20120115

A demagoxia neoliberal co déficit e os impostos, ... Por Xavier Vence Deza

Por Xavier Vence Deza [*]
15.01.2012

No debate actual sobre o déficit e a débeda xógase abusivamente con algunhas simplificación torpes e demagóxicas. Os propagandistas da dereita tratan de identificar déficit con despilfarro. Obviamente, non teñen nada que ver. Pode haber xestión pública eficiente de recursos xestionados en orzamentos con déficit e xestión ineficiente con orzamentos equilibrados. Outros tratan de identificar gasto público con déficit e dan por feito que para reducir o déficit a única vía é a redución do gasto público. Obviamente, tampouco é iso. O asunto está en ter sempre presente que o déficit depende tamén dos ingresos públicos en xeral e dos impostos en particular. É unha trapela interesada falar exclusiva e machaconamente dunha das follas da tesoira como se a outra non entrase no xogo.

Para empezar é falso afirmar que os de esquerdas son defensores do déficit. O que normalmente fan as esquerdas é defender o gasto público –non de calquera maneira- pero non é máis de esquerdas financiar ese gasto público con déficit e débeda; o que normalmente defenderán as esquerdas é financialo cun sistema impositivo progresivo.

Outro asunto é que desde a crise do 29 os economistas serios entenderan que o déficit non pode ser un dogma, no sentido de que o financiamento con déficit pode ser un instrumento útil para dinamizar a economía, para combater as recesións ou para financiar investimentos estratéxicos cuxos rendementos para a sociedade non se manifestan no ano en que se executa o gasto senón posteriormente e ao longo de moitos anos –como ocorre en xeral coas boas infraestruturas, cando están pensadas en termos de utilidade social.

O certo é que o dogma do déficit cero é algo que os países desenvolvidos arrombaron despois da crise do 29 e tan só o arcaico réxime de Franco mantivo ese criterio miope do equilibrio orzamentario como principio inamovible até a súa caída; a dereita española volve ás súas orixes con este dogma traído agora da man dos neoliberais, esquecendo que esa disciplina pitoña foi a causante do coñecido déficit de investimento en infraestruturas e servizos sociais básicos que marcou durante décadas unha distancia abismal con respecto ao resto de Europa.

Pola contra, temos múltiples exemplos de como a dereita foi adicta ao déficit e á débeda. O caso máis espectacular foi o de Reagan e Bush nos Estados Unidos. Foi baixo os seus mandatos cando os déficit e a débeda se dispararon até niveis realmente irresponsábeis e insostíbeis. Iso si, fixérono ao tempo que mantiñan o dogmático discurso do equilibrio orzamentario, converténdose no exemplo paradigmático da dobre moral do neoliberalismo reinante desde Reagan para acá. Desde aquela o discurso da redución do déficit foi utilizado sistematicamente para poder levar adiante programas de rebaixas dos impostos aos ricos, ás grandes empresas e ao capital financeiro (bancos, fondos, etc) ao tempo que aumentaban o gasto militar, as axudas a grandes empresas ou os gastos en obras e servizos que contratan co sector privado.

Polo tanto, o verdadeiro problema é a política da dereita e dos neoliberais. O que viñeron facendo ao longo das tres últimas décadas foi máis ou menos o seguinte: manteñen un persistente discurso de redución de impostos para lexitimar a redución de impostos aos ricos, ás rendas altas e ao capital ao tempo que aumentan os impostos indirectos que para a xente se confunden con alzas de prezos (IVE, etc); paralelamente, manteñen ou aumentan o gasto para atender as demandas dos grandes grupos económicos (gasto militar, obras, compras públicas...) e, para poder gañar eleccións, tampouco poden acometer drásticos recortes nos servizos públicos máis populares. O resultado é cantado: un crecente desequilibrio das contas públicas, aumento do déficit e da débeda. Nese sentido, son xustamente as políticas de corte neoliberal as que conducen a un aumento do déficit e da débeda pública. Ese uso estratéxico do orzamento público para facer unha redistribución inversa -cara arriba- da renda compleméntase coa privatización de empresas e servizos públicos, que significaron e significan unha fabulosa transferencia de rendas cara o capital privado, ao tempo que axuda a ampliar o campo de negocio en actividades lucrativas e seguras para ese mesmo capital privado.

