venres, novembro 30, 2012

O Comité Cidadán de Emerxencia ante a Sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid -TSJM

Tags
Ante a Sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid, referente ao contencioso contra a Autorización Administrativa Previa, interposto por varias entidades integradas no Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, este emitiu unha nota de prensa para valorar o contido de dita Sentenza que a continuación transcribimos. Mais antes desde Ártabra 21 queremos manifestar que seguimos reiterando a nosa máis absoluta convicción da ilegalidade e máis que evidente perigosidade da planta regasificadora instalada no corazón da nosa Ría, no concello de Mugardos, moi próxima aos núcleos de poboación, poñendo en perigo a seguridade e a vida de miles de persoas que moramos na contorna. Unha planta, a de Reganosa, construída co amparo da administración Fraga, logo co do goberno bipartito e agora en funcionamento co de Nuñez Feijoo. Unha planta de gas rodeada de corrupción política e económica. Diferentes medios de comunicación fixeron-se eco da noticia reproducindo, case textualemente, a nota enviada polo propio gabinete de prensa de empresa regasificadora. Esquecendo que esta sentenza é recorríbel e con toda probabilidade sexa o que faremos nos próximos días. Neste momento aínda existen recursos e demandas interpostas contra Reganosa, así como alegacións administrativas e denuncias, e unha Petición na Comisión Europea. Puntualmente mobilizamo-nos, sempre que entra un gaseiro cargado, para alertar do perigo que ameaza a nosa seguridade e seguiremos denunciando a imposición e a corrupción deste negocio que pagamos toda a cidadanía, na súa maior parte, a través dos nosos impostos. A loita continua ! Carmelo veras-no cos nosos ollos !

Nota do Comité Cidadán

Sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid

Contencioso contra a Autorización Administrativa Previa


A sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid do 12-11-2012, desestimando o recurso contencioso presentado polas entidades do CCE contra a Autorización Administrativa Previa outorgada a Reganosa, non supón nada novo, por canto é unha reiteración da ditada o 27 de Novembro de 2006 ante o contencioso presentado polo Concello de Ferrol, e da que logo se retirou.

O CCE non desistirá como fixo o Concello de Ferrol e recorrerá esta sentenza
.

Esta sentenza non prexulga para nada a Autorización de Construción da planta de gas, recorrida en contencioso presentado polo CCE, e sobre a cal terá que pronunciarse este Tribunal.

Lembrar que o máximo órgano xudicial, o Tribunal Supremo, en sentenza inapelable do 11 de Maio de 2012 anulou a modificación do Plan de Ordenación de Mugardos que serviu de base para a construción da planta de gas de Reganosa, ratificando a sentenza de 22 de abril de 2008 ditada polo Tribunal Superior de Xusticia de Galicia. A sentenza do Supremo, entra ao fondo do asunto, ao sinalar a carencia da DIA (Declaración de Impacto Ambiental).

Os promotores de Reganosa e os seus cómplices institucionais non utilizaron o procedemento legal (DIA), non por descoñecemento senón porque sabían que á luz do mesmo, o interior da Ria de Ferrol resulta incompatible cunha instalación tan perigosa como unha planta de gas, e só cunha actuación fraudulenta poderían acadar o seu propósito , como foi relocalizar a planta de gas en Punta Promontoiro.

Este tribunal ven de desestimar o contencioso contra a Autorización Administrativa Previa outorgada pola DPEyM a Reganosa, en base a repetir as teses mantidas pola empresa, a saber:

Que non necesita da DIA, en base a considerar unha falsa data de presentación da solicitude, porque a documentación necesaria para considerar a apertura de expediente non a presentou até 15 meses mais tarde e tratando mesmo de maquillar as datas de presentación en base a visados fraudulentos de algúns documentos do proxecto.

Que o antigo Raminp (2000 m a núcleos de poboación) ten excepcións. Con todo, o concello de Mugardos non dubida en aplicalo para licenzas de apertura de actividades tan perigosas como café-bares, carnicerías ou mesmo mercerías.

Que o emprazamento é viable dende o punto de vista da seguridade industrial e do cumprimento de distancias a centros próximos de poboación, non afectando a poboación mais próxima. O estudo de riscos realizado non contempla todos os posibles accidentes. Un estudo similar feito para a planta de Bilbao, de capacidade e tecnoloxía similar e realizado cos mesmos programas de simulación, concluíu con distancias de seguridade 10 veces maiores que en Mugardos.

Que en canto a seguridade o risco do tráfico de gaseiros non ten por que ser maior que o existente na Ría (equiparando os gaseiros descargados y desgasificados que entran para reparar, cos gaseiros cargados con GNL con destino a Reganosa). Situacións con índices de risco claramente diferentes.

Que a planta de Reganosa é esencial para o o sistema gasista nacional, así como en concreto para Galicia. Cando os datos, dende a entrada en funcionamento amosan a realidade da planta de Reganosa: unha instalación deficitaria, que nos costa aos cidadáns perto de 60 millóns de euros ao ano e a súa produción non acada o 40%. Para “xustificar” o seu funcionamento, manteñen pechado o gasoduto de Tui que viña subministrando gas a Galicia antes do 2007, e ten a capacidade suficiente para subministrar gas aos ciclos combinados e para o consumo doméstico e industrial.

Ou reiterar a falsidade cando se refire aos vaporizadores de auga de combustión interna para o proceso de regasificación, cando no proxecto e na Autorización Definitiva, este sistema é secundario sendo o sistema principal os vaporizadores de auga de mar. Este sistema fraudulento esta acelerando a destrución do ecosistema da Ría. Se non é maior o deterioro é pola baixa produción que ten desde a súa posta en funcionamento.

Este CCE esixe o cumprimento e execución da Sentenza do Tribunal Supremo, do 11 de Maio de 2012, para evitar riscos innecesarios á poboación de toda a Ría.

Ferrol a 29 de Novembro de 2012

--


Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
Tamén en Twitter :  @ComitCEmerxenc

Enviado por:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
29 de novembro de 2012 23:49

_____________

xoves, novembro 29, 2012

O Venres, 30 de Novembro, en Ferrol nos locais da Sociedade Deportiva e Recreativa de Canido, celebrara-se a III Asemblea do Movemento Social de Ferrolterra en apoio de Alternativa Galega de Esquerda

Unha nova Asemblea Popular en apoio á Alternativa Galega de Esquerda, que desta vez se celebrará en Canido.

Esta é unha Asemblea Aberta a todas as persoas que consideren que a Alternativa Galega de Esquerda é unha expresión política válida, onde o movemento social de Ferrol Terra poda confiar as súas reivindicacións e demandas; para que estas cheguen ao Parlamento Galego.

A cita é o Venres, 30 de Novembro, ás 19hs en Ferrol, nos locais da Sociedade Deportiva e Recreativa de Canido
.

III Asemblea do Movemento Social de Ferrol Terra en apoio de Alternativa Galega de Esquerda

O pasado Venres 2 de Novembro, celebrabamos no Auditorio da Praza de Galicia do Concello de Narón, a II Asemblea do Movemento Social de Ferrol Terra en apoio de Alternativa Galega de Esquerda. Con anterioridade, antes das Eleccións Lexislativas Galegas do 21 de Outubro, celebramos unha Asemblea en Ferrol, no Centro Cívico Carvalho Calero do Inferniño, o 28 de Setembro, de activistas do movemento social de Ferrol Terra, en apoio da coalición electoral. Como resultado desa asemblea, asinábase un manifesto onde, ademais de amosar as razóns deste apoio, a propia asemblea convertíase en sentinela do mandato popular.

Criába-se así un espazo de reflexión e activismo político, fora das estruturas das organizacións políticas, de participación directa da cidadanía e confluencia das distintas opcións e visións que apoian a Alternativa Galega de Esquerda.

Na citada segunda asemblea, reflexionamos e acordamos diferentes asuntos recollidos na crónica aproximada xa publicada e outros acordos para a Folga Xeral do 14N.

Por último acordouse que as persoas que convocaron esa segunda asemblea, xunto ás que se sumaron na mesma, fixeran, despois do 14N unha nova convocatoria. Estas persoas terían só por obxecto: acordar día, hora e lugar da vindeira Asemblea, fixar os seus obxectivos e elaborar a proposta de orde do día.

