sábado, xuño 29, 2013

Recimil: A loita por unha vivenda digna continúa - Intento de peche na sede local do Partido Popular - Reunión cos grupos municipais da oposición


O pasado 26 de Xuño, tiña lugar unha Asemblea de Persoas Afectadas pola desidia do goberno municipal á hora da entrega das vivendas protexidas de titularidade municipal de Recimil. A Asemblea estaba convocada por Stop-Desafiuzamentos de Ferrol Terra da Rede de Apoio Mutuo. A xuntanza tiña lugar pola tarde, no Inferniño, no Centro Cultural Carvalho Calero. Foi unha Asemblea moi participativa. Tanto de persoas afectadas como de activistas en apoio desta xusta loita. O obxectivo desta asemblea era o de abordar o estado actual da reivindicación de adxudicación e entrega das vivendas.

Despois da información veu o debate e a toma de decisións. A Comisión de Traballo levaba unha proposta de mobilización e unha entrevista cos grupos municipais da oposición, ratificado na Asemblea de "Stop", do pasado 20 de Xuño. A acción tería lugar este Venres 28 de Xuño. Mais no transcurso da Asemblea, saíu a proposta de que, dado que o Sr. Alcalde non recibe a este colectivo, ir até a sede local do Partido Popular, e pechar-se até conseguir un compromiso público e firme. Esta proposta complementaria foi aprobada pola Asemblea. A acción tería lugar o mesmo día no que se ía celebrar o Pleno, o 27 de Xuño, ás 11:30 hs.

As dúas accións xa se efectivizaron. Mentres se producía o convulso Pleno Municipal do 27 de xuño, un grupo de 22 persoas entre afectadas e activistas, dirixiron-se até a sede do Partido Popular, na rúa Ruvalcaba, a porta pechada e de abrir nada. Á media hora chegou a policía, mais sen ter claro se nos podían desaloxar ou non. De feito, a acción durou máis de hora e media e a rematamos por decisión asemblearia. Non sen antes deixando-lles unha misiva na porta cos motivos da nosa acción. Este venres, 28 de Xuño, concentrábamo-nos no Pazo Municipal, para posteriormente manter unha xuntanza cos grupos municipais da oposición, para entregar-lles as nosas queixas e demandas ao Concello, recabar a información que eles teñen sobre o parque de vivendas e o proceso de reparación, adxudicación e entrega.

Levamos desde o 22 de maio agardando por unha nova xuntanza co Sr. Alcalde, José Manuel Rey Varela, reiterada por varias veces coa nosa presencia física diante das dependencias da Alcaldía. Non nos chega con algunhas difusas noticias de prensa, cos rumores de que xa contrataron a unha empresa para a reforma e reparación das vivendas baleiras; ou de que seguen chamando, por orde, a algunhas persoas da lista de espera, para confirmar a súa demanda de vivenda; ou tamén que se rematou de elaborar o demandado censo de vivendas baleiras. Na primeira xuntanza e única que mantivemos con el, e con a concelleira Rosa Martínez Beceiro, negou-se á conformación dunha comisión de seguimento, alegando que as portas da Alcaldía sempre estarían abertas para cando quixeramos. Mais foi todo o contrario, non só non están abertas senón que puxo "catro candados". Desde a secretaría da Alcaldía dan-nos largas, supostamente, unha vez consultado co Alcalde. O Regulamento de Participación Cidadá ampara-nos (Artigos 4, 5, 9, 10, e 54).

No seu momento denunciamos que as dúas primeiras vivendas que se entregaron non reunían as condicións básicas de habitabilidade. O que non é de xustiza e vulnera o acordado no Pleno Municipal do pasado 28 de febreiro. Unha parte da veciñanza afectada, concretamente 30, presentaron reclamacións ante o Concello de Ferrol e unha Queixa ao Valedor do Pobo que están polo de agora sen resolver. O propio "Stop" da Rede presentou unha Queixa ante o Valedor do Pobo.

A desidia deste goberno á hora de solucionar o problema potenciou a ocupación ilegal de vivendas que nos consta que segue na actualidade, co conseguinte descenso do número de vivendas baleiras o que supón un alto potencial de conflito moi difícil de solucionar.

Non temos a menor dúbida de que se algo se está movendo no asunto Recimil, é porque nos comezamos a mobilizar para demandar os nosos dereitos, a denunciar a mala xestión do goberno municipal con respecto ao parque municipal de vivendas de Recimil e sobre todo no referente ao Regulamento sobre o procedemento de adxudicación das vivendas.

A loita por unha vivenda digna continúa.

Stop-Desafiuzamentos (Adherida ás PAHs) - Comisión Dereito a unha Vivenda Digna,
da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra

Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com

Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

Enviado por:
Foro Social de Ferrol Terra FSdeFerrolTerra
-forosocialdeferrolterra@gmail.com-
28 de junho de 2013 23:24

__________

venres, xuño 28, 2013

Realizaron-se mobilizacións en toda Galiza na defensa da Sanidade Pública - Miles de persoas nas rúas de vilas e cidades da Galiza - Manifestación de Ferrol - Comunicado - Fotos


Miles de persoas en toda Galiza, secundaron o chamamento da Plataforma SOS Sanidade Pública, este Xoves, 27 de Xuño de 2013. Miles de persoas saíron, á rúa, mobilizando-se en defensa da Sanidade Pública, contra a privatización, o repago, a perda de dereitos e os recortes. En Ferrol a manifestación cidadá rematou na Praza do Concello, diante do Pazo Municipal, onde Miguel López en representación da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área Sanitaria de Ferrol, leu un comunicado unitario que a continuación transcribimos.

Comunicado á Cidadanía

Boas tardes a todos e a todas recibide un saúdo no nome das 50 entidades que conforman a Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol.

Non estamos solos, hoxe e un día de loita en toda Galicia contra os recortes, as privatizacións e o repago, en definitiva, contra o desmantelamento que está a facer o Partido Popular e o Goberno de Núñez Feijoo desde a súa chegada a Xunta de Galicia no ano 2009.

O mesmo ocorre en Madrid, onde a cidadanía e os profesionais da sanidade levan meses de loita, en  Valencia e Castela-A Mancha.

As políticas neoliberais pretenden utilizar a crise, que eles mesmos crearon, para convencer de que o Sistema Sanitario Público é insostible.

Esa mesma canción están aplicando ao Sistema Público de Pensións, tamén din que é insostible.

Detrás de esas informacións falsas so se esconde o negocio para os seus amigos, a Banca, as aseguradoras e as empresas farmacéuticas.

O sistema sanitario público é sostible como tamén o é o sistema público de pensións .
En Galicia moitos máis recortes utilizan a escusa da crise:
  • Redución do orzamento sanitario público en 1000 millóns de euros en tres anos.
  • Recortes de dereitos, recursos e servizos asistenciais.
  • Desmantelamento das áreas e dos servizos.
  • Privatización de moitas parcelas do sistema sanitario público.
En Atención Hospitalaria:
  • Paralización da actividade dos hospitais pola tarde.
  • Desviación de doentes a centros privados.
  • Incremento das listas de espera ( Un 30% en tres anos ).
  • Privatización da xestión do Novo Hospital de Vigo.
  • Abandono da ampliación do Hospital de Montecelo en Pontevedra.
  • Paralización dos Planos Directorios de 7 hospitais para reformar os servizos deteriorados, entre eles o de Ferrol.
  • Paralización da construción de 6 Centros de Alta Resolución.
  • Peche dos laboratorios dos Hospitais Comarcais.
  • Centralización na empresa privada das probas analíticas e innovadoras.
  • Creación dun Anel Radiolóxico, suprimindo radiólogos nas urxencias dos Hospitais Comarcais.
  • Cesión á Sociedade Anónima Galaria da xestión e equipamento tecnolóxico dos Hospitais Públicos.
  • Mantemento do Concerto Singular co Hospital Privado Povisa que é o que ten as maiores listas de espera de Galicia.
Privatización de Servizos Centrais da Consellería de Sanidade e Sergas:
  • Central de chamadas 112.
  • Plataforma Informática.
  • Central de Compras.
  • Almacenamento e distribución.
  • Concursos de selección de persoal.
Desmantelamento das Áreas sanitarias do Salnés, Barbanza, Monforte e o Barco de Valdeorras, para deixar paso á sanidade privada.

Peche de 5 centrais de ambulancias e 1 UCI móbil.

Redución de prazas de persoal sanitario e non sanitario: Xubilación forzosa aos 65 anos, repoñendo só o 10%, o que supón só en facultativos unha perda de 1700 persoas.

Precarización das condicións de traballo do cadro de persoal do Sergas, cunha importante redución salarial e de dereitos, non coberturas por baixas ou ausencias e volta aos contratos lixo por días e mesmo por horas.

En Atención Primaria:
  • Abandono do Plano de Mellora en Atención Primaria: Supresión de 915 novas prazas e paralización da construcción de 66 novos centros de saúde.
  • Absorción da Xestión da  Atención Primaria por Hospitais, a chamada Xestión Integrada.
  • Relegar a Atención Primaria a ser a portería dos hospitais para que poidan seleccionar aos doentes en función dos intereses dos hospitais privados.
Co Real Decreto 16/2012 establecen:
  • Copago receitas das/os  pensionistas
  • Copago de próteses, ortopróteses, cadeiras de rodas e trasporte non urxente en ambulancias.
  • Supresión do dereito á  atención: mozos/as de máis de 26 anos que non teñan cotizado, amas de casa divorciadas, inmigrantes sen papeis( criminalizándoos e culpandoos de que colapsan a sanidade o que é outra mentira máis).
Agora establecen que, con independencia dos ingresos das persoas, van ter que adiantar o custo íntegro das próteses, cadeiras de rodas, etc, moitas veces miles de euros, e logo agardar que o Sergas reintegre a cantidade a que se teña dereito, sen establecer prazos para esas devolucións. Persoas con pensións baixas e salarios baixos, non esquezamos que en Galicia temos as pensións e os salarios máis baixos do Estado, van ter que afrontar, ademais do repago farmacéutico, o adianto dos cartos para próteses. Quererá Núñez Feijoo volver aos tempos en que a xente andaba cunha pata de pau?

