Amosando publicacións coa etiqueta Tod@s somos inmigrantes. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Tod@s somos inmigrantes. Amosar todas as publicacións

xoves, xullo 28, 2022

Ningunha persoa é ilegal, ... Por Celso Posada Fernández


Por Celso Posada Fernández [*]
28.07.2022


NINGUNHA PERSOA É ILEGAL

Dende Ferrol quero amosar a miña máis enérxica repulsa ao salvaxe asasinato de 37 persoas migrantes na fronteira sur das vallas de Melilla o pasado mes de Xuño persoas que estaban buscando un futuro mellor, unha vida digna e escapando da guerra dos seus países entre eles Sudán. Esta masacre non pode nin debe quedar impune, deben investigarse todas estas mortes e levar ante a xustiza e condenar aos culpábeis destas mortes.

Son infames as imaxes que saíron nalgún medio de comunicación onde se ve a policía marroquí coa colaboración da española golpeando brutalmente a estas persoas, deixándoas inconscientes, amontoadas no chan e atentando salvaxemente contra as vidas e os dereitos humanos destas persoas e non podemos nin debemos mirar pra outro lado, igual que son infames as palabras de Pedro Sánchez Presidente do goberno do Estado Español dicindo que esta salvaxada cometida contra os dereitos humanos pola policía da ditadura marroquí estaba ben feita. Son miserábeis esas palabras de Pedro Sánchez e infames e máis de alguén que se di de esquerdas, socialista e o secretario xeral do PSOE que parecía o portavoz da ultradereita así como é unha vergoña que o goberno que se di o máis progresista da historia apoie a ditadura de Marrocos de Mohamed VI abandonando de xeito vergoñento ao pobo saharauí e o seu lexitimo dereito de autodeterminación.

Quero tamén amosar todo o meu apoio e solidariedade coas familias e amizades destes 37 compañeiros asasinados porque non son mortes son asasinatos.

Hoxe é máis necesario que nunca loitar contra as políticas de odio, racistas tanto como da extrema dereita como do fascismo que enfronta o último como penúltimo, ao servizo das elites e que criminalizan ás persoas migrantes, defender os dereitos humanos de todas as persoas, fechar as infames cárceres onde se vulneran flagrantemente os dereitos humanos chamadas CIES, acabar cos voos de deportación, coas devolucións en quente, retirar as concertinas das vallas de Ceuta e de Melilla e coas políticas racistas, colonialistas e xenófobas dunha Europa Fortaleza que espolian os recursos de moitos países de orixe destes compañeir@s migrantes así como coa política migratoria de esta Unión Europea que en vez de garantir vías legais e seguras pras persoas migrantes e refuxiadas, aposta pola externalización de fronteiras a países terceiros.

Como activista antirracista sempre loitarei fronte ao racismo e a xenofobia e na defensa das liberdades e dos dereitos humanos, xa que todas as persoas temos dereito a unha vida e un futuro dignos, a que se vexan cubertas as nosas necesidades básicas e a unha Sanidade Pública de calidade así como a un traballo digno independentemente da nosa cor de pel, do noso país de orixe, da nosa condición sexual.

Ningunha persoa é ilegal
Non son Mortes son Asasinatos
Migrar é un dereito
Nunca Máis ao racismo e a xenofobia.


[*] Celso Posada Fernández, nado en Ferrol o 16 de Xullo de 1980. É un activista en diferentes movementos sociais de Ferrolterra e membro da plataforma SOS Sanidade Pública. Militante do BNG e da UPG. Diplomado en Maxisterio de Educación Primaria pola Universidade da Coruña e Monitor de Tempo Libre.| No Facebook. | En Twitter. | Artigos en: Nós Diario, Diario de Ferrol, Galicia Confidencial, Ferrol 360, GalizaLivre, Praza Pública, El Comunista e Ártabra 21.

Enviado por:
celso posada
-celsoposada2006@hotmail.com-
28 de julho de 2022 14:49
_______

domingo, xullo 03, 2022

As vidas negras importa - Concentración en Ferrol contra as mortes nas fronteiras #MasacreMelilla - Vídeo das intervencións e Fotos


"As vidas negras importa" Concentración en Ferrol contra as mortes nas fronteiras #MasacreMelilla

O pasado venres 1 e o sábado 2 de xullo tiveron lugar mobilizacións de repulsa, en cidades de todo o Estado, contra a brutal masacre acontecida na fronteira de Melilla o pasado 24 de xuño, baixo o lema "As vidas negras importa". As mobilizacións tamén o foron de solidariedade coas familias das persoas asasinadas e as centos de feridas na brutal masacre.  Segundo datos das organizacións de socorro e solidariedade, coas persoas refuxiadas e emigrantes, foron 37 as persoas que morreron na fronteira, persoas procedentes principalmente do sur de Sudán e do Chad. Lembraron-se ás miles de persoas que deixaron a súa vida intentando entrar na Unión Europea e demandou-se unha outra política migratoria que respecte os dereitos humanos e o dereito ao asilo e o de toda persoa a desprazar-se libremente.

En Ferrol realizouse unha concentración este sábado 2 de xullo, na Praza de Armas, diante do Concello, coa participación da significativa comunidade senegalesa asentada na Comarca e outros colectivos de diferentes nacionalidades. Organizacións de todo tipo participaron no acto, entre as que estaban a Rede Galega de Apoio ás Persoas Refuxiadas e Mobilidade Humana.

#Tod@sSomosInmigrantes

#MasacreMelilla


Galería de fotos
_______






















sábado, xullo 02, 2022

Hoxe, sábado 2 de xullo, concentración en Ferrol contra as mortes nas fronteiras: 'As Vidas Negras Importan' - Na praza de Armas, ás 8 da tarde


Hoxe, sábado 2 de xullo, concentración en Ferrol contra as mortes nas fronteiras: "As Vidas Negras Importan" - Na praza de Armas, ás 8 da tarde.

Centos de persoas lembran as vítimas do "masacre" de Melilla e urxen unha investigación independente. | Senllas concentracións decorren en oito cidades galegas baixo o lema 'Contra as mortes nas fronteiras' para condenar os sucesos do pasado 24 de xuño no valado de Melilla, onde faleceron, cando menos, 37 persoas migrantes que tentaban acceder a territorio europeo.

Máis dunha trintena de persoas procedentes de diferentes países do continente africano -37, segundo datos ofrecidos por diferentes ONGs- faleceron o pasado 24 de xuño na fronteira entre Marrocos e Melilla, cando intentaban entrar no Estado español. A maiores, cando menos un centenar resultaron feridas de diversa gravidade. Foron vítimas, denuncia a ONU, de "golpes e empurróns" por parte das autoridades marroquís.

Na memoria dos centos de persoas que cada ano morren nos límites da Unión Europea, e a fin de instar o Goberno español a mudar de forma radical a súa política migratoria, centos de persoas mobilizáronse onte baixo o lema 'Contra as mortes nas fronteiras' en Allariz, Compostela, A Coruña, Lugo, Pontevedra, Ribeira, Vigo e Vilagarcía, así como en medio centenar de localidades do resto do Estado. Este sábado, ás 20 horas, decorrerá unha nova concentración na praza de Armas de Ferrol.