Estas persoas abaixo relacionadas, tomamos a iniciativa de convocar unha terceira Asemblea en Ferrol, nos locais da Sociedade Recreativa e Deportiva de Canido, situada na Rúa Insua, para o venres 30 de novembro ás 19hs, coa seguinte orde do día:
  1. Elección de dúas persoas que moderen a asemblea (unha muller e un home).
  2. Análise da folga do 14N. E despois que?
  3. Alianza Social Galega. Propostas para conformala na nosa comarca.
  4. Propostas para o deseño das relacións da Asemblea co Grupo Parlamentar de AGE.
  5. Rogos e preguntas.
Por outra banda acordou-se convidar á Yolanda Díaz e Antón Sánchez, membros do Grupo Parlamentar da Alternativa Galega de Esquerda, para participar nesta Asemblea, para que nos expliquen os obxectivos inmediatos do citado Grupo e someter-se ás preguntas que houber (Yolanda e Antón xa confirmaron a súa presencia).

En Ferrol, a 23 de Novembro de 2012

Asinan esta convocatoria: Rafael Pillado, Lupe Ces, Suso Díaz, Elena Casal, César Pena, Lucia Vizoso, Miguel López, Carlos Varela, Suso Pazos, Lalán, Alexandre Carrodeguas, André M. Ces, Daniel A. Martínez, Marcelo R. Serantes, Pablo Portero, Paula Meizoso, Inácio Martínez e Mel Sanxoan.

ESPALLA E DIFUNDE !!

Nota.- Achegamos documentos, da Alianza Social Galega e a Circular Nº1 sobre reparto do Grupo Parlamentario nas comisións do Parlamento Galego, en ficheiros anexos formato -pdf.

DECLARACIÓN DE APOIO Á FOLGA XERAL DO 14 DE NOVEMBRO.
https://docs.google.com/open?id=0BzsqFzZzVAmJa3NKM1hHTHliZms

MANIFESTO DA ALIANZA SOCIAL GALEGA.
https://docs.google.com/open?id=0BzsqFzZzVAmJTzhsYVk5X2I4OTQ

Circular Nº1 sobre reparto do Grupo Parlamentario nas comisións do Parlamento Galego.
https://docs.google.com/open?id=0BzsqFzZzVAmJaTFCUFhLV05JT1k

***

ASEMBLEA DE SENTINELAS DO MANDATO POPULAR
Asemblea do Movemento Social de Ferrolterra en apoio á candidatura da Alternativa Galega de Esquerda

Correo-e:
asemblea.apoio.alternativa@gmail.com

Blogue:
http://asembleadeferrolterra.blogspot.com
_____________

Rolda de Prensa da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área Sanitaria de Ferrol

A A.C. Fuco Buxán, integrante da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrolterra, súmase e convida a participar na CONCENTRACIÓN convocada para o martes, 4 de Decembro, ás 19 hs, diante do Edificio da Xunta de Galicia (Praza Amada García, Ferrol).



Manifesto: A TODA A CIDADANÍA

Álbum fotográfico

A saúde non é un negocio, é un dereito. Nin repago, nin desmantelamento, nin privatización. Polo dereito a un sistema público, universal e gratuito. Mobiliza-te !!

--
Visita a nosa web: www.fucobuxan.net
facebook: Fuco Buxán
Twitter:    @FucoBuxan
-------------
fuco buxán, a.c.
Rúa Armada Española, 32 baixo- 15406 - Ferrol
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.net
fucobuxan@yahoo.es

Enviado por:
fucobuxan
-fucobuxan@gmail.com-
29 de novembro de 2012 17:17

______________

Espallando e difundindo a convocatoria en Defensa da Sanidade Pública - Concentración en Ferrol o Martes 4 de Decembro


CONCENTRACIÓN
MARTES 4 DE DECEMBRO
ÁS 7 DA TARDE NA PRAZA AMADA GARCIA,
DIANTE DO EDIFICIO ADMINISTRATIVO DA XUNTA DE GALICIA

EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA
CONTRA O SEU DESMANTELAMENTO, O REPAGO E A PRIVATIZACIÓN
A SAÚDE É UN DEREITO, NON É UN NEGOCIO
NA GALIZA, COMO EN MADRID E EN TODA EUROPA NA DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA
POLO DEREITO A UN SISTEMA DE SAÚDE PÚBLICO,
DE ACCESO UNIVERSAL E GRATUÍTO.
A TÚA PARTICIPACIÓN É DECISIVA , MOBILIZA-TE


* * *
CONVOCA A MAIORÍA SOCIAL INTEGRADA NA PLATAFORMA EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA DA ÁREA SANITARIA DE FERROL -
SOS-SANIDADE PÚBLICA.
- - - - - - -

Forman parte da Plataforma: A Revolta de Trasancos C.S. - A.C. Fuco Buxán – A.VV. A Graña, A.VV. A Cabana - A.VV. Caranza - A.VV. Covas - A.VV. Esteiro -A.VV. Ferrol Vello - A.VV. O Cruceiro de Canido - A.VV. O Cruceiro de Meá - A.VV. O Lago-Doniños - A.VV. O Rosario-Inferniño - A.VV. Prioriño - A.VV. San Fernando-Recimil - A.VV. San Pablo de Catabois - A.VV. Santa Eulalia de Limodre - A.VV. Santa Mariña - A.VV. Serantes - A.VV. Ultramar - A.VV. Valle de Esmelle - A.VV. Valón - AFINOR(Fibromialxia) - AGAVIDA - ALCER - AMICOR - Asociación de Diabéticos Ferrolterra - Asociación Parkinson Ferrol-Ferrolterra - ASPANEMI - Ateneo Ferrolán - B.N.G. - C.I.G. - CC.OO. - COGAMI-FERROL - Colectivo Ártabra 21 - CPS de San Valentín - CSIF - Esquerda Unida -Grupo Diversidade Funcional Ferrol e Comarcas - Grupo Rural de Narón - Lazos Pro Solidariedade-Comité Antisida de Ferrol - PSdeG-PSOE - Teima-Sindrome de Down - Terra Galega - U.G.T. - U.S.T.G. - Xunta de Persoal da Área Sanitaria de Ferrol – Participamos na Plataforma Galega SOS-SANIDADE PÚBLICA.

http://plataformadspferrol.blogspot.com.es/

Cartaz e Folla Informativa para convocar a CONCENTRACIÓN da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol.

Cuña Radiofónica: 

Ir a descargar

Cartaz:

Imprimir (pdf):
https://www.box.com/s/vnz04zbsg3z6i6xd7qlv

Para poñer en Web ou Blog (grande, png):
http://3.bp.blogspot.com/-NSmOsBGFuxU/ULX2bzNqcxI/AAAAAAAAAQ4/5Fv06zPRif8/s1600/4dec2012_artabra21_web_grande.png

Para poñer en Web ou Blog (pequeno, png):
http://2.bp.blogspot.com/-C0KwjPENvaM/ULX2dDR8x_I/AAAAAAAAAQ8/9msxCUM5LXU/s1600/4dec2012_artabra21_web_pequeno.png

Folla Informativa:

En DinA4
https://www.box.com/s/w83v8yil9bpay0vg606m

Prégase a a máxima difusión e apoio do citado acto.
---

O Grupo Parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda presentou esta mañá unha Proposición Non de Lei para evitar que continúe a vaga de desafiuzamenos e as súas dramáticas e mortais consecuencias no noso país


O grupo parlamentario asegura que a dramática situación actual impón a esixencia de desenvolver as oportunas actuacións públicas.

O Grupo Parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda presentou esta mañá unha Proposición Non de Lei para evitar que continúe a vaga de desafiuzamenos e as súas dramáticas e mortais consecuencias no noso país.

Os membros do Grupo Parlamentar consideran intolerábel a situación social que se vive no noso País, resultado da vaga de desafiuzamentos que enchen a cotidianeidade dramática das familias traballadoras. Esta situación imponnos a esixencia de desenvolver as oportunas actuacións públicas para evitar unha problemática inxusta que está a causar alarma social, pobreza e marxinalidade, e mesmo mortes. Os datos semellan un berro elocuente encol dunha realidade que antepón o lucro privado aos dereitos recollidos na Constitución e no Estatuto.

Alternativa Galega de Esquerda acredita a urxencia de modificar a legalidade de maneira que resolva tanto a situación das familias que están a piques de sufrir a perda da súa vivenda canto permita atender a situación das familias que xa a perderon.