Coa chamada Lei de Garantías so se pretende:
  • Compensar o desgaste do Goberno da Xunta de Galicia fronte aos recortes en sanidade e o incremento das listas de espera.
  • Descapitalizar o sistema público facilitando aos centros privados a provisión de servizos custeados con diñeiro público.
  • Recortes en Hospitais Públicos que producen:
  • Incrementos na derivacións a centros privados.
  • Aumentos nas listas de espera.
  • A metade dos doentes en lista de espera están en listas ocultas, as non estruturais.
  • Moitas listas se pechan por tempo indefinido para que eses doentes non computen.
As consecuencias da aplicación da chamada Lei de Garantías son:
  • A descapitalización dos centros públicos que deberán compartir o orzamento hospitalario con centros privado.
  • Atraerá a multinacionais sanitarias como Capio ou Ribera Salud en mans de fondos de capital risco internacional, ao garantírselles a clientela.
E unha carga de profundidade contra o actual modelo sanitario ao impedir:
  • A planificación dos recursos en función das necesidades de cada zona.
  • A equidade polo nivel de renda ou lugar de residencia.
  • O traballo en equipos multidisciplinarios.
  • A integralidade da Atención Sanitaria.
  • A coordinación entre os distintos niveis asistenciais.
  • Supón unha manobra de marketing político xa que simula unha oferta de dereitos, imposibles de cumprir no marco de recortes orzamentarios, de recursos humanos e asistenciais.
  • É unha tapadeira para camuflar a decapitalización dos centros públicos en beneficio do sector privado.
  • Atenta contra a universalidade, integridade, equidade, racionalidade, calidade e eficiencia.
En definitiva con esta Lei Trampa chamada Lei de Garantías o que se pretende e poñer unha cortina de fume diante da política do Partido Popular de descapitalizar o sistema sanitario público.

Un novo recorte en dereitos é a supresión ou modificación da Lei do Aborto que, a demanda de Rouco Varela, ven a supoñer un retroceso nos dereitos das mulleres a  poder decidir por elas mesmas

Na Área sanitaria de Ferrol:
  • Na Área Sanitaria de Ferrol tense paralizado o proxecto de investimento de 63 millóns de euros en tres anos para a actualización do antigo Hospital Naval.
  • Tense paralizado o Plano Director do Complexo Hospitalario.
  • Aínda están en obras o Centro de Saúde de Serantes e das Somozas.
  • Os centros de saúde de Ares, Cedeira, A Capela e Narón xa tiñan que estar rematados.
  • O proxecto de ampliación do Fontenla Maristany está esquecido.
  • Quedamos fora do mapa de Novas Tecnoloxías.
  • Se producen peches de camas nos meses de verán o que está producindo colapsos en Urxencias con esperas de 48 horas para ingresar, precisamente pola falla de camas.
  • Pecháronse os consultorios da Graña e O Seixo e xa se fala de novos peches.
  • Se pretende pechar o Hospital Novoa Santos, coa escusa de cederllo á Universidade, que non o precisa, mentres se mantén un concerto co Juan Cardona por 6.5 millóns de euros anuais.
No Hospital Novoa Santos  tense que construír o Centro de Referencia de Enfermidades Profesionais de Galicia, que de tratamento a todos o que están afectados por enfermidades profesionais como sucede nesta comarca con milleiros de persoas por culpa do amianto. Tamén ten que dar cabida a entidades socio sanitarias ás que se está levando á súa desaparición como Asfedro, Lazos, Aspanes e outras, para que poidan desenvolver o seu importante labor asistencial. Teñense que crear camas de enfermos crónicos e pluripatolóxicos o que posibilitará que, xunto coa potenciación da Atención Primaria, se colapsen as urxencias do Arquitecto Marcide.

Quen pode entender que se peche un Hospital Público, o Novoa Santos, e se manteña un concerto co Juan Cardona por 6.5 millóns de euros anuais?

Ademais se permite que persoal da sanidade pública preste servizo en centros concertados, atendendo a doentes do concerto, o que é absolutamente ilegal e que a Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública estamos debatendo de poñelo en coñecemento da Fiscalía Anticorrupción.

Poderiamos seguir falando dos moitos recortes e privatizacións que se están a producir na Sanidade Pública desde o ano 2009, moitos deles non son percibidos pola maioría da sociedade, pero non acabariamos nunca, porque a lista é moi longa,

Coa actual Xunta de Galicia as privatizacións, recortes, repagos, diminución dos dereitos de usuarios e de traballadores, vai continuar, polo que a continuidade das Plataformas en Defensa da Sanidade Pública faise máis necesaria que nunca, por que é preciso facerlle fronte a esas políticas cunha mobilización continua e sostida no tempo, como están a facer noutras partes do Estado Español e como hoxe estamos facendo en moitas partes de Galicia.

Por que é posible derrotar a esas políticas temos que seguir loitando de xeito unitario e continuo, tanto nas rúas como nos centros sanitarios.

A Sanidade Pública non se vende, se defende¡ A Saúde non é un negocio¡

Moitas grazas.

---

Algunhas fotos da Manifestación:

Enlaces de interese:

http://plataformadspferrol.blogspot.com.es/

http://www.sos-sanidadepublica.org/

__________________

mércores, xuño 26, 2013

A oposición a Reganosa no Parlamento Galego - Vídeo - Documentos


Despois de máis dunha década de loita do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol contra a localización da Planta de Gas de Reganosa, hoxe debateuse no Parlamento de Galicia a Moción presentada polo Grupo Alternativa Galega de Esquerda -AGE, esixindo o desmantelamento da Planta, o cumprimento da Sentenza firme do Tribunal Supremo de maio 2012 e a denuncia do Convenio secreto asinado polo Presidente Fraga e o accionariado da Planta.

A Moción, con emendas do PS de G – PSOE e BNG, foi rexeitada pola maioría absoluta do Partido Popular.

Unha representación do CCE, asistiu ao debate no Parlamento, desde dependencias anexas, xa que logo non lle foi permitido acceder ao salón de Plenos.

Nota de AGE

Texto da Moción

Intervención de Yolanda Díaz.

Yolanda Díaz esixe o peche da planta de gas de Reganosa na vila de Mugardos

A vicevoceira de AGE, Yolanda Díaz, presentou unha proposición non de lei na que se exise ao goberno de Núñez Feijoo que cumpra a lealidade e respecte as sentenzas nas que se declara nula a modificación puntual feita en Mugardos coa que se intentaba adecuar á legalidade a planta de gas de Reganosa. Yolanda Díaz sinalou que o problema da planta de gas de Reganosa naceu cun pecado orixinal como foi o convenio asinado entre Fraga e as empresas que sustentan a planta cun pacto corrupto de convivencia político- empresarial vulnerando a legalidade. Así, seguimos a ter unha auténtica bomba a tan só metros dun arsenal militar e que tanto o ministerio de defensa entre outros moitos alertaron dos riscos e perigo que supón para todos os veciños e veciñas aos que a Xunta limitouse a repartir folletos e un kit de emerxencia por se saen voando.


http://youtu.be/kUGwrDLO038


Información baseada na enviada polo:
comitecidadan
-comitecidadan@gmail.com-
26 de junho de 2013 17:28
______________

martes, xuño 25, 2013

Pode-se facer, máis non queren! - A loita por unha vivenda digna e adecuada, aquí e hoxe, ... Por Xan do Couto


Na Comisión de Xustiza Social da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, abordamos no seu día un caso significativo dunha moza e un mozo, sen recursos económicos, cunha filla pequena. Despois de “solucionado” o seu desafiuzamento nas vivendas sindicais, ao pouco sumouse-lles outro problema. O mozo, ou pagaba unha multa de 1.080 euros, ou entraba en prisión para cumprir 6 meses. O mozo era usuario de Lazos Pro Solidariedade, e estaba nun programa de inclusión sociolaboral, admitido nun curso de capacitación profesional a punto de comezar. Á prisión por pobre!, cando estaba a punto de resolver, temporalmente, algúns dos seus problemas. Non podiamos permitir tal inxustiza, polo que desde a Rede, decidimos impedir que entrara en prisión. Entre as achegas da familia máis próxima e o préstamo do “Peto Solidario”, conseguimos pagar a multa.

En Ferrol Terra, como no resto da Galiza, e o mundo, a falta de vivenda ou a perda da mesma, vai ligada á entrada nunha situación de exclusión social, e dentro desta, a falta de emprego e dunha renda básica, son os factores fundamentais. Dentro da Rede de Apoio Mutuo, constituíu-se unha Comisión polo Dereito a unha Vivenda Digna, que ten como obxectivo a concreción dun parque público de vivenda social, como solución máis acaida á falta ou perda de vivenda. Asumimos o encetado polo Movemento 15M en 2011, e vinmo-nos desenvolvendo loitas contra varios despexos, xa como Rede, en 2012 e no que vai de 2013. Foi por iso, por estas accións, polo que decidimos adoptar o nome de Stop-Desafiuzamentos e adherirnos á loita das PAHs, que nos achegan recursos, información e ideas. Tamén encetamos unha coordinación galega das plataformas operantes na nosa Terra.

