Amosando publicacións coa etiqueta Masa Crítica. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Masa Crítica. Amosar todas as publicacións

sábado, maio 07, 2011

Pedaleando e reivindicando o uso da bici como un medio de transporte san, ecolóxico e efeicaz - Masa Crítica en Ferrol este Sábado 7 de Maio - Participa !!

Co lema "usa a bici todos os días e celebrao unha vez ao mes", en moitas cidades do mundo ten lugar a Masa Crítica. En Ferrol, a data acordada cambiou para os primeiros sábados de mes. Este Sábado 7 de Maio, con saída ás 11 da mañá da Praza do Inferniño. Antes da sáida terá lugar un pequeno taller de sinxelas autorreparacións das nosas bicis (freos, cámaras... acción!).

Participa !!

¡ÚSAA TÓDOLOS DÍAS, CELÉBRAO UNHA VEZ AO MES!

_________________

venres, abril 01, 2011

Pedaleando: A Masa Crítica de Ferrol cambia de data do encontro e marcha, agora serán os primeiros Sábados de mes - Este Sábado, 2 de Abril, ás 11 da mañá na Praza do Inferniño

Primeiro Encontro logo do cambio de data.

Saída da Masa Crítica
Sábado 2 de Abril de 2011 de 11:00 a 13:00 horas, desde a Praza do Inferniño en Ferrol.

A Masa Crítica de Ferrol pasa, a partir deste 2 de Abril, a celebrarse os primeiros sábados de mes, ás 11h na praza do Inferniño. Tamén realizaremos antes da saída un pequeno taller de pequenas e sinxelas autorreparacións das nosas bicis (freos, cámaras... acción!)

ÚSAA TÓDOLOS DÍAS, CELÉBRAO UNHA VEZ AO MES!

Mais que é a Masa Crítica ?

A Masa Crítica é unha reivindicación da bicicleta como medio de transporte. Pretende-se ocupar un espazo nas rúas e criar un contraponto
mais saudábel e ecolóxico ao transporte urbano privado e motorizado. A Masa Crítica somos tod@s os que queiramos participar por un mundo máis respirábel. Unha vez ao mes hai un encontro para disfrutar en conxunto da bici reivindicando outro medio de mobilidade urbana.



Enlace moi interesante:
Ártabra 21: Documentario: a Masa Crítica no Mundo
__________________

xoves, outubro 28, 2010

Masa Crítica Ferrol

Todos os últimos xoves de mes ás 20:15 na Praza do Inferniño, hai un encontro de persoas que conforman a Masa Crítica de Ferrol que se reunen baixo o lema "Pedalea todos os días, celébrao unha vez ao mes". Este non é un movimento aillado que se celebra só na nosa cidade, senon que en todo o mundo, centos de cidades teñen a súa masa crítica, un compromiso co medio ambiente, un compromiso cunha mobilidade sustentábel, un compromiso coa Terra.

Ainda que a concepción da masa crítica sexa conforme aos principios de horizontalidade e descentralización, na Galiza unha vez ao ano organiza-se a Masa Crítica Galega que este último ano, tivo lugar en Vigo o pasado 25 de Setembro.

Entre os obxectivos da Masa Crítica Galega destacan:
  • Divulgar e promover o uso da bicicleta como medio de transporte eficaz (barato, san, non contaminante e rápido).
  • Crear condicións favorables necesarias para o uso da bici como medio de transporte.
  • Promocionar e apoiar paralelamente outros medios de transporte alternativos ao coche privado, asi como promover a súa compatibilidade e complemetariedade coa bicicleta (ex. transporte público).
 Animádevos a participar na Masa Crítica de Ferrol

PEDALÉA TODOLOS DÍAS, CELÉBRAO UNHA VEZ AO MES

Masa Critica Ferrol
-masacriticaferrol@gmail.com-

Foro das masas críticas galegas


Índice dos Foros

Mais info en: www.bicis.info
______________________________

mércores, setembro 16, 2009

Documentario: a Masa Crítica no Mundo

Bicicletas e Masa Crítica - Still We Ride
Documentario aloxado en Google Videos de 37:25 minutos de duración, en Inglés.

Este é un documentario sobre o desenvolvemento do uso da bicicleta e do movimento de "masa crítica", especialmente nos Estados Unidos. Este documentario explica algunhas das razóns para elixir a andar en bicicleta. O Conservadurismo e a reacción, por motivos políticos e económicos, están empeñados en combatir o movimento "Critical Mass" e o uso de bicicletas.


