Amosando publicacións coa etiqueta Marcha Mundial pola Paz e a non Violencia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Marcha Mundial pola Paz e a non Violencia. Amosar todas as publicacións

martes, decembro 13, 2011

Palavras para Matilde, ... Por Lupe Ces

Por Lupe Ces [*]
13.12.2011

Que nom hai palavras para ti, di o Presidente do teu país, Nuñez Feijoo. Só lamentar o feito, di desde Madrid. Como se esta manhá fosses pola rua e umha árvore atravessara o teu último dia, como se na cama dum hospital o teu último alento jovem fosse o feche dumha longa enfermidade. Umha mulher nova, 38 anos ... e nom tem palavras, só o lamento.

Mas ti mereces palavras, palavras fortes, vivas ante a tua morte. Palavras como Igualdade, como Justiça, como Liberdade, como Respecto, como Seguridade, como Tranquilidade ... E mereces palavras de raiba e de impotência como Basta!, Abonda!, Nem Umha Mais!, Malditos Machistas. E o teu Presidente nom as atopa. Nom atopa a racionalidade do teu assassinato. Nom vê mais aló que um triste e inevitável sucesso.

Matilde, o teu, é um assassinato político. O teu nome vai no ronsel de muitos nomes mais. Nomes enfiados numha espiral violenta, froito dumha guerra que nom tem grandes trincheiras nem cámaras enviadas a um campo de batalha ou a umha cidade sitiada. A guerra do machismo contra os direitos das mulheres. Umha guerra de séculos, em tempos justificada por leis naturais, divinas ou humanas. Umha guerra que ante a insurreiçom das escravas, mostrasse virulenta nestes tempos. Umha guerra que, ainda que esteja oculta muitas vezes entre muros, nos patios, nas mesas ou entre cobertores, tem estrategas e cúmplices em governos, púlpitos, parlamentos, julgados, conselhos de redaçons, clubes de elites, cuarteis gerais, e, como nom! conselhos de administraçom.

Eres a última morte, mas nom a última das vitimas. Sintimo-las caminhar, respirar, falar... e também discutir, pensar, ocultar, chorar, dissimular, fingir, tremar,... Porque a guerra é triste, dura, destrutiva, abominável. Mas quero agora Matilde, dizer o teu nome enteiro, e o digo mil vezes. Matilde Vázquez Ramallal, Matilde Vázquez Ramallal... Por todas as noites que te setiches livre. Por todas as noites que caminaches tranquila. Por todos os menceres onde sonhaches e sorriches. Só podemos, ao pé do teu corpo frio, continuar caminho, nom já por ti, se nom por todas nós, por todas as que estam por vir.

Publicado em:
http://lupeces.blogspot.com/

[*] Lupe Ces Rioboo -Caranza 1953, é mestra, petence á Marcha Mundial das Mulleres e ao Colectivo Ártabra 21, militante feminista, membro do Consello do Foro Social Galego e do Consello Editorial de Altermundo.



___________

Enlace relacionado:

Ártabra 21: A violencia machista vovel a asasinar a unha muller na Galiza - A Matilde Vázquez Ramallal arrebataron-lle a vida hoxe en Carral - Concentración Martes 13 de Novembro en Ferrol

___________________

xoves, decembro 31, 2009

A Marcha Mundial pola Paz e a Non Violencia alcanzou o seu tramo final


Programa especial: Uruguai, Arxentina e Chile pola paz

A Marcha Mundial pola Paz e a Non Violencia alcanzou o seu tramo final. Este mércores a mobilización chegou a Chile logo de pasar por Arxentina e Uruguai. O 2 de xaneiro finaliza a marcha mundial.

A Asociación Latinoamericana de Eduación Radiofónica (ALER) e a Axencia Púlsar realizan un esforzo conxunto para cubrir o paso da Marcha Mundial pola Paz e a Non Violencia por América Latina.

