domingo, xullo 31, 2011

Festiclown 2011: Este Domingo última xornada

[Mostra do curso "A conspiración do Butohclown" impartido por Moshe Cohen
Foto: Fernando Lema
]

Festiclown encara a súa última xornada, centrada na formación

Clases abertas combinaranse coas últimas sesións dos cursos do Formaclown. Deste xeito, e cun dos apartados máis exitosos da edición 2011, esta pon o seu punto e final. As e os alumnos de Leo Bassi, Christian Atanasiu e Norman Taylor porán en práctica para o público todo o aprendido durante a formación.

Será a primeira delas ás cinco e media, onde baixo o título “Á procura da nosa identidade cómica” poidamos contemplar o progreso das e dos pupilos de Bassi. Ás seis será a quenda dos que participaron no curso “Excéntricos, chiflados e humor absurdo” impartido polo alemán Christian Atanasiu e xa ás sete e media do serán pecharán as e os participantes no curso de Norman Taylor sobre “Movemento cómico”.

Todas as clases abertas celebraranse no lugar onde se imparten os cursos, o Conservatorio Superior de Música de Vigo (rúa Manuel Olivié, zona do Castro) e son de libre acceso para o público.

Novo récord de asistencia e grande éxito de Yllana

A xornada do sábado foi un novo éxito no Festiclown. Prazas ateigadas coa actuación de Lusco e Fusco, os gañadores da sección Valladolid propone do “Festival TAC Valladolid 2011” e Atempo Circ foron dos espectáculos máis concorridos do día.

Se ben, non podemos esquecer a impecable e xenial actuación de Yllana. O Centro sociocultural Novacaixagalicia encheuse do mellor humor e de público. De novo, a compañía madrileña demostrou por que segue a colleitar tan boas críticas 20 anos despois da súa creación.

Todo en:

Enviada por:
Jéssica Beiroa
Comunicación Festiclown
-comunicacion@festiclown.org-
30 de julho de 2011 16:59
_______________________

luns, xullo 25, 2011

Celebrando o "Día da Patria Galega" - Día Nacional da Galiza - 25 de Xullo de 2011


Discurso "Alba de Groria" que o irmán Daniel -Alfonso Rodríguez Castelao- leu tal día como hoxe do ano 1948, no exilio de Bos Aires, na Arxentina.

25 de Xullo, "A festa maior de Galicia, a festa de tod@s @s galeg@s", Castelao.

Miñas donas e meus señores:

SI NO ABRANTE d-este día poidéramos voar sobor da nosa terra e percorrela en todas direicións, asistiríamos á maravilla d-unha mañán única. Dende as planuras de Lugo, inzadas de bidueiros, té as rías de Pontevedra, oureladas de piñeraes; dende as serras nutricias do Miño o a gorxa montañosa do Sil, até a ponte de Ourense, onde se peitean as augas d-entrambos ríos; ou dende os cabos da costa brava da Cruña, onde o mar tece encaixes de Camariñas, até o curuto do monte de Santa Tegra, que vence coa súa sombra os montes de Portugal, por todas partes xurde unha alborada de groria. O día de festa comenza en Sant-Iago. A torre do reló tanxe o seu grave sino de bronce para anunciar un novo día, e de seguida comeza unha muiñeira de campás, repinicada nas torres do Obradoiro, que se comunica a todol-os campanarios da cibdade. Pero hoxe as campás de Compostela anuncian algo máis que unha festa litúrxica no interior da Catedral, con dinidades mitradas e ornamentos maravillosos, de brocados e ouros, con chirimías e botafumeiro, capaz de dar envexa á mesma Basílica de Roma. Hoxe as campás de Compostela anuncian unha festa étnica, filla, tal vez, d-un culto panteista, anterior ao cristianismo, que ten por altar a terra nai, alzada simbólicamente no Pico Sagro; por cobertura o fanal inmenso do universo; e por lámpara votiva, o sol ardente de xullo, o sol que madura o pan e o viño eucarísticos. Por eso a muiñeira de campás, iniciada en Compostela, vai rolando por toda Galiza, de val en val e de coto en coto, dende os campanarios pimpantes da veiramar até as homildes espadañas da montaña. E o badaleo rítmico das campás -de todal-as campás de Galiza en leda algarabía- semella o troupeleo dos cabalos astrales, que veñen pol-a vouta celeste, turrando co carro de Apolo, que trai luz e calor ao mundo en sombras. Hoxe é o Día de Galiza, e así comenza.

Así dá comenzo a solemnidade d-este día; a Festa maor de Galiza, a Festa de todol-os galegos. Pero ninguén pode sentila, coma nós, os emigrados, porque en tal día coma este revivien as lembranzas acuguladas, e coa moita destancia agrándase o prodixio da patria. Hoxe a nosa imaxinación anda por alá, en festa de saudades, escoitando as cántigas montañesas e mariñeiras que van para Compostela, vendo o noso país embandeirado de azul e branco, con músicas, gaitas, pandeiros, aturuxos e foguetes... E dispóis de evocar o repique matutino das campás -mal ou ben, ao xeito de Otero Pedrayo-, eu podía evocar igoalmente, todol-os lances xubilosos d-este día, hora a hora, minuto a minuto. Pero ¡cómo se tornan tristes as alegrías evocadas lonxe da patria! ¡Cómo doen as ledicias arrincadas do recordo da nosa mocedade! E cómo para min é certo o que dixo o mellor poeta da nosa estirpe:

Sen tí perpétuamente estou pasando
Nas maores alegrías, maor tristeza

Non; é moito mellor evocar algo irreal, algo puramente imaxinario, algo que co seu simbolismo nos deixe ver o pasado para proveito de futuro, como unha boa esperiencia. Podemos imaxinar, por exemplo, unha Santa Compaña de inmortaes galegos, en interminabel procesión. Alí veremos as nobres dinidades e os fortes caraiteres que dou Galiza no decorrer da súa Hestoria. Verémolos camiñar en silenzo, coa faciana en sombras e o mirar caído na terra dos seus pecados ou dos seus amores, agachando ideias tan vellas que hoxe nin tansiquera seríamos capaces de comprender, e sentimentos tan perennes que son os mesmos que agora bulen no noso corazón. Algúns verémolos revestidos con ricos panos e faiscantes armaduras; pero os máis d-eles van descalzos e nús, cos osos prateados pol-o fulgor astral.

Ao frente de todos vai Prisciliano, o heresiarca decapitado, levando a súa propia caveira n-unha arqueta de marfin e afincándose n-un longo caxato, que remata coa fouce dos druidas, a modo de báculo episcopal. Siguen a Prisciliano moitos adeptos, varóns e mulleres. Detrás veñen dous magnates, que cicáis sexan: Teodosio, o grande Emperador de Roma, e San Dámaso, o Sumo Pontífice da cristiandade, seguidos ambos por unha hoste de soldados i ecresiásticos. Ollamos dispóis unha ringleira de mortos escrarecidos, que portan os atributos da súa dinidade ou da súa profesión. Alí distinguimos á virxe Eteria, a escritora pelengrina, con túnica de branco liño e camiñando con arfado compás. Ao hestoriador Paulo Orosio, discípulo de San Agostiño, que marcha pensatibre, c-un rolo de pergameos na man. Ao bispo e cronista dos tempos suevos, a Idacio, que alumea o camiño c-unha lámpara de bronce. A San Pedro de Mezonzo, o autor da Salve Regina Mater -o cántico e oración máis fermosa da Eirexa-, c-unha fragante azucena nos beizos. Ao fundador San Rosendo, que sostén litúrxicamente a custodia do noso escudo tradicional. E moitos, e moitos máis, que é dificultoso recoñecer. Logo vemos ao primeiro Arzobispo de Compostela, o gran Xelmírez, revestido de pontificial, con aurifulxente cortexo de mitrados e coengos. Após do perlado ven Alfonso VII, o Emperador, con cetro na destra, espada na sinistra e coroa de ouro e pedraría nas sens. Siguen ao Emperador: o Conde de Traba, seu aio, e demáis bultos da soberba feudal de Galiza. Ollamos dispóis aos monxes letrados, en longa fileira, con velas acesas e libros abertos. Ven detrás o mestre Mateo, o Santo dos Croques, co Apocalipsis debaixo do brazo, encabezando unha grea de arquiteitos e imaxineiros, que portan as ferramentas das súas artes. De seguida aparece unha moitedume de xograres e trovadores, en mistura de tipos e atavíos. Algúns semellan ter sido monxes; outros calzan esporas de ouro, en sinal de que foron cabaleiros; pero os máis d-eles van esfarrapados, con vellas cítaras, laúdes e zanfoñas ao lombo. Alí recoñecemos a Bernaldo de Bonaval, a Airas Nunes, a Eanes do Cotón, a Pero da Ponte, a Pero Meogo, a Xohán de Guillalde, a Meendiño, a Xohán Airas, a Martín Codax, a Paio Gómez Charino, a Macías, a Padrón, e moitos máis, todos con lume no peito. Non tardan en aparecer as dúas belidas e infortunadas irmáns, Inés e Xohana de Castro, a que reinou en Portugal dispóis de morta e a que foi raiña de Castela n-unha soia noite morna de vran, como dúas rosas de prata as coroas do seu efímero reinado. Veñen de seguida os moitos varóns altaneiros de Galiza, os señores feudales, que non souperon vivir en paz nin consigo mesmos, todos eles montados en bestas negras, dende Andrade, o Bó, seguido por un porco montés -símbolo totémico da súa casa-, até o valente Pedro Madruga, que leva o puñal da traición espetado nas costas. Como grupo singular destácase o Mariscal Pardo de Cela, xunto cos seus compañeiros de martirio inxustamente decapitado, que sosteñen con entrambas mans as propias cabezas, aínda frescas, que deitan sangue e piden xusticia. Tamén ollamos unha boa representación do feudalismo ecresiástico, e n-él distinguimos aos tres Arzobispos Fonseca, pai, fillo e neto, seguidos por unha mula cangada coas obras de Erasmo. E detrás de tanto señorío feudal ven a pé o seu mellor cronista, Vasco da Ponte. De seguida recoñecemos a impoñente tropa dos irmandiños, que arrastran cadéas, con bisarmas e fouces mangadas en paus, levando por abandeirado a Rui Xordo, que sostén en outo un facho de palla acesa e fumeante.