Na mesma liña, puxeron o foco en que os corpos das persoas finadas "están a ser enterrados en Nador (Marrocos) sen realizar autopsias, esenciais para unha posíbel investigación, sen identificalos e sen informar ás familias".

Nas diferentes mobilizacións que decorreron no país exixiuse, primeiramente, unha investigación "independente" para esclarecer os feitos, así como a identificación e repatriación das vítimas e ofrecer información ás súas familias, así como garantir o acceso a unha sanidade "de calidade" e atención especializada ás persoas feridas a diario nas fronteiras.

Tamén se urxiu a fin das devolucións 'en quente' e a derrogación, dentro da Lei de Seguridade Cidadá, dos "rexeitamentos na fronteira", alén da supresión da Lei de Estranxeiría. A "transparencia" neste novo marco de relacións entre Marrocos e o Estado español foi outra das cuestións que saíron á palestra, así como coñecer "en que gasta Rabat os cartos que recibe de España e da UE" e, por riba de todo, "respectar os acordos internacionais" en materia de dereitos humanos en toda a fronteira sur do continente europeo, "atendendo a particular vulnerabilidade das persoas menores".

O BNG exixe unha "rectificación"

Diferentes organizacións políticas como o BNG, Podemos ou Esquerda Unida, e outras sindicais como Sindicato Labrego Galego, CUT ou CIG, secundaron as mobilizacións. Precisamente o deputado do Bloque no Congreso, Néstor Rego, asistiu á que decorreu en Compostela xunto á portavoz municipal da formación nacionalista, Goretti Sanmartín, e urxiu o Goberno español a presentar unha "rectificación polo masacre de Melilla", ao tempo que se sumou á demanda dunha investigación independente do acontecido.

"É unha auténtica vergoña, non só o acontecido senón tamén a posición do Goberno do Estado español", dixo, e subliñou que "non só deixou morrer e agonizar durante horas moitas persoas, senón que mesmo as lapidou".

Rego lembrou que xa a comezos desta semana pediu, xunto a outras forzas políticas, a comparecencia na Cámara baixa do ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska. Aliás, cualificou de "enormemente grave" que o Goberno español permitise a entrada de xendarmes marroquís en Melilla para "golpear, deter e devolver en quente persoas que xa pasaran o valado".

Publicado en Nós Diario, por Yuri Carrazoni  - 01.07.2022

Faite Asinante de Nós Diario
_______

mércores, febreiro 23, 2022

As violacións dos dereitos dos migrantes e refuxiados multiplícanse nas fronteiras de Europa - ... referiu miles de rexeitamentos, ameazas, intimidación, violencia, humillación e excesos tales como deixar á deriva ou devolver ao mar as balsas cargadas de persoas, ...


Miles de persoas sofren violencia, malos tratos e outras transgresións graves de dereitos humanos nos lindeiros terrestres e marítimos da Unión Europea. En ocasións, as balsas con migrantes son empuxadas de novo ao mar. "O que sucede aí é legal e moralmente inaceptable", afirma o organismo para os refuxiados.

A Axencia da ONU para os Refuxiados (ACNUR) manifestou alarma polo patrón crecente de violación dos dereitos humanos dos migrantes e refuxiados nas fronteiras europeas, que en varias ocasións provocaron mortes entre esas persoas.

O titular de ACNUR informou este luns que pese aos chamados das axencias humanitarias de poñer fin a eses atropelos, o organismo ao seu cargo recibe múltiples denuncias de violencia, malos tratos e devolucións en diversos puntos de entrada, marítimos e terrestres, da Unión Europea. Os abusos ocorren tanto dentro como fose do territorio do bloque, especificou.

Filippo Grandi advertiu do perigo de que tales prácticas se normalicen e convertan en políticas, e recordou que a maioría das refuxiadas do mundo son acollidas por países de renda baixa e media con moitos menos recursos que as nacións europeas.

Detallou que de principios de 2020 á data, a axencia rexistrou uns 540 casos de retornos informais desde os lindeiros de Grecia con Turquía, así como unha serie de incidentes preocupantes nas fronteiras central e sur-oriental do bloque europeo.

Variedade de abusos

Entre as arbitrariedades cometidas contra os dereitos das migrantes e refuxiadas, ACNUR tamén referiu miles de rexeitamentos, ameazas, intimidación, violencia, humillación e excesos tales como deixar á deriva ou devolver ao mar as balsas cargadas de persoas, sen ningún respecto polas súas vidas.

Segundo as denuncias, polo menos tres persoas morreron desde setembro de 2021 no mar Egeo debido a esas accións.

A situación para as migrantes non é mellor nas fronteiras terrestres, onde os testemuños dan fe de que se lles ispe e rexeita brutalmente sen importar as condicións ambientais de frío ou choiva.

O Alto Comisionado deplorou que os Estados europeos non investiguen as denuncias, salvo en raras excepcións, e que, en cambio, erixan muros e valas nas fronteiras que non van a disuadir a quen foxen da guerra e a persecución.

"Só aumentarán o sufrimento das persoas que necesitan protección internacional e levaraas a outras rutas que poderían ser máis perigosas", recalcou.

Lamentou, así mesmo, a devolución dos migrantes aos seus países de orixe sen importar os riscos que afrontan neles e aínda que isto viole o dereito internacional.

Inaceptábel

"O que está sucedendo nas fronteiras europeas é legal e moralmente inaceptábel e debe deterse. A protección da vida humana, os dereitos humanos e a dignidade debe seguir sendo unha prioridade compartida", dixo Grandi, chamando a establecer mecanismos nacionais independentes de vixilancia que garantan a investigación das denuncias.

ACNUR asegurou que os problemas de seguridade e administración das fronteiras pódense abordar con políticas xustas, humanas e eficientes que se axusten coas obrigas dos Estados en virtude das leis internacionais de dereitos humanos e de refuxiados, incluída a Convención de 1951, así como coa lexislación europea.

Grandi subliñou que os Estados deben respectar os dereitos humanos, incluídos o dereito á vida e ao asilo, e subliñou que esta garantía non depende do modo de chegada a un país.

Doutra banda, o organismo recoñeceu as contribucións dos países europeos que axudan a protexer aos refuxiados e a apoiar ás nacións de acollida, pero subliñou que a asistencia financeira no estranxeiro non debe substituír a súa responsabilidade e compromiso de recibir e protexer a esas persoas no seu propio territorio.

"O reasentamento e outras vías legais non poden substituír as obrigas cara ás persoas que buscan asilo nas fronteiras, incluídas aquelas que chegaron de xeito irregular", apuntou.

Para Grandi, a forma en que Europa protexa aos refuxiados e solicitantes de asilo sentará un precedente non só na rexión senón no mundo.

Fonte: Novas Nacións Unidas.

Foto: SOS Méditerranée /Anthony Jean - Máis de 16.500 migrantes cruzaron o mar Mediterráneo cara a Europa nos primeiros catro meses de 2021.
_______

martes, decembro 14, 2021

X Semana de Loita contra as Fronteiras: Políticas racistas no Estado Español - Nos actos que terán lugar en Vigo e Compostela o 15 e 16 de decembro, debullaranse o impacto destas políticas así como as estratexias de resistencia persoal e colectiva fronte a esas violencias


X Semana de Loita contra as Fronteiras

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
X SEMANA DE LOITA CONTRA AS FRONTEIRAS: POLÍTICAS RACISTAS NO ESTADO ESPAÑOL

 
Un ano mais, as colectivas e individualidades que conformamos o Foro Galego da Inmigración queremos visibilizar as violencias que entraña o sistema de fronteiras e as políticas migratorias para as vidas e corpos das persoas migrantes, e moi especialmente para as mulleres racializadas.