Stop-Desafiuzamentos, organizou e está activando a reivindicación de entrega das vivendas protexidas de Recimil, ás 116 familias en lista de espera. Todo comezou cando, membros da Rede, reclamaban a entrega de vivendas de emerxencia social para as familias que quedaban desamparadas polos desafiuzamentos. Recibían sempre a mesma resposta dos responsábeis municipais: "non hai vivendas en Recimil en disposición para entregar". Os servizos sociais non dispoñen deste recurso para solucionar os problemas de grave emerxencia social. Mais o Sr. Alcalde de Ferrol en varias roldas de prensa, actos, e mesmo cando presentou o seu "Plan de Oportunidades", facía mención a estas vivendas e daba cifras, mesmo falaba de orzamentos para a súa reparación.

A mentira e a irresponsabilidade forman parte do actuar político do Sr. Alcalde, José Manuel Rey Varela e o seu séquito do Partido Popular. Non só non son capaces de adecuar unhas poucas vivendas para emerxencia social, senón que non tiñan pensado dar resposta ás necesidades de 116 persoas con escasos recursos, que estaban á espera de que se lles entregara unha vivenda protexida en Recimil.
A situación económica e social da maioría das familias é moi difícil, e levan agardando por unha vivenda desde hai tempo. Só hai que ver os requisitos de baremación para dar-se conta de que estamos a falar, nunha parte importante de casos, de persoas cunha necesidade urxente de vivenda e de apoio social. O goberno municipal, pretendía mante-los no máis absoluto esquecemento, até que se decidiu mobilizar para reclamar unha vivenda digna.

A loita polo dereito á vivenda digna e adecuada, amosa as entrañas dun Capitalismo depredador e inxusto. Amosa as contradicións nunha sociedade formalmente democrática, mais que adoece dos mecanismos de xustiza social e garantes dos dereitos humanos e liberdades fundamentais, recoñecidos non só na Declaración Universal do 10 de Decembro de 1948, senón que tamén na Constitución e asinados en múltiples convencións, convenios, declaracións e cartas internacionais.

Vivimos nun sistema que non é bondadoso nin xusto, senón todo o contrario, que condena a moitas persoas á pobreza e á exclusión social. No occidente opulento, son centos de millóns as persoas pobres e empobrecidas coas políticas chamadas de “Austeridade”, que non son outra cousa que recortes sociais e laborais. Na Galiza, segundo datos oficiais, máis de 650.000 persoas están en situación de exclusión social e máis de 120.000 consideran-se en situación de pobreza severa.

Ferrol, a 31 de Maio de 2013.

Por Xan do Couto.

Publicado no nº34 da revista 'Razón Socialista' de Fuco buxán A.C.

http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

Enviado por:
Foro Social de Ferrol Terra FSdeFerrolTerra
-forosocialdeferrolterra@gmail.com-
25 de junho de 2013 11:18
_______________

Nova Asemblea de persoas afectadas pola desidia do goberno municipal, á hora da entrega das vivendas de Recimil - Este Mércores 26 de Xuño ás 6 da tarde no Centro Cultural Carvalho Calero do Inferniño

Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, convoca unha Asemblea de Persoas Afectadas pola desidia do goberno municipal á hora de entrega das vivendas protexidas de titularidade municipal.

O obxectivo desta asemblea é abordar o estado actual da reivindicación de adxudicación e entrega das vivendas de Recimil ás persoas da lista que están agardando por elas.

Neste momento sabemos, sen confirmación oficial, que xa contrataron a unha empresa para a reforma e reparación das vivendas baleiras. Tamén nos consta que o Concello segue chamando, por orde, ás persoas da lista de espera, para confirmar a súa demanda de vivenda. Podemos informar tamén de que se está a elaborar o demandado censo de vivendas baleiras.

Queremos informar tamén de que trinta persoas afectadas pola desidia do Goberno Municipal, teñen interposta unha reclamación ante o Concello e ante o Valedor do Pobo. Continuamos á espera de que o Sr. Alcalde, José Manuel Rey Varela, conceda a segunda xuntanza coa Comisión constituída por persoas afectadas e de Stop-Desafiuzamentos para buscar unha solución a esta situación criada no noso concello en relación ao dereito a unha vivenda digna.

A citada Asemblea terá lugar o vindeiro Mércores, 26 de Xuño, ás 6 da tarde, no Centro Cultural Carvalho Calero do Inferniño. Esta asemblea estará aberta tamén a todas aquelas persoas que queiran solidarizarse con este colectivo e incorporarse á loita por unha vivenda digna.

Ferrol, a 25 de Xuño de 2013

Stop-Desafiuzamentos (Adherida ás PAHs) - Comisión Dereito a unha Vivenda Digna,
da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra

Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com

Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

Enviado por:
Foro Social de Ferrol Terra FSdeFerrolTerra
-forosocialdeferrolterra@gmail.com-
25 de junho de 2013 11:24

__________

XX Festival do Río Castro - Sábado 6 de Xullo de 2013


XX Festival do Río Castro -  Naraío - San Sadurniño.
Sábado 6 de Xullo de 2013, desde as 12 do mediodía.

No Lugar da Bola en Naraío, ao pé do Río Castro:
  • Ás 12h chegada de merendas.
  • Ás 15:30h Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional.
  • Ás 17:30h Magín Blanco "A Nena e o Grilo nun barquiño" Coa colaboración de Ghazafelhos.
  • Ás 18:30h Campionato de deporte popular tiro de corda,serrado de tronzador e chave.
  • A partir das 22:30h.
  • Escola de Música Tradicional do Concello de San Sadurniño.
  • A Requinta da Laxeira.
  • Zurrumalla.
  • Os Rastreros de Chantada.
A festa está asegurada,vide a Narahío e gozade do Festival.

https://www.facebook.com/ocastelonarahio

Evento no facebook
:
https://www.facebook.com/events/431447813619050/
__________

A min buscádeme sempre un lugar a carón dos de abaixo, ... Por Antón Dobao


Por Antón Dobao [*]
24.06.2013


Quen é incapaz de comprender as diferentes formas de violencia extrema que fundan o sistema baixo o que vivimos (non todos) é incapaz de comprender a propia sociedade en si. Atoutiña, no mellor dos casos. E cando non quere advertir a extrema violencia do Estado como aparello coercitivo e parcial, contra os máis débiles ou como prevención do mal exemplo, simplemente porque os medios de produción simbólica nos convidan a condenar sen termos sequera capacidade para coñecer os crimes reais, é que dalgunha maneira acaba elixindo a complicidade coa violencia que nos escinde e nos anula.

A min buscádeme sempre un lugar a carón dos de abaixo. E dos que están en prisión.

Como pode ser que haxa quen non aborrece as lexislacións e os tribunais de excepción, as diferentes varas de medir, os diferentes códigos penais, as prisións preventivas indefinidas, a doutrina Parot, as torturas, a redución de seres humanos a puros obxectos, a incomunicación, o ensañamento coas familias, a perversidade dun sistema de castigo que pena a rebelión ou os ataques á propiedade privada pero protexe os saqueos, as fraudes, a explotación, o engano, a destrución da dignidade e da vida. Ninguén cunha sensibilidade e unha razón de esquerda. Ninguén con sensibilidade. Se o déficit político e humano for tan enorme, pouca esperanza quedaría. Converter a Beiras no centro das reconvencións, equiparar en negativo as súas certeiras declaracións coa maquinaria coercitiva dun Estado que nunca rompeu lazos co fascismo franquista é politicamente deplorable. Desde un punto de vista de esquerda. Aínda que faga tales exercicios esa organización política por cuxa complicidade e acubillo devecen algúns conspicuos militantes de Anova.

Independentistas de Galicia, homes e mulleres, van ser xulgados por pertenza a unha organización fantasmagórica cuxa existencia non está sequera demostrada.

Eu tamén me solidarizo con eles e coas súas familias e amigos.

Ás veces, abondaría con ler a Kafka. Outras, cumpriría nada máis ca un mínimo de sensibilidade.

Nota.-  post de Antón no facebook.

[*] Xosé Antón López Dobao, coñecido como Antón Dobao, nado en Lugo o 16 de xullo de 1963, é un escritor, tradutor e cineasta galego. [Na Galipedia].

Enviado por:
Inácio GZ
inaciogz@gmail.com
24 de junho de 2013 22:10

________________

A asociación Fuco Buxan presenta o libro "O meu testamento político" de Santiago Carrillo e inaugura unha biblioteca que levará o nome do destacado político que finou o pasado ano


Este martes, 25 de xuño de 2013, a asociación Fuco Buxan presenta o libro "O meu testamento político" de Santiago Carrillo  e inaugura unha biblioteca que levará o nome do destacado político que finou o pasado ano.

A nosa Asociación, como continuidade aos actos do pasado ano, con motivo do falecemento de Santiago Carrillo, o noso querido amigo e Socio de Honra (Presenza nos actos de Madrid e Xixón, Homenaxe de Ferrol no Centro Cultural Carvalho Calero), celebrará agora, o vindeiro martes 25 de xuño, dúas importantes actividades:

Ás 18 hs, no noso Local Social "Tino Deibe" (Rúa Armada Española, 32 baixo, Caranza).

Inauguración dá Biblioteca dá Asociación, que levará a denominación “Santiago Carrillo”.

Unha Biblioteca modesta, de ao redor de 1000 volumes, conseguidos a través de numerosas doazóns (Socios/as, amigos/as ou Institucións) e tamén adquiridos. Cunha vocación de especializarse en temas socio-políticos, de igualdade de xénero e da Memoria Histórica, como vehículo de coñecemento da realidade social e que estará, en breve, aberta a toda a cidadanía para a súa consulta e disfrute.

Ás 20 hs, no Centro Cultural Carvalho Calero (Praza do Inferniño).

Presentación do libro “Mi testamento político” o último publicado por Santiago.

En ambos actos, abertos ao público, estará presente o seu fillo maior: Santiago Carrillo Menéndez.