Eiquí comeza a decaer a categoría do fúnebre cortexo, como decae Galiza ao trocarse en povo vencido e subordinado. Pero sigue dando individualidades, como Sarmiento de Gamboa e os Nodales, que camiñan xuntos, portando astrolabios, atlas e cunchas estranas; o filósofo escéptico, Francisco Sánchez, con muceta de Doutor; os Virreis de Nápoles e das Indias, Conde de Lemos e Conde de Monterrei, que serviron lealmente a quen non merecía ser servido por ningún galego; os tres grandes Embaixadores filipescoz, Zuñiga, de Castro e Gondomar, que inútilmente derrocharon talento, sabiduría e artes diplomáticas; os escultores Moure e Ferreiro, xunto cos arquiteitos Andrade e Casas e Nóvoa, que ceibaron de cadeas a nosa orixinalidade oprimida; o P. Sarmiento e o P. Feixóo, que remediaron o retraso cultural de España coa súa poderosa erudición e o seu xenio enciclopédico. Ven axiña Nicomedes Pastor Díaz, coa súa lira de nacra, abrindo a renascencia literaria de Galiza e seguido pol-os poetas Añón, Rosalía, Curros, Pondal, Ferreiro, Lamas, Amado Carballo, Manoel Antonio e tantos outros, todos con estrelas sobor das súas frentes; os hestoriadores Vicetto, Murguía e López Ferreiro, os patriotas Faraldo e Brañas, a pensadora Concepción Arenal, a escritora Pardo Bazán, e por fin o gran Don Ramón, ainda non ben descarnado...

Acabo de citar uns cantos bultos da Santa Compaña de inmortaes galegos, uns cantos nada máis, porque nos dous mil anos da nosa hestoria, os bultos cóntanse por milleiros.

Dí Oliveira Martíns que ha Hestoria non hai máis que mortos e que a crítica hestórica non é un debate, senón unha setencia. Pero todos sabemos que os mortos da Hestoria reviven e mandan sobor dos vivos -moitas veces desgraciadamente-, como todos sabemos que a mellor sentencia é a que se da dispóis d-un debate. Por eso eu gosto de poñer a debate a nosa Hestoria, non a nosa Tradición, porque si ben é certo que se pode compor unha grande Hestoria de Galiza con soio recoller as crónicas dos seus grandes homes, tamén é certo que ningún d-eles, nin todos xuntos, foron capaces de erguer a intransferibel automomía moral de Galiza á categoría de feito indiscutibel e garantizado. Afortunadamente, Galiza conta, para a súa eternidade, con algo máis que unha Hestoria fanada, conta c-unha Tradición de valor imponderabel, que eso é o que importa para gañar o futuro.

Cando a Santa Compaña de inmortaes galegos, que acaba de pasar por diante da nosa imaxinación, se perde espesura d-unha foresta lonxana, con esa mesma imaxinación veremos xurdir do Humos da terra-nai, da terra, da nosa terra, saturada de cinzas humáns, unha infinida moitedume de luciñas e vagalumes, que son os seres innominados que ninguén recorda xa, e que todos xuntos forman o substractum insobornabel da patria galega. Esas ánimas sen nome son as que crearon o idioma que en que eu vos estou falando, a nosa cultura, as nosas artes, os nosos usos e costumes, i en fín, o feito diferencial de Galiza. Elas son as que, en longas centurias de traballo, humanizaron o noso territorio patrio, infundíndolle a todal-as cousas que na paisaxe se amostran o seu propio esprito, co que pode dialogar o noso corazón antigo e panteita. Elas son as que gardan e custodian, no seo da terra-nai, os legados múltiples da nosa tradición, os xerms incorruptibeis, da nosa futura hestoria, as fontes enxebres e purísimas do noso xenio racial. Esa moitedume de luciñas representa o pobo, que nunca nos traicionou, a enerxía coleitiva, que nunca perece, i en fín, a espranza celta, que nunca se cansa. Esa infínda moitedume de luciñas e vagalumes representa o que nós fomos, o que nós somos e o que nós seremos sempre, sempre, sempre.

Velahí o que eu quería dicir n-este Día de Galiza, en loubor da nosa Tradición, por riba da nosa Hestoria, a todo-los galegos que residen n-esta terra que para nós é a segunda patria. E nada máis, amigos e irmáns.

Que a fogueira do esprito siga quentando as vosas vidas e que a fogueira do lume nunca deixe de quentar os vosos fogares.

---
Proclamas publicadas por A Nosa Terra:

A historia do Día da Patria
Fonte: Vieiros
---
Hoxe, os actos máis importantes de celebración teñen lugar en Compostela, manifestacións, concentracións, homenaxes e festas de confraternización: [Entrar]
_______________________

domingo, xullo 24, 2011

Novo Álbum de Susete'70 con 107 fotos da V Marcha Ferrol-Mugardos - E Galería do Comité con 26 tomas

Tags

Outra Galería con 26 fotografías:


E aqui vai a Galería Fotográfica de Ártabra 21, xa publicada con anterioridade:


Hai razóns que nos din por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas vidas. E aquí presentamos 10 razóns moi importantes a modo de síntese:

Porque almacena o equivalente a mais de 12 millóns de bombonas caseiras, o que no caso dun accidente, provocaría unha devastación de difícil cuantificación. No accidente de "Els Alfacs", que matou a 243 persoas, e fireu a máis de 300, a cantidade de gas equivalía tan só a 2000 bombonas.

Porque os gaseiros só poden entrar e saír na ría cando se dan as axeitadas condicións meteorolóxicas (vento e visibilidade) e marea diúrna. No caso de accidente nun buque, durante a manobra de entrada, atraque ou descarga, sería imposíbel aparta-lo da planta e das zonas poboadas.

Porque Reganosa colle da Ría, esteriliza e verte, clorada e a baixa temperatura, perto de 300.000 toneladas de auga ao día. Ademais, promove xunto á Autoridade Portuaria, un proxecto para dragar os fondos da Ría, que pertencen á Rede Natura pola súa riqueza en vida mariña. Aínda dragando a Ría, os gaseiros cargados con LNG, seguirían a ter dificultades para entrar e saír.

Porque os 40 postos de traballo que crea Reganosa, non son comparábeis aos 400, da actividade marisqueira e pesqueira, que pon en perigo esta instalación, tanto polo tratamento da auga como pola súa intención de dragar a Ría.

Porque ten pegado un complexo petroquímico, Forestal do Atlántico, e  Imegasa, que almacenan 280.000 m3 de produtos tóxicos e perigosos que no caso dun accidente, pode provocar un efecto dominó de consecuencias devastadoras.

Porque, como ven denunciando o Comité Cidadá de Emerxencia, desde o inicio do proxecto no ano 2000, Reganosa supón o caso de maior corrupción político-empresarial da nosa comunidade, porque só responde á cobiza dos seus promotores, o Grupo Tojeiro, que obtiveron pola venda dos terreos e a concesión portuaria,  perto de 30 millóns de euros de beneficio.

