Amosando publicacións coa etiqueta Poesia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Poesia. Amosar todas as publicacións

martes, xuño 07, 2011

"Animais" de Séchu Sende en Ferrol - Mércores 8 de Xuño, ás 6 da Tarde na Praza do Concello - Indignad@s


En "Animais", Séchu Sende denuncia a destrución da natureza e chama á acción colectiva para evita-la. "Animais" foi ilustrado polo propio autor, cada poema está acompañado dun debuxo.

A obra será presentada o Mércores 8 de Xuño de 2011, na Praza do Concello, renomeada pol@s acampad@s como "Praza do 15M", ás 6 da tarde, da man do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, en solidaridade con tod@s @s indignad@s.

Enlaces relacionados:

VISITA: ATRAVES - EDITORA

__________

  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
Blog solidario coa veciñanza de MeáPara apoiar e colaborar co Comité Cidadán:
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org

---
APOIO ECONÓMICO
O Comité Cidadán de Emerxencia, necesita apoio económico, para que poida desenvolver a súa actividade
CONTA DO COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA
Para axudas económicas pode-se ingresar na conta corrente aberta no Banco Santander ao nome de:
Luz Marina Torrente e outros
Para ingresar desde unha oficina bancaria desde dentro do Estado:
00493315772894017995
Para ingresar desde unha oficina bancaria desde fóra do Estado:
ES 71 00493315772894017995

Enviado por:
Colectivo A Revolta
-a.revolta.de.trasancos@gmail.com-
7 de junho de 2011 08:19
http://a-revolta-de-trasancos.blogspot.com/
______________________

mércores, abril 27, 2011

Hoxe Mércores, 27 de Abril, comeza, en Ferrol, a IV Semana da Poesía Salvaxe


Este Mércores 27 Abril de 2011, ás 18,30 hs dará comezo, en ferrol, a IV SEMANA POESÍA SALVAXE.

IV Semana de Poesía Salvaxe de Ferrol
"a palabra encarnada"
27-28-29-30 de Abril/2011

27 abril / Mércores
18,30 hs. Cantón de Molíns

Proclama da Semana de Poesía Salvaxe

Visita a nosa web: www.fucobuxan.com

--
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es


Enviado por:
Fuco Buxán
-fucobuxan@yahoo.es-
27 de abril de 2011 00:25
__________________

martes, abril 13, 2010

Esquerda Unida crítica, de novo, o atraso na aprobación do regulamento para a adxudicación das vivendas de Recimil, e noutro asunto saúda a nova edición da Poesía Salvaxe.

Informacións do Grupo Municipal Esquerda Unida

  • ESQUERDA UNIDA CRITICA O NOVO ATRASO NA APROBACIÓN DO REGULAMENTO DAS VIVENDAS DE RECIMIL
  • A VOCEIRA DO GRUPO MUNICIPAL, YOLANDA DÍAZ, ESIXE CELERIDADE DO GOBERNO MUNICIPAL PARA PÓR EN VIGOR A INICIATIVA DO NOSO GRUPO

O Grupo Municipal de Esquerda Unida ten que criticar o novo atraso na aprobación do regulamento das vivendas de Recimil. Na convocatoria da Comisión de Benestar para o vindeiro xoves, 15 de abril, non se contempla na orde do día a aprobación do regulamento para a adxudicación das vivendas de Recimil. Morren semanas e meses sen que se produzan resultados positivos neste campo.

Foi unha proposta do noso Grupo Municipal a elaboración dun regulamento para a adxudicación das vivendas municipais. Con esta medida pretendemos garantir a meirande transparencia e obxectividade na concesión duns bens públicos de propiedade municipal. Esquerda Unida está certa do enorme potencial social que posúe o parque de vivenda municipal de Recimil e considera indispensable a súa ordenación e regulamento.

