domingo, xuño 28, 2015

Alexis Tsipras: "O Discurso do referendum"


Discurso do referendum
Alexis Tsipras


Compañeir@s greg@s,

Durante seis meses o goberno grego librou unha batalla en condicións de asfixia económica sen precedentes para levar a cabo o mandato que nos detes o 25 de xaneiro. Mandato que estivemos negociando cos nosos socios para poñer fin á austeridade e para permitir que a prosperidade e a xustiza social regresen de novo ao noso país.

Foi un mandato para un acordo sostible que respectase a democracia e as regras comúns europeas e para dar lugar á saída definitiva da crise.

Ao longo dese período de negociacións, pedíusenos que implementásemos os memorándums acordados por gobernos anteriores, aínda que o pobo grego os condease categoricaemte nas eleccións.

Porén, en ningún momento pensamos en rendernos, é dicir, en traizoar a vosa confianza.

Despois de cinco meses de duras negociacións, os nosos socios, por desgraza, levaron ao Eurogrupo, antes de onte, un ultimátum á democracia grega e ao pobo grego.

Un ultimátum é o contrario aos principios e valores fundadores de Europa, os valores do noso proxecto común europeo.

Pediron ao goberno grego que aceptase unha proposta que inclúe unha nova carga insostible para o pobo grego e que socava a recuperación da economía e da sociedade grega, unha proposta que non só perpetúa o estado de incerteza, senón que acentúa aínda máis as desigualdades sociais.

A proposta das institucións inclúe medidas que conducen á desregulación do mercado de traballo, recortes nas pensións, máis reducións nos salarios do sector público e un incremento do IVE dos alimentos, restaurantes e turismo; ao tempo que elimina as exencións fiscais para as illas gregas.

Estas propostas violan directamente os dereitos sociais fundamentais europeos. Mostran, no que toca ao traballo, igualdade e dignidade, que o obxectivo dalgúns dos nosos socios e institucións non é un acordó viable e beneficioso para todas as partes, senón a humillación do pobo grego todo.

Nestas propostas destaca principalmente a insistencia do FMI na austeridade severa e punitiva e fai máis necesaria ca nunca a necesidade de que as potencias europeas aproveiten a oportunidade e tomen a iniciativa para chegar a un fin definitivo da crise de débeda soberana grega, unha crise que afecta a outros países europeos e que ameaza o mesmo futuro da integración europea.

Compañeir@s greg@s,

Neste momento descansa sobre os nosos ombros a responsabilidade histórica, conducida polo pobo grego a través da loita e dos sacrificios, pola consolidación da democracia e da soberanía nacional. A nosa responsabilidade polo futuro do país.

Hai un intre, na reunión do Consello de Ministros, propuxen a organización dun referéndum para que o pobo grego poida decidir de xeito soberano.

A proposta foi aceptada por unanimidade.

Mañá, a Cámara de representantes será convocada con urxencia para ratificar a proposta do Consello de Ministros de que se celebre un referéndum o próximo domingo 5 de xullo sobre a cuestión da aceptación ou o rexeitamento da proposta das institucións.

Xa informei sobre a miña decisión ao presidente de Francia, á chanceler de Alemaña e ao presidente do BCE, e mañá pedirei formalmente por carta aos líderes e institucións da UE que extendan por uns días o actual programa para que o pobo grego poida decidir libre de calquera presión ou chantaxe, como o esixe a Constitución do noso país e a tradición democrática de Europa.

Compañeir@s greg@s,

Ante a chantaxe do ultimátum que nos pide que aceptemos unha austeridade severa e degradante sen fin e sen perspectivas de recuperación económica e social, pídovos que respondades de maneira soberana e orgullosa, como nos manda a historia do pobo grego.

Ante o autoritarismo e a dureza da austeridade, responderemos con democracia, con calma e con decisión.

Grecia é o berce da democracia e vai enviar unha resposta contundente e democrática a Europa e ao mundo.

Persoalmente, comprometinme a respectar o resultado da escolla democrática, sexa cal sexa.

E estou absolutamente seguro de que a vosa escolla honrará a historia do noso país e enviará unha mensaxe de dignidade ao mundo.

Nestes momentos críticos, temos que lembrar todos que Europa é o fogar común dos pobos. Que en Europa non hai propietarios e hóspedes.

Grecia é, e seguirá a ser, unha parte integrante de Europa e Europa unha parte integrante de Grecia. Pero sen democracia, Europa será unha Europa sen identidade e sen rumbo.

Convídovos a todos a mostrar a unidade nacional e a tranquilidade, co fin de tomar as decisión correctas.

Para nós, para as xeracións futuras, para a historia dos gregos.

Pola dignidade e a soberanía do noso pobo.

Atenas, 27 de xuño, 1 da mañá.

Fonte: Somos Ninguén
__________________

A Marcha Mundial das Mulleres diante do día internacional do orgullo de Lesbianas, Gais, Transexuais, Bisexuais e Intersexuais


MANIFESTO LGTBI


Un ano mais a Marcha Mundial das Mulleres quere apoiar o día do orgullo de Lesbianas, Gais, Transexuais, Bisexuais e Intersexuais, día de reivindicación e denuncia porque, a pesar dos avances conseguidos, o colectivo de LGTBI segue sufrindo a discriminación, o acoso, o rexeitamento e a invisibilidade por unha gran parte da sociedade e mentres non se remate con todo iso seguiremos reivindicando en todo o mundo que o colectivo LGTBI sexa tratado con respecto, igualdade de dereitos e dignidade.

Queremos denunciar que as persoas LGTBI seguen sufrindo acoso nas escolas, nos institutos, no traballo, nos centros de maiores e mesmo nas propias familias.

Que as situacións de acoso, agresión verbal, de exclusión social e de agresión física seguen producíndose con certa impunidade.

Que as lexislacións sobre doazóns de sangue identifican ao colectivo LGTBI con prácticas de risco e nalgúns países como Francia, os homes homosexuais teñen prohibido a doazón de sangue, promovendo a homofobia desde as institucións.

Queremos denunciar que a LGTBIfobia mata, xa que centos de adolescentes suicídanse pola presión e o acoso a que se ben sometid@s.

RECLAMAMOS xunto co colectivo DE LESBIANAS, GAIS, TRANSEXUAIS, BISEXUAIS E INTERSEXUAIS (LGTBI):
Que desde as administracións e institucións públicas se poña en marcha de forma efectiva a lei contra a LGTBIfobia.

Que se traballe na formación do funcionariado (sanitario, administrativo, educativo, xudicial) na igualdade de dereitos e na visibilización de maneira positivo ao colectivo LGTBI con todos os seus dereitos e deberes.

Que se traballe para conseguir escolas seguras onde nenas e nenos poidan vivir con total respecto e liberdade a súa orientación afectivo-sexual, a súa identidade de xénero, así como a da súa familia.

Que se visibilice nas escolas e institutos a diversidade afectivo-sexual e a diversidade familiar nas aulas e que estes temas se traballen de xeito transversal en todos os niveis do ensino, desde infantil ao ámbito universitario.

Que os medios de comunicación e a publicidade se impliquen na visibilidade da realidade LGTBI, en todo o seu espectro e abarcando todas as etapas da vida.

Que as persoas que forman parte do colectivo LBTGI poidan vivir con orgullo a súa realidade afectivo sexual, de identidade de xénero e familiar, e que a poidan visibilizar sen vergoña nin infravaloracións.

Que ningunha agresión homófoba quede impune.
Pero non é só un día de denuncia e reivindicación senón tamén un acto de visibilidade para demostrar que a felicidade conséguese vivindo como se sente, amándose de xeito libre, relacionándose sen tabús e formando a familia que se soña.

