venres, xaneiro 29, 2016

O lastre das herdanzas fai que a carga fiscal en Narón sexa un 26% mais alta, di Eliximos Narón


O problema dos orzamentos e que nacen con herdanzas que os volve ineficaces para corrixir a traxectoria do concello:

Unha herdanza de hipotecas bancarias, subscritas baixo gobernos de TEGA, que levamos pagando dende o pasado decenio e que seguiremos sen terminar de pagar ata o próximo decenio.

Outra herdanza en “hipotecas de servizos” xa que comparado coa media dos restantes concellos galegos con poboación entre 20.001 a 50.000 habitantes estamos a pagar:

o Un 33,3% mais na “Recollida, xestión e tratamento de residuos” (uns 607.000 euros mais). Medido en euros por habitante un 48,5% mais, 61,5 €/hab. en Narón fronte aos 41,4 €/hab. da media.

o Un 107,5% mais na “limpeza viaria” (uns 618.000 euros mais). Medido en euros por habitante un 131,2% mais, 30,2 €/hab. en Narón fronte aos 13,1 €/hab. da media. Os servizos de limpeza tamén lastran outras contas como as de:
  • o Funcionamento de centros de ensino con gastos dun 56,3% por riba da media.
  • o Instalacións deportivas con gastos un 18,8% por riba da media. Medido en euros por habitante un 132,3% mais.
  • o Xestión do patrimonio, con cifras desorbitadas.

Un total de 1.428.000 euros dos que con unha xestión directa poderíanse aforrar o 33%, e dicir, uns 470.000 euros.

Si están votando contas xa levamos un sobrecustos de 1,7 millóns de euros.

Pero hai outras herdanzas como unha mala xestión dos recurso humanos e externalización de todo tipo de traballos que ademais de ter un sobrecusto implica un perda do coñecemento e unha descoordinación de tarefas.

Si miramos como estamos a pagar isto temos que os ingresos de Narón son de 731,7 €/hab. fronte a 675,7 €/hab. (un 8,3% mais) de concellos similares, pero o peso destes ingresos e moito mais alta sobre os veciños que sobre outras fontes, xa que as tres voces mais importantes que suman o 90% dos ingresos son:

Impostos Directos, un 24,9% mais que concellos similares (314,7 fronte 232,7 €/hab.), subindo principalmente o IBI Rustico + 108,4%, o IBI Urbano +31,8%, e Incr. do Valor Terreos Natureza Urbana +64,1%

Taxas e outros ingresos, un 28,6% mais que concellos similares (188,6 fronte 135,5 €/hab.) si contamos tamén as taxas de auga e sumidoiros que van ás contas de COSMA. Transfer. correntes, un 8,8% menos que concellos similares (250,2 fronte 253,3 €/hab.). A conclusión e que os naroneses teñen unha carga fiscal por riba dun 26% mais alta que os veciños de outros concellos galegos similares.

Eliximos Narón Electores (ENE)
Grupo Mixto do Concello de Narón
Praza de Galicia s/n – Entrechán 15570 Narón (A Coruña)
Telf.: 981337700 - Ext.: 1066 - Móbil: 673141822 /
E-mail: grupomixto_ene@naron.es

Grupo no facebook: https://www.facebook.com/groups/Eleximos.Naron/
Web: http://eliximos.esy.es/


Enviado por:
ENE Eliximos Narón Electores
-eliximos@gmail.com-
4 de janeiro de 2016 11:00

____________________

xoves, xaneiro 28, 2016

A eurodeputada Lídia Senra levará á Comisión Europea a decisión do goberno do PP en funcións que vén de ampliar a actividade de ENCE na Ría de Pontedeume


Lídia Senra: "É vergoñento ver ao PP apurando favores co sector privado á costa da saúde e o medioambiente". | Confírmase o denunciado polas organizacións que se entrevistaron ca CE en decembro: moitas veces o peor inimigo é a Administración. | AGEe contactará inmediatamente á Dirección Xeral de Medioambiente da Comisión Europea para informar do acontecido con ENCE.


O pasado 2 de decembro distintos colectivos e organizacións que loitan pola defensa das rías e ríos da Galiza participaron en Bruxelas nun encontro con Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe) e Jose Manuel Servert, representante da Comisión Europea pertencente á unidade adicada ao seguimento de infraccións e cuestións xurídicas. Nesa xuntanza subliñouse como un dos principais axentes responsábeis da mala situación das nosas rías e ríos precisamente á propia Administración.

"Ver un goberno en funcións tomando a decisión de conceder 60 anos máis de licenza a unha fábrica contaminante é un claro exemplo de como o Partido Popular xestiona as cuestións meidoambientais actuando igual que o raposo 'coidando' das galiñas", valorou hoxe a eurodeputada de AGEe dende Bruxelas.

"O PP xa non é que non faga políticas para mellorar a calidade de vida das persoas, senón que directamente fai políticas en contra de todas e todos nós", criticou, "é vergoñento velos apurando o intercambio de favores co sector privado á costa da saúde da poboación e da riqueza da Ría".

Como trasladou no mes de decembro en Bruxelas a Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR), e reiterou hoxe Senra,  "se de verdade se quere acadar o saneamento e recuperación da Ría o camiño é a eliminación definitiva de ENCE".

Aliás, se pensamos nas fontes de emprego vinculadas ao aproveitamento racional da Ría, "na actualidade está catalogada como Zona C por culpa da contaminación de ENCE, o que supón a perda de moitos postos de traballo, especialmente o das mulleres que exercen a actividade marisqueira", como nos explicaron as representantes da Agrupación de Mariscadoras a Pé da Confraría de Pescadores de San Telmo de Pontevedra, presentes tamén na xuntanza mantida ca Comisión Europea.

Lembremos ademais que esta fábrica foi construída no ano 1958 baixo ditadura franquista, expropiando forzosamente as terras e reprimíndoa forte contestación da cidadanía, unha oposición social con especial protagonismo das mulleres mariscadoras, que eran conscientes da máis que posíbel desaparición dos seus postos de traballo [1].

Dende AGEe poremos en coñecemento da Comisión Europea, a través do propio Servet, o feito de que o goberno do PP en funcións vén de ampliar a actividade desta empresa contaminante.

Bruxelas, 27 Xaneiro 2016.

[1] Libro branco de ENCE


Máis información:

Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) | lidia.senra@europarl.europa.eu | http://ageuropa.gal/ | https://www.facebook.com/LidiaSenraRodriguez.

Enviado por:
SENRA RODRÍGUEZ Lidia OFFICE
-lidia.senra-office@europarl.europa.eu-
27 de janeiro de 2016 16:43

_____________________

Podemos Galicia expresa o seu rexeitamento ao Anteproxecto de Lei de Acuicultura de Galicia por consideralo un intento flagrante de privatización das nosas rías


Podemos Galicia expresa o seu rexeitamento ao Anteproxecto de Lei de Acuicultura de Galicia por consideralo un intento flagrante de privatización das nosas rías

Podemos Galicia, a través da Secretaría do Medio Rural, quere expresar o seu rexeitamento ao Anteproxecto de Lei de Acuicultura de Galicia por consideralo un intento flagrante de privatización das nosas rías, e instamos a introducir mocións en contra da mesma nos plenos dos concellos da nosa costa.

O sector do mar de Galicia é estratéxico na economía local. O emprego directo e indirecto (empresas destinatarias dos nosos produtos, empresas provedoras de servizos e subministracións, actividades auxiliares de apoio, etc.) representa unha parte enorme e vital da economía galega. Únese a isto o valor social que adquire nos municipios costeiros pola capacidade de irradiar beneficios socioeconómicos a amplas capas da poboación, o que o converte nun mecanismo de distribución e reparto de riqueza no entorno local, que incentiva a implantación de actividades e pequenos negocios.

A baixada de cotas pesqueiras, o conflito das embarcacións do Cerco ou as distintas problemáticas relacionadas co marisqueo non son máis que diferentes patas dunha iniciativa central que é a privatización das rías galegas por parte da Consellería do Mar da Xunta de Galicia.

O Anteproxecto de Lei de Acuicultura de Galicia é un texto non consensuado, imposto dende a Administración co fin de implantar un sistema de cultivo industrial de peixe nas rías, aproveitando as súas características e deixando de lado ao sector pesqueiro e marisqueiro.

Para levar a cabo este proxecto é necesario desmantelar ante todo o tecido produtivo tradicional do mar. De aí os problemas que están a sufrir os mariñeiros, mariscadores e mariscadoras.

