inauguración dun curso de verano da Universidade Menéndez Pelayo.
Do 1 ao 5 de setembro terá lugar unha concentración reivindicativa permanente que se realizará mediante relevos en distintas quendas, manténdonos día e noite.
A tales efectos ubicarase unha carpa na Alameda de Santiago de Compostela, onde terán lugar actividades informativas e reivindicativas [*], co obxectivo de abordar en conxunto, produtoras/es e consumidoras/es, as claves da crise do sector leiteiro, aliás de chamar atención sobor dos resultados das reunións europeas, dos que procuraremos ir dando conta a través dos medios de comunicación.
Mañá, martes 1 de setembro, encetaremos a “Semana de accións europeas polo prezo do leite” cunha:
- CONCENTRACIÓN ÁS 11:30 NA PRAZA DO TOURAL.
ENCONTRO COS GRUPOS PARLAMENTARES. 16,30 na ALAMEDA DE SANTIAGO
Na pasada semana convidamos ao BNG, PSOE, EU e PP, grupos políticos que teñen presenza no Parlamento Europeo, para que expresen a súa postura e cal vai ser a posición das e dos eurodeputados do seu grupo na Comisión de Agricultura do Parlamento Europeo (COMAGRI) o día 1, sobre as propostas presentadas pola Coordenadora Europea Vía Campesina o 21 de xullo na comparecencia ante a COMAGRI para saír da crise do leite en Europa e, máis concretamente sobre as que fan referencia ao prezo mínimo, á redución da cota global, a redistribución do dereito a producir, mantemento do control público da produción e o mantemento da regulación dos mercados.
Ao longo de todo o día 1, como durante toda a semana de reivindicacións, terá lugar o reparto de folletos informativos ao respeito da crise do sector leiteiro, ao tempo que a carpa instalada na Alameda será un espazo de encontro entre produtoras/es e consumidoras/es.
PROGRAMA DE ACTIVIDADES DA SEMANA DE ACCIÓNS EUROPEAS POLO PREZO DO LEITE
MARTES 1
11:30hrs.CONCENTRACIÓN na Praza do Toural
16:30hrs.ENCONTRO COS GRUPOS PARLAMENTARES. Carpa na Alameda de Santiago de Compostela.
Reparto de materiais informativos (polas rúas de Compostela) e espazo de encontro (carpa Alameda)
MÉRCORES 2
Ao longo do día: reparto de material informativo sobor da crise do sector leiteiro e a necesidade dun prezo mínimo para o leite.(Polas rúas de Compostela)
20:30hrs. Palestra de Carme Freire Cruces, Secretaria Xeral do SLG: O leite é noso. Poñámoslle o prezo. Proxección de vídeos das recentes mobilizacións do sector leiteiro
XOVES 3
Ao longo do día: reparto de material informativo sobor da crise do sector leiteiro e a necesidade dun prezo mínimo para o leite.(Polas rúas de Compostela).
20:30hrs. Encontro con organizacións sociais e asociacións da Galiza. (Carpa Alameda)Ç
VENRES 4
Ao longo do día: reparto de material informativo sobor da crise do sector leiteiro e a necesidade dun prezo mínimo para o leite.(Polas rúas de Compostela).
20:30hrs. Palestra de Lída Senra Rodríguez, Secretaria de Organización do SLG e Responsábel de sectores gandeiros na Coordenadora Europea Vía Campesina. PreSentación e debate sobre a situación internacional do leite e o modelo da OMC.
SÁBADO 5
Ao longo do día: reparto de material informativo sobor da crise do sector leiteiro e a necesidade dun prezo mínimo para o leite.(Polas rúas de Compostela).
13:00hrs. Palestra de Xosé Ramón Cendán, Responsábel de Relacións Internacionais do SLG. Posición do SLG e proposta para unha nova política leiteira en Europa.
DOMINGO 6
Saída para Cantabria
LUNS 7
Manifestación en Santander
[*] Nota: aqueles medios ou persoas a título individual que desexedes acompañarnos a Santander podedes contactar co gabinete de prensa do SLG no 649 541 773 ou prensa@sindicatolabrego.com
Fonte: sindicatolabrego.com
_________________
Enlaces relacionados:
_____________
Marcadores: Mundo Agrario, Sector Leiteiro
O Instituto Galego de Estatística fai públicos os datos da Estatística de construción de edificios correspondentes a abril de 2009
En abril de 2009 os concellos galegos concederon licenzas para construír 712 vivendas de nova planta
Segundo a “Estatística de construción de edificios”, elaborada polo Instituto Galego de Estatística en colaboración co Ministerio de Fomento, e que resume os datos das licenzas de obra maior concedidas polos concellos galegos, no mes de abril de 2009 concedéronse licenzas para 249 edificacións de nova planta. Sobre edificacións xa existentes, concedéronse licenzas para 123 obras de rehabilitación de edificios e 26 para obras de demolición de edificios. [+info en formato pdf]
O IGE publica hoxe na súa páxina web os datos da Estatística de construción de edificios correspondentes a abril de 2009.
Construción de edificios | Principais resultados | Resultados detallados
Información para Galicia. Datos dende 1990
Información para Galicia e provincias. Datos dende 2000
- Número e superficie de edificios segundo tipo de obra ou destino
- Características dos edificios de nova planta a construír
- Número de vivendas segundo tipo de obra
- Número e superficie de edificios e vivendas segundo tipo de obra
- Número de licencias segundo tipo de obra
Un saúdo
--------------------------------------------------
Servizo de Difusión e Información Estatística
Complexo Administrativo San Lázaro s/n
Instituto Galego de Estatística
15703 Santiago de Compostela
Telf: 981 541589 de 9 a 14 horas, Fax: 981 541323
contacto: http://www.ige.eu/catalogo/
web: http://www.ige.eu
Enviado por:
IGE
-ige.novidades@ige.eu-
31 de agosto de 2009 09:18
_______________
Relacionados:
Os datos do pasado Marzo de 2009
ESTATÍSTICA DE CONSTRUCIÓN DE EDIFICIOS
_____________________
Novo horario do Museo da Natureza e Biblioteca da SGHN Ferrol
de luns a venres
en horario de 09:30 a 13:30 e de 16:30 a 20:30 horas
Enviado por;:
SGHNFERROLGmail
-sghnferrol@gmail.com-
31 de agosto de 2009 11:15
____________________
O "MUSEO DA NATUREZA" se atopa na Delegación de Ferrol da SGHN. Unha Entidade Científica sen ánimo de lucro fundada en 1973, inscrita no Rex. Nacional de Asociacións co nº 584918 e rexistrada no folio 11 das Asoc. Protectoras do Medio Ambiente (Xunta de Galicia)Nº AO/C-000/382 do Rex. de Asoc. Culturais Galegas. Membro do Consello Galego de Medio Ambiente. Incluída no Rex. de Entidades de Carácter Ambiental de Galicia co número 2009/0110.
http://sghnferrol.blogspot.com/
_________________
A Assembleia Geral da ONU declara Herois Mundiais a Evo Morales, Fidel Castro e Julius Nyerere
O documento acrescenta que a decisão foi tomada "após amplas consultas" entre representantes dos Estados que integram essa instância.
D'Escoto lembrou que Morales "foi o que mais ajudou" para que as Nações Unidas declarassem 22 de abril como Dia Internacional da Mãe Terra.
De seu lado, o líder afirmou que o reconhecimento não é para Evo Morales, "mas, para os antepassados e os povos originais" que "sempre defenderam à Mãe Terra".
Acrescentou que insistirá para conseguir que a comunidade internacional reconheça os direitos da Mãe Terra.
Além de Morales, o líder cubano Fidel Castro foi nomeado "herói mundial da solidariedade" e o falecido ex-presidente da Tanzânia Julius Nyerere será reconhecido como "herói mundial da justiça social".
"O que estamos querendo fazer é apresentar perante o mundo estas três pessoas e dizer que eles encarnam as virtudes, os valores dignos de serem repetidos por todos nós", concluiu.
Tirado de: http://www.brazilianvoice.com/bv_noticias/bv_mundo/28730-morales_declarado_quot_her_i.html
A nova em varios sitios:
- http://www.rebelion.org/noticia.php?id=90717&titular=la-onu-nombra-a-evo-morales-%22h%C3%A9roe-mundial-de-la-madre-tierra%22-
- http://www.elnuevoherald.com/noticias/america-latina/story/530076.html
- http://www.eluniversal.com/2009/08/29/int_ava_onu-declara-a-evo-mo_29A2675247.shtml
Enviado por;:
Marcadores: Medio Ambiente, Solidariedade
O impacto da crise sobre os sistemas de protección social
Juan Torres López
Fonte: juantorreslopez.com
Enviado por:
Marcadores: A Crise, Juan Torres López
Profesionais do mundo da saúde pasan á acción para informar dun xeito científico, crítico e veraz sobre a "pandemia" da Gripe A
20090830
Estimad@s amig@s e seguidores de F-CAPE.
Con motivo da información confusa e algo alarmista aparecida nalgúns medios de comunicación un grupo de profesionais da sanidade de toda España estanse organizando para difundir documentos en base a estudos e informes recentemente publicados. O obxectivo que se propón é facer unha procura ampla e sen trabas pola literatura científica dispoñible e realizar unha lectura crítica profesional, logo de validar o seu contido con diversas asociacións e grupos de pacientes e comprobar que se trata de información legible e entendible por calquera persoa. Posteriormente será difundida nos medios e Blogs do sector.
Segundo o noso comunicante "a información versará exclusivamente sobre os aspectos sanitarios da pandemia, que será veraz, de contidos actualizados e realizado dunha forma cientificamente rigorosa. Cremos que os pacientes e a sociedade civil e os nosos propios compañeiros de traballo merecían que unha información así se puxese a disposición de todos, xa que probablemente tanta avalancha de información e tantos intereses e emocións en xogo debuxaron un panorama que para nada cremos saudable nin beneficioso".
Esta información vai ser difundida nas próximas semanas (comezarán a semana que vén) nunha cadea de BLOGS colaboradores comezando cun grupo de 30 Blogs mantidos por profesionais sanitarios do ámbito da atención primaria de saúde, ao unísono e de forma coordinada do medicamento. Nós www.f-cape.org ímonos a sumar a esta iniciativa, aínda que o noso unico obxectivo, como todos sabedes, sexa a recolocación da peligrosísima planta de gas natural licuado situada no corazón da nosa ría de Ferrol.
Enviamos este comunicado para invitar aos Blogs interesados en colaborar con esta iniciativa. Calquera persoa, xornalista, Bloguers, asociación, etc interesada pode enviarnos a súa mensaxe por e-mail a ferrol.cape@gmail.com indicando o seu interese en recibir estes comunicados periódicos. Nós contestaremos enviando o enlace para contactar coa cadea.
Saúdos,
www.f-cape.org
A Información anunciada aparecerá en : http://saludyotrascosasdecomer.blogspot.com/, entre otros blogs.
Enviado por:
Ferrol CAPE
ferrol.cape@gmail.com
30 de agosto de 2009 22:54
___________________
Outro gaseiro que non pode entrar na Ría de Ferrol
Este buque faría o nº 51 dos que arriban a Reganosa cargados de GNL e o 9º que ten que desistir da súa entrada polas circunstancias climatolóxicas adversas.
A improcedente localización da Planta de Gas no interior da ría, en lugar do Porto Exterior, fai que 1 de cada 5 buques, teñan problemas para atravesar a angosta canle de entrada e deban fondear, un ou varios días, á espera dunha marea coas condicións axeitadas.
Membros do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, concentráronse ante o Edificio da Xunta de Galicia, como vén sucedendo cada vez que se anuncia a entrada dun buque cargado de gas natural liquado, para facer patente á cidadanía do perigo constante que supón a Planta e o tráfico dos gaseiros para o empobrecimiento da Ría e para a vida dos seus habitantes. Alí, o coordinador do Comité reclamou das autoridades : Alcalde de Ferrol, Presidente da Xunta, e Presidente do Goberno, que deixen de mirar para outro lado, que sexan conscientes do grave perigo que supón e que tomen as medidas necesarias para a paralización da planta e o seu traslado fóra da Ría.
O de hoxe deriva soamente nun gasto económico adicional, pero si esta situación se dera co buque dentro da ría e a tivera que abandonar precipitadamente por unha emerxencia, estaríamos posiblemente ante unha traxedia irreparable.
Ainda estamos a tempo:
¡PLANTA DE GAS FORA DA RÍA!
Enviado por:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
30 de agosto de 2009 00:57
--
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
__________________
Marcadores: Planta de gas, Reganosa
Karoll William hoxe en Ferrol para participar no Segundo Certame Solidario de Ferrol
20090829
Letra da canción
Di que NON!
Fai tempo que estou vendo que este mundo está patas pa´rriba,
a xente paga co seu sangue o prezo da vida,
os nenos choran,
porque o famento non ten saída,
e morren baixo o lume da terra prometida.
Os ricos dividindo a cañonazos o planeta
coa supremacía branca a punta de escopeta.
Atacando bastións, relixións e profetas
en nome dunha paz con metralleta.
E están televisando o que pasa,
están levando o odio aos recunchos da túa casa,
están facendo un show co abuso e a matanza,
están medindo o rating criminal da vinganza.
Agora que o mundo cambiou,
que os asasinos queren á xente.
Agora que están atacando aos nenos con bombas máis intelixentes.
Agora que corre o sangue en nome da paz,
agora que hai lume amigo.
Agora que di a tele que todos os pobres somos inimigos.
Di que non... A guerra non pode seguir.
Di que non... Os nenos non deben morrer.
Di que non... Un Non á guerra irmán,
xuntando as nosas mans, soñemos co porvir
Eu pensei que era Nintendo aquilo que eu estaba vendo.
Na pantalla da miña Panda a xente estaba morrendo.
Vin un indixente chorando e un presidente mentindo,
a guerra comezando, vin par de bombas caendo,
continentes protestando, policías reprimindo,
a bolsa cambaleando e o petróleo vai subindo.
Vin un terrorista gozando e cinco mozos sufrindo,
todo un pobo loitando, pero outro pobo morrendo.
Vin os ollos daquel neno que as tropas han mata´ou,
por estar no momento e o lugar equivoca´ou.
Agora que o mundo cambiou,
que os asasinos queren á xente.
Agora que están atacando aos nenos con bombas máis intelixentes.
Agora que corre o sangue en nome da paz,
agora que hai lume amigo.
Agora que di a tele que todos os pobres somos inimigos.
Di que non... A guerra non pode seguir.
Di que non... Os nenos non deben morrer.
Di que non... Un Non á guerra irmán,
xuntando as nosas mans, soñemos co porvir
Convencións e tratados que botaron polo caño do lavabo,
comisións que buscaron pero que non atoparon.
Consellos divididos, todo un pobo ameazado.
Estou fronte á tele saturado
de boletas que compran e véndense por cheas,
da manipulación que hai coas opinións.
Cowboy fillo de papi que comprou as eleccións.
De toda esta candanga xa estou ata os collóns.
Di que non, e ponche en 3 e 2 con to´esa xente
que quere encher o tanque sacrificando inocentes.
Dei que non, porque o chamaco teu pode ser
o que saíu en primeira plana, esta mañá, morto´e bala.
¡Di que non!
A guerra non pode seguir.
Di que non... Os nenos non deben morrer.
Di que non... Un Non á guerra irmán,
xuntando as nosas mans, soñemos co porvir
¡Di que non!
¡Di que non!
¡Di que non!
¡Non!
http://www.hoyocolorao.com/banda.html
_______________
Marcadores: Ferrol Solidario, Solidariedade
Adega Informa: cacerola novo gaseiro, outras novas, proxima xuntanza. ... nova contaminación en Caranza e un Premio para Adega
Concentración-cacerolada entrada noso gaseiro "ilegal" na ría de FerrolFerrol 29.8.2009. Ás 8 da Tarde concentración-cacerolada de repulsa ante a entrada "ilegal" dun novo gaseiro na ria de Ferrol cara a pranta de regasificación de Mugardos. Lugar:Diante do Edificio da Xunta de Galicia (Praza Amada García – Praza de España – Ferrol). Convoca o Comité Cidadán de Emerxencias e os colectivos que o apoiamos (... Adega, ..).
Levantamento do Porto Carboeiro
ADEGA-Trasancos vai solicitar o levantamento do porto carboeiro de Ferrol, posto que o carbón descargan agora no porto exterior.
Sobre Contaminación da Praia de Caranza
Tirado do Diario de Ferrol:
D.R.G. > FERROL
A praia da ensenada de Caranza permaneceu durante tres xornadas pechada ao baño. O pasado martes, o Concello colocou a pé de area indicacións con esta prohibición tras deixar a acción do mar ao descuberto unha tubaxe de augas fecais que verte directamente á ría.