Marcha Mundial das Mulleres de Galiza

"As mulleres decidimos"


Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres
mmmferrolterra@gmail.com
http://www.feminismo.info
https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza
https://twitter.com/MMMGaliza

Que é a Marcha ?
A Marcha Mundial das Mulleres é un movimento mundial de accións feministas que reúne grupos de mulleres e organizacións que actúan para eliminar as causas que orixinan a pobreza e a violencia contra as mulleres. Loitamos contra todas as formas de desigualdade e de discriminación sufridas polas mulleres. Os nosos valores e as nosas accións orientanse cara un cambio político, económico e social. Os mesmos que se articulan aoredor da mundialización das solidaridades, a igualdade entre mulleres, entre mulleres e homes, e entre os pobos, o respecto e a valoración do liderazgo das mulleres e o fortalecimento das alianzas entre mulleres e cos outros movimentos sociais progresistas.
________

venres, xuño 26, 2015

O decrecemento xa non é só unha utopía é imprescindible suscitalo - Novo libro de Icaria: "Decrecemento - Vocabulario para unha nova era"

O decrecemento xa non é só unha utopía é imprescindible suscitalo. 51 conceptos desenvolvidos polos mellores pensadores que nos levan a iso. En Icaria, acaba de publicar o libro "Decrecemento  - Vocabulario para unha nova era", o compendio máis exhaustivo sobre o decrecemento até agora publicado en castelán, útil como referencia internacional.

O decrecemento resístese a unha definición simple. Como a liberdade ou a xustiza, o decrecemento expresa unha aspiración que non pode ser encerrada nunha frase. O decrecemento é un marco no que coinciden diferentes liñas de pensamento, imaxinarios ou propostas para actuar. Esta versatilidade é unha das súas principais fortalezas.

O decrecemento é un rexeitamento ao espellismo do crecemento e un chamamento a favor dunha repolitización do debate público, hoxe colonizado pola linguaxe economicista. Decrecemento é a hipóteses de que podamos «vivir ben con menos e en común».

Persoas moi diferentes chegan a el desde diversos ángulos. Algúns, porque constatan que hai límites ao crecemento. Outros, porque consideran que estamos entrando nun período de estancamento económico e que deberiamos achar vías para manter a prosperidade sen crecemento. Outros máis, porque creen que unha sociedade verdadeiramente igualitaria só pode ser aquela que se libere do capitalismo e a súa procura insaciable de expansión. E outros, finalmente, porque o término «decrecemento» resúltalles moi coherente co modo de vida que elixiron.

As contribucións a este libro proveñen de diversas escolas de pensamento, de diferentes disciplinas e de variadas esferas de vida: economistas ecolóxicos, antiutilitaristas, (neo)marxistas, ecoloxistas políticos, cooperativistas, «nowtopistas» e diversos activistas e practicantes.

Estamos ante unha rede de ideas e conversacións en forma de vocabulario, o desenvolvemento dun conxunto de conceptos que constrúen o andamiaxe imprescindible para responder a un cambio de paradigma civilizatorio. O resultado é o compendio máis exhaustivo sobre o decrecemento ata agora publicado en castelán, útil como referencia internacional. Decrecemento foi publicado en inglés e catalán e proximamente en francés, alemán, portugués, holandés, croata e italiano.

Giacomo D´Alisa, Federico Demaria e Giorgos Kallis son investigadores do Institut de Ciència i Tecnologia Ambientals na Universitat Autònoma de Barcelona e membros do colectivo Recerca i Decreixement.

http://www.degrowth.org // @r_degrowth

Decrecemento - Vocabulario para unha nova era. (Decrecimiento - Vocabulario para una nueva era. Prólogo de Amaia Pérez-Orozco). Giacomo D´Alisa (ed.) Federico Demaria (ed.) Giorgos Kallis (ed.) | Antrazyt, 427 Análise contemporáneo. | Consumo e decrecemento. | Ecoloxí­a Economía Política ISBN: 9788498886627 Ano Publicación: 2015. | páginas: 352 | PVP: 29 €. | ÍNDICE.

Participan no libro Amaia Pérez Orozco, Serge Latouche, Joan Martínez-Alier, Tim Jackson, Arturo Escobar, Sergi Cutillas, David Llistar, Gemma Tarafa, Mayo Fuster Morell, Onofrio Romano, Mauro Bonaiuti, Isabelle Anguelovski, Alevgül H. Şorman, Susan Paulson, Joshua Farley, Diego Andreucci, Terrence McDonough, Erik Gómez-Baggethun, Marta Conde, Mariana Walter, Silke Helfrich, David Bollier, Marco Deriu, Sylvia Lorek, Erik Swyngedouw, Sergio Ulgiati, Dan O´Neil, Peter Victor, Filka Sekulova, Blake Alcott, Christian Kerschner,  Samuel Alexander, Rita Calvário, Iago Otero, Kristofer Dittmer, Nadia Johanisova, Ruben Suriñach Padilla, Philippa Parry, Xavier Renou, Claudio Cattaneo, Viviana Asara, Barbara Muraca, Brandon J. Unti, Mary Mellor, Denis Bayon, Juliet Schor, Chiara Corazza, Solomon Victus, Antonella Picchio, Mogobe B. Ramose, Chris Carlsson, Eduardo Gudynas, Alberto Acosta, Floren Marcellesi e Juan Carlos Monedero.

Información relacionada:
Icaria editora:
http://www.icariaeditorial.com/

Información baseada na enviada por:
Anna Monjo
-amonjo@icariaeditorial.com-
25 de junho de 2015 14:37
_________________

"O informe dos 5 presidentes significa afondar na consolidación da axenda neoliberal" di Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe)


"O informe dos 5 presidentes significa afondar na consolidación da axenda neoliberal" di Lidia Senra, eurodiputada de AGEe. | Os presidentes das 5 principais institucións europeas presentaron esta semana unha proposta para afondar na Unión Económica e Monetaria. | A "Autoridade Nacional da Competitividade", unha entidade neoliberal  para forzar e manter a precariedade laboral das traballadoras/es.

O pasado luns 22 de xuño os presidentes da Comisión Europea -Jean-Claude Juncker-, do Cumio do Euro  -Donald Tusk-, do Eurogrupo -Jeroen Dijsselbloem-, do Banco Central Europeo -Mario Draghi- e do Parlamento Europeo -Martin Schulz-, fixeron público o informe Realizar a Unión Económica e Monetaria europea.

Este texto, en total consonancia co neoliberal Plan Juncker - o Fondo Europeo de Inversións Estratéxicas (FEIE)-, avoga por afondar na Unión Económica e Monetaria (UEM) a partir do vindeiro 1 de xullo a través dun proceso que propoñen completar antes do 2025. A análise deste documento é tamén un dos puntos da orde do día da xuntanza do Consello Europeo que está a ter lugar no día de hoxe en Bruxelas.

Centrándonos en tres aspectos fundamentais do informe, dende Alternativa Galega de Esquerda en Europa Lídia Senra valorou como "especialmente preocupante" o feito de que o Fondo Europeo de Inversións Estratéxicas "independentemente de como o estea vendendo a Comisión Europea", o que está a procurar é fixar e asentar a polémica fórmula das dinámicas de colaboración público privadas, "que adoitan saír ao final moito máis caras para o erario público que a inversión pública directa, xa que a cidadanía vese na obriga de asegurar a ganancia  privada, é dicir, socialízanse as perdas potenciais pero privatízanse as ganancias, como acontece por exemplo co proxecto Castor no Estado español".

Ademais, cómpre lembrar que, segundo se especifica no Plan Juncker, a selección de proxectos levados adiante baixo esta fórmula, en troques de ser realizada por institucións públicas, será decidida polos denominados "expertos", "que sempre respostan aos intereses da industria privada", matizou a eurodeputada galega.

