Amosando publicacións coa etiqueta Corrupción. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Corrupción. Amosar todas as publicacións

mércores, abril 17, 2019

De Santa Mariña á Meca, ... Por Iván Rivas Rico


Por Iván Rivas Rico [*]
17.04.2019


Días atrás reunímonos coa subdelegación do goberno respecto ao desplome do talude de Santa Mariña, propiedade do ADIF e que este se nega a reparar.

O goberno do Estado asegurou que nada podía facer, que non era un problema político pese a tratarse dunha empresa pública dirixida por un cargo político.

Mentres o Tribunal de Contas Europeo asegura que o ADIF dispuxo dunha inxente cantidade de cartos para as obras da alta velocidade e que a súa distribución estivo politizada.

A CNMC sanciona con 118 millóns de euros a 15 empresas por amañar contratos durante 14 anos. O Tribunal de Contas atopa máis de 7.000 millóns de euros en sobrecustes das obras. 

E a Fiscalía Anticorrupción investiga subornos a funcionarios e mordidas na adxudicación destes contratos millonarios, como o do AVE á Meca.

Pero non se preocupen que unha empresa pública como o ADIF que manexa miles de millóns de euros, con amaños, sobrecustes, fraude e subornos polo medio e co horizonte da privatización á vista que aquí significará o desmantelamento non é un problema político.

E nós algo máis teremos que facer que unha foto montando en bicicleta.

[*] Iván Rivas Rico, -A Pontenova 1976, é arquitecto de profesión, concelleiro e portavoz do grupo municipal do BNG en Ferrol desde xaneiro de 2012, na anterior etapa e na actualidade. Vai ser cabeza de lista polo BNG, para as eleccións locais de maio deste 2019.| No buscador libre: DuckDuckGo. BNG - Ferrol: Web | Facebook | Twitter.

Artigos de Ivan Rivas no Diario de Ferrol.

Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
17 de abril de 2019 08:20

__________

mércores, setembro 26, 2018

Trama en Precimil, ... Por Amadeo Varela - Historia dun acoso - Conto por entregas: 2 e 3 de 10 e un máis - Aquel barrio que antes estaba nas aforas, converteuse nun espazo céntrico cando a cidade creceu. Mais os problemas nos edificios ían en aumento pola falla de mantemento, o que fixo que os 'depredadores urbanísticos'...


Por Amadeo Varela [*]
26.09.2018


TRAMA EN PRECIMIL

Historia dun acoso
Conto por entregas: 2 e 3 de 10 e un máis.

II

Aquel barrio que antes estaba nas aforas, converteuse nun espazo céntrico cando a cidade creceu. Mais os problemas nos edificios ían en aumento pola falla de mantemento, o que fixo que os “depredadores urbanísticos” puxeran os ollos no barrio, para derrubalo e reconstruír, cunha clara intención especulativa, que foi coñecida como “o negocio do século”. Entón, o goberno do concello, despois de rachar aquel acordo unánime, expuxo a súa intención de derrubar as vivendas. Nembargante, a asociación veciñal conseguiu convencer ao grupo de goberno, para que renunciasen ao derribo. Cando houbo novo cambio de goberno, os veciños tentaron de novo mercar as vivendas, conseguindo un segundo acordo plenario unánime e se crea outra comisión institucional para ese asunto, acordándose contratar a unha empresa especializada para realizar os trámites. Mais un novo cambio volve poñer no goberno aos que racharan o primeiro acordo e, incriblemente, rachan por segunda vez o acordo plenario unánime!! E agora, con máis forza que antes, propoñen o derribo do barrio e a súa reconstrución, mais a forte protesta dos veciños, apoiados pola oposición, evitan o novo o intento.

III

Algún tempo despois, a A. de VV. do barrio recibe una oferta da empresa “TAÚRES Promociones”, para “Remodelación do barrio de Precimil”, a realizar en 10 anos, presentando un informe, con planos e debuxos, datos de obra, superficies de locais e de garaxes, tipos de vivendas, orzamentos, gastos e ingresos, fases de construción e prezos das vivendas. A oferta, que incluía condicións “especiais” para os dirixentes da asociación, foi rexeitada, pola maioría dos directivos. Seguidamente, xurde un novo intento de dous grupos políticos que gobernan xuntos no concello, propoñendo o derribo de Precimil e afirmando contar co apoio da A VV. Varios xornais, daban xa por feita a demolición do barrio e o anuncian con grandes titulares. O presidente da asociación veciñal aconsella calma e agardar tranquilos, pero estaba claro que non ían de “farol”. Alertados os veciños, realízase unha reunión nunha praza do barrio, con máis de 200 persoas, que deciden loitar na defensa dos seus fogares. Os asistentes organizaron unha recollida de firmas, manifestacións e protestas, e crearon a asociación “Sanfer” comezando unha longa loita contra o derribo e pola rehabilitación.

---
[*] Amadeo Varela Rodríguez -Ferrol 1936, foi traballador de BAZAN, é o autor de "Recordos do vello Racing" publicado no 2000, "Bazan e Ferrol - Unha simbioses perfecta?" (a historia dunha época, "... detrás de cada barco que nace, hai moitas horas de esforzo. Nesa tarefa, miles de traballadores foron gastando a súa saúde e a súa vida") publicado no 2003 e coautor de "Retallos da Memoria II" ("Memorias de neno" sobre a súa vida de pequeno nunha familia republicana perseguida), publicado no 2009. Autor de numerosas cartas e artigos na prensa local. Autor de sitios na rede sobre Ferrol. Cofundador da Asociación San Fernando para defender o Patrimonio Histórico do barrio ferrolán de Recimil contra a súa pretendida demolición, membro do Colectivo Recimil co que promoveu a Plataforma Ártabra 21 e a Plataforma en Defensa dos Espazos Públicos. Na actualidade forma parte do Colectivo Ártabra 21.
_______________

luns, setembro 24, 2018

Trama en Precimil, ... Por Amadeo Varela - Historia dun acoso - Conto por entregas: 1 de 10 e un máis.


Por Amadeo Varela [*]
24.09.2018


TRAMA EN PRECIMIL

Historia dun acoso
Conto por entregas: 1 de 10 e un máis.

Había unha vez un barrio nunha cidade mareira, a carón dunha fermosa ría, que polas súas características fora incluído no Censo do Patrimonio Histórico. O barrio chamábase “Precimil” e fora edificado para acubillar a unhas mil familias, das clases humildes da cidade, coa intención de lles permitir o acceso á propiedade, despois de certo tempo.

Os primeiros adxudicatarios das vivendas daquel barrio, firmaron os contratos nunhas duras condicións económicas, porque na cidade non había casas dabondo para todos os veciños e, pensando en chegar a propietarios, tal como se lles prometera. Mais os contratos non foron respectados polo Concello, que se fixo propietario daquelas vivendas. Despois dun tempo, os edificios comezaron a ter problemas, mais o Concello, malia ingresar cada mes moitos cartos polos alugueiros, non facía nada por amañar os estragos. Ante a falta de interese dos responsables do Concello en facer un mantemento axeitado, os veciños quixeron mercar as vivendas e conseguiron un acordo plenario unánime para o estudo da cuestión; mais malia a unanimidade do acordo, os políticos dun novo goberno, racharon despois, ilegalmente, aquela decisión, que eles mesmos votaran.

---
[*] Amadeo Varela Rodríguez -Ferrol 1936, foi traballador de BAZAN, é o autor de "Recordos do vello Racing" publicado no 2000, "Bazan e Ferrol - Unha simbioses perfecta?" (a historia dunha época, "... detrás de cada barco que nace, hai moitas horas de esforzo. Nesa tarefa, miles de traballadores foron gastando a súa saúde e a súa vida") publicado no 2003 e coautor de "Retallos da Memoria II" ("Memorias de neno" sobre a súa vida de pequeno nunha familia republicana perseguida), publicado no 2009. Autor de numerosas cartas e artigos na prensa local. Autor de sitios na rede sobre Ferrol. Cofundador da Asociación San Fernando para defender o Patrimonio Histórico do barrio ferrolán de Recimil contra a súa pretendida demolición, membro do Colectivo Recimil co que promoveu a Plataforma Ártabra 21 e a Plataforma en Defensa dos Espazos Públicos. Na actualidade forma parte do Colectivo Ártabra 21.
_______________

xoves, xuño 14, 2018

Que di Feijoo que o PP non está condenado por corrupción. Páxina 155 da sentenza da #Gürtel - Creou-se en pararalelo un auténtico y eficaz sistema de corrupción institucional a través de mecanismos de manipulación da contratación pública central, autonómica e local a través da súa estreita e continua relación con influintes militantes de dito partido...


