Amosando publicacións coa etiqueta Movimento Veciñal. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Movimento Veciñal. Amosar todas as publicacións

domingo, xullo 27, 2014

Autoconvocatoria de Asemblea Cidadá ante a proposta de restruturación de liñas e frecuencias da rede de transporte público de Tranvías de Ferrol


Autoconvocatoria de Asemblea Cidadá ante a proposta de restruturación de liñas e frecuencias da rede de transporte público de Tranvías de Ferrol.


DÍA: Martes 29 de Xullo.
HORA: 8 da tarde.
LUGAR: na sede provisoria da Asociación Veciñal de Ferrol Vello, sita nos locais da Autoridade Portuaria fronte á sala de exposicións.

Bo día. Ante as novas aparecidas estes días na prensa coa denuncia por parte do Alcalde de Narón da proposta de restruturación de liñas e frecuencias da rede de transporte público Tranvías de Ferrol, a Xunta Directiva da Federación de AVV Roi Xordo convida a unha asemblea en réxime de autoconvocatoria na sede provisoria da Asociación Veciñal de Ferrol Vello, sita nos locais da Autoridade Portuaria fronte á sala de exposicións, o vindeiro martes 29 ás 20:00 horas para tratar a situación do transporte público e a gravísima actuación do goberno municipal de Ferrol ante esta problemática.

Grazas e un saúdo,
Maite Fernández
Presidenta da Federación Veciñal de Ferrol 'Roi Xordo'.
roixordo@galicia.com

---

Novas nos xornais:
Narón denuncia que se reducirán nun 50 % as súas liñas de buses | O Concello valora non continuar adherido ao convenio de Transporte Metropolitano | Carla Elías | Narón / a voz  23 de xullo de 2014  11:14 | La Voz de Galicia | Ir a Web.

O Concello de Neda mostra a súa «oposición radical» ao recorte das liñas de bus | O goberno de Cabezón súmase ás críticas cara á Xunta pola reestruturación do servizo | Carla Elías | Ferrol  23 de xullo de 2014  18:04 | La Voz de Galicia | Ir a Web.

O CONCELLO PRESENTARÁ ALEGACIÓNS Á REESTRUTURACIÓN DO SERVIZO DE AUTOBUSES PREVISTA POR TRANVÍAS DE FERROL | Narón reclama un estudio económico de viabilidade baseado en cada ruta e consensuado por tódolos concellos afectados, e que se garanta o mantemento de tódalas liñas. 22.07.2014 | Ir a Web.

A reestruturación da rede de buses prexudicará a Narón e Neda | Prevese reducir horarios entre A Faísca-Correos, residencia e Porto-Neda | Carla Elías |   Narón / axencia 17/7/2014 | La Voz de Galicia | Ir a web.
Enlaces:

Web de Tranvias de Ferrol:
http://www.tranviasdelferrol.com/

Enviado por:
Marchas Dignidade
-marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com-
27 de julho de 2014 12:0

______________

domingo, marzo 16, 2014

A acción veciñal consegue paralizar un outro ataque do goberno municipal aos espazos públicos - A veciñanza defende unha praza pública en Caranza fronte ao intento de covertela nun estacionamento de coches


A acción veciñal consegue paralizar un outro ataque do goberno municipal aos espazos públicos. |- A veciñanza defende unha praza pública en Caranza fronte ao intento de convertela nun estacionamento de coches.

Diante do conxunto 'Residencial Auditorio', promovido polas cooperativas de promoción de vivendas sociais de CCOO, existe unha praza pública que aínda que con carencias no seu equipamento en mobiliario urbano e de xogos infantís,  si é unha praza que a veciñanza utiliza para o xogo das crianzas e o paseo de maiores. Un amplo espazo para uso e goce da cidadanía.

Días atrás a veciñanza detectou movementos estraños con maquinaria pesada, nunha parcela sen urbanizar situada nas inmediacións da praza. Posteriormente construíuse unha rampla de acceso á praza para coches e se cambiaron os bancos de madeira de lugar, coa vantaxe de que se colocaron papeleiras das que carecía a praza.

Preguntados os operarios que realizaban as tarefas sobre os motivos da obra, estes contestaron que se estaba acondicionando un estacionamento para o Auditorio Municipal de Ferrol, situado na outra beira da praza, cruzando a estrada das Telleiras, que ía ser inaugurado este Sábado 15 de Marzo.