________________

O 19 de Setembro, na cidade de Lugo, celebrarase a Terceira Masa Crítica Galega

Masa Crítica Galega

O vindeiro sábado 19 de septembro celebrarase a 3ª MASA CRÍTICA GALEGA na cidade de Lugo. Agárdase a presenza de centos de afeccioados á bicicleta chegados de toda Galicia, para participar activamente no seguinte programa de actividades:
  • 11:30h - Praza Maior: Comezo de actividades.

  • 12:30h - Gasolineira do Miño: Talleres (bicistorias, reparación, tuneado, acrobacias).

  • 14:00h - Parque do Miño: Xantar Colectivo (Ben na Gasolineira se chove, ben no parque do Miño se fai bon). Correrá por conta de cada quen.

  • 17:00h - Praza Maior: Arranque da Masa Crítica Galega dende a Praza Maior. Compre saber que o roteiro que se faga debe ser una alegre BICIFESTA. Para eso a organización invita a todos os ciclousuarios vir preparados para cantarruxear, tocar o instrumento que se sepa, a vir disfrazados ou polo menos cheos e cores, etc... calquer cousa que conleve divertimento.

  • 20:00h - Festa rachada no Madialeva.
Para que non coñeza este movemento podemos comentar que a Masa Crítica é unha "coincidencia organizada" de ciclousuari@s que realizan un paseo colectivo por unha cidade. Este evento celébrase mensualmente en máis de 350 cidades de todo o mundo, baixo o lema "Pedaléa todolos días, celébrao unha vez ao mes".

Comezou en San Francisco (EE.UU) no ano 1992 a partires dunha xuntanza da SF Bike Coalition,Chris Carlsson propuxo que posto que había moita xente pedaleando polo centro e que as condicións para facelo eran realmente malas, por qué non quedar unha vez ao mes, facersnos visíbeis entre nos mesmos e ao resto da cidade e voltar a casa todos/as xuntos/as?. A idea aceptouse rápidamente e na primeira "quedada" xuntaronse 60 a tras un ano eran máis de 600.

O nome de "Masa Crítica" vendo documental "Return of the scorcher" de Ted White, onde se describían as normas de cruce nas intersecións nas grandes cidades chinesas, definíanse como unha cuestión de masa crítica: O tráfico para cruzar ten que agardar ate que acada unha masa crítica que lle permite meterse e frear o fluxo principal de tráfico que vese na origa de parar ate alcanzar a súa vez a masa crítica suficiente para poder circular de novo.

O movemento da Masa Crítica en Galicia naceu en outubro de 2004 coa celebración da primeira masa crítica de Santiago de Compostela, un ano máis tarde comezaría a celebrarse tamén en Ferrol, A Coruña, Vigo e recentemente en Ourense e Ponteareas.
Entre os obxectivos das masas críticas galegas pódese destacar:
  • Divulgar e promover o uso da bicicleta como medio de transporte eficaz (barato, san, non contaminante e rápido).

  • Crear condicións favorables necesarias para o uso da bici como medio de transporte.

  • Promocionar e apoiar paralelamente outros medios de transporte alternativos ao coche privado, asi como promover a súa compatibilidade e complemetariedade coa bicicleta (ex. transporte público).
Celébrase unha Masa Crítica Galega de carácter anual que reúne a todas as ciclousuarias galegas, e que pon en contacto persoalmente aos membros das distintas masas críticas galegas.
FESTA SI, BICI TAMÉN!!

Máis información en:
____________________
Masa Crítica Ferrolá:

A quedada en Ferrol é todos os últimos Xoves de mes, ás 8 da Tarde, no Palco da Praza do Inferniño,  baixo o lema "Pedaléa todolos días, celébrao unha vez ao mes".
________________________

mércores, agosto 19, 2009

A Masa Crítica de Ferrol pide que non se constrúa estacionamento da Praza do Concello

Comunicado Masa Crítica de Ferrol

O Goberno municipal de Ferrol ten presentado un estudo de viabilidade para a construcción dun novo aparcadoiro subterraneo na praza do Concello. Este aparcadoiro tería mais de 400 prazas e catro accesos.

Desde a Masa crítica de Ferrol pensamos que este proxecto atenta gravemente contra o casco historico da nosa cidade. Esta iniciativa de favorecer a entrada ve vehículos no barrio historico da Magdalena choca frontalmente coa peatonalización que se vai levar a cabo.