Nos actos que terán lugar en Vigo e Compostela o 15 e 16 de decembro, debullaranse o impacto destas políticas así como as estratexias de resistencia persoal e colectiva fronte a esas violencias.

Mércores 15 decembro // VIGO

17h00 - Obradoiro sobre Decolonialidade e Antirracismo. Para persoas racializadas e/ou migrantes. Café UF! Aforo limitado.

19h30 - Palestra Políticas racistas no Estado español. Impacto sobre as mulleres e disidencias migrantes. Café UF! Aforo limitado.

Xoves 16 de decembro // COMPOSTELA

19h00 - Acto Público na Praza do Toural.

19h45 - Faladoiro na Casa Xohana Torres. Políticas racistas no Estado español. Impacto sobre as mulleres e disidencias migrantes. Inscricións: https://deloga.typeform.com/XohanaTorres

Non pasou nen un mes desde o 25N, desta volta co foco nas diferentes manifestacións das violencias machistas. Con todo, volvemos a ver como unha vez mais as violencias específicas que viven as mulleres migrantes e/ou racializadas quedaron invisibilizadas.

Así que despois de adicar este curso a denunciar os cambios no sistema de asilo e protección internacional, queremos situar esa e outras realidades no marco que corresponde. Non se tratan de cuestións técnicas, senón que responde á mesma lóxica restritiva e racista que subxace ao conxunto das políticas migratorias españolas e europeas. Unhas políticas que afectan de forma moi directa a mulleres e disidencias sexo xenéricas.

Para iso contaremos con dúas convidadas especiais:

Julia Castillo Condori / Warmi Kusisita (Bolivia/Barcelona): Muller aymara, feminista comunitaria anticolonial, educadora popular, narradora, escritora e arterapeuta.

Sara Guerrero (México/Mondariz), Lcda. en Teatro e Actuación, colaboradora en distintos medios de comunicación alternativos (Novas da Galiza, El Salto, Píkara Magazine).

Ademais das compañeiras da colectiva Resistencia en Terra Allea, Colectiva decolonial e antirracista, procura darlle resposta as violencias estruturais, coidando e acompañando a os corpos migrantes e/ou racializades

+info: foroinmigracionsantiago@yahoo.es

--
OFICINA DEREITOS SOCIAIS - COIA (ODS-Coia) | odscoia.arkipelagos.net | odscoia@riseup.net |@odscoia | tel: 696 618 732 - 679 758 663 | Estamos os luns de 10h00 a 12h00 en Coia, nos locais da parroquia do Cristo da Vitoria (rúa Baiona 9, Vigo)


Enviado por:
Oficina Dereitos Sociais - Coia
-dereitossociais@gmail.com-
13 de dezembro de 2021 10:13
_______

mércores, decembro 01, 2021

A Rede Social Galicia Sur convoca en Vigo un novo Círculo de Silencio, para amosar o seu apoio ás persoas migrantes e refuxiadas e para denunciar a súa situación de indefensión e violación dos dereitos máis elementais



MOBILIZACIÓN DE ONGs E ORGANIZACIÓNS SOCIAIS EN APOIO ÁS PERSOAS MIGRANTES E REFUXIADAS


O xoves 2 de decembro ás 20:00, a Rede Social Galicia Sur convoca un novo Círculo de Silencio, desta vez na Praza de América, para amosar o seu apoio ás persoas migrantes e refuxiadas e para denunciar a súa situación de indefensión e violación dos dereitos máis elementais.

As organizacións que formamos parte da Rede Social Galicia Sur apelamos á conciencia de quen fan as leis e deciden politicamente a diferentes niveis, para que respecten os dereitos das persoas e a súa dignidade. Seguimos asistindo con dor ao drama, que se repite cada día, de tantas persoas que buscan un futuro mellor e que por migrar son perseguidas, enganadas, deportadas e con frecuencia asasinadas no mar. Persoas que camiñan polas nosas rúas e dormen á intemperie, sen padrón, sen traballo, sen amigos, padecendo o frío e a indiferenza da cidadanía. Por desgraza, son moitas as persoas deslumbradas polas luces do consumismo navideño e cegas ante os soños conxelados das inmigrantes, vítimas dunha lexislación que as criminaliza e condena á exclusión e á pobreza.

Dende un silencio que quere berrar a súa solidariedade coas persoas inmigrantes e refuxiadas, RECLAMAMOS políticas xustas:

1. Que erradiquen a Trata de persoas, protexan ás vítimas, especialmente a mulleres e menores, e que persigan a aquelas persoas e organizacións criminais que se enriquecen á conta das vítimas.

2. Que fagan dos nosos pobos e cidades terra de acollida, onde se garanta a atención ás necesidades básicas -alimentación, vivenda, saúde, traballo, redes…- das persoas migrantes.

3. Que asignen as partidas necesarias para unha adecuada política migratoria nos orzamentos xerais do Estado, Comunidades Autónomas, Deputacións e Concellos.

4. Que afronten as causas da migración involuntaria: conflitos armados, espolio dos recursos naturais, pobreza e desigualdade, cambio climático, corrupción… e garantan o desprazamento seguro das persoas que deciden saír dos seus países de orixe, sen poñer en risco a súa vida e a súa dignidade.

5. Que garantan os dereitos das persoas internas nos CIEs e que se proceda ao seu peche.

6. Que rexeiten tratados ilegais, inmorais e deshumanizantes que tratan ás persoas coma se fosen mercadoría.

comunidade cristiá "Cristo da Victoria" - Coia Baiona 9 b, 36209, Vigo (Pontevedra) | www.comunidadebasecoia.org | info@comunidadebasecoia.org
redes sociais: facebook.com/cristo.victoria - twitter.com/cristovictoria

Enviado por:
Comunidade Cristo da Victoria Coia
-trocoalternativo@gmail.com-
1 de dezembro de 2021 18:50

_______

martes, novembro 17, 2020

Os dereitos das persoas migradas, reducidos á mínima expresión durante a pandemia - A campaña 'Normalizar os Dereitos', impulsada polo Foro Galego de Inmigración, busca visibilizar as vulneracións que sofren as persoas migradas, rerfuxiadas e racializadas


A campaña "Normalizar os Dereitos", impulsada polo Foro Galego de Inmigración, busca visibilizar as vulneracións que sofren as persoas migradas, rerfuxiadas e racializadas

"Esta nova crise da Covid romperá os vínculos dos emigrantes entre Galicia e América"

Diferentes colectivos antirracistas e polos dereitos das persoas migrantes e contra as fronteiras lanzan a campaña "Normalizar os Dereitos" para dar a coñecer as vulneracións de dereitos que se están a producir no contexto galego e español contra as vidas das persoas migradas, refuxiadas e racializadas.

Baixo este movemento, e ao longo de varias semanas, o Foro Galego da Inmigración, xunto con outras asociacións como SOS Racismo ou Resistencia en Terra Allea, poñerán de relevo as súas esixencias en materia de Seguridade e Loita contra as Fronteiras, Igualdade e Diversidade, Administrativos, Económicos, Saúde, Ocio, Cultura e Participación, Dereitos Sociais, Vivenda, Políticos e Educación.

