sábado, marzo 31, 2012

Governo espanhol fai-nos mais pobres: sobe a luz, o butano e os transportes

Tags
De NÓS-Unidade Popular queremos fazer público o nosso rejeitamento total perante a decisom do governo espanhol de aumentar ainda mais os preços de serviços e produtos básicos como a luz, o butano ou o transporte.

Aliás, como medida tática, exigimos o subsídio público para produtos alimentares básicos, para o transporte, o consumo energético e o acesso às novas tecnologias para as e os trabalhadores com rendas inferiores aos 12.000 euros.

No contexto da crise capitalista, que o povo trabalhador galego está a pagar em forma de mais desemprego, mais precariedade e mais pobreza, o executivo do Partido Popular decide favorecer os interesses das grandes empresas às que serve com estes incrementos. Rajói e a sua equipa subirám a luz um 7% (acumulando assim um 50% desde 2008) e o gás butano um 5%, além de anunciar novas subidas no transporte por estrada e ferrocarril.

Uns incrementos que se somam à reforma laboral antiobreira e aos cortes para os serviços e trabalhadores/as do setor público para debuxar um panorama de agressons constantes às camadas populares enquanto se beneficia descaradamente os patrons, os bancos e especuladores, políticos profissionais… quer dizer, à burguesia e os seus servidores.

Medidas como esta som mais umha razom para continuar, aprofundar e radicalizar a linha de luita popular. À voracidade burguesa temos que opor a contundência popular até torcermos o seu braço e recuperarmos os direitos e conquistas roubadas, tendo como horizonte a superaçom da dependência nacional, do capitalismo e do patriarcado, do sistema que significa tam só a nossa ruína em todos os ámbitos.

Direçom Nacional de NÓS-UP

Galiza, 28 de março de 2012 NÓS-Unidade Popular | Correio-e: nacional@nosgaliza.org | nosup.imprensa@gmail.com |Telefones: Porta-Vozes: 651 089 971 (Alberte Moço) 659 306 973 (Rebeca Bravo)| Responsável Nacional de Imprensa: 616 868 589 (Carlos Morais) | Responsável Nacional de Organizaçom: 669 778 474 (Bruno Lopes Teixeiro) | Sede Nacional: Rua Quiroga Palácios, 42 rés-do-chao. Compostela. Galiza | web: www.nosgaliza.org | twitter: nosgaliza | Enviado por: NÓS-Unidade Popular NÓS-UP -nosup.imprensa@gmail.com- 31 de março de 2012 20:11
__________________

O novo accionariado de Reganosa

Tags
O capital social de Reganosa ascende a 47,48 millóns de euros. O reparto accionarial, expresado en porcentaxes, é o seguinte:


Fonte: web da empresa.
__________________

Incendio no concello d'A Capela que afecta a unhas 200 hectareas nas Fragas do Eume

Tags

Hoxe pola tarde Ferrol cubría-se dun fume denso, o Sol tapizaba-se de gris, trataba-se do fume dun incendio forestal que tiña a súa orixe no concello d'A Capela, na Fragas do Eume, pasadas as tres da tarde. Segundo un informe da Consellería do Medio Rural e do Mar a situación dos lumes con datos recollidos até ás 20:00 horas, o lume afecta, segundo as últimas estimacións provisionais, a unha superficie de arredor de 200 hectáreas. Houbo que evacuar a máis de 200 persoas.

"Continúa activo o lume forestal rexistrado no concello coruñés da Capela, na parroquia homónima. Neste incendio a Xunta decretou, como medida preventiva, o “Nivel 1”, pola súa proximidade a vivendas. Para coordinar os medios humanos e persoais, e seguindo o Plan de loita contra os incendios forestais (Pladiga), Medio Rural e Mar propuxo este activación de “Nivel 1” como medida preventiva. O “Nivel 1” é un concepto referido a aqueles incendios que, estando baixo o control dos medios de extinción da Xunta previstos no Plan da Comunidade Autónoma, poidan, pola súa posible evolución, requirir da posta en práctica de medidas para a protección das persoas non relacionadas coa extinción e dos bens distintos dos de natureza forestal que se poidan ver ameazados polo lume" .

"O lume comezou ás 15:16 horas desta tarde. Segundo as últimas estimacións provisionais, a superficie afectada sitúase arredor das 200 hectáreas. Os medios que traballan na súa extinción son 1 técnico, 4 axentes forestais, 5 brigadas, 4 motobombas, 2 palas, 5 helicópteros e 4 avións. Tamén foi solicitada a incorporación de efectivos da Unidad Militar de Emergencias (UME)" |Infome Consellaría - 31.03.2012 20:00 horas|.

O incendio que comezou na contorna das Fragas do Eume, obrigou a desaloxar ás persoas que visitaban o Mosteiro de Caaveiro. Ademais, foron varias as casa que houbo que desaloxar, segundo diversa fontes son enter 200 e 300 persoas as afectadas. Noticias de axencia sinalaban que "o lume saltou o río Eume", e que "as chamas afectan tamén ao municipio de Monfero". Foi decretado o nível 1 de alerta por incendios, desde esta tarde como medida preventiva, segundo informou Medio Rural.

"O nivel 1 refírese, segundo recorda a Xunta, a aqueles lumes que estando baixo o control dos medios de extinción, poidan pola súa evolución requirir da posta en práctica de medidas para a protección das persoas non relacionadas coa extinción e dos bens distintos dos de natureza forestal que se poidan ver ameazados polo lume". As redes sociais están a tope co asunto do incendio nas Fragas do Eume, até chegou a estar por moito tempo no nº1 do Trending Topics.

Até hai alguns medios que comezan a sinalar a zona do incendio coa coincidencia da pretendida explotación mineira na zona de Pico Vello, dunhas minas de andalucita.

Galería Fotográfica de Susete'70.

Foto de Kiko Delgado.

______________________

venres, marzo 30, 2012

Irmandade, ... Por Lupe Ces


Por Lupe Ces [*]
30.03.2012


Em jornadas como a que vivemos hoje, é quando sucedem cousas que passados os anos podemos ver narradas em filmes ou novelas. Este é o caso do que a continuaçom vou-vos narrar.

Desde primeira hora da tarde do mércores um grupo de afiliadas à CIG, estivérom realizando labores de reténs no sindicato. A noite foi longa, os piquetes iam polo sindicato a intercambiar informaçom, e recuperar forças. Quando amanheceu, e os piquetes recobravam umha actividade mais intensa, as companheiras tenhem noticia de que um Gadis do bairro, abrira as suas portas. Desde umha das xanelas do sindicato pode-se ver o local da CNT. Nom duvidarom, “companheiros, Gadis está aberto!”. Um grupo de sindicalistas “vizinhos”, pom-se em movimento. Á volta, desde as xanelas “subide tomar um café ou um bocata”. Hai quem está remarcando no dia de hoje a divissom entre os sindicatos convocantes da folga geral. Esforço inútil, o capitalismo está unindo-nos numha grande irmandade.

[*] Por Lupe Ces Rioboo -Caranza Ferrol 1953, é mestra, activista social, integrante da Marcha Mundial das Mulleres. Forma parte do Colectivo Ártabra 21.

Blogue persoal: Caranza free opiniom
______________________

Outra Galería Fotográfica da Manifestación da CIG, ... Por Susete'70 - Folga Xeral do 29M - Ferrol Terra


Unha xornada histórica. A unión da cidadanía e as súas organizacións para conseguir mostrar o absoluto rexeitamento á reforma laboral. A vontade colectiva de dicir NON ao goberno dos mercados. A consciencia de sabernos maioría fronte a unha minoría poderosa, inxusta e ambiciosa.