Os carteis con esta restrición continuaban onte na praia, a pesar de que a prohibición xa está levantada unha vez que os técnicos de Emafesa comprobasen o estado da tubaxe. A concelleira de Medio Ambiente e Servizos, María López, explicou onte que a acción do mar deixou ao descuberto esta canalización que "desde fai 30 anos verte directamente ao mar, pero que ata agora permaneceu oculta baixo a area".
De todos os xeitos, esta non é a primeira, nin a segunda, nin a terceira vez que se pecha ao baño o areal de Caranza; e con este achado de novo vólvese a pór en cuestión a calidade das augas da mesma.
Así, aínda que a tempada de praias está na súa recta final, o asunto será hoxe motivo de debate político no pleno de fin de mes da corporación municipal de Ferrol debido a unha moción respecto diso de Esquerda Unida (EU). Na súa iniciativa, a formación que lidera Yolanda Díaz reclama que se aclaren as causas da contaminación que xa obrigou a prohibir o baño neste areal noutras tres ocasións anteriores: o pasado 29 de maio, así como os días 3 e 10 de xullo.
A portavoz de EU aludiu o pasado martes ao "principio de precaución" para demandar que non se permita á xente penetrarse nestas augas: "pedimos que se hai dúbidas cando menos se sexa cauteloso", dixo. Neste sentido, reclamou que "se faga un estudo para coñecer as causas destas anomalías perigosas para a saúde pública, que debe estar por riba de todo".
A concelleira sinalou que Esquerda Unida leva desde antes do inicio da tempada de praias con esta demanda, sinalando que "temos a obriga de informar á xente sobre a situación do areal de Caranza e que saiba ou que pode pasar". Respecto diso, na moción que esta tarde leva a pleno, EU denuncia que "a transparencia informativa está a fallar porque se oculta, e xa que logo descoñecemos, as causas e as modalidades dá contaminación". Unha falta de información que vulnera a ordenanza de praias, posto que "é un deber do Concello informar aos usuarios sobre a calidade dás augas de baño", indicou Díaz.
Vecin@s> A asociación veciñal Cuco Ruiz de Cortázar, pola súa banda, cuestionou onte o método seguido pola Xunta para realizar as análises. Para eles, estes realízanse de xeito incorrecto.
Sosteñen que os técnicos limítanse a coller mostras na beira, á altura da ermida, "cando o correcto sería tomalas no centro da praia a 80 metros de profundidade", explicaron onte desde a entidade.
Reunión ordinaria de adega
ADEGA-Trasancos: Vai-se reunir o vindeiro Martes, 1 de Setembro de 2009, ás 8 da tarde nos Locais da asociación veciñal no Centro Cívico e Cultural de Caranza.
Información adicional na web de ADEGA sobre algunhas destas reivindacions
Enlace de interese: adega.info/
Baseado na información enviada por:
Marcadores: ADEGA, Medio Ambiente
Nova convocatoria de reunión para falar sobre os Orzamentos Participativos, o mércores 2 de Setembro, no local social de Valón
[O concelleiro de Participación Cidadá, Manuel Santiago, explicou o procesoFoto de DANIEL ALEXANDRE ]
Convocatoria_Orzamentos Participativos
Estimados/as veciños/as,
O próximo mércores 2 de setembro ás 19:00 horas imos manter unha nova sesión no local social da A.VV. O Cruceiro de Valón. Sería convinte que puidésemos avanzar sobre os seguintes puntos:
- Criterios de priorización de propostas en función do que traballou cada barrio e o GAP.
- Que órgano aproba o regulamento (intentaremos traer a esta sesión tamén as achegas dos diferentes grupos políticos)
- Datas das asembleas.
- Xestión dos locais sociais para depositar a ficha do rexistro de participantes.
Apertas,
Área de Participación Cidadá E DEPORTES
Maica Rodríguez Freire, técnica en Participación Cidadá
Praza de Armas, s/n. 1º andar. 15402 Ferrol
Tel.: 981.944.015 / Móbil: 696.112.691
participacion@ferrol.es
Enviado por:
Participación Cidadá
-participacion@ferrol.es-
28 de agosto de 2009 13:46
______________________
Enlaces relacionados:
Venres, 28 de agosto de 2009 |
O edil Manuel Santiago dá conta dos acordos adoptados polo Grupo Motor e o GAP na súa última reunión de traballo. As charlas para difundir este proceso continuarán hoxe, no local da Xunta Veciñal de Doniños, a partir das 19 horas |

Documentos interesantes:
- Poden-se baixar dos Arquivos Ártabros [en formato -pdf- 14 páxinas] o Borrador de Regulamento do proceso piloto para a elaboración de Orzamentos Participativos. Concello de Ferrol 2009: Baixar
- Enlace para consultar o Regulamento de Participación Cidadá -37 páxinas en formato pdf-
Blog que informa sobre:
___________________________
Marcadores: Participación cidadá
Responsabilidade social
27.08.2009
Un estudo realizado en todo o Estado español amosa que un 54% dos que demandan emprego xa están traballando. Queren aceder ao pluriemprego para completar os ingresos salariais, facendo horas extras despois do traballo cotiá, os fins de semana e mesmo nas vacacións. Trátase fundamentalmente de inmigrantes que están dispostos a realizar xornadas máis longas para completar os ingresos. Abraia que a porcentaxe multiplicou por cinco desde o pasado ano, e ademais o estudo reflicte que son persoas dispostas a aceitar calquera tipo de emprego e de menor cualificación.
Evidentemente este aumento de solicitudes de pluriemprego ten relación coa crise unido a un recuar das condicións laborais, e complicará moito a redución do desemprego. Compre termos en conta que o INEM considera que catro de cada dez parados teñen poucas posibilidades de acadar traballo, porcentaxe que atinxe o 57,3% cando se trata de maiores de 45 anos.
Hai algún medio de información económico que fala dunha seleción que deixa fóra aos menos preparados, porén a peneira empresarial parece responder sobre todo a criterios de custes salariais e neutralizar as persoas máis reivindicativas, algo que moi doado cunha enorme man de obra de reserva.
O medre da contratación irregular de inmigrantes, no ano 2008 foron descubertas 588 persoas traballando nestas condicións en Galiza, un 20% máis que un ano antes, demostra que un sector da patronal está disposta a actuar fóra da Lei para aumentar lucro, a costa de salarios baixos e canear os seguros sociais. Esta tendencia con seguridade crece nun intre como o actual onde a crise parece xustificalo todo nas empresas, e cando pode acadar estes fins por procedementos semi-legais. Esquecen que teñen unha responsabilidade social, ou sexa: cos operarios e o lugar onde obteñen os beneficios.
Artigo publicado no Diario de Ferrol
[*] Manuel Mera Sánchez, é Secretario confederal de Formación Sindical e Comunicación da Confederación Intersindical Galega (CIG). Membro do Movemento Galego ao Socialismo, formación de recente constitución integrada no BNG.
______________________
Outros artigos de interse de Manuel Mera no xornal sindical Avante
- 25/08/2009 Recuperación económica?
- 19/08/2009 Axudas con criterios partidistas aos medios de comunicación da Xunta de Galiza
- 18/08/2009 Bóveda: teimosía e coherencia
- 12/08/2009 A política exterior de Barack Obama
- 07/08/2009 Axitación en Oseira
- 29/07/2009 Encol das estatísticas e enquisas
- 23/07/2009 Nicaragua: Sandinistas no poder
- 15/07/2009 O profundo laio do rural
- 07/07/2009 O labirinto arxentino
- 01/07/2009 As dimensións da crise
- 23/06/2009 Pervivencias coloniais no Perú
- 09/06/2009 O metal na rúa
Marcadores: A Crise, Manuel Mera
Instan ao Goberno Municipal para que proceda, consonte os compromisos recollidos no acordo orzamentario para este exercicio, a facer realidade a reurbanización da Praza de Sartaña

Informacións do Grupo Municipal de Esquerda Unida
- O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA URXE AO GOBERNO MUNICIPAL A DESENVOLVER A REURBANIZACIÓN DA PRAZA DE SARTAÑA
- A VOCEIRA DO GRUPO MUNICIPAL APOSTA POLA MELLORA DUN ESPAZO PÚBLICO AO SERVIZO DA CIDADANÍA
- ESQUERDA UNIDA INCORPOROU A REURBANIZACIÓN DA PRAZA NO ACORDO ORZAMENTARIO PARA ESTE ANO
Para Esquerda Unida a Praza de Sartaña foi un dos exemplos de loita e reivindicación cidadá que aconteceron no mandato anterior e que a nosa organización fixo seu. De feito no noso paso polo Goberno anulamos as actuacións emprendidas polo anterior goberno da dereita, como primeiro paso cara a reurbanización da devandita praza.
A Voceira do Grupo Municipal, Yolanda Díaz, considera que vai tempo dabondo para dar ese paso adiante, necesario, consistente na reurbanización da Praza de Sartaña, para facer dela un espazo público mellorado ao servizo da nosa veciñanza.
A demanda do movemento veciñal da zona é firme na necesariedade e urxencia de acometer esta obra para achegar mellorado un espazo de relación social e vida comunitaria nunha zona que adoece deles.
A nosa organización quere insistir na falla de ritmo coa que o Goberno Municipal acomete ou incluso adía os compromisos adquiridos co noso Grupo Municipal e coa cidadanía en xeral.
Enviado por:
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
28 de agosto de 2009 15:34
Prezad@s amig@s: vaivos no arquivo un Informacións referente a demanda de reurbanización da Praza de Sartaña. Grazas pola vosa atención.
Saúdos, Ramiro Marier
______________________
Marcadores: EU-IU, Sartaña, Sartaña: Praza Pública
Nova Masacre en Colombia: Exterminio sistemático do pobo indíxena Awá
Respondendo ao chamamento urxente do pobo Awá, reproducimos na nosa web un pedido urxente ás organizacións sociais e populares, aos organismos defensores de dereitos humanos nacionais e internacionais para que se solidaricen e promovan accións destinadas a visibilizar e denunciar a grave masacre sucedida fai dous días nunha comunidade Awá.
Máis información para iso e un modelo de carta para protestar ante as autoridades colombianas atopan na nosa web:
http://www.salvalaselva.org
Non deixen de asinar hoxe mesmo e axuden a difundir esta mensaxe entre tod@s aqueles que poidan estar interesados en asinar a acción. Moitas grazas e un saúdo afectuoso
Guadalupe Rodríguez
Salva a Selva
www.salvalaselva.org
Berlin, Alemaña
Tel.: 49 (0)30- 51736879
Ademais: Continúa a acción para defender as tartarugas en Costa Rica e Gran éxito en Chiapas: o defensor de de a Sierra Nai de Chiapas en contra da minería transnacional a gran escala, Don Mariano Abarca, que nun principio se pensou secuestrado pero que fora inxustamente detido polas autoridades e criminalizado inxustamente polas súas actividades de resistencia, foi liberado onte e atópase san e salvo no seu domicilio. Desde México agradecen de corazón a todos polas numerosas cartas que mandaron e polos chamados telefónicos de presión.
Enviado por:
Rettet den Regenwald e.V.
-info@regenwald.org-
29 de agosto de 2009 05:21
______________________
Enlaces relacionados:
- Colectivo Ártabra 21: Nova Masacre en Colombia: Exterminio ...
Respondendo ao chamamento urxente do pobo Awá, reproducimos na nosa web un pedido urxente ás organizacións sociais e populares, aos organismos defensores de ...
Marcadores: Medio Ambiente, Solidariedade
Unha vez máis o Comité Cidadán convoca unha acción de protesta, para este Sábado 29 de Agosto, polo anuncio de entrada na nosa Ría dun gaseiro cargado con GNL para Reganosa
20090827
Características do buque: Nome.- Madrid Spirit, Bandeira.- España, Eslora.- 284.40 m, Manga.- 42.50 m, Calado máximo.- 12.30 m, Capacidade.- 138.000 m3
¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡
Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán:
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
__________________________________
Enviado por:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
27 de agosto de 2009 21:14
_______________________________
Marcadores: Planta de gas, Reganosa
O grupo Som do Galpom actuará o Venres 28 de Agosto, ás 10 da noite, na Praza de Armas dentro do Programa das Festas de Ferrol
Este é un grupo en alza, dentro das formacións galegas, a súa música, as súas letras, o seu compromiso, todo un conxunto que paga a pena apreciar
"Som do Galpom nace en Decembro de 2005 nunha aldea (A Moniña) perto de Compostela. A verdade é que todos os integrantes do grupo traíamos múltiples e variadas propostas do tipo de música que queríamos facer. Sem embargo, todos coincidíamos en apostar por unha formación innovadora e orixinal que se apoiase nas raíces de tres estilos de música diferentes que, ao mesmo tempo, semellaban moi parellos como son: o funky, o reagge e o rap. De fondo, sentíase o latexo dunha idea que consistía en apoiar toda a nosa música sobre bases totalmente instrumentais. É dicir, pretendíamos dar un paso maís no panorama musical que vivimos neste S.XXI (era das máquinas) deixando de lado as produccións electrónicas. ..." [+info en Komunikando.net]
__________________________
Enlaces relacionados:
http://www.komunikando.net
http://www.myspace.com/somdogalpom
http://www.somdogalpom.com/
________________________________
Segundo o IGE a economía galega rexistra un crecemento negativo (-3,2%) no segundo trimestre de 2009
Contas económicas trimestrais. Segundo trimestre de 2009
27 de agosto de 2009
A economía galega rexistra un crecemento do -3,2% no segundo trimestre de 2009
O Produto interior bruto (PIB) xerado pola economía galega no segundo trimestre de 2009 rexistrou un descenso do 3,2% con respecto ao mesmo período do ano anterior, medido en termos de índices de volume e con datos corrixidos de efectos estacionais e de calendario.
Este descenso é superior en 1,1 puntos á caída rexistrada no trimestre anterior.
O crecemento interanual do PIB galego supera en 0,9 puntos ao dato avance difundido polo INE de crecemento economía española (-4,1%).
O descenso intertrimestral sitúase no 0,9%, 1 punto inferior ao retroceso do trimestre anterior.
Poden atopar máis información en: ige.eu
Noticia: A economía galega rexistra un crecemento do -3,2% no segundo trimestre de 2009
Poden atopar máis información na nota de prensa para os medios de comunicación en: ige.eu
Un saúdo
Baixar a información completa nun documento en formato -pdf-
Enviado por:
Servizo de Difusión e Información Estatística
ige.novidades@ige.eu
27 de agosto de 2009 09:22
Instituto Galego de Estatística
Complexo Administrativo San Lázaro s/n
15703 Santiago de Compostela
Telf: 981 541589 de 9 a 14 horas, Fax: 981 541323
contacto: http://www.ige.eu/catalogo/
web: http://www.ige.eu
_____________________
Charla en Doniños, Venres 28 de Agosto, sobre as necesidades da parroquia e os orzamentos participativos
2ª CHARLA INFORMATIVA - DONIÑOS
2ª Charla Informativa sobre Orzamentos Participativos.
Análise das necesidades da parroquia.
Día 28 de Agosto, ás 7 da tarde, no Local Social da Xunta Veciñal de Doniños.
Intervirán:
- María Fernández , Asoc. Mulleres Rurais de Doniños.
- Mª José Fernández, Asoc. San Román.
- Magdalena Gonzalez, Asos. Prioriño.
- Pilar Díaz, Asoc. Xunta Veciñal de Doniños.
Publicado por Participación Cidadá de Ferrol para PARTICIPACIÓN CIDADÁ-FERROL el 8/27/2009 06:53:00 PM
Enviado por:
x.mel sanxoan
-melsanxoan@gmail.com-
27 de agosto de 2009 21:19
_____________________
Marcadores: Participación cidadá
A Marcha Mundial pola Paz e a Non Violencia, será a protagonista, estes 29 e 30 de Agosto, no Encontro Solidario que se organiza anualmente no Cantón de Ferrol
- Sábado 29 de Agosto: de 12 a 14 horas e de 17 a 20 horas
- Domingo 30 de Agosto: de 12 a 14 horas e de 17 a 20 horas
O sábado, pouco despois das 12 do mediodía, representantes da Marcha farán unha intervención, logo das palabras de representantes do Concello, para dar apertura ao evento. Agardamos a vosa presencia e participación na divulgación da proposta d'Un mundo sen guerras.
Un saúdo a tod@s !
