Amosando publicacións coa etiqueta Asociacion Veciñal de Esteiro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Asociacion Veciñal de Esteiro. Amosar todas as publicacións

luns, decembro 31, 2012

A presión social obriga ao concelleiro de Urbanismo, Obras e fochancas a poñerse a traballar


A presión social obriga ao concelleiro de Urbanismo e Obras a poñerse a traballar

Despois do "Flashmob" de denuncia celebrado o domingo día 23 de decembro e organizado pola : Plataforma contra o Malgasto do Diñeiro Publico, o Colectivo para a Recuperación de Espazos Públicos e a Asociación Veciñal de Esteiro.

Despois das continuas denuncias efectuadas pola AV de Esteiro durante todo o ano, e logo de que o concelleiro de Urbanismo e Obras do Concello de Ferrol, Sr. Evia, dixese no Pleno do día 27 de decembro que ata xaneiro non podía comezar a arranxar, despois de 18 meses sen facer nada, as numerosas fochas existentes debido a que a empresa de aglomerado estaba pechada. Onte sobre ás 18 horas foron reparadas as fochas da Trincheira.

A denuncia e a presión dos colectivos sociais obrigou a Guillermo Evia e ao seu "asesor", Amador Rodríguez Silvar, a poñerse a traballar.

Será este o comenzo da reparación das fochas en rúas e beirarrúas en toda a cidade?  Estarán arranxadas as fochas en Esteiro para a carreira de San Xiao que se celebra o domingo 13 de Xaneiro? Seguirán caendo persoas, e formulando a correspondente denuncia, na focha do paso de peóns da Casa Solidaria?

Esperemos que o seu anuncio de que no mes de xaneiro se vai contratar unha empresa para a reparación de fochas, que na súa maioría podería facelo unha cuadrilla de persoal municipal,  sexa verdade. Lembramos que o Concelleiro Evia xa anunciou que a empresa ía ser contratada en Xuño e logo anunciou que ía ser contratada en setembro de 2012 e agora anuncia que será en xaneiro do 2013.

A ver se agora e verdade.

Se reunirá algunha vez o Concelleiro de Urbanismo e Obras coa Asociación Veciñal de Esteiro?

Xunta Directiva da Asociación Veciñal de Esteiro


Local Veciñal:
Rúa Fernando VI,
Bloque I baixo
Ferrol -15403
Telef. 981933223
avesteiro@galicia.com
http://avesteiro.blogspot.com/





Enviado por:
avesteiro
-avesteiro@galicia.com-
29 de dezembro de 2012 11:18

_____________

domingo, decembro 30, 2012

A Asociación Veciñal de Esteiro presentou Alegacións aos Orzamentos do Concello de Ferrol 2013


A Asociación Veciñal de Esteiro vimos de presentar, a través do Rexistro Municipal, as nosas alegacións a proposta de orzamentos municipais para o ano 2013 (achegamos anexo).

DEMANDAMOS :
  • A eliminación da partida consignada para Abrir Ferrol ao Mar, por que non é unha prioridade para a cidade neste momento.

  • A eliminación do malgasto destinado ao chamado " Pulmón Verde da Praza de España", nova ocorrencia do concelleiro de Urbanismo, Guillermo Evia,  para destinar esa cantidade de 918.000 euros a outras necesidades da cidade de Ferrol que requiren actuacións urxerntes:
  • Plano de reposición e sinalización horizontal e vertical en toda a cidade.
  • Plano de urxente de obras e mantemento que inclúa a colocación de bolardos e eliminación de barreiras arquitectónicas.
  • Eliminación do malgasto correspondente á rúa do Sol, rúa executada cun goberno do Partido Popular e IF sendo Rey Varela concelleiro de Facenda, conservando a cantidade necesaria para a súa REPARACIÓN.
  • Creación dunha nova partida para Orzamentos Participativos de 2 millóns de euros.
  • Incremento ate dous millón de euros para partidas de : Creación de emprego, creación de empresas públicas, fomento do cooperativismo e economía social e apoio a inicitivas de carácter social.
  • Creación de novos comedores sociais, comedor sobre rodas, financiamento da asistencia no fogar e mantemento de convenios con todas as entidade de carácter e recoñecemento de interese social.

Xunta Directiva da AV de Esteiro

Local Veciñal:
Rúa Fernando VI,
Bloque I baixo
Ferrol -15403
Telef. 981933223
avesteiro@galicia.com
http://avesteiro.blogspot.com/



Enviado por:
avesteiro
-avesteiro@galicia.com-
29 de dezembro de 2012 17:16

______________

sábado, decembro 22, 2012

O Domingo imos de fochas con Bod E$ponxa - Flashmob, de burato a burato, de Ferrol a Caranza


FLASHMOB" DANDO "USO ÁS FOCHAS DE FERROL


Mañá domingo, 23 de Decembro de 2012, Bob Esponxa e os seus amigos escenificarán e darán USO ás Fochas de Ferrol, estes sairán ás 11:00 h. dende o Cantón (Altura da fonte) e finalizarán no barrio de Caranza, no que terá lugar unha degustación gratuíta dunha boa Queimada.

Con este "FLASHMOB" queremos facer visible o estado de desleixo das nosas rúas, así como impedir o malgasto millonario en obras ridículas por parte do actual goberno do PP.

Como a obra proxectada para a Praza de España, prevista inicialmente nun valor de 700.000 euros, e que antes de ser executada xa nos anuncian que se incrementa en 216.000 euros, para situarse en 916.000 euros. Aos que hai que sumar os 56.000 euros que costou o proxecto.

Coa que está a caer, co padecemento de familias, desafiuzamentos, colas nos comedores sociais, e con máis de 20.000 desempregad@s na bisbarra, e o PP de Ferrol tira polo desaugadoiro un diñeiro imprescindible para paliar estas situacións. Instamos o Goberno do Sr José Manuel Rey Varela, a que recapacite e dea marcha atrás neste proxecto. Queremos que ese diñeiro se destine á contratación de desempregad@s en contratos de media xornada, e en función dá carga familiar ou precariedade que poidan estar a pasar.

Organizan e colaboran “Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos”, “Plataforma contra o Malgasto” e a “Asociación Veciñal de Esteiro” .

Convidase a participar a toda a cidadanía

Fonte: http://recuperaciondeespazospublicos.blogspot.com.es/2012/12/flashmob-dando-uso-as-fochas-de-ferrol.html
______________

xoves, decembro 20, 2012

O concelleiro Evia, as fochas de Ferrol e as políticas do Malgasto do Goberno Municipal do Partido popular


O pasado martes, 11 de decembro, apróximadamente ás 15:30 horas na Trincheira e xusto antes de virar para a rúa Nova de Caranza, unha vez máis e van ......., un coche tivo un grave percance nunha das enormes fochas que hai.  Veu a Policía Local e levantaron acta do sinistro e procederon a sinalizar con conos e con balados a focha. Esto sucedeu o Martes día 11 de decembro.

Ao día seguinte , o mércores día 12 de decembro, detrás de Facenda e tamén na Trincheira foi colocado outro balado diante doutra enorme focha alí existente e xa provocou moitos percances.

No día de hoxe, xoves día 20 de decembro, a pesar do enorme das fochas, da gravidade da situación e do perigo para os moitos coches que circulan pola Trincheira e dos moitos percances que xa ocorreron a situación segue sen arranxarse e as fochas seguen medrando.

Un exemplo máis da "eficacia, eficiencia e compromiso" que o Concelleiro de Urbanismo e Obras Sr. Guillermo Evia e o seu "asesor" Rodriguez Silvar ,teñen para coa cidade de Ferrol e coas rúas e beirarruas nos últimos 18 meses.

