luns, abril 25, 2016

Ante a entrada do LNG Castillo de Villalba, buque cargado con gas natural licuado para a ilegal e perigosa Reganosa, o Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha concentración sonora, na Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, este luns 25 de Abril, ás 8 da tarde


CONCENTRACIÓN SONORA EN FERROL,
 LUNS 25 DE ABRIL, ÁS 8 DA TARDE (NOVO HORARIO)
DIANTE DO EDIFICIO ADMINISTRATIVO DA XUNTA
NA PRAZA AMADA GARCIA

Un novo buque cargado con miles de toneladas de gas natural licuado, o  LNG "Castillo de Villalba", entrou na Ría de Ferrol para descargar en Reganosa. Un buque de grande porte (288m manga por 43m de eslora) con unha capacidade de carga de 138.000 m³ de GNL (LNG). O buque entrou pola bocana da Ría e cruzou o angosto, estreito, de pouco calado e de fondo rochoso, canle de máis de 4.500 metros, até chegar ao pantalán de descarga do peirao de punta Promontoiro, situado no termo municipal de Mugardos. Onde Reganosa coa complicidade de políticos sen escrúpulos construíu unha planta de gas que nos ameaza todo-los días, aumentando exponencialmente esta ameaza, sempre que entra na Ría un buque destas características, cargado para a perigosa e ilegal planta regasificadora de Mugardos. Este buque fai o gaseiro número 209 que descarga en Reganosa, desde que o fixera o "Galicia Spirit" en Maio de 2007.

Este é o primeiro buque que esntra na Ría, despois de que o Tribunal Supremo ditara a súa segunda sentenza firme contra Reganosa que anulou a autorización previa para a súa instalación en Mugardos, encostada ao complexo petroquímico do Grupo Tojeiro.

A principios de 2014, Reganosa anunciaba un novo despropósito contra a poboación que mora na contorna desta Ría. O negocio anunciado consiste nun dispositivo que traslade á boca da Ría o GNL como combustíbel. Un negocio de Reganosa, apoiado pola Xunta de Galicia, subsidiado con diñeiro público. Proxectan un HUB de Gas Natural Licuado de Reganosa que fará de Ferrol unha enorme bomba de reloxería colocada dentro da nosa Ría, será  a construción dun surtidor de gas (gasolineira) na Ría de Ferrol, para buques que utilicen LNG/GNL como combustíbel. Este proxecto xa conta co apoio da Unión Europea, cun custe orzamentario millonario. Mais hai un mes un dos principais socios de Reganosa, Gas Natural Fenosa, abandonaba o proxecto e a propia Reganosa, vendendo todas as súas accións. Aínda está sen explicar, e menos analizar, o porque o socio gasista principal de Reganosa abandona. Algo que nos venderon en positivo, como que Galiza se facía co controlo da planta, onde diñeiro público se invístese nunha planta de gas deficitaria, ilegal e perigosa. E xa non digamos a aposta de GADISA, que co seu novo investimento pon en perigo a viabilidade de miles de postos de traballo que xera o grupo noutras actividades, como na rama da distribución e comercio de alimentación.

Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada dun novo buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol convoca unha acción de protesta e denuncia, consistente nunha Concentración Sonora, este luns ás 8 da tarde (Novo Horario) en Ferrol, na Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.


Foto de Romarin, tirada do blogue de Juan Carlos Díaz Lorenzo, | O LNG Castillo de Villalba no Porto de Mugardos, con O Seixo no fondo.

Van facer catro anos, desde que o 11 de Maio de 2012 se ditou a primeira Sentenza firme polo Tribunal Supremo, onde a planta xa foi declarada ilegal, en sentenza inapelábel. O 15 de Setembro de 2014, foi admitido a trámite, polo Tribunal Supremo, o Recurso de Casación contra a decisión da Xunta de Galicia e o Concello de Mugardos que denegan a nulidade do novo PXOM en execución da mencionada Sentencia. E agora o pasado 28 de Marzo de 2016, dita-se a segunda sentenza firme do Tribunal Supremo contra o despropósito gasista de Reganosa, anulando a autorización previa de instalación.