Pensamos desde a Masa crítica que os barrios, e mais o barrio da Magdalena teñen que convertirse en zonas libres de coches. Onde só circulen os trasportes públicos e as bicicletas. Así xeraríamos un tecido social entre a veziñanza, comerciantes e paseantes que redundaría na mellora dos barrios. Este tecido debilitase en canto fomentamos en exclusiva o transporte privado.

Sé pretendemos ter una cidade viva temos que priorizar a xente sobre os coches, temos que ter una vida cotía ó alcante do pé ou do pedal. Non podemos seguir construindo barrios dormitorio, carentes de de vida cidadá, onde as xentes se teñen que desplazar para as mínimas necesidades nas suas vidas. Non podemos seguír a fomentar os macro-centros comercias que matan o pequeno comercio das nosas cidades e afogan o texido social.

Todas sabemos que a civilización do automobil estanos levando a catastrofe ecolóxica, pois os automóbiles son os responsables do 30% das emisións de gases de efecto invernadoiro.Se queremos evitar a catastrofe non podemos seguir a incentivar o uso do vehículo privado con mais aparcadoiros, esta xa demostrado que cantas máis autoestradas e máis aparcadoiros, mais conxestión viaria.

Parecenos tamen paradoxico que mentras o señor Irisarri fala de facer de Ferrol unha cidade ecolóxicamente sostible, con máis carrís bici, amparandose na axenda 21 local, por outra banda este promovendo as expectativas de uso do vehiculo privado. Estes discursos de "clorofila verde" amosan a vontade real dos gobernantes da cidade en canto as políticas verdadeiramente sustentables.

A nosa tarefa e a dosgobernantes ten que ser a de contribuir a un novo estilo de vida e non a de estar o sevizo da gran industria do motor.

Temos que quitar xa os coche os ruidos e os fumes da Magdalena e isto só se fai suprimindo o aparcadoiro da Praza do Concello. Non rescatando a concesión especulativamente para beneficiar a unha minoria. E chamativo tamen cando na Praza de España existe un aparcadoiro infrautilizado, cun nivel de uso que non chega o 20 º/ e situado a beira do casco historico, se queira volver as politicas "desarrollistas" dos anos 60.

POR TODO ELO A MASA CRíTICA DE FERROL PIDE A PARALIZACIÓN DUN NOVO APARCAMENTO NA PRAZA DO CONCELLO E INSTAMOS AO GOBERNO E CORPORACIÓN MUNICIPAL QUE ABANDONE ESTES PLANTEXAMENTOS SUICIDAS PARA CONSTRIR UNHA PRAZA PÚBLICA PARA GOZO E DESFRUTE do POBO FERROLÁN.

Enviado por:
Alexandre Carrodeguas
-republicadetraballadoras@gmail.com-
19 de agosto de 2009 00:50

___________________


Animádevos a participar na Masa Crítica de Ferrol

PEDALÉA TODOLOS DÍAS, CELÉBRAO UNHA VEZ AO MES

Masa Critica Ferrol
-masacriticaferrol@gmail.com-

Mais info en: www.bicis.info
____________________

mércores, abril 29, 2009

Pedalea, de novo, este Xoves 30 de Abril por Ferrol na habitual convocatoria da Masa Crítica

Mañá, como tódalas derradeiras quintas de cada mes, faremos un percorrido pola vila en bici!!!

Sairemos sobre as 20:15 do palquiño da praza do Inferniño

Pásao

E LEMBRA CANTA MÁIS MASA MELLOR SE PASA

Enviado por:
Elena López -elenuli@hotmail.com-
29 de abril de 2009 11:35

___________

martes, febreiro 24, 2009

Pedaleando: Masa Crítica, Xoves 26 de Febreiro desde o Inferniño

Como todos os últimos Xoves de cada mes, pedaleando coa Masa Critica Ferrolán, este 26 de Febreiro, ás 20:15 hras, desde a Praza do Inferniño en Ferrol sairá a marcha en bici, non faltes, é unha convocatoria aberta a toda persoa que queira reivindicar un medio de transporte saudábel.

A Masa Crítica, é unha reunión de ciclistas que se reunen unha vez ao mes. En miles de cidades e pobos do mundo, un grupo de ciclistas saen en marcha para reivindicar o uso da bici como medio de transporte saudábel e non contaminante.

