Amosando publicacións coa etiqueta Fontelonga. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Fontelonga. Amosar todas as publicacións

mércores, agosto 12, 2009

Denuncian o peche de servizos de atención ó cidadá no Edificio Administrativo da Xunta en Ferrol

Comunicado de denuncia ós medios
[Revisado coa nova redacción]

A Asociación Veciñal de Esteiro " Fontelonga", queremos denunciar o peche de servizos de atención ó cidadá no Edificio Administrativo da Xunta en Ferrol, o que reflicte unha falta de compromiso da Xunta de Galicia con Ferrolterra e coa cidadanía.

Cando se fala de facilitar os trámites burocráticos e de acercar á Administración Pública á cidadanía en Ferrol e no mes de agosto pechánse as oficinas de Vivenda e na de Pesca se reduce a atención unha hora diaria, obrigando a usuarios e usuarias, no caso de VIVENDA, a ter que desprazarse A Coruña para resolver temas que en materia de tramitación de axudas a vivenda e dado o amplo parque de vivendas públicas que existen en Ferrol, sobre todo en Esteiro e en Caranza, son moitos.

Se o que se pretende e reducir custos na Administración da Xunta de Galicia a conta de que os cidadáns e cidadás teñamos que pagar máis e perder máis horas de traballo, esa política supon unha moi mala xestión.

Nos próximos días , é posible, que tamén a oficina de Xuventude peche ás súas portas. En Dependencia a falla de persoal para facer os pagos motiva un retrasos no pagamento das axudas da Lei de Dependencia.

Hai que recordar que Ferrol é a única cidade de Galicia, segundo publica o DOG do 1 de Maio, que non conta con Delegado Territorial a pesar de ser a terceira comarca de Galicia en número de habitantes e priva de autonomía ó Edificio Administrativo de Ferrol que e un centro dependente da Coruña, a pesar de que máis de 1000 persoas acuden tódolos días a dito Edificio a realizar xestións administrativas

Demandamos que de xeito inmediato se contrate ó persoal necesario, para eso a Xunta de Galicia ten unhas bolsas de contratación, para abrir as oficinas de Vivenda e Pesca en horario completo e garantir que non se peche ningunha outra. A Administración da Xunta tamén ten que favorecer a creación de emprego.

Facemos un chamamento á cidadanía e a tódalas entidades veciñais, confrarías, etc a que presenten reclamacións por rexistro, por este feito discriminatorio con Ferrolterra, e esta Asociación tamén imos formular a oportuna reclamación en defensa dos veciños e veciñas do Barrio de Esteiro.

Demandamos do Alcalde de Ferrol e de tódolos grupos municipais que reclamen da Xunta un trato igualitario e non discriminatorio como o que se está a producir con toda a cidadanía de Ferrolterra a quen a Xunta de Galicia está tratando como cidadáns de segunda clase.

Tamén queremos recordar que temos solicitada, en tempo e forma, no mes de maio unha entrevista do Delegado da Xunta na Provincia da Coruña, D. Diego Calvo, para falar da Escola Infantil Pública de Esteiro, sen ningún resultado polo momento, case catro meses despois.

Ferrol a 11 de agosto de 2009.

Xunta Directiva da Asociación Veciñal de Esteiro " Fontelonga"

Enviado por:
Asociacion Veciñal Fontelonga
-avvfontelonga@mundo-r.com-
11 de agosto de 2009 17:32

_________________

ESTEIRO-FERROL
ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-
Web veciñal
Blog veciñal

_____________________

domingo, xuño 21, 2009

Roteiro polo Barrio de Esteiro, nos actos da Noite meiga de San Xoán, este 23 de Xuño

Noite meiga de San Xoán

Enviamosvos información dos actos do día 23 de Xuño, ós/ás que estades convidados/as.

Queremos recomendar o roteiro polo Barrio de Esteiro, guiado por unha técnica de turismo do Concello de Ferrol, que ten unha hora de duración aproximada e que pate ás 18 horas da Praza de San Amaro xunto á escultura de Leiro e remata no conxunto monumental de Fontelonga.

Dámosvos as grazas pola vosa asistencia e pola difusión dos actos.

Ferrol 19 de xuño de 2009.

Asdo./Xosé Miguel López, presidente

Enviado por:
Asociacion Veciñal Fontelonga
avvfontelonga@mundo-r.com
19 de junho de 2009 20:01


ESTEIRO-FERROL
ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-
Web veciñal
Blog veciñal

________________

A.V. Fontelonga de Esteiro convida a unha conferencia, o 25 de Xuño, de Antoni Domenech: Darwin e as ciencias sociais

Estimada/o amiga/o:

A Xunta Directiva da Asociación Veciñal de Esteiro “ Fontelonga” convidaa/o a participar na Conferencia que, como acto académico institucional do ano Darwin, impartirá Don Antoni Domenech catedrático de Filosofía e das Ciencias Sociais e Morais na Facultade de Ciencias Económicas da Universidade de Barcelona, co título de : Darwin e as ciencias sociais, o vindeiro xoves día 25 de xuño ás 20 horas no Salón de Actos do Vicerrectorado da Universidade en Esteiro.

