Amosando publicacións coa etiqueta Cedeira. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Cedeira. Amosar todas as publicacións

luns, abril 18, 2022

Albums fotográficos dos actos celebrados en Narón e Cedeira do pasado 14 de abril, na conmemoración do 91 aniversario da proclamación da II República e de homenaxe ás represaliadas da ditadura franquista


Albums fotográficos dos actos celebrados en Cedeira e Narón do pasado 14 de abril, na conmemoración do 91 aniversario da proclamación da II República e de homenaxe ás represaliadas da ditadura franquista


CEDEIRA: DÍA DA REPÚBLICA

Onte, tivo lugar en Cedeira a tradicional ofrenda floral, organizada polo Concello e a Sección local da Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática., en lembranza das persoas que sofriron a represión da Ditadura.

As intervencións do Alcalde Pablo Moreda e de José Luis Vergara pola Asociación e a participación das e dos presentes foron unha entrañable homenaxe para sofreron por defender uns ideais de igualdade, fraternidade e progreso social pagaron coa vida, o cárcere, a persecución o desterro o exilio…  

A todas e todos a nosa gratitude hoxe e sempre. Viva a República!!

Álbum fotográfico
 


NARÓN: DÍA DA REPÚBLICA

O 14 de Abril, Día da República, a nosa Asociación xunto con Esquerda Unida e PSOE de Narón, fixemos as xa habituais ofrendas florais lembrando as persoas deste Concello vítimas da represión polas súas ideas de fraternidade, igualdade e progreso social. Visitamos os Cemiterios de O Val e San Mateo e na árbore de Gernika, fronte ao Pazo da Cultura, lembramos aos soterrados en Castro, San Xiao, Canido e Serantes e fixemos un chamamento a paz e ao entendemento entre os pobos e unha condena a todas as guerras. Viva a República!!

Álbum fotográfico


Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática
https://www.memoriahistoricademocratica.org
http://memoriahistoricademocratica.wordpress.com
en facebook:Memoria Historica Democratica
en twitter: Memoria Ferrol @memoriaferrol
 
Enviado por:
Memoria Histórica Democrática
-memoriahistoricademocratica@gmail.com-
15 de abril de 2022 23:18
15 de abril de 2022 23:10

_______

luns, abril 11, 2022

En Cedeira celebrara-se, o xoves 14 de abril, unha ofrenda floral en comemoración do 91 Aniversario da proclamación da II República e en homenaxe ás persoas represaliadas


Cedeira: Actos da Memoria Histórica

Ofrenda Floral en homenaxe ás persoas represaliadas de Cedeira e ás que sufriron prisión no Campo de Concentración da Revolta, este xoves 14 de abril, de 2022, ás 12:30 hs na Praza da Constitución (Revolta).

Presentación do libro sobre a historia da represión franquista en Cedeira a cargo da Asociación Local de Memoria Histórica.
---
Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática
www.memoriahistoricademocratica.org
http://memoriahistoricademocratica.wordpress.com
en facebook:Memoria Historica Democratica
en twitter: Memoria Ferrol  @memoriaferrol

Enviado por:
Memoria Histórica Democrática
-memoriahistoricademocratica@gmail.com-
8 de abril de 2022 18:18

_______

luns, maio 06, 2019

Relizou-se unha homenaxe aos presos do Campo de Concentración de Cedeira - Álbum Fotográfico - Inauguración na Praza da Revolta dun panel explicativo


Homenaxe aos presos do Campo de Concentración de Cedeira


Inauguración na Praza da Revolta dun panel explicativo do que foi o Campo de Concentración en Cedeira, polo que pasaron ao redor de 700 republicanos asturianos e galegos durante a Ditadura. Organizado polo Concello coa colaboración da A.C. Memoria Histórica Democrática. Interviron, polo Concello, o Alcalde Pablo Moreda e o Concelleiro Robustiano Labraña e por M.H.D. o Segredario Enrique Barrera. A contribución musical foi do Grupo Buxainas.