Ante este panorama a veciñanza alarmada pola realización desta operación sen ser consultada, nin informada, decidiu plantar cara ao asunto e presentar persoalmente as queixas e a súa oposición ante o despropósito municipal que pola vía dos feitos consumados pretendía a conversión dunha praza pública para uso e goce das persoas, nun aparcadoiro de coches. Iso si que ía ser provisional e que a praza ía quedar como estaba con anterioridade.

Para mais inri, a Asociación Veciñal de Caranza, considerada afín e submisa aos designios do goberno municipal do Partido Popular, como ven demostrando en numerosas ocasións, dera-lle o visto e prace ao concelleiro de turno para tal despropósito, sen ter en conta para nada, como xa é costume, a opinión da veciñanza do lugar.

Todo isto tendo a moi poucos metros un amplo estacionamento sen que apenas se utilice os fines de semana, como é o estacionamento da ESEPA.

A veciñanza decidiu impedir que a praza pública fora tomada polos coches, así desde primeiras horas da mañá tomou a praza.

Os responsábeis municipais xa acordaran, diante da decidida oposición veciñal, xestionar, como era lóxico, ante a ESEPA  a utilización do estacionamento militar.

A acción veciñal consegue paralizar un outro ataque do goberno municipal, do Partido Popular, aos espazos públicos. 

Do malgasto do Auditorio Municipal, falaremos outro día.


* Parcela Privada.
* Praza Pública.
* Auditorio Municipal.
* Estacionamento do Auditorio.
* Estacionamento da ESEPA.

_______________

mércores, xaneiro 29, 2014

Manifestación veciñal polo inicio das obras de urbanización do “Y” do Bertón: rúas Bertón e Barbeito - Este Sábado 1 de Febreiro convocada polo BNG e a veciñanza


MANIFESTACIÓN VECIÑAL NO BERTÓN

SOLUCIÓNS PARA O BERTÓN

Polo inicio das obras de urbanización do “Y” do Bertón:  rúas Bertón e Barbeito.

Que Xunta e Concello adquiran o compromiso de urbanizar, ao mesmo tempo, as zonas non incluídas no proxecto de urbanización do “Y” do Bertón, co fin de evitar máis atrasos nos traballos e novas obras a posteriori.

Que a Xunta subsane as deficiencias da obra de urbanización do polígono do Bertón para que este poida ser recepcionado polo Concello.

Que se garanta a limpeza e mantemento adecuado e  continuo do polígono do Bertón.

Que Xunta e Concello celebren cos veciños e veciñas unha Asemblea Informativa para explicar os pormenores destas obras.

Sábado 1 de febreiro às 11:30 H.
Rúa Bertón (diante da escola infantil).

Convoca: Veciños e Veciñas do Bertón e o BNG

ACUDE…..DIFUNDE……MOBILÍZATE CON NÓS

Telf: 981.94.40.31
Fax: 981. 94.52.35
bng@ferrol.es

BNG-Ferrol
Rúa Naturista López Seoane, nº 13 baixo
15403 Ferrol
ferrol@bng-galiza.org
Telf.: 981 364 058
Fax: 981356 700
Resp. comarcal:
Mercedes Tobío Rodríguez


Web:
http://www.bng-galiza.org/ferrol/
Correo-e:
bngferrol@gmail.com
Facebook:
https://www.facebook.com/bng.ferrol
Twitter:
https://twitter.com/bngferrol

Enviado por:
BNG
-bng@ferrol.es-
29 de janeiro de 2014 14:42

________________

martes, xaneiro 28, 2014

O efecto Gamonal, ... No programa 'Enfoque' da canle HispanTV - Analise moi interesante e actual - Enlace co documento audio-visual


Enfoque: O efecto Gamonal

O barrio de Gamonal en Burgos converteuse nun símbolo das protestas cidadás. Xa se fala de efecto Gamonal e do que a unión do pobo pode lograr. Os veciños conseguiron paralizar o proxecto dunhas obras millonarias que non querían e que o alcalde do Partido Popular quería impoñer coa maioría coa que domina este concello castelán.

Para o Goberno de Mariano Rajoy son vándalos, para a alcaldesa de Madrid terroristas, pero o certo é que son veciñ@s dun barrio que loitaban contra o malgasto, a corrupción e a especulación.

Namentres en Burgos, 46 persoas foron detidas, máis dunha treintena en diferentes manifestacións de solidariedade que tiveron lugar noutras cidades. Por iso a veciñanza reclaman a súa liberdade sen cargos. Algo que, nestes momentos, parece difícil pero non imposíbel porque o que si que está claro é que hai un antes e un logo de Gamonal que se estendeu por todo o territorio do, polo de agora, Reino de España.