O que define á esquerda non é déficit senón, por un lado, a orientación do gasto (prioridade á redistribución da renda para reducir as desigualdades, servizos públicos básicos de calidade como educación, sanidade, etc e non gastos militares ou obras que só benefician ás empresas que as realizan) e, por outro lado, un sistema de impostos progresivos que faga pagar máis -de xeito efectivo- ás rendas altas e as grandes fortunas, que grave as rendas financeiras cando menos tanto como os ingresos do traballo do traballo, que grave moito máis o consumo de luxo e grave menos o consumo básico ou esencial, que poña coto á fraude e á evasión fiscal, etc. Como leva defendendo, por exemplo, o BNG desde o inicio desta crise e non só como gancho ás portas das eleicións.

Nese sentido, compre recoñecer e dicir que a política de Zapatero non foi de esquerdas nin na primeira lexislatura nin na segunda; co seu discurso de que “subir impostos non era de esquerdas” o que fixo foi: suprimir o imposto de patrimonio que só pagaban os ricos, baixar o tipo marxinal máximo da renda do 46 ao 43%, baixar o imposto de sociedades, asentar un tratamento fiscal escandalosamente privilexiados para as SICAV, fondos de investimento, private equity, etc. O que si subiu foi o IVE e os impostos especiais, que son todo eles regresivos. Ademais, contribuíu a manter e reforzar un sistema fiscal tipo “gruyere”, con moreas de buratos e excepcións e, para redondeala, cunha política de inspección tributaria deliberadamente tolerante coa fraude e a evasión, como veñen denunciando os técnicos de facenda (Gestha).

Nesa mesma senda se sitúan as medidas fiscais adoptadas polo PP no seu primeiro consello de ministros: facendo táboa rasa co discurso proclamado acordan unha suba de tipos no IRPF -disque como "contribución temporal á solidariedade"!!- coa particularidade de cebarse de xeito moi especial nas rendas medias e medias-baixas (tanto nas rendas do traballo como nas rendas do aforro). Ao tempo que acordan un recorte de gasto moi importante que vai afectar especialmente aos asalariados públicos e aos servizos públicos da maioría da poboación (sanidade, educación, dependencia, etc). Pola contra deixan fóra da axenda a tributación das sociedades e fondos de investimento, as rendas financeiras e especulativas, a evasión fiscal, as múltiples deduccións e bonificacións que permiten que as grandes sociedades paguen unha taxa efectiva de imposto de sociedades inferior ao das PEMES. Nada se di tampouco de reducir o gasto en certas partidas como a militar, subvencións á igrexa, ao ensino privado e concertado, etc.

Compre insistir, polo tanto, no feito de que a esquerda non está en contra da redución do déficit en abstracto senón e tan só na medida en que vai aparellada da redución do gasto e ata a imprescindible flexibilidade dos gobernos. O problema é a redución do déficit ao mesmo tempo que se adoptan medidas que reducen os ingresos públicos, porque iso conleva necesariamente unha redución do gasto público e, na maior parte dos casos, dos gastos en servizos básicos como educación, sanidade e prestacións sociais para os máis necesitados. Como estamos a ver en Galiza, en Madrid, en Cataluña, en Valencia e no conxunto do Estado Español; ou no Reino Unido, Portugal e a maioría dos países da UE que están a implementar as mesmas receitas impulsadas pola dereita europea.

