Amosando publicacións coa etiqueta Lídia Senra. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Lídia Senra. Amosar todas as publicacións

mércores, maio 22, 2019

A eurodeputada Lídia Senra, candidata de En Marea - Compromiso por Europa, estivo en Ferrol, acompañada por membros de Marea de Ferrol, onde mantivo dúas reunións: Unha primeira con operadores dos mercados da cidade (A Magadalena, Caranza e Recimil) e unha segunda con membros do Movemento Galego pola Defensa das Pensións Públicas (MODEPEN)



MAREA DE FERROL E A EURODIPUTADA LIDIA SENRA XÚNTANSE COS OPERADORES DE MERCADOS E MODEPEN

A eurodeputada Lídia Senra, candidata de En Marea - Compromiso por Europa ás eleccións europeas do 26 de maio, estivo este luns pola tarde en Ferrol, no local da Marea de Ferrol, acompañada por membros da candidatura municipal, onde mantivo dúas reunións: Unha primeira con operadores dos mercados da cidade (A Magadalena, Caranza e Recimil) e unha segunda con membros do Movemento Galego pola Defensa das Pensións Públicas (MODEPEN).

En declaracións aos medios, Lídia Senra aproveitou para facer un chamamento ao voto para este domingo e cualificou de moi importantes as eleccións europeas, xa que o 80% das decisións políticas que afectan directamente ás persoas tómanse na UE.

A europarlamentaria e candidata defendeu que para o mercado local é preciso un impulso da comercialización do produto local e de proximidade.
Desde Marea de Ferrol, recollimos tamén as diferentes demandas que se realizaron sobre a deplorable situación na que se atopan os mercados de Recimil e Caranza, e salientaron a ausencia de convocatorias da Mesa Local de Comercio por parte do goberno municipal durante todo o anterior mandato.

Nese sentido, e como vimos facendo en todas as xuntanzas que estamos realizando co movemento asociativo, Bernardo Lorenzo fixo a proposta en firme de crear mesas de traballo con representación tanto do concello como dos diferentes sectores do comercio ferrolá, para recoller demandas, e pensar xuntas o modelo de cidade que queremos.

Desde Marea de Ferrol, consideramos a necesidade de potenciar a capacidade competitiva e o comercio local e de proximidade.

Por outro lado, tivo lugar unha moi enriquecedora xuntanza con MODEPEN, na que se dialogou e compartiron demandas e preocupacións con respecto ás pensións e outros dereitos sociais. Lidia Senra comprometeuse a seguir loitando duramente, igual que fixo neste mandato, na defensa dos sistemas públicos de pensións e das pensións dignas para que ningunha persoa entre na pobreza unha vez que chega ao remate da súa vida laboral.

Desde Marea de Ferrol, recordamos a importancia que ten para unha candidatura municipalista e veciñal como a nosa, manter lazos de colaboración con organizacións a nivel galego e neste caso europeo, dado que hai moitas competencias que están fóra do ámbito municipal pero que inciden fortemente sobre a vida das persoas, que nós propoñemos acompañar con propostas a nivel local como a Renda Mínima Municipal.

En Marea - Compromiso por Europa | Ir á Web.

Marea de Ferol
Local: Rúa Dores, 20 Baixo.
Correo-e: mareadeferrol@gmail.com
http://mareadeferrol.gal/
Twitter | Facebook

Enviado por:
Marea de Ferrol
-mareadeferrol@gmail.com-
21 de maio de 2019 11:26

_____________

domingo, maio 19, 2019

Marea de Ferrol contou coa visita de Luís Villares, voceiro de En Marea no Parlamento Galego, vistando o Mercado da Magdalena e mantendo xuntanzas - Dentro das previsión para o luns 20 de maio, contarán coa eurodeputada Lídia Senra




PREVISIÓNS DE MAREA DE FERROL PARA O LUNS 20 DE MAIO


Detallamos a continuación a previsión de actividades de Marea de Ferrol para  mañá luns 20 de maio.

1. Ás 10.00 horas, o noso candidato Bernardo Lorenzo Cuétara será entrevistado na COPE.

2. A partir das 11.30, estaremos repartindo a síntese do noso programa electoral no Barrio de Recimil.

3. Durante a tarde, contaremos coa visita de LIDIA SENRA, candidata ao Parlamento Europeo por Compromiso por Europa - En Marea. Xunto con ela, manteremos dúas xuntanzas no noso local electoral (R/Dolores, 20):

➤Ás 18.00 horas, cos operadores e operadoras dos tres mercados municipais.

➤Ás 19.30 horas, con MODEPEN (movemento pola defensa das pensións).

4. Así mesmo, o noso local electoral (Rúa Dolores, 20) permanecerá aberto mañá e tarde -en horario de 10:00 a 14:00 hh. e de 17:30 a 19:30 hh.- como espazo de encontro e de conversa con todos os/as veciños/as que queiran achegarse.


MAREA DE FERROL, ACOMPAÑADA POR LUÍS VILLARES, MANTÉN UNHA XUNTANZA CO CENTRO COMERCIAL ABERTO

Onte sábado 18 de Maio, Marea de Ferrol contou coa visita de Luís Villares, voceiro de En Marea no Parlamento Galego.

Na súa compaña, visitamos o Mercado da Magdalena, para conversar cos vendedores e vendedoras e coa cidadanía. Alí o voceiro de En Marea destacou a “clara vocación industrial” dunha cidade que precisa de incentivos dende o ámbito municipal. “Por iso a Marea de Ferrol está comprometida coa creación dun viveiro de empresas que permita promover espazos de ámbito local capaces de seguir xerando oportunidades de emprego”, explica Villares. Que reivindica administracións locais activamente involucradas coas políticas laborais.

Pola súa banda, Bernardo Lorenzo Cuétara amosouse ilusionado coa posibilidade de acadar o goberno local despois do día 26. O candidato de Marea de Ferrol denunciou o estado de abandono dos tres mercados municipais e reivindicou a necesidade de actuacións que, dende o municipal, contribúan á mellora e posta en valor dos abastos locais e do comercio de proximidade. “Cremos que vai sendo hora de abrir unha interlocución clara cos mercados, poñer en marcha un plan de mantemento para que os pequenos detalles dos que se debe ocupar o Concello non sigan véndose desatendidos, e que se faga coa participación da xente”.

Máis tarde, mantivemos unha xuntanza na nosa sede electoral con representantes da Xunta Directiva dos comerciantes do Centro Comercial Aberto, na que Luís Villares explicou o traballo que En Marea vén realizando no Parlamento Galego na procura de protección do pequeno comercio fronte ás agresivas políticas neoliberais que representa a liberalización das prácticas das grandes superficies. Un proteccionismo que se define en tres claves: a social, a laboral e a ambiental.

Valorouse que o pequeno comercio é o tecido produtivo que máis emprego e de máis calidade crea, e defendeuse o comercio de proximidade.

Durante a xuntanza, quedou plasmada a preocupación, que Marea de Ferrol comparte, sobre a necesidade de recuperar a cidade planificadamente tendo en conta sectores como o do pequeno comercio. Defendeuse, nese sentido, que se está a favor dunha peonalización do centro feita coa participación de todos os sectores afectados, o que nos últimos anos de goberno municipal non foi posible, sentíndose vetados e coa porta pechada ao diálogo e á exposición das propostas e necesidades do sector.

Unha vez máis constatamos a desidia e a falta de diálogo coa cidadanía imperante nos últimos mandatos municipais, en contraposición á participación cidadá que constitúe un dos eixos fundamentais das propostas programáticas de Marea de Ferrol.

Marea de Ferol
Local: Rúa Dores, 20 Baixo.
Correo-e: mareadeferrol@gmail.com
http://mareadeferrol.gal/
Twitter | Facebook
Enviado por:
Marea de Ferrol
-mareadeferrol@gmail.com-
19 de maio de 2019 10:34
19 de maio de 2019 11:03

_____________

sábado, maio 11, 2019

Lídia Senra en Barcelona no primeiro día de campaña: 'Seguiremos loitando para que se garantan pensións públicas e dignas' - Programa de Compromiso por Europa



Lídia Senra: “Seguiremos loitando para que se garantan unhas pensións dignas a través dos orzamentos públicos”
. | A eurodeputada e candidata ás eleccións do 26 de maio viaxou hoxe a Barcelona para intervir na clausura da VI Asamblea da Marea Pensionista de Catalunya. | Marca como prioridade para o próximo mandato da UE botar abaixo o mercado europeo de pensións privadas e asegurar que ningunha persoa ao rematar a súa vida laboral entre na pobreza.

Viñémolo repetindo unha e outra vez neste mandato durante o debate no Parlamento Europeo do Produto Paneuropeo de Pensións Individuais (PEPP), ao que nos opuxemos totalmente co noso voto en contra. Non podemos admitir que as nosas pensións dependan da capacidade de aforro que teña cada persoa. Os sistemas de pensións públicos e as pensións dignas deben ser garantidas a través dos orzamentos públicos. Seguiremos traballando para botar abaixo o mercado europeo de pensións privadas e para que desde as institucións europeas se poñan instrumentos para que se garanta que ningunha persoa ao rematar a súa vida laboral entre na pobreza”. Así o asegurou esta tarde en Barcelona a eurodeputada Lídia Senra, candidata de En Marea: Compromiso por Europa ás eleccións europeas do próximo 26 de maio.

Despois de que a pasada noite fixera a primeira pegada de carteis en Lugo, Senra acudiu hoxe, no primeiro día da campaña electoral, a Barcelona, para participar na clausura na VI Asamblea da Marea Pensionista de Catalunya. Ante un auditorio totalmente cheo de público, a candidata galega ás eleccións europeas marcou como prioridade do próximo mandato europeo facer toda a presión para que a UE adopte políticas que combatan as causas polas que as pensións públicas son insuficientes a día de hoxe, empezando por botar abaixo as reformas laborais e de pensións impostas polas santo-sacras institucións neoliberais e capitalistas. “Necesitamos políticas públicas que garantan as pensións do futuro a todas as persoas, non solucións privadas para uns poucos”, defendeu.

