Amosando publicacións coa etiqueta Bastida. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Bastida. Amosar todas as publicacións

sábado, xuño 16, 2007

Recibimento festivo ao Patrón Maior da Confraría de Pescadores de Ferrol, despois de saír do cárcere, en liberdade sen fianza

De: CCE -comitecidadan@iespana.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 16 de Junho de 2007 00:33
Asunto: Recibimento festivo ao Patrón Maior da Confraría de Pescadores de Ferrol, despois de saír do cárcere, en liberdade sen fianza




Recibimento festivo o Patrón Maior da Confraría de Pescadores de Ferrol, despois de sair do carcere, en liberdade sen fianza.

Sigo estando en contra da planta de gas onde esta situada”, foron as palabras mais aplaudidas e interrompidas a Bernardo Bastida, a metade do seu discurso duns 5 minutos e medio, por unhas seiscentas persoas, a maior parte mariscadores, que xunto con veciños da Ría de Ferrol, foran convocados pola Confradía de Pescadores de Ferrol e o Comité Cidadán de Urxencia para a Ría de Ferrol, abarrotando a Lonxa existente no peirao comercial de Ferrol.

Ás 17:20 da tarde deste venres 15 de xuño, Bernardo Bastida, Patrón Maior da Confradía de Pescadores de Ferrol era recibido de forma festiva, ata con foguetes, para celebrar a súa liberdade sen fianza tras pasar no cárcere de Teixeiro quince días desde o 30 de maio, en prisión provisional imputado dun inexistente delito de desobediencia á autoridade, sen que se tivese en conta que se trata dun conflito social, que se está agudizando por mor da lentitude da xustiza e os trámites administrativos irregulares a Reganosa, cuxa Planta de Gas desde o 9 de maio é unha ameaza para a vida humana e para a riqueza marisqueira, polas probas que iniciou por mor da entrada ilegal de dous buques metaneros que descargaron 250.000 m3 de gas natural licuado.

A Xuíza do Xulgado nº 6, en realidade dera de prazo ata o luns ás 15:00 ao avogado de Reganosa para que presentase por escrito as súas alegacións, despois de que o xoves 14 de xuño o Fiscal presentase un informe no que se adhería ao recurso de reforma presentado polo avogado Victor López Casal que defendeu a Bernardo Bastida desde o día 29 en que foi detido no peirao de Ferrol tras desembarcar dunha lancha cando regresaba da operación de bloqueo do metanero Mourad Didouche cargado de 110.000 m3 de GNL para Reganosa.

Toda a mañá deste venres existiu a preocupación de que o avogado de Reganosa esgotase o prazo que a Xuíz lle habia dado ata o luns ás 15:00, co cal Bernardo Bastida non podería saír hoxe do cárcere de Teixeiro e o recibindo habería que atrasalo ata o luns.

A noticia positiva coñeceuse hoxe venres cara ás 14,30 horas, cando se coñeceu que a Xuíz do Xulgado nº 6 habia asinado o auto de liberdade sen fianza para o Patrón Maior da Confraría de Ferrol e que xa o había comunicado por fax ao Cárcere de Teixeiro, despois de que o avogado de Reganosa, cara ás 14 horas, presentase un escrito adheríndose ao informe do Fiscal.

As primeiras palabras de Bastida na Lonxa de Ferrol foron para constatar que a solidariedade recibida doutros compañeiros do cárcere e así mesmo un trato exquisito e excelente, que entende foi polo apoio que recibiu do pobo de Ferrol e dos traballadores do mar, da Ría de Ferrol e doutras de Galicia. Especialmente deu as grazas á persoa que lle substituíu estes días como portavoz da Confraría. Bastida cre que estivo secuestrado porque non había ningún motivo para terlle no cárcere, pois non cometeu ningún delito de desobediencia nin de desacato á autoridade, dos que lle acusan.

Así mesmo que antes da entrada do primeiro gasero, é dicir, antes do 9 de maio, desde a Confraría enviáronse faxes ao Presidente da Xunta e ao Delegado do Goberno para dialogar e non se lles fixo caso. Así mesmo Bastida reclamou “os mesmos dereitos que teñen outros sectores para resolver as súas reivindicacións”, con negociacións e conflitos, polo que denuncia que desde a Administración queren converterlles aos traballadores do mar no único sector sen dereito a reivindicar como o fan os sindicados para outros sectores.

