Amosando publicacións coa etiqueta Ocupación. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ocupación. Amosar todas as publicacións

martes, abril 12, 2011

Desaloxado o centro social coruñés Casa dás Atochas - Convocatorias de protesta - Vídeo


Desaloxado o centro social coruñés Casa dás Atochas
A policía puxo fin a tres anos de ocupación no barrio coruñés das Atochas.
Os colectivos que apoian ao centro anunciaron xa mobilizacións de repulsa ao desaloxo.

Rocio Fraga / A Coruña
Martes 12 de abril de 2011. Número 147
OCUPACIÓN | Convocada unha concentración de repulsa para esta tarde

Foto: Bandia Ribeira Cendan

Hoxe ás 7 da mañá conformouse un dispositivo policial no barrio das Atochas, para levar a efecto o desaloxo do Centro Social Okupado Casa das Atochas.

A orde de desaloxo estaba pendente de recursos ata que a definitiva chegou o pasado 23 de marzo.

Desde esa data estábanse efectuando gardas, por iso hoxe, ás 7 da mañá, atopábanse no centro social dúas persoas que foron identificadas. No exterior, íase xuntando un grupo de xente para mostrar o seu apoio a un centro social que, durante tres anos, estivo ofrecendo ao barrio unha alternativa de participación social á marxe das canles institucionais.

O desaloxo levou a cabo cun dispositivo policial que acordoou a zona no momento no que abandonaron o espazo as dúas persoas que estaban no interior. A partir de aí entrou en escena o propietario do inmoble, coñecido especulador da cidade, con especial incidencia no barrio, que ordenou a unha cuadrilla de obreiros que destruísen o tellado e blindasen os accesos.

En todo momento estivo impedido o acceso ás rúas próximas. Só algúns medios, que desde primeira hora tiñan coñecemento da acción que alí se ía a realizar, puideron acceder.

Para hoxe está prevista unha concentración de repulsa ao desaloxo ás 20:00h no Obelisco e o sábado un manifestación que partirá do Campo dá Leña ás 18:00h, no propio barrio de Atochas Monte Alto.

Fonte: diagonalperiodico.net

O final das Atochas - Vídeo


O final das Atochas. from www.enimaxes.com on Vimeo.


Convocatorias:
Convócase á poboación a unha concentración/cacerolada no Obelisco da Coruña esta mesma tarde, do martes 12 de abril, as 20h, así coma a unha manifestación en repulsa do acontecido hoxe o sábado 16 de abril ás 18h no Campo da leña.
______