Seguramente o Sr. Evia está preparando unha rolda de prensa e fará unha presentación infográfica, como nos ten acostumados, para que virtualmente os milleiros de fochas que hai na cidade de Ferrol , tanto na zona urbana como na rural, queden arranxadas. Eso sí virtualmente arranxadas.

Cando van a quedar sen gastar case dous millóns de euros do orzamento de 2012, parece que non hai en que gastalos, o Sr Evia prefire ter Ferrol como un campo minado e prefire facer novos proxectos, cada ocorrencia do Sr Evia acaba convertida nun proxecto, co conseguinte malgasto do diñeiro público, onde xa había proxectos. Parque Municipal, Super Mazá, Bambú Club, Rúa do Sol e Praza de España. Na Praza de España, a pesar da oposición da maioría da cidadanía, pretende malgastar 700.000 euros e tela outro ano máis en obras.

Demandamos, unha vez máis, ao Alcalde da cidade, o cese inmediato do responsable de Urbanismo e Obras, que en 18 meses de inactividade ten máis que demostrada a súa ineptitude e a súa escasa dedicación ao traballo público en favor da cidade de Ferrol

Xunta Directiva da AV de Esteiro


Local Veciñal:
Rúa Fernando VI,
Bloque I baixo
Ferrol -15403
Telef. 981933223
avesteiro@galicia.com
http://avesteiro.blogspot.com/




Enviado por:
avesteiro
-avesteiro@galicia.com-
20 de dezembro de 2012 17:19

______________

mércores, decembro 19, 2012

Foi presentada a Iniciativa Lexislativa Popular - ILP, de SOS Sanidade Pública no Parlamento Galego - O PP rexeita defender os principios básicos da sanidade pública votando en contra


Presentacion da ILP SOS Sanidade Pública

Unha representación da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol, integrada e fundadora de SOS Sanidade Pública, acudimos a Compostela a concentrarnos diante do Parlamento Galego para apoiar a intervención de Manolo Martín en defensa da ILP presentada e apoiada de preto de 30.000 sinaturas. das que máis do 25% foron recollidas en Ferrolterra pola Pdspf, máis de 8300 sinaturas. Fomos a representación máis numerosa de cantas se traladaron a Compostela e estivemos presentes baixo unha choiva incesante e intensa coa nosa pancarta a onde se achegaron a saludarnos unha representación dos grupos parlamentarios do Psoe, AGE e BNG , onde estaban presentes as deputadas ferrolás Beatriz Sestayo do Psoe e Iolanda Díaz de AGE.

Os grupos parlamentarios de Psoe, AGE e BNG apoiaron a Defensa da Sanidade Pública e o Partido Popular rexeitou a Iniciativa Lexislativa Popular.

Compre salientar a ausencia de Núñez Feijoo no Parlamento Galego durante o debate a Iniciativa Lexislativa Popular, o que amosa o que lle importa tanto a Sanidade Pública como que unha iniciativa de 30.000 galegos e galegas chegase ao Parlamento. Temén a Conselleira de Sanidade, con vinculacións directas co  grupo POVISA, que chegou ao Parlamento cando xa Manolo Martín rematara a súa intervención(achegamos intervención de Manolo Martín e o alegato final). Outor tanto a Presidenta do Paralamento Galego. Pilar Rojo, quen durante a intervención de Manolo Martín non parou de falar, xusto detras del, polo teléfono móbil.

Lembramos que esta Iniciativa Lexislativa Popular tiña como promotores na comarca de Ferrol a Carlos Piñeiro e Xosé Miguel López.

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol imos seguir mobilizándonos en contra dos recortes de dereitos e da privatización da Sanidade Pública e participaremos, coa nosa pancarta,  na concentración convocada pola Alianza Social Galega, da que formamos parte, o xoves día 20 de decembro ás 19:30 horas diante do Edificio da Xunta na Praza de España, facendo un chamamento á participación de toda a cidadanía de Ferrolterra.

A noticia nos Medios:
http://praza.com/politica/3061/o-pp-tomba-a-lei-de-sos-sanidade-e-reprochalle-que-non-criticase-o-bipartito/
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2012/12/18/pp-corta-paso-iniciativa-popular-favor-sanidad-publica/00031355831849233337757.htm

http://www.laopinioncoruna.es/sociedad/2012/12/18/plataforma-gallega-recoge-30000-firmas-favor-sanidad-publica/675040.html

http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/pp-echa-abajo-dos-iniciativas-populares-defensa-sanidad-preescolar-na-casa/idEdicion-2012-12-18/idNoticia-782069/

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2012/12/18/galicia/1355834864_912671.html

http://www.eldiario.es/galicia/PP-SOS-Sanidade-Publica-bipartito_0_80842390.html

Documentos de interese nos Arquivos Ártabros:

Local Veciñal:
Rúa Fernando VI,
Bloque I baixo
Ferrol -15403
Telef. 981933223
avesteiro@galicia.com
http://avesteiro.blogspot.com/





Enviado por:
avesteiro
-avesteiro@galicia.com-
18 de dezembro de 2012 17:29

______________

domingo, decembro 09, 2012

Fochas con pedigree en Esteiro - A asociación veciñal denuncia


Sr Rey Varela: Moi pronto vaise volver a celebrar a carreira de San Xiao que ten a saída e a chegada no Pavillón Municipal de Esteiro e que supera os catrocentos participantes en distintas categorías.

O pasado ano, como lembrará Vostede, deu o pistoletazo de saída nunhas rúas que estaban cheas de fochas e cunhas beirarrúas en mal estado. Como tamén lembrará Vostede, a AV de Esteiro, tivemos ocasión de achegarnos para denuciarlle esa situación. Con motivo da carreira e debido a grande participación, as fochas existentes foron recheadas con area para evitar que os moitos atletas e público sofrisen un percance.

A día de hoxe, como pode ver nas fotos que achegamos, e, grazas ao "traballo e interese" do concelleiro responsable de  Urbanismo, Obras, Servizos, Zona Rural e Seguridade , Don Guillermo Evia Pérez, a situación un ano despois é exactamente igual.

Non é unicamente o caso de Esteiro, toda a cidade leva un ano sen que se faga reparación ningunha e onde se fixeron reparacións na Rúa Real e Madalena con motivo da Semana Santa, xa volven a estar completamente deterioradas.

Outro tanto ocorre co chamado Plan Express que levou a facer reparacións por onde ía pasar a Volta Ciclista a España, que xa volven a estar desfeitas. Aínda non de contratou a empresa de reparación de fochas, malia telo anunciado en moitas ocasións nos medios

Os soportes da Costa de Mella, que custan 900 euros mensuais, xa ían ser retirados no mes de abril, como anunciou o Sr Evia nos medios de comunicación, a data de hoxe aínda non foron retirados.

Non se cumpren os prazos do Urban en Canido, a Praza do Callao rematou o prazo previsto para as obras o 30 de novembro e segue sen ser aberta ao tráfico, como consecuencia das obras do Callao a rúa Madalena, entre Rubalcaba e Rochel foi aberta ao tráfico e está completamente esnaquizada e deberá ter unha fonda reparación logo de que se abra a Praza do Callao. O paso de peóns da Rúa Rochel fronte ao local da Terceira Idade está desfeito, malia ser reparado hai poucos meses.

