Amosando publicacións coa etiqueta Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos. Amosar todas as publicacións

luns, abril 29, 2013

Unha vez máis o Colectivo Cidadá 'Acción Directa pola Recuperación dos Espazos Públicos': custodiando o territorio, velando polo patrimonio, reivindicando emprego, denunciando o malgasto, ...


Desta vez a acción, do colectivo cidadá, desenvolveu-se en Serantes coa limpeza da Fonte e Lavadoiro de Xoane. Foi este Sábado 27 de Abril. No traballo comunitario, participaran nove persoas.

Segundo mesmo colectivo, ademais de "limpar de vexetación e sucidade este espazo, realizouse unha pequena roza nos arredores, así como procedeuse á limpeza dos desaugadoiros".

Continúan no seu comunicado, falando do malgasto en "resposta ao goberno municipal, que hai uns días adxudicou a obra da Praza de España por valor de 812.000 euros, comunicámoslles que facendo valer os nosos dereitos como contribuíntes dese diñeiro público que van malgastar, exerceremos unha presión activa para impedir que esa obra se execute. Pedimos a colaboración de toda a cidadanía de Ferrol para que nos axuden a parar este despropósito".

Fan mención á elevada taxa de desemprego que sinala o INE no informe da EPA (Enquisa de Poboación Activa)

"Pois ante a grave situación de emerxencia social que está a pasar toda a bisbarra de Ferrolterra, cunha taxa de desemprego do 32%, una das máis altas do estado, son unas obras innecesarias e de despilfarro".

O Colectivo menciona a creación de 'escolas taller':

"Ese diñeiro podería ser investido na creación de escolas taller de formación, en dar traballo a desempregados contratados directamente polo concello, e que estes realicen traballos de recuperación e posta en valor do noso patrimonio arquitectónico, espazos naturais, recuperación do parque público de vivendas de Recimíl, etc".

O colectivo convidan a toda a cidadanía a participar con eles na recuperación dos espazos públicos.

No blogue do colectivo atopa-se información adicional:
http://recuperaciondeespazospublicos.blogspot.com.es/

e-mail: recuperacióndeespazospúblicos@gmail.com

Teléfonos: 620 312 992 - 637 567 497

O seu blogue: http://recuperaciondeespazospublicos.blogspot.com.es/   é un Diario que recolle a súa traxectoria, serve de difusión de próximas accións.
_______________

sábado, abril 27, 2013

Este Sábado 27 de Abril, Acción Directa no Lavadoiro de Xoane - Participa

Acción Directa no Lavadoiro de Xoane.

As compañeiras e compañeiros do Colectivo Cidadán 'Acción Directa de Recuperación dos Espazos Públicos', continuan coas súas accións reivindicativas. Desta vez van desenvolver o traballo comunitario no Lavadoiro de Xoane.

Quen queira participar, a concentración terá lugar ás 09:30hs n'A Malata, cafetería de FIMO. Café e Coordenación. Para logo desprazar-se até o Lavadoiro de Xoane.

Convidan a toda a cidadanía a participar con eles na recuperación dos espazos públicos.

No blogue do colectivo atopa-se información adicional:
http://recuperaciondeespazospublicos.blogspot.com.es/

e-mail: recuperacióndeespazospúblicos@gmail.com

Teléfonos: 620 312 992 - 637 567 497

O seu blogue: http://recuperaciondeespazospublicos.blogspot.com.es/   é un Diario que recolle a súa traxectoria, serve de difusión de próximas accións.
_____________

martes, abril 02, 2013

Acción Directa (e voluntaria) contra o abandono do patrimonio


Cada sábado, desde hai case un ano, un grupo de persoas de Ferrolterra traballa voluntariamente na reparación, mantemento e limpeza de "zonas verdes, cunetas, edificios do patrimonio arquitectónico ou zonas naturais de especial interese" da comarca e da cidade de Ferrol. É o colectivo Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos, que vén de sumar un novo elemento á súa lista de recuperacións: os restos da antiga muralla defensiva da cidade.
    Os restos da antiga muralla defensiva da cidade é o último espazo rehabilitado polo colectivo
É tan só un máis dunha morea de espazos rehabilitados, limpados ou recuperados por este grupo, no que hai xente desempregada, pero tamén membros con traballo. Foi en setembro de 2009 cando na zona da Malata se atopou "posiblemente o último achado arquitectónico con carácter histórico de Ferrol". Os restos daquela muralla permaneceron desde aquela semiocultos pola maleza, á espera dun informe da Dirección Xeral de Patrimonio que non deu chegado. "A falta de interese por parte do Concello e da Xunta quedou patente", denuncia Acción Directa, que vén de limpar os devanditos restos, ademais de transplantar unha maceira de varios anos que crecía enriba deles e de erradicar varias cepas da especie invasora plumeiro da Pampa.

Nesta ocasión, foron unhas sete persoas as que participaron na recuperación. "Outras veces son máis e outras menos", tal e como aclara Marcos Meizoso, membro e fundador de Acción Directa, que lembra como xurdiu a idea. "Fun dar un paseo pola senda ártabra de Covas e vin un letreiro que indicaba a existenca do antigo lavadeiro de ouro e cobre da zona; achegueime a velo e era vergoñento comprobar en que estado se atopaba aquilo, desfeito e cheo de silvas e toxos", lembra. A partir de aí, e coa axuda das redes sociais, púxose en contacto con xente que rapidamente accedeu a conformar un grupo que vai camiño de comprar un ano dun traballo tan voluntario como meritorio.
    Acción Directa denuncia o "abandono, desleixo e mal estado" dos espazos públicos en Ferrol
Ademais das súas accións, o colectivo leva tempo denunciando o Concello de Ferrol e as empresas contratadas para o mantemento dos espazos públicos polo "abandono, desleixo e mal estado" destes  na cidade e arredores e esixindo "a optimización dos recursos municipais e das empresas que prestan eses servizos para que sexan visibles".