"Normalizar" -din nun comunicado- "é unha palabra que non nos gusta porque sentimos que alude ao que é hexemónico, ao que está no centro". "Todo o contrario do que queremos reivindicar como colectivos e espazos que loitamos contra o racismo, o colonialismo, as políticas migratorias e de fronteiras". Con todo, nos últimos tempos están sufrindo unha maior "normalización dos discursos de odio" a raíz da presenza da extrema dereita nas institucións, espazos mediáticos e rúa.

Estes colectivos denuncian o "abandono institucional cara as persoas que sosteñen servizos esenciais como a recollida de froita ou os coidados", que quedaron sen ningún tipo de apoio ou prestación nesta situación de crise sanitaria. Tamén lembran as mortes nas fronteiras e "a violencia que supón non poder acceder a citas en estranxeiría para renovar documentación", cousa que acentúa a "irregularidade administrativa despois de anos vivindo neste territorio".

Fronte á normalización do fascismo e do racismo, das violencias cotiás contra as vidas das persoas migradas, refuxiadas e racializadas, dende o Foro Galego de Inmigración queren deixar claro que "o único que compre normalizar nunha sociedade verdadeiramente democrática e na que prime a xustiza social son os dereitos".

"Esixe, propón, actúa. Loita!", rematan o comunicado.

Foto: Inmigrantes en Vigo | Fonte: Miguel Núñez

Publicado en Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/11/2020 | Actualizada ás 10:00 | GC está baixo licenza Creative Commons Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 4.0.
_______

domingo, xaneiro 19, 2020

6th anniversary Tarajal massacre: Appeal for a global day to commemorate victims at the borders -6 de febreiro de 2020 - Chamado a unha xornada de ConmemorAcción en ocasión do sexto aniversario da traxedia de Tarajal


6 de febreiro de 2020 - Chamado a unha xornada de ConmemorAcción en ocasión do sexto aniversario da traxedia de Tarajal |
6th anniversary Tarajal massacre: Appeal for a global day to commemorate victims at the borders

O 6 de febreiro de 2014, máis de 200 persoas migrantes intentaron entrar en Ceuta desde territorio marroquí. Mentres se achegaban á praia do Tarajal, moitas delas tratando de chegar a nado, a Garda Civil utilizou material antidisturbios, -botes de fume e balas de goma-, para evitar que as persoas entrasen en territorio español.

Quince inmigrantes morreron no lado español, ducias máis desapareceron, outras faleceron en territorio marroquí.

Para recordar este evento, desde o 6 ao 8 de febreiro de 2020, reuniranse na cidade de Oujda (Marruecos) familiares das persoas migrantes desaparecidas de Túnez, Argelia, Marruecos, Camerún, Senegal, Siria e México xunto a militantes de diferentes países que cotidianamente denuncian a violencia asasina que os estados exercen nas fronteiras.

O evento organízano a rede Alarm-phone de Watch the Med xunto coa asociación Pionniers volontaire de Oujda (Marruecos) en colaboración con Fondation Euro-Med, Milano senza Frontiere, Stiftungs fonds zivile seenotretttung, Association deas enseignants de philosophie de Oujda, Arci, :do Stiftung, Heinrich Böll stiftung, Union Marocain de travail, Reseau marocain deas journalistes migrations, XminY Actie Fonds, Alarm phone Sahara, Association d'aide deas migrants de Oujda, Association marocaine deas droits humains, Afrique Europe Interact e Missing at the borders.

Programa CommémorAction do evento (Trilingüe Francés, Inglés e Español): Acceder/Baixar.

Chamamos a todas as organizacións sociais e políticas, laicas e relixiosas, a todos os cidadáns e cidadás a unirse a esta xornada de ConmemorAcción organizando nas súas propias cidades iniciativas para recordar ás vítimas desta traxedia e de todas as traxedias que cotidianamente vívense nas diferentes fronteiras do mundo.

Aquí pode-se ver o texto da commemorAcción https://missingattheborders.org/news

Pedímoslles ademais que nos envíen á mail info@missingattheborders.org o material das iniciativas que se realizarán para publicalas na páxina web https://missingattheborders.org/

Grazas

O equipo de organización da ConmemorAcción

Edda Pando
eddapando@gmail.com

Chamado

Loitamos xuntas contra as Fronteiras que os mataron e os desapareceron!


Hai moito tempo que nos atopamos unha e outra vez con mortes e desaparicións de seres humanos nas fronteiras externas de Europa -no mar Mediterráneo, o Sahara ou nos campos de detención e hotspot europeos que están destinados a disuadir a xente a seguir adiante. Non podemos esquecer aos que foron asasinados, desaparecidos ou vítimas de desaparición forzada. Rematar esta masacre continua provocada polo réxime de fronteiras de Europa é unha das nosas motivacións para estar xuntos nunha loita a longo prazo pola liberdade de movemento e a xustiza global.

O 6 de febreiro de 2020 xuntámonos para converter o noso pesar en acción colectiva. Procedemos de diversos contextos e temos diversos antecedentes. Somos parentes dos desaparecidos de Túnez, Alxeria, Marrocos, Camerún, Senegal, Siria, México, Perú e outros lugares. Somos os que atopamos restos humanos no deserto e no mar, os que intentamos identificar aos falecidos nas distintas zonas fronteirizas, que damos aos cadáveres sen nome un enterro digno. Somos os que nos temos as mans cando botamos de menos unha filla, un fillo, unha irmá, un irmán, un amigo.

Xuntámonos para denunciar a violencia mortal dos réximes fronteirizos mundiais. Xuntámonos para conmemorar a aqueles que morreron, desapareceron ou foron vítimas de desaparición forzada no mar Mediterráneo, no Sáhara, na rexión de Evros, en Calais e noutros lugares. Acusamos aos autores do asasinato: os gobernos que deciden restrinxir aínda máis as rutas e disuadir ás migrantes por todos os medios dispoñibles.

Para nós, conmemorar a persoas falecidas, desaparecidas ou vítimas da desaparición forzada é parte das nosas loitas diarias.

O 6 de febreiro de 2020 serán 6 anos: en 2014, a policía de fronteiras española (Guardia Civil) masacrou polo menos a 15 persoas intentando cruzar a fronteira ate o enclave español de Ceuta. Ate o de agora, as súas mortes non foron recoñecidas como asasinatos, os axentes fronteirizos implicados quedan impunes. Esta masacre é só un dos demasiados exemplos de morte e desaparición nas fronteiras europeas. Moitos miles máis perderon a vida no deserto, no mar, desapareceron ou son vítimas dunha desaparición forzada.

Como alianza transnacional e a través de accións de solidariedade en moitas cidades, conmemoramos estas vidas perdidas e loitamos por un mundo xusto onde a liberdade de movemento finalmente e verdadeiramente será un dereito humano básico.

Moitos de nós xuntámonos en Oujda, Marrocos, para recordar e intercambiar. Queremos visualizar as loitas diarias e o sufrimento das persoas que cruzan as fronteiras. Queremos crear espazos para o continuo trauma soportado polos familiares e seres queridos dos que perderon a vida, desapareceron ou foron vítimas da desaparición forzada. Coa externalización da fronteira europea, Marrocos converteuse cada vez máis na garda de fronteira europea. É por iso que necesitamos unha forte mobilización de activistas migrantes sobre o terreo.

