Amosando publicacións coa etiqueta Rede de Apoio Mutuo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Rede de Apoio Mutuo. Amosar todas as publicacións

mércores, maio 25, 2022

O Movemento Galego pola Vivenda Pública esixe que as propiedades da Sareb se utilicen para crear vivenda pública


O MOVEMENTO GALEGO POLA VIVENDA PÚBLICA ESIXE QUE AS PROPIEDADES DA SAREB SE UTILICEN PARA CREAR VIVENDA PÚBLICA

DESPOIS DE ASUMIR UNHA DÉBEDA PÚBLICA DE 35.000 MILLÓNS DE EUROS AS VIVENDAS E O SOLO DA SAREB TEÑEN QUE TER UN OBXECTIVO SOCIAL FUNDAMENTAL:GARANTIR O DEREITO Á VIVENDA

O Movemento Galego pola vivenda pública rexeita rotundamente a entrega da xestión das propiedades da SAREB aos fondos voitre Hipoges e Blackstone como recentemente decidiu o goberno español.

Unha vez que con diñeiro público se rescatou aos bancos liberándoos dos activos tóxicos e se asumiu a débeda o obxectivo ten que ser social, utilizando o solo e as vivendas propiedade da SAREB para crear un parque público de vivenda que dea solución ás miles de persoas que demandan vivenda pública e ás moitas desafiuzadas ou en perigo de ser expulsadas dos seus fogares.

Dito parque tamén debería servir como elemento regulador dos prezos do mercado libre, arrefriando as enormes subas dos últimos anos.

O camiño tomado polo goberno español de entregar a xestión das propiedades, con criterios puramente mercantís aos fondos voitre Blackstone e Hipoges, precisamente entidades que se lucran grazas ás políticas de vivenda no Estado español é unha enorme e intolerable estafa.

Esiximos que se rectifique esta decisión e dende as administracións se asuma a necesidade da creación dun parque público de vivenda cunha dimensión significativa para garantir o control do mercado da vivenda.

Os desafiuzamentos seguen a ser unha realidade cotiá e masiva nas cidades galegas, xa que a política do goberno español, da Xunta de Galicia e dos concellos galegos de abandonar a promoción de vivenda pública expulsa a miles de persoas das súas vivendas e deixa ao mando das políticas habitacionais aos grandes especuladores.

As propiedades coas que SAREB conta nas principais cidades galegas, un conxunto moi amplo de vivendas e solos, serían un piar fundamental dese parque, e darían solución ás máis de 10.000 persoas inscritas no Rexistro Oficial de Demandantes que agardan unha vivenda pública en alugueiro.

Dende o Movemento Galego pola Vivenda Pública loitaremos porque esta estafa non se consume finalmente mobilizándonos nas rúas e trasladando ás forzas políticas esta demanda.



MOVEMENTO GALEGO POLA VIVENDA PÚBLICA

movgalegopolavivendapublica@gmail.com

https://www.facebook.com/MovGalVivenda/

https://mobile.twitter.com/MovGalVivenda


Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra - Stop Desafiuzamentos
→ Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com
→ Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/
→ No facebook
facebook Stop Desafiuzamentos Ferrol Terra

Todos os luns (Menos festivos), vemo-nos en Caranza, pola tarde entre as 5 e as 7 da tarde, no local da Asociación Fuco Buxán (Local Social Tino Deibe, Rúa Armada Española, 32 Baixo). Estamos xente de Stop Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra. se queres participar achega-te! - No caso de Urxencia chama ao 645158113
_______

Proposta de Moción en defensa da vivenda pública, promovida polo Movemento Galego pola Vivenda Pública


𝗗𝗲𝗻𝗱𝗲 𝗼 𝗠𝗼𝘃𝗲𝗺𝗲𝗻𝘁𝗼 𝗚𝗮𝗹𝗲𝗴𝗼 𝗽𝗼𝗹𝗮 𝗩𝗶𝘃𝗲𝗻𝗱𝗮 𝗣𝘂́𝗯𝗹𝗶𝗰𝗮 𝘁𝗿𝗮𝘀𝗹𝗮𝗱𝗮𝗺𝗼𝘀 𝘂𝗻𝗵𝗮 𝗽𝗿𝗼𝗽𝗼𝘀𝘁𝗮 𝗱𝗲 𝗠𝗼𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗮 𝗱𝗶𝘀𝘁𝗶𝗻𝘁𝗼𝘀 𝗴𝗿𝘂𝗽𝗼𝘀 𝗺𝘂𝗻𝗶𝗰𝗶𝗽𝗮𝗶𝘀 𝗱𝗲 𝗲𝘀𝗾𝘂𝗲𝗿𝗱𝗮𝘀 𝗲𝗻 𝗱𝗲𝗳𝗲𝗻𝘀𝗮 𝗱𝗮 𝘃𝗶𝘃𝗲𝗻𝗱𝗮 𝗽𝘂́𝗯𝗹𝗶𝗰𝗮, 𝘅𝗮 𝗾𝘂𝗲 𝗰𝗼𝗻𝘀𝗶𝗱𝗲𝗿𝗮𝗺𝗼𝘀 𝗾𝘂𝗲 𝗲́ 𝗳𝘂𝗻𝗱𝗮𝗺𝗲𝗻𝘁𝗮𝗹 𝗼 𝗳𝗼𝗺𝗲𝗻𝘁𝗼 𝗱𝗮 𝗺𝗲𝘀𝗺𝗮 𝗽𝗮𝗿𝗮 𝗴𝗮𝗿𝗮𝗻𝘁𝗶𝗿 𝗱𝗲𝗯𝗮𝗻𝗱𝗶𝘁𝗼 𝗱𝗲𝗿𝗲𝗶𝘁𝗼 𝘁𝗮𝗻 𝗳𝘂𝗻𝗱𝗮𝗺𝗲𝗻𝘁𝗮𝗹 𝗽𝗮𝗿𝗮 𝗮 𝗺𝗮𝗶𝗼𝗿𝗶́𝗮 𝘀𝗼𝗰𝗶𝗮𝗹. 𝗔 𝗰𝗼𝗻𝘁𝗶𝗻𝘂𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗿𝗲𝗽𝗿𝗼𝗱𝘂𝗰𝗶𝗺𝗼𝘀 𝗮𝘀 𝗻𝗼𝘀𝗮𝘀 𝗱𝗲𝗺𝗮𝗻𝗱𝗮𝘀:

AO PLENO DO CONCELLO DE ___________________________________________________

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

A vivenda é hoxe, si non o máis importante, un dos máis importantes factores de exclusión social.

Ano tras ano hai en Galiza centos de desafiuzamentos que son centos de dramas persoais que afectan máis aos colectivos máis vulnerables.

É tamén un dos factores, xunto coa precariedade laboral que explican as dificultades da xente moza para emanciparse e iniciar proxectos vitais autónomos.

Si no 2008 o pinchado da burbulla inmobiliaria foi debido ao mercado bancario das hipotecas, a crise da vivenda actual é debida á burbulla dos alugueiros que levan subindo continuamente nos últimos anos, concretamente un 25% nos últimos 5 anos nas principais cidades galegas.

Esta burbulla non é máis que o resultado de medidas concretas que os gobernos tomaron para facer atractivo o investimento no mercado inmobiliario xunto coa ausencia de políticas públicas de vivenda.

Esta espectacular suba dos prezos da vivenda é unha transferencia directa de rendas da clase traballadora a unha clase rentista liderada por bancos e fondos voitre e supón unha enorme perda de poder adquisitivo da xente do común.

Ante a imposibilidade de acceder a unha hipoteca e mesmo a un alugueiro no mercado libre moitas persoas están a demandar vivenda pública con prezos sociais, algo que podería servir, ademais de darlle solución a moita xente, para regular os prezos do mercado libre.

A pesar de ser coñecedora desta realidade, as administracións desoen as peticións das máis de 11.000 solicitudes que están a demandar no Rexistro Oficial unha vivenda pública.

Dende a chegada do PP ao goberno galego a Vivenda de Protección Oficial de Promoción Pública frearon en seco.

Así, pasouse de iniciar 2.965 vivendas en 2010 a unha media anual de 67 vivendas de protección nos últimos 6 anos, unha cantidade a todas luces insuficiente para dar solución ás demandas da cidadanía dun dereito tan básico.

A vivenda pública propiedade da Xunta de Galicia está estancada dende hai moitos anos e non se percibe ningunha intención, a pesar da gravidade da situación, do goberno galego de mudar a tendencia.

Pero os concellos tampouco asumen a súa responsabilidade e brillan pola súa ausencia os concellos nos que se aposte por políticas públicas de vivenda que garantan o dereito constitucional a unha vivenda digna.

Este Concello é un exemplo, a vivenda pública está ausente da xestión do noso municipio.

Temos que soportar ademais que despois de rescatar os activos tóxicos inmobiliarios dos bancos, asumindo unha débeda que pasa a ser pública de 35.000 millóns de euros, estas vivendas non se utilicen para crear ese parque de vivenda pública imprescindible para dar solución a miles de persoas, sobre todo mozas, e para regular os prezos dun mercado desbocado.

Isto é unha estafa para os que demandan vivenda a través do Rexistro Oficial, para os que xa non a demandan por esa canle porque xa non confían en que por esa vía chegue solución, e para a cidadanía que sofre as consecuencias dunhas políticas enfocadas ao negocio e non a defender o dereito á vivenda.

Neste contexto de suba intolerable da inflación o incremento dos prezos da vivenda é unha ameaza que empuxa a moita xente á pobreza e exclusión social.

Urxe tomar medidas que aposten polos dereitos das persoas e se abandonen as que apoian a vivenda como negocio especulativo.

Por iso o Grupo Municipal do _________________________ propón o seguinte acordo plenario:

O Concello de ________________________ :

1) Comprométese a elaborar e aplicar un plan municipal de vivenda pública que estimule o incremento/creación dun parque público de vivenda cos obxectivos de dar solución ás persoas que non teñan garantida unha vivenda digna no mercado libre e tamén como elemento regulador dos prezos no municipio.