Por iso Bastida recordou que “todos sabemos que os traballadores neste país mais tarde ou mais cedo ven obrigados a mobilizarse”, engadindo que non vai negociar con quen lle esta denunciando, en referencia á Autoridade Portuaria, a Reganosa, ou a quen sexa, e que esa é a primeira reivindicación que porán encima da mesa. Finalizando con estas palabras “estamos como sempre abertos ao diálogo e á negociación, sen condicións, nin pola nosa banda nin pola deles, nada mais e moitas grazas”.

15 de xuño de 2007.

Carmelo Teixeiro
Coordinador del Comité Ciudadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

O noso Blog: http://comitecidadan.org
O noso correo-e: comitecidadan@iespana.es___________________

A noticia nas edicións dixitais dos medios convencionais:

Diario de Ferrol
Bernardo Bastida: "Sinceiramente, creo que estiven secuestrado"
Entre aplausos, abrazos, bombas de palenque e berros de benvida regresaba, pasadas as cinco da tarde de onte, Bernardo Bastida á lonxa de Ferrol. Alí agardábanno máis de 200 persoas, na súa maior parte mariscador@s, mais tamén membros do Comité Cidadá de Emerxencia e outros colectivos sociais que se manifestaron en contra da localización da planta de gas de Reganosa.
ROCÍO PITA PARADA > FERROL [+ info]



__________________________

Mabel Rivera e Enrique Banet, produciron e realizaron o documentario "O Salario do Silencio" que desde xa, pasará ser un documento imprescindíbel da Historia de Galiza e en particular de Ferrol. [Trailer]






__________

GALERÍAS FOTOGRÁFICAS DA MARCHA A TEIXEIRO

Teixeiro -1- : Enlace coa Galería Fotográfica da PA21
Autor: artabra21@gmail.com

ETeixeiro -2- : Enlace coa Galería Fotográfica da PA21
Autor: Alberto Saavedra -asaf@telefonica.net-
Asociación Veciñal Ferrol-Vello

Pontedeume : Enlace coa Galería Fotográfica da PA21 "A marcha pola defensa da Ría de Ferrol e pola liberdade de Bernardo Bastida, 8 de Maio de 2007"
Autor: artabra21@gmail.com
___

venres, xuño 15, 2007

Recebimento de Bernardo Bastida na lonxa do porto ferrolán [15.06.2007].

O Patrón Maior da Cofradía de Pescadores de Ferrol, Bernardo Bastida, saíu da prisión de Teixeiro hoxe pola tarde. Na Lonxa do porto de Ferrol, sobre as cinco da tarde, o agardaban moitos mariscadores e mariscadoras, así como representantes do Comité Cidadán de Emerxencia e doutras entidades, nun acto emotivo. Esta tarde manifestou a vontade de porse a traballar para abordar o conflito pola entrada de buques gaseiros na Ría, pola ilegal e inadecuada localización da regasificadora da empresa REGANOSA, mais tendo en conta a súa especial situación. Polo que pediu á REGANOSA e á Autoridade Portuaria de Ferrol que retiren as denuncias interpostas contra membros da Cofradía, polo bloqueo dos buques Galicia Spirit e o Mourad Didouche, así como pola ocupación do edificio da Autoridade Portuaria. Manifestou o seu rexeitamento a actual localización da Planta de Gas, palabras que foron respostadas con aplausos das persoas que o escoitaban, e este agradeceu as mostras de apoio e solidariedade que recibeu durante os 17 días de prisión.

O autor da foto de arriba a esquerda é Kiko Delgado
____________________________________



Teixeiro -1- : Enlace coa Galería Fotográfica da PA21
Autor: artabra21@gmail.com

ETeixeiro -2- : Enlace coa Galería Fotográfica da PA21
Autor: Alberto Saavedra -asaf@telefonica.net-
Asociación Veciñal Ferrol-Vello

Pontedeume : Enlace coa Galería Fotográfica da PA21 "A marcha pola defensa da Ría de Ferrol e pola liberdade de Bernardo Bastida, 8 de Maio de 2007"
Autor: artabra21@gmail.com________

O xulgado de Instrución nº 6 de Ferrol, dicta un auto de liberdade para Bernardo Bastida, patrón Maior da Cofradía de Pescadores [15.06.2007]

Como se agardaba, pois o fiscal adheriase, onte, ao escrito de alegacións do avogado defensor, onde se pedía a liberdade incondicional, o Xulgado de Instrución nº6 de Ferrol, dictou hoxe, Auto de Liberdade para Bernardo Bastida que se atopaba en prisión desde o pasado 29 de maio.