Unha das súas reivindicacións, e obxectivo común do grupo, é a paralización do investimento de 916.000 euros de cartos público na praza de España, "ao que agora se lle suma outro despropósito, o anuncio de malgasto dun millón de euros para recuperar os baixos da Costa de Mella e a remodelación dos xardíns de San Francisco".
    Solicitan que os cartos destinados á praza de España ou á Costa de Mella se destinen a contratar parados para a reparación dos espazos públicos da cidade
"O que pretendemos é buscar a forma de dar emprego á xente. Pensamos que os cartos que se empregan na praza de España ou na Costa poderíanse empregar en contratar grupos de persoas desempregadas para que fagan estes traballos de limpeza e recuperación", conta Marcos Meizoso. A proposta chegou, a través de carta, xa hai tempo ao alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, que aínda non respondeu. Partidos da oposición apoiaron a idea, pero nada se sabe tampouco desde hai meses.

Mentres, Acción Directa continúa facendo un traballo que debería ser levado a cabo polas administracións. "Temos unha cidade cun potencial turístico e cultural enorme, pero o abandono que sofre é tremendo e iso prexudícaa", insiste Meizoso, que recorda tamén o elevado nivel de desemprego que sofre a comarca. "Aínda que fose mediante contratos parciais, o traballo continuado de varias persoas sería moi efectivo, sobre todo se se fai acotío e non como adoita facer o Concello, que vai unha vez ao lugar e non volve en anos", aclara.

Os exemplos de espazos recuperados son moitos e variados. O Muíño do Santo, o río Sardiña, o parque monumento Torrente Ballester, a Batería de San Carlos, a de San Cristovo, a fonte de Chamorro, o lavadoiro da Barca... Unha morea de zonas limpadas e rehabilitadas por un grupo voluntario que non cobra nin un peso por un traballo que non fan as administracións.

Por Miguel Pardo - @DePunteirolo

Publicado en Praza Pública.

Baixo licenza Creative Commons by-sa.
___________________

domingo, marzo 24, 2013

Acción Directa retira "máis de 300 kg de residuos retirados da praia de Cariño"


Este sábado, o noso colectivo limpou a praia de Cariño (Próxima ao Porto Exterior), esta limpeza enmarcase dentro dunha campaña a nivel global organizada por “Surfrider Foundation”, coñecida tamén como Iniciativas Océano.

Nas tarefas de limpeza retiramos máis de 300 kg de residuos, na súa maioría plásticos, e cantidade de madeiros. Tamén limpamos a canalización do regato que desemboca na praia, este estaba totalmente obturado, o cal facía que a auga erosionase nun punto concreto, dando lugar á derruba da canalización, a mesma foi subvencionada con fondos da UE e atopase nun pésimo estado de consevación.

O obxectivo principal desta campaña é de concienciar á opinión pública sobre as verteduras e residuos que rematan nos océanos. Para facernos una idea, na actualidade, cada segundo rematan no mar 206 kg de refugallos flotantes, que veñen sendo unha das principais causas de mortandade de moitas especies marinas. 

Na mesma campaña, @s compañeir@s do "Océano Surf Club" de Ferrol acometeron a limpeza da praia de Doniños.

Premer para ver a galería fotográfica

Convidamos a toda a cidadanía a participar con nós na recuperación dos espazos públicos.

No blogue do colectivo atopase información adicional:
http://recuperaciondeespazospublicos.blogspot.com.es/

e-mail: recuperacióndeespazospúblicos@gmail.com

Teléfonos: 620 312 992 - 637 567 497

O noso blogue: http://recuperaciondeespazospublicos.blogspot.com.es/   é un Diario que recolle a nosa traxectoria, serve de difusión de próximas accións.
_____________

sábado, marzo 09, 2013

Segunda xornada de Acción Directa en Defensa dos Espazos Públicos no mirador e xardíns d'A Cabana


Remate dos traballos de limpeza no mirador e xardíns de A Cabana

II xornada de traballo nos xardíns que lindan co CIS (Centro de Innovación e Servizos) de A Cabana, a semana pasada xa limparamos a zona do Miradoiro, nos traballos acometidos hoxe limpamos máis de 2.000 m2 deste espazo público.

Chamounos poderosamente a atención unha foxa séptica que hai nos xardíns, esta ten dúas tapas plásticas sen ningunha suxeición. Tamén queremos deixar constancia que esta semana romperon parte do valo de madeira, e a cimentación que suxeita o resto do valo perdeu a terra que aguanta do mesmo.

Nesta xornada de traballo participamos 10 persoas, a alegría foi contar coa colaboración de Laura, unha nena pequena de aproximadamente uns 7 anos, filla dunha compañeira, que traballou máis duro que moitos dos adultos que participamos. Contamos con ela para as próximas accións, aínda que só sexa para facernos unha visita.

Instamos ao actual goberno local para que recapacite sobre o malgasto de 916.426,06 euros previsto para construción unha zona verde na Praza de España.

Pensamos que a actual situación de emerxencia social que están a pasar moitas familias, ten que ser motivo abondo como para que esa obra se paralice de inmediato.

Esixímos que ese diñeiro sexa destinado a contratar xente en situación de desemprego, mediante a creación de cuadrillas de traballo municipais, para a reparación, limpeza, e saneamento dos espazos públicos da cidade, ou ben, para a reparación das vivendas de titulación municipal, co fin de crear o necesario "Parque de Vivendas de Aluguer e Refuxio Social".


Convidamos a toda a cidadanía a participar con nós na recuperación dos espazos públicos.

No blogue do colectivo atopase información adicional:
http://recuperaciondeespazospublicos.blogspot.com.es/

e-mail: recuperacióndeespazospúblicos@gmail.com

Teléfonos: 620 312 992 - 637 567 497

O noso blogue: http://recuperaciondeespazospublicos.blogspot.com.es/   é un Diario que recolle a nosa traxectoria, serve de difusión de próximas accións.