Santiago, 10 de mayo de 2019.

Grazas pola difusión. Adxuntamos fotografías do acto

Oficina de Lídia Senra na Galiza
Tlf.: +34.698.144.067 / 698.120.268
Tlf.: +34.881.817.443

www.lidiasenra.gal

Enviado por:
Lidia Senra
-age.europa.galiza@gmail.com-
10 de maio de 2019 18:03

__________

⏩ Ao Parlamento Europeo con tres eixes básicos:

➤ Protexemos ás persoas.
➤ Protexemos a ecoloxía.
➤ Protexemos o territorio.

O Programa consúltao aquí:

http://bit.ly/Programa_CPE

En Marea
https://enmarea.gal/

Compromiso por Europa
@CompromisoEU

@compromis | @en_marea | @chunta | @mespermallorca | @PartCastellano | @izqandalucista | @Nueva_Canarias | @caballasceuta| @equo_iniciativa | @cpmelilla


En Marea traballará para impulsar unha Europa máis xusta, feminista, ecoloxista e centrada nas persoas. | Ir á Web.
____________

sábado, abril 13, 2019

A eurodeputada galega Lídia Senra defende no PE a apertura dunha comisión de investigación sobre os riscos das próteses mamarias - Por outra banda, Lídia Senra, denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas


Lídia Senra defende no PE a apertura dunha comisión de investigación sobre os riscos das próteses mamarias. | Interveu na Comisión de Peticións do PE para apoiar as denuncias de mulleres afectadas polo escándalo das próteses PIP e doutros tipos. | O PE alertou nun informe que cada ano milleiros de mulleres son expostas aos riscos dos implantes sen seren correctamente informadas.


A Comisión de Peticións do Parlamento Europeo debateu hoxe tres solicitudes sobre próteses mamarias e os seus efectos na saúde das mulleres [Vídeo da sesión], destacando o escándalo da fraude das próteses PIP, que deu lugar á PIP Action Campaign. As peticionarias denunciaron que as institucións europeas non teñen investigado os riscos para a saúde asociados aos implantes de mama máis aló do escándalo concreto das próteses PIP. Queixáronse da falta de información dispoñíbel con respecto a los riscos para a saúde, demandando que as personas que van ser sometidas a unha intervención quirúrxica para implantarse prótesis mamarias dispoñan de información científica abondo para tomar una decisión informada. As mulleres afectadas explicaron tamén hoxe no Parlamento Europeo que as compañías aseguradoras están tentando eludir a cobertura das consecuencias médicas da aplicación deste tipo de próteses.

Logo de insistir en que este é un problema que transcende os implantes PIP advertindo de que outros tipos de implantes tamén están provocando problemas na saúde doutras moitas mulleres, as peticionarias solicitaron ao Parlamento Europeo a creación dunha comisión de investigación sobre os riscos para a saúde asociados ás próteses mamarias, así como o recoñecemento oficial dunha serie de afeccións na saúde vinculados a este tipo de implantes (cancros, reaccións autoinmunes, afección de disruptores endocrinos nas mulleres e no proceso de xestación e lactancia, depresión...).

En representación do Grupo da Esquerda Unitaria Europea-Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), Lídia Senra tomou a palabra para expresar o seu apoio ás peticionarias e mulleres afectadas e insistiu na importancia do consentimento informado “así como o dereito a toda a información relativa a riscos, trazabilidade das próteses mamarias e alternativas dispoñíbeis”. Na liña das demandas concretas postas sobre a mesa polas mulleres afectadas, a eurodeputada galega insistiu tamén en que as enfermidades derivadas dos implantes mamarios “teñen que ser valoradas e recoñecidas por equipos médicos multidisciplinarios, garantido o seguimento das mulleres enfermas e unha cobertura médica gratuíta”.

Senra lembrou tamén que a iniciativa do GUE/NGL a Comisión de Dereitos da Muller e Igualdade de Xénero, o Parlamento Europeo aprobou en sesión plenaria en febreiro deste mesmo ano unha resolución  sobre os Desafíos políticos e estratexias contra os tipos de cancro que afectan ás mulleres e ás súas  comorbilidades. Este informe fai mención específica ás peticións presentadas hoxe e recolle expresamente no seu quinto considerando que cada ano milleiros de mulleres reciben próteses mamarias por cuestións médicas e/ou estéticas sen que se teñan tido en conta os riscos nin proporcionado información axeitada. Subliña tamén a necesidade de extender as investigacións máis aló das implantes PIP e alerta de que actualmente os fabricantes de implantes mamarios non PIP non están a proporcionar a debida información sobre a composición e efectos adversos do xel de silicona empregado pola industria farmacéutica. Advirte asemade que a taxa de rotura e os riscos invasivos da silicona en todo o corpo constitúen un problema real e que os fabricantes non poden garantir unha prótese cohesiva ao 100 %. Enfatiza tamén que varios informes teñen establecido un vínculo directo entre o uso de implantes de silicona e o linfoma anaplásico de grandes células, un tipo pouco frecuente de linfoma no Hodgkin que ten provocado, como mínimo, 14 mortes entre os máis de 409 casos rexistrados.

A través da aprobación deste texto o PE acordou tamén que pedir con carácter de urxencia unha avaliación en profundidade dos riscos asociados a estes implantes , tendo en conta en particular os casos de cancro e de linfoma anaplástico de células grandes en mulleres. As mulleres somos moito máis que estatísticas, que máis ten que pasar para que se tomen en serio os problemas que afectan a saúde das mulleres? Que valor teñen as nosas vidas?”, criticou Senra. “Esta petición ten que ficar aberta e o Parlamento ten que pór en marcha con carácter prioritario unha comisión de investigación que analice o impacto dos implantes de silicona na saúde das mulleres nada máis comece a vindeira lexislatura”.

Ambas solicitudes, concordantes co solicitado polas peticionarias, foron aceptadas pola Comisión de Peticións.

Bruxelas, 11 de Abril de 2019.


Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas. | A eurodeputada alerta á Comisión Europea sobre o uso de fondos FEDER en intervencións na PO-308 que non respectan a área protexida en Rede Natura. | Reclama outro tipo de programas contra a uña de gato e a herba da pampa e tamén que cesen as agresións medioambientais no paseo peonil e novas vías.

A eurodeputada Lídia Senra, membro do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) e candidata de En Marea ás eleccións europeas de finais de maio, ven de denunciar ante a Comisión Europea (CE) as aberracións medioambientais que se están a dar na contorna da praia da Lanzada, no concello de Sanxenxo. Senra presentou dous escritos dirixidos ao ente comunitario, para alertalo sobre as agresións que se están dando nesta área, incluída como zona de protección ZEC e ZEPA na Rede Natura 2000. Concretamente, un dos escritos está centrado na proliferación de plantas invasora e outro nas obras levadas a cabo na PO-308, afectando seriamente ás dunas. Os escritos presentados esta semana en Bruxelas son froito da visita que a eurodeputada realizou á Lanzada no pasado mes de febreiro, acompañada por Mary Camiña, candidata á Alcaldía de Sanxenxo por Somos En Marea Sanxenxo e candidata ao Senado de En Marea pola provincia de Pontevedra, e por membros da Plataforma Veciñal de Sanxenxo.

Así, Lídia Senra dá conta á CE de que na Lanzada leváronse a cabo dúas fases de rexeneración dunar, quedando pendente de execución desde o 2009 unha terceira, que suprimiría parte do trazado da estrada PO-308, para rexenerar as dunas existentes, ampliar a zona de praia e aumentar a seguriade vial. Non obstante, no 2016 comezou unha obra na dita PO-308, con fondos FEDER, para abrir un sendeiro peonil e ciclista (este último segue sen facerse), que conlevou que as dunas pasaron a ser removidas e usadas como zona de almacenaxe de escombro e como aparcadoiro de maquinaria pesada nas inmediacións, ademais, do conxunto megalítico Con do Cormorán, que se viu afectado. Neste tempo tamén, o entablado de madeira do paseo saiu voando tres veces, chegando a impactar no colexio que hai nas proximidades, ao facerse as obras sen ter en conta os estudos xeolóxicos, e incluso colocaron unha base de cemento.

A europarlamentaria pregunta á CE se ten constancia a Comisión dos fondos europeos empregados neste sendeiro ciclista non construído e en todas as obras daninas para as dunas na Lanzada e pídelle que se posicione sobre se considera que son compatibles estas actuacións coas medidas de protección natural desta zona.

Por outra parte, a eurodeputada tamén explica á Comisión Europea que a uña de gato (Carpobrotus edulis) e a Herba da pampa (Cortaderia selloana) son plantas que, polo seu potencial colonizador, constitúen unha ameaza grave na Galiza, motivo polo cal foron incluídas no Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras polo Real Decreto 630/2013 de 2 de agosto. Sen embargo, os programas impulsados para a súa erradicación non están funcionando e un claro exemplo é o concello de Sanxenxo, e máis concretamente a praia da Lanzada, que se encontra rodeada por unha bela contorna natural de dunas protexida dentro da Rede Natura 2000, con hábitats especiais, dunha gran diversidade tanto en flora como en fauna, pero as plantas invasoras mencionadas propician que as autóctonas vexan reducida a área xeográfica de crecemento. As invasoras proliferan de forma profusa por dunas e accesos a praias e os produtos químicos cos que se intentan queimar esas plantas, ao aplicarse en lugares en contacto directo co mar, constitúen un risco alto de contaminar as augas, denuncia Senra, que pide á CE que inclúa a uña de gato e a herba da pampa na Lista de especies exóticas preocupantes para a UE e tamén que se posicione sobre que protocolos se deberían de seguir contra as invasoras en Rede Natura como é a Lanzada.