As radios comunitarias e as súas redes na rexión entregarán programas especiais durante todo o mes de decembro ata a finalización da marcha o 2 de xaneiro na fronteira arxentino-chilena.

Nesta oportunidade, unha produción especial coordinada polo servizo informativo de FARCO en alianza con radios comunitarias chilenas e AMARC Uruguai.

Os programas teñen unha duración de 15 minutos e están dispoñibles na Axencia Informativa Púlsar.

Para baixar e emitir o programa, visite a cobertura conxunta de ALER e Púlsar: "Dialogos, a paz latexando en América Latina".(PÚLSAR)

Faga click aquí para acceder a máis notas desta Cobertura

Enviado:
Pulsar Axencia Informativa
30 de dezembro de 2009 19:48
agenciapulsar@agenciapulsar.org

AXENCIA INFORMATIVA PULSAR - 2009-12-30





Enlaces de interese:
_____________________________

Ola.

Isto é o que parece que van transmitir desde Punta de Vacas, segundo indica na páxina de emisión: http://www.parquepuntadevacas.org/live.html

Día 31 de Decembro de 2009
  • 01:00h. (día 1 en España) (21h. de Arxentina) transmisión da cea de fin de ano
  • 04:00h. (día 1 en España) (24h. Arxentina) brinde polo ano próximo

Día 2 de Xaneiro de 2010
  • 22h. (18h. Arxentina) Peche da Marcha Mundial pola Paz e a Non Violencia
Un forte abrazo.

Fernando

Enviado por:
Fernando Hernández
-mme@espaciohumanista.org-
31 de dezembro de 2009 00:45

________________________________

xoves, outubro 22, 2009

Acto Pacifista en Compostela con motivo do paso por Galiza da Marcha Mundial pola Paz e a Non Violencia


  • ACTO PACIFISTA EN COMPOSTELA
  • DOMINGO, 25 DE OUTUBRO, 12:30 HORAS
  • TEATRO PRINCIPAL

PROGRAMA

Presentación
  • Begoña Fontenla (TVG)
  • Entrega da gaita galega que percorrerá o mundo coa Marcha Mundial pola Paz e a Non Violencia
Actuación de:
  • Pepe Ferreirós (Milladoiro)
Intervencións institucionais:
  • Leitura do Manifesto de Compostela pola Paz Mundial e a Xustiza, por Manuel Dios Diz (Seminario Galego de Educación para a Paz)
Intervencións poéticas:
  • Luis González Tosar
  • Marilar Alexandre
  • Concha Rousia
Contacontos:
  • Anxo Moure (Bicis pola Paz)
Intervencións Musicais:
  • Pepe Costenla
  • Xoán Curiel
  • No title (Loli e Leo)
  • Emilio Rúa
Clasura:
  • Pepe Ferreirós: Himno Galego
_______________________

Manifesto de Compostela pola paz mundial e a xustiza
25 de Outubro de 2009
Con motivo da Marcha Mundial pola Paz e a Non Violencia

Cada día morren 35,000 nenos de fame no mundo segundo a FAO. É un xenocidio de proporcións impresionantes, ao que asistimos impasibles, moitas veces sen inmutarnos. Ao mesmo tempo, calcúlase que o gasto diario en armamento é de 3.000 millóns de dólares e os subsidios agrícolas dos Estados Unidos e da Unión Europea roldan os 800 millóns diarios. Afirman que non hai fondos para o tratamento da SIDA, para acadar os Obxectivos do Milenio, para rematar coa pobreza e a miseria ... pero os Estados veñen de sair ó rescate das institucións financieiras e dos cobizosos que provocaron, coa súa ambición desmedida, o desplome da economía capitalista internacional.

Os enormes beneficios do complexo industrial bélico e militar dirixen en boa medida a economía mundial. Porque seguimos a vivir nunha economía de guerra. De feito, persisten máis de 35 conflitos armados no mundo, algúns especialmente longos e xeradores de enorme inestabilidade internacional, como é a ocupación israelíta dos territorios palestinos, a guerra de Afganistán e Iraq, ou Chechenia, por citar tan só algúns dos máis relevantes.