No noso País a media de desafiuzamentos diarios é de 16, segundo os datos proporcionados polo arquivo estadístico do Consello Xeral do Poder Xudicial, que recolle a perda da vivenda ou local comercial por parte de 3.037 propietarias e propietarios no primeiro semestre do ano. Os datos son moi superiores aos dos anos pasados a causa tanto da dureza da crise canto da veracidade e completitude dos mesmos, en canto recollen tamén os lanzamentos acordados nos xulgados de primeira instancia. Nos primeiros seis meses deste ano formalizáronse 1.320 casos de execucións hipotecarias. As cifras oficiais, nada sospeitosas de tentar provocar alarma social, son estarrecedoras: dende 2008 ordenáronse 7.367 execucións que remataron en desafiuzamentos en 5.994 dos casos. Estas cifras impóñennos actuar a favor das persoas e familias afectadas por esta problemática.

Os últimos pronunciamentos públicos de diferentes entidades oficiais apuntan á urxencia para reformar unha lexislación que ampara hoxendía múltiples abusos do poder financiero. As propostas presentadas polo Consello Xeral do Poder Xudicial ou a iniciativa da Avogacía Xeral da Unión Europea dan razón aos grupos políticos e ás entidades de loita social que vimos denunciando e contrapropoñendo diversas iniciativas neste senso dende hai varios anos.

Por iso, o Grupo Parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda acredita na necesidade de modificar en profundidade a lexislación para evitar inxustizas flagrantes e escandalosos procedementos sumarios para botar as persoas das súas casas, para protexer aos debedores fronte os abusos das entidades financieiras que socorremos de cote con milleiros de millóns de cartos públicos, de xeito que sexa efectivo o dereito constitucional a unha vivenda digna en todos os supostos de desafiuzamentos por insolvencia das persoas residentes.

O Grupo Parlamentario considera que cómpre tramitar con urxencia e participadamente as medidas suficientes que eviten que ningunha persoa máis fique na rúa, sen un teito, e para que ningunha persoa afogada polo drama da perda da súa vivenda se suicide. “Se non modifican políticas que levan á xente a suicidarse, estamos santificando políticas criminais” concluíron.

Por iso, o Grupo Parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda presentou unha Proposición non de Lei na que se establecen os seguintes puntos:

1.- Que a Xunta de Galiza suspenda por un período de cinco anos todas as actuacións xudiciais do IGVS que se realicen para desafiuzar a calquera persoa residente nunha vivenda deste Instituto en atención á situación de depresión económica na que nos atopamos e ás súas secuelas en termos sociais e económicos.

2.- Que se consitúa unha Comisión Galega contra os Desafiuzamentos coa participación dos grupo políticos e entidades sociais que traballan nestra problemática para mediar nos casos en que o procedemento ameace coa perda da vivienda a persoas afectadas e achegue solución en todos os casos para evitar o desafiuzamento.

3.- Que se inste ao Goberno do Estado a modificar a Lei de Enxuizamento Civil, cunha disposición transitoria para que nos procedementos de execución hipotecaria que afecten á vivenda habitual do debedor ou dos seus familiares directos, que tiveran rematado coa resolución que comporte o desafiuzamento, o xuíz ou xuíza, a petición das persoa afectada ou das administración públicas competentes na materia dos servizos sociais ou de oficio, deberá decretar a suspensión da dilixencia de desafiuzamento, ate que as partes intervintes ou as administración públicas competentes non presenten un acordo ou proposta que garanta o dereito da persoa afectada a seguir a dispor da mesma ou distinta vivenda nas debidas condicións de habitabilidade e vecindade, mediante título que asegure estabilidade residencial por un período mínimo de cinco anos e nas condicións económicas axustadas ás posibilidades da persoa afectada.

4.- Que esta suspensión se acordará tamén nos procedementos nos que xa se tentara unha ou máis veces o lanzamento e queden pendentes de practicalo.

5.- Que se introduza un procedemento incidental, polo que as persoas titulares de vivendas nas que teñan a súa residencia habitual ou a dos seus familiares directos, e que se atopen hipotecadas, poidan instar á suspensión temporal do pagamento das cotas, sen acreditación de novos intereses, por xusta causa consistente en situación de paro, accidente laboral, larga enfermidade, desgraza familiar ou infortunio semellante, sen ingresos mínimos suficientes para atender ás necesidades alimenticias e as cotas hipotecarias, e namentres se manteña a situación de emerxencia ou as autoridades competentes en materia de servizos sociais e de vivienda, presenten unha solución que garanta o dereito a dispor dunha vivenda digna.

6.- Que se introduzan as medidas legais e regulamentarias necesarias para que NOVAGALICIA BANCO, en tanto que entidade financeira intervida polo Estado e que inclúe activos inmobiliarios residenciais, poña de xeito inmediato a disposición das autoridades galegas e locais o dereito de uso- por un tempo máximo de cinco anos- das vivendas baleiras e que reúnan as condicións de habitabilidade cando así sexan requeridas por resolución que xustifique a necesidade de dispor das mesmas para atender as necesidades de aloxamento de persoas e familiares que perderan o uso dunha vivenda ou se atopen en risco inmediato de perdela por causa dos procedementos de desafiuzamentos xa executado ou por desafiuzamentos arrendaticios.

7.- Que tanto para a elaboración da normativa que se propón nesta Proposición non de Lei canto para a reforma lexislativa instada se faga partícipe ás Plataformas de Afectados pola Hipoteca (PAH) que polo seu traballo social desenvolto nestes anos nos procesos de solidariedade coas familias afectadas coñecen en profundidade a súa realidade e as necesidades derivadas da mesma.

Compostela, 28 de Novembro de 2012

Grupo Parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda

Publicado por:

ASEMBLEA DE SENTINELAS DO MANDATO POPULAR
Asemblea do Movemento Social de Ferrol Terra en apoio á coalición Alternativa Galega de Esquerda

Correo-e:
asemblea.apoio.alternativa@gmail.com

Blogue:
http://asembleadeferrolterra.blogspot.com

Enviado por:
Lupe Ces
-lupeces@gmail.com-
28 de novembro de 2012 23:40
http://lupeces.blogspot.com
__________________________________

mércores, novembro 28, 2012

O BNG local, chama á cidadanía a participar en Asembleas Abertas para analizará o impacto negativo dos orzamentos municipais e das ordenanzas fiscais e de prezos públicos na inmensa maioría da cidadanía de Ferrol

Tags
Este mércores 28 de novembro, a partir das 20 horas, o local da A VV “O Cruceiro” de Canido acollerá unha asemblea aberta na que o BNG, a través do portavoz municipal Iván Rivas, analizará o impacto negativo dos orzamentos municipais e das ordenanzas fiscais e de prezos públicos na inmensa maioría da cidadanía de Ferrol.

Con estes encontros o BNG quere facer participe aos veciños e veciñas do debate máis importante que ten a cidade, socializar as súas propostas e escoitar as impresións da cidadanía situándose xusto na liña contraria do comportamento do Goberno Municipal contrario à participación cidadá.

Estas asembleas abertas terán continuidade en distintos barrios da cidade.

O evento no Facebook:

http://www.facebook.com/events/312190252230366/


Web BNG Ferrolterra:

http://www.bng-galiza.org/opencms/opencms/BNG/ferrolterra/



Enviado por:
BNG
-bng@ferrol.es-
27 de novembro de 2012 16:23

_________

martes, novembro 27, 2012

20.000 euros públicos para o parking dos concelheiros/as de Ferrol: Para financiar privilégios, nom há crise!

Tags

Tivemos nestes dias um novo exemplo do amplo acordo que costuma agrupar os representantes dos diferentes partidos institucionais quando se trata de aproveitar os privilégios dos seus cargos públicos.

Todos os concelheiros do supostamente “amplo espectro ideológico” representado na instituiçom municipal ferrolana desfrutárom durante a última década de um subsídio anual auto-atribuído, na altura, polo governo BNG-PSOE, que se mantém unanimemente até a atualidade, apesar da crise.

Só a deteçom e surpresa refletida nos meios de comunicaçom polo gasto injustificado desses 20.000 euros anuais em alugueres de estacionamento para concelheiros fijo com que o atual presidente da cámara municipal, José Manuel Rei, explicasse que “talvez” nom chegue a gastar-se esse dinheiro, mas o certo é que foi incluído nos Orçamentos municipais sem que, ao que parece, nengumha das forças opositoras -IF, PSOE, IU e BNG- tenham reclamado esse injustificável gasto aprovado polo PP.

Para NÓS-Unidade Popular, o mais preocupante do caso nom é o atual contexto de crise em que se mantém tam reprovável prática. O preocupante é que os privilégios auto-atribuídos polos cargos públicos sejam a norma no ámbito político-institucional por parte de todo o arco de partidos representados.