Susana

Enviado por:
Marcha Mundial pola la Paz e a Non Violencia - Ferrol
"... Beatriz Sestayo avanzaba que este ano o Certame Solidario renderá tributo á Marcha Mundial pola Paz. Unha acción promovida pola Organización Internacional “Mundo sin guerra” que botará a andar o vindeiro 2 de outubro en Nova Zelanda e rematará na cordilleira dos Andes o 2 de xaneiro de 2010 e á que o Concello de Ferrol como moitas outras cidade do mundo se adhería hai unhas semanas para reclamar a través de diversas accións e actividades simbólicas o fin das guerras e da violencia. Na urbe naval estará a finais de outubro pero antes e para dar a coñecer este proxecto entre a cidadanía ferrolá o Certame Solidario contará cun stand informativo. ..."
Máis información do evento na páxina web do Concello: ferrol.es
_________________________
Marcadores: Marcha Mundial pola Paz e a non Violencia
O Colectivo Ártabra 21 reitera a súa oposición á construción dun novo estacionamento soterrado na Praza do Concello [Praza de Armas]
20090826

Estes días asistimos a un debate social nos medios de comunicación locais, a raíz da aprobación por parte do Pleno do Concello de Ferrol [06.07.2009] do "Estudo de Viabilidade do Párking da Praza de Armas", co voto a favor do PSOE e BNG, e a abstención do resto -PP, EU e IF-, estudo de viabilidade elaborado pola firma IDOM, e que proxecta un estacionamento soterrado de 8.200 m2, tres plantas e un mínimo de 320 prazas [publicado o anuncio de exposición pública no BOP o 14.07.2009].
Debemos entender que este barrio da Magdalena, a diferenza doutros, está situado dentro dun CASCO HISTÓRICO onde teñen que se definir unhas políticas específicas e protectoras, impulsando ZONAS PEONÍS como prioridade principal das persoas fronte aos coches.
Entendemos que se debe impulsar un transporte público de calidade como alternativa ao uso do transporte privado así como viais de servizo público, ademais da implantación de CARRÍS–BICI.
Colectivo Ártabra 21
artabra21@gmail.com
25 de agosto de 2009 01:15
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara ao futuro da humanidade, respeituosa e defensora do medio natural
Ferrol, Terra de Trasancos e Bezoucos
Blog do Colectivo Ártabra 21
http://artabra21.blogspot.com/
- O Consello Local de EU de Ferrol e a reforma da Praza de Armas [23.09.2008]
- O goberno leva hoxe a pleno o rescate do párking de Armas tras o acordo entre concesionario e comerciantes [16.02.2009]
- Por que furar Ferrol ? [18.02.2009]
- Esquerda Unida denuncia a situación de irregularidade na que se atopa a día de hoxe o estacionamento da Praza do Concello e outras denuncias [26.03.2009]
- O pleno aproba o estudo de viabilidade do párking da praza de Armas sin ningún voto en contra [06.06.2009]
- Asemblea Aberta para tratar o asunto do Estacionamento da Praza de Armas de Ferrol [15.07.2009]
- A praça do concelho de Ferrol para as pessoas, nom para os veículos: praça pública sim, estacionamento nom! [31.07.2009]
- Peotanización e pacificación do tráfico na Magdalena [02.08.2009]
- Blogue Mobilidade Urbana Soustentábel
Boletín de Traballo do Colectivo Ártabra 21 sobre a Mobilidade Urbana Sustentábel - Documentos, Enlaces, Noticiario - Estacionamentos Soterrados - O caso da Praza de Armas de Ferrol - Praza do Concello - Casco Histórico
- Programa 21 das Nacións Unidas
- Aalborg+10
- A Axenda 21 Local
- PERI - Plan especial de protección e rehabilitación do barrio da Magdalena - aprobado o 27.09.2007
- Plan Urban de Ferrol
Marcadores: Estacionamento da Praza do Concello, Estacionamentos, Mobilidade Urbana
Atención !!!: Videos de moito interese - A crise Sistémica -
20090824
-Manuel Talens | Madrid, Maio de 2009-
Chris Martenson's Blog - El Crash Course en Español - Aug. 8, 2009 | Blogs at Chris Martenson - Chris Martenson's Blog, Crash Course, Espanol, Spanish, Translation
Esta serie de vídeos explica moi ben a situación de crise sistémica terminal na que estamos envoltos. Moi recomendable!
08.08.2009
"Benvidos ao Crash Course.
O usamericano Chris Martenson doctorou-se en ciencias na Duke University [Durham, North Carolina]. É autor do Crash Course, que rapidamente recibiu grandes eloxios e alcanzou unha enorme popularidade na súa versión inglesa orixinal. O Crash Course pretende axudarlles a comprender a natureza dalgúns retos de extraordinaria gravidade para a nosa economía e a súa futura prosperidade. O que están vostedes a piques de ver é unha versión moi resumida dun seminario de entre 6 e 8 horas que Chris Martenson estivo impartindo desde fai catro anos no seu país, Usamérica.
Grazas a Manuel Talens, quen ofreceu gratuitamente o seu tempo e esforzo para traducilo ao español, compráce-nos presentar o Crash Course de Chris Martenson en español. Esperamos que sexa proveitoso".
"Ola, chámome Atenea Acevedo e son a presentadora desta serie. O Crash Course integra diversos temas aparentemente dispersos para formar unha soa narración. Falaremos de economía, enerxía e medio ambiente, e iso porque na encrucillada de tales temas é onde se conta a historia máis transcendental de calquera xeración".
"Unha vez concluída esta presentación comprenderán e pensarán a economía de xeito totalmente distinto. Vou ofrecer un marco que clarificará o que, para moita xente, é un asunto profundamente confuso. Chris Martenson necesitou varios anos para recompilar e desenvolver a información deste breve curso nunha narración altamente condensada".
"Debo advertir que para algúns non será fácil, porque falaremos dalgúns cambios descomunais que, preciso é recoñecer, son moi dificultosos de concibir".
"Pretendo cambiar as súas opinións e ata poida que enfrónteme a algunhas das crenzas máis arraigadas [por exemplo, O crecemento é bo e O futuro parecerase ao pasado ou O dólar é un valor seguro]. Tratarei de convencer de que xa vai sendo hora de que se aprenda, preste atención e se pase a acción".
Enlace coa serie de Videos:
http://www.chrismartenson.com/crashcourse/espanol
Enlace de moito interese:
http://www.chrismartenson.com/blog/el-crash-course-en-espanol/24286
--
Manuel Casal Lodeiro 'Casdeiro'
["Either we tactfully manage to reduce our environmental load, or resource constraints and pollution will limit it for us unpleasantly" - Jason Bradford, 2007]
http://www.Cenit-del-Petroleo.info
·····································
ESPALLA! Lista de espallamento de novas, convocatorias e outro material por outra Galiza posíbel.
·····································
Envíos ---> espalla@redeanticapitalista.org
Espalla esta mensaxe!!!
Enviado por:
Manuel Casal Lodeiro
-casdeiro@degalicia.org-
22 de agosto de 2009 11:00
_________________

_________________________
Marcadores: A Crise, Rede AntiCapitalista Galega
Titulares desde o Sur a 24 de Agosto de 2009
Ademais, Amorín e Falconí tratarán o tema bilateral, especificamente sobre a área do investimento e o potencial incremento da relación comercial.
- Funes chega a Chile este luns para firma de convenios de cooperación bilateral
- Centos de ''Voces contra o golpe'' cantaron en Tegucigalpa
- Fidel Castro recibíu a graduandos de universidade venezolana
- Chávez advirte que EE.UU. ven por reservas naturais latinoamericanas
- Goberno boliviano fortalece dereitos de pobos orixinarios con entrega de terras
- Arxentina conmemora natalicio do escritor Jorge Luis Borges
- Feira Internacional do Libro en Bogotá recibiíu máis de 400 mil visitantes
- Voraz incendio continúa arrasando bosques da capital grega
- Fiscalía de Venezuela investiga actos de violencia en marcha opositora
- Colombia vai a Bariloche a ''falar de todos os temas'', non só das bases, di Canciller
- Corte Suprema de facto hondureña rexeita proposta de Arias
- Goberno de facto de Honduras ameaza a cura católico con expulsa-lo
Opinión:
Fonte: telesurtv.net
Enviado por:
Convocatoria reunión sobre Orzamentos Participativos, para o 26 de Agosto no local social de Valón
Estimados/as veciños/as,Continuamos co traballo relativo ao proceso de orzamentos participativos; como sabedes na última reunión do Grupo Motor e o Grupo de Análise e Proposta, acordamos manter unha nova xuntanza este mércores 26 de agosto; será no local social da A.VV. do Cruceiro de Valón, ás 19,00 horas.
Trataremos os seguintes puntos:
- Validar os acordos da última reunión e pechar o borrador do regulamento de orzamentos participativos 2009, determinando quen valida o documento (Grupo Motor e GAP) e/ou asemblea.
- Datas da planificación ou plan de traballo.
Unha aperta,
Área de Participación Cidadá E DEPORTES
Maica Rodríguez Freire, técnica en Participación Cidadá
Praza de Armas, s/n. 1º andar. 15402 Ferrol
Tel.: 981.944.015 / Móbil: 696.112.691
participacion@ferrol.es
Enviado por:
Participación Cidadá
-participacion@ferrol.es-
24 de agosto de 2009 11:47
______________
Documento interesante:
Poden-se baixar dos Arquivos Ártabros [en formato -pdf- 14 páxinas] o Borrador de Regulamento do proceso piloto para a elaboración de Orzamentos Participativos. Concello de Ferrol 2009: Baixar
__________________________
Marcadores: Democracia Participativa, Participación cidadá
“Voyerismo” obsceno
Os campos de concentración que os franceses montaron para os exiliados republicanos acadaron cotas elevadas de crueldade. Non foron campos de exterminio sistemático como os campos nazis, pero foron nalgúns casos a súa antesala. A poboación civil francesa comportouse de xeito variado: Indiferencia, desprezo, medo, trato humanitario e solidario. A prensa de dereitas cargou tintas, mesmo racistas, contra aquela poboación derrotada de exiliados. Pero houbo un feito que aínda hoxe non comprendo ben. Teño que falalo con algún psiquiatra para ver se eles posúen un termo científico que o explique: Producíronse excursións de curiosos, un turismo político, para contemplar aquelas xentes recluídas detrás dos arames de espiño. “Le Midi Socialiste” publicou unha reportaxe sobre colas enormes de turistas que nos domingos acudían á estrada que discorre ao longo do campo de Sainte Cyprien: "Visitábanos como se contempla aos animais do zoo. E iso era así porque a prensa extremista os describira como monstros e a xente, na súa simpleza ou con mala fe, achegábase a comprobalo. Para redondear o negocio, fotógrafos profesionais ou afeccionados fixeron dos republicanos o branco das súas cámaras e nas tendas vendíanse postais dos campos de internamento...” (libro de Secundino Serrano: A última xesta, os republicanos que venceron a Hitler). Así como en Alemaña había como unha consigna nacional: “Ninguén sabía nada, ninguén viu nada”. Moitos franceses colaboracionistas practicaron un “voyerismo” obsceno. Un turismo perverso.
Publicado no "Diario de Ferrol"
[*] Eduardo Fra Molinero, ferrolán que nace en Ponferrada en 1946. Escritor, Profesor de Historia, Investigador, ... [+info no google]
_________________________________
O embaixador de Honduras en Madrid foi expulsado por apoiar o golpe de estado
España expulsou ao embaixador de Honduras en Madrid, José Eduardo Martell, pola súa adhesión ao goberno de facto xurdido tras o golpe de estado que derrocou ao presidente Manuel Zelaya, anunciou hoxe a Organización de Estados Americanos (OEA).
Segundo unha carta oficial remitida ao secretario xeral da OEA, José Miguel Insulza, a decisión foi tomada despois de que o 5 de agosto Zelaya anunciase ás autoridades españolas a destitución de Martell como embaixador ante Madrid e a súa substitución por un encargado de negocios, informou a axencia alemá DPA.
O Ministerio de Asuntos Exteriores de España convocou o 19 de agosto a Martell para informarlle do termo da súa acreditación como embaixador e instrucións para abandonar o país en breve, nunha decisión "coherente co compromiso da comunidade internacional de manter a interlocución oficial co goberno constitucional de Honduras", di a misiva enviada á OEA.
Nesta, o goberno de José Luís Rodríguez Zapatero reiterou ademais a súa "posición de firmeza (...) clara e sen reservas" fronte ao golpe de estado hondureño. (Télam) (Publicado en "El Patagónico")
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es
Enviado por:
Marcadores: Fuco Buxan A. C., Honduras
Menáncaro
20090823

Por Yolanda Díaz
22.08.2009
Menáncaro non ten quen lle escriba. E a escritura é a maneira adecuada de amosar interese real en salvagardar a súa fraga, a fraga de todos nós. Na escritura atópase a chave da protección de Menáncaro. As verbas voan e os papeis aprobados permanecen. Mais semella que ninguén do Goberno Municipal sabe escribirlle a Menáncaro o que é de xustiza. Levamos xa consumido a metade do actual mandato municipal sen que os responsables de urbanismo e o alcalde elaboren o escrito xusto e necesario; escrito que debe contemplar a modificación puntual do plan para deste xeito impedir definitivamente que se poida especular e facer negocio contra o valor desa fraga. A elección é ben simple, ou cementar para beneficio duns poucos, ou pola contra apostar pola conservación da carballeira, dos ameneiros, do prado húmido, todo en beneficio da colectividade. Elección que non debería suscitar dúbidas no Goberno Municipal, que nembargantes vai deixando morrer o tempo, alongando o impasse sobre o espazo. Esquerda Unida segue a facer de Menáncaro unha esixencia indeclinable, ao punto de incorporar este compromiso no acordo asinado para apoiar os orzamentos de 2009. Por isto reclamamos do Goberno que sexa dilixente e cumpridor, que deixe de amolar con desculpas e que elabore xa a modificación puntual do plan, proceso que non necesita máis de tres meses, e que neste outono as árbores celebren a cerimonia da natureza protexidas polas letras da cidade.
Yolanda Díaz é voceira do grupo municipal de EU
Publicado no Diario de Ferrol
__________________________
Blogs da Comunidade Menáncaro:
http://menancaro.blogspot.com/
http://fragademenancaro.blogspot.com/
http://menancaroexpress.blogspot.com/
Correio-e da Comunidade Menáncaro:
menancaro@gmail.com
_______________________________
Marcadores: Fraga de Menáncaro
Titulares desde o Sur a 22 de Agosto de 2009
20090822
Entre outros temas, os presidentes Lula e Morales abordarán o tratado de compra e venda de gas boliviano a Brasil, vixente desde 1999. Antes da súa visita a Bolivia, o presidente Lula insistiulle ao seu homólogo estadounidense que aumente a súa presión para a saída do Goberno de facto de Honduras.
- CIDH: Goberno de facto tene obrigación de investigar e xuzgar a responsaábeis por violacións
- Cesan a un diplomático hondureño en España e dous en Nicaragua por apoio a goberno de facto
- ALBA estimula creación de empresas que impulsen proxectos sociais
- Goberno mexicano despenaliza posesión de drogas ''de uso persoal''
- Arxentina exixe garantías para a rexión ante o convenio militar de EE.UU. e Colombia
- Traballadoras e traballadres petroler@s proclaman candidatura presidencial de Morales
- Executivo de EE.UU. non informó ao Senado sobre negociacións con Colombia para instalación de bases
- Misión de cancilleres da OEA chega o próximo luns a Honduras
- Indultan a 18 de las 24 personas detenidas en Honduras
- Mulleres vítimas de violación a DDHH en Honduras
- Ecuador no considera unha agresión as investigacións por bombardeo colombiano
- Lula insta a Obama a aumentar presión para restituir a Zelaya
Fonte: telesurtv.net
Enviado por:
_______________
Ao non apoiar a Xunta de Galicia o Concurso Internacional de Gaita Galega "Constantino Bellón" queda aprazada a 19º Edición
Por a imposiblidade de poder cumprir as bases do concurso internacional de gaitaComunicado da Xunta Directiva do Ateneo Ferrolán
Por incumprimento das BASES con relación ao punto 5 "Gaiteiro de Soutelo" do Concurso Internacional de Gaita Galega "Constantino Bellón" que textualmente di:
"Gaiteiro de Soutelo" (Punto nº 5 do "Constantino Bellón)
a.- Co gallo de promociona-la participación da Galicia do exterior no Concurso "Constantino Bellón", a Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia convoca o Premio "Gaiteiro de Soutelo".
b.- Poderán participar tódolos gaiteiros dos centros galegos ou institucións da Galicia do Exterior.
c.- Os concursantes deberán enviar á Secretaría Xeral de Emigración:
1. Un CD gravado coa peza "Patapau, Xota do Pirata", de Pedro David Lamas Varela, facendo constar na mesma o pseudónimo adoptado.