Con grazas anticipadas saúdao cordialmente,

Asdo./Xosé Miguel López Pérez.
PRESIDENTE


ESTEIRO-FERROL
ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-
Web veciñal
Blog veciñal

________________

sábado, maio 30, 2009

Victor López Seoane, un naturalista de finais do século XIX

A maioría das veces, as persoas que moramos nesta cidade paseamos ou vivimos en rúas e prazas que levan o nome dunha persoa da que descoñecemos quen é e que foi ou que fixo para que o Concello se dignara conceder-lle que un dos espazos públicos da nosa cidade leve o seu nome.

Até non hai moito tempo as nosas rúas e prazas levaban nomes de fascistas que en moitos casos o seu mérito era o de asesinar a súa propia veciñanza para defender os privilexios burgueses e as ideas do fundamentalismo católico, antidemocrático, contra a liberdade, machista, ...

En Esteiro, unha das súas rúas, por iniciativa veciñal, iniciativa que tamén ten unha pequena historia, leva o nome dunha persoa digna, o ferrolán Victor López Seoane, un naturalista de finais do século XIX, do cal imos ter a oportunidade de coñecer a súa obra e vida, pola iniciativa da Asociación Veciñal de Esteiro "Fontelonga" en colaboración coas alumnas e alumnos dos institutos IES Sofía Casanova e IES Saturnino Montojo, Universidade e Concello, que fixeron posíbel o que se chama "Proxecto Naturalista López Seoane" do cal se inaugurará a exposición o vindeiro 4 de Xuño, ás 7 da Tarde no Vicerreitorado de Esteiro e media hora máis tarde haberá unha conferencia de Xosé Antón Fraga, Director dos Museos Científicos da Coruña na Aula Magna de Humanidades.

O presidente da asociación veciñal, X. Miguel López, achega-nos unha imaxe de mostra da exposición, unha moi boa e interesante fotografía [que por razóns de espazo non podemos amosar con toda a súa resolución]

[Clicar acima da imaxe para ampliar]

A asociación veciñal convida á veciñanza a coñecer e gozar do traballo colectivo que é o "Proxecto Naturalista López Seoane" e participar nos actos e conferencias que se van realizar.

Baseado na información enviada pola:
Asociación Veciñal Fontelonga
-avvfontelonga@mundo-r.com-
29 de maio de 2009 19:28


ESTEIRO-FERROL
ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-
Web veciñal
Blog veciñal

______________

Enlaces relacionados:
_________________

xoves, maio 28, 2009

Xoves día 4 de xuño: Exposición e Conferencia sobre o Naturalista López Seoane, en Esteiro

Inauguración da exposición sobre o Naturalista López Seoane o vindeiro xoves día 4 de xuño ás 19 horas no Vicerrectorado da Universidade en Esteiro. A dita inauguración asistirá o Vicerrector da Universidade, D. Luís Barral Losada, a Concelleira de Cultura, Dona Mercedes Carbajales, o Concelleiro de Participación Cidadá, D. Manuel Santiago e o Director dos Museos Científicos da Coruña, D. Xoán Antón Fraga, que posteriormente impartirá unha conferencia sobre o Naturalista López Seoane ás 19:30 na Aula Magna da Facultade de Humanidades en Esteiro.

[Clicar acima da imaxe para ampliar]

Enviado por:
Xosé Miguel López Pérez, presidente da
Asociacion Veciñal Fontelonga
-avvfontelonga@mundo-r.com-
28 de maio de 2009 17:25


ESTEIRO-FERROL
ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-
Web veciñal
Blog veciñal

__________________

Enlaces relacionados:
_________________

venres, maio 01, 2009

Esteiro: Proxecto Naturalista López Seoane

Asociacion Veciñal Fontelonga
-avvfontelonga@mundo-r.com-
1 de maio de 2009 10:53


Achegámoslles información do estado de execución e a secuencia de realización do Proxecto Naturalista López Seoane que está realizando a Asociación Veciñal de Esteiro "Fontelonga" en colaboración coas entidades que se relacionan no documento que achegamos.

Agradecémoslles a difusión desta información.

Ferrol a 30 de abril de 2009.
Xunta Directiva da Asociación Veciñal de Esteiro " Fontelonga ".
Asdo/ Xosé Miguel López Pérez, presidente


Marcha do “proxecto López Seoane”.

Participantes: alumnos/as do IES Sofía Casanova e módulo de imaxe do IES Saturnino Montojo. Grupo Experimental do IES Sofía Casanova e Seminario Permanente “Proxecto López Seoane” do IES Sofía Casanova-Saturnino Montojo.
  • Meses de decembro-marzo, traballo en aula. Aproximación á figura de López Seoane.
  • Mes de abril: inmersión no ambiente de traballo dun naturalista do século XIX.
  • Mes de Maio: visita do director dos museos científicos da Coruña –Casa das ciencias ao IES Sofía Casanova (martes 5 de maio).
  • Visita á casa das ciencias da Coruña e ao “gabinete do naturalista López Seoane”. Traballo de campo e mostras fotográficas.
  • Mes de Maio. Excursión ás fragas do Eume. Traballo de campo e mostras fotográficas.
  • Mes de xuño .Exposición videofotográfica feita polos propios alumnos/as .Do 1 ao 15 no aulario acristalado (pecera) do vicerrectorado do campus de Ferrol.Coordenación a cargo do profesor Jesús Barterrechea.
  • Mes de xuño. Conferencia do profesor Antoni Domenech, catedrático de Filosofía da ciencias sociais e morais da Universidade de Barcelona. Salón de actos do vicerrectorado do Campus de Ferrol.20.:00 h. “Darwin e as ciencias sociais” presentación académica a cargo do profesor José Luis Tasset da Universidade da Coruña. Presenza do vicerrector e alcalde (acto académico institucional conmemorativo do “ano Darwin”) .