Para Lídia Senra, respectar de forma escrupulosa e coidar os espazos naturais protexidos é fundamental. Así, acusa ás Administracións públicas de facer a vista gorda ante agresións tan preocupantes como as mencionadas e chama a exercer con responsabilidade os deberes de control, non promocionando obras nin intervencións que están a danar a nosa costa.

Santiago, 12 de abril de 2019.

Lídia Senra, eurodeputada galega, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), candidata de En Marea ás próximas eleccións europeas. | Tlf: 609 845 861, lidia.senra@europarl.europa.eu | http://lidiasenra.gal/ | https://www.facebook.com/LidiaSenraRodriguez | Oficina de Lídia Senra na Galiza. | Tlf.: +34.698.144.067 / 698.120.268 | Tlf.: +34.881.817.443

Enviado por:
AGE Europa - Galiza
-age.europa.galiza@gmail.com-
12 de abril de 2019 10:17
SENRA RODRÍGUEZ Maria Lidia OFFICE
-lidia.senra-office@europarl.europa.eu-
11 de abril de 2019 12:55

_______________

sábado, abril 06, 2019

Solicitamos a reacción da Alta Representante da UE no caso do profesor universitario indio GN Saibaba - Ao longo da lexislatura Senra dirixiuse varias veces á CE para denunciar a situación na que se atopa este profesor universitario e referente social - Mogherini ten trasladado a súa preocupación polo tratamento do Goberno indio contra este home que ademais ten mobilidade reducida


Solicitamos a reacción da Alta Representante da UE no caso do profesor universitario indio GN Saibaba. | Ao longo da lexislatura Senra dirixiuse varias veces á CE para denunciar a situación na que se atopa este profesor universitario e referente social. | Mogherini ten trasladado a súa preocupación polo tratamento do Goberno indio contra este home que ademais ten mobilidade reducida.


Lídia Senra dirixiuse hoxe á Alta Representante da UE e  Vicepresidenta da Comisión Europea, Federica Mogherini, para trasladar a súa preocupación pola negativa do Tribunal Supremo de Nagpur de conceder a liberdade baixo fianza ao profesor universitario indio GN Saibaba, no cárcere por  avogar publicamente a favor dos dereitos dos pobos adivasis e dalits e denunciar a “Operación Green Hunt”.  A carta enviada hoxe por Senra dá continuidade ao diálogo aberto con Mogherini dende o ano 2016 ao respecto da represión contra defensores e defensoras de dereitos humanos na India.

A Alta Representante respostou no 2017 que a CE estaba estaba á expectativa do resultado do recurso interposto polo activista indio ante o Tribunal Supremo de Nagpur, finalmente rexeitado. “Habida conta do seu estado de saúde, empeorado logo de tantos meses illado no cárcere, a cadea perpetua ratificada polo TS de Nagpur é na práctica unha condena de morte”, alerta a eurodeputada galega na comunicación emitida hoxe.

Ao longo da presente lexislatura, Lídia Senra dirixiuse á CE a través de dúas preguntas parlamentarias escritas [1p/2p] e dúas cartas asinadas con outras deputadas/os [1c/2c], incidindo na estratexia de persecución do Goberno indio contra este profesor que padece a parálise do 90% do seu corpo, condición empeorada nos últimos meses con novas afeccións na súa saúde.

A gravidade desta situación foi tamén denunciada polas Nacións Unidas en xuño do ano pasado, instando ao Goberno indio á liberación deste profesor universitario e a proporcionarlle a atención médica precisa. Nese momento a ONU subliñou ademais en que o illamento penitenciario non debía ser aplicado a persoas con mobilidade reducida, xa que é unha medida que empeora significativamente este padecemento.

A Comisión Europea non debe permanecer impasíbel e ser cómplice dunha nova violación dos dereitos humanos do profesor GN Saibaba. Esiximos á Comisión Europea todas as medidas necesarias para a súa liberación inmediata, así como doutros e doutras activistas polos dereitos humanos represaliados e represaliadas na India, como Surendra Gadling, Sudha Bharadwaj, Varavara Rao, Vernon Gonsalves, Arun Ferreira, Shoma Sen, Sudhir Dhawale, Rona Wilson e Mahesh Raut ”, conclúe a deputada galega.

Bruxelas, 5 de Xaneiro, de 2019.

Oficina de LÍDIA SENRA EURODEPUTADA GALEGA. | Grupo da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL). | Comisión de Agricultura.  Comisión de Pesca. | Asamblea Paritaria África, Caribe, Pacífico-UE. | 0034 609 845 861 Willy Brandt, 02M025 (Bruxelas). | Louise Weiss, T05018 (Estrasburgo). | lidia.senra@europarl.europa.eu
| http://lidiasenra.gal/ | twitter  Facebook


Enviado por:
SENRA RODRÍGUEZ Maria Lidia OFFICE
-lidia.senra-office@europarl.europa.eu-
5 de abril de 2019 12:33

_____________

xoves, abril 04, 2019

A eurodeputada galega Lídia Senra vota contra o Produto Paneuropeo de Pensións Individuais: 'É un insulto para a maioría social - A eurodeputada critica duramente no pleno da Eurocáramara que se vaia destinar diñeiro público, a través de vantaxes fiscais, para apoiar o PEPP - Reclama que se traballe noutro tipo de regulamento que axude aos Estados a fortalecer e blindar os sistemas públicos de pensións e as pensións dignas


Lídia Senra vota contra o Produto Paneuropeo de Pensións Individuais: “É un insulto para a maioría social” | A eurodeputada critica duramente no pleno da Eurocáramara que se vaia destinar diñeiro público, a través de vantaxes fiscais, para apoiar o PEPP. | Reclama que se traballe noutro tipo de regulamento que axude aos Estados a fortalecer e blindar os sistemas públicos de pensións e as pensións dignas.

O Produto Paneuropeo de Pensións Individuais (PEPP) que hoxe se somete a votación no pleno do Parlamento Europeo paréceme un insulto á clase traballadora, un insulto á mocidade precaria, un insulto ás mulleres, un insulto a tantas e tantas persoas que non teñen emprego. Creo firmemente que para realmente garantir sistemas públicos de pensións e pensións dignas temos que votar non a este PEPP e poñernos a traballar en outro tipo de medidas e nun regulamento que axude aos Estados a fortalecer os sistemas públicos de pensións e a ter pensións dignas. O noso futuro, o feito de que na vellez teñamos unha vida digna, non pode depender de se as persoas temos capacidade de aforro ou non.Paréceme unha falta total de ética que se destine diñeiro público, que se establezan vantaxes fiscais, para apoiar este PEPP. Vaise traspasar diñeiro público ás arcas do negocio de quen vai vender estes produtos privados. Intolerable”. Así o manifestou a eurodeputada Lídia Senra, membro do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), e candidata de En Marea ás próximas eleccións europeas de maio, esta mañá no pleno da Eurocámara, en Estrasburgo, durante o debate previo á votación sobre a Proposta de Regulamento do Parlamento Europeo e do Consello sobre un PEPP.

Tal e como xa anunciara, Lídia Senra votou NON a esta proposta de regulamento e tamén votou NON ao Informe sobre o tratamento fiscal dos produtos de pensións individuais, incluído o PEPP. En liña co traballo que ven desenvolvendo [1], a eurodeputadachama a continuar combatendo este PEPP na rúa e nas institucións, a pesar de que hoxe quedara aprobado polo pleno debido á maioría neoliberal que impera nas institucións europeas (338 votos a favor, 143 en contra e 139 abstencións).

Así, resalta a grande importancia que tivo e segue a ter a campaña #NonPEPP posta en marcha pola Coordinadora Estatal pola Defensa do Sistema Público de Pensións e o Movemento Galego pola Defensa das Pensións Públicas (MODEPEN). “A campaña e a oposición social a este PEPP é tan importante que incluso hoxe, no debate do pleno do Parlamento Europeo, quedou de manifesto que preocupa moito a quen sigue defenden este Produto inadmisible. Por iso, temos que seguir loitando contra el e contra a privatización dos servizos públicos”, considera Senra.

Para a europarlamentaria, non hai dúbida algunha de que as vantaxes fiscais que se lle outorgan ao PEPP implican “seguir saqueando as arcas públicas a favor de quen máis ten” e acusou ao vicepresidente da Comisión Europea (CE) e comisario de Fomento do Emprego, Crecemento, Investimento e Competitividade, Jyrki Katainen, de “mentir descaradamente” durante o debate de hoxe ao dicir que o PEPP vai reducir a fenda das pensións. “Todas sabemos que a fenda de xénero e a que a fenda entre pensións vai aumentar con este Produto Paneuropeo de Pensións Individuais”, declara Senra.

Santiago, a 4 de abril, de 2019.

ACCESO AO VÍDEO DA INTERVENCIÓN:

https://www.youtube.com/watch?v=sDvTRN4L-tY&feature=youtu.be

[1] A eurodeputada organizou en setembro do 2018, xuntos á Coordinadora Estal pola Defensa do Sistema Público de Pensións e MODEPEN, unhas importantes xornadas en Santiago sobre O futuro das pensións na Galiza, Estado español e Europa, das que despois se publicou un libro que está a ser presentado por multitude de lugares con gran acollida:

O futuro das-pensions na Galiza Estado Español e Europa | En formato pdf.

