Amosando publicacións coa etiqueta Inmigrazón. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Inmigrazón. Amosar todas as publicacións

xoves, decembro 03, 2015

Homenaxe a Susana Alaníz, como recoñecemento ao seu importante labor de tanto tempo en todas as temáticas sociais, especialmente co colectivo Inmigrante


Homenaxe a Susana Alaníz


Onte á tarde a Asociación de Mobilidade Humana, celebrou en Narón un acto titulado ”Muller Migración e Violencia”, coa participación de especialistas e Asociacións e a colaboración dos Concellos de Ferrol e Narón.

No marco deste acto dedicáronlle unha sinxela e emotiva homenaxe á nosa compañeira Susana Alaníz, responsable da área de Inmigración na A.C. Fuco Buxán, como recoñecemento ao seu importante labor de tanto tempo en todas as temáticas sociais, especialmente co Colectivo Inmigrante.

Desde Fuco Buxán sumámonos a esta merecida homenaxe e felicitamos entrañablemente a Susana e tamén á Asociación Mobilidade Humana, pola iniciativa e polo éxito da xornada.

ÁLBUM FOTOGRÁFICO
--
Asociación Cultural Fuco Buxán: Dirección: Rúa Armada Española, 32 baixo - 15406 - Ferrol (A Coruña) Apartado Correos: 240 - C.P. 15400 - Ferrol Telefono: 981325492 Email:  fucobuxan@gmail.com

Visita a nosa web: www.fucobuxan.net

BlogFacebook | Twitter | Google

Enviado por:
A.C. Fuco Buxán Fuco Buxán
-fucobuxan@gmail.com-
29 de novembro de 2015 14:36
______________

martes, xuño 16, 2015

En Ferrol, como en centos de cidades de todo o Planeta, tivo lugar unha Acción no Día Internacional contra os CIEs -Centros de Internamento de Estranxeiros - International Day to Close Detention Centres - Foro Galego da Inmigración - Vídeo


FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
15 DE XUÑO DE 2015
DERRIBANDO FRONTEIRAS
Campaña Internacional contra os CIEs

O  Foro Galego da Inmigración convocou este Luns día 15 de Xuño, unha acción simultanea en diferentes cidades de Galiza, dentro da Campaña Internacional do 15X contra os CIEs (International Day to Close Detention Centres). En Ferrol, como noutras cidades do Planeta, tivo lugar unha acto de denuncia, neste caso o acto consistiu na representación dun flahmob, onde foi relatada a vida nos CIEs desde diferentes procedencias xeográficas e onde as persoas son nomeadas por un simbólico número. Posteriormente presentou-se o Manifesto "Derribando Fronteiras", lido pola integrante do Foro en Ferrol, Susana Alaníz, que reproducimos neste escrito, así como un detalle da lectura do mesmo en vídeo.

Este día polo peche dos Centros de Internamento de Estranxeir@s -CIEs, denuncia, ademáis, un conxunto de agresións que sofren as persoas migrantes, especialmente ás que se atopan en situación de irregularidade administrativa, no referente aos seus dereitos fundamentais no conxunto do Estado e tamén en Galiza.

Así "Derribando Fronteiras",  pretende chamar a atención sobre as diferentes fronteiras que sufren ás persoas migrantes en Galiza e no Conxunto do Estado: ás físicas das vallas, CIEs ou deportacións; e tamén as menos visíbeis, dos recortes e limitacións de dereitos que sofre este colectivo en Galiza (prestacións e axudas sociais, atención sanitaria, persecución policial, ou explotación laboral).


https://youtu.be/fWjWxgpwKzs

Manifesto

DERRIBANDO FRONTEIRAS

O 15 de Xuño é o Día Internacional polo Peche dos CIEs, Centros de Internamento de Estranxeiros (International Day to Close Detention Centres). Centros de amoreamento de persoas onde, por lei, se pode estar ata 60 días esperando unha suposta deportación que, moitas veces non se levará a cabo. As condicións son infrahumanas e se exerce sobre persoas que como única falta é carecer dun papel que o converta en persoa residente neste país. Estamos pois, diante dunha represión racista. Unha fronteira que deberiamos derribar.

Pero as fronteiras van moito máis aló dos propios CIE. Día tras día, as persoas inmigrantes están sendo sometidas a redadas e identificacións masivas por motivo de raza ou cor de pel. Redadas que se están executando inclusive nos propios domicilios.

Non nos podemos esquecer da Fronteira Sur, das vallas de Ceuta e Melilla e as ilegalidades que está cometendo o goberno coas expulsións “chamadas en quente” que non son outra cousa que expulsións ilegais. Con todo isto, estase conseguindo a expulsión indiscriminada de persoas e evitando así conceder asilo ás que chegan fuxindo dunha morte segura polos seus países; moitos deles en conflitos bélicos.

Temos outra fronteira fortemente armada nas Deportacións de poboación inmigrante. O goberno do Estado español e empresas nacionais estanse lucrando cos respectivos voos de Deportación. Empresas do grupo Globalia, onde pertencen Air Europa, Viajes Halcón, Viajes Ecuador, Travelplan ou Pepe Phone... son parte de todo este entramado O goberno aprobou con esas empresas algo máis de 12 millóns de Euros para este ano 2015 e para o 2016 en voos de Deportación.

A represión á que é sometida a poboación inmigrante ten outras fronteiras que se volven invisíbeis. A vulneración dos seus dereitos sociais. A presión e toda a burocracia que teñen que salvar para conseguir unha tarxeta de residencia ou que lle presten atención sanitaria é, desde logo, bastante indignante e violenta... A impotencia vólvese o sentimento máis grande; e a sumisión a aceptar as condicións de escravitude nos precarios empregos que atopan, fai que sexa unha poboación cargada de medo. Medo a ser vista, medo a ser oída; medo a camiñar libremente.

Derribemos as fronteiras que nos separan. Os seres humanos somos todos un. Non importa raza, cor, relixión.

Ningunha persoa é ilegal.

Non máis represión á poboación inmigrante

Para máis información:
Miguel Fernández (662-307019)
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142
http://www.forogi.wordpress.com
_____________

xoves, marzo 06, 2014

Concentración en Ferrol polos dereitos d@s inmigrantes.


Convocadas polas asociacións RUMIÑAHUI e Fuco Buxán, e co apoio do Foro Galego da Inmigración e a Plataforma Alianza Social Galega, máis dun cento de persoas reuníronse na Praza do Concello de Ferrol para mostrar a solidariedade coas persoas inmigrantes e denunciar a situación na fronteira de Ceuta e Melilla, onde a diario pérdense vidas humanas que aspiraban a ter un futuro mellor. Ao final do acto gardouse un minuto de silencio polas miles de vítimas que xacen nas augas do Mediterráneo, polas vítimas de Lampedusa e polos inmigrantes masacrados o pasado mes de febreiro.

No vídeo pode-se escoitar o interesante comunicado lido por Soledad Lucero e Susana Alaníz, representantes das organizacións que convocaron, no nome do Senegalés Serín que estaba presente na concentración.


______________

domingo, decembro 15, 2013

"Manifesto: En defensa dos Servizos Sociais Públicos" - 17 de Decembro en Ferrol - O Foro Galego de Inmigración no Día Internacional das Migracións


18 de Decembro: Día Internacional das Migracións


FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN

O Foro Galego de Inmigración convoca o acto central do 'Día Mundial das Migracións' en Ferrol, o vindeiro Martes 17 de Decembro.

As actividades previstas son:

Martes 17 de Decembro:
  • Rolda de prensa informativa ás 11:00hs diante do Pazo Municipal na Praza do Concello de Ferrol, para presentar o Manifesto:
    "EN DEFENSA DOS SERVIZOS SOCIAIS PÚBLICOS".
  • Entrega posterior do Manifesto no rexistro municipal de Ferrol dirixido ao Alcalde da cidade, na súa calidade de rexedor municipal e de Presidente da Federación Galega de Municipios.
Mércores 18 de Decembro:
  • Actuación Complementaria do Acto do Día das Migracións, que consistirá na presentación o mércores día 18 de decembro por rexistro municipal do Texto do "Manifesto, En defensa dos Servizos Sociais Públicos", noutras cidades e vilas de Galicia como Santiago, A Coruña ou Boiro.
O Manifesto reclama a esixencia da garantía dos dereitos básicos por parte das distintas administracións e a execución de medidas urxentes para encarar a actual situación de pobreza e exclusión social que vive o colectivo de persoas migrantes en Galiza e no resto do Estado Español, xunto con moitas outras persoas e colectivos. Crítica a política de benestar social dos gobernos galego e español, e por iso solicita o posicionamento público dos concellos galegos en defensa dos servizos sociais públicos.