_____________

domingo, marzo 03, 2013

Acción Directa en Defensa dos Espazos Públicos no Miradoiro d'A Cabana


En vista do campionato de remo que tiña cabida na ría, decidimos aproveitar para realizar a limpeza nos xardíns, e no Miradoiro da Cabana (Ao lado do Centro de Innovación e Servizos da Cabana). , co fin de proporcionar aos asistentes un lugar dende onde poder visualizar esta competición náutica.

Os traballos consistiron no desbroce da herba, poda de árbores e limpeza de lixo.

No devandito miradoiro existen dous buratos de máis dun metro de profundidade, ambos os dous estaban camuflados entre as herbas, supoñendo un verdadeiro perigo, ambos os dous deixámolos sinalizados cuns paus e cordas, a ver se agora as autoridades competentes son quen de ordenar que sexan tapados.

Queremos aproveitar a ocasión para denunciar que os neumáticos recollidos fai duas semanas, na marisma da Malata, seguen sen ser recollidos por parte da empresa que ten que prestar eses servizos.

Convidamos a toda a cidadanía a participar con nós na recuperación dos espazos públicos.

No blogue do colectivo atopase información adicional:
http://recuperaciondeespazospublicos.blogspot.com.es/

--
e-mail: recuperacióndeespazospúblicos@gmail.com

Teléfonos: 620 312 992 - 637 567 497

O noso blogue: http://recuperaciondeespazospublicos.blogspot.com.es/   é un Diario que recolle a nosa traxectoria, serve de difusión de próximas accións e faise eco doutros exemplos solidarios e comunitarios que están a suceder na bisbarra.
__________

luns, febreiro 18, 2013

I Campionato Mundial de Pesca de Neumático - Domingo 24 de Febreiro, ás 9 da mañá na Malata


Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos organiza:
I CAMPIONATO MUNDIAL DE PESCA DE NEUMÁTICO

Esta terá lugar o vindeiro domingo, día 24, ás 09:00 h. na Enseada da Malata, aparte do aspecto lúdico, incidimos en denunciar o abandono ao que está sometida a nosa cidade, coa contradición de que malgastan o noso diñeiro público en obras que poden agardar tempos mellores.

Invitamos a toda a cidadanía a participar con nós na recuperación dos espazos públicos.

No blogue do colectivo atopase información adicional:
http://recuperaciondeespazospublicos.blogspot.com.es/

--
e-mail: recuperacióndeespazospúblicos@gmail.com

Teléfonos: 620 312 992 - 637 567 497

O noso bloge: http://recuperaciondeespazospublicos.blogspot.com.es/   é un Diario que recolle a nosa traxectoria, serve de difusión de próximas accións e faise eco doutros exemplos solidarios e comunitarios que están a suceder na bisbarra.

Enviado por:
Marcos Meizoso
-recuperaciondeespazospublicos gmail.com-
17 de fevereiro de 2013 22:26

_____________

domingo, febreiro 10, 2013

Limpeza na praia de Olmo, na Cabana - Nova Acción Directa en Defensa dos Espazos Públicos


Resumo da limpeza na Praia do Olmo, A Cabana
.

Onte sábado, o colectivo Acción Directa limpou outro espazo público en estado de abandono, tratouse da Praia do Olmo, na Cabana. Nas tarefas de limpeza, que duraron 5 horas, recollemos todo o plástico, vidro e madeira que encontramos, á parte tamén retiramos a capa de algas que estaban en estado de putrefacción.

Así estaba a zona:
http://www.facebook.com/media/set/?set=oa.525827510772904&type=1

Cando se fala de lixo e residuos, moitas xente atribúeo á xuventude e o botellón, pero nada máis lonxe da realidade, a hixiene feminina e os bastóns para limpar orellas lévanse a palma nesta praia.

Facemos de novo un chamamento á cidadanía de Ferrol, para que se rebele ao malgasto previsto na Praza de España por valor de 916.0000 euros. Invitando a que cando se pretenda iniciar esta obra se produza unha OCUPACIÓN da Praza.

Non podemos consentir que parte da poboación pase necesidades, mentres o PP tira polo desaugadoiro noso diñeiro publico, un diñeiro que podería estar a paliar moitas necesidades existentes.

Acabamos de crear un mapa que mostra os traballos realizados polo noso colectivo, este é visible na seguinte url: http://goo.gl/maps/Dhh7Q

Enlace de moito interese:
Galería Fotográfica de Acción Directa - 38 Albúns

Blogue:
http://recuperaciondeespazospublicos.blogspot.com.es/

Queres participar
?

Apúntate!!

correo-e:
recuperaciondeespazospublicos@gmail.com


Teléfonos:
620 312 992 - 637 567 497

Grupo no Facebook:
https://www.facebook.com/groups/444525015569821/
_______________

luns, xaneiro 28, 2013

Resumo dos traballos de recuperación do Dique Civil de A Cabana


Hoxe aproveitando a baixa mar, traballamos no Dique Civil de A Cabana, posiblemente, o dique destas características máis antigo de España. Os traballos se centraron na limpeza de herba, algas, e mexillón dos muros, e  a retitada de bloques de cemento tirados no fondo.

O dique é unha das pezas seleccionadas para lograr que se elixa a nosa cidade como parte do Patrimonio da Humanidade. Isto parece descoñecelo o actual goberno do Sr Rey Varela, que para o único que se acordou da candidatura da nosa cidade foi cando patrocinaron o Racing de Ferrol con 229.500 euros, por lucir o anagrama na súa camiseta.

E como non hai 1 sen 2.

O señor Alcalde presenta estes días á cidadanía dúas obras, ambas denomínaas como "Pulmón Verde", 450.000 euros para o Parque Raíña Sofía e outros 916.426,06 euros para a Praza de España.