Derogar a guerra segue a ser un imperativo moral do século XXI.

É urxente compartir xustamente. Non hai mellor caldo de cultivo da radicalización, a animadversión e a agresividade que a humillación e a exclusión. A violencia non se xustifica, nin pode lexitimarse, pero as súas orixes deben de examinarse atentamente. 

Cómpre fortalecer o multilateralismo e dotar ás Nacións Unidas dos medios e autoridade necesarios para emprender un gran plan global de desenvolvemento en beneficio de todos.

O Norte, primordialmente, séguese a enriquecer cos recursos naturais de países aos que empobrece progresivamente e cuxa cidadanía se ve forzada a emigrar en circunstancias que con frecuencia constitúen un agravio á súa dignidade e atopando na dura viaxe a hostilidade e a restrición das leis dos Estados que, curiosamente, os explotan (Directiva da Vergoña).

Non é con votos cautivos, con obediencia cega e con temor e medo como se constrúe e consolida a democracia xenuína. Non é con guerras de cobiza, con demostracións de forza, accións bélicas e invasións dirixidas por intereses económicos e enerxéticos -que xeran unha espiral de violencia, de acción e reacción, de intervención e represalia- como podemos facer fronte aos grandes desafíos e asimetrías de todo orde que presenta a situación mundial. 

Os gobernantes abdicaron das súas responsabilidades políticas, substituíndo valores universais polas leis do mercado. O resultado foi a concentración da riqueza nunhas cantas mans e a ampliación das fendas sociais e económicas. 

¡NON Á POBREZA!

Hai que esixir aos gobernantes, a través dun auténtico clamor a escala mundial, que dean prioridade ao cumprimento dos Obxectivos do Milenio e o remate da carreira armamentística. Chegou o momento da non resignación, da implicación persoal. 

Proclamamos, unha vez máis, que non xustificamos os atentados e a violencia, veña de onde veña. Condenamos todo tipo de terrorismo: o dos grupos ocultos nas sombras e o terrorismo de Estado. Utilizouse a tortura, o trato cruel e degradante, violando reiteradamente o dereito internacional e humanitario. 

É necesario que a Comunidade Internacional poña fin á barbarie, ás masacres. Como se establece na Carta das Nacións Unidas son os pobos os que deben decidir sobre o seu destino. Debemos sumar con rapidez voces de todos os pobos do mundo para dicir:

¡BASTA! Á GUERRA E Á VIOLENCIA

Calamos en exceso. Agora acabouse o silencio. Os pobos elevarán a súa voz. A guerra é unha traxedia para todos. É urxente desarmar a razón armada. Hoxe máis que nunca son necesarios a capacidade de diálogo e de alianza, o compromiso de intentar a resolución pacífica de conflictos, fomentando actitudes de encontro e respecto aos demais, mediante a aplicación cotiá dos DereitosHumanos sustituíndo a violencia, a forza e a imposición pola Cultura da Paz

É necesario cambiar o curso dos acontecementos a través de accións colectivas, desenvolvendo a solidariedade entre os pobos. É urxente que os intelectuais, artistas, educadores, científicos .... abandonen a súa pasividade e pasen á acción. Só así os seus escritos e as súas palabras será cribles e poderán contribuír a sumar os seus esforzos aos de moitos outros para deter a tolemia da guerra, da confrontación e da violencia. 

Chegou o momento da xente. E, sobre todo, dos mozos, dos homes e mulleres que reclaman outro mundo posible. As institucións e medios de comunicación deben axudar á cidadanía mundial para que, por fin, deixen de ser espectadores e desempeñen a súa función de protagonistas no deseño do futuro. Os gobernantes, parlamentarios, membros dos Consellos Municipais ... teñen unha especial responsabilidade neste cambio histórico. 