Fotos Acto en Cedeira. | Ir ao álbum fotográfico.
--
Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática
http://www.memoriahistoricademocratica.org
http://memoriahistoricademocratica.wordpress.com
En facebook: Memoria Historica Democratica
En twitter: Memoria Ferrol  @memoriaferrol

Enviado por:
Memoria Histórica Democrática
-memoriahistoricademocratica@gmail.com
6 de maio de 2019 10:47

______________

domingo, abril 14, 2019

Memoria Histórica Democrática, con motivo do 88º Aniversario da República, celebrou, en Cedeira, un Acto de Lembranza aos represaliados pola Ditadura - Álbum Fotográfico


Álbum fotos Homenaxe aos represaliados en Cedeira


Memoria Histórica Democrática, con motivo do 88º Aniversario da República, celebrou, en Cedeira, un Acto de Lembranza aos represaliados pola Ditadura, coa participación da cidadanía, familiares dos represaliados, membros da Corporación Municipal e da Asociación. Léronse poemas, interviron o historiador Enrique Barrera e o delegado naquela localidade de M.H.D. José Luis Vergara, entre outras persoas asistentes. Rematou o acto cunha ofrenda floral ao tempo que se nomeaban as persoas que deron a súa vida en defensa da legalidade republicana e das súas ideas de progreso e xustiza social.

Álbum Fotográfico | Acceder/Baixar.

--
Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática
http://www.memoriahistoricademocratica.org
http://memoriahistoricademocratica.wordpress.com
En facebook: Memoria Historica Democratica
En twitter: Memoria Ferrol  @memoriaferrol

Enviado por:
Memoria Histórica Democrática
-memoriahistoricademocratica@gmail.com-
13 de abril de 2019 18:01

____________

luns, agosto 01, 2016

Presentación Revista "Ollaparo" no Ateneo Ferrolán, este venres 5 de Agosto ás 6 da tarde


Presentación Revista "Ollaparo", este venres día 5 de agosto ás 6 da tarde, no Ateneo Ferrolán, na rúa da Magdalena 202-204.

Coas intervencións de:
  • Gabriel Beceiro, coordinador e editor da revista.
  • Fernando Igrexas, parceiro fundador.
  • Rafael Cid, xornalista e colaborador.
Ollaparo, coa lenda "Revista da Sociedade Cultural Chirlateira", é unha revista de información, opinión e criazón redactada integramente en galego e fundada en Cedeira (Galiza) en 1984 co obxectivo de revitalizar, dende unha perspectiva local, o pensamento crítico e os estudos cedeirenses logo da ditadura franquista, con especial atención á memoria histórica, á normalización lingüística e á recuperación cultural. O deseño integral de cada portada por un ilustrador foi un dos seus sinais de identidade. Publicouse de forma irregular dende 1984 a 1999 en Gráficas Paramés e Gráficas Adral e dende 2011 ten formato dixital.

A revista na rede en:
http://ollaparo.gal/

---

Un lugar de encontro para a cultura.
Ateneo Ferrolán, fundado en 1879.
Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | Ferrol (Galiza)
Telf.: +34 981 357 970 - 644.720.055
e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org

O Ateneo en blogger, facebook e twitter.

Faite soci@ on line! Colabora con nos! Aquí.

Para axudas e colaboracións económicas:
CC en Cajamar Cooperativa.
Titular Ateneo Ferrolán.
ES72-3058-6402-9527-2000-5350

Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-ateneoferrolan@gmail.com-
1 de agosto de 2016 15:59

__________________

sábado, abril 11, 2015

Charla – coloquio en Cedeira sobre pesca, da europarlamentaria por AGEe, Lidia Senra - Alternativa Galega de Esquerda en Europa, no Grupo Confederal da Esquerda Unitária Europeia/Esquerda Nórdica Verde (AGEe - GUE/NGL) - Na Casa do Mar, o sábado 11 de Abril, ás 12 do mediodía


Charla – coloquio en Cedeira, sobre a pesca, da europarlamentaria por AGEe, Lidia Senra. O acto terá lugar o sábado 11 de Abril de 2015, ás 12 do mediodía, na Casa do Mar. Organizada por Anova-IN de Cedeira e coa colaboración da Cofradía de Pescadores.