Lamentamos que unha vez máis se adíe levar a Comisión o texto do regulamento. Lamentamos a tardanza e lle preguntamos ao Goberno acerca das razóns da mesma. O Noso Grupo considera que o Goberno Municipal está a desatender esta fronte social e a deixar que a situación no barrio se degrade a causa da súa inacción e tardanza.

O noso Grupo Municipal achegou a proposta de elaboración dun novo regulamento e ten presentado no proceso unha serie de emendas para mellorar o contido final da proposta. Non entendemos que na actual situación de crise económica e social, este Goberno non acelere o remate do documento e a súa entrada en vigor.

Son moitas as necesidades sociais, demasiados os anos de abandono por parte do Goberno Municipal neste eido, e para Esquerda Unida é unha cuestión urxente e importante, que merece un tratamento prioritario polo Goberno Municipal. Xa que logo, a Voceira do Grupo Municipal de EU, Yolanda Díaz, reclama do Goberno celeridade para pór en vigor esta iniciativa.


  • O GRUPO MUNICIPAL DE EU SÁUDA UNHA NOVA EDICIÓN DA POESÍA SALVAXE
  • ESTA ANOVADORA FÓRMULA CULTURAL CHEGOU DA MAN DE ESQUERDA UNIDA ÁS RÚAS DE FERROL NO ANO 2008

O Grupo Municipal de EU quere manifestar a súa ledicia pola nova edición, a terceira xa, da poesía salvaxe, que se vai celebrar esta semana nas rúas da nosa cidade. Esta iniciativa anovadora no eido cultural comezou no 2008 da man da anterior responsable da concellería de cultura, Yolanda Díaz, en consonancia co programa de renovación do panorama de actividades culturais do noso concello emprendido entón.

Achegar á rúa as expresións da cultura, erguer voces veraces e ceibes no espazo onde vivimos as persoas, sacar á poesía dos redutos pechados, foron a motivación central para comezar esta xeira, que felizmente se mantén e consolida co paso das edicións, poética que imos gozar nestas datas.

Esta semana vanse misturar nas rúas de Ferrol a celebración insubmisa da palabra poética coa evocación dun porvir republicano ao redor do 14 de abril. Para Esquerda Unida non é casual aventurar poesía e república no abril ferrolá, senón que ambos elementos conxugan a determinación e esperanza nun abrente creador de liberdade e igualdade.

Esquerda Unida anima á cidadanía a gozar dos encontros súbitos coas palabras feraces, nun abril poético e republicano, porque lingua e pobo conforman un todo creador invencible. Máis que nunca a poesía semella necesaria para resistir aos bárbaros que agreden, parapetados nas institucións da Xunta de Galicia, a nosa cultura, cultura universal a pesares da ollada prexuízosa coa que é maltratada polo PP.

Ferrol, 13 de Abril de 2010
Grupo Municipal de Esquerda Unida

Web de Esquerda Unida:
http://www.esquerdaunida.org/



Enviado por:
Grupo Municipal Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
13 de abril de 2010 15:11
Benquerid@s amig@s: achegamos dous Informacións do Grupo Municipal de EU. Nun primeiro Informacións facemos a crítica do novo atraso na aprobación do regulamento para a adxudicación das vivendas de Recimil, que se está a elaborar a proposta de EU e que acumula un retraso
inaceptable. O segundo Informacións saúda a nova edición, xa a terceira, da Poesía Salvaxe, anovadora iniciativa cultural que naceu no ano 2008 coa anterior responsable de cultura, Yolanda Díaz. Esquerda Unida vos anima a participar nela nestes días tinguidos de palabras veraces e ceos de tres cores, na conxunción afortunada que xungue Poesía e República, abrentes dun porvir emancipado. Un saúdo, Ramiro Marier
_____________

Enlace relacionado:

Ártabra 21: Os días 14,15,16 e 17 Abril 2010: Terceira Semana da Poesía Salvaxe de Ferrol
_______________

Os días 14,15,16 e 17 Abril 2010: Terceira Semana da Poesía Salvaxe de Ferrol


III Semana da Poesía Salvaxe de Ferrol

Os días 14,15,16 e 17 de Abril de 2010

A palabra encarnada

Programa da 3ª edición da POESÍA ENCARNADA - SEMANA DÁ POESÍA SALVAXE

Poemas de Emma Couceiro

Tiago Gomes - Autor de varios libros de poesía en portugués e castelán. Letrista do grupo A Naifa e Liña da Fronte -
Vocalista e letrista do grupo Os Inspectores. Editor e produtor da revista a Biblia. Fundador da Galería ZDB.

