Amosando publicacións coa etiqueta Victor Aneiros. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Victor Aneiros. Amosar todas as publicacións

domingo, decembro 12, 2010

Making off dos preparativos do concerto de Víctor Aneiros no Teatro Jofre de Ferrol - 27 de novembro 2010

Na foto: Roberto Somoza, Pedro Lamas, José Somoza, José Rodríguez, Manuel Gutiérrez, Marcos Sánchez, Roberto Pérez, Víctor Aneiros, Julie Guravich, Mauri Sanchis e Víctor Gacio.



"Os lamentos son comúns en calquera parte do mundo e establecen sólidas relacions entre culturas extrañas", dixo un poeta africano, pai da teoría da negritude. Deste xeito, o blues en galego ten todo o sentido do mundo. E semella que o ten moito máis na voz e a guitarra de Víctor Aneiros.

Nacido en Ferrol, A Coruña en 1960. Músico autodidacta e heterodoxo, está considerado como un dos pioneiros do blues-rock en galego.

Despois de traballar nos anos 80 e 90 con distintas bandas locais, inicia a súa carreira en solitario en 1999, formando Víctor Aneiros & Blue Notes e editando “Que el blues te acompañe”.

Participa en distintos Festivais Antequera Blues Festival (2000), Ritmo e blues en Aragón (2001), Festival de Blues de Cerdanyola (2001), Festival de blues de Reus (2002) e Montreux Jazz festival off (2002). Comparte cartel con Big Bill Morganfield, Coco Montoya, Raimundo Amador, BB King…

No 2003 forma Víctor Aneiros Band e edita “Live in Montreux”, actuación que recolle un dos dous concertos ofrecido neste Festival. Participa no Festival de Elorrio (2003).

Xa con dous traballos editados queda claro que o blues de Aneiros é heterodoxo, sen purismos enfáticos. Para el o bo da música é, precisamente, o que ten de inabarcable.

No 2004 edita “Blues Do Amencer”, integramente cantado en galego.

Participa no Festival Festival de blues de Getxo 2004, Festival de blues de Sta. María das Azores 2005 (Portugal), Festival de blues de Ourense 2005, Festival de blues de Torreperogil 2006, Festival de blues de Seia 2007 (Portugal), Festival de blues de Gaia 2007 (Portugal). Comparte cartel con Eric Sardiñas, Deborah Coleman, John Le Hooker Jr, Ten Years after, Coco Montoya

En 2008 edita “Heroe Secreto”. No pon música a poemas de Rosalía de Castro, Luís Pimentel, Amado Carballo e Ramiro Fonte. Así como, unha adaptación ao blues do himno da emigración galega “Unha noite na eira do trigo” do poeta Curros Enríquez. Contou coas colaboracións do saxofonista Roberto Somoza, o trompetista Hansel Luís Díez, o trombonista Edward Chamorro Cabrera, o contrabajista Xacobe Martinez Antelo, a vocalista Paula Martins, o acordeonista Javier Díaz e o banjo e guitarra de Juan Cabezón.

Participa por segunda vez no Festival de Blues de Cerdanyola 2008. Comparte cartel con Eric Sardiñas, Raimundo Amador, Shemekia Copeland, Bob Brozman ...

Neste traballo inclúese o tema “Miña bala perdida” polo que foi nomeada a mellor canción en galego na XIII edición dos premios da música 2009.

Sitio na rede de Victor Aneiros:
http://www.victoraneiros.com/


Información baseada na enviada por:

Juan Fernández Sixto
12 de diciembre de 2010 a las 7:36
____________________