Senra criticou tamén a reiteración do mantra neoliberal da "competitividade", recollido específicamente no apartado do informe titulado "Afondar actuando", onde se plantexa "impulsar a competitividade e converxencia estrutural poñendo en marcha  políticas orzamentarias responsábeis a nivel nacional", é dicir, traducíu Senra,  "seguir con medidas de austeridade, seguir adelgazando os orzamentos públicos e, polo tanto, afondar nunha dinámica de perda de servizos públicos, destrución de postos de traballo, aumento da pobreza e da exclusión social. Iso si, nada se di de buscar solucións para resolver a débeda que nos afoga sobre todo aos pobos do Sur".

Por último, este libro de recetas neoliberais cas que cociñar as políticas económicas da zona euro cita a configuración dunha "Autoridade Nacional de Competitividade", identificando expresamente que este organismo "non debe armonizar as prácticas e as institucións encargadas de fixar os salarios nos Estados", o que, dende o punto de vista sociolaboral "significa negar a posibilidade de chegar a fixar un salario mínimo a nivel europeo e, polo tanto, a competitividade seguirase baseando na precarización e no dumping social", explicou a eurodeputada galega.

Polo tanto, este organismo afondará na actuais dinámicas de deslocalización da produción, buscando sempre as condicións salariais máis baixas e facendo entrar en competición ás traballadoras/es entre si, "dando carta de natureza ás rebaixas salariais en aras de poder competir; iso si, un tipo de competitividade que leva á destrución da economía real dos países, eliminando a pequena e mediana empresa, autónomos/as, labregas e labregos, etc".

Aliás, segundo se especifica no documento presentado a principios de semana e debatido hoxe no Consello, estas autoridades da competitividade serán unha vez máis órganos ao servizo do interese privado que escaparán do control dos Parlamentos, xa que están contemplados como "independentes dende o punto de vista operativo (...) e terán a capacidade de dar orientacións ás autoridades durante as negociacións salariais". Aliás, afondando inda máis na dinamitación das regras da negociación colectiva como a coñecemos até o momento, o informe establece tamén que os interlocutores sociais "deberán ter en conta" as orientacións destas autoridades durante as negociacións salariais.

Bruxelas, 25 Xuño 2015.
---
Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL)

[*] Lidia Senra, eurodiputada, da Alternativa Galega de Esquerda en Europa, no Grupo Confederal da Esquerda Unitária Europeia/Esquerda Nórdica Verde (AGEe - GUE/NGL).
|
Tlf: 609 845 861
|
lidia.senra@europarl.europa.eu



Máis información en
:
Foto: The 5 presidents of the EU institutions.  [EurActiv France]

Enviado por:
Senra Rodríguez, Lidia
-lidia.senra@europarl.europa.eu-
25 de junho de 2015 18:30

________

Declaraçom final da VIII Assembleia Nacional (extraordinária) de NÓS-Unidade Popular, onde considera esgotado o ciclo político e acordam a dissoluçom da organizaçom


Declaraçom final da VIII Assembleia Nacional (extraordinária) de NÓS-Unidade Popular


Quando se completam 14 anos desde a Assembleia Fundacional de NÓS-Unidade Popular, decorrida na nossa capital, Compostela, em junho de 2001, a mesma cidade acolheu hoje a nossa VIII Assembleia Nacional, de caráter extraordinário.

O ponto único da ordem de trabalhos foi a viabilidade desta ferramenta política construída durante todos estes anos ao serviço de um projeto de libertaçom nacional, social e de género que a totalidade de participantes continua a considerar vigorante.

No entanto, a reafirmaçom na necessidade de um projeto dessas caraterísticas nom impediu que a maioria da filiaçom e colaboradores/as assistente avaliasse criticamente a utilidade atual desta ferramenta política ao serviço de um desafio histórico como esse.

A VIII Asssembleia Nacional de NÓS-Unidade Popular, reunida em Compostela a 20 de junho de 2015, considera esgotado o ciclo político iniciado pola nossa organizaçom em 2001.

Avaliando positivamente para o País e para o nosso povo o trabalho realizado pola nossa filiaçom, com os seus acertos, erros e experiências sempre ao serviço da causa nacional e de classe, acordamos a dissoluçom de NÓS-Unidade Popular.

É vontade unánime entre a filiaçom ativa da nossa organizaçom continuar a contribuir organizada e coletivamente para os objetivos políticos fundacionais de NÓS-Unidade Popular.

Deverá ser cada organizaçom da nossa esquerda nacional que avalie a sua própria trajetória e evoluçom futura no caminho de serviço ao povo trabalhador galego, se bem fazemos um apelo à reflexom sobre a situaçom de crise do projeto nacional galego e da sua esquerda patriótica.

 Em momentos históricos extraordinários como o atual, é necessário tomar decisons extraordinárias que permitam retificar e avançar. A unidade da esquerda patriótica é umha necessidade ineludível e urgente.

Como primeiro gesto nessa direçom e último gesto político da nossa organizaçom, a VIII Assembleia Nacional de NÓS-Unidade Popular quer fazer público reconhecimento da iniciativa que nestes dias visa convocar um Dia da Pátria unitário em coordenadas soberanistas e de esquerda.

Se essa convocatória suprapartidária acabar por se verificar, contará com a participaçom coletiva do conjunto da que até agora foi filiaçom e base social de NÓS-Unidade Popular.

O nosso reconhecimento é neste momento para a entrega de todos os companheiros e companheiras, especialmente as que lamentavelmente já nom estám entre nós, que contribuírom para o trabalho político patriótico, feminista e de esquerda desenvolvido durante todos estes anos no seio da nossa organizaçom em prol da Independência e o Socialismo.

 Galiza, 24 de junho de 2015

NÓS-Unidade Popular
Correio-e: nacional@nosgaliza.org | nosup.imprensa@gmail.com

Sede Nacional: Rua Costa do Vedor 47, rés-do-chao. Compostela. Galiza
web: www.nosgaliza.org | twitter: @nosgaliza

Foto: Coincidindo com um acto de homenagem aos represaliados e represaliadas polo franquismo na comarca de Trasancos, Voluntári@s de NóS-Unidade Popular derrubam umha estátua de Franco em Narom, em 8 de Dezembro de 2003. | la haine.

Enviado por:
NÓS-Unidade Popular NÓS-UP
-nosup.imprensa@gmail.com-
25 de junho de 2015 10:24

__________________

martes, xuño 23, 2015

Hoxe, 23 de junho, Lumeirada d'A Revolta 2015 em Caranza - Desde as 6 da tarde na ribeira de Caranza, nas inmediaçons da rúa Cartaxena


O Colectivo Sociocultural A Revolta de Trasancos, organizamos, como é habitual desde há já 17 anos umha lumeirada para celebrar o solstício de verám. O lume vai ser o grande protagonista nesta noite meiga e de divertimento, onde celebraremos a chegada do verám, na noite mais curta do ano.

O Solstício de Verám 2015 celebraremo-lo prendendo lume a umha grande fogueira, mas nom faltará a festa com sardinhas, chouriços, pam, vinho, cerveja, ... a prezos populares. Música, ... cantar , bailar, ...

Como nom podia ser doutro jeito, a Lumeirada d'A Revolta 2015, vai ter lugar a Terça-Feira [Martes], 23 de Junho, na ribeira de Caranza, nas imediaçons da Rua Cartagena, no antigo campo de terra batida, desde as 6 da Tarde até a madrugada do dia seguinte.

Nove veces há que saltar a fogueira recitando os benefícios que queres ou os males que queres espantar, para que cumpra o lume os seus poderes na noite meiga.

Mas também há quem pom o cacho da noite das lumeiradas, ervas medicinais e aromáticas com água, deixadas numha tina ao rocio da noite, para o asseio purificador da manhá.

Nom faltes!