ESTEIRO-FERROL

ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-
Web veciñal
Blog veciñal

_____________

Segundo Ciclo de Cine en Esteiro: 7, 14, 21 e 28 de Maio

[Clicar acima das imaxens para ampliar]
Enviado por:

Asociacion Veciñal Fontelonga
-avvfontelonga@mundo-r.com-
1 de maio de 2009 10:59


ESTEIRO-FERROL
ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-
Web veciñal
Blog veciñal


__________________________



luns, abril 20, 2009

Apoio ás demandas da A.VV. Fontelonga de Esteiro para arranxar os danos causados no barrio polos efectos do ciclón Klaus

eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
20 de abril de 2009 12:16



Prezad@s amig@s: vaivos no arquivo un comunicado de prensa do Grupo Municipal de Esquerda Unida en apoio das demandas expresadas pola A.VV. Fontelonga de Esteiro en relación con arranxos ligados ao ciclón Klaus e outros compromisos incumpridos. Grazas pola vosa atención. Un saúdo, Ramiro Marier

Ferrol, 20 de abril de marzo de 2009
  • O CONSELLO GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA SÚMASE AS DEMANDAS EXPRESADAS POLA A.VV. FONTELONGA PARA ARRANZAR AOS DESPERFEITOS NO BARRIO E CAMPUS
  • A VOCEIRA DO GRUPO, YOLANDA DÍAZ, RECLAMA CELERIDADE PARA ARRANXAR AS DESFEITAS PRODUCIDAS E O CUMPRIMENTO DOS OUTROS COMPROMISOS CONTRAÍDOS.
O Grupo Municipal de Esquerda Unida expresa o seu apoio ás demandas da A.VV. Fontelonga de Esteiro nas que reiteran as súas demandas para arranxar os danos causados no barrio polos efectos do ciclón extratropical Klaus, que barreu a cidade o pasado na noite do 23 para o 24 de xaneiro.

Esquerda Unida critica a deixadez para non acometer dende entón a subsanación dos danos producidos polo ciclón cando van tres meses dende o seu paso pola cidade. A enumeración do que non se arranxou deixa en mal lugar a celeridade e dilixencia que requiren estas actuacións: xunto a Casa do Patín hai unha árbore arrincada e un pinsapo deitado; na Praza de Ferrándiz resta un banco rachado xunto a unha pola de grandes dimensións que aínda non se retirou; falta repoñer na Praza Carlos Casares dúas camelias e outras ao carón dos bloques III e II de Fernando VI.

As denuncias reiteradas exténdense as tapas da rede de sumidoiros nas rúas Profesor Vázquez Cabrera e Álvaro Cunqueiro. A asociación denuncia que a situación se arrastra dende hai 14 meses. Prazos inaceptables para conquerir unha resposta eficaz ás demandas da cidadanía.

Esquerda Unida nas verbas da súa Voceira Yolanda Díaz demanda celeridade e dilixencia ao Goberno Municipal para restaurar os danos producidos polo Klaus e mailo cumprimento dos outros compromisos contraídos por EMAFESA E CESPA. A nosa organización así o manifestará na vindeira Comisión de Servizos.

Xunto a isto hai outros compromisos que restan de antano e que distan de materializarse: sinalizacións e outras árbores comprometidas na confluencia con López Porta con Españoleto, no macizo central da avda. de Esteiro e entre Uxío Novoneyra e González Llanos e mías en Eduardo Pondal.
__________________

xoves, abril 16, 2009

Proxecto Esteiro: A veciñanza do barrio na procura da súa memoria histórica

Asociacion Veciñal Fontelonga
-avvfontelonga@mundo-r.com-
15 de abril de 2009 18:05



Esteiro na procura da súa memoria histórica.

A Asociación Veciñal fai un chamado para que as persoas do barrio colaboren na recuperación da MemoriaHistorica contribuindo, con fotos, debiuxos, revistas, libros, ... así como de viva voz, ...

[Clical acima do cartaz para ampliar]
___________

ESTEIRO-FERROL
ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-
Web veciñal
Blog veciñal

__________________________

venres, marzo 13, 2009

Homenaxe ás vÍtimas do 11M2004 en Esteiro

ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-
13 de Marzo de 2009 18:40


Texto leido na Homenaxe ás vítimas do 11 M 2009

Homenaxe ás vítimas do 11 M.
Esteiro, 11 de Marzo de 2009


Sr. Alcalde, señores concelleiros, señoras concelleiras e demais representantes institucionais, representantes sindicais, compañeiros e compañeiras do tecido asociativo da cidade, veciñas e veciñas de Esteiro, moitas grazas por acudir e acompañarnos neste acto.