Para rematar, reclamando e alentando á loita na defensa dos principais piares do estado de benestar: educación, saúde, pensións, prestacións e servizos sociais para o colectivo de persoas migrantes de Galiza e do resto do Estado Español.

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
ACTO CENTRAL DO DÍA DAS MIGRACIÓNS
MANIFESTO: EN DEFENSA DOS SERVIZOS SOCIAIS PÚBLICOS

O Foro Galego de Inmigración formado por asociacións de migrantes, entidades , colectivos e persoas de toda Galiza, coincidindo co Día Mundial das Migracións, quere facer público o seguinte Comunicado:

Esiximos a garantía dos dereitos básicos  por parte das distintas administracións e a execución de medidas urxentes para encarar a actual situación de pobreza e exclusión social que vive o colectivo de persoas migrantes en Galiza e no resto do estado español

Consideramos intolerable que a alternativa que presenta o goberno de Feijóo, ante a dramática situación económica e social de moitas familias galegas de cara o vindeiro ano, é o incremento dos recursos de beneficencia. Comedores sociais, albergues e bancos de alimentos suman unha importante partida orzamentaria da Consellería de Traballo e Benestar. As actuais políticas sociais galegas delegan en organización relixiosas e de esmola a cobertura de necesidades básicas como os alimentos, os suministros enerxéticos ou o pago da vivenda. Existe unha constante agresión dos dereitos que se xustifican na falta de medios económicos, culpabilizando á poboación máis empobrecida, entre elas a poboación migrante, dun colapso dos recursos e axudas sociais.

Esiximos dotación económica e axilidade na tramitación e resolución da renda de integración social de Galiza (RISGA) sendo na actualidade a única alternativa económica de sustento cando finalizan as prestacións de desemprego. A día de hoxe cobran esta prestación 9.600 persoas, pero a demanda é moi superior a esta cifra. Requisitos como a presentación de documento de identidade ou o empadroamento; exclúen a moitas persoas migrantes en situación de irregularidade administrativa ou con estancia no territorio galego inferior ó ano. Tamén denunciar a espera de máis de seis meses da súa resolución, sendo unha táctica ruín para excluír desta prestación a mulleres e homes en situación de pobreza. Así como o abuso do control e supervisión dunha parte do persoal dos servizos sociais de atención primaria e a arbitrariedade e actitudes racistas que trascenden nalgúns informes sociais.

Incidimos na necesidade de promover o debate de novas alternativas que permitan satisfacer as necesidades de tódalas persoas como é a renda básicas das iguais (RBis). Medidas viables tanto política como economicamente, que cuestionan o actual sistema capitalista e as políticas neoliberais que amparan o terrorismo financerio que estamos a sufrir o conxunto da cidadanía.

Coa tramitación parlamentaria da lei de reforma e sostibilidade local por unha banda, por outra a axencia galega de servizos sociais e a futura lei de inclusión social de Galicia o goberno do PP está  impulsando o desapoderamento municipal dos servizos sociais e facilita a liberalización dos servizos á xestión de empresas privadas. Estrangúlanse os cadros de persoal dificultando a permanencia de moito servizos públicos e imposibilita o desenvolvemento de programas municipais educativos e sociocomunitarios.

Por todo isto, urxe a resistencia e reflexión colectiva, espazos de loita ante as actuais agresións os dereitos do estado de benestar. Para así, compartir vidas onde sanidade, educación, prestacións, servizos sociais... sexan en condicións de dignidade e igualdade para a poboación migrante.

Ferrol, 17 de Decembro de 2013.

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 - Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es - 981-576 142
www.forogi.wordpress.com

Enviado por:
susana beatriz alaníz gonzález
-sual259@hotmail.com-
13 de dezembro de 2013 16:12

______________

martes, novembro 05, 2013

A Inmigración a debate - Venres 8 de Novembro Café-Tertulia, con María Teresa Bustamante, Susana Alaníz, Carlos Varela e Lucía Vizoso


CAFÉ-TERTULIA EN ZUCRE


Café-Faladoiro organizado por Espazo Ecosocialista Galego de Ferrolterra, para coñecer e debater as problemáticas e solucións da Inmigración.

Venres 8 de Novembro, de 2013, a partir das 21:30hs.

Tomámonos un café , dous , tres.. e falamos con
  • María Teresa Bustamante, avogada en exercicio, Estranxeiría.
  • Susana Alaníz, Foro Galego de Inmigración, Área de Inmigración de Fuco Buxán A.C..
  • Carlos Varela, Presidente da Asociación Lazos Pro-Solidariedade.
  • Presenta : Lucía Vizoso.
CAFÉ - TERTULIA

Colabora: Cafetería ZUCRE
Rúa Magdalena 170 -Ferrol

Web de Espazo Ecosocialista Galego:
http://www.espazoecosocialista.org/

No Twitter:
https://twitter.com/ESPAZO_ecosogal

No Facebook:
https://www.facebook.com/pages/Espazo-Ecosocialista-Galego/396356643769582


Información baseada na enviada por:
susana beatriz alaníz gonzález
sual259@hotmail.com
5 de novembro de 2013 19:32

______________

mércores, outubro 23, 2013

A "Semana Galega de Loita contra as Fronteiras" chega este vernres 25 de Outubro às 20h. ao Ateneo Ferrolán.

Durante esta semana unha serie de colectivos sociais (Foro Galego da Inmigración, Raias Traveseiras, Grupo de Axitación Social, ODS-Coia e Liga Estudantil Galega) organizan a Semana Galega de Loita contra as Fronteiras, con actos en Vigo, Compostela, Ourense, A Coruña e Ferrol (en Ferrol será o venres 25 a partir das 20h. no Ateneo Ferrolán), e que contará coa participación de Eduardo Romero, integrante do colectivo asturiano Cambalache, autor de diferentes textos sobre políticas migratorias e co-autor do libro ¿Qué hacemos con las fronteras? (AKAL), que presentará en todas as cidades.


En Ferrol estarán Eduardo Romero, Carlos Piñeiro (Profesional do SERGAS) e Maite Bustamante baixo o título "Fronteiras. Diferentes dispositivos, mesma función. Políticas migratorias e exclusion de dereitos."

"O noso obxectivo nesta Semana é denunciar a situación que permanece máis invisible, desas fronteiras que están no cotián. Para nós a exclusión de dereitos é unha fronteira invisible". Mari Fidalgo, do Foro Galego da Inmigración.

Mais información e entrevistas en:



martes, xaneiro 01, 2013

Pretenden xulgar á Solidariedade: Pretenden xulgar a Laura Bugalho, activista social e sindicalista, polas súas actividades a favor d@s inmigrantes e o dereito á libre circulación das persoas (Artigo 13 da DUDH)


"Artigo 13. da "Declaración Universal dos Dereitos Humanos" (A/RES/217, 10 de decembro de 1948).

... "1. Toda persoa ten dereito a circular libremente e a elixir a súa residencia no territorio dun Estado.
2. Toda persoa ten dereito a saír de calquera país, ata do propio, e a regresar ao seu país.
" ...

A INXUSTIZA pretende xulgar a activista social Laura Bugalho, acusándoa de falsidade documental e trata de inmigrantes. Parece, que ser humanista, sentir, padecer, e ser solidarios coa comunidade inmigrante sen papeis é un delito.

Laura ten que declarar para o 16 de Xaneiro acusada destes delitos, para os cales se solicita pena de cárcere.

Cumpre lembrar que esta compañeira gañou o “Premio Nicolás Salmerón de Dereitos Humanos 2011” en recoñecemento a unha vida adicada a loita polos dereitos do coletivo LGTB, loita sindical, defensa dos dereitos d@s inmigrantes, etc...

Para tentar evitar esta inxustiza estáse a solicitar a Firma solidaria coa compañeira Laura Bugalho, co fin de remitir as firmas ao Xulgado de Instrucción nº 1 de Compostela, pola desestimación e arquivo da causa nº DP 2123/09

Firma aquí a Petición dirigida ao Julgado de Instrucción nº 1 de Compostela

Laura Bugalho leva dende 1993 realizando tarefas de asistencia ás persoas emigrantes. Só no ano 2008, o Foro Galego de Imigración calcula que a militante acompañou 620 persoas emigrantes ante o Negociado de Extrangería de la Subdelegación del Gobierno de Coruña.