Sentenza da Gúrtel. SENTENZA Nº20/ 2018. XULZGADO CENTRAL DE INSTRUCIÓN Nº5 - 1.687 páxinas en formato pdf. | Acceder/Baixar.
_____________

sábado, abril 28, 2018

Unha esterqueira na Porta do Sol, ... Por Xosé Manuel Galdo-Fonte - O cúmulo de escándalos e procesos xudiciais sobre corrupción, abertos contra destacados membros do PP madrileño, é de tal calibre e impacto, que esixe a celebración de novas eleccións e a dimisión de Rajoy pola súa complicidade


Unha esterqueira na Porta do Sol

Por Xosé Manuel Galdo-Fonte [*]
28.04.2018


O cúmulo de escándalos e procesos xudiciais sobre corrupción, abertos contra destacados membros do PP madrileño, é de tal calibre e impacto, que esixe a celebración de novas eleccións e a dimisión de Rajoy pola súa complicidade.

Os tránsfugas que no ano 2003 facilitaron coa súa vendetta que o PP se fixese co Goberno da Comunidade de Madrid, non só traizoaron naquel momento a vontade das urnas, senón que coa súa felonía facilitaron a institucionalización da corrupción como así o expresa a degradación incesante que desde entón e ata a actualidade acompañou a todos e cada un dos máximos Executivos que durante os últimos 15 anos non cesaron de saquear o patrimonio común da sociedade madrileña en beneficio propio e das siglas políticas de pertenza.

Tal parecer non debe entenderse como unha apreciación subxectiva deste autor, pois aínda que os directos afectados ademais de negarse a asumir o evidente, tratando de ocultar de todas as formas posibles as súas andanzas impúdicas, son os seus excesos os que saturan os xulgados, ateigan a función operativa de a Garda civil e nos medios de comunicación e plataformas sociais son cabeceira iterativa do desenfreo e a perversión política.

A complexa trama que burlando o resultado electoral cambiou a cor política do goberno de Madrid e permitiu que Esperanza Aguirre chegase á presidencia da Comunidade, foi tecida desde a cúpula do propio PP, cuxos máximos dirixentes fuxindo de  toda ética política non dubidaron en utilizar para a consecución dos seus perversos fins a dous subornados tránsfugas, conseguindo así que desde o mesmo momento da súa chegada ao poder a corrupción fose a práctica xeneralizada na súa denominada función de Goberno.

Pero co paso do tempo a ganduxada sucesión de todo tipo de prácticas delituosas mais alá de quedar en conxecturas evidenciou a todas luces que a podremia política e moral dexenerou nunha metástase que invadiu ao completo a estrutura da organización conservadora ata o extremo de consolidar un estado de corrupción sistémica e sistemática cuxo nivel de degradación alcanzou tal transcendencia que fai quimérico todo intento de rexeneración.

Os desencontros posteriores á "unidade de acción" que caracterizou desde o "tamayazo" o harmónico modus operandi do triunvirato conxurado conformado por Aguirre, González e Granados desde o 2003, é a reacción propia de quen sorprendido na súa “fechoría” tenta evadirse de culpa delatando aos seus cómplices; unha actitude confidente que entre delincuentes políticos dada a súa baixa talla moral faise mais habitual que entre a delincuencia común, e iso, en razón ao carácter de conveniencia que caracteriza a súa alianza de intereses e a nula integridade dos compoñentes que conforman estes clans delituosos.

E así a presidenta Aguirre instigadora daquel transfuguismo pestilente, que se progresou politicamente ao mesmo tempo que no seu feudo institucional cometíanse os sonoros escándalos como 'Gürtel', 'Púnica' e 'Lezo', foi vítima das súas propias prácticas ao ser a explosión dos devanditos casos, a causa que forzou que inesperadamente no ano 2012, ante a súa implicación vísese obrigada a presentar a súa dimisión como presidenta da Comunidade, aínda cando xustificaba o seu abandono aducindo como coartada a necesidade de dedicar mais tempo aos membros da súa unidade familiar.

Aquela saída forzosa, facilitou que o seu lugartenente González, tomase en substitución os bártulos do Goberno ata o final de mandato no ano 2015, que resultou ser tamén o punto final da súa carreira política pola súa implicación como beneficiario nunha turbia operación inmobiliaria como adquirente dun ático de luxo, que pasado o tempo, resultaría ser un anécdota no contexto dunha trama de corrupción de maior escala que lle conduciu ao cárcere e desatou o  proceso xudicial no que está implícito.

Foi por tanto a complicidade dos seus antecesores co mundo do hampa quen facilitou a candidatura de Cifuentes á Presidencia da Comunidade, aínda que contra todo prognóstico, aquela que se arrogaba honradez e honestidade política facendo gala da súa desvinculación co pasado e proclamaba afán rexenerador auspiciando un PP á marxe da corrupción; o certo foi que no transcurso dos últimos meses a imaxe proxectada e as expectativas creadas ao redor da súa persoa déronse de bruzos coa realidade ata o extremo que a súa enfermiza cleptomanía e os seus trastornos de mitomanía conducísena a idéntica situación que os seus predecesores acabando por situala fóra de circulación política.


Pero se o período do “tamayazo” mantén momentaneamente un "impasse" á espera de substitución da dimitida Cifuentes, a actualidade xudicial obríganos a retrotraernos ao ciclo inmediatamente anterior, ou sexa, as dúas lexislaturas que desde 1995 a 2003 ostentou Gallardón a función de Presidente da Comunidade , tendo en conta que o referido ex mandatario foi citado a declarar polo xuíz do 'caso Lezo' en condición de investigado (antigo imputado), pola súa implicación na compra presuntamente fraudulenta no ano 2001 da empresa colombiana Inassa por parte da Canle de Isabel II.

Unha turbia operación mercantil na que se albisca un presunto desfalco de varios millóns de euros, unha operación que, segundo Anticorrupción, estivo controlada por el ou por «a súa xente» e pola que imputa delitos de prevaricación e malversación; extremo que de confirmarse elevaría a 23 os anos do histórico de corrupción do PP madrileño, o que en boa lóxica, non se resolve coa substitución da Presidencia do Executivo senón coa convocatoria de novas eleccións previa expurga de candidatos concorrentes e a renuncia de Rajoy engadida pola súa condición de máximo responsable do partido.

---
Publicado no seu blogue de opinión: Que non se pare o tempo - "puntadas, pespuntes e ganduxes". | La Opinión - A Coruña. | 28 de abril de 2018.| Ir a Web.

[*] Xosé Manuel Galdo-Fonte, foi traballador de ASTANO e sindicalista, perante varias lexislaturas foi concelleiro polo BNG en Fene, dentro do Colectivo Avante, posteriormente pasou ao mundo empresarial, formando parte da Iniciativa Empresarial del Noroeste que se integrou en 2007 en IEN por Europa, da cal formou parte da súa xunta directiva. É articulista e analista político, os seus artigos están publicados en moitos dos xornais galegos, tanto impresos como dixitais. A súa última aposta política foi por Podemos Fene, na promoción da Agrupación Política de Electores Avante Fene (Grupo no Facebook).

Blogue:
http://galdo-fonte-xm.blogspot.com.es/
Conta facebook:
https://www.facebook.com/galdofonte
Conta no twitter | @galdofonte:
https://twitter.com/galdofonte
Escritos publicados no Diario de Ferrol:
http://www.diariodeferrol.com/opinion/autor/000045/xose-manuel-galdo-fonte
____________

Máis info en 'Casos Aislados':

Caso Gürtel. | En todo o territorio do Reino de España desde o ano 2007, cun coste aprox.: 201.400.000 euros, 175 implicadas | Ir á Web.

Caso Púnica. | En todo o territorio do Reino de España desde o ano 2004, cun coste aprox.: 500.000.000 euros, 145 implicadas. | Ir á Web.

Caso Lezo. | Na Comunidade de Madrid, cun coste aprox.: 23.500.000 euros, 57 persoas implicadas. | Ir á Web.

