Amosando publicacións coa etiqueta Miguel Castro Serantes. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Miguel Castro Serantes. Amosar todas as publicacións

venres, febreiro 19, 2021

Lodo, ópera prima de Miguel Castro Serantes, xa conta cunha segunda edición - Edicións Imaxinarias xa traballa no lanzamento da súa cuarta referencia editoria


Lodo, ópera prima de Miguel Castro Serantes, xa conta cunha segunda edición.

A segunda edición de Lodo, novela do ferrolán Miguel Castro Serantes, xa pode atoparse nas librerías das comarca. A obra, en formato de novela curta, narra unha semana na vida de Ana, Marco e Lara, envoltos nas vicisitudes da vida dunha familia do noso tempo.

Esta segunda edición conta cun marabilloso prólogo de Marta Corral .

Miguel Castro Serantes  (Ferrol, 1979)

https://www.facebook.com/miguel.castro.56679

Por outra banda, Edicións Imaxinarias traballa no lanzamento da súa cuarta referencia editorial, protagonizada por unha figura mítica da poesía underground ferrolá, quen verá, por fin, publicada a súa extraordinario obra poética.

Edicións Imaxinarias©
https://www.instagram.com/edicions_imaxinarias/
https://www.facebook.com/edicionsimaxinarias/
 
Enviado por:
Edicións Imaxinarias
-edicionsimaxinarias@gmail.com-
19 de fevereiro de 2021 11:03

_______

domingo, novembro 08, 2020

Edicións Imaxinarias presenta 'Lodo', unha novela de Miguel Castro Serantes, ilustrada por Víctor G. Novás - ... unha viaxe ao máis fondo da intimidade da súa protagonista, Ana



Temos o pracer de anunciar o feliz alumbramento de LODO, a primeira novela de Miguel Castro Serantes (Ferrol, 1979). A terceira referencia de Edicións Imaxinarias pódese atopar, polo momento, nas librerías de Ferrol: Cantón 4, Central Librera Real e Librería Galiano. Subliñamos a estupenda acollida da novela. Ás poucas horas de saír da imprenta xa eran 50 as unidades vendidas. LODO é unha viaxe ao máis fondo da intimidade da súa protagonista, Ana. Pasado, presente e futuro, persiguen á unha familia de hoxendía, atrapada nas complexidades da época que vivimos. O libro está ilustrado pola impactante obra de Víctor G. Novás.






Miguel Castro Serantes  (Ferrol, 1979)

facebook: https://www.facebook.com/miguel.castro.56679

Edicións Imaxinarias

©
https://www.instagram.com/edicions_imaxinarias/

https://www.facebook.com/edicionsimaxinarias/

Enviado por:
Edicións Imaxinarias
-edicionsimaxinarias@gmail.com-
6 de novembro de 2020 12:17

_______

sábado, outubro 04, 2014

A guerra dos mundos 2012 (Versión animada), no Ateneo Ferrolán este xoves 9 de Outubro, ás 8 da tarde - Atacan a Ferrol !!! Acode na súa axuda !!!


Producións en Tránsito presenta: A guerra dos mundos 2012  (Versión animada).

Día: Xoves 9 de Outubro
Hora:  Ás 20:00hs.
Lugar: No Ateneo Ferrolán, na Rúa Madalena, 202-204.

A guerra dos mundos 2012, é un radioteatro animado onde seres extraterrestres atacan as inmediacións da cidade da cultura de Santiago.

Humor, sátira social, Ferrol como protagonista nunha produción con guión orixinal de José Torregrosa e Miguel Castro, baseado no lásico de Orson Welles, Ilustracións de Fer Ocampo M, edición de vídeo por Gil López Sánchez, música por David García. Dirixido por Miguel Castro Serantes.

Atacan a Ferrol !!! Acode na súa axuda !!!

Evento en facebook:
https://www.facebook.com/events/708866559181649/
_________________________

domingo, febreiro 26, 2012

Promoción "A Guerra dos mundos 2012" : Xoves 1 de Marzo, 20:30 hs, Cines Dúplex de Esteiro - Ferrol, entrada de balde, Teatro radiofónico

Xoves 1 de Marzo, ás 20:30 horas, nos cines Dúplex de Ferrol( Esteiro), proxección da obra de teatro radiofónico: “La guerra de los mundos, 2012”.