Tras as sentenzas do Tribunal Supremo, que declaran ilegal a Reganosa, esiximos o fin desta ameaza e deste malgasto de cartos públicos. Temos que esixir o seu peche definitivo.
  • QUE SE CUMPRAN AS SENTENZAS DO TRIBUNAL SUPREMO XA! 
  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  • MÓVETE CONTRA A IMPUNIDADE !!
  • PECHE XA!!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA  !!

O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc


Información baseada na enviada polo:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
24 de abril de 2016 09:38
_______________

domingo, abril 24, 2016

Esquerda Unida de Narón denuncia o abuso que supón a subida da taxa no recibo da auga, e defende a necesidade de municipalizar este servizo básico


A AUGA É UN DEREITO HUMANO.


EU Narón denuncia o abuso que supón a subida da taxa no recibo da auga, e defende a necesidade de municipalizar este servizo básico para que deixe de ser un negocio en mans duns poucos.

Dende Esquerda Unida de Narón entendemos a subida da taxa do recibo da auga como un autentico “atraco”, por ser abusiva e dificilmente xustificable, o concelleiro de EU Narón André Abeledo sinalou que “xa esta ben de facer negocio cós servizos básicos a cidadanía, que deberían ser un dereito, e non un negocio para unha minoría” e que “é necesario municipalizar este tipo de servizos para primar a calidade, e axustar o seu prezo a realidade, non é tolerable que se siga espremendo as veciñas e veciños para que as grandes multinacionais continúen a aumentar os seus beneficios”, tamén recordou que "dende EU Narón levamos denunciando dende o 2014 que o modelo de saneamento non é o adecuado, é que a nova taxa ademais de ser abusiva non esta xustificada".

VALORACIÓN DENDE ESQUERDA UNIDA DE NARÓN DA TAXA DE SANEAMENTO QUE VAI A SUPOÑER UNHA DRÁSTICA SUBIDA DO RECIBO DA AUGA PARA AS NARONESAS E NARONESES, ASI COMO DO FARAÓNICO PROXECTO PARA UN SUPOSTO “SANEAMENTO DA RÍA”, E DA NECESIDADE DE MUNICIPALIZAR O SERVIZO PARA QUE DEIXE DE SER UN SIMPLE NEGOCIO.

Nun contexto de aguda crise económica e social que afecta ao conxunto da poboación traballadora do estado español, e cunha crónica e especial incidencia na nosa comarca, no ano 2012 asinouse un Convenio para a construción da rede de saneamento da Ría de Ferrol polo que os Concellos de Narón e Ferrol tiñan que participar no custo da infraestrutura cun 10% do total.

Esta cofinanciación municipal é algo máis que infrecuente cando se trata de obras de interese xeral e que ademais contaba co requirimento para a súa realización e a aportación económica da Unión Europea. Esa participación municipal significaba que a cidadanía de ámbolos concellos temos que aportar uns cartos que van durante bastantes anos nos orzamentos municipais, o dito únese o aumento da contía da taxa de saneamento en torno a un 25%, ademais de ter que afrontar o sostemento do custo enerxético e de mantemento desa infraestrutura, un custo por certo calculado por EMFAESA-URBASER en máis do dobre do que soe ser habitual segundo datos da entidade AEOPAS. E existe un estudo rigoroso que demostra que o consumo de enerxía para a EDAR, EBAR e Tanques de Tormentas é nun 20% INFERIOR ao que calcula EMAFESA, calculo o de EMAFESA que creemos é interesado para poder cobrar o máximo posible aos veciños e veciñas.

É importante tamén deixar constancia de varias cousas, en primeiro lugar que esta rede de saneamento é obsoleta xa dende o momento do seu deseño por non contemplar entre outras graves carencias a separación de augas brancas das residuais e o tratamento dos vertidos industriais á Ría, tamén hai que denunciar o proceso para adxudicar a encomenda de xestión da rede a EMAFESA-URBASER, cuestión que acertadamente foi denunciada e recorrida polo equipo de goberno de Narón na anterior corporación, entre outras razóns porque se estaban a tomar, e van seguir tomando decisións en relación a rede de saneamento que afectan aos veciños e veciñas do noso Concello sen que poidamos realmente intervir nesas decisións. Lembremos que o entón Alcalde Ferrol, e hoxe Conselleiro Rey Varela tivo a desfachatez de anunciar en Marzo de 2015, en plena precampaña electoral, que xa comezara a rexeneración real da nosa Ría o poñer en marcha a EDAR, que finalmente resultou que en realidade nunca depurou nada, anuncio que se fixo para xustificar a imposición da abusiva taxa a cidadanía debido que a URBASER-ACS, empresas de Florentino Pérez, querían recadar eses cartos con independencia de que dese ou non o servizo, entendemos que có único afán de aumentar os seus beneficios.