Queremos destacar que o que aquí se está a producir é un proceso de reconversión do sector do mar tan agresivo como o que se dera hai anos no sector naval. Lembremos os estaleiros e o sufrimento que todo aquelo provocou en moitas familias e démonos conta de que este contexto de crise faino aínda máis preocupante.

O problema medio ambiental que suporía a posta en vigor desta Lei non se avaliou. O tipo de industrias que permitiría son altamente contaminantes. Causan a eutrofización das zonas mariñas pola acumulación dos excrementos, do alimento non consumido, dos peixes mortos por confinamento ou enfermidade, etc., depositándose todo isto nos fondos e incrementando a concentración dos nutrientes da auga (nitróxeno e fósforo principalmente) durante a súa descomposición.

O incremento en nutrientes altera os ciclos naturais dando lugar a un descenso do osíxeno disolto que pode producir a morte de diversas especies que xa viven nestas rías. Esta eutrofización pode incrementar a presenza de dinoflaxelados nas augas, co que aumenta a probabilidade de ter mareas vermellas nas rías, máis das que estamos acostumados, producindo isto as alertas sanitarias conseguintes e a parada produtiva.

Tamén hai que ter en conta o uso de vacinas, antibióticos, funxicidas e bactericidas que se poden propagar na columna de auga, afectando iso ao resto de seres vivos que viven nas nosas augas e tamén aos usuarios das praias, co correspondente efecto no turismo.

Por si estas cousas fosen poucas, esta Lei non especifica se se poden ou non cultivar especies exóticas e incluso invasoras, o que pode producir danos irreversibles ao ecosistema mariño, dado que as especies foráneas poderían reducir e incluso aniquilar as especies naturalizadas das nosas rías. Tampouco parece que exista prohibición á hora de utilizar o espazo da Rede Natura, Parques Naturais, ZEPA, LIC, etc.

Non contentos con causar danos aos galegos e galegas que viven do mar, ás rías directamente, afectando á calidade da auga e á súa biodiversidade, este Anteproxecto de Lei ábrelle as portas completamente ao Tratado de Libre Comercio (TTIP), un escuro e clandestino tratado beneficioso para as multinacionais e prexudicial para a soberanía dos estados da Unión Europea. Por todo o exposto, Podemos Galicia dille NON ao Anteproxecto de Lei de Acuicultura proposto pola Xunta de Galicia.

Non estamos en contra da acuicultura, estamos en contra do modelo neoliberal que quere implantar o Partido Popular (PP), onde se poderá argallar un proxecto de acuicultura simplemente por desenvolvemento económico e xeración de emprego sen ter en conta o desenvolvemento social, as tradicións e xeito de vida e sen ter en conta o respecto polo medio ambiente e o entorno.

Podemos Galicia, preocupado ante esta situación, non só apoiará as mocións e propostas, que neste sentido presenten os nosos Círculos e Consellos Cidadáns Municipais (CCM) das zonas costeiras e agradece as xa introducidas nalgúns concellos, senón que propón a paralización inmediata de dita Lei e a constitución dunha mesa de diálogo entre todos os colectivos do litoral (pesca, marisqueo, turismo, sociedade civil).

Así mesmo pedir a protección para que non se poida instalar a acuicultura en espazos protexidos. Traballar en Bruxelas para declarar Galicia como Zona Dependente da Pesca e protexer os intereses dos nosos traballadores do mar.

Podemos Galicia mantén o seu posicionamento contrario ante calquera tipo de privatización na súa totalidade ou por partes do sector pesqueiro e marisqueiro.

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2016

Luísa Vila Núñez
Responsable de Prensa Podemos Galicia
Contacto de prensa
prensa@galicia.podemos.info
https://galicia.podemos.info/

Enviado por:
Prensa Podemos Galicia
-prensa@galicia.podemos.info-
27 de janeiro de 2016 10:00

_________________

mércores, xaneiro 27, 2016

O Ateneo nas redes: Axudas a difundir a nosa actividade? - Na Biblioteca-Hemeroteca: Exposición de libros sobre Ferrol, Galiza e outras curiosidades




O Ateneo nas redes. Axudas a difundir a nosa actividade?

Axudas a difundir a nosa actividade e crecer en seguidores e seguidoras na rede social?

Síguenos, clika no gústame, comparte e difunde!

No Twitter: @ateneoferrolan
A nosa paxina no Facebook:
https://www.facebook.com/Ateneo-Ferrol%C3%A1n-1430118530577463/

#SomosCultura #SalvemosoAteneo


Exposición de libros sobre Ferrol, Galiza e outras curiosidades.
#Ferrol #galiza #Cultura
na nosa Biblioteca-Hemeroteca.
Entrada libre.

--
Enviado por Blogger a Ateneo Ferrolán o 1/20/2016 06:08:00 p.m.

--
Un lugar de encontro para a cultura.
Ateneo Ferrolán, fundado en 1879.

e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.:  +34 981 357 970 Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | FERROL (A Coruña)

Síguenos:
TWITTER: @ateneoferrolan
BLOG: http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/
FACEBOOK: https://www.facebook.com/Ateneo-Ferrol%C3%A1n-1430118530577463/

Faite soci@! Colabora con nos!

Para axudas e aportacións económicas:
CC en Cajamar-Cajarural Cooperativa. Titular Ateneo Ferrolán.
ES72-3058-6402-9527-2000-5350

Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-ateneoferrolan@gmail.com-
22 de janeiro de 2016 17:45

21 de janeiro de 2016 19:13
___________

A enorme débeda sanitaria do goberno de Feijóo pon en risco a sanidade galega, denuncia a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública


Enorme débeda sanitaria de Galicia. |
A enorme débeda sanitaria do goberno de Feijóo pon en risco a sanidade galega.

Co plan de pago a provedores de Montoro sáldase, no ano 2012, a práctica totalidade da enorme débeda sanitaria que as CCAA acumularan nos primeiros anos da crise económica, que só en tecnoloxía sanitaria e medicamentos hospitalarios ascendía a 11.600 millóns de euros.

A este plan non se suman o País Vasco nin Navarra, cunha débeda relativamente escasa (88 millóns e 25 millóns respectivamente), nin tampouco Galicia, malia unha avultada débeda sanitaria de 458 M de euros, seguramente porque Feijóo quixo evitar o conseguinte control do Ministerio de Facenda sobre a Xunta.

De novo as facturas das CCAA volven acumularse, e requiren novos desembolsos estatais, debido a que as empresas sanitarias son "un saco sen fondo". Así, entre Xaneiro e Outubro de 2015 orixínase unha débeda que roza os 8.000 millóns de euros, a un ritmo mensual de 763.

Nese período a Xunta acumula unha débeda sanitaria de 368 millóns de euros, aos que haberá que sumar os máis de 500 de débeda anterior e os compromisos anuais das súas innecesarias e desastrosas privatizacións (72millóns/ano do canon do hospital de Vigo, 75 millóns/ano do concerto con Povisa e as custosas externalizacións de servizos sanitarios e non sanitarios).

A avultada débeda farmacéutica e tecnolóxica xerada en 2015 é especialmente preocupante, xa que reflicte o control da industria sobre as decisións do sistema sanitario.

A cesión da xestión da investigación pública do Sergas á industria farmacéutica e da xestión da alta tecnoloxía ás multinacionais tecnolóxicas, unido á rápida e continuada aprobación de fármacos a prezos cada vez máis estrambóticos para o mesmo proceso, incrementarán aínda máis a débeda sanitaria, o que levará a un círculo vicioso de novos recortes e privatizacións e á insostenibilidade do SNS.

Cada día é máis evidente a necesidade dun cambio de rumbo na política sanitaria e no goberno de Galicia

Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública

22 de xaneiro do 2016

--
Foto de Avantar, baixo unha licenza de Creative Commons. Rolda de prensa d@s representantes da Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública e de SOS Sanidade Pública, despois de remitir por correo á Comisión Europea a denuncia contra o proceso de licitación do Hospital de Vigo por presunto incumprimento do Dereito Comunitario do Reino de España na persoa do Goberno da Xunta de Galicia (02.09.2015).

Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol
www.plataformadspferrol.blogspot.com
plataformadspferrol@gmail.com

Enviado por:
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Ferrol
-plataformadspferrol@gmail.com-
22 de janeiro de 2016 18:00

___________________

Eliximos Narón pide ao tripartito un Plan Anual de Estatística do Concello - E por outra banda critica os orzamentos municipais: “A Narón pan e circo”, esa é a política do tripartito


Eliximos Narón pide ao tripartito un Plan Anual de Estatística do Concello.