Fuco Buxán, A. C.
Rúa Armada Española, 32 baixo- 15406 - Ferrol
Apartado Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telefono. 981325492
www.fucobuxan.net
fucobuxan@yahoo.es


Enviado por:
fucobuxan
-fucobuxan@gmail.com-
24 de junho de 2013 10:47
_______________

Terrorismo é... Manifesto Cidadán

Terrorismo é...

Recolhemos da página de GalizaContrainfo dous vídeos cuja temática é a denúncia do juízo político do 24 e 25 de Junho a quatro militantes independentistas na Audiencia Nacional. Animamos a vê-los e difundi-los:

[Vídeo] terrorismo_e
[Vídeo] o_que_nom_vam_contar

PORQUE TERRORISMO É
... que o Estado se apodere dos corpos das mulheres
... que nos obriguem a emigrar para atopar trabalho
... que destruam e envelenem a nossa terra
... ficar sem teito havendo miles de casas desabitadas
... que os bancos que roubam á gente recibam os quartos do Estado
... que che restem direitos por ser imigrante
... que se reduzam salários e aumentem as horas de trabalho baixo amenaza de despedimento
... a imposiçom dum único modelo de sexualidade
... privatizar, mercantilizar e espanholizar o nosso ensino
... que unha criança galega tenha vergonha de falar a língua da sua terra
... nom ter a soberania do nosso
... a impunidade dos políticos corruptos
... passar toda a vida trabalhando e nom chegar a fim de mês
... a violência, o controlo social e a tortura dos corpos policiais
... nom ter perspetivas de futuro
... que o Estado se apodere das palavras
... EMPREGAR OS MEIOS PÚBLICOS DO ESTADO PARA REPRIMIR E CRIMINALIZAR OS MOVIMENTOS SOCIAIS

CEIVAR, organismo popular anti-repressivo
Sede nacional Costa nova de arriba. Local 2. Edifício 3. Baixo
15704-Compostela
GALIZA
ceivar@ceivar.org
www.ceivar.org

Enviado por:
ceivar@ceivar.org
-ceivar@ceivar.org-
22 de junho de 2013 23:25

____________

Manifesto Cidadán de Solidariedade cos independentistas xulgados en Madrid

Os axentes sociais, sindicais e políticos que asinamos esta declaración queremos transmitir á sociedade galega, á vista do xuízo de catro independentistas galegas a celebrar na Audiencia Nacional de Madrid os próximos dias 24 e 25 de xuño, as seguintes cuestións que provocan en nós profunda preocupación e consideramos da máxima importancia:

1ª Denunciamos a excepcionalidade xurídica a que están sometidos os cidadáns galegos Eduardo Vigo Domínguez, Roberto Rodrigues Fialhega e Antom Santos Peres, presos sen se celebrar o seu xuízo desde hai ano e medio e dispersados a centos de quilómetros dos seus lugares de residencia nun incumprimento flagrante da lexislación e dos convenios e acordos internacionais asinados polo Estado español nesta materia que refliten, con absoluta claridade, que nengún preso ou presa pode permanecer encarcerado lonxe do seu lugar de residencia e contorna social.

2ª Queremos expresar a nosa solidariedade e afecto aos familiares dos independentistas presos e denunciar a extorsión económica á que son sometidos como resultado da dispersión penitenciaria, que se traduce nun gasto semanal insustentábel para desprazarse a prisións situadas a centos de quilómetros e poder visitar, durante só 45 minutos, os seus seres queridos. Alén desta extorsión, sumemos o esgotamento físico e o risco de acidente en estradas durante meses e anos e comprenderemos que esta situación, alén de ilegal, é inhumana.

3º Preocúpanos o intenso impulso político que adiviñamos neste xuízo, con peticións que alcanzan 64 anos de cárcere para os catro independentistas xulgados e a certeza de que, como tribunal de excepción que é, a Audiencia Nacional responde a directrices políticas e carece das mínimas garantías xurídicas esixíbeis, como xa denunciaron organizacións de dereitos humanos e instancias internacionais.

4ª A nosa preocupación alcanza o cénit ante a posibilidade de que este tribunal ditamine nese xuízo a existencia dunha “organización terrorista” en Galiza da que supostamente farían parte os procesados e a procesada Maria Ossório. Esta é, de feito, xunto ás desorbitadas penas solicitadas, a cuestión esencial a dirimir e a que posibilita semellantes peticións. Valoramos que, a formalización xurídica da existencia desta suposta “organización”é unha estrataxema do Estado para abrir as portas á criminalización do soberanismo, facilitando detencións, ilegalizacións e o agravamento do xa de por si agudo déficit democrático que suportamos.

Neste sentido, chamamos á sociedade a valorar e reivindicar os puntos arriba expostos e a estar alerta ante a eventualidade de que, no que pode ser unha aplicación en Galiza do que se coñece como Dereito Penal do Inimigo, o xuízo dos días 24 e 25 de pé a unha volta de porca na represión política contra a ideoloxía e as organizacións soberanistas e independentistas que sería de todo punto de vista antidemocrática e inaceptábel.

Adiante, Agir, Assembleia da Mocidade Independentista (AMI), Briga, Causa Galiza, Causa Obreira, Ceivar, CIG-Servizos, CNT-Compostela, Coletivo Nacionalista de Marin (CNM), Comités, Conas Ceives, Central unitaria de traballadoras/es (CUT), C.S Aturuxo, C.S Gentalha do Pichel, C.S. Mádia Leva!, C.S O Fuscalho, C.S. Revira, C.S. Sem Um Cam, C.S. Xebra!, Federación Rural Galega (Fruga), Frente Popular Galega (FPG), Fundaçom Artábria, GalizaLivre, Galiza Nova, Isca!, Liga Estudantil Galega (LEG), Mulheres Nacionalistas Galegas (MNG), Movemento pola Base (MpB), NÓS-Unidade Popular (Nós-up), Partido Comunista do Pobo Galego (PCPG), Organizaçom para a Liberaçom Nacional (OLN), Rede Feminista Galega, Siareiras Galegas, Silveira.

Apoiar manifesto:
https://www.change.org/es/peticiones/povo-galego-solidariedade-com-pres-s-independentistas
________________

luns, xuño 24, 2013

Nova recompensa en Verkami: 'Hipótesis Democracia' - Seguimos promovendo Galiza Ano Cero un novo MediaProxectoTv Galego, independente, mais non neutral; comprometido, desde abaixo a esquerda; apartidario, mais político; participativo e en Código Aberto

24 Xuño, 2013 |Estamos a piques de chegar ao ecuador da nosa campaña de microfinanciamento. As recompensas de 75 e 100 euros, que inclúen, ademais de produtos de Galiza Ano Cero, gravacións e libros dos catálogos de Discos da Máquina e Estaleiro Editora, discográfica e editorial cooperativas, están a piques de esgotarse. Por iso, e grazas á colaboración de Traficantes de Sueños, hoxe introducimos unha nova.

Por 40 euros, ademais dos clásicos e non por iso menos xustos agradecementos no web e tres obxectos de Galiza Ano Cero (bolso de tea, chapa e caderno), ofrecemos un exemplar de Hipótesis Democracia. Quince tesis para la revolución anunciada, un libro de Emmanuel Rodríguez López que vén de incorporar Traficantes de Sueños ao seu magnífico catálogo. Se queres saber máis, escoita esta entrevista co autor do volume.

Web do proxecto:
http://galizaanocero.tv/
_________

venres, xuño 21, 2013

A perigosidade e ilegalidade de Reganosa, vai entrar no Parlamento de Galicia, os vindeiros 25 e 26 de Xuño, da man do Comité Cidadán de Emerxencia e a través do Grupo Parlamentar de AGE

Tags

En forma dunha Proposición no de Lei sobre Reganosa, o Grupo Parlamentar da coalición Alternativa Galega de Esquerda (AGE), conformada na actualidade polas organizacións políticas: Espazo EcoSocialista Galego, Equo, Esquerda Unida e ANOVA - Irmandade Nacionalista, presentaron esta proposición a iniciativa do Comité Cidadán de Emerxencia para a ría de Ferrol.

O pasado 19 de xuño, celebrouse unha Rolda de Prensa conxunta do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol e da Alternativa Galega de Esquerda, para presentar publicamente a Proposición no de Lei, que o Grupo Parlamentario de AGE levou ao Parlamento de Galicia e que será debatida os próximos martes e mércores, 25 e 26 de xuño.

Interviñeron no acto: Yolada Díaz, vice-voceira de AGE no Parlamento,  Manuel A. Rodríguez Carballeira,  Luz Marina Torrente e Humberto Fidalgo, membros do Comité Cidadán de Emerxencia.

Achegamos documentación ao respecto:



Audio da Rolda de Prensa


Informe da Comisión de Peticións do Parlamento Europeo, despois da visita dun grupo de Parlamentarios á nosa Ría con motivo das denuncias do CCE pola ubicación de Reganosa.  Ler documento en inglés.

Nota de AGE denunciando presións do PP para que o P.E. retire do seu informe as referencias a Reganosa. Ler documento.

Proposición No de Lei de AGE exixindo o desmantelamento de Reganosa. Ler documento.

Nova da Rolda de Prensa en DIARIO DE FERROL.


Blog solidario coa veciñanza de Meá
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
twitter.com/ComitCEmerxenc

Información baseada na enviada polor:
comitecidadan
-comitecidadan@gmail.com-
20 de junho de 2013 14:11

________________

xoves, xuño 20, 2013

Aquel home xa non era de ninguén, era de ningures, ... Por Xaquín Capo Freire

AQUEL HOME XA NON  ERA DE NINGUÉN,  ERA DE NINGURES

Por Xaquín Capo Freire [*]
20.06.2013


Convidáronme para participar activamente en dous actos diferentes que proximamente se van celebrar en Ferrol e Santiago e que teñen en común os nosos cárceres. Voulles dedicar unhas reflexións persoais en tres ou catro artigos curtos.