Chegou tamén o momento das culturas e das relixións máis diversas para que, unidas pola solidariedade e o amor ao próximo que lles é inherente, se poñan a vangarda do rescate da dignidade humana. 

É necesario que os pobos asuman a resistencia social, cultural, política e espiritual a través de mobilizacións, da non cooperación á violencia e inxustiza, de sumar esforzos con outros pobos e denunciar aos responsables de dominacións e da dor que afecta a humanidade. 

Hai que poñerse en pé, en pé de paz e camiñar cara a novos horizontes de vida e non de morte. Malia todo, esa é a esperanza.

E a Marcha Mundial pola Paz e a non violencia é unha ocasión máis de poñernos en pé de paz e de camiñar xuntos pola xustiza, a paz e a solidariedade. E aquí estamos en Compostela organizacións moi diversas unidas polo noso compromiso inequívoco coa cultura da paz e a non violencia, para sustituír a forza pola palabra, a imposición polo diálogo, a confrontación pola negociación.

Por canto antecede, coa mirada posta nas xeracións vindeiras, facemos un chamamento a todos quen se sentan igualmente concernidos para que manifesten pacificamente, a través de todos os medios ao seu alcance, presenciais e virtuais, a súa adhesión á paz:

Neste sentido reivindicamos:

1º.- O desarmamento nuclear a nivel mundial

2º.- O retiro inmediato das tropas invasoras de tódolos territorios ocupados.

3º.- A reducción progresiva do armamento convencional.

4º.- A sinatura de tratados de non agresión entre países.

5º.- A renuncia dos gobernos a utilizar as guerras como medio para resolver os conflictos.

5º.- O rexeitamento de toda forma de violencia.

Reafirmamos hoxe o noso compromiso coa paz e a non violencia e dicimos, de novo,

NON Á GUERRA E Á VIOLENCIA!

SI Á PAZ E Á XUSTIZA!


 ASINAN A PRESENTE DECLARACIÓN:
  • AIS O PETO
  • ASOCIACION CULTURAL WIPALA
  • CC.OO DE GALICIA
  • COLEXIO DE EDUCACION SOCIAL
  • COLEXIO DE PSICOLOXÍA SOCIAL
  • COORDINADORA GALEGA POLA PAZ
  • FORO GALEGO DA INMIGRACION
  • FUNDACION CULTURA DE PAZ
  • INICIATIVA POLOS DEREITOS HUMANOS
  • IRIMIA
  • MEDICOS DO MUNDO
  • MUNDO SEN GUERRAS
  • OSPAAAL GALICIA
  • SEMINARIO GALEGO DE EDUCACION PARA A PAZ
  • UGT GALICIA
  • XENEME INTERVENCION SOCIAL
Información elaborada coa enviada por:
Educación e Paz
-paz@sgep.org-
www.sgep.org
21 de outubro de 2009 13:30
________________________

sábado, outubro 03, 2009

Deu comezo a Marcha Mundial Pola Paz e a Non-violencia


Este Venres 2 de Outubro de 2009, comezou en Nova Zelanda, a "Marcha Mundial pola Paz e a Non-violencia", no aniversário do nascimento de Gandhi e declarado polas Nacións Unidas como “Dia Internacional da Non-violencia”. terminará na serra dos Andes, en Punta de Vacas, aos pés do monte Aconcágua o 2 de Xaneiro de 2010. Durante estes 90 días, pasará por mais de 90 países e 100 cidades, nos cinco continentes. cobrirá unha distancia de 160.000 km por terra. Na nosa comarca ten o apoio da Concellería de Benestar Social, ..., o Clube de Montaña e de diversas entidades e organizacións, entre elas a do noso Colectivo Ártabra 21.