Dende Eliximos, consideramos que o uso anual regular de estatísticas sobre a situación social e económica é unha ferramenta útil e moi necesaria para un coñecemento obxectivo do Concello.

Esta ferramenta pódese usar cara ao futuro para priorizar e dirixir as actuacións, inversións e recursos do Concello a aqueles aspectos que mais o requiran, e tamén de cara ao pasado para coñecer os efectos e a eficacia de ditas accións levadas a cabo polo Concello.

Ao mesmo tempo, as estatísticas obxectivamente elaboradas, tratadas e publicadas son unha importante ferramenta de transparencia sobre o Concello.

Eliximos presentou hoxe unha moción instando a o Tripartito a poñer en funcionamento esta ferramenta, para o cal e necesario un Plan consensuado no que se recollan os aspectos a estudar, a relación de estatísticas a elaborar que permitan dito estudo, e unha dotación orzamentaria para o Plan nos presupostos para este ano 2016 que están pendentes de se aprobar.

---

“A Narón pan e circo”, esa é a política do tripartito.


Os políticos romanos decidiron que a política de "pan e circo" era a forma máis efectiva de subir e manterse no poder. Esta era a práctica romana de prover pan gratis aos cidadáns romanos así como custosas formas de entretemento (o teatro, as carreiras e as loitas) como medio para gañar a súa confianza e, sobre todo, de mantelos afastados dos asuntos políticos.

A pesar do paso dos séculos esa práctica, adaptada aos nosos días, segue vixente e é a política do goberno de Narón. Neste caso o "pan" ven a ser a asistencia social para garantir a subsistencia, mentres que o "circo" son as festas, os deportes e as actuacións culturais.

Así o reflexan os orzamentos con:

 Asistencia social primaria: 2,5 millóns de euros (no mesmo orde que a media outros concellos galegos no rango dos 20.000 a 50.000 habitantes 1 ).

 Festas populares e festexos: 215.000 €, un 18,2% mais que concellos similares (5,4 fronte 4,1 €/hab.).

 Deporte: 1,91 millóns de euros €, un 21% mais que concellos similares (48,4 fronte 35,9 €/hab.).  Equipamento y promoción cultural: 2 millóns de euros €, un 215,8% mais que concellos similares (50,4 fronte 14,3 €/hab.).

En total, Festas + Deportes + Cultura = 4,1 millóns de euros €, 1,73 millóns (un 72,2%) mais que concellos similares (104,3 €/hab. fronte aos 54,3 €/hab. dos demais concellos).

Pola contra, as actuacións de carácter económico dos tres sectores 2 levan 371.000 euros, fronte a 1.458.000 doutros concellos similares, un -74,6% (9,4€/hab. fronte aos 14,3 €/hab. dos outros).

Os gastos en fomento do emprego de 253.000 euros tamén se encontran un -55,5% por debaixo dos concellos similares.

En resumen, a aposta política do tripartito e "pan e circo" que levan 6,6 millóns de euros (aínda que moito mais "circo" que "pan") fronte as actuacións de carácter económico e fomento de emprego que levan 1,7 millóns de euros.

Dende Eliximos entendemos que cada cousa ten que ir na súa medida, e que as actuación de carácter económico e o fomento do emprego deberían ter un maior peso para que os naroneses teñan traballo e, por tanto, poidan ganar o pan.

Notas.-
[1] As comparativas son tamen coa media distes concellos.
[2] Agricultura, Gandería e Pesca; Comercio, turismo e PYMES; Transporte público; Infraestruturas, I+D+I+d, e Outras actuacións de carácter económico.

Eliximos Narón Electores (ENE)
Grupo Mixto do Concello de Narón
Praza de Galicia s/n – Entrechán 15570 Narón (A Coruña)
Telf.: 981337700 - Ext.: 1066 - Móbil: 673141822 / E-mail: grupomixto_ene@naron.es
Grupo no facebook:
https://www.facebook.com/groups/Eleximos.Naron/

Web:
http://eliximos.esy.es/




Enviado por: ENE Eliximos Narón Electores
-eliximos@gmail.com-
26 de janeiro de 2016 11:1522 de janeiro de 2016 15:13
_________________

Homenaxe a Amada García e os sete compañeiros fusilados polos fascistas o 27 de xaneiro de 1938, hoxe Mércores, 27 de Xaneiro, no Castelo de San Felipe, ás 5 da Tarde


Mércores 27, ás 17 hs, San Felipe, Homenaxe Amada García


Organizado pola Asociación Memoria Histórica Democrática:

O Mércores, 27 de Xaneiro, ás 17 hs, no Castelo de San Felipe, Homenaxe a Amada García e os sete compañeiros fusilados polos fascistas o 27 de xaneiro de 1938, por defender a legalidade republicana.

Amada García era natural e veciña de Mugardos, estaba casada con Gabriel Toimil Dopico e tiña unha filla. Foi fusilada no Castelo de San Felipe o 27 de Xaneiro de 1938. Esta bastante estendida a idea de que foi fusilada por bordar unha bandeira do Partido Comunista de España, o que é falso. A realidade é que era unha muller politicamente moi activa e boa oradora, unha líder natural, polo que acadou as antipatías dos sectores máis conservadores da sociedade mugardesa.

Cando se produce o golpe de estado dos militares, as autoridades locais de Mugardos organizan a resistencia cos escasos medios que estaban á súa disposición. Neses días, Amada García estivo no concello dando ánimos e colaborando na medida das súas posibilidades, como moitos outros veciños.

Coa vitoria dos militares sublevados, estes deteñen e xulgan a un elevado número de veciño/as do concello (causas 42/37 e 379/37). Precisamente, unha das mulleres acusadas era Amada García Rodríguez.

"Amada García foi detida estando embarazada, facendo que máis tarde o Consello de Guerra aprazase a aplicación da sentenza de morte á que foi condenada, ata o nacemento do fillo seu fillo Gabriel. Á espera dese momento, estivo confinada no Cárcere de Mulleres de Ferrol, logo o 31 de outubro de 1937 ao Hospital de Caridade de Ferrol, onde pariu. 88 días despois, o 27 de xaneiro de 1938, foi conducida ao castelo de San Felipe. Alí foi executada, por un pelotón de fusilamento, canda ela foran executados o mesmo día outras sete persoas da nosa bisbarra: Antonio Eytor Cañizo, José María Montero Martínez, Ángel Roldos Gelpi e Juan José Teijeiro Leira de Mugardos; Jaime González Pérez e Ramón Rodríguez López de Ares; e Germán López García de Cabanas".

http://www.memoriahistoricademocratica.org/

Asociación Cultural Fuco Buxán |  Rúa Armada Española, 32 baixo - 15406 - Ferrol (A Coruña) Apartado Correos: 240 - C.P. 15400 - Ferrol | Telefono: 981325492  | Email:  fucobuxan@gmail.com | Visita a nosa web: www.fucobuxan.net | Blog "Pensamento Crítico" http://opinionsfuco.blogspot.com.es/  | Facebook: http://www.facebook.com/pages/Fuco-Bux%C3%A1n/118931821452749  | Twitter: http://twitter.com/FucoBuxan Google+: https://plus.google.com/u/0/108716477794009532670/posts

Enviado por:
A.C. Fuco Buxán Fuco Buxán
-fucobuxan@gmail.com-
26 de janeiro de 2016 23:08

___________________

Enlace relacionado:

Homenaxe a Amada García e Día internacional das vítimas do Holocausto -27 xaneiro de 2016.
_________________________

martes, xaneiro 26, 2016

Charla - Debate sobre o Tratado Trasántlantico de Comercio e Investimentos (TTIP) , coa eurodeputada Lídia Senra e Xosé Ramón Cendán, dirixente do Sindicato Labrego Galego, este Venres 29 de Xaneiro


Charla - Debate sobre o Tratado Trasántlantico de Comercio e Investimentos (TTIP).


Cómo afecta os acordos do Tratado Trasantlántico de Comercio e Investimentos (TTIP) ao noso futuro agrícola, gandeiro, á calidade da nosa alimentación, aos noso dereitos laborais, a nosa saúde, etc ...?

Que contará coa presenza de:

Lídia Senra, membro do Parlamento Europeo en Estrasburgo.