Convidados:

* Pedro de Palacio, Coordinador Provincial de Esquerda Unida Burgos.

* Ramón Walsh, Coordinadora 25S.

Enlace con HispanTV:
http://www.hispantv.es/detail/2014/01/28/257990/enfoque-espana-efecto-gamonal


Actualizado:
28.01.2014
_____________

xoves, decembro 05, 2013

O movimento veciñal no Madrid dos 70 - 'La Ciudad es nuestra', interesante documentario sobre o movimento veciñal, nuns anos de utopía e colectividade, de Tino Calabuig e Miguel Ángel Cóndor - Vídeo


Documentario sobre unha asociación veciñal de Madrid, mostrando os barrios de Madrid e o movimento veciñal. Rodada coa axuda das asociacións veciñais "Pozo del Tío Raimundo", "Orcasitas" e "Barrio del Pilar"; co apoio da Federación das asociacións veciñais de Madrid.

Dirección: Tino Calabuig e Miguel Ángel Cóndor.

Primavera de 1975.


http://youtu.be/RxpeFxtQXLs

Enviado por:
Alexandre Carrodeguas
-republicadetraballadoras@gmail.com-
5 de dezembro de 2013 00:30
_____________

venres, abril 20, 2012

Carta de Francisco Maceira sobre a Asemblea de Barrio: "Participación cidadá no barrio de Esteiro"


Participación cidadá no barrio de Esteiro

A asociación de  veciños á que pertenzo  -Esteiro- ven traballando dende hai anos para mellorar e suplir as carencias  deste emblemático barrio de Ferrol. Clases de pilates, encaixe de  palillos, punto canario, corte e confección, informática, exposicións, sardiñada de San Xoan, ciclos de cine, excursións, reivindicación da escola infantil, do comedor social ... Non chegaría esta folla para enumerar os centos de actividades e proxectos que saen adiante gracias ó traballo desinteresado de xente que emprega o seu tempo libre para beneficio  da comunidade.

Esta semana tivo lugar a votación  de Participación Cidadá para elexir os representantes do barrio ante o concello. Como era de esperar tamén se presentaron  persoas da  Asociación Veciñal de Esteiro. Inexplicablemente non saiu ningún elixido.  O máis votado foi un tipo que na miña vida vin polo barrio. Eu xa sospeitei algo cando vin a sala da votación ateigada e rezumando un glamour inusual en actos participativos. Recordoume  cando na miña aldea os do PP carrexan votantes cara as urnas.  Por suposto que estas artimañas non van amedrentar á asociación veciñal  que xa  confirmou a continuidade do seu traballo. A pesar de ter o concello en contra seguirán loitando pola escola, polo comedor  ou por calquer outro proxecto que supoña un ben para os veciños. Incluso para aqueles que o único que fixeron polo barrio foi ir a votar o día que alguén, dende o concello, descolgou un teléfono.

Francisco Maceira

Esteiro - Ferrol

Enviado por:
Francisco Maceira
-f.maceira@hotmail.com-
19 de abril de 2012 23:33

___________________________

mércores, marzo 28, 2012

A Asemblea da Cidadanía opon-se a que se dilapiden case 800.000 euros máis no "Pulmón Park" de José Manuel Rey - A "Praza de España" nestes case 10 anos de obras interminabeis xa leva consumido máis de 17 millóns de euros


Pasadas as sete e media da tarde, do 27 de Marzo de 2012, daba comezo a Asemblea Cidadá convocada por doce entidades sociais e a Comisión Provisional de Control do regulamento de Participación Cidadá. A citada Asemblea, convocada en réxime de autoconvocatoria, é dicer calqueira veciña, veciño ou representante de asociación ou entidade, podía tomar a palabra e expresar publicamente o seu parecer. Como unha das ensinanzas que nos deixou o Movimento 15M, o micrófono estivo aberto a quen quixera opinar ou propoñer. E así foi, despois dunhas palabras expositivas dalgúns do promotores da iniciativa, foron varios as veciñas e veciños os que denunciaron e fixeron propostas concretas.

Esta foi a crónica do acto da xornalista Puri Rodríguez Calvo que publicou o "Diario de Ferrol", na súa edición de hoxe:
Ao redor de duascentas persoas participaron onte na asemblea aberta convocada pola Comisión de Control do Reglamento de Participación Cidadá para rexeitar o investimento de 700.000 euros na praza de España, unha iniciativa que se poñerá en marcha coa inminente adjudicación do proxecto á arquitecta Isabel Aguirre.