Tamayazo. | Nome que se lle dá ao caso da Asemblea de Madrid de 10 de xuño de 2003, onde os entón parlamentarios do PSOE, Eduardo Tamayo e María Teresa Sáez (supostamente foron comprados polo PP), non acudiron á votación para nomear a Rafael Simancas como presidente da Comunidade de Madrid, candidato dunha alianza entre PSOE e IU. A ausencia de Tamayo e Sáez naquela votación derivou na convocatoria de novas eleccións que, o 26 de outubro de 2003, gañou por maioría absoluta o PP, converténdose Esperanza Aguirre en presidenta da Comunidade de Madrid. | Ir ao Buscador.
_____________________

sábado, abril 07, 2018

Fene : Xuntoiro de tránsfugas e corruptos, ... Por Xosé Manuel Galdo Fonte


Por Xosé Manuel Galdo Fonte [*]
07.04.2018


Sen erradicar da vida política prácticas ilexítimas como o "transfuguismo". resultará imposible vigorizar a democracia, pois mantendo o acceso aberto a quen antepón o seu propio aproveito á defensa do interese xeral, a vía da involución farase endémica.

No coruñés concello de Fene a axitación política fíxose dona da actualidade, e todo, como consecuencia da Moción de Censura interposta contra o actual alcalde do BNG por quen foi o seu antecesor no cargo e politicamente membro do super-corrupto Partido Popular, que sorprendentemente contou para tal manobra de derrocamento co apoio explícito de dous concelleiros tránsfugas.

Despois de ser vangarda e referente do municipalismo mais alá dun cuarto de século tras a instauración da democracia, o Concello vive actualmente as horas mais convulsas da súa historia, tal é así, que tras 39 anos de corporacións democráticas, -en segundo intento- esta é a primeira ocasión que unha Moción de Censura altera o normal funcionamento de a institución municipal fenesa.

Non debendo estrañar á veciñanza do Concello a súa entrada en escena, considerando os factores de dependencia laboral e económica que acompañan a boa parte dos corporativos promotores da mesma; que coa súa aprobación ademais de ver resoltas as súas limitacións pecuniarias, ven protexido o seu  status e blindada a súa revogación.

Protección, que anacronicamente outorga a estes tránsfugas a indemnidade para pasarse de bando e traizoar aos seus electores baixo prezo ou mercé; a teor da feble integridade moral dos seus membros e a súa total ausencia de vocación de servizo público.

Si alarmante é, deixar de novo o goberno municipal de Fene en mans dos artífices de esnaquizar as institucións coa súa corrupción, moito máis pavoroso resulta comprobar que quen a través da Moción de Censura facilitáronlle ao PP o acceso ao poder, son dous concelleiros que pescaron a súa credencial de representación institucional no caladoiro electoral da esquerda, e que para maior engano, nos comicios municipais ilusionaban á sociedade proclamando aos catro ventos xusto o contrario da felonía que agora viñeron a consumar 

Estou a referirme  aos "zascandiles" de Somos Fene, aos membros daquela candidatura que en campaña electoral en clara alusión ao Alcalde que agora promoven, prometían  rexenerar o ente municipal; e que actualmente polo seu repelente transfuguismo ideolóxico e o radical cambio de parecer resultan non ser de fiar.

Nun municipio onde continuadamente desde a instauración da democracia a esquerda no seu conxunto sumou máis votos que a dereita, como actualmente segue ocorrendo; por aritmética electoral resulta imposible que un partido como o PP que conta co apoio dun terzo escaso dos votos, tivese  posibilidade algunha de facerse co bastón de mando da alcaldía, a non ser que se impuxese a bastardía política sobre a dinámica democrática, de tal modo que os pactos contra natura e a confluencia de intereses persoais prevalecesen sobre a vontade popular.

Isto é xusto o que aquí veu acontecer  coa rocambolesca Moción de Censura, secundada desde Somos Fene, utilizando artificios gansteriles, conseguiu que o voto limpo e progresista depositado no seu favor polos electores, se transmutara na emblemática gaivota do PP que agora xa aniña na alcaldía do Concello; un obsceno proceder dos que van á política para lucrarse dela, nunha tentativa máis que evidente de facilitar que a indecencia se apropie da democracia. Un comportamento nauseabundo e vomitivo

Xa que logo, aos  inimigos da esquerda na localidade non hay que buscalos entre os seus votantes, toda vez  que  o apoio electoral cara ao progresismo mantense inalterable co paso do tempo a pesar da variable  diversidade  das formacións que  conforman  o seu ámbito.

Onde realmente radica a  descapitalización da esquerda no municipio, é na total ausencia de integridade e na falta de honradez dunha boa parte do seu sector dirixente, como pon de manifesto a vendetta consumada por Somos Fene contra a vontade dos seus enganados electores; como tamén, o implícito apoio do PSOE á Moción de Censura  que sibilinamentre  disfrazou  de abstención buscando gardar as aparencias.

En contraposición é de salientar á actitude firme e de compromiso co progresismo mostrado por PODEMOS, EU e BNG a través do rexeitamento da Moción de Censura  e defensa da continuidade do Goberno municipal,   o que de seu lles confire por consecuente proceder a autenticidade representativa  de esquerdas.

Queda visto por tanto, que foron os transfugas de Somos Fene e a falsa esquerda do PSOE, os que sen fundamento argumental probado, nun Concello con maioría electoral de esquerdas, regaláronlle a alcaldía á mafia política  do PP, razón sobrada para desenmascarar entre todos aos membros desta trama de indecentes e aos propios beneficiarios da felonía, coa finalidade de ir limpando o Concello de arribistas, aproveitados e persoeiros sen ética  para exercer a actividade política con integridade e en suxeición á vontade expresada nas urnas polos electores.

Mentres isto non aconteza, a alcaldía usurpada polo "farolas" non deixará de   ser unha apropiación indebida

Publicado no seu blogue de opinión: Que non se pare o tempo - "puntadas, pespuntes e ganduxes". La Opinión - A Coruña. | Ir á Web.

[*] Xosé Manuel Galdo-Fonte, foi traballador de ASTANO e sindicalista, perante varias lexislaturas foi concelleiro polo BNG en Fene, dentro do Colectivo Avante, posteriormente pasou ao mundo empresarial, formando parte da Iniciativa Empresarial del Noroeste que se integrou en 2007 en IEN por Europa, da cal formou parte da súa xunta directiva. É articulista e analista político, os seus artigos están publicados en moitos dos xornais galegos, tanto impresos como dixitais. A súa última aposta política foi por Podemos Fene, na promoción da Agrupación Política de Electores Avante Fene (Grupo no Facebook).

Blogue:
http://galdo-fonte-xm.blogspot.com.es/
Conta facebook:
https://www.facebook.com/galdofonte
Conta no twitter | @galdofonte:
https://twitter.com/galdofonte
Escritos publicados no no Diario de Ferrol:
http://www.diariodeferrol.com/opinion/autor/000045/xose-manuel-galdo-fonte
____________

venres, outubro 27, 2017

Juízes encontram provas 'esmagadoras' da contabilidade paralela no PP espanhol - O escândalo de corrupção 'Gürtel', que envolve subornos ao partido que governa Espanha, conheceu esta semana a acusação e dá como provada a 'caixa B' do PP.


Juízes encontram provas “esmagadoras” da contabilidade paralela no PP espanhol

O escândalo de corrupção “Gürtel”, que envolve subornos ao partido que governa Espanha, conheceu esta semana a acusação e dá como provada a "caixa B" do PP. Jornalistas da TVE abriram um inquérito sobre a ausência de destaque à notícia.

A leitura do despacho final de acusação por parte da procuradora anticorrupção Concepción Sabadell durou três dias e põe no banco dos réus 37 pessoas, incluindo o ex-tesoureiro do PP, Luís Bárcenas -que arrisca uma pena até 39 anos de prisão- e os empresários do grupo Correa, suspeitos de terem corrompido dirigentes e autarcas do partido da direita espanhola em troca da adjudicação de contratos.

Os factos provados são de extrema gravidade, não só pela sua natureza e o prejuízo que causaram, mas porque se realizaram como um modo corrente de contratação pública; durante um longo período de tempo e em diversas administrações governadas pelo PP, nas quais algumas das suas autoridades e cargos públicos aceitaram subornos para enriquecerem-se à custa dos fundos públicos que tinham obrigação de conservar, de proteger e salvaguardar”, diz o texto da acusação, citado pelo Publico.es.