Fotos de Susete'70
___________

Galería Fotográfica - Folga Xeral do 29M - Piquetes Unitarios da CIG, CNT, CCOO, UGT e USTG - Ferrol Terra


Unha xornada histórica. A unión da cidadanía e as súas organizacións para conseguir mostrar o absoluto rexeitamento á reforma laboral. A vontade colectiva de dicir NON ao goberno dos mercados. A consciencia de sabernos maioría fronte a unha minoría poderosa, inxusta e ambiciosa.

Fotos de Susete'70
________________

Galería Fotográfica - Folga Xeral do 29M - Manifestación de CCOO, UGT e USTG


Unha xornada histórica. A unión da cidadanía e as súas organizacións para conseguir mostrar o absoluto rexeitamento á reforma laboral. A vontade colectiva de dicir NON ao goberno dos mercados. A consciencia de sabernos maioría fronte a unha minoría poderosa, inxusta e ambiciosa.

Fotos de Susete'70
__________________

xoves, marzo 29, 2012

Como información ao que van a manipular os medios burgueses de desinformación e o propio Goberno - Consumo Eléctrico no día da Folga - Actividade Productiva - Folga Xeral do 29M


Consumo eléctrico no día da Folga Xeral


Para completar o dito antes, nesta ligazón tedes acceso ao este estudo http://www.economistasfrentealacrisis.com/ no que se indica que a caída do consumo eléctrico derivado da actividade produtiva, é dicir, basicamente a industria, foi dun 86,7 %.

Como contrainformación ao que van a manipular os medios burgueses de información e o propio estado, un mesmo nesta ligazón pode consultar o consumo elétrico no conxunto de estado para coñecer de primeira man o alcance da folga xeral, sobre todo na industria. https://demanda.ree.es/demanda.html

A pesar de que incluso se está a confirmar que nalgunhas cidades do estado se está a acender a iluminación pública en pleno día, no gráfico pódese observar a clara diferencia entre a liña verde que simboliza o consumo previsto para este xoves e a liña amarela que mostra o consumo real durante o que vai de día 29. Se ademáis se utiliza o calendario da parte inferior esquerda da pantalla, pódese fixar un nos seguintes datos:
  • A primeira comparación real sería entre o consumo do xoves pasado e deste, así un se daría conta de que aínda é maior a distancia entre os dous consumos reais, polo tanto a liña verde que se refire ao previsto para hoxe está feita á baixa.
  • O consumo de hoxe é durante cada unha das franxas controladas ( cada 10 minutos) uns 2000 MW menor co sábado pasado.
  • O consumo de hoxe é durante case todo o día algo maior ao do domingo pasado, aínda que nalgúns intres da madrugada é incluso menor.
Podemos asegurar cos datos na man que dado o consumo eléctrico do conxunto do estado a actividade económica de hoxe foi a dun festivo entre semana.

Enviado por:
FranciscoXavier.Iglesias.Mouriz@sergas.es
-FranciscoXavier.Iglesias.Mouriz@sergas.es-
29 de março de 2012 19:43
Juanjo Perez Barros
-cule1979@hotmail.com-
29 de marzo de 2012 18:36
Asunto: consumo eléctrico día da folga
_____________________

Vídeo da Manifestación da CIG - Folga Xeral do 29M


Unha xornada histórica. A unión da cidadanía e as súas organizacións para conseguir mostrar o absoluto rexeitamento á reforma laboral. A vontade colectiva de dicir NON ao goberno dos mercados. A consciencia de sabernos maioría fronte a unha minoría poderosa, inxusta e ambiciosa.


http://youtu.be/_kfLUUingMU

________________

Galería Fotográfica - Folga Xeral do 29M - Piquetes Unitarios e Manifestación da CIG


Unha xornada histórica. A unión da cidadanía e as súas organizacións para conseguir mostrar o absoluto rexeitamento á reforma laboral. A vontade colectiva de dicir NON ao goberno dos mercados. A consciencia de sabernos maioría fronte a unha minoría poderosa, inxusta e ambiciosa.
________________

mércores, marzo 28, 2012

Un escándalo previsible, ... Por Rafael Pillado

Por Rafael Pillado [*]
28.03.2012

Refírome, está claro, ao que vén sucedendo coa ría e con aqueles que viven dela: mariscadores e pescadores.

En marzo do 2007 escribía, neste mesmo medio, un artigo titulado: “En defensa dos mariscadores”. Nel, valoraba que, “Bastida e cuantos con el colaboran, converteron á Confraría nunha das empresas importantes da comarca”. Non era tarefa fácil e para iso houberon de enfrontarse con múltiples problemas, de difícil solución. E sei de que falo, porque o meu pai foi Patrón Maior nunha época moi difícil, alá polos anos 70.

Un bon día, no mes de abril de 2009, os medios de comunicación recollían titulares como estes: “Imputado o ex patrón de Ferrol por malversación”, “O ex patrón maior de Ferrol declara como imputado por malversación de capitais”, etc. Días antes, dicíase: “A Xunta intervén a Confraría de Ferrol por falta de liquidez económica e por non entregar as contas dos anos 2005 e 2006”. O escándalo estaba servido e calculado.

Ao día de hoxe, a noticia é, mais ou menos, a que segue: “O fiscal pide o, arquivo da causa contra Bastida por malversación”.

Durante ese período, producíronse acontecementos importantes: se denigrou a Bastida, colocándoo aos pés dos cabalos, xeróuselle toda clase de problemas, a el e á Confraría. Dividiuse aos mariscadores e vénse abrindo un proceso de “expulsión” destes profesionais, na medida que avanza a contaminación e négaselles o cobro por traballos de limpeza.

En xaneiro de 2006 a Confraría comunica á Consellería de Pesca que tiña unha débeda de 200.000 €. Correspondente fundamentalmente a multas pola talla das ameixas, máis o IVE. (Hoxe, en 2012 foi a Consellería quen cambiou a talla, asumindo aquela formulación).

Por outra banda, á Confraría de Ferrol correspondíanlle 118.000 € polos traballos de limpeza do Prestige, que a Federación de Confrarías lle escamoteou, coa complicidade da Consellería. Mesmo, unha rede para colocar entre castelos, que correspondía a Fomento, valorada en 48.000 €, cargóuselle á Confraría.

E por fin, en outubro de 2006, por documento oficial dirixido ao banco, concede a Consellería á Confraría 60.000 €, que esta retira e que logo son negados, cargando a entidade local co crédito.

É claro, tomáronse decisións políticas, mesmo ilegais, para conducir á entidade a un canellón sen saída, co obxectivo de desfacerse de Bastida e dos mariscadores. Tiñan un mandato, “sacrificar a ría de Ferrol”, tal e como o sinala Ernesto Penas nun libro prologado polo Conselleiro de Pesca Amancio Landín en 1997. Hoxe a propia Xunta admite que a nosa ría é a mais contaminada de Galicia.

Naquel momento a Conselleira de Pesca era Carmen Gallego, o seu segundo Miguel Sieiro. Son os verdadeiros responsables daquel desaguisado, cuxo obxectivo último era impedir que houbese oposición organizada a Reganosa na ría de Ferrol.  Como pagarán a súa responsabilidade? Espero que así sexa.

E non satisfeitos con este proceder, deciden procesar a aqueles mariscadores que defenden o seu posto de traballo e con iso a ría de todos.

¡Un verdadeiro escándalo!

[*] Rafael Pillado é Vicepresidente da A.C. Fuco Buxán e membro do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

--
Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org

Enviado por:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
28 de março de 2012 11:55
________________

"eldiario.es" , un novo xornal dixital a nivel do, polo de agora, Reino de España, un proxecto promovido e dirixido por Ignacio Escolar

Un novo xornal dixital a nivel do, polo de agora, Reino de España.