Na Asociación Veciñal de Esteiro “Fontelonga”, non queremos esquecer o sucedido un día como hoxe, hai xa cinco anos en Madrid nun brutal atentado con 192 persoas mortas, 1500 feridas e que afectou directamente a máis de 5000, enchendo de desesperación e rabia a toda a cidadanía.

Foron asasinados 16 romaneses, 6 ecuatorianos, 5 peruanos, 4 búlgaros, 4 polacos, 3 colombianos, 3 marroquís, 2 ucraínos, 2 dominicanos, 1 brasileiro, 1 guineano, 1 filipino, 1 chileno, 1 cubano, 1 francés e 138 españois.
Non podemos esquecer os mortos e ás mortas, tampouco ós feridos porque as súas familias non merecen que as esquezamos.

Do mesmo xeito que conmemoramos o 8 de Marzo, día internacional da muller traballadora, e o convertemos nun acto de reivindicación dos dereitos das mulleres.

Do mesmo xeito que celebramos o 10 de Marzo como Día da Clase Obreira Galega e o convertemos nun acto reivindicativo dos dereitos dos traballadores e traballadoras.

Deste mesmo xeito temos que celebrar o 11 de Marzo para, ademais de render homenaxe ás vítimas e expresar a nosa solidariedade coas súas familias, convertelo nun acto reivindicativo de afirmación democrática e de loita por un mundo máis solidario e máis igualitario. Un mundo no que para que uns vivamos no estado do benestar, non sexa necesario que outros teñan que vivir na miseria e morrer de fame ou de enfermidades por carencia de medicamentos.

Temos que convertelo nun acto reivindicativo por un mundo en xustiza e paz, onde o terrorismo ou calquera forma de guerra e as causas que as provocan non teñan cabida e sexan rexeitadas por todas e todos nós.

Somos utópicos, buscamos, se cadra, o imposible e cremos firmemente que pode ser realidade. Cremos na paz e na xustiza (non pode haber paz se non hai xustiza) e é aquí onde tódolos cidadáns e tódalas cidadás do mundo debemos ter un papel activo, unidos na única verdade: Apreciar, amar e afondar no que nos une e non no que nos separa. Esta debe seguir sendo a nosa primeira vitoria contra a ameaza terrorista ou calquera outra ameaza de guerra.

Temos como obxectivo, desde a Asociación Veciñal de Esteiro, defende-lo civismo, a tolerancia e a interculturalidade a través do diálogo, aínda que cada día nestes tempos sexa máis difícil que palabras como Paz , Solidariedade, Xustiza e Liberdade, teñan contido e nos leven a esbozar un sorriso escéptico e doloroso, cando se oen en boca de certos prestidixitadores da confusión e o populismo.

Debemos promove-los valores democráticos e defender, por riba de todo, o sistema de dereitos e liberdades establecido na Declaración Universal dos Dereitos Humanos.

Hoxe estamos aquí un grupo plural e representativo de homes e mulleres da cidade e nesa representación o pobo de Ferrol rende a súa homenaxe de respecto e solidariedade ás vítimas do 11 M e ás súas familias. Vítimas como Angélica González García que hoxe tería 24 anos e ía nun dos trens da morte.

Moitas Grazas !

Xunta Directiva da Asociación Veciñal de Esteiro “Fontelonga” .
Asdo. / Xosé Miguel López Pérez.
Presidente
__________________

ESTEIRO-FERROL
ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-

Web veciñal
Blog veciñal


A Asociación Veciñal de Esteiro "Fontelonga" vimos realizando unha campaña para que a Xunta de Galicia cumpra o seu compromiso de facer unha escola infantil pública en Esteiro
POR UNHA ESCOLA INFANTIL PÚBLICA EN ESTEIRO !
[ +Info]


________________

domingo, marzo 08, 2009

Homenaxe, en Esteiro, ás vítimas do 11M2004

ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
avvfontelonga@mundo-r.com
8 de março de 2009 11:35


O vindeiro mércores día 11 de Marzo cúmprese o quinto aniversario dos asasinatos de Madrid, onde case 200 persoas perderon a vida. A Asociación Veciñal de Esteiro"Fontelonga" non queremos que se esqueza e imos, como cada ano, renderlle homenaxe e recoñecemento ás vítimas e reivindicar un mundo en xustiza e paz no que o terrorismo e calquera outra forma de guerra, non teñan cabida.

Ás 17 horas do citado día na Praza das Vítimas do 11M, no cruzamento das rúas Ánimas e San Ramón, preto do Pavillón Municipal de Deportes de Esteiro, imos celebrar un acto aberto a toda a cidadanía.

Consistirá:
  • Lectura dun comunicado da Xunta Directiva de Fontelonga.
  • Ofrenda floral.
Interpretación de dúas melodías a cargo de dous gaiteiros.

A este acto está convidado o Alcalde de Ferrol e tódolos grupos Municipais , Centrais Sindicais e todo o tecido Asociativo da Cidade.

Agradecémosvos a difusión do acto e a asistencia ó mesmo.

Moitas Grazas.

Xunta Directiva da Asociación Veciñal de Esteiro " Fontelonga "
Asdo../Xosé Miguel López, presidente


CONVITE

Prezado/a amigo/a:

A Xunta Directiva da Asociación Veciñal de Esteiro “ Fontelonga”, queremos convidarte ó acto de lembranza das Vítimas dos asasinatos do 11 de Marzo do 2004 en Madrid, no seu quinto aniversario.