2) Demanda á FEGAMP, e á Xunta de Galicia a que en coordinación con este Concello se sumen a este plan e apoien a aposta pola vivenda pública de tal xeito que se satisfaga cando menos a demanda que consta no Rexistro Oficial de Demandantes e coa conseguinte territorialización.

3) Esixe ao Goberno español que dispoña das vivendas pertencentes á SAREB para incorporalas ao parque público de vivenda en alugueiro social.

4) Comprométese a aplicar políticas fiscais que graven a vivenda baleira de grandes posuidores.

5) Procurará anticiparse ás situacións de desafiuzamento para evitalas, pero en última instancia garantirá alternativa residencial a calquera veciña ou veciño que sufra un desafiuzamento.

𝗦𝗲𝗻 𝗺𝗮́𝗶𝘀, 𝗮𝗴𝗮𝗿𝗱𝗮𝗺𝗼𝘀 𝗮 𝗺𝗮𝗶𝗼𝗿 𝗽𝗮𝗿𝘁𝗶𝗰𝗶𝗽𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗽𝗼𝘀𝗶𝗯𝗹𝗲 𝗻𝗲𝘀𝘁𝗲 𝗲𝘀𝗽𝗮𝘇𝗼 𝗱𝗲 𝗹𝗼𝗶𝘁𝗮! 𝗦𝘂́𝗺𝗮𝘁𝗲 𝗰𝗼𝗻𝗻𝗼𝘀𝗰𝗼!!

Texto da Moción en diferentes formatos: pdf | docx | odt |


MOVEMENTO GALEGO POLA VIVENDA PÚBLICA

movgalegopolavivendapublica@gmail.com

https://www.facebook.com/MovGalVivenda/

https://mobile.twitter.com/MovGalVivenda


Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra - Stop Desafiuzamentos
→ Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com
→ Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/
→ No facebook
facebook Stop Desafiuzamentos Ferrol Terra

Todos os luns (Menos festivos), vemo-nos en Caranza, pola tarde entre as 5 e as 7 da tarde, no local da Asociación Fuco Buxán (Local Social Tino Deibe, Rúa Armada Española, 32 Baixo). Estamos xente de Stop Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra. se queres participar achega-te! - No caso de Urxencia chama ao 645158113
_______

sábado, outubro 09, 2021

Ante as reclamacións da Xunta de pagamentos indebidos da RISGA (simultáneo co IMV), alentamos a todas aquelas que recibiron notificacións que presenten recurso - Modelo


Recorre ante as reclamacións da Xunta de pagamentos indebidos da RISGA

A pandemia orixinada pola COVID-19 deteriorou, aínda máis, as condicións de vida de moitas persoas que xa andabamos nas periferias. En xuño de 2020, con gran rebumbio, o goberno de España aprobou o Ingreso Mínimo Vital (IMV). Unha medida anunciada con gran balbordo, mais camiño do ano e medio de andaina a pobreza segue marcando con crueza a vida cotiá de cada día máis xente. Contías miserentas, demoras, resolucións incomprensibles, denegacións, restricións... fixeron que esta nova faragulla engadira novos sufrimentos para aquelas que trataban de apañar uns poucos euros con esta prestación.

Na Galiza a RISGA é incompatible coa percepción do IMV. Moitas "risgueiras" que solicitaron o IMV e que o cobraron retroactivamente tras meses de agarda alucinaron ao recibiren notificacións nas que a Xunta reclamáballe a devolución de miles de euros cobrados -indebidamente- pola RISGA. Segundo apunta o xornal Praza agora a Xunta de Galicia "vén de lanzar a reforma, pero nun proceso moi inicial: unha consulta pública aberta dende este 30 de setembro e ata o 14 de outubro no que bosquexa cales son as intencións da modificación. En esencia, adaptar a Risga ao IMV sen explicitar se contempla ou non facer compatibles ambas prestacións".

Nada agardamos da Xunta que leva décadas tratando de maquillar a realidade con políticas sociais miserentas. Por iso alentamos a todas aquelas que recibiron notificacións nas que a consellería reclama cobros indebidos que presenten o seguinte recurso. Na ODS-Coia levamos anos reclamando a posta en marcha de medidas transformadoras como a Renda Básica das iguais. Entendemos que xa é intre de superar faragullas e garantir o dereito a unha vida digna para todas.

--
OFICINA DEREITOS SOCIAIS - COIA (ODS-Coia)
odscoia.arkipelagos.net | odscoia@riseup.net |@odscoia | tel: 696 618 732 - 679 758 663. | Estamos os luns de 10h00 a 12h00 en Coia, nos locais da parroquia do Cristo da Vitoria (rúa Baiona 9, Vigo)

Modelo de Recurso. | Acceder/Baixar.


Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra - Stop Desafiuzamentos
→ Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com
→ Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/
→ No facebook
facebook Stop Desafiuzamentos Ferrol Terra

Todos os luns (Menos festivos), vemo-nos en Caranza, pola tarde entre as 5 e as 7 da tarde, no local da Asociación Fuco Buxán (Local Social Tino Deibe, Rúa Armada Española, 32 Baixo). Estamos xente de Stop Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra. se queres participar achega-te! - No caso de Urxencia chama ao 645158113


Enviado por:
Oficina Dereitos Sociais - Coia
-dereitossociais@gmail.com-
9 de outubro de 2021 10:01

_______

sábado, outubro 02, 2021

Presentamos e rexistramos a proposta alternativa ao Goberno en materia de dereito á vivenda - Máis de 150 entidades e 9 grupos parlamentarios esixen a Lei de garantía do dereito á vivenda digna e adecuada - Vídeo


A Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra - Stop-Desafiuzamentos, é unha das entidades que amosaron o seu apoio á iniciativa duna proposta de
Lei de Garantía do Dereito á Vivenda Digna e Adecuada.

Presentamos e rexistramos a proposta alternativa ao Goberno en materia de dereito á vivenda

Máis de 150 entidades e 9 grupos parlamentarios esixen a Lei de garantía do dereito á vivenda digna e adecuada


Esta Proposta de Lei foi elaborada por organizacións da sociedade civil que levan moitos anos traballando sobre o terreo a problemática da vivenda ante a falta de solucións e a escaseza de recursos por parte da administración pública, e conta co respaldo de máis de 120 organizacións de todos os ámbitos: sociais, sindicais, xuvenís, de pensionistas, de consumidores...

A nosa Lei de Garantía do Dereito á Vivenda Digna e Adecuada afronta os diferentes aspectos que se deben abordar si quérese garantir o Dereito á Vivenda e resolver a crise residencial que se arrastra no conxunto de nacións e pobos do Estado.

Para o seu rexistro, contamos co apoio dos partidos políticos Unidas Podemos, ERC, EH-Bildu, JuntsxCat, Máis País, CUP, Compromís, Nova Canarias e BNG, que comprometeron coas súas firmas o apoio tanto a esta lei, como ás medidas que contén.

Un paso adiante fronte ao bloqueo do PSOE

Pero esta lei non xorde dun conflito entre socios, senón dun conflito social que enfronta a poderosos lobbies financeiros e inmobiliarios que ven na vivenda unha forma de especulación e enriquecemento, co resto da sociedade: nos primeiros 6 meses de 2021 levamos acumulados

22.532 desafiuzamentos malia as medidas especiais de protección pola pandemia confirmando o carácter sistémico da urxencia residencial que sufrimos no Estado. Precisamente é un dos estados do mundo nos que as familias destinan maior proporción dos seus ingresos a pagar o alugueiro por mor das desproporcionadas subidas durante os últimos seis anos, feito que xerou un empobrecemento sistémico nos fogares inquilinos.

Por todo iso, as organizacións que defendemos a vivenda damos un paso adiante e rexistramos esta lei para garantir a protección do Dereito á Vivenda. Este xesto facémolo acompañadas dunha gran maioría social representada a través de máis de 120 organizacións sociais, sindicais, xuvenís, de pensionistas, de consumidores... en definitiva cunha transversalidade tan ampla como o é este Dereito.

O contido da lei

Esta lei desenvólvese en cumprimento dos compromisos internacionais do Estado en materia de Dereitos Humanos, así como do propio mandato constitucional, para garantir o Dereito á Vivenda e eliminar as trabas que impiden por centos de miles de cidadás o acceso a unha vivenda adecuada e digna.

A Lei que rexistramos hoxe se estrutura en nove títulos, cun total de 94 artigos, nos que se establecen as bases para facer efectivo o dereito á vivenda. Como aspectos fundamentais:

✔ Establécese o Dereito á Vivenda como dereito subxectivo exixíbel para asegurar a súa protección, e establécense novas garantías xudiciais moi definidas para evitar o abuso de Dereito contra os habitantes susceptíbeis de desafiuzamento, o que foi condenado reiteradamente polos Tribunais de Xustiza Europeos e o Comité DESC de Nacións Unidas.

✔ En materia de desafiuzamentos, a lei prohibe os desafiuzamentos a persoas ou familias vulnerables mentres non haxa garantía dun realoxo digno e adecuado, e obriga aos grandes propietarios a facer alugueiros sociais como opción prioritaria ante o desafiuzamento. Prohíbense expresamente os desafiuzamentos con data aberta e se lexislan diferentes medidas para evitar o sobre endebedamento, como son a dación en pago e limítase a responsabilidade ao ben hipotecado incluíndo maior selectividade a unha segunda oportunidade e lograr deixar atrás a lei hipotecaria inxusta que se levou por diante o soño de miles de familias e das súas avalistas.

✔ En materia de alugueiros, a lei presentada, complementa unha regulación dos alugueiros flexíbel en base a un índice de mercado co obxectivo de limitar e baixar o prezo das rendas para que supoñan un custo asumible para a maioría da poboación. Así mesmo, a renovación automática e obrigatoria dos contratos de arrendamento a condición de que a inquilina cumpra coas súas obrigas e o arrendador non precise da vivenda para goce propio ou dun familiar. Os honorarios, serán sempre a cargo da parte arrendataria.