Para além do ex-tesoureiro do PP, que geria a contabilidade paralela do partido e terá escondido dez milhões de euros em contas na Suíça, faltando ainda localizar o paradeiro de 4.1 milhões, a acusação aponta também o dedo a Ana Mato, ex-ministra do PP, por ter beneficiado dos subornos recebidos pelo seu marido, Jesus Sepúlveda, senador do PP e autarca da localidade de Pozuelo de Alarcón, na região madrilena, em troca de contratos adjudicados ao grupo Correa. Para além de dinheiro, Sepúlveda obteve automóveis de luxo, viagens de férias e até festas de aniversário pagas pelo grupo Correa.

Um dos processos extraídos deste "caso Gürtel" -"Gürtel" é a tradução alemã de "Correia"- , que diz respeito à contabilidade paralela no Partido Popular, foi agora reaberto pela justiça, depois do ex-tesoureiro ter reconhecido a existência da “caixa B”. Bárcenas foi obrigado a admiti-lo após o principal corruptor do caso Gürtel, Francisco Correa, ter confessado que pagava as comissões a Bárcenas em envelopes que levava à sede do PP. Para além dos testemunhos, também os documentos reunidos ao longo do processo levaram a procuradoria a concluir que ficou “inteira e esmagadoramente” provada a existência da contabilidade paralela no PP, um esquema de corrupção em proveito do próprio partido e não apenas do grupo municipal, sublinha a procuradora.

Os acusados conseguiram que uns mecanismos viciados se consolidassem como algo estrutural. Atentaram contra o Estado de Direito e será muito difícil a reparação social”, reconheceu a procuradora.

TVE promete investigar “apagão” da notícia sobre existência da “caixa B” do PP

No dia em que a procuradora anticorrupção anunciou a estar provada a existência de contabilidade paralela no partido que governa Espanha, a notícia passou despercebida a boa parte da opinião pública. As capas dos principais jornais nacionais não trouxeram nenhuma referência ao assunto e o canal público de televisão remeteu a notícia para 22 minutos após o início do serviço informativo, com uma peça de apenas 45 segundos.

Esto empieza a ser mas que preocupante: la Fiscal nos dice q estamos gobernados por una banda organizada y ni una mención en las portadas⤵️ pic.twitter.com/a9oZve1mUR [1]

— Pedro Arancón (@Pedro_Arancon) 25 de outubro de 2017 [2]

O Conselho de Informação da TVE anunciou que vai dar início a um processo deontológico e questionar os responsáveis editoriais sobre o tratamento dado ao assunto, uma vez que “chama a atenção que o tema, sendo de enorme gravidade, não tenha estado entre os principais assuntos tratados no telejornal”.

Esta é uma cobertura insuficiente a um assunto tão grave que, além disso, afeta o partido do governo e transmite esta imagem de submissão e falta de independência da televisão pública que tanto mal nos faz”, afirmou ao Publico.es o presidente do Conselho de Informação da TVE, Alejandro Caballero.

No dia em que foi dada como provada a existência da “caixa B” para ocultar os subornos recebidos pelo principal partido espanhol, o serviço público de informação optou por destacar as notícias acerca da subida das temperaturas ou do ritmo das vendas da lotaria do Natal. Aqui, o realce foi para o facto de terem esgotado as cautelas com a terminação 155, o número do artigo da Constituição que o PP vai aplicar para suspender a autonomia da Catalunha.

Publicado em Esquerda (http://www.esquerda.net) 26 de Outubro, 2017 - 11:59h

URL de origem: http://www.esquerda.net/artigo/juizes-encontram-provas-esmagadoras-da-contabilidade-paralela-no-pp-espanhol/51595

Ligações:
[1] https://t.co/a9oZve1mUR
[2] https://twitter.com/Pedro_Arancon//923067742261039106?ref_src=twsrc%5Etfw
[3] http://www.esquerda.net/breves/corrupcao-rajoy-obrigado-testemunhar-em-tribunal
[4] http://www.esquerda.net/artigo/espanha-%E2%80%9Cbomba-at%C3%B3mica%E2%80%9D-atinge-dirigentes-do-pp/26530
________

xoves, maio 04, 2017

Presentación en Ferrol, do libro IBEX 35 de Rubén Juste, este xoves 4 de maio no Ateneo Ferrolán, da man de Fuco Buxán A-C. - Unha historia herética do poder en España


A asociación cultural Fuco Buxán presenta este xoves 4 de maio ás 19:30h, no Ateneo Ferrolán, dentro do ciclo "Democracia e Compromiso", o libo IBEX 35. Unha historia herética do poder en España polo seu autor Rubén Juste.

O autor é o sociólogo e articulista Rubén Juste. A obra fala de portas xiratorias, dos que mandan sen presentarse ás eleccións, das empresas do índice, dos persoeiros fundamentais, das privatizacións, das estratexias dos partidos en relación con elas... Todo isto tratando de dar resposta á pregunta: regula o Estado ás grandes empresas ou son estas as que controlan ó Estado? Como afirmou cínicamente Joan March “la riqueza no se crea ni se destruye, sólo cambia de bolsillo“.

ASOCIACIÓN CULTURAL FUCO BUXÁN: DIRECCIÓN: Rúa Armada Española, 32 baixo - 15406 - Ferrol (A Coruña) APARTADO DE CORREOS: 240 - C.P. 15400 - Ferrol TELÉFONO: 981325492 EMAIL:  fucobuxan@gmail.com A NOSA WEB: www.fucobuxan.net AXENDA: http://www.fucobuxan.net/p/axenda.html FACEBOOK: http://www.facebook.com/pages/Fuco-Bux%C3%A1n/118931821452749 TWITTER: http://twitter.com/FucoBuxan GOOGLE+: https://plus.google.com/u/0/108716477794009532670/posts

Enviado por:
A.C. Fuco Buxán Fuco Buxán
-fucobuxan@gmail.com-
3 de maio de 2017 19:34
____________________

mércores, xuño 22, 2016

Lídia Senra acusa a Arias Cañete de non concretar o plan de horizonte 2030 previsto para reducir as emisións contaminantes - A eurodeputada galega defende na Comisión de Agricultura a produción ecolóxica e o comercio local fronte ao TTIP e CETA


Lídia Senra acusa a Arias Cañete de non concretar o plan de horizonte 2030 previsto para reducir as emisións contaminantes. | Arias Cañete non concreta o plan de horizonte 2030 previsto para reducir as emisións contaminantes. | O comisario elude contestar a Lídia Senra sobre cal será o papel da agroecoloxía e circuitos curtos de comercialización na estratexia da UE. | A eurodeputada de AGEe defende na Comisión de Agricultura a produción ecolóxica e o comercio local fronte ao TTIP e CETA.


O comisario de Acción polo Clima e Enerxía da Unión Europea e ex ministro de Agricultura do Estado Español, Miguel Arias Cañete (Partido Popular), compareceu este martes na Comision de Agricultura e Desenvolvemento Rural do Parlamento Europeo, celebrada en Bruxelas, para non aclarar nin concretar “absolutamente nada” ao respecto do informe no que está traballando a Comisión, que pretende presentar este verán, e que fixará osobxectivos de redución de emisións de gases de efecto invernadoiro para 2030 nos sectores nos que non se aplica o Réxime Comunitario de Comercio de Dereitos de Emisión (RCCDE) -sector agrario, sector do transporte rodado e edificación. Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), acusou a Arias Cañete de “limitarse a dicir xeneralidades” e de non aclarar que medidas se van poñer en marcha para reducir as emisións.

Tendo claro que o sector agrario pode contribuir dunha forma moi importante na redución de emisións, gustaríame saber que papel se lle vai dar nos obxectivos cara ao 2030 á agroecoloxía e ao comercio de proximidade dos alimentos; e tamén, concretamente, como pensan reducir o comercio de alimentos básicos arredor do mundo provocado polos acordos comerciais vixentes e polos que están en negociación”, en referencia ao CETA e ao TTIP, dixo Lídia Senra directamente ao comezo da súa intervención na Comisión hoxe pola mañá en Bruxelas.

A eurodeputada de AGEe intentou que se puxeran enriba da mesa vías de solución concretas para a redución de emisións contaminantes no ámbito agrario e preguntoulle tamén a Cañete, “tendo en conta que outra fonte importante de emisións son as importacións da alimentación animal, que pensa facer para potenciar a produción desta alimentación animal en Europa”, e poñer límite ás continuas importacións.

Na súa intervención, Senra tamén fixo referencia a que no ano 2014, o 45% do aceite de palma usado en Europa foi destinado para combustibles. No Estado Español, o 70% do chamado "biodiesel" fabricouse a partir do aceite de palma que xera tres veces máis emisións que o diesel convencional. “Que pensan facer con respecto a este problema concretamente, para reducir emisións no transporte?”, preguntou a eurodeputada.