Este acto terá lugar o mércores día 11 de marzo de 2009 ás 17 horas, fronte ó monumento erixido na súa honra no cruzamento das rúas San Ramón e Ánimas, preto do Pavillón Municipal de Deportes de Esteiro.

Agardamos contar con vós nese acto.

Saúdos afectuosos e moitas grazas.

X. Miguel López Pérez, presidente da A.VV. de Esteiro “ Fontelonga”.


_________________

ESTEIRO-FERROL
ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-

Web veciñal
Blog veciñal


A Asociación Veciñal de Esteiro "Fontelonga" vimos realizando unha campaña para que a Xunta de Galicia cumpra o seu compromiso de facer unha escola infantil pública en Esteiro
POR UNHA ESCOLA INFANTIL PÚBLICA EN ESTEIRO !
[ +Info]

_______________________

martes, marzo 03, 2009

Escola Infantil Pública en Esteiro

ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-
1 de março de 2009 11:16


A Asociación Veciñal de Esteiro "Fontelonga" vimos realizando unha campaña para que a Xunta de Galicia cumpra o seu compromiso de facer unha escola infantil pública en Esteiro, a outra estase construíndo en Caranza. O remate desta campaña será o día 22 de marzo.

Pedimos a vosa colaboración na recollida de sinaturas, se vos parece ben, e que no las fagades chegar antes do día 17 de marzo.

Moitas grazas e un saúdo.

Xunta Directiva da Asociación Veciñal de Esteiro " Fontelonga".

Asdo./X. Miguel López Pérez, presidente

Baixar o Escrito de recollida de asinaturas reivindicando unha Escola Infantil para Esteiro, en formato -pdf- , do arquivo do Colectivo Ártabra 21.

ESTEIRO-FERROL
ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-

Web veciñal
Blog veciñal

_______________________

Ciclo de Cine en Esteiro

ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-
3 de março de 2009 17:55


Achegámosvos información do ciclo de cine que a Asociación Veciñal de Esteiro " Fontelonga" organizamos nos Cines Duplex e que comezan este xoves día 5 de Marzo.

Agradecémosvos a súa difusión e, por suposto, a vosa asistencia.

Asociación veciñal de Esteiro "Fontelonga".

Asdo./ Fernando Naveiras " Fefi"

Cinesteiro
  • Xoves 5 Marzo, 20:00 horas Xoves, proxectara-se: " Suspense"
  • Xoves 12 Marzo, 20:00 horas , proxectara-se: "A parada dos monstros"
  • Xoves 26 Marzo, 20:00 horas, proxectara-se: "O Cebo"
  • Xoves 2 Abril, 20:00 horas, proxectara-se: "A Escaleira de Caracol"

Organiza: Asociación veciñal de Esteiro "Fontelonga"

Todas as proxecións terán lugar no Cine Duplex de Esteiro, as 8 da Tarde

[Clicar acima das imanes para ampliar]

ESTEIRO-FERROL

ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-

Web veciñal
Blog veciñal
__________________

mércores, febreiro 25, 2009

Ciclo cine en Esteiro

ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-
24 de Fevereiro de 2009 19:27


[Clicar acima da imaxe para ampliar]

Enviámosvos cartel anunciador do ciclo de cine que a Asociación Veciñal de Esteiro "Fontelonga" imos realizar durante catro xoves, tres de marzo e o primeiro xoves de abril, nos cines Duplex de Esteiro con entrada de balde.

Agradecemos a difusión do mesmo e estades convidados
____________________

sábado, decembro 27, 2008

A Asociación Veciñal de Esteiro " Fontelonga ", sobre a cantidade pactada para orzamentos participativos entre os grupos municipais de PSOE e BNG

De: ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA -avvfontelonga@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 26 de dezembro de 2008 17:51
Asunto: Na defensa da participación cidadá




Na defensa da participación cidadá

Na última xuntanza do pasado luns a Asociación veciñal de Esteiro " Fontelonga", acordamos facer pública unha nota de prensa que exprese a nosa disconformidade co acordo de Orzamentos Municipais do 2009 subscrito entre os grupos municipais BNG e o PSOE no referente a Presupostos Participativos. Como se recolle nos xornais acordaron unha cantidade de 100.000 euros para o concepto de Participación Cidadá no referente a Orzamentos Participativos, cantidade absolutamente ridícula e que amosa pouco interese, aínda que se manifeste o contrario, pola Participación Cidadá .

O Foro Cívico celebrado no Campus de Esteiro no que participaron 70 entidades asociativas de Ferrol, acordamos unha experiencia piloto para o ano 2009 en canto a orzamentos participativos.

Na xuntanza mantida co alcalde de Ferrol e o concelleiro de Participación Cidadá o Grupo de Análise e Proposta(GAP) lle trasladamos a necesidade de consignar a orzamentos participativos cando menos un millón de euros ( no concello de Fene teñen 240.000 euros e mesmo en San Sadurniño superan a cantidade que propoñen os grupos municipais do PSOE e BNG para Ferrol).

Non sabemos se tamén se pactou en que barrio ou parroquia se vai poñer en marcha a experiencia piloto dos 100.000 euros ou vai ser esta unha decisión colectiva de participación cidadá.