Descoñece o goberno de Ferrol que ese "Pulmón Verde" xa existe??. Pois así é, e o teñen abandonado, trátase do terreo do Montón de Caranza, de 28.000 m2, nesta esta zona verde municipal realizouse un estudo, que demostrou que contén máis dun millar de árbores de 58 especies diferentes, algúns son exemplares realmente valiosos, como un Buxo de catro metros de alto que, polo seu tamaño, é o cuarto en importancia dos que hai nos parques públicos, un cedro do Atlas, ou a concentración de 103 loureiros, dos cales destaca un por ser "extremadamente grande". O que o converte a esta zona de Ferrol nun auténtico parque botánico.

Esta información sae recollida na propia Web do Concello:
http://www.ferrol.es/ampliar.aspx?id=31893

Actualmente nesa zona amontóanse toneladas de residuos, repartidos en catro vertedoiros ilegais permanentes, ante a total pasividade do actual goberno local.

Tampouco entendemos como é que os partidos na oposición non piden contas sobre este proxecto. Sobre todo o PSOE, que foi o partido que promoveu no seu día este estudo ecolóxico.

Fonte: http://recuperaciondeespazospublicos.blogspot.com.es/2013/01/resumo-dos-traballos-de-recuperacion-do_26.html

Enlace de moito interese:
Galería Fotográfica de Acción Directa - 37 Albúns

Blogue:
http://recuperaciondeespazospublicos.blogspot.com.es/

Queres participar
?

Apúntate!!

correo-e:
recuperaciondeespazospublicos@gmail.com


Teléfonos:
620 312 992 - 637 567 497

Grupo no Facebook:
https://www.facebook.com/groups/444525015569821/
____________
______________

domingo, xaneiro 20, 2013

Perigo na Rotonda de 'Alcampo' - Denuncia do Colectivo Cidadán Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos - Vídeo

A xente do Colectivo Cidadán Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos envia-nos un moi bon vídeo-denuncia do perigo das fochancas que hai na Rotonda de 'Alcampo'. Toda a cidade está chea de fochas, cando o PP era oposición, este era un tema estrela, unha das súas bandeiras contra o goberno municipal de Vicente Irisarri, e agora despois de case dous anos no goberno municipal, os dereitistas do PP no goberno municipal de Ferrol, non só non solucionaron o problema, senon que este agravou-se enormemente.

PERIGO NA ROTONDA DE ALCAMPO!!


http://youtu.be/sMRLOnP_3-E

Perigo na rotonda de Alcampo!!!
Chéganos este vídeo gravado na Rotonda de Alcampo, cráteres na estrada e falta de iluminación. Ben polo Concelleiro de DESurbanismo e polo Sr. Alcalde, José Manuel Rey Varela. O máis grave xa non é que un poida rebentar unha roda ou danar o coche, aquí a integridade da barbela dos condutores pode quedar no volante, e xa non digamos o dano que poden sufrir nen@s pequen@s.
Saúde.
Suso

Rotonda de Alcampo hoxe!!
Magnifico documento gráfico do que está acontecer en Ferrol
Marcos

e-mail: recuperacióndeespazospúblicos@gmail.com

Teléfonos: 620 312 992 - 637 567 497

O noso blogue: http://recuperaciondeespazospublicos.blogspot.com.es/ é un Diario que recolle a nosa traxectoria, serve de difusión de próximas accións e faise eco doutros exemplos solidarios e comunitarios que están a suceder na bisbarra.

Facebook: https://www.facebook.com/groups/444525015569821/

Fonte: Susete'70.

Enviado por:
suso
-susopazos@yahoo.es-
20 de janeiro de 2013 00:30
Marcos Meizoso
-recuperaciondeespazospublicos@gmail.com-
20 de janeiro de 2013 02:23
_______________

sábado, xaneiro 12, 2013

Tapando fochancas en Ferrol, no estacionamento municipal do Sánchez Aguilera, ante a inoperancia do goberno municipal - Acción Sospresa do Colectivo Cidadán Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos


Acción sorpresa: tapado de fochas no aparcadoiro do Sánchez Aguilera.

No día de hoxe, 12 de Xaneiro de 2012, o colectivo cidadán "Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos" en colaboración con veciños da zona, realizamos unha "Acción sorpresa" consistente no tapado das fochas máis grandes do aparcadoiro situado no Sánchez Aguilera.

Desta forma queremos denunciar o estado de abandono deste aparcadoiro da nosa cidade.

En breve continuaremos con esta acción se o Concello non toma as medidas oportunas.

Xa vamos fartos da inoperatividade por parte do goberno de Rey Varela, non nos arranxan as fochas nin beirarrúas, non coidan o patrimonio histórico, nin realizan mantemento dos espazos públicos da nosa cidade. Pero proxectan obras millonarias e sen sentido, como a da Praza de España, na que pretenden facer unha zona verde por valor de 916.000 euros. Tamén teñen prevista outra obra no Parque Municipal por valor de 450.000 euros.

O montante total deste despilfarro equivale a: 1.366.000 euros (227.283.276 das antigas pesetas)

Fotos: https://picasaweb.google.com/103628424242467611486/BacheadoNoAparcadoiroDoSanchezAguilera

--
e-mail: recuperacióndeespazospúblicos@gmail.com

Teléfonos: 620 312 992 - 637 567 497

O noso bloge: http://recuperaciondeespazospublicos.blogspot.com.es/   é un Diario que recolle a nosa traxectoria, serve de difusión de próximas accións e faise eco doutros exemplos solidarios e comunitarios que están a suceder na bisbarra.