Antonio Gómez - poemas e poemas

Ada Salgas - a escoitar o silencio

María Couceiro - inevitablemente poeta

Tres Gatos Swing - para o último día, musica e voces. Fusión: Jazz, ritmos africanos, balcánicos, rueiros - Músicos moi curtidos tamén, estarían dispoñibles para levar a cabo "acciones" na rúa durante as incursións salvaxemente poéticas.

MadameCell - piano só en campo aberto. Madame Cell, alter ego do pianista Nacho Muñoz, actúa no parque de Belvís, nunha perspectiva diferente para observar a cidade desde o alto. Presenta unha serie de pezas "compostas como células ou obxectos sonoros, libres para a improvisación, a deconstrucción, a poesía, a fonética e a ópera".

Javier Semprún -  con El Cuervo de Poe

Nós: Guillermo, Karlotti, Víctor M. Gómez e Marcos Lorenzo

IMAXENS

Subpáginas (1): poesia encarnada

www.poesiasalvaxe.com

--
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es

Información baseada na enviada por:
Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-
13 de abril de 2010 09:11
______________________

venres, abril 17, 2009

II Semana de Poesia Salvaxe en Ferrol: 15, 16, 17 e 18 de Abril de 2009

Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-
16 de abril de 2009 19:04


Manifesto

Estes días coa poesía xa entre os dentes da alma, as noticias poden crear dúbidas e confusión, e por iso hai que deixar claro que os poetas, antes mulleres e homes que poetas, non teñen nada que ver co poder establecido sexa este o que sexa, o seu compromiso é exclusivamente coa vida.

Poderiamos preguntarnos que facemos aquí? e outra pregunta é a resposta: que facer? Que facer ante este descomunal estafa?

Basta de xogos de palabras, de artificios de sintaxes, de malabarismos formais; hai que atopar-agora- a gran lei do corazón, a lei que non sexa unha lei, unha prisión, senón unha guia para o espírito, perdido no seu propio labirinto. Mais alá daquilo que o poder jamas poderá alcanzar, alí onde os raios da razón crébanse contra as nubes. Ante unha Europa momificada dentro das ataduras das súas fronteiras, conxelada na súa lóxica de dúas mais dúas son catro mil, enmohecida polo espectáculo, despellejada polas coitelas da rendibilidade, ante unha Europa atrapada na rede dos silogismos das súas finanzas e as súas desoladoras consecuencias, ante esta realidade e empregando a súa mesma lóxica só quédanos constatar o moito que todo isto apesta.

Ante isto só quédanos Rir e Resistir, esta é a cuestión. E a poesía esta en condicións de ser ferramenta de alegría e resistencia. Ela é xenerosidade e dignidade en tempos como estes onde a escuridade céganos ata facer desta miserable abundancia un estúpido espectáculo. Ela, a poesía, os poemas entrégannos a palabra de novo intacta como o berro emocionado do primeiro ser humano ante a súa desnudez sacra.

Hoxe voamos a palabra e a confrontamos co aparato deste mercado de baratijas que nos afoga. Coa cruenta e estúpida rendibilidade da morte troquelada polos intereses mezquinos duns poucos.

A poesía en definitiva é este raio que non cesa e que nos ilumina en momentos como estes en os que á desolación e o saqueo chámanlle crise. A poesía é filla de ninguén e sabe a sangue de cada un.

[Clicar acima do cartaz para ampliar]


fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es

_______________