Lídia Senra, eurodeputada galega, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL). | Tlf: 609 845 861 | lidia.senra@europarl.europa.eu

http://lidiasenra.galhttps://www.facebook.com/LidiaSenraRodriguez

Oficina de Lídia Senra na Galiza
Tlf.: +34.698.144.067 / 698.120.268
Tlf.: +34.881.817.443

Enviado por:
AGE Europa - Galiza
-age.europa.galiza@gmail.com-
4 de abril de 2019 12:21

___________

luns, abril 01, 2019

Batería de denuncias, actos e propostas da Eurodeputada Lídia Senra - Insta á CE a incluír a Sensibilidade Química Múltiple na lista europea de enfermidades - Denuncia no pleno do PE que a propia UE impulsa en ocasións actividades que contaminan as augas - Denuncia na CE a nova terminal portuaria prevista na Enseada de San Simón, plena Rede Natura - Chama a desenmarcarar o neoliberalismo: 'As alternativas económicas ao capitalismo son posibles' - Promove en Bruxelas a mostra do galego Gabriel Tizón 'A Europa d@s nen@s perdid@s'


Lídia Senra insta á CE a incluír a Sensibilidade Química Múltiple na lista europea de enfermidades. | A eurodeputada reuniuse con membros da asociación SQM-Galicia, que piden que a Organización Mundial da Saúde recoñeza oficialmente a doenza. | A europarlamentaria reclama algunha iniciativa do Centro Europeo para a Prevención e o Control das Enfermidades para mellorar a vida das afectadas.

A eurodeputada Lídia Senra, membro do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) e candidata de En Marea ás eleccións europeas de finais de maio, rexistrou esta mañá en Bruxelas unha pregunta escrita dirixida á Comisión Europea (CE) sobre a Sensibilidade Química Múltiple (SQM), enfermidade que nos últimos anos se ven detectando que cada vez afecta a máis poboación e que está incluída oficialmente na Clasificación Internacional de Enfermidades do Estado español desde o 2014 e tamén recoñecida noutros países como Alemaña (desde o ano 2000), Austria (2001), Suíza (2010), Dinamarca (2012) ou Xapón (2009).

A pregunta é froito da reunión que Senra mantivo o venres pasado en Santiago con varias membros da Asociación SQM-Galicia, quenes lle explicaron a loita que están a levar a cabo para que se activen protocolos en todos os lugares e a Organización Mundial da Saúde (OMS) recoñeza a enfermidade adquirida, caracterizada pola perda progresiva de tolerancia a produtos químicos diversos, que deriva en problemas cardiovasculares, respiratorios, endocrinos, hepáticos, inmunolóxicos, neurocognitivos, neurolóxicos, xinecolóxicos, androlóxicos, de pel e mucosas, ademais de xerar alteracións do estado do ánimo e derivar en incertidume, aillamento e incomprensión. Isto leva a que as persoas afectadas por SQM non poidan levar unha vida normal, xa que estar en contacto ou en ambientes con produtos químicos como combustibles, disolventes, pesticidas, pinturas, materiais de construción, barnices, produtos de uso habitual como colonias, pergumes, desodorantes, produtos de limpeza, ambientadores, deterxentes, suavizantes, etc, desencadéalles serios problemas de saúde.

Senra insta neste sentido á Comisión Europea a exercer as competencias que ten para loitar contra as enfermidades e para garantir a saúde medioambiental europea e pídelle unha valoración sobre a SQM. “Valora o Centro Europeo para a Prevención e o Control das Enfermidades incluír esta doenza na súa lista, realizar estudos e levar a cabo programas para contribuír a mellorar a vida das persoas afectadas?”, pregunta a eurodeputada no texto rexistrado hoxe en Bruxelas. “Considerando que as asociacións de afectadas levan tempo pedindo tamén que a OMS recoñeza oficialmente esta enfermidade, contempla a CE impulsar un cambio nesta dirección?”, apela Lídia Senra. A CE debería dar resposta a estas preguntas nas próximas semanas.

Santiago, 27 de marzo de 2019.

Adxuntamos copia da pregunta rexistrada ante a CE.

---
Senra denuncia no pleno do PE que a propia UE impulsa en ocasións actividades que contaminan as augas. | Votou en contra dun informe sobre a Directiva da Auga por non garantir o acceso universal e distorsionar a inciativa cidadá Right2Water. | Reitera a importancia de protexer este ben común da privatización e da contaminación e apela á responsabilidade institucional a tódolos niveis.

Reunido en sesión plenaria en Estrasburgo, o Parlamento Europeo vén de aprobar un informe sobre a proposta de Directiva do Parlamento Europeo e do Consello relativa á calidade das aguas destinadas ao consumo humano. A eurodeputada galega Lídia Senra, coordinadora do Grupo da Esquerda Unitaria Europea-Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), votou en contra deste informe e interveu na Eurocámara para reivindicar unha vez máis o acceso á auga como “un dereito humano que hai que protexer da privatización e da contaminación; da forestación inadecuada, como a realizada a base de eucaliptos, e das grandes infraestruturas”.

O informe aprobado hoxe xurdiu motivado orixinariamente pola iniciativa cidadá europea Right2Water. Sen embargo, o filtro institucional europeo aplicado ás demandas cidadás recollidas nesta iniciativa deron lugar a un texto intolerábelmente feble “que non só non garante o acceso á auga para tódalas persoas, senón que tampouco establece uns parámetros para a auga potábel que resposten á preocupación que existe a día de hoxe con respecto á acumulación de substancia negativas para a saúde humana”, alerta Senra.

Este é o caso dos denominados disruptores endocrinos, substancias que modifican os comportamentos hormonais e que poden derivar nun mal desenvolvemento fetal, deficiencias cognitivas, malformacións conxénitas ou cancros como o de mama, próstata ou tiroides. Esta situación ten sido denunciada, entre outras, pola plataforma italiana Mamme No PFAS, que agrupa a persoas afectadas pola contaminación das augas con sustancias perfluoroalquílicas (PFAS) na rexión de Veneto, e que a finais do ano pasado mantiveron unha xuntanza cas deputadas/dos do GUE/NGL para achegar a súa experiencia.

Disruptores endocrinos como as sustancias perfluoroalquiladas, máis coñecidas como PFAS, foron detectados xa na auga potábel da metade do territorio europeo. Sen embargo, durante a votación desta Directiva a finais do ano pasado, as emendas que facían alusión aos límites a establecer nos PFAS non foron aprobadas”, lembra a eurodeputada galega.

Lídia Senra chamou tamén a atención sobre a necesidade de ter unha visión holística do ciclo da auga, habida conta de que en moitos casos as substancias tóxicas presentes na mesma están a evidenciar un problema medioambiental precedente, non abordado polas Administracións correspondentes, e aí a Unión Europea non pode eludir a súa responsabilidade co manido argumento de carecer de medios ou de capacidade inspectora. “Na Galiza diversos colectivos veñen denunciando e reclamando actuacións urxentes para pór fin á contaminación das rías, ríos e acuíferos en xeral. Moitas destas situacións de contaminación están vinculadas ao modelo de desenvolvemento económico capitalista, como por exemplo as minas de San Fins e de Touro, as obras do tren de alta velocidade en Laza, macrovertedoiros como SOGAMA ou a agricultura industrial, como as granxas de porcos e polos de COREN na Limia”.

 Outros moitos exemplos evidencian, ademais, que as cousas só se poden facer así de mal se existe  conivencia política, como é o caso das “depuradoras insuficientes ou ineficaces que verten directamente no mar ou nos ríos, como por exemplo o Sar; os lodos de depuradora que se deitan nas terras; o glifosato; os pesticidas ou os proxectos ao abeiro da chamada economía circular que enchen ou pretenden encher de residuos os ocos que deixan as canteiras, como Miramontes e Casalonga. Grande parte de todo isto está potenciado e financiado pola Unión Europea. Sen embargo a UE non só non está a mudar a súa orientación, senón que cando lle achegamos as denuncias medioambientais incluso tentan escudarse en que non teñen medios abondo. As institucións europeas teñen o deber de dotarse dos medios necesarios para evitar os incumprimentos sistemáticos por parte das autoridades competentes en cada Estado”.

Bruxelas, 28 de marzo de 2019.

---
Lídia Senra denuncia na CE a nova terminal portuaria prevista na Enseada de San Simón, plena Rede Natura. | A eurodeputada explica a Bruxelas que o proxecto, que se faría con recheos, afectaría ás 1.500 persoas que viven da pesca e ao marisqueo na zona. | Defende no seu escrito que o tráfico marítimo que acollerían estas instalacións pode realizarse sen problema no propio porto de Vigo actual.

A eurodeputada Lídia Senra, membro do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) e candidata de En Marea ás eleccións europeas de finais de maio, ven de denunciar na Comisión Europea (CE) o proxecto do Porto de Vigo para transformar varias instalacións portuarias obsoletas nunha nova terminal mediante recheos de gran calado en plena Enseada de San Simón, é dicir, en pleno espazo marítimo incluído na Rede Natura.

Senra rexistrou esta semana unha pregunta parlamentaria por escrito dirixida á CE, na que lle explica ao organismo comunitario que estas instalacións novas se levarían a cabo nunha área “especialmente sensible por tratarse dunha zona de estuario”, sendo ademais “unha zona marítima de explotación tradicional que acolle mais de 1.500 postos de traballo en pesca artesanal, marisqueo e bateas de mexillón”.

A eurodeputada valora que o Porto de Vigo presenta uns índices de utilización dos seus peiraos actuais inferior ao 50 por cento, polo que é obvio e defende que “o tráfico que se pretende desviar á Enseada de San Simón podería realizarse nas instalacións que xa hai no propio porto, sen necesidade destas novas”. Ante esta situación, Lídia Senra pídelle á CE que se posicione sobre se cre que o obxectivo do Porto de Vigo de aumentar as infraestruturas ten fundamento e sobre se o proxecto dunha nova terminal portuaria en plena Rede Natura, como é o caso, é posible. A parlamentaria lembra que o Porto de Vigo non dispón da ferramenta fundamental de planificación da actividade, é dicir, de Delimitación dos Espazos e Usos Portuarios (DEUP) porque foi anulado por sentenza do 4 de decembro de 2017 da Audiencia Nacional.

Santiago, 28 de marzo de 2019.

---
Lídia Senra chama a desenmarcarar o neoliberalismo: “As alternativas económicas ao capitalismo son posibles”. | A deputada inaugurou na Facultade de Filosofía da USC a xornada ‘Finanzas, enerxía, terra, coidados, datos: Privados? Sociais? A Economía no século XXI’. | A europarlamentaria ve prioritario facerlle fronte ao actual modelo para ter unha sociedade máis xusta, igualitaria e que protexa o medio ambiente.