Xuntámonos antes e volveremos a atopar no futuro. A próxima vez, xuntarémonos nun lugar diferente e nunha data diferente como os crimes contra a humanidade en curso marcan tantos días do ano con pena e rabia que é imposible elixir un só.

Coñeceremos e protestaremos polas fronteiras externalizadas de Europa, pero tamén en moitas cidades de Europa (Ceuta, Barcelona, ​​Berlín, Marsella, Milán e outras persoas). Temos que levar a violencia á súa fonte, o corazón de Europa.

Co noso termo "CommemorAction" ofrecemos unha promesa: Non esqueceremos aos que perderon a vida ou desapareceron e loitaremos contra réximes asasinos fronteirizos. Ofreceremos un espazo para a lembranza e construiremos algo do noso pesar. Non estaremos sós e non renunciaremos. Seguiremos loitando pola liberdade de movemento e a dignidade humana para todos na nosa vida diaria.

Por iso, invitamos a todo o mundo a organizar iniciativas nas súas cidades para facer do 6 de febreiro de 2020 un día global para conmemorar a aqueles que morreron, desapareceron ou foron vítimas da desaparición forzada nas fronteiras do mundo.

Enviado por:
Edda Pando
-eddapando@gmail.com-
19 de janeiro de 2020 14:34

__________________

luns, xuño 03, 2019

A lista, ... Por Cheikh Fayé - Nesta lista podería estar a metade ou máis da humanidade, esperando a fin de mes para saber se pode seguir vivindo

Por Cheikh Faye [*]
03.06.2019


É unha lista de traballadores da ferralla e do formigón no porto exterior da Coruña. Hai nixerianos, mauritanos, peruanos, guineanos, españois, senegaleses, alxerianos, marroquís e algunha outra nacionalidade. É unha anotación das débedas dunha empresa que constrúe as grandes pedras que pouco a pouco van ampliando a superficie do porto.

A empresa deu en creba e os traballadores están a espera de cobrar polo que suaron. As pedras quedaron feitas, pero o traballo de duascentas persoas non se pagou. É a relación da xente, a maioría inmigrantes, que constrúe coas súas mans unha das grandes infraestruturas do país.

Os homes que gañaron terreo ao mar e traballaron para asentar esa conquista son case todos africanos e latinoamericanos. Man de obra forte, sacrificada, calada… son quen de traballar 12 horas durante oito, nove ou dez días seguidos en quendas de mañá ou de noite, xunto ao mar, contra o mar.

Son man de obra barata para maior beneficio das empresas que aínda así creban. Son traballadores que se senten desprotexidos pola lei. Que desconfían dos sindicatos. Que dormen pensando en se ao día seguinte haberá traballo e, cada fin de mes, salario.


Son nomes nunha lista de xente sen medo que viaxou desde o seu país para gañar o pan con suor e sacrificio. Son persoas esquecidas nos comentarios da prensa sobre o avance das obras no porto, nos comentarios da prensa sobre as grandes magnitudes das obras no porto, nos comentarios sobre as oportunidades que traerá o porto.

As obras marchan a bo ritmo”, din os titulares dos xornais. Pero por ningures aparece unha soa liña contando cal é a situación das persoas que cargaron ca parte máis dura do traballo, que súan e pasan frío e comen alí en casetas, que van e veñen en autobús, que moran de a catro e a cinco en pisos baratos gastando o mínimo para aforrar e enviar cartos a casa.  E non cobran. Pero seguen traballando, esperanzados, porque a empresa en creba foi substituída por outra empresa que se fai cargo da contrata e por riba de todos eles hai unha multinacional que é suxeito de titulares en prensa polas súas cifras de negocio e nunca pola incerteza que produce a explotación.

A lista é unha denuncia da explotación laboral máis clara canto máis escura é a pel dos explotados. A lista é o mellor artigo que lle podo enviar a través de Internet aos meus fillos e aos fillos do Senegal. É un sinal de alerta. Aquí nós cargamos co traballo e uns poucos levan os cartos. Aquí igual que alí. Nesta lista podería estar a metade ou máis da humanidade, esperando a fin de mes para saber se pode seguir vivindo.

Publicado en Sermos Galiza. | 01.06.2019 | Baixo unha licenza Creative Commons by-nc-nd/2.5.

[*] Cheikh Fayé, nado no ano 1962 na comunidade rural de Gade Escale, departamento de Diourbel, é un mestre e escritor senegalés radicado en Galiza. O 11 de xullo de 2017 presentou o seu primeiro ensaio titulado "Ser Modou Modou" e editado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega, sendo o primeiro escritor senegalés que escribe e publica en lingua galega.[4] - É o autor do blog Senegaliza. |Artigos no Sermos Galiza.
____

sábado, xuño 16, 2018

629 motivos de orgullo, 629 vidas salvadas, ... Por André Abeledo Fernández - Sin documentos estas persoas non poden ter unha conta nun banco, nin acceder a axudas, a nosa lexislación converte a seres humanos en ilegais...

Por André Abeledo Fernández [*]
16.06.2018


Nestes momentos, parafraseando ao Rey emérito, o que debería "enchernos de orgullo e satisfacción", é que sexa o Estado español quen rescate a 629 persoas, nenos, nenas, mulleres e homes. Quen dera este xeito de actuar pasase agora a ser a nova "Marca España".

É sen dúbida unha medida insuficiente, que ademais debería vir acompañada por un cambio drástico nas leis de estranxeiría e inmigración. Pero tamén é unha lección de humanidade necesaria para unha Europa sen corazón, ni n principios, que deixa morrer afogadas no Mediterráneo as vítimas dun sistema que provoca as guerras de espolio de recursos enerxéticos, guerras que son as que obrigan a estas persoas a buscar refuxio lonxe das súas casas.

Pero non esquezamos que no Estado español negase a atención medica a persoas polo simple feito de non ter papeis en regra, péchanselles todas as portas por unha irregularidade burocrática que os converte nos "ninguén" dos que falou Eduardo Galeano.

Non ter documentación en regra non lles permite a estas persoas traballar con un contrato, condenando a estas persoas a sobrevivir, alimentando o trafico de persoas, a prostitución, o traballo escravo, alimentando con leis inxustas que algunhas destas persoas teñan ata que delinquir para vivir.

Sin documentos estas persoas non poden ter unha conta nun banco, nin acceder a axudas, a nosa lexislación converte a seres humanos en ilegais, e a persoas que non cometeron ningún delito en delincuentes, sin ningún motivo máis que a sua raza poden ser identificados pola policía, e poden ser encerrados nun calabozo dunha comisaría, ou nun CIE, ou deportados ao seu país de orixe.

É un orgullo e un motivo de aplauso o rescatar de 629 persoas da morte, pero non esquezamos as vallas da vergonza en Ceuta e Melilla, nin o drama dos sen papeis no Estado español.

[*] André Abeledo Fernández, Concelleiro de EU Narón.

Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
14 de junho de 2018 12:37

_________________

domingo, xaneiro 21, 2018

O Foro Galego de Inmigración, reunido esta fin de semana en Ferrol, entre outras resolucións, acordou promover un Encontro Aberto dos movementos sociais para artellar unha acción conxunta que formule as modificacións precisas do anteproxecto que desenvolve e regula a Lei de Inclusión Social que integra a Risga, para que entre outras cousas, esta contemple o acceso á mesma das persoas en situación de irregularidade administrativa


O Foro Galego de Inmigración, reunido esta fin de semana en Ferrol, entre outras resolucións, acordou promover un Encontro Aberto dos movementos sociais para artellar unha acción conxunta que formule as modificacións precisas do anteproxecto que desenvolve e regula a Lei de Inclusión Social que integra a Risga, para que entre outras cousas, esta contemple o acceso á mesma das persoas en situación de irregularidade administrativa. Este anteproxecto recibiu alegacións dentro do prazo que rematou o pasado venres 19 de xaneiro. Temos que destacar que esta é unha Lei que foi aprobada en 27 de novembro de 2013 e que se previa o seu desenvolvemento en seis meses unha vez aprobada(Estamos en xaneiro de 2018). A súa falta de desenvolvemento e regulamentación provocou unha situación de arbitrariedade á hora de conceder as axudas, estado de cousas que vai seguir, pois a súa aprobación definitiva está previsto que sexa para despois do verán. Esta desidia institucional do goberno da Xunta e en particular da Consellaría de Política Social, está provocando indefensión e inxustiza sobre o sector da poboación máis vulnerábel. Consellaría da que é responsábel José Manuel Rey Varela, o mesmo que di que o pobo de Ferrol clama por el, para que volva de Alcalde, despois de perder case 3.500 votos nas últimas eleccións municipais, despois da súa nefasta política municipal e querer enganar-nos cun falso saneamento.

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN

CAMPAÑA POLO DECRETO DA RISGA QUE EXCLÚE ÁS PERSOAS MIGRANTES EN SITUACIÓN DE IRREGULARIDADE ADMINISTRATIVA DESTA PRESTACIÓN BÁSICA

Na xuntanza asemblearia do Foro Galego de Inmigración celebrada este sábado día 19 de Xaneiro en Ferrol (no Ateneo desa cidade), as persoas en representación das asociacións e entidades do Foro procedentes de diferentes lugares de Galicia.

ACORDAMOS:

Promover unha Campaña, cun Encontro Aberto con outras entidades sociais, colectivos e movementos sociais interesados nesta cuestión, para artellar unha Declaración Conxunta que recolla as principais modificacións que serían imprescindibles para facer minimamente asumible este Decreto, entre ás que naturalmente propoñeremos o acceso a esta prestación para o colectivo de persoas en situación de irregularidade administrativa. Ademáis incluiremos outras propostas que se acorden no marco dese Encontro Aberto no que convidaremos a entidades sociais significativas, redes e movementos sociais, colexios profesionais implicados e outros grupos e persoas interesadas.

Despois de presentar alegacións formais o Decreto e unha vez rematado ese prazo, antes da aprobación definitiva no mesmo queremos facer un chamamento ás entidades e movementos e a cidadanía en xeral para tentar evitar unha inaceptable discriminación dun colectivo e facer posible tamén para toda a cidadanía un dereito social, a través dunha renda mínima decente.

--
Foro Galego de Inmigración - Coordinadora de Ferrolterra
ferrol.forogalegoinmigracion@gmail.com
En Ferrolterra podes atopar-nos no Facebook.

Foro Galego de Inmigración
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 - Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es - 981-576 142
http://www.forogi.wordpress.com

Enviado por:
Foro Inmigracion Ferrolterra
-ferrol.forogalegoinmigracion@gmail.com-
21 de janeiro de 2018 17:1

_________________

Documentación:
PROXECTO  DE  DECRETO  DE DESENVOLVEMENTO DA LEI 10/2013, DO 27 DE NOVEMBRO, DE INCLUSIÓN SOCIAL DE GALICIA, NO RELATIVO Á TRAMITACIÓN DA RENDA  DE  INCLUSIÓN SOCIAL DE GALICIA  E  DAS AXUDAS DE INCLUSIÓN SOCIAL. | 151 páxinas en formato pdf | Acceder/Baixar.

Relacionadas:

* O Foro Galego de Inmigración, reune-se en Ferrol esta fin de semana - Sábado 20 de xaneiro ás 11 da mañá no Ateneo Ferrolán - Como se ten acordado con antelación de rotar polas diferentes comarcas da Galiza, comeza-se o ano facendo a súa xuntanza de coordinación galega en Ferrolterra. | Ir á Web.

* Campaña de alegacións colectivas ao decreto da RISGA - Fronte a “esmola social” da RISGA e do resto de políticas sociais propoñemos a creación dun novo dereito que supere a política vixente prestacións e axudas sociais que non eliminan nin o empobrecemento nin a desigualdade - Modelos Alegacións. | Ir á Web.

Modelo Alegacións presentadas:

modelo_alegacion_decreto_RISGA.odt_____________

sábado, xaneiro 13, 2018

Presidente Trump chama 'países de merda' ao Salvador, Haití e países africanos - René Civil afirmou: Donald Trump é máis que un cancro para o mundo. E non só en todo o mundo, senón especialmente para a poboación estadounidense. É un presidente desestabilizador, un presidente que utiliza linguaxe vulgar, que é inaceptábel


Presidente Trump chama "países de merda" ao Salvador, Haití e países africanos


O presidente de Estados Unidos, Donald Trump, xerou indignación a nivel internacional o xoves a raíz dun comentario racista no que dixo que Estados Unidos debería limitar a inmigración desde Haití, O Salvador e países africanos para favorecer a inmigración proveniente de países con poboación maioritariamente branca. Nunha reunión con legisladores na Casa Branca, informouse que Trump dixo: "Por que queremos que veña toda esta xente de África" Eses países son un buraco de merda "deberiamos recibir máis xente de Noruega".

Trump realizou os seus máis recentes comentarios racistas xusto despois de que o seu goberno anunciase que poñerá fin ao status de protección temporal para ao redor de 250.000 inmigrantes salvadoreñas que viven en Estados Unidos polo menos desde 2001. O ano pasado, o goberno de Trump anunciou que tamén revogaría o status de protección temporal de decenas de miles de inmigrantes haitianas, nicaraguanas e sudanesas que viven en Estados Unidos.

Os comentarios de Trump provocaron a inmediata condena internacional. As seguintes son as palabras do activista comunitario haitiano René Civil, desde Porto Príncipe.

René Civil afirmou: "Donald Trump é máis que un cancro para o mundo. E non só en todo o mundo, senón especialmente para a poboación estadounidense. É un presidente desestabilizador, un presidente que utiliza linguaxe vulgar, que é inaceptábel".

Os comentarios de Trump provocaron que o xornal New York Daily News publicase un titular encima dunha versión caricaturizada do emoticón de "caca", co titular "MERDA EN LUGAR DE CEREBRO, Trump lanza insulto racista desapiadado contra inmigrantes".

Visite democracynow.org para máis información sobre os comentarios racistas do Presidente Trump e para escoitar a entrevista desde Florida coa aclamada novelista haitianoestadounidense Edwidge Danticat.