Usa a bici todos os días, celebrao unha vez ao mes !
_________

sábado, setembro 27, 2008

Hoxe en Ferrol: II Masa Crítica Galega, sábado 27 de setembro as 12:00h no peirao de Curuxeiras

From: Linux Ferrol -linuxferrol@gmail.com-
Date: 2008/9/26
Subject: Pasao: Convocatoria da MASA CRITICA GALEGA Sábado 27 Ferrol
To: masacriticaferrol@bicis.info



Enviamos a seguinte convocatoria:

II Masa Crítica Galega

Ferrol, sábado 27 de setembro as 12:00h no peirao de Curuxeiras



Este sábado ás 12:00h sairá do peirao de Ferrol a II Masa Crítica Galega que convoca a ciclistas de toda Galiza para facer un percorrido urbán por rúas de ferrol e narón.

Para máis información sobre esta convocatoria podedes visitar:
www.bicis.info





masa_galega_08.png.jpeg

O vindeiro sábado 27 de setembro celébrase a 2ª Masa Crítica Galega en Ferol. Achegaranse ciclousuarios e ciclousuarias de toda Galicia na que se pretende sexa unha xornada lúdico-reivindicativa onde defender que outra forma de movérmonos é posíbel!.
A Masa Crítica é unha "coincidencia organizada" de ciclousuari@s que realizan un paseo colectivo pola cidade. Este evento celébrase mensualmente en máis de 350 cidades de todo o mundo, baixo o lema "Pedaléa todolos días, celébrao unha vez ao mes" Comezou en San Francisco (EE.UU) no ano 1992 a partires dunha xuntanza da SF Bike Coalition,Chris Carlsson propuxo que posto que había moita xente pedaleando polo centro e que as condicións para facelo eran realmente malas, por qué non quedar unha vez ao mes, facersnos visíbeis entre nos mesmos e ao resto da cidade e voltar a casa todos/as xuntos/as?. A idea aceptouse rápidamente e na primeira "quedada" xuntaronse 60 a tras un ano eran máis de 600.

En Galicia celébranse nas seguintes cidades:
  • A Coruña. Todos os primeiros venres de cada mes ás 20:00 dende a Praza de María Pita. Ver foro
  • Santiago de Compostela. Todos os últimos mércores de mes ás 20:30 dende a Praza de Galicia. Ver foro
  • Vigo. Todolos primeiros domingos de cada mes ás 11:00 horas dende a Praza de América. Ver web
  • Ourense. Últimos xoves de mes ás 20:00 dende o Pavillón dos Remedios. Ver blog
  • Ponteareas. Todos os últimos venres de mes ás 20:00 na Praza da igrexa. Ver blog / Ver foro
  • Ferrol. Os últimos xoves de mes ás 20:15 na Praza do Inferniño Ver foro
A masa crítica galega do 27 supón o segundo encontro a nivel galego de ciclousuarios e ciclousuarias , organizado neste caso polos participantes da Masa critica de Ferrol. O anterior foi en Compostela.

A saída desta II Masa Crítica Galega será o 27 de setembro ás 12:00 dende o peirao de Cruxeiras con este percorrido

Xa está aquí !!!!
Mañá vai ser un día de festa para todas as galegas e galegos: día nacional de reivindicazón do transporto ecolóxico, divertido, saúdabel, que fai as rúas máis humanas, que respecta a todas e a todos, que coida do meio...
E isto vai pasar no noso Ferroliño.

'DEIXA O CARRO
E COLHE A BICI'.