Caso real: Martes, 7 de maio de 2013, ás 14 horas, nunha redonda da vila de Teixeiro. Un preso do Centro de Paradela, Teixeiro, cumpriu a súa condena de bastantes anos. Saíu para fóra, para a tan ansiada liberdade.

Levaba tres días sentado cima de dúas grandes maletas de mala calidade, diante do “Sabino”. Auga, frío, neve, saraiva, noite, mañá, tarde e volta a empezar. Comía uns “bocatas” que a xente lle daba. Cando lle preguntaban cara a onde ía, cun acento do sur de España, falaba de esperar un coche, un tren, non sabía se para a dereita, a esquerda,  o norte ou o sur, porque estaba na redonda dunha encrucillada de camiños...  Non sabía para onde tirar.  Ninguén esperaba a súa chegada en ningún lado do mundo. Era de ninguén e era de ningures. Xa non tiña referencias nin el as sabía. Despois de moitos anos de encerro este é o noso produto final. Vaia trofeo!

Coma este saen con frecuencia moitos outros máis, aos que eu non teño oportunidade de ver porque non vivo alí e o voluntariado fágoo dentro do penal. Eu nunca me decatei, ata ese día, porque co frío que facía o caso era moi rechamante. Conste que a xente se doía del. Pero non era de alí nin para ficar alí na rúa á ventimperie, ao imperio do vento. Descubriu dolorosamente aos tres días de saír,  que aquela estrada, a 12 km. do penal, era a súa única casa. Alí, fóra. Nunha infinda soidade. Non era de alí. Era un “corpo estraño”, incluso na rúa, que teoricamente é de todos. Non ten casa. A sociedade seguirao rebotando de novo e sempre. E tampouco poden so catro veciños cargar con ese problema que se repite cada certo tempo. O lóxico é que volva ao cárcere. Pero ten que delinquir e iso leva aínda días.

Os cárceres son os “nosos” cárceres. Os presos son os “nosos” presos. Son os presos que nós enxendramos e xeramos na “nosa” sociedade, na que vivimos, na que estamos, da que formamos parte e da que somos responsábeis e corresponsábeis. Son presos nosos, incluso familiares,  que illamos igualciño que facemos co lixo. Apartalos lonxe!

Os cárceres son para os pobres. “Aquí estamos por robar poco. Si robáramos mucho no estaríamos aquí. Tendríamos buenos abogados y dinero suficiente para alargar los procesos y estar lo mínimo posible o ni entrar ya y seguir viviendo bien”. Así está recollido como testemuño. Terán razón? Algo diso debe haber.

 A Constitución.(art. 25, § 2) fala de: Rehabilitar. Reinsertar. Reinserir. Resocializar. E todos descansamos. Xa están lonxe! Que  o faga o cárcere.

Como se pode reeducar, rehabilitar, reinserir, resocializar sen o uso e exercicio adecuado da liberdade?

Nun espazo de 500 m², por longos anos de un só día que se repite invariabelmente 365 veces, sempre iguais cada xornada, non hai moitas posibilidades para conseguir esas utopías, por moita vontade que lle poñan todos cantos alí traballan ou nos movemos.

Iso é cometido da sociedade, de todos e cada un de nós.E cos ventos que corren na reforma do Código Penal non hai vontade política seria de sermos constitucionais.

Que apodrezan no cárcere! Cadea perpetua revisábel! (Para peor, naturalmente). Estamos creando unha sociedade vindicativa e inmisericorde. E así só recollemos desfeitas humanas. Todos lle pasamos a pelota ao outro: Debían facer, recoller, acoller,  ...

Un indefinido “debían, debían, debían”... Sempre os outros. E eu, que? Eu non debo, ti non debes el non debe, nós non debemos, vós non debedes, eles non deben?

Aquí debemos todos. E que ninguén sacuda a parte alícuota de responsabilidade, iniciativa ou creatividade que lle corresponde. Non podo todo pero podo algo, aínda que só sexa denunciar o problema.  En próximos artigos seguiremos interrogándonos.

De momento, vinde todos á obra, dixo Castelao. Hai sitio para todos, non critiquedes nin destruades, mentres se está no obradoiro, mentres se está aínda na feitura. Por iso felicito aos que organizan eses actos de concienciación da saciedade. Parabéns!

Fonte da Cruz, Narón, a 10 de Xuño de 2013

[*] Xaquín Campo Freire [Xaquín da Roca],  Narón 1937, é un relixioso galeguista. Graduado social, ATS pola Universidade de Santiago de Compostela, a diplomatura en Xerontoloxía Social pola Universidade Complutense de Madrid e é licenciado en Teoloxía Pastoral Sanitaria, pola Universidade Camillianum de Roma dende 2005. É membro do consello de redacción da revista Encrucillada así como membro ordinario da AELG. Traballou de enfermeiro no PAC de Fene e de capelán de Residencia de Anciáns. Na actualidade é director do Centro de Acompañamento e Relación de Axuda e da Escola de Saúde e Centro de Escoita Activa Mons. Araúxo.

Enviado por:
Xaquin Campo Freire
-xaquinderoca@gmail.com-
17 de junho de 2013 22:10

AQUEL HOME XA NON ERA DE NINGUÉN, ERA DE NINGURES.
"La fábrica del llanto y el telar de las lágrimas", escribiu o poeta Miguel Hernández.
SAÚDOS. XAQUÍN  CAMPO FREIRE
__________________

Reforma laboral, discriminación por VIH e cesión de historias clínicas, ... Por Carlos Varela


Por Carlos Varela [*]
20.06.2013


As políticas sanitarias están cambiando o sistema de protección da saúde, tal e como o entendiamos ata o de agora. O público, xa non é de todas e de todos. O público, nalgúns casos, pertence a  conglomerados empresariais cuxa intención non é outra que gañar diñeiro. Estes conglomerados empresariais,  compóñenos  aseguradoras e  agrupacións bancarias, habitualmente.

Con todo non é o ámbito da saúde o único que nos preocupa ás persoas con VIH. Unha das políticas que máis afectan ás persoas con VIH e sida son as que atentan contra o “absentismo laboral” por motivos de saúde. Estas medidas, recóllense na última Reforma Laboral e permiten despedir a un traballador si falta 9 días, aínda que sexan de forma  intermitente nun período de dous meses consecutivos ou, o 25% de días hábiles durante catro meses descontinuos nun período de 12 meses (20 días entre catro meses calquera). O grave é que non importa que estas ausencias sexan por motivos médicos xustificados. Esta inxusta medida supón, por si mesma, un grave atentado cara á saúde de todas as traballadoras e traballadores, e unha redución moi importante nos dereitos laborais, especialmente no colectivo de persoas con enfermidades crónicas, entre as que se atopan as persoas con VIH.

A este novo escenario,  de recortes en dereitos, témoslle que engadir o anuncio, hoxe feito público (19.06.2013) pola Ministra de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, Dona Ana Mato, que “o Ministerio está valorando a necesidade de integrar os sistemas de información de centros non pertencentes á rede pública nos proxectos de e-Saúde”. É dicir, que as nosas historias clínicas compartiranse cos centros sanitarios privados e viceversa.

Non dou crédito! É cedo para poder analizar todas as repercusións que se poden presentar, a partir da implantación desta medida, con todo, xa se me veñen á cabeza certas dúbidas:

Os que temos tarxeta do sistema público de saúde, no meu caso do SERGAS, utilizamos tanto a sanidade privada? Utilizámola tanto como para que se poidan cometer erros derivados da falta de información e coordinación, entre os e as médicos que nos atenden? Para que, entón, quere un médico da sanidade privada, información sobre a miña historia clínica? Eu  só acudo,  en ocasións excepcionais,  e porque son derivado da pública, á cal remítenlle o informe.

Das persoas que acudimos á Sanidade Pública, cantas  as alternan sanidade pública e privada?

Volvo ao principio do artigo. Comentaba que os centros sanitarios privados pertencen a aseguradoras e á banca, xeralmente. Falabamos de que os seus obxectivos (como empresarios ou voitres, que son) é ter beneficios. Ben, pois diso deduzo que gratis non van facer as cousas, e polo tanto, esa “coordinación para a xestión e cesión das historias clínicas”, vai ter un custo.

De que importe estamos falando? Que partida orzamentaria, e que servizos sanitarios,  veríanse reducidos ou eliminados, para poder implementar esta nova medida?

Con que informe contamos que indique ou suxira que esta medida é necesaria e oportuna nestes momentos? Como todo en saúde, onde está o estudo de custo eficacia desta nova medida?

Como persoa que vive con VIH, preocúpame que os meus datos sexan xestionados por empresas, cuxos propietarios xestionan aseguradoras.  Esas aseguradoras que xestionan as mutuas onde temos que acudir cada vez que temos un accidente laboral, ou collemos unha baixa. Quen me garante a min, que no caso dunha baixa laboral, non sairei prexudicado dada a información privilexiada á que poderán acceder estas aseguradoras?

Resulta que agora, e chamen como lle chamen, todos os hospitais privados serán cofinanciados con cartos  de todas e de todos e resulta tamén que ao que lle chaman eficiencia, son pérdida de dereitos e saqueo do público. Manda carallo!

[*] Xosé Carlos Varela Fernández, Educador Social, é Presidente de Lazos Pro Solidariedade Comité antisida de Ferrol, foi un das persoas promotoras da asociación Sen Papeis de Ferrol, participa no Encontro Social de Ferrol Terra e en Rádio Filispim. Educador en Prevención e promoción da saúde en persoas que viven con VIH/SIDA, no Hospital Arquitecto Marcide - Profesor Novoa Santos; e responsable do programa SEXO CON SESO en mulleres que exercen a prostitución. Foi mediador de Saúde no programa SISIFO; responsable do proxecto Intervención en lugares públicos de consumo con UDIs, da Asociación LAZOS-Comité antiSIDA de Ferrol [correo-e: carlossisifo@hotmail.com].