A Revolta

Evento no facebook:

https://www.facebook.com/events/839565159465558/


Colectivo Sociocultural
"A Revolta de Trasancos"


Centro Social d'A Revolta

Rua Alcalde Quintanilha, L-3 Local nº2

Praza do Anfiteatro das Rosas- 15406 Ferrol - Galiza

correio-e:
a.revolta.de.trasancos@gmail.com

Facebook:
https://www.facebook.com/arevolta.detrasancos

Blogues d'A Revolta

Cancioneiro d'A Revolta

Abrimos um Blogue onde imos postando todas as cançons que estamos ensaiando. Podes copia-las para a casa e para as festas. Participa ensaiando-as os venres com A Revolta.

http://cancioneirodarevolta.blogspot.com.es/

***
Loitando polo Centro Social
Dada a situación complicada que estamos tendo co local do Centro Social d'A Revolta, que temos concedido na Praça do Anfiteatro d'As Rosas de Caranza, na Rua Alcalde Quintanilha, L-3 Local nº2. Pois som vários os assuntos pendentes -consolidaçom da cessom, águas residuais, ..., que ainda temos que solucionar e que estám paralisando as reformas e a adapataçom do mesmo para poder desenvolver as nossas actividades cum mínimo de qualidade. Para informar da situaçom, do que se leva feito e do que queda por fazer, confeccionamos este blogue, agardamos que seja útil. E logo podamos debater..

http://localtrasanqueiro.blogspot.com.es/

***

Trasancos em tempo de Entroido

http://trasancos-artabro.blogspot.com.es/


O noso blogue

http://a-revolta-de-trasancos.blogspot.com.es/

***
Blogues das Associaçons do Bairro de Caranza

Follas Informativas das asociacións

http://barriodecaranza.blogspot.com.es/

Asociacións do Barrio de caranza

http://caranza-ferrol.blogspot.com.es/
_________

Festa de Cultura Popular en solidariedade co Ateneo Ferrolán - O Seixo sábado 27 de xuño de 2015 - “Nunca choveu que non escampara”


Nunca choveu que non escampara
Festa de Cultura Popular en solidariedade co Ateneo Ferrolán
O Seixo sábado 27 de xuño de 2015


A Sociedade Amigos da Paisaxe Galega do Seixo e o Ateneo Ferrolán organizan unha festa de arte e cultura no Seixo o vindeiro sábado 27 de xuño. A actividade quere ser unha xornada de confraternización do mundo cultural da bisbarra, convocados en solidariedade co Ateneo Ferrolán. Aínda que o problema do patrimonio do Ateneo parece en vías de solución, a entidade padece aínda problemas económicos derivados das débedas contraídas nos últimos tempos por mor das obras de rehabilitación da súa sede e da falta de calquera axuda por parte do Concello de Ferrol nos últimos catro anos. É por iso que o beneficio económico dos actos destinarase ao Ateneo Ferrolán, para o reflotamento económico dunha entidade de vocación cultural aberta e plural que sempre traballou en estreita colaboración co tecido cultural da cidade. É por iso que o festival conta coa colaboración e participación de entidades sociais e culturais da bisbarra nunha listaxe que crece día a día, e na que até o momento figuran a Asociación Cultural Fuco Buxán, a Fundaçom Artábria, a Asociación Cultural Muiño do Vento, A Revolta de Trasancos, o Colectivo Opaii Radio Filispim, a Asociación Conxeito, o Club do Mar de Mugardos, e a Sociedade O Pote de Maniños.

O Festival ten dúas actividades diferenciadas: unha Feira Cultural que terá lugar no Souto de Beiramar (O Seixo), entre as 14 e as 19 horas, e unha Gala Solidaria, a partir das 20 horas, na Sociedade Amigos da Paisaxe Galega do Seixo.

A Feira Cultural contará con actividades como poesía, roteiros, música tradicional, xogos populares, exposicións e diversas actividades, organizadas polas entidades participantes na Festa. Iniciarase cunha comida no fermoso paraxe do Souto de Beiramar ás 14 horas. En caso de choiva a Feira terá lugar nos locais da Sociedade Amigos da Paisaxe Galega.

A Gala Solidaria será un festival artístico e musical que se vai desenvolver na Sociedade Amigos da Paisaxe Galega, e na que participarán o Mago Fiz, Lenda Ártabra, Faraway, Trío Blues, Alumnos da Escola da Vaca, Óscar Fojo, Saravá Criôlo, Eugenia Sanmartím, Bitxo Bola, Os Derradeiros e DJ Miguel López.

En breves datas o Ateneo porá á venta as entradas para a Gala Solidaria (5 euros) no seu local e noutros pontos de venta.

Un lugar de encontro para a cultura.
Ateneo Ferrolán, fundado en 1879.
www.ateneoferrolan.org

e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.:  +34 981 357 970 |
Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | FERROL (A Coruña)

BLOG: http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/

Tamén no Facebook: http://www.facebook.com/pages/Ateneo-Ferrolan/134569549934117

Séguenos en Twitter: @ateneoferrolan

Fai unha achega pola cultura https://achegas.ateneoferrolan.org Campaña de APOIO e DEFENSA do Ateneo. Patrimonio da cidade

http://salvemosoateneo.blogspot.com.es/p/o-ateneo.html

Faite soci@! Colabora con nos!
Para axudas e aportacións económicas:
CC en Cajamar-Cajarural Cooperativa. Titular Ateneo Ferrolán.
ES72-3058-6402-9527-2000-5350


Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-secretaria@ateneoferrolan.org-
21 de junho de 2015 20:22

______________

venres, xuño 19, 2015

Acto público de Esquerda Unida con Alberto Garzón Espinosa - Hoxe, Venres 19 de Xuño, ás 16:30hs no Parque Municipal de Ferrol


Hoxe venres 19 de xuño, ás 16:30 horas, no Parque Municipal de Ferrol, nun acto público co deputado e candidato á presidencia do goberno  Alberto Garzón Espinosa.

No acto  falarase sobre os procesos de unidade popular que se están a dar ao longo do estado.

Evento no facebook:
https://www.facebook.com/events/1591639327777541/

--
Esquerda Unida de Ferrol
R/ do Sol 124 Entrechán Esquerda
981944035

www.euferrol.org
https://www.facebook.com/esquerdaunida.ferrol
https://twitter.com/EUFerrol
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html


Información baseada na enviada por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
15 de junho de 2015 21:52

____________

O Comité Cidadán de Emerxencia presentou Alegacións contra a proposta de prorrogar por 15 anos mais a concesión a Reganosa - Enlace ao moi interesante escrito de Alegacións


O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol presentou diante da Autoridade Portuaria de Ferrol-San - Cibrao, Alegacións contra a proposta de prorrogar por 15 anos máis a concesión a Reganosa

O CCE ven de presentar diante a Autoridade. Portuaria de Ferrol-San.Cibrao o documento de Alegacións contra a proposta de prorrogar por 15 anos mais a Concesión a Reganosa. Un documento onde se proba que as pretensións de Reganosa carecen de fundamento.

Segundo os representantes de Reganosa dado que, a concesión outorgada en Maio de 1997 foi para usos de Forestal, consideran que as obras realizadas por Forestal nos anos 1999 e 2000 son as iniciais e que as inversións realizadas a partires do 2004 na construción da planta de gas (ao non estar previstas na concesión orixinal) serían consideradas unhas inversións a maiores, superando o 20% da obra de Forestal, o que lles permitiría solicitar a ampliación da concesión.

Unha vez mais atopámonos co proceder fraudulento dos promotores de Reganosa, recoñecendo que a concesión outorgada en 1997 foi solicitada por Forestal e para usos e actividades de Forestal e que, unha vez acadada e cando anuncian a instalación da planta de gas.

Polo tanto desde o CCE se mantén e así se recolle tanto na solicitude de concesión do cambio de usos de xuño de 2001, como na acta final de recoñecemento das obras, de 3 de maio de 2007, onde separan claramente as obras feitas por Forestal e as realizadas por Reganosa en base ao proxecto que serviu para o outorgamento da concesión. A inversión da planta de gas, mais aló dos enganos de Reganosa, é a que hai que considerar, e polo tanto non hai razón algunha para acceder a súa solicitude , xa que só houbo unhas únicas obras

Non so hai razón para denegar a solicitude da prórroga, senón que a Autoridade Portuaria debe retirarlle a concesión, unha vez demostrada a falsidade dos datos aportados no seu momento para acadar autorizacion de funcionamento asi como as ilegalidades cometidas:.