Xosé Ramón Cendán, dirixente do Sindicato Labrego Galego.

E que terá lugar o vindeiro Venres, día 29 de Xaneiro, de 2016, ás 20:00 horas.

Local social da Veiga, Narahío
.
Evento no facebook:
https://www.facebook.com/events/584053778414958/

Asociación Veciñal "O Castelo" de Narahío (San Sadurniño).

Correio-e:
ocastelonarahio@gmail.com

Conta no Facebook:
https://www.facebook.com/ocastelodenarahio/


QUE É O TRATADO TRANSATLÁTICO DE COMERCIO E INVESTIMENTO -TTIP?


O Tratado Transatlántico de Comercio e Investimento é un extenso tratado sobre o libre comercio que se está negociando en secreto entre a Unión Europea e os Estado Unidos dende o 2013. O obxectivo é levar acabo conversas o máis rápido posible e sen que os detalles cheguen á opinión pública, coa esperanza de poder cerrar as negociacións antes de que a cidadanía de Europa e os Estado Unidos descubran o que a amenza real de este tratado.

Como xa recoñeceron, tantos os funcionarios Europeos como os de Estados Unidos, o obxectivo principal de este tratado non é estimular o comercio eliminando os impostos que se cobran sobre as importacións, xa que estes son tan baixos que que xa non se poden reducir mais. O principal fin é como eles mesmos recoñeceron é eliminar as “barreiras” reguladoras que limitan os beneficios potenciais das corporacións transnacionais a os dos lados del Atlántico. Agora ben, estas “barreiras” son en realidade algunhas das nosas normativas mais prezadas en materia de dereitos sociais e medio ambiente, como os dereitos laborais, as normas de seguridade alimentaria (incluidas as restricións a os OGM), as regulacións sobre o uso de substancias químicas tóxicas, as leis de protección da privacidade en internet e incluso as novas garantías no ámbito bancario introducidas para previr outra crises financeira como la de 2008. Noutras palabras, non podería haber mais en xogo.

Ademais o seu programa desregulador, o tratado tamén anhela crear novos mercados abrindo o sector dos servizos públicos e a contratación pública a empresas transnacionais, o que ameaza con provocar novas olas de privatizacións en sectores clave como la sanidade ou a educación.

O Castelo de Narahío
18 de Xaneiro de 2016

Información baseada na enviada pola:
A.A.V.V. Narahío O Castelo
-ocastelonarahio@gmail.com-
23 de janeiro de 2016 19:56

_________

Unha vez máis a veciñanza de Baralhobre vai-se concentrar na ribeira, para reivindicar a recuperación das antigas instalacións de Fondomar - Mércores, día 27 de Xaneiro ás 17.30hs


CONCENTRACIÓN VECIÑAL EN BARALLOBRE

O Colectivo Veciñal de Barallobre comunica que o vindeiro Mércores, día 27 de Xaneiro ás 17.30hs, convocamos a cidadanía para unha concentración nos arredores das antigas instalacións de Fondomar na Ribeira de Barallobre co obxecto de reivindicar a recuperación desta zona.

Daremos conta e información a veciñanza das iniciativas realizadas por esta Comisión, así como debateremos as propostas presentadas nesta mobilización.

Colectivo Veciñal de Barallobre.-

Enviado por:
RIBEIRA BARALLOBRE
-ribeira.barallobre@gmail.com-
23 de janeiro de 2016 11:26

________

Enlaces relacionados:

Ártabra 21: Proposta veciñal para a Rehabilitació0n da Ribeira de Barallobre - Concentración de Apoio este martes 27 de Outubro ás 7 da tarde

Ártabra 21: Nova concentración en Barallobre para reivindicar a recuperación da ribeira da parroquia fenesa - Venres, día 27 Novembro ás 17:30hs, na contorna das antigas instalacións de Fondomar
______________

O rumor do peak oil, ... Por Antonio Turiel (ATM) - ... China, a fábrica do mundo, está acusando con forza a caída da demanda mundial de todo tipo de bens - ... o comercio mundial está sufrindo un gran baixón, ... estamos entrando nunha gran recesión global - o prezo do petróleo baixou moito, cotizándose na actualidade o barril de Brent por baixo dos 30 dólares, ... mais ...


"Non o oen? É o rumor do peak oil. Apresurémonos, antes de que sexa un fragor, antes de que a previsíbel avalancha nos arrastre".
Impresionante artigo de Antonio Turiel que nos remiteu o noso compañeiro Manuel Casal Lodeiro de Vespera de Nada. Desde Ártabra 21, púxemo-nos man á obra para traducir-lo, traballa-lo e enlazar, para explicar mellor o seu contido. Convidamos a súa lectura atenta e tomar nota para a acción política e social. Mesmo onte, 25 de Xaneiro de 2016, o habitual programa de actualidade, análise e debate político, económico e social VíaV de VTV, tocaban un interesante tema económico totalmente relacionado ("O eco da economía chinesa condiciona") co que aquí manifesta o activista e científico, profesor e investigador Antonio Turiel. O autor dá unha serie de claves e argumentos que fan reflexionar. Non o perdades.

Por Antonio Turiel [*]
26.01.2016


Este ano 2016 estivo marcado por unha noticia que ocupou unha porción apreciábel do sempre disputado tempo telenoticiado: a volatilidade da bolsa de valores chinesa. No Imperio do Medio vivíronse días de grandes baixadas, até o punto que a sesión se tivo que suspender nun par de xornadas, ao superar as caídas o 7%. A bolsa chinesa viña de ter unha evolución bastante mediocre en 2015, e polo que parece todos os problemas acumulados son cada vez máis evidentes en 2016. As bolsas occidentais acusaron o impacto con caídas acumuladas que son a metade das chinesas, pero demostrando que a evolución do xigante asiático ten moita influencia no que pasa no mundo.

Pero, que pasa en China? Simplemente, que China, a fábrica do mundo, está acusando con forza a caída da demanda mundial de todo tipo de bens. Cousa lóxica, si se ten en conta que o desapalancamento da débeda iniciado en 2008 irá progresivamente minando a renda dispoñíbel das clases medias (vía diminución de prestacións e vía degradación da calidade do traballo asalariado). E esa clase media, cada vez máis empobrecida, compra menos cousas e consome menos.

Durante os primeiros meses de 2015 a planificación do fluxo de mercancías a escala mundial seguiu os patróns ditados case ao unísono por canta consultoría económica deste mundo: a demanda seguiría crecendo, a demanda de bens seguiría polas canles previstas. Con todo, a demanda baixou e os produtos e materias primas empezaron a almacenarse, porque o que saía era menos que o que entraba. É un fenómeno xeneralizado en todo o mundo. Iso levou a unha drástica disminución do comercio mundial. O Baltic Dry Index (un índice que mide a cantidade de materias primas que se desprazan polo mar) está en mínimos que non se viron nun par de décadas (nin sequera en 2008), e en xeral o comercio por estrada, tren, avión, etc está en valores moi, moi baixos (por exemplo, o comercio entre China e África, o seu principal subministrador de materias primas, caeu un 40% o ano pasado). Indicio de que o comercio mundial está sufrindo un gran baixón, e que estamos entrando nunha gran recesión global.

Como pasou durante a última gran recesión, en 2008, o prezo do petróleo baixou moito, cotizándose na actualidade o barril de Brent por baixo dos 30 dólares, menos ata de ao que chegou en 2008. Tal caída precipitada traerá consecuencias moi negativas para o sector, pois ao contrario de 2008, cando o prezo do petróleo caeu fortemente de xullo a decembro para logo ascender relativamente rápido e estabilizarse nuns 100 dólares o barril a finais de 2009, nesta ocasión a baixada fai máis dun ano que dura e está minando a economía dos países produtores de materias primas e non só de petróleo. Por exemplo, nos EE.UU. acaba de crebar a segunda maior empresa produtora de carbón dese país, e non precisamente porque os EE.UU. estivésense descarbonizando senón porque segue a tendencia contractiva xeral. Pero onde se cheira a sangue nos EE.UU. é no sector da produción de petróleo, e especialmente naquelas empresas que apostaran forte ao fracking. Separadamente da próxima creba de Chesapeake, unha empresa de mediana importancia, que moitos analistas descuentan para principios de 2016 (as súas accións caeron un 80% durante o último ano, en paralelo aos seus ingresos), outras importantes empresas do sector poderían crebar durante 2016. Aínda non se apunta a ningunha das grandes, pero obviamente van sufrir durante este ano e en paralelo reducen os seus gastos para intentar sobrevivir o maior tempo posíbel.