2. Partitura orixinal dunha peza de composición inédita, creada expresamente para este Premio, así como copia doutra tradicional ou de autor.
d.- PLICAS. Os concursantes enviarán o CD nun sobre pechado cun pseudónimo identificador. Conxuntamente, noutro sobre escrito por fora co mesmo pseudónimo, deberán facer consta-los datos persoais do participante: nome e apelidos, enderezo, teléfono, correo electrónico, país de residencia e nome do centro ou institución galega pola cal se presenta. No mesmo deberán incluílo orixinal da partitura inédita presentada ó Premio "Gaiteiro de Soutelo", e máis a copia da tradicional ou de autor.
e.- PRAZO. O prazo de presentación remata o 5 de maio do 2009.
f.- PREMIOS. Os premios "Gaiteiro de Soutelo" consistirán na asistencia e participación, cos gastos de desprazamento e estadía pagados, ó concurso "Constantino Bellón", que organiza o Ateneo Ferrolán o 31 de agosto do 2009, na cidade de Ferrol (Galicia).
* Haberá catro premios .
Ante a resposta obtida por parte da Secretaria Xeral de Emigración da Xunta de Galicia con data 24.07.09 que nos transmite que:
..... debido á necesidade de atender outras prioridades específicas propias deste departamento, non será posible, nesta ocasión, colaborar coa devandita iniciativa cultural.
A Xunta Directiva do Ateneo Ferrolán lamenta COMUNICAR que, a pesar das diferentes xestións realizadas para subsanar esta anomalía, ao non poder cumprir as BASES do devandito Concurso, a edición do 19º Concurso Internacional de Gaita Galega "Constantino Bellón" se celebrará en AGOSTO de 2010, quedando á espera do comunicado que emitirá o XURADO do "Constantino Bellón".
Ferrol a 20 de agosto de 2009.
--
Publicado por Ateneo Ferrolán para Ateneo Ferrolán el 8/22/2009 02:32:00 PM
Enviado por:
Ateneo Ferrolán
-bettinakorten@freenet.de-
22 de agosto de 2009 14:39
__________________
Marcadores: Ateneo Ferrolán
O "bipartito foi covarde cando gobernou por non tirar abaixo o proxecto [Cidade da Cultura], o PP non ten eses complexos para tirar todo o deles ..."
20090820
O "bipartito foi covarde cando gobernou por non tirar abaixo o proxecto [Cidade da Cultura], o PP non ten eses complexos para tirar todo o deles abaixo, eólicas, galescolas ..." Xan Carlos Ansia: “O Audi de Touriño vale o mesmo que catro baldosas da Cidade da Cultura”
“O bipartito tivo complexos á hora de parar o Gaiás cando o PP nunca os ten e agora tira con todo o deles”, asegura o portavoz da plataforma "Cultura si; Mausoleo non"
Rodri Suárez 20/08/2009
Dende hai uns anos, as posturas contrarias tanto á construción como aos usos dados á Cidade da Cultura teñen o seu principal altofalante na plataforma ‘Cultura si; Mausoleo non”, da que Xan Carlos Ansia é o seu voceiro.
A Cidade da Cultura ou a polémica de nunca acabar?
Semella que non acaba nunca pero nós estamos onde sempre. Seguimos denunciando o proxecto, ese despilfarro sen xustificación que o PP ideou e o bipartito non se atreveu ben a paralizar ou ben a redefinir para reconvertelo en algo coherente e así continuamos, co mamotreto dando gastos, feito un burato sen fondo que vai a peor. Cada vez enterámonos de máis cousas e poucas positivas. Cada vez é máis evidente o que nós pensamos respecto a que certas actuacións deberían ter algunha repercusión legal. Un proxecto xa de por si caro pero que custaba 100 millóns de euros agora conta cun presuposto que ascende a 500. Isto á forza ten que ser constitutivo de delito.
O proxecto do Gaiás foi unha mala idea de partida ou estivo mal xestionada e iso converteuna no problema que agora semella que é?
Foi unha mala idea de partida, innecesaria posto que nin os galegos nin os composteláns tiñamos esa prioridade, hai outras necesidades culturais en Galicia, hai unha rede social escasa, castros abandonados, igrexas románicas deixadas á súa sorte, ese é o patrimonio que deberíamos poñer en valor en vez de erguer un mamotreto sen sentido. Se as autoridades queren fomentar a cultura aí teñen o patrimonio abandonado, en cada vila todos coñecemos algo que merece a pena coidar, en Compostela mesmo contamos con algún castelo sen escavar. O patrimonio leva anos aí, hai que poñelo en valor, cuidalo e conservalo, esa é a necesidade cultural básica.
O proxecto naceu dun Goberno popular pero curiosamente quen tirou réditos políticos dos problemas da Cidade da Cultura foi o PP.
Nós dixemos que bipartito foi covarde cando gobernou por non tirar abaixo o proxecto, o PP non ten eses complexos para tirar todo o deles abaixo, eólicas, galescolas... A nosa iniciativa cidadá naceu cando chegan aqueles dos que esperamos o contrario do PP pero continúan coa súa obra. O PP cometeu un pecado orixinal, pero os outros participaron del. Houbo unha comisión, unha denuncia xudicial da que saberemos cando interese politicamente, non cando ten que ser porque dentro de 20 anos de nada valerá xulgar a Fraga ou a Pérez Varela. É agora cando queremos saber que se fai cos cartos, que foi desas fundacións, para que serviron aqueles comités de sabios que custaron cartos pero semella que para pouco máis achegaron. E outras cousas, iso que dixeron de facer un teleférico, logo a pinacoteca... todo isto é inxustificable. Semella que os políticos perderon o sentido común. Pensar que só o manteñemento vai custar 60 millóns de euros anuais é moi forte.
Pero os responsables do proxecto foron os que se beneficiaron das súas críticas ...
Eu persoalmente levo no nacionalismo dende os quince anos, pero o Bloque abandonou unha das liñas basicas polas que chegou á Xunta. Eu creo que o bipartito perdeu por facer en certos ámbitos o mesmo que os anteriores... algúns votantes sentímonos defraudados. Agora, xa se verá como o BNG tarda ben pouco en volver a posicionarse en contra da Cidade da Cultura.
É viable falar agora de poñer fin ás obras, que xa están algo avanzadas?
Hai dous edificios sen iniciar...ós dicimos que por que pecharse en que sexan para pinacotecas ou non sei que? hai edificios en Santiago que naceron para unha cousa e agora son outra: igrexas que funcionan como museos ou facultades, o mesmo Parlamento foi antes un hospital... porque hai que obstinarse co Palacio da Ópera ou tal museo? hai que aproveitalo o mellor posible, incluso agora para que se vexa como está, non se pode nin ver, nin os xubilados poden disfrutar destas obras, o Gaiás leva nove anos na clandestinidade. E non valen demagoxias agora coa austeridade, porque o famoso Audi de Touriño vale o mesmo que catro baldosas destas que van poñer alí.
E unha cuestión que afecta a toda Galicia, a máis cidades que a Compostela?
Compete a toda Galicia. En Ourense ou en Vigo hai edificios históricos no centro que caen a cachos. Non pode ir todo o orzamento da Consellería de Cultura nun só proxecto nin se poden afundir cartos no Porto exterior da Coruña ou no Gaiás e que logo non haxa mascarillas para a Gripe A.
Publicado no Xornal de Galicia
Enviado por:
cultura si mausoleo non
-culturasimausoleonon@gmail.com-
20 de agosto de 2009 10:52
______________________
Marcadores: Plataforma Cultura Si - Mausoleo Non
Esquerda Unida e a proteción efectiva da Fraga de Menáncaro
20090819

Ferrol, 19 de agosto de 2009
- O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA AMOSA A SÚA PREOCUPACIÓN POLO RETRASO E DESINTERESE QUE MANIFESTA O GOBERNO MUNICIPAL PARA PROTEXER MENÁNCARO
- YOLANDA DÍAZ INSTA AO GOBERNO MUNICIPAL A FACER EFECTIVA A MODIFICACIÓN PUNTUAL PARA GARANTIR A MÁXIMA PROTECCIÓN Á FRAGA DE MENÁNCARO
Mediado o mandato municipal, a nosa organización non entende a falla de ritmo e de vontade política que trasluce o Goberno para impulsar os trámites necesarios para facer realidade a protección de Menáncaro. Desleixo e desinterese semellan presidir o non facer do Goberno Municipal no que atinxe a Menáncaro.
A Voceira do Grupo Municipal de Esquerda Unida, Yolanda Díaz, subliñou que non pode ser que unha modificación puntual que debe realizarse en tres meses acumule un retraso de case dous anos. A masa forestal situada no val de Aneiros ou da Sardiña, coñecida como fraga de Menáncaro, ten unha singularidade certa para o noso concello polo valor das carballeiras que acubilla, o seren unha especie pouco presente no noso termo municipal. A nosa organización entende que hai que acelerar os traballos que lle corresponden o concello para achegar a tan esperada protección.
Aínda no Pleno de novembro do ano pasado, o Goberno Municipal voltou a esquivar a cuestión e trouxo a elaboración dun estudo e a suspensión de licenzas de urbanización nun área que xa deixaba fóra a zona das Regueiras. Esquerda Unida subliñou entón que a fórmula boa, a que garante que a fraga de Menáncaro quede a salvo de calquera ataque urbanístico é a da aprobación da modificación puntual, a cal o Goberno demora sine die.
Esquerda Unida considera que o reforzamento da protección de Menáncaro cobra unha particular urxencia diante do cambio de Goberno na Xunta, cun Goberno que defende unha política marcada pola flexibilización ou aceptación do todo vale en materia de urbanización, como xa están a evidenciar as primeiras medidas adoptadas nese eido.
Enviado por:
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
19 de agosto de 2009 13:53
Prezad@s amig@s: vaivos no arquivo un informacións de EU demandando a modificación puntual para a fraga de Menáncaro. Grazas pola vosa atención.
Saúdos, Ramiro Marier
_____________
Blogs da Comunidade Menáncaro:
http://menancaro.blogspot.com/
http://fragademenancaro.blogspot.com/
http://menancaroexpress.blogspot.com/
Correio-e da Comunidade Menáncaro:
menancaro@gmail.com
_________________
Marcadores: EU-IU, Fraga de Menáncaro
A Masa Crítica de Ferrol pide que non se constrúa estacionamento da Praza do Concello
Comunicado Masa Crítica de FerrolO Goberno municipal de Ferrol ten presentado un estudo de viabilidade para a construcción dun novo aparcadoiro subterraneo na praza do Concello. Este aparcadoiro tería mais de 400 prazas e catro accesos.
Desde a Masa crítica de Ferrol pensamos que este proxecto atenta gravemente contra o casco historico da nosa cidade. Esta iniciativa de favorecer a entrada ve vehículos no barrio historico da Magdalena choca frontalmente coa peatonalización que se vai levar a cabo.
Pensamos desde a Masa crítica que os barrios, e mais o barrio da Magdalena teñen que convertirse en zonas libres de coches. Onde só circulen os trasportes públicos e as bicicletas. Así xeraríamos un tecido social entre a veziñanza, comerciantes e paseantes que redundaría na mellora dos barrios. Este tecido debilitase en canto fomentamos en exclusiva o transporte privado.
Sé pretendemos ter una cidade viva temos que priorizar a xente sobre os coches, temos que ter una vida cotía ó alcante do pé ou do pedal. Non podemos seguir construindo barrios dormitorio, carentes de de vida cidadá, onde as xentes se teñen que desplazar para as mínimas necesidades nas suas vidas. Non podemos seguír a fomentar os macro-centros comercias que matan o pequeno comercio das nosas cidades e afogan o texido social.
Todas sabemos que a civilización do automobil estanos levando a catastrofe ecolóxica, pois os automóbiles son os responsables do 30% das emisións de gases de efecto invernadoiro.Se queremos evitar a catastrofe non podemos seguir a incentivar o uso do vehículo privado con mais aparcadoiros, esta xa demostrado que cantas máis autoestradas e máis aparcadoiros, mais conxestión viaria.
Parecenos tamen paradoxico que mentras o señor Irisarri fala de facer de Ferrol unha cidade ecolóxicamente sostible, con máis carrís bici, amparandose na axenda 21 local, por outra banda este promovendo as expectativas de uso do vehiculo privado. Estes discursos de "clorofila verde" amosan a vontade real dos gobernantes da cidade en canto as políticas verdadeiramente sustentables.
A nosa tarefa e a dosgobernantes ten que ser a de contribuir a un novo estilo de vida e non a de estar o sevizo da gran industria do motor.
Temos que quitar xa os coche os ruidos e os fumes da Magdalena e isto só se fai suprimindo o aparcadoiro da Praza do Concello. Non rescatando a concesión especulativamente para beneficiar a unha minoria. E chamativo tamen cando na Praza de España existe un aparcadoiro infrautilizado, cun nivel de uso que non chega o 20 º/ e situado a beira do casco historico, se queira volver as politicas "desarrollistas" dos anos 60.
POR TODO ELO A MASA CRíTICA DE FERROL PIDE A PARALIZACIÓN DUN NOVO APARCAMENTO NA PRAZA DO CONCELLO E INSTAMOS AO GOBERNO E CORPORACIÓN MUNICIPAL QUE ABANDONE ESTES PLANTEXAMENTOS SUICIDAS PARA CONSTRIR UNHA PRAZA PÚBLICA PARA GOZO E DESFRUTE do POBO FERROLÁN.
Enviado por:
Alexandre Carrodeguas
-republicadetraballadoras@gmail.com-
19 de agosto de 2009 00:50
___________________
Animádevos a participar na Masa Crítica de Ferrol
PEDALÉA TODOLOS DÍAS, CELÉBRAO UNHA VEZ AO MES
Masa Critica Ferrol
-masacriticaferrol@gmail.com-
Mais info en: www.bicis.info
____________________
Marcadores: Estacionamento da Praza do Concello, Estacionamentos, Masa Crítica, Mobilidade Urbana
CIG-Ferrol reclama de novo o cese da Directora Xeral de Colocación e Formación por denuncias de irregularidades na contratación
20090818
Ademais da sentenza firme polo despedimento dunha traballadora que tiña sen contrato e Seguridade Social, este cargo da Xunta acumula varias demandas por impago de salarios e está involucrada en varios despedimentosA CIG de Ferrol exixiu a semana pasada a demisión ou cese da Directora Xeral de Colocación e Formación da Xunta de Galiza, ao ser esta condenada polo Xulgado do Social Nº2 de Ferrol, en Sentenza Firme, solidariamente polo despedimento dunha traballadora que nen estaba dada de alta na Seguridade Social, nen posuía contrato de ningún tipo. Tamén son varias, aparte da sentenza firme reseñada, as demandas de cantidades que varias traballadoras teñen interposto diante da xustiza contra este cargo da Xunta.
Asi, desde a comarca de Ferrol da CIG critican as "escusas e falsos argumentos" aportados pola Conselleira para defenderse, xa que "queremos deixar ben claro, que a Directora Xeral, foi condenada en sentenza firme polo despedimento dunha traballadora que estaba a desenvolver as suas tarefas incumprindo totalmente a lexislación laboral, e que é esa mesma lexislación a que a Directora Xeral debe facer cumprir".
Sentenza e condena en firme
A sentenza é polo tanto firme e non foi recorrida no seu momento pola Directora Xeral, e engaden desde a CIG de Ferrol que "se pretende enganar por parte da Consellaria á cidadania, expresando nos medios que foi condenada subsidiariamente,é dicir, que faria frente aos pagos no caso de que non o fixese a empresa do seu pai e irmá".
A CIG-Ferrol lembra que "a sentenza ten condenado á Directora Xeral de xeito solidario, isto é que ten que pagar solidariamente coa empresa", e fica como feito probado que a Directora Xeral despediu persoalmente á traballadora, que estaba a traballar en fraude de Lei.
Sinalan que "a Conselleira pode disfrazar os feitos, mais os feitos están transcritos nunha sentenza xudicial sen recurso posíbel, e o resto son xustificacións inaceitábeis".
Nese sentido pregúntanse "que está a agardar o Sr. Feijoo que tanto se preza de ter un governo honesto a tomar as medidas oportuna coa Directora Xeral e mesmo cunha Conselleira que ampara no seu equipo a quen foi condenada por incumprir a lei".
A CIG-Ferrol insiste na petición do cese da Directora Xeral de Colocación e Formación da Xunta de Galiza, e da Conselleira de Traballo, que "absurdamente a ampara".
Varias demandas por cantidades contra a Directora Xeral
Tamén son varias, aparte da sentenza firme reseñada, as demandas de cantidades que varias traballadoras teñen interposto diante da xustiza contra este cargo da Xunta. A Directora Xeral, ten sido demandada por impago de salarios por duas traballadoras, a través dos organismos da propia Consellaria de Traballo, o SMAC (Servizo de Mediación, Arbitraxe e Conciliación).