Unha concesión outorgada para outros usos.

Unhos recheos e dragados, e planos de auga ilegais.

A planta  de Reganosa non é estratéxica para Galicia. Tal e como se dixo, a súa produción diminúe cada ano: en 2014 foi do 28.6%. Os gasodutos pechados teñen a capacidade suficiente para subministrar gas a Galicia.

A planta de Reganosa nunca foi declarada de interese público.

Levamos pagado perto de 500 millóns de euros, xa que forma parte do chamado déficit enerxético que fai que paguemos pola enerxía unha das taxas mais altas de Europa.

Una instalación ilegal segundo a sentencia do Tribunal Supremo de 11 de Maio de 2102.

Unha instalación perigosa que ameaza a vida de miles de persoas. Unha instalación nociva para o ecosistema da Ria

Ferrol a 18-06-2015

Comité Cidadán de Emerxencia  para a Ría de Ferrol

Foto Ría de Ferrol, Reganosa no concello de Mugardos, no marxe sur da Ría, na foto no centro á dereita.

Escrito de Alegacións | Acceder/Baixar.

Pasaron xa tres anos desde que o 11 de Maio de 2012 se ditou a Sentenza polo Tribunal Supremo, onde a planta xa foi declarada ilegal, en sentenza inapelábel. O 15 de Setembro de 2014, foi admitido a trámite, polo Tribunal Supremo, o Recurso de Casación contra a decisión da Xunta de Galicia e o Concello de Mugardos que denegan a nulidade do novo PXOM en execución da mencionada Sentencia.

Tras a Sentenza do Tribunal Supremo, que declara ilegal a localización de Reganosa, temos que esixir o fin desta ameaza e deste malgasto de cartos públicos. Temos que esixir o seu peche definitivo.
  • QUE SE CUMPRA A SENTENZA DO TRIBUNAL SUPREMO XA! 
  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  • MÓVETE CONTRA A IMPUNIDADE !!
  • PECHE XA!!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA  !!

O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc


Enviado por:
comitecidadan
-comitecidadan@gmail.com-
18 de junho de 2015 19:01
_______________

Convocada unha nova concentración ante o anuncio da entrada do LNG 'Castillo de Villalba', cargado con gas para a ilegal e perigosa Reganosa - Na Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, este Venres 19 de Xuño 2015, ás 8 da Tarde


CONCENTRACIÓN SONORA EN FERROL,
 VENRES 19 DE XUÑO, ÁS 8 DA TARDE (NOVO HORARIO)
DIANTE DO EDIFICIO ADMINISTRATIVO DA XUNTA
NA PRAZA AMADA GARCIA

O "LNG Castillo de Villalba", de bandeira española, vai descargar miles de toneladas de gas natural licuado para Reganosa. Un buque gaseiro, de GRANDE PORTE máis de 284 metros de eslora, 42,50 de manga, un puntal de 57,70 e un calado de 11,4m, que pode cargar sobre uns 138.000 de m³ de gas natural licuado (LNG / GLN). O "LNG Castillo de Villalba" vai entrar pola bocana da Ría e cruzará o angosto, estreito, de pouco calado e de fondo rochoso canle de máis de 4.500 metros (con miles de toneladas de GNL abordo), até chegar ao pantalán de descarga do peirao de punta Promontorio, situado no termo municipal de Mugardos, onde Reganosa coa complicidade de políticos sen escrúpulos construíu unha planta de gas que nos ameaza todo-los días, aumentando exponencialmente esta ameaza sempre que entra na Ría un buque destas características cargado para a perigosa e ilegal planta regasificadora de Mugardos (Punta Promontorio). Este buque fixo o gaseiro número 196 que descarga en Reganosa, desde que o fixera o "Galicia Spirit" en Maio de 2007.

Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada do buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol convoca unha acción de protesta e denuncia, consistente nunha Concentración Sonora, este Venres ás 8 da Tarde (Novo Horario), en Ferrol, na Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.


Foto de Romarin, tirada do blogue de Juan Carlos Díaz Lorenzo, | O LNG Castillo de Villalba no Porto de Mugardos, con O Seixo no fondo.

Pasaron xa tres anos desde que o 11 de Maio de 2012 se ditou a Sentenza polo Tribunal Supremo, onde a planta xa foi declarada ilegal, en sentenza inapelábel. O 15 de Setembro de 2014, foi admitido a trámite, polo Tribunal Supremo, o Recurso de Casación contra a decisión da Xunta de Galicia e o Concello de Mugardos que denegan a nulidade do novo PXOM en execución da mencionada Sentencia.

Tras a Sentenza do Tribunal Supremo, que declara ilegal a localización de Reganosa, temos que esixir o fin desta ameaza e deste malgasto de cartos públicos. Temos que esixir o seu peche definitivo.
  • QUE SE CUMPRA A SENTENZA DO TRIBUNAL SUPREMO XA! 
  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  • MÓVETE CONTRA A IMPUNIDADE !!
  • PECHE XA!!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA  !!

O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc


Información baseada na enviada polo:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
16 de junho de 2015 12:00
_______________

mércores, xuño 17, 2015

Apresentaçom do livro 'Nacionalismo galego aquén e alén mar' de Uxío-Breogán Diegues - Na Fundaçom Artábria a próxima sexta-feira 19 de junho às 20hs


Na próxima sexta-feira 19 de junho às 20hs, terá lugar no nosso Centro Social a apresentaçom do último trabalho do historiador e professor da UDC, Uxío-Breogán Diegues, Nacionalismo galego aquén e alén mar. Desarticulación, resistencia e rearticulación (1936-1975). Este ensaio, editado por Laiovento, será apresentado polo também historiador e professor da UDC, Carlos Velasco.

Com esta obra, o professor Uxío-Breogán Diegues realiza umha fonda incursom na história do nacionalismo galego. Apresenta umha monografia na qual, pola primeira vez, obtemos umha detalhada panorámica desta realidade entre o plebiscito autonomista de junho de 1936, diante a II República, e a eclosom do movimento nacional-popular galego na primavera do ano 1975, no final da ditadura franquista. Umha viagem que parte dum tempo presidido no campo nacionalista polo Partido Galeguista (PG), fundado em dezembro de 1931, para rematar com a criaçom da Assembleia Nacional-Popular Galega (AN-PG) da qual se completam quarenta anos.
Onde estamos?

Travessa de Batalhons nº 7 rés-do-chao
(Esteiro) Ferrol-Galiza
Telefone: 981 352 986
correiodeartabria(arroba)gmail.com



Web da Fundaçom Artábria
http://agal-gz.org/blogues/index.php/artabria/

Enviado por:
Joam Tavia
-jtavia@gmail.com-
17 de junho de 2015 15:36

Acho que estamos diante dum livro interessante. Se vos présta, vemo-nos. XAM

____________

martes, xuño 16, 2015

En Ferrol, como en centos de cidades de todo o Planeta, tivo lugar unha Acción no Día Internacional contra os CIEs -Centros de Internamento de Estranxeiros - International Day to Close Detention Centres - Foro Galego da Inmigración - Vídeo


FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
15 DE XUÑO DE 2015
DERRIBANDO FRONTEIRAS
Campaña Internacional contra os CIEs

O  Foro Galego da Inmigración convocou este Luns día 15 de Xuño, unha acción simultanea en diferentes cidades de Galiza, dentro da Campaña Internacional do 15X contra os CIEs (International Day to Close Detention Centres). En Ferrol, como noutras cidades do Planeta, tivo lugar unha acto de denuncia, neste caso o acto consistiu na representación dun flahmob, onde foi relatada a vida nos CIEs desde diferentes procedencias xeográficas e onde as persoas son nomeadas por un simbólico número. Posteriormente presentou-se o Manifesto "Derribando Fronteiras", lido pola integrante do Foro en Ferrol, Susana Alaníz, que reproducimos neste escrito, así como un detalle da lectura do mesmo en vídeo.