[*] Lidia Senra, eurodiputada, da Alternativa Galega de Esquerda en Europa, no Grupo Confederal da Esquerda Unitária Europeia/Esquerda Nórdica Verde (AGEe - GUE/NGL).
|
Tlf: 609 845 861
|
lidia.senra@europarl.europa.eu



Máis información en
:

________________

xoves, agosto 07, 2014

Concentración en Cedeira ante o alarmante deterioro da calidade da auga do río Condomiñas, da praia da Madalena, e en xeral da Ría, este Domingo 10 de Agosto, pola mañá ás 12:30hs na Ponte Nova


Adega, Anova-IN, BNG, Esquerda Unida, Galiza Nova, Asociación Veciñal Piñeiro,  SomosCedeira e todo aquel que sinta que deba facer algo a prol do rio, ria e praia de Cedeira, convocamos a concentración cívica para o vindeiro Domingo 10 de Agosto as 12:30hs na Ponte Nova.


Bolas, merda e graxa rio e praia de Cedeira Xullo'14 from Somos Cedeira on Vimeo.

A xente que ía e viña polas pontes ficaba abraiada. O río Condomiñas color merda, como que merda era a que baixaba e se espaballaba pola ría ata San Isidro. Chamamos ao 112, á Garda Civil etc… dixeron que todo estaba controlado, que era unha avaría (perdimos a conta das supostas avarías) da depuradora que non depura, pero pola que pagamos incluso a “limpeza” da auga que non consumimos. Non é de tolos, non, e de LADRÓNS cobrar por servizos non prestados. As cousas claras.

Algún veraneante achegouse a nós para advertirnos, na beira do mar, que tivéramos coidado con pisar esas bolas de merda e graxa… démoslle as grazas polo aviso e dixémoslle que levamos moito nesta loita. Que mentres un queren agochar a merda até que estoupa, nós queremos amañar os problemas, comezando por investigar dende o principio que pasou con esa depuradora, totalmente insuficiente para as necesidades de Cedeira… e xa nos chegaron comentarios fiábeis, e desacougantes… máis de mesmo, máis merda, neste cazo (si, cazo), posiblemente haxa máis merda que no río. Para sair de dúbidas, investíguese.

Bolas, merda e graxa rio e praia de Cedeira, en pleno comezo do verán de 2014

É tan indignante e sobran os comentarios.

Agardamos que as forzas de seguridade e de control ambiental e sanitario, así como as fiscalías actúen contra este FLAGRANTE DELICTO AMBIENTAL que non pode quedar impune unha vez máis.

Ou é que o desleixo da administración está por riba das leis…?

Máis info en:
somoscedeira.wordpress.com

Información baseada na enviada por:
Antonio Gª
-angaji@yahoo.com-
1 de agosto de 2014 11:33
_______________________

martes, febreiro 12, 2008

Día 15 de febreiro en Cedeira: Presentacion "Muros d Silencio"

De: Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 12 de fevereiro de 2008 20:48
Asunto: Presentacion "Muros d Silencio" e Razón Socialista en Cedeira



Presentacion "Muros d Silencio" e Razón Socialista en Cedeira


Organiza
fuco buxán
Asociación Cultural

ACTO PÚBLICO:

Presentación do libro:
"Muros de Silencio".
Corrupción e ameaza na Ría de Ferrol. O caso REGANOSA.

Presentación do nº 23 da Revista:
"Razón Socialista"

Venres, 15 de febreiro, ás 20 h.
AUDITORIO MUNICIPAL
DE CEDEIRA

Presenta:
Xosé Luis Vergara
Alcalde de Cedeira

Interveñen:
Manuel A. Rodríguez Carballeira
Presidente da A.C. Fuco Buxán
Enrique Barrera Beitía
Historiador
José Torregrosa
Director da Revista "Razón Socialista"

Entrada libre. Prégase difusión.

--
--
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es