Amosando publicacións coa etiqueta Fene. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Fene. Amosar todas as publicacións

martes, maio 03, 2022

Charla saudable: Como convivir co cancro de próstata? - O xoves 5 de maio na Casa da Cultura de Fene, organizada pola asociación oncohematolóxica POR+VIDA que contará coa presencia da oncóloga médica do CHUF Carme García Lorenzo


A asociación oncohematolóxica POR+VIDA de Fene volve a ofrecer unha charla saudable neste mes de maio, volvendo a actividade habitual antes da pandemia.

Xa iniciamos estes faladoiros contando coa presenza de Ángel Carracedo Álvarez, catedrático de Medicina Legal da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica (Sergas-Xunta de Galicia) no mes de xaneiro.

Nesta ocasión a charla que leva o título de Como convivir co cancro de próstata? correrá a cargo da oncóloga médica do CHUF Carme García Lorenzo, profesional adicada especialmente ao cancro de pulmón e xenitourinario e vogal del Grupo Galego Cancro Pulmón. Será no salón de actos da Casa da Cultura de Fene ás 17.30 horas, o xoves día 5 de maio.

O cancro de próstata é o de maior taxa na poboación masculiña. Segundo os datos aportados por SEOM (Sociedade Española de Oncoloxía Médica).

O cancro de próstata ten para este ano 2022 unha estimación de 30.884 novos casos nos homes. Dito aumento vai parello ao aumento poboacional e ao seu envellecemento, exposición a factores de risco (como o tabaco, o alcohol, a contaminación, a obesidade, o sedentarismo entre outros moitos) ,... e nalgúns casos como o colorrectal e os de mama, cérvix ou próstata o aumento da detección precoz. De feito se os programas de detección precoz son axeitados, primeiro conducen a un aumento do número de casos incidentes (invasivos) pero posteriormente a unha diminución dos casos invasivos (maior diagnose de carcinomas in situ) e tamén a unha redución da mortalidade. Debido á combinación destes factores, pódese dar o caso de que a pesar de que a exposición a factores de risco non varíe ao longo do tempo, o número absoluto de casos aumente debido a outros factores (aumento poblacional e envellecemento).

Un saúdo,

Foto: Mulleres de por + vida na 6ª Carreira de Fene en setembro de 2018.
--
por + vida
Asociación oncohematolóxica
Tlf. 676 478 361
pormaisvida2011@gmail.com
https://www.pormaisvida2011.blogspot.com/

Enviado por:
Asociación Oncohematolóxica POR+VIDA
-pormaisvida2011@gmail.com-
2 de maio de 2022 11:15

_______

venres, abril 01, 2022

Inauguración da exposición de pintura 'Universo Feminino', de Carmen Prado, que terá lugar o sábado, 2 de abril, ás 12 do mediodía, na Casa da Cultura-Museo do Humor de Fene que estará aberta ate o 29 de abril


INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN UNIVERSO FEMININO DE CARMEN PRADO

Inauguración da exposición de pintura "Universo Feminino", de Carmen Prado, que terá lugar o sábado, 2 de abril, ás 12.00 h., na Casa da Cultura-Museo do Humor de Fene.

A mostra poderá visitarse até o 29 de abril [*],

✔ de luns a venres, de 10.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 21.00 horas,

✔ e os sábados, de 10.00 a 13.00 horas.

[*] Horario especial durante a Semana Santa: de luns a venres, de 10.00 a 14.15 horas. Festivos e fin de semana, pechada.