Este día polo peche dos Centros de Internamento de Estranxeir@s -CIEs, denuncia, ademáis, un conxunto de agresións que sofren as persoas migrantes, especialmente ás que se atopan en situación de irregularidade administrativa, no referente aos seus dereitos fundamentais no conxunto do Estado e tamén en Galiza.

Así "Derribando Fronteiras",  pretende chamar a atención sobre as diferentes fronteiras que sufren ás persoas migrantes en Galiza e no Conxunto do Estado: ás físicas das vallas, CIEs ou deportacións; e tamén as menos visíbeis, dos recortes e limitacións de dereitos que sofre este colectivo en Galiza (prestacións e axudas sociais, atención sanitaria, persecución policial, ou explotación laboral).


https://youtu.be/fWjWxgpwKzs

Manifesto

DERRIBANDO FRONTEIRAS

O 15 de Xuño é o Día Internacional polo Peche dos CIEs, Centros de Internamento de Estranxeiros (International Day to Close Detention Centres). Centros de amoreamento de persoas onde, por lei, se pode estar ata 60 días esperando unha suposta deportación que, moitas veces non se levará a cabo. As condicións son infrahumanas e se exerce sobre persoas que como única falta é carecer dun papel que o converta en persoa residente neste país. Estamos pois, diante dunha represión racista. Unha fronteira que deberiamos derribar.

Pero as fronteiras van moito máis aló dos propios CIE. Día tras día, as persoas inmigrantes están sendo sometidas a redadas e identificacións masivas por motivo de raza ou cor de pel. Redadas que se están executando inclusive nos propios domicilios.

Non nos podemos esquecer da Fronteira Sur, das vallas de Ceuta e Melilla e as ilegalidades que está cometendo o goberno coas expulsións “chamadas en quente” que non son outra cousa que expulsións ilegais. Con todo isto, estase conseguindo a expulsión indiscriminada de persoas e evitando así conceder asilo ás que chegan fuxindo dunha morte segura polos seus países; moitos deles en conflitos bélicos.

Temos outra fronteira fortemente armada nas Deportacións de poboación inmigrante. O goberno do Estado español e empresas nacionais estanse lucrando cos respectivos voos de Deportación. Empresas do grupo Globalia, onde pertencen Air Europa, Viajes Halcón, Viajes Ecuador, Travelplan ou Pepe Phone... son parte de todo este entramado O goberno aprobou con esas empresas algo máis de 12 millóns de Euros para este ano 2015 e para o 2016 en voos de Deportación.

A represión á que é sometida a poboación inmigrante ten outras fronteiras que se volven invisíbeis. A vulneración dos seus dereitos sociais. A presión e toda a burocracia que teñen que salvar para conseguir unha tarxeta de residencia ou que lle presten atención sanitaria é, desde logo, bastante indignante e violenta... A impotencia vólvese o sentimento máis grande; e a sumisión a aceptar as condicións de escravitude nos precarios empregos que atopan, fai que sexa unha poboación cargada de medo. Medo a ser vista, medo a ser oída; medo a camiñar libremente.

Derribemos as fronteiras que nos separan. Os seres humanos somos todos un. Non importa raza, cor, relixión.

Ningunha persoa é ilegal.

Non máis represión á poboación inmigrante

Para máis información:
Miguel Fernández (662-307019)
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142
http://www.forogi.wordpress.com
_____________

luns, xuño 15, 2015

Sessiom Vermú na traseira do Mercado de Caranza a partir das 12h, este sábado 20 de Junho, e com a actuaçom especial de Jamie Fifthring - Despedida da Grelha 2014-2015 de Rádio Filispim


Vem celebrar com nós a despedida da tempada filispiniana 2014-2015 o Sábado 20 de Junho nunha nova Sessiom Vermú na traseira do Mercado de Caranza a partir das 12h e com a actuaçom especial de Jamie Fifthring . Radio ao Vivo, Música e Petiscos!!

Evento no facebook:
https://www.facebook.com/events/1592178171051262/

OPAII-Rádio FilispiM [93.9 FM]
A rádio livre e comunitária da Comarca de Trasancos emitindo desde Ferrol.
Web: http://www.opaii.blogspot.com
Ao Vivo: http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg
E-mail: filispina@gmail.com
__________

A Marcha Mundial das Mulleres convida a participar na campaña. "Por unha vida sen violencia, por Isabel Fuentes, por todas"


O 8 de maio asasinaban no CHOU a Isabel Fuentes, veciña de Verín que se atopaba ingresada en Ourense dende o 3 de abril por mor dunha agresión previa atribuída nun primeiro momento a un ataque na súa vivenda e que a mantiña inconsciente. O 8 de maio o seu marido, Aniceto Rodríguez, asasinouna nun hospital público rematando co que, agora xa o sabemos, iniciara un mes antes facendo pasar por un ataque ao fogar o que fóra unha agresión machista.

Isabel Fuentes converteuse así na primeira vítima mortal do feminicidio en Galiza no 2015 e nun símbolo tráxico de todo o que funciona mal no sistema en relación á protección das mulleres que sofren violencia machista. Non se adoptaron medidas cautelares de protección polo que o seu marido puido entrar na habitación e matala. Foi asasinada pola súa parella, polo mero feito de ser muller, mais tamén como consecuencia da ineficacia duns poderes públicos que non a protexeron.

Os protocolos e mecanismos de protección das mulleres agredidas fallaron. Ante as sospeitas dos axentes policiais de que se tratase dun caso de violencia machista tendo ao marido como principal sospeitoso tal e como o trasladaron á xuíza pedindo incluso o traslado de Isabel Fuentes a dependencias médicas vixiadas con visitas restrinxidas en todo o momento a resposta da xuíza foi que non se contaba con "indicios firmes, testemuñas, antecedentes de violencia ou mala relación entre os esposos" e que se trataba de "meras conclusións fundadas en conxecturas ás que chegaron os axentes encargados da investigación pero de todo punto insuficientes".

É inexplicábel que a xustiza ignore a complexidade dos casos de violencia machista onde os "antecedentes de violencia ou mala relación entre esposos" en moitas ocasións só poden coñecerse cando a vítima se decide a denunciar a violencia que sofre, tantas veces silenciada socialmente e vivida dende unha culpabilidade que a invisibiliza. En ocasións nunca se coñece ata que a vítima é asasinada.

As explicacións públicas que coñecemos, fundadas en que a experiencia e a petición dos axentes policiais son meras "conxecturas" sitúanos a todas no campo da desprotección fronte ás agresións onde non só se cuestiona o relato das mulleres que sofren violencia senón mesmo o de aqueles que detectan e denuncian que se trata dun caso de agresión machista. A consecuencia desta desprotección no caso de Isabel Fuentes foi o seu asasinato nun espazo onde debera estar protexida polas institucións e a xustiza e onde ficou, coma xa o estaba antes no fogar, soa ante o seu agresor.

Ante esta situación dende Ourense un grupo de mulleres comprometidas na loita polo dereito das mulleres a vivirmos sen violencia decidimos dar o paso de iniciar unha campaña de denuncia ante o poder xudicial e o Estado pola desprotección sufrida por Isabel Fuentes, que é a desprotección que sufrimos todas cando somos agredidas, e que en ocasións, demasiadas, acaba coas nosas vidas.

Nós, mulleres agredidas por unha sociedade machista, reclamamos ao poder xudicial e ao Estado a responsabilidade de non ter actuado para protexer a Isabel Fuentes cando todos os indicios indicaban que estaba a sufrir violencia machista e demandamos do poder xudicial e dos gobernos do Estado e da Xunta de Galiza medidas efectivas de protección das mulleres fronte ás agresións e asunción de responsabilidades por parte de quen corresponda no caso do asasinato de Isabel Fuentes.