Recordar que a posteriori da xuntanza mantida co Alcalde, Sr Irisarri, a Ferrol lle tocou a lotería de 13 millóns de euros máis aportados polo Goberno do Estado e malia todo se acordan 100.000 euros que e o que custa calquera reparación de fochas ou calquera pequena obra que se fai nun barrio ou parroquia

Facemos un chamamento a tódalas entidades asociativas de Ferrol, especialmente ás que participaron no Foro Cívico e no Grupo de Análise e Proposta para acordar, se así o estiman, un documento conxunto que rexeite esa cantidade acordada de 100.000 euros, por insuficiente, ridícula e que expresa pouca vontade de desenvolvemento da Participación Cidadá.

Como diciamos no Pleno onde interviñemos, malia que se diga o contrario, a Participación Cidadá está en serio perigo, non hai máis que ver que imos rematar o ano 2008 e o novo Regulamento de Participación Cidadá, dous meses despois de rematado, segue pendente do informe xurídico do Secretario do Concello para poder ir á Comisión correspondente e ser aprobado, se así o estima, polo Pleno do Concello de Ferrol para poder logo abrir o prazo de alegacións pertinentes antes da súa posta en vigor.

Tamén queremos recordar que en dito Pleno manifestamos que non iamos quedarnos quedos si se pretendía parar o proceso de Participación Cidadá, agardamos que os grupos municipais do PSOE e BNG, reconsideren a súa decisión.

Ferrol a 24 de decembro de 2008.

Xunta Directiva da Asociación Veciñal de Esteiro “Fontelonga”.

Asdo./Xosé Miguel López Pérez, presidente

ESTEIRO-FERROL
ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-

Web veciñal
Blog veciñal

_____________________

Enlaces relacionados:

O BNG apoiará ao PSOE de Ferrol para aprobar os orzamentos Diario dixital de información sobre Galiza e resto do Mundo. Tamén Seccións de Opinión, o tempo, deportes, etc.

El BNG apoya al PSOE de Ferrol para aprobar los presupuestos ...Romper la coalición con Izquierda Unida está poniendo en más de un aprieto al alcalde de Ferrol, Vicente Irisarri. El regidor criticó ayer la "extraña ...

Galicia | Pacto económico de PSOE y BNG contra el "torpedeo" de la ... 21 Dic 2008 ... ferrol convulso. Pacto económico de PSOE y BNG contra el "torpedeo" de la oposición. Irisarri logra el apoyo nacionalista a unos ...

Borrador de regulamento de participación veciñal
__________________

sábado, novembro 01, 2008

Manifesto dun grupo de persoas do movimento veciñal, sindical e social, así como ex-concelleir@s, elaboran un manifesto pola unidade progresista

De: ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
Para: artabra21@gmail.com
Data: 1 de novembro de 2008 13:01
Asunto: UN GRUPO DE CIDADÁNS E CIDADAS, A TITULO PERSOAL, ANTE A SITUACION DO CONCELLO DE FERROL




Cidadáns/ás por un Goberno de Progreso en Ferrol


UN GRUPO DE CIDADÁNS E CIDADÁS, A TÍTULO PERSOAL, ANTE A SITUACIÓN DO CONCELLO DE FERROL, MANIFESTA

En Ferrol hai unha maioria de esquerdas, como se demostrou nas últimas eleccións municipais. O seu triunfo foi en grande medida grazas á presión dos movementos sociais, mobilizados contra das políticas regresivas do Partido Popular.

A ruptura do Goberno Bipartito pon en risco a execución de importantes proxectos que se viñeron xestando nos últimos meses: Regulamento de Participación Cidadán, Recimil, Urbanización do Bertón, Estrada de Castela, Tren ao Porto Exterior etc., que supoñían abordar desde unha óptica progresista, os problemas da cidade.

Resúltanos de todo punto de vista inaceptabel que, máis aló das diferencias puntuáis entre os dous socios de Goberno, se chegase á ruptura.

En todo caso, independentemente das causas da mesma, consideramos que a responsabilidade contraida coa a cidadanía obriga a reconducir a situación. Emprazamos ás dúas forzas políticas a sentarse para recuperar a unidade progresista, incorporando a este proceso ao BNG, para traballar no que queda de mandato a prol da cidade.

Estamos convencidos de que hai tempo para que un Goberno de Progreso poida desenvolver unha xestión fructífera para o avance da cidade e ser un referente, sobre todo nestes tempos, para o resto de Galicia.