É necesario desenmascarar o discurso do neoliberalismo. As alternativas económicas ao capitalismo son posibles e con elas podemos lograr unha sociedade máis xusta, igualitaria e que faga fronte ao cambio climático como prioridade”. Así o defendeu a eurodeputada Lídia Senra, membro do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) e candidata de En Marea ás próximas eleccións europeas, durante a inauguración das xornadas ‘Finanzas, enerxía, terra, coidados, datos: Privados? Sociais? A Economía no século XXI’, que se están a desenvolver na Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela (USC). A parlamentaria europea considera que é fundamental debater sobre a necesidade de que os sectores da economía claves estean en mans públicas, en contraposición coa actual tendencia de privatización e control das grandes multinacionais.

Neste sentido, Senra chama en colocarse en fronte de aqueles e aquelas que pretenden facerlle crer á sociedade que non hai saída, que a única política económica posible é a que emana do neoliberalismo e que todo se ten que seguir desregulando para que o mercado non teña ningún tipo de cortapisas no avance dos seus intereses. Así, asegura negarse a crer que esta situación que impera actualmente, de concentración da riqueza cada vez en menos mans, de fracaso social e de crise climática é o modelo axeitado. “Cremos firmemente que hai que cambiar o modelo, que son posibles outras alternativas e políticas. E ademais, é fundamental abordar este debate, e divulgalo e traballar nesta liña, porque nos negamos a facerlle o xogo aos que nos queren facer crer que só existe a verdade que divulga o capitalismo, igual que nos negamos a admitir as prácticas que con total falta de escrúpulos están poñendo os intereses do capital por riba dos dereitos das persoas en calquera ámbito da vida, na sanidade, no ensino, no acceso á alimentación, á enerxía, etc”, dixo a eurodeputada.

Lídia Senra tamén aproveitou para defender que de ningunha maneira o actual modelo económico é compatible coa loita contra o cambio climático. “Pretenden desde o neoliberalismo dicir que si, que é posible loitar así, pero nós sostemos que é imposible, que hai que cambiar. Négome a darlle aval a este tipo de cuestións”, zanxou.

As xornadas, organizadas en colaboración co economista e membro do Consello das Mareas Xabier Pérez Davila, están a desenvolverse con varios coloquios, que se prolongarán até as sete da tarde, e nos que participan relatores e relatoras chegados de diferentes países, como Margarita Mediavilla Pascual, profesora da Escola de Enxeñarías Industriais e membro do Grupo de Enerxía, Economía e Dinámica de Sistemas da Universidade de Valladolid, e Xoán Doldán, decano da Facultade de Económicas da USC, que abordaron a cuestión de se é posible unha transición enerxética a un sistema descentralizado baseado en enerxías renovables. Mediavilla alertou de que o capitalismo resístese a decrecer, desatendendo o límite da capacidade de carga do planeta, apostando pola sobreexeplotación e degradando o medio, o que nos está conducindo cara ao colapso. Fronte a iso, defendeu que a agroecoloxía, a bioconstrución, o urbanismo intelixente e a economía equilibrada é a saída, que nos podería conducir á sustentabilidade.

Centrado en ‘Propiedade da terra e soberanía alimentaria’, esta mañá tivo tamén lugar un coloquio con Xoán Carlos Carreira Pérez, doutor e enxeñeiro agrónomo, profesor da USC retirado; e Marina dos Santos, membro da Dirección Nacional do Movimento dos Trabalhadores Rurais Sem Terra (MST), conducido pola secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego (SLG), Isabel Vilalba. Vilalba denunciou que a planificación territorial galega non responde ás necesidades da nosa terra e apuntou o dato de que nos últimos anos, perdéronse 136.000 hectáreas da superficie agraria das granxas lácteas, co avance do eucalipto e da minería, que impulsan unha economía para catro, non para os intereses da sociedade xeral.

Xa pola tarde, a partir das 16.00 horas, terá lugar o coloquio ‘Finanzas: Privadas ou Públicas’, con Ricardo G. Zaldívar, doutor en Economía e ex-coordenador de ATTAC no Estado español. Adrián Dios, doutor en Economía, investigador na USC e membro da Coordenadora de En Marea, será o encargado de moderar este debate.

E para rematar o día, a partir das 17.3O horas, desenvolverase o coloquio sobre ‘Economía de coidados: Conceptos e debates’, coa participación de Mertxe Larrañaga Sarriegui, doutora en Economía Aplicada na Universidade do País Vasco, especialista en perspectiva económica feminista, que será presentada pola deputada de En Marea no Parlamento Galego, Paula Vázquez Verao.

As xornadas terán unha segunda parte, que se desenvolverá o sábado da próxima semana, 6 de abril, novamente na Facultade de Filosofía da USC, en horario de 10.00 a 13.00. Será para ter primeiramente un coloquio, de 10:00 a 11:15 horas, sobre ‘Os nosos datos, son propiedade común?’, no que intervirá Ekaitz Cancela Rodríguez, xornalista e autor do libro ‘Despertar do soño tecnolóxico’. A propia Lídia Senra conducirá este coloquio. E xa de 11.30 a 13.00, desenvolverase a mesa ‘Romper co consenso, planificación para unha economía socialista’, con William Paul Cockshott, profesor de Computing Science na Univesidade de Glasgow. Neste coloquio será o propio Xabier Pérez Davila o encargado de moderar e presentar.

Santiago, 30 de marzo de 2019.

---
Lídia Senra  promove en Bruxelas a mostra do galego Gabriel Tizón “A Europa d@s nen@s perdid@s”. | O Centro Galego La Tentation acollerá este mércores unha mostra integrada por 30 imaxes que denuncia o abandono dxs nenxs refuxiadxs. | O fotógrafo galego tamén trasladará a súa experiencia documental en materia de persoas refuxiadas ás deputadas e deputados do GUE/NGL.

As alarmas saltaron no ano 2016, cando un informe da Europol alertou de que alomenos 10.000 nenas e nenos refuxiados desapareceran nada máis pisar Europa. Sen embargo, e malia que dende institucións a tódolos niveis, organizacións gubernamentais e ONG’s seguen a denunciar que esta situación persiste, as explicacións dilúense nun inconcreto abano que oscila dende a posibilidade de que estas nenas e nenos abandonen voluntariamente os centros de retención de migrantes, pasando por teren sido obrigados por mafias a separarse do resto de familiares, ate o secuestro para tráfico de órganos e prostitución. Unha vez máis, achegarnos ao rol que a UE está a ter con respecto ao drama humanitario que está acontecendo no seu propio territorio non pode provocar máis que vergoña e indignación.

Preocupada por esta realidade, a eurodeputada do Grupo da Esquerda Unitaria Europea-Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) Lídia Senra promove esta semana en Bruxelas a exposición “A Europa d@s nen@s perdid@s”, do fotógrafo galego Gabriel Tizón [PÁXINA OFICIAL]. A mostra será inaugurada este mércores 3 de abril no Centro Galego La Tentation ás 18.30hrs., e contará con unha introdución a cargo da propia Lídia Senra e unha presentación da exposición en profundidade a cargo do autor.

Dende o inicio da crise das persoas refuxiadas en Europa, fai agora tres anos, dous millóns de persoas camiñaron polas nosas fronteiras desesperandamente. Son familias enteiras que fuxen da morte segura, que non teñen outra opción que camiñar en contra da súa vontade, sen destino final, e aínda que parece que non, continúa ocorrendo”, lembra Tizón. “Pero dentro de todas estas persoas inocentes, hai unhas persoas inocentes dentro dos inocentes,  os nenos e as nenas”.

Dende o primeiro momento en que Europa comezou a prestar atención mediática á situación dos milleiros de persoas que estaban -e están- tentando chegar ao continente fuxindo da morte nos seus países, a maioría dos cativos e cativas que chegan fano sós e soas. Nestes últimos tempos mesmo se está a perceber que cada vez as nenas e nenos que fan este percorrido sós teñen menos idade. “As familias optan por envialos coa esperanza dunha vida mellor sen ter diñeiro para poder acompañalos, e outros son separados das súas familias nesta viaxe de perigos, onde as mafias aproveitan o caos e o abandono dos responsables”, explica o fotógrafo galego. “Estos nenos e nenas desaparecen por mafias e traficantes que traballan o longo de todo o camiño,  engánannos ás veces, outras simplemente usan a forza, e  o destino final case sempre é o mesmo:  a escravitude, a prostitución e o tráfico de órganos”.

Para a eurodeputada Lídia Senra, esta mostra fotográfica “proporciónanos a posibilidade de achegarnos á crise humanitaria da que está  a ser cómplice a Unión Europea dun xeito máis realista e comprensible do que moitas veces permiten os datos e os papeis. Ao fin e ao cabo, unha imaxe vale máis que mil palabras. Pensamos tamén que é interesante achegar a Bruxelas o traballo neste eido desenvolvido por un fotógrafo galego, e agardamos que serva para seguir petando nas conciencias e para que dunha vez por todas as institucións europeas asuman as súas responsabilidades e poñan fin a esta traxedia”.

Grabriel Tizón trasladará tamén este mércores ás deputadas/os do GUE/NGL a súa experiencia ao longo de 14 países documentando o día a día das persoas refuxiadas que consiguen chegar a Europa.
 
Bruxelas, 1 de Abril, de 2019.