LAZOS pro Solidariedade-Comité antisida de Ferrol
Asociación de afectados/as polo VIH
Dirección sede: Avda. Dr Fleming 8-10 Baixo
15401 Ferrol ( A Coruña )

Tfno./Fax 981350777
Tfno. Móvil :698147975
Dirección web: http://comitelazos.blogspot.com
 En Facebook
 En twitter

Enviado por:
Lazos Pro Solidariedade
-comiteantisidaferrol@gmail.com-
19 de junho de 2013 21:45
_______________

mércores, xuño 19, 2013

"Drogadictos"

"Drogadictos"....... certamente a palabra drogadicto fai referencia á adicción que ten unha persoa a unha droga. Nembargantes as palabras non son inocentes. No titular da nova que enlazo , utilízase este termo, que vou analizar brevemente.

A construcción social que se fai en torno a unha palabra, leva implícito toda unha morea connotacións que lle van a dar un sentido ou outro, ás palabras. No caso do termo drogadicto, estaríamos ante un concepto cuxa construcción social se encargou de atribuirlle unha connotación negativa. Drogadicto, a miudo é utilizado nun sentido pexorativo, criminalizador dunha conducta non aceptada socialmente, e tamén criminalizador das persoas que padecen esta problemática. Cando escoitamos drogadicto na boca dunha persoa, xa podemos intuir o que pensa das drogas e das persoas que as consumen.
Neste sentido, a utilización da palabra drogadicto coma connotación negativa, leva asociada, habitualmente, unha serie de afirmacións implícitas no discurso do que emprega ese termo. Esas connotacións crean, manteñen e perpetúan estereotipos que distan de ofrecer unha situación real e obxectiva. Por exemplo: todos os drogadictos son delincuentes, todos os drogadictos son uns irresponsables, todos os drogadictos son malas persoas, Ningún drogadicto queren traballar, Non se pode deixar nada á vista dos drogadictos, cho rouban, todos os drogadictos viven das prestacións do estado, e un longo etc, etc.

Como cidadáns, coma periodistas e coma persoas responsables do que dicimos, teríamos que analizar o noso discurso, respecto aos temas que requieren ser tratados con sensibilidade. Certo é que todo debería ser tratado con sensibilidade, nembargantes, cando se trata de falar de persoas ou colectivos que se atopan en situación de vulnerabilidade, deberíamos de ser o máis obxectivos e racionáis posibles, teríamos que evitar as xeneralizacións, dando os datos precisos, utilizar aqueles termos que procuren a normalización do colectivo ou persoas das qie estamos a falar, e por suposto, fuxir dos xuizos de tipo moral.

Cando falamos de persoas que teñen unha dependencia a unha droga, podemos utilizar o termo persoas cun trastorno adictivo, ou persoa drogodependente. Estes termos, levan menor carga negativo que "drogadictos" a pesares de dicilo mesmo.

Fonte: https://www.facebook.com/Lazoscomiteantisidaferrol

Local de Lazos
Avda. Dr Fleming 8-10 Baixo
15401 Ferrol
Teléfonos: 981350777-698147975
Correo electrónico: comiteantisidaferrol@gmail.com

Horario de atención:

  • de 09.30 a 13.30 Luns a Venres (días laborais)
  • de 16.00 a 20.00 Martes e Xoves (días laborais)
___________________

luns, xuño 17, 2013

"STOP! Rodando el cambio", un documental para mostrar o decrecimento


Canto tempo máis poderemos esperar para que se produza
un cambio de paradigma a nivel mundial? 
É posible vivir felices reducindo drasticamente as nosas necesidades? 

Stop! Rodando o cambio é un documental gravado por un equipo de mulleres e financiado colectivamente. Durante un mes viaxaron por distintas alternativas entre os estados Español e Francés en busca doutras formas de vida máis respectuosas coa contorna e as persoas que habitamos nel. A teoría do decrecimento na que nos baseamos alértanos da imposibilidade de seguir producindo como até agora nun planeta cuxos recursos son finitos. Estes niveis de consumo conducíronnos á desaparición dos bosques, a ter ríos e mares contaminados, sistemas de alimentación intoxicados... todo iso alimentado pola especulación financeira e unha clase política despreocupada tanto a nivel social como ambiental.






FICHA TÉCNICA
Título: Stop! Rodando el cambio
Dirección: Alba González de Molina Soler, Blanca Ordóñez de Tena
Productora: La Semilla
País: España
Formato: Full HD
Duración: 90´

Ayudante de dirección: Paula Pérez-Cossio Arias
Cámaras: Irene Tomé Magán, Alba González de Molina Soler, Paula Pérez-Cossio Arias, Blanca Ordóñez de Tena
Periodismo e investigación: Elena Muñoz Martínez, Jenn Dávila Arencibia, Alba González de Molina Soler, Blanca Ordóñez de Tena, Paula Pérez-Cossio Arias
Entrevistadoras: Jenn Dávila Arencibia, Elena Muñoz Martínez, Paula Pérez-Cossio Arias
Montaje: Blanca Ordóñez de Tena, Alba González de Molina Soler, Paula Pérez-Cossio Arias
Postproducción de video: Blanca Ordóñez
Postproducción de sonido: JL Canalejo
Música original: Javier Ochoa
Locución: Katy Lema
Diseño gráfico: Blanca Ordóñez, Paula Cano

Diseño de cartelería: Jara Bustos Martín /web

148 acción de protesta e denuncia ante a entrada dun gaseiro cargado con LNG na Ría de Ferrol - Vídeo - O Comité Cidadán de Emerxencia e Alternativa Galega de Esquerdas, convocan unha rolda de prensa para ao vindeiro Mercores 19 de Xuño

Tags

O buque gaseiro "LNG Edo", cargado con LNG/GNL para a ilegal e perigosa Reganosa, entrou na Ría de Ferrol este Domingo 16 de Xuño - Diante deste feito o Comité Cidadán de Emerxencia convocou unha concentración sonora en Ferrol.

Esta foi a 148 acción de protesta e denuncia ante a entrada dun gaseiro cargado con LNG na Ría de Ferrol.
  • PASO A PASO, PLANTA DE GAS FÓRA DA RÍA
  • QUE SE CUMPRA A SENTENZA DO TRIBUNAL SUPREMO XA!
  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA   !!
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc


http://youtu.be/sVMRay-tX2s

Rolda de Prensa

Logo de que o Grupo Parlamentario de AGE veña de presentar no Parlamento de Galicia unha proposición non de lei sobre a planta de gas de Reganosa. O Comité Cidadán de Emerxencia e Alternativa Galega de Esquerda, convocan unha rolda de prensa para ao vindeiro Mercores 19 de Xuño, ás 18h na Galeria Sargadelos de Ferrol, para presentar publicamente dita iniciativa.
___________________

Crise civilizatoria, ecosocialismo e Bo Vivir - Encontro internacional sobre crise civilizatoria, ecosocialismo e Bo Vivir - Declaración de Quito - Domingo 16 de xuño de 2013

Tags
Un grupo de militantes, activistas, profesoras e profesores de diferentes países americanos, africanos e europeos reunímonos en Quito do 10 ao 12 de xuño de 2013, en tres intensas xornadas de debate e elaboración colectiva sobre "Crise civilizatoria, ecosocialismo e Bo Vivir". Agradecemos ao Instituto de Altos Estudos Nacionais (unha institución ecuatoriana que se acha en pleno proceso de refundación para poder contribuír mellor ás transformacións que busca a Revolución Cidadá en Ecuador) esta ocasión de encontro, que tratamos de aproveitar para profundar en mutuas aprendizaxes e diálogos de saberes. Valoramos de xeito positivo o achegamento entre as propostas ecosocialistas e os desenvolvementos vinculados ao Bo Vivir (así como outras nocións análogas). Pois estamos convencidos de que se trata de respostas moi próximas, por non dicir irmás, fronte á catastrófica crise ecolóxico-social da moderna civilización capitalista mundial.

É importante que este seminario internacional teña lugar en América Latina, un continente onde as resistencias populares, indíxenas, campesiñas, ecoloxistas e das mulleres contra a expansión destrutiva das multinacionais capitalistas avanzaron moito; e tamén un continente onde as ideas do Bo Vivir e o ecosocialismo coñeceron un desenvolvemento notable entre moitas forzas da esquerda da rexión, co acompañamento e protagonismo dos movementos sociais.

Tamén nos parece significativo que este seminario internacional teña lugar en Ecuador, país que adoptou unha iniciativa exemplar, a escala mundial, para indicar cal debería ser a estratexia contra as emisións de gases de efecto invernadoiro e o quecemento global: deixar o petróleo e os demais combustibles fósiles debaixo da terra, respectando ao mesmo tempo ás poboacións locais e canalizando a sociedade cara á era post-carbono. Trátase da Iniciativa Yasuní-ITT, a cal "creemos" debería ser profundada, fortalecida e imitada noutros lugares como unha política pública ecosocialista.