O problema non se circunscribe aos EE.UU.; por exemplo, BP acaba de anunciar que despedirá ao 15% do seu persoal ocupado na división de exploración e desenvolvemento, uns 4.000 traballadores. E o problema non só afecta as compañías privadas; por exemplo, hai pouco que soubemos que Pemex despedirá a 13.000 traballadores. Algunhas compañías, sobre todo as máis grandes e diversificadas, recorren á venda dos activos máis dubidosos, conseguindo así o dobre beneficio de facer efectivo e diminuír o risco, e céntranse a partir de aí nos seus activos máis seguros; xerarán menos diñeiro, iso é verdade, pero moitísimo menor risco. Con todo, compañías como as que se dedican ao fracking non teñen nada bo que ofrecer e buscan desesperadamente máis financiamento coa que manterse á boia, en tanto que algunhas contratan vergonzantes campañas de relacións públicas para facer crer ao público xeral que o fracking aínda é rendible (cando, en realidade, nunca o foi).

É neste contexto de loita pola supervivencia que se ten que entender o recente anuncio de que Arabia Saudita fará unha oferta pública de accións da súa compañía nacional de petróleos, Aramco, a máis grande do mundo. Mentres se dilucida o marco desta privatización (fálase de que só sairía á venda a división que se encarga das refinerías), crece a tensión bélica na zona. Deixando á marxe o que está pasando en Siria e Irak, xa non é só o crecente enfrontamento entre Arabia Saudita e Irán: a guerra que Arabia Saudita mantén en Yemen non ten visos de acabar (e en ocasións os rebeldes yemenitas teñen a osadía de golpear a Arabia Saudita no seu propio territorio); ao tempo, Arabia Saudita mantén a situación de protectorado de facto en Bahrein (país que "liberou" manu militari en 2011). Toda esta carga militar de Arabia Saudita agudiza perigosamente os problemas económicos derivados de descenso de ingresos pola venda de petróleo, o que lle obrigou a reducir prestacións sociais e a aumentar o custo do carburante no reino. O potencial desestabilizador destas medidas é enorme; imaxínanse Vds. que consecuencias tería que estalase unha revolta en Arabia Saudita?

Desde unha perspectiva meramente económica, o grave da situación actual é a pertinaz contracción do investimento en exploración e desenvolvemento de novos xacimientos petrolíferos, e non só nos non convencionais. Xusto neste momento, cando máis que nunca se tería que aumentar o investimento en exploración e desenvolvemento (upstream) porque cada vez os xacimientos son máis difíciles de atopar e de explotar, encadeamos unha racha de anos de contracción no investimento moi forte no sector petroleiro. De acordo coa Axencia Internacional da Enerxía, o investimento en upstream reduciuse un 15% en 2014 con respecto a 2013, e un 20% adicional en 2015 con respecto a 2014. E aquí non se acaba a mala racha, senón que a propia AIE está proxectando un novo descenso do 15% en 2016. A nivel mundial cae o conteo de rigs (cabezas perforadoras); o problema xa non é a catastrófica caída do número de rigs activos nos EE.UU., senón que a caída comeza a ser monumental (un 50%) ao nivel do mundo enteiro.


Aínda que a maioría dos analistas económicos non o perciben, é bastante obvio que nos estamos encamiñando ás alancadas cara a unha escaseza de petróleo que non só é inminente, senón que será irreversíbel. A combinación entre desinvestimento na hoxe en día imprescindíbel reposición de pozos e crébalas das empresas que explotan os recursos de hidrocarburos líquidos máis caros de producir (cuxo porcentaxe sobre a produción mundial é xa do 10% e debería crecer durante os próximos anos simplemente para manter a produción total constante) garanten non só que nunca recuperaremos o nivel de produción de 2015 (isto é, o peak oil produciuse o ano pasado), senón que o descenso a partir de aquí será bastante rápido.

A creba das empresas que explotan xacementos de hidrocarburos diversos non fai desaparecer o recurso, naturalmente. Con todo, si que nos fala da difícil viabilidade da explotación dese recurso aos prezos que realmente a economía se pode permitir. Pero é que ademais esas crebas si que fai desaparecer algo fundamental: inversores dispostos a arriscar o seu diñeiro nun negocio que, de súpeto, xa non parece tan seguro como sempre parecera. Por iso, de xeito real, a creba de empresas petroleiras implica a desaparición efectiva de toda a produción actual que se estaba producindo antieconomicamente, simplemente porque se tiñan moi boas perspectivas para o futuro. E ese é unha porcentaxe crecente de todo o petróleo que se pode producir...

Estamos diante, xa que logo, dun rápido descenso da produción de petróleo que se irá evidenciando nos próximos anos. E que é o que se contan nos medios sobre a situación actual? Pouca cousa. Poucas veces atrévense a advertir que de manterse os baixos prezos actuais haberá unha forte escaseza á volta dun par de anos. A inmensa maioría das análises económicas que podemos ler apostan a que o prezo manterase baixo no medio prazo, é dicir, durante os próximos 2, 5 ou ata 10 anos. É obvio que non entenden nada do que está pasando (serviría de algo recomendarlles, unha vez máis, nosa guía?). E até algúns se permiten de cando en vez facer chanzas sobre a "ridícula teoría do peak oil", ao seu entender desmentida polos baixos prezos do petróleo.

Desde unha perspectiva economicista, o peak oil debería traducirse en prezos permanentemente altos. Esta é unha visión simplista, propia do pensamento económico liberal, que non entende o papel da enerxía na economía. O máis curioso é que non poucos dos estudosos do peak oil levan anos afirmando que a chegada ao máximo de produción do petróleo o que xera é volatilidade no prezo (eu mesmo dicíao no quinto post que escribín neste blog, o 3 de febreiro de 2010). No meu caso concreto e para máis inri, cando a fase de prezos altos prolongouse un pouco máis do esperado criticáronme porque non acababa de chegar a baixada de prezos que prognosticaba (ver post do 28 de marzo de 2014, seis meses antes de que empezase do actual episodio de prezos baixos). Volvereino a repetir, unha vez máis: o problema da escaseza de petróleo non é que o prezo suba moito de xeito permanente. Para que o prezo se manteña permanentemente alto o petróleo ten que converterse nun artigo de luxo e deixar de ser o que é agora, é dicir, o motor da economía, e aínda que algún día chegaremos a esa situación, aínda estamos lonxe dese momento. Nos próximos anos o que caracterizará ao prezo do petróleo é unha volatilidade brutal, a medida que profundemos na espiral de destrución de demanda - destrución de oferta. Non é simplemente dicir que o prezo do petróleo ás veces sobe e ás veces baixa, non. A cuestión é que durante certos períodos manterase demasiado alto, de maneira que danará a economía en xeral, e despois manterase demasiado baixo, danando ás compañías produtoras. Esta oscilación salvaxe, sen término medio (a maior parte do tempo o prezo ou será moi alto ou será moi baixo, situándose en valores intermedios só no seu rápido camiño cara arriba ou cara abaixo), é o que caracterizará a evolución do prezo durante os próximos anos, cun período de repetición típico que no post de 2010 estimabamos nuns 3 ou 4 anos, aínda que a medida que se acelere o descenso de produción os ciclos de subidas e baixadas serán cada vez máis rápidos. Fíxense na gráfica (completamente cualitativa) que Dave Cohen debuxaba agora fai 8 anos:


E fíxense que fixo o prezo do petróleo nos últimos 10 anos:


Como ven, até o 2011 a forma cualitativa de ambas gráficas era moi similar. En 2011 introdúcese masivamente o fracking nos EE.UU., e malia ser un negocio ruinoso conséguese manter os prezos un pouco por encima dos 100$/barril pero sen romper o teito de 149$/barril de 2008. Con todo, 100$/barril é un prezo demasiado alto para non acabar prexudicando á economía en xeral no medio prazo. Coa forzada estabilización do fracking postergamos a caída de prezos uns 3 anos, pero agora atopámonos cunha economía danada (como mostran os datos que dou ao comezo do post) e unhas compañías petrolíferas sobre-endebedadas e crebando (como xa alertábamos en setembro de 2014). Así pois, aforramo-nos un dos ciclos de 3 anos, pero fixémolo a costa de poñer nunha situación precaria ás nosas empresas petroleiras e xa que logo neste momento estamos tendo á vez unha fase de destrución de demanda e de oferta.