Xa che teño encamiñado correos da masa crítica ferrolá, así que aforro explicar de que vai o tema. Dígoche somentes que imos facer unha rotiña urbana, xantar logo todas xuntas no parque de Esteiro, onde está o 'L', falar sobre a mobilidade, facer xogos populares, e rematar con unha REPICHOCA!!
  • - O percurso que imos facer é duns 10 quilómetros, e calculamos que, indo mooooi paseniño, tardaremos perto de unha hora e un cuarto en o andarmos. Combinamos pra nos vermos ás 12 da mañá no peirao de Curuxeiras (no porto, ao pé de onde atracaban a lancha de Mugardos)
  • - Conviña que cadaquen trouxese algo para o xantar, como un bocata, ou algo de froita... para compartillarmos todos (en plan romaría de mantel a cuadros, desas de toda a vida, pero non é preciso que o mantel teña cuadros). Pódese deixar antes da rota no centro social (no de Artábria), para non o termos que carrexar todo o tempo
  • - O debate vai ser ás 4 e 1/2 no centro social da fundazón (Artábria). Nel collen os meios de transporto públicos, o carril-bici, o papel das administrazóns, as normas de tránsito... e todo canto vexamos relacionado.
  • - Para os xogos populares tornamos ao campeiro do 'L'. Imos ter, en principio, carreiras de sacos, tiro da corda, xogo da chave, billarda, lombas, chapa, arriba facu, lombas... e tódolos que nos acorden entre todas e todos!!!
  • - A repichoca pode ser tremenda, haise que animar a traer cadaquen algún instrumento que teña na casa. Valen as garrafas de anís para rascar (digo rascar cun pau e facer música, polo do relevo en cuadradiños, non rascar-nos a beber no anís!!!!), pandeiretas, axóuxeres, cunchas... o que tiverdes, que todo vale!, e veña a tocar e a cantar todas e todos!!! Podemos deixar tamén os instrumentos no centro para non pedalearmos con eles ao lombo.
  • - IMPORTANTÍSIMO!: temos sitio para durmir, no pavillón deportivo do colexio de Esteiro (mesmo a caronciño de todo o resto de actividades), e máis tamén podemos empregar as duchas e vestiarios, así que xa non hai razón ningunha para non vir.
Sómate ás ciclousuarias/os-ou-biciclistas-ou-pedaleantes de toda Galiza, pero ven con gana de festa, porque ímola armar!!

Unha aperta enorme

Para máis información sobre esta e máis outras convocatorias podedes visitar:
www.bicis.info
________

xoves, xullo 31, 2008

Nova convocatoria da Masa Crítica, como todos os últimos xoves de mes, este Xoves, 31 de Xullo, ás 20:15 hrs, no Palco da Música da Praza do Inferniño

Nova convocatoria da Masa Crítica Ferrolán, como todos os últimos xoves de mes, este Xoves, 31 de Xullo, ás 20:15 hrs, no Palco da Música da Praza do Inferniño

Usa a bicicleta a diario, celébrao unha vez o mes
_______

The Return of the Scorcher

O lexendario documentario que supostamente deu orixen ao térmo “masa crítica” no ciclismo urbano.


____________

A Masa Crítica é unha "coincidencia organizada" de ciclousuari@s que realizan un paseo colectivo pola cidade. Este evento celébrase mensualmente en máis de 350 mes"

Comezou en San Francisco (EE.UU) no ano 1992 a partires dunha xuntanza da SF Bike Coalition, Chris Carlsson propuxo que posto que había moita xente pedaleando polo centro e que as condicións para facelo eran realmente malas, por qué non quedar unha vez ao mes, facernos visíbeis entre nos mesmos e ao resto da cidade e voltar a casa todos/as xuntos/as. A idea aceptouse rapidamente e na primeira "quedada" xuntáronse 60 a tras un ano eran máis de 600.

O nome de "Masa Crítica" vendo documental "Return of the scorcher" de Ted White, onde se describían as normas de cruce nas interseccións nas grandes cidades chinesas definíanse como unha cuestión de masa crítica: O tráfico para cruzar ten que agardar ate que acada unha masa crítica que lle permite meterse e frear o fluxo principal de tráfico que vese na obriga de parar ate alcanzar a súa vez a masa crítica suficiente para poder circular de novo.

Con este comunicado animamos a toda a poboación a participar nesta bicicletada, para facernos visíbeis como un medio de transporte mais que circula polas nosas rúas. E formar un grupo estable para repetir esta actividade mensualmente, como xa esta esta establecido noutras cidades de Galiza.

Mais info en: www.bicis.info

masacriticaferrol@gmail.com

Animádevos a participar e axudade nos a difundir esta convocatoria

PEDALÉA TODOLOS DÍAS, CELÉBRAO UNHA VEZ AO MES

MasaCritica Ferrol
-masacriticaferrol@gmail.com-
__________

venres, xuño 27, 2008

Masa crítica ferrolá- bicicleta: 26 de Xuño

De: noe -olaolaoola@hotmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 26 de junho de 2008 00:19
Asunto: Masa crítica ferrolá- bicicleta



Masa crítica ferrolá- bicicleta

Bo día!

Pasámosvos algo de informazón da Masa Crítica Ferrolá, que xa leva uns meses a rodare, e coa que temos hoxe (quinta feira, 26 de xuño) outra cita.

A Masa Crítica é unha 'coincidencia organizada' de ciclousuari@s que realizan un paseo colectivo pola cidade. Este evento celébrase mensualmente en máis de 350 cidades de todo o mundo, baixo o lema 'Pedalea tódolos días, celébrao unha vez ao mes'.