Vai um enlace interesante.
Cholo

http://www.eldiario.es/proximamente/

Que

Anunciámosvos o próximo lanzamento de eldiario.es, un novo medio dixital de información e análise co foco posto na política e na economía no seu sentido máis amplo: o que afecta ás persoas máis que aos partidos ou aos mercados. Queremos dar voz a tantos cidadáns en España que se afogan ante unha oferta informativa cada día menos plural, cada vez máis monocorde e asfixiante. Creemos nun xornalismo obxectivo, pero tamén honesto. Estamos coa liberdade, coa xustiza, coa solidariedade, co progreso sosteníbel da sociedade e co interese xeral dos cidadáns. Defendemos os dereitos humanos, a igualdade e unha democracia mellor, máis transparente e aberta.

Quen

eldiario.es é un proxecto promovido e dirixido por Ignacio Escolar, autor de Escolar.net e primero director do xornal 'Público'. O subdirector de información é Juan Luis Sánchez, un dos fundadores de 'Periodismo Humano'. Colaborarán con eldiario.es : Olga Rodríguez, Iñigo Sáenz de Ugarte, Isaac Rosa, Carlos Elordi, Rafael Reig, José Sanclemente, Manolo Saco, Rosa María Artal, Javier Vizcaíno, Leila Nachawati, Manel Fontdevila, Luz Sanchis, Bernardo Vergara, Lydia Molina, Daniel Basteiro, Antonio Avendaño, Irene Milleiro, Jordi Pérez Colomé, José A. Pérez, Ignacio Urquizu, Elena Cabrera, Roger Senserrich e David Bravo, entre outros nomes que vos contaremos máis adiante.

Como

A tecnoloxía e o deseño están a cargo de Bitban.com. Os nosos artigos e noticias estarán dispoñibles baixo unha licenza Creative Commons. Toda a información de eldiario.es será gratuita, ademais de libre.

Cando

O proxecto leva xa en desenvolvemento varios meses e estará na web antes do verán. Nos próximos días, a través desta páxina e da nosa conta de Twitter, contarémosche máis detalles sobre eldiario.es.

Onde

Desde que existe Internet, só perden a súa voz aqueles que se resignan a estar calados. O noso proxecto aposta exclusivamente pola Rede porque é o mellor medio para lanzar un xornal independente e economicamente sostíbel. Contamos contigo?

--
Ideia Gráfica
Avd. do Mar, nº13-C, 5º Esq.
15406 Ferrol [Galiza]
Telf. 652 514 277 / 981 944 880
contacto@ideiagrafica.net
www.ideiagrafica.net


Enviado por:

Ideia Gráfica
-contacto@ideiagrafica.net-
28 de março de 2012 12:43
_______________

Actos para hoxe Mércores 28 de Marzo de 2012 - "Véspera da Folga Xeral" - Axenda Aberta: "De boca ... a boca"


Mércores, 28 de Marzo de 2012
"Véspera da Folga Xeral"

De 00:00 a 24:00 horas.
Peche das ANPA de Narón nas Escolas Infantís

III Xornada Fruticultura Atlántica: Oportunidades e retos
17:00 horas.
Charla Informativa da Reforma Laboral e a Folga Xeral, na Praza do Concello de Ferrol, intervirá Suso Díaz, convoca Movimento 15M.
19:00 horas.
Asemblea Acampada Ferrol, na Praza do Concello de Ferrol, diante do Pazo Municipal.
19:30 horas.
Asemblea de Barrio: Ensanche A, no Centro Cultural Carvallo Calero, no Inferniño.
20:30 horas.
Cine Clásico nos Dúplex, en Esteiro.
20:30 horas.
Celebración do Día Mundial do Teatro, no Local da asociación Andaravia, na Rúa Sol, nº 111 de Ferrol.

Música, Actualidade e Noticias, durante 24 horas podes escoitar en:
No 93.9 da FM ou a través da rede, música e un montón de programas en Rádio Filispím, a Radio Libre e Comunitaria da Comarca de Trasancos.
 Máis Información 

No 107.7 da FM ou a través da Rede, Rádio Fusión - Radio Fene, Rede de Emisoras Municipais da Galiza.
 Máis Información 

* * *
Se queres saber os actos e convocatorias que van vir e moita máis información, visita a Axenda de Ferrol Terra de Trasancos e Bezoucos:

Axenda Aberta - De boca ... a boca

Se vas programar un evento ou realizar un acto ou convocatoria, non deixes de visitar antes a Axenda Aberta.

Para contactar ou enviar información:

axendaaberta@gmail.com
____________

A Asemblea da Cidadanía opon-se a que se dilapiden case 800.000 euros máis no "Pulmón Park" de José Manuel Rey - A "Praza de España" nestes case 10 anos de obras interminabeis xa leva consumido máis de 17 millóns de euros


Pasadas as sete e media da tarde, do 27 de Marzo de 2012, daba comezo a Asemblea Cidadá convocada por doce entidades sociais e a Comisión Provisional de Control do regulamento de Participación Cidadá. A citada Asemblea, convocada en réxime de autoconvocatoria, é dicer calqueira veciña, veciño ou representante de asociación ou entidade, podía tomar a palabra e expresar publicamente o seu parecer. Como unha das ensinanzas que nos deixou o Movimento 15M, o micrófono estivo aberto a quen quixera opinar ou propoñer. E así foi, despois dunhas palabras expositivas dalgúns do promotores da iniciativa, foron varios as veciñas e veciños os que denunciaron e fixeron propostas concretas.

Esta foi a crónica do acto da xornalista Puri Rodríguez Calvo que publicou o "Diario de Ferrol", na súa edición de hoxe:
Ao redor de duascentas persoas participaron onte na asemblea aberta convocada pola Comisión de Control do Reglamento de Participación Cidadá para rexeitar o investimento de 700.000 euros na praza de España, unha iniciativa que se poñerá en marcha coa inminente adjudicación do proxecto á arquitecta Isabel Aguirre.

Os acordos adoptados pasan por solicitar unha entrevista co alcalde, José Manuel Rey Varela, para suscitar esta oposición ás obras, cuxos resultados transmitir á cidadanía nunha nova asemblea para convocar, si non se atenden os seus reclamaciones, movilizaciones.

Demasiado diñeiro| Os representantes vecinales explicaron a súa postura contraria a este novo gasto na praza, por entender que xa se destinou demasiado diñeiro a este espazo, uns 17 millóns de euros. Miguel López, presidente da Asociación Veciñal de Esteiro, recordou que na etapa de goberno de PP e IF intentouse levantar no recinto un edificio de once metros cuxa construción foi paralizada pola presión social e engadiu que nun momento no que se recortan prestaciones sociais e subvencións e se acometen privatizaciones de organismos públicos, non resulta lóxico “enterrar 700.000 euros máis na praza de España”. Destacou ademais que as obras prexudicarían de novo aos comerciantes e hosteleros da zona.

Miguel López referiuse ao concelleiro de Urbanismo, Guillermo Evia, para dicir que “pode gastar vos seus cartos non que queira, pero non ou que é de todos”. Lamentou que non se consulte á cidadanía para proxectos dunha magnitude como o da praza de España e insistiu en que o diñeiro previsto para as obras pode destinarse a outros fins.

De feito, algúns veciños que participaron na asemblea realizaron propostas concretas, como que os 700.000 euros se destinen á contratación de desempregados para limpar a zona intermareal da ría, un gasto que revertería no mantemento de postos de traballo do sector marisqueiro e non se limitaría a crear emprego puntualmente para as obras, como no caso da praza de España. Tamén se apuntou que a plantación de árbores podería realizarse en moitos dos xardíns da cidade e que sería necesario limpar os sumidoiros, especialmente na zona de acceso ás estacións de ferrocarril e buses. Outro veciño denunciou a contradición entre o “ecoloxismo” do alcalde ao querer facer un “pulmón verde” na praza de España e tállaa de quince cedros de máis de cincuenta anos no colexio Juan de Lángara, engadindo que ademais se trituró a madeira pese a que podía haberse vendido. |Diario de Ferrol - 28.03.2012|

Nos vindeiros días pasaremos a informar dos pasos que se vaian dando agora o protagonismo está na Folga Xeral deste 29M e despois na súa análise e consecuencias. Seguiremos informando. Agora imos-vos deixar cun pouco de humor: obra de arte de Susete'70 con engadidos de Ártabra 21.