✔ No ámbito do sinfogarismo, a Lei establece o Dereito á Vivenda como Dereito subxectivo e garante a protección inmediata en aloxamentos adecuados para toda persoa que caia ou se atope en situación de sinfogarismo.

✔ En canto ao parque de vivenda pública, co obxectivo de protexelo e amplialo prohíbese a súa venda e fíxase un obxectivo de solidariedade urbana do 20% antes do ano 2050 para mobilizar vivenda mediante diferentes ferramentas como son a cesión obrigatoria, o tenteo e retracto de grandes propietarios como pode ser a SAREB e entidades financeiras rescatadas con diñeiro público en 2009.

✔ Así mesmo garántese o acceso a subministracióna básicos, creando unha tarifa social e prohibindo os cortes de auga, luz ou gas a persoas en exclusión residencial.

✔ Para finalizar a Lei desenvolve a participación cidadá en políticas de vivenda e abórdase o réxime de control e sancionador para desenvolver as diferentes medidas explicadas.

Este conxunto de medidas estruturais son necesarias para revertir un modelo anti social de vivenda baseado no trasgase sistemático de diñeiro público a petos privados, sen xerar ningún valor ao patrimonio público (a libre especulación) que levou a decenas de miles de persoas a perdelo todo ante a inacción dos diferentes Gobernos.

Neste momento e cos apoios parlamentarios que xa se comprometeron a apoiala, só a negativa do PSOE impide que o Dereito á Vivenda pase a estar protexido con todas as garantías.

Agradecemos aos partidos asinantes o seu compromiso para defender dentro do Congreso a aprobación desta Lei de Garantía do Dereito á Vivenda, e esiximos ao PSOE que se poña tamén ao lado da cidadanía e achaie o camiño para a aprobación desta Lei, comezando por axilizar o seu paso pola Mesa do Congreso e por dar luz verde votando Si á súa toma en consideración.

Pola nosa banda desde hoxe mesmo comezamos a organizarnos para redobrar a presión e mobilizar á poboación xeral para conseguir este obxectivo e garantir o acceso a unha vivenda digna, adecuada, alcanzábel e accesíbel.

Pode-se!

Consulta a Lei e a campaña en iniciativaleyvivienda.com.

Fonte: PAH.


Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra - Stop Desafiuzamentos
→ Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com
→ Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/
→ No facebook
facebook Stop Desafiuzamentos Ferrol Terra

Todos os luns (Menos festivos), vemo-nos en Caranza, pola tarde entre as 5 e as 7 da tarde, no local da Asociación Fuco Buxán (Local Social Tino Deibe, Rúa Armada Española, 32 Baixo). Estamos xente de Stop Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra. se queres participar achega-te! - No caso de Urxencia chama ao 645158113

_______

luns, agosto 30, 2021

Comeza en Ferrol o programa 'Vivendas para a inclusión de persoas sen fogar' - Con este proxecto dáse luz verde a dúas vivendas de transición á vida autónoma para persoas usuarias do albergue municipal ou que veñan derivadas da mesa técnica de atención a persoas sen fogar


A boa vontade e o importante traballo social da asociación "Provivenda", contrasta coa mala política en vivenda do goberno municipal de Ferrol. O que non di o Alcalde Ángel Mato e a concelleira de Benestar Eva Martínez, que en Ferrol o Concello, ten un parque municipal de 1.000 vivendas públicas protexidas, con máis de 100 vivendas baleiras tapiadas e cada vez que unha inquilina entrega a chave, unha cuadrilla municipal corre a tapiar a porta da vivenda, independentemente de que esta vivenda que queda baleira estea ou non en condicións de habitabilidade. Mentres un centenar de persoas segue agardando desde hai unha década nunha lista municipal, para que se lle adxudique unha desas vivendas. Mais benvinda sexa a iniciativa se pode paliar os problemas de vivenda dalgunha persoa sen fogar.

Grazas ao financiamento do Concello de Ferrol, a Asociación Provivienda pon en marcha o programa "Vivendas para a inclusión de persoas sen fogar".

Con este proxecto dáse luz verde a dúas vivendas de transición á vida autónoma para persoas usuarias do albergue municipal ou que veñan derivadas da mesa técnica de atención a persoas sen fogar. Estas vivendas darán resposta a oito persoas que accederán a unha vivenda compartida con acompañamento profesional para continuar avanzando no seu proxecto de vida a través dun aloxamento estable.

O Concello de Ferrol aposta polo labor de Provivienda para dar resposta ás necesidades das persoas en situación de rúa ou vulnerabilidade residencial dende o dereito á vivenda.

A Asociación Provivenda en Galicia poñerá en marcha o programa "Vivendas para a inclusión de persoas sen fogar" cun triplo obxectivo:
  • Facilitar o acceso a unha vivenda autónoma para persoas en situación de sinfogarismo.
  • Ofrecer un alugueiro seguro e cómodo ás persoas que teñan vivenda en propiedade.
  • Impulsar o dereito á vivenda.
A firma do convenio levouse a cabo hoxe 27 de Agosto, coa concelleira de Benestar Social Eva Martínez e o alcalde de Ferrol Ángel Mato. Trátase dun proxecto de continuidade para o que Provivenda contará con financiamento ata finais do 2022.

Para o desenvolvemento do proxecto Provivenda conta co apoio de Emaús Fundación Social dentro da alianza existente entre ambas as entidades en Galicia.
Aluguer con valor social

Desde hai 31 anos traballamos para que, ademais dun valor económico, as vivendas teñan valor social, porque non é unha mera transacción comercial, é contribuír a que o lugar no que vivimos sexa máis xusto, máis digno e respectuoso cos dereitos de todas as persoas.

Para as persoas propietarias son moitos os incentivos de alugar a súa vivenda con Provivenda:
  • Realizamos o inventario fotográfico do inmóbel.
  • Formalizamos o contrato de arrendamento.
  • Garantimos a cobranza da renda de alugueiro.
  • Contratamos un seguro multirrisco do fogar, abonando o seu custo durante o primeiro ano do contrato.
  • Xestionamos e abonamos o Certificado de Eficiencia Enerxética.
  • Proporcionamos axudas para a adecuación da vivenda.
  • Facilitamos o asesoramento, mediación e seguimento durante toda a vixencia do contrato.

✅ PARA PROPIETARIAS DE VIVENDA PARA ALUGAR:
Si queres alugar a túa vivenda en Ferrol, escribe a  pinoro@provivienda.org o llama al 627 350 763.


Fonte: Asociación Provivenda en Galicia.

Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra - Stop Desafiuzamentos
→ Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com
→ Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/
→ No facebook
facebook Stop Desafiuzamentos Ferrol Terra

Todos os luns (Menos festivos), vemo-nos en Caranza, pola tarde entre as 5 e as 7 da tarde, no local da Asociación Fuco Buxán (Local Social Tino Deibe, Rúa Armada Española, 32 Baixo). Estamos xente de Stop Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra. se queres participar achega-te! - No caso de Urxencia chama ao 645158113

_______

domingo, xuño 06, 2021

O Movemento polo Dereito á Vivenda organiza unha xornada de debate, na tarde do xoves, 10 de xuño, no Salón de Actos da Deputación Provincial de Lugo, co título 'Alternativas Residenciais para as persoas maiores: os coidados á pequena escala' - Programa - Inscripción


O Movemento polo Dereito á Vivenda organiza unha xornada de debate, na tarde do xoves, 10 de xuño, no Salón de Actos da Deputación Provincial de Lugo, co titulo "Alternativas Residenciais para as persoas maiores: os coidados á pequena escala". 

Dende o Movemento polo Dereito á Vivenda preocupa-nos a situación habitacional e residencial das persoas maiores. Pensamos que unha sociedade humana, un estado social e de dereito debe ter como un dos bens máis prezados ás persoas maiores e as crianzas; e polo tanto deberían dispoñer de fogares, de recursos de proximidade e axeitados ás súas características e demandas. Neste momento nin as persoas maiores nin as familias poden decidir onde desexan ser coidados. Encontrámonos con un sistema orquestrado para que os fondos de inversión sexan os provedores dos coidados onde o valor principal é o ánimo de lucro tal e como así consta no Rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais da Xunta de Galicia.
 
Dende o Movemento polo Dereito á Vivienda queremos estrear a nosa actividade con esta charla coa intención de crear debate social sobre un tema de vital importancia que son os coidados.

Inscrición:
 
As xornadas serán presenciais polo que cando vos apuntedes, debido a situación de prevención de Covid-19, deberedes enviar un correo electrónico cos datos do DNI e o teléfono (cultura@deputacionlugo.gal ou dereitoavivenda@gmail.com)

Agardamos sexan do voso interese.

PROGRAMA


ALTERNATIVAS RESIDENCIAS PARA AS PERSOAS MAIORES: OS COIDADOS A PEQUENA ESCALA

Lugar: Salón de actos da Deputación de Lugo (Pazo de San Marcos).
Dia: Xoves 10 de xuño de 2021.

✅ 16:00 hs. ✒ Presenta Patricia López Iglesias, presidenta do Movemento polo Dereito a Vivenda.

✅ 16:30 hs. ✒ Colexio de Traballo Social. Estela Martinez Villalba: ”A persoa maior, des-poboacion, des-arraigo, des-coidados".

✅ 17:00 hs. ✒ Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia. Paula Varela Costa: “Diversidade funcional e alternativas habitacionais ao longo da vida".

✅ 17:30 hs. ✒ Maria Dolores Vega Fernández: “Reflexións dunha coidadora".

✅ 18:00 hs. ✒ Raimundo Mateos, psiquiatra no SERGAS e profesor da USC. Foi presidente da Sociedade Española de Psicoxeriatría (SEPG) e logo presidente da Sociedade Internacional de Psicoxeriatría (International Psychogeriatric Association - IPA): ”A saúde mental nas residencias de maiores".