En definitiva a ineficiencia e a ineficacia do Concelleiro de  Urbanismo, Obras, Servizos, Zona Rural e Seguridade , Don Guillermo Evia Pérez, está máis que demostrada. Xa non imos falar das continuas denuncias que, contra o Concello de Ferrol, están formulando moitos cidadán polas moitas caídas que están a sofrir por mor do mal estado de tódalas rúas de Ferrol, como sucedeu diante da Casa Solidaria e diante da Biblioteca da Casa do Patín e segue sucedendo cada día.

Como saberá Vostede esta Asociación Veciñal de Esteiro, rexistramos no mes de xullo un mapa de deficiencias do Barrio de Esteiro, sen que tivesen ningunha resposta e sen que se fixese obra ningunha de reparación ou reposición. Xa o denunciamos repetidamente nos medios de comunicación e a través do Rexistro Municipal, cousa que facemos novamente.

Desde a Asociación Veciñal de Esteiro pensamos que xa é hora de que o Alcalde de Ferrol cese de xeito inmediato ao Concelleiro de Urbanismo e Obras , Sr Evia  e ao seu asesor Rodriguez Silvar por ter demostrado sobradamente ao longo destes 17 meses a súa total ineptitude.

Sr Alcalde, vémonos o día da carreira de San Xiao e teña conta de non caer nunha das moitas fochas que hai arredor do Pavillón Municipal de Deportes de Esteiro, non vaia ser que tamén teña que formular Vostede denuncia contra o Concello de Ferrol.

Xunta Directiva da AV de Esteiro

Achegámoslle fotos das fochas da Rúa San Roque e Animas e da beirarrúa do lateral do Pavillón Municipal de Deportes de Esteiro, esto é como está unha soa rúa, imaxinen como está todo o Barrio de Esteiro e como está todo Ferrol.


Local Veciñal:
Rúa Fernando VI,
Bloque I baixo
Ferrol -15403
Telef. 981933223
avesteiro@galicia.com
http://avesteiro.blogspot.com/





Información baseada na enviada por:
avesteiro
-avesteiro@galicia.com-
15 de dezembro de 2012 09:17

______________

sábado, novembro 03, 2012

Oposición veciñal a que un edificio público, o Antigo Hospicio, reconstruído na súa totalidade con diñeiro público, se ceda, en parte, para unha Asociación de Empresarios


Desde a Asociación Veciñal de Esteiro queremos manifestar a nosa total oposición a que un edificio público, o Antigo Hospicio, reconstruído na súa totalidade  con diñeiro público, se ceda, en parte, para unha Asociación de Empresarios, que non puxo nin un euro para a súa rehabilitación que foi sufragada pola Xunta de Galicia, Deputación da Coruña , Concello de Ferrol e o Plan Urban. As condicións de cesión non se saben, cando menos non son  públicas, nin por canto tempo, nin a que prezo. Tamén se lle van a subvencionar os cursos que se impartan por parte de esa Asociación de Empresarios?. Nos cursos que se impartan hai compromiso de colocación para os asistentes que superen o curso?. Por qué esa Asociación de Empresarios non aluga un local, dos moitos que hai baleiros e imparte neles os cursos? Onde foi o proxecto de facer o Centro de Formación de Hostalería na Feira de Mostras?. Pensa o Concello de Ferrol ceder este ou outros locales públicos a outras Asociacións de Empresarios?.

Mentres se cede unha parte dun edificio pùblico a  Asociación de Empresarios de Hostalería (por definiciòn con ánimo de lucro) se crea un conflito co Ateneo Ferrolán, ocupando unha parte do seu local coa Asociación de Veciños do Centro e coa Sociedade Artística Ferrolán. Quen o entende? Por que, en lugar de cederllo a Asociación de Empresarios de Hostalería, que repetimos non puxeron nada para a súa rehabilitación, non se lles cede a estas dúas entidades, ou a  outras moitas entidades de carácter social, sen ánimo de lucro que non teñen aínda local para desenvolver as súas actividades?. Vaise privatizar a xestión do antigo Hospicio como se fixo co Jofre, Torrente, etc.?

Reiterar a nosa oposición total a esa cesión.

http://www.lavozdegalicia.es/

http://www.diariodeferrol.com

Xunta Directiva da AV de Esteiro



Local Veciñal:
Rúa Fernando VI,
Bloque I baixo
Ferrol -15403
Telef. 981933223
avesteiro@galicia.com
http://avesteiro.blogspot.com/




Enviado por:
avesteiro
-avesteiro@galicia.com-
2 de novembro de 2012 17:43

_____________

Enlace de interese:

PROXECTO DE REHABILITACIÓN DO ANTIGO HOSPICIO MUNICIPAL SITUADO NO BARRIO DA MAGDALENA
________________

venres, xuño 22, 2012

Modificación da Ordenanza sobre Terrazas e ocupación de espazo Público e Participación Cidadá - Noite Meiga do San Xoán en Esteiro


Terceiro Mensaxe Orixinal enviado pola -avesteiro@galicia.com-, con data de 22.06.2012 08:36, para jmvilarino@ferrol.es, maneiros@ferrol.es, alcaldia@ferrol.es, sobre a Modificación da Ordenanza sobre Terrazas e ocupación de espazo Público:

Polo que se pode ver na foto que hoxe publica La Voz de Galicia a privatización do espazo público, a prezo de saldo, vai ser a base da nova Ordenanza, se non é así , como se permite esa instalación e por que non se convoca a todo o tecido asociativo ,especialmente as asociacións  de discapacitados, para que amose a súa opinión antes de que a Ordenanza vaia a Pleno?.

Ninguén se opón a que se autorice a instalación de terrazas para a hostalería, pero o espazo público ten que ser xestionado de maneira que convivan os intereses empresarais co dereito da cidadanía en canto o disfrute dese espazo público


***

Segundo Mensaxe Orixinal enviado por -avesteiro@galicia.com-, con data de 20.06.2012 8:40, para -jmvilarino@ferrol.es-, para maneiros@ferrol.es, alcaldia@ferrol.es, gevia@ferrol.es, alantry@ferrol.es, sobre a Modificación da Ordenanza sobre Terrazas e ocupación de espazo Público:

Unha vez máis reiteramos que a ocupación e ordenación do espazo público non é un tema que afecte exclusivamente aos hostaleiros e a súa actividade comercial.

A Participación Cidadá esixe que o tecido asociativo da cidade sexa informado e escoitado, antes de levar Novas Ordenanzas ao Pleno Municipal.

Ou é que so se nos quere deixar o dereito a formular alegacións cando, logo da aprobación inicial no Pleno, se abra o prazo para formulalas.

Levamos desde o mes de marzo demandando que se convoque a todo o tecido asociativo a unha presentación da Nova Ordenanza, sen que ata o de agora se teña formulado esa convocatoria, que si se fai cos Empresarios da Hostelería.
    
Agardemos que non se pretenda poñer por riba da cidadanía de Ferrol, como está ocorrendo na práctica diaria das terrazas, os intereses empresariais do sector da Hostalería.


***

Primeiro Mensaxe Orixinal enviado por -avesteiro@galicia.com-, con data de 21/03/2012 11:02, reiterado o 10/04/2012 19:58, 22/05/2012 9:39, para -jmvilarino@ferrol.es-, maneiros@ferrol.es, alcaldia@ferrol.es, gevia@ferrol.es, alantry@ferrol.es, sobre a Modificación da Ordenanza sobre Terrazas e ocupación de espazo Público:

Modificación da Ordenanza sobre Terrazas e ocupación de espazo Público

O Concello de Ferrol está elaborando unha nova Ordenanza sobre a instalación de Terrazas e ocupación de espazo Público, que conta co informe favorable das Concellerías de Facenda e Urbanismo.