Dese continxente, Laura Bugalho foi denunciada por catro emigrantes, dos cales tres se ratificaron finalmente nas súas palabras. Estas persoas denunciaron a Bugalho por facilitarlles documentación falsa que, segundo os propios emigrantes, eles terían empregado.

En Novembro de 2008, Bugalho denuncia unha mafia de roubo e extorsión a 57 marroquís. Non obstante, en 21 de marzo de 2009, no curso dunha acción das Panteras Rosa Galiza en Compostela, Bugalho é identificada e perseguida. É dende ese momento que se comeza a facer cada vez máis persistente o acoso policial á activista, ata o punto da súa vivenda ser asaltada en 19 de maio de 2009. Laura denuncia este feito á Garda Civil, a cal tarda unhas dúas horas en chegar á súa casa. O pretexto con que os Garda Civiles xustificaron o seu atraso foi o de "terse perdido".

O 20 de maio de 2009, Laura Bugalho realiza unha chamada ao presidente dun equipo de fútbol galego para esixirlle a regularización dos xogadores emigrantes e o pagamento de tres meses de salario debidos polo club. O empresario asegura que vai facelo, pero a activista queda con sospeitas da súa voz ter sido gravada, pois o teléfono soaba cun importante eco.

O día 21 de maio de 2009, Bugalho é avisada por policías nacionais de que a Policía Nacional da Comisaría de Compostela están a seguir os seus pasos por denunciar unha mafia vinculada á venda de tarxetas de residencia e a outra mafia vinculada ao deporte.

A militante infórmaos do asalto á súa casa, e eles non desmenten as sospeitas da autoría que ela lles traslada, quedando case confirmada a autoría policial. Os Policías de Coruña infórmanlle que veñen a por ela, que non teñen nada, Laura dilles que isto é toda unha . Nin unha semana despois, en 26 de maio, a súa oficina na CIG é asaltada por policías de Compostela que secuestran o seu ordenador. Laura estivo detida por 48 horas, sufrindo malos tratos nos calabozo da Comisaría. O Comisario Xefe diríxese a ela cun "por fin collinche, Laura,". Os policías hecen mofa da lingua galega e ameazan constantemente con que vai rematar en "Teixeiro".

Irregularidades e malos tratos Cando Laura Bugalho pasa a disposición xudicial, tres persoas emigrantes acoden como testemuñas. Non obstante, estas persoas entran esposados nas dependencias xudiciais, aínda que a súa actitude sexa de camaradaría cos policías. Un dos policías indicáballes ás testemuñas "recordade o que onte acordamos, tedes que denunciar a Laura Bugalho". Esta cita coñécese grazas á presenza na Sala de Compañeiros de Laura que se sorprenden tanto da camaradaría coma da desenvoltura do Policía indicando o que as testemuñas deben dicir ante o Xuíz.

Do ordenador da militante foron extraidos os datos de 15 persoas emigrantes, que foron citadas sen orde xudicial e ameazadas con quedar sen papeis ou recibir ordes de expulsión. Tres das oito que asistiron, non lles foi permitido ler o seu propio testemuño e os obrigaron a asinalo.

Operación Peregrino

No caso da Operación Peregrino, na cal foi imputado El Omari Messaoud -membro do CITE-CCOO, hai 57 persoas emigrantes orixinarias de Marrocos que terían sido estafadas e que recorreron a Laura Bugalho. Estas persoas pagaron a cantidade de 10.000 euros, moitas veces resultado que as súas familias fosen hipotecadas, polo visto de entrada a España. Despois, acostumaban ser abandonadas mínimo un mes en Andalucía, ata que eran reclamadas para traballar no sector metalúrxico galego, acabando por cobrar 500 euros de salario, cando o Convenio do Metal establece un mínimo de 1.100 euros netos, valor que aparecía reflectido nas súas nóminas e que eles terían que asinar para non sexan, por palabras dos afectados, "castigados". En moitos casos, as condicións en que estas persoas vivían eran verdadeiramente inhumanas, chegando a pasar as noites xunto as vacas na granxa do empresario.

Na Operación Peregrino, hai catro empresarios galegos e tres persoas marroquís imputadas, unha delas en paradoiro descoñecido. As persoas magrebís que acudían á CIG a falar con Laura Bugalho manifestaban, pola súa banda, o temor a ser vistas por El Omari Messaoud, pois as instalacións do sindicato galego están ao lado das de CCOO. O propio El Omari acudiu á CIG para ameazar a activista. Case a totalidade das persoas estafadas afirmaron teñen medo de ser expulsados se denunciaban a mafia.

Fonte: http://ferrolsuso.blogspot.com.es/
_____________________

martes, decembro 18, 2012

Inmigrantes e emigrantes: compartindo o mesmo mundo imperfecto - Conectate ao Día Internacional das persoas emigrantes

Actualmente no, polo de agora, Reino de España aumentou o número de emigrantes, consecuencia da crise. Á súa vez, a penísula sempre foi lugar de acollida de inmigrantes, até agora, por ben que é moita menos xente a que chega na actualidade da que o facía cinco ou dez anos atrás. Emigrantes e inmigrantes, uns chegan e outros se van. Pero, son tan diferentes uns doutros? Que buscan ao marcharse dos seus países? Poden acabar cruzándose nos seus camiños por estar perseguindo os mesmos obxectivos e as mesmas necesidades? Esta pretende ser unha reflexión para acabar coa idea de que os uns somos tan diferentes dos outros que, ao final, somos incomparables. Porque, á fin e ao cabo, todos somos persoas compartindo o mesmo mundo imperfecto.

Reporteira Meritxell Parera para Radio18/12

13/12/12|10:11 minutos (9.32 MB) descargar este archivo

Fonte: http://www.radio1812.net/
______________

luns, setembro 03, 2012

Non ao “Apartheid sanitario” - "Flashmob" da Asemblea Sen Papeis, para denunciar a exclusión sanitaria do colectivo de persoas inmigrantes que non dispoñen de permiso de residencia, tivo lugar en Ferrol o pasado Venres 31 de Agosto


O  sábado, 1 de setembro do 2012 , entrou en vigor  as normas que exclúen á poboación inmigrante que non contan con permiso de residencia, da atención médica e sanitaria do sistema público de saúde. A Asamblea Sen Papeis de Ferrol, xunto a outras organizacións sociais,  Asociacións de inmigrantes e de defensa dos dereitos humanos,  esixen ao goberno de España, á derogación inmediata do RDL 16/ 2012  e 1192 / 2012 que supón un ataque frontal contra o dereito á saúde, tanto da poboación migrada como da autóctona.

Para denunciar esta ideolóxica reforma sanitaria, xa tristemente coñecida como “Apartheid sanitario”, a Asamblea Sen Papeis de Ferrol, convocou á toda cidadanía e entidades solidarizadas con esta denuncia,  á flasmob  que tivo lugar o pasado venres 31 de Agosto do 2012, ás 11 da maña, na Praza do Concello de Ferrol (diante do Pazo Municipal).

O acto consistiu na representación da Flashmob de denuncia do apartheid sanitario  e posterior lectura do Manifesto (que a continuación reproducimos) rexeitando os inxustos reais decretos e instando ao goberno de España a que recapacite e instaure a sanidade universal para todas as persoas.

Ningunha persoa é ilegal !!

Tod@s Somos Inmigrantes !!

MANIFESTO ASEMBLEA SEN PAPEIS
DESATENCIÓN SANITARIA.
Venres 31 de Agosto do 2012

Benqueridos amigos, benqueridas amigas:

O, 1 de setembro do 2012, pasará á historia coma o día no que o Goberno do Estado Español aplicará as normas que exclúen ás persoas inmigrantes, sen permiso de residencia, do Sistema Público de Saúde.

Os Reais Decretos 16/2012 e 1192/2012 supoñen un ataque frontal contra os dereitos fundamentais do colectivo, pero tamén, da poboación autóctona. Nestes decretos se instaura o repago farmacéutico, incluíndo ás persoas pensionistas, se exclúe do sistema público de saúde á poboación autóctona que non cumpre requisitos para seren aseguradas ou beneficiarias, se abonan prestacións, anteriormente gratuítas coma por exemplo o transporte hospitalario non urxente. En definitiva, se precariza un sistema sanitario, considerado dentro dos seis mellor valorados do mundo.