Os que queren utilizar o sector público para introducir maior xustiza social e impulsar o desenvolvemento económico non son fanáticos do déficit nin moito menos, o que perseguen é que os ingresos públicos poidan aumentar ao ritmo das necesidades razoables de gasto para acadar aqueles obxectivos. Polo tanto, a esquerda do que está en contra é de que o sector público se ate de pés e mans para afrontar situacións conxunturais que poden estrangular as contas públicas. Por outra parte, non fai falta ser keynesiano para entender que nun contexto de recesión e estancamento, o peor que poden facer os gobernos é reducir drasticamente os gasto público porque iso só contribúe a deprimir aínda máis a demanda. E, por último, todos os economistas serios saben desde hai moitas décadas que o investimento de longo prazo –infraestruturas de todo tipo- non ten porque ser cuberto con ingresos actuais senón que resulta máis razonable e xusto que se financie mediante crédito, tendo en conta que o seu rendemento ou utilidade social vai producirse no futuro, durante un longo prazo de tempo. Un problema completamente distinto é que eses investimentos teñen que plasmarse en actuacións cuxa utilidade social futura sexa certa e ben avaliada e non poden ser o resultado de decisións caprichosas, clientelares ou por presión dos que fan negocio coa execución do investimento. Ese é o risco derivado da presión de certos lobby’s poderosos como poden ser o das construtoras, concesionarias e outras polo estilo.

Artigo publicado o 9 de Xaneiro de 2012 no blogue persoal do autor ao que recomendamos acceder e difundir:
http://xaviervence.blogspot.com/

[*] Xavier Vence Deza (Rodeiro en 1961) é Catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela, escritor, comentarista político, ... Foi director do Idega no período 1991-95. Profesor invitado en diferentes universidades estranxeiras, formou parte de diversos comités de expertos de organismos internacionais. É coordinador do grupo de investigación ICEDE e da área de Economía do Seminario de Estudos Galegos. Publicou máis dun centenar de artigos e libros en revistas profesionais de ámbito galego e internacional sobre economía da innovación e políticas tecnolóxicas, sistema galego de innovación, disparidades rexionais na UE, industria, servizos, mercado de traballo, sistemas produtivos e planificación estratéxica, desenvolvemento local ...
____________________
Chuza Google Bookmarks Facebook Mixx Meneame Technorati Yahoo! Buzz Cabozo - A rede social da Galiza Delicious BlinkList Print Friendly and PDF

0 comentários: on "A demagoxia neoliberal co déficit e os impostos, ... Por Xavier Vence Deza"

Postar um comentário


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o mallor respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.