Polo que só falta o trámite de que chegue o Auto por fax ao cárcere de Teixeiro, desde o xulgado, e sexa posto en liberdade o Pratrón Maior do pósito ferrolán.

A Cofradía de Pescadores de Ferrol e o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol teñen convocada para hoxe, venres, 15 de xuño, ás 5 da tarde unha Asemblea Informativa nos locais da Lonxa do Porto de Ferrol, aberta a toda a cidadanía. Polo que se agarda que se lle faga un recebimento nese local no transcurso da Asemblea .

Agardamos, mais información do Comité Cidadán de Emerxencia, polo que continuaremos informando.
______________

Agardase a posta en liberdade de Bernardo Bastida, Patrón Maior da Cofradía de Pescadores de Ferrol, para este venres, 15 de xuño

De: CCE -comitecidadan@iespana.es-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 14 de Junho de 2007 23:02
Asunto: Agardase a posta en liberdade de Bernardo Bastida, Patrón Maior da Cofradía de Pescadores de Ferrol, para este venres, 15 de xuño


Hoxe antes das 14:00 horas era noticia que o Fiscal presentou un informe no que se adhire ao recurso de reforma presentado polo avogado defensor de Bernardo Bastida solicitando súa liberdade sen fianza. A Xuíz do Xulgado nº 6 deu de prazo ata as 15:00 horas do venres ao avogado de Reganosa para presentar alegacións.

Por iso existe a posibilidade de que, a máis tardar, ás 15:00 do venres a Xuíz do Xulgado nº6 acorde a liberdade sen fianza para Bernardo Bastida, e o comuníque por fax ao cárcere de Teixeiro, desde onde a viaxe a Ferrol en coche realízase nunha hora.

Para as cinco da tarde deste venres 15 de xuño, a Confraría de Pescadores de Ferrol e o Comité Cidadán convocaron un acto informativo no recinto da Lonxa existente no peirao comercial Fernández Ladreda, á espera de que nesa mesma tarde se poida dar un bo recibimento a Bernardo Bastida.
____________________________

mércores, xuño 13, 2007

Asemblea Xeral de Mariscadoras e Mariscadores que se celebrou onte, 12 de xuño

Pendentes dunha nota do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol e polo seu interese, transcribimos esta nova que hoxe publica o xornal comarcal Diario de Ferrol, sobre o contido e acordos da Asemblea Xeral de Mariscadoras e Mariscadores que se celebrou onte, 12 de xuño, na Lonxa do Porto de Ferrol, onde participou o Citado Comité Cidadán.

Diario de Ferrol
13 de xuño de 2007

Supeditan calquera negociación á liberdade de Bastida

Os mariscadores da Confraría de Ferrol decidiron onte intentar bloquear a entrada do terceiro gasero para Reganosa se antes da súa chegada non se pon en liberdade ao seu patrón maior, Bernardo Bastida. Ambas as circunstancias poderían coincidir nos próximos días, segundo púxose onte de manifesto nunha asemblea celebrada na lonxa ferrolá e á que asistiron unhas 150 persoas. Segundo Jaime Gabarri, portavoz dos mariscadores, hai expectativas de que a xuíza tome, entre hoxe e mañá, a decisión de deixar en liberdade ao patrón maior ferrolán.

REDACCIÓN > FERROL

Bastida cumpre hoxe catorce días en prisión provisional e sen fianza, desde o pasado 30 de maio, imputado pola súa participación no bloqueo da ría para tratar de impedir a entrada do "Mourad Didouche", o segundo buque metanero con gas natural licuado par a planta de gas de Reganosa.

