Amosando publicacións coa etiqueta Documentos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Documentos. Amosar todas as publicacións

mércores, abril 16, 2008

Asinado un protocolo de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Concello de Ferrol

De: Xosé Manuel Pazo Blanco -manolopazo@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 16 de abril de 2008 20:44
Asunto: Protocolo colaboracion



PROTOCOLO DE COLABORACIÓN ENTRE A VICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR E O CONCELLO DE FERROL PARA A PRESTACIÓN DOS SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR A TRAVÉS DE FÓRMULAS DE COLABORACIÓN ESTABLE

Xosé Manuel Pazo Blanco
______________

O Concello adherirase este mes ao Consorcio Galego de Igualdade e Benestar
_______________

Cando o nacionalismo baixa as calzas

Cando o nacionalismo baixa as calzas
[29-03-2008]
Bautista Álvarez

Para comezar este artigo vou tomar emprestada unha suxestiva reflexión de Marica Campo, que á súa sensibilidade poética engade o compromiso nacionalista e a clarividencia política. Erro total, interpreta ela, o do navegante que, para fuxir da procela, querendo chimpar pola borda o lastre, bota tamén as provisións necesarias para continuar a travesía. Parábola que Marica aplicaba con acerto á deserción ideolóxica que pode tentar a unha forza que procura conciliar a transformación política e social coas normas, usos e costumes do sistema. Moito máis grave aínda, paréceme a min, tirar as provisións e deixar os lastres. Nacionalismo lastrado e sen recursos é o que subxace na versión que del fan algúns dirixentes. Imos mergullarnos, xa que logo, para resgatar do naufraxio principios que navegan á deriva.

Que outra cousa defende o Nacionalismo senón o direito a constituírse en Estado, sexa federado ou independente? Cando falamos de autodeterminación, a teoría política entende como tal a faculdade dunha entidade territorial para escoller a organización política que máis lle conveña. A esta organización chamámoslle Estado. Sen el non existe ordenamento xurídico proprio. Cando demandamos un maior autogoverno estamos pedindo por mercé autonómica o Estado que esta nos vega e que por direito nos correspone. Vou omitir referirme a federacións ou simulacros das mesmas que existen en países alén-mar, integradas por Estados, conceito este que por rubor algúns nacionalistas de aquí pretenden ocultar. Máis perto temos referentes máis acaídos dentro da Unión Europea. Na federación alemá están integrados dous lands que teñen a categoría de Estados libres: o de Saxonia e o de Baviera (Freistaat Bayern). E despois ladra de raiba o integrismo español cando o Lendakari apresenta un proxecto de autogoverno menos ambicioso. Cousa curiosa nuns integristas que tomaron como modelo constitucional a Carta Fundamental de Bonn, e que Baviera non aprobou. Teñamos en conta, ademais, que nos referimos a dous territorios individualizados pola historia, non por caracteres nacionais, dentro da federación xermana. Eu, nada xermanófilo, debo recoñecer que houbo menos problemas alí para independizarse ideoloxicamente de Hitler que aquí de Franco.

Quede claro, pois, que sen Estado proprio pode existir nación pero non soberanía, nin poder constituínte, nen ordenación política e xurídica particular dun territorio nacional. Direitos estes irrenunciábeis para unha organización nacionalista. Os que asuminos o deber de substituírmos polo noso o ordenamento alleo, sen violencia pero con orgullo e valentía, non podemos agachar avergoñados conceitos e principios que o imperialismo fulminou. Falemos entón da tan criminalizada independencia. Que conste que non é a opción prioritaria para min nin a maioritaria do nacionalismo galego no momento actual. Rexeitala, mesmo así, é deixar mutilado o exercicio do direito de autodeterminación, que ten nesa alternativa unha das súas concrecións. Se cadra, ó a única vía de penetración que teñamos que abrir de persistir a obstinación mesetaria de Felipes e Borbóns. Conclusión á que chegou xa o independentismo catalán, convencido da incapacidade secular dos españois para comprender unha España diferente á que foi amamantada por Castela. Incomprensión que mantén no remo) a muxica da violencia e que para dar fin ao fenómeno da loita armada só coñece o idioma da represión. Non hai moito, alguén sentenciaba en letra impresa o seguinte título: "Non queremos paz, senón vitoria". Moi acertada a confesión para un país que ten na tauromaquia o emblema nacional. Derrotado Boabdil, cría "victorinos" para manter en forma a belicosidade ibérica.