Museo do Humor de Fene
Rúa Conces, 20-22
15.500. Fene (A Coruña)
Tfno. 981-342400 // 607-625357


Concello de Fene - Portal Cidadán


Enviado por:
Museo do Humor de Fene
-museodohumor@gmail.com-
31 de março de 2022 07:58

_______

sábado, febreiro 15, 2020

Fene: O novo goberno de Fene presentouse ao plantel dos traballadores e traballadoras municipais - Organigrama municipal - Xunta de goberno - Prioridades


O novo goberno local


O novo goberno de Fene presentouse ao plantel dos traballadores e traballadoras municipais. Juventino Trigo presentou no salón de plenos a cada un dos concelleiros e concelleiras e as responsabilidades que terán no novo tripartito local. Fíxoo "para disminuir a tensión e mellorar as relacións entre o goberno e os traballadores", segundo declarou esta mañá no espazo As Foxas de Radio Fene.

Organigrama municipal

Justo Ardá será o novo responsable de Cultura. Urbanismo pasa a mans de Manuel Polo que se encargará tamén da Facenda. Sandra Permuy ocuparase de Persoal, Participación cidadá e Seguridade. Angeles Coira, que entra por primeira vez na corporación, será responsable de Educación e Xuventude, mentres que Cristina García Maroño, tamén nova no goberno, se encargará de Formación e Emprego. A edil de EU, Mª Carmen Martínez vai repetir na responsabilidade que xa tivera co anterior goberno do BNG, sendo a edil de Benestar e Igualdade. En relación aos cargos que ocuparán as tres edís socialistas; Mar Piñeiro será a responsable de Obras e Servizos; Ana Basoa, de Promoción Económica e Marta Pereiro (ausente no acto por baixa médica) será a encargada de Medioambiente. O alcalde bromeou afirmando que, despois do reparto, so lle deixaron ocuparse da alcaldía.

Xunta de goberno

Tras o intercambio de “poderes” estes primeiros dias son de aterrar na situación xeral do concello. O primeiro que Trigo quere solventar é a débeda a proveedores que ten contraída Fene neste momento e que cifrou en máis dun millón de euros. A Xunta de goberno local xa se reuníu esta semana. Forman parte dela, o propio alcalde, Mar Piñeiro, Ana Basoa, Sandra Permuy, Manuel Polo e M.C. Martínez. O alcalde xa participou no pleno da Mancomunidade e nunha xuntanza onte, acompañando á Confraría de Barallobre coa Conselleira de Pesca para transmitirlle a preocupación do sector ante a falla de ameixa na ría.

Prioridades

A Oferta pública de emprego é unha das cuestións máis urxentes para Juventino Trigo. Preguntabase esta mañá nas Foxas, “como se deixou morrer o emprego público en Fene?”. Fondomar, Punto limpo, curvas de Santa Ana, pasos a nivel de Perlío… A todo iso pensa meter man canto antes, declarou Trigo, para quen a súa política será a suma dos programas electorais dos tres grupos que conforman o novo goberno de Fene.

ESCOITA O PODCAST:

http://173.255.131.18/audio/140220TRIGO.mp3

Publicado en Radiofusion. | 14 de Febreiro, 2020 - 12:30 h. | Publicada por Radio Fene.


Radio Fene
A emisora municipal de Fene comezou as súas emisións en setembro de 1984. Sintonízase no 107.7 da Frecuencia Modulada.
Casa do Concello 15500 Fene (A Coruña)
981 492 773


Podemos axudarche?

Contacta con nósCoñécenos


SÍGUENOS NAS REDES
Facebook.
Twitter.
_______________

xoves, maio 16, 2019

Día dos Museos: Exposición 'Pequenas crianzas coa arte', da E.I. A Galiña Azul de Fene, e o monólogo 'Un show a cobro revertido', de Las niñas de la risa, no salón de actos da Casa da Cultura-Museo do Humor de Fene



"Un show a cobro revertido" e"Pequenas crianzas coa arte" programación para o "Día dos Museos" na Casa da Cultura - Museo do Humor de Fene

Monólogo

Monólogo "Un show a cobro revertido", de Las niñas de la risa, que terá lugar o vindeiro sábado 18 de maio, ás 20 horas, no salón da actos da Casa da Cultura-Museo do Humor de Fene, no marco da conmemoración do Día dos Museos.