Sen embargo, ningunha destas preguntas foron respondidas por Cañete na súa comparecencia de hoxe, unha comparecencia que, ademais, a pesar de que estaba anunciado que se retransmitiría en directo por vídeo, non puido ser seguida como normalmente se pode facer a través da web do Parlamento Europeo. Ante tal situación, Lídia Senra realizará novamente estas preguntas, pero desta volta farao por escrito, dentro do cupo de cinco preguntas mensuais que a eurodeputada pode realizar por escrito á Comisión Europea, co obxectivo de que, desta maneira si lle teñan que contestar e non poida eludir as preguntas.

Lídia Senra quixo onte volver amosar unha vez máis as súas dúbidas sobre os intereses que pode haber detrás das decisións que adopta Arias Cañete en calquera dos ámbitos nos que traballa. Como xa denunciara hai meses, a eurodeputada repetiu: “Que a ninguén se lle escape que o Comisario de Enerxía da UE é un individuo que mantén intereses directos en empresas petrolíferas", o cal fai dubidar de se Arias Cañete está a funcionar máis como un lobbista que coma un Comisario, "tendo sido moi polémico dende o inicio o seu nomeamento ao incorrer en serios conflictos de intereses". Logo están tamén as recentes informacións que o relacionan co branqueo de cartos denunciado nos Papeis de Panamá. "Se un individuo coma este é o responsábel europeo de enerxía, xa podemos imaxinar por onde poden ir as propostas da UE....", advertiu a eurodeputada galega.

Arias Cañete está citado a comparecer ante a Comisión de Asuntos Xurídicos do Parlamento Europeo o próximo 12 de xullo. Nesa ocasión farao a porta pechada, a pesar da oposición do GUE/NGL, que demandou que se fixera de forma pública. O comisario deberá dar explicacións ese día sobre as relacións co chamado caso Acuamed, que afecta ao período no que foi ministro de Agricultura no Estado español. A Comisión reclamou a súa comparecencia tras saír á luz as investigacións da Audiencia Nacional sobre adxudicacións fraudulentas por parte da empresa estatal español Acuamed, que ten recibido fondos europeos. Nesas adxudicacións teríanse constatado algunhas irregularidades como a falsificación de certificacións e liquidacións, co obxectivo de aumentar significativamente as cantidades que cobraron as adxudicatarias. Varias testemuñas implican a Arias Cañete nun suposto acordo para autorizar estas prácticas. Ademais, Acuamed podería ter incorrido nun delito ecolóxico, chegando incluso ao envelenamento masivo nas augas do río Ebro no seu treito final.

Se Arias Cañete foi capaz de realizar este tipo de manobras cando era ministro de Agricultura, que non seguirá facendo agora”, dixo Lídia Senra, para quen a fiabilidade dun home de semellante perfil agora á fronte das políticas de Enerxía e Acción polo Clima da Unión Europea debe ser nula. Por iso, a eurodeputada de AGEe alertou sobre a necesidade de ser vixilantes e facer seguimento continuo neste ámbito.

Bruxelas, a 21 de xuño de 2016.
-->>

Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL).

lidia.senra@europarl.europa.eu

Equipa de Comunicación AGEe:
Alternativa Galega de Esquerdas en Europa - Oficina en Bruxelas:
vera.montotovazquez@europarl.europa.eu
Alternativa Galega de Esquerdas en Europa - Oficina en Galiza:
age.europa.galiza@gmail.com
Xornal dixital de AGEe:
http://ageuropa.gal/

   


Enviado por:
AGE Europa - Galiza
-age.europa.galiza@gmail.com-
21 de junho de 2016 16:12

______________

xoves, maio 19, 2016

Fene e a trana Vendex, ... Por Xosé Manuel Galdo-Fonte - Cando no ano 2000 o titular da firma Vendex movíase ás súas anchas polo municipio de Fene cometendo un delito ecolóxico de primeira magnitude, os responsables políticos de velar polo cumprimento da disciplina ambiental, en vez de proceder en consecuencia dedicábanse a mirarse o embigo

Por Xosé Manuel Galdo-Fonte [*]
19.05.2016


Cando no ano 2000 o titular da firma Vendex  movíase ás súas anchas polo municipio de Fene cometendo un delito ecolóxico de primeira magnitude, os responsables políticos de velar polo cumprimento da disciplina ambiental, en vez de proceder en consecuencia dedicábanse a mirarse o embigo.

Puidera ter sucedido en calquera outro lugar, pero como as desgracias nunca veñen soas, unha vez máis, o novo escándalo do día ten que acontecer no concello do esperpento.

Si, xustamente aí, o da carallada do naval; nese municipio que ao igual que ten un estaleiro para non facer barcos, por idéntica contradición, ante un acto delituoso, en vez de proceder acorde a disciplina legal, dedícanse a colgar o marco lexislativo nas paredes da casa consistorial, e estas sincrónicas incongruencias tan só pódense reunir no coruñés termo municipal de Fene, onde por circunstancias sobrevidas, sen risco a erro, pódese afirmar que tanto o endóxeno coma o exóxeno van da man e circulan en idéntica dirección.

Vén a conto esta introdución en razón á actualidade desatada pola trama corrupta da operación "Pokémon", e en concreto, pola implicación como protagonista no enredo do presidente da mercantil Vendex, quen á hora da verdade resulta ser tamén o promotor en cuberto da quebra empresarial da fábrica Rubber con asentamento nesa localidade.

Unha turbulenta actuación que para público coñecemento no ano 2002 fose declarada xudicialmente fraudulenta, sen que ao parecer, tan polémicos antecedentes resultasen óbice nin atranco para que este transgresor profesional seguise o seu desenfreo mercantil, estendendo as súas malas artes ao espazo da administración pública, para cuxo acceso e finalidade contou co cómplice beneplácito duns delincuentes comúns, iso si, revestidos de credencial político - institucional.

Para coñecer o alcance colateral daquela quebra simulada e a súa afección no ámbito da localidade, non só débese traer a colación a transparencia repercutida dos prexuízos laborais, senón tamén, a opacidade e inhibición institucional mantida na esfera ambiental.

Pois contrariamente ao desleixo sostido pola Administración, cando en outubro do ano 2000, o perverso instigador presentaba ante o xulgado de garda de Ferrol unha solicitude de quebra para proceder á liquidación da planta fabril, ao día seguinte destes feitos, non mais tardar, era obrigado que en concorrencia o conxunto de organismos con competencia en materia procedesen coordinadamente coa finalidade de incoar o procedente expediente por delito ecolóxico; toda vez que con aquel trámite dirixido a lapidar a actividade industrial, o abasto de pneumáticos existentes na planta destinadas ao recauchutado, con tal acción suspensiva, toda esa provisión de material transformouse de facto nun vertedoiro ilegal.

Pero o que tiña que ter sido non foi, e a pasividade interventora derivou nun serio problema ambiental que pasados 14 anos por acumulada neglixencia e implicación política de todo signo, fixo que o recinto da antiga planta de recauchutados Rubber, sexa ao día de hoxe o mais perigoso depósito de pneumáticos de toda a xeografía galega.

Dicir ao efecto, que actualmente nesa localización deposítanse ao redor de 60.000 toneladas de pneumáticos abandonados, ou o que é o mesmo miles de rodas desbotadas, amoreadas nunha zona de 5700 m2, e a escaso medio quilómetro da zona urbana da vila, que ademais da afección por impacto paisaxístico, a degradación química parcial dese material pon en grave risco a estabilidade dos recursos naturais da zona. afectando nocivamente ao solo, o subsolo, e á totalidade do medio hidrobiolóxico.

Tendo de engadir a iso que por situación anexa a unha frondosa masa forestal, un suposto incendio obrigaría á total evacuación da veciñanza da localidade, por canto a nube tóxica de combustión das rodas almacenadas sería altamente perigosa para a saúde humana ao causar afección ao sistema respiratorio, afogos inmediatos, insuficiencia cardíaca, asma e ata cancro pulmonar.

Pasado o tempo e persistida tan alarmante situación, os feitos veñen a corroborar que dende os distintos organismos e escalas da administración, en vez de esixir e vixiar o cumprimento da lei, por omisión de atribucións e ao non facer pagar aos culpables, a propia dirección política converteuse en responsable directa da comisión dun delito ecolóxico de primeira magnitude, que á marxe da obrigada rendición de contas e expurga por responsabilidades, esixe en primeiro termo e sen mais dilación a súa recondución en prol de alcanzar a urxente erradicación de tan daniña realidade.