Enlaces relacionados:

Ártabra 21: Hoxe martes 27 de Marzo, está convocada unha Asemblea Cidadá para debater e decicir sobre un novo proxecto do goberno municipal para a Praza de España

Ártabra 21: Queren privatizar organismos públicos e enterrar 800.000 euros na Praza de España - Comunicado da Asociación Veciñal de Esteiro
____________

Razóns do estudantado para a Folga Xeral! - #29M - Estudantes sen Futuro - Un estupendo vídeo


http://youtu.be/RzTksWI5__w


As políticas antisociais do goberno, tales como os recortes sociais ou a reforma laboral, non só constitúen un dos ataques máis directos e brutais cara os dereitos dos traballadores e traballadoras na historia da nosa democracia, se non que son tamén un golpe claro cara o futuro do estudantado e da mocidade en xeral.

Por unha banda, limitouse e dificultouse o accesos aos estudos superiores mediante a implantación da Estratexia Universidade 2015, un paso máis no Proceso de Boloña e a elitización do ensino que se manifesta principalmente na suba desmesurada das taxas universitarias e que se atopa intimamente ligado coas contraproducentes reformas nas probas de acceso á Universidade.

Por outro lado, no ámbito das ensinanzas medias atopámonos coa posible reforma do bacharelato e os continuos recortes presupostarios, entre outras moitas medidas antisociais que teñen como única finalidade a precarización e posterior privatización do ensino público.

Ademáis, a nova reforma, lonxe de buscar unha solución aos graves problemas que presenta para a xuventude o mercado laboral actual, aumenta a precarización e incertidumbre do noso porvir, elevando as taxas do paro xuvenil ata o 43.5%. Queremos unha formación de calidade, enfocada a unha realidade laboral xusta e igualitaria.

Sobran as razóns para saír a rúa o vindeiro xoves 29 de marzo, e berrar ben alto que cos nosos dereitos non se xoga. Paremos as aulas e fagamos da Folga Xeral un éxito tamén no ámbito educativo. O noso futuro é o futuro da sociedade, unámonos e loitemos para defendelo!

O 29M o noso futuro non se defende nas aulas nin na casa, deféndese nas rúas!

Música:
Tortoise - Monument six one thousand
Tylympi Kohtalo - Lumient

Canle de Estudantes Sen Futuro

estudantessenfuturo@gmail.com

Enviado por EstudantesSenFuturo em 21/03/2012
_______________

Fotos do tranvía por Ferrol en Maio de 1960





"Si o primeiro tranvía de tracción animal inaugurouse en 1892, nas décadas seguintes Ferrol foi trazando sobre a Estrada de Castilla unha rede de 10 quilómetros que, electrificada desde 1924 e completada en 1932, comunicaba á cidade cos núcleos de poboación da beira septentrional da súa ría. Traballadores da industria naval e vendedoras de produtos agrícolas atoparon así un medio económico e rápido para desprazarse diariamente á cidade. Pola súa banda, as principais familias da burguesía empezaron a erigir as súas vilas residenciales nos arredores de Ferrol, ao longo do percorrido que seguía o tranvía". |Ferrol - Historia Urbana|

Fonte das fotos: http://tramways.wordpress.com/2010/12/19/es-madrid/

Outros enlaces de interese:
http://www.spanishrailway.com/capitulos_html/tranviadelferrolaneda.htm

Información baseada na enviada por:
Fernández Sixto, Juan - Monturas (FE)
-jefernandez@navantia.es-
28 de março de 2012 08:38
______________

As razóns para unha folga xeral, ... Por Vicenç Navarro

Este artigo detalla as razóns polas cales a folga xeral está máis que xustificada en resposta ás políticas que está realizando o goberno dereitista -Mariano Rajoy | Partido Popular- do polo de agora Reino de España. Desde Ártabra 21, consideramos de interese este argumentario desde unha óptica socialdemócrata e que paga a pena parar-se a le-lo.

Por Vicenç Navarro [*]
28.03.2012

Mírese como se mire, moitas das políticas públicas do goberno do Partido Popular teñen como obxectivo diminuír os salarios e reducir a protección social. Tal obxectivo xustifícase co argumento de que hai que recuperar a confianza dos “mercados financeiros”, medorentos estes de que o elevado déficit do Estado español imposibilite o pago dos intereses da débeda pública, creando un grave problema para tal Estado, pois non poderá conseguir diñeiro prestado de tales mercados para realizar as súas funcións. Esta xustificación adquiriu a dimensión de dogma, imposto polas autoridades que rexen a Eurozona e a Unión Europea. En realidade, tales autoridades xa nomearon un supervisor que instrúa ao goberno español sobre cando e como alcanzar tales obxectivos, convertendo ao Reino de España nun protectorado, con escasa soberanía e capacidade de decisión propia. Para soster tal argumento, este require que a poboación crea que tales medidas, que son altamente impopulares, son necesarias para recuperar o seu benestar, presentándoas como as únicas posibles.


Por que son erróneas as medidas acordadas polo Partido Popular que presenta como necesarias e as únicas posibles
?

O que a cidadanía debería coñecer (e non é fácil que coñeza, debido á escasísima diversidade ideolóxica existente nos medios de información e persuasión españois) é que cada un dos supostos que sosteñen tal xustificación é erróneo. A evidencia científica amplamente dispoñible mostra os seguintes feitos:
  • A falta de confianza dos chamados mercados financeiros cara á economía española non se debe, neste momento, ao “excesivo déficit” ou á “excesiva débeda pública” (máis baixa que a de Alemania), senón ao escaso crecemento económico, que empeorará coas medidas de recortes de gasto público (incluíndo gasto público social) e de emprego público, e coa redución dos salarios. A evidencia de que tales medidas empeorarán a situación económica é abafadora. pasou en Grecia, está pasando en Portugal, e ocorre tamén aquí.
  • Os intereses da débeda pública están altamente influenciados polo comportamento do Banco Central Europeo (BCE), o cal é, en realidade, máis un lobby da banca que un banco central. O BCE está axudando masivamente á banca europea (incluíndo a banca española) a costa de non axudar aos Estados. Si o Banco Central Europeo fose un banco central, España e os outros países periféricos da Eurozona non terían o problema que teñen en poder vender débeda pública, pois tal banco compraría tanta como fose necesario para baixar os seus intereses. Agora ben, o feito de que o Banco Central Europeo non interveña e axude aos Estados comprando débeda pública directamente, é precisamente para beneficiar aos bancos. A evidencia de que isto é así é tamén abafadora.
  • En realidade, o elevado desemprego de España non se debe nin ás “supostas” rixideces do mercado de traballo nin á “excesiva” protección social. España foi, en 2011, o país xunto con EEUU e Irlanda, onde proporcionalmente despedíronse máis traballadoras e traballadores, tanto fixos como temporais. E o gasto público social por habitante é o máis baixo da UE-15 (o grupo de países de semellante nivel de desenvolvemento económico ao español). A evidencia científica de que os recortes sociais e as reformas do mercado laboral non só non crearán emprego senón que o destruirán, é contundente e abafadora.


Por que, entón, o Partido Popular fai tales políticas
?

A pregunta que o lector se fará é: por que, entón, o Partido Popular fai tales políticas? A resposta é que os intereses que representan –a banca e a gran patronal- si que se están beneficiando destas políticas. En realidade, están conseguindo o que sempre desexaron. Están utilizando a crise que eles crearon (e moi en especial, a banca) para alcanzar o que sempre quixeron, é dicir, baixar os salarios, diminuír a protección social e privatizar o Estado do Benestar. E estano facendo sen que houbese un mandato popular. En realidade, negaran que farían cada unha das medidas que están agora implementando. Este insulto democrático debe denunciarse nunha democracia. E o xeito de responder é cunha folga xeral.