É importante resaltar que desde o punto de vista da evolución do peak oil non gañamos absolutamente nada: producindo a perdas hidrocarburos subprime como o LTO de fracking ou o das areas bituminosas mantivemos o nivel total de hidrocarburos durante estes anos, pero agora a caída será máis abrupta e irémonos directamente ao momento da curva onde deberiamos estar si explotouse soamente o que era economicamente rendíbel; ou quizá máis abaixo, porque no proceso danamos o balance de empresas e explotacións que podían ser viábeis. E o que é peor: o abrupto dos cambios fai máis probábeis os conflitos xeopolíticos e as guerras polos recursos, porque os economistas que asesoran aos gobernos de todo o mundo non comprenden a situación e ven pantasmas de "guerras de prezos" e "intentos de desestabilización" onde o que hai é fundamentalmente o imperio da pura e dura termodinámica e unha mala comprensión da realidade económica por quen se din os seus especialistas.

Por ese motivo, todos os que predixen escenarios de prezos baixos do petróleo a 5 anos vista equivócanse sen dúbida: os prezos manteranse baixos este ano até que estale unha nova guerra ou creben suficientes empresas do sector, e ao baixar a oferta o prezo dispararase, agravando a crise económica global en cernes (recorden que o ano pasado o PIB global contraeuse un 5%). Iniciarase así o seguinte ciclo da oscilación do prezo, que será máis duro que o anterior porque os investidores, escaldados, non volverán tan rápido a investir nas petroleiras.

O máis triste deste proceso é que ninguén mirará á produción de petróleo, ao feito de que xa está decaendo para nunca máis recuperar os niveis actuais e para seguir unha tendencia xeral á baixa con pequenas repuntadas transitorias. A obsesión economicista polo prezo fará que se ignore a variábel que é en realidade fundamental, pois a enerxía é o verdadeiro motor da economía, en tanto que o diñeiro (entre outras cousas) é só representación do valor e non o valor en si mesmo. As raras veces que se comente que a produción baixou os economistas sairán dicindo que se debe á recesión e que cando salgamos desta a produción volverá subir, poñendo así o carro diante dos bois, ignorando que o problema é que está diminuíndo a cantidade de enerxía accesíbel para propulsar este sistema, incapaces de comprender que hai que cambiar o paradigma económico completo para adaptalo a unha realidade na que xa chocamos contra os límites do planeta.

Pois si, señores, as consecuencias do peak oil eran estas, o que fai tempo que eu denomino o oil crash: a imposibilidade da nosa sociedade de manter o sistema actual, unha vez que chegamos ao cénit de produción de petróleo. É a isto ao que se parece, é a isto ao que cheira e ao que sabe. E isto só é o comezo: si non o entendemos e non comezamos a tomar desde xa medidas para adaptarnos virán guerras, escaseza, desabastecemento... Eu persoalmente fai tempo que aposto por que España se meterá en aventuras militares en varios países e particularmente en Alxeria, cando alí estale a guerra civil actualmente en cernes; guerras que esgotarán máis rapidamente a España e que nos afundirán con maior celeridade no lodo.

Pero, repitámolo unha vez máis: nada diso é necesario, non necesitamos afundirnos na miseria, non está escrito en pedra que o noso destino inevitábel sexa o colapso. Non é verdade. Aínda podemos cambiar o rumbo das cousas. Debemos dicir e dicirnos a verdade á cara, pasar da idea á acción, facer propostas de futuro. É posíbel. Fagamos-lo.

Non o oen? É o rumor do peak oil. Apresurémonos, antes de que sexa un fragor, antes de que a previsíbel avalancha nos arrastre.

Salu2,
AMT

Publicado en The Oil Crash. | 15.01.2016

[*] Antonio Turiel Martínez, Licenciado en CC. Físicas por la UAM (1993), en CC. Matemáticas por la UAM (1994), Doctor en Física Teórica por la UAM (1998) e Científico titular en el Institut de Ciències del Mar del CSIC. Autor do Blogue The Oil Crash.  Con máis de 6 millóns 300 mil entradas.| Páxina no facebook.

No buscador libre DuckDuckGo.

---

Asociación Véspera de Nada  por unha Galiza sen Petróleo
http://www.VesperaDeNada.org
http://twitter.com/vesperadenada
https://www.facebook.com/VesperaDeNada
http://www.youtube.com/user/VesperaDeNada

A sementar a revolución da Galiza pospetróleo
Guía para o descenso enerxético:
http://Galiza.posPetroleo.com

Enviado por:
Manuel Casal Lodeiro - VEspera de Nada
-diademoito@vesperadenada.org-
15 de janeiro de 2016 08:53

_______________

venres, xaneiro 22, 2016

O Parlamento Europeo freou un acto delegado orientado a mermar as esixencias nutritivas e de información de alimentos infantís e provintes de cerais - Lídia Senra: "Unha institución dominada polos lobbies non respecta nada; tampouco a saúde das nenas e nenos"


Lídia Senra: "Unha institución dominada polos lobbies non respecta nada; tampouco a saúde das nenas e nenos". | O PE freou hoxe un acto delegado orientado a mermar as esixencias nutritivas e de información de alimentos infantís e provintes de cerais. | Arias Cañete, defensor da proposta da CE de permitir até un 30% de azucres na comida infantil obviando que a OMS recomenda reducilo ao mínimo.


Estrasburgo, 20 Xaneiro 2016. A eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra, sinalou hoxe a súa satisfacción pola aprobación dunha resolución do Parlamento Europeo que se opón a un acto delegado co que a Comisión Europea (CE) pretendía mermar os requisitos específicos de composición e información dos alimentos elaborados a base de cereais e os alimentos infantís.

É sabido que o lobby da agroindustria é un dos máis poderosos do mundo [1], sendo a Comisión Europea unha das institucións máis marcadas pola súa influencia [2]. Por iso mesmo, sinala a eurodeputada de AGEe, "non pode deixar de indignarnos situacións como a que vimos esta mañá, con un Comisario Europeo defendendo que a alimentación infantil poda conter residuos de pesticidas ou que un 30% da enerxía que aporten sexa proporcionada por azucres, cando a OMS sinala que non se debe engadir azucre nin sal aos complementos alimenticios infantís e, en todo caso, os azucres 'libres' deben ser inferiores ao 5%".

Iso si, a elección do Comisario Miguel Arias Cañete para adoptar esta posición é bastante coherente se temos en conta que é o político europeo que máis se reúne con lobbies [3], e que até a organización Observatorio Europeo das Corporacións lle adicou un informe resaltando os seus intereses na industria agrogandeira e enerxética.

Esta modificación lexislativa tentouse realizar ademais a través dun acto delegado, procedemento que permite que a Comisión Europea poda adoptar actos non lexislativos de alcance xeral por si mesma. "O feito de que esta modificación se pretendera introducir a través dun acto delegado, evitando así o debate no Parlamento, resulta intolerábel", condenou Senra. "Se temos claro que ca comida non se xoga, ca alimentación das nenas e nenos inda menos".

Permisividade cos niveis de azucre, ca presenza do glifosato (polémico pesticida canceríxeno que conta cunha especial simpatía por parte da CE), a non publicación das actas de xuntanzas mantidas con empresas e ONG's, contradición das recomendacións da Organización Mundial da Saúde (OMS) en canto á promoción de lactancia materna e presenza de sales e azucres na comida infantil, ocultación de datos das xuntanzas bilaterais mantidas pola Comisión Europea... Foron algunhas das críticas realizadas hoxe polo Parlamento Europeo a través da resolución presentada.

"A estratexia que pretendeu realizar hoxe a Comisión Europea para aprobar esta modificación da calidade da alimentación das crianzas demostra que unha institución dominada polos lobbies, polos intereses das grandes empresas, non respecta nada; nin tan sequera a saúde das nenas e nenos", criticou a eurodeputada galega. "É importante que o Parlamento teña parado esta tentativa hoxe. Temos que loitar con contundencia contra a grave situación de que as malas prácticas das industrias teñan como coartada a propia legalidade, tal e como se pretendeu hoxe e como, desgraciadamente, acontece demasiado a miúdo". [4]

Notas.-
[1] DUCH e FERNÁNDEZ, La Agroindustria bajo sospecha, Barcelona (2010).
[2] Guía de lobbies de Bruselas, Lobbies corporativos en la Unión Europea; Las relaciones entre la industria de los transgénicos y la comisión europea; "Los negocios de Bruselas"; "Los lobbys de Bruselas , el control de la UE".
[3] Datos sobre Miguel Arias Cañete, Observatorio de lobistas de Transparencia Internacional: http://www.integritywatch.eu/ec.html.
[4] Caso Hero Baby, "Lo vendemos porque es legal": http://www.dimequecomes.com/2015/02/hero-baby-lo-vendemos-porque-es-legal.html

Máis información:

Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) | lidia.senra@europarl.europa.eu | http://ageuropa.gal/ | https://www.facebook.com/LidiaSenraRodriguez.