NUBE DE CATEGORIAS

A Crise (213) A Esquerda (11) A Frouxeira (3) A Nai Terra (2) A Revolta (12) A Ría Non Se Vende (2) A Saiña (7) A Vía Campesiña (2) A Xoaninha (3) A.C. Medulio (1) A.S.C. López Bouza (1) Abolir a Guerra - Conquistar a Paz (26) Acceso ferroviario ao Porto Exterior (3) Acordos (2) Actas da PA21 (6) Actos (5) ADEGA (92) AGAMME (5) Agrocombustíbeis (2) Agrupación de AAVV do Rural de Narón (5) Agência Carta Maior (5) Alberto Garzón Espinosa (2) Alexandre Carrodeguas (1) Alimentación (2) Altermundo (4) Amada García (5) Amadeo Varela (14) Amarante (3) Amizade Santa Mariña (1) Amnistia Internacional (2) Amy Goodman (18) Andalucita (2) Anita (4) Antenas de Telefonía Non (4) Anti-Bolonia (1) Anticapitalismo (2) Antifascistas (6) Antón Reixa (1) Arredemo (1) Artritis (1) Artábria (49) As Pontes (10) Asbestose (1) Asociacion Veciñal de Esteiro (14) Ateneo Ferrolán (96) Atenta (2) Atilio A. Boron (1) Audio (1) Auga (10) Axenda Local 21 (1) Balakandra (1) Banca Ética (2) Bartoleta Teatro (5) Bastida (10) Bertón (2) Bhopal (1) Biodiversidade (1) Biodiésel (11) BNG (54) Bolivia (7) Briga (1) Brión e Leixa (7) CA21 (6) Cabo Gago (9) Caixas de Aforro Galegas (2) Camelle (1) Canceira de Ferrol (1) Cangas (14) Canido (11) Caranza (7) Carlos Taibo (9) Carmelo Teixeiro (17) Carvalho Calero (3) Casa do Coronel (1) Cedeira (1) Celulosa (2) Centro de Día de Caranza (1) Cha Brión (1) China (1) Choiva Azeda (1) Cidade da Cultura (1) CIG (33) Cine (7) Clube Montaña (1) Clínker (8) CNT (10) Colectivo Ártabra 21 (3) Colombia (1) Comercio Xusto (3) Cometa (13) Comunistas da Galiza (5) Concursos (1) Consumo Responsábel (6) Convocatorias (48) Convocatorias Internas PA21 (19) coperativa (1) Corrubedo (4) Corrupción (3) Costa Ártabra (1) Crise Humanitaria (1) Cuba (5) Cuba Información (1) Cultura (4) Cáucaso (1) Círculo Lítico da Mourela (5) Datos Estatísticos de Galiza (2) Decrecimento (15) Defensa dos Animais (12) Democracia Participativa (9) Democracy Now (64) Denuncias (93) Denúncia (5) Dereito ao Aborto (5) Dereitos Civís (35) Dereitos Humanos (16) Desarme (5) Die Linke (1) Diversidade Funcional (4) Documentación (6) Documentais (2) Documentario (2) Documentarios (3) Documentos (4) Doruma (2) Día da Patria Galega (2) Ecoloxistas en Acción (1) Ecuador (5) Edificio de Aduanas (2) Edificio do Rena (1) Eduardo Fra (2) Eduardo galeano (5) Egunkaria (1) El Musel (1) Eleccións Europeas 2009 (1) Eleccións Galegas 2009 (13) Eleccións Xerais 2008 (1) Elena López (1) Emaus (1) Ence (1) Enerxía (5) Ensino (29) Entabán (3) Equipas Normalización Lingüística (2) Eric Toussaint (1) Escola Deportiva Inferniño (1) Escola Popular Galega (2) Escolas Infantís (4) Esmelle (1) Espazo Libertario (2) Estacionamento da Praza do Concello (10) Estacionamentos (9) Estado: Crítico (1) Esteiro (25) EU-IU (106) Evo Morales (1) Exposicións (4) Facua (1) FAO (1) Federación Ecoloxista Galega (3) Feminismo (5) Fene (4) Fenosa (1) Ferrazo (3) Ferrol (21) Ferrol Deporte (2) Ferrol Solidario (2) Ferrol Vello (15) Ferrol-CAPE (23) Ferrol-vello (7) Fervesteiro (3) Festivais (6) Fidel Castro (5) Fontelonga (47) Foro Social Galego (12) FPG (3) Fraga de Menáncaro (32) Fragas do Eume (3) Fran P Lorenzo (4) Francia (1) Free Software Foundation (2) FSM (9) Fuco Buxan A. C. (127) Fundamentos (2) Fusquenlla (16) Gais e Lesbianas (1) Gaiás (1) Galentendo (3) Galicia Confidencial (1) Galiza Non se Vende (4) gaseiro (1) George Monbiot (1) gnu - linux (4) Goberno de Progreso (1) Goente (1) Goretti Sanmartín (1) Gramma (1) Grecia (11) Gripe A (5) Guerrilleiros das Fragas (1) GZnación (1) GZVideos (2) Haití (4) HGpI (1) Homofobia (2) Honduras (31) Humor (2) IGE (14) Imaxens (2) Informática (2) Inmigrazón (14) Integrismo Católico (1) Internacional (1) Iraque (1) Isaac Rosa (14) Iván Prado (2) James Petras (2) Javier Ortiz (2) Jesus Pazos Lavandeira (1) Johann Hari (1) Jorge Gago (4) José Afonso (3) José Couso Permuy (1) José Luís Sampedro (2) José María Villot (4) José Saramago (3) José Torregrosa (5) José Álvarez (1) Juan Torres López (58) Kalimera (1) Kurdistán (1) La Jornada (2) Lago Artificial d'As Pontes (5) Laicismo (2) Lazos Anti-SIDA (10) Lefre