Nas últimas semanas fumos partícipes, a través dos medios de prensa, de decisións improvisadas tomadas polo goberno, de forma unilateral e con argumentos contraditorios. Se falou de crear un sistema sanitario paralelo, asistindo ás persoas inmigrantes en situación administrativa irregular dende as ONGs, posteriormente se falou dunha cuota anual, cuxo importe é superior ao da maioría dos seguros sanitarios privados, tamén se falou de cobrarlle aos países de orixe da poboación estranxeira, cando España só ten firmado tratados con 6 países e estes cubrirían unicamente á poboación que posúe a condición de asegurado/a. Estas propostas carecen de base legal para ser aplicadas e incrementan a incertidume.
O Goberno non tivo en conta o custo que a desatención sanitaria da poboación inmigrante en situación irregular, pode ter para a economía Estatal , xa que a atención en urxencias duplica e incluso triplica o custo da atención primaria. En términos de saúde pública, estas medidas poden diseminar enfermidades infecto-contaxiosas e infecto transmisibles, incrementando o número de casos, as hospitalizacións e as mortes por estas enfermidades.

É certo, que algunhas comunidades manifestaron que non aplicarán a normativa que deixa sen atención a poboación inmigrante, e que atenderán a este colectivo. Nembargantes descoñecemos se a cobertura sanitaria será parcial ou completa, ou incluso se realmente se aplicará. Estas regulacións aumentan as desigualdades territoriais, no ámbito da saúde, e pode favorecer o éxodo cara as comunidades onde si se presta atención e o colapso das áreas sanitarias onde se de cobertura ás persoas inmigrantes, sen permiso de residencia.

Non queremos deixar de mencionar aos profesionais sanitarios que manifestaron a súa intención de obxectar, nos congratulamos por esta reacción rexeitando medidas inxustas. Ninguén mellor que estes profesionais, coñece as consecuencias que implica a desatención sanitaria. Nembargantes temen as consecuencias que a súa obxección lles poda carrear a nivel laboral e legal. Nós, estaremos cos e cas profesionais comprometidos cas persoas.

Estamos convencidos e convencidas que estas medidas recortan o dereito á saúde, e vulnera dereitos fundamentais ao colectivo de persoas inmigrantes en situación irregular . Ademais estas normativas incumpren tratados internacionais, asinados polo Estado Español sobre atención sanitaria e dereitos humanos.

Por último, dende a Asemblea Sen Papeis, afirmamos que as citadas normas, non obedecen a criterios de aforro económico, nin a políticas de austeridade. Baixo este ambiguo paraugas, se esconde unha ideoloxía racista, xenófoba e discriminatoria , que xerará un alto custo económico , social, e máis enfermidade e morte.

Non as políticas inxustas. Sanidade Universal e gratuíta para todas e todos!

Asemblea Sen Papeis Ferrol


* * *

Colectivo "Asamblea Sen Papeis-Ferrol", está fomado por persoas nativas e inmigrantes, en situación administrativa irregular, ou non, e pretende ser un espazo de encontro reivindicativo que de resposta  ás políticas e comportamentos que atenten contra os dereitos humanos da poboación inmigrante, especialmente hacia aquela que se atope en situación administrativa irregular.

Pódese contactar coa asamblea Sen Papeis no correo: senpapeisferrol@gmail.com



--

     Asamblea Sen Papeis Ferrol


Contacto:

senpapeisferrol@gmail.com

Tamén no facebook.

A Asemblea Sen Papeis Ferrol, conforman a Comisión de Inmigración do Encontro Social de Ferrol Terra.

Fotos Susete'70.
________________

mércores, agosto 08, 2012

O goberno Español volve atacar ao colectivo de inmigrantes coa proposta de imposición da poliza especial para o acceso á sanidade pública, denuncia o Foro Galego de Inmigración


FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN - COMUNICADO DE PRENSA

O Foro Galego de Inmigración  formado por asociacións e entidades de migrantes ou que prestan servizos a estes colectivo de Galiza, quere facer público o seguinte Comunicado en relación coa Proposta recentemente coñecida de establecer unha poliza especial moi gravosa económicamente  para o  acceso ao sistema sanitario común para as persoas inmigrantes en situación de irregularidade administrativa:

1.- Esta proposta supón unha nova e lamentable ocorrencia para tentar disimular a terrible decisión que supón deixar fora do sistema sanitario normalizado as persoas inmigrantes en situación de irregularidade administrativa.  Non é posible  a nivel práctico, pola imposibilidade de asumir os custos derivados desa poliza para estas persoas; non é aceptable dende o punto de vista de ético porque supón manter  pechada na práctica a atención sanitaria a un dos colectivos en maior situación de vulnerabilidade, que deben superar as 300.000 persoas no Conxunto do Estado e entre 10.000 e 15.000  en Galicia.  Mantería ademáis unha limitación máis pola necesidade de xustificar un ano de empadroamento como requisito.

2.- Esta decisión é unha terrible inxustiza, porque as persoas migrantes en situación de irregularidade administrativa non teñen nada que ver co chamado “turismo sanitario”, cuestión que atinxe de forma prácticamente en exclusiva a persoas procedentes da Unión Europea.  É ademáis unha decisión claramente racista, que pretende responsabilizar  a un colectivo, en situación de alta vulnerabilidade social, das  dificultades de sostemento do sistema sanitario por un suposto abuso do mesmo. Non ten sentido algún que se negué a tarxeta sanitaria para persoas sen recursos, a un dos colectivos que de menos recursos pode dispoñer ou que se pretenda que paguen unha poliza de aseguramento tan custosa.

3.- A non atención sanitaria dunha parte da poboación residente no Estado Español é moito máis que un recurte ou un “aforro”, é unha exclusión  intolerable e perigosa para a vida destas persoas, que forman parte dun dos colectivos en maior situación de vulnerabilidade. Por iso, o Foro Galego de Inmigración  quere facer un chamamento ao conxunto da sociedade  para que non se deixe enganar por Propostas, como esta que coñecemos onte, que pretende facer  esquecer ou disimular que o goberno de Rajoy vai deixar as persoas migrantes en maior situación de vulnerabilidade sin asistencia sanitaria a partir do 1 de setembro.

Para máis información: Miguel Fernández (662-307019) ou Rocío Rodríguez (981-580506/600-876460)

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 - Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es - 981-576 142
www.forogi.wordpress.com

Enviado por:
susana beatriz alaníz gonzález
-sual259@hotmail.com-
8 de agosto de 2012 11:19

_____

luns, xullo 16, 2012

O maior asentamiento de inmigrantes de Barcelona baixo ameaza de desaloxo - SOS - Solidariedade - Mobilicemo-nos - Vídeos



O pasado xoves, axentes da policía catalá (Els Mossos d’Esquadra) presentáronse no que é xa o asentamiento máis grande da cidade, unha zona de fábricas abandonadas no barrio de Poblenou onde malviven máis de 300 persoas, a maioría inmigrantes subsaharianos.

Os uniformados ameazaron aos habitantes con desaloxalos este luns, dándolles só tres días de prazo para recoller os seus pertenzas e abandonar o asentamento. Isto foi catalogado polos residentes como inadmisible e denunciaron que a policía non mostrou en ningún momento unha orde xudicial para proceder.

O colectivo que habita esta zona industrial abandonada do Distrito de Sant Martí dedícase principalmente á recolleita e venda de chatarra desde fai tres anos e non mantiveron conflitos co resto de persoas do barrio.

O complexo carece de auga corrente e servizos básicos como lavabos ou recolleita de lixo, o que supón un risco para a saúde e a calidade de vida.

A pasada semana, durante a Audiencia Pública na Sé do Distrito, un representante do colectivo subsahariano expúxolle ao Regidor Eduard Freixedes as condicións nas que viven estas persoas e pediulle que fixese chegar auga corrente ás naves industriais.

Uns días máis tarde, lonxe de responder a esta demanda básica, o Regidor Freixedes, co beneplácito do Alcalde de Barcelona, Xavier Trias, enviaron á policía para anunciar o desaloxo inminente.

Asociacións de veciños, organizacións de defensa dos Dereitos Humanos e asembleas de “indignados” do Movemento 15M xa mostraron o seu apoio ao colectivo e sitúanse contrarias ao desaloxo. A través dun comunicado conxunto, denuncian a impunidade policial, a inacción da Admnistración e o abandono no que se atopan os habitantes do asentamento. Ademais, esixen ao Alcalde que mellore as condicións de vida destas persoas e ofreza alternativas e non represión policial.


http://youtu.be/IP4sgF9ts3Y


Máis info:
http://www.assembleasocial.poblenou.org/

http://www.facebook.com/assembleapoblenou

https://twitter.com/assembleapoble9

http://www.acampadadebarcelona.org/es/barris/poble-nou

Información baseada na enviada por:
LibreRed

16 de julho de 2012 00:01http://www.librered.net/
_________

venres, xuño 08, 2012

Fuco Buxán valora a VII Asemblea Galega de Inmigración



Valoración da VII Asemblea Galega de Inmigración

O domingo 27 de Maio realizouse a VII Asemblea Galega de Inmigración e Emigración de Retorno.