Solución que pola complexa titularidade xurídica do espazo de localización e o elevado custo de eliminación, debese ser afrontada e sufragada conxuntamente polas Administracións de confluencia, con reversión de custos diferidos á órbita da trama Vendex como causante  de tan delituosa  situación.


PUBLICADO EN : Diario de Ferrol; Galicia Confidencial; La Opinión; La Región; Faro de Vigo; Atlántico Diario; Infocadernos; Globedia 21 feb. 2014 FENE E A TRAMA DE VENDEX .

Fonte: http://galdo-fonte-xm.blogspot.com.es/2014/02/fene-e-trama-de-vendex.html

___________________

mércores, xuño 25, 2014

As privatizacións de servizos municipais, corrupción, corruptos e corruptores, ... A operación Pokémon chega ao Pazo Municipal ferrolán, o Alcalde, José Manuel Rey Varela, imputado - Mesa de Debate sobre a Remunicipalización da xestión do Ciclo Integral da Auga


Nos últimos días, coincidindo cunha nova apertura do sumario da 'Operación Pokémon', saiu á palestra un novo imputado desta vez é o Alcade de Ferrol, José Manuel Rey Varela, tamén presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp).

O sumario que ainda está sen finalizar, imputa a case un centenar de políticos, funcionarios e representantes de empresas implicadas do Grupo VENDEX. A xuiza Pilar De Lara, baseando-se nun informe de Aduanas, imputa-lle a José Manuel Rey un "Delito de Cohecho".

A Profesora Titular de Dereito Administrativo Universidade de Santiago de Compostela, Alba Nogueira López, ilustraba-nos, o pasado 2 de Febreiro, no seu interesante blogue "Porta ventosa" cun artigo "Pokemon. Privatizacións e corrupción", como a 'Operación Pokemón' amosaba as relacións entre as privatizacións das empresas e servizos públicos, coa corrupción, corruptos e corruptores. Polo que recomendamos a súa lectura, un escrito bon, breve e claro, e de paso dar unha ollada ao seu blogue, sobre todo ler o seu último artigo: A galiña, o ovo, a privatización e a desfeita. "Depende de ti".

Para informar-nos da 'Pokémon', nos xornais diarios comerciais podemos atopar abundante información, por exemplo a reportaxen de Silvia R. e Xosé Hermida no xornal 'El País' na súa edición para Galiza: "Unha mafia empresarial á caza de contratas municipais", mais a análise e información interesante está no xornal dixital amigo 'Praza Pública' da man de David Lombao, nos seus artigos "A xuíza atráncalle a Feijóo o ventilador da Pokémon" | 24.06.2014 [] e "A xuíza da Pokémon imputa o alcalde de Ferrol ao sospeitar que Véndex lle pagou viaxes" | 24.06.2014.

Remunicipalización da xestión do Ciclo Integral da Auga

Ante estas últimas noticias de corrupción, se cadra, converte en moi interesante a "Mesa de Debate sobre a Remunicipalización da xestión do Ciclo Integral da Auga" do vindeiro Sábado 28 de Xuño, pola mañá, ás 10:30hs que terá lugar no Salón de Actos da Sociedade Galega de Historia Natural -SGHN, (Cruceiro de Canido S/N - Antiga Casa do Coronel). Acto organizado polas entidades integrantes da Comisión Social de Seguimento do proxecto e obras do sistema de sanemento da marxe norte da Ría de Ferrol (Comisión de Medio Ambiente da Asociación Veciñal de Recimil, ADEGA, VERDEGAIA e SGHN). Onde intervirán: Joaquín Moldes e Juan Lage da Comisión da Auga de Punxín, e Joaquín Morell e Emilio Pachón do Consorcio Provincial de Augas de Sevilla
_________

luns, febreiro 03, 2014

Ofrécense escanos, ... Por Ángeles García Portela - Unha trama de corruptos e hipócritas


Tras ser soprendido ebrio ao volante Angel Espadas, Conde Roa, pediulle que lle dixese "que quería ser e nomeábao" unha oferta que incluía un escano no Parlamento Galego. Espadas tras ser "pillado" podía elixir o cargo que quixese.

Esta frase é moito mais reveladora do que parece:
1) Si alguén pode ofrecer un escano, as eleccións son un apaño, xa se saben os futuros "electos" de antemán.

2) O que ofrece un escano, Conde Roa, ex alcalde de Santiago, casualmente, posteriormente foi condenado, o que pode? levar a pensar que os que máis poder teñen nos partidos son os máis corruptos.

3) O que recibe a oferta do escano, Angel Espadas, que era concelleiro recentemente dimitido por dar positivo na alcoholemia, preséntaselle a posibilidade de ser deputado logo de cometer unha infracción, do que se pode deducir que as malas condutas en política prémianse.

Sempre se di que a corrupción non se castiga nas eleccións, puidese parecer que entre honestos e corruptos o pobo opta polos corruptos, o que ocorre é que en realidade, o aparello dos partidos opta por situar aos corruptos ben situados nas súas listas. Habería que preguntarse por que.

O Estado está implosionando e o funcionamento dos partidos non é alleo a iso.

Os protagonistas da historia

Gerardo Conde Roa ex alcalde de Santiago de Compostela

Foi concelleiro do Concello de Santiago de Compostela de 1983 a 1991, deputado no Parlamento de Galicia de 1985 a 1997 así como membro do Consello de Administración de RTVE. No 2008 conseguiu escano en Madrid e a presidencia do PP en Santiago.

En 1987 e no 2007 fora candidato á alcaldía de Santiago e no 2011, alzouse con ela con 11.644 votos (30,78%), 10 concelleiros. Renunciou á súa acta de deputado.

É pai de oito fillos e está casado en segundas nupcias coa alemá Benita Carlowitz. Foi un membro activo da organización católica Opus Dei.

No 2012, foi acusado de haber defraudado a Facenda uns 300.000 euros por impago de IVA, trala súa imputación dimitiu como alcalde sucedéndolle Angel Currás. A día de hoxe tamén imputado.

O 16 de abril do 2012, tras facerse oficial o auto xudicial de imputación, presentou a súa dimisión como alcalde de Santiago de Compostela. Por decisión dos seus doce concelleiros de Goberno, sucedeulle no cargo Angel Currás.

No 2013 Conde Roa foi condenado a dous anos de prisión e a unha multa de 580.000 euros por fraude fiscal. Presentou a súa renuncia como militante do Partido Popular.

Angel Espadas Díez ex concelleiro de santiago de Compostela

Nunha páxina web do PP, pouco actualizada, figura aínda como concelleira de Santiago e consta o seguinte:

Angel Espadas Díez, Concelleiro responsable do seguimento das áreas de Deportes, Réxime Interior, Persoal e Reforma Administrativa.

Licenciado en Física pola Universidade de Santiago de Compostela, traballou no Servizo de Defensa contra Incendios Forestales da Xunta de Galicia. É presidente da Asociación Cidadanía Atlántica, secretario de Organización do Partido Popular de Santiago e coordinador da Campaña das Eleccións Municipais 2007. Foi socio fundador da Asociación Liberal de Estudantes (ALES). Veciño de San Lázaro, naceu no ano 1972.

Foi responsable tamén da campaña das eleccións que levaron á alcaldia Conde Roa.

Sendo concelleiro, en marzo do 2011 Espadas que fora "o azoute antibotellón" foi sorprendido pola Garda Civil durmido ao volante do seu vehículo, ante un semáforo cunha taxa de 0,79 miligramos de alcohol. Presentou a súa renuncia como concelleiro.

Conde Roa declarou que "un erro humano non desmerece toda unha traxectoria política".

Nas eleccións de maio do 2011 Conde Roa consegue a alcaldía e recupera a Angel Espadas, como home de máxima confianza á fronte do seu gabinete.

Explicara nunha ocasión que se complementaban : "Como físico que é, Angel Espadas conta con algo que eu non teño, e é unha mente ben estruturada e moi apta para a organización. Eu como avogado estou máis dotado para o debate, o diálogo e a discusión. A presenza de Espadas é moi importante para o grupo".