A Directora Xeral non apareceu a súa cita no SMAC o 12 de agosto
A través do SMAC foron citadas as partes para o dia 12 de agosto ás 10:30h no citado servizo en Ferrol. A CIG Ferrol informa que "lamentabelmente, a demandada, a Directora xeral, facendo caso omiso da obrigatoriedade que a Lei establece respecto á asistencia a dito acto, non compareceu. Este semella ser o valor que lle dá á Lei a Directora Xeral. Agora o asunto pasará a engrosar os expedentes a tramitar por uns desbordados Xulgados do Social de Ferrol, ao non ter comparecido, nen procedido a abonar os salarios adebedados".
Esta nova denuncia á Directora Xeral é dunha traballadora que prestaba servizos a tempo parcial como Empregada do Fogar da mesma e ademais facíao na empresa que rexentan seu pai e mais seu irmán. Ao igual que outra traballadora, carecia de contrato e alta na Seguridade Social, sendo ambas despedidas verbalmente, despedimentos que xa foron declarados xudicialmente como improcedentes.
Petición de cese e demisión
Por último, desde a CIG de Ferrol subliñan que "unha Directora Xeral, condenada xa en sentenza firme, involucrada en varios despedimentos, e entendemos que claramente coñecedora de que a sua familia ven incumprindo a Lei reiteradamente, e que non só, non denuncie os feitos, senón que sexa probado xudicialmente que nun dos casos foi ela mesma quen efectuou o despedimento, despedimento dunha traballadora que desenvolvia o seu quefacer fóra da legalidade, unha Directora xeral, que adebeda salarios a unha traballadora, non é evidentemente, a persoa mais indicada para estar nunha consellaria defendendo o cumprimento da Lei que de feito ela mesma incumpriu. Quen poda defender esta actuación, non nos merece tampouco garantia nengunha, senón que entendemos é mesmo criadora de alarma social".
Avante
18.08.2009
Fonte: galizacig.com
Foto: A Directora Xeral [María Díaz López] - Detalle dunha foto de Xoán Crespo
_____________
Enlaces relacionados:
- O PSdeG esixe a saída da Directora Xeral de Formación e Colocación
Galicia Hoxe - 18.08.2009
María Díaz López foi condenada por empregar na súa casa e no bar da súa familia unha cociñeira sen contrato e despois despedila
- Condenan á directora xeral de Colocación da Xunta por ter unha empregada sen contrato
Radio Fusión - 13.08.2009
Traballaba na cafetería da Estación de Autobuses de Ferrol e non para a Directora Xeral de Formación e Colocación da Xunta de Galicia, afirmaron esta mañá a Radiofusión dende o Gabinete de Prensa da Consellería de Traballo. As mesmas fontes indican que, en último caso, a ferrolana Ana María Diaz faráse cargo da indemnización por despido da empregada.
- Condenada por despido improcedente a directora xeral de Formación e Colocación Vieiros
Redacción / Europa Press - 10:45 13/08/2009
A CIG esixe da Consellaría de Traballo o "cesamento inmediato" de Ana María Díaz López logo de coñecerse a sentenza dun xulgado ferrolán
Marcadores: Denuncias, Movimento Obreiro, Movimento polo Traballo Digno
Novos artigos da revista "Pueblos"
"Pueblos" é unha publicación trimestral de información e debate, vinculada aos movimentos sociais e cunha clara vocación internacional. Trata-se dunha aposta editorial pola solidariedade e a interculturalidade, cuxo fin é proporcionar unha ollada crítica sobre a realidade ... [+info]Novos Artigos:
- Quen é Hezbollah?
por Jon Van Camp
- 14 de agosto de 2009
Israel di que é unha organización terrorista e extremista. George Bush dicía que é unha ferramenta de Irán, e afirmaba que matou a máis estadounidenses que calquera organización terrorista, excepto Ao-Qaeda. Pero os líderes dos gobernos que tratan de destruír a Hezbollah non son os únicos que o condenan. Tanto Human Rights Watch como Amnistía Internacional acusaron a Hezbollah de violacións dos Dereitos Humanos, e Robert Fisk, o xornalista independente que axudou a expor algúns dos peores crimes de Israel e EE UU en Oriente Próximo, di que Hezbollah provocou a última guerra no Líbano, e é o responsable de levar á catástrofe aos seus correlixionarios. Mentres tanto, con todo, Hezbollah gañou crecente apoio en Oriente Próximo, moito máis alá da súa base entre os musulmáns chiítas no Líbano, pola sinxela razón de que é, en palabras de Aijaz Ahmad, nun artigo da revista Frontline en India, a única entidade que, a través da resistencia armada, obrigou aos israelís a renunciar a calquera territorio que o Estado xudeu capture. Que tipo de organización é Hezbollah, e como debería vela a esquerda?
- http://www.revistapueblos.org/spip.php?article1696 - Refuxiados palestinos en Iraq: dunha morte rápida cara a unha morte lenta
por Adam Shapiro
- 13 de agosto de 2009
Entre os anos 1947 e 1949 as cidades e aldeas palestinas foron atacadas, primeiro polas milicias sionistas e logo, logo de maio de 1948, polo nacente exército israelí, constituído coa declaración do Estado de Israel. Os palestinos foron asasinados e obrigados a fuxir, xa que se puña en práctica a limpeza étnica de Palestina. Centos de miles escaparon, por seguridade, aos países veciños; algúns dos que fuxiron desde Haifa cara a Jenin atopáronse co exército iraquí, que ofreceu aos refuxiados seguridade temporal en Iraq. Tanto os iraquís como os palestinos pensaban que só estarían fóra das súas casas por unhas semanas, e que a estancia en Bagdad sería temporal. A Raíña Aliya, a nai do neno-rei Faisal, saudou persoalmente aos refuxiados, prometéndolles aloxamento en Iraq.
- http://www.revistapueblos.org/spip.php?article1695 - Combatendo crimes de honra en Xordania
por Ra Husseini
- 12 de agosto de 2009
En xaneiro de 1999, as cadeas de televisión estadounidenses ABC e CNN emitiron unha serie de documentais sobre os chamados crimes de honra en Xordania. A miña participación nestes documentais, e o premio Reebok Human Rights Award que me concederon pola miña implicación na causa, derivaron en que a cuestión dos chamados crimes de honra en Xordania transformásese nun debate público bastante controvertido.
- http://www.revistapueblos.org/spip.php?article1698 - Reforma política e reconfiguración da identidade nacional en Siria
por Yasseen Haj-Saleh
- 11 de agosto de 2009
É necesario ao falar de diversidade cultural ou social nas sociedades árabes ou levantinas vincular esta a a desintegración das sociedades e ao risco de permitir que as potencias occidentais poidan ancorarse firmemente na zona? Pódese fortalecer a unidade e a cohesión destas sociedades sen deixar caer un muro de silencio sobre as realidades da diversidade, en nome da unidade nacional? E desenvolver un enfoque que reúna estas realidades sen camuflalas, esaxerando ou minimizando a súa importancia? Non poderiamos incluír este enfoque no contexto dunha política nacional democrática que garanta a igualdade de dereitos? A situación actual de Iraq é a proba de que temos que transcender estas políticas sociais, culturais e relixiosas que preocupan ás sociedades árabes. Siria non pode ser indiferente ás ramificacións dos problemas suprimidos de diversidade, sobre todo tendo en conta a intensa e belixerante presenza estranxeira.
- http://www.revistapueblos.org/spip.php?article1697
Enlaces de interese:
- Xa foi publicado o nº 38 [Especial sobre Oriente Próximo] da Revista de Información e Debate "Pueblos", da "Asociación Paz con Dignidad".
- Pode-se baixar o nº 38 en formato -pdf- [52 páxinas] desde o seu servidor en nodo50.org
- Enlace coa súa web: http://www.revistapueblos.org/
Enviada por:
pueblos-request@listas.nodo50.org 18 de agosto de 2009 12:00
__________________________
Marcadores: Publicacións, Pueblos
Gripe A ou Gripe Capitalista?
Excelente documental sobre os intereses político-farmacéuticos na expansión da Gripe A.OPERACIÓN PANDEMIA
Santiago Quiroga
..un documental de Julián Alterini.
Que se esconde detrás da gripe porcina?
Por que a insistencia?
operacionpandemia@gmail.com
Realizado en xullo do 2009
[ATENCIÓN: A referencia á "Campaña de vacinación masiva contra a gripe porcina do ano 2009" é un erro. En realidade faise referencia á campaña de vacinación masiva contra a gripe porcina do ano 1976 que tivo como resultado múltiples mortes e parálises, sendo, unha vez máis, Donald Rumsfeld o secretario de defensa do por entón presidente de EEUU: Gerald Ford. DESCULPEN AS MOLESTIAS]
Enviado por:
Santiago Quiroga García
-outromundoeposibel@hotmail.com-
17 de agosto de 2009 13:45
por medio de:
espalla@redeanticapitalista.org
______________
Marcadores: A Crise, Gripe A, Rede AntiCapitalista Galega, Videos
A necesidade da comunicación alternativa: Da reflexión á acción
Por Xosé Antón17.08.2009
Podía poñer como exemplo para este artigo unhas imaxes dun dos artigos anteriores, mais escollo o vídeo de Cubatelevisión ( 3 partes) por ser moi gráfico sobre a terxiversación que os grandes medios fan da realidade. Poder aplicarse na Galiza e noutros países con outros actores, donos de medios de (in)comunicación.
- Zoé Valdés: el negocio del fascismo. Parte 1. Apoloxía do dictador Batista.

A necesidade da comunicación alternativa.
Da reflexión á acción.
Na Galiza e no resto do mundo necesitamos medios de comunicación alternativos eficaces. Estes medios non deben caer no “erro” que caeron os medios de comunicación tradicionais, e particularmente no xogo dos falsimedia da dereita e neoliberais imperialistas.
A ideoloxización de dereita nos medios de comunicación masiva chegou a niveis alarmantes nestes últimos anos. Esta circunstancia visualízase claramente nun dos medios de comunicación escrita máis vendidos do noso país, La Voz de Galicia. Están en mans de empresarios – editores que semellan afastados do interese xornalístico e máis comprometidos con intereses económicos de empresas foráneas, aspecto que tamén afecta o desenvolvemento profesional dos xornalistas deses medios.
Esta ideoloxización, verdadeiro veleno informativo con efectos devastadores para calquera país, permítelle, ás veces, á persoa (lectora, espectadora, oínte) saber a quen se vota, mais impídelle saber que se vota.
O caso das últimas eleccións ao Parlamento Galego foi considerado por moitas persoas un claro exemplo de golpismo mediático. Non só por ser considerada a campaña máis suxa da historia da democracia contra o nacionalismo, senón porque moi poucos supoñían que a dereita accionase inmediatamente o terrible programa de demolición de servizos públicos que está a aplicar agora o PP, a privatización dos Servizos Sociais, a marxinación da Cultura Galega, a aprobación dos ERE, derrogación do concurso eólico, a agresión contra o galego … É dicir, a xente sabía a quen votaba, mais non sabía que votaba!
Chegamos a unha nova e perigosa etapa histórica onde, como lembrou Suso Seixo na homenaxe a Moncho Reboiras, hai unha forte campaña de manipulación, ocultamento e desprestixio do nacionalismo, a través dos medios de comunicación do sistema, controlados polo españolismo, tanto de dereitas como de esquerdas, destacando especialmente nesta laboura La Voz de Galicia.
Iso lévanos comprender a necesidade da existencia e consolidación de medios independentes ou alternativos (algo que sempre se avaliou como necesario polo nacionalismo) como algúns que se publican na internet, que abran o abanico de oportunidades de acceder a información non manipulada, desde a diversidade e a pluralidade, garantindo o equilibrio informativo, a veracidade e a contextualización da información para permitir que o receptor descubra a realidade e non a garde temporalmente como unha simple recepción de noticias.
Non se trataría da imposición da súa verdade, alternativa aos falsimedia, pois chega con publicar unha información veraz que chegue sen distorsións ao receptor e que lle permita descubrir e comprendela criticamente a través da reflexión para crear un novo coñecemento.
O nacionalismo, igual que o movemento bolivariano en Suramérica ou as forzas políticas transformadoras en xeral, necesita de altofalantes en todos os seus ámbitos de actuación que difundan a súa laboura. Dese xeito a sociedade, concienciada, podería ter clarificado, entre as diferentes alternativas políticas existentes, cal é a que traballa en beneficio dos intereses das galegas e galegos, de Galiza.
Tamén é necesario que a militancia nacionalista, cunha boa orientación, traballe na eliminación da pasividade social que propicia a adaptación sumisa a unha situación de opresión social. Ben formada, debe profundar na orientación á acción e a reflexión, sendo impermeable á intensa chuvia ácida da campaña mediática de acoso e derrubo contra o nacionalismo.
Como dicía Paulo Freire, as mulleres e os homes non se fan no silencio, senón na palabra, no traballo, na acción, na reflexión. No noso caso, como dixo Suso Seixo no seu discurso en Ferrol, para transformar a realidade social, económica e política, desta nosa nación que é Galiza.
Publicado o 17/08/2009 por Xosé Antón en subiela.org
Fonte: subiela.org
O Mundo que vexo: Un Blogue de Xosé Antón de la Fuente Subiela
_____________
Enlace de interese:
_________________
Marcadores: Medios de Comunicación
Medio cento de gaseiros, e a voz dos veciños non desfalece na ría ferrolá
20090817
Mobilizacións pola planta de gasO Comité Cidadán de Emerxencia mantén viva a protesta coincidindo coa chegada á ría do gaseiro número 50 con destino a Reganosa.
Vieiros - Redacción - 10:00 16/08/2009
Hai máis de dous anos botámonos á ría en compañía dos mariñeiros ferroláns nunha convocatoria promovida polo Comité Cidadán de Emerxencia. Unha acción cidadá que respondía ao intento de entrada na ría do gaseiro Galicia Spirit, con capacidade para 140.500 metros cúbicos de gas natural licuado. Unha entrada "ilegal", segundo denunciaba o Comité e cuxos problemas poñían ademais de manifesto as propias advertencias realizadas sobre a inaxeitada localización da planta de Reganosa no interior da ría no canto de no porto exterior tal e como esixe a plataforma cidadá.
Mariñeiros e mariscadores despregaban daquela durante varios días arriscadas accións coas súas pequenas embarcacións, bloqueando o acceso do xigante gaseiro. "En defensa das nosas vidas e a nosa ría", podía lerse en cartaces despregados a pé de peirao pola veciñanza mobilizada en protesta pola agresión. Desde aquela, non desfaleceron mariñeiros e veciños en continuar coas accións pacíficas en contra da planta de gas, incluído un longo peche veciñal na Casa do Concello en Mugardos. A concentración deste domingo 16 de agosto responde á protesta concreta pola entrada do gaseiro número 50 na ría ferrolá.
Na altura de 2007, e cando os mariñeiros se mobilizaban fronte ao Galicia Spirit, o agora presidente da Xunta, daquela líder da oposición, insistíalle á Xunta na necesidade de garantir "de forma inmediata" o acceso do buque. Feijoo cualificara de "conflito gravísimo e sen precedentes" a acción dos mariscadores da ría en bloqueo do barco gaseiro. En resposta, desde o Comité acusaban a Feijoo de "pertinaz defensor da trama de intereses e irregularidades" creada durante o goberno de Manuel Fraga. "Núñez Feijoo é un voceiro desta trama", subliñaba o finado Carmelo Teixeiro, naquel momento voceiro do colectivo veciñal.
Agora, coma hai dous anos, os berros e a reclamación da cidadanía seguen coincidindo nun desexo de futuro: Por un mar limpo, por unha ría con futuro!
Fonte: vieiros.com
Enviada por:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
17 de agosto de 2009 13:00
________________
Marcadores: Planta de gas, Reganosa
Xa son 50 os buques cargados con GNL que entraron na Ría de Ferrol para a perigosa e ilegal Reganosa
O gaseiro "Sestao Knutsen" fixo o buque número 50, cargado con GNL-LNG para a planta regasificadora de Reganosa, que entrou na Ría de Ferrol, este Domingo 16 de Agosto.
Como sucede sempre que un buque entra na Ría, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol convocou unha nova acción de protesta e denuncia, consistente nunha CONCENTRACIÓN en Ferrol, o mesmo día, ás 8 da Tarde, na Praza Amada García, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.
Unha vez máis a entrada dun grande buque cargado con gas natural licuadao [GNL-LNG], puxo en perigo a miles de persoas que moramos na contorna da nosa Ría.