Nengumha confiança merece toda essa sopa de siglas partidárias que, independentemente da sua suposta cor política, se aproveita quanto pode dos recursos públicos para o benefício próprio, como vemos neste novo exemplo de umha prática tam habitual como definitória da natureza corrupta do atual sistema.

Só com verdadeiro controlo popular e democrático pola base do trabalho realizado nas instituiçons, algo inexistente na atualidade, poderá evitar-se que esse tipo de práticas continue a existir. Só umha emenda à totalidade do atual sistema de poder, baseada numha verdadeira democracia participativa em que o povo o controle e o exerça poderá dar a volta à atual situaçom de desvergonha e roubo generalizado dos bens e recursos públicos que pertencem a todos os galegos e galegas.

Ferrol, 27 de novembro de 2012

Assembleia Comarcal de NÓS-Unidade Popular

http://nosgaliza.org/

Enviado por:
nosup-trasancos@nosgaliza.org
-nosup-trasancos@nosgaliza.org-
27 de novembro de 2012 23:17

________

domingo, novembro 25, 2012

Movemento popular contra un aeroporto en Nantes - Vídeo


Miles de persoas fixeron parte dunha marcha cívica, polos camiños entre as fragas, que van ser destruídas polo proxecto dun aeroporto en Notre Dame de Lantres, Francia. Este proxecto pon en perigo un amplo espazo natural, de grande riqueza ecolóxica, e centos de explotacións gandeiras. Activistas ecoloxistas sufriron a acción da policía cando paralizaron as primeiras obras.


http://youtu.be/bMO8AnPjvJM

A noticia en RT-TV.
________________

Galiza: o camiño que vén, ... Por Antón Gómez-Reino Varela - 'Tone'

Por Antón Gómez-Reino Varela - 'Tone' [*]
25.11.2012


As actuais políticas anticrise implican a sistemática voadura do Estado de benestar peninsular, o que leva a ruptura do pacto social e político sobre o que se asentaba o réxime xurdido da Transición. De aí a intensidade que adquire hoxe a discusión en torno ao modelo territorial. Neste escenario, como entender os resultados das eleccións autonómicas do 21 de outubro en Galiza?

Dicía Nietzsche que "cando a casa está en chamas, un esquécese até da comida". E tras catro anos de goberno Feijoo, o incendio era ubicuo. No plano cultural, con políticas de apartheid lingüístico, recortes ou malgasto. No social, con máis dun 17% da poboación vivindo por baixo do limiar da pobreza. Ou no político, cunha proposta de diminución do número de escanos dirixida a laminar a pluralidade na cámara. A xestión de goberno, entendida como destrución programada do público, foi unha constante do PPdeG.

Poderiamos pensar entón, volvendo a Nietzsche, ao seu incendio e esquecementos, que foi froito do colapso psicolóxico dun país en chamas, que non poucos cidadáns de esquerda decidiron esquecerse de exercer o seu voto o 21 de outubro. Sería posible explicarnos como é que os dous espazos da esquerda representativa "BNG e AGE" esqueceron marcar distancias coa socialdemocracia do réxime "PSdG", ou como gran parte dos movementos sociais parecemos esquecer que o noso papel, nun contexto de excepción e desmoronamiento profundo dos dereitos sociais, é marcar axenda propia e axitar a rúa ampliando o campo político.

Pero é probable que, máis que un estraño esquecemento, o terreo no que nos movemos fose o da reorientación propia dun momento bisagra novas alianzas. Bisagra, por arriba, ao atoparnos na recomposición dunha esquerda nacional que chegou ao proceso electoral fracturada por primeira vez en case 30 anos "tras a ruptura do BNG en febreiro", en conflito aberto polo dominio do campo propio "o nacionalista" e á procura partidaria de capturar a canalización do descontento. E tempo bisagra tamén por abaixo, dada a conxuntura duns movementos sociais en momento de impás, recolocación e creación de novas alianzas

Nun territorio onde o movemento 15M non tivo unha potencia de evocación e articulación similar a outros lugares do Estado, as relacións entre indignación e movementos sociais tardaron máis do esperado en producir renovación e sinerxías. Con todo, nas citas movilizadoras previas ao proceso electoral "15O, 14N, 12M, 29M" a cidadanía expresara o seu descontento ante a austeridade e a destrución do welfare, o que fixo de Galiza un dos territorios ibéricos con maior porcentaxe de poboación tomando as rúas.

Con este escenario previo chégase á campaña. Desde a perspectiva de movemento, sobre o BNG pesaba aínda a laxa dos erros do goberno bipartito, fortemente castigados pola esquerda social. De igual forma, o xiro á esquerda e soberanista sinalado discursivamente carecía dos elementos procedimentais e temporais precisos para a súa constatación. De face á cidadanía en xeral, a pouca capacidade para xerar innovación e ilusión política, facía do BNG unha opción á baixa con poucas posibilidades de canalizar o descontento social.

A irrupción de AGE, cunha intelixente campaña baseada en elementos de comunicación política, unha clara adaptación do discurso á realidade das demandas contemporáneas, un bo traballo en redes sociais e un reflexo en medios convencionais superior ao habitual "froito, en parte, do interese dos grupos de poder en desgastar ao BNG", tornouse meteórica a cada intervención de Xosé Manuel Beiras, que rompeu a campaña demostrando como a incorrección política é un elemento crave para conectar co desasosego no corpo social.

Analizando o resultado electoral, apuntemos como positivo que o 24% de votantes situasen co seu voto en partidos que din representar políticas de oposición ao sistema capitalista, pregoando o camiño do dereito a decidir respecto diso da cuestión nacional. No lado negativo, á marxe de análises concretas da arquitectura electoral "con desigual distribución de escanos entre provincias e tendencia favorable a reforzar maiorías de dereita" e os seus reflexos parlamentarios, hai que dicir que, a pesar da caída do PSdG "que apunta, como no resto do Estado, o camiño da Pasokización" o réxime aguanta, cun PP que a pesar de perder 130.000 votos, mantén fortes as súas redes clientelares e conserva o 45% dos sufraxios. Aínda que a vertixinosa velocidade electoral maquillou a realidade, o certo é que máis que novas formas de relación do interfaz representativo cos movementos e a cidadanía, apenas puidemos ver, desde as esquerdas nacionais, posicionamentos de conxuntura e xestos, cando non caricaturas. A este respecto, a coalición AGE, de discurso innovador pero composta en gran medida por vella política, ten que clarificar o seu futuro. Dun lado conta cun peso desmedido dunha EU (EU) "practicamente inexistente até agora en Galiza" que aínda precisa demostrar a realidade da súa pregoada autonomía da matriz estatal e a súa diferenciación e independencia do pouso centralista e de réxime do PCE. Do outro temos ANOVA, cunha figura con próxima data límite, a de Beiras, sobre a que pivota o proxecto, o que resta espazo para a aparición de novas caras e renovados protagonismos, e onde as vellas prácticas verticais litigan cunha nova xeración política altermundialista. Minoritaria, si, pero enraizada nos movementos sociais.

Pola súa banda, o BNG segue sendo unha gran máquina militante "con presenza real no corpo social e especial hexemonía no sindicalismo combativo" pero con risco de converterse en residual de non mutar. Ben faría en facer unha análise radical do seu camiño e do sentido da súa existencia tal como coñecémolo. Ante o desafío histórico no que nos atopamos, as ferramentas que atravesan hoxe a esquerda política, aínda en transformación, seguen sen alcanzar o imprescindíbel grao de validez. En realidade, o que manexamos está aínda radicalmente afastado á representación horizontal, múltiple, participada e democrática que todos dicimos querer crear.

O espazo amplo e plural a construír pasa por dúas posibilidades e tres premisas. As posibilidades son: ou se dá unha transformación e alianza das forzas políticas con representación parlamentaria afrontando de cheo as contradicións de romper co partido clásico. Ou, finalizado un novo acto de traxicomedia política e cosificación "BNG+AGE", os movementos emprendemos un camiño propio, ao modo, atendendo á nosa singularidade, das Candidaturas de Unitat Popular catalás. Con radicalidade, xenerosidade e transparencia como premisas, ambas as posibilidades son complexas mais posíbeis. É tempo de construír un novo marco transformador. A tenor da intelixencia, a vontade e a capacidade política de cada un, dilucidaremos, en breve, os movementos e a esquerda política que temos. Tocará decidir, en función do país que queremos, os camiños a tomar. Con ambición e audacia, iso sempre: ao modo do'77, aquí e agora, tamén o queremos todo.