Somos farto conscientes dos enormes obstáculos que tiveron e teñen que superar as loitas sociais e ecolóxicas en países como Venezuela, Bolivia ou Ecuador para modificar as correlacións de forzas "en lentos procesos que a miúdo duraron decenios" e finalmente diminuír o poder das oligarquías vinculadas ao capitalismo neoliberal, espertando inmensas esperanzas no mundo enteiro. Creemos que entre as cuestións crave para apoiar e fortalecer as iniciativas ecosocialistas dos gobernos de esquerda (ás veces máis ambiguamente chamados "progresistas") en América Latina atópase desde logo a superación das situacións poscoloniais de pobreza e exclusión, pero sostemos que facer fronte a esas inmensas necesidades sociais non debe dar ás a un neodesenrrolismo extractivista que ignore outras cuestións básicas:
  • A relación constructiva "e respetuosa da súa autonomía" coas loitas populares e os movementos sociais que reivindican a defensa dos bens comúns, a esfera do público, a supervivencia e emancipación.
  • O estímulo das iniciativas comunais e comunitarias a escala local, nacional e rexional (resultan inspiradores os avances na construción dun Estado comunal en Venezuela, a Rede Brasileira de Xustiza Ambiental, o movemento anglosaxón de Cidades en Transición ou as ecoaldeas en Europa e outros lugares).
  • A aceptación dos límites biofísicos e ecosistémicos para a produción material.
  • A loita contra a mercantilización da natureza, os ecosistemas e os bens comúns.
  • A defensa da biodiversidade e a frontal loita contra a maquinaria corporativa que busca apropiarse da mesma mediante manipulacións xenéticas, patentes e outras formas de privatización do coñecemento.
  • O camiño para a superación do extractivismo depredador, con plans concretos para cambiar a matriz enerxética baseada en hidrocarburos fósiles e reducir o malgasto de recursos.
  • A integración rexional latinoamericana (con iniciativas como CELAC, Unasur, o Banco do Sur, ALBA-TSP, Petrocaribe?), para unha inserción mancomunada na economía mundial en pos dun verdadeiro internacionalismo ecosocialista, que favoreza a cooperación Sur-Sur e contribúa á modificación das desiguais relaciones Norte-Sur.
  • O recoñecemento dos saberes ancestrais e o seu fortalecemento.
  • A loita contra os modelos consumistas, a construción de subxectividades antagonistas e a concreción do Bo Vivir nas prácticas cotiás.
Queremos reafirmar o noso compromiso cos esforzos que en todo o mundo, e especialmente en América Latina, tratan de materializar os principios do Bo Vivir, o ecosocialismo, o ecofeminismo, a ecología política radical, a Xustiza Ambiental e as demais correntes emancipatorias. Pedimos o respecto á autodeterminación dos pobos e a integridad dos seus territorios, de maneira que se intensifiquen as condicións de paz e harmonía que deben existir entre os pobos irmáns. Recomendamos un esforzo especial para crear as condicións que permitan o exercicio da prospectiva e a previsión a longo prazo. E reafirmamos igualmente a nosa vontade de tecer as redes internacionais que nos permitan afianzar todos estes esforzos.

12.06.2013

As e os participantes no seminario internacional sobre crise civilizatoria, ecosocialismo e Bo Vivir:

Carlos Prieto, IAEN, Ecuador; Michael Löwy, Centro Nacional da Investigación Científica, Francia; Joel Kovel, Rede Ecosocialista Internacional, EEUU; Joao Alfredo Telles Melo, PSOL, Brasil; Matthieu Lle Quang, IAEN, Ecuador; Tamia Vercoutère, proxecto Yachay, Ecuador; Ximena Gonzáles Broquen, Instituto Venezolano de Investigacións Científicas, Venezuela; Miguel Angel Núñez, Instituto Universitario Latinoamericano de Agroecologia "Paulo Freire" Venezuela; Daniel Tanuro, Clima e Xustiza Social, Bélgica; Terisa Turner, Universidade de Gelph, Canadá; Guido Galafassi, Universidade de Quilmes, Arxentina; Jorge Riechmann, Universidade Autónoma de Madrid, España; Miguel Ruiz, IAEN, Ecuador; John Fagan, Earth Open Source, EEUU; Gian Carlo Delgado, UNAM, México; Fabio Grobart, Universidade da Habana, Cuba.

Fonte: http://www.vientosur.info/
_______________

domingo, xuño 16, 2013

Manifesto de profesionais da sanidade a prol de mellor Atención Primaria no Sistema de Saúde


A necesidade de priorizar a Atención Primaria no Sistema de Saúde
.

No argumentario neoconservador dominante hai unha falacia básica para tentar xustificar a demolición do Sistema Nacional de Saúde (SNS): a crise actual fai insustentable o seu futuro. Esta afirmación é falsa, pois a porcentaxe do PIB adicado en España a sanidade é das máis baixas da súa contorna mentres que os seus indicadores de saúde e satisfacción da poboación son dos máis altos. O que se quere presentar como un fenómeno natural, imposible de atallar, non é tal; o pensamento clasista e as políticas impostas polo goberno actual son as que provocan a grave contrarreforma sanitaria que nos devolve aos anos setenta. Hai outras políticas que se poden aplicar para soster e mellorar o noso sistema sanitario, mais as decisións adoptadas baséanse nunha brutal ideoloxía ultraliberal que está a desmontar o Estado de Benestar que tanto custou construir (perda de dereitos laborais, privatizacións na educación, na sanidade e nos servizos sociais, adelgazamento do Estado, laminación dos orzamentos públicos etc).

Na sanidade a vía trazada é clara: o Real Decreto Ley 16/2012 provoca a quebra do modelo de universalidade e sustitúeo por outro de aseguramento, impón copagamentos e fragmenta a carteira de servizos (introducindo a posibilidade de negocio nun futuro próximo para as aseguradoras). Ademáis o actual goberno introduce modelos de colaboración público-privado para a construcción e xestión de centros sanitarios, outra área de negocio para empresas afíns.

O persoal ben capacitado é o maior activo do Servizo Nacional de Saúde
.

Pero hai máis: as políticas de xestión do persoal, con contratos precarios e interinos con ausencia de OPEs, taxas de reposición do 10%, xubilacións obrigatorias aos 65 anos para persoal altamente cualificado -700 médicos foron expulsados de xeito ofensivo dos seus postos en Madrid-, reducións salariais importantes, redución dos días de libre disposición e desaparición dos relacionados coa antigüidade (LDs e vacacións adicionais), perda do complemento retributivo da Incapacidade Temporal (IT) para enfermidade común e accidente non laboral ata o día 21 da IT; tamén realizaron unha diminución drástica das substitucións –con grave prexuízo para o persoal das listas de contratacións, para o persoal dos centros que sufre a conseguinte sobrecarga asistencial, e para as usuarias e usuarios que ven reducida a calidade asistencial-. Xunto a todo isto observamos como o incremento da concertación coa sanidade privada e as novas formas de xestión das listas de espera configuran un modelo de política sanitaria que abre novas vías de penetración empresarial no Sistema Público de Saúde dunha magnitude ata agora descoñecida, nunha estratexia de privatización progresiva do SNS.

Na crise actual os principios de universalidade, equidade, eficiencia e calidade dun sistema sanitario gratuíto son imprescindibles.


É certo que o gasto sanitario veu medrando nos últimos anos por enriba do crecemento do PIB. Tamén se sabe que o aumento constante da inversión en sanidade, superado un determinado dintel, non se acompaña de melloras notables nos indicadores de saúde nin na satisfacción dos usuarios. Ante esta situación as medidas adoptadas foron todas na mesma dirección. Hai castigo para os profesionais (recortes salariais, deterioro das condicións laborais, precarización dos contratos, ausencia de OPEs), hai penalización para os enfermos (copagamentos que gravan a economía familiar, exclusión do sistema a diversos colectivos da poboacion), e hai tamén un impulso decidido á privatización dos servizos sanitarios xenerando novas parcelas de negocio ás aseguradoras e ás poderosas empresas da sanidade privada. Os impulsores da privatización/externalización falan de eficiencia, de reducir gastos e de mellorar a atención, mais non é certo: as experiencias previas teñen demostrado que a xestión privada é máis cara, menos eficiente e provoca máis inequidade (EEUU gasta tres veces máis do seu PIB que España e ten uns indicadores de saúde penosos, con grandes capas de poboación sen cobertura sanitaria e graves inequidades).

Fortalecer a Atención Primaria.

En Galicia os pasos dados van no camiño contrario ao necesario. O que se necesita en tempos de crise non é privatizar e introducir o lucro como elemento distorsionador no SNS. O que se precisa, con urxencia, é reorientar o sistema sanitario cara a Atención Primaria. O sistema sanitario público está organizado en dous niveis asistenciais: Atención Primaria (AP) e Atención Hospitalaria (AH). Nas últimas tres décadas a AP experimentou unha mellora moi importante. É sinalada polos expertos como o eixo fundamental do sistema sanitario. Cando actúa como elemento de coordinación e porta de entrada é máis doado garantir a equidade e o uso racional dos recursos.

A potenciación da Atención Primaria é clave para que o modelo sanitario actual sexa sostible.

Para poder exercer como eixo vertebrador do sistema asistencial a AP ten que reunir unha serie de requisitos básicos: infraestructuras adecuadas, equipamento e dotación tecnolóxica correcta, profesionais formados e en número suficiente dacordo cos ratios establecidos, axendas activas que permitan unha xestion efectiva do tempo, implementacion de técnicas diagnósticas e terapéuticas hoxe secuestradas no medio hospitalario, potenciación da telemedicina, actividade docente e investigadora etc.

Cómpre priorizar a Atención Primaria porque é donde se realizan as actividades de prevención útiles para afrontar as doenzas crónicas, donde se coñece ao paciente no seu contorno, con atención ao longo de toda a vida, donde estan os profesionais formados para manexar a cronicidade, donde se fai a educación sanitaria coa promoción de hábitos saudables e o autocoidado, donde se garante a continuidade da atención aos pacientes, e donde se debe centralizar a coordinación de toda a atención, incluída a hospitalaria.

O papel dos profesionais.