de Caldereta (20) Letras Galegas (9) lexislación (1) Liberdade de Información (4) Liberdades Democráticas (1) libros (17) Limpeza fondos mariños (2) Lingua (118) Lista Correios (1) Loita Feminista (33) Loita Labrega (3) Loita Transxénero (1) Lorena Bustabad (3) Lugo (1) Lupe ces (15) Luís Álvarez Pousa (6) Malpica (1) Mandiá (4) Manifestacións (9) Manoel Santos (1) Manuel Dios Diz (4) Manuel Mera (2) Manuel Miragaia Doldán (2) Manuel Rivas (2) Marcha Mundial das Mulleres (54) Marcha Mundial pola Paz e a non Violencia (10) Masa Crítica (13) Medio Ambiente (137) Medios de Comunicación (27) Memoria Histórica (35) Mercadiño de Troco (13) Miguel Anxo Fernán Vello (3) Miguel Fernández (1) Mobilidade Urbana (6) Mobilizacións (32) Moncho Reboiras (4) Monte Galego (5) Movimento Obreiro (191) Movimento polo Traballo Digno (5) MpDC (19) MSF (3) Mugardos (30) Mundo Agrario (1) Mámoa (1) Música (19) Naomi Klein (3) Narón (7) Neda (4) Nidia Díaz (1) Noam Chomsky (4) Non ao Escudo estelar (4) Non Violencia (3) Non á Guerra (24) Non ás bombas de acio (2) NPA (1) Nós-Up (60) O Apalpador (4) O Cambio Climático (13) O Caurel (7) O Courel (11) O Galego (3) O Inferniño (26) O Muro de Ferrol (2) O que xa pasou (2) O Recuncho (28) O Tren (1) Oliver Stone (1) Opinión (114) Ordenación do Territorio (6) Ordenanza de Convivencia Cidadá (3) Ortigueira Sostible (2) Os corrais (1) Os sen Voz (4) PA21 (6) Palestina (46) Pallasos en Rebeldia (8) Participación cidadá (59) Pascual Serrano (7) Patrimonio Cultural (4) Patrimonio da Humanidade (3) Perfecto Conde Muruais (1) Perú (1) Pesca (2) Pico Vello (14) Pintura (1) Plan Ferrol (1) Plano Acuícola (12) Plano Boloña (1) Plano Director de Estradas (1) Planta de gas (149) Plataforma Cultura Si - Mausoleo Non (5) Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol (31) Plataforma pola Verdade (1) Plataforma Prolingua (1) Pobo Saharauí (13) Poesia (5) Pontedeume (3) Porto Exterior (3) Praza da Porta Nova (60) Praza de Armas (1) Prestige (2) Primeira Linha (1) Privatizacións (10) Proxecto Integral para as Comarcas (1) Publicacións (4) Pueblos (3) Pulsar Axencia Informativa (3) Quen somos? (1) Queremos Galego (16) Quilmas (1) Racismo Non (1) Radio Filispim (31) Rafael Pillado (9) Raj Patel (1) Rebeca Fernández (1) Recimil (14) Recuperación da Mina das Pontes (8) Rede AntiCapitalista Galega (12) Rede Galiza Non se Vende (58) Rede Litoral Vivo (19) rede renta básica (1) Refundación da Esquerda (3) Reganosa (664) Rehabilitación (13) Reindustrialización (1) Resolucións (1) Resultados Busqueda (1) Rettet den Regenwald (1) Rio Baa (1) Rio Castro (2) Roberto Ciccarelli (1) Rolda de Rebeldía (2) Rosa Aneiros (2) Rosa dos ventos (1) Roteiros (10) Ruptura PSOE-EU (3) Rural de Ferrol (2) Rádio Filispim (11) Ría de Ferrol (6) Río Belelle (1) Río Eume (12) Rúa Concepción Arenal (1) Salvar Ponzos (4) Samir Amin (2) San Sadurniño (2) Santiago Torrente (2) Sartaña (5) Sartaña: Praza Pública (21) Saúde (20) Saúde. Solidariedade (1) Sector Leiteiro (5) Sector Naval (12) Sedes (1) Sei o que nos Figestes... nos Últimos 525 Anos (1) Semana Santa (1) Seminario Galego de Educación para a Paz (15) Sen Teito (1) Serge Latouche (2) SGEA (1) SGHN (24) Sindicalismo (12) Sindicato Labrego Galego (2) Sitios web convidados (1) Soberanía Alimentaria (9) Software Libre (1) Solidariedade (45) Somalia (2) Subcomandante Insurxente Marcos (1) Síndrome Corrubedo (1) Taxas (1) Telesur (5) Teresa Moure (1) Terractiva (1) Tino Deibe (1) Touriñán (2) Transporte (3) Transporte Público (3) Transxénicos (4) Tranxénicos (1) Trasancos (1) Universidade (1) Unión Libertaria (21) Urbanismo (34) Uruguai (5) UtopíaForo (1) Valdoviño (5) Valón (1) Venezuela (9) Verdegaia (20) Vespera de nada (1) Vicenç Navarro (5) Vicenç Navarro López (11) Video (10) Videos (6) Videovixiancia (4) Vieiros (4) Vigo (1) Vilabuide (2) Violencia Machista (24) Viraventos (1) Vivenda (2) Véspera de Nada (2) Vídeos (4) Xaime Quessada (1) Xaquín Marín (1) Xavier Vence (4) Xavier Vence Deza (8) Xosé A. Perozo (1) Xosé Manuel Beiras (7) Xosé María Dobarro (4) Xunta Coordenadora PA21 (1) Zeitgeist (1) África (1) Ártabra 21 (3) Ártabra Solidaria (3)