Que buscabamos con esta Asemblea?

O endurecimiento das políticas migratorias, o recorte de dereitos, a crise económica, os diferentes discursos políticos, non fan máis que acentuar as desigualdades, e golpean máis directamente ás e os máis débiles.

Na historia das sociedades europeas, a desigualdade e a carencia dunha economía viable, foron o caldo de cultivo para impulsar o auxe da extrema dereita e manifestacións de índole fascista ou xenófobas, que lles botan a culpa aos inmigrantes de todas estas problemáticas .

No ano 2011, España preside a Unión Europea, e con ela a 4ta Reforma da Lei de Estranxeiría, que endurece aínda máis a xa existente. Controis policiais, identificacións arbitrarias, internamentos nos CIES, e o regulamento do DOGA de setembro /9 / 2012 e o do goberno Nacional, que deixa en réxime de exclusión aos inmigrantes irregulares. Por iso entendemos que as persoas migrantes estamos chamadas á construción dun mellor sistema social, a xogar un importante papel,a non converternos en simples espectadores ou convidados de pedra .

A Asemblea abre entón un espazo de reflexión e desenvolvimento de solucións comúns nun contexto de crise social, política e económica.

Con catro mesas de diálogo, de traballo, con catro temas específicos: Reparto de alimentos polos colectivos, restrición no acceso ao sistema sanitario, cambios na lesgislación de empregadas de fogar, e persecución policial .

Logo xuntámonos para transmitir os resultados do traballo, e ali coñecemos o de todas as mesas.

Foi unha xornada que comezou ás 10 da mañá, cunha acolleita de saúdos en distintos idiomas, un xantar onde a Casa Okupa de Coruña fíxonos unha paella e unha macedonia e onde compartimos tamén o que cada un levamos.

Terminamos cunha manifestación desde o CAMPO DE MARTE, PRAZA MARÍA PITA, ata o OBELISCO, onde se leu un manifesto.

Susana Alaníz
Área de Inmigración da A.C. Fuco Buxán
--
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es

Enviado por:
Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-
8 de junho de 2012 00:19

_______________

xoves, marzo 15, 2012

Denuncian a situación de acoso e desprotección na que se atopan as persoas adicadas á venda ambulante na cidade da Coruña


FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
COMUNICADO DE PRENSA

O Foro Galego de Inmigración formado polas asociacións e entidades recollidas ao final, apoia o seguinte comunicado emitido pola Asociación SEN PAPEIS DA CORUÑA:


A ASOCIACIÓN SEN PAPEIS DA CORUÑA AMOSA O SEU TOTAL REXEITAMENTO ANTE OS ABUSOS POLICIAIS

DENDE FAI VARIAS SEMANAS OS DÍAS SÁBADO SE CONSTITUEN EN ESCENARIOS PARA O ACOSO DOS COMPAÑEIROS SENEGALESES QUE ADICANSE A VENDA NA RÚA REAL. A ASOCIACIÓN TEN INICIADO PROCESOS PENAIS EN CONTRA DESTES E OUTROS FEITOS

Desde a Asociación Sen Papeis levamos meses denunciando ante as distintas Administracións, a Policía Local, os medios de comunicación e a sociedade a situación de acoso e desprotección na que se atopan as persoas adicadas á venda ambulante na cidade da Coruña. Consideramos que non se pode culpar a un colectivo, xa de por si vulnerábel e que só busca a supervivencia, da crise do pequeno comercio e dunha suposta competencia con este. Antes ben, entre outros aspectos, debemos achacar esta situación a un contexto xeral de recesión, crise de modelo comercial, falta de planificación e apoio municipais e a presenza de grandes centros comerciais do consumo controlados por poderosas multinacionais e o gran capital.

A falta de seguimento da normativa, a inutilización dos procedementos de garantía aos intervidos, o emprego de axentes “de paisano” (para actividades para as que non están permitidos), ameazas, detencións ilegais derivadas de infraccións administrativas, subtraccións non documentadas... son prácticas habituais na Policía Local da Coruña fronte a este colectivo. Estas prácticas teñen sido obxeto de denuncia penal nos xulgados correspondentes, feito que ten incrementado o acoso policial nas condicións divanditas, toda vez que a reapertura dun dos procesos penais fixo que o acoso de policías de paisano e uniformados se dirixiran con maior intensidade sobre a persoa que denunciou estes feitos. O acoso ten lugar na rúa, fora dos puntos de venda, chegando incluso á actuacións ilegais nas vivendas dos compañeiros migrantes.

Por iso, como xa temos feito noutras ocasións, desde a Asociación Sen Papeis da Coruña:
Manifestamos a nosa total repulsa diante destes abusos e actuacións policiais desproporcionadas, algo que faremos todas as veces que faga falta e polos medios que consideremos necesarios.

Esiximos a ruptura da Policía Local con estas prácticas ilegais, e a volta ao emprego de medios e procedementos adecuados á Lei.

Reclamamos do goberno municipal que retome a vía da legalidade e que investigue estas actuacións policiais, e que rache coas políticas de confrontación como medio de solución desta
situación, apostando por instrumentos de comunicación, participación cidadá e cooperación.

Sabemos que ningunha persoa é ilegal, e sabemos que ninguén sobra nunha crise!!

Para máis información:

Asociación SEN PAPEIS DA CORUÑA (687 700 879)
Foro de Inmigración: Miguel Fernández (981-580506-662-307019)

Organizacións que conforman o Foro Galego de Inmigración: Asociación Amarante, Asociación Amani-Galiza, Asociación Chambo, Asociación de inmigrantes Gondwana, Asociación de Argentinos en el Exterior, Asociación Plataforma polo Emprego, Asociación Puente Cultural Rumano-Gallego, Asociación Universia, Attac Compostela, Cáritas Interparroquial Santiago, Cáritas Milladoiro, Colexio Oficial de Educadores Sociais de Galicia, Comisión de Migración do BNG, Comité Óscar Romero de Santiago de Compostela, Coordenadora Diocesá de Acción Católica, Cruz Vermella, CUT, Departamento de Migracióin da CIG, Esquerda Unida, Foro Debate e Acción, Inzar, Juventudes Marianas Vicencianas, Mans Unidas, Misioneros Combonianos, Mulleres Cristiás Galegas, Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade de A Coruña, PsdeG-PSOE-Santiago, Seminario Galego de Educación para a Paz; Voluntariado Rogas. Uruguayos por el Mundo Carballo, Asociación de Venezolanos en A Coruña, Hermandad Venezolana de A Estrada, Asociación Equs Zebra, Asociación Batuko-Tabanka, Cáritas de Lugo, Cáritas de Mondoñedo-Ferrol, Asociación Cultural para las Migraciones Colombianas “ACUMIC”, Sindicato Labrego Galego, ASMIREFE, Asociación Renacer, Mediomundo Uruguayos en Coruña, Galicia Terra de Acollida de Ourense, AMESPA, Asociación de Venezolanos del Deza, ASCD Amigos de Venezuela de Vigo, Hermandad de Venezolanos das Rías Biaxas, Asociación Casa de Inmigrantes Oya de Arteixo. Asociación Banda Oriental, Asociación Centro Argentino de Carballiño-Asociación Latinoamericana, Cáritas de A Coruña, Asociación de Argentinos de Lalín, Fundación Juan Soñador, Asociación de Mulleres Anovar de Galicia, Asociación Venezolana do Salnés, Casa Argentina de La Coruña , Comunidade do Castiñeiriño de Santiago de Compostela,Parroquia Cristo de la Victoria de Vigo, Asociación Recandea, Agrupación de Inmigrantes Latinoamericanos Ntra Sra de Guadalupe de Pontevedra, Asociación de Emigrantes Retornados de A Mahía, Médicos do Mundo, Asociación de Venezolanos de Santiago, Cosior (Asociación de Ecuatorianos de Santiago), Aseser Teranga, Asociación Ouresá-Venezolana, Asociación Ñane-Reta Paraguay, Asociación Multicultural de Mujeres de Vigo; Agra Humanista, Marineda, Orense Acoge, Federación de Anpas, Forum Propolis, Asociación 25 de Agosto de Uruguay, Asociación Fonte de Ourense, Cáritas Diocesá de Ourense, Asociación de Guineanos de A Coruña. Somos Igrexa-Galiza, Asociación Cultural e Intelectual de Santiago de Compostela. Asociación de Senegaleses de Ourense. Asociación Marusía de Emigrantes Retornados. Asociación TroCamundo. Madres Latinas. Proyecto Teranga Sociolaboral. Cáritas Tiu-Vigo. Representantes urbanos no Consello de Relacións Veciñais. ONGD ConTacto, Asociación Afrolatina de Ourense, ASAGA Asociación de Africanos en Galicia. Asociación cultural Fuco Buxán.