Agora ambos están imputados xunto con outros políticos tanto do PP como do PSOE debido á investigación dunha trama de corupción que recibiu o nome de Operación Pokemon- Manga (o nome de Pokemon vén do costume dos membros da trama de poñerse motes como os Pokemon). Supostamente un grupo empresarial con sé en Madrid, Vendex, recibiu contratos de distintas administracións públicas en Galicia a cambio de pagos e sobornos Vendex dedícase a traballos para as administracións públicas, como a limpeza, a asistencia social ou o cobro de aparcamientos públicos.

A outra empresa Aquagest, filial de Agbar empresa que gestiona a auga.

Cada vez comprendemos mellor, o afán de privatizar, dinlle externalizar, certos servizos.

Enlaces relacionados:

http://www.ppdesantiago.es/index.php?idMenu=7&idIdioma=1
http://www.publico.es/espana/366005/dimite-el-concejal-antibotellon-que-fue-cazado-conduciendo-ebrio
http://www.lavozdegalicia.es/santiago/2011/07/10/0003_201107S10C19911.htm  
http://es.wikipedia.org/wiki/Gerardo_Conde_Roa
http://www.eldiario.es/politica/Angel-Espadas-archivase-Conde-Roa_0_224677645.html 
http://gl.wikipedia.org/wiki/Operaci%C3%B3n_Pok%C3%A9mon
http://plataformaaiguaesvida.wordpress.com/2013/03/13/la-corrupcion-contamina-el-mercado-de-concesiones-espanolas/
http://www.lavozdegalicia.es/temas/operacion-manga


Publicado no Blogue da profesora de Historia Ángeles García Portela 'El otro Pais (la sociedad civil)': http://www.angelesgarciaportela.com/

Escoita a Ángeles Garcia Portela, todos os Mércores no programa A contracorrente en Radio Oleiros.
______________

sábado, agosto 03, 2013

As mentiras do discurso de Mariano Rajoy sobre Bárcenas, cita a cita, ...Por Ignacio Escolar


Por Ignacio Escolar
02.08.2013

En negrita, algunhas frases do discurso sobre o caso Bárcenas de Mariano Rajoy.


Mariano Rajoy: "Non é a primeira vez que falo desta materia. Xa o fixen nunha comparecencia aberta para todos os españois a principios do pasado mes de febreiro"

Falso. Aquela "comparecencia aberta para todos os españois" foi o seu famoso discurso a través dunha pantalla de plasma. Naquela ocasión, nin sequera atreveuse a pronunciar a palabra 'Bárcenas' nin tampouco quixo cuestionar a actuación do seu extesoureiro, malia que xa entón apareceran os seus millóns en Suíza.

"En numerosas ocasións e en diversos escenarios preguntáronme sobre o mesmo. Outra cousa é que as miñas explicacións non gusten"

Falso. O problema non é que as súas explicacións non gusten. O problema é que non deu ningunha. Dicir "a segunda xa tal" non é dar explicacións. Dicir "todo é falso salvo algunhas cousas" non é dar explicacións. Manipular as poucas preguntas que permite á prensa para poder ler un papel como resposta non é dar explicacións. E comparecer ante os deputados como fixo hoxe, sen permitir un debate parlamentario máis fluído e evitando a cambio a habitual roda de prensa de verán non é dar explicacións.

"Non comparezo por ningunha outra razón, Señorías, e moito menos porque me inquiete no persoal esa irreflexiva Moción de Censura, da que falarei logo e que eu tería especial gusto en debater, si iso fose gratuito para España"

Falso. A súa intención inicial foi irse de vacacións sen acudir antes ao Congreso; por iso o seu partido rexeitou as peticións doutros grupos para que falase alí. Só fíxoo despois de que a oposición ameazase cunha moción de censura para obrigarlle a comparecer, despois de que a prensa internacional cuestionase os seus silencios e despois de que os seus propios votantes dean máis veracidade á palabra do imputado Bárcenas que á súa.

"Esta é unha historia que comezou fai máis de catro anos, a principios de 2009, cando, un bo día, decatámonos de que ao tesoureiro do Partido Popular imputárono polo chamado "caso Gürtel"

Falso. Esta é unha historia que comezou moito antes, fai máis de dúas décadas, cando o caso Naseiro quedou pechado en falso e o PP botou ao xefe pero mantivo no posto aos demais homes da tesourería, incluído Luís Bárcenas. Ou é que seica o presidente do PP, que leva lustros en cargos de dirección, quere facernos crer que non sabía absolutamente nada sobre como funcionaba o financiamento do seu partido?

"O xuíz Garzón, que era o instrutor, acusaba ao señor Bárcenas de cobrar comisións ilegais. Pouco despois soubemos que a operación xudicial había vindo acompañada dunha cacería na que, entre outros, participaron o xuíz instrutor e o entón ministro de Xustiza, que tivo que presentar a dimisión por este episodio"

Falso. O ministro de Xustiza dimitiu por cazar sen a licenza adecuada para a comunidade autónoma na que estaba, non por coincidir en público "xunto con decenas de persoas máis" co xuíz Garzón. Si Bermejo quixese conspirar con Garzón faría o que fixo o actual ministro de Xustiza, Alberto Ruiz Gallardón, que se reuniu en segredo cun dos avogados dos procesados na Gürtel.

"Estaba moi recente un episodio no que unha persoa que hoxe, con toda xustiza, se senta no banco azul, o ministro de Industria, Enerxía e Turismo, experimentara en carne propia unha inxustificada persecución por acusacións que despois se revelaron como totalmente falsas"

Falso. As acusacións contra o ministro José Manuel Soria non se revelaron falsas. O que pasou foi algo moi distinto: que o presunto delito de 'cohecho prescribira.

"Aínda baixo o anterior Goberno, en xullo de 2011, o Tribunal Superior de Xustiza de Madrid arquiva a causa contra el e en outubro dese mesmo ano ratifica o arquivo"

Falso. O Tribunal Superior de Xustiza de Madrid depende en gran medida da Asemblea de Madrid, que era e segue sendo do PP. Ademais, o xuíz Pedreira retirou a imputación a Luís Bárcenas logo de innumerables presións por parte do PP, tras varias xestións da súa intermediario, o avogado Trías Sagnier, e baixo a solapada ameaza de acabar como Baltasar Garzón por non rexeitar escóitalas en prisión que serviron para sacar da Audiencia Nacional ao xuíz que destapou a Gürtel.

"Cando tras varios recursos sobre a competencia do Tribunal o sumario volve á Audiencia Nacional, o instrutor nese órgano xurisdiccional, en marzo de 2012, decide reabrir a causa contra o extesoureiro. É dicir, baixo o Goberno anterior arquívase a causa e baixo este Goberno vólveselle a imputar"

Falso. Non foi o xuíz: foi a sala. E fíxoo porque as evidencias eran máis que claras, como despois se demostrou.

"A Xustiza actuou neste caso sen interferencia algunha do poder político"

Falso. As presións do PP sobre o caso Gürtel foron innumerables e bastante obvias. Non só sacaron da carreira xudicial ao xuíz Garzón, logo de cuestionar a cada paso a súa investigación. Non só presionaron ao xuíz Pedreira ata que retirou a imputación a Luís Bárcenas. Non só acudíronse como acusación popular no caso para, desde dentro, torpedear a investigación e intentar que a xustiza retirase as acusacións contra o extesoureiro. Non só cambiaron ao fiscal en canto chegaron ao poder, e tamén á cúpula antifraude que investigaba o caso. Non só o propio Rajoy chamou por teléfono ao presidente do CGPJ para interesarse polo tema un día antes de que Barcenas acudise a testificar. É que as "interferencias" continúan hoxe para apartar do caso ao titular do xulgado número cinco, Miguel Carmona.

"Dei crédito ao señor Bárcenas, Señorías. Era unha persoa de confianza no partido. Non foi tesoureiro máis que un ano, pero desde moito antes había ter responsabilidades importantes como xerente"

Falso. Luís Bárcenas estivo oficialmente como tesoureiro un ano, pero extraoficialmente continuou levando as contas do PP un ano máis.

"Crin na súa inocencia. Fíxeno ata o momento en que, aos catro anos de iniciadas as investigacións, chegaron datos que confirmaban a existencia de contas millonarias en Suíza, non declaradas á Facenda Pública, a nome do señor Bárcenas"

Falso. O apoio de Mariano Rajoy a Luís Bárcenas non terminou cando o presidente soubo dos seus millóns en Suiza. O Goberno tivo noticia desas contas a finais de novembro de 2012 e o extesoureiro seguiu con secretaria, despacho, coche oficial, soldo e avogados pagos polo PP ata que se foi da lingua, e apareceron os seus papeis no País. É máis, ao día seguinte de que se publicasen en prensa os detalles sobre a conta en Suíza, Mariano Rajoy seguiu mandando abrazos e o seu apoio por SMS a Bárcenas. "Se forte", dicía Rajoy.