[*]
Antón Gómez-Reino Varela -'Tone', activista en diversos centros sociais galegos. Membro de FugaEmrede e da Rede de Dereitos Sociais da Coruña. Membro do Consello do Foro Social Galego. Forma parte do Consello Editorial de Altermundo. Técnico Superior en Saúde Ambiental e Educador Ambiental. Con experiencia profesional no sector da comunicación e na xestión integral de eventos. Activo en iniciativas de transformación social locais vinculadas a análise crítica do territorio urbano. A nivel internacional ten participado de proxectos de cooperación así como en varias Comisións de Observación de Dereitos Humanos, tanto en América Latina, como en Oriente Medio. Membro de Hábitat Social Soc. Coop. Galega. Antón foi integrante da representación galega, na II Flotilla da Liberdade a Gaza, en 2011.

Antón no buscador de google.

Publicado en Diagonal, o 23 de Novembro de 2012.
Números 185 - 186
Foto: PACMA

Licenza
Creative Commons  CC by-SA
______________

Poñamoslle cara á violencia que no se quere ver - Actos da Marcha Mundial das Mulleres, no Día Internacional contra a violencia machista, Domingo 25N

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA
ACTOS QUE TERÁN LUGAR  NA PRAZA DE GALICIA DE NARÓN
ÁS 12 DO MEDIODÍA DO DOMINGO 25 DE NOVEMBRO

Este ano baixo o lema "POÑÁMOSLLE CARA Á VIOLENCIA QUE NON SE QUERE VER" poremos a nosa ollada sobre esa violencia que non da coiteladas, nin labazadas, nin berra, é esa violencia simbólica menos evidente e máis estratéxica pero que igualmente representa o poder de "uns" sobre "outras".

Esperámos coma sempre a vosa asistencia para seguir denunciando a violencia machista.

MARCHAMOS POLO DEREITO DAS MULLERES A UN MUNDO SEN VIOLENCIA

A Coordinadora Comarcal de Ferrolterrra da
MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES 
feminismo.info
Teléfono de contacto: 696 732 735 (Anxela)

Clicar na imaxe para ampliar

Enviado por:
Colectivo A Revolta
a.revolta.de.trasancos@gmail.com-
23 de novembro de 2012 09:51
http://a-revolta-de-trasancos.blogspot.com/
____________

Anuncian a entrada do “Barcelona Knutsen”, cargado con miles de toneladas de gas natural licuado para a ilegal e perigosa Reganosa - O Comité Cidadán convoca unha nova concentración sonora, en Ferrol, para este Luns 26 de Novembro

Tags

CONCENTRACIÓN EN FERROL,
NA PRAZA AMADA GARCIA
DIANTE DO EDIFICIO ADMINISTRATIVO DA XUNTA DE GALICIA
ÁS 7 DA TARDE, DO LUNS 26 DE NOVEMBRO

O LNG "Barcelona Knutsen", un buque gaseiro, de grande porte, de 290 metros de eslora por 45,80 de manga, 26,50 de puntal e un calado de 12,30 m; cargado con miles de toneladas de GNL/LNG, para a ilegal e perigosa Reganosa; ten anunciado a súa entrada na Ría de Ferrol, para este Luns 26 de Novembro de 2012. Esta entrada dun buque cargado con gas natural licuado para Reganosa, supon xa a 131, desde que o fixera o LNG "Galicia Spirit" en Maio de 2007.

Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada do buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol convoca unha acción de protesta e denuncia, consitente nunha Concentración Sonora, o mesmo Lunss, ás 8 da Tarde, desta volta a Concentración terá lugar na Praza Amada Garcia de Ferrol, diante do Edificio Admistrativo da Xunta de Galicia

Esta é a terceira entrada que se produce despois de ditada a Sentenza polo Tribunal Supremo, onde a planta xa foi declarada ilegal, en sentenza inapelábel.


PASO A PASO, PLANTA DE GAS FÓRA DA RÍA
  •  POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  •  CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  •  PLANTA DE GAS FORA DA RÍA   !!

10 razóns para preguntar-se ... Por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas ?


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org


Información baseada na enviada polo:

Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
24 de novembro de 2012 21:23
_______________

venres, novembro 23, 2012

O 4 de Decembro, Mobilización en Defensa da Sanidade Pública


A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol convoca unha mobilización o 4 de decembro.

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol, na súa sesión plenaria de onte mércores 21 de novembro e na que estaban presentes 17 entidades, ACORDOU convocar unha mobilización para o martes día 4 de decembro en Ferrol (concentración ou manifestación) en Defensa da Sanidade Pública e en solidariedade coas mobilizacións que se celebran en Madrid.

Na xuntanza que SOS Sanidade Pública terá o 27 de novembro, o representante da Pdspf trasladará a proposta de que se realicen, convocadas polas plataformas sanitarias locais, mobilizacións ese día en todo Galicia.

A  Comisión Permanente da Pdspf terá unha nova xuntanza preparatoria da mobilización o luns 26 de novembro ás 18 H na AV de Esteiro a que se vai convocar aos secretarios comarcais de CCOO, UGT e CIG para pedirlles unha maior implicación na Pdspf.

A Comisión Permanente, en principio, vai seguir formada polas mesmas entidades que a compoñían: Xunta de Persoal dá Área Sanitaria, CCOO, UGT, CIG, AV de Esteiro, AV de Caranza, Fuco Buxán, Ártabra 21, Agavida, Amicor e se vai incorporar a AV O Rosario-Inferniño. A xuntanzas da Comisión Permanente seguirán sendo abertas á asistencia de calquera das entidades que compoñen a Pdspf.

Por decisión propia, deixa a súas funcións de portavoz-coordinador, quen o viña facendo durante estes últimos tres anos. Na próxima xuntanza da Comisión Permanente se tomará a decisión de quen e como exerce a portavocía: Se é colexiada, rotatoria, unipersoal, etc.

Tamén, por decisión propia, o compañeiro Fran Iglesias deixa a xestión do Blog e do correo electrónico da Pdspf que estivo facendo durante estes tres anos e polo que recibiu o agradecemento do conxunto de entidades da Pdspf. O compañeiro Fran Iglesias amosou a súa disposición de colaborar con quen vaia xestionar o Blog e o correo.

Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol
www.plataformadspferrol.blogspot.com
plataformadspferrol@gmail.com

Enviado por:
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Ferrol
-plataformadspferrol@gmail.com-
22 de novembro de 2012 08:26

_________

xoves, novembro 22, 2012

Unha radiografía no Sergas, 35 euros; unha noite de hospital, 526 euros

Tags

O Servizo Galego de Saúde publica o decreto anual coas tarifas ás que teñen que facer fronte ás persoas sen cobertura sanitaria pública e tamén as que fagan un "uso irresponsable" dos recursos sanitarios. Os prezos experimentan unha suba do entorno do 2,5% .

Sanidade pública, universal e... gratuita? En plena vaga de recortes sanitarios o Servizo Galego de Saúde (Sergas) vén de publicar o decreto no que anualmente fixa as tarifas que teñen que afrontar as persoas que non teñen cobertura sanitaria -caso por exemplo de boa parte das persoas emigrantes-, xa sexa directamente ou a través de mutuas ou seguros de responsabilidade civil, entre outras vías. Este documento reflicte a práctica totalidade dos servizos que presta a sanidade pública galega e os seus custos. É, polo tanto, unha táboa de prezos altamente ilustrativa tanto para saber o que sufraga a cidadanía a través dos seus impostos como para coñecer o que tería que pagar se estas prestacións non fosen públicas, dado que non son de balde.

Cun incremento do entorno do 2,5% a respecto das tarifas publicadas a finais de 2011 este decreto permite coñecer, por exemplo, que unha primeira consulta de atención primaria custa 68,90 euros e as sucesivas, 34,45. Se a asistencia primaria é de urxencias o desembolso será de 255,59 euros e se a consulta é ordinaria pero inclúe algunha proba complementaria, o prezo fica fixado nos 85,56 euros para a primeira consulta e nos 43,34 para as seguintes. No decreto tamén se regulan as consultas que o persoal sanitario presta en centros de orientación familiar en materias como xinecoloxía (145,21 euros) ou psicoloxía (68,90 euros), así como as probas máis básicas, caso das radiografías (35,86 euros).
"Unha primeira consulta de atención primaria está valorada en 68,90 euros, a aplicación da anestesia epidural no parto fíxase nos 617,38"
Pero se as tarifas de consultas xa son pouco accesibles para unha persoa sen recursos económicos que non teña cobertura sanitaria, sono aínda moito menos ao trasladarse ao ámbito hospitalario. Cada xornada de hospitalización supón 526,32 euros "por día e cama" e se esta estadía "orixina a utilización dun quirófano" a ese prezo "engadiráselle" un "incremento" de 1.025 euros "pola primeira utilización do quirófano". "A partir da segunda e cada vez que se utilice o quirófano para o mesmo proceso que orixinou a estadía aplicaráselle un 40% de incremento", isto é, 410 euros, advirte o Sergas. No caso de que o doente entre por urxencias e non fique hospitalizado a tarifa será de 359,79 euros, máis 1.000 euros "polo uso do quirófano, de ser o caso".