Para que o nivel de AP poida realizar estas funcións é preciso fomentar o compromiso e a implicación activa dos profesionais, hoxe maltratados pola Administración. O nivel de implicación e participación é máis ben escaso. A coordinación da atención aos pacientes debe realizarse a través de vías ou procesos que comezan e rematan na AP. Sexan procesos con hospitalización ou sen ela os xestores deberían asumir que este nivel asistencial é a peza clave. O acordo e o consenso dos profesionais que interveñen en todo o itinerario do paciente é imprescindible para procurar que estes procesos sexan o máis eficientes posible. E os profesionais de AP deben asumir a responsabilidade e o protagonismo para actuar como coordinadores dos procesos de atención á saúde da nosa poboación. O sistema informático Ianus pode evitar a duplicidade de probas ou actuacións seguindo guías e protocolos que garantan o uso racional das mesmas.

Recuperación do Plan de Mellora
.

O Plan de Mellora (PM) da AP impulsado polo goberno progresista (2005-2009) foi abandoado polo actual goberno. Dito Plan, que debería desenvolverse ata 2013, servíu para impulsar diversas medidas en relación cos recursos humanos, a mellora da calidade asistencial e a xestión clínica, que potenciaron de xeito notable o papel deste nivel asistencial. Despois destes anos de retroceso tería que haber un novo impulso político (hoxe inexistente) para recuperar o tempo perdido.

-Recursos humanos. Cómpre detectar e corrixir os puntos asistenciais deficitarios e, no caso dos facultativos, haberá que facer un estudio e actualización das cotas sobrecargadas e, en todo caso, sempre se deben ocupar as vacantes producidas polas xubilacións (hoxe a taxa de reposición é do 10%). Por outra parte as Unidades de apoio (fisioterapia, saúde bucodental, matronas e traballo social) deben extenderse a toda a xeografía dacordo cos criterios establecidos no PM. Tamén é preciso garantir unha maior substitución dos profesionais (cos criterios establecidos no seu día en Mesa Sectorial) e abandoar a realización de contratos precarios, que a día de hoxe son cada vez máis frecuentes en todas as categorías profesionais.

-Calidade. O acceso á petición de probas pola AP debe realizarse nas mesmas condicións que o resto de especialidades. Tamén é preciso continuar co equipamento dos centros de saúde de forma equitativa en toda a xeografía galega. Hai que recupear a elaboración dos ADX-S (Acordos de Xestion que reflexan os obxectivos anuais dos centros asistenciais) de forma colaborativa, e procurar un deseño participativo na definición das estretexias da Área Sanitaria.

-Xestión clínica. No PM establécese que os profesionais de AP deben ser axentes de saúde dos pacientes e actuar como xestores de casos e os especialistas hospitalarios actuarán como consultores. Tamén se recoñece que a atención aos doentes crónicos e pluripatolóxicos debe estar centralizada en AP.

As Xerencias de Xestión Integrada
.

Estes que vimos de referir son alguns dos elementos que deberían ter en conta os actuais gobernantes se tivesen como obxectivo procurar a sustentabilidade dos servizos sanitarios públicos: fortalecer a AP e mellorar a coordinación e a integración de niveis mediante a instauración de procesos asistenciais compartidos e coordinados desde AP. Mais a ferramenta impulsada, as Xerencias de Xestión Integrada (XXI), pode provocar unha deriva hospitalocéntrica que aumentará o gasto sanitario de xeito incontrolable. Nun contexto de fragmentación e fomento de estratexias privatizadoras, as XXI son algo máis que unha operación cosmética, xa que procuran a creación dun órgano de control, centralizado e burocrático, mentres reducen a AP a un mero apéndice da AH –anulando a posibilidade de que poida fortalecerse-. Neste modelo a AP queda relegada a un papel subalterno pero funcional co obxectivo de controlar a porta de entrada á AH e para realizar a selección de pacientes e patoloxías dacordo con criterios de rendibilidade económica.

Temos que evitar a deriva hospitalocéntrica que supoñen as Xerencias de Xestión Integrada

En Galicia, nunha fuxida silenciosa do dereito administrativo público e o seu carácter garantista, estanse a implartar novos modelos que utilizan o dereito privado para a xestión dos servizos públicos (Fundacións, Entidades Públicas Empresariais, Concesións tipo PFI, contratos de colaboración público-privada, concertos, contratos de xestión de Atención Especializada...), que invaden o Sergas e facilitan oportunidades de negocio para a actividade empresarial privada a expensas dos orzamentos públicos. Este diseño -disperso, desordenado e fragmentado- impide a creación de estructuras asistenciais integradas que procuren a mellora e a eficiencia na atención dos pacientes, pero facilita a actuación de axentes privados externos que acuden en procura de lucro en detrimento da xestión pública e do interese xeral.
A incapacidade de conseguir financiamento privado para a construcción dos hospitais de Vigo e Ourense demostra a inviabilidade do modelo público-privado cos niveis de gasto sanitario actuais no noso país.

Por todo o descrito entendemos que o modelo das XXI, na vez de mellorar a coordinación de niveis, perpetúa a fragmentación da atención supeditando a AP aos intereses da xestión dos hospitais, condebidos como empresas que compiten entre sí nun mercado sanitario aberto e disfuncional. Para procurar unha maior eficiencia é preciso instaurar unha atención coordinada donde a AP participe, en condicións de igualdade co resto dos servizos, na planificacion e xestión dos procesos asistenciais, tanto intra como extrahospitalarios.

Mais, co deseño actual, consideramos que as XXI representan un paso atrás na mellora da xestión sanitaria e supoñen un perigo certo para o futuro da sanidade pública. Por eso reclamamos, de novo, que se poña freo á implantación deste modelo, que se incrementen os orzamentos de AP e que se inicie un proceso de debate público para garantir a continuidade e mellora do sistema sanitario sen poñer en risco os avances xa acadados.

Decálogo para mellorar a eficiencia do sistema sanitario
  1. Reorientar o sistema sanitario cara a Atención Primaria.
  2. Convertir a A.P. no eixo vertebrador do sistema asistencial, centralizando a coordinación de toda a atención na A.P.
  3. A coordinación da atención aos pacientes debe realizarse a través de vías ou procesos, baseados na racionalización do gasto, e que comezan e rematan na AP.
  4. Fomentar o compromiso e a implicación activa dos profesionais na xestión e toma de decisións, para que asuman a responsabilidade e o protagonismo, e poder actuar como coordinadores dos procesos de atención á saúde da nosa poboación.
  5. Recuperar e readaptar o Plan de Mellora á situación actual
  6. A equidade cos pacientes debe prevalecer en todos os niveis asistenciais (áreas,centros, profesionais…)
  7. A solicitude de probas complementarias debe de ser accesible para todos os niveis do sistema, baseada na patoloxía do doente segundo os protocolos establecidos.
  8. Poñer freo á implantación do modelo de Xerencias de Xestión Integredas (XXI)
  9. Os consensos, e non as imposicións, deben de primar en todas as actuacións sanitarias, incluídos os ADX (Acordos de Xestión).
  10. Impedir o acceso á historia clínica dos pacientes por parte de persoal alleo ao sistema público de saúde (Mutuas, Sanidade privada…).
Texto elaborado por: Xosé Luís Álvarez Prieto, Concepción Cruces Artero, Manuel-V. Fernández Fernández, Manuel González Moreira, Manuel Martín García, Bernardino Pardo Teijeiro, Jesús Rey García, Celso Sánchez González, José Emilio Santiago Nieto, Jesús Sueiro Justel, Pablo Vaamonde García.

Galicia, xuño de 2013.

Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol
www.plataformadspferrol.blogspot.com
plataformadspferrol@gmail.com

Enviado por:
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Ferrol
-plataformadspferrol@gmail.com-
Manuel Martín
-mmartin@nodo50.org-
16 de junho de 2013 11:35

Manifesto de profesionais da sanidade a prol de mellor Atención Primaria no Sistema de Saúde. Un saudo. Manuel Martin (669704177). Portavoz SOS Sanidade Pública.

________________

venres, xuño 14, 2013

O buque gaseiro "LNG Edo", cargado con LNG/GNL para a ilegal e perigosa Reganosa, anuncia a súa entrada na Ría de Ferrol para este Domingo 16 de Xuño - Diante deste anuncio o Comité Cidadán de Emerxencia convoca, o mesmo día, unha concentración sonora en Ferrol

Tags

CONCENTRACIÓN SONORA EN FERROL,
NA PRAZA AMADA GARCIA
DIANTE DO EDIFICIO DA XUNTA
ÁS 8 DA TARDE, DO DOMINGO 16 DE XUÑO

O gaseiro "LNG Edo", é un buque de grande porte, de 285,3 metros de eslora por 43,7 de manga, 25 de puntal e un calado de 11,53 m; cargado con miles de toneladas de GNL/LNG, para a ilegal e perigosa Reganosa; ten anunciado a súa entrada na Ría de Ferrol, para este Domingo 16 de Xuño de 2013. Esta entrada dun buque cargado con gas natural licuado para Reganosa, supon xa a 148, desde que o fixera o LNG "Galicia Spirit" en Maio de 2007.

Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada do buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol convoca unha acción de protesta e denuncia, consitente nunha Concentración Sonora, o mesmo Domingo ás 8 da Tarde, en Ferrol, na Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.

Hai máis dun ano que se dictou a Sentenza polo Tribunal Supremo, onde a planta xa foi declarada ilegal, en sentenza inapelábel.

Tras a sentenza do Tribunal Supremo, que declara ilegal a localización de Reganosa, temos que esixir o fin desta ameaza e deste malgasto de cartos públicos. Temos que esixir o seu peche definitivo.

PASO A PASO, PLANTA DE GAS FÓRA DA RÍA
  • QUE SE CUMPRA A SENTENZA DO TRIBUNAL SUPREMO XA! 
  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA   !!

10 razóns para preguntar-se ... Por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas ?


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc


Información baseada na enviada polo:

Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
14 de junho de 2013 22:46
_______________