Dita ordenanza está sendo consensuada coa Asociación de Empresarios de Hostalería de Ferrol.                 
                    
Agardamos que, tendo en conta o Regulamento de Participación Cidadá, se teña en conta a todo o tecido asociativo de Ferrol, asociacións veciñais, socio sanitarias, de discapacitados, etc, e se lles convoque a unha xuntanza para presentarlles o novo Proxecto de Ordenanza e para que fagan as oportunas alegacións que consideren necesarias.

Haberá que conxugar os intereses dos empresarios de Hostalería cos do resto da cidadanía e logo poñer os efectivos necesarios da Policía Local para facer que esa Ordenanza se cumpra, cousa que na actualidade non sucede.

                    
Xunta Directiva da AV de Esteiro


Local Veciñal:
Rúa Fernando VI,
Bloque I baixo
Ferrol -15403
Telef. 981933223
avesteiro@galicia.com
http://avesteiro.blogspot.com/

Enviado por:
avesteiro
-avesteiro@galicia.com-
22 de junho de 2012 08:36

______________

Noite Meiga do San Xoán en Esteiro

Achegamos información dos actos da Noite Meiga de San Xoán en Esteiro, organizados pola a AV de Esteiro e patrocinados polo Concello de Ferrol.
        
A fogueira de Esteiro está declarada como institucional polo Concello e onte rematamos a súa construcción, logo do traballo de 10 persoas durante unha semana, con 35 toneladas de madeira , 7 metros de altura e 10 de diámetro (pódese comprobar in situ) que será acendida pola Concelleira responsable da Área de Cultura, Dona Susana Martínez Galdós, , previa lectura do pregón pola Concelleira de Barrio, Dona Martina Aneiros.
        
A fogueira de Esteiro ten máis de 100 anos de tradición e desde o ano 2001 é organizada pola AV de Esteiro.
        
Queremos facer unha especial mención, dentro do programa de actos, co roteiro guiado polo Barrio de Esteiro que partirá da Praza de Santo Amaro, xunto á Policía, ás 18 horas e que permite dar unha dimensión totalmente distinta, mesmo descoñecida para a veciñanza, de como é o barrio de Esteiro e os moitos espazos que hai para resaltar. A guía profesional que acompaña o roteiro fai que esta hora sexa inesquecible, froito do seu bo facer.
        
Esta visita remata no Cuartel de Dolores e no Conxunto Monumental de Fontelonga a onde se chega logo dunha hora de percorrido polo Barrio. Unha vez alí tamén un guía amosará a beleza e a historia do Cuartel e de Fontelonga.
        
Haberá actuacións do Grupo Folcklórico Donas e Galáns que percorrerá o Barrio a partir das 18 horas e despois o grupo "Los Zares" amenizará a verbena que complementa a Sardiñada.
        
A sardiñada é organizada,  exclusivamente, pola AV de Esteiro e supón un grande esforzo de traballo (máis de 20 persoas traballando moitas horas) de conseguir as sardiñas, o que non é doado, e de ofrecelas asadas, con pan viño ou auga, baixo unha carpa e o son da música por 3 sardiñas 1 EURO.
        
Estamos seguros que malia dispor de 2800 euros do orzamento das Festas de Ferrol, será unha programación absolutamente digna (seguramente cometeremos erros  que saberedes desculpar).
        
O tren turístico do Concello de Ferrol partirá da Praza de Armas e levará, de maneira gratuíta, a todos aqueles que queiran visitar o Cuartel de Dolores e o Conxunto Monumental de Fontelonga, entre as 11 e 13 horas e as 18 e 20 horas.

A estes actos do sábado 23 de xuño, convidamos ao Alcalde e a todos os grupos municipais e, por suposto a toda a cidadanía de Ferrol e comarca.
        
A Fundaçom Artabria e hostaleiros do Barrio tamén programan actividades complementarias polo que a Noite máis longa do ano, sen menospreciar o traballo das entidades doutros barrios,  hai que vir celebrala a Esteiro. Onde como tódolos anos milleiros de persoas, estamos seguros, que disfrutarán dunha tarde e tamén da noite que no climatolóxico se presenta excelente e no apartado da festa non vai desmerecer.
        
Xunta Directiva da AV de Esteiro

Enviado por:
avesteiro
-avesteiro@galicia.com-
22 de junho de 2012 09:39

_________________________

xoves, xuño 21, 2012

Edificio de Carlos III nº 34 de Esteiro: Ante o silencio e a pasividade da Concellaría de Urbanismo, despois de reiteradas denuncias e solicitudes de reunión, a Asociación Veciñal vai denunciar no Xulgado a situación de abandono e de perigo para as persoas nas que se atopa este edificio



Edificio de Carlos III nº 34

Desde a AV de Esteiro, ademais de todo o que vimos denunciando reiteradamente, a última vez o día 4 de xuño, onte poidemos comprobar como agora xa lle quitaron unha das portas co que, calquera persoa, neno ou adulto, pode acceder ao interior.
Non temos ningunha infomación de que a Inspección Técnica de Urbanismo, fixese un informe, nin teña tomado medida ningunha.

Debido a que desde a Concellería de Urbanismo non se actúa, nin siquera se reúne con nós, a Asociación Veciñal de Esteiro na vindeira semana imos poñer en coñecemento do Xulgado e da Fiscalía a situación de abandono e de perigo para as persoas nas que se atopa este edificio, estamos na fase de elaboración dun informe completo para acompañar a denuncia xudicial.

A Asociación Veciñal de Esteiro queremos denunciar unha vez máis, como levamos cinco anos facendo, o estado do inmoble da rúa Carlos III nº 34, antiga panadería dos Irmáns Bellón, que cada vez está en un estado de conservación máis deplorable ( achegamos fotos) e no que, como tamén temos denunciado repetidas veces, están vivindo varios indixententes o que constitúe un risco gravísismo para a súa seguridade.

Xa denunciaramos no seu día, diante do Fiscal de Urbanismo do TSXG ,D Antonio Roma a situación que non foi estimada en via penal, pero si que foi requirido o Concello de Ferrol para que actuase sobre o estado do Edificio que é propiedade de Abelardo Bellón López.

Na actualidade, o edificio ten as portas e as fiestras abertas e calquera pode entrar nel ,se almacena mobles bellos no seu interior o teito interior xa se veu abaixo e é un niño de ratas, podredume e malos cheiros.

Xa tivo nunha ocasión o Corpo de Bombeiros de Ferrol que intervir para retirar elementos da fachada que costituían grave perigo para os moitos peóns que por alí circulan, moitos deles en dirección o Colexio Isaac Peral e o Instituto Saturnino Montojo.

Nesta Asociación recibimos continuas queixas dos veciños que residen nas vivendas que rodean o citado edificio, nas que nos denuncian os cheiros, de excrementos, que teñen que padecer continuamente e especialmente cando vai calor.

Que ten que pasar para que o Concello, en aplicación da Lei, lle obrigue ao propietario do edificio a consolidar a estructura para evitar que se veña abaixo, que é o que quere o seu propietario?

Haberá que esperar que ocorra unha desgraza aos indixentes que están dentro do Edificio, feito que comunicamos varias veces á Policía Local, para que a Concellería de Urbanismo actúe?

Cantas veces máis teremos que denunciar unha situación que xa foi recollida varias veces nos medios de comunicación e que mesmo a TVG fixo unha reportaxe no programa ViVIR AQUI con Isabel Durán e Farruco?.

Está por encima da Lei o propietario de este edificio que tamén o é de moitos máis, ademais de en Esteiro, na Magdalena e Ferrol Vello?