Programa:

Ás 20.00 horas, MONÓLOGO humorístico “UN SHOW A COBRO REVERTIDO”, a cargo de LAS NIÑAS DE LA RISA (Diana Sieira e Ángela Triana).

Entrada libre (público adulto)

Exposición

As crianzas son grandes artistas que gozan mergullándose en cores, formas, texturas e sons que aloumiñan os seus sentidos

Exposición “Pequenas crianzas coa arte”, do alumnado da Escola Infantil “A galiña azul” de Fene, que se amosará do xoves 16 ao xoves 30 de maio na sala de exposicións temporais da Casa da Cultura (Avda. de Conces, 20-22, Fene).

Horario:

De luns a venres, de 10 a 13 horas e de 16 a 21 horas, e sábados, de 10 a 13 horas. Domingos e festivos, pechado.

--
Museo do Humor de Fene
Rúa Conces, 20-22
15.500. Fene (A Coruña)
Tfno. 981-342400 // 607-625357

Info baseada na enviada por:
Museo do Humor de Fene
-museodohumor@gmail.com-
15 de maio de 2019 12:27

Almudena Marcos - Coordinadora do Museo do Humor de Fene

___________

martes, abril 30, 2019

Inauguración da exposición 'Novos personaxes', de Carmen Prado, na Casa da Cultura de Fene, este xoves 2 de maio, ás 7 da ta5rde


Inauguración da exposición "Novos personaxes", de Carmen Prado

Exposición "Novos personaxes", de Carmen Prado, que abre ao público (con presenza da artista) este xoves, 2 de maio, ás 19 horas na Casa da Cultura de Fene.

Museo do Humor de Fene
Rúa Conces, 20-22
15.500. Fene (A Coruña)


Exposición de pintura Novos personaxes, de Carmen Prado, que abre ao público este xoves 2 de maio de 2019, ás 19.00 horas, na sala de exposicións temporais da Casa da Cultura de Fene (Avda. de Conces, 20-22). A mostra poderá visitarse do 3 ao 14 de maio en horario: de luns a venres, de 10.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 21.00 horas, e os sábados, de 10.00 a 13.00 horas.

"Carmen Prado é unha pintora autodidacta que pinta por afección e por pura intuición, alguén que atopa na pintura a súa forma máis básica e elemental de expresarse, de dicir o que quere, expandir o seu mundo a través das imaxes que lle saen da observación do mundo cotián, situacións, sentimentos cautivos, posturas inacabadas da vida real, personaxes que nos contan historias por terminar. Unhas veces son encontro co seu eu máis íntimo e recolleito e outras pura extroversión".

Nietto, artista plástico

Enviado por:
Museo do Humor de Fene
-museodohumor@gmail.com-
30 de abril de 2019 14:35
Almudena Marcos
Coordinadora do Museo do Humor de Fene

________________

xoves, abril 19, 2018

Hoxe, despois de moitas emocións, é un día de agradecementos, ... Carta de despedida de Juventino Trigo como Alcalde de Fene,


Hoxe, despois de moitas emocións, é un día de agradecementos.

Moitos sentimentos encontrados. Vergoña allea por algúns personaxes que non merecen ser mencionados, e ao mesmo tempo unha enorme satisfacción polo apoio de moita xente e mostras de cariño recibidas.

Para as persoas que poidan ter interese, aquí transcribo o meu discurso de hoxe na moción de censura. Moitas grazas.

Quero aproveitar estes minutos para agradecer, en primeiro lugar, a todos os membros que compoñen este goberno o seu esforzo e dedicación. Podo dicirvos que non é fácil gobernar en minoría, e moito menos cando a oposición se dedica constantemente a entorpecer e a paralizar a boa marcha do traballo municipal, presentando mocións de censura e xudicializando a política. Facer que Fene funcione ben, con transparencia, con calidade democrática e coa atención aos veciños como prioridade supón moitas horas de dedicación e moitas horas roubadas á vida persoal e familiar de cada quen. Así que, moitas grazas compañeiras e compañeiros, foi un pracer traballar con vós.