✅ 18:30 hs. ✒ Xosé Carreira Montes, arquitecto e profesor da UDC: ”Unha visión dende a arquitectura e urbanismo dos modelos residenciais".

✅ 19:00 hs. ✒ Xoán Antón Pérez Lema, avogado: "A necesidade dunha fonda remuda na atención residencial da terceira idade".

✅ 19:30 hs. ✒ Sagrario Fernández Méndez. Traballadora social de saúde: “Por un minifundio para os coidados".

Aforo limitado. Reservas no correo:

culturaadeputacionlugo@gal

dereitoavivenda@gmail.com

O Movemento polo Dereito á Vivenda no facebook. |

Relacionado:

Unha moi interesante reportaxe de Ana Liste en Praza Pública: "Á procura de alternativas ao modelo de coidados á terceira idade: ″Quen decide en Galicia é a iniciativa privada″ |  Ana G. Liste @BelaMistura  | sábado 5, xuño 2021 | Ir á Web.


Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra - Stop Desafiuzamentos
→ Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com
→ Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/
→ No facebook
facebook Stop Desafiuzamentos Ferrol Terra

Todos os luns (Menos festivos), vemo-nos en Caranza, pola tarde entre as 5 e as 7 da tarde, no local da Asociación Fuco Buxán (Local Social Tino Deibe, Rúa Armada Española, 32 Baixo). Estamos xente de Stop Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra. se queres participar achega-te! - No caso de Urxencia chama ao 645158113

_______

xoves, decembro 24, 2020

O Decreto Stop Desafiuzamentos sae desvirtuado fronte á emerxencia residencial; o lobby financeiro impón a dirección ao Goberno de Sánchez, amparados por Economía e Xustiza - É unha inmoralidade e un disparate que se destine diñeiro público á banca rescatada pendente de devolver 65.000 millóns e a fondos voitre e socimis, quen se permiten o luxo de non pagar impostos ao estar en paraísos fiscais ou ter un trato fiscal de favor - Mais son importantes os aspectos positivos das medidas que contén o decreto froito da mobilización social dos movimentos antidesafiuzamento e por unha vivenda digna


O Decreto Stop Desafiuzamentos sae desvirtuado fronte á emerxencia residencial; o lobby financeiro impón a dirección ao Goberno de Sánchez, amparados por Economía e Xustiza.


Unha vez analizado no BOE o Real Decreto-lei 37/2020, de 22 de decembro, de medidas urxentes para facer fronte ás situacións de vulnerabilidade social e económica no ámbito da vivenda, desde a PAH vemos, como aspectos negativos:

A curta duración da súa vixencia, só ate o fin do vixente estado de alarma. Desde a PAH sabemos que as consecuencias socio-económicas da crise sanitaria vai ser máis prolongada, por iso seguiremos insistindo que debe ter vixencia, polo menos, ate o 31-12-2021 ou ate a publicación da Lei de Vivenda Estatal que responda ás demandas da PAH.

As compensacións que se establecen para grandes administradores, quen xamais nos compensaron do rescate na crise anterior. É unha inmoralidade e un disparate que se destine diñeiro público á banca rescatada pendente de devolver 65.000 millóns e a fondos voitre e socimis, quen se permiten o luxo de non pagar impostos ao estar en paraísos fiscais ou ter un trato fiscal de favor. Non entendemos nin aceptamos esta cesión do Goberno a corporacións cuxo único obxectivo é gañar canto máis diñeiro mellor, permitindo que a vivenda sexa obxecto de especulación en lugar dun dereito con función social.

Tamén alertamos que se caeron da protección algunhas das situacións de ocupación forzosa, á que por necesidade se viron obrigadas familias vulnerábeis, a quen ningunha Administración Pública foi capaz de ofrecerlles unha alternativa de vivenda digna e adecuada, e para as que, ao contrario que para os grandes administradores, non se establece compensación algunha. As presións dos lobbies financeiro/inmobiliarios sobre os ministerios de Calviño e Campos, lograron en parte, os seus obxectivos.

Con todo, como aspectos positivos a mobilización conseguiu a prohibición dos desafiuzamentos de alugueiro, tanto por non pago como por finalización de contrato (aínda que só sexa, de momento, ate a finalización do estado de alarma), ou os de precario ou recuperación da posesión por distintas vías do artigo 250.1 LEC (civís), para persoas cuxa vulnerabilidade comezase tamén antes da pandemia. E, aínda que con algunhas lagoas este decreto garante que non poidan ser cortados os subministros básicos a moitas persoas vulnerábeis.

Desde a PAH anunciamos que seguirá habendo desafiuzamentos tras este decreto, por iso seguiremos loitando por conseguir a extensión da prohibición a todas as familias vulnerábeis sen alternativa de vivenda digna e adecuada, e cunha duración temporal suficiente como para que as Administracións Públicas dispoñan de Parque Público para poder ofrecer esas alternativas e recuperen vivenda da banca para o alugueiro social.

Empezamos xa, poñéndonos inmediatamente en contacto co Goberno para trasladar o noso absoluto rexeitamento a estas modificacións, ao obxecto de que se emenden nunha próxima corrección de erros no BOE. O contrario, será froito da presión da banca e grandes empresas ao Goberno, e vannos a ter totalmente en fronte.

Síntese xurídica do contido completo deste Decreto en materia de vivenda

1. Desafiuzamentos de alugueiros

Suspensión de desafiuzamentos. Novo prazo: desde a entrada en vigor do RDL ate o fin do estado de alarma (09/05/21). Agora, ate o 31/01/21.

Vincúlase a suspensión á prórroga do estado de alarma do RD 956/2020. Si se prorrogase unha vez máis, deberíase engadir para estender o prazo.

Clarifica por primeira vez que afecta tanto a desafiuzamentos por non pago como finalización de contrato.

Si non hai data de lanzamento, pódese pedir a suspensión da vista.

A parte demandada debe acreditar vulnerabilidade, de acordo ao artigo 5 do RDL 11/2020. O arrendatario debe acreditar ALGUNHA das situacións dos supostos das letras a) e b):

- Pase a estar en situación de desemprego (de forma extensiva, interpretamos que si xa se atopaba en paro, entra igual), ERTE, ou reduza a súa xornada por motivo de coidados, en caso de ser empresario, ou outras circunstancias similares que supoñan unha perda substancial de ingresos, cumprindo uns límites de ingresos o mes anterior.

- Que a renda do alugueiro + gastos e subministros básicos35% dos ingresos netos do conxunto da unidade familiar. Gastos e subministros básicos = subministros de electricidade, gas, gasóleo para calefacción, auga corrente, telecomunicación fixa e móbil, e contribucións á comunidade de propietarios, todos eles da vivenda habitual.

Cando o demandado acredite a súa situación de vulnerabilidade, o LAX (secretario xudicial) comunicarallo ao demandante en 10 días (2 semanas sen festivos), quen pode acreditar tamén vulnerabilidade ou risco de situarse nela.

Unha vez recollidos todos os escritos, o LAX comunicará a situación aos Servizos Sociais, quen en 10 días (2 semanas sen festivos) deberán valorar a vulnerabilidade das partes e indicar as medidas a tomar.

O xuíz, unha vez dispoña de toda a documentación do caso, deberá ditar auto acordando a suspensión si a vulnerabilidade está acreditada. Si non o está, tirará adiante co procedemento.

O auto debe indicar que unha vez deixe de estar en vigor o estado de alarma, os prazos renovaranse automaticamente.

Si acredítase a vulnerabilidade, a Administración ten que adoptar as medidas que se indiquen no informe de Servizos Sociais (haberao?) durante o prazo de suspensión (é dicir, durante o estado de alarma). Cando se adopten as medidas (pasará algunha vez?), a Administración comunicarao ao Tribunal para que levante a suspensión en 3 días.

2. Suspensión doutros desafiuzamentos.


Prazo: desde a entrada en vigor do RDL ate o fin do estado de alarma (09/05/21).

Abarca: precario, ocupación, execución de títulos xudiciais. Finalmente non entran procesos penais.

Suxeitos afectados: persoas xurídicas e persoas físicas con máis de 10 vivendas.

Redacción confusa: ...pertenzan a persoas xurídicas ou a persoas físicas titulares de máis de dez vivendas... Requírese que as xurídicas tamén sexan titulares de máis de 10 vivendas.. Loitemos para que se interprete así en Xulgados.

Persoas afectadas deben cumprir cos supostos da letra a) do art. 5 do RDL 11/2020:

- Pase a estar en situación de desemprego (de forma extensiva, interpretamos que si xa se atopaba en paro, entra igual), ERTE, ou reduza a súa xornada por motivo de coidados, en caso de ser empresario, ou outras circunstancias similares que supoñan unha perda substancial de ingresos, cumprindo uns límites de ingresos o mes anterior.

O Xuíz deberá tomar a decisión ponderando as seguintes circunstancias:

- Entrada ou permanencia motivada por situación de extrema necesidade, - valorando o informe de Servizos Sociais.

- Cooperación dos ocupantes coa Administración para buscar unha alternativa.

Ademais no fogar deberá atoparse algunha persoa que cumpra co seguinte
:

- Dependente
- Vítima de violencia contra a muller
- Menor de idade

O LAX, unha vez recollida a documentación, trasladaraa ao demandante/denunciante e aos Servizos Sociais, quen deberán emitir informe en 15 días (3 semanas sen festivos).

Si a situación de vulnerabilidade queda acreditada, o Xuíz ponderará as demais circunstancias e ditará auto no seu caso acordando a suspensión do lanzamento ate a finalización do estado de alarma.

Si non se acredita a vulnerabilidade, non cumpren requisitos ou se dan outras circunstancias (que a continuación resumimos), o procedemento tira para adiante.
Durante a suspensión, a Administración deberá tomar as medidas indicadas no informe si se cumpre a situación de vulnerabilidade ou outras adecuadas para "satisfacer a necesidade residencial" da persoa e "que garantan o seu acceso a unha vivenda digna".