---
Lídia Senra, eurodeputada galega, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), candidata de En Marea ás próximas eleccións europeas. | Tlf: 609 845 861, lidia.senra@europarl.europa.eu | http://lidiasenra.gal/ | https://www.facebook.com/LidiaSenraRodriguez

Oficina de Lídia Senra na Galiza

Tlf.: +34.698.144.067 / 698.120.268
Tlf.: +34.881.817.443

Enviado por:
SENRA RODRÍGUEZ Maria Lidia OFFICE
-lidia.senra-office@europarl.europa.eu-
1 de abril de 2019 18:44
AGE Europa - Galiza
-age.europa.galiza@gmail.com-
27 de março de 2019 15:48
30 de março de 2019 12:32

_______

luns, marzo 25, 2019

A eurodeputada galega, Lídia Senra, organiza en Santiago unhas xornadas sobre como a propiedade pública podería substituír ás privadas nos sectores económicos clave - Os coloquios serán o 30 de marzo e 6 de abril na Facultade de Filosofía, e tratarán do sector da enerxía, finanzas, terra, coidados, información e datos


Lídia Senra organiza en Santiago unhas xornadas sobre como a propiedade pública podería substituír ás privadas nos sectores económicos clave. | Os coloquios serán o 30 de marzo e 6 de abril na Facultade de Filosofía, e tratarán do sector da enerxía, finanzas, terra, coidados, información e datos. | A eurodeputada e o economista Xabier P. Davila animan a asistir a todas as persoas e colectivos que loitan por unha sociedade máis xusta e igualitaria.


É posible que a propiedade pública, social e común, substitúa á propiedade privada capitalista en sectores económicos clave como son as finanzas, a enerxía, a terra, os coidados, a información e os datos? Esta será a cuestión central ao redor da cal xirarán as xornadas que terán lugar no Salón de Actos da Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela (Praza de Mazarelos) este sábado, 30 de marzo, e o seguinte, 6 de abril. Organizadas pola eurodeputada Lídia Senra, membro do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) e candidata de En Marea ás próximas eleccións europeas de finais de maio, en colaboración co economista e membro do Consello das Mareas Xabier Pérez Davila, as xornadas pretenden contribuír ao debate e o intercambio de saberes, con varios coloquios sobre A economía no século XXI, nos que participarán expertos na materia chegados de diferentes países.

Lídia Senra e Xabier Pérez Davila critican que o neoliberalismo impuxo nas últimas décadas unha única política económica posible, consistente na privatización de empresas e servizos públicos esenciais, libre movemento de capitais e mercadorías, cesión da soberanía económico a organismos non electos, desregulación das relacións laborais e ataques á organización sindical, substitución das pensións de repartición por fondos privados de capitalización. A consecuencia disto, hoxe rexístrase un aumento da explotación, un descenso dos salarios, desigualdade crecente, precarización do traballo, aceleración da crise ecolóxica, crise do tempo e dos coidados, concentración e centralización do capital, e incremento exponencial do poder do capital sobre o traballo e a sociedade. “1989 augurou o triunfo do capitalismo como modo de produción definitivo e clausura da historia. Sen embargo, está a producirse un notable rexurdimento do pensamento anticapitalista en todos os continentes”, defenden a eurodeputada e o economista. Por iso, a idea de organizar estas xornadas, ás que Senra e Pérez Davila animan a asistir a todas aquelas persoas e colectivos que loitan por unha sociedade máis xusta e igualitaria e interesados no estudo da economía. Todos os coloquios están abertos ao público, sen necesidade de inscrición previa.

Multiplícanse os relatorios que informan do aumento da desigualdade no interior dos Estados. Cada ano, Intermon Oxfam levanta acta dun novo récord de concentración da riqueza no 1% da poboación máis rica. Incluso organismos de goberno da economía mundial como o FMI ou a OCDE manifestan a súa 'preocupación' pola polarización social en aumento. Fronte ás saídas de maior privatización, nós preguntámonos se existe outro punto de vista. Preguntámonos se fronte á planificación capitalista se pode imaxinar a propiedade colectiva, a planificación social e a apropiación común do producido. Quizais na propiedade colectiva, común, social dos principais recursos produtivos: enerxía, finanzas, terra, coidados, información e datos”, defenden desde a organización do evento.

SÁBADO 30 DE MARZO

Durante o programa de dous días, abordaranse pois, todas estas seguintes cuestións, dando comezo ás xornadas este sábado, 30 de marzo, ás 9:00 horas, coa inauguración da europarlamentaria.

ENERXÍA

Ás 9:30 terá lugar o primeiro dos coloquios, centrado en ‘Enerxía: É posible a transición a un sistema descentralizado baseado en enerxías renovables?’. Nel actuará de relatora Margarita Mediavilla Pascual, profesora da Escola de Enxeñarías Industriais e membro do Grupo de Enerxía, Economía e Dinámica de Sistemas da Universidade de Valladolid. Xoán Doldán, decano da Facultade de Económicas da USC, moderará e introducirá esta mesa. As materias primas para a produción de enrexía, auga, vales, vento, sol, gas natural, uranio, etc, foron creadas pola natureza. Pola contra, a propiedade das empresas que as explotan é privada. No Estado español, son as empresas as que determinan os prezos mediante un mecanismo que lles permite a xeración de beneficios abusivos. A mudanza climática é a maior ameaza que afrontamos como especie. Os intereses das enerxéticas bloquean a transición a un sistema descentralizado baseado nas enerxías renovables. Que tipo de propiedade sería o máis acaido para facilitar a transición e a garantía de subministración ás persoas e ás comunidades? A esta pregunta se intentará dar resposta nesta primeira parte das xornadas.

TERRA
Ás 11.30 horas, terá lugar o segundo coloquio, neste caso centrado en ‘Propiedade da terra e soberanía alimentaria’, no que intervirán como relatores Xoán Carlos Carreira Pérez, doutor e enxeñeiro agrónomo, profesor da USC retirado; e Marina dos Santos, membro da Dirección Nacional do Movimento dos Trabalhadores Rurais Sem Terra (MST). A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego (SLG), Isabel Vilalba, conducirá este coloquio, no que se abordará o acaparamento de terras como fenómenos de grande importancia en todos os continentes, ben pola vía directa de concentración de superficies de enormes dimensións en mans de investidores privados e de potencias estranxeiras, ben pola vía de converter as labregas e labregos, e as terras que traballan, en dependentes de grandes empresas. Tendo moi en conta que aquí na Galiza, por exemplo, o 8 por cento da superficie agraria útil galega é un monocultivo de eucaliptos destinados á materia prima da produtora de pasta de papel ENCE, podemos afirmar que o acaparamento de terras é unha manifestación do predominio do capital na produción de alimentos e materias primas agrícolas que esquece as cuestións ecolóxicas e o dereito dos pobos á soberanía alimentaria. No coloquio abordaranse outros modelos agrarios, como o defendido pola Vía Campesiña, outros modelos de propiedade da terra e de técnicas agrícolas e gandeiras que claro que existen.

FINANZAS

Xa o sábado 30 de marzo pola tarde, a partir das 16.00 horas, terá lugar o coloquio ‘Finanzas: Privadas ou Públicas’, con Ricardo G. Zaldívar, doutor en Economía e ex-coordenador de ATTAC no Estado español. Adrián Dios, doutor en Economía, investigador na USC e membro da Coordenadora de En Marea, será o encargado de moderar este debate. Nel analizarase como un dos elementos máis característicos do capitalismo neoliberal é a financeirización da economía, o peso crecente das finanzas no control da actividade económica. A banca pública practicamente xa non existe e despois da crise do 2007, contra as recomendacións iniciais dos organismos reguladores, aumentou a concentración das entidades financeiras, de maneira que case todas as existentes son “demasiado grandes para caer”. Desenvolvese ao tempo unha banca na sombra fóra do control das autoridades, pero que pode contaxiar ao resto do sistema con gran velocidade. Por iso nos preguntaremos se se debe crear unha banca pública na Galiza, no Estado español e en Europa.

COIDADOS

E para rematar o primeiro día das xornadas, a partir das 17.3O horas, desenvolverase o coloquio sobre ‘Economía de coidados: Conceptos e debates’, coa participación de Mertxe Larrañaga Sarriegui, profesora de Economía Aplicada na Universidade do País Vasco. A deputada de En Marea no Parlamento Galego, Paula Vázquez Verao, introducirá esta mesa. En todas as sociedades a división do traballo segundo o xénero asignou ás mulleres os traballos reprodutivos, domésticos e de coidados. Nas sociedades tradicionais, desempeñaban un papel fundamental na produción de alimentos. Nas sociedades capitalistas actuais, incorpóranse ao traballo retribuído, asumindo así unha tripla carga, traballo asalariado, doméstico e de coidados, que prexudica a súa saúde física e psíquica. Sobre se se debería socializarse máis parte deste traballo con escolas infantís de 0 a 3 anos, asistencia domiciliaria ás persoas dependentes, residencias asistidas, comedores escolares, comedores de empresa, etc, debaterase nesta parte.

SÁBADO 6 DE ABRIL

DATOS


A segunda parte da xornada desenvolverase o sábado seguinte, o 6 de abril, novamente no Salón de Actos da Facultade de Filosofía, en horarios de 10.00 a 13.00. Será para ter primeiramente un coloquio, de 10:00 a 11:15 horas, sobre ‘Os nosos datos, son propiedade común?’, no que intervirá Ekaitz Cancela Rodríguez, xornalista e autor do libro ‘Despertar do soño tecnolóxico’. A propia Lídia Senra conducirá este coloquio, no que se tratará sobre a inxente cantidade de datos que xerarmos cada hora mediante a participación nas redes sociais ao navegar por internet, ao realizar compras dixitais, mediante os xeolocalizadores dos teléfonos móbiles, etc. Toda as información é hoxe privatizada polo imperio de Silycom Valley e Europa é neste sentido unha colonia dixital. Pode Europa constituír un sector da información e os datos de propiedade pública que distribúa a información entre os diversos niveis das administracións públicas? Un sistema que garanta o dereito á intimidade ao tempo que pon a información ao servizo de investigacións útiles? Diso se tratará.