Apelación > Gabarri recordou que o pasado venres se presentou nos xulgados ferroláns un escrito de apelación contra a decisión da xuíza Elvira Méndez de ratificar a medida de prisión provisional contra Bastida. O portavoz do depósito declarou que, segundo indicou aos mariscadores o avogado defensor do patrón maior, Víctor Manuel López Casal, a maxistrada deberá tomar unha decisión nas próximas horas. A Confraría e membros do Comité Cidadán de Emerxencia da Ría de Ferrol presentes na asemblea calculan en que en menos de dous días haberá unha resolución. De non ser satisfactoria, o que equivale a que Bastida quede en liberdade, a asemblea decidiu onte case por unanimidade -fóra de dúas abstencións, precisou Gabarri- que intentarán impedir a entrada do terceiro gasero, esperado para finais desta semana ou principios da próxima, segundo o colectivo.

"Bastida somos todos. Non sería coherente quedarnos agora en casa. Bastida é o patrón maior e o único que facía era acatar o que decidía a asemblea", sinalou Gabarri. "O barco, se Bastida está dentro ou non hai indicios de negociación con el, se podemos non entra", sentenciou.

Compromiso > O recurso de apelación acompañouse cun escrito do propio Bastida, entregado onte á Fiscalía, no que se compromete a sentar a negociar "o que sempre quixemos: falar do dano que nos fai a planta de gas. Imos avalialo e despois, asinamos o que teñamos que asinar", engadiu Gabarri. Mentres tanto, "non haberá ningunha clase de negociación sen Bastida, porque el é o interlocutor que nós eliximos nas urnas", asegurou, a pesar de que din recibir intentos de contacto por parte da Xunta para iniciar a negociación. "Eu síntome a falar do patrón maior con quen sexa, pero de Reganosa senta a falar Bernardo Bastida", espetou Jaime Gabarri.

Se se cumprisen as súas expectativas de liberación, o portavoz dos mariscadores di que se convocará unha nova asemblea para analizar a situación.

Enlace coa noticia orixinal no Diario de Ferrol

Enlace cunha noticia relacionada no Diario de Ferrol, sobre a denuncia que interpuxo a Autoridade Portuaria a mariscadores e membros do Comité Cidadán
___________________

luns, xuño 11, 2007

Marcha pola Liberdade de Bernardo Bastida e pola Defensa da Ría de Ferrol: final na prisión de Teixeiro

De: CCE -comitecidadan@iespana.es-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 11 de Junho de 2007 01:39

Asunto: Marcha pola Liberdade de Bernardo Bastida, final na prisión de Teixeiro


Despois de pasar a noite no lugar de Ois no Concello de Coiros baixo o teito dun pabellon deportivo sen paredes, a marcha de apoio a Bastida saiu ás sete e ás once e media da mañá xa percorrera os 12 kilometros ata o núcleo de poboación da Castellana, non atopando suficinte aprovisionamento para tod@s continuaron 10 kilomentros mais ata o pobo de Teixeiro, onde compraron pan e fiambres para complementar a comida que hoxe chegara de casa.

Ás 13,30 a marcha saiu do núcleo de poboación de Teixeiro para percorrer os 6 km de distancia ata o cárcere provincial situada na estrada de Paradela. Polo camiño foron sumandose outros participantes que chegaran en tres autobuses desde Ferrol, mais outros moitos que viñeran en coches de turismo, de modo que cando faltaban uns catro kilometro ocupaban unha das calzadas coreando con forza varios lemas, entre eles "Liberdade para Bastida", " Ou noso mariñeiro esta en Teixeiro", "Bastida esta presente", "Bastida somos todos", "A Ría e nosa e non de Reganosa".

O número de participantes cífrase nunhos mil que se concentrou dentro do recinto de aparcadoiro do cárcere, unha gran praza rodeada de aramados cunha porta grande de acceso para coches e autobueses, anexa ás instqalacions do cárcere puidendose ver en alguns módulos como as súas fiestras asomaban as mans de mulleres presas saudando aos que desde o exterior coreaban con forza "Liberdade para Bastida". Un gran número de participantes vestia camiseta coa foto de Bastida e a frase "Bastida somos todos", ademas dúas grandes pancartas tiñan en grandes letras a frase "Liberdade para Bastida", outros asistentes portaban distintas pancartas a maioría delas reclamaban a liberdade para Bastida e outras facían referencia a que a Ría de Ferrol non é de REGANOSA.