Ferrol a 31 de Outubro de 2008

Abelleira Souto, Xulio
Barrera Beitía, Enrique
Beceiro Mosquera, Emilio
Cendán Dopico, Manuel
Cuadrado Caruncho, Marichy
Dobarro Paz, Xosé María
Durán Rodríguez, María Jesús
Ferrández Rivera, Guillermo
Ferrández Rivera, Pedro
Fra Molinero, Eduardo
Garel Novás, Montse
Gómez Rodríguez, Salustiano
Hermida Dopico, Eduardo
Lastra Muruais, Xosé
Leira López, Xosé
López Pérez, Miguel
López Pérez, Xoan
López Pintos, Xesús Anxo
Méndez Fonte, Rosa
Mera Navieras, Luis
Montero Baquedano, Rafael
Pillado Lista, Rafael
Piñeiro Diaz, Carlos
Rodríguez Calvo, Gonzalo
Sabio Maroño, María Luisa
Yáñez Castro, José Luis
Zaera Ríos, Eliseo

Aquelas persoas ou entidades que desexen adherirse a este Manifesto, poden comunicalo a través de e-mal a esta dirección electrónica:

gobernodeprogreso@gmail.com
__________________

ESTEIRO-FERROL
ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-

Web veciñal
Blog veciñal

_____________________

xoves, setembro 25, 2008

A Plataforma Cidadá en Apoio ao Cabo Gago convoca unha reunión no Ateneo Ferrolán o vindeiro

De: ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-

Para: artabra21@gmail.com

Data: 25 de setembro de 2008 12:34

Asunto: Convocatoria de reunión da Plataforma Cidadá en Apoio ó Cabo Gago



A Platorma Cidadá en Apoio ao cabo Gago convoca unha reunión no Ateneo Ferrolán o Mércores día 1 de Outubro, ás 8 da tarde

A Plataforma Cidadá en Apoio ó Cabo Gago, composta por máis de 24 organizacións, ten o pracer de convidarlle a unha reunión de sociedades sociais, culturais, deportivas, de mulleres, ecolóxicas, etc. no local do Ateneo, Rúa Magdalena 202-204, 1º, para informar e debater os seguintes puntos:
  • Explicala situación na que se atopa o expedinte ó Cabo Gago.
  • Informar de temas legais con respecto o seu caso, e apoiar a manifestación que a Plataforma ten convocada para o Día 12 outubro as 12 do mediodía.

UN PEQUEÑO RESUMO DA SITUACIÓN:

O 19 de decembro de 2005 rebentou unha caldeira na Fragata Extremadura levando por diante a vida de dous tripulantes.

Durante o acendido das caldeiras houbo unha serie de graves anomalías premonitorias do fatal accidente. En varias ocasións o Cabo Jorge Gago, entre outros, alerta do perigo de continuar coas caldeiras acesas. Os elevados índices de cloro na auga, que ían sendo confirmados cos análises en laboratorio, recomendaban o apagado das mesmas. A caldeira de popa daba índices de 11 unidades e a de popa 12. Estas cantidades son máis de 7 veces superiores as que, tanto os manuais xenéricos coma o libro de caldeiras do barco, recomendan o apagado e extracción de auga.

As advertencias son desoídas polo brigada de garda que se comunica telefonicamente co Xefe de Máquinas que daba ordenes desde a casa onde se atopaba porque, como deixou dito, vivía a menos de 10 minutos do Arsenal. As fatais ordenes a distancia tiveron como consecuencia o rebentón dunha das caldeiras, levando por diante a vida do mariñeiro Erik Noval e do Cabo 1º Francisco Pérez Castrillón. O Xefe de Máquinas tarda dúas horas en chegar.

A intervención do Cabo Gago e dun compañeiro, Cabo electricista Vila, é decisiva para impedir que se propague polo resto do buque e desaloxo ordenado da tripulación. Esta actitude e premiada con hasta cinco recoñecementos e felicitacións personalizadas pola súa valente intervención. Temos a vosa disposición fotocopia das referidas felicitacións, incluso con anotación en currículo.

A fina liña que na vida de Jorge separa o paso de “heroe recoñecido a vilán perseguido”, é imperceptible. O pequeno linde son unhas declaracións públicas, declaracións que xa tiña feito diante do Xuíz Togado Militar nas dilixencias previas en sesións públicas.

Estas declaracións foron unha boa escusa para que o accidente pase a ser secundario, os mortos e vítimas esquecidas, as felicitacións en aguillóns contra o propio Jorge, a transparencia en opacidade e os dereitos constitucionais sometidos militarmente.

A condena comunicada a Jorge de dous meses de prisión en Establecemento Disciplinario Militar e unha condena a os dereitos cidadáns.

Asinado, Santiago Torrente

Portavoz Plataforma Apoio Cabo Gago

Ferrol, 24 Setembro, 2004
____________________

ESTEIRO-FERROL
ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-

Web veciñal
Blog veciñal

_____________________

sábado, setembro 06, 2008

A Asociación Veciñal de Esteiro " Fontelonga" acorda formar parte da Plataforma Cidadá en Defensa do Cabo Gago

De:ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA -avvfontelonga@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 5 de setembro de 2008 12:01
Asunto: Acordamos formar parte da Plataforma Cidadá en Defensa do Cabo Gago, convencidos de que defender ó cabo Gago é defender á Xustiza e a Democracia.




A Asociación Veciñal de Esteiro " Fontelonga", cando se van cumprir o vindeiro día 8 de decembro 30 anos da aprobación da Constitución do Estado Español que formaliza un réxime de liberdades políticas, poñendo fin á ditadura franquista, queremos DENUNCIAR que estas liberdades democráticas non existen nas Forzas Armadas e se quere mandar á cadea a unha persoa por cumprir co seu deber e sobre todo por deci-la verdade: O cabo Jorge Miguel Gago Chao o único que fixo foi cumprir co seu deber e non só non é merecente de ningún castigo senón que hai que agradecer o seu comportamento que evitou unha catástrofe, aínda maior, na fragata Extremadura que puido rebentar,a fectando á Reganosa e a Forestal del Atlántico, que puido ser mortal para a cidadanía de Ferrol e Mugardos como o foi para Erik Noval e Francisco Castrillón.