Facebook: https://www.facebook.com/groups/444525015569821/

Enviado por:
Marcos Meizoso
-recuperaciondeespazospublicos@gmail.com-
12 de janeiro de 2013 19:35

_______________

Acción Directa colaborará coa AVV de Esmelle na recuperación dun muíño - Para algúns, a actividade do colectivo cidadán non pasa desapercivida

Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos colaborará mañá domingo coa AVV de Esmelle na recuperación dun muíño. (Saída ás 9:00 da mañá dende o aparcamento da Malata)

Desta forma pretendemos recoñecer e agradecer o esforzo altruísta destes veciños, tanto na conservación, recuperación, e mantemento do noso patrimonio e espazos naturais da parroquia.

Os traballos do colectivo cidadán non pasan desapercibidos para algúns:
  • - Recentemente a Asociación "SOS Monuments" (Rede iberoamericana para a protección do patrimonio cultural) creada en 1997, con sede en Cataluña, e cun recoñecido historial de trabajo, interesouse polo noso labor, e realizáronnos unha entrevista para a elaboración dun artigo. Esta Asociación é a autora do libro "Mirando Ferrol - Cidade, patrimonio e paisaxe", tamén realizou na nosa cidade o "VII Encontro de Defensa do Patrimonio de Ferrol".
  • - No concello de Bergondo organizouse e funciona outro colectivo "Acción Directa de Recuperación e Preservación de Espazos Públicos". O sábado día 19, realizarán a limpeza da marxe do río en Miodelo.
Agradecemos todas as achegas de solidariedade coas nosas tarefas e reivindicacións, chegadas dende distintos lugares da do estado, e mesmo dende São Paulo, dende onde nos seguen con interese e mesmo se están a organizar, recentemente crearon a súa primeira Horta Urbana.

Quen parece non decatarse é o alcalde Don José Manuel Rey Varela, e os actuais concelleiros do PP, que a día de hoxe non deron nin unha pequena mostra de interese polas nosas tarefas e reivindicacións.
--
e-mail: recuperacióndeespazospúblicos@gmail.com

Teléfonos: 620 312 992 - 637 567 497

O noso bloge: http://recuperaciondeespazospublicos.blogspot.com.es/ é un Diario que recolle a nosa traxectoria, serve de difusión de próximas accións e faise eco doutros exemplos solidarios e comunitarios que están a suceder na bisbarra.

Facebook: https://www.facebook.com/groups/444525015569821/

Enviado por:
Marcos Meizoso
-recuperaciondeespazospublicos@gmail.com-
12 de janeiro de 2013 12:21

____________

domingo, xaneiro 06, 2013

Retiran 500 kg de lixo na desenbocadura do río Sardiña no lugar da Malata en Serantes


Resumo da limpeza do río Sardiña

Hoxe acometemos a limpeza doutro espazo público en estado de abandono por parte do goberno municipal, o lugar elixido foi o río Sardiña, na enseada da Malata, no que realizamos a limpeza das canles deste. Deste rescatamos uns 500 kg de residuos sólidos, entre os cales se encontraban valados metálicos propiedade do Concello.

Queremos deixar constancia das irregularidades que se veñen cometendo neste espazo natural, ao lado deste encóntrase a FIMO, baixo responsabilidade do Consorcio Pro-Feiras e Exposicións de Ferrol, e do propio Concello, este recinto dispón dun punto limpo a escasos 15 metros da canle do río, co conseguinte risco que entraña, pero o máis grave é o vertedoiro incontrolado que teñen no interior do recinto, e outro que utilizaban indiscriminadamente na mesma canle do río, moitos dos residuos atopados pertencen ás prácticas do carné de conducir, conos, fitas plásticas, etc.

Comunicamos e instamos a todas as entidades ecoloxistas de Ferrol a que tomen nota e procedan a efectuar as correspondentes denuncias se houbese lugar a elo.

Publicado no Blogue do Colectivo:
http://recuperaciondeespazospublicos.blogspot.com.es/2013/01/resumo-da-limpeza-do-rio-sardina.html


...

Enlace de moito interese:
Galería Fotográfica de Acción Directa - 35 Albúns

Blogue:
http://recuperaciondeespazospublicos.blogspot.com.es/

Queres participar
?

Apúntate!!

correo-e:
recuperaciondeespazospublicos@gmail.com


Teléfonos:
620 312 992 - 637 567 497

Grupo no Facebook:
https://www.facebook.com/groups/444525015569821/
____________

A outra cabalgata


FLASHMOB DOS "REIS VAGOS"

Hoxe realizamos o Flahmob que parodiou os 16 meses de goberno do Partido Popular no Concello de Ferrol. 16 Meses nefastos, e cheos de inoperatividade por parte do goberno de Rey Varela, non nos arranxan as fochas nin beirarrúas, non coidan o patrimonio histórico, nin realizan mantemento dos espazos públicos da nosa cidade, pero proxectan obras millonarias e sen sentido, como a da Praza de España, na que pretenden facer unha zona verde por valor de 916.000 euros. Tamén teñen prevista outra obra no Parque Municipal por valor de 450.000 euros.

O montante total deste despilfarro equivale a: 1.366.000 euros (227.283.276 das antigas pesetas).

Coa que está a caer, co padecemento de familias, desafiuzamentos, colas nos comedores sociais, e con máis de 20.000 desempregad@s na bisbarra, e o PP de Ferrol tira polo desaugadoiro un diñeiro imprescindible para paliar estas situacións. Queremos que ese diñeiro se destine á contratación de desempregad@s en contratos de media xornada, e en función dá carga familiar ou precariedade que poidan estar a pasar.


Publicado no Blogue do colectivo:
http://recuperaciondeespazospublicos.blogspot.com.es/2013/01/flashmob-dos-reis-vagos.html

...

Enlace de moito interese:
Galería Fotográfica de Acción Directa - 34 Albúns

Blogue:
http://recuperaciondeespazospublicos.blogspot.com.es/

Queres participar
?