Os acordos adoptados pasan por solicitar unha entrevista co alcalde, José Manuel Rey Varela, para suscitar esta oposición ás obras, cuxos resultados transmitir á cidadanía nunha nova asemblea para convocar, si non se atenden os seus reclamaciones, movilizaciones.

Demasiado diñeiro| Os representantes vecinales explicaron a súa postura contraria a este novo gasto na praza, por entender que xa se destinou demasiado diñeiro a este espazo, uns 17 millóns de euros. Miguel López, presidente da Asociación Veciñal de Esteiro, recordou que na etapa de goberno de PP e IF intentouse levantar no recinto un edificio de once metros cuxa construción foi paralizada pola presión social e engadiu que nun momento no que se recortan prestaciones sociais e subvencións e se acometen privatizaciones de organismos públicos, non resulta lóxico “enterrar 700.000 euros máis na praza de España”. Destacou ademais que as obras prexudicarían de novo aos comerciantes e hosteleros da zona.

Miguel López referiuse ao concelleiro de Urbanismo, Guillermo Evia, para dicir que “pode gastar vos seus cartos non que queira, pero non ou que é de todos”. Lamentou que non se consulte á cidadanía para proxectos dunha magnitude como o da praza de España e insistiu en que o diñeiro previsto para as obras pode destinarse a outros fins.

De feito, algúns veciños que participaron na asemblea realizaron propostas concretas, como que os 700.000 euros se destinen á contratación de desempregados para limpar a zona intermareal da ría, un gasto que revertería no mantemento de postos de traballo do sector marisqueiro e non se limitaría a crear emprego puntualmente para as obras, como no caso da praza de España. Tamén se apuntou que a plantación de árbores podería realizarse en moitos dos xardíns da cidade e que sería necesario limpar os sumidoiros, especialmente na zona de acceso ás estacións de ferrocarril e buses. Outro veciño denunciou a contradición entre o “ecoloxismo” do alcalde ao querer facer un “pulmón verde” na praza de España e tállaa de quince cedros de máis de cincuenta anos no colexio Juan de Lángara, engadindo que ademais se trituró a madeira pese a que podía haberse vendido. |Diario de Ferrol - 28.03.2012|

Nos vindeiros días pasaremos a informar dos pasos que se vaian dando agora o protagonismo está na Folga Xeral deste 29M e despois na súa análise e consecuencias. Seguiremos informando. Agora imos-vos deixar cun pouco de humor: obra de arte de Susete'70 con engadidos de Ártabra 21.


Enlaces relacionados:

Ártabra 21: Hoxe martes 27 de Marzo, está convocada unha Asemblea Cidadá para debater e decicir sobre un novo proxecto do goberno municipal para a Praza de España

Ártabra 21: Queren privatizar organismos públicos e enterrar 800.000 euros na Praza de España - Comunicado da Asociación Veciñal de Esteiro
____________

martes, marzo 27, 2012

Hoxe martes 27 de Marzo, está convocada unha Asemblea Cidadá para debater e decicir sobre un novo proxecto do goberno municipal para a Praza de España


Autoconvocatoria a toda a cidadanía e entidades sociais para o vindeiro día 27 de Marzo (Martes) ás 7,30 h da tarde na mesma Praza de España -Porta Nova- para debater, suxerir e formular propostas nunha asemblea participativa cara a unha cidade mellor.

A Comisión de Control Provisional do Regulamento de Participación Cidadá (RPC); A. Veciñal de Covas; A. Veciñal de S. Xurxo; Asociación S.C. López Bouza; A.Veciñal de Esteiro; A. Veciñal S. Pablo-Catabois; A.Veciñal O Rosario- Inferniño;  A.Veciñal Prioriño; A. Veciñal S.Xoán- O Bertón; A.Veciñal Stª. Mariña; A.C. Fuco Buxán; Colectivo Ártabra 21, varias persoas a título individuais, acordamos:

REXEITAR A ACTUACIÓN concreta de gastar máis de 700.000 € para a Praza de España coa desculpa de crear un pulmón verde.

Temos coñecemento de que o goberno local proxecta unhas supostas melloras da Praza de España, onde como ven sendo habitual os cidadáns non fomos consultados e descoñecemos como se van investir estes 700.000 €, o cal nos parece unha cantidade excesiva e unha desmesura.

Este mesmo goberno tiña proxectado no seu anterior mandato un edificio comercial de 21 mts de altura, que supoñía privatizar unha parte da Praza de España. Recuperar ese espazo, custounos aos cidadáns 6 millóns e euros.