Xa en Marcha:

1 de Outubro de 2009





2 de Outubro de 2009


9.30 Inicio da Marcha ante a estatua de Gandhi en Wellington, en conmemoración do nacemento de Mahatma Ghandi.
10.30 A Marcha Mundial comeza camiñando no Wellington Peace
Heritage Walk
Na tarde (19-30/21.30) encontro publico para discutir as iniciativas de paz e non violencia coa xente en Tapu che Ranga Marae.


3 de Outubro de 2009


Os camiñantes continuan a marcha pasando por diversos fitos representativos da loita pola paz, ata terminar no monumento á Antártida no Monte Vitoria. Seguindo a marcha, o equipo internacional viaxará cara ao aeroporto para viaxar cara a Sidney, Australia.


O Luns 26 de Outubro, está previsto que pase por Ferrol a Ruta Galego-Portuguesa da Marcha Mundial pola Paz e a Non-violencia



As Propostas da Marcha

O obxectivo da Marcha Mundial pola Paz e a Non-violencia é o de percorrer todo o planeta pedindo o fin das guerras, as armas nucleares e a eliminación de todo tipo de violencia.

Unha acción dirixida a:
  • Lograr a desaparición das armas nucleares; a redución progresiva e proporcional do armamento; a firma de tratados de non agresión entre países; a renuncia dos gobernos a utilizar a guerra como medio para resolver conflitos.

  • Rescatar o mellor das diversas culturas e pobos da Terra.

  • Facer confluír as vontades de toda a sociedade civil para eliminar definitivamente a secuela social das guerras.

  • Xerar unha conciencia social mundial en contra de toda forma de violencia (física, económica, racial, relixiosa, cultural, sexual, psicolóxica) tan establecida e aceptada como inevitable pola sociedade.

  • Unha conciencia global que actúe como repulsa xeral cara a toda forma de violencia.

Enlaces de interese:
_______________________

Correo-e desde Ferrol:

Hoxe, 2 de Outubro de 2009, ás 18:30 horas parte de correos [Praza de Galiza] un autobus para levarnos a Monte Ventoso, desde alí baixaremos ao Faro Prioriño, onde se leera un manifesto pola paz e non violencia, e o Clube de Montaña tirará unha garrafa virtual cunha mensaxe de paz. Debemos ir con lanternas é importante participar na busqueda dun mundo mellor, de Paz e de Non-violencia. Hoxe 2 de Outubro no mundo enteiro comenzo a marcha,cunha mensaxe de paz para todos os habitantes do mundo. Agardamo-los, a marcha é de tod@s e para tod@s,por un mundo sen violencia.

Ferrol Pola Paz e a Non-violencia

Enviado por:
porlapazferrol@hotmail.com
2 de outubro de 2009 15:21

__________________________

xoves, agosto 27, 2009

A Marcha Mundial pola Paz e a Non Violencia, será a protagonista, estes 29 e 30 de Agosto, no Encontro Solidario que se organiza anualmente no Cantón de Ferrol

Convidamos a tod@s a participar os días 29 e 30 de Agosto, no Encontro Solidario [II Certame Solidario do Concello de Ferrol] que terá lugar no Cantón de Molins.
  • Sábado 29 de Agosto: de 12 a 14 horas e de 17 a 20 horas

  • Domingo 30 de Agosto: de 12 a 14 horas e de 17 a 20 horas

O sábado, pouco despois das 12 do mediodía, representantes da Marcha farán unha intervención, logo das palabras de representantes do Concello, para dar apertura ao evento. Agardamos a vosa presencia e participación na divulgación da proposta d'Un mundo sen guerras.

Un saúdo a tod@s !
Susana








Enviado por:
Marcha Mundial pola la Paz e a Non Violencia - Ferrol
-porlapazferrol@hotmail.com-
25 de agosto de 2009 10:32
_________________________


"... Beatriz Sestayo avanzaba que este ano o Certame Solidario renderá tributo á Marcha Mundial pola Paz. Unha acción promovida pola Organización Internacional “Mundo sin guerra” que botará a andar o vindeiro 2 de outubro en Nova Zelanda e rematará na cordilleira dos Andes o 2 de xaneiro de 2010 e á que o Concello de Ferrol como moitas outras cidade do mundo se adhería hai unhas semanas para reclamar a través de diversas accións e actividades simbólicas o fin das guerras e da violencia. Na urbe naval estará a finais de outubro pero antes e para dar a coñecer este proxecto entre a cidadanía ferrolá o Certame Solidario contará cun stand informativo. ..."