Entrada de balde.

Dirixida e editada por: Miguel Castro.
Guión adaptado a partires da Guerra dos mundos de Orson Welles (1938) que , a súa vez adaptaba a novela do mesmo título de H.G.Wells (1898): José Torregrosa e Miguel Castro.


Reparto: Fernando Ocampo. André Pastor, Lorena Calaza, Iago Montes, Pablo Melaski, Rafael Cuesta, Mirlandy Hernández, Víctor García Novás, Fran Pérez, Raúl del Metal, Miguel Castro, Vicki Taibo, Viriato, José Torregrosa e diferentes artistas que se uniron a o evento...

Un día coma outro calquera, un extrano meteorito impacta na cidade da cultura en Santiago de Compostela...

Fonte: miguelcastroserantes.blogspot.com

Enviado por:
O Recuncho
-opafuco@gmail.com-
25 de fevereiro de 2012 14:15

_________________________

martes, novembro 15, 2011

"En tránsito", novo programa de Miguel Castro en Radio Filispim, os Martes no 93.9 da FM

O programa "En Tránsito" está realizado a título individual por min mesmo, Miguel Castro, e é un intento de achegar outras realidades cara a nosa vida. Viaxaremos por disitintas partes do mundo ou da Historia e intentaremos facelo de maneira crítica, histórica, cultural e persoal a estas realidades.

En principio os seis programas van dedicados a Senegal (mais vanse tocando outros temas relacionados ao longo de cada programa).

Como vos dixen está realizado en Radio Filispim e aquí vos deixo o enlace ao primeiro programa, pra que vexades a onda deste. Terá sempre unha duración dunha hora e é un programa semanal. Os programas soan en Radio Filispim (93,9 fm na zona de Ferrol) os martes de 21:30 a 22:30 e os domingos de 10 a 11 da mañá mais pódense escoitar a través de internet.

Enlace primeiro programa: http://miguelcastroserantes.blogspot.com/2011/11/en-transito-serie-senegal-programa-1.html

No blog miguelcastroserantes.blogspot.com poderíades, se vos interesase, descargar cada programa.

Un saúdo e moitas grazas pola atención.
Miguel Castro.

Enviado por:
Miguel Castro
-micaeloyo@hotmail.com-
13 de novembro de 2011 14:41
________________________________

O Colectivo OPAII (Ondas Para Activación Información
Independente), é unha Asociación Cultural da comarca de Ferrol que pretende activar, dinamizar e comunicar as luitas sociais e culturais da comarca, servíndose para isto de diferentes instrumentos, como son a realización de actividades, exposicións, publicacións, proxeccións, o intercambio de información... pero cunha actividade principal que actúe de elemento de aglutinante, como é a radio libre e comunitaria da comarca, Radio Filispim.
[Ler máis en documento formato pdf]

http://opaii.blogspot.com/
___________________________________

venres, xaneiro 14, 2011

Ante as agresións, mobilizacións


Por Miguel Castro Serantes [*]
14.01.2011

Desde a chamada á mobilización, por parte dos sindicatos, do 29 de Setembro, puidemos vivir en todo o Estado, un novo comezo na andaina dunha maquinaria que levaba ben de tempo durmida, a do Movemento Obreiro. As que deben ser as súas principais rodas, os sindicatos, desinfladas até entón, comezaron a cobrar forza debido a que o seu motor, os obreiros , non tiñan ganas, nin podían, estar calados por máis tempo. O engrase que durou todo o verán deu alas a pensar de que algo bo pode saír desta crise do capitalismo. A unión entre a clase traballadora , máis necesaria que nunca, quedou demostrada nunha folga xeral que calou moitas bocas, cando as condicións nas que estaban os sindicatos, a moitos, facían pensar que podía ser o vento que tumbase definitivamente ós xigantes históricos CCOO e UXT.