Circunstancias que non permiten a suspensión:

- Vivenda de persoa física que non sexa domicilio habitual ou segunda residencia.
- Vivenda de persoa xurídica cedida a persoa física para domicilio habitual ou segunda residencia.
- Entrada ou permanencia consecuencia de delito.
- Indicios racionais de que se están realizando actividades ilícitas (narco-pisos, proxenetismo...).
- Ocupación posterior á entrada en vigor do RDL.
- Vivendas públicas ou privadas destinadas a vivenda social.

3. Compensación para arrendadores (pequenos e grandes administradores) afectados pola suspensión do desafiuzamento.

Só se poderá pedir compensación si a Administración non tomou as medidas do informe de Servizos Sociais en 3 meses.

Valor medio de alugueiro de vivenda na contorna (vía índices de referencia ou outros criterios obxectivos).

Súmanse gastos correntes acreditados (IBI, subministros, comunidade...).

Compensación desde a suspensión ata a súa levantamento ou fin do estado de alarma. Non ate a data do desafiuzamento.

Si o prezo medio do alugueiro é superior á renda do alugueiro, compensarase coa renda do alugueiro.

Non distingue entre pequenos ou grandes administradores.

A solicitude poderá realizarse ate 1 mes despois do fin do estado de alarma e o arrendador deberá presentar escrito coa cantidade adecuada de acordo ao comentado antes.

Compensación a cargo do Plan Estatal de Vivenda 2018-2021 e xestionada polas CCAA.

4. Compensación para propietarios dos demais casos (ocupación).

Só se poderá pedir compensación si a Administración non tomou as medidas do informe de Servizos Sociais en 3 meses.

Só se poderá pedir compensación si o propietario acredita que a suspensión do lanzamento supuxo un prexuízo económico ao atoparse a vivenda ofertada en venda ou alugueiro antes da entrada no inmóbel dos ocupantes.

Valor medio de alugueiro de vivenda na contorna (vía índices de referencia ou outros criterios obxectivos).

Súmanse gastos correntes acreditados (IBI, subministros, comunidade...).

Compensación desde a suspensión ate o seu levantamento ou fin do estado de alarma. Non ate a data do desafiuzamento.

A solicitude poderá realizarse ate 1 mes despois do fin do estado de alarma e o arrendador deberá presentar escrito coa cantidade adecuada de acordo ao comentado antes.

Compensación a cargo do Plan Estatal de Vivenda 2018-2021 e xestionada polas CCAA.

Texto baseado no enviado pola PAH. | 23.12.2020

#DecretoStopDesafiuzamentos

Documentación:

✔ Real Decreto-lei 37/2020, de 22 de decembro, de medidas urxentes para facer fronte ás situacións de vulnerabilidade social e económica no ámbito da vivenda. | Ir ao BOE.

✔ Artigo 5. Definición da situación de vulnerabilidade económica a efectos de obter moratorias ou axudas en relación coa renda arrendaticia da vivenda habitual, do Real Decreto-lei 11/2020, de 31 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes complementarias no ámbito social e económico para facer fronte ao COVID-19 | Ir ao BOE.

---
Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra - Stop Desafiuzamentos
→ Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com
→ Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/
→ No facebook
facebook Stop Desafiuzamentos Ferrol Terra

Todos os luns (menos festivos), vemo-nos en Caranza (Ferrol), entre as 5 e 7 da tarde, no local da Fuco Buxán A.C. (Local Social Tino Deibe, na Rúa Armada Española, 32 Baixo). | Se queres participar achega-te! | POLO DE AGORA MENTRES DURE O TEMPO DE CONFINAMENTO, POR MOR DO ESTADO DE ALARMA, NON HAI XUNTANZAS PRESENCIAIS. | Teléfono para asuntos urxentes: 645158113

_______

venres, decembro 11, 2020

O Goberno segue dando as costas aos dasafiuzamentos - ... nos primeiros nove meses deste ano, producíronse 18.138 lanzamentos, entre hipotecas, alugueiros e en precario - #DecretoStopDesafiuzamentos Xa !


O Goberno segue dando as costas aos dasafiuzamentos

PSOE segue buscando escusas e alargando o sufrimento da xente, ante a presión dos lobbies inmobiliarios e financeiros

Como denunciamos a semana pasada, en función dos datos publicados polo Consello Xeral do Poder Xudicial, nos primeiros nove meses deste ano, producíronse 18.138 desafiuzamentos, entre hipotecas, alugueiros e en precario. Datos alarmantes en plena pandemia e a pesar do confinamento que durante 3 meses freou toda a actividade xudicial.

O sufrimento de cantas familias máis necesita un goberno, que presume de progresista e de ser o máis social da historia, para facer un Decreto Stop Desafiuzamentos que pare esta alarma social? Para que valen os compromisos políticos das forzas parlamentarias no Congreso? Ou non son eles os que gobernan?

Unha vez máis, vemos que unha solución de mínimos e de xustiza social, como é deter os desafiuzamentos e os cortes de abastecemento de familias e persoas vulnerábeis, volve intentar frearse por aqueles cuxa única preocupación é maximizar os seus beneficios, sen importarlles o custo social.

Non pode ser que os bancos, fondos voitre, grandes propietarios e as enerxéticas deste país continúen ditando ao suposto goberno progresista as leis que se aproben e as que non. Quedamos-nos perplexas coa noticia de que desde o Goberno non só aprazan o #DecretoStopDesafiuzamentos, senón que encima póñenlle trabas.

É hora de escoitar e dar resposta ás familias vulnerábeis que están sendo desafiuzadas e vendo as súas subministracións básicas cortadas. Hai que deixar de lado a supostos "expertos" como o BBVA (1.258 millóns de euros de beneficio ordinario só no primeiro trimestre 2020), ao Banco Santander (1.909 millóns de euros de beneficio ordinario no primeiro trimestre 2020), a Blackstone (490 millóns de euros de beneficios no segundo trimestre 2020, un 86% máis que en segundo trimestre 2019) ou a Endesa (beneficio ordinario neto ao peche de setembro 2020 de 1.700 millóns de euros, cun crecemento do 38,4%). As cifras demostran en que son expertos en realidade.

Quedamos-nos perplexas coas noticias que chegan, que desde o Goberno non só aprazan o #DecretoStopDesafiuzamentos, senón que encima póñenlle trabas. Nada xustifica que non gobernen para atender e amparar ás persoas vulnerábeis e en precario, que son desafiuzadas sen alternativa de vivenda. Nada xustifica que sigan poñendo vidas en xogo, como a da persoa falecida fai só cinco días en Collado Villalba. Vemos só parches para eludir a súa responsabilidade e compromiso, atendendo máis aos intereses de quen provocan esta situación que ao sufrimento das familias.

Sinalamos por iso a este goberno como cómplices de que se queden atrás miles de persoas, botándoas á rúa tal e como reflicten os últimos datos do CGPX e os desafiuzamentos practicados. O Goberno deber recordar que TODOS os desafiuzamentos que se están producindo nestes momentos son responsabilidade directa súa, xa que é a súa falta de vontade política para aprobar unha verdadeira moratoria o que os permite.

Xa denunciamos cando as anteriores medidas tomadas polo Goberno deixaron fóra a moratoria no pago das hipotecas, o que levará parello dentro dun ano un incremento considerábel na cifra de desafiuzamentos por este motivo, por non pago e máis endebedamento non asumíbel.

O Goberno debe empezar a estar á altura e sumarse aos esforzos diversos que, día a día, conflúen para paralizalos. Como o das 31 familias da Pobla de Vallbona (Valencia). Sen eles desaloxou-se das súas vivendas a 94 persoas: é necesario o Decreto, que non pase nin un día máis. Non se pode consentir, por exemplo, que BBVA-Divarian-Cerberus-Haxa desafiuzaren a bloques enteiros. É necesaria unha clara determinación fronte a esta confabulación superagresiva do capital, imperturbábel cos 25 menores, 3 discapacitados e unha compañeira embarazada. É momento de dar pasos, e non só este de paralizar os desafiuzamentos, senón de ofrecer alternativas: obrigar a banca rescatada, Bankia, Sareb e fondos a xerar o necesario parque público.

A estas alturas, non se entenden as dúbidas xurdidas por parte do PSOE, aínda que entran dentro da súa lóxica política e capitalista. Meses han ter para liquidar esta situación e o urxente non pode esperar máis. A todos os partidos que apoiaron o documento #DecretoStopDesafiuzamentos da PAH (Máis País, Compromís, Unidas Podemos, BNG, EH ildu, CUP, Junts per Catalunya, Esquerra Republicana de Catalunya, Nova Canarias) pedímos-lles que, como se comprometeron, condicionen a aprobación dos orzamentos á aprobación dunha verdadeira moratoria.

Tendo en conta todo o que vimos expresando, esiximos que sexa aprobado no próximo Consello de ministros, do día 15 de decembro, o #DecretoStopDesafiuzamentos e que non se queden atrás máis familias polos efectos da crise económica que está provocando a sanitaria.

A PAH estará vixiante e mobilizada e non permitirá máis atrasos nin recortes no texto xa acordado.

Fonte: A PAH | 10/12/2020.

#DecretoStopDesafiuzamentos

---
Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra - Stop Desafiuzamentos
→ Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com
→ Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/
→ No facebook
facebook Stop Desafiuzamentos Ferrol Terra

Todos os luns (menos festivos), vemo-nos en Caranza (Ferrol), entre as 5 e 7 da tarde, no local da Fuco Buxán A.C. (Local Social Tino Deibe, na Rúa Armada Española, 32 Baixo). | Se queres participar achega-te! | POLO DE AGORA MENTRES DURE O TEMPO DE CONFINAMENTO, POR MOR DO ESTADO DE ALARMA, NON HAI XUNTANZAS PRESENCIAIS. | Teléfono para asuntos urxentes: 645158113

_______

martes, maio 19, 2020

Ingreso Mínimo Vital: Unha primeira valoración, ... Por Carlos Victoria Lanzón - ... as súas claves - Contía, requisitos, compatibilidades, ...