Os prezos soben aínda máis cando o tratamento inclúe unha intervención cirúrxica máis ou menos complexa. Así, por exemplo, unha extracción de amígdalas custa 1.140,77 euros, unha cirurxía de fimose, 1.141,01 e un legrado uterino, 1.300,73. O tratamento dunha escordadura, dun desgarro ou unha luxación nun brazo, nun antebrazo, na man ou no pé supón un gasto de 1.556,95 euros e se esta mesma lesión se produce na cadeira, na pelve ou no muslo, habería que desembolsar 3.494 euros.

Unha proba de esforzo por 309,21 euros, unha resonancia magnética por 687,85, un seminograma por 175,23 ou un TAC por 512,50 euros son outros dos prezos que detalla un decreto que tamén recolle canto custa, por exemplo, a anestesia epidural durante o parto (617,38 euros) ou unha sesión de quimioterapia, fixada en 184,52 euros aos que habería que engadirlle "o importe correspondente á medicación subministrada a prezo de custo". No caso da radioterapia, dependendo da tecnoloxía e do tipo de tratamento os prezos van dende algo menos de 200 euros ata case 2.000.
O pagamento para "irresponsables"

No articulado desta tarifa a Consellería de Sanidade inclúe unha disposición adicional inédita ata 2011 e que deixa o campo notablemente aberto para a introdución de medidas de copagamento. Apoiándose na Lei de Saúde de Galicia, impulsada no ano 2008 polo bipartito de PSdeG e BNG, o departamento que dirixe en funcións Rocío Mosquera advite de que "poderá establecerse un procedemento para repercutir nos usuarios os gastos ocasionados por eles como consecuencia do uso irresponsable das prestacións asistenciais do sistema público de saúde de Galicia".
"A combinación do decreto coa Lei de Saúde deixa a porta aberta a cobrarlle pola asistencia a quen non acuda a unha cita programada"
E isto, que quere dicir? Atendendo aos artigos da lei aos que remite o decreto coñecemos que entre os "deberes sanitarios" dos pacientes do Sergas hai preceptos notablemente difusos que o actual Goberno pode, coa súa propia normativa na man, aferrarse para obrigar un paciente a pasar por caixa. Trátase, por exemplo, da obriga de empregar "axeitadamente" os "recursos e servizos" do Sergas, manter a "observancia" sobre as normas de cada centro sanitario ou "cumprir as normas e os procedementos de uso e acceso" ás prestacións.

Se cadra a maior marxe de manobra está na referencia que a táboa de prezos do Sergas fai ao punto 11 do artigo 15 da Lei. Nel sinálase a obriga de "comunicarlle ao sistema sanitario, coa maior brevidade posible, a non utilización por calquera causa dun servizo programado previamente". Así as cousas, e sempre atendendo á literalidade do decreto de tarifas, un paciente que non acuda a unha cita programada e non o comunique "coa maior brevidade" podería ter que pagala cando reciba o servizo.

Por David Lombao | @davidlombao

Publicado en Praza Pública.

Licenza Creative Commons by-sa.

Documentación:
Decreto polo que se establecen as tarifas dos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde e nas fundacións públicas sanitarias
_______________

mércores, novembro 21, 2012

O CERMI Galicia únese á gran marcha convocada en Madrid para defender os dereitos da discapacidade

Os obxectivos nos deben a todos, aínda que todos non pensemos igual na defensa das persoas con diversidade funcional.

Mari Morado

Convocatoria

Marcha SOS Discapacidade

O CERMI Galicia únese á gran marcha convocada en Madrid para defender os dereitos da discapacidade

O vindeiro 2 de decembro, a partir das 12 horas, o movemento asociativo da discapacidade viaxa a Madrid para percorrer o centro da capital convocado nunha gran marcha polos dereitos, inclusión e benestar a salvo.

#SOSdiscapacidad é o hashtag co que se pode seguir esta gran convocatoria a través da rede social Twitter

O Comité de Entidades de Representantes de Persoas con Discapacidade en Galicia (CERMI Galicia) únese á gran marcha en Madrid, convocada polo movemento social da discapacidade, representado polo CERMI Estatal, para defender os dereitos das persoas con discapacidade e as súas familias.

No marco do Día Internacional e Europeo das Persoas con Discapacidade, e baixo o lema ‘SOS Discapacidade – Dereitos, Inclusión e Benestar a Salvo’, esta gran marcha pola discapacidade, que será o próximo día 2 de decembro polas rúas céntricas da capital, a partir de las 12 horas, contará coa participación de milleiros de persoas con discapacidade ea s súas familias, ademais de persoas voluntarias, profesionais e simpatizantes, que se concentrarán para unirse ante a inquietante situación que atravesan, agravada pola crise e as decisións políticas de regresión de dereitos e de debilitación do precario nivel de cohesión e protección sociais alcanzados por España. Con este acto cívico, o CERMI pedirá, a través de la lectura dun manifesto, evitar o colapso dos sistemas e dispositivos de promoción e protección das persoas con discapacidade e as súas familias.

Esta estratexia activa de contestación ‘SOS Discapacidade’ manterase mentres perdure o máis agudo desta crise, iniciando nas vésperas do Día Internacional e Europeo das Persoas con Discapacidade, en defensa da inclusión, os dereitos e a cidadanía.

O CERMI é a plataforma unitaria estatal de representación das persoas con discapacidade que na sociedade civil engloba a máis de 7.000 asociacións e entidades, que traballa para lograr unha inclusión plena dunha realidade presente no 10% da poboación, os máis de catro millóns de persoas con discapacidade que hai en España. O obxectivo é conseguir o recoñecemento dos dereitos e a plena cidadanía e igualdade de oportunidades deste grupo social.

COGAMI forma parte do Cermi Galicia dende o ano 1999.

...

ASOCIACIÓN GRUPO DIVERSIDADE FUNCIONAL FERROL E COMARCAS
R/Colon esq. Mendizabal B/4 P/5 Baixos 38-39 15406 Ferrol
Tlf: 981930544, Mobil: 620485450
E-mail:  diversidadefuncionalferrol@hotmail.com
Blog:    http://rachandobarreiras.blogspot.com

Asoc. Grupo Diversidade Funcional Ferrol e Comarcas
-diversidadefuncionalferrol@hotmail.com-
20 de novembro de 2012 12:26
_____________

martes, novembro 20, 2012

O Encontro Social de Ferrol Terra ten previsto realizar hoxe, Martes 20 de Novembro, a súa XVI Asemblea Aberta

Unha nova Asemblea do Encontro Social de Ferrol Terra, vai ter lugar hoxe, Martes 20 de Novembro, ás 7 da tarde, nos locais da asociación veciñal de Esteiro. Este encontro social, en proceso de construción desde Decembro do pasado ano, vai acompañado da Rede de Apoio Mutuo para esta Comarca. O Encontro Social, está tecendo alternativas ás políticas neoliberais, desde a base asociativa, desde os movimentos sociais, tece a Rede Social de Ferrol Terra, con propostas e ferramentas que necesitan un compromiso activo da base social do movimento asociativo desta comarca. Todo un reto socio-político e organizativo.

Probabelmente hoxe quede ultimado o proceso de constitución de Arméria Soc. Coop., unha sociedade cooperativa galega sen ánimo de lucro, unha ferramenta legalizada e con entidade xurídica propia da Rede de Apoio Mutuo. Arméria ten como obxectivo promover actividades de economía social e solidaria que incidan favorabelmente na calidade de vida das persoas poboadoras do territorio no que actúa, nas comarcas de Ferrol Terra de Trasancos, Bezoucos, Alto Eume, Baixo Eume e Ortegal. Unhas actividades guiadas polos principios da cooperación, a complementariedade, a reciprocidade, a autoxestión, portas abertas, democracia, e axuda mutua, con metodoloxías creativas e enfoque intercultural. Nestas actividades empregam xunto ao diñeiro corrente, os euros, o diñeiro social, medido en tempo, traballo voluntario ou intercambios. Para asociar-se a Arméria hai que contribuír con 30 euros ou 5 horas de traballo comunitario.