Doutra banda, parécenos unha cifra esaxerada cando temos nesta cidade outras necesidades máis importantes e outras prioridades, estamos vendo como recortan dereitos sociais e se pechan comedores sociais e outros que estaba previsto abrir non se fala deles.

Estanse recortando, de maneira esaxerada, as subvencións a entidades de carácter asistencial e se queren tirar outros 700.000 euros na Praza de España

Queremos lembrar que houbo un acordo de participación cidadá para destinar un dos edificios a ser un FORO CIDADÁ con contidos de carácter social e cultural como charlas, asembleas, sala de exposicións, lectura e lugar de encontro cidadá.

Por este acordo, facemos unha AUTOCONVOCATORIA a TODA A CIDADANÍA e ENTIDADES SOCIAIS para o vindeiro DÍA 27 DE MARZO   (Martes)  ás 7,30 h da tarde na mesma Praza de España -Porta Nova- para debater, suxerir e formular propostas  nunha asemblea participativa cara a unha cidade mellor.

Ferrol, a 19 de Marzo de 2012.

A Comisión de Control
comision.gap@gmail.com
www.participacion-ferrol.blogspot.com

Foto tirada do Blogue:
http://tomaxculo.blogspot.com.es/
_________________

luns, marzo 26, 2012

Bartoleta Teatro, apoia e vai participar na Asemblea Cidadá, polo que chama a mobilizar-se o Martes 27 de Marzo, na Praza de España, tamén contra as falsas políticas de austeridade do goberno dereitista do PP en Ferrol que desmantela o Padroado de Artes Escénicas

Concentración martes 27 - O PP desmantela o Padroado de Artes Escénicas

O grupo BARTOLETA TEATRO apoia a Autoconvocatoria de Concentración do martes, 27 de marzo, ás 19,30 hs, na Praza de España, para amosar o rexeitamento da política Municipal, que está a pechar importantes Órganos de partipación cidadá, coa excusa dunha falsa auteridade, mentres elabora proxectos innecesarios por valor de centos de miles de euros, como o “pulmón verde” da Praza de España ou a nova porta do Parque Municipal.

O Goberno Municipal do Partido Popular do Concello de Ferrol trata de impedir a participación dos cidadáns na vida política evitando o control na xestión da vida municipal.

O desmantelamento do Padroado de Música, Danza e Artes Escénicas, do Padroado de Deportes e do INFACOFE, supón un grave atentado á democracia participativa e a actividade cultural da nosa cidade.

Supón tamén unha burla convocar ás Asociacións, hai menos de dous meses, para elexir representante para os vindeiros catro anos nestes Organismos que agora pretenden liquidar en aras de privatizar toda a xestión municipal.

Sitio web da asociación:
www.bartoletaferrol.wordpress.com

Enviado por:
bartoleta teatro
-bartoletaferrol@hotmail.com-
24 de março de 2012 21:39
______________

sábado, marzo 24, 2012

Em Caranza,... Por Lupe Ces


No meu bairro, hoje houvo umha assembleia. Foi às sete da tarde, convocada por oito  associaçons. Falamos, participamos, debatemos, propusemos … Logo assistimos a um ato convocado polo Concelho, onde se proibiu falar, participar, debater, eleger e ser elegid@ … Onde os atuais representantes da Asociación de Veciños de Caranza, traicioarom acordos contraídos com outras sete associaçons do bairro. Isto permitiu agrilhoar o que tinha que ser a “Asemblea de Barrio” e reduzi-la a um mero trámite ao serviço das políticas do PP. Um bo dia para a mentira, a manipulaçom, a ambiçom pessoal..., mas também um bo día para a verdade, a participaçom direta e a defesa do bem comum. Porque na Assembleia, a única Assembleia, que merece tal nome, que se desenvolveu no bairro às sete da tarde de hoje, impulsou-se um novo processo de participaçom, de construçom do bairro desde o trabalho comunitário, desde a reivindicaçom popular. É por isso que ao render o meu corpo esta noite nesta casinha fronte à ribeira, conseguida tras anos de loita comunitária, tenho um sentimento de esperança, porque a boa gente, a generosa e loitadora gente de Caranza, vai saber virar a mentira e a manipulaçom, em verdade, justiça e qualidade de vida para o bairro.
[*] Por Lupe Ces Rioboo -Caranza Ferrol 1953, é mestra, activista social, integrante da Marcha Mundial das Mulleres. Forma parte do Colectivo Ártabra 21.

Blogue persoal: Caranza free opiniom
_______________________