Movimento Social


BIODIÉSEL Agrocombustíbeis a Debate Artigos CA21 BRIÓN Artigos CA21 CANIDO Canido Barrio Sostible Artigos CA21 CÍRCULO LÍTICO web Amigus Artigos CA21 COMUNICACIÓN E INFORMACIÓN Trasancos Rádio Filispím CULTURA E LINGUA Ateneo Ferrolán Fundaçom Artábria A.C. Fuco Buxan Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrol Terra Olho no conflito lingüístico em Trasancos ESMELLE Proxecto Esmelle> Val de Esmelle ESTEIRO Web veciñal Blog veciñal Artigos CA21 FERROL VELLO Blog veciñal Artigos CA21 LEIXA Artigos CA21 MANDIÁ Artigos CA21 MENÁNCARO Defendamos a Carvalheira de Menáncaro Menáncaro Formación Senlleira Menáncaro Expresso Artigos CA21 MINA AS PONTES Artigos CA21 MUGARDOS Artritris O Cruceiro de Meá> O INFERNIÑO Blog veciñal Artigos CA21 ORTIGUEIRA Ortigueira Sostible PICO VELLO Blog Pico Vello Noticiario Fotos e Videos PLANTA DE GAS Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol Oposición Sindical a REGANOSA Ferrol-CAPE Despropósitos gasísticos no Mundo Fundamentos e razóns Videoteca Anti-REGANOSA Noticiário do Noroeste Galego Reganosa Demolizón ArCeibe ReganosaNon TV Artigos de Opinión A Ría na Rúa Aturuxo O Cruceiro de Meá Rompendo Muros de Silencio Artigos CA21 O TROCO - SUSTENTABILIDADE O Troco PONTEDEUME Fusquenlla Pontedeume Pregúntome O rexurdir Urbanismo PONZOS Salvar Ponzos Artigos CA21 PORTA NOVA Artigos CA21 Noticiario RECIMIL Web veciñal Artigos CA21 SARTAÑA Artigos CA21 SOFTWARE LIBRE - GNU/LINUX Artabrix - Amig@s de Ubuntu Linux Ferrol