Dos tres autobuses con parcitipantes, dous deles foron organizados polas Cofradías de Mugardos e Barallobre. O terceiro autobus foi desde Ferrol cheo e organizado polo Comité Cidadán de Emerxencia, indo en coches pequenos un gran número de participantes.

Dentro da praza de estacionamento do cárcere, durante uns 10 minutos corearonse todos os lemas, logo Carmelo Teixeiro, Coordinador do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol leu un comunicado.

Finalmente Jaime Gabarri, portavoz da Cofradía de Pescadores de Ferrol, deu por finalizada a marcha deixando ver que se Bastida non quedaba pronto en liberdade habería mais actuacións, cunha frase moi expresiva dicindo "Despois de estar aquí, iremos a Madrid" e gritando "liberdade para Bastida". Así mesmo Jaime Gabarri agradeceu os apoios recibidos para reclamar a liberdade de Bastida, en concreto agradecio a presenza de representantes das Cofradias de Mugardos, Barallobre e Pontedeume, así mesmo doutras Cofradías do sur de Galicia. Tamén agradeceu aos Concellos de Coiros e Pontedeume que facilitasen os seus pavillóns deportivos para pasar a noite, resaltando en positivo que no de Pontedeume o trato fora excelente, con auga quente nas duchas que lles permiteu aliviar a fatíga da camiñada forte do primeiro día, así mesmo que moitos veciños de Pontedeume ofrecéronlles comida e viveres. Igualmente Jaime Gabarri deixou constancia do agradecemento aos servizos de proteccion civil de Betanzos que lles antenderon en lesións nos pés, ademas das policias locais e garda civil que auxiliaron para facilitar con seguridade o transito a pé polas estradas das 200 persoas máis os vehiculos de apoio loxístico que lles acompañaban.

Carmelo Teixeiro
Coordinador do Comité Ciudadán para a Ría de Ferrol
O seu correo electrónico é: comitecidadan@iespana.es
A súa web: http://comitecidadan.org/
___________________

Enlace cos Arquivos Ártabros, onde está postado o texto integro do Comunicado leido na concentración diante do cárcere de Teixeiro
____________________

venres, xuño 08, 2007

Marcha na defensa da Ría e pola liberdade de Bernardo Bastida

De: CCE -comitecidadan@iespana.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 8 de xuño de 2007 02:19
Asunto: Marcha na defensa da Ría e pola liberdade de Bernardo Bastida


[Podese ampliar a imaxen da esquerda clicando acima dela]

Este venres 8 de xuño, cara ás 15:30 horas, desde Ferrolvello no Porto de Ferrol e diante do edificio da Autoridade Portuaria, terá lugar a saída da marcha a pé solidaria con Bernardo Bastida, Patrón Maior do Confraría de Pescadores de Ferrol, en prisión desde o pasado 30 de maio.

Tal marcha solidaria, foi un acordo da Asemblea Extraordinaria da Confradía de Pescadores de Ferrol, o mércores 6 de xuño, para realizala a pé desde o peirao de Ferrol cun percorrido total de 89 quilómetros ata as proximidades do cárcere de Teixeiro, a fin de manifestar publicamente que Bernardo Bastida sexa posto en liberdade canto antes.

Dita marcha a pé, realizarase en tres etapas de 19, 42 e 28 quilómetros, por todos os mariscadores, pescadores e outros cidadáns que se inscribiron para a totalidade do percorrido, mais os que nos distintos concellos por onde discorra desexen acompañar en parte do percorrido dos concellos de Ferrol, Fene, Cabanas, Pontedeume, Miño, Paderne, Betanzos, Coiros e Curtis.

A saída da marcha a pé en Ferrol realizarase no peirao de Curuxeiras cara ás 15:30 horas do venres 8 de xuño, con chegada final en Teixeiro prevista para o domingo 10 de xuño cara ás 15:00 horas. Na primeira etapa desde Ferrol a Pontedeume o percorrido de 19 quilómetros realizarase pola N-651, con chegada cara ás 20:00 horas e pasarrá a noite no pavillón municipal próximo ao porto de Pontedeume que xa foi solicitado ao Concello.