Máis información do evento na páxina web do Concello: ferrol.es
_________________________

xoves, agosto 06, 2009

Correo de Xosé Álvarez pola Paz e a Non Violencia no 64 aniversario do lanzamento da bomba atómica sobre Hirosima

Por fin !!!... (o Parlamento español APROBARÁ NO OUTONO o protocolo nº 13 ao convenio para a Protección dos Dereitos Humanos e as Liberdades Fundamentais do Consello de Europa que declara A ABOLICIÓN DA PENA DE MORTE "EN TODAS AS CIRCUNSTANCIAS")... O "pasiño" significa que -¡por fin!- a partires dese momento QUEDARÁN PROHIBIDAS LEGALMENTE AS EXECUCIONS "ATE EN TEMPO DE GUERRA"... !!!

E, xa pola claridade que o tratamento destas serias cuestións merece, paréceme bo que circule ampliamente algo tan nítido como o adxunto que acompaña a leste e-mail. Outra cousa é o link http://profile.to/josealvarez/ que vai xa que podería servir, se non hai reparos para abrir a fiestra de Facebook, para ir reforzando os enlaces entre nos e seguir interconectando cada vez máis ampliamente.

Desexando que todo nos vaia saíndo moi ben, despídome ata a próxima cunha moi cordial aperta.

Xosé Alvarez

Enviado por:
José Álvarez -josealvarezcster@gmail.com- 5 de agosto de 2009 22:35


O compañeiro Xosé achega-nos un un folleto de 24 páxinas -formato pdf- sobre HIROSHIMA e NAGASAKI, ademais de convocar a Marcha Mundial Pola Paz e Non Violencia que dará comezo o 2 Outubro deste ano 2009 desde Nova Zelanda.
___________________

xoves, marzo 26, 2009

Video da presentazón da Marcha Mundial pola Paz e a Non-Violencia na Coruña

Jose Alvarez
-josealvarezcster@gmail.com-
26 de Marzo de 2009 19:53


Video da presentazón da Marcha Mundial na Coruña.

Saúde.
Xosé Álvarez
http://josealvarez.wordpress.com/



______________

O Colectivo Ártabra 21 decide apoiar a "Marcha Mundial pola Paz e a Non Violencia"

O Colectivo Ártabra 21, acordamos na última reunión a nosa adhesión á Marcha Mundial pola Paz e a Non Violencia .

Este acontecemento mundial vai ser o inicio dunha nova reivindicación colectiva para denunciar os numerosos conflitos en varias zonas do noso planeta.

Debemos reparar como continuamente as guerras son promovidas con total impunidade desde diferentes imperios con perversos intereses económicos e egoístas.

Temos que crear algo novo a nivel mundial que acabe e coa barbarie da guerra e a ameaza nuclear, esixindo o total demantelamento de todas estas armas e misiles letais.

A Marcha Mundial comezará en Nova Zelanda o 2 de Outubro de 2009, día aniversario do nacemento de Gandhi e declarado pola Nacións Unidas día Internacional da Non-Violencia.

Finalizará na cordilleira dos Andes, en Punta de Vacas ao pé do Monte Aconcagua o 2 de Xaneiro de 2010.

Durante estes 90 días, pasará por máis de 90 países e 100 cidades, nos cinco continentes.

Cubrirá unha distancia de 160.000 km por terra. Algúns tramos percorreranse por mar e por aire. Pasará por todos os climas e estacións, desde o verán tórrido de zonas tropicais e o deserto, ata o inverno siberiano.