12 xaneiro, de 2018

Fonte: Democracy Nnow

____________

domingo, xuño 04, 2017

Reunión de traballo para a posta en marcha da Oficina do Inmigrante celebrada no Concello de Narón


Este venres día 2 de Xuño celebrouse unha reunión entre os portavoces dos Grupos Municipais, a xefa do Servizo Sociocomunitario, e os representantes dos colectivos de inmigrantes do noso concello, Foro Galego de Inmigración, Colectivo de Senegaleses, e Movilidad Humana participaron nesta reunión.

O tema a tratar é a creación dunha Oficina de Inmigración, unha iniciativa que foi presentada polo concelleiro de EU, André Abeledo, e aprobada por unanimidade en Pleno .

Durante a reunión os representantes dos colectivos que representan aos inmigrantes defenderon a necesidade da posta en marcha da oficina, e tamén que o ideal sería unha oficina a nivel comarcal, que debería ser creada por medio da Mancomunidade, como xa defendía  a Moción presentada por Abeledo e aprobada polo Pleno de Narón.

André Abeledo indicou que o feito de que o veciño Concello de Ferrol teña aprobado unha moción no mesmo sentido, tamén por unanimidade, debería facilitar e adiantar a posta en marcha deste servizo.

Abeledo defende que a Oficina de Información ao Inmigrante debería contar cun Asesor Legal especialista en inmigración e un "Acompañante" que axudaría a este colectivo nos tramites necesarios para regularizar a súa situación, temos que entender que este é un colectivo moi vulnerable, que ademais se atopa con moitos problemas, o idioma nuns casos, as diferencias culturais, e mesmo o medo de aquelas persoas que se atopan en situación irregular a achegarse a administración local por medo a ser deportados.

André Abeledo indicou que esta oficina pode servir tamén para axudar a organizar e vertebrar o colectivo inmigrante, para que poidan defender mellor os seus dereitos tantas veces "pisoteados".

Abeledo concorda co colectivo inmigrante en que a posta en marcha desta oficina comarcal é urxente e debería vir acompañada dunha campaña de información ao colectivo da existencia deste servizo.

GRUPO MUNICIPAL
ESQUERDA UNIDA DE NARÓN

Contas de Esquerda Unida Narón no facebook e no twitter. | Achegate xunta Nós, fagamos un novo Concello mais social, mais democrático, participativo e de Tod@s.



Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
2 de junho de 2017 21:40
__________

venres, xullo 08, 2016

A eurodiputada galega, Lídia Senra, denunciou que “Europa está en guerra contra un inimigo inventado”, polo que vota en Estrasburgo en contra da nova Axencia da Garda Europea de Fronteiras e Costas, e chama a resolver a grave crise humanitaria actual e a abandonar as políticas que tratan ás persoas migrantes como inimigas


AGEe vota en Estrasburgo en contra da nova Axencia da Garda Europea de Fronteiras e Costas. | Lídia Senra chama a resolver a grave crise humanitaria actual e a abandonar as políticas que tratan ás persoas migrantes como inimigas. | Tacha de reprobable a actitude da UE por non buscar solucións ás causas que orixinan a migración e a demanda de asilo das refuxiadas.


Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), votou hoxe no pleno do Parlamento Europeo en Estrasburgo, en contra da nova proposta de regulamento relativo á Garda Costeira e de Fronteiras Europea. A Eurocámara debateu esta mañá as novas competencias que terá a ata o de agora Axencia Europea para a Xestión da Cooperación Operativa nas Fronteiras Exteriores dos Estados membros da UE, Frontex, que será transformada en Axencia da Garda Europea de Fronteiras e Costas.

O representante do Parlamento Europeo nas negociacións interinstitucionais, Artis Pabriks, explicou que a axencia de Frontex ampliará, unha vez aprobada hoxe a proposta, a súas misións e terá poderes e obrigas estendidas, “podendo prestar axuda a calquera país da UE que se enfronte a presión desproporcionada da migración ou a calquera outro tipo de problemas potenciais nas súas fronteiras externas”. A nova axencia estará composta por 1.500 gardas fronteirizos, capaces de chegar a calquera lugar en 72 horas e tamén terá a facultade de repatriar ás persoas migrantes. “En caso de que un Estado se negue a cooperar coa nova axencia e poña baixo ameaza o funcionamento normal da zona Schengen, os demais membros da UE poderán introducir o control fronteirizo con ese Estado”, explicou Artis Pabriks no pleno.

Fronte a esta posición, Lídia Senra, en consonancia coa campaña, impulsada por movementos sociais, Frontex Exit, denunciou que “Europa está en guerra contra un inimigo inventado”, e criticou que a aprobación da nova Frontex non supón máis que “insistir nesa idea de que as persoas migrantes son unha ameaza para a seguridade da UE mentres o respecto aos dereitos fundamentais brilla pola súa ausencia novamente”.

A eurodeputada galega considera que o novo proxecto non aborda a urxencia humanitaria que se está a dar nas fronteiras da UE e que fai oídos xordos aos graves problemas de violación de dereitos fundamentais. A nova axencia terá competencias para recoller e procesar máis datos persoais dos migrantes e para transmitir esta información á Europol sen as garantías de protección de datos necesarias. Senra criticou que a Unión Europea siga negándose a abordar o reto real ao que se enfronta hoxe en día, cando “moitas mulleres e homes seguen a morrer cada día na auga tratando de chegar a Europa e a axencia non fai nada” e cando segue sen resolverse de forma efectiva a crise das persoas refuxiadas. “A UE está a levar a cabo unha política totalmente nefasta e reprobable. Non está a facer nada para resolver as guerras e conflitos que hai nos países de orixe das persoas migrantes. Estamos falando de persoas que foxen de zonas de conflito e demandan asilo e tamén de persoas que foxen da miseria provocada pola rapiña das multinacionais e das potencias occidentais nos seus países e a UE non fai nada nin para garantirlles o dereito ao asilo nin para poñer fin ao saqueo de recursos naturais que as multinacionais levan a cabo nesas zonas”. “O que habería que facer é combater as causas que provocan a migración forzada, proporcionar asilo e acollida e desenvolver políticas en condicións que respecten os dereitos humanos”, insistiu.

Antes da votación no pleno deste mércores, o martes pola tarde Lídia Senra, ao igual que varias eurodeputadas e eurodeputados do GUE/NGL, participou naprotesta ás portas da sede do Parlamento Europeo, en Estrasburgo, contra a que é coñecida como nova Frontex.

Lídia Senra insiste que en lugar de levar a cabo este tipo de reformas, a UE debería centrarse en garantir os dereitos de asilo e acollida e a actuar en situacións sangrantes como a que se está a dar en Hungría, onde máis de 600 persoas xa foron expulsadas ao outro lado das vallas fronteirizas e non reciben asistencia.

Santiago, a 6 de xullo de 2016.

---

Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL).

lidia.senra@europarl.europa.eu

Equipa de Comunicación AGEe:
Alternativa Galega de Esquerdas en Europa - Oficina en Bruxelas:
vera.montotovazquez@europarl.europa.eu
Alternativa Galega de Esquerdas en Europa - Oficina en Galiza:
age.europa.galiza@gmail.com
Xornal dixital de AGEe:
http://ageuropa.gal/

   


Enviado por:
AGE Europa - Galiza
-age.europa.galiza@gmail.com-
6 de julho de 2016 13:09
__________

domingo, xuño 19, 2016

A Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas en Ferrolterra, mobilizou-se polas rúas de Ferrol, saíndo en manifestación até o Cantón, onde tivo lugar unha concentración na que Alberto Ameneiros deu lectura ao manifesto unitario: Rachemos coas fronteiras, non ás guerras


A Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas en Ferrolterra, mobilizou-se polas rúas de Ferrol, este domingo 19 de Xuño, saíndo en manifestación sobre as 12 do mediodía, desde a Praza Amada Garcia até o Cantón, onde tivo lugar unha concentración e a lectura, por parte de Alberto Ameneiros -veciño da comarca que retornou hai escasos días do campo de Idomeni (Grecia), onde estivo como voluntario- do manifesto unitario: Rachemos coas fronteiras, non ás guerras.