A clase traballadora e os movementos sociais progresistas, na súa inmensa maioría, apoiaron a éstes, a pesar das críticas que puideron acumularse cara eles ao longo duns anos nos que os sindicatos parecían cumprir con funcións non propias deles e a distancia entre eles e os traballadores nunca fóra tan grande.

A principal función duns sindicatos debe ser a defensa e a promoción social da clase traballadora e a ninguén se lle debe esquecer, goberne quen goberne.

Dende os movementos sociais saímos en defensa e apoio aos sindicatos porque sabemos que sen eles perderíamos o principal baluarte da unión obreira; defendémolos dunha dereita rancia que fala sen complexos de afundilos; defendémolos porque nesta loita que está a comezar o capital está ben armado co control dos medios de comunicación e cos partidos social demócratas ben agarradiños por parte de organismos totalmente posicionados como poden ser o Fondo Monetario Internacional; defendémolos, porque eles son os que nos teñen que defender a nós.

Namentres, o noso goberno, que se autodefine de esquerdas, cede ás presións e toma medidas neoliberais que non fan máis que cargar contra a clase traballadora. Reforma laboral, reforma das pensións, alongamento da idade de xubilación … son medidas ás que non nos debemos someter e que sabemos que se cedemos nesta ocasión, vai ser realmente difícil recobrar estes dereitos gañados con tanto esforzo e sacrificio.

A Historia demostra que o avance do pobos e dos seus dereitos lógranse a partires dunha continua loita entre as clases dominantes e a cidadanía. É momento de tensar a corda e darlle a volta a unha situación que para moitos xa cobrou tintes dramáticos.

A xaneiro do 2011 esiximos aos nosos interlocutores, os sindicatos, que non renuncien a máis mobilizacións, que se apresuren a convocar unha nova FOLGA XERAL que faga que os diferentes movementos sociais progresistas se xunten e continúen nunha loita que vai ser longa e máis que dura para manter uns dereitos e recobrar o poder que desde fai tempo perdeu a cidadanía.

As bases pedimos ás cabezas sindicais que promovan unha folga xeral e que SEXAN MOBIZACIÓNS UNITARIAS, pois se traballadores e traballadoras somos todos: non debemos perder a nosa forza separados.

Tamén dicir, que confiando nos sindicatos para articular esta loita, os movementos sociais e movementos progresistas debemos articular con maior precisión a nosa forza. Debemos xuntarnos, expresarnos e organizarnos. A Esquerda debe buscar os puntos en común onde atoparse e non perderse en guerras internas que non nos levan a ningunha parte.

Polo de pronto: FOLGA XERAL XA!

[*] Miguel Castro Serantes, é mestre e directivo de Fuco Buxán.

fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es

Enviado por:

Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-
14 de janeiro de 2011 21:06

_____________________

luns, novembro 22, 2010

Cinismos ante o Sáhara

Por Miguel Castro Serantes [*]
19.11.2010

Durante estas últimas semanas vivimos, sen velo, o ataque das forzas marroquís aos campamentos de protesta saharauís, preto do Aiún, cidade máis importante do Sahara Occidental, antiga capital do Sahara Español e, desde 1975, controlada por Marrocos.

A xusta protesta do pobo saharauí foi contestada, brutalmente, polo goberno de Marrocos. A poboación Saharauí defenestrada e vivindo o seu particular inferno no deserto, non só se atopa asediada e ameazada, senón que perdeu o apoio “teórico” que lle demostraba parte de Occidente, entre os que se atopaba España.

A sociedade española non dubida da responsabilidade do noso estado no devir do pobo saharauí, tan ligado á nosa historia e a tantas familias do agora, participantes en proxectos de adopcións temporais.

Pero, como tantas veces, mentres os cidadáns albergamos sentimentos de rabia e indignación ante o ataque, as mortes e o veto informativo, o goberno do PSOE actúa cun cinismo inimaxinable para un goberno que fai seis anos retirou as tropas de Iraq cando, sen dúbida, tiña presións moito maiores que na actualidade.