A Asociación Veciñal de Esteiro " Fontelonga" acordamos formar parte da Plataforma Cidadá en Defensa do Cabo Gago, convencidos de que defender ó cabo Gago é defender á Xustiza e a Democracia.

Expresamos con este comunicado ó noso apoio tanto a Jorge Miguel como á súa familia e facemos un chamamento á toda a cidadanía da comarca de Ferrol e de todo Galicia a que participen na concentración do vindeiro xoves día 11 de setembro ás 20 horas fronte ó Arsenal de Ferrol.

Ferrol a 5 de setembro de 2008.

Xunta Directiva da Asociación Veciñal de Esteiro " Fontelonga"

Asdo./Xosé Miguel López Pérez , presidente
________________
ESTEIRO-FERROL
ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-

Web veciñal
Blog veciñal

____________

sábado, xullo 26, 2008

Asociacións das zonas urbana e rural piden melloras en tódalas liñas

De: ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 25 de julho de 2008 11:59
Asunto: Asociacións das zonas urbana e rural piden melloras en tódalas liñas


Asociacións das zonas urbana e rural piden melloras en tódalas liñas
Diario de Ferrol 25.07.08

A convocatoria de asamblea feita con urxencia pola Asociación de Veciños de Ferrol Vello ante a supresión de servizos levada a cabo de forma unilateral por Rialsa tivo un grande éxito de convocatoria. A pesares da premura con que se artellou a cita, máis dunha ducia de representantes de entidades veciñais, tanto da zona urbana coma do rural, asistiron a este encontro.

Desta cita saiu un primeiro documento no que este colectiva manifesta o seu desacordo coa “reducción drástica de liñas” adoptada por Rialsa. Os colectivos veciñais cuestionaron, neste senso, as cifras dadas pola compañía nas que xustificaba esta medida na falta de pasaxeiros. “Se á empresa non lle interesa atender este servizo, que se recupere a concesión e se convoque un novo concurso”, dixo Alberto Saavedra, presidente da AVV Ferrol Vello.

Pero non se quedaron soamente nesta problemática, senón que ademais reclaman melloras nos servizos que prestan as compañías concesionarias das liñas de transporte de viaxeiros na área metropolitana. Neste sentido, expuxeron a necesidade de aumentar as liñas existentes, facendo fincapé en mellorar os desprazamentos a puntos clave, como os centros de saúde ou colexios, entre outros.

Ao respecto, Alberto Saavedra sinalou que “o descontento é xeralizado, por esta razón queremos que se conte coa opinión dos usuarios e participar con empresa, Xunta e Concello nas conversas que se poidan levar a cabo ao respecto do transporte de viaxeiros”, engadiu.

Este colectivo chama a sumarse ás súas demandas a novas asociacións de veciños e sociais. En vindeiras datas entregarán un escrito oficial con elas ás administracións autonómica e local.
___________

sábado, xuño 07, 2008

Nova manipulación informativa de "La Voz de Reganosa"

De: ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 6 de junho de 2008 17:04
Asunto: Nova manipulación informativa de La Voz de Reganosa



Nova manipulación informativa de "La Voz de Reganosa"


Ven de producirse unha nova sentenza do TSXG contraria a Reganosa e xa é a terceira. Esta sentenza se produce un día antes de que entre un novo gaseiro ilegal e dous días antes da multitudiaria manifestación que se vai producir o domingo día 8 de xuño convocada polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, tres días despois de que veciños e veciñas de Ferrol estean pechados no Concello para defende-la vida, a ría, o marisqueo e o patrimonio. Días despois de que Reganosa estivese presentando o seu chamado Plan de Emerxencia por todo o Estado para facer un lavado de cara.

Pois para La Voz de Reganosa a noticia aparece escondida nas páxinas locais de Ferrol e no apartado de Comarcas e a palabra Reganosa non aparece no encabezamento da noticia e ó longo da mesma aparece unha vez e para argumentar o recurso de Reganosa ó Tribunal Supremo.

Continúa o rigor informativo e a transmisión da verdade da que ven facendo gala La Voz de Reganosa e sobre todo a Delegación de Ferrol que dirixe Miguel Angel Souto.

Non aparece nas páxinas de Galicia nin nas páxinas de Economía , aparece na edición local e en comarcas.

Absolutamente noxento.

[Clicar acima da imaxe para ampliar]
_____

ESTEIRO-FERROL
ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-

Web veciñal
Blog veciñal

____________

Enlaces Relacionados:

O Comité Cidadán de Emerxencia valora o fallo do Tribunal Superior de Galicia ...
soitu.é - fai 19 horas
Ferrol.- O Comité Cidadán de Emerxencia pola Ría valorou hoxe o fallo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que dá a razón aos veciños fronte a Reganosa ao entender que a modificación puntual do PGOM de Mugardos, que permitiu a localización da planta, debía incluír unha declaración de impacto ambiental polo cambio de usos no chan.

Entrevista Rafael Pillado - Descargar


Actualizado o Noticario a sábado 7 de Xuño:


__________