Enviado por:
SENRA RODRÍGUEZ Lidia OFFICE
-lidia.senra-office@europarl.europa.eu-
20 de janeiro de 2016 18:03

________________

GastroFesta no Terra (Pontedeume), os protagonistas nos fogóns serán os callos, este sábado 23 de Xaneiro, coa música e cancións de Sanjurjo&Dopico


O Colectivo Terra presenta un novo ciclo de actividades onde a comida e a música serán as protagonistas. Iniciamos así unha serie de concertos cun trasfondo gastronómico onde degustaremos as receitas máis tradicionais da nosa cociña ao tempo que desfrutamos da música do País.

Nesta primeira xornada os protagonistas nos fogóns serán os callos, símbolo gastronómico das nosas festas e o exemplo máis claro e rotundo de que, por moitas prédicas globalizadoras que se fagan en prol da dieta mediterránea, non che hai patrón en Galiza que non comece cunha boa cunca de callos. Pero antes, os encargados de encher de son o local do Terra serán SANJURJO & DOPICO, apoteósico dueto formado por Martín Sanjurjo (Saraibas, Balakandra) e Manolo Dopico (A Roda, Leixaprén, Balakandra), unindo forzas neste novo proxecto acústico, no que revisitan cancións das súas bandas e versionan clásicos que xa forman parte da historia da canción galega.

Sábado 23 de xaneiro. Apertura de portas 20:00h. Concerto 20:30h.

Blog: http://colectivo-terra.blogspot.com.es/
Facebook: https://www.facebook.com/colectivo.terrapontedeume
Twitter: https://twitter.com/colectivo_terra
Correo-e: colectivoterra@gmail.com
Local Social do Colectivo Terra
Boa Vista 8 Baixo. Pontedeume. GZ



Enviado por:

Colectivo Terra
-colectivoterra@gmail.com-
21 de janeiro de 2016 20:28
_____________

"Lume", de Rebeliom do Inframundo - Vídeo


Quando falamos de Hip Hop de intervenção na Galiza nos últimos tempos, não podemos evitar falar de Rebeliom do Inframundo. Com mais de cen concertos às suas costas e logo de ter partilhado palco com artistas internacionais como Edo. G e estatais como Soziedad Alkoholika, Boikot, Berri Txarrak, R de Rumba (Violadores del Verso), Acción Sanchez (SDFK), Los Chikos del Maíz ou Zoo, a banda está próxima de se constatar como um dos maiores referentes da cena galega de hip hop dos últimos tempos.

Rebeliom do Inframundo são integrantes dos coletivos Track Asedio e Verso Libre. O tema “Lume” faz parte do primeiro trabalho da editora Língua Nativa, uma compilação homónima de 17 músicas com artistas internacionais de países como Angola e Portugal entre outros.

- Artista: Rebeliom do Inframundo.
- Track: Lume.
- Álbum: Língua Nativa - Língua Nativa.
- Videoclip realizado por Alberto Lora.
- Música produzida, misturada e masterizada por Frank (Verso Libre).
- Scratches gravados por Dj Rapu em Mental Skills (Track Asedio).


https://youtu.be/QIrVgXOqNis

Canle Língua Nativa de Independent record label from Galiza.

Ricardo Cascalhar Chantada
Editor discográfico // Língua Nativa

36350 Nigrán
Galiza
rcascalhar@linguanativa.com
www.linguanativa.com

Enviado por:
Ricardo Cascalhar
-RCascalhar@linguanativa.com-
22 de janeiro de 2016 00:38
____________________

Fórum de Davos e a desigualdade social , ... Por Flavio Aguiar


Com seu progressivo esvaziamento, o fórum, que já era pobre em matéria de criação de vetores de ação, ficou mais pobre ainda, o que compromete sua eficácia frente aos muitos desafios das nações.

Por Flavio Aguiar [*]
22.01.2016


Na quarta-feira (20 de Janeiro), começou mais uma edição do Fórum Econômico de Davos, na Suíça. O fórum já teve mais prestígio e proeminência. Mas ainda continua sendo um espaço de importância geo-política e econômica.

No dia 19, o jornalista Graeme Wearden listou no The Guardian oito temas que ele considera chaves para o encontro deste ano (a lista é dele, os comentários são meus):
1. A robotização (automação) do trabalho e da economia. A tsunami da automação no mundo, que já vem cobrindo o território do chamado "trabalho de colarinho azul" (o operariado) está chegando rapidamente ao abdômen do chamado "trabalho de colarinho branco", o mundo dos serviços, dos executivos e até dos dirigentes de empresas e serviços públicos.

É crescente a automação dos processos de tomada de decisão em bolsas de valores, empresas financeiras, agências de governo, até mesmo de protocolos hospitalares e outras áreas da vida econômica e social.

2. A crise dos refugiados e o terrorismo na Europa e no mundo. O tema dos refugiados têm alcance mundial. O Brasil invocou nesta área, ao definir a criação de categorias como o "refugiado econômico" e o "refugiado de catástrofes ambientais".

O tema é particularmente sensível na Europa, devido à vinculação que políticos de direita vêm fazendo sistematicamente entre o aumento dos refugiados e o aumento potencial de ataques terroristas ou de episódios como o arrastão sexual em Colônia, na Alemanha, durante a noite de Ano Novo.

3. A turbulência das bolsas e mercados. O ano de 2016 abriu com enormes turbulências nas bolsas do mundo inteiro. Na China a situação tem níveis dramáticos, indicando fuga de capitais e provocando reações e efeitos negativos em todas as economias do mundo, inclusive na brasileira. O preço das commodities despenca. Mas nada de importante ocorrerá nesta área enquanto não houver a disposição de criar mecanismos internacionais de controle destes mercados.

4. As mudanças climáticas. O mundo atingiu um outro patamar, mais positivo, nesta área com a celebração do acordo ao final da COP21. Porém, há fatores de risco quanto a este tema, sendo o principal deles a eleição de algum dos pré-candidatos republicanos à presidência dos Estados Unidos, já que todos eles prometem jogar o acordo no lixo, junto com o acordo sobre o programa nuclear do Irã e o reatamento de relações diplomáticas com Cuba.

Além de que provavelmente não só reabririam a prisão de Guantánamo (se o presidente Obama cumprir a promessa de fecha-la até o final do seu mandato), como abririam outras pelo mundo afora e retomariam a prática das torturas.

5. A sempiterna crise econômica europeia. O que fazer para dinamizar a combalida economia europeia? Bom, enquanto prevalecer a atual hegemonia neoliberal no continente e na formação de seus economistas não haverá muito o que fazer. As economias do continente têm muitas vezes seus dados sobre desemprego parcialmente maquiados pela fuga de emigrantes para outros países. Como a chegada dos milhões de refugiados incidirá sobre esta realidade? A ver.

6. A desigualdade social planetária. Trato deste tema ao final deste artigo.

7. A produção de vacinas e remédios. O biênio 2014/2015 trouxe à tona a necessidade de respostas mais rápidas e organizadas a catástrofes como o surto do vírus Ebola no Ocidente da África. Mas há outros fenômenos endêmicos, como a malária, a dengue, agora o zika no Brasil. Ao lado deles, há a crescente consciência da necessidade de combater preventivamente cânceres e doenças vasculares. Tudo isto depende do melhor controle público sobre a produção de remédios e vacinas.

8. A relação entre crimes cibernéticos e liberdades civis. A multiplicação dos crimes (até da guerra) nos espaços virtuais e das violações de direitos civis (como o da privacidade) demonstrou a necessidade de se abrir o caminho para uma atualização da legislação internacional a respeito. Com a adoção de seu novo Marco Regulatório, o Brasil mostrou o caminho. Mas isto não chega. Um Brasil só não faz verão no mundo.