Porque incumpre todas as normativas que se lle esixen a unha instalación destas características, Directiva Europea 96/82/CE - Lei Seveso II, NFPA 59 A, Regulamento 2414/1981 Raminp, UNE-NE 1532, R. D. 6/2001 do 8 de maio sobre Evaluación de Impacto Ambiental, Directiva europea 97 /11 /CEE, R.D. Lexislativo 1302/1986 do 28 de xuño, Directiva europea 85/337/CEE.

Porque existen tres sentencias condenatorias, e moitas causas abertas por denuncias, en distintas institucións xudiciais e no Parlamento Europeo.

Porque é unha instalación innecesaria e deficitaria, funciona só a un 40% da súa capacidade e encarece o recibo do gas. Reganosa presionou para fechar o gaseoducto que viña de Tui, que viña suministrando gas, que era suficiente para cubrir a demanda de gas.

10ª Porque, como se demostrou en Xapón, os accidentes existen, e as condicións improbábeis suceden. Polo tanto a única medida efectiva é apartar as instalacións perigosas dos núcleos de poboación. Exemplos existen: Cleveland, Les Alfaques, Aoxaca, Shanghai, Skikda, Houston, Gaoqiao... Non permitamos que a nosa comarca aumente esta tráxica lista!

Nunca é tarde para loitar pola Ría, a nosa Seguridade e a nosa Vida.
  •  POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  •  CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  •  PLANTA DE GAS FORA DA RÍA   !!

Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán
:


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org



APOIO ECONÓMICO

O Comité Cidadán de Emerxencia, necesita apoio económico, para que poida desenvolver a súa actividade

CONTA DO COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA

Para axudas económicas pode-se ingresar na conta corrente aberta no Banco Santander ao nome de:
Luz Marina Torrente e outros

Para ingresar desde unha oficina bancaria desde dentro do Estado:
00493315772894017995

Para ingresar desde unha oficina bancaria desde fóra do Estado:
ES 71 00493315772894017995
___________________

As memorias de Rafael Pillado

A Asociación Cultural Fuco Buxán, ten en proxecto publicar, para principios do vindeiro ano, coincidindo co 40º aniversario dos sucesos do 10 de marzo de 1972, as MEMORIAS de Rafael Pillado.

Esta visión personal dunha época e dun tempo de actividade sindical, política e social, será, sen dúbida, un interesante documento que dará testemuña dunha xeneración comprometida na consecución dun futuro máis xusto, máis humano para todos e todas.

Como adianto, engadimos dous documentos referidos a esta boa nova:

Artigo de José Torregrosa en Diario de Ferrol, titulado: "O AMARCORD DE RAFAEL PILLADO".

Entrevista a Rafael no programa nº 56 de  O RECUNCHO.

--
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es




 


Enviado por:

Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-
24 de julho de 2011 11:10

______________

Elena Arteagoitia entrevista a Séchu Sende - "Moitos dos problemas para que a xente dea o paso e fale unha lingua minorizada son psicolóxicos"

[Sende tratou de hipnotizar onte os oíntes co seu péndulo. (J.Chávarri)]

Sechu Sende, profesor e escritor.

Utiliza a hipnose como "unha burla" e como un modo de denunciar o "absurdo" dos prexuízos que se crearon ao redor da súa lingua, tanto os que xera un mesmo, como os que fomentan quen gobernan en Galicia, que están ocasionando unha perda de falantes.

Gasteiz. Sechu Sende puxo a nota de cor á segunda xornada do Encontro Europeo de Mozos Falantes de Linguas Minoritarias/Minorizadas que se celebra estes días en Vitoria cunha intervención na que botou man dos seus coñecementos en parapsicología e hipnose. O escritor adiviñou palabras en galego, eúscaro ou bretón escritas dentro dun sobre e atreveuse ata a ler a mente dos participantes, que non daban crédito. Así, tratou de convencerlles de que o humor é unha boa forma para achegarse ás linguas.
------

Resulta que os mozos levan días traballando duro para atopar estratexias que permitan preservar as linguas minorizadas e vostede chega cun método infalible.

A hipnosis? Ja, ja, ja... . Cando era neno falaba castelán e nun momento da miña mocidade empecei a falar galego. Foi entón cando me dei conta de que moitos dos problemas para que a xente nova dea o paso para empezar a falar unha lingua minorizada son psicolóxicos. É dicir, hai unha serie de condicionantes sociais que a comunidade xera e que moitas veces fai que a nosa propia imaxe crenos inseguridades. A hipnose é un método surrealista, con moito humor, onde o que realmente se pretende é ridiculizar ese medo a falar nas nosas linguas minorizadas.

É un antídoto contra os prexuízos, entón.

Si, realmente podemos chegar a ser tan ridículos como para non falar galego porque temos medo a que nos identifiquen cunha determinada ideoloxía política ou non falar asturiano porque a xente pode pensar que somos paletos. A mellor forma que temos de destruír eses prexuízos, eses estereotipos, é rirnos deles. E o método de hipnose é unha burla e un modo de levar todo isto ao surrealismo e ao absurdo a través do humor galego, da retranca.

Un dos problemas cos que se atopan as linguas minorizadas é a poboación nova, que parece que se resiste a falalas. Diría que eses prexuízos cúranse co paso do tempo?

A mocidade é unha época na que a xente quere cambiar o mundo, non quere vivir como os maiores. E é onde hai máis valentía e rebeldía precisamente contra algo que fai que o futuro sexa conservador e siga unha inercia, que son os prexuízos. A xente nova ten os motores máis preparados para superar os prexuízos, non ten medo a cambiar. Cando en Galiza a xente decide porse a falar en galego é precisamente nestas idades, cando senten seguros de que queren axudar a construír o camiño do seu propio idioma.

Entón ocorre o contrario que en Euskadi, onde o coñecemento do eúscaro entre a mocidade é maior que nunca, pero a lingua non chega á rúa na mesma proporción.

Non, en Galiza tamén sucede, pero é diferente porque alí nin sequera asegúrase a aprendizaxe do galego na escola. Alí o galego está máis minorizado que noutros lugares. Aínda que é certo que aumentou o coñecemento como en Euskadi, tamén o é que non se fala tanto como nos gustaría a moitos. Alá onde hai máis protección, onde hai máis respaldo político, quizá non se gañen falantes pero polo menos estase conseguindo que non se perdan. En Galiza, en cambio, ao haber unha desprotección e unha desigualdade tan grande, estase dando unha perda masiva de falantes, sobre todo nas cidades. Hoxe en día só fala galego un 4% da mocidade de Ferrol e menos do 5% en Vigo. Se a política lingüística fose por outros camiños seguramente o panorama sería distinto.

As políticas lingüísticas son tan importantes para preservar unha lingua minoritaria ou se pon demasiadas esperanzas nelas?

Para que haxa un cambio social ten que haber unha base xurídica mínima de igualdade. As políticas lingüísticas non só son inevitables, senón absolutamente imprescindibles. O que ocorre é que en Galiza o PP tomou varias medidas desde a súa posición institucional que van facer moito dano ao futuro pero tamén ao presente. Trátase dun decreto, que chama de plurilingüismo, que marxina ao galego e que condena aos nenos de 0 a 6 anos a non ter ningún contacto con esta lingua na escola, e a reducir a presenza tanto en Primaria como en Secundaria.

Diría que o Goberno é un obstáculo para fomentar o galego?

Absolutamente. Ademais, o PP non só está atacando a lingua de todos os galegos a nivel lexislativo, tamén a través dos seus vehículos de comunicación, cos que está institucionalizando os prexuízos lingüísticos. Estamos volvendo escoitar en boca dos propios responsables políticos que o galego limita. Díxoo o conselleiro de Cultura, que tipo de valores están transmitindo á sociedade?

Recomendaríalle un pouco de humor, entón?

Desde logo. Nós rímonos moito deles, lles ridiculizamos e botamos man da retranca. A política lingüística do PP en Galiza é realmente absurda e surrealista, penosa e triste. Que imos facer? No camiño do sufrimento ten que haber espazo para rirse porque a risa atópanos e sácanos á rúa para que nos xuntemos e sexamos así máis creativos. Necesitamos moito diso, xuntarnos e sentir que estamos todos defendendo os nosos dereitos.

Elena Arteagoitia - Xoves, 21 de Xullo de 2011.

Fonte: noticiasdealava.com

Enviado por:
Lupe Ces
-lupeces@gmail.com-
24 de julho de 2011 12:33
http://lupeces.blogspot.com/
From: Alexandre Carrodeguas
-republicadetraballadoras@gmail.com-
2011/7/24
________________

Crónica da V Marcha a Pé Ferrol-Mugardos - 22 de Xullo de 2011

Tags

Onte, 22 de xullo, convocados polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, ao redor de duascentas persoas participaron nos actos da V Marcha a Pé Ferrol-Mugardos, que partindo ás 5 da tarde do Parque Carmelo Teixeiro de Caranza, percorreu os concellos de Ferrol e Fene para rematar na Praza do Mercado de Mugardos tres horas despois, onde foron recibidos pola veciñanza de Mehá, nun ambiente festivo, con música, comida e bebida.