PLANIFICACIÓN

E para para rematar, de 11.30 a 13.00, desenvolverase a mesa ‘Romper co consenso, planificación para unha economía socialista’, con William Paul Cockshott, profesor de Computing Science na Univesidade de Glasgow. Neste coloquio será o propio Xabier Pérez Davila o encargado de moderar e presentar. “Os medios de persuasión de masas informan de que vivimos nunha economía de libre mercado. En realidade, todas as grandes empresas planifican a súa actividade. Así o fai Citröen-Vigo ao utilizar o sistemaJust in time, que lle serve para estabelecer obxectivos de produción, tempos e custos para a industria auxiliar. Fan Wall Mart e Inditex. O proceso produtivo manifesta un carácter colaborador e social crecente, acelerado pola utilización das tecnoloxías da información e a ciencia de datos. De xeito contraditorio, a propiedade e a apropiación do excedente son cada vez máis privadas. Pode ter a planificación da economía un papel relevante nunha economía ao servizo das maiorías sociais, da cidadanía, das clases traballadoras? Pode ser eficiente? A iso intentaremos dar resposta”, conclúe Pérez Davila.

Santiago, 25 de marzo de 2019.

Lídia Senra, eurodeputada galega, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), candidata de En Marea ás próximas eleccións europeas

lidia.senra@europarl.europa.eu
http://lidiasenra.gal/
https://www.facebook.com/LidiaSenraRodriguez

Enviado por:
AGEe Europa
-ageeneuropa@gmail.com-
25 de março de 2019 15:57

____________

venres, marzo 22, 2019

Presentación en Ferrol do libro ''O futuro dás pensións', coa participación de Lídia Senra, Vitoria Portas e Xabier Pérez Davila, no Ateneo Ferrolán, o venres día 22 de Marzo ás 6 da tarde, organizado pola Plataforma Ferrolterra para a Defensa das Pensións Públicas


Presentación do libro "O futuro dás pensións"


Dita presentación terá lugar no Ateneo Ferrolan Rúa Magdalena, 202-204, - Ferrol.

Venres día 22 de Marzo ás 6 da tarde.

A Presentación correrá a cargo de:

LIDIA SENRA Deputada Galega no parlamento europeo polo GUE/ NGL

VITORIA PORTAS Coordinadora estatal comisión da muller e Membro de  MODEPEN

XABIER PÉREZ DÁVILA, Economista, Escritor e membro de  MODEPEN

Aos presentes regaláseselles un exemplar do libro.

Plataforma Ferrolterra para a defensa das pensións publicas

Enviado por:
Plataforma Pensións Públicas Ferrol
-plataf.pensionspublicas.ferrol@gmail.com-
20 de março de 2019 20:10

_____________________

venres, marzo 15, 2019

A eurodeputada galega Lídia Senra: 'A extrema dereita é un perigo, ataca os dereitos das persoas co máis duro do neoliberalismo', perante a rolda de prensa celebrada na Coruña,para presentar as xornadas: 'O auxe do neofascismo e da extrema dereita en Europa. Perda de dereitos e liberdades'


Lídia Senra: “A extrema dereita é un perigo, ataca os dereitos das persoas co máis duro do neoliberalismo”. | A eurodeputada advirte da delicada situación que se está a vivir en toda Europa co auxe de forzas neofascistas e chama a debater sobre como frealas. | Arrancan no Paraninfo da Universidade da Coruña as xornadas europeas que analizarán as mensaxes das forzas autoritarias e a perda de liberdades.

Estamos ante unha situación delicada. A extrema dereita é un perigo, porque ataca os dereitos de todas as persoas, aplicando nos gobernos nos que están entrando, os programas máis duros do neoliberalismo. Por esta razón, desde a esquerda e os colectivos sociais debemos debater sobre cales son as causas do auxe do neofascismo e das forzas de extrema dereita que se está está dando en toda Europa, analizar que podemos facer para frear estas forzas autoritarias e impedir que cheguen a gobernar, no contexto de toda a UE e tamén a nivel mundial, porque van contra a inmensa maioría da sociedade, do campesiñado, das mulleres, dos traballadores e traballadoras, atacan os dereitos humanos, atacan a democracia en si mesma”. Así o advertiu esta mañá a eurodeputada Lídia Senra, membro do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica, e candidata de En Marea ás eleccións europeas de finais de maio, durante a rolda de prensa ofrecida na Coruña con motivo das xornadas "O auxe do neofascismo e da extrema dereita en Europa. Perda de dereitos e liberdades", que se celebrarán esta tarde e mañá sábado durante todo o día no Paraninfo da Universidade herculina.

Senra explicou que o seu grupo se decidiu a organizar estas xornadas, en colaboración coa Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH) e a Universidade da Coruña, porque “estamos moi preocupadas polo auxe da extrema dereita na UE e a nivel mundial, que poñen en cuestión os dereitos e as liberdades”. Para a europarlamentaria, o auxe da extrema dereita ten que ver cos intereses que ten agora o capitalismo. Para seguir nese proceso de acumulación de riqueza en poucas mans, o capitalismo necesita gobernos de extrema dereita que sigan dándolle pulo ás reformas neoliberais, privando de dereitos ás persoas, negando incluso os dereitos medioambientais, como acabamos de ver agora do Goberno de EEUU, que negao cambio climático, por exemplo.

Por iso, a eurodeputada considera fundamental que a esquerda sexa capaz de transmitir á sociedade o que hai detrás destes partidos e dos seus programas. Só así conseguiremos paralos. “Non creo que ninguén queira volver á situacións pasadas nas que se prohibía falar e escribir galego. Non creo que ninguén queira volver á situacións pasadas nas que reunirse na rúa máis de tres persoas estaba prohibido. Hai que dar a batalla, ver o que hai detrás dos programas das forzas da extrema dereita e combatelos”, dixo, para cualificar tamén de grave o ataque directo que están a facer ás mulleres, poñendo en perigo a lei de violencia machista, por exemplo, como reivindicación no proceso de negociación do goberno andaluz.

Para Lídia Senra, a UE difúndese sobre os valores de defensa dos dereitos humanos, sempre se erixe na gran defensora e gardiana da democracia, constituiuse para que non se volveran a dar situacións fascistas pasadas. “E resulta que o presidente doParlamento Europeo fai esta semana unhas declaracións valorando a Mussolini. Tajani debe dimitir como presidente do Parlamento Europeo xa. Isto non se pode consentir. É unha xustificación intolerable do fascismo no Parlamento Europeo”, defende a eurodeputada.

Fronte a estas situacións, Senra tamén avogou por facer algo de autocrítica e analizar o que a esquerda non está facendo ben e se traduce en que as nosas mensaxes non cheguan ao electorado e á sociedade en xeral. “Temos que ver como podemos ser eficaces para ser quen de elaborar e transmitir as nosas propostas mellor, porque a realidade non é que a dereita suba, senón que se rexistra a abstención da esquerda”, zanxou.

Pola súa banda, a avogada do Sindicato Andaluz de Traballadores/as, Pastora Filigrana, dixo compartir esta análise. “A esquerda ten que pararse a pensar en por que moita xente non se sinte identificada e queda na casa en lugar de votar. Debemos analizar por que a esquerda non capta o descontento da xente”, dixo. Filigrana cualificou como moi pertinentes estas xornadas para pensar en común. “O neofascismo está presente actualmente en 18 parlamentos europeos, rexionais ou estatais, un é o de Andalucía e é posible que esta representación aumente. Urxe entender os porqués, o que está ocorrendo, que papel xoga o neoliberalismo”, dixo.

As xornadas comezarán este venres pola tarde ás 17:00 horas, coa apertura das mesmas a cargo da propia eurodeputada Lídia Senra; de Fernando Souto Suárez, presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña; e de Julio E. Abalde Alonso, reitor da Universidade da Coruña. Xa ás 17:30 horas, terá lugar o primeiro dos coloquios, no que se tratará de facer un ‘Retrato da extrema dereita en Europa’. Nel intervirán ademais de Pastora Filigrana, Gabriele Michalitsch, investigadora en Economía Política, Teorías Políticas e Economías Feministas no Departamento de Ciencias Políticas da Universidade de Viena; e Sophia Siddiqui, membro do Institute of Race Relations (Reino Unido). Tras o debate, e para finalizar a xornada dese primeiro día, está programado a partir das 20:30 horas, un concerto acústico de Satxa e Samu Acaracán.

A Coruña, 15 de marzo de 2019.

O coloquio será retransmitido en streaming a través de dous enlaces en youtube co vídeo en directo co son orixinal [https://www.youtube.com/watch?v=EeS9bPcgMro] ou co son da traducción simultánea a galego [https://www.youtube.com/watch?v=5jUPeyp0mm0].

Mañá sábado, os debates continuarán durante todo o día tamén.

* Todas as persoas que participarán como relatoras nas xornadas están abertas a conceder entrevistas cos medios de comunicación interesados, de forma telefónica ou en persoa. Para xestionar citas, podedes poñervos en contacto chamando ao 698144067

(Rosabel – Prensa Xornadas)

Moitas grazas pola vosa atención

Adxuntamos fotografías da rolda de prensa de hoxe pola mañá e cartelería e programa completo das xornadas

1Vídeo resumo da rolda de prensa de hoxe:
https://www.facebook.com/LidiaSenraRodriguez/videos/251334125821205/

Máis información ou entrevistas directas con Lídia Senra:

Lídia Senra, eurodeputada galega, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL)

Tlf: 609 845 861, lidia.senra@europarl.europa.eu

http://lidiasenra.gal/ https://www.facebook.com/LidiaSenraRodriguez

Oficina de Lídia Senra na Galiza
Tlf.: +34.698.144.067 / 698.120.268
Tlf.: +34.881.817.443

www.lidiasenra.gal

Enviado por:
AGE Europa - Galiza
-age.europa.galiza@gmail.com-
15 de março de 2019 14:24
_____________

xoves, febreiro 14, 2019

Rexeitamos unha xestión de fondos europeos que segue relegando a segundo plano ás persoas e ó medioambiente - Senra votou en contra da proposta de regulamento de fondos europeos aprobada na mañá de hoxe polo Parlamento Europeo - Malia a retirada da posibilidade de suspensión de fondos se non se cumpre cas disposicións da UE, o informe carece de ambición social


Rexeitamos unha xestión de fondos europeos que segue relegando a segundo plano ás persoas e ó medioambiente. | Senra votou en contra da proposta de regulamento de fondos europeos aprobada na mañá de hoxe polo Parlamento Europeo. | Malia a retirada da posibilidade de suspensión de fondos se non se cumpre cas disposicións da UE, o informe carece de ambición social.