As etapas máis longas serán a americana e a asiática, ambas de case un mes.

Un equipo base permanente de cen persoas de distintas nacionalidades fará o percorrido completo.

Desde noso Colectivo Ártabra 21, imos prestar especial atención a este acontecemento mundial, convidando a todas as persoas e entidades socias participen e apoien a MARCHA MUNDIAL POLA PAZ E A NON VIOLENCIA.

www.marchamundial.org

Ferrol a 17 de Marzo de 2009.
__________________________



__________________________

xoves, marzo 19, 2009

Presentación n'A Coruña da "Marcha Mundial pola Paz e a non Violencia"

Anuncio Moroño Noia
-anuncio.moronho@mundo-r.com-

18 de março de 2009 14:01

Marcha Mundial pola Paz e a non Violencia

Este próximo sábado, día 21 de Marzo, farase a presentación oficial da "MARCHA MUNDIAL POLA PAZ E A NON VIOLENCIA", como xa sabedes a nosa Comunidade "Vangarda Obreira" esta adherida á mesma e forma parte do "equipo promotor".

Nin que dicir ten, que todas e todos na medida das posibilidades, faremos o esforzo de facernos presentes e levar ao acto a cantas persoas nos sexa doado.

SÁBADO, 21 DE MARZO; ÁS 18:30 H. - FUNDACIÓN LUÍS SEOANE (a carón do Hospital Avente y Lago)

PRESENTACIÓN "MARCHA MUNDIAL POLA PAZ E A NON-VIOLENCIA"

AO FINAL SEVIRASE UN ÁGAPE - contarase con música.

Apertas

VANGARDA OBREIRA
_____________________


__________________________

xoves, xaneiro 01, 2009

Enlazando entre nós

De:Jose Alvarez -josealvarezcster@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 31 de dezembro de 2008 06:00
Assunto: Enlazando entre nos



Enlazando entre nós
2009 - Ano da Marcha Mundial pola Paz e a Non-violencia

¡¡¡ VALE A PENA INTENTALO !!!

Apenas comece o 2009, o país mais poderoso da terra despedirá oito anos de traxedia. As invasións a Afganistán, a Irak, e a actual mega crise financeira quedarán como os puntos mais salintes e irreparables desa xestión. En poucos días, Barak Obama tomará a posta e ninguén pode predecir que é o que virá. Desde aquí queremos crer que lentamente unha nova etapa pode asomar. O tempo dirá.

O 2008 deixa no seu haber a loita dos humanistas checos, que a través da súa folga de fame, lograron concientizar ós seus concidadans e parlamentarios sobre a instalación dun escudo de misiles de bandeira estadounidense.

Ecuador votou a súa nova Constitución, Venezuela ratificou o seu rumbo político, Arxentina quixo comezar a redistribuir a riqueza e os patróns do campo opuxéronse ferreamente, Brasil consolidouse como potencia económica na rexión.

Na columna do debe, a masacre de Pando por parte de grupos da dereita máis reaccionaria contra partidarios de Evo Morais, nesa zona de Bolivia, O final do ano deixa tamén a morte de centos de persoas nun conflito territorial que leva decadas entre Israel e Palestina e a incerteza de cantas vidas máis se cobrará, só por nomear dous feitos aberrantes.

A comezos do 2009, o pobo de Bolivia votará pola súa Nova Constitución: unha constitución de avanzada para América Latina, na que se resaltan os valores humanistas e renúnciase á guerra, como modo de solución de conflitos..

O 2009 será un ano de moita acción para todos aqueles que aspiramos a unha nova sociedade baseada na solidariedade, a reciprocidad e a non violencia: Desde Outubro deste ano miles de persoas marcharán desde Nova Zelanda, ata Arxentina, percorrendo máis de cen países dos cinco continentes, na Marcha Mundial pola Paz e a Non Violencia. Unha iniciativa da Fundación Mundo sen Guerras, que xa hoxe é unha causa de todos quen rexeitan o armamentismo crecente e a violencia en todas as súas formas.