As intervencións de Luz Marina Torrente, Presidenta da Asociación Veciñal “O Cruceiro” de Mehá e de Manuel Rodríguez Carballeira, Coordinador do Comité, marcaron os motivos desta 5ª Marcha, que se resumen nas 10 razóns polas que Reganosa debe sair da nosa Ría e das nosas vidas.

Hoxe e sempre: ¡PLANTA DE GAS FÓRA DA RÍA!

Podedes ver os Álbums fotográficos, vídeos, audios e o publicado noutras webs e medios no seguinte enlace:

http://cociudem.wordpress.com/2011/07/23/cronica-da-v-marcha-a-pe-ferrol-mugardos/

--
Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org

...........
Para axudas económicas:
C.c. en Banco Santander, titular: Luz Marina Torrente e outros
Desde España:
00493315772894017995
Desde o Extranxeiro:
ES 71 00493315772894017995

Enviado por:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
24 de julho de 2011 00:30
______________

O Amarcord de Rafael Pillado, ... Por José Torregrosa Rodríguez


Por José Torregrosa Rodríguez
24.07.2011

O que ignoro é de onde saca o tempo? Rafael anda ultimando as súas memorias, que son, en non pequena medida, as dun país e as dun Pobo. Un, que é amigo, ou discípulo, ou correlixionario seu (non se como chamalo?, a admiración e o afecto vaian por descontado), tivo acceso privilexiado ao seu actual estado de cuestión palpitante e quedouse, literalmente, fascinado pola dimensión humana (deixemos, por un instante, a política), a xenerosidade e, sobre todo, a sinceridade, que ata diría excesivas (querido compañeiro: nada che obriga a tanto?) do home que está tomando a palabra e cuxo canto é "o canto de todos" (e o seu propio), desde o pasado, proxectado ao futuro.

Si "Desde o Mar que Perdiches" (Ediciós do Castro 2003), libro de memorias de Manuel Pillado, pai de Rafael, cuxa fondura e coraxe chegan a deixarche sen alento, erixíase como un texto imprescindible para recuperar a memoria da Historia de boa parte do noso século XX, recordándonos a dureza dunha loita ata que todos puidemos vivir, ao final da mesma, en Democracia, non é menos certo -"de tal pau, tal navío"- que estoutras "crónicas do alba" dunhas liberdades arrincadas ao Fascismo volven situarnos fronte a un espello compartido e a un camiño por percorrer irrenunciable.

A súa estrea será ocasión segura de achegamento ao "factor humano" e os principios que sustentan a emocionante moral política de alguén, aínda hoxe, incansable, loitando, desde "Fuco Buxán" e as "Mesas de Converxencia de Ferrolterra", polo triunfo das "boas razóns".

Trátase dunha data 2012. pasarían corenta anos desde os sucesos 10 de marzo. A aparición do "amarcord" -aínda sen título definitivo- sobre a vida exemplar dun dos seus protagonistas esenciais vai resultar clarificadora e fehaciente.

Notas.-
_______________

sábado, xullo 23, 2011

#marchasamadrid: "Indignad@s" de todo o Estado chegan a Madrid

Desde Ártabra 21 queremos dar os parabéns aos centos de persoas que, desde diferentes pontos do Estado, comezaron, aí moitos días, unha marcha popular de indignad@s para levar a esencia do Movimento 15-M a moitos pobos e vilas que estaban no camiño até Madrid, onde pensan confluir esta tarde, sobre as 7, nunha grande concentración na Porta do Sol.


As Marchas Populares de Indignad@s chegan a Madrid

A marcha popular dos "indignad@s", formada por sete columnas que camiñan desde finais de xuño cara a Madrid procedentes de varios lugares do Estado, chegou á capital onde @s camiñantes pasarán todo o fin de semana realizando actividades organizadas polo movemento xurdido do 15-M.

Esta proposta de "mobilización social pacífica", como a definen os seus organizadores, partiu a finais de xuño, reunindo por centos de camiñantes que se dividiron en sete marchas, co propósito de chegar á capital. Hai unha oitava columna en Tenerife e que chegará hoxe á capital canaria.

O obxectivo da existencia destas columnas, segundo os promotores da iniciativa, era levar as reivindicacións do 15-M ao medio rural e recoller á súa vez as preocupacións e denuncias dos habitantes dos pobos para levalas ata Madrid.

Debates e actividades

As sete marchas confluirán ás 19h deste sábado na Porta do Sol, onde se xuntarán con máis "indignad@s" que chegarán desde toda España en 30 autobuses. Alí levará a cabo unha asemblea na que se porán en común as inquietudes recollidas durante todo o camiño. Ademais, producirase unha conexión con outras prazas do resto de Europa.

Durante todo o fin de semana levarán a cabo varias actividades, como asembleas interregionales ou de estratexias. Para finalizar as actividades, o luns celebrarase no parque do Retiro o I Foro Social 15-M, onde se debaterán temas sobre política, feminismo, economía ou sanidade.

Vídeo Marcha Popular de Indignad@s !!



Máis información en: Público
________________

Mapa del avance de las marchas:

Península:
http://www.ikimap.com/map/TKYF

Islas Canarias:
http://maps.google.es/maps/ms?msa=0&ie=UTF8&t=h&msid=203064618883845091482.0004a6857464257926d10&source=e​mbed&ll=28.272939,-16.524811&spn=0.580539,0.878906&source=embed

Páginas web de las marchas:

(Web general) Marcha Popular Indignada:
http://marchapopularindignada.wordpress.com/about/

RUTA ESTE:
http://marchaeste.wordpress.com/
Contacto:
Mail: marchapopulareste@gmail.com
twitter: @marchaeste #marchaeste
facebook: http://www.facebook.com/marchaeste
Grupo Facebook:
http://www.facebook.com/groups/marchapopularindignadarutaeste

RUTA NOROESTE:
http://www.acampadazamora.com/2011/06/marcha-popular-indignada-ruta-noroeste.html
http://www.acampadacoruna.com/2011/06/marcha-popular-indignada-ruta-noroeste.html
Contacto:
A Coruña:
comunicacion.acampadacoruna@gmail.com,
ruben.sanchez.i@gmail.com
Santiago de Compostela:
marchaindignadosscq@gmail.com  (619140300 Móvil)
Vigo:
marcha-popular-vigo@googlegroups.com, marchapopularindignada.vigo15m@gmail.com
Pontevedra:
indignateponte@gmail.com
Gijón:
ayzeta@gmail.com
León:
15demayoleon.comunicacion@gmail.com
15mayoleon@gmail.com
Zamora:
xaczam@gmail.com

Subruta Asturias:
Twitter: @marchaasturies http://twitter.com/#!/marchaasturies

RUTA NORTE:
http://acampadagasteiz.com/marcha-popular-indignada-diario-de-la-ruta-norte_722.html/
Contacto general:
rutanorte@googlegroups.com
Donosti:
acampadadonostia@gmail.com
Logroño:
asambleas.acampadalgrno@gmail.com
Soria:
interasambleas.soria@gmail.com
Bizkaia:
marchabizkaia@gmail.com
Gasteiz:
acampadagasteiz.marcha@gmail.com
Iruña:
marchapamplonamadrid@gmail.com

RUTA SUR:
http://marchapopularindignadasur.blogspot.com/
Contacto:
Cadiz:
marchaindignada.cadiz@gmail.com
concentracioncadiz@gmail.com
Córdoba:
marchapopularindignada.cordoba@gmail.com
Granada:
marchapopularindignada.granada@gmail.com
Málaga:
acampadamalagamarcha@gmail.com
Sevilla:
lsilvagarcia@gmail.com:
Grupo Facebook Córdoba:
http://www.facebook.com/groups/marchapopularindignadacordoba

* Subruta Sevilla
Mail: marchapopularindignada.sevilla@gmail.com
Grupo Facebook Sevilla: http://www.facebook.com/groups/marchapopularindignadarutasevilla-madrid

* Subruta Salamanca
http://acampadasalamanca.blogspot.com/search/label/Marcha

RUTA SURESTE:
http://marchaindignadasureste.blogspot.com/
Contacto:
acampadamalagamarcha@gmail.com
Twitter: @marchasureste
Teléfono en ruta: 664461063 (Carlos)
Grupo en N-1: https://n-1.cc/pg/groups/220161/marcha-popular-indignada/

RUTA NORORIENTAL:
Twitter: http://twitter.com/#!/search?q=%23marchaNorOriental

* Subruta en Bicicleta:
http://bicindignadas.blogspot.com/
Contacto:
saltio78@hotmail.com

RUTA EXTREMEÑA:
Contacto:
Badajoz:
acampadabadajoz.coordinacion@gmail.com
jose_jfg@hotmail.com
Cáceres:
acampadacaceres@gmail.com
Mérida:
democraciarealya.merida@gmail.com

RUTA MURCIA:
http://marchapopularindignadamu.blogspot.com/2011/06/mapas-actualizados-de-la-1-fase-de.html
Contacto:
marchapopularindignadamu@gmail.com
Grupo Facebook:
http://www.facebook.com/groups/marchapopularindignadamurcia-madrid

RUTA CANARIAS:
Grupo Facebook:
http://www.facebook.com/groups/marchapopularindignada23jgrancanaria

______________________

Así foi a V Marcha a Pé, entre Ferrol e Mugardos, polo cese da actividade e desmantelamento de Reganosa

Tags

Así foi a V Marcha a Pé, entre Ferrol e Mugardos, polo cese da actividade e desmantelamento de Reganosa.

