Os traballadores e as traballadoras do naval da ría de Ferrol retomaron esta mañá o calendario de mobilizacións en demanda dunha solución urxente á crise que padece o sector por mor da falta de carga de traballo, ocupando a Casa do Concello, de onde foron desaloxados pola policía local, que non dubidou en utilizar gas pementa para reprimir a protesta laboral. O persoal continuará co calendario de mobilizacións o próximo martes cunha marcha a pé até durante tres días que os levará até as portas de Delegación do Goberno na Coruña.
Miles de operarios/as dos estaleiros da ría de Ferrol retomaron este martes o calendario de mobilizacións en demanda de carga de traballo e a construción do dique flotante cunha multitudinaria manifestación que percorreu as rúas da cidade dende o Esteiro até a Praza de Armas. Alí, os Comités de ambos estaleiros e das empresas auxiliares mantiñan un nova xuntanza co alcalde de Ferrol para trasladarlle as súas demandas e urxir medidas que rematen coa profunda crise que vive o sector naval por mor da falta de carga de traballo.
Unha vez chegados/as á Praza de Armas, ao berro de “queremos traballar e non emigrar” ou “ese dique onde está?”, os/as manifestantes irromperon no interior da Casa do Concello para amosar o seu descontento polo abandono no que as administracións galega e estatal teñen deixado a un sector do que dependen 17.000 empregos na comarca. Ás portas do salón da alcaldía producíronse momentos de tensión entre os manifestantes e a policía, que non dubidou en recorrer ao uso de gas pementa para reprimir a protesta e expulsar aos traballadores/as fóra do edificio municipal.
A acción de protesta coincidiu cunha reunión entre o Comité dos estaleiros de Fene e Ferrol e o alcalde da cidade, quen, unha vez máis, reiterou a súa dispoñibilidade aos traballadores/as e a predisposición do goberno de Madrid a atender as demandas do naval, pero pediu tempo para que novo executivo “se asente”. A este respecto, Manel Grandal, voceiro da CIG de Ferrol e membro da Sección Sindical de Navantia, subliñou que o sector non precisa máis de boas palabras nin promesas, senón que é tempo de tomar medidas urxentes, e que agora con gobernos “amigos” na Xunta e Madrid xa non hai escusas para adiar a asignación de partidas orzamentarias que permitan a construción do dique flotante, entre outras accións.
A este respecto, dende a CIG de Ferrol, lembraron que nos próximos meses se fará entrega da última fragata e do buque australiano, polo que a actividade do cadro de persoal da empresa principal quedará moi reducida, coas conseguintes consecuencias para o emprego nas industrias auxiliares. Segundo os cálculos da Sección Sindical da CIG nos estaleiros públicos tan só no primeiro semestre deste 2012 poderían destruírse máis de 1.000 empregos no sector.
Os traballadores/as de Navantia e das industrias auxiliares continuarán a vindeira semana co calendario de mobilizacións cunha marcha a pé que os levará dende Ferrol até as portas da Delegación do Goberno en Galiza, situada na Coruña. Un grupo de traballadores/as partirá de Ferrol e Fene á primeira hora do martes 7 de febreiro e ten previsto chegar ás aforas da cidade herculina o xoves 9. Alí reuniranse co resto dos traballadores e traballadoras para marchar xuntos e levar as súas demandas até o edificio da Delegación do Goberno.
Fonte: Avantar
Detalle dunha foto de José Pardo
A noticia noutros medios locais:
Os traballadores dos estaleiros plasman a súa crispación na volta ás mobilizacións.
-reportaXe de M.Mayoral-
Diario de Ferrol
O naval de Ferrol clama por traballo e provoca incidentes no concello_________________________
A policía disuadiu con gases aos obreiros que intentaron entrar pola forza na alcaldía
-Por Beatriz Couce- | - Vídeo de Manuel Aroyo- | -Álbum fotográfico de José Pardo-
La Voz de Galicia














































































![Conflitos locais, fronteiras institucionais e suxeitos políticos en Ferrol Terra - Por Susana Narotzky - Nueva York, Usamerica (1958) - 'Planta de Gas Fora da Ría': Conflitos locais, fronteiras institucionais e suxeitos políticos en Ferrol Terra, in M.Cunha e L. Cunha (organizadores), Intersecçoes Ibéricas, Margens, passagens e fronteriras, Lisboa: Graus Editora, pp.393-430 - [2007]](http://2.bp.blogspot.com/_QExrwfv6Cnc/S7b0pgDbQ0I/AAAAAAAAMPo/d7dTyyuA-zQ/s320/Susana-Narotzky-170X60.jpg)
![O posición Sindical contra o despropósito gasista de Reganosa - Sindicalistas, delegadas de persoal, de comités de empresa e xuntas de persoal, así como afiliadas en xeral, todas integrantes da Confederación Intersindical Galega [CIG] contra Reganosa Oposición Sindical contra o desproposito gasístico de Reganosa](http://2.bp.blogspot.com/_QExrwfv6Cnc/S8LksEX9XoI/AAAAAAAAMVk/-vIH3pziJLo/s320/sindical.png)









































0 comentários: on "Os traballadores do naval da ría de Ferrol retoman as mobilizacións para pedir carga de traballo ocupando a Casa do Concello"
Postar um comentário
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o mallor respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.