Pero o anteriormente exposto aínda agrávase máis ao resultar que as obras da rede de saneamento non remataron no ano 2015, e que polo tanto a UE non asume o compromiso económico inicial. Dende logo non entendemos como é posible que coñecéndose ese risco se asine en Febreiro do ano 2015 unha achega ao convenio inicial que estende as obras ao río Inxerto en Ferrol, e á construción do interceptor Cadaval-Neda, obra que non podía rematar nese ano e que supuña para o Concello de Narón aportar o 20,40% do seu custo total, cifrado nuns 7,3 millóns de euros (ACUAES/Goberno central aporta o 68,20% e a Xunta Galicia o 11,40%).

Se non estamos equivocados o Concello de Narón ten logo que aportar en principio para una obra de interese xeral sobre 1,3 millóns de euros, e sen poder participar de xeito efectivo na súa xestión, que vai ter tamén importantes repercusións para o peto dos veciños e veciñas.

André Abeledo, o Concelleiro de Esquerda Unida de Narón fai un chamamento a mobilización institucional e cidadán para revocar estes convenios, e esixir modificacións na parte de financiamento e de xestión. Tamén entendemos que é necesario esixir responsabilidades políticas, en referencia ao papel do Partido Popular e do señor Rey Varela en particular, que levou unha política en xeral encamiñada a engordar as contas das empresas construtoras, eléctricas, e dos bancos, en definitiva que aproveitan a necesidade de construír infraestruturas básicas para facer negocio, sen importarlles que esas obras cumpran a función que deben ter, e asegurándose que o pobo sexa quen pague sempre, pola vía de aportacións do estado, ou pola vía dos recibos que despois cobran por saneamento, consumo eléctrico, mantemento etc...

Esquerda Unida de Narón defende a necesidade de municipalizar os servizos básicos para a cidadanía, a crise da auga reforza a idea da necesidade da municipalización deste servizo, entendemos que deixar en mans de empresas privadas, que como non pode ser de outra maneira buscan un beneficio económico, é a causa directa de que o servizo perda calidade e encareza o seu prezo, e tamén da grave falta de comunicación cos gobernos locais coas empresas concesionarias do servizo.


Grupo Municipal de Esquerda Unida de Narón

Contas de Esquerda Unida Narón no facebook e no twitter. | Concelleiro: André Abeledo Fernández | andre1474@gmail.com

Achegate xunta Nós, fagamos un novo Concello mais social, mais democrático, participativo e de Tod@s.

Enviado por:

Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
20 de abril de 2016 14:05
________________

Enlace web a Cosma (Compañía de Servizos Medio ambientais do Atlántico) Narón, empresa mixta concesionaria do servizo municipal de augas: http://www.cosmanaron.es/.
_________________

Europa Laica pide que non se marque ningunha das dúas casillas do IRPF


Europa Laica presentou esta semana en Roda de Prensa -con presenza do seu Presidente Francisco Delgado, e Juanjo Picou do Área de Comunicación- a Campaña IRPF-2016 de denuncia do financiamento do Estado á Igrexa católica a través do Imposto da Renda.

Europa Laica esixe, un ano máis, SUPRIMIR As CASILLAS DO IRPF, a de asignación Á IGREXA CATÓLICA e a de FINS DE INTERESE SOCIAL e, ata tanto non se supriman, pide NON MARCAR NINGUNHA DAS DÚAS CASILLAS.

Europa Laica informou dos argumentos desta Campaña que, en resumo, é que TODOS Os IMPOSTOS DÉBENSE DEDICARSE PARA O QUE É COMÚN A TODOS e, xa que logo, deben ingresarse na súa totalidade no peto común dos Presupostos Xerais do Estado, e non, como ocorre coas casillas, onde unha parte dos mesmos -de quen as marca- se detrae do común para financiar, en situación de privilexio, a organizacións particulares como é a Igrexa católica e demais entidades.