Unha última observación. Non é casualidade que os países que teñen maiores problemas económicos e financeiros na Eurozona son aqueles países que estiveron dominados por períodos máis longos da súa historia, polas forzas conservadoras: Grecia, Portugal e España. Nestes países, os Estados foron influenciados en gran xeito pola banca, a gran patronal e as grandes fortunas, que explica a regresividade das súas políticas fiscais e a gran fraude fiscal. Segundo os técnicos da Axencia Tributaria do Estado español, o 72% de todo a fraude fiscal en España realízano estes grupos, cuxa influencia sobre o Estado é enorme. Esta situación explica a pobreza do Estado español (tanto central, como autonómico e municipal), a súa débeda pública e o subdesenvolvimento do seu Estado do Benestar. Son estas mesmas forzas financeiras e económicas as que agora están impoñendo tales políticas, co apoio das elites gobernantes da Eurozona. Por iso é polo que unha folga xeral é tamén unha continuación dunha longa historia para recuperar a democracia e o benestar da cidadanía, denunciando os responsables, dentro e fóra de España, do seu escaso desenvolvemento social.

Artigo publicado por Vicenç Navarro, no seu blogue persoal o 27 de marzo de 2012

Fonte: http://www.vnavarro.org/?p=7098#more-7098

[*] Vicenç Navarro, naceu en Barcelona o 1937 e licenciouse en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Barcelona en 1962. Exiliouse de España no mesmo ano pola súa loita anti-franquista, pasando por universidades de Suecia (Uppsala e Estocolmo), onde estudou Economía Política; Gran Bretaña (London School of Economics, Oxford e Edimburgo), onde estudou Políticas Públicas e Sociais; e EEUU (Johns Hopkins University), onde se doctoró en Políticas Públicas e Sociais o 1967. Alí tamén foi nomeado profesor e posteriormente catedrático de Políticas Sanitarias e Sociais, Políticas Públicas e Estudos Políticos desde o ano 1977 [Máis información na wikipedia].

Sobre este e outros asuntos de interese, pode-se acceder a máis información no propio blogue do profesor Navarro.

Blogue Persoal: vnavarro.org
______________

martes, marzo 27, 2012

Descamisados (O xuizo aos Mariscadores), ... por Manuel Cendán

Por Manuel Cendán [*]
27.03.2012

Asistimos á constatación de que a crise é xeneralizada e afecta tamén á propia xustiza. Os ferroláns somos testemuñas do xuízo contra oito mariscadores, que xunto con centos de persoas en maio de 2007 protestaron en defensa da ría, fronte á entrada ilegal dos buques de GNL con destino a Reganosa.

Estes mariscadores son xulgados, mais son as primeiras vítimas, e quizais resalte o papel da fiscalía, que evidentemente non está sendo tan eficaz en sacar á luz os escándalos políticos e económicos dese fracaso que supón a planta de gas, en Punta Promontorio.

A redución final a un número moi pequeno de persoas acusadas, por parte da fiscalía é a evidencia da propia debilidade procesal do xuízo. Todo o mundo en Ferrol sabe da convocatoria feita nese día polo Comité Cidadán, e da participación de coñecidos dirixentes sociais, sindicais e políticos. Pretenden dar un escarmento aos mariscadores? Pois erran. Nestes tempos non é tolerable a volta dos xuízos políticos.
Alén do caso, compre unha profunda reforma que traia unha fiscalía independente do poder político e que a única presión sexa a democrática dos cidadáns. Tamén, a soberanía reside no pobo; e cando os poderes públicos son desafectos coas súas obrigas de defensa da súa sociedade, esta ten o dereito de rebelión. Algúns esquecen que o actual Estado democrático de Dereito, nace dos descamisados que derrocaron ao poder despótico.

[*] Manuel Cendán, é directivo da A.C. Fuco Buxán

--
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es

Enviado por:
Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-
27 de março de 2012 16:41
__________________

Hoxe martes 27 de Marzo, está convocada unha Asemblea Cidadá para debater e decicir sobre un novo proxecto do goberno municipal para a Praza de España


Autoconvocatoria a toda a cidadanía e entidades sociais para o vindeiro día 27 de Marzo (Martes) ás 7,30 h da tarde na mesma Praza de España -Porta Nova- para debater, suxerir e formular propostas nunha asemblea participativa cara a unha cidade mellor.

A Comisión de Control Provisional do Regulamento de Participación Cidadá (RPC); A. Veciñal de Covas; A. Veciñal de S. Xurxo; Asociación S.C. López Bouza; A.Veciñal de Esteiro; A. Veciñal S. Pablo-Catabois; A.Veciñal O Rosario- Inferniño;  A.Veciñal Prioriño; A. Veciñal S.Xoán- O Bertón; A.Veciñal Stª. Mariña; A.C. Fuco Buxán; Colectivo Ártabra 21, varias persoas a título individuais, acordamos:

REXEITAR A ACTUACIÓN concreta de gastar máis de 700.000 € para a Praza de España coa desculpa de crear un pulmón verde.

Temos coñecemento de que o goberno local proxecta unhas supostas melloras da Praza de España, onde como ven sendo habitual os cidadáns non fomos consultados e descoñecemos como se van investir estes 700.000 €, o cal nos parece unha cantidade excesiva e unha desmesura.

Este mesmo goberno tiña proxectado no seu anterior mandato un edificio comercial de 21 mts de altura, que supoñía privatizar unha parte da Praza de España. Recuperar ese espazo, custounos aos cidadáns 6 millóns e euros.

Doutra banda, parécenos unha cifra esaxerada cando temos nesta cidade outras necesidades máis importantes e outras prioridades, estamos vendo como recortan dereitos sociais e se pechan comedores sociais e outros que estaba previsto abrir non se fala deles.

Estanse recortando, de maneira esaxerada, as subvencións a entidades de carácter asistencial e se queren tirar outros 700.000 euros na Praza de España

Queremos lembrar que houbo un acordo de participación cidadá para destinar un dos edificios a ser un FORO CIDADÁ con contidos de carácter social e cultural como charlas, asembleas, sala de exposicións, lectura e lugar de encontro cidadá.

Por este acordo, facemos unha AUTOCONVOCATORIA a TODA A CIDADANÍA e ENTIDADES SOCIAIS para o vindeiro DÍA 27 DE MARZO   (Martes)  ás 7,30 h da tarde na mesma Praza de España -Porta Nova- para debater, suxerir e formular propostas  nunha asemblea participativa cara a unha cidade mellor.

Ferrol, a 19 de Marzo de 2012.

A Comisión de Control
comision.gap@gmail.com
www.participacion-ferrol.blogspot.com

Foto tirada do Blogue:
http://tomaxculo.blogspot.com.es/
_________________

Asembleas de barrio previstas para a última semana de Marzo - Informa a Comisión de Control Provisional do Regulamento de Participación Cidadá

Asembleas de barrio-Ultima semana Marzo-2012

Constitución de ASEMBLEAS DE BARRIO


A Comisión de Control Provisional do Regulamento de Participación Cidadá, órgano impulsor do propio regulamento, convida a toda a cidadanía a participar na constitución das distintas ASEMBLEAS DE BARRIO.

Animamos a todos os veciños e veciñas de todas os pensamentos, idades, persoas non asociadas que impulsen e participen de forma individual ou colectiva a formular PROPOSTAS que considere ou CANDIDATURAS para os órganos do seu barrio.

Esta Comisión de Control denuncia a esta concellaría de Participación Cidadá pola falta de publicidade diaria tanto nos medios como na páxina web do concello que necesita este proceso constituínte das distintas Asembleas de Barrio polo que acordamos que a propia Comisión de Control publicitará estas sucesivas Asembleas.