Como estaba previsto, este Venres, 22 de Xullo de 2011, realizou-se a V Marcha contra Reganosa, saía pouco despois das 5 da tarde, desde o Parque de Caranza que leva o nome do noso compañeiro "Carmelo Teixeiro".

Foron 15 Km dunha marcha reivindicativa, onde participaron persoas de todas as idades.

Partiu a V Marcha a Pé, entre Ferrol e Mugardos, para lembrar os 111 días de ocupación da Casa do Concello de Mugardos, por parte da veciñanza de Meá.

Este 22 de Xullo marchamos a pé até Mugardos polo cese da actividade e desmantelamento de Reganosa, no Cuarto Aniversario do Peche da veciñanza de Meá na Casa do Concello, convocada polo Comité Cidadán de Emerxencia para a a Ría de Ferrol.

Case catro horas máis tarde chegamos até Mugardos onde as veciñas e veciños de Meá agardaba na Praza do Mercado de Mugardos, onde falou a compañeira Luz Mariña Torrente en representación da Asociación Veciñal de Meá e o compañeiro "Lalán" polo Comité Cidadán. Houbo bebidas, liscos, chourizos e música, nun acto de benvida.

PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!

Vídeo da V Marcha -2011.


Fonte: http://www.youtube.com/user/artabra21

Nota moi importante:

Por motivos técnicos, no vídeo falta a intervención de Luz Mariña Torrente, onde nos dá a benvida e unha segunda intervención de "Lalán", moi importante que lamentamos non ter recollido, mas que podedes ler, no fundamental, na nota pública emitida polo Comité Cidadá hai uns días e que recomendamos ler: "Reganosa: Vellas mentiras e novos negocios".

Álbum para tirar fotos para os medios
_________

APOIO ECONÓMICO

O Comité Cidadán de Emerxencia, necesita apoio económico, para que poida desenvolver a súa actividade

CONTA DO COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA

Para axudas económicas pode-se ingresar na conta corrente aberta no Banco Santander ao nome de:
Luz Marina Torrente e outros

Para ingresar desde unha oficina bancaria desde dentro do Estado:
00493315772894017995

Para ingresar desde unha oficina bancaria desde fóra do Estado:
ES 71 00493315772894017995

Blog solidario coa veciñanza de Meá
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org


______________________

venres, xullo 22, 2011

O Venres 22 de Xullo "Tod@s a Mugardos", 5ª Marcha a Pé, entre Ferrol e Mugardos, polo cese da actividade e desmantelamento de Reganosa

Tags
O Venres 22 de Xullo: Tod@s a Mugardos

O Venres, 22 de Xullo de 2011, ás 5 da tarde, desde o Parque de Caranza "Carmelo Teixeiro", partirá a 5ª Marcha a Pé, entre Ferrol e Mugardos, para lembrar os 111 días de ocupación da Casa do Concello de Mugardos, por parte da veciñanza de Meá. Este 22 de Xullo marcharemos a pé até Mugardos polo cese da actividade e desmantelamento de Reganosa, no Cuarto Aniversario do Peche da veciñanza de Meá na Casa do Concello, convocada polo Comité Cidadán de Emerxencia para a a Ría de Ferrol.

Tres horas máis tarde recebira-nos as veciñas e veciños de Meá na Praza do Mercado de Mugardos, onde disporán de bebidas, liscos, chourizos e música, nun acto de benvida.

O Blogue Solidario coa Veciñanza de Meá, recolle a crónica destes 111 días de reivindicación e solidariedade.
  •  POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  •  CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  •  PLANTA DE GAS FORA DA RÍA   !!

APOIO ECONÓMICO

O Comité Cidadán de Emerxencia, necesita apoio económico, para que poida desenvolver a súa actividade

CONTA DO COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA

Para axudas económicas pode-se ingresar na conta corrente aberta no Banco Santander ao nome de:
Luz Marina Torrente e outros

Para ingresar desde unha oficina bancaria desde dentro do Estado:
00493315772894017995

Para ingresar desde unha oficina bancaria desde fóra do Estado:
ES 71 00493315772894017995

Blog solidario coa veciñanza de Meá
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org


______________________

xoves, xullo 21, 2011

Novo programa "O Recuncho" da AC Fuco Buxán en Rádio Filispim, no 93.9 da FM, este Sábado 23 de Xullo, ás 11 da mañá


Sábado 23 de Xullo, excepcionalmente: O Recuncho nº 56 ás 11 h. 93.9 FM

Ante a dificultade de facer o programa o pasado martes e o vindeiro, excepcionalmente, e co desexo de seguir en contacto coa nosa xente, a emisión nº 56 de O Recuncho, o programa semanal da Asociación Cultural Fuco Buxán, terá lugar, en directo, o próximo

Sábado, 23 de xullo 2011, de 11 a 12 hs. No 93.9 FM de Rádio FilispiM.

Abordaremos os seguintes contidos:
  • Conversa no estudio con membros das Mesas de Converxencia Ferrolterra “Praza Pública”.
  • José Torregrosa no seu espazo “O Espertar da Razón” entrevistará a Rafal Pillado, en torno as súas Memorias.
  • As novas de Fuco Buxán para estas datas.
  • Breve crónica da V Marcha a Pé Ferrol-Mugardos que o Comité Cidadán de Emerxencia organiza para este venres día 22.
  • Victor G. Novás, falará dos seus libros recomendados.
  • Lorena Calaza no apartado de poesía traenos a Xulio López Valcárcel.
Todos os programas en : http://recunchofuco.blogspot.com
ou a través da nosa web: www.fucobuxan.com
--
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es

--
"O recuncho", o programa da asociación cultural Fuco Buxán en Radio FilispiM, 93.9 FM

Enviado por:
Miguel Castro Serantes
-opafuco@gmail.com-
21 de julho de 2011 23:06
___________________

Chamamento para mobilizar-se este Xoves, 21 de Xullo, ás 11 da mañá na Praza do Concello: Contra os abusos e privilexios da Banca

É O INTRE DE DAR UNHA RESPOSTA CIDADÁN AOS ABUSOS E PRIVILEXIOS DA BANCA

A crise do sistema escenifica o fracaso dun modelo baseado na explotación, especulación e a inxustiza.Os gobernos foron cómplices desta situación. Non hai vontade de esixir responsabilidades aos banqueiros e especuladores.

Onde están os sacrificios da banca para saír da crise que xeraron?

MILES DE FAMILIAS QUE SERÁN DESAFIUZADAS DAS SÚAS CASAS POLAS MESMAS ENTIDADES FINANCEIRAS QUE PROVOCARON A CRISE E QUE FORON RESCATADAS CON DIÑEIRO PÚBLICO.

QUE AS ADMINISTRACIÓNS PUBLICAS, lonxe de dar resposta a esta situación de emerxencia habitacional e deter os desaloxos, PARECEN MÁIS DISPOSTAS A AMPARAR E PROTEXER OS INTERESES DAS ENTIDADES FINANCEIRAS QUE A DEFENDER OS DEREITOS MAIS ELEMENTAIS DA CIDADANÍA.

O proceso de execución hipotecaria termina coa poxa da vivenda. SE NON HAI NINGUÉN QUE POXE POR ELA, O BANCO TEN DEREITO A QUEDARLLA POLO 60% DO PREZO DE TASACIÓN. E POR LEI, RECLAMARÁ O RESTANTE 40% MÁIS AS COSTAS DO PROCESO DE EXECUCIÓN, á persoa debedora, aínda que esta quedouse sen vivenda. Chegados a este punto, e para cubrir a débeda, o banco pode embargar parte da nómina tanto da(s) persoa(s) ex.propietaria(s) como de avalistas.