O sábado 9 de xuño a segunda etapa terá a saída ás 7 da mañá para camiñar un primeiro tramo de 29 quilómetros pola N-651 ata Betanzos con chegada prevista cara ás 13 horas, onde se realizará unha parada para comer. Cara ás 15:00 horas será a saída de Betanzos para un segundo tramo de 13 quilómetros ata o lugar de OIS no concello de Coirós, onde se pasará a noite nun pavillón cuberto.

A terceira etapa, o domingo 10 de xuño, con saída cara ás 7 da mañá de OIS, consiste nun tramo de 15 quilómetros na súa maior parte pola Nacional 6 ata Montesalgueiro, onde se sairá por unha estrada secundaria en dirección ao núcleo de poboación chamado A Castelá con chegada a este cara ás 11 da mañá, para realizar unha parada de avituallamiento e descanso. Cara ás 12 da mañá a marcha solidaria sairá da Castelá para percorrer os últimos 13 quilómetros ata un aparcadoiro próximo ao cárcere de Teixeiro onde portavoces dos organizadores da marcha dirixirán unhas palabras aos participantes e darán por terminada a marcha que se realiza no contexto de actuacións do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.

A Asemblea Cidadá deste xoves nos locais da A.VV de Ferrolvello acordou animar a todos cantos poidan participar na totalidade do traxecto, ou en percorridos parciais dentro de cada concello, principalmente no último tramo de 13 quilómetros desde o núcleo de poboación da Castelá, logo de pasar Montesalgueiro, ata as proximidades do cárcere de Teixeiro.

Como apoio loxístico, unha furgoneta da Confradía levará os sacos de durmir. Así mesmo uns coches de apoio cun médico acompañarán á expedición para atender a quen o necesite.

Pola Confradía de Pescadores de Ferrol realizouse a correspondente comunicación á Delegación de Goberno, así mesmo enviou unha comunicación aos Concellos por onde discorre o percorrido, a fin de que dispoñan de efectivos de Protección Civil e de Policía Municipal que acompañen á marcha solidaria en percorrido correspondente ao termino municipal de cada Concello.

Conven acercarse ata o peirao de Ferrol o maior número de persoas posíble, para arroupar a saída da marcha solidaria con Bastida, e quen poida que camiñe ata a Ponte das Pías.

Esta e unha das actuacións acordadas na Asamblea Cidadá, ademáis de que unha representación acuda a concenración de Pontevedra as 20,30 do venres 8 de xuño na Praza da Peregrina, convocada pola APDR (Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra)

Carmelo Teixeiro.
Coordenador do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

O seu correo electrónico é: comitecidadan@iespana.es
A súa web: http://comitecidadan.org/
__________________________________

PARA APUNTARSE NOS AUTOBUSES, PODESE FACER CHAMANDO A UN DOS SEGUINTES TELÉFONOS :

690612737 ( Alexandre),
649024612 (Mel),
981-933223 (A.V. Fontelonga, Miguel):

Prezo aproximado: 5 €
__________________________________



xoves, xuño 07, 2007

Marcha até a prisión de Teixeiro, pola liberdade de Bernardo Bastida e pola defensa da Ría

Mentras non temos comunicación oficial de como se vai desenvolver a marcha á prisión de Teixeiro, que acordou realizar a Asemblea de Mariscadores e Mariscadoras, cebrada onte en Ferrol, transcribimos, pola súa importancia, a noticia que publicaba hoxe o Diario de Ferrol.



A oposición á planta de gas fará unha marcha a Teixeiro

O colectivo opositor ao emprazamento no interior da ría ferrolá da planta de regasificación de Galicia levará este fin de semana as súas demandas ao cárcere de Teixeiro, a 85 quilómetros de Ferrol, onde permanece encarcerado de forma provisional o patrón maior da Confradía local.

REDACCIÓN > FERROL

As mobilizacións en contra da localización do complexo gasista de REGANOSA transcenden deste xeito o ámbito local para alcanzar ao provincial. A marcha dará comezo a primeiras horas da tarde de mañá venres e prolongarase por espazo de tres días, coa intención de cubrir unha media de 30 quilómetros por xornada para acabar na mañá do domingo ante a prisión de Teixeiro, onde, desde a noite do pasado 30 de maio permanece -salvo as horas do último martes empregadas na súa asistencia a un xuízo en Ferrol e unha comparecencia pola causa en curso- Bernardo Bastida.