Tamén quero agradecer o traballo de todo o persoal municipal, de todas as áreas e departamentos, dado que un goberno en minoría non podería funcionar sen o esforzo de todas as persoas que cada día levan adiante o traballo municipal. Foi tamén un pracer compartir xornada con todos e todas elas.

Hoxe é un día triste para Fene. É un día triste para Fene porque hoxe, por primeira vez na historia deste pobo, vaise materializar unha moción de censura na que conflúen os factores máis noxentos da vida política: compra de vontades, traizón á veciñanza e corrupción lexitimada por un auto xudicial sen precedentes que xudicializa a vida política para favorecer unha volta atrás na senda de boas prácticas, transparencia, traballo e atención ás necesidades sociais que entre todos acadamos nestes últimos anos.

O noso traballo a partir de agora, desde a oposición, será o de facer o que sempre facemos no BNG: defender os intereses das maiorías sociais, dos máis desfavorecidos e da veciñanza en xeral, tratando de impedir e denunciando publicamente calquera movemento que se pretenda realizar en beneficio de outros intereses.

Deixamos unha institución municipal saneada, eficaz, e que paga puntualmente os seus provedores. Centos de miles de euros investidos en obras e infraestruturas moi necesarias para Fene, e outros tantos preparados para novos investimentos. Deixamos o goberno municipal coa cabeza BEN ALTA, coa sensación do deber cumprido, e coa perspectiva posta nas vindeiras eleccións municipais, nas que o pobo terá de novo a palabra e estou ben seguro de que porá a cada quen no lugar que lle corresponde.

Foi un pracer e un orgullo ser o alcalde do meu pobo.

Nada máis e moitas grazas.

Fene, a 6 de abril, de 2018

Juventino Trigo

https://www.facebook.com/juventino.trigo

Foto: Pleno de moción de censura en Fene. | De Mero Barral para Ferrol360.

Máis info. | Ir Buscador.
________________

sábado, xuño 02, 2012

Fene: Un acordo tácito entre PP e PSOE permite a aprobación do orzamento - BNG: "O PP de Fene prioriza o pago aos bancos fronte á creación de emprego coa axuda do PSOE"

O PP de Fene prioriza o pago aos bancos fronte á creación de emprego coa axuda do PSOE
Un acordo tácito entre PP e PSOE permite a aprobación do orzamento

O goberno local de Fene, dirixido polo popular Gumersindo Galego, aprobou o orzamento para 2012 no pleno do pasado xoves 31. O BNG e IU, con seis votos en contra, fixaron a súa posición como moi crítica coas contas peresentadas polo PP, que avanzaron grazas á abstención do PSOE, quen unha vez máis, lle permite sacar adiante o segundo orzamento municipal ao PP.

O orzamento de Fene, igual que o do resto dos concellos, está moi afectado polas imposicións e improvisacións do goberno do estado en materia económica. As normas impostas polo PP a nivel estatal dificultan moito facer cousas, pero o PP de Fene, vai máis alá do imposto. Por exemplo, pediu obrigado polo estado un crédito ao ICO a un 6,5% en novembro, para pagar facturas da  época de goberno socialista de plena precampaña de 2011. Pois no orzamento de 2012, o PP inclúe unha amortización adicional de 124.000 que non tiñan por que pagar ata 2013. Con esta partida poderíanse ter creado 4 przas de peón so servizo de recollida do lixo durante un ano.

Canto á estructura do orzamento, vense reducidos os investimentos, a pesar de que se incrementan os ingresos en 450.000 pola subida do IBI nun 6%, e  polo incremento das Participacions do estado. Prevese investir uns 500.000 euros, case todo comprometido de Plans de Obras de anos anteriores, que supoñen o orzamento máis baixo para obras dos últimos 15 anos.