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 - Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es - 981-576 142
www.forogi.wordpress.com

Enviado por:
susana beatriz alaníz gonzález
-sual259@hotmail.com-
-foroinmigracionsantiago@yahoo.es-
14 de março de 2012 14:03
______________________

xoves, febreiro 16, 2012

Conferencia debate e presentación do libro " Quen invade a quen", con Eduardo Romero, en Ferrol: Xoves 16 de Febreiro

Eduardo Romero que é ademais de escritor, periodista, reúne nos seus libros a denuncia e plasma neles a explotación laboral, o atropelo aos Dereitos humanos, a criminalización, o desprezo, supervivencia, a ameaza que significan os inmigrantes para esta sociedade con tan pouca memoria.

Eduardo Romero, pertence á Asociación Cambalache, en Asturias, a cal ten un amplísimo traballo social en diferentes áreas como Comunicación, Ecoloxía, Feminismo, Inmigración e saúde.

É autor de varios libros, "O plan África e a Inmigración", "Fronteira Sur " "Á volta da esquina. Relatos de racismo e represión", "Un desexo apaixonado de traballo máis barato e servizal. Migracións, fronteiras e capitalismo", "Quen invade a quen" entre outros. Os seus libros reflicten as loitas contra as políticas migratorias, españolas e europeas, coas humillacións, detencións e persecucións aos inmigrantes sen papeis.

A Asociación Cultural Fuco Buxán, organiza
Conferencia – Debate e presentación do libro
Quen invade a quén
(Del colonialismo al II Plán África)
Hoxe Xoves, 16 de Febreiro, na Galería Sargadelos, ás 19:30 horas.

Intervirán:
Susana Alaniz e Miguel Castro
(Directivos da A.C. Fuco Buxán)
e o autor do libro:
Eduardo Romero
Escritor e experto en cuestións migratorias.

Entrevistas a Eduardo Romero:

fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es

___________________

sábado, decembro 10, 2011

Acto de Solidariedade, o sábado 17 de Decembro, con Lazos Pro Solidariedade Comité Anti Sida de Ferrol Terra, no véspera do Día de Acción Global contra o racismo e polos dereitos das persoas migrantes, refuxiadas e desprazadas


As asociacións abaixo asinantes CONVOCAN un acto de solidariedade co Comité Antisida de Ferrol LAZOS PRO SOLIDARIEDADE. Esta asociación sen ánimo de lucro, de persoas afectadas polo VIH, fundada en novembro de 1995 en Ferrol, ven denunciando que os recortes nas prestacións sanitarias están afectando a sectores desfavorecidos da nosa comarca, entre eles o colectivo de inmigrantes.

Denuncian ademais que, no caso das persoas afectadas polo VIH, que se encontran en situación máis vulnerable, estase a detectar unha falta de cobertura sanitaria básica, repercutindo directamente na súa calidade de vida, na súa precaria economía e favorecendo a exclusión social, por motivos de saúde.

Na nosa comarca acollemos cada ano un pequeno número de persoas inmigrantes. Entre elas, moitas orixinarias de Senegal. Un 17% da poboación senegalesa padece hepatite. O comité Lazos, leva nos últimos anos enfrontando desde a solidariedade e a axuda mutua, as dificultades que todas estas persoas que se achegan a nosa comarca, encontran para sobrevivir. Agora, cando sopran ventos desfavorábeis para os dereitos, o respecto e as liberdades, precisan do noso apoio. Para mostrarllo, celebraremos, no véspera do Día Internacional das Persoas Inmigrantes, un acto lúdico e reivindicativo onde dar a coñecer todas estas realidades e unir vontades para resolvelas. Agardamos todas as mans, todas as vontades, todos os apoios.

A.C. Fuco Buxán | Asociación Cultural Lefre de Caldereta | Asociación Veciñal de Esteiro | Ateneo Ferrolán | Colectivo Ártabra 21 | Colectivo Opaii - Rádio Filispim | Colectivo Sociocultural A Revolta de Trasancos | Comité AntiSida de Ferrol Terra - Lazos Pro Solidariedade | Consello Local do Foro Social de Ferrol Terra | Foro Galego de Inmigración | Médicos do Mundo

[Aberto a calquer asociación que queira apoiar e participar]
Día 17 de Decembro de 2011, Sábado,
desde as 11hs até as 17hs (aproximadamente),
música, poesía, petiscos, callos solidarios...
Intervención de Xosé Carlos Varela Fernández,
presidente de LAZOS pro Solidariedade - Comité anti-sida de Ferrol
Micrófono Aberto
Programa en directo de Rádio Filispim.
Traseira do Mercado de Caranza, rúa Cuco Ruíz de Cortázar s/n

comiteantisidaferrol@gmail.com
http://comitelazos.blogspot.com/
____________________________

venres, novembro 04, 2011

Foro Galego de Inmigración e Médicos do Mundo rexeitan as restricións ao acceso ao sistema sanitario público establecidas pola Consellería de Saúde da Xunta de Galicia


Comunicado de prensa do Foro Galego de Inmigración e Médicos do Mundo

Médicos do Mundo e o Foro Galego de Inmigración rexeitan as restricións ao acceso ao sistema sanitario público establecidas pola Consellería de Saúde da Xunta de Galicia

Médicos do Mundo e o Foro Galego de Inmigración mostran o seu rexeitamento frontal ás actuacións devidas da Orde do 5 de setembro da Consellería de Saude da Xunta de Galicia pola que se actualiza o procedemento para o recoñecemento do dereito á asistencia sanitaria por parte das persoas sen recursos económicos suficientes e desempregadas. A Orde limita o acceso á asistencia sanitaria a persoas sen recursos económicos suficientes e condiciónao a unha antigüidade de 183 días antes de autorizar o cartón sanitario, indispensable para toda consulta ou receita médica.

O articulado da normativa autonómica establece trabas ao acceso ao cartón sanitario para os estranxeiros. A partir do próximo 1 de xaneiro, o Sergas esixirá unha antigüidade mínima no padrón de 183 días antes de autorizar o cartón sanitario, indispensable para toda consulta ou receita médica. Esta condición para acceder ao cartón vai limitar o acceso á atención primaria nos centros de saúde. O novo regulamento, en vigor desde o 29 de setembro, vén incrementar as barreiras que atopan as persoas estranxeiras en acceder ao dereito á saúde e expón rebaixar un dereito en lugar de garantilo.

A Orde da Consellería de Saude vulnera o propio marco legal español, que recoñece e garante o principio de universalidade do dereito á saúde e é contraria a leis estatais como a Lei Xeral de Sanidade 14/1986 e da Lei Orgánica sobre Dereitos e Liberdades dos Estranxeiros en España e a súa Integración Social (decembro 2009) que establece no seu artigo 12: "Os estranxeiros que se atopen en España, inscritos no padrón do municipio no que teñan o seu domicilio habitual, teñen dereito á asistencia sanitaria nas mesmas condiciones que os españois" sen incluír período mínimo de empadroamento como agora fai intenta o Servizo Galego de Saúde.

Ademais, contravene normas internacionais ao establecer criterios limitantes que rompen o principio de equidade como queda establecido no artigo 12 do Pacto Internacional de Dereitos Económicos Sociais e Culturais (1966) e o artigo 25 da Declaración de Dereitos Humanos (1948).,

Médicos do Mundo e o Foro Galego de Inmigración reivindican o dereito á saúde como un dereito universal e sobre o que non pode establecerse unha limitación por vía administrativa como se establece na Orde da Consellería de Saúde da Xunta de Galicia ao establecer, ademais do empadroamento, unha antigüidade de 183 días de residencia en España

O argumento esgrimido polos valedores da iniciativa en relación a un suposto abuso por parte das persoas inmigrantes como xustificación para instaurar o presente regulamento non pode servir como coartada para menoscabar o dereito fundamental á saúde das persoas máis vulnerables.