Jaime Gabarri, portavoz da Confraría de Pescadores de Ferrol, asegurou que as mobilizacións manteranse durante estes días con actos paralelos dirixidos contra organismos da Administración. Gabarri non quixo adiantar o contido nin a natureza destas accións pero si sinalou que a intención do colectivo non é a de prexudicar á cidadanía. O mesmo portavoz convidou aos opositores ao complexo a sumarse a unha marcha que, dixo, ten carácter "pacífico e reivindicativo".

As demandas de liberdade de Bernardo Bastida, acusado de bloquear a entrada do gasero "Mourad Didouche" a pasada semana, así como do "Galicia Spirit" os días 7 e 8 de maio, partiron tamén doutros colectivos. É o caso da Asociación pola Defensa dá Ría de Pontevedra, que convocou unha concentración para mañá en solidariedade con Bernardo Bastida. Tamén o comité de empresa de Navantia Fene reclamou a liberdade de Bastida, á vez que condenaba a "brutal intervención policial" do pasado 30 de maio.

Doutra banda, representantes do Comité Cidadán de Emerxencia presentaron onte en Santiago o documental "O salario do silencio", que pretende informar sobre o "perigo" e as "irregularidades" do proxecto que promove REGANOSA.

Enlace coa noticia orixinal no Diario de Ferrol

POR OUTRA BANDA LEMBRAR QUE HOXE, XOVES 7 DE XUÑO, ÁS 8 DA TARDE VAI TER LUGAR UNHA ASEMBLEA CIDADÁ, CONVOCADA POLO COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, NOS LOCAIS DA ASOCIACIÓN VECIÑAL DE FERROL-VELLO.
_______________________

mércores, xuño 06, 2007

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol convoca unha Asemblea Cidadá para o Xoves, 7 de xuño, ás 20 hs, na Asoc. Veciñal de Ferrol-Vello

CONVOCATORIA DA
ASEMBLEA CIDADÁ
XoveS, 7 de xuño,
ás 8 da tarde, nos locais da
Asociación Veciñal de Ferrol Vello
. INFORMACIÓN
. ANÁLISES
. PROPOSTAS DE ACTUACIÓNS
Planta de Gas Fóra da Ría
Bastida Liberdade
Na defensa da Ría, da vida e da legalidade.


Convoca:
Comíte Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
______________

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol convoca unha Asemblea Cidadá para o Xoves, 7 de xuño, ás 8 da tarde, nos locais da Asociación Veciñal de Ferrol - Vello.

O Comité manifesta nunha nota, que o feito de que o pasado 30 de maio o Xuíz de Garda en Ferrol, a proposta da Fiscalia, dictara prisión para Bernardo Bastida, explica o que aconteceu o día anterior, cando os policias dirixirose directamente a deter a Bastida, cando procedía do mar do bloqueo do gasero Mourad Didocuhe.

Continuan dicindo que este 4 de xuño, na vista que se celebrou no Xulgado nº 6 de Ferrol, a Fiscalía mantivo a súa proposta de prisión provisional sen fianza para Bernardo Bastida, que foi ratificada pola Xuíza titular do devandito Xulgado, a pesar de que o avogado defensor de Bernardo Bastida, entre outras probas achegou unha sentenza do Tribunal Supremo que sobreseía a un colectivo ecoloxista navarro, con actuacións simililares ao da Planta de gas .

O Comité Cidadán acordou convocar para este xoves a Asemblea Cidadá para analizar a situación e acordar posíbeis actuacións a raíz de que Bernardo Bastida segue na Carcel de Teixeiro e comezou unha foga de fame indefinida. A esa reunion da Asamlea Cidadá, o Comité Cidadán presentará unhas propostas de actuación a fin de compatibilizar as demandas e xestions por via administrativa das que están en curso ou se abriran por via xudicial. A súa vez comunica que segue pasando informacións cualitativas pois ve que agora é máis provábel que saían publicadas nos medios tanto locais como doutro ámbito.