Sintetizando, teñamos ou non como norte a independencia, que un nacionalista a exclúa de antemán significa ignorancia e capitulación ideolóxica. Dirixir é algo máis que exhibir o bigode na pantalla. Compre tamén impartir pedagoxía. A tensión permanente que nos obriga a manter o compromiso co ideal revolucionario (recuperemos a palabra que a reacción obrigou a suprimir no vocabulario da esquerda), é incompatíbel coa emisión de mensaxes ambiguas, e edulcoradas para captar simpatías persoais, nunca adhesións políticas. A vista están as avaliacións gabanciosas de comentaristas nunca reverentes con nengunha alternativa soberanista. Louvanzas empezoñadas que o fabulista Iriarte ridiculizou nun dos seus apólogos. Coido que conto co apoio de Castelao na miña interpretación e censura. Un dos treitos derradeiros do Sempre en Caliza, comprobada por el a obstinación teimosa dos españois, chega á conclusión de que imporemos respeito cando os galegos sexamos quen de proclamar a nosa independencia. Antes que vivir de xeonllos derramemos a pinga de sangue irmandiño que aínda levamos nas veas.

O dilema para os nacionalistas non está en escoller entre un Estado unitario -centralizado ou autonómico- e nutro de estrutura federal. A unión en pé de igualdade, fundamentada no poder constituínte e soberano da nación galega. Recunco, para aclarar e simplificar a tese: o descartábel para o nacionalismo é o Estado na súa configuración histórica aínda vixente. A exclusión da alternativa independentista traduce -sobre todo cando se omiten matizacións- unha mentalidade no mellor dos casos rexionalista. Esta ó a doutrina que prevaleceu, desde as Irmandades da fala, no movimento no que o nacionalismo actual está inserido. Se alguén, con autoridade ou sen ela, opina de xeito diferente, o máis axeitado é devolvelo ao cursiño de novicio.

Por suposto que, por mor de non toldar a paz, se os galegos aturamos vexames de reis, bispos, abades e caciques durante séculos de dominio colonial, non perdemos aínda hoxe a esperanza de poder amolecer as conciencias dese imperio de secano erixido na meseta de Castela. Agardamos que prevaleza a razón e non as vísceras para construírmos un fogar que nos reciba como irmáns e non como vasalos. Mentres tanto, como medida preventiva, eu hai tempo que me teño declarado mentalmente independente. Estou disposto a seguir vivindo e morrer nunha patria secuestrada, pero nunca aceitarei a man nen os símbolos dos seus secuestradores. Para eles, os españois, o seu himno con ritmo de pachanga. Mentres as outras nacións cantamos o noso, aquécelle mellor ao español un zapateado ou mover o esqueleto por bulerías. Para eles a súa bobónica (perdón, borbónica) monarquía. O meu rei está no povo, que pertence á dinastía de Breogán.

Temos unha lingua, unha cultura, unha patria. Tamén debemos ter estilo propio cando emitimos xuízos sobre acontecementos que, se obxectivamente os censuramos, as razóns subxectivas son diferentes ás dos nosos adversarios. A autonomía empeza pola autonomía de pensamento. A vileza está na súa indignidade, e non por ser afronta ao Estado de direito. Nunca comprendín esta expresión case tautolóxica -Estado é dereito- até que descubrín o substrato malicioso que en si encerra. Trata ela de sacralizar a le¡ como un deus ex machina imparcial, enviado do ceo polo supremo criador. Como se non fose o produto duns intereses e dunha ideoloxía, quer elaborada pola Cámara ou ditada polo Tirano. Para nos, o deus ex machina, o Estado de direito, é a Constitución que sempre usurpa a nosa soberanía nacional, totalmente incompatíbel co proxecto político que defendemos.

A que obedece entón a baixada de calzas do ideario político? Supoño que será para compensar a capitulación coa gratitude das urnas, arriscada aposta. Quen ten no poder o modelo orixinal resulta difícil que vaia trocalo por unha fotocopia de incerta fiabilidade.

Nada valen, ademais, os enfeites cando a dama carece de dote.

Mesmo no caso de resultar unha estratexia exitosa, sería substituir a clientela tradicional por outra adventicia, cada vez máis esixente na desmontaxe de escrúpulos ideolóxicos. Chegaríase así ao modelo Cartel Party, que os americanos exportan agora para Europa.

Reitero. O medre eleitoral está ligado ao incremento da conciencia nacionalista no noso povo. O conseguido por outra vía so pode servir para quen unicamente atopa acougo onde está a mesa coas viandas colocadas.

["Terra e Tempo", nº 141-142-143-144]


http://xgalizadocumentos.blogspot.com/
_______________-

mércores, abril 25, 2007

Portugal: 25 de Abril de 1974