O acto encadra-se no 'Día mundial das persoas refuxiadas' [*]. onde houbo centos de mobilizacións en todo o mundo, por unha pasaxe segura para as persoas refuxiadas e inmigrantes, por un forte 'Non ás guerras' e contra as fronteiras criminais. As mobilizacións esixiron rutas legais sen condicións; o cumprimento dos convenios internacionais en materia de asilo e refuxio; que se revise en profundidade a política migratoria e exterior europea; e o respectos dos dereitos humanos das persoas que se viron obrigadas a fuxir da guerra, a violencia e a fame.


https://youtu.be/ruqgHcIzPGI


Web de referencia da Rede:
http://www.rederefuxiadas.org/

@GalRefuxiadas

Manifesto subscrito polas organizacións adscritas á Rede o pasado 20 de Abril de 2016 | Acceder/Baixar.

[*] O 4 de decembro de 2000 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas na Resolución 55/76 decide que, a partir do ano 2001, o día 20 de xuño sexa o Día Mundial dos Refuxiados. | + Info.
--
Información baseada na achegada polo:
Foro Galego de Inmigración - Coordinadora de Ferrolterra
ferrol.forogalegoinmigracion@gmail.com
https://www.facebook.com/forodeinmigracionferrolterra2015/
__________________

sábado, xuño 18, 2016

Manifestación en Ferrol, como noutras cidades da Galiza e en miles de todo o mundo, por unha pasaxe segura para as persoas refuxiadas, por un forte 'Non ás guerras' e contra as fronteiras criminais - Este domingo 19 de Xuño, ás 12 do mediodía, desde a Praza Amada Garcia, diante do Edificio da Xunta


Este domingo 19 de Xuño, a Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas en Ferrolterra, convocou unha Manifestación en Ferrol, como noutras cidades da Galiza e en miles de todo o mundo, por unha pasaxe segura para as persoas refuxiadas e inmigrantes, por un forte 'Non ás guerras' e contra as fronteiras criminais.

A manifestación de Ferrol, vai saír desde a Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, este domingo 19 de Xuño, ás 12 do mediodía.

A Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas, foi constituída o pasado 20 de Abril, en Santiago de Compostela, a nivel galego, e a ela están adheridos máis de 70 colectivos, asociacións, ONGD, sindicatos, partidos políticos e persoas individuais. O seu obxectivo é denunciar publicamente a inhumana xestión da crise das persoas refuxiadas levada a cabo polas diferentes institucións e gobernos da Unión Europea.

En Ferrolterra a Rede constituíu-se o 25 de Maio entre entidades xa adscritas a esta rede e outras novas de ámbito local. Presentada publicamente o pasado 31 de Maio nun emotivo acto que contou coa coa presenza de Alberto Ameneiros, veciño da comarca que retornara había escasos días do campo de Idomeni, en Grecia.  Alberto Ameneiros, non só informou da traxedia que viven miles de persoas, senón trouxo unha mensaxe desde os campos de refuxiadas cun único desexo de poder gozar do dereito a vivir en paz e de seren tratadas como seres humanos.

A Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas, convoca estas mobilizacións o 18, 19 e 20 de Xuño declarado Día mundial das persoas refuxiadas [*].

Baixo o lema 'Non ás guerras. Rachemos coas fronteiras' A Coruña, A Guarda, Compostela, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo sairán ás rúas para esixir rutas legais sen condicións; o cumprimento dos convenios internacionais en materia de asilo e refuxio; que se revise en profundidade a política migratoria e exterior europea; e o respectos dos dereitos humanos das persoas que se viron obrigadas a fuxir da guerra, a violencia e a fame.

Web de referencia da Rede:
http://www.rederefuxiadas.org/

@GalRefuxiadas

Manifesto subscrito polas organizacións adscritas á Rede o pasado 20 de Abril de 2016 | Acceder/Baixar.

[*] O 4 de decembro de 2000 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas na Resolución 55/76 decide que, a partir do ano 2001, o día 20 de xuño sexa o Día Mundial dos Refuxiados. | + Info.
____________________

sábado, xuño 11, 2016

Ferrol lugar de encontro da Asemblea anual do Foro Galego de Inmigración - Acto fin de campaña Stop-Deportacións, este sábado 11 de Xuño, desde as 11:30hs noa Ateneo Ferrolán e as 13:30hs no Cantón - Xantar compartido e pola tarde Asemblea


Este sábado 11 de Xuño de 2016, celebrara-se en Ferrol o Encontro/Asemblea 2016 de Foro Galego de Inmigración, no Ateneo Ferrolán, un encontro coas portas abertas á participación ao tecido asociativo solidario e a toda xente de ben, boas e xenerosas que queiran contribuír a que se faga xustiza nun mundo onde temos que berrar con forza e petar na conciencia da xente que ningún ser humano é ilegal e onde todas as persoas somos inmigrantes. Desde Ártabra 21, saúdamos as compañeiras e compañeiros que van participar neste evento na nosa cidade e desexamos o mellor a tanta solidariedade e compromiso. Igual que queremos aledar-nos da saída tan digna do acoso e derribo que estaba padecendo a compañeira Laura Bugallo que despois de 7 anos e 5 xuízos, onde foi procesada pola súa actividade a prol das persoas inmigrantes sen papeis, a solidariedade estendida internacionalmente por todos os territorios e en especial na Galiza, puido variar unha resolución xudicial satisfactoria que acabou con anos de incerteza.


O Foro en Ferrol

O Encontro/Asemblea 2016 que o Foro Galego de Inmigración celebrará ese sábado 11 de Xuño cunha ampla participación de representantes das asociacións, entidades e persoas de toda Galiza que conformamos o Foro Galego de Inmigración.

Ademáis desenvolveremos un Acto Público Reivindicativo ás 13:00 na zona dos Cantóns, despois dunha Manifestación polas rúas máis céntricas da cidade, para facer visible a realidade da inmigración entre a cidadanía, o Acto contará con actuacións musicais e perfomance teatral e rematará coa Lectura dun Manifesto. Convocamos ao conxunto da cidadanía a este Acto para amosar a solidariedade con este colectivo de persoas, conveciñas nosas,  que teñen os seus dereitos gravemente recortados e que mesmo son perseguidas nas nosas vilas e cidades.

Despois dun xantar compartido, pola tarde celebraremos a Asemblea Anual do Colectivo, aberta a participación de calquera persoa ou colectivo interesada que analizará o labor desenvolvido, incluíndo a promoción e activa participación na Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas.

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 - Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es - 981-576 142
www.forogi.wordpress.com

Enviado por:
susana beatriz alaníz gonzález
-sual259@hotmail.com-
10 de junho de 2016 15:31
_________________