Apúntate!!

correo-e:
recuperaciondeespazospublicos@gmail.com


Teléfonos:
620 312 992 - 637 567 497

Grupo no Facebook:
https://www.facebook.com/groups/444525015569821/
______________

domingo, decembro 30, 2012

Remataron o traballo comunitario e reivindicativo no Castelo de San Carlos


Foron cinco xornadas, as que fixeron falta para rematar o traballo comunitario de limpeza, e de recuperación da contorna, no Castelo de San Carlos. Unha batería costeira que data do Século XVII, logo reformada no seu trazado actual en 'L', no S.XVIII. Esta fortificación xunto aos Castelos de San Filipe, A Palma, San Cristovo e de San Martiño,  formaba parte do sistema de fortificacións que defendían a entrada da Ria de Ferrol. A fortificación está situada no lugar de Punta de Baterías, na parroquia de Brión. O Castelo de San Carlos está catalogado pola Xunta de Galicia como BIC (Ben de Interese Cultura - RI-51-0008847) e no PXOM de Ferrol, consta no catálogo de bens patrimoniais protexidos, como Monumento Histórico Artístico (documento que figura na rede en formato pdf - páxina 3 - ficha C-3), mais estaba totalmente abandonado e deixado a perder polas autoridades municipais.

Os traballos de recuperación do Castelo consistiron fundamentalmente na limpeza dos muros, roza da maleza e silvas do interior, e limpeza do empedrado do chan.

As compañeiras e compañeiros do Colectivo Cidadán que as autoridades públicas teñen abandonado. É así como as centos de horas empregadas no traballo comunitario e voluntario, frutificaron en espazos públicos recuperados para o goce da cidadanía, para o ben común (Lavadoiro da Mina de Ouro de Ponzos, Castelo de San Cristovo, Lavadoiro d'A Barca -A Cabana, Fonte de Chamorro, Parque Monumento a Torrente Ballester, Erradicación do Plumeiro da Pampa en Caranza, Bosque dos Nenos (Valón), Castelo de San Carlos, ... Botando unha man aos compañeir@s da Horta Comunitaria de Caranza ou no flashmob dandolle uso ás fochancas de Ferrol).

Xa anuncian, na súa imparábel acción que o vindeiro sábado, 5 de Xaneiro de 2013, van comezar o ano acometendo a recuperación doutro espazo público de Ferrol en estado de abandono por parte do actual goberno local.

As compañeiras e compañeiros, seguen teimando na loita contra o malgasto de 916.000 euros máis, na enésima remodelación da Praza de España -onde xa se levan dilapidado moitos millóns- que pretende acometer o goberno municipal do dereitista Partido popular, con José Manuel Rey Varela como Alcalde, responsábel de facenda no mandato do tamén alcalde popular Sr. Juncal, que polo seu mal goberno houbo que pagar case oito millóns de euros de indenización á empresa Abeconsa, polo lucro cesante, ao non construír-se o ilegal macroedificio que os populares e IF pretendían edificar no medio da Praza.

No seu blogue din "Queremos transmitir ao grupo popular o noso malestar pola apatía e desconsideración demostrada face nós, pois nin tiveron a decencia de respostar-nos a un escrito entregado por Rexistro no Concello. As nosas 'represalias' virán dadas como até o de agora, deixando en evidencia o abandono e mal estado da cidade de Ferrol, e cun obxectivo común, a paralización do investimento e malgasto de 916.000 euros de carto público na Praza de España".

Desde o Colectivo Ártabra 21, queremos recoñecer a importante actividade comunitaria realizada polas compañeiras e compañeiros do Colectivo Cidadán

Enlace de moito interese:
Galería Fotográfica de Acción Directa - 33 Albúns

Blogue:
http://recuperaciondeespazospublicos.blogspot.com.es/

Queres participar
?

Apúntate!!

correo-e:
recuperaciondeespazospublicos@gmail.com


Teléfonos:
620 312 992 - 637 567 497

Grupo no Facebook:
https://www.facebook.com/groups/444525015569821/
_________________

luns, decembro 24, 2012

De fochanca en fochanca, de burato en burato, por Ferrol, contra o Malgasto do diñeiro público


Un "flashmob" sobre as fochancas da cidade.

O Colectivo Cidadán Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos, apoiado pola Plataforma contra ou Malgasto do Diñeiro Público, da Asociación Grupo Diversidade Funcional de Ferrol e Comarcas e da Asociación Veciñal de Esteiro, organizou unha especie de "flashmob" que contou coa presencia de Bob Esponxa e o Señor Cangrexo. A cada fochanca visitada, das centos que hai repartidas por todos os barrios e parroquias da cidade, se lle deu un uso especial, desde unhas pinturas de Sorolla, pasando por un personaxe dunha das traxedias de Shakespeare,  un mergullador, mariscadoras, espeleólogo, pescador@s, lavar a roupa, lectura de libros, ..., nunha das fochancas até deu para pescar uns lirios, noutra plantar unha árbore do natal e noutra as tartarugas e hipopótamos atoparon un bon lugar para ben vivir. No transcurso do percorrido puidemos observar a cantidade de barreiras arquitectónicas que dificultan o tránsito pola cidade de persoas con diversidade funcional, mesmo un grande burato na beira rúa, en Esteiro, foi unha das escenas elixidas. As fochancas cobraron vida perante case tres horas de percorrido, rematando en Caranza, na que se denominou "O burato de Rey Varela", onde celebramos o seu primeiro aniversario, con tres meses de atraso. Unha queimada puxo punto final ao percorrido reivindicativo.

O obxectivo desta acción foi o de poñer en evidencia o Malgasto do Goberno Municipal do Partido Popular, con José Manuel Rey Varela á cabeza, que van de "Austeridade" e se dedican ao malgasto desmesurado do diñeiro público en proxectos sobre proxectos, nos que xa había proxectos. O máis vergoñento de todos, o da "Praza de España", é unha coladeira de millóns de euros, aos que queren somar outro millón máis en volver a remodelar  e levantar a Praza para facer un caprichoso "Pulmón Park", cando os barrios e mesmo o centro da cidade necesitan con urxencia ese diñeiro.