Nesta nova Asemblea Plenaria, do proceso de constitución teñen previsto abordar asuntos relacionados cos pasos dados e os futuros na constitución de Arméria Soc. Coop.; a explicación e significado da nova normativa que entrou en vigor o pasado venres, 16 de Novembro, o Real Decreto-lei 27/2012, do 15 de novembro, de medidas urxentes para reforzar a protección aos debedores hipotecarios. e en relación con este tema o análise das mobilizacións, a situación dos desafiuzamentos pendentes e a nova estrutura da Comisión na Rede, tamén falara-se da reunión mantida co Valedor do Pobo, celebrada o Venres 16 de Novembro; abordara-se a nova etapa da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área Sanitaria de Ferrol que ten convocada unha Asemblea Plenaria para debater e acordar sobre o seu futuro; considerara-se unha proposta para preparar un Foro Social co obxectivo de deliberar e analizar sobre o actual modelo enerxético e as posíbeis alternativas; e outros asuntos entre os que están o de deliberar sobre a agresión do Goberno de Israel contra o pobo palestino que vive na prisión máis grande do mundo, a Franxa de Gaza.

correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com

Telefono de contacto:
Lupe Ces - 652201003
(Moderadora Provisional das Asembleas Plenarias)

Directorio:

http://redesocialdeferrolterra.blogspot.com
______________

Convocada a Asemblea Plenaria da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área Sanitaria de Ferrol - Mércores 21 de Novembro - Participa


Convocada a Asemblea Plenaria da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área de Ferrol.

Día: Mércores 21 de Novembro de 2012.
Hora: 18:00hs.
Lugar: Local da Asociación Veciñal de Esteiro (En Ferrol, na rúa Fernando VI, Bloque I baixo - 981933223).
Obxectivos: Deliberar sobre o traballo realizado pola Plataforma e o futuro da mesma, para o cal acompaña-se unha carta do portavoz-coordinador Xosé Miguel López Pérez que sitúa o punto onde está o debate, polo que se prega tanto a lectura da mesma como a asistencia ao citado Pleno.

Carta convocatoria da Asemblea Plenaria da Plataforma

No mes de decembro de hai case tres anos, a Asociación de Veciños de Valón e a Asociación Veciñal de Esteiro convocamos a todo o tecido asociativo de Ferrol para constituír unha Plataforma en Defensa da Sanidade Pública, plataforma cidadá non partidaria, pioneira en Galicia a anticiparse en denunciar e opoñerse aos recortes que se albiscaban no horizonte, algúns xa feitos realidade e outros moitos máis anunciados e, caso de non paralos, serán tamén pronto unha realidade.

Foron moitas entidades as que pouco a pouco se foron incorporando ata chegar a máis de corenta que hoxe conforman a Pdspf. Foron moitas as cousas que fixemos e moitas as mobilizacións que convocamos e nas que participamos, tanto na comarca de Ferrol (Ferrol, Ares, A Capela, A Graña) como en Compostela, Pontevedra, O Barco, Monforte, Vigo, Burela, etc.

Campaña de reclamación contra as listas de espera, denuncias da situación das mesmas e denuncias da marxinación da Área Sanitaria de Ferrol por parte da Xunta de Galicia baixo a presidencia de Núñez Feijoo.

Actos de información e denuncia en diferentes concellos da Área Sanitaria.
Participación en mobilizacións en defensa do conxunto dos servizos públicos en xeral e en defensa da comarca.

Foron tres anos de moito traballo, sempre mellorables por suposto, pero que nos últimos meses están indo a menos, seguramente por causas moi diversas: As continuas mobilizacións comarcais, eleccións sindicais, municipais, xerais e autonómicas, fan que moitos dos compoñentes da Plataforma teñan moitas ocupacións, ademais do traballo na Pdspf o que leva a esgotamento e cansazo.

Tamén é posible que o interese ou a necesidade de que a Pdspf se estea cuestionando ou haxa que cuestionala.

A Pdspf, non está paralizada nin nunca o estivo, tivo momentos de máis actividade e de menos actividade (o mesmo que lle ocorre as entidades que a conforman, sindicatos, partidos, asociacións diversas, unhas veces teñen máis actividade e outras menos). Sería moi longo de explicar, poderá facerse na xuntanza, todo o que levamos feito en case tres anos.

O resultado das eleccións autonómicas van a supoñer que o Partido Popular pretenda seguir recortando, privatizando e establecendo repago ás prestacións da Sanidade Pública, polo que a Pdspf segue sendo, na miña opinión, unha necesidade e unha ferramenta válida e eficaz na Defensa da Sanidade Pública.

Para falar da situación da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública, da necesidade da súa continuidade ou da súa disolución, para darlle máis impulso ou rematar coa súa actividade está convocado un Pleno da mesma para o vindeiro mércores día 21 de novembro ás 18 horas no local da AV de Esteiro (prégase a máxima puntualidade) coa seguinte orde do día:
 Análise da situación da Sanidade Pública na comarca e en Galicia e do futuro da Plataforma na Defensa da Sanidade Pública de Ferrol.

 Renovación da Comisión Permanente e do Portavoz-Coordinador (no caso de que continúe a Pdspf).

 Renovación do mantemento do blog da Pdspf e do correo electrónico (no caso de que continúe a Pdspf).

 Preguntas e suxestións.
Pola importancia do momento e dos temas a tratar facemos un chamamento especial á asistencia de tódalas entidades que conforman a Pdspf á asistencia a dita xuntanza, nos vai o futuro da Plataforma niso, e á máxima puntualidade.

Un saúdo a todos e grazas pola vosa asistencia.

En Ferrol, a 15 de novembro de 2012.

Asdo./ Xosé Miguel López Pérez, portavoz-coordinador

A Plataforma.

Blogue da Plataforma:
http://plataformadspferrol.blogspot.com.es/

Correo-e da Plataforma:
plataformadspferrol@gmail.com

Forman parte da Plataforma da Área Sanitaria de Ferrol: A Revolta de Trasancos C.S. - A.C. Fuco Buxán - A.VV. A Cabana - A.VV. Caranza - A.VV. Covas - A.VV. Esteiro -A.VV. Ferrol Vello - A.VV. O Cruceiro de Canido - A.VV. O Cruceiro de Meá - A.VV. O Lago-Doniños - A.VV. O Rosario-Inferniño - A.VV. Prioriño - A.VV. San Fernando-Recimil - A.VV. San Pablo de Catabois - A.VV. Santa Eulalia de Limodre - A.VV. Santa Mariña - A.VV. Serantes - A.VV. Ultramar - A.VV. Valle de Esmelle - A.VV. Valón - AFINOR(Fibromialxia) - AGAVIDA - ALCER - AMICOR - Asociación de Diabéticos Ferrolterra - Asociación Parkinson Ferrol-Ferrolterra - ASPANEMI - Ateneo Ferrolán - B.N.G. - C.I.G. - CC.OO. - COGAMI-FERROL - Colectivo Ártabra21 - CPS de San Valentín - CSIF - Esquerda Unida -Grupo Diversidade Funcional Ferrol e Comarcas - Grupo Rural de Narón - Lazos Pro Solidariedade-Comité Antisida de Ferrol - PSdeG-PSOE - Teima-Sindrome de Down - Terra Galega - U.G.T. - U.S.T.G. - Xunta de Persoal da Área Sanitaria de Ferrol.

A Plataforma de Ferrol Terra participa na plaforma galega  'SOS - Sanidade Pública'.
Sos Sanidade Pública

Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol


Enviado por:
avesteiro
-avesteiro@galicia.com-
19 de novembro de 2012 12:47

http://avesteiro.blogspot.com.es/
____________

luns, novembro 19, 2012

Sobre o que ocorre en Gaza, ... por Carlos Taibo

Por Carlos Taibo [*]
19.11.2012


Nos últimos días tiven que escoitar con relativa frecuencia que o que sucede en Gaza a estas horas -as accións militares israelís- é culpa das milicias de Hamás. Ou, por dici-lo doutro xeito, que si estas non bombardeasen territorio israelí, nada estaría acontecendo. A ese argumento convén oporlle os que seguen.

