Amosando publicacións coa etiqueta Dereitos Sexuais. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Dereitos Sexuais. Amosar todas as publicacións

xoves, agosto 02, 2012

Constituci​ón Plataforma Galega "DECIDIR FAINOS LIBRES" - Manifesto da Plataforma



Información sobre a constitución da Plataforma "Decidir fainos libres"


Diante da intención manifesta do actual Goberno de España de realizar unha reforma da Lei 2/2010 de Saúde Sexual e Reprodutiva e Interrupción Voluntaria do Embarazo, en termos claramente restritivos e de eliminación de dereitos, un grupo de persoas e entidades galegas estamos intentando poñer en marcha a Plataforma Galega en Defensa dos Dereitos Sexuais e Reprodutivos. Unha vez constituída esta Plataforma, pasará a formar parte da Plataforma Estatal que agrupa a máis de 140 organizacións.

Xa que logo, solicitamos a vosa inclusión na devandita plataforma e o apoio a unha  unha campaña activa en defensa dos dereitos das mulleres, na que sen prexuízo doutras accións que se planificarán conxuntamente, unha vez constituída a Plataforma, propoñemos as seguintes:
  • Tomar  acordo de adhesión, asinar a ficha que se achega e enviala ao correo da Plataforma: galicia@nosotrasdecidimos.org
  • Participar no acto de constitución da Plataforma Galega o día 4 de agosto ás 12 horas, na Facultade de Ciencias da Comunicación, Campus Norte, Santiago de Compostela. Intervención de tres minutos dunha persoa para transmitir o sentimento xeral da organización. Máxima mobilización para asistencia ao acto.
  • Difusión do manifesto e da páxina web: http://nosotrasdecidimos.org. Unha vez constituída a Plataforma Galega terá un espazo propio nesta web.
  • Participar nos actos públicos (un por provincia, como mínimo) en defensa da Lei 2/2010 e da libre decisión das mulleres de interromper o seu embarazo de acordo con ela. Estes actos terán lugar no mes de setembro.

Agradecendo de antemán a participación, implicación e traballo, quedamos á vosa disposición para calquera dúbida a través do correo electrónico: galicia@nosotrasdecidimos.org

Galicia, 28 de xullo de 2012

Descargar ficha de adhesión


Manifesto da Plataforma "DECIDIR FAINOS LIBRES"


Ante o anuncio por parte do Goberno do Partido Popular de reformar da actual Lei orgánica 2/2010 de Saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo, as organizacións de mulleres abaixo asinantes MANIFESTAMOS:

• A nosa total indignación ante o retroceso no recoñecemento dos dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres que suporía a posible reforma da lei.
• A nosa absoluta negativa a aceptar un recorte na liberdade e autonomía das mulleres en relación á súa sexualidade e a decidir sobre a súa maternidade. Se non podemos decidir non somos libres.
• O noso desacordo co fondo argumental -retrógrado, manipulador e ideolóxico- polo que se quere levar a termo a reforma.
• A nosa repulsa porque a vulneración dos dereitos das mulleres se converta no selo ideolóxico do PP.

Por todo isto

DENUNCIAMOS que a perda de dereitos en saúde sexual e reprodutiva exporán a un maior risco a saúde e a propia vida das mulleres. AFIRMAMOS, pola contra, que o goberno ten a obriga, de acordo a normativa europea e internacional, de defender a protección e seguridade xurídica en materia de dereitos sexuais e reprodutivos.
DENUNCIAMOS que “violencia de xénero estrutural” é a coacción e a limitación no uso das liberdades individuais. AFIRMAMOS, pola contra, a inquebrantable vontade das mulleres a vivir unha vida libre de Violencia e de coaccións.
DENUNCIAMOS que o recorte nas liberdades das mulleres sexa debido a presión da xerarquía eclesiástica e grupos ultraconservadores. AFIRMAMOS, pola contra, a necesidade dunha sociedade laica e democrática libre de imposicións relixiosas.
DENUNCIAMOS a lamentable argumentación decimonónica que enfática como único dereito da muller o da maternidade sen libre elección. AFIRMAMOS, pola contra, o noso dereito a decidir sobre os nosos corpos e as nosas vidas e non de acordo a un prototipo de feminidade que discrimina ás mulleres.
DENUNCIAMOS a arbitrariedade no manexo e uso do concepto “dereitos” e que a aceptación dos dereitos humanos das mulleres é incompatible coa súa regulación no código penal. AFIRMAMOS, pola contra, que donde hai “dereitos” non hai “supostos” e que o exercicio de un dereito no é punible.
DENUNCIAMOS que a negación dos dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres leva ao retroceso en cuestións tan básicas como a educación sexual ou a mellora no acceso á anticoncepción, incluída a de urxencia. AFIRMAMOS, pola contra, que si hai dereitos específicos das mulleres en saúde sexual e reprodutiva e debe haber, xa que logo, dereito a prestacións específicas na carteira nacional básica de servizos sanitarios.

 


Fonte: galicia@nosotrasdecidimos.org 
Web: http://nosotrasdecidimos.org

||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||