Xunta directiva da AV de Esteiro

Local Veciñal:
Rúa Fernando VI,
Bloque I baixo
Ferrol -15403
Telef. 981933223
avesteiro@galicia.com
http://avesteiro.blogspot.com/

Enviado por:
avesteiro
-avesteiro@galicia.com-
20 de junho de 2012 09:13

_________________

sábado, marzo 24, 2012

Queren privatizar organismos públicos e enterrar 800.000 euros na Praza de España - Comunicado da Asociación Veciñal de Esteiro

MANIFESTAMOS a total oposición da AV de Esteiro a que se privaticen os Padroados de Música, Deportes e, de maneira máis rotunda, o INFACOFE, o que supón a privatización da xestión e recadación dos tributos que pagamos os cidadáns. O máis grave e a situación na que queda o persoal laboral deses tres organismos, non son funcionarios, que non teñen o seu futuro laboral asegurado.

Estas privatización non van supoñer ningún aforro para a Facenda Municipal e o que son e unha mostra máis da política de recorte de dereitos e de servizos que pretende o actual Goberno Municipal, como acabamos de ver no peche do Consultorio da Graña, sen que o Alcalde da cidade, Sr Rey Varela, movese un só dedo para impedilo, exercendo como presidente local do Partido Popular antes que cumprir coas súas obrigas como Alcalde de todo Ferrol defendendo diante da Consellería de Sanidade a continuidade da instalación sanitaria.

Mentres se pretenden privatizar organismos públicos coa omnipresente e falsa excusa de aforrar cartos, se pretenden enterrar 800.000 euros nunha nova ocorrencia do Sr. Evia na Praza de España, e moitos miles de euros máis noutra ocorrencia para o Parque Municipal.

Desde a AV de Esteiro chamamos a todo o tecido asociativo e á cidadanía en xeral a mobilizarse en contra da perda de dereitos e da privatización de servizos e convocamos a todos a Asemblea Cidadá que se vai celebrar o martes día 27 de Marzo ás 19:30 horas na Praza de España, para impedir que se gaste o diñeiro público en obras absolutamente innecesarias e que van prexudicar, unha vez maís, os comerciantes da Praza de España e proximidades e a toda a cidadanía de Ferrol, que ve como se pechan comedores sociais que estaban en funcionamento, non se fan os que estaban comprometidos, se recortan axudas a entidades socio sanitarias sen ánimo de lucro, pero se está disposto a tirar 800.000 euros nunha obra que non ten xustificación

Xunta Directiva da AV de Esteiro

Local Veciñal:
Rúa Fernando VI,
Bloque I baixo
Ferrol -15403
Telef. 981933223
avesteiro@galicia.com
http://avesteiro.blogspot.com/


Enviado por:

avesteiro
-avesteiro@galicia.com-
24 de março de 2012 11:56
________________________

luns, marzo 05, 2012

A Asociación Veciñal de Esteiro convoca, este Domingo 11 de Marzo, un Acto de lembranza das vítimas do 11 M - Vídeo: trailer do documentario "Un longo inverno"

Os tráxicos sucesos tiveron lugar o 11 de Marzo de 2004

Acto de lembranza das vítimas do 11 M

A Xunta Directiva da Asociación Veciñal de Esteiro realizará, como ven sendo habitual cada ano por estas datas, un acto de lembranza das Vítimas do 11M.

O vindeiro domingo día 11 de Marzo ás 11 horas, que consistirá nunha ofrenda floral no monolito que da nome á Praza das Vítimas do 11 M (Xunto o Pavillón Municipal de Deportes de Esteiro, na rúa San Ramón).

Asdo./ Antonio Ríos Rodriguez, secretario da Av de Esteiro

Chamamento a que a veciñanza do noso Barrio e de toda a cidade acuda ao acto de lembranza.


Local Veciñal:
Rúa Fernando VI,
Bloque I baixo
Ferrol -15403
Telef. 981933223
avesteiro@galicia.com
http://avesteiro.blogspot.com/




Enviado por:

avesteiro
-avesteiro@galicia.com-
5 de março de 2012 19:55
____________________

O eterno inverno do 11M

Un longo inverno, un documental de Sebastián Arabia sobre o 11M
Arabia: "Había que corrixir algo moi perverso: o illamento de Pilar"

Sinopsis

Con Pilar Manjón como protagonista (Presidenta da Asociación 11M Afectados do Terrorismo), que se fixese coñecida pola súa intervención do 15 de decembro de 2004 na Comisión de Investigación do Congreso dos Deputados, "Un Longo Inverno" conta a historia do que supuxeron estes últimos seis anos para moitas das vítimas e afectados do que foi o maior ataque terrorista en chan europeo da historia. A Guerra de Iraq, a chamada Teoría da Conspiración, a Comunidade de Madrid, o estado de desprotección, abandono e os ataques constantes que sofren moitas das vítimas e familiares, así como a súa loita e resistencia, son os elementos que compón o fío argumental deste filme. Segundo palabras do seu director é, ante todo, unha historia de amor e valentía.

O documentario pode-se comprar en vídeo ou ver online.


Un Longo Invierno (Trailer) from OffCinema Producciones on Vimeo.


Fonte do trailer: http://www.unlargoinvierno.es/
________________________

martes, febreiro 21, 2012

Posicionamento da Asociación Veciñal de Esteiro sobre o Proxecto municipal para a Praza de España -antiga Praza da Porta Nova

Plaza de España, Ferrol 2010

A Asociación Veciñal de Esteiro, coñecido polos medios de comunicación, do investimento de preto de 800.000 para rematar a Praza de España queremos manifestar o seguinte:
  • Non entendemos como se pode falar dun pulmón verde, na Praza de España, para os barrios de Recimil. Esteiro, A Madalena etc, cando un dos pulmóns da Cidade, como é o Cantón de Molíns se atopa nun estado de abandono total e, que se saiba, non existe proxecto para a súa posta en valor.
  • No Barrio de Esteiro xa temos zonas verdes como: A Avenida de Esteiro, os Xardíns do Campus Universitario, unha parte do Cantón de Molíns, a Avenida de Mac Mahón e o Parque de Pablo Iglesias, que sí son un pulmón da cidade o que non será nunca a Praza de España por máis que se planten dúas ducias de árbores.
  • Non entendemos como pode custar a obra da Praza do Callao 300.000 euros, cando é unha Praza con canalizacións, alumeado, confluencia doutras rúas, etc e rematar a Praza de España pode custar 800.000 euros, nos parece un absoluto despilfarro.
  • Non entendemos como a Asociación Dignidade, por falta de pago dos seus servizos por parte do Concello de Ferrol, vai deixar os comedores sociais de Rio Xuvia e Caranza, e cando non se queren poñer a funcionar os de Esteiro e A Madalena, se pretenden gastar 800.000 euros na Praza de España. Se fala de austeridade pero logo se despilfarran os cartos públicos.
  • Queremos lembrar que onde agora se queren gastar 800.000 euros en facer unha zona verde, un pulmón, etc, era onde o Goberno Municipal do Partido Popular e Independentes de Ferrol querían levantar un edificio comercial e un complexo deportivo no subsolo, que tivemos que ser o tecido asociativo de Ferrol, coas nosas mobilizaicións, os que parásemos tal despropósito. Daquela non pensaban en facer unha zona verde?
A cidade de Ferrol ten outras prioridades, e non se pode permitir que , por unha banda se fale de austeridade e pola outra se despilfarren os cartos públicos na Praza de España, para a que xa había un proxecto de remate e un orzamento consignado.