Facemos un chamamento a toda a cidadanía, para asistir á concentración que terá lugar o Xoves, 21 de Xullo,ás 11:00h da mañá,na Praza de Armas-Ferrol

Acude e difunde !!

#acampadaferrol - M15M: Dentro do Ciclo de conferencias sobre o ”Dereito á vivenda”

Ciclo de conferencias: ”Dereito á vivenda

Enmarcada dentro do Ciclo de conferencias, ”Dereito á vivenda”, contamos cunha nova charla debate, desta volta contamos coa participación dos arquitectos Toni García e Miguel Reimúndez.

Xoves, día 21 de Xullo de 2011, a partir das 7 da Tarde, na Praza 15 de Maio, (antiga Praza de Armas).

Enviado por:
Alexandre Carrodeguas
-republicadetraballadoras@gmail.com-
20 de julho de 2011 23:19
__________________

mércores, xullo 20, 2011

As Mesas de Converxencia chaman a mobilizar-se contra o desafiuzamento previsto dunha familia de dez membros, incluídos cinco menores, que vive no barrio de Caranza - Mércores 20 de Xullo de 2011

Desafiuzamento previsto dunha familia de dez membros, incluídos cinco menores, que vive no barrio de Caranza nunha vivenda do Instituto Galego dá Vivenda e ou Só (IGVS), sen contrato desde fai sete anos.

A afectada traballara para a Xunta de Galicia como limpadora, e na actualidade está en paro e "en listas de substitución". Vive desde o ano 1985 nunha vivenda do IGVS no barrio de Caranza, xunto aos seus fillos e o seu cinco netos. En total, son 10 persoas na vivenda, pero só perciben "dúas pagas de 400 euros" tras esgotar o paro.

Fai sete anos a muller divorciouse do seu marido, que acumulaba unha falta de pagamento na vivenda de case 6.000 euros. Tras a separación, o titular da casa seguiu sendo o home, a pesar dos intentos legais para que pasase á muller. Ante a débeda acumulada, o contrato rescindiuse, pero a muller e a súa familia seguiron vivindo na casa, pero sen posibilidades legais de pagar a vivenda.

O pasado mes de xuño recibiron unha notificación de que ían ser desafiuzados da vivenda, que conta con 80 metros cadrados e está en "pésimas condicións", . Aínda que o procedemento é legal e "intachable" desde o punto de vista xurídico, "comete a tropelía de provocar unha situación de indigencia e exclusión social".
O Estado de Dereito, non pode permitir que dez persoas queden na rúa de ningunha maneira"

Para protestar contra o desafiuzamento, CONVOCAMOS a tod@s @s interesad@s a unha acción de protesta

Mércores 20 de Xullo de 2011, ás 10.30 horas, Bloque 47, portal 55, da rúa Emilia Pardo Bazán.

Enviado por:
mesas converxencia galicia
-mesasdeconverxenciaferrolterra@gmail.com-
19 de julho de 2011 15:53
______________

sábado, xullo 16, 2011

"Reganosa: Vellas mentiras e novos negocios", ... comunicado público do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

Tags

Nota de Prensa do CCE  - Ferrol - 15.07.2011

Reganosa: Vellas mentiras e novos negocios.

Diante das novas, sobre Reganosa, aparecidas o pasado día 13 no xornal "La Voz de Galicia". O Comité Cidadán de Emerxencia fai as seguintes consideracións:

Dende a súa constitución REGANOSA, pola conivencia dos seus socios, faltou á verdade ao respecto da necesidade da planta en Galicia, falseando os datos para acreditar a súa viabilidade económico-financeira.

Co único fin de cumprir (só formalmente), co 4º requisito necesario para obter a autorización de construción e o preceptivo Vº Bº da CNE, os socios de Reganosa comprometéronse a construír catro centrais de ciclo combinado; Fenosa dous ciclos de 400 MW cada un e Endesa outros dous nas Pontes, con un consumo anual de 1.600 millóns de m³/ano de gas natural, aos que habería que agregar un consumo adicional das empresas de nova creación do grupo Tojeiro de 500 millóns de m³/ano.

A realidade é que o grupo Tojeiro non consume gas, porque as empresas non se fixeron, e os ciclos combinados (700 millóns de euros de inversion) cando non estan parados traballan ao ralentí.

Despois de case 4 anos de funcionamento, os datos de produción facilitados polo xestor técnico do sistema, ano 2010, falan dun funcionamento tan só do 43%. A planta de Reganosa só aporta o 6% do total do estado. Agora, no mes de xuño deste ano, sufriu unha nova baixada do 28% ao respecto do mesmo mes do ano anterior, sendo o ratio de utilización do mes pasado só dun 29% da súa capacidade nominal.

Reganosa foi obxecto de intervencións extraordinarias por parte do xestor do sistema para asegurar os niveis de GNL, mínimo técnico de seguridade nos tanques. A última advertencia foi o pasado 6 de Xullo, véndose obrigada a unha reprogramación, é dicir, foi obrigada a reducir a produción ata que o sistema gasista lograse descargar un gaseiro para subir o nivel nos seus tanques. Hai que engadir a isto que o 25% dos gaseiros tiveron que abortar a súa entrada na data prevista, dadas as condicións meteorolóxicas e a singularidade da Ría de Ferrol.

Agora, preséntannos como unha vantaxe a venda de GNL ao mercado especulador, cargando de novo gaseiros cun gas que orixinalmente era para consumo da nosa comunidade, convertendo a regasificadora como simple depósito para trapichear no mercado do gas.

As plantas do resto do estado teñen produción de gas regasificado suficiente, non necesitan participar no trapicheo da venda de gas como Reganosa, que almacena gas á espera de que soba o prezo, todo a expensas de incrementar os perigos para a cidadanía.

A cidadanía merece información veraz sobre o que está acontecendo en Reganosa e tomar consciencia da irracionalidade das operacións deste trapicheo.

Por exemplo, o pasado mes de febreiro, o buque gaseiro SCF Polar, carga en Mugardos 68.000 m³ de GNL para transportalos a Italia (La Spezia). Un gas que poucos dias antes descargara o "Cheikh el Mokrani" procedente de Arxelia. Por qué o gas alxerino fai a ruta Orán- Ferrol- Xénova que supón 4540 millas náuticas, cando a distancia de Orán a Xénova só é de 715 millas?.

Outro caso para a reflexión e a denuncia, a operación realizada polo gaseiro "Norman Lady". Este gaseiro, que permaneceu atracado dende o 13 ao 16 de Maio, un dia descargou gas en Reganosa, e, sen abandonar as instalacións, carga outra vez nos seus depósitos ese mesmo gas. É este o futuro de Reganosa? Poñer en perigo a nosa seguridade para trapichear co gas?.

Temos razóns para a desconfianza. Lembremos que nas instalacións anexas de Forestal, propiedade exclusiva do grupo Tojeiro, xa a finais dos anos 90, descubriuse un xigantesco fraude co gasóleo. Fraude que, por certo, aínda debe estar sendo investigado polo xulgado.

Sobre o negocio da carga de gas en cisternas, aparte de aumentar os riscos para a cidadanía (lémbrese o accidente dos Alfaques ano 1978), o seu carácter residual non modifica para nada a escasa produción de Reganosa e o seu carácter deficitario.

Mailo empeño dos cómplices mediáticos, en distraer aos cidadáns, a realidade actual amosa a gran patraña dos promotores de Reganosa como instalación ”estratéxica” para Galicia. Unha instalación que, aseguraban, iba a supor o relanzamento da comarca, creando moreas de postos de traballo, etc etc.

Reganosa supón unha ameaza para a vida das persoas que vivimos na contorna, e tamén para o noso medio natural, pois destrúe a riqueza da Ría. O que agora pretenden apresentar como unha vantaxe, é a constatación de que Reganosa como proxecto económico, é un fracaso que se inscribe no marco da burbulla enerxética, apoiada institucional e mediaticamente para beneficio dos seus promotores. Unha estafa a toda a cidadanía, que está a pagala a través das axudas a Reganosa por parte da Xunta de Galicia e da suba das tarifas eléctricas e do gas.

Os gasodutos de Tui e Llanera, sin actividade de entrada desde a posta en servizo de Reganosa, teñen capacidade suficiente para subministrar gas; tanto para as centrais de ciclo combinado como para o consumo convencional.

Estamos a pagar 60 millóns de euros cada ano a REGANOSA, unha instalación ILEGAL, PERIGOSA, DEFICITARIA E INNECESARIA. Non existe pois motivo algún que poida xustificar manter operativa unha perigosa planta de gas como a de Reganosa, que supón ademais dunha ameaza para a poboación, e un alto custe medioambiental, económico e social.