A través destas casillas estanse detraendo uns 250 millóns de euros para a Igrexa católica, e da orde de 280 millóns para Fins Sociais (dos cales uns 100 van a organizacións da mesma Igrexa). En total, son máis de 530 millóns anuais os que deixan de ingresarse para gastos comúns !!!

Europa Laica denuncia que os datos de recadación da casilla favoráble á Igrexa Católica, sexan comunicados á opinión pública a través da Conferencia Episcopal -como así vén sucedendo- e non pola Axencia Tributaria, que é quen debería facelo, como responsable que é do erario público.

Europa Laica denunciou igualmente as falacias que a Igrexa Católica argumenta na súa Campaña XTantos, onde se confunde á opinión pública sobre a orixe deste financiamento privilexiado e sobre o destino da mesma, ademais de afirmar que resulta gratis e non prexudica a ninguén, cando o que debería facer é cumprir dunha vez co seu compromiso, de tempo incumprido, de AUTOFINANCIACIÓN.

Europa Laica informou que este financiamento vía IRPF é só unha pequena parte dos máis de 11.000 millóns de euros que o Estado aporta anualmente á Igrexa Católica, sendo responsabilidade do Goberno manter esta situación de privilexio á vez que de discriminación para o conxunto, ademais de facerse con falta total de transparencia, polo que esiximos a DEROGACIÓN DOS ACORDOS COA SANTA SÉ de 1979.

Aproveitando a Roda de Prensa, Europa Laica informou doutras Campañas que ten en curso sobre a EXENCION DO IBI Á IGREXA CATÓLICA, as INMATRICULACIONES DA IGREXA CATÓLICA, e a situación actual da iniciativa de constituír unha REDE DE MUNICIPIOS POR UN ESTADO LAICO.

Toda a información e documentos de IRPF e Campañas en www.laicismo.org

sábado, abril 23, 2016

A deputada Joana Mortágua denúncia no parlamento português o golpe em Brasil - Vídeo


Quem em Portugal se prestou ao papel de claque dos golpistas da direita brasileira agora só pode calar-se com vergonha.

Depois das declarações de voto de 367 deputados a favor do impeachment já não é possível branquear o que aconteceu:

Pela esposa Paula, pelo neto Gabriel, pela sobrinha Helena, pela tia que me cuidou quando eu era criança, pelos corretores de seguros do Brasil, pelos evangélicos, pelo petróleo, para acabar com a Central Única dos Trabalhadores e os seus marginais, pela Ditadura Militar de 1964 e em homenagem ao torturador Alberto Brilhante Ulstra, que foi o pavor de Dilma Rousseff.

Quem em Portugal se prestou ao papel de claque dos golpistas da direita brasileira agora só pode calar-se com vergonha. E percebe-se porquê: Entre deus e o mundo, tudo foi razão para derrubar a presidente do Brasil. Tudo menos o tal crime de responsabilidade que seria a única justificação legal para o impeachment.

O debate correu, e dos fundamentos formais do impeachment nem sinal. Foram esquecidos até pelos organizadores do golpe como desculpas esfarrapadas que eram. E só podemos esperar que o combate à corrupção não vá pelo mesmo caminho.

Nunca nos ouvirão branquear o pântano de corrupção que domina a política brasileira. Nunca nos ouvirão negar envolvimento de altos responsáveis do PT no Mensalão, no Lava Jato ou noutros escândalos de favorecimento pessoal ou partidário em prejuízo do povo brasileiro. No Brasil, como em Portugal, a corrupção deve ser combatida e os corruptos devem ser sujeitos à justiça mais incomplacente.

Mas não foi isso que aconteceu no domingo. Se assim fosse, todo o sistema político brasileiro teria de ser alvo de impeachment por ser feito para favorecer a compra de votos, o financiamento privado de partidos, a troca de favores e a corrupção do poder político.

Se alguma coisa poderia ter evitado o desfecho inconstitucional desta história, era a reforma política e a democratização do sistema político que próprio PT prometeu e falhou em cumprir.