A Fiscalía mantivo a súa proposta de prisión incondicional sen fianza para Bernardo Bastida, a cal foi ratificada polo Xulgado nº 6 de Ferrol. Por iso o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol fai pública a declaración manuscrita e asinada que Bernardo Bastida realizou e transmitiunos o 5 de xuño, antes de ser trasladado á prisión de Teixeiro e que unha vez mecanografiada a continuación se transcribe. .

BERNARDO BASTIDA SIXTO, P.M. da Confraría de Pescadores de Ferrol

Declaro o seguinte:

1º.- Que non matei nin a 1 nin a 20 persoas.


2º.- Que non baleirei as ARCAS de ningún municipio nin ENTIDAD algunha.


3º.- Que o único delito que cometín, foi o de cumprir co meu papel de P.M. e RESPECTAR as decisións TOMADAS en ASEMBLEA.


4º.- Que me considero un preso político e evidentemente, perseguido pola administración ao servizo non do pobo, senón doutros intereses.


5º.- Que non cometín ningún dos delitos de que se me acusa, polo que non se pode xogar coa liberdade dunha persoa.


6º.- AGRADECER DE TODO CORAZÓN o apoio recibido de todos.


Ante isto e desde o día de hoxe, en contra dos meus desexos, como protesta e non como presión, declárome en folga de fame indefinida. É unha medida non grata, pero por DESGRAZA non me deixan OUTRA ALTERNATIVA.

Ferrol 5 de xuño de 2007.


Bernardo Bastida

[Texto manuscrito da Carta de Bastida, copia do orixinal, nos Arquivos Ártabros]
_____________________

martes, xuño 05, 2007

Carta de Bernardo Bastida onde di que se considera un preso político e que comezará unha folga de fame [Loita para expulsar a REGANOSA da Ría]

Bernardo Bastida, Patrón Maior da Cofradía de Pescadores de Ferrol, entregou unha carta en forma de declaración antes de ser levado para a prisión de Teixeiro, na que di que se consideraba un preso político e que comezaría unha folga de fame.

Esta é a copia do escrito en formato jpg, para ampliar clicar acima das imaxens.


Desoíndo o clamor popular de liberdade para Bastida, o xulgado ven ratificar a prisión provisional do Patrón Maior do pósito Ferrolán


Desoindo o clamor popular de liberdade para Bernardo Bastida que supuso a manifestación, de máis de 5.000 persoas, deste pasado domingo, 3 de xuño; das máis de 1.000 autoinculpacións asinadas por cidadás e cidadáns; as diferentes peticións de liberdade, de representantes sindicais, sociais e políticos da comarca e doutras partes da Galiza; da Federación Galega de Cofradías de Pescadores; da case a totalidade das organizacións ecoloxistas da Galiza; de institucións municipais da Comarca e alcaldes; a titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución nº 6 de Ferrol, veu ratificar hoxe a prisión provisional sen fianza para Bernardo Bastida, o Patrón Maior da Confradía de Pescadores de Ferrol, detido o pasado 29 de maio e dictada a súa prisión provisional ao día seguinte, por orden da xuiz de instrución Elvira Méndez Ibias.


O avogado defensor de Bastida, Víctor Manuel López, pideu a petición de liberdade para o compañeiro pois as acusacións de desobediencia á autoridade, ameazas, coaccións e desordes públicas, polo bloqueo contra Reganosa, non son máis que palabras que se utilizan para inculpar ao Patrón Maior, por participar como moitos centos de cidadás e cidadáns na defensa da Ría, a vida e a legalidade democrática. O avogado, do comité Cidadán de Emerxencia recorrerá este auto, indicando que este tipo de medidas non son as habituais e engadiu que a mesma resolución xudicial pon en dúbida a existencia dun delito de desordes públicas, que sería o máis grave, polo que cre que non hai argumentos suficientes para unha acción penal contra Bastida.

O compañeiro Bastida entregou unha carta en forma de declaración antes de ser levado para a prisión de Teixeiro, na di que se consideraba un preso político e que comezaría unha folga de fame.

[Texto completo da Carta de Bastida, copia do orixinal, nos Arquivos Ártabros]

Agardamos a convocatoria da Asemblea Cidadá e un comunicado, do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, polo que seguiremos informando.

Bastida Liberdade !!

Fóra REGANOSA por ilegal e perigosa !!

Planta de Gas Fóra da Ría !!
_________________________