Xunto coa mensaxe, vai o arquivo do cartaz que estamos a pór pola zoa.

Para ter toda a informazón pódese consultar a páxina www.bicis.info.

Un saúdo!
_________________

mércores, marzo 26, 2008

Mañá, xoves 27 de Marzo, celebrase unha nova masa crítica en Ferrol. Partindo coma sempre da praza do Inferniño as 20:15 hrs

De: MasaCritica Ferrol -masacriticaferrol@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 26 de março de 2008 13:02
Asunto: Mañá, xoves 27, celebrase unha nova masa critica en Ferrol. Partindo coma sempre da praza do inferniño as 20:15


[Clicar no cartaz para ampliar]

Masa Crítica Ferrol


Mañá, xoves 27, celebrase unha nova masa crítica en Ferrol. Partindo coma sempre da Praza do Inferniño as 20:15 hrs.

Animádevos a participar e axudade nos a difundir esta convocatoria.

PEDALÉA TODOLOS DÍAS, CELÉBRAO UNHA VEZ AO MES

A Masa Crítica é unha "coincidencia organizada" de ciclousuari@s que realizan un paseo colectivo pola cidade. Este evento celébrase mensualmente en máis de 350 cidades de todo o mundo, baixo o lema "Pedaléa todolos días, celébrao unha vez ao mes"

Comezou en San Francisco (EE.UU) no ano 1992 a partires dunha xuntanza da SF Bike Coalition,Chris Carlsson propuxo que posto que había moita xente pedaleando polo centro e que as condicións para facelo eran realmente malas, por qué non quedar unha vez ao mes, facersnos visíbeis entre nos mesmos e ao resto da cidade e voltar a casa todos/as xuntos/as?. A idea aceptouse rápidamente e na primeira "quedada" xuntaronse 60 a tras un ano eran máis de 600.

O nome de "Masa Crítica" vendo documental "Return of the scorcher" de Ted White, onde se describían as normas de cruce nas intersecións nas grandes cidades chinesas definíanse como unha cuestión de masa crítica: O tráfico para cruzar ten que agardar ate que acada unha masa crítica que lle permite meterse e frear o fluxo principal de tráfico que vese na origa de parar ate alcanzar a súa vez a masa crítica suficiente para poder circular de novo.
________________

mércores, xaneiro 30, 2008

Xoves 31 de Xaneiro terá lugar en Ferrol a segunda Masa Critica, partindo do Cantón de Molíns o carón do palco da musica: Usa a bicicleta a diario

De: MasaCritica Ferrol -masacriticaferrol@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 30 de janeiro de 2008 18:26
Asunto: II MASA CRITICA FERROLÁN



II MASA CRITICA FERROLÁN

Usa a bicicleta a diario, celébrao unha vez o mes.

Maña xoves 31 de Xaneiro terá lugar en Ferrol a segunda Masa Critica, partindo do Cantón de Molíns o carón do palco da musica, ás 20:00.

A Masa Crítica é unha "coincidencia organizada" de ciclousuari@s que realizan un paseo colectivo pola cidade. Este evento celébrase mensualmente en máis de 350 mes"

Comezou en San Francisco (EE.UU) no ano 1992 a partires dunha xuntanza da SF Bike Coalition, Chris Carlsson propuxo que posto que había moita xente pedaleando polo centro e que as condicións para facelo eran realmente malas, por qué non quedar unha vez ao mes, facernos visíbeis entre nos mesmos e ao resto da cidade e voltar a casa todos/as xuntos/as. A idea aceptouse rapidamente e na primeira "quedada" xuntáronse 60 a tras un ano eran máis de 600.

O nome de "Masa Crítica" vendo documental "Return of the scorcher" de Ted White, onde se describían as normas de cruce nas interseccións nas grandes cidades chinesas definíanse como unha cuestión de masa crítica: O tráfico para cruzar ten que agardar ate que acada unha masa crítica que lle permite meterse e frear o fluxo principal de tráfico que vese na obriga de parar ate alcanzar a súa vez a masa crítica suficiente para poder circular de novo.

Con este comunicado animamos a toda a poboación a participar nesta bicicletada, para facernos visíbeis como un medio de transporte mais que circula polas nosas rúas. E formar un grupo estable para repetir esta actividade mensualmente, como xa esta esta establecido noutras cidades de Galiza.

[Para ampliar clicar acima da imaxe]

Mais info en : www.bicis.info
masacriticaferrol@gmail.com
__________________