É que, ao contrário de Dilma Russeff, 60% dos deputados que votaram SIM à sua destituição estão a braços com a justiça. Correu mundo o caso da deputada Raquel Moniz do PSD (brasileiro) que dedicou o seu voto ao marido Ruy Moniz, Prefeito de Montes Claros, exemplo de gestor público de mãos limpas mas que na manhã seguinte foi preso pela Polícia Federal por envolvimento em corrupção.

O argumento da transparência não tem credibilidade na boca dos corruptos. Falemos dos organizadores do Golpe: Michel Témer, atual vice e pretenso sucessor à presidência é suspeito em investigações da Lava Jato.

Eduardo Cunha, pai do impeachment e Presidente da Câmara de Deputados, é réu no Supremo Tribunal Federal no caso Lava Jato e está em risco de perder o mandato por ter mentido numa Comissão Parlamentar de Inquérito para esconder contas bancárias no estrangeiro.

A verdade é que o processo de cassação do mandato de Eduardo Cunha corre muito mais lento do que o processo de impeachment de Dilma Rousseff, e veremos se o agradecimento da direita brasileira a Eduardo Cunha não será a amnistia e a impunidade.

No final de 72h de discussão na Câmara de Deputados há uma pergunta que é obrigatória: O impeachment resolve algum problema de corrupção? Não. Mas, a confirmar-se, o impeachment é a vitória da corrupção.

O impeachment é a vitória de um sistema iníquo e de uma direita conservadora que viu uma oportunidade para assaltar o poder.

É verdade que o impeachment é um instrumento legal, mas as suas regras estão constitucionalmente previstas. Quando as causas que o justificam são falsas, quando o seu motivo é político e não judicial, quando falham as provas, quando se forjam argumentos, então estamos perante uma farsa, um puro golpe de oportunistas.

Para encobrir o nepotismo e proteger os seus próprios interesses os golpistas não se limitaram a opor-se ao Governo, atiraram à Constituição e, com ela, à democracia. Falta saber se avançam para a revisão da Constituição de 1988, afinal basta que uma maioria de deputados se junte pelos mesmos netos e esposas.

O Bloco de Esquerda não vem hoje a esta Tribuna discutir Governos, Governantes ou as suas opções políticas. Aqui levantamo-nos pela democracia, a par de tantos democratas, para lamentar que no Brasil um Governo democraticamente eleito povo possa cair não pelo voto do povo mas às mãos de um golpe feito em nome de interesses corruptos e corrompidos.

Aqueles que nos acusaram de ingerência por defendermos a democracia em Angola não tiveram pudores em defender o golpe no Brasil. Por isso, e antes que a hipocrisia dos interesses nos perturbe a razão, aqui estamos para lembrar que o papel dos democratas é defender a democracia, seja onde for.

Há poucas semanas, quando o Bloco de Esquerda se pronunciou claramente contra o golpe do impeachment, não faltou quem saltasse a terreiro para nos acusar de cumplicidades e encobrimentos.

Como já disse, ninguém espere nunca do Bloco o silêncio e a complacência sobre privilégio e abuso de poder. Mas hoje, depois de tudo o que o mundo viu nas últimas desgraçadas semanas no Brasil, pergunto aos senhores deputados de todas as bancadas e em particular aos deputados das bancadas da direita parlamentar: acham mesmo que é pela democracia e pela transparência que se move a direita golpista do Brasil?


https://www.youtube.com/embed/b76pGr_5vQw

[*] Joana Mortágua, deputada e dirigente do Bloco de Esquerda, licenciada em relações internacionais.

Fonte: esquerda.net.

Enlace relacionado:

Ártabra 21: Chamado urxente de solidariedade con Brasil - A Marcha Mundial das Mulleres chama á solidariedade internacional contra o intento de golpe institucional e en defensa de Dilma Rousseff.
___________

mércores, abril 20, 2016

Constituída a Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas, ao tempo que convoca unha manifestación e apoia unha gala pública baixo o lema 'Rachemos coas Fronteiras' este sábado, 23 de abril, en Santiago de Compostela


Créase a Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas, convocando o primeiro acto público: unha manifestación, este sábado, 23 de abril, en Santiago de Compostela a partir da 1 da tarde desde a Praza Roxa até a Praza 8 de Marzo (Porta do Camiño), onde ás 5 da tarde comezará a unha Gala organizada por Refuxiadas Compostela ao que tamén se suma a Rede, baixo o lema "Rachemos coas Fronteiras".