Video do Acto deste Domingo 16 de Agosto de 2009 en Ferrol
PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !
A RÍA É NOSA E NON DE REGANOSA !
DESMANTELAMENTO DE REGANOSA XA !
Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán:
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
__________________________________
Marcadores: Planta de gas, Reganosa, Videos
Alegación aparcadoiro Praza de Armas Ferrol
Verdegaia presentou, a través do Rexistro Xeral do Concello de Ferrol o día 14 de agosto de 2009, alegación ao Estudo de Viabildade do aparcadoiro soterrado na Praza de Armas. Pídese a paralización e anulación deste proceso de contrución dun aparcadoiro xa que contradí as iniciativas existosas doutras cidades ao desviar o tráfico hacia aparcadoiros fóra dos cascos históricos; tamén contradí as liñas mestras do propio Plan Especial do Concello de Ferrol e desoe o Plan de Mobilidade. Ínstase ao goberno municipal a abandoar o proxecto e contruir unha verdadeira praza pública para o gozo e desfrute da cidadanía.O Concello de Ferrol está a elaborar un Plan de Mobilidade para o conxunto do Termo Municipal, que inclúe reflexións sobre a ordenación do tráfico e o aparcadoiro de vehículos; sen agardar as conclusións baseadas nunha visión de meirande perspectiva, tomou precipitadamente a decisión de rescatar a concesión sobre o aparcadoiro da Praza de Armas e iniciar o procedimiento para a construción dun aparcadoiro soterrado de maior capacidade.
Supónse na redacción do Plan de Viabilidade que o aparcadoiro da Praza de Armas vai competir con ventaxa con outros parkings en funcionamento, cando vai ser o de máis difícil accesibilidade para os clientes por atoparse no centro do casco histórico, fronte a excelente accesibilidade da Praza de España (aparcadoiro de acollida do barrio da Madalena, como suxire o propio Plan Especial). Este optimismo na estimación de demanda de aparcadoiro confírmase á hora de pedir opinión aos operadores privados. Case todos os que responden á consulta do Concello sobre o interese en facerse cargo deste tipo de infraestructura estiman que a capacidade está sobre-dimensionada.
Estes aspectos contradictorios do Plan de Viabilidade poñen en dúbida mesmo da necesidade do propio aparcadoiro, tendo en conta a escasa utilización dos aparcadoiros existentes, o optimismo da estimación da demanda e a peor accesibilidade rodada da localización proposta. As dúbidas fundadas sobre a viabilidade de ampliar o aparcadoiro da Praza de Armas e, sobre todo, a afección tan negativa que vai ter sobre a peonalización do barrio, fan que a decisión máis acorde coa peonalización do Casco Histórico pase necesariamente por:
- Pechar o aparcadoiro da Praza de Armas (que non cumprimenta ningunha medida mínima de accesibilidade e que si terían outros aparcadoiros en funcionamento e cun baixo nivel de ocupación situados na Praza de España, Cantón, Mercado Central e Pescadería).
- Reurbanizar a Praza de Armas.
- Implementar medidas de ordenación de aparcamento en superficie.
- Implementar medidas de mellora no control e policía de tráfico que, ao tempo que melloran a accesibilidade peonil, redunden nun meirande grado de ocupación dos aparcadoiros xa en funcionamento que, por situarse no contorno inmediato do barrio da Madalena, prestan o mesmo servicio aos cidadáns ao tempo que non comprometen a peonalización, como sí a compromete o aparcadoiro da Praza de Armas.
- Apostar polo transporte público e os modos peonís e bicicleta no conxunto da cidade, co fin de reducir a mobilidade no vehículo privado.
NC de Ferrol, Eume e Ortegal
Enviado por:
ferrol@verdegaia.org 15 de agosto de 2009 12:33
_______
Documento de interese:
________________
Enlaces relacionados:
- O Consello Local de EU de Ferrol e a reforma da Praza de Armas [23.09.2008]
- O goberno leva hoxe a pleno o rescate do párking de Armas tras o acordo entre concesionario e comerciantes [16.02.2009]
- Por que furar Ferrol ? [18.02.2009]
- Esquerda Unida denuncia a situación de irregularidade na que se atopa a día de hoxe o estacionamento da Praza do Concello e outras denuncias [26.03.2009]
- O pleno aproba o estudo de viabilidade do párking da praza de Armas sin ningún voto en contra [06.06.2009]
- Asemblea Aberta para tratar o asunto do Estacionamento da Praza de Armas de Ferrol [15.07.2009]
- A praça do concelho de Ferrol para as pessoas, nom para os veículos: praça pública sim, estacionamento nom! [31.07.2009]
Marcadores: Estacionamento da Praza do Concello, Estacionamentos, Praza de Armas, Verdegaia
O pleno aproba o rescate da concesión do párking do mercado por incumprir o contrato
O concelleiro Ramón Veloso destaca a unión política en torno á medida, que non recibiu ningún voto contrarioO pleno de Ferrol aprobou o pasado venres 7 de agosto o rescate da concesión do párking emprazado no mercado da Magdalena. Unha votación sen ningún voto negativo. Na práctica, segundo explicaba o concelleiro de Facenda e portavoz do goberno municipal, Ramón Veloso, a decisión adoptada en sesión plenaria permitirá poñer fin aos reiterados incumplimentos por parte da concesionaria. De feito, o actual goberno local iniciaba hai un ano o expediente para o rescate da concesión tras constatar a grave situación que atravesaba o servizo e a merma que estaba a supor para os placeiros do mercado municipal.
Máis polo miúdo, Ramón Veloso lembraba que o 15 de maio de 2008 se iniciaba o procedemento administrativo para recuperar a xestión das instalacións logo de constatar por un lado a cesión encuberta do contrato á empresa Esppor Ogic S.L. sen autorización do Concello de Ferrol, e pola outra, os incumprimentos respeto dunha serie de melloras recollidas no contrato de concesión. A Administración local solicitaba entón un informe ao Consello Consultivo de Galicia, un documento en todo caso preceptivo e non vinculante, cuxa resolución, emitida o pasado 3 de xullo, determinaba por unanimidade que procedía a resolución. Neste tempo, o Concello tamén encargaba unha auditoria á que a empresa concesionaria, a firma Sofranda, se negaba. Deste xeito e á vista dos informes favorables tanto do secretario como do interventor municipais e finalmente do Consello Consultivo, se aprobaba por unanimidade o rescate da concesión. Primeiro no transcurso dunha Comisión Extraordinaria e Urxente de Facenda e posteriormente na sesión plenaria extraordinaria, ambas celebradas o pasado día 7 pola mañá.
Agora, segundo explicaba Ramón Veloso e logo de notificarlle a decisión á firma, a Administración local ten previsto executar a garantía definitiva depositada pola entidade por importe de 10.000 euros ao tempo que iniciará o proceso de liquidación do contrato resolto. E, ao fío, Ramón Veloso confirmou que o aparcadoiro do mercado da Magdalena continuará aberto mediante a xestión do propio Concello de maneira que praceiros e cidadáns poidan disfrutar deste servizo fundamental para a dinamización destas instalacións municipais.
Fonte: Concello de Ferrol
_____________
Marcadores: Estacionamentos, Mobilidade Urbana
Firmas pola restitución democrática en Honduras
Remitido pola nosa compañeira M.C. desde Honduras15.08.09
Solicitamos o seu apoio e solidariedade co pobo Hondureño, subscribindo coa súa firma á carta que achegamos no enlace, estará esixindo o restablecemento da orde constitucional en Honduras. Esta carta será remitida ao Presidente do Congreso Nacional, á Secretaria de Estado de Seguridade Pública, á Fiscalía dos Dereitos Humanos de Honduras e ao Ministerio de Asuntos Exteriores do Estado Español.
O pasado 28 de xuño produciuse un golpe de estado contra o pobo de Honduras e as súas institucións democráticas. A destitución mediante o uso da forza do presidente elixido democraticamente no 2005, Manuel Zelaya, así como a militarización á que está sometida desde ese día a sociedade civil hondureña, son feitos inaceptables.
Durante estes 45 días de golpe de estado, o goberno de facto alterou drasticamente a orde constitucional do país, estase dando en Honduras unha grave situación de violación sistemática de dereitos humanos e de restricións ás liberdades democráticas. Son evidentes as dificultades e obstáculos para o acceso á xustiza, limítase drasticamente a liberdade de prensa e hase recrudecido o uso da violencia contra as persoas que se manifestan diariamente en contra do golpe de estado.
Firmar petición:
http://www.petitiononline.com/vsfvsf/petition.html
Moitas grazas pola súa solidariedade co pobo hondureño.
Plataforma Rural
--
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es
Enviado por:
Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-
16 de agosto de 2009 11:27
__________________________________
Marcadores: Fuco Buxan A. C., Honduras
O governo municipal presidido por Vicente Irisarri nom quer ferrolanear em galego
Testemunhos críticos de diferentes vizinhos e vizinhas que já participárom no passeio de barco pola ria, que inclui ceia, música e a informaçom fornecida por umha guia turística, confirmam umha nova medida espanholizadora da área municipal de Promoçom Turística, que dirige Ramón Veloso.A Fundaçom Artábria, que conta com um representante no Conselho Municipal de Língua, organismo presidido polo também integrante do Governo municipal Manuel Santiago, tem que fazer pública, mais umha vez, a queixa pola exclusom do galego da exposiçom da pessoa encarregada de dar informaçons culturais e sobre o meio natural da comarca às pessoas que participam na viagem marítima incluída no programa de actividades 'Ferrolaneando'.
O uso exclusivo do espanhol, mais umha vez, deixa em evidência a falta de vontade do actual governo na hora de recuperar um dos principais sinais de identidade do povo de Ferrol: o idioma galego. O facto é mais grave se tivermos em conta que existe umha Ordenança Municipal de Normalizaçom Língüística aprovada unanimemente há mais de umha década, um Plano de Normalizaçom Lingüística municipal aprovado da mesma maneira, e um organismo de participaçom como é o Conselho Municipal de Língua onde o representante da Fundaçom Artábria está a denunciar, em cada reuniom, os contínuos incumprimentos dos compromissos referentes à extensom dos usos sociais do galego.
A Fundaçom Artábria, como outras entidades e muitas pessoas a nível individual, considera imprescindível umha mudança na política lingüística do actual governo municipal de Ferrol, em maos do PSOE. Caso essa rectificaçom nom se produza, a nossa entidade estudará a pertinência da continuidade do seu representante no Conselho Municipal de Língua, dada a manifesta inoperatividade desse organismo.
Fundaçom Artábria
Ferrol, 15 de Agosto de 2009
Sítio webda Fundaçom Artábria
http://www.artabria.net
Sítio web do festival da Terra e da Língua
http://www.artabria.net/
Enviado por:
Fundaçom Artábria -rtabria@artabria.net- 16 de agosto de 2009 18:34
__________________________________
Festas de Ferrol: mediocridade, alienaçom e esbanjamento
O programa de festas de Ferrol volta a ser decepcionante. Parece que todas as forças políticas com representaçom na corporaçom municipal concordam no tipo de festas que há que organizar, e nom existem grandes diferenças de critério nem sequer na hora de contratar actuaçons. O populismo trapalheiro substitui qualquer critério de equanimidade, de tratar de contentar também sectores cujos gostos nom estám representados nos media.É claro que se o método para confeccionar um programa de festas que sintonize com aquilo que o povo quer é umha consulta na Internet, vai haver amplos sectores que nom vam participar, porque nom sabem utilizar a Internet ou porque nom tenhem acesso, ou porque simplesmente nom conhecem a iniciativa. O programa responde a umha concepçom segundo a qual nom cabem mais gostos do que aqueles que vam associados à cultura do consumo e da trivialidade.
É um verdadeiro desfile de horrores da rádio-fórmula. Como aspectos positivos, poderíamos ressaltar que há duas actuaçons de músicos galegos de certa qualidade (Som do Galpom e Fuxan os Ventos) e que o programa está editado integralmente em galego, o que nom é pouco num concelho onde o seu máximo representante despreza o nosso idioma de maneira permanente na sua actividade institucional. De resto, a incorrência no de sempre deixa quem esperaria algo mais de imaginaçom e diversidade na concepçom de um programa de actos festivos umha sensaçom de aridez e de tédio absolutos.
O pessoal que escuita rock nas suas diferentes variantes, folc, música tradicional, jazz, blues... também tem direito a sentir as festas como suas. Por outra parte, que a Galiza e os artistas galegos, com preferência para quem trabalhar em galego nom sejam o referente central, relega esses artistas e o tecido industrial que os move a um carácter marginal que nom merecem. Som do Galpom ou Fuxan os Ventos nom deveriam ser apenas umha nota exótica no programa. As festas de Ferrol devem ser festas de Ferrol, nom festas de umha cidade madrilena ou manchega.
Para finalizar, voltamos a reclamar umha maior abertura para a verdadeira participaçom popular na elaboraçom dos programas de festas, e umha abertura para o mundo cultural que no mundo se expressa na nossa língua, o ámbito conhecido polo nome de lusófono.
Assembleia Comarcal de Trasancos de NÓS-Unidade Popular
Ferrol, 15 de Agosto de 2009
Enviado por:
nosup-trasancos@nosgaliza.org
16 de agosto de 2009 16:12
__________________________________
Ante o anuncio de entrada dun novo gaseiro para Reganosa, o Comité Cidadán convoca unha acción de protesta este Domingo 16 de Agosto
20090815
O gaseiro "Sestao Knutsen" que faría o número 50, cargado con GNL-LNG para a planta regasificadora de Reganosa, ten prevista a súa entrada na Ría de Ferrol, este Domingo 16 de Agosto. É por iso polo que o Comité Cidadán de Emerxencia ten convocada unha nova CONCENTRACIÓN en Ferrol, o mesmo día ás 8 da Tarde, na Praza Amada García, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.Unha vez máis a entrada dun grande buque cargado con gas natural licuadao, poñerá en perigo a miles de persoas que moramos na contorna da nosa Ría.
Se a Planta de Gas que Reganosa instalou en Mugardos, de por si, representa un grande perigo e unha ameaza permanente á nosa seguridade e vida - e os seus verquidos un contributo máis á morte lenta da Ría -, cada vez que un buque gaseiro destas características e cargado com miles de toneladas de gas, entra na Ría, este perigo aumenta o seu potencial e as probabilidades de accidente moi grave.
Sabiades que na Galiza hai 10 empresas consideradas potencialmente moi perigosas e que están obrigadas a ter un Plan de Emerxencia Exterior, "das cales 3 están en Punta Promontorio e ademais, neste caso o risco incrementa-se por un posíbel efecto dominó [Artigo 8 da Directiva Seveso II] xa que as tres empresas son colindantes e están concentradas dentro dun círculo de escasos 500 m de diámetro". O feito da chegada deste buque gaseiro cargado con GNL-LNG, supon unha perigosidade ainda moito maior. E as autoridades das diferentes administracións, non só non cumpren coa súa obriga de impedir este perigo, senon que foron cúmplices de que se instalara dentro da Ría, non só a Planta de Gas, senon que todo o complexo petroquímico. É máis, nen sequera cumpren coa súa obriga de informar a poboación dos plans de emerxencia exterior, como así teñen demandado varias entetidades veciñais da Comarca, o pasado 27 de Febreiro.
A directiva europea "Seveso" coas súa diferentes modificacións e ampliacións, os seus documentos e normas derivadas, ven sendo transgredida unha e outra vez, desde que se decideu construir a planta até hoxe que pretenden a súa ampliación.
Enlace de interese:
Características do buque:
- Nome.- Sestao Knutsen - Bandeira .- España - Eslora.-284.4 m - Manga.- 42.5 m - Calado Max..- 12.3 m - Capacidade.- 138.000m3
A RÍA É NOSA E NON DE REGANOSA ¡
DESMANTELAMENTO DE REGANOSA XA ¡
--
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
...........