Cando chegou Rey Varela e o Sr. Evia ao poder municipal, mandaron paralizar o remate da Praza e encargaron un novo proxecto, para o que destinaron 58.000 euros máis -todo suma. Coa agravante de que xa pasaron máis de 18 meses e a Praza segue sen rematar. Foron varias as persoas que sufriron un accidente por este motivo. E os irresponsábeis seguen tan panchos, anunciando que o proxecto inicial que dicían que ía custar 700.000 euros, máis os 58.000 xa citados do novo proxecto, agora hai que sumar-lles outros 216.000 euros de axustes. E o que queda por sumar, non o dubidedes.

En Maio deste ano, os irresponsábeis municipais, anunciaban que unha empresa privada accedería a un novo contrato para o mantemento de rúas e estradas de Ferrol, por catro anos e que estaría dotado con 2,8 millóns de euros. A empresa  adxudicataria dispoñería xa que logo cada ano de 700.000 euros para levar a cabo as reparacións dos viales municipais. Sobre uns 2.000 euros diarios para acabar coas fochancas e buratos, que a día de hoxe é un dos principais problemas das rúas e estradas de Ferrol, xunto ás barreiras arquitectónicas que aínda perduran. Onde vai a execución deste pomposo plano de actuación, onde está o equipo municipal de Rey Varela ?

Os colectivos contra o malgasto do diñeiro público, alertan da necesidade que hai de atender situacións de emerxencia social cada vez máis importantes. Rehabilitar o parque municipal de vivendas ten que ser unha prioridade. Elaborar e executar planos de creación de emprego. E sobre todo non malgastar o diñeiro que fai falta para atender as necesidades máis urxentes, das persoas, barrios e parroquias.

Fotos do Colectivo Cidadán Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos

____________________

sábado, decembro 22, 2012

O Domingo imos de fochas con Bod E$ponxa - Flashmob, de burato a burato, de Ferrol a Caranza


FLASHMOB" DANDO "USO ÁS FOCHAS DE FERROL


Mañá domingo, 23 de Decembro de 2012, Bob Esponxa e os seus amigos escenificarán e darán USO ás Fochas de Ferrol, estes sairán ás 11:00 h. dende o Cantón (Altura da fonte) e finalizarán no barrio de Caranza, no que terá lugar unha degustación gratuíta dunha boa Queimada.

Con este "FLASHMOB" queremos facer visible o estado de desleixo das nosas rúas, así como impedir o malgasto millonario en obras ridículas por parte do actual goberno do PP.

Como a obra proxectada para a Praza de España, prevista inicialmente nun valor de 700.000 euros, e que antes de ser executada xa nos anuncian que se incrementa en 216.000 euros, para situarse en 916.000 euros. Aos que hai que sumar os 56.000 euros que costou o proxecto.

Coa que está a caer, co padecemento de familias, desafiuzamentos, colas nos comedores sociais, e con máis de 20.000 desempregad@s na bisbarra, e o PP de Ferrol tira polo desaugadoiro un diñeiro imprescindible para paliar estas situacións. Instamos o Goberno do Sr José Manuel Rey Varela, a que recapacite e dea marcha atrás neste proxecto. Queremos que ese diñeiro se destine á contratación de desempregad@s en contratos de media xornada, e en función dá carga familiar ou precariedade que poidan estar a pasar.

Organizan e colaboran “Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos”, “Plataforma contra o Malgasto” e a “Asociación Veciñal de Esteiro” .

Convidase a participar a toda a cidadanía

Fonte: http://recuperaciondeespazospublicos.blogspot.com.es/2012/12/flashmob-dando-uso-as-fochas-de-ferrol.html
______________

domingo, decembro 02, 2012

O Colectivo Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos, continuou desta vez nunha segunda xornada no Castelo de San Carlos


II Xornada de traballo na Batería de San Carlos sábado, 1 de diciembre de 2012
|Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos|

Este sábado eramos soamente cinco as persoas que podiamos ir a traballar, pero tivemos a incorporación de dúas novas compañeiras ao equipo, estas rapazas, a pesar de ter un posto de traballo estable, decidiron poñer o seu tempo a disposición deste colectivo cidadán e reivindicar a recuperación de espazos naturais e do noso patrimonio en estado de abandono por parte das autoridades competentes.

As tarefas centráronse na recuperación de parte dos muros superiores, as dúas escaleiras laterais, e o chan da parte superior da fortaleza.

Pouco a pouco, e aínda que o tempo non nos vén acompañando, a fortaleza esta sacando ao exterior a súa beleza.

Cumpre recordar que esta Batería defensiva é unha das fortificacións que en mellor estado se encontra da nosa ría, a pesar de ser unha das máis antigas (1731-1739), é unha obra de Juan de la Ferriere e Juan Vergelde, fortificación de estilo neoclásico, forma parte das fortificacións da entrada da ría de Ferrol, e servía de apoio aos castelos de San Felipe, A Palma e San Martín.

Para chegar a esta fortificación, debemos dirixirnos á Batería de San Cristovo, aparcamos ao lado desta, e dirixímonos a pé cara á única pista que hai, que ao pouco se converte en sendeiro peonil, camiñados uns trescentos metros chegaremos á San Carlos.

Galería Fotográfica

Publicado en recuperaciondeespazospublicos

Queres participar
?