A Comisión consideramos que estas Asembleas de barrio son órganos importantísimos de Participación Cidadá polo que facemos un chamamento as entidades sociais de cada barrio ou parroquia co obxecto de fomentar e enriquecer estes foros de debate no seu ámbito territorial.

Lembramos as competencias:

Artigo 32. Competencias das ASEMBLEAS DE BARRIO;

Será competencia das ASEMBLEAS DE BARRIO:
a. Fomentar a participación directa na xestión municipal de cada barrio das persoas que o habitan e das entidades que actúan no seu territorio, establecendo a este efecto os mecanismos necesarios de información, estímulo e seguimento das actividades municipais.

b. Promover a colaboración entre as organizacións do barrio e entre estas e os/as veciños/as.

c. Participar na toma de decisións sobre as actuacións e investimentos que o Concello realice no ámbito territorial da Asemblea:

c.1) Debatindo e valorando os elementos dos plans de actuacións e investimentos do Concello que afecten ao ámbito territorial da Asemblea;

c.2) Informando, como mínimo anualmente, ao Concello do funcionamento efectivo e seguimento dos servizos municipais e das necesidades do territorio, con indicación e selección de prioridades para a súa posible inclusión no plan de actuacións do Concello;

c.3) Elaborando propostas para implementar proxectos e programas públicos, novos servizos, etc.

d. Solicitar información do Concello, previa petición razoada, dos temas de interese para a Asemblea.

Lembramos que as seguintes ASEMBLEAS DE BARRIO desta semana serán:
- MÉRCORES-28– Barrio Ensanche A-Inferniño ás 19,30 h. no salón de actos do Centro Cultural Municipal Carvalho Calero.

- VENRES -30 - Barrio de RECIMIL ás 19,30 h. no Salón de Actos do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.

A Comisión de Control P do RPC.-

comision.gap@gmail.com

www.participacion-ferrol.blogspot.com

Enviado por:
Comision Veciñal
-comision.gap@gmail.com-
27 de março de 2012 13:38

__________

Programa Especial Filispiniano cubrindo a Folga Xeral do 29M


Programa Especial Filispiniano cubrindo a Folga Xeral o Xoves 29 de Marzo a partir das 8:30h. no 93.9 da FM trasanqueira ou a través de Internet para o mundo enteiro.

Podes seguir-nos também no Twitter @filispina939 ou também polo Facebook.

O importante é que colabores, chames e nos digas como estas vivindo esta xornada.

Audio cunha do programa especial de Rádio Filispim, Folga Xeral, 29 de Marzo 2012:

Ir a descargar

Que se difunda: Software, Hardware, Alimentos e... ENERGIA LIVRES

Software, Hardware, Alimentos e... ENERGIA LIVRES.

Tanta patente cansa. We are 99%

Occupy Free Energy - Lyrics in English and Portuguese.

Difundir!!!

Créditos do vídeo para o original do canal "Elevate":
http://www.youtube.com/watch?v=O2l5Z9T_x8A&feature=related

"Free Energy" é o primeiro lançamento de uma série de vídeos de música produzidos por "Elevate", com a participação do grupo "Luminaries" e da cantora "Aishah".
A série pretende consciencializar o público para importantes questões e soluções globais. "Energia Livre" foi produzida em conjunto com "Pachamama Alliance". A equipa de produção da música foi constituída por Will Bystrov, Felipe Soares, J Pullano, Kevin Carpenter e Mikki Willis.

Esta música está em perfeita sintonia com os movimentos "Occupy Wall Street" e "Thrive".

Quando o povo começa com canções deste tipo em forma de "revolução" ou "contestação", é porque as coisas estão mesmo a começar a mudar significativamente.

SAIBA MAIS SOBRE ESTE TÓPICO E OUTROS EM:

ELEVATE
http://elevate.us

LUMINARIES
http://Luminariesmusic.com
http://Facebook.com/LuminariesMusic

AISHAH
http://facebook.com/aishahmusic

NOVATERRAVIBRATIONS
http://novaterravibrations.com/


http://youtu.be/-XQ9amKPUws


Enviado por:
Anxo Dopico

________________

Comunicado de prensa C.N.T -Ferrol ante a folga xeral do 29-M, chamando á participación activa

A CNT como organización sindical convócante quere facer un chamamento á participación activa da poboación na xornada de folga xeral convocada para este xoves 29 de Marzo.

Esta en xogo a posibilidade de frear unha reforma que significara unha importante preconización das condicións laborais, os servizos públicos e a calidade de vida da maioría da poboación.

A clase obreira debe dar unha resposta contundente nas rúas, logo de demostrarse a incapacidade dos representantes parlamentarios e sindicais para defender os nosos dereitos. Porén, a xornada de folga do 29 de Marzo non debe ser un feito illado, ou unha válvula de escape para a desesperación; debe ser o comezo dunha serie de accións e mobilizacións continuadas de cara a poñer freo ás agresións que esta a sufrir a clase obreira.

O sindicato de Oficios Varios de Ferrol convoca este mércores 28 unha asemblea aberta á participación de afiliados, simpatizantes, e calquera traballador con gañas de loitar polos seus dereitos, de cara a debater e organizar as accións a levar a cabo na xornada de folga durante os piquetes e manifestacións. A asemblea será no local do sindicato na Avda de esteiro nº10 baixo as 20:30h.

Secretaria de Prensa
C.N.T-Ferrol

http://www.cntgaliza.org/

Enviado por:
ferrol@cntgaliza.org
-ferrol@cntgaliza.org-
27 de março de 2012 00:39
____________

Visto para sentenza o xuízo celebrado no Xulgado do Penal nº 2 de Ferrol, contra 8 mariscadores da Confraría de Ferrol, acusados de coaccións e desobediencia á autoridade, polos feitos ocorridos no porto de Ferrol e na boca da Ría, con motivo da entrada do Galicia Spirit, cargado de GNL para a Planta de Gas de Reganosa, os días 7, 8 e 9 de maio do 2007

Tags

Hoxe quedou visto para sentenza o xuízo celebrado no Xulgado do Penal nº 2 de Ferrol, contra 8 mariscadores da Confraría de Ferrol, acusados de coaccións e desobediencia á autoridade, polos feitos ocorridos no porto de Ferrol e na boca da Ría, con motivo da entrada do Galicia Spirit, cargado de GNL para a Planta de Gas de Reganosa, os días 7, 8 e 9 de maio do 2007.

Finalizadas as dúas sesións do xuízo, xoves 22 e luns 26 de Marzo de 2012, tras as declaracións dos inculpados, das testemuñas da acusación e das testemuñas da defensa, a Fiscalía pide para un dos imputados a absolución e rebaixa á metade a petición inicial de condena para os restantes (18 meses para Bernardo Bastida, expatron maior, e 12 meses para os outros seis). As ben argumentadas conclusións da defensa (Sres. Nemesio Barxa e Jesús Porta) solicitan a absolución.

Na vista de hoxe, unha decena de membros do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol (CCE) que interviñeron como testemuñas da defensa, xunto con outros membros da Confraría, deixaron ben claro nas súas testificacións o seguinte:

Que os mariscadores asistiron ás mobilizacións, convocados polo CCE, xunto con máis dun centenar de persoas que non foron procesadas a pesar de ser recoñecibles, moitas delas, nos vídeos e fotos achegadas pola Garda Civil e de autoinculparse unha boa parte delas.

Que as decisións de mobilización correspondían á Asemblea Cidadá, adoptándose por maioría dos seus membros, e as cuestións puntuais decidíaas o entón Coordinador de CCE o querido compañeiro Carmelo Teixeiro.

Que o obxecto da mobilización pretendía romper o silencio informativo (os Muros de Silencio) e chamar a atención sobre as ilegalidades cometidas na instalación da Planta de Gas de Reganosa no interior da Ría de Ferrol, que carece de Declaración de Impacto Ambiental segundo testemuñan dúas Sentenzas do TSXG.