Durante o próximo ano, este proxecto comunicacional que é Nación Humana, enfrontará tamén novos desafíos: a produción audiovisual, os micros radiales, a nova versión da páxina, son só algúns dos obxectivos que nos propuxemos para este período.

Nestes días de balances, queremos agradecer a todos os nosos suscriptores, corresponsales e a quen desenvolven diversas funcións neste proxecto, por compartir connosco a tarefa de xerar conciencia para avanzar cara a unha cultura da non-violencia.

Desexamos un gran ano para todos, o ano da Marcha Mundial pola Paz e a Non-violencia... ¡¡¡ VALE A PENA INTENTALO !!!

Equipo Nación Humana

Jose Alvarez escribió:

Querid@s amig@s:

Aínda cando estes días a maioría nos atopámos por aquí algo máis recolleitos, entre os nosos familiares, non por iso imos negar o bo gusto do significado de que -nestes comezos do novo ano- dediquémosnos un momentito querido para recordarnos, un por un, todos. Considerándonos xa conscientes de que AS POSIBILIDADES DE MELLORAMENTO DA VIDA (posibilidades que, só entre nós e con tanta boa xente que nos rodea, podemos abrir) SON INMENSAS E ILIMITADAS, SE NOS RECOÑECEMOS -pese ás dificultades, que non serán poucas... e deixando de lado o vello que nos separa por iso novo que nos une- COMO UN VERDADEIRO CONXUNTO HUMANO DISPOSTO A AXUDARSE REALMENTE A MEDRAR en fortaleza, sabedoría e bondade.

Querendo manter moi viva a voso co-presenza, escríbovos isto (case coma se estivésemos conversando uns minutos, compartindo unha bebida, cálida e reconfortante) co gran desexo de que se vaian aclarando as nosas MIRADAS ata que sexamos capaces de dar lugar, entre nós, ao belísimo PAISAXE de paz e alegría que todos necesitamos recoñecer (ese en o que, aceptados, sentímosnos ás nosas anchas) internamente e co noso medio de seres queridos. Para iso déixovos, entón, estes comentarios particulares que quixen compartir con todos vós, pra non acabar este ano (no que algúns de nós coñecémosnos) sen facervos chegar, con eles, una aperta moi cariñosa, de corazón a corazón.

http://josealvarez.wordpress.com/2008/12/15/as-protestas-contra-o-escudo-estelar-son-invisibles/#comments

Que esteamos todos moi ben.

José.
________
PD.1: Neste e-mail quero engadir algún
correo máis á liña de amigos de Artabra21, en agradecida atención as respostas recibidas, que son as que reforzan a fe nun mesmo e en nós: as da verdadeira soliedariadade.
PD.2: Do comentario pode ser recomendable para os militares (ou relacionados) a lectura da carta oitava. Para os máis abertos ó proceso da situación global, a lectura de "unha carta do futuro" é xa aconsellable en grao sumo. Abofé que unha cousa non quita a outra.
PD.3: Sabemos que están aumentando as inversions na industria militar, e que van a máis...
http://pazesfuerza.wordpress.com/2008/12/30/%C2%BFcomo-llegamos-al-eterno-conflicto-entre-israel-y-palestina/
http://caminodelanoviolencia.com/2008/12/29/comunicado-a-la-embajada-de-israel-y-asociacio-hispano-palestina/
http://pazesfuerza.wordpress.com/2008/12/29/franja-de-gaza-la-irracional-logica-de-la-guerra/
http://caminodelanoviolencia.com/2008/12/30/comunicado-con-sentido-ante-los-conflictos-franja-de-gaza/
... Non perdamos de vista, por favor, a preparación da Marcha Mundial aquí -entre nos- que é o unico xeito (xuntos) de contrapesar esta barbaridade.

______________