Sobre a desigualdade:

A Oxfam (sigla para The Oxford Committee for Famine Relief, uma confederação fundada na Inglaterra em 1942 e que hoje reune 17 organizações que atuam em 94 países) vai levar seu relatório anual sobre a desigualdade ao Fórum. O relatório aponta índices dramáticos.

As 62 pessoas mais ricas do mundo detém tanta riqueza quanto metade da população mundial, cuja estimativa, segundo o The Economist é de 7,4 bilhões de pessoas. 1% da população detém a mesma riqueza que o restante 99%.

Entre 2010 e 2015 a desigualdade aumentou vertiginosamente. Os 50% mais pobres do planeta viram suas posses diminuirem em 41%, apesar do número de habitantes do planeta ser acrescido em 400 milhões de pessoas. Já aqueles 62 mais ricos acresceram seu patrimônio em 500 bilhões de dólares, atingindo a marca de 1,76 trilhões de dólares.

Para comparar, o PIB brasileiro, em seu auge, algum tempo atrás, passou um pouco dos três trilhões de dólares anuais, e agora deve andar pelos 2,4 trilhões. Para completar este quadro devastador, a Oxfam revela que 30% da riqueza africana é mantida "offshore", isto é, fora do continente, o que implica uma evasão anual de 14 bilhões de dólares em impostos sonegados, cuja aplicação poderia, entre outros efeitos, garantir escola para todas as crianças do continente.

A propósito: a única região do globo onde, neste período, a desigualdade diminuiu, foi a América Latina, Brasil inclusive. Para desespero dos nossos "impichadores".

Seria possível acrescentar mais dois ítens à lista do blogueiro da área econômica do Guardian: o combate à fome e a paz mundial - sobretudo, hoje, na Síria e Iraque, mas também em outras regiões. O primeiro tema está ligado ao do combate à desigualdade. O segundo também, mas depende da revalorização e reforma de organismos internacionais, como a ONU.

Estará o Fórum de Davos à altura de tais desafios? Com seu progressivo esvaziamento, o fórum, que já era pobre em matéria de criação de vetores de ação, ficou mais pobre ainda, o que compromete sua eficácia.

Seria de esperar uma maior eficácia de outros fóruns, como o Fórum Social Mundial, ora reunido, sob forma temática, em seu berço, Porto Alegre. Mas o FSM também vem passando por um processo de esvaziamento, com sua transformação em espaço de intercâmbio de ideias tão somente.

Mesmo assim, também não se pode subestimar sua importância, inclusive como contraponto ao mundo estratificado de Davos.

Publicado no Blogue de Miro "Uma trincheira na luta contra a ditadura mediática" | 21.01.2016 | Rede Brasil Atual.

[*] Flávio Wolf de Aguiar (Porto Alegre, 1947) é professor, autor, jornalista, tradutor brasileiro, organizador e colaborador de dezenas de livros. Seu nome de autor mais comum é Flávio Aguiar. Atualmente vive em Berlim, onde é correspondente de publicações brasileiras, impressas ou na internet, fazendo reportagens também para TV e rádio. Pesquisador e professor de Literatura Brasileira da Faculdade de Filosofia, Letras e Ciências Humanas da USP, tem mais de trinta livros de crítica literária, ficção e poesia publicados. Ganhou por três vezes o prêmio Jabuti da Câmara Brasileira do Livro, sendo um deles com o romance Anita (1999), publicado pela Boitempo Editorial. Também pela Boitempo, publicou a coletânea de textos que tematizam a escola e o aprendizado, A escola e a letra (2009), finalista do Prêmio Jabuti, Crônicas do mundo ao revés (2011) e o recente lançamento A Bíblia segundo Beliel. Colabora com o Blog da Boitempo quinzenalmente, às quintas-feiras.
____________

xoves, xaneiro 21, 2016

A Tarifa Social de electricidade atribuirase de forma automática en Portugal


Por ser de máximo interés, publicamos esta nova que explica o acordo entre o Partido Socialista Portugués e Bloco de Esquerdas, para loitar contra a pobreza enerxética.


 Acordo PS/Bloco: avança atribuição automática da tarifa social na energia

Para abranger meio milhão de agregados familiares mais desfavorecidos, Tarifa Social de eletricidade vai passar a ser atribuída de forma automática, após cruzamento de dados do fisco e da Segurança Social, sem que o cliente tenha que a solicitar.

O decreto lei que facilita o acesso e aumenta também o "plafond" de rendimento até ao qual os agregados têm direito à Tarifa Social, que será custeados pelas operadoras, inclui-se num pacote que visa combater a "pobreza energética" e que o governo apresentará brevemente na sequência de negociações entre o Bloco e os socialistas.O decreto inclui também o Apoio Social Extraordinário de Eletricidade ao Consumidor de Energia e isenção da contribuição audiovisual.

    o decreto lei aumenta a abrangência da Tarifa Social, ao introduzir o conceito de "situação de insuficiência económica

De acordo com as informações prestadas ao Jornal de Notícias por uma fonte envolvida neste processo, o decreto lei aumenta a abrangência da Tarifa Social, ao introduzir o conceito de "situação de insuficiência económica": rendimento médio mensal até 1,5 vezes o Indexante dos Apoios Sociais (igual a 628,83 euros e acrescido de 50% por cada elemento do agregado).

Este é o mesmo valor para obter isenção de taxas moderadoras nos centros de saúde, acrescentou a mesma fonte.

Apesar das promessas, anterior governo nunca aumentou o número de beneficiários

De acordo com aquele jornal, o PS e o Bloco adaptaram o modelo automático que já é aplicado em países como França, Inglaterra e Bélgica, onde cada beneficiário elegível é informado do seu direito ao apoio e começa a recebê-lo de imediato, excepto se o rejeitar.

Com esta medida, o governo prevê atingir rapidamente os 500 mil agregados que se estimam para este apoio, em vez dos 85 mil atuais beneficiários. Esta meta já tinha sido definida pelo governo do PSD-CDS mas, ainda este mês, o presidente da Entidade Reguladora dos Serviços Energéticos (ERSE), Vítor Santos, admitiu que poderia "nunca vir a ser alcançada".

    Saliente-se que em 2015, o número de beneficiários rondava os 85 mil, menos de um quinto da meta fixada.

Saliente-se que em 2015, o número de beneficiários rondava os 85 mil, menos de um quinto da meta fixada. No início deste ano, o limite máximo do rendimento anual para beneficiar da Tarifa Social de eletricidade aumentou 10%, para 5808 euros (no caso de uma pessoa), com o objetivo de abranger um maior número de famílias.

A tarifa destina-se também aos beneficiários do complemento solidário para idosos, do rendimento social de inserção, do subsídio social de desemprego, do abono de família, da pensão social de invalidez e da pensão social de velhice.

Informação propositadamente ineficaz

O Jornal de Notícias foi informado que o governo prevê que sejam finalmente "capturadas as verbas da Tarifa Social que hoje não são atribuídas e que são absorvidas pela EDP, Galp e outras operadoras de eletricidade e gás" numa critica onde é particularmente visada a EDP por "não divulgar" eficazmente este apoio.

"De um total de 30 milhões por ano para 500 mil beneficiários potenciais, as elétricas só mobilizam hoje 5,1 milhões para financiar a Tarifa Social de 85 mil beneficiários. Se no gás também houver apenas 85 mil beneficiários, então aí só são gastos 2,6 milhões de 15,6 milhões potenciais", explicou ainda a mesma fonte, concluindo que "ficam disponíveis de imediato 38 milhões de euros".

O acordo com o Bloco garante ainda a correspondência entre o direito à Tarifa Social de eletricidade e o direito ao Apoio Social Extraordinário de Eletricidade ao Consumidor de Energia (ASECE), que já é uma dotação orçamental. Por fechar está outro apoio social, que consiste na isenção da contribuição audiovisual (CAV) para os beneficiários da Tarifa Social.

Por seu turno, se tivermos em conta a contribuição audiovisual, admite-se uma atualização do valor pago nas 5,5 milhões de faturas não isentas, de 2,8 para três euros, para compensar uma perda de receita em 2017 de 13 milhões, em consequência do automatismo da Tarifa Social. O objetivo seria, neste caso, evitar prejudicar a receita da RTP.

A atribuição automática da Tarifa Social vai exigir legislação própria. Mas o decreto lei será "aprovado a curto prazo" e anunciado em Conselho de Ministros.

Publicado en esquerda.net. | 20.01.2016
_______________________________________