Tamén queremos denunciar que, a pesar de que o Regulamento de Participación Cidadá de Ferrol, aprobado por unanimidade do Pleno da Corporación, fala de que cando unha entidade solicite unha xuntanza con un Concelleiro, tardará como máximo 30 días en producirse. a Asociación Veciñal de Esteiro levamos máis de catro meses solicitando, de maneira reiterada e a través do Rexistro Municipal, unha Xuntanza co Concelleiro de Urbanismo e Obras, D. Guillermlo Evia, e aínda non temos data para a súa celebración. Ademais tamén a solicitamos a través da Concelleira de Barrio e do Concelleiro de Participación Cidadá e de númerosas chamadas telefónicas ó Grupo Municipal do Partido Popular.

Hai días a Asociación Veciñal de San Xoán- Bertón xa denunciou publicamente que Evia non se reunía con eles malia telo solicitado. Coa Asociación veciñal de Esteiro fai exactaemte o mesmo.

Pode permitirse a cidade de Ferrol pechar comedores sociais, non poñer a funcionar os que estaban comprometidos e, pola contra, gastar 800.000 euros na Praza de España?.

Xunta Directiva da Av de Esteiro



Local Veciñal:
Rúa Fernando VI,
Bloque I baixo
Ferrol -15403
Telef. 981933223
avesteiro@galicia.com
http://avesteiro.blogspot.com/



Enviado por:
avesteiro
-avesteiro@galicia.com-
21 de fevereiro de 2012 17:53
__________

martes, abril 12, 2011

“Accattone” de Pier Paolo Pasolini, dentro do Ciclo de Cine Italiano Neorrealista en Esteiro, este Xoves dia 14 de Abril

Ciclo cine en Esteiro nos Cines Duplex

O vindeiro xoves dia 14 de abril (día da República) nova película do Ciclo de Cine da AV de Esteiro. Será nos Cines Duplex ás 20:30 horas con entrada de balde dentro do ciclo de Cine Italiano Neorrealista.

A película será “Accattone” de Pier Paolo Pasolini.

Accattone é un personaxe épico na súa propia natureza de marxinado. Vittorio Cataldi, chamado Accattone ("mendigo") vive na periferia romana e pasa o seu tempo entre as casas dun suburbio e un bar onde paran os macarras do lugar. Non traballa e, para vivir, faise manter por Maddalena, unha prostituta. Pero Maddalena acaba no cárcere e Accattone na miseria total.

Agardamos que asistades e que reenviedes este correo ós vosos contactos.

Xunta Directiva da AV de Esteiro




Local Veciñal:
Rúa Fernando VI,
Bloque I baixo
Ferrol -15403
Telef. 981933223
avesteiro@galicia.com
http://avesteiro.blogspot.com/

Enviado por:
avesteiro
-avesteiro@galicia.com-
12 de abril de 2011 07:47

__________________

venres, marzo 11, 2011

Actos de homenaxe ás vítimas do 11 M, o Martes 15 de Marzo en Esteiro - Ofrenda Floral e Conferencia de Pilar Manjón

O concello de Ferrol e a Asociación Veciñal de Esteiro celebraremos o martes 15 de Marzo de 2011, o acto de Homenaxe ás Vítimas do 11 M.

Este ano contaremos coa presencia de Dona Pilar Manjón Gutierrez, que descubrirá xunto co Alcalde de Ferrol un monolito identificativo da Praza das Vítimas do 11 M.

O mestre gaiteiro Vítor Agulló López interpretará a peza Caraveliño colorado.

Esa Praza é a comprendida entre ás rúas San Ramón, Doutor Vázquez Cabrera e Fernando VI, preto do Pavillón Municipal de Esteiro.

Este acto será o Martes 15 ás 18 Horas.

Ás 19 Horas , unha vez rematada a ofrenda floral, no Salón de Actos do Vicerrectorado en Esteiro, Dona Pilar Manjón, presidenta da Asociación 11M Afectados do Terrorismo, pronunciará a conferencia: "Son vítima do terrorismo, do persoal ao colectivo".

Desde a AV de Esteiro facemos un chamamento a que a veciñanza do noso Barrio e de toda a cidade acuda ós citados actos.



Local Veciñal:
Rúa Fernando VI,
Bloque I baixo
Ferrol -15403
Telef. 981933223
avesteiro@galicia.com
http://avesteiro.blogspot.com/
_________________________

martes, febreiro 15, 2011

Acto das equipas de normalización lingüística de Ferrol Terra:

Acto das equipas de normalización lingüística de Ferrolterra

Achegámoslles información do acto das Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra

Este acto é aberto a toda a veciñanza de Ferrolterra

Actividade para os pícaros:
"O SAPO ENCANTADO"

DATA E LUGAR:

Sábado 19 de Febreiro ás 12 do mediodía, no local da Asociación Veciñal de Esteiro (preme para acceder a un mapa de localización), na rúa Fernando VI, Bloque I Baixo - Ferrol.


SINOPSE: Leticia todo Noticia, informa sobre o terrible meigallo que sufre o Principe Croberto, convertido en sapo pola Meiga Maleira. Voltará a ter apariencia de principe se consigue que unha princesa lle de un bico de amor. Os nenos e nenas teñen a misión de que a princesa Narcisa lle de un bico de amor ó principe Croberto que ten forma de sapo.

PERSOAXES: Leticia todo Noticia, Meiga Maleira, Principe Croberto, Princesa Narcisa.



Local Veciñal:
Rúa Fernando VI,
Bloque I baixo
Ferrol -15403
Telef. 981933223
avesteiro@galicia.com
http://avesteiro.blogspot.com/





Enviado por:

Asociacion Veciñal de Esteiro
-avvfontelonga@mundo-r.com-
15 de fevereiro de 2011 18:27
________________________

domingo, xaneiro 30, 2011

No pleno ordinario do Concello de Ferrol, que se celebrará o Luns 31 de Xaneiro ás 7 da Tarde, debatira-se unha moción da Plataforma en Defensa da Escola Infantil Pública de Esteiro

Escola Infantil Pública de Esteiro

No pleno ordinario do Concello de Ferrol, que se celebrará o luns 31 de xaneiro ás 19 horas, se debatirá unha moción da Plataforma en Defensa da Escola Infantil Pública de Esteiro (composta polo BNG, PSdG-PSOE, Esquerda Unida, CIG e as asociacións veciñais de: Prioriño, San Pablo, Ferrol Vello, O Rosario-Inferniño, Esteiro e Caranza e que conta co apoio da Federación de Anpas de Colexios Públicos e dos Directores dos colexios públicos de Ferrol) que foi presentada polos grupos municipais do PSdeG-PSOE, BNG e Esquerda Unida no Concello de Ferrol, na que se propón que o Pleno do Concello de Ferrol esixa á Xunta de Galicia a construcción dunha Escola Infantil Pública en Esteiro xestionada pola propia Xunta de Galicia, tal como comprometera no ano 2005.

A Plataforma ten solicitado intervir nese Pleno Ordinario a través do presidente da AV de Esteiro, Xosé Miguel López.

Desde a Plataforma facemos un chamamento a todo o tecido asociativo para que respalden coa súa presenza no Pleno a citada moción

Enviado por:

Asociacion Veciñal de Esteiro
-avvfontelonga@mundo-r.com-
29 de janeiro de 2011 18:02
http://avesteiro.blogspot.com/
___________

Enlaces relacionados:

Asociación Veciñal de Esteiro: Escola Infantil Pública de Esteiro
Escola Infantil Pública de Esteiro
. 26/01/2011 Publicado por Asociación Veciñal de Esteiro. A Federación de Anpas de Colexios Públicos e os Directores de ...