O Parlamento Europeo vén de aprobar a  proposta de Regulamento do Parlamento Europeo e do Consello polo que se establecen as disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, así como as normas financieiras para ditos Fondos e para o Fondo de Asilo e Migración, o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de Xestión das Fronteiras e Visados (COM(2018)0375 – C8-0230/2018 – 2018/0196(COD)).

A eurodeputada do Grupo da Esquerda Unitaria Europea-Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), Lídia Senra opúxose co seu voto a este informe ao considerar que, malia a que finalmente foi suprimida a proposta da Comisión de poder retirar fondos a aqueles Estados que non cumpran ca denominada condicionalidade macroeconómica ou macrocondicionalidade -é dicir, co que as premisas capitalistas neoliberais europeas consideran unha “boa” gobernanza económica-, o informe non satisface o cambio de orientación nas políticas de desenvolvemento europeas que unha situación de urxencia social como a actual requiren.

Non hai un cambio claro na orientación dos fondos, non hai un cambio claro para apoiar os sectores produtivos do País, non hai un cambio claro para apoiar ás pequenas empresas, non hai un cambio claro para apoiar os sistemas públicos de saúde ou o ensino”, incidiu Senra na quenda de explicacións de voto.

A articulación dos fondos no marco das normas financierias establecidas neste informe, en tanto que absolutamente continuistas das premisas neoliberais da UE continúan “mermando o público para seguir engordando os intereses do capital, como sucederá, por exemplo, co produto panaeuropeo de pensións individuais que se acaba de acordar nas negociacións tripartitas”.

Estamos moi lonxe de atoparnos diante dun texto que mellore a actual xestión dos fondos europeos.  Por poñer un caso concreto, votamos a favor de que as áreas que descendan de categoría no período 2021-2027, como Galiza, manteñan o mesmo nivel de asignacións que tiñan no 2014-2020. Está ben, porque a outra opción era que recibira menos fondos. Pero o realmente relevante é que nos atopamos con un plantexamento económico por parte da UE que, non só non contempla a posibilidade de incrementar fondos naquelas áreas que se viron especialmente afectadas pola estafa financeira e as decisións políticas que supuxeron unha precarización social xeralizada, senón que incluso a proposta inicial da  Comisión Europea era reducírllelos.”

Estrasburgo, 13 de Febreiro de 2019.


Sesión Plenaria [13/02/2019]
TEMA DA INTERVENCIÓN
Disposicións comúns Fondos europeos
ENLACE Á INTERVENCIÓN


Oficina de LÍDIA SENRA
EURODEPUTADA GALEGA
Grupo da Esquerda Unitaria Europea/
Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL)
Comisión de Agricultura
Comisión de Pesca
Asamblea Paritaria África, Caribe, Pacífico-UE
0034 609 845 861
Willy Brandt, 02M025 (Bruxelas)
Louise Weiss, T05018 (Estrasburgo)
lidia.senra@europarl.europa.eu

http://lidiasenra.gal/

Twitter | Facebook

Enviado por:
SENRA RODRÍGUEZ Maria Lidia OFFICE
-lidia.senra-office@europarl.europa.eu-
13 de fevereiro de 2019 16:08

_________________

A eurodeputada galega Lídia Senra cualifica de 'perversa' a aprobación do acordo pesqueiro UE-Marrocos e alerta dos seus riscos xurídicos - Senra e o Ministro delegado para Europa da Fronte Polisario, Mohamed Sidati, ofreceron na tarde de hoxe unha rolda de prensa conxunta - O acordo foi aprobado con 415 votos a favor e 189 en contra pese a non cumprir os requisitos especificados polo Tribunal de Xustiza da UE


Senra cualifica de “perversa” a aprobación do acordo pesqueiro UE-Marrocos e alerta dos seus riscos xurídicos. | Senra e o Ministro delegado para Europa da Fronte Polisario, Mohamed Sidati, ofreceron na tarde de hoxe unha rolda de prensa conxunta. | O acordo foi aprobado con 415 votos a favor e 189 en contra pese a non cumprir os requisitos especificados polo Tribunal de Xustiza da UE.

A través dunha rolda de prensa conxunta co Ministro delegado para Europa do Frente Polisario, Mohamed Sidati, a eurodeputada galega Lidia Senra, responsábel  para o Grupo da Esquerda Unitaria Europea-Esquerda Verde Nórdica do seguimento do Acordo de colaboración de pesca UE-Marrocos aprobado hoxe en sesión plenaria do Parlamento Europeo, abordou esta tarde algunhas das principais claves da estratexia política a través da cal tanto Marrocos como a UE pretenden espoliar os recursos do pobo saharauí.

O GUE/NGL sempre se pronunciou en contra dos acordos comerciais UE-Marrocos porque inclúen ilegalmente os territorios ocupados do Sáhara occidental. Cómpre lembrar que o Artigo 73 da Carta de Nacións Unidas recoñece o dereito dos pobos dos territorios non autónomos á soberanía permanente sobre os seus recursos”, situou Senra.

Marrocos non ten soberanía sobre o Sáhara Occidental, polo que “nin este país nin a UE poden tomar decisións sobre un territorio que non lles pertence”, reiterou. “Consideramos que isto é un roubo, estamos falando dun acordo onde a UE e Marrocos pretenden repartir o botín procedente do espolio do pobo saharauí. O pobo saharauí non deu en ningún momento consentimento, e se a UE quere pescar nas augas do Sáhara occidental ten que negociar ca Fronte Polisario que é o  seu lexítimo representante. Paréceme perverso que a maioría do Parlamento Europeo  dera o seu consentimento a este acordo sabendo que é contrario á legalidade internacional e a inseguridade xurídica na que poden estar os barcos da UE”.

Mohamed Sidati, pola súa banda, agradeceu o apoio de Senra e do GUE/NGL e fixo fincapé no feito de que “os acordos comerciais e de pesca UE-Marrocos son ilegais, e significan que a UE vai seguir ca súa política de negación do pobo saharauí e de espolio dos seus recursos naturais. Hoxe a UE ao votar estes acordos está a ser parte do problema, non parte da solución, xa que está a reforzar a ocupación marroquí do Sáhara Occidental”.

O Ministro da Fronte Polisario para a UE recordou que o Tribunal de Xustiza da UE expresou claramente que os acordos comerciais que afectan aos recursos do pobo saharauí só poden ser válidos se o propio pobo saharauí expresa o seu consentimento a través do seu representante lexítimo, a Fronte Polisario. “A Comisión Europea durante estes meses tentou lexitimar o acordo sosténdoo nun burdo andamiaxe de falsas consultas”, denunciou. “Incluso a organización Human Right Watch dirixiu unha carta ás eurodeputadas/os pedindo que non se votase este acordo por non cumprir cos requisitos do dereito internacional humanitario, subliñando que hai discusións en marcha sobre o Sáhara Occidental, un territorio non autónomo sobre o cal non se lle recoñece a Marrocos a mínima soberanía. Tamén pediu que se cumpra o  Artigo 21 do Tratado da UE, que establece que nas súas actividades externas a UE debe velar polo respecto da Carta das Nacións Unidas e do dereito internacional”.

Sidati tamén chamou a atención sobre o feito de que a data programada para a votación do acordo de pesca UE-Marrocos coincida ca visita, “postposta por enésima vez”, dos reis de España a Marrocos. “Resulta difícil non interpretar a oportunidade desta visita como unha gratificación real á sistemática violación de dereitos humanos do pobo saharauí e ao desenfrenado saqueo de recursos naturais do Sáhara Occidental”.

Este acordo abarca case exclusivamente as augas saharauís, xa que como sinalou o propio Tribunal de Xustiza da UE na sentenza de xaneiro de 2018 o 91.5% das capturas dos barcos europeos estase facendo en augas saharauís. “A UE non só está incumprindo as decisións do seu propio tribunal, senón incumprindo un dos principais principios do dereito internacional que establece a soberanía do pobo saharauí. Ca súa actitude fai prevalecer a lóxica da forza en detrimento dos principios que presidiron a súa fundación. Estes acordos son operacións para esquilmar os nosos recursos. Francia e España capitanean este roubo. A nosa mensaxe á opinión pública europea e á comunidade internacional é que teñen que ser moi conscientes de que estes acordos lexitiman a ocupación saharauí do noso país e vulneran o dereito fundamental do noso pobo á autodeterminación”.

Estrasburgo, 12 de Febreiro de 2019.

[NdP230119] “É indignante comprobar que a UE e Marrocos estanse repartindo o espolio dos recursos do pobo saharuí”.

[NdP091018] “A UE pretende legalizar a ocupación do Sáhara occidental a través de acordos económicos con Marrocos”.

Oficina de LÍDIA SENRA
EURODEPUTADA GALEGA
Grupo da Esquerda Unitaria Europea/
Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL)
Comisión de Agricultura
Comisión de Pesca
Asamblea Paritaria África, Caribe, Pacífico-UE
0034 609 845 861
Willy Brandt, 02M025 (Bruxelas)
Louise Weiss, T05018 (Estrasburgo)
lidia.senra@europarl.europa.eu

http://lidiasenra.gal/

Twitter | Facebook

Enviado por:
SENRA RODRÍGUEZ Maria Lidia OFFICE
-lidia.senra-office@europarl.europa.eu-
12 de fevereiro de 2019 20:13

__________________