En canto aos  gastos, redúcese o gasto de persoal, amortizanse 5 postos  de traballo e incrementan o gasto corrente no Cap. II, que son empresas e servizos subcontratados. Existe un incremento moi importante do gasto financieiro para o pago de intereses e capital dos prestamos que ten pedido o concello.

O orzamento non foi contrastado co movemento asociativo, e consigna subvencions nominativas para actos concretos sen falar coas entidades subvencionadas.

Recortes en servizos sociais

Ademais, o Concelleiro de Facenda minte cando di que amplía a partida de dependencia, cando na realidade, a Xunta de Galiza ten bloqueadas as altas no servizo atención á dependencia e o único que fan e recoller o que se fixo en 2011, que é o que subvenciona a Xunta neste programa.

A posicion do BNG é  en contra porque apostamos pola creacion de emprego, a formacion, a promoción económica e o reforzo dos servizos sociais, moi lonxe do proxecto popular.

Acordo tácito PP-PSOE

Ao igual que sucedera no exercicio anterior, o PP e o PSOE teñen un acordo tácito. O PSOE permite a aprobación do orzamento do PP e este soluciona varios problemas herdados do PSOE, como por exemplo, o Concurso de tapas do ano pasado ou o proxecto da rede WIFI, que están sen pagar  e figuran neste orzamento.

Fene, 1 de xuño de 2012

Web BNG Ferrolterra:

http://www.bng-galiza.org/opencms/opencms/BNG/ferrolterra/seccions/portada






Enviado por:
Novas BNG Comarca Ferrolterra
-sedenacional@bng-galiza.org-
2 de junho de 2012 03:03

______________

luns, abril 06, 2009

ADEGA organiza unha marcha ás mámoas e túmulos de Marraxón no Concello de Fene: Sábado 18 de Abril

ADEGA organiza unha marcha ás mámoas e túmulos de Marraxón no Concello de Fene, para o Sábado 18 de Abril deste 2009, con saída ás 16:30 hras da Igrexa de Sillobre. A excursión terá carácter aberta e será de balde. Expertos coñecedores da zona, Xan Martínez e Carlos Domínguez serán os guias pola zona. A marcha será coordenada polo vocal social de ADEGA: Xesús Oca Ben. Recomendase, ao ser zona de toxeiras, levar roupa de sendeirismo resistente.

[Clicar acima da imaxen para ampliar - Solpor desde Marraxón - Foto Artritix]

COLABORAN: AA VV de Sillobre e MVMC de Marraxón.

Información no Telemóbel: 606 11 98 46

www.adega.info

Nota: As mámoas agrupadas en dous conxuntos no monte Marraxón, parroquia de Sillobre do Concello de Fene, en total suman uns 19 túmulos. As súas medidas oscilan entre os 3 e 5 metros de diámetro, a maior situada no lugar d'O Couto do Rei [o ponto máis alto do Concello: 356 metros], excelente miradoiro da Ría de Ferrol. Neste lugar atópa-se o petróglifo de Marraxón e non moi afastado, na Pena do Picoto, atópase un conxunto de pedras graníticas con gravuras. As mámoas levantaron-se hai unos 5.500 anos, estas son construcións líticas que naceron cun fin estrictamente funerario.
_________________

venres, febreiro 22, 2008

Exposición “ART NATURA”, que se inaugurará o 27 de febreiro ás 20 h na Casa da Cultura do Concello de Fene



Exposición “ART NATURA”, que se inaugurará o 27 de febreiro ás 20 h na Casa da Cultura do Concello de Fene
.