Non é certo que as persoas inmigrantes veñan a Galicia ou a España para aproveitarse dos sistemas de cobertura socio-sanitaria. Numerosos estudos conclúen que, en xeral, as persoas estranxeiras utilizan menos os servizos sanitarios que a poboación española. O último exemplo témolo no estudo desenvolvido na Xerencia de Atención Primaria da Consellería de Sanidade da Comunidade de Madrid que conclúe que, a igual idade e enfermidade, os estranxeiros que proveñen de países con rendas baixas acoden menos ao médico de familia.

Tampouco é verdade que as persoas inmigrantes xeren un custo económico ao sistema de saúde superior ao que achegan vía impostos. Debemos recordar que o Sistema Nacional de Saúde responde a un modelo de prestación non contributiva que se financia mediante os impostos no que cada persoa achega segundo os seus ingresos e recibe servizos sanitarios de acordo coas súas necesidades de saúde.

O que está constatado é que limitar o acceso exclusivamente aos servizos de urxencia, máis custosos que a atención primaria, pode levar a un agravamento ou cronificación da enfermidade por mor dun diagnóstico ou tratamento tardío. A atención de urxencias será moito máis custosa para o sistema da mesma forma que o sería o tratamento de patoloxías transmisibles que poderían ser atalladas cunha atención primaria adecuada.

Médicos do Mundo e o Foro Galego de Inmigración reclaman o papel que as Administracións Públicas teñen que xogar en tempos de crises para garantir o acceso aos servizos de saúde. Ambas as organizacións van supervisar as consecuencias destas restricións ao dereito á saúde das persoas desempregadas, en situación de exclusión social, e inmigrantes, e exercerán as medidas ao seu alcance para a defensa deste dereito.

CONTACTOS DE PRENSA:
Foro Galego da Inmigración
Teléf de contacto: 662 307 019
Correo electrónico: foroinmigracionsantiago@yahoo.es

Médicos do Mundo
Teléf de contacto: 981 578 182
Correo electrónico: galicia@medicosdelmundo.org

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN

Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 - Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es - 981-576 142

Enviado por:
Fernández Sixto, Juan - Monturas (FE)
-jefernandez@navantia.es-
4 de novembro de 2011 08:06
__________________

Enlaces relacionados:
Ártabra 21: Cando o delito é ser PSR -Persoas Sen Recursos Económicos Suficientes, ... Por Susana Alaníz González

O SERGAS aplica, ás persoas sen recursos, recortes no dereito á protección da saúde e á atención sanitaria - CIG-Saúde exixe que, de forma inmediata, se retire este protocolo e se garanta a prestación sanitaria universal.

Diario nº 173 de data 09.09.2011 ORDE do 5 de setembro de 2011 pola que se actualiza o procedemento para o recoñecemento do dereito á asistencia sanitaria por parte das persoas sen recursos económicos suficientes e daquelas que se encontran en situación de desemprego.

Tamén pode-se descargar, a orde, en formato PDF:

Descargar PDF
__________________________

xoves, decembro 16, 2010

“Ninguén sobra nunha situación de Crise” . Manifesto do Foro Galego da Emigración para o Día Internacional das Persoas Migrantes

Manifesto
Día internacional das persoas migrantes

NINGUÉN SOBRA NUNHA CRISE!

A palabra migración, que foi desde a orixe da humanidade sinónimo da súa propia historia, chora hoxe a súa corrupción ata o loito, por todas as inxustizas acaecidas nun mundo no que o neocolonialismo usufrutúa con avidez os recursos de moitos pobos, entanto castiga cunha inxustiza que se contradí coas súas propias leis aos que chegan fuxindo da realidade na que transformaran os seus lugares de orixe.

As persoas migrantes vémonos obrigadas a ofrecernos como man de obra barata e desprotexida, moitas veces considerada ilegal, unicamente polo feito de termos nacido nun territorio concreto dun mundo en cuxas fronteiras os países ricos abren portas coa forza da súa economía ou das súas armas.

As noticias globais sobre os atentados contra as poboacións de moitos lugares do mundo, dos que se desprenden beneficios para os estados máis enriquecidos, así como a persecución aos migrantes son feitos cada día máis preocupantes.

Nunha recente entrevista concedida ao diario Público.es, o escritor uruguaio Eduardo Galeano recordaba que o racismo “produce amnesia. Porque todos somos africanos emigrados”. Denunciamos que esta amnesia está a ser a auténtica pandemia que sofre unha parte da sociedade, que as medidas de prevención aplicadas á Gripe A deberían trasladarse a este cancro de inxustiza que ataca á humanidade e á súa casa, a Terra.

Non debemos permitir un só espirro que contaxie doenzas tan graves como as acontecidas no último ano, como a expulsión de cidadáns de orixe romena e búlgara, maioritariamente pertencentes à secularmente maltratada etnia xitana; a “Lei Arizona”, que veu lexitimar a discriminación e o controle policíaco da inmigración nos Estados Unidos; o masacre de 72 migrantes en Tamaulipas, México; ou a aplicación de políticas xenófobas e do constante recorte de dereitos que veñen poñendo en marcha diferentes países da Unión Europea.

A crise económica está a empeorar as condicións de vida de toda a poboación e, en particular, das persoas inmigrantes: os seus contratos son cada vez máis precarios ou inexistentes; as posibilidades de regularización, máis remotas; os dereitos de reagrupación familiar, menos contemplados e, en liñas xerais, as persoas, máis discriminadas e desprotexidas.

Ademais do paro; das dificultades económicas, do temor a rematar a prestación de desemprego, do medo ao desaloxo polo impago da hipoteca ou a non chegar a fin de mes, as persoas inmigrantes debemos enfrontar o desasosego de atopar un control policial á volta da esquina, a incerteza dunha deportación expréss, a humillación de identificarse a calquera hora e lugar simplemente por ter unha cor de pel diferente.

A criminalización e persecución das persoas migrantes indocumentadas inoculan o medo e a fractura social entre conveciños e entorpecen a convivencia entre as persoas que habitamos un mesmo territorio, obstaculizando as posibilidades reais de que nos acomodemos e nos sintamos cidadás de pleno dereito desta sociedade que escollemos para desenvolver o noso proxecto de vida.

Ante todos estes síntomas, que xorden cada minuto no mundo, propoñemos vacinarnos contra os discursos demagóxicos que alertan sobre o carácter delincuencial e ameazante da inmigración, cuxo único propósito é desviar a atención dos auténticos responsábeis da crise económica, social e ambiental que estamos a vivir, ao tempo en que espertan sentimentos de competencia e desconfianza entre a poboación, deixando espazo para o rebrote de actitudes e comportamentos racistas que criamos enterrados.

Neste día 18 de Decembro, no que recordamos que as migracións forman parte do substrato de todos os pobos do mundo, antes que celebrar, tócanos lanzar un berro de repulsa e esixir o peche dos centros de internamento e detención de estranxeiros, a supresión das crecentes redadas, identificacións e deportacións de centos de miles de migrantes en países de tránsito e de destino, e o derrubamento dunha Lei de Estranxeiría que propicia e lexitima a desigualdade e a segregación social.

Toca denunciar os recortes sociais, a privatización dos servizos públicos, a reforma laboral e no sistema de pensións, en definitiva, todo o conxunto de medidas neoliberais que veñen facendo con que a vida da poboación en xeral –incluídas as persoas migrantes- vexase sometida a unhas doses cada vez maiores de precariedade, illamento e control por parte duns poderes públicos submisos aos intereses dos mais ricos e poderosos.

Proclamamos que en tempos de crise o único tratamento que pode debelar a pandemia de inxustiza, discriminación e violencia a que estamos expostas, é sumando, xentes de aquí e de acolá, todos os nosos esforzos, vontades e saberes, redescubrindo o potencial do colectivo e reatando os lazos de solidariedade e cooperación social capaces de poñer en marcha o proceso de transformación social necesario para conquistar a vida digna a que todas e todos temos dereito.