O ingreso mínimo vital: unha primeira valoración

Por Carlos Victoria [*]
19.05.2020


A día de hoxe, e pese a calquera incerteza que poida persistir en torno á súa duración e magnitude, é innegábel que os efectos da crise do coronavirus (COVID-19) sobre o crecemento e o emprego serán considerábeis e faranse patentes ao longo de, polo menos, todo o ano 2020, cunha caída do PIB que alcanzarán os dous díxitos e unha destrución de emprego elevada e, sobre todo, moi concentrada no tempo. Con máis de 7 millóns de persoas cubertas por diversas medidas de sostemento de rendas, acelerouse a posta en marcha, por parte do Goberno, dun sistema de renda mínima estatal, baixo a denominación de "Ingreso Mínimo Vital" (IMV).

En España, tal e como sinalou a Autoridade Independente de Responsabilidade Fiscal (AIReF) no seu informe sobre rendas mínimas, o sistema de garantía de ingresos está moi fragmentado, cubríndose distintas necesidades mediante diversas prestacións xestionadas polo Estado (por exemplo, a prestación por fillo a cargo), as Comunidades Autónomas (fundamentalmente a través das rendas mínimas, sobre as que pivota o sistema) e os concellos. Aos grandes problemas das prestacións do goberno central (a súa ulterior fragmentación, a súa baixa contía e o feito de que deixan fóra do sistema a determinadas categorías da poboación) súmanse uns evidentes problemas de desigualdade territorial, derivados da diferente evolución do gasto entre CC. AA. e dunhas cuantías e índices de cobertura moi baixos nalgunhas delas. Desde fai varios anos, como consecuencia da baixa cobertura do sistema de protección social, tanto estatal como autonómico, veuse contemplando o establecemento dunha prestación de ingresos mínimos no ámbito da Seguridade Social.
A pobreza e a exclusión social distan de ser fenómenos conxunturais
O desenvolvemento dunha prestación deste tipo, prevista desde 2015 nos distintos programas electorais tanto do Partido Socialista como de Unidas Podemos, foi incluído no acordo de goberno entre ambos partidos, aínda que no seu momento non se suscitou como algo inminente. Con todo, a situación de forte crise económica na que nos atopamos provocou que se adiante o seu deseño definitivo e implantación. Así, ao longo destas semanas, xerouse un intenso debate non só sobre a oportunidade, senón tamén sobre a natureza dun sistema deste tipo.

Por exemplo, discutiuse, ate dentro do propio Goberno, si a prestación debía nacer como unha "renda ponte" de carácter temporal, ao estilo das "rendas de emerxencia" para facer fronte á crise do COVID-19 defendidas por algúns autores, ou si debía ser desde o principio un esquema permanente. Ademais, xerouse una certa confusión (en ocasións, deliberadamente buscada) entre o IMV e outros sistemas de rendas públicas. Por unha banda, volveu a rexurdir o debate sobre a "renda básica universal", pese a que esta, básica e universal como o seu propio nome indica, sería máis un "punto de referencia normativo" no ámbito da filosofía política que un instrumento de política pública económica e politicamente factíbel. Tamén se aproveitou para atribuír a defensa do IMV a quen, como Luís de Guindos, soamente defenderon unha "renda de pandemia" claramente temporal.

Con todo, o feito de que o debate avivouse durante estas semanas non debería supoñer unha vinculación entre a crise actual e o IMV. Por unha banda, non parece poder adaptarse áxilmente ás urxentes necesidades actuais de quen perderon o traballo ou sufriron graves minguas de ingresos pola crise. Por outra, a necesidade dunha rede última de seguridade económica que ofreza protección aos fogares cuxos recursos son insuficientes, é (ou debería ser) independente da situación excepcional de crise económica na que nos atopamos.

De feito, a pobreza e a exclusión social distan de ser fenómenos coxunturais no noso país, como leva mostrando a Enquisa de Condicións de Vida do INE desde fai anos. En 2018, último ano para o que temos datos, unha de cada catro persoas en España atopábase en risco de pobreza ou exclusión social: é dicir, tiveron ingresos inferiores ao 60% da renda mediana, viven en fogares con carencia material severa (non poden facer fronte a unha serie de gastos considerados básicos) ou en fogares con moi baixa intensidade de traballo, derivada da parcialidade laboral ou de traballar de xeito intermitente ao longo do ano. Esta situación é especialmente grave no caso dos fogares monoparentais, cun ou máis menores dependentes, o 82% dos cales está encabezado por unha muller.

Pese a todo este debate, ate fai uns días, só coñeciamos certa información sobre a medida a través das entrevistas e comparecencias dos diferentes membros do Goberno. Con todo, se ira-se coñecendo, por medio da prensa, detalles do contido dun borrador do Real Decreto-lei que regulará esta prestación, que o Goberno prevé que se atope lista no mes de xuño.
Contía: entre un mínimo de 462 e un máximo de 1.015 euros por unidade de convivencia
De momento coñecemos o seu contía base provisional, de 462 euros, algo máis do 80% do IPREM, o que sitúa ao IMV na órbita dos programas de rendas mínimas autonómicas. Tamén sabemos que se concederá á "unidade de convivencia", variando a súa cuantía en función da estrutura desta (é dicir, en función do número de persoas adultas e menores que compoñan o fogar), até alcanzar un máximo de 1.015 euros para fogares con dúas persoas adultas e máis de dous menores. Segundo os cálculos do Goberno, beneficiaranse do IMV o 20% da poboación en situación de pobreza severa, aproximadamente un millón de fogares (tres millóns de persoas), cun custo para as contas públicas duns 3.000 millóns de euros, un cuarto de punto de PIB. A súa cantía obrigaría, especialmente nas circunstancias actuais e dado que se trata dun incremento de gasto permanente, a "encadrar a súa posta en marcha nun plan orzamentario a medio prazo que permita compensar o incremento estrutural de gasto", como recomendaba a AIReF no seu informe sobre rendas mínimas.
Compatíbel e desexábel con ingresos adicionais
Por outra banda, o nivel destes limiares será unha peza crave do deseño, porque determinarán en gran medida a elixibilidade: de momento, sábese que o IMV cubrirá "a diferenza existente" entre os ingresos da unidade de convivencia e "o importe máximo da prestación". Isto, unido ao feito de que esta foi deseñada de tal xeito que non desincentive a obtención de ingresos (prevese que o Goberno dea "un incentivo a quen obteñan a renda básica pero logren ingresos adicionais"), non deducindo a totalidade destes ingresos da contía da prestación, achega o deseño do IMV ao dun "imposto negativo" ou un "complemento salarial".
Requisito de estar buscando activamente un emprego
Ademais, fixouse como requisito indispensábel que o solicitante estea buscando de xeito activo traballo, debendo seguir un "itinerario individualizado e personalizado de inserción" que supoñerá afondar nas actividades xa contidas na Carteira Común de Servizos do Sistema Nacional de Emprego, como o diagnóstico da empregabilidade e outras medidas de políticas activas de emprego dirixidas a mellorar esta. A nivel comparado, todos os países da UE esixen a disponibilidade explícita para a procura de emprego. E é que unha das críticas máis habituais a este tipo de esquemas é precisamente que poida desincentivar a procura de emprego ou incentivar o traballo na economía mergullada.
Sancionara-se a fraude
Outro dos argumentos en contra deste tipo de prestaciones é a posibilidade de fraude (da que non está exenta ningunha axuda, por outra banda). Neste sentido, o borrador da norma prevé a posibilidade de que o Instituto Nacional de Seguridade Social (como organismo supervisor) poida levar a cabo "comprobacións, inspeccións, revisiones e verificaciones". No caso de que fose necesario, poderíase ate suspender cautelarmente a prestación e ate establecer multas e/ou devoluciones do recibido.

Finalmente, se obxeta habitualmente que os beneficiarios do IMV poidan destinar o diñeiro a gastos non considerados "necesidades básicas". Aínda que parece, segundo o borrador de Real Decreto-lei, que isto foi previsto (deberase aplicar a prestación "á cobertura das necesidades básicas de todos os membros da unidade de convivencia"), un exceso de celo no destino da axuda non só pode supoñer un problema de xestión, que obrigaría a intensas comprobaciones ex post, senón que sería o reflexo dunha filosofía un tanto paternalista respecto das persoas en situación de vulnerabilidade, que xa foi denunciada noutras ocasións.
Antecedentes
En xeral, a proposta é relativamente similar en enfoque e finalidade (e en certo xeito debedora) á iniciativa legislativa popular (ILP) que se materializou en Proposición de Lei sobre establecemento dunha prestación de ingresos mínimos no ámbito de protección da Seguridade Social, debatida ao longo da XII Lexislatura no Congreso dos Deputados e que decaeu co fin desta. Con todo, nesta nova proposta corrixíronse algúns aspectos que xa foron sinalados pola AIReF no seu informe de avaliación, cando o ministro Escrivá era Presidente deste organismo.
A articulación e a súa compatibilidade respecto das rendas mínimas autonómicas
En particular, clarificouse a súa articulación e a súa compatibilidade respecto das rendas mínimas autonómicas, aspecto que non estaba resolto e que xerou controversia xa no debate de toma en consideración da citada ILP. Neste sentido, o Deputado do Partido Nacionalista Vasco sinalaba que, aínda que a proposta se sustentaba no artigo 149.1.17.ª da Constitución (que atribúe ao Estado a competencia exclusiva sobre lexislación básica e réxime económico da Seguridade Social, sen prexuízo da ejecución dos seus servizos polas Comunidades Autónomas) producíase "un solapamento" e unha "certa desnaturalización do título competencial" recolleito no artigo 148.1.20.ª da Constitución (que sinala que as CC. AA. poderán asumir competencias en materia de asistencia social), abogando pola "existencia desta prestación" pero "no ámbito máis próximo posíbel ao cidadán".