Constituída a Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas
               
Formada por máis de 45 colectivos, a Rede nace para denunciar a política migratoria da UE, mobilizar á cidadanía galega na defensa dos dereitos das persoas refuxiadas, informar sobre a súa realidade e facer incidencia política nas administracións

Nace a Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas, unha plataforma formada por máis de 45 colectivos, asociacións, ONGD, sindicatos, partidos políticos e persoas individuais que ten por obxectivo mobilizar á cidadanía galega na defensa dos dereitos das persoas refuxiadas, informar sobre a súa realidade, denunciar a política migratoria da UE e incidir politicamente nas administracións. A Rede, aberta a que se sumen outros colectivos, presentouse hoxe, 20 de Abril de 2016, en rolda de prensa.

Baixo o lema, RACHEMOS COAS FRONTEIRAS, NON ÁS GUERRAS, a Rede presentou o seu manifesto no que inclúe demandas dirixidas ao goberno da Xunta, ás administracións locais e ao executivo estatal, para esixir a garantía e o cumprimento dos dereitos das persoas refuxiadas. O manifesto pódese atopar na súa web www.rederefuxiadas.org. Entre as súas reivindicacións, destacan:

Que se revise en profundidade a política migratoria e exterior europea. O modelo de Europa  fortaleza está a dilapidar millóns de euros nunha sinistra infraestrutura de vixilancia, disuasión, control, intimidación e violencia mentres elude calquera xestión global que antepoña a vida das persoas. Só abandonando a actual política exterior baseada no lucro imperialista que vulnera a soberanía dos pobos e camiñando cara unha outra centrada na cooperación e na loita contra as desigualdades, poderemos atallar a raíz das crises migratorias e actuar de maneira solidaria perante os seus efectos.

Ampliar e axilizar o sistema de asilo para as persoas que xa están no Estado español e Galicia que actualmente están pendentes de ser atendidas, mediante o reforzo da Oficina de Asilo e     Refuxio do Ministerio do Interior e de persoal debidamente formado nas Oficina de Estranxeiría, para conseguir unha maior axilidade nas entrevistas de solicitude.

Que as administracións asuman que son elas as responsables de garantir os dereitos das persoas refuxiadas e promover a súa autonomía. Iso significa que haberá que promover a súa integración facilitando alugueres de pisos, garantido o acceso ao sistema educativo e sanitario, a través da mediación lingüística, etc.

Que a Xunta de Galicia poña a disposición das persoas migrantes e refuxiadas recursos que tamén beneficien ao conxunto das persoas en situación de pobreza e/ou exclusión: recursos sanitarios, de reforzo escolar e educación inclusiva plena, de tradución, de integración e mediación, etc. Para iso, ademais de incrementar os escasos recursos existentes, haberá que promocionar a formación entre as persoas que os atenden e asegurar a coordinación cos xa existentes.

Que se recuperen os fondos de cooperación e os programas de atención á poboación de orixe estranxeira previos aos recortes, imprescindibles para mellorar a situación nos países de orixe e a construír unha sociedade xusta e cohesionada.

O primeiro acto público será a convocatoria dunha manifestación, á que a Rede convida a participar ao conxunto da cidadanía galega, este sábado, 23 de abril, en Santiago de Compostela. A manifestación desenvolverase a partir das 13:00 h con saída na Praza Roxa e final na Praza 8 de Marzo (Porta do Camiño) baixo o lema "Rachemos coas Fronteiras", Non ás Guerras. Ás 17:00 horas, na mesma Praza 8 de Marzo, comezará a Gala Refuxiadas, un acto organizado por Refuxiadas Compostela ao que tamén se  suma a Rede.