ESCOLA EN ESTEIRO

... nunha escola pública: así se pode resumir o malfacer da Xunta de Galicia gobernada polo PP no que atinxe á prometida escola infantil pública de Esteiro. ...

Los vecinos de Esteiro buscarán nuevos apoyos para lograr que se ...

23 Sep 2010... de euros para a Área Sanitaria de Ferrol desapareceron, o centro de día de Canido queda no aire e a Escola Infantil Pública de Esteiro, ...

Ártabra 21: Denuncian o peche de servizos de atención ó cidadá no ...

12 ago 2009... D. Diego Calvo, para falar da Escola Infantil Pública de Esteiro, sen ningún resultado polo momento, case catro meses despois. ...
______________________________

luns, xaneiro 24, 2011

Interesantes artigos de Lorena Bustabad - O 20% dos edificios históricos de Ferrol está en mans de tres donos - Menos poboación que en 1960


Por Lorena Bustabad
23.01.2011


O 20% dos edificios históricos de Ferrol está en mans de tres donos

Urbanismo achaca a deterioración do centro a esta concentración de propietarios

Tres construtores repártense a propiedade de 240 edificios en Ferrol, segundo o Goberno local. Entre os tres acaparan o 20% dos inmobles históricos do centro, que rolda o milleiro. Dous deles son os promotores José Fernández Gómez, coñecido como Jofer, e Abelardo Bellón. O primeiro admite que ten as escrituras duns 80 inmobles "para alugar, vender ou rehabilitar". Algúns en bo estado e outros non. El mesmo recoñece que o seu colega de profesión, Abelardo Bellón, posúe tamén moitas propiedades.

A identidade do terceiro gran hacendado non está tan clara, pero segundo distintas fontes, sería outro coñecido construtor. As súas propiedades cóntanse por ducias no municipio e concéntranse no barrio da Magdalena, o epicentro comercial de Ferrol. Esta concentración de propiedades urbanas ten en xaque ao Concello, impotente para frear a deterioración, acelerado nos últimos anos. A ruína campa ás súas anchas consumindo espléndidos inmobles do século XVIII, condenados á destrución pola posible neglixencia dos seus propietarios. A proba máis evidente é a frecuencia coa que os esborralles sucédense na cidade.

Os barrios históricos da Magdalena e Ferrol Vello, que se estenden desde a praza de España ata Curuxeiras, suman 1.214 edificios e máis de 4.500 vivendas, para 5.500 veciños, de acordo cos datos do Concello. O 85% das 195 construcións valiosas que conforman o núcleo da cidade vella, teñen máis de medio século de historia. Na Magdalena, 729 dos 1.019 inmobles edificáronse antes de 1960 e 597 gozan de especial protección. Algo máis da metade desas vivendas antigas están en bo estado (411) e os outros 318 edificios se columpian entre a deterioración e a ruína. "O seu estado é regular, malo ou moi malo", conclúe a memoria de Urbanismo, de 2009.

En xeral, contan na Concellaría de Urbanismo, moitos propietarios aparcaron as súas obrigacións legais como titulares da vivenda. "O dono ten unha responsabilidade no mantemento que non debe eludir, pero temos poucas ferramentas para que a cumpra", laméntanse desde o Goberno local, que lidera o socialista Vicente Irisarri. É pouco probable que estes promotores, que desembolsaron miles de euros para adquirir os edificios, non poidan facer fronte ao mantemento dos que presentan peor estado.

Un deses construtores, José Fernández, asegura que ten que esperar "dous anos por unha licenza de obra", sen facilidades para investir pero "con todas pégalas do mundo". Conta con nove sociedades inmobiliarias, hostaleiras e de promoción de edificios, creadas entre 1986 e o 2000, ademais de pequenos negocios pola cidade. Quéixase amargamente de que sucesivas corporacións locais "machucaron o centro, suprimindo aparcadoiros e peonalizando ao besta". Fai case unha década que litiga contra o Concello a conta dun hotel que abriu sen licenza en 2007 e que, segundo Urbanismo, non é legalizable porque edificou por encima do volume permitido.

O segundo construtor, Abelardo Bellón, é presidente ou administrador único de, polo menos, sete sociedades de promoción urbanística na cidade e negocios de xogo. Segundo os técnicos municipais, a explicación máis plausible ao extenso inventario de propiedades inmobiliarias que acumulan tres persoas sería esta: os descendentes dos antigos donos emigraron e cortaron lazos co seu patrimonio. Outros inmobles, foron embargados por bancos e xulgados.

Os seus novos donos fóronos adquirindo, discretamente, en poxas públicas, a través de terceiras acodes -redes de subasteros- mediante a fórmula cesión do remate. Cando se formalizaba a compra, o subastero designaba ao construtor como propietario. "Nunca daban a cara, era legal, pero escandaloso", explican fontes xurídicas, que lles atribúen prácticas irregulares como reservar a casa, facendo que o vendedor entréguelles un poder irrevogable de venda, que subscriben en notarías "afíns", ou mediante autocontrataciones ilegais, que lles permiten "suxeitar as propiedades sen dar a cara ou aparecer como titulares cando lles convén".

A situación cambiou a partir de setembro do 2007. O Concello aprobou o Plan Especial de Protección e Reforma Interior (Pepri) da Magdalena. O documento saíu adiante con inusual unanimidade, logo de sete anos atascado en escollos administrativos. Xestouse co fin de "protexer, repoboar e dinamizar" o corazón da cidade, explica o edil de Urbanismo, Angel Mato. O novo plan extremou a protección e freou as licenzas para edificios de nova planta, conxelando as ambicións dos promotores, que nalgúns casos, optaron por abandonar inmobles centenarios.

Sen o mantemento apropiado, as cubertas descomponse con rapidez e a choiva podrece as vellas vigas de madeira ata que algunha parte da estrutura acaba cedendo. "Rehabilitar é moi caro, así que esperan a que o edificio declárese en ruína, para volver construír", apuntan desde Urbanismo. O mantemento nestes inmobles é practicamente nulo e o Concello non pode intervir ata que a construción ameace a seguridade pública ou teña unha orde xudicial.

A pequena escala, esborrállelos convertéronse en moeda corrente en Ferrol para indignación dos veciños. Ocorre en pisos normalmente deshabitados cuxos propietarios viven lonxe ou non se ocupan do seu mantemento ata que o xulgado obrígaos. Dous céntricos edificios esborralláronse parcialmente con moi poucos días de diferenza, o 14 de decembro e o 3 de xaneiro, nas rúas Cataluña e Real. Ninguén resultou ferido, pero as desfeitas foron cuantiosos. Por mor doutro derrube en 2008, o Concello redactou dúas ordenanzas para a Inspección Técnica de Edificios e un rexistro de solares que sancione aos propietarios irresponsables e axilice as expropiacións. Se algún propietario non cumpre, o seu patrimonio pasará ao Concello.


Menos poboación que en 1960

O trazado rectangular do barrio da Magdalena foi deseñado con escuadra e cartabón polos enxeñeiros navais da Ilustración, no século XVIII, cando Ferrol florecía á sombra dos estaleiros e do Arsenal Militar. Na cuadrícula formada por 16 rúas -seis paralelas e dez perpendiculares- edificáronse centenares de vivendas cara a finais do século XIX e principios do XX.

Só aqueles inmobles rehabilitados ou en proceso, cuxos propietarios se esmeraron en coidar, conservan o seu antigo esplendor modernista.