Foro Galego de Inmigración
Rede de asociacións e entidades de apoio ao inmigrante
foroinmigracionsantiago@yahoo.es
http://forogi.wordpress.com/

Enviado por:
AMARANTE Setem
-amarantesetem@amarantesetem.org-
16 de dezembro de 2010 01:22
www.amarantesetem.org
_____________________

Tod@s somos Inmigrantes !
Día internacional das persoas migrantes
Colectivo Ártabra 21
__________________________________

Tod@s Somos inmigrantes: 18 de Decembro "Día Mundial das Persoas Migrantes" - Manifesto Sindical do Colectivo Inmigrante

Foro Galego de Inmigración
"Ninguen sobra nunha situación de Crise"

O Foro Galego de Inmigración formado por máis de 80 asociacións e entidades de toda Galiza xunto coas centrais sindicais CIG e CUT presentaron en rolda de prensa a Campaña: “Ninguen sobra nunha situación de Crise” que inclue unha serie de actos e actividades a desenvolver en diferentes lugares de Galiza en relación coa celebración do Día Mundial das Persoas Migrantes, este 18 de Decembro.

Os principais eixos temáticos da Campaña serán:

1.- O rexeitamento da política de persecución policial das persoas inmigrantes en situación de irregularidade administrativa que se ven incrementando nos últimos meses.

2.- O aumento tamén nos últimos meses das esixencias administrativas que as subdelegacións de goberno de Galicia veñen establecendo nas tramitacións de expedientes por parte das persoas estranxeiras, dificultando ou impedindo a resolución positiva das mesmas.

3.- Presentación dunha Proposta cos sindicatos CIG e CUT para flexibilizar os requisitos para as renovacións de autorizacións de traballo nestes tempos de crise económica e impedir así que persoas con varios anos de residencia legal en España queden en situación de irregularidade administrativa.

Para máis información: Miguel Fernández (981-580506-662-307019) ou Rocio Rodríguez (981-580506-600-876480)

Foro Galego de Inmigración
Rede de asociacións e entidades de apoio ao inmigrante
foroinmigracionsantiago@yahoo.es
http://forogi.wordpress.com/

MANIFESTO SINDICAL COLECTIVO INMIGRANTE

O sistema en crise esperta hoxe debates encol dos supostos perigos da inmigración. Debates superficiais con reaccións provocadas de antemán, populistas e xenófobas. Serven como un mecanismo máis de agochamento da verdadeira natureza da crise, mais non só, tamén erguen fronteiras no propio interior da clase obreira, que veñen enfraquecer as nosas loitas e garantiren a pervivencia da orde social existente.

As persoas migrantes, lonxe de seren un colectivo cunhas problemáticas illadas que deban ser respondidas por vías caritativas, representa un dos elos máis febles na cadea do modelo socioeconómico, é dicir, son clases oprimidas do mesmo, e cando este entra en crise sofren as súas consecuencias coa violencia lóxica para a súa subalternidade. Pensemos, por exemplo, nas destrutivas consecuencias que traerá a privatización dos servizos sociais co desmantelamento da sanidade pública e a implantación dos sistema de copago na atención, como a UE vén demandando.

O sindicalismo combativo debe facer súas as problemáticas das e dos inmigrantes e espir perante toda a cidadanía galega o trato que o noso sistema lles infrinxe. Co obxectivo de contribuírmos neste traballo, desexamos reflectir aquí as seguintes denuncias de irregularidades administrativas, violacións de dereitos e inxustizas sociais das que tivemos coñecemento nos últimos tempos, acompañadas das nosas pertinentes demandas ao respecto:
  • Denunciamos os inconvenientes nas solicitudes de Arraigo Social. Na actualidade, en virtude dunha nova circular virtual, non coñecida polas persoas interesadas, a caducidade do Certificado de Antecedentes Penais pasa a considerarse de tres meses desde a expedición no país de orixe (até o de agora eran tres meses desde o último selo en Madrid). Esta cuestión non é baladí dado que a tramitación deste documento por vía diplomática demora nalgúns países máis de 1 mes. Asistimos, ademais, á denegación destas solicitudes por caducar os Penais, obrando xa no Negociado de estranxeiría.
  • Denunciamos que no Arraigo Social, con frecuencia excesiva, as solicitudes son denegadas por causas alleas á traballadora ou traballador inmigrante: por ter a empresa débedas coa AEAT e/ou coa TXSS. Antes, no Recurso de Reposición existía a posibilidade de presentar un novo contrato de traballo, hoxe obrigan a reiniciar o expediente coa nova presentación da documentación obrante nos Negociados de Estranxeiría. - Denunciamos a extrema lentitude de resolución nas renovacións de Autorizacións de Residencia e Traballo, o que implica a perda do subsidio de desemprego por caducidade da tarxeta. Alén disto, ante unha realidade de taxas de desemprego desmesuradas, o límite de 6 meses de cotización á Seguridade Social para a renovación de tarxetas tórnase unha barreira excesivamente ríxida e antisocial. Reclamamos a aplicación de criterios de flexibilidade por parte das Subdelegacións de Goberno.
  • Denunciamos a explotación, hoxe con máis crueza, das empregadas de fogar, nomeadamente das internas. A existencia de ETT adicadas ao servizo doméstico supoñen, na maior parte dos casos, un empeoramento das condicións laborais.
  • Denunciamos, novamente, a Directiva do Retorno, directiva da vergoña, que fai fincapé na consideración da inmigración como man de obra barata que é regulada segundo os intereses da Patronal.
  • Denunciamos as mutuas de seguros que obrigan a ocultar os accidentes de traballo como enfermidades comúns.
  • Denunciamos a existencia de visados de estudantes de 6 ou menos meses, sen correspondencia coa duración dos estudos que veñen realizar, denegándolles a posibilidade de documentarse e imposibilitando a renovación, ao obrigar aos afectados a solicitar nos seus países de orixe un novo visado.
  • Denunciamos a normativa de familiar comunitario e os seus ascendentes, pois o ser cónxuxe de cidadán do Estado español empeora as condicións respecto de ser cónxuxe de cidadán da Unión Europea.
  • Solicitamos ao Goberno do Estado que amplie o prazo de solicitude de nacionalidade española para netas e netos, pois esta opción péchase o 27 de decembro.
  • Denunciamos a redución de axudas e subvencións ás entidades inmigrantes por parte da Xunta de Galiza e a nula política da Xunta en materia de Emigración de Retorno da que Galiza ten competencia plena.

Denunciamos, en resumo, un futuro crítico para un colectivo de presente moi precario. Compartindo esta mirada co proletariado de Galiza, sexa autóctono ou estranxeiro, manifestamos: primeiro, que o actual contexto non é un accidente no capitalismo senón que é a súa esencia mesma, na cal as/os inmigrantes ou ben sobran, ou ben son reducidos a man de obra escrava; e segundo, que vale moito a pena traballar na loita transformadora xa que, dunha mirada profunda ao colectivo migrante, aprendemos que baixo o actual sistema económico non existe ningunha saída real da crise.

Fonte: Susete'70

Tod@s somos Inmigrantes !

Colectivo Ártabra 21

Información baseada na enviada por:
Juan Fernández Sixto
16 de diciembre de 2010 a las 7:11
__________________

domingo, maio 30, 2010

Video e Galería de Fotos da Marcha da Asemblea do Foro Galego de Inmigración, celebrada en Ferrol este Domingo 30 de Maio de 2010

Este 30 de Maio de 2010, baixo o lema "Repensar a nosa práctica asociativa", celebrou-se en Ferrol, a V Asemblea Anual do Foro Galego da Inmigración e da Emigración de Retorno. O vídeo e as fotos son dunha Marcha realizada dentro do encontro, despois dos debates de pola mañá. As persoas que participaban na Asembleia, e outras persoas que se sumaron, partiron desde a Avenida de Vigo até ao Cantón Ferrolán. A cidade, nun Domingo, pouco despois do mediodía estaba baleira, a crise demográfica e económica que sofre Ferrol esta-se facendo notar. Logo houbo un Acto Público neste lugar céntrico da cidade, onde interviron representantes dalgunhas das organizacións convocantes.

Ausencias

Ao baleiro da cidade de Ferrol, hai que somar a deriva da esquerda sindical e política desta cidade e do resto das comarcas do noroeste galego. Só así se entende o porqué @s inmigrantes marcharan um pouco máis en soeidade. Ausencia absoluta de representantes municipais, de sindicalistas, activistas políticos, sociais, veciñais, culturais, ... Iso, unha ausencia que dá que pensar.

Tod@s somos Inmigrantes !
Colectivo Ártabra 21




Nota.- O video, aindaque se pode ver até o final ten un pequeno problema de interferencias que intentaremos resolver en poucas horas

Carrusel de Diapositivos en alta resolución


[Para entrar clicar acima da imaxe]
Álbum: picasaweb.google.com/inaciogz

Enlaces de interese:
______