De súpeto, ese “mínimo” de resolucións aos que se chegou tras o baño de sangue que foi a Segunda Guerra Mundial, os Dereitos Humanos, quedan relegados a un segundo plano. Como dixo o presidente, os intereses económicos deben prevalecer, xustificando a cesión á chantaxe efectuada polo goberno marroquí. Á súa vez, a ministra de exteriores, Trinidad Jiménez equipara as dúas frontes e xustifica o seu discurso coas imaxes, totalmente partidarias, que mostra Marrocos. A morte duns cidadáns españois pasa a converterse nunha anécdota.

Fronte a estas actuacións do goberno, alén, é evidente o oportunismo do PP en busca de votos “centrados”. Nietzsche dicía que “os que antes tostaban herexes, agora metéronse a predicadores da xustiza e a igualdade”. Perfecto para o caso. Hai que lembrar que a cita finalizaba dicindo que “para un ollo atento, son os mesmos”.Graduemos a vista.

Desde a Asociación Cultural Fuco Buxán condenamos, sen paliativos, o ataque marroquí. En non en menor medida, pensamos que o goberno debe reformular a postura tomada, pasando a facer unha política propia, sen se deixar arrastrar polos intereses de mercado e institucións internacionais ou polas chantaxes de gobernos alleos, como é o caso. E, o máis importante, apoiamos ao pobo Saharauí e aos seus representantes da Fronte Polisario nesta loita pola dignidade, pola recuperación do seu territorio, pola celebración do Referendum de Autodeterminación aprobado pola Asemblea Xeral da ONU en 1991 e, en definitiva, pola Liberdade e a Paz.

[*] Miguel Castro Serantes, é mestre, activista internacionalista, membro de Rádio Filispim e directivo da A.C. Fuco Buxán, ...
--
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es


Enviado por:
Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-
19 de novembro de 2010 11:29

_______

sábado, setembro 26, 2009

Libros de Texto: Gasto social en tempo de crise

Por Miguel Castro Serantes [*]
24.09.2009


Seis meses despois do cambio de goberno e o retorno do Partido Popular ao poder en Galicia, os habitantes da nosa comunidade observan, anonadados, o comezo de recortes sociais como o fin da gratuidade dos libros escolares, pondo en serias dificultades a multitude de familias ante o comezo do novo curso.

Coa implantación do novo sistema, volvemos aos tempos do gasto; do acumulamiento de libros inútiles pasado o curso e a un negocio máis que boiante para as editoriais. Os pais dos alumnos deben volver compralos ano tras ano e a concesión de axudas para a súa compra antóllase, desde logo, moi restritiva.

Recordar que durante a anterior etapa educativa, estaba instaurado un sistema onde os libros eran propiedade dos centros educativos, os cales íanse pasando curso a curso, tendo que velar destes o profesorado, os alumnos e os pais, para o seu bo mantemento, mediante comisións de observación. Os libros duraban catro anos para logo renovarse. O anterior sistema garantía unha cobertura universal e promovíase con iso o bo uso dun material escolar que era de todos.

O Partido Popular intenta de novo disfrazar de progresista o novo sistema, argumentando que pagarán os libros os que máis teñen e, en cambio, cando na realidade a clase media estase atopando cun gasto que consideraba superado nun momento de reais dificultades económicas. Non debemos deixarnos enganar ante estas novas manobras de descoido.

As AMPAS comezan a mobilizarse reclamando o cesamento do novo sistema por insolidario.

Outro motivo de desconfianza ante o novo goberno do señor Feijoo, é o recorte de profesorado de educación especial. Un centenar de mestres menos estarán nos nosos centros cando, sen dúbida, fan máis falta.

Comezo nada alentador da nova lexislatura. Unha volta aos tempos do pago, ao recorte educativo e ao financiamento con fondos públicos de centros segregadores de alumnado segundo o seu sexo, botando por terra a conquista da educación mixta.

Mantengámonos informados e esperando que se impoña a sensatez e vólvase a un sistema que demostrara a súa eficacia e a súa economía.

[*] Miguel Castro Serantes, é Mestre e directivo de Fuco Buxán.

Artigo Publicado no xornal comarcal "Diario de Ferrol"

--
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es

Enviado por:
Fuco Buxán Asoc. Cultural Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-
25 de setembro de 2009 11:06

_________________