"Equivoqueime ao confiar nunha persoa inadecuada? Si. Cometín o erro de crer a un falso inocente, pero non o delito de encubrir a un presunto culpable"

Falso. As manobras para protexer ao presunto culpable seguiron logo de aparecer o diñeiro en Suiza; unha das máis obvias foi a presión para que Gómez Bermúdez non se quedase co caso Bárcenas. E tamén é falso que Rajoy encubrise a un falso inocente. Só aplicou o protocolo do partido, o mesmo que segue facendo, por exemplo, con Carlos Fabra.

"Pagáronse soldos? Si. Pagáronse remuneracións complementarias por razón do cargo? Si. Pagáronse anticipos ou suplidos a xustificar por gastos inherentes ao desempeño do cargo? Tamén, como en todas partes"

Falso. En "todas partes" non se pagan eses "suplidos a xustificar por gastos inherentes ao desempeño do cargo" que o resto do país chama sobresoldos. A maior parte dos partidos non pagan sobresoldos aos seus cargos públicos. O normal en moitos deles é xusto o contrario: que os cargos públicos aporten unha porcentaxe do seu soldo ao partido, no canto de duplicar ou triplicar o soldo público grazas ao partido (cuxo diñeiro é tamén público). A diferenza é que non todos os partidos, ou case ningún, nada na abundancia, como o PP.

"Declarar os ingresos privados a Facenda xa é unha responsabilidade individual. Diso, nin o señor Bárcenas nin ninguén que non sexa a Facenda Pública sabe nada"

Falso. Non se sabe "nada" porque os seus principais dirixentes incumpriron un compromiso que o propio Rajoy asumiu: mostrar as súas declaracións da renda. E pagar en negro é un delito dobre: do que non o declara e do que o utiliza.

"As miñas declaracións de renda e de patrimonio dos últimos dez anos están á vista de todo o mundo, Señorías, e paréceme que teñen bastante máis valor que un renglón escrito ao voo nun papel engurrado"

Falso. O que o presidente define como "un renglón escrito ao voo nun papel engurrado" é unha proba sometida a investigación xudicial na Audiencia Nacional. E os peritos que avaliaron esa proba concluíron que o papel é orixinal e que se escribiu ao longo de 20 anos. Ademais, gran parte dos "renglones" están avalados por outra documentación, empezando pola propia contabilidade oficial do PP depositada no Tribunal de Contas.

"O que si sabemos é que o único feito probado ata hoxe é o do diñeiro que apareceu nas contas do señor Bárcenas na banca suíza"

Falso. Tamén está probado, entre outras cousas, que Luís Bárcenas traballou durante máis de dúas décadas na cociña do PP e que nunca tivo responsabilidade directa en ningunha adxudicación nin recualificación. E que, xa que logo, é moi difícil que puidese roubar unha fortuna así sen a axuda de máis dirixentes do PP.

"Ese o único feito certo ata agora, como é certo que desde fai catro anos o señor Bárcenas xa non é tesoureiro do Partido Popular e que desde fai máis de tres non ostenta ningunha representación política, nin sequera militancia nese partido."

Falso. O único feito certo sobre a relación de Luís Bárcenas e o PP que ata fai só cinco meses cobraba o segundo soldo máis alto do PP. Non está mal, para non ser sequera militante.

"Nós non presentamos imputados nas listas electorais"

Falso. Aí está o grupo parlamentario Gürtel das cortes valencianas para demostrar que é mentira.

"Deixemos que os xuíces traballen, Señorías. Unha vez que a especie está lanzada, o único sensato que se pode facer non é axitarse, nin amplificala, senón dar tempo a que o xuíz resolva o que proceda"

Falso. O único sensato que se pode facer é dimitir.

[*] Ignacio Escolar é xornalista. É o director de eldiario.é. Fundador e primeiro director de Público. Autor de escolar.net. Analista político en radio e televisión: en Neste momento da Cadea SER ou nas Mañás de Catro. Máis en www.escolar.net/.

Fonte: http://www.eldiario.es/escolar/mentiras-discurso-Rajoy-cita_6_159994012.html | Publicado 01/08/2013 - 14:35h

Recomendamos entrar na noticia orixinal onde están postados máis dun cento de comentarios.
______________

martes, abril 02, 2013

Basta de impunidade! As relaçons comprovadas entre Feijó e o narco Marcial Dorado exigem demissom imediata do presidente da Junta

A saída à luz pública das fotografias que confirmam as relaçons estáveis existentes entre diferentes dirigentes, cargos públicos e estruturas do Partido Popular com capos do narcotráfico na Galiza deve ser avaliada como um facto da máxima gravidade que exige mais que umha ridícula conferência de imprensa como a que ontem protagonizou Núñez Feijó.

NÓS-Unidade Popular e o conjunto da esquerda independentista galega leva anos denunciando a existência de umha corrupçom generalizada que vai além das doaçons, comissons e outras “colaboraçons” por parte do empresariado aos grandes partidos, com destaque para o Partido Popular.

A antiga amizade entre o máximo representante do PP na Galiza, atual presidente da Junta, e um dos capos da máfia galega fica provada, somando-se a outros factos igualmente graves, como as fotos do presidente espanhol Mariano Rajoi num barco propriedade de um dos principais clans mafiosos do nosso país, realizadas no ano 2009 e nunca explicadas polo seu protagonista.

Longe de se produzir umha investigaçom a fundo desses dous factos e doutros conhecidos em diferentes níveis e estruturas da atividade política-institucional por parte do PP, relacionado com redes de contrabandistas e narcos, a impunidade parece garantida, o que permite que o próprio Feijó inche o peito e diga que vai manter a sua atividade “sem medo”.

A demissom de Núñez Feijó deveria ser imediata e ir acompanhada da investigaçom pendente das atividades de um partido totalmente apodrecido por umhas finanças obscuras e uns tesoureiros corruptos desde a etapa de Manuel Fraga até a atual. As várias ocasions em que se constatou a atividade irregular do aparelho financeiro do PP, desde o Caso Naseiro em 1990 até o atual Caso Bárcenas, nom servírom para deter essas atividades económicas ilegais. O possível apoio económico de máfias de diverso tipo, como as da droga na Galiza, supom um nível superior no nível de possível corrupçom e deveria levar a umha perseguiçom real das atividades de financiamento do principal partido institucional.

NÓS-UP considera escandalosa a impunidade que os corruptos venhem exibindo na Galiza e no Estado espanhol, maior quanto mais graves som os factos que lhes som atribuídos. Tendo em conta a implacável repressom que sofrem coletivos populares de todo o tipo como conseqüência das cada vez mais difíceis condiçons económicas que o nosso povo padece, consideramos esse tratamento diferenciado por parte da Justiça a prova irrefutável do caráter degenerado da pseudo-democracia espanhola e bourbónica atual.

Nom pode entender-se que a cascata de casos de corrupçom que afetam as cúpulas políticas na Galiza e no Estado espanhol continuem sem provocar nengumha demissom, sendo o exemplo de Núñez Feijó o mais recente exemplo da impunidade que carateriza as obscuras atividades do Partido Popular.

Só a pressom popular em defesa da ruptura democrática, contra a corrupçom e pola soberania nacional galega permitirá combater o esquema corrupto enquistado nas entranhas do atual sistema capitalista espanhol.

Direçom Nacional de NÓS-Unidade Popular

Galiza, 2 de abril de 2013

Correio-e: nacional@nosgaliza.org | nosup.imprensa@gmail.com | Telefones: Porta-Vozes: 651 089 971 (Alberte Moço) 659 306 973 (Rebeca Bravo) | Responsável Nacional de Imprensa: 616 868 589 (Carlos Morais) | Responsável Nacional de Organizaçom: 669 778 474 (Bruno Lopes Teixeiro) | Sede Nacional: Rua Costa do Vedor 47, rés-do-chao. Compostela. Galiza | web: www.nosgaliza.org | twitter: @nosgaliza


Enviado por:
NÓS-Unidade Popular NÓS-UP
-nosup.imprensa@gmail.com-
2 de abril de 2013 12:37

_______________________