Que non cumpre as distancias legais da instalación e dos gaseros cargados ás poboacións máis próximas, nin a normativa de emerxencia.

Que o sistema de regasificación vulnera as cláusulas de autorización, danando gravisimamente o ecosistema da Ría, fonte de vida e de traballo de moitos centos de persoas.

Que o Galicia Spirit pasaba da capacidade autorizada, incrementando o xa perigoso tránsito pola canle da Ría e a proximidade das vivendas.

Que o lema que inspirou e segue inspirando a este CCE é: “Na defensa dá vida, dá legalidade e dá Ría” exercendo sempre os dereitos democráticos contra unha instalación ilegal, perigosa, que destrúe a ría e a súa riqueza ecolóxica e de fonte de traballo, unha Planta de Gas situada indebidamente en base a unha estafa continuada. Un caso de corrupción político-financeira para o enriquecemento duns poucos.

Que nunca outros actos de protesta nas que tomaron parte o colectivo de mariscadores foron levados aos tribunais e que isto sucede no presente pola afectación da ilegal Reganosa.

Á espera dunha xusta sentenza de absolución, reafirmámonos - hoxe como estes últimos 12 anos -, PLANTA DE GAS FORA DÁ RIA.

Ferrol, 26 de marzo de 2012
  •  POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  •  CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  •  PLANTA DE GAS FORA DA RÍA   !!

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org

Enviado por:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
27 de março de 2012 01:17
______________

Actos para hoxe Martes 27 de Marzo de 2012 - "Só quedan 2 días para a Folga Xeral" - Axenda Aberta: "De boca ... a boca"


Martes, 27 de Marzo de 2012
"Só quedan 2 días para a Folga Xeral"

De 00:00 a 24:00 horas.
Día Internacional do Teatro |Máis Info|.
12:00 horas.
Presentación do XXX Premio de novela longa“eduardo Blanco Amor", na sala de Comisións do Concello de Fene.
17:00 horas.
Obradoiro de animación á lectura, en Ares na biblioteca municipal, situada na Alianza Aresana.
19:30 horas.
Asemblea Cidadá Aberta, na Praza de España. O goberno dereitista do PP quere dilapidar case 800.000 euros, na Praza que xa leva consumido máis de 17 millóns de euros, non permitamos máis despropositos con esta Praza.
20:00 horas.
Inauguración da exposición fotográfica de Brais Gen, na Casa da Cultura de Fene.

Música, Actualidade e Noticias, durante 24 horas podes escoitar en:
No 93.9 da FM ou a través da rede, música e un montón de programas en Rádio Filispím, a Radio Libre e Comunitaria da Comarca de Trasancos.
 Máis Información 

No 107.7 da FM ou a través da Rede, Rádio Fusión - Radio Fene, Rede de Emisoras Municipais da Galiza.
 Máis Información 

* * *
Se queres saber os actos e convocatorias que van vir e moita máis información, visita a Axenda de Ferrol Terra de Trasancos e Bezoucos:

Axenda Aberta - De boca ... a boca

Se vas programar un evento ou realizar un acto ou convocatoria, non deixes de visitar antes a Axenda Aberta.

Para contactar ou enviar información:

axendaaberta@gmail.com
____________

luns, marzo 26, 2012

Rede Natura 2000 - Propostas de ampliación de ADEGA nas comarcas Ferrol, Eume e Ortegal


ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza) na delegación de Ferrol, presentou diante do rexistro da Xunta de Galicia o pasado 15.3.2012, propostas de amplicación da Rede Natura 2000, e que complementan o documento de alegacións xenéricas en Galicia, presentada po-la Secretaría Xeral de ADEGA (1)

Basicamente se propón para inclusión en Rede Natura 2000:
  • Incremento da zona costeira da Ría de Ares.
  • Incremento da zona costeira da Ría de Ferrol, ademáis incrementar en superficie interior o LIC Costa Artabra incluindo zonas como Chá de Brión, Esmelle, Mandía,..
  • Corredores ecolóxicos nas zonas do rio Baa, Belelle e Castro.
  • Incluir na súa totalidade as rías de Betanzos, Pontedeume, Ferrol, Cedeira, Ortigueira e ría do Barqueiro,por ser todas elas, Formacións Xeomórficas únicas na Terra.
  • Retornar a zona LIC e ZEPA na noza da Frouxeira, Valdoviño á sua superficie orixinaria.
  • Ferrol: Fraga de Menáncaro, Fraga de Monte Fontelo , As Forxas , Fragas de A Pega , Casa do Monte e Humidal e Val de Mandía.
  • Serras de Forgoselo e Fontardión (Goente; As Pontes).(2)
(1) http://adega.info/info/090121joomla/ultimas-novas/718-ampliacion-da-rn2000-do-pp-insuficiente-incompleta-e-incoerente

(2) http://adega.info/info/090121joomla/novas-adega-ferrolterra/720-rede-natura-2000-propostas-de-ampliacion-aportacions-das-comarcas-ferrol-eume-e-ortegal

Achega-se o documento entregado na Xunta de Galicia: Proposta de ADEGA.

Para máis info:

Antonio García Jiménez, Vogal de ADEGA , Ferrol
angaji@yahoo.com

Ernesto Lôpes Días, Presidente ADEGA-Ferrol
lodergz@gmail.com; Tlf: 649779774

web:
www.adega.info

Enviado por:
Antonio Gª
-angaji@yahoo.com-
26 de março de 2012 17:20
_______________

Podémolos parar ! Manifestación da CIG en Ferrol na Folga Xeral do 29M - Escrito do Secretario Xeral da CIG Xesús Seixo sobre ás manifestacións do día 29

DIANTE DA CONVOCATORIA DAS NOSAS PROPIAS MANIFESTACIÓNS O DÍA 29 DE MARZO

Desde o primeiro momento en que a CIG decidimos promover a convocatoria de folga xeral en Galiza paro o día 29 de marzo, insistimos en que era importante que houbese unha resposta o máis ampla posíbel da clase traballadora galega, e mesmo das outras nacións do Estado, contra esta reforma laboral tan brutal, e nese sentido manifestamos a nosa disposición a pornos de acordo na data coas outras centrais sindicais, coas nacionalistas por suposto, pero tamén coas españolistas (CCOO-UGT), se finalmente tamén elas decidían convocar a folga. Despois de darlle moitas voltas, agardando a que o Goberno español lles abrise a porta a unha negociación da reforma, como iso non foi posíbel, estas dúas centrais sindicais decidiron convocar a folga xeral no Estado para o propio día 29 de marzo, o cal desde a CIG o valoramos como altamente positivo.

Dito isto, compre facer as seguintes precisións, respecto do facer ou non manifestacións conxuntas o propio día da folga xeral:

1º.- A unidade sindical non depende de ir xuntos ou non ese día na manifestación, nin o éxito da folga tampouco, de feito xa temos a experiencia da folga xeral do 29 de setembro de 2010, no que tamén fixemos manifestacións por separado o propio día e cunha participación de xente realmente importante, das maiores de todo o Estado.

2º.- A unidade sindical contra a reforma imos ter que construíla no día a día, empresa a empresa, convenio a convenio, para evitar que a mesma se aplique e aí imos ver ata onde o sindicalismo españolista, CCOO e UGT, están dispostos a enfrontarse a patronal e a facer corpo coa CIG. Isto foi o que lle propuxemos como CIG, aos secretarios xerais de CCOO e UGT en Galiza, sen que lle conseguísemos sacar compromiso algún, fora de declaracións de boas intencións.

3º.- Hoxe xa temos diferenza a hora de enfrontar esta reforma, eles levan esperando semanas para que o Goberno os chame a negociar a reforma, para dulcificala e intentar facela vendíbel socialmente, ao igual que fixeron coa reforma das pensións, pois ese é o seu modelo sindical e sen ese xogo do diálogo social aparente o seu modelo sindical perde sentido. O noso posicionamento chamando á folga xeral é o de esixir a retirada da reforma, pois é evidente que nin esta nin outra reforma van crear emprego, o único que busca este goberno, ao igual que o anterior coas reformas que fixo, é facilitar o despedimento, desregular o mercado laboral e debilitar e desorganizar á clase traballadora.