Nova conta do Comité Cidadadán:
Para axudas económicas pode-se ingrear na seguinte conta corrente do Banco Santander. Titular: Luz Marina Torrente e outros
00493315772894017995
Para ingresos realizados desde outros estados
ES 71 00493315772894017995
Baseado na información facilitada polo:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
14 de agosto de 2009 22:01
________________________
Marcadores: Planta de gas, Reganosa
Ferrol aposta polo seu patrimonio cun servizo pioneiro de inspección técnica de edificios
20090814
O edil Angel Mato destaca o consenso dos grupos en torno ao proxecto que impulsa o goberno local que lidera Irisarri. Os inmobles de máis de 50 anos estarán obrigados a pasar por inspeccións periódicas e someterse ás obras necesarias12/08/2009
O concelleiro de Planificación Urbanística, Angel Mato, asegurou que a conservación e posta en valor do extraordinario patrimonio histórico, cultural e arquitectónico de Ferrol constitúe unha prioridade irrenunciable para o goberno local que lidera Vicente Irisarri. Por isto, dende o inicio de mandato, a Concellería de Urbanismo traballa da man do Colexio Oficial de Arquitectos e, desa relación de colaboración, se iniciaban hai un ano as inspeccións a edificios deteriorados dos barrios históricos. Revisións gratuítas para os propietarios nas que se determinan as obras de execución urxente que son necesarias para garantir a súa seguridade. Agora o goberno municipal dá un paso adiante e presenta a ordenanza do Servizo de Inspección Técnica de Edificios (ITE). Unha norma que onte era dictaminada favorablemente, e por unanimidade, no pleno ordinario de fin de mes, e que agora pasará a exposición pública. Nesta liña, Angel Mato explicou que a ordenanza implicará a posta en marcha dun servizo que permitirá culminar ese proceso de recuperación dos cascos históricos de Ferrol e complementar as políticas rehabilitadoras, pero cunha diferencia. Ata o momento, a acción do Concello se centraba no plano da seguridade, namentras que co novo servizo se actuará dende o punto de vista da prevención.
Deste xeito e na práctica, o edil de Urbanismo sinalou que os edificios que superen os 50 anos de antigüidade deberán pasar inspeccións periódicas cada dez anos nas que se comprobará o seu estado. Así, as inspeccións permitirán coñecer se as edificacións están a ser conservadas correctamente e non presentan síntomas aparentes de deterioro, posibilitando unha mellora substancial dos niveis de conservación xeral e que se acometa a tempo a execución de medidas inmediatas que eviten tanto riscos para a seguridade das persoas como a necesidade de afrontar reparacións máis complexas e custosas.
Así mesmo, Mato indicou que, amáis de ofrecer un maior coñecemento e control do estado de conservación, obxectivo principal que se reflectirá na Base de Datos das ITE, o servizo contribuirá a dotar de maior seguridade xurídica e técnica aos usuarios do mercado inmobiliario de vivendas de certa antigüidade ou rehabilitadas.
Segundo o concelleiro, o proceso de revisión de inmobles -a chamada ITV dos edificios- avanzará de forma progresiva e á hora de seleccionar os primeiros inmobles se atenderán diferentes parámetros. Dende a súa catalogación ata o estado estrutural, ubicación en casco histórico e antigüidade do edificio. En todo caso, Angel Mato xa avanzou que calcula que pasarán uns nove anos ata que se completen as revisións do catálogo de vivendas susceptibles de revisión. Tras as inspeccións, os técnicos emitirán informes favorables ou negativos. Os primeiros, vixentes por espazo de dez anos. Os segundos darán paso a un periodo para subsanar deficiencias que, de non acatar, podería chegar en último caso e situación extrema á expropiación. Así mesmo, a ordenanza establece a posibilidade de fixar un réxime de axudas das que só se beneficiarían quenes acreditasen a carencia de medios económicos para afrontar as actuacións precisas.
Nesta liña, Angel Mato tamén indicou que o Concello xa está a traballar co Colexio de Arquitectos na programación dunha serie de cursos preparatorios para formar a profesionais neste tipo de inspeccións, de modo que se axilice, en moito, o proceso.
Por último, o concelleiro lembrou que a ordenanza tamén inclúe unha memoria de necesidades e un programa de implantación da mesma, onde se sinalan os recursos persoais e materiais necesarios para facer efectiva a normativa.
Fonte: Concello de Ferrol
________________
Marcadores: Urbanismo
Acordo militar Colômbia - Estados Unidos cria tensão na cimeira sul-americana
20090813
Cimeira de presidentes da União de Nações Sul-americanas (Unasur) em Quito, no Equador11-Ago-2009
A decisão da Colômbia de permitir o uso de sete das suas bases militares pelo exército dos Estados Unidos criou profundas tensões na cimeira de presidentes da União de Nações Sul-americanas (Unasur) em Quito, no Equador. Os presidentes do Equador, da Bolívia e da Venezuela fizeram as declarações mais duras contra o acordo entre a Colômbia e os EUA. Na cimeira houve ainda uma condenação unânime do golpe militar nas Honduras.
A polémica promete continuar, pois foi convocada uma nova cimeira a realizar em Buenos Aires, mas desta vez com a presença de Álvaro Uribe, o presidente colombiano que não se dirigiu à capital equatoriana devido às más relações actuais entre os dois países.
A Bolívia propôs uma resolução de repúdio ao acordo militar entre os Estados Unidos e a Colômbia, mas a iniciativa não conseguiu o apoio da maioria – decidiu-se convocar uma reunião de ministros da Defesa do grupo a 24 de Agosto em Quito para voltar a tratar do tema.
Evo Morales disse que os EUA querem usar as bases colombianas “contra os processos revolucionários que estão em gestação na América” e não para combater as FARC ou o narcotráfico.
Hugo Chávez disse por seu lado que o uso de bases colombianas por parte dos Estados Unidos “pode ser o começo de uma tragédia para a região”. O presidente venezuelano sente-se ameaçado pelo acordo e disse que a Venezuela não permitirá que as tropas colombianas entrem no seu território como se passou no Equador. “Ventos de guerra começam a soprar na América Latina. A Venezuela está a preparar-se, porque nos têm na mira. E a razão é só uma... o petróleo”, disse Chávez.
O presidente do Equador, Rafael Correa disse também que o uso pelos americanos de bases militares na Colômbia é “uma provocação para a região”.
Os presidentes do Brasil, da Argentina e do Paraguai tiveram reacções mais prudentes. Lula da Silva disse: “Não concebo a possibilidade de aumentar os conflitos na região num momento em que tudo leva a crer que quanto mais paz tenhamos, mais oportunidade teremos de recuperar o tempo perdido e dar aos nosso povos o que eles precisam”. Lula apelou a “uma relação amistosa” entre os membros da Unasur, para “não sermos um clube de amigos rodeados de inimigos”. O presidente brasileiro propôs uma reunião com Barack Obama para fazer um debate profundo sobre a relação dos EUA com a América do Sul.
A vice-ministra colombiana para os assuntos externos, Clemencia Forero afirmou que “não houve nem haverá bases estrangeiras na Colômbia” e assegurou que o acordo com os Estados Unidos prevê “um acesso limitado para realizar acções coordenadas contra o tráfico de droga e o terrorismo”.
O ministro da Defesa equatoriano contestou aquilo a que chamou a “intenção da Colômbia de aplicar a teoria da extraterritorialidade, isto é, o direito de atacar qualquer outro país sobreano em nome do combate ao terrorismo”.
Também foi abordada a questão do golpe militar nas Honduras. Aqui sim houve aparente consenso - na condenação do golpe de Estado e o não reconhecimento de quaisquer eleições convocadas pelo actual governo considerado ilegítimo.
Fonte: esquerda.net
Enviado por:
esquerda.net 13 de agosto de 2009 17:56
______________
O Bloque esixirá no Parlamento que se impida a construción do porto do Salgueirón
Redacción - 17:30 13/08/2009
Os deputados nacionalistas Bieito Lobeira e Teresa Táboas asinan a proposición non de lei coa que o grupo parlamentario do BNG leva a debate do pleno a petición de freo á construción do porto náutico-deportivo do Salgueirón, en Cangas.
O texto da iniciativa solicita da Xunta adoptar todas as medidas precisas, "incluída a reivindicación perante a Autoridade Portuaria de Vigo e o Ministerio de Fomento, para a retirada da concesión á empresa Residencial Marina Atlántica, coa fin de impedir a realización das obras que se están a acometer na zona do Salgueirón". Reclaman ademais que se lle esixa ao goberno español "a restitución á súa situación orixinal" do medio danado polas obras xa iniciadas.
En terceiro lugar, destacan os deputados nacionalistas que é necesario avaliar o impacto económico que as obras realizadas até o de agora supuxeron para o medio mariño e a actividade produtiva da flota pesqueira de baixura e marisqueo. Así, e segundo os resultados dese informe, recordan que será necesario o outorgamento das correspondentes indemnizacións económicas para os afectados polos danos.
Un problema "creado polo PP"
"É un bo exemplo da pintoresca concepción que ten o PP do litoral galego e de cal será a súa aposta política ao respecto, primando a instalación de portos deportivos malia que colidan ou mesmo substitúan unha actividade produtiva que é motor da economía do país", expoñen desde o BNG.
Lembran ao fío que a primeira autorización para construír este peirao xurde do Concello de Cangas en 2004, cando o PP contaba con maioría absoluta no municipio, e conta agora co aval dos permisos da Autoridade Portuaria de Vigo, coa súa presidenta Corina Porro á fronte. "Contra todo criterio de racionalidade e facendo ouvidos xordos ás xustas reivindicacións do sector afectado", láianse.
Con este conxunto de iniciativas, o grupo parlamentario dos nacionalistas quere "evidenciar" a posición "totalmente contraria" a este proxecto. "A súa execución non só significará a perda definitiva para a actividade produtiva dunha extensa área marítima senón tamén unha forte afección derivada da diminución da calidade de auga (alteración de correntes, incremento da turbidez etc), co conseguinte impacto socieconómico nunha zona coas taxas máis altas de dependencia da actividade pesqueira de Galiza e da UE", advirten, ao tempo que subliñan as queixas da Confraría de Pescadores de Cangas ao respecto.
Publicado en Vieiros
[Con interesantes comentarios]
______________
Nom o verás nos meios, mas a esquerda independentista homenageou Moncho Reboiras em Ferrol

Como já anunciamos em dias passados, o acto consistiu numha oferta floral na renovada placa comemorativa colocada já no ano passado. Os companheiros Maurício Castro, da Direcçom Nacional de NÓS-UP, e Carlos Garcia Seoane, da organizaçom juvenil independentista BRIGA, colocárom as flores comemorativas do XXIV aniversário da morte do militante da UPG, dirigindo também umhas palavras às pessoas concentradas.

Sublinhou Castro a contradiçom de que o delegado do Governo espanhol esteja a reconhecer Reboiras em simultáneo com a imposiçom de multas a centenas de trabalhadores e trabalhadoras do metal do sul da Galiza, por participarem na recente greve metalúrgica, ou a repressom lançada contra a vizinhança de Cangas e contra quem defende a nosssa língua.
Carlos Garcia Seoane tomou a palavra para reivindicar o Reboiras jovem, comunista e independentista, espelho da militáncia actual da esquerda independentista. Como militante de BRIGA, negou qualquer identidade entre a luita do jovem combatente da UPG dos primeiros 70 e a actual dirigência do autonomismo, definitivamente integrada no mesmo sistema que Moncho Reboiras combateu até a morte.
O canto colectivo do Hino da Internacional e do Hino Nacional da Galiza, acompanhado dos sons da gaita, pugérom fim ao acto patriótico deste 12 de Agosto em Ferrol.
Enviado por:
_______________
Enlace relacionado:
________
Marcadores: Moncho Reboiras, Nós-Up
Mais umha vitória da esquerda independentista de Trasancos ante a perseguiçom da polícia espanhola
Como informavamos no nosso site nacional, o passado 1 de Julho celebrava-se no concelho de Narom mais um julgamento político contra três militantes da esquerda independentista da comarca de Trasancos.Carlos Garcia Seoane, Ivám Durám e Xavier Casal eram julgados após serem denunciados pola polícia espanhola de um delito de “deslucimento de fachadas” por realizar um mural de grandes proporçons na rua Amália Fraguela solicitando o voto para NÓS-Unidade Popular nas passadas eleiçons autonómicas.
Os companheiros que reconhecérom ante o juíz a autoria do mural, argumentarom que se realizou em periodo eleitoral. A defesa dos militantes independentistas acreditou com provas gráficas que no tunel onde se realizou o mural já existiam pintadas polo que nom podia considerar-se um “deslucimento”.
Finalmente o juíz acordou proceder à livre absoluçom de Carlos, Xavier e Ivam.
Reiteramos a firme decissom da esquerda independentista de continuarmos estando presentes nas ruas da nossa comarca e do nosso país por muitas denúncias, acossas ou identificaçons que fagam as forças repressivas espanholas.
A luita é o único caminho!
Enviado por:
nosup-trasancos@nosgaliza.org 13 de agosto de 2009 15:12
________________
Así foi o Día de Acción Global por Honduras en Ferrol este Martes 11 de Agosto de 2009
20090812
Hoxe, en réxime de Autoconvocatoria, representantes de numerosas Entidades e Asociacións desta comarca de Ferrolterra, concentráronse na Praza Amada García de Ferrol, para amosar a súa solidaridade co pobo hondureño, cando levan 43 días de loita pacífica pola recuperación da Democracia.
Video do acto:
Actuando como portavoz Eliseo Zaera, Presidente do Ateneo Ferolán, deuse lectura o seguinte comunicado de apoio:
CONCENTRACION POLA DEMOCRACIA EN HONDURAS
1.- Esta concentración está promovida por un grupo de Asociacións, Entidades, Sindicatos e Partidos Políticos, con carácter de autoconvocatoria. É, por tanto, unha acción apartidaria, democrática e solidaria.
2.- O seu obxectivo é mostrar simbólicamente a solidariedade con cantos en Honduras se mobilizan hoxe nunha “Marcha pola Dignidade” que desde distintos puntos do país diríxense cara á capital, Tegucigalpa e a San Pedro Sula. Sumámonos asemade á “Acción Global por Honduras” que a nivel internacional celébrase hoxe mesmo.
3.- Unimos a nosa voz a todos os organismos internacionais, estados e movementos sociais que denuncian o golpe de estado e reclaman o retorno á institucionalidade democrática e a volta a Honduras do seu lexítimo Presidente, Manuel Zelaya.
4.-Denunciamos a represión desatada polos golpistas, a través da acción policial, das forzas armadas e ata de “escuadróns da morte”. Esiximos o respecto ás liberdades políticas e á propia vida.
5.-Rexeitamos a manobra de certos medios de comunicación que pretenden pór nun mesmo plano de igualdade aos golpistas e ao Goberno lexítimo da nación irmá, facendo un dubidoso servizo aos principios democráticos.
6.-Manifestamos a nosa determinación de proseguir esta solidariedade ata que Honduras retorne á Democracia.
Ferrol, 11 agosto 2009
Contra golpe militar, resistencia popular
Honduras no se rinde, o pobo no se cala
Adiante, adiante, que a luita é constante
¡ Viva Honduras libre e democrática ¡
___________________
Enlaces relacionados:
- Colectivo Ártabra 21: O Movimento internacional Via campesiña convoca a unha acción global por Honduras para o Martes 11 de Agosto
- Colectivo Ártabra 21: Día de Acción Global por Honduras: participa este Martes 11 de Agosto en Ferro
- Wendy Cruz: wendycruzsanchez@yahoo.ca
- Mabel Marquez: mabelmarquez07@gmail.com
- movimientos.org
- Radio Progreso. El progreso, Yoro.
- El Libertador
- Resistencia Morazán
- Honduras Laboral
- Todos con Honduras
- Venezolana de Televisión
- Telesur
- Sitio oficial del Gobierno en Resistencia
- Habla Honduras
- Libertad de expresión hn
- La voz del Sandini
________________________
Marcadores: Honduras
Denuncian o peche de servizos de atención ó cidadá no Edificio Administrativo da Xunta en Ferrol
Comunicado de denuncia ós medios[Revisado coa nova redacción]
A Asociación Veciñal de Esteiro " Fontelonga", queremos denunciar o peche de servizos de atención ó cidadá no Edificio Administrativo da Xunta en Ferrol, o que reflicte unha falta de compromiso da Xunta de Galicia con Ferrolterra e coa cidadanía.
Cando se fala de facilitar os trámites burocráticos e de acercar á Administración Pública á cidadanía en Ferrol e no mes de agosto pechánse as oficinas de Vivenda e na de Pesca se reduce a atención unha hora diaria, obrigando a usuarios e usuarias, no caso de VIVENDA, a ter que desprazarse A Coruña para resolver temas que en materia de tramitación de axudas a vivenda e dado o amplo parque de vivendas públicas que existen en Ferrol, sobre todo en Esteiro e en Caranza, son moitos.
Se o que se pretende e reducir custos na Administración da Xunta de Galicia a conta de que os cidadáns e cidadás teñamos que pagar máis e perder máis horas de traballo, esa política supon unha moi mala xestión.
Nos próximos días , é posible, que tamén a oficina de Xuventude peche ás súas portas. En Dependencia a falla de persoal para facer os pagos motiva un retrasos no pagamento das axudas da Lei de Dependencia.