Esta exposición poderá visitarse dende o 27 de febreiro até o 14 de marzo e durante este período terán lugar 3 encontros:

12 de marzo ás 20 h : Encontro con fotógrafos

13 de marzo ás 20 h: Encontro con pintores

14 de marzo ás 20 h: Encontro con escritores


Concelleiro de Cultura e Ensino
Edgar Vigo López

Presidente ADEGA TRASANCOS
Xesús Andrés López Piñeiro

sábado, marzo 24, 2007

Diario de Ferrol: Plantan 70 alisos na contorna do río Cádavo, en Fene, para rexeneralo

En post anteriores faziamosmención ás actividades de ADEGA no Día Internacional da Árbore, hoxe transcribimos a noticia que publica o Diario de Ferrol sobre a actividade realizada no leito do río Cádavo na zona urbana de Fene

Diario de Ferrol
Ferrol | Sábado, 24 de Marzo de 2007

Plantan 70 alisos na contorna do río Cádavo para rexeneralo

Adega promoveu a plantación duns 70 alisos nas marxes do río Cádavo, ao seu paso por Fene, coa intención de regererar uns espazos urbanos, pero moi interesantes desde o punto de vista medioambiental. Adega celebrou con este acto o día dedicado á árbore.

REDACCIÓN > FERROL

Un grupo de medio centenar de persoas interveu nesta operación, que se fixo efectiva a partir das seis da tarde, e que tamén congregou a bastantes curiosos. O alcalde de Fene, Xosé María Rivera Arnoso, e outros membros da corporación, ademais de representantes da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia, Adega, déronse cita na contorna da avenida Tarrío, nas inmediaciones do edificio do mercado municipal, onde se rexistrou unha gran actividade ao longo da tarde.

Desde a formación ecoloxista explicouse que as plantas obtivéronse dun semillero natural que se localiza a escasos metros do lugar elixido para a plantación e destacouse que coa elección do emprazamento do río Cádavo tratouse de imprimir un certo carácter reivindicativo ao acto. Por outra banda, informouse de que os alisos (ameneiros, en galego) foron os que deron o nome ao lugar , "Ou Ameneiral", e considerouse interesante repoboar a zona elixida porque os beneficios asociados a estas contornas pasan por servir de refuxio a aves, invertebrados e mamíferos e por actuar de regulador de determinadas condicións térmicas e da luz. A convocatoria foi un éxito, segundo os organizadores, que consideran probable volver repetir a experiencia noutros lugares do término municipal de Fene.

Enlace coa noticia orixinalno Diario de Ferrol

martes, marzo 20, 2007

Hoje, Terça - Feira, 20 de Março, às 20:00 hrs inauguraçom dumha Mostra do debuxante e artista, Xaquín Marín, na Casa da Cultura de Fene

De: Inácio M. Orero -inaciogz@gmail.com-
Para: "Plataforma Ártabra 21 - A Plataforma da Costa Ártabra, Ortegal e Eume" -artabra21@gmail.com-

Data: 20 de Marzo de 2007 10:04

Asunto: Inauguraçom exposiçom de Xaquín Marín


Hoje, Terça - Feira, 20 de Março, às 20:00 hrs inauguraçom dumha Mostra do debuxante e artista fenés, Xaquín Marín, na Sala de Exposiçons da Casa da Cultura de Fene, organizada por ADEGA -Trasancos.

Com o Medio Ambiente como fondo da Exposiçom, a delegaçom de Trasancos da associaçom ecologista ADEGA, organiza a exposiçom do artista fenés.

O artista gráfico, Xaquín Marín, apresenta umha selecçom das sua obra relacionada co medio ambiente numha mostra aberta ao público em geral, desde o 20 ao 30 de Marzo na Casa da Cultura de Fene.

A exposiçom, organizada pola entidade ecologista ADEGA - Trasancos, aborda os principais temas ambientais galegos, empregando como material gráfico obras criadas do artista fenés nestes últimos trinta anos, acompanhadas de textos, fotos, gráficos e esquemas. Exponhem-se em láminas enmarcadas de 70 x 80 cm.

A mostra podera-se ver de segunda a sexta feira, em horario de tarde de 16:00 a 20:30 hrs e os Sábados polas manhás de 10:30 a 12:30hrs.


--
Inácio Martínez Orero

Telemóvel
645158113