4º.-Compre non esquecer que estas dúas centrais sindicais veñen, e van seguir si lles deixan, facendo unha política permanente de pactos co poder político i económico, mesmo aquí en Galiza coa Xunta do PP, pactos e acordos que están contribuíndo a recortar dereitos, a rebaixar salarios, a aumentar a idade de xubilación, a abaratar o despedimento, a incrementar os beneficios das empresas vía subvencións con fondos públicos, a flexibilizar as condicións de traballo nas empresas ou a centralizar e burocratizar a negociación colectiva e a desmobilizar á clase traballadora, facilitándolle así ao capital a saída á crise económica.

5º.- A CIG levamos anos enfrontados a este modelo sindical entreguista e de colaboración co poder, facéndolle ver a clase traballadora galega que nós representamos un modelo sindical distinto, tanto desde o punto de vista de defensa dos intereses de clase como de defensa dos nosos intereses e dereitos como parte que somos da nación galega. Isto foi entendido, e está sendo entendido, por un número cada vez maior de traballadores e traballadoras galegas, e así se pon de manifesto na participación nas nosas mobilizacións e tamén no feito de ser a primeira central sindical de Galiza en afiliación, con 75.000 afiliados/as. Pero todo isto conseguímolo a base de moito sacrificio, de dar a cara nas empresas por parte dos nosos afiliados e dos nosos delegados e delegadas, de arriscarse mesmo a ser despedidos nos procesos electorais, sufrindo o silenciamento e a manipulación de moitos medios de comunicación, mentres outros, gozaban de todo tipo de facilidades e apoio por parte das administracións públicas e da patronal, sen ruborizarse e sen preocuparse pola CIG.

6º.- Se avaliamos mesmo o que está a ocorrer coa convocatoria de folga xeral, os representantes destas dúas centrais sindicais, de momento, só están facendo a convocatoria da folga a través dos medios de comunicación e en algunha gran empresa, quen realmente está a traballar de forma masiva a convocatoria nos centros de traballo e na rúa, ao igual que sucedeu na folga do 29 de setembro de 2010, somos nós a CIG.

7º.- Non parece pois oportuno que unha vez conseguido o importante, que todos convoquemos a folga xeral o mesmo día, vaimos máis alá aparecendo todos xuntos nunha mesma manifestación, dando imaxe dunha unidade sindical que non é real, na que a CIG imos quedar integrados na imaxe e obxectivos destas dúas centrais sindicais, que van querer quitar rédito sindical, xestionando e utilizando o resultado da folga e das manifestacións para as súas negociacións co Goberno. De feito, as direccións estatais de CCOO e UGT, en ningún momento se dirixiron as outras centrais sindicais máis representativas no Estado, caso da CIG, ELA ou LAB, para falar da contestación á reforma laboral, da convocatoria da folga, de cal ía ser a reivindicación a facer (se retira ou negociación da reforma), de que facer contra a reforma despois da folga xeral, etc. Nós, como central sindical, non podemos aceptar este tipo de actitudes, por unha cuestión de respecto e de dignidade.

8º.- Por último, a unidade sindical, a loita contra a reforma laboral e por outro modelo produtivo i económico, ten que darse nos centros de traballo, nos convenios colectivos, aí e onde imos comprobar ata que punto é posíbel pórse de acordo con estas dúas centrais sindicais a hora de pactar alternativas e enfrontarse á patronal, esa é a verdadeira unidade que lle interesa á clase traballadora e que ata agora, en xeral, non existiu, pois temos prácticas sindicais e visións de como enfrontármonos á crise económica moi diferentes. En calquera caso, o importante nestes momentos, é conseguir que a folga xeral sexa un éxito, que ese día as rúas sexan un clamor popular contra esta reforma laboral e para esixir dos gobernos outras políticas económicas e laborais favorábeis aos intereses da maioría social. Como sempre, nese traballo os da CIG imos estar á cabeza da contestación social, coas nosas propias mensaxes e alternativas, orgullosos do que somos, sen confusións nin ambigüidades.

Moito ánimo, moita solidariedade e ningún paso atrás.

Galiza, marzo de 2012

Suso Seixo, secretario xeral.

Ligazóns das páxinas web da CIG e da Folga Xeral:

http://www.galizacig.com/avantar/

http://www.folgaxeral.info/


MANIFESTACIÓN DA CIG EN FERROL

29 de marzo FOLGA XERAL


PODÉMOLOS PARAR!

CONTRA A REFORMA LABORAL: FOLGA XERAL

Desde a C.I.G. facemos un último chamamento a toda a afiliación, delegado@s e cidadanía en xeral a participar activamente na convocatoria do día 29 de merzo, secundando a folga, e participando durante toda a xornada no traballo de mobilización, para que esta sexa un éxito.

E pedimos tamén a participación masiva na Manifestación que partirá ese día, ás 13 horas desde os locais do sindicato, na Avda. de Esteiro.

PARTICIPA!!!



Enviado por:
Confederación Intersindical Galega
-cig-informa@galizacig.com
21 de março de 2012 20:08
26 de março de 2012 17:44
______________

As Mesas de Converxencia chaman a participar na Asemblea Cidadá deste Martes 27 de Marzo en Ferrol

A "Rede de Converxencia Social - Praza Pública", súmase á Asemblea Cidadá, que terá lugar mañá, martes 27 de marzo ás 19:30 horas, na Praza de España, en rexeitamento ao desmantelamento dos órganos municipais de representación cidadá por parte do Goberno local do PP

ACUDE E DIFUNDE!!

Blogue:
http://rededeconverxenciasocial.blogspot.com/

Correo de Contacto:
mesasdeconverxenciaferrolterra@gmail.com

Enviado por:
mesas converxencia galicia
-mesasdeconverxenciaferrolterra@gmail.com-
26 de março de 2012 18:06
_______________

Enlace relacionado:

Ártabra 21: Queren privatizar organismos públicos e enterrar 800.000 euros na Praza de España - Comunicado da Asociación Veciñal de Esteiro
____________________

Programa 89 d'O Recuncho en Rádio Filispim, no 93.9 da FM e a través de internet, este Martes 27 Marzo


Este Martes 27 de Marzo de 2012, de 18:30 a 19:30 horas, no 93.9 da FM: "O Recuncho" nº 89, o programa semanal da A. C. Fuco Buxán en Rádio Filispim.

No 93.9 da FM Ràdio FilispiM, ou en internet no Blogue do Colectivo Opaii!  [ou neste mesmo sitio de Ártabra 21].

Cos seguintes contidos:
  • Invitado: Humberto Fidalgo, membro de ADEGA e do CCE, para falar do Xuízo aos mariscadores.
  • O “Espertar da Razón” de José Torregrosa: “FOLGA XERAL 29-M”
  • Os libros recomendados” de Víctor G. Novás.
  • Eleccións 2012.
  • Na “Sección Poética” de Lorena Calaza: J. Caballero Bonald.
  • Novas e comunicados, por Fernando Ocampo.
  • Música: Miguel Poveda.

Audición en directo, en Internet: http://giss.tv:8000/radiofilispim.ogg

Todos os programas en : http://recunchofuco.blogspot.com

Teléfono para participar en directo: 981371040

E-mail: opafuco@gmail.com
--
"O recuncho", o programa da asociación cultural Fuco Buxán
en Radio FilispiM, 93.9 FM

fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es


Enviado por:
Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-
26 de março de 2012 18:29
__________________

Enlace co Colectivo Opaii promotor de Rádio Filispim:
http://opaii.blogspot.com/
_______________________________