ASINA CONTRA O FEMINICIDIO

A MMM como organización convocante e participante da campaña "POR UNHA VIDA SEN VIOLENCIA. POR ISABEL FUENTES. POR TODAS", convidámoste a asinar nesta páxina para dar o teu apoio á presentación da reclamación e denuncia ás administracións pola desprotección que sufrimos as mulleres fronte á violencia machista.

Por ela, por todas.

http://feminismo.info/feminicidio/

--

Marcha Mundial das Mulleres de Galiza

"As mulleres decidimos"


Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres
mmmferrolterra@gmail.com
http://www.feminismo.info
https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza
https://twitter.com/MMMGaliza

Que é a Marcha ?
A Marcha Mundial das Mulleres é un movimento mundial de accións feministas que reúne grupos de mulleres e organizacións que actúan para eliminar as causas que orixinan a pobreza e a violencia contra as mulleres. Loitamos contra todas as formas de desigualdade e de discriminación sufridas polas mulleres. Os nosos valores e as nosas accións orientanse cara un cambio político, económico e social. Os mesmos que se articulan aoredor da mundialización das solidaridades, a igualdade entre mulleres, entre mulleres e homes, e entre os pobos, o respecto e a valoración do liderazgo das mulleres e o fortalecimento das alianzas entre mulleres e cos outros movimentos sociais progresistas.

Enviado por:
Marcha Mundial Ferrolterra
-mmmferrolterra@gmail.com-
14 de junho de 2015 14:25

__________________

sábado, xuño 13, 2015

Martes 16 de Xuño, Acto Público en Caranza: "Os outros Sindicatos" - É posibel outro Sindicalismo? - Presentación en Ferrol dos sindicatos que participan nas Marchas da Dignidade


MARTES 16 DE XUÑO, ÁS 19HS.
CENTRO CÍVICO DE CARANZA - FERROL

ACTO PÚBLICO
"OS OUTROS SINDICATOS"

É POSÍBEL OUTRO SINDICALISMO ?

Dende o punto de vista da defensa dos dereitos laborais, a comarca de Ferrol está a vivir unha etapa que resultaría insospeitable hai anos. A cidade que tanto aportou á xestación das que agora son as grandes forzas sindicais, atópase no medio dunha dramática situación de crise, tanto económica coma reivindicativa. A pesar das altas taxas de paro e precariedade das que falan as estatísticas, o movemento obreiro parece preso dunha estraña parálise.

Se ben, son moitos os casos nos que as delegadas e delegados, e membros das seccións sindicais, seguen a velar firmemente polos intereses dos seus compañeiros e compañeiras, non parece haber un pulo para abordar os problemas de forma xeneralizara ou dende a unidade.

As forzas sindicais convencionais áchanse atrapadas na falacia dun diálogo social inexistente, e temendo a súa ruptura. O status acadado por algunhas dende o fin da ditadura, conducíronas a converter as súas cúpulas en lugares cómodos onde posicionarse e gozar de relevancia e tranquilidade.

Isto derivou nun distanciamento cos plantexamentos orixinais das organizacións, e unha grande perda de sensibilidade respecto ás circunstancias de aqueles aos que teñen o cometido de defender. Por outra banda, o crecemento das mesmas xerou a obriga de preocuparse pola entrada de cartos para poder sostelas, facéndoas virar cara unha visión máis propia do capitalismo que da acción solidaria: imaxe de marca, oferta de servizos varios, a batalla das eleccións sindicais nas empresas por obter a subvención do Estado ...

A maiores, o seu ego tamén medrou proporcionalmente á súa posición, impedíndolles aceptar unha eventual perda de protagonismo coa fin de traballar de forma unificada contra os problemas que están a castigar a toda a cidadanía. Sumando esa necesidade de destacar a súa imaxe de marca por motivos de cota de mercado, chegan a apropiarse de problemáticas concretas, impedindo que outras forzas participen na súa resolución, moitas veces cun resultado desastroso para as traballadoras e traballadores.

As Marchas da Dignidade de Ferrolterra cremos que esta situación dificulta enormemente o labor que pretendemos de defender de forma unificada uns mínimos comúns que garantan unha vida digna para a cidadanía. O noso intento por cambiar esta situación materializámolo na convocatoria dun acto baixo o nome "Un outro sindicalismo é posible: os outros sindicatos. Presentación en Ferrol dun polo sindical alternativo". Con el pretendemos que se cree outro "polo" sindical, oposto ao conformado por eses sindicatos convencionais, e que axude a retornar equilibrio á situación de defensa dos dereitos dos traballadores e traballadoras.

Coma candidatos a crear ese polo, convidamos aos sindicatos que están a colaborar nas Marchas da Dignidade: CGT, CNT, CUT, STEG, SXG, Sindicato Ferroviario, Sindicato de Elevación, Sindicato Labrego Galego, ... Cremos que este feito xa os convirte en alternativas dignas, xa que foron quen de sumarse a un movemento unitario, as Marchas da Dignidade, e traballar man con man por un interese común, aportando a súa visión e sen esquecer a súa identidade.

Pero tamén, facemos esta convocatoria, en consonancia con esa idea dun óptimo nivel de diversidade das sociedades humanas do que falaba Lévi-Strauss. No caso de Ferrol, cremos preciso aumentar esa diversidade no eido sindical coa fin de garantir a súa saúde, dada a uniformidade que presenta o sindicalismo existente na comarca. Unha diversidade que, por oposición, pode fomentar o fin desa parálise, e o retorno a unha actividade menos adulterada por parte dese sindicalismo convencional.
Por este motivo, convidámosvos a vós, e a toda a cidadanía de Ferrolterra, a participar neste acto que terá lugar o vindeiro martes 16, ás 19:00h no Centro Cívico de Caranza.

Un saúdo,

Marchas da Dignidade Ferrolterra
Contacto: marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com  | Blogue de apoio ás Marchas de FerrolTerra: http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/ | Blogue Galego:http://marchasdadignidade.blogspot.com/ | Web Estatal:http://marchasdeladignidad.org/..

PAN, TRABALLO E TEITO - Á RÚA, QUE XA É HORA!!!

Enviado por:
Marchas Dignidade
-marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com-
12 de junho de 2015 13:43
___________________

É posíbel outro polo sindical alternativo?

Desde as Marchas da Dignidade queremos dar a coñecer os outros sindicatos que actúan na Galiza. Falamos de sindicatos que participan dentro das propias Marchas que están comprometidos na mobilización e concienciación social por un outro mundo posíbel: democrático, xusto, sostíbel e solidario, baixo o lema á rúa que xa é hora, .. Pan, Traballo e Teito.

Convidámosvos a participar neste Acto Público que vai ter lugar en Ferrol, o Martes 16 de Xuño, ás 7 da tarde, no Centro Cívico de Caranza.