1. Malo é que se intente describir un conflito de longo alento sobre a base do que, en relación con el, ten acontecido nun período de tempo tan breve como próximo. Para entender o que ocorre en Gaza nestas horas hai que prestar atención á historia de Palestina desde 1947, e entón aparecen con claridade "o poderoso e o débil", "o invasor e o invadido", "o colonizador e o colonizado". ¿Que diríamos dun exame do desembarco de Normandía que, focalizando en exclusiva a atención no que ocorreu aqueles días, interpretase sen máis que a Wehrmacht alemana era un exército que se defendía fronte ás iras incontidas dos comandantes aliados?

2. É dolosa, en particular, a ignorancia do sucedido en Gaza desde moito tempo atrás. Parece obrigado falar do amoreamento de palestinos expulsados das súas casas e terras, da represión, a segregación e a explotación. E nos últimos anos do bloqueo. Cando se decide ignorar todo isto, é moi sinxelo chegar á conclusión de que quen lanzan esos foguetes son, sen máis, loucos islamitas que actúan de maneira airada e caprichosa. Aínda que non teño intención algunha de defender a súa conduta, esta última nace dun escenario insoportable, e dun rueiro sen saída. Hamás, en singular, é un produto insorteable -tal vez desexado- da política de Israel. Non ten nacido da nada.

3. Curioso resulta que as máis das veces non se preste atención a unha discusión importante: á relativa á proporcionalidade -á falta dela- das accións militares israelís. Agora coma sempre, o número de mortos do lado palestino é moito máis alto que o do lado israelí. O feito de que entre os mortos palestinos se inclúan con extraordinaria frecuencia civiis inocentes, e crianzas, sitúanos ante o que só pode cualificarse como terrorismo de Estado. ¿Que é peor: o terror que exerce un grupo ‘privado’ ou o que desprega unha maquinaria estatal que, por se fora pouco, autocualificase como Estado de dereito e desfruta dun franco recoñecemento internacional? Máis alá do anterior, convén recear da idea de que Israel non pretende outra cousa que dar réplica ás agresións que padece: esa leria témola escoitado moitas veces cando o obxectivo dos gobernantes israelís era proseguir, sen mais a conquista de territorios e coa súa secuela máis común en forma de expulsión e exterminio de poboacións palestinas. Recupérense ao respecto as sabias palabras que Noam Chomsky difundiu nas últimas horas.

4. Deixemos as cousas claras: quen bombardean Gaza son, en realidade, as potencias occidentais. Hai tempo que estas outorgaron a Israel un papel relevante: o de xendarme rexional que debe acabar con calquera que plante cara ao proxecto colonial que defenden na rexión máis tensa do planeta. De aí, por certo, o silencio conivente dos nosos gobernantes ante o que ocorre en Gaza.

Carlos Taibo

www.carlostaibo.com

[*] Carlos Taibo Arias -Madrid 1956, é profesor de Ciencia Política e da Administración na Universidade Autónoma de Madrid, escritor e activista social, partidario activo do movimento polo "Decrecimento". Forma parte do Consello Editorial de "Sin Permiso" e "Altermundo" | + info |
___________

Paremos a masacre do goberno de Israel contra os palestinos - Concentracións o 19N


Durante as últimas 48horas o exército israelí, por terra e mar, atacou máis de 156 obxectivos na Banda de Gaza. Un novo círculo horroroso e sanguinario desencadeouse causando consecuencias mortíferas para o pobo palestino, que desde fai moito tempo é vítima da política imperialista de Israel e dos seus aliados, os EE.UU. e a OTAN.

O ministro israelí de Defensa, Ehud Barak, puxo en marcha a máis de 30.000 soldados para levalos a Gaza. Segundo a última información máis de 10 camións que transportan tanques e vehículos blindados estanse desprazando cara a devandita área.

Pola súa banda os gobernos de EE.UU., Alemaña, Gran Bretaña, Francia e Canadá proporcionaron abertamente coartada á agresividade israelí ao culpar por igual ao agresor e ás vítimas.

A FSM denuncia, do xeito máis rotundo posible, os ataques asasinos de Israel contra a Banda de Gaza. Unha vez máis a Federación Sindical Mundial non permanece neutral fronte á descarada masacre actual contra os palestinos que merecen un estado palestino coas fronteiras de 1967 e co seu capital no leste de Xerusalén.

Esta actuación agresiva contra o pobo palestino, que forma parte da xeral escalada de agresividade imperialista no Oriente Medio contra Siria e Irán, ten que acabar xa.

Chamamos ás organizacións sindicais do Mundo a expresar activamente a súa solidariedade coa loita do pobo palestino e a reclamar o final inmediato desta masacre en contra súa.

Fonte: Federación Sindical Mundial - FSM
____________

CONCENTRACIÓNS SOLIDARIAS -GALIZA CON GAZA
     
Luns 19 de Novembro de 2012

Ás 20:30hs.

Galiza
      
Nestes días estamos a vivir unha nova ofensiva criminal de Israel contra a poboación civil de Gaza. Os bombardeos son continuos e o número de vítimas mortais non deixa de aumentar.

Desde esta páxina iremos publicitando os distintos actos solidarios, achega a túa convocatorio. Actos convocados:

  • Compostela, venres 16, 20:00h, praza do Toural.
  • Ourense, sábado 17, 20:00h, praza Maior.
  • A Corunha, lúns 19, 20:30h, o Obelisco
  • Vigo, lúns 19, 20:30, Farolde Príncipe
  • O Barco de Valdeorras, lúns 19, 20:30, frente ao Concello
  • Ferrol, lúns 19N, ás 20:30, fronte ao edificio administrativo da Xunta, na Praza Amada Garcia.
  • Cangas, lúns 19, 20:00, fronte ao Concello
___________________

Ideas pacíficas para protestar este Nadal


Nadal sen cartóns de crédito

Cidadáns e movementos sociais estámonos mobilizando para dar unha resposta aos atropelos que todos estamos sufrindo nos últimos tempos. Pero os políticos no poder están respondendo con violencia, con moita violencia, e intentos de criminalización.

Por lóxica (e é o que buscan) a xente esta empezando a ter medo a saír á rúa, a manifestarse.

Ben, ... Usemos a cabeza, sexamos creativos!! Usemos a loita pacifica, a non violencia.

Que é o que mais lles pode amolar aos bancos e a moitas multinacionais agora mesmo? Cal é o único idioma que entende esta xente?:

QUE LLES TOQUEMOS O PETO!!

NADAL SEN CARTÓNS DE CRÉDITO:

Fagamos un propósito: Compremos os agasallos de Nadal a pequenas empresas e autónom@s locais (o artesán que fai bixutería, a amiga que ten unha tenda no barrio, o pasteleir@ que fai os turróns artesáns, o moz@ que vende no mercado...)

O pequeno comercio estáo pasando fatal.

Fagamos que o diñeiro chegue a persoas próximas e non a grandes multinacionais. Así, máis persoas terán un Nadal mellor.

E á hora de pagar ... non pagar con cartón de débito / crédito, para evitar o lucro de bancos e multinacionais financeiras (dependendo do cartón pódenlles aplicar comisións de ata un 6%).

Apoiemos á xente, apoiemos negocios locais que vendan cousas de produción local. Deixa de dar diñeiro aos bancos e bota unha man ao teu veciño, que o esta pasando fatal...

SE UN CONSUMIDOR CONSCIENTE ... !!!

"Se queres cambiar ao mundo, cámbiache a ti mesmo." Mahatma Gandhi

Ilustración: "O Apalpador", de Leandro Lamas.

Enviado por:
antonio Mesejo Cerdido
-tonomesejo@hotmail.com-
18 de novembro de 2012 20:52

_________________

domingo, novembro 18, 2012

As nais do rural en loita pola calidade educativa - Vídeos de moito interese

Tags

No verán do 2012 un grupo de nais de Samos, O incio, Cervantes, Navia de Suarna, ... érguense en defensa da educación dos seus fillos e fillas no medio no que decidiron vivir: a montaña e o rural galego (Vídeo realizado por FILMIKA).


http://www.youtube.com/embed/k98VG_K7_Cc


http://www.youtube.com/embed/OxKm_lkhJ7E


_____________

xoves, novembro 15, 2012

O 14N Xornada de Loita Social en Europa e Folgas desde Grecia a Portugal


Reportaxe na canle internacional de televisión 'Rusia Today', sobre a Xornada de Loita Social en Europa e Folgas desde Grecia a Portugal deste 14N de 2012.



Máis Info en:

Rusia Today TV
_______________