Deste xeito, o IMV será compatíbel coas rendas mínimas autonómicas, ate o punto de que estas non computarían na determinación dos ingresos da unidade de convivencia. Isto introduciría un matiz importante respecto da ILP, non contemplado na análise da AIReF, que propoñía simplificar o sistema de rendas mínimas evitando o solapamiento entre as prestacións de diferentes administracións e que estimaba un aforro de 2.000 millóns de euros ao suprimir duplicidades, posto que contemplaba a sustitución das prestaciones existentes (nacionais e autonómicas), permitindo ás comunidades autónomas complementar a prestación tanto en términos de cobertura como de xenerosidade.
As transferencias monetarias son ferramentas útiles para facer fronte á pobreza
Para rematar, que sabemos da eficacia deste tipo de medidas? Desde unha perspectiva xeral, sabemos que as transferencias monetarias son ferramentas útiles para facer fronte á pobreza. Por outra banda, o impacto da renda mínima autonómica "canónica", a Renda de Garantía de Ingresos vasca, sobre a reincorporación ao emprego foi estudado (De la Rica y Gorjón, 2017), arroxando resultados moi positivos, constituíndo unha ferramenta efectiva para previr a exclusión social, á vez que non atrasa a incorporación ao emprego.

Finalmente, a avaliación ex ante da AIReF da ILP de rendas mínimas estimaba, para algo máis dun millón de fogares beneficiarios, unha pequena redución da desigualdade e unha redución considerábel da taxa de pobreza severa, cun custo de 7.200 millóns de euros anuais. Así mesmo, o organismo propoñía dous deseños alternativos da prestación, máis próximos á proposta actual, que, cun custo menor, de 3.500 millóns de euros, lograría alcanzar a máis fogares (1,8 millóns), reducindo máis a taxa de pobreza severa, ao estar mellor enfocada naqueles fogares de menor renda, os que se sitúan por baixo deste limiar.

En definitiva, de acordo ao que coñecemos, unha vez clarificado o deseño institucional e a coordinación do IMV co resto do sistema de rendas mínimas, estariamos falando dunha medida que podería reducir o risco de pobreza e exclusión social de centos de miles de persoas cunha eficiencia bastante alta, un custo fiscal moderado e os incentivos adecuados para transitar cara a un emprego. Recordemos que, aínda que España se atope na media da OCDE en canto á redución da desigualdade tras impostos e transferencias, atópase entre os países nos que unha menor porcentaxe de transferencias van parar ao quintil de poboación con menor nivel de renda.

Fonte: HayDerecho  (Por unha conciencia cívica) | . | Comentarios. 19.05.2020.

[*] Carlos Victoria Lanzón é economista. Máster en Economía e Financias polo Centro de Estudos Monetarios e Financeiros (CEMFI), actualmente é consultor de Traballo e Protección Social no Banco Mundial e Research Economist en Esade EcPol.
---

Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra - Stop Desafiuzamentos
→ Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com
→ Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/
→ No facebook
facebook Stop Desafiuzamentos Ferrol Terra

Todos os luns (menos festivos), vemo-nos en Caranza (Ferrol), entre as 5 e 7 da tarde, no local da Fuco Buxán A.C. (Local Social Tino Deibe, na Rúa Armada Española, 32 Baixo). | Se queres participar achega-te! | POLO DE AGORA MENTRES DURE O TEMPO DE CONFINAMENTO, POR MOR DO ESTADO DE ALARMA, NON HAI XUNTANZAS PRESENCIAIS. | Teléfono para asuntos urxentes: 645158113

_______ _______

mércores, marzo 25, 2020

As persoas vulnerábeis e os dereitos básicos: o confinamento e o distanciamento social aumenta a precariedade e a exclusión das persoas con menos recursos económicos, volve-se fundamental o coñecer as medidas administrativas acordadas, os dereiros e como acceder aos mesmos


As persoas vulnerábeis e os dereitos básicos: o confinamento e o distanciamento social aumenta a precariedade e a exclusión das persoas con menos recursos económicos, volve-se fundamental o coñecer as medidas administrativas acordadas, os dereiros e como acceder aos mesmos


A responsabilidade e compromiso das alcaldias e das persoas que teñen ao seu cargo as políticas sociais nos diferentes concellos é fundamental, nestes tempos de crise sanitaria, económica e social, provocada polo novo coronavirus (Covid-19), mais que ás persoas vulnerábeis coñezan os seus dereitos básicos, as medidas que toman os concellos e outras administracións, e como acceder a todo isto, é fundamental para manter a súa vida diaria diante desta crise.

A curva de contaxios non deixa de subir, polo que aumentará o tempo de corentena e con el tamén aumentaran as nosas dificultades para cubrir necesidade básicas. É por iso que se necesitan medidas e políticas sociais para garantir unha vida digna. O pasado 16 de marzo demandabamos dos concellos un plan de choque social en cada concello, para atender as necesidades de maiores en soidade e pobres. Os concellos con máis ou menos medios e suceso, puxeron en marcha medidas para paliar a situación destes colectivos. Mais a dificultade está en primeiro lugar na difusión destas medidas para que chegue aos colectivos que necesitan acoller-se a elas, en segundo lugar como facer chegar as mesmas e por último se realmente poden satisfacer as necesidades básicas ou outras derivadas do confinamento e distanciamento social das persoas empobrecidas. Por poñer un exemplo, o móbil converteu-se nunha necesidade básica, e aínda que socialmente está moi estendido ate 90% da poboación, este necesita ter saldo suficiente para poder estar comunicado en igualdade de condicións. Por outra banda non todo o mundo ten computadores, nin internet na casa e hoxe en día por mor da suspensión das clases, estas fan-se a través das aulas virtuais, polo que moitos escolares quedan sen ese seguimento escolar e perdendo parte da súa escolarización que se pretende suplir con programas nas TVs, pero ademais de ser insuficientes, falta o seguimento do profesorado. Esta situación podería-se saber coa coordinación de titorías e centros por concellos, para saber o alumnado que necesita ese apoio escolar extraordinario.

Por outra banda son moitas as persoas que tendo ou non tendo unha pequena axuda ou subsidio, ao non poder acceder a un emprego, complementaba a súa economía con traballos non regulados nin declarados, limpeza de portais, empregada do fogar, coidados de maiores, pequenos traballos de pintura e outros amaños, recollida de chatarra e moblaxe ou outros obxectos, limpeza de rochos e casas, rozas e apaños en xardíns privados, ... toda unha economía somerxida que complementa as precariedades económicas de moitos fogares. É por iso polo que nos parece importante a demanda da concelleira de benestar social de Ferrol, Eva Martínez Montero, de solicitar  á Xunta, a resolución urxente da Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA) e a renovación durante ao menos seis meses de aqueles expedientes que foron suspendidos. Pensamos que se debería somar as solicitudes de pensións non contributivas (PNC) e outras axudas que dependen da xunta como Axudas de Inclusión Social (AIS) ou en materia vivenda.

Desde a Rede, apoiamos as xestións do Concello de Ferrol, para poder utilizar a hospedaría da Casa do Mar que o ISM ten na zona portuaria, mais que a súa parte residencial está cedida á Xunta de Galicia. Casa localizada na estrada Alta do Porto, onde estaba situado o antigo cargadeiro de mineral de Rodolfo Lama, que conta con vinte e dúas camas e outras dependencias. Isto ten-nos que facer pensar na cantidade de edificios de propiedade pública pechados en Ferrol, sen uso que se lle podería dar utilidade social, agardemos que despois desta crise se aborde esta situación ate chegar a unha solución que contemple a súa utilización para o ben común e necesidades sociais e culturais.

Agora ve-se a debilidade do movemento social e veciñal constituído, ao non ser capaz de dar respostas comunitarias e de apoio ás veciñas e veciños que o necesitan, sen nin tan sequera poder comunicar ao Concello, as necesidades básicas dos sectores sen recursos suficientes, do seu respectivo barrio, parroquia ou lugar. Pois agás o caso de Canido que respondeu ao noso corre-e, e que ten feito un traballo comunitario previo con outras entidades do barrio, para detectar as vulnerabilidades sociais e prestar-lles apoio ou ao menos pasar a información ao Concello, para que este actúe nos casos de necesidade. O resto das asociacións veciñais atenden só aos seus socios por teléfono, sen ter detectado as vulnerabilidades sociais con antelación, cousa que deixan en mans dos servizos sociais que sabemos das súas deficiencias, sen amosar maior interese polas dificultades que moitas familias e persoas que viven en soidade teñen.

Desde os movementos sociais reivindicamos unha medida xeral para quen non ten ingresos como é a Renda Básica de Corentena, agardemos que se teña en conta. Todas aquelas persoas que non poden cubrir as necesidades básicas, ou por outros motivos necesiten axuda, deben acudir aos servizos que os concellos dispuxeron.

As Unidades Básicas de Traballo Social, están pechadas, polo que se dispuxeron teléfonos de emerxencia nos diferentes concellos, son os teléfonos aos que hai que acudir, sexa por carecer de persoas que podan atender, para ir a farmacia ou comprar alimentos, ou sexa porque hai unha necesidade de recursos económicos, ou outras necesidades que se consideren, mesmo información sobre as medidas adoptadas ou onde dirixir-se. Ao mellor tardan en coller o teléfono, mais é importante insistir, seguro que están atendendo a outras persoas. No caso de non ter saldo pedir a calquera veciña ou veciño que deixe chamar. E o resto das persoas procurar preocupar-se por todas as persoas que viven na nosa contorna, para que a ninguén quede en soidade ou sen recursos.

CONCELLO DE FERROL.-

Números de atención de Benestar Social: 981 944 234 e 981 944 230. Ambas dúas liñas atenderanse desde o Edificio Social no horario habitual de apertura do Concello, de 9 a 14 horas, para pór en contacto aos cidadáns coas áreas de Maiores, Dependencia, Necesidades Básicas, Menores ou Administracións, segundo corresponda. O Concello fai un chamamento ás persoas maiores para que chamen por teléfono ante calquera necesidade, ofrece-se un servizo esencial a disposición das veciñas e veciños, en especial das persoas máis vulnerábeis.