Planta de gas Fora da Ría!

Ferrol a 15 de Xullo de 2011

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org


___________________



APOIO ECONÓMICO

O Comité Cidadán de Emerxencia, necesita apoio económico, para que poida desenvolver a súa actividade

CONTA DO COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA

Para axudas económicas pode-se ingresar na conta corrente aberta no Banco Santander ao nome de:
Luz Marina Torrente e outros

Para ingresar desde unha oficina bancaria desde dentro do Estado:
00493315772894017995

Para ingresar desde unha oficina bancaria desde fóra do Estado:
ES 71 00493315772894017995
____________________

Regresa parte do grupo de activistas de 'Rumbo a Gaza' que ocuparon durante nove días a Embaixada de España en Grecia en protesta pola inmovilización do 'Gernika' e da Segunda Flotilla da Liberdade


Parte do grupo de activistas de "Rumbo a Gaza" que ocuparon durante nove días a Embaixada de España en Grecia en protesta pola inmovilización do "Gernika" e da "Segunda Flotilla da Liberdade" regresou este xoves, 13 de xullo de 2011. En concreto, chegaron ao Aeroporto de Barajas: Juan Manuel Morais, Rafael Palacios, Miguel San Miguel, Mikel Suloaga, Elvira Souto e Antón Gómez-Reino. Varias destas persoas mantiveron nos últimos días unha folga de fame ante o silencio do Ministerio de Asuntos Exteriores con respecto ás súas reivindicacións.

Á súa chegada a Barajas, o grupo de activistas mostrou ante os medios de comunicación a súa determinación para seguir loitando pola liberdade do pobo palestino e incidiu en que a orde grega de inmovilización da "Flotilla da Liberdade" e do "Gernika" e o silencio dos gobernos da Unión Europea evidenciou de forma rotunda a complicidade das autodenominadas democracias avanzadas coas prácticas delituosas do Estado de Israel.

Ademais, recalcaron que se logrou pór en primeiro plano do debate internacional o bloqueo ilegal israelí á "Franxa de Gaza", un dos grandes obxectivos da Flotilla da Liberdade.

Na sección de Prensa Resaltada podes atopar a cobertura que os medios de comunicación fixeron da chegada do grupo de activistas.

Mentres, na illa de Creta continúa o "Gernika", o barco de "Rumbo a Gaza", con oito membros da campaña a bordo. Nos próximos días a nave partirá con destino ao Estado español. O "Gernika" converteuse nun auténtico símbolo de paz e de resistencia civil no Mediterráneo. A fotografía da nave -unha embarcación civil con persoas pacíficas e desarmadas- acosada por unha patrulleira grega deu a volta ao mundo e é xa unha icona da loita non violenta por un mundo igualitario e libre.

Fonte: http://www.rumboagaza.org
___________________________

venres, xullo 15, 2011

Os dereitistas do Goberno Municipal de Ferrol pretende desviar unha partida orzamentaria do servizo de comedores escolares dos centros públicos para o ensino privado

  • O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA PRESENTARÁ ALEGACIÓNS AO PREGO DOS COMEDORES ESCOLARES PARA O VINDEIRO CURSO
  • EU REXEITA QUE SE DESVÍEN CARTOS PÚBLICOS MUNICIPAIS PARA BECAS AO ALUMNADO DO ENSINO PRIVADO
  • YOLANDA DÍAZ PÍDELLE AO GOBERMO MUNICIPAL QUE RECLAME DA XUNTA DE GALICIA A ASUNCIÓN DESTE SERVIZO
INFORMACIÓNS DO GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA
Ferrol, venres 15 de xullo de 2011

O Grupo Municipal de Esquerda Unida presentará un conxunto de alegacións ao prego de prescricións técnicas que rexera a prestación do servizo dos comedores escolares nos centros públicos da cidade, que hoxe se presentou na Comisión informativa de Cultura. Nos vindeiros días se presentará un escrito para millorar e fornecer a prestación deste servizo complementario fundamental para a escola pública. Servizo que nestes anos é debedor da meritoria laboura da federación de anpas que a nosa organización quere salientar e agradecer.

Sen prexuízo dun estudo máis pormenorizado dos contidos do prego, a nosa organización rexeita de plano a posibilidade que abre este documento para becar a alumnado procedente doutros centros escolares privados. Esquerda Unida considera que de producirse esta situación estaríase a cometer un novo prexuízo sobre este servizo complementario do ensino público, dado que se desviarían cartos dunha partida concebida para atender este servizo no eido do ensino público, partida que non experimenta crecemento algún; partida que ten que sufragar o concello dada a negativa da Consellería de Educación, en mans do PP, a incorporar os comedores escolares de Ferrol á rede dependente que depende de xeito directo da Consellaría. Mantendo desta maneira unha inaceptable discriminación sobre a nosa cidade que ten que rematar canto antes.

Lembramos a importancia deste servizo para fornecer a capacidade da escola pública para ofrecer un servizo educativo integral e de calidade atento ás necesidades do tempo actual, facilitando sobremaneira a conciliación laboral e familiar dos proxenitores do alumnado usuario.

Esquerda Unida insta ao Goberno Municipal a manter a prestación deste servizo para o alumnado dos centros públicos como viña acontecendo até o de agora. A poboación que opte pola privada debe ser consecuente con esa escolla. A nosa organización rexeita a continuada vampirización de recursos económicos públicos polo ensino privado, que pola contra dista de asumir un reparto igualitario dun alumnado plural pola súa condición de clase ou polas súas identidades culturais.

Yolanda Díaz, Voceira do Grupo Municipal, reclama do Goberno Municipal que dirixa unha mobilización social unitaria para arrincar da Xunta de Galicia a asunción integral do servizo dos comedores escolares nas condicións de xestión directa pública que contempla de maneira preferente a normativa vixente, o Decreto 10/2007 de xaneiro, que contempla como modalidade de carácter xeral a xestión directa , deixando como excepcional a situación – discriminatoria con Ferrol – que temos na nosa cidade.

Web de Esquerda Unida:
http://www.esquerdaunida.org/


Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
15 de julho de 2011 16:40
Ola ! Remitimos unha Informacións do Grupo Municipal de EU en relación co servizo de comedores escolares, servizo do que o Goberno Municipal pretende desviar unha partida orzamentaria para desviala cara ao alumnado dos centros privados. Saúdos, Ramiro Marier
____________________

mércores, xullo 13, 2011

Ártabra 21 ante o novo negocio de Reganosa

Tags
[A Ría de Ferrol desde a bocana de entrada]

Como era de esperar, "La Voz de Galicia" desperta-nos hoxe, cunha "boa noticia" sobre Reganosa co seguinte titular "A regasificadora mugardesa lidera a nivel nacional o negocio das cargas de buques".

Non nos chegaba coa presión de soportar os buques que veñen a descargar o gas natural licuado -GNL/LNG- á xa de por si perigosa planta de gas de Mugardos, que agora temos que soportar tamén que ese mesmo gas sexa despachado no corazón da nosa Ría para fóra. Un irracional negocio que pon constantemente en perigo á Ría, a nosa seguridade e a nosa vida.

O citado xornal que sempre se destacou por ser "a voz de Reganosa", considera unha boa noticia, o que é unha pésima noticia para a poboación que moramos na contorna da Ría de Ferrol que soportamos o depropósito gasístico corrupto e irracional que só serve para encher os petos de diñeiro público aos seus promotores.

Non sabemos cantos, mais a noticia temén di que temos o record en tránsito de camións cisternas por estrada, "que ben" son moi "boas" noticias: "Reganosa está a experimentar un crecemento no tráfico de carga de cisternas". Só temos que lembrar o sucedido un 11 de Xullo de 1978 en Tarragona, no cámping de "Els Alfacs", ao paso dun camión cisterna con 25 Tm de gas licuado -propileno, un gas altamente inflamábel, estoura ao seu paso pola estrada que bordea o cámping, todo queda aniquilado, máis de 240 vítimas mortais, unha vintena de desaparecidos e o recordo indelébel da traxedia que se podía evitar [Entrar].

Di a noticia: "A diferenza doutras plantas do país, que apenas se lle prestaron interese a este tipo de negocio, Reganosa leva máis dun ano sentando as bases para crecer neste tipo de actividade e, de feito, logrou-no, e nestes momentos lidera xa este segmento a nivel nacional". Porque será? Será que Reganosa non era necesaria para o consumo interno de Gas? Será que non era tan estratéxica como argumentaban algúns sectores políticos nacionalistas, para xustificar o inxustificábel? Cando as organizacións políticas que mudaron de postura pedirán desculpas e recoñecerán o seu erro? Un erro que mesmo minguou toda unha organización na nosa Comarca?