Apúntate!!

e-mail: recuperaciondeespazospublicos@gmail.com
Teléfonos: 620 312 992 - 637 567 497
Facebook: https://www.facebook.com/groups/444525015569821/
_________________

sábado, novembro 03, 2012

O Colectivo de Cidadáns 'Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos' dá por rematado o traballo comunitario de recuperación do Castelo de San Cristovo


Traballo rematado na Batería de San Cristovo por parte do Colectivo de Cidadáns 'Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos'

Tal como anunciamos, damos por finalizadas os labores de limpeza na Batería de San Cristovo. Os traballos nesta fortaleza consistiron na limpeza do miradoiro exterior, interior da fortaleza, limpeza de muros, roza dun corredor circundante, e amoreado da maleza.

A pesar de dar por finalizadas as xornadas de traballo en San Cristovo, vari@s compañeir@s do colectivo seguirán asistindo días alternos por semana co fin de erradicar por completo a hedra dos muros.

O próximo sábado comezaremos a recuperación doutro espazo público de Ferrol en estado de abandono.

Malia a apatía e desconsideración demostrada por parte do goberno municipal, pois non obtivemos resposta ao noso escrito entregado por rexistro, nin retiraron os restos de maleza que solicitamos, non desistiremos no noso empeño de parar o despilfarro previsto para a Praza de España de 700.000 euros de diñeiro público, queremos que ese diñeiro se destine á contratación de desempregad@s en contratos de media xornada, e en función dá carga familiar ou precariedade que poidan estar a pasar.

Eses 700.000 euros investidos na creación destes postos de traballo repercutirían na recuperación dá natureza, paraxes e patrimonio dá cidade, á parte de xerar un beneficio adicional para o comercio dá nosa cidade, que ben necesitado que está.

Para máis información, pode-se visitar o Blogue ou as contas nas redes sociais, tamén facilitamos os teléfonos e correo-e.

Calquera cidadán ou cidadá que queira sumarse a estas tarefas solidarias só ten que comunica-lo.

--
e-mail: recuperacióndeespazospúblicos@gmail.com

Teléfonos: 620 312 992 - 637 567 497

O noso blogue: http://recuperaciondeespazospublicos.blogspot.com.es/   é un Diario que recolle a nosa traxectoria, serve de difusión de próximas accións e faise eco doutros exemplos solidarios e comunitarios que están a suceder na bisbarra.

Facebook: https://www.facebook.com/groups/444525015569821/
________________

domingo, outubro 28, 2012

Recuperando Espazos Públicos - Nova intervención do Colectivo Cidadán 'Acción Directa", desta vez, en Serantes, no 'Parque Monumento Torrente Ballester'


Foi unha 'Acción sorpresa' no Parque Monumento Torrente Ballester, na parroquia ferrolán de Serantes, "unha paraxe descoñecida para a maioría dos cidadáns de Ferrol. Neste parque botánico os alumnos do colexio Isaac Peral, coa colaboración do proxecto Voz Natura, plantaron unha serie de árbores; castiñeiros, aciñeiras, abruños, loureiros, madroños, etc. Pero por desgraza o Concello de Ferrol tíñao totalmente descoidado".

Un grupo madrugador do Colectivo Cidadán 'Acción Directa pola Recuperación dos Espazos Públicos', achegou-se este Sábado, 27 de Outubro de 2012, pola mañá ao lugar, para cortar de maleza e recoller lixo espallado por todo o 'Parque'.

Unha mestra do citado colexio público 'Isaac Peral', que se achegou ao lugar polo mediodía, quedou estrañada de que fosen uns cidadáns os que estiveran a realizar esas tarefas, explicaron-lle o labor e obxectivo do seu Colectivo, e quedou interesada nos labores que realizaban. Comentou-lles, que normalmente, e a petición do Colexio, realizan-se dúas limpezas na zona ao ano, e que precisamente ía solicitar ao goberno municipal que se acometese a limpeza, pois quería traer aos nen@s a visitar o lugar. Mostraron-lle que entre os restos que retiraran atoparon restos de ramas de árbores e unha importante cantidade de lixo, e apuntaron en que se o Concello envía a alguén a limpar a maleza, que deberían realizar unha poda e tamén recoller o lixo acumulado na zona.

Segundo publica o Diario de Ferrol (xornal que leva un seguimento das accións deste colectivo, poñendo en valor o traballo comunitario que realizan), o espazo sobre o que o Colectivo Cidadán 'Acción Directa' actuou onte, son sobre uns 1.500 metros cadrados. Tamén informa que o Colectivo continuará desenvolvendo máis intervencións deste tipo e que esta semana, que entra, finalizarán os traballos na batería de San Cristovo, onde aos voluntari@s resta-lles por limpar parte do seu muro norte.

Cumpre lembrar que os obxectivos do Colectivo de Cidadáns son claros e rotundos: reivindicar a creación de emprego e o dereito a un traballo digno; denunciar o malgasto do diñeiro público por parte dos que gobernan no Concello de Ferrol; e denunciar o abandono dos espazos públicos e do noso patrimonio natural, histórico e cultural, nunha cidade que aspira a ser Patrimonio da Humanidade.  Este novo xeito de mobilización social, desperta simpatías entre sectores da poboación que ven nos grupos de acción directa do Colectivo, a uns defensores dos espazos públicos e dispostos a demostrar que se podería crear emprego se os gobernos quixeran.

Fontes: recuperaciondeespazospublicos.blogspot.com e diariodeferrol.com.


Para máis información, pode-se visitar o Blogue ou as contas nas redes sociais, tamén facilitamos os teléfonos e correo-e.

Calquera cidadán ou cidadá que queira sumarse a estas tarefas solidarias só ten que comunica-lo.

--
e-mail: recuperacióndeespazospúblicos@gmail.com

Teléfonos: 620 312 992 - 637 567 497

O noso blogue: http://recuperaciondeespazospublicos.blogspot.com.es/   é un Diario que recolle a nosa traxectoria, serve de difusión de próximas accións e faise eco doutros exemplos solidarios e comunitarios que están a suceder na bisbarra.

Facebook: https://www.facebook.com/groups/444525015569821/

Enlaces relacionados:
_______________
___________