➤ “Se non podes, imos nós”, un novo servizo de axuda a quen non poida saír do seu domicilio para facer compras de alimentos o medicamentos durante o estado de alarma. Os teléfonos 981 320 000 e 698 126 700 recollerán chamadas de 10 a 18 horas de luns a venres e de 10 a 15 os sábados.

➤ Para as solicitudes de vales para alimentos, o Concello habilitou mecanismos para garantir que se sigan entregando alimentos a familias que xa os estaban a recibir antes da epidemia. En lugar dos voluntarios que se encargaban desa tarefa, optouse agora por canalizar esta axuda a través dos de Protección Civil. As solicitudes de vales faran-se a través dos números de teléfono de Benestar Social, 981 944 230 e 981 944 234.

Horarios de Autobuses interurbanos mentres dure o Estado de Alarma. | Acceder/Baixar. | Máis info na web da empresa concesionaria. | Ir á Web |

CONCELLO DE NARÓN.-

➤ Na área de Servizos Sociais, todas as axudas de emerxencia se están canalizando a través dun novo sistema que permite axilizar os trámites, e en lugar de realizar achegas económicas as persoas ás que se lles concedan as axudas, disporán duns vales para cambiar en establecementos colaboradores, ofrecéndose no día de hoxe para colaborar Eroski-Familia e Froiz. O Concello habilitou a maiores un número de teléfono, o 647 622 245, que atenderá Protección Civil, e que a través dun equipo de voluntarias do citado Corpo atenderá ás persoas maiores, que estean soas ou enfermas e precisen algún tipo de axuda. O teléfono de Concello 981 337 700 e o correo-e: naron@naron.es. Para máis info dar-se de alta na conta de WhastApp, no número teléfono: 607 344 434. Tamén polo facebook. Decreto da Alcaldesa do 13 de marzo: Acceder/Baixar.

CONCELLO DE FENE.-

➤ O departamento de Servizos Sociais amplía a atención aos colectivos máis vulnerábeis por mor da crise sanitaria. A área municipal de Benestar Social e Igualdade do Concello de Fene acaba de publicar o seu protocolo de actuación para a atención domiciliaria tanto a persoas dependentes como a aqueloutras que se atopen nunha situación de vulnerabilidade incrementada pola crise sanitaria da COVID-19. O departamento xa informara hai uns días do dispositivo que ten en marcha en colaboración con Protección Civil para achegarlle alimentos, artigos básicos e medicamento a aquelas persoas que vivan soas e que non dispoñan de apoio familiar para cubrir esas necesidades. Agora dá un paso máis e impulsa novas medidas que teñen por obxectivo garantir unha atención que chegue a máis xente e con servizos ampliados. Se fose necesario mesmo se prescindirá dos procedementos administrativos correspondentes de cara a conseguir a axilidade e inmediatez asistencial que requiren as actuais circunstancias. Para obter máis información ou solicitar axuda débese contactar co departamento nos teléfonos 981 492 706, 981 342 607 ou 607 616 840. | Ir á Web.

CONCELLO DE NEDA.-

➤ Para atender as petición de axuda de persoas maiores, soas ou enfermas. Ante a situación de alerta sanitaria xerada polo coronavirus, a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Neda ponse a disposición das persoas maiores, daquelas que están soas ou enfermas para que, en caso de precisar axuda, chamen ao número de teléfono 629 224 622. Bando do Alcalde do 13 de marzo. | A atención no departamento municipal de Servizos Sociais está limitada a casos urxentes con cita previa 981 38 00 39. |  Web do Concello | Bando do Alcalde do 13 de marzo: Acceder/Baixar.

CONCELLO DE VALDOVIÑO.-

➤ O Concello vén de habilitar os números de teléfono 695 096 198 e 628 711 080 para atender as consultas e necesidades das veciñas e veciños maiores, daqueles persoas que viven soas e daquelas que se atopan nunha situación de especial vulnerabilidade. Así, a través destas liñas telefónicas, o Concello tentará resolver as dúbidas que a veciñanza teña en relación ás medidas e restricións aprobadas para previr a expansión do COVID-19 (coronavirus). Ademais, e en coordinación coa Agrupación Local de Voluntarios de Protección Civil, tentará dar resposta ás necesidades que xurdan no ámbito particular deste colectivo, como a entrega de medicamentos, produtos de primeira necesidade, desprazamentos a centros médicos… En todo caso, o Concello apela a un uso responsábel do servizo para garantir a súa eficacia en beneficio daqueles que máis o precisan. | Web do Concello. | Conta no twitter.

CONCELLO DE MUGARDOS.-

➤ No tempo de crise polo COVID19 a administración local antenderá vía telefónica ou a través das sedes electrónicas. Os servizos municipais básicos así como o servizo de axuda no fogar manteranse con normalidade.| Conta facebook. | Teléfono: 981 47 02 90.

CONCELLO DE ARES.-


➤ O Concello de Ares impulsará a axuda a persoas vulnerábeis para garantir a achega de alimentos, medicamentos e outros produtos de primeria necesidade durante a crise sanitaria do COVID 19. Aprobouse reforzar as axudas sociais destinadas a colectivos en situación de vulnerabilidade. As actuacións se engadirán ás que se ofrecen na actualidade a colectivos en situación de exclusión co reparto de alimentos da Cruz Vermella ou a maiores impedidos ou dependentes a través do servizo de axuda a domicilio. Canalizaran-se a través dos Servizos Sociais, coa entrega de artigos básicos e medicinas nos domicilios das persoas que non poidan realizar a súa compra directa, xa sexa por condicións médicas ou outras circunstancias que o impidan ou desaconsellen, tales como maiores enfermos ou con mobilidade reducida ou familias con fillos con problemas de conciliación sen rede social de apoio; así como outras persoas que poidan estar en situación xustificada de necesidade. Desde os Servizos Sociais municipais xa se iniciaron os contactos para ofrecer a axuda, ao tempo que se fai un chamamento para que todos aqueles que se atopen ante posibles situacións de emerxencia se dirixan ao Departamento de Servicios Sociais municipais, a través dos teléfonos 981448354 e 689242596. Coas valoracións dos seus equipos técnicos, o Concello facilitará a axuda pertinente para cada caso. | Web do Concello. | Conta de facebook. | Conta de twitter.

CONCELLO DE CABANAS.-

➤ O Cocello de Cabanas activa un plan durante o tempo que dure o estado de alarma para achegar medicinas ou alimentos de primeira necesidade destinado ás persoas que teñan dificultades de movemento, especialmente maiores que vivan soas. Información nos teléfonos 674 258 970 (Servizos Sociais, horario de 9 a 14h) ou no 687 048 928 (Protección Civil). | Web do Concello. | Conta no facebook. | Conta no twitter.

CONCELLO DE SAN SADURNIÑO.-

➤ O Concello de San Sadurniño en canto á atención á veciñanza neses servizos esenciais, a resolución da alcaldía confirma que a atención presencial estará motivada unicamente por razóns e urxencia e sempre será obrigatorio chamar antes ao Concello 981 490 027 ou mandar un correo a correo@sansadurnino.gal para que o persoal municipal valore obxectivamente a petición e, de ser o caso, dea cita previa para facer o trámite do que se trate. | Bando Municipal: Ir á Web. Conta facebook.

CONCELLO DE MOECHE.-

➤ Facemo-nos eco desta nota do Concello de Moeche que dá a medida do compromiso e solidariedade da xente do común, nun peueno concello como é o de Moeche, onde os recursos municipais son escasos: "AGRADECEMENTOS
Desde o Concello queremos facer público o noso agradecemento aos veciños e ás veciñas que se puxeron en contacto con membros do Goberno municipal ou co Concello para prestar a súa colaboración con material ou traballo persoal, a quen ofreceu unha vivenda, a quen ofreceu sulfatadoras para os labores de desinfección, ás moitas persoas que se puxeron a disposición do Concello para axudar no servizo de facer a compra ás persoas maiores e soas e a quen hoxe, coñeced
or de que estamos agardando polos traxes para a desinfección, trasladou a súa colaboración nestas tarefas de desinfección cun equipo de protección propio. Isto permitiranos adiantar as labores de desinfección mentres agardamos polo material solicitado á Consellería de Sanidade.
Mañá domingo 22 darase comezo coa limpeza desinfectante nalgunhas das zonas de maior afluencia de público
. Grazas pola vosa solidariedade". |
Conta no facebook. | Conta de twitter. | Web do Concello. Télefono de atención para casos urxentes: 981 404 006 , tamén en correo@moeche.gal. Pada dar-se de alta na conta de telegram do Concello, baixar o telegram ao móbil e logo poñer no buscador: @moecheconcello, dar-lle a entrar e xa está.

---

➤ COVID-19 e Servizos Sociais
O Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030 elaborou un Documento técnico de recomendacións de actuación desde os Servizos Sociais de Atención Domiciliaria ante a crise por Covid-19. | Acceder/Baixar.

#PlanDeChoqueSocial

#FicoNaCasaMaisConRendaBasica

--
Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra - Stop Desafiuzamentos
→ Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com
→ Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/
→ No facebook
facebook Stop Desafiuzamentos Ferrol Terra

Todos os luns (menos festivos), vemo-nos en Caranza (Ferrol), entre as 5 e 7 da tarde, no local da Fuco Buxán A.C. (Local Social Tino Deibe, na Rúa Armada Española, 32 Baixo). | Se queres participar achega-te! | POLO DE AGORA MENTRES DURE O TEMPO DE CONFINAMENTO, POR MOR DO ESTADO DE ALARMA, NON HAI XUNTANZAS PRESENCIAIS. | Teléfono para asuntos urxentes: 645158113

_______ _______