En plena rúa Real, a arteria comercial do centro, cóntanse cinco edificios recubertos cunha malla de seguridade para previr desprendementos, e hai vinte locais pechados ao longo dunha decena de mazás. Na rúa Magdalena, que dá nome ao barrio, os edificios ruinosos son moitos máis e aproximadamente o 40% dos 181 baixos comerciais pecharon as súas portas, véndense ou se traspasan. No primeiro tramo de cálea María, o panorama é aínda máis desolador. Dos doce baixos, seis están pechados.

Os pisos e os locais non se acondicionaron pola desidia ou a falta de recursos dos seus propietarios, que reclaman máis axudas públicas. Os empresarios buscaron locais e pisos de aluguer noutros barrios menos céntricos e con rendas máis baixas. Moitos cruzaron a fronteira e asentáronse en Narón. Como resultado, o corazón da cidade e o propio municipio foise despoblando. En 2010, Ferrol retrocedeu ata os 73.638 habitantes, ata por baixo dos 74.799 que o INE contabilizou fai medio século, en 1960.

Fonte: elpais.com
- 23.01.2011

Enlaces relacionados:

Enviado por:
Asociacion Veciñal de Esteiro
-avvfontelonga@mundo-r.com-
23 de janeiro de 2011 12:28http://avesteiro.blogspot.com/
____________

martes, decembro 14, 2010

Dentro do Ciclo Cine e Sanidade en Esteiro, este Xoves 16 de Decembro, proxectara-se "American Cuisine", de Jean Yves Pitoun

O vindeiro xoves día 16 de decembro ás 20:30 horas e con entrada de balde, remata nos cines Duplex o ciclo de Cine e Sociedade que ó longo do mes de novembro e parte de decembro a Asociación Veciñal de Esteiro coa colaboración da Concellería de Cultura de Ferrol viñemos facendo.

A película que se proxectará é : AMERICAN CUISINE , esta película íase proxectar en novembro pero, por razóns técnicas, tivo que aprazarse ata a data indicada do xoves 169 de decembro.

AMERICAN CUISINE, é unha pelicula do ano 1999 dirixida por Jean Yves Pitoun.

Sinopse: Calquera cociñeiro que se prece, soña con posuír o mesmo talento que o maior xenio culinario de Francia: Louis Boyer, pero só alguén tan atrevido como Loren Collins podería soñar con compartir fogóns con el. En principio o su soño ten todos os puntos para seguir sendo só iso: un soño. Primeiro porque non estudou en escola ningunha de cociña. Segundo porque traballa no exército dos EEUU; Terceiro porque provén dunha familia que se dedica ó negocio das pizzas e, para rematar, simplemente porque é un cidadán americano. Pero tras unha desputa con un oficial do exército, Loren decide levar a cabo o seu soño e, sen un franco no peto, parte cara a Francia.


AV de Esteiro

Local Veciñal:
Rúa Fernando VI,
Bloque I baixo
Ferrol -15403
Telef. 981933223
avesteiro@galicia.com
http://avesteiro.blogspot.com/

Enviado por:
Asociacion Veciñal Fontelonga
-avvfontelonga@mundo-r.com-
14 de dezembro de 2010 17:43
______________________

sábado, novembro 27, 2010

Dentro do Ciclo "Cine e Sanidade" que organiza a Asociación Veciñal de Esteiro, proxetara-se, este Xoves 2 de Decembro, "Un lugar no mundo" de Adolfo Aristarain que será presentada por Mónica Arto Blanco da Asociación Ecoloxista Verdegaia

Ciclo de Cine en Esteiro

Desde a Asociación Veciñal de Esteiro, comunicamoslle a nova película que dentro do Ciclo: Cine e Sanidade que a nosa entidade e a concellería de Cultura do Concello de Ferrol proxectamos cada xoves ás 20:30 horas e con entrada de balde nos Cines Duplex de Esteiro. Agradeceriamos que publicitasen esta proxección.

O xoves día 2 de decembro de 2010  proxéctase:

Un lugar no mundo: de Adolfo Aristarain e que será presentada por Mónica Arto Blanco da Asociación Ecoloxista Verdegaia.

Un saúdo e moitas grazas.

Antonio Ríos, secretario da AV de Esteiro

Un lugar no mundo

PREMIOS
  • 1992: Nominada ó Oscar: Mellor película de fala non inglesa
  • 1992: Asociación de críticos de Arxentina, incluíndo película, actor (Luppi), actriz (Roth)
  • 1992: Goya: Mellor película estranxeira de fala hispana
  • 1992: 2 premios no Festival de San Sebastián: Concha de Ouro, premio OCIC

Duración :120 minutos.
Dirección: Adolfo Aristarain

Sinopse: Ernesto regresa para pasar un día no pobo da súa infancia, San Luís, nun remoto val da Arxentina, e así poder recordar as anécdotas e feitos que lle converteron na persoa que é agora. Os seus pais Mario e Ana exiliáronse voluntariamente de Bos Aires, pero a chegada de Hans, un xeólogo español á procura de petróleo, presaxia que a tranquilidade do lugar está pronta a chegar ó seu remate.


REPARTO
Federico Luppi, José Sacristán, Cecilia Roth, Leonor Benedetto, Gaston Batyi, Lorena del Río

A película será presentada por: Mónica Arto Blanco de VERDEGAIA.

Película para reflexionar sobre o mundo actual e sobre o poder dos que teñen os cartos.


Local Veciñal:
Rúa Fernando VI,
Bloque I baixo
Ferrol -15403
Telef. 981933223
avesteiro@galicia.com
http://avesteiro.blogspot.com/




Enviada por:

Asociacion Veciñal de Esteiro Fontelonga
-avvfontelonga@mundo-r.com-
27 de novembro de 2010 12:14
________________

xoves, outubro 21, 2010

Hoxe Xoves, 21 de Outubro, a Asociación Veciñal de Esteiro presenta a segunda parte de "Novecento" nos cines Dúplex

Xoves 21 de Outubro: "Novecento" nos Dúplex de Esteiro - Entrada de balde.

O ciclo de cine que organiza nos Dúplex, de Esteiro - Ferrol, a Asociación Veciñal de Esteiro continúa este xoves 21 de Outubro, coa proxección, ás 20:30 horas, da segunda parte da película "Novecento", de Bernardo Bertolucci e con música de Ennio Morricone que conta cunha repartición no que destacan nomes como os de Gerard Depardieu, Robert de Niro, Donald Sutherland ou Burt Lancaster.

Encargarase de presentar a película o profesor, e crítico José Torregrosa.

O filme, de 1976 e cunha duración total de 314 minutos, atravesa a Italia de boa parte do século XX a través de dous homes que nacen en 1900, nunha familia de terratenientes e nunha de braceros, respectivamente. A súa posición respecto da situación política e social do país, sobre todo en relación co fascismo, centra o contido dun traballo encomiado pola crítica.

A entrada ás proxeccións deste ciclo social é gratuíta. A iniciativa, xa unha tradición no barrio, comezou con "A revolta permanent" que fué presentada por Xesus Díaz Suarez, coa primeira parte de "Novecento", presentada polo catedrático Xosé M Dobarro e continuará o 28 de outubro con "Chovendo pedras" do realizador británico Ken Loach que será presentanda por Carlos Neira Suárez.

A esta proposta seguirá un ciclo de cine e sanidade, en novembro, coas películas "American Cuisine", de Jean-Yves Pitoun; "Máis pena que gloria", de Víctor García León; "Un lugar no mundo", de Adolfo Aristarain; e "Eu, tamén", de Álvaro Pastor e Antonio Naharro.

--
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492

www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es


Enviado por:
Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
20 de outubro de 2010 17:24
_______________________