A noticia cuantifica o gas que saiu, por este medio, da planta de Mugardos este ano: "Así, no que vai de ano, Reganosa forneceu gas a catro barcos, mentres que o ano anterior só fíxoo a un. En total, as cargas deste exercicio suman 216.600 metros cúbicos de combustíbel, fronte aos 73.100 cargados na planta de Huelva, e aos 69.000, da de Cartaxena". "Que ben", non só entran buques cargados de gas, senón que agora saen tamén cargados. E o Concello de Ferrol, segue negando-se a contemplar no seu Plano de Emerxencias, un eventual accidente no tránsito de buques gaseiros cargados pola nosa Ría, ou unha posíbel emerxencia na propia planta de gas que está situada a pouco máis dun quilometro de Ferrol, do Arsenal e dos asteleiros de Navantia.

Na noticia en cuestión fala-se doutro lucrativo, mais tamém moi perigoso negocio, trata-se da posibilidade de que buques gaseiros que reparan en Navantia, unha vez que zarpen pasen por Reganosa a encher os seu tanques: " ... conta cos equipos máis modernos para levar a cabo a subministración de gas desde os seus tanques aos navíos. Ademais, ao atoparse nas proximidades dos estaleiros, ofrece aos armadores que traen os seus metaneros a reparar a Navantia a posibilidade de saír da ría cos seus tanques cargados ...". Todo o que sexa carga e descarga de gas e tránsito de buques cargados pola Ría, ven a aumentar exponencialmente o, xa de por si, potencial perigo que supon a presencia da planta regasificadora tan próxima aos núcleos de poboación. Aumentado aínda máis este perigo por atopar-se Reganosa encostada ao complexo petroquímico de "Forestal del Atlántico"-"Imegasa" que almacena centos de miles de toneladas de produtos tóxicos e perigosos [Entrar].

Máis a noticia di algo a ter en conta, cando refire: " ... O feito de que Reganosa non reciba moitos barcos para descargar ao mes redunda positivamente no seu crecemento neste mercado, por canto mantén dispoñibles as instalacións para levar a cabo as operacións de carga". Por fin recoñecen a incapacidade de Reganosa a manter-se operativa, xa non dicimos ao 100%, nen ao 80%, nen tan sequera ao 50%. A operatividade de Reganosa está sobre un 43% da súa capacidade real [RATIO UTILIZACIÓN planta 43%  Produción media/produción nominal   -B/A-] , polo que non está sendo, nen se aproxima a ser óptima, iso que no 2010 subiu un 10% con respecto ao 2009 -segundo os datos do propio Xestor Técnico do Sistema Gasista [Informe del Sistema Gasista Español 2010, publicado o 17.03.2011 ]. Mesmo a propia noticia publica que " ... "As regasificadoras do país rexistraron un descenso da actividade o pasado mes con respecto a xuño do 2010 e, de feito, en Reganosa caeu un 28%".


O despropósito gasístico de Reganosa que xa de por si representa un grave perigo, aumenta exponencialmente cando un buque cargado con miles de toneladas de GNL, entra pola angosta, sinuosa, estreita, longo e de fondos rochosos, canle da ría de Ferrol, para logo pasar máis de 24 horas descargando no pantalán do Porto de Punta Promontorio. No caso de emerxencia, o buque, non podería saír a mar aberto nen polos seus propios medios [como sinala a lexislación de seguridade], nen con axuda, até a próxima marea diúrna, e xa non digamos se as condicións meteorolóxicas son adversas, con fortes ventos, pouca visibilidade, .... A Autoridade Portuaria ten previsto segundo a normativa elaborada pola Capitanía Marítima de Ferrol que, en caso de emerxencia, o buque vaia a uns poucos metros, no fondeadoiro de Santa Lucia, onde non hai suficiente calado para elo, novo despropósito e grande irresponsabilidade.

Ao que íamos, non hai razóns para congratular-se Srs. do grupo "Voz", máis ben hai razóns que nos din por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas vidas. E aquí presentamos 10 razóns moi importantes a modo de síntese:

Porque almacena o equivalente a mais de 12 millóns de bombonas caseiras, o que no caso dun accidente, provocaría unha devastación de difícil cuantificación. No accidente de "Els Alfacs", que matou a 243 persoas, e fireu a máis de 300, a cantidade de gas equivalía tan só a 2000 bombonas.

Porque os gaseiros só poden entrar e saír na ría cando se dan as axeitadas condicións meteorolóxicas (vento e visibilidade) e marea diúrna. No caso de accidente nun buque, durante a manobra de entrada, atraque ou descarga, sería imposíbel aparta-lo da planta e das zonas poboadas.

Porque Reganosa colle da Ría, esteriliza e verte, clorada e a baixa temperatura, perto de 300.000 toneladas de auga ao día. Ademais, promove xunto á Autoridade Portuaria, un proxecto para dragar os fondos da Ría, que pertencen á Rede Natura pola súa riqueza en vida mariña. Aínda dragando a Ría, os gaseiros cargados con LNG, seguirían a ter dificultades para entrar e saír.

Porque os 40 postos de traballo que crea Reganosa, non son comparábeis aos 400, da actividade marisqueira e pesqueira, que pon en perigo esta instalación, tanto polo tratamento da auga como pola súa intención de dragar a Ría.

Porque ten pegado un complexo petroquímico, Forestal do Atlántico, e  Imegasa, que almacenan 280.000 m3 de produtos tóxicos e perigosos que no caso dun accidente, pode provocar un efecto dominó de consecuencias devastadoras.

Porque, como ven denunciando o Comité Cidadá de Emerxencia, desde o inicio do proxecto no ano 2000, Reganosa supón o caso de maior corrupción político-empresarial da nosa comunidade, porque só responde á cobiza dos seus promotores, o Grupo Tojeiro, que obtiveron pola venda dos terreos e a concesión portuaria,  perto de 30 millóns de euros de beneficio.

Porque incumpre todas as normativas que se lle esixen a unha instalación destas características, Directiva Europea 96/82/CE - Lei Seveso II, NFPA 59 A, Regulamento 2414/1981 Raminp, UNE-NE 1532, R. D. 6/2001 do 8 de maio sobre Evaluación de Impacto Ambiental, Directiva europea 97 /11 /CEE, R.D. Lexislativo 1302/1986 do 28 de xuño, Directiva europea 85/337/CEE.

Porque existen tres sentencias condenatorias, e moitas causas abertas por denuncias, en distintas institucións xudiciais e no Parlamento Europeo.

Porque é unha instalación innecesaria e deficitaria, funciona só a un 40% da súa capacidade e encarece o recibo do gas. Reganosa presionou para fechar o gaseoducto que viña de Tui, que viña suministrando gas, que era suficiente para cubrir a demanda de gas.

10ª Porque, como se demostrou en Xapón, os accidentes existen, e as condicións improbábeis suceden. Polo tanto a única medida efectiva é apartar as instalacións perigosas dos núcleos de poboación. Exemplos existen: Cleveland, Les Alfaques, Aoxaca, Shanghai, Skikda, Houston, Gaoqiao... Non permitamos que a nosa comarca aumente esta tráxica lista!
Nunca é tarde para loitar pola Ría, a nosa Seguridade e a nosa Vida.


O Venres 22 de Xullo: Tod@s a Mugardos

O Venres, 22 de Xullo de 2011, ás 5 da tarde, desde o Parque de Caranza "Carmelo Teixeiro", partirá a 5ª Marcha a Pé, entre Ferrol e Mugardos, para lembrar os 111 días de ocupación da Casa do Concello de Mugardos, por parte da veciñanza de Meá. Este 22 de Xullo marcharemos a pé até Mugardos polo cese da actividade e desmantelamento de Reganosa, no Cuarto Aniversario do Peche da veciñanza de Meá na Casa do Concello, convocada polo Comité Cidadán de Emerxencia para a a Ría de Ferrol.

Tres horas máis tarde recebira-nos as veciñas e veciños de Meá na Praza do Mercado de Mugardos, onde disporán de bebidas, liscos, chourizos e música, nun acto de benvida.

O Blogue Solidario coa Veciñanza de Meá, recolle a crónica destes 111 días de reivindicación e solidariedade.
  •  POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  •  CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  •  PLANTA DE GAS FORA DA RÍA   !!

Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán
:


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org






APOIO ECONÓMICO

O Comité Cidadán de Emerxencia, necesita apoio económico, para que poida desenvolver a súa actividade

CONTA DO COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA

Para axudas económicas pode-se ingresar na conta corrente aberta no Banco Santander ao nome de:
Luz Marina Torrente e outros

Para ingresar desde unha oficina bancaria desde dentro do Estado:
00493315772894017995

Para ingresar desde unha oficina bancaria desde fóra do Estado:
ES 71 00493315772894017995
___________________