CGT (Confederación Xeral do Traballo)
Confederación de Galicia
http://www.cgtgalicia.org/
R/ Simón Bolívar, 89, baixo (Pol. Os Rosales)
15011 – A Coruña (A Coruña)
Tlno. /Fax: 981 128 477
Correo Electrónico:
cgtgalicia[arroba]gmail[punto]com
sp.xeral[arroba]cgtgalicia[punto]org (Sª Xeral)
sp.organizacion[arroba]cgtgalicia[punto]org (Sª de Organización)
sp.finanzas[arroba]cgtgalicia[punto]org (Sª de Finanzas)

CNT - AIT Confederación Nacional do Traballo
http://www.cntgaliza.org/
Ferrol.
Avenida de Esteiro nº10 baixo. 15401 Ferrol-A coruña Ver en Google-Maps
Horario:
Xoves: 20:30h a 22:00h
Venres: 19:30h a 21:30h
Telefono: 981 300 250
ferrol@cntgaliza.org

CUT (Central Unitaria de Traballadores/as)
http://www.cutgaliza.org/
Local Nacional da CUT: Rúa Urzáiz, 71, entrechán dereito. 36201-Vigo (Pontevedra).
Tfno.: 986220639. Fax: 986220579. e-mail: cut@cutgaliza.org

Sindicato da Elevación (Galiza)
http://www.sindicatoelevacion.org/S.E%20GALIZA.htm
se.galiza@sindicatoelevacion.org
tlf. 639 61 35 16
tlf. 639 11 31 57
tlf. 915 678 971

SF-Intersindical (Sindicato Ferroviario - Confederación Intersindical)
Telefonos de Contacto - Pontevedra
FAX 986436458 FIXO 986222060 Móvil 661402977 Interior 929272
Secretario General
Jose Carlos Costoya Mateo
Dirección Postal
Rua Areal 96-98 entreplanta Oficina 6
36201 Vigo (Pontevedra)
Pagina Web
http://sfpont.wix.com/intersindical
Dirección E-mail
sf.pontevedra@sindicatoferroviario.com
COMUNICADOS
http://sfpont.wix.com/intersindical#!comunicados-ee.ss.

Sindicato de Xornalistas de Galicia
http://www.sindicatodexornalistas.com/
Dirección: Rúa Nova de Abaixo 16, Baixo 3B, 15701 Santiago de Compostela, A Coruña.
Situación da sede do SXG
Teléfono: 625 310 983
Email: sxg[arroba]sindicatodexornalistas[punto]com
Email Secretario Xeral: secretario[arroba]sindicatodexornalistas[punto]com
Email Afiliación: afiliacion[arroba]sindicatodexornalistas[punto]com
Email Comisión de Garantías: comisiondegarantias[arroba]sindicatodexornalistas[punto]com
Email Servizo Asesoría Legal: avogados[arroba]sindicatodexornalistas[punto]com

STEG (Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galiza)
http://www.steg.gal/index.asp
A CORUÑA
Avda. Joaquín Planells s/n, Local 1752. 15007 A Coruña
Tfno.: 670 25 69 56
corunha@stegsindicato.org
Horario de atención de sede: De luns a venres de 10:00 a 14:00 h e os luns e mércores tamén de 17:00 a 19:00 h


TAMÉN CONVIDAMOS A PARTICIPAR NESTE ACTO AO SINDICATO LABREGO GALEGO, POIS É UN DOS EXPONENTES MAIS CLAROS DA LOITA ANTI-IMPERIALISTA E POR UN OUTRO MUNDO POSÍBEL.

Sindicato Labrego Galego
http://www.sindicatolabrego.com/
Rúa Ofelia Nieto 13-23, 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 554 147
FAX: 981 572 570
prensa@sindicatolabrego.com


MARCHAS DA DIGNIDADE DE FERROLTERRA

Telefono e correo-e de contacto:
603 213 863
marchasdadignidadeferrolterra[arroba]gmail.com
Sitios en Internet:
Ferrolterra: http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/
Galiza: http://marchasdadignidade.blogspot.com/
Estado: http://marchasdeladignidad.org/

Redes da Columna Galega:
https://twitter.com/galizaMarcha22M
https://www.facebook.com/MarchasDignidade
https://www.facebook.com/groups/265451853621237/
https://www.youtube.com/channel UCaOvAhPYKR43taxbOKCCreg
Perfil de facebook das marchas da dignidade de ferrolterra:
https://www.facebook.com/marchasdadignidade.ferrolterra


PAN, TRABALLO E TEITO !!
Á RÚA QUE XA É HORA !!

_________________________

xoves, xuño 11, 2015

A Marea Ártabra ante a case segura investidura de Jorge Suárez como alcalde, saúda este feito como algo positivo para a cidadanía de Ferrol


COMUNICADO de MAREA ÁRTABRA
ante a case segura investidura de Jorge Suárez como alcalde da Cidade
.

A Marea Ártabra ante a case segura investidura de Jorge Suárez como alcalde, saúda este feito como algo positivo para a cidadanía de Ferrol, dado que, en principio, abre as portas a poñer en práctica unha parte importante do programa co que a Marea Ártabra concorreu ás eleccións, e que nun primer momento foi tamén compartido, en moitos aspectos, por outras candidaturas que si obtiveron representación.

A Marea Ártabra asistirá á sesión de constitución da nova corporación que terá lugar este sábado.

Para recibir información directa sobre o contido do programa de goberno e a vontade de levalo á practica, Marea Ártabra solicitará unha xuntanza co novo alcalde, poñéndonos á súa disposición para aclarar calquera dúbida a respecto da nosa actuación ao longo da lexislatura que agora comeza.

Ferrol, 11 de xuño de 2015

Grupo de Comunicación da Marea Ártabra

Mareaartabra.gal | #MareaArtabra | @mareaartabra | info@mareaartabra.gal | Facebook

A Marea Ártabra é un proceso asembleario para acadar unha maioría social ferrolá, unha candidatura de unidade popular para as eleccións municipais.

Teléfono: 633 352 131

Enviado por:
MAREA ÁRTABRA
-mareaartabra@gmail.com-
11 de junho de 2015 10:24

___________

Este xoves 11 de Xuño ás 11:30 acode á concentración de protesta pola situación de paro e recortes nas prestacións - Por un Plan de Choque contra o Paro, pola Renda Básica - E o Martes 16 de Xuño, presentación dos outros Sindicatos en Caranza


Este xoves 11 de Xuño ás 11:30 acode á concentración de protesta pola situación de paro e recortes nas prestacións. Todas e todos diante do edificio da Xunta en Ferrol para reclamar un plan de choque contra o paro, EMPREGO PARA TODAS E TODOS e unha RENDA BÁSICA XA!!

Antes da concentración diante do edificio da Xunta ,estaremos de 9:00 a 11:00 repartindo follas informativas na outra oficina de emprego que está na avda de Vigo en Ferrol.

TODOS OS XOVES ÁS 11:30 DIANTE DO EDIFICIO DA XUNTA EN FERROL. Queremos conseguir dar-lle cara humana ao problema do paro (e non un mero dato estatístico). Non pararemos de facer presión até que se cumpran as demandas que 1.341 traballadoras e traballadores firmaron e entregaron no rexistro da Xunta e do Concello de Ferrol, e que se van levar ao resto dos concellos das tres comarcas. Demandamos un plan de choque contra o paro, contratando xa directamente das listas do paro como mínimo a 500 persoas. E unha renda básica para todas as persoas que están no paro e non teñen ningunha prestación.

Evento en facebook:
https://www.facebook.com/events/450964985062687/

ACTO PÚBLICO EN CARANZA

E O MARTES 16 DE XUÑO, ÁS 7 DA TARDE, NO CENTRO CÍVICO DE CARANZA, NON FALTES Á PRESENTACIÓN EN FERROLTERRA DOS OUTROS SINDICATOS, OS SINDICATOS QUE PARTICIPAN NAS MARCHAS DA DIGNIDADE.

UN OUTRO SINDICALISMO É POSÍBEL ?

É POSÍBEL UN NOVO POLO SINDICAL ALTERNATIVO ?

Evento en facebook:
https://www.facebook.com/events/969535436432167/

MARCHAS DA DIGNIDADE FERROLTERRA

Telefono e Correo-e de Contacto:

603 213 863

marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com

Sitios en Internet:
Ferrolterra: http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/
Galiza: http://marchasdadignidade.blogspot.com/
Estado: http://marchasdeladignidad.org/

Redes da Columna Galega:
https://twitter.com/galizaMarcha22M
https://www.facebook.com/MarchasDignidade
https://www.facebook.com/groups/265451853621237/
https://www.youtube.com/channel UCaOvAhPYKR43taxbOKCCreg
Perfil de facebook das marchas da dignidade de ferrolterra:
https://www.facebook.com/marchasdadignidade.ferrolterra

---