Hai que recordar que Ferrol é a única cidade de Galicia, segundo publica o DOG do 1 de Maio, que non conta con Delegado Territorial a pesar de ser a terceira comarca de Galicia en número de habitantes e priva de autonomía ó Edificio Administrativo de Ferrol que e un centro dependente da Coruña, a pesar de que máis de 1000 persoas acuden tódolos días a dito Edificio a realizar xestións administrativas
Demandamos que de xeito inmediato se contrate ó persoal necesario, para eso a Xunta de Galicia ten unhas bolsas de contratación, para abrir as oficinas de Vivenda e Pesca en horario completo e garantir que non se peche ningunha outra. A Administración da Xunta tamén ten que favorecer a creación de emprego.
Facemos un chamamento á cidadanía e a tódalas entidades veciñais, confrarías, etc a que presenten reclamacións por rexistro, por este feito discriminatorio con Ferrolterra, e esta Asociación tamén imos formular a oportuna reclamación en defensa dos veciños e veciñas do Barrio de Esteiro.
Demandamos do Alcalde de Ferrol e de tódolos grupos municipais que reclamen da Xunta un trato igualitario e non discriminatorio como o que se está a producir con toda a cidadanía de Ferrolterra a quen a Xunta de Galicia está tratando como cidadáns de segunda clase.
Tamén queremos recordar que temos solicitada, en tempo e forma, no mes de maio unha entrevista do Delegado da Xunta na Provincia da Coruña, D. Diego Calvo, para falar da Escola Infantil Pública de Esteiro, sen ningún resultado polo momento, case catro meses despois.
Ferrol a 11 de agosto de 2009.
Xunta Directiva da Asociación Veciñal de Esteiro " Fontelonga"
Enviado por:
Asociacion Veciñal Fontelonga
-avvfontelonga@mundo-r.com-
11 de agosto de 2009 17:32
_________________
ESTEIRO-FERROL
ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-
Web veciñal
Blog veciñal
_____________________
Marcadores: Denuncias, Fontelonga
"Massó", os desalmados e a resistencia
20090811
Por Xosé Manuel Beiras 09.08.2009Foi este primeiro sábado de agosto, á tardiña. Descéramos en auto polo mapa da Galiza abaixo, dende o Brión da Maía ao Cangas do Morrazo, o Cangas tamén da "María Soliña" que cantaran os mozos das "Voces Ceibes" hai ben anos xa, no tempo das loitas contra o fascismo opusdeísta español imperante no tardo-franquismo. Foramos agora convocados polos mariñeiros e aqueloutras xentes de ben do común que non aturan pasivamente falcatruadas do poder nen renuncian á resistencia. Sí, á resistencia cívica, ou sexa, a exerceren activamente como cidadáns a cotío e mobilizárense en defensa dos dereitos fronte ao poder cada vez que o poder esmaga os seus dereitos, en defensa da xustiza fronte á lei cada vez que a lei prostitue á xustiza. Porque nésas estamos, infelizmente. Un sistema depredador insaciábel que devora seres humáns e natureza para alimentarse, medrar e reproducirse a sí mesmo, como unha enorme planta carnívora que só ten vida vexetativa, mais nútrese de sustancia humán. Que cousifica tódolos valores enxendrados polas culturas dos povos para reducilos a un só, aquil que se cotiza nos desalmados mercados financeiros. Que instrumentaliza a lei e o dereito para pólos ao servizo da sua voracidade no canto de serviren para regular a vida social conforme a principios de xustiza e ben do común. Que, dende a sombra de despachos inaccesíbeis a ese común, dicta as suas ordes aos inquilinos das institucións dun irrisorio poder político, e os chantaxea e defenestra sen escrúpulo ningún no caso infrecuente de non obedecérenas. Que narcotiza todo canto pode as conciencias con toda caste de estupefacientes químicos e ideolóxicos para alienalas e escravizalas, para reducir aos seres humáns á condición de servos non-pensantes, de canciños-de-paulov movidos por instintos primarios e reflexos condicionados sempre ás ordes do seu amo, mesmo para que, chegado o caso -e adoita chegar a miudo- se devoren uns aos outros no canto de unírense para aniquilalo e liberárense desa tiranía. Mais, no entanto, hainos aínda que din non -"diguem no", cantaba o valencián Raimon ao unísono coas Voces Ceibes galegas- hainos aínda que se alistan na resistencia, hainos agora no Morrazo que aínda non esqueceron a María Soliña. Onda eses resistentes con memoria e dignidade fomos este primeiro sábado de agosto, na tardiña, pra defendermos o patrimonio natural fronte aos depredadores, os dereitos e a xustiza populares contra os ocultos xerarcas desalmados dun desalmado poder.
O caso é Massó. Si, desta vez, o caso chámase Massó. A factoría que fora buque insignia da industria conserveira galega, deserta agora, alí está aínda. Millor debera dicir que alí xacen os seus restos, no Salgueirón, pasado o porto de Cangas pola beiramar cara a fóra.. Alí xacen os despoxos, o esquelete da fábrica -inconfundíbel alzado de arquiteitura industrial modernista- os peiraos de atraque da frota que en tempos fora propria, os galpóns de reparación dos pesqueiros, o edificio da administración, as casas dos empregados principais, até unha colección de enormes e enferruxadas "portas" dos aparellos de arrastre arrimadas aos muros de contención como dislocadas instalacións de "arte póvera". E a natureza tamén, ao pé do malecón da fábrica, os rochedos e coídos que se prolongan alén dela deica a restinga da Punta Balea e son viveiro natural de marisco e peixes das pedras, e da banda de terra firme, a enorme e ramallosa finca do Salgueirón que debera xa ser parque público natural da vila de Cangas para disfroite dos seus cidadáns.
Esa fábrica de Massó en Cangas, o mesmo cá de Bueu, morreu vítima, conxunta e combinadamente, da incuria empresarial, a inepcia política e... o Mercado Común Europeo -"ruina do povo galego", lembrádesvos?. Ás dinastías das grandes familias conserveiras do XIX- XX galego pasoulles como á dos Austrias do XVI-XVII español: un proceso dexenerativo que rematou na sua extinción. Só que extinción biolóxica no segundo caso, e extinción só empresarial no primeiro. Massó, como Curbera, Alfageme e tantos outros, son apelidos en orixe cataláns afincados na Galiza dende hai ben tempo. Uns xa coa primeira fornada, a dos famosos "fomentadores" no salgado, no XVIII, os que chegaran cando a economía catalá estaba en crise e a galega frolecía, cando Galiza tiña unha densidade de poboación dobre que a de Catalunya. Viñeran e mudaran as técnicas do salgado. E as artes de pesca: o noso ilustrado Cornide pleiteara con iles en defensa dos mariñeiros indíxenas, por introduciren os cataláns a xábega, máis depredadora, en detrimento do xeito, máis ecolóxica -diríase hoxe. Mais non só polo "xeito" de pescar: tamén polo xeito en que os esplotaban. Outros, cando o salto do salgado á conserva, ben andado o XIX. En Vigo, instaláranse maiormente no Areal da Barxa, que por iso foi alcumado popularmente como Areal dos Cataláns. Industria tecnolóxicamente punteira no seu tempo, fosen cataláns ou galegos os empresarios, a conserva foi un dos tres pés da trepia do noso complexo mar-industrial. Mais, no período do franquismo, mudou a sua traxectoria, os máis clásicos adurmiñaronse, afixéronse ao gasto suntuario desmedido, deixaron de innovar, pasaron empresarialmente de conserveiros a conservadores, deviñeron obsoletos. As condicións da adesión española ao MCE deulles a puntilla: unha "reconversión" forzosa remudou o empresariado conserveiro. Nela sucumbíu Massó.
Entramentras, os homes e mulleres da Galiza mariñeira foran os protagonistas sufridores desa historia, dende a época do salgado á da conserva. En tódalas fases de proceso, tanto as de ascenso e apoxeo canto as de crise e depresión, foron iles e máis elas a quen lles tocou estar sempre ás duras e cáseque nunca ás maduras. Aos mariñeiros, como fornecedores da materia prima, estaren a expensas das condicións e prezos xeralmente controlados polas industrias transformadoras. A elas, como traballadoras en condicións sociais, laborais e salariais xeralmente precarias e a miudo infames, en ocasións con "dereito de pernada" incluído, e até tempos ben recentes: non esquezo, sendo eu xa deputado, aquil enxendro de figura laboral das chamadas "fixas discontínuas", nen tampouco o correlativo rexime de seguridade social -que até resulta escandaloso denominalo dese xeito. E logo, uns e outras, cando comeza a crise definitiva do sector, por riba simultáneamente coa crise e progresiva mutilación da pesca de altura, da de baixura e máis do marisqueo, foron as auténticas vítimas do desastre: os donos das empresas tiñan o patrimonio inmobiliario, que nunca, que eu saiba, lles foi expropriado; en troques, mariñeiros, traballadoras e mariscadoras non tiñan outro patrimonio que a sua forza de traballo, ésa sí "expropiada" por despidos, peches de factorías, perda de caladoiros e, para remate, invasión de franxas costeiras sucesivas con recheos, portos deportivos e misereredómines. Así ocurríu con Massó en Cangas -faltaba máis.
Nos últimos decenios, coa prolongada recesión e intermitente crise da economía produtiva, a resurreición do "rentista" ao que Keynes tentara facerlle a sua famosa "eutanasia", e o ascenso do capital financeiro á hexemonía sobre o capital industrial, as operacións especulativas desprazaron progresivamente aos investimentos produtivos, a economía das "burbullas" sustituíu á economía real: a "burbulla" da promoción e a construción, ou sexa, en prata, a especulación co solo, coa edificación e coa "urbanización" (?) convirtiuse no primordial e mesmo cáse único motor da irracional dinámica do "capitalismo do desastre" -así bautismado por Naomi Klein- nas nosas latitudes. Unha irracionalidade delirante que rebentou na actual crise. Nese contexto, a fábrica de Massó no centro de Bueu convirtiuse nun solar "produtor" de multimillonarias plusvalías especulativas, e a de Cangas, coa imensa finca do Salgueirón, encetou o mesmo roteiro. Só a activa determinación dos cidadáns exercentes como tais impedíu até agora o expólio dese ben común da cidadanía, a agresión aos ecosistemas do litoral que implica, e a desposesión de máis outro espazo natural de traballo e meios de vida de mariñeiros e mariscador@s que esa aduanada especulativa leva aparellada. Mais a cobiza depredadora e especuladora dun poder desalmado non atende a razóns nen respeita valores ningúns, nen naturais nen sociais, nen ambientais nen culturais. Pouco importa que fose precisamente esa pauta de conduta a que provocou a actual crise: a ese poder tanto lle ten, sabe que os governos que il controla ou chantaxea volverán botarlle a il o salvavidas mentras os cidadáns afogan no naufraxio. Un poder que anda a destruir os ecosistemas do planeta enteiro, e a diezmar con fame, guerra e pestes a humanidade, un poder que non quer saber de dereitos humáns nen da natureza, un poder que non vacila en praticar o xenocidio e o etnocidio cando lle compre, non vai reparar mentes nun minúsculo destrago nunha minúscula ría para un minúsculo ecosistema que, a maior abondamento, só vai padecelo un minúsculo fato de minúsculos cidadáns reducidos a inda máis minúsculos súbditos da liliputiense autonomía galega, hoxe racista, xenófoba e ecocida.
Só a rebelión dos cidadáns unidos pode impedilo, dos cidadáns exercentes que dicimos non a esa nova metamorfose da tiranía legalizada, que praticamos a resistencia a tódolos seus desmáns. Ou sexa, que exercemos a democracia: "en cada esquina un amigo, en cada rostro a igualdade" -que cantara o Zeca Afonso. Xa.
Publicado polo xornal Galicia Hoxe
_________________
Quedada na Praia de Esmelle este 12 de Agosto, para observar As Perseidas, a choiva de estrelas máis famosa do ano
Chuvia de EstrelasPERSEIDAS 2009
A SGHN convoca a todos os interesados neste fenómeno, para o día 12 de agosto ás 22:00 na praia de Esmelle.
Para unha cómoda e boa observación é moi importante seguir estes consellos: non nos deixemos enganar porque sexa agosto, xa que durante a noite na praia de Esmelle pode facer bastante frío, polo que recomendamos levar unha chaqueta, chaquetón ou similar, así como un gorro, en espacial os nenos. Non levar lanternas, xa que cegan aos demais e non nos permiten gozar da beleza da noite. Non se recomenda levar telescópios, xa que as choivas de estrelas como mellor vense é a primeira ollada.
Para calquera información chamar a SGHN Ferrol 981352820 ou achegarse o Museo da Natureza en horario de 10 a 14 horas de luns a venres.
No entanto a SGHN achegará á praia algún telescópio, presmáticos, planisférios, etc., para poder facer algunha outra observación.
As Perseidas, coñecidas popularmente como “Bágoas de San Lourenzo”, son a choiva de estrelas máis famosa do ano, son visibles ante observadores de case todo o mundo, aínda que moito mellor no hemisferio norte. Desde o día 13 de xullo estan connosco ata o 26 de agosto.
A orixe das Perseidas é o cometa Swift-Tuttle. Aínda que o cometa atópase afastado da Terra, actualmente máis aló da órbita de Urano, os restos das colas do cometa, cruzanse no camiño de paso da Terra no seu movemento de translación, chocando coa atmosfera a 60 quilómetros por segundo, e a esa velocidade, ata o máis pequeno fragmento de po produce ao desintegrarse, unha estrela fugaz.
Debido a que os meteoros do cometa Swift-Tuttle aparentemente saen dun punto da constelación de Perseo (radiante), é polo que as chamamos Perseidas.
A primeira vez que se rexistraron as Perseidas, foi en China no ano 36 de nosa era; con posteriores rexistros ao longo dos séculos posteriores. Pero é no século XIX cando se realiza a primeira observación científica das Perseidas, en 1835 por parte de Quetelet, observador belga quen descobre que os meteoros das Perseidas xorden da constelación de Perseo.
En 1866, o astrónomo italiano Virgilio Schiapa realizou observacións das Perseidas que as relacionaba coa aparición do cometa Swift Tuttle, descubrindo a relación que existe entre outras choivas de estrelas cos cométas.
O cometa Swift-Tuttle ten un período orbital de entre 120 e 135 anos, o seu último paso tivo lugar en 1992. Así, en 1993, durante a choiva de agosto dese ano, observadores europeos reportaron ata 500 meteoros por hora.
Este ano o máximo terá lugar o día 12 de agosto ás 15:00 TU, é dicir ás 17:00 hora local. Como a esa hora estamos en pleno día, considérase boa hora de observación entre doce horas antes e doce despois do máximo. Espéranse ata unhas 100 estrelas fugaces por hora (ZHR).
A Lúa ocultaráse preto da media noite polo que non bloqueará o brillo dos meteoros máis débiles, o que incrementará a espectacularidade do fenómeno.
Para obter mellores resultados de observación, aléjarse das luces da cidade. As Perseidas máis brillantes pódense ver desde as cidades, pero as máis espectaculares, compostas por meteoros tenues e delicados, só se poderán observar nas zonas sen contaminación lumínica. Durante un intre, a Lúa en fase crecente interferirá coa Perseidas e o resplandor da Lúa só permitirá ver os meteoros máis brillantes. Pero cando a Lúa ocúltese e deixe detrás un ceo escuro, as Perseidas salpicarán o ceo cos seus escintileos.
SGHN Astronomía
Enviado por:
SGHNFERROL
-sghnferrol@sghndeferrol.e.telefonica.net-
11 de agosto de 2009 09:46
__________________
Sociedade Galega de Historia Natural
Dende1973 estudiando, divulgando e defendendo o medio natural galego
Delegación de Ferrol
Apartado de Correos n1 356 ; 15480 FERROL (A Coruña)
Tfno. (24 horas) e fax 981 35 28 20
mobil 616 388 935
web: http://www.sghn.org
correo-e: sghnferrol@terra.es
Blog da Delegación de Ferrol:
http://sghnferrol.blogspot.com
________________________
Enlaces relacionados:
- International Meteor Organization
- Canal de Video Astronociencia
- Asociación Astronómica de Vigo (Pontevedra).
- Agrupación Astronómica Ío (A Coruña).
- Agrupación Astronómica Rías Baixas (Pontevedra).
- Asociación Animacción (Ourense).
- Asociación de Divulgación Científica Ourense Astronómico(Ourense).
- Asociación Astronómica Cielo Barbanza (A Coruña).
- Asociación Astronómica Sirio (Pontevedra).
- Clube Compostelán Vega de Astronomía (A Coruña).
- Asociación Astronómica Cova da Serpe (Lugo).
- Taller de Astronomía da Asociación Cultural Foula (Ourense).
- Astronomía na Beirarrúa (USC-Clube Vega).



