Realidade das persoas refuxiadas

Nos últimos anos, Galicia acolleu centos de persoas refuxiadas de países como Siria, Cuba, Congo, Costa do Marfil, Irán, territorios Saharauís, Colombia, Ucraína, Kirguizistán, Camerún, Chad... E tamén moitas outras persoas de territorios en conflito que chegaron ao noso territorio en busca dunha vida segura e normal: xente de Mali, Ruanda, Serra Leona, Burkina Faso, O Salvador, Afganistán ou Albania. Persoas que, a pesar de sufrir unha persecución e de que o seu Estado non lles garante a súa seguridade persoal, nunca conseguirán que se lles recoñeza o dereito de asilo por proceder de determinados países.

O peche de fronteiras e a presión producen efectos nefastos. Confirmouse esta semana co naufraxio e desaparición de 400 persoas en Lampedusa, a actual ruta de entrada de persoas que foxen da guerra en Siria despois do acordo entre a UE e Turquía. Unha vía moitísimo máis perigosa que a xa insegura Lesbos.  A desesperación sempre supera ao horror. E unha fronteira pechada non vai conter a persoas que foxen dunha guerra.

Por outra banda, é importante destacar que a problemática das persoas refuxiadas non é nova: no Estado español hai xa centos de persoas solicitantes de asilo ás que non se lles está dando resposta. A atención na única Oficinas de Asilo e Refuxio de Madrid, onde se tramitan as solicitudes de asilo, leva anos colapsada. Actualmente, o proceso de obtención do estatus de persoa refuxiada chega a demorarse ata 5 anos, motivo polo cal unha parte importante destas persoas acaban por regularizar a súa situación por outras vías legais como o arraigo social, o cal significa que perden todos os dereitos que establece a Convención sobre o Estatuto das Persoas Refuxiadas, como, por exemplo, o dereito a unha vivenda.

O complicadísimo camiño de conseguir o recoñecemento como persoas refuxiadas ou simplemente permisos para vivir e traballar. A aprendizaxe do idioma. O labirinto de trámites para lograse asistencia sanitaria ou axudas sociais. O acceso a un posto de traballo. O imprescindible apoio psicolóxico que necesitan as persoas que pasaron por situacións traumáticas durante moito tempo... Todos estes recursos son imprescindibles para garantir a medio e longo prazo unha verdadeira acollida ás persoas que solicitan asilo en Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2016.
O sábado, 23 de abril, a Rede convoca unha manifestación,
desde a Praza Roxaás 13:00hs en Compostela
Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas: A Cova da Terra, ADEGA, AGARESO, Anova- Irmandade Nacionalista, Arquitectura sen Fronteiras, Asociación Arela, Asemblea de Cooperación pola Paz, Asociación Cultural Fuco Buxán, AGAMME, Asociación de Mulleres Cristiás Galegas, Bloque Nacionalista Galego, CERNA, CCOO, Compostela Aberta, Confederación Intersindical Galega, Coordinadora de Crentes Galeg@s, Coordinadora Galega de ONGD, CUT, Decide en Común, Ecos do Sur, Entreculturas, Esquerda Unida, Farmamundi, Fundación Amaranta-Delegación Galicia, Fundaçom Artábria, FISC Galicia, Foro Galego de Inmigración, Grupo de apoio as pesoas refuxiadas de Redondela, InteRed Galicia, Manos Unidas Galicia, Marea Atlántica, Marcha Mundial das Mulleres de Ferrolterra, Médicos do Mundo, Miradas al Mundo, Mundo sen Guerras e sen Violencia, Partido Humanista, Partido Socialista de Galicia, Paz e Solidariedade, Plataforma polo Emprego, Podemos Galicia, Refuxiadas Compostela, Solidariedade Internacional de Galicia, SOS Racismo Galicia, Stop Desahucios Compostela, Terra de Homes, Viraventos, Xuventude Comunista

PARA MÁIS INFORMACIÓN

Sobre a Rede Galega de Apoio ás Persoas Refuxiadas e a situación actual das Persoas Refuxiadas en Galicia e nas portas de Europa.

Web e correo Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas
www.rederefuxiadas.org
rederefuxiadasgal@gmail.com

Foro Galego de Inmigración - Coordinadora de Ferrolterra
ferrol.forogalegoinmigracion@gmail.com
https://www.facebook.com/forodeinmigracionferrolterra2015/

Foro Galego de Inmigración

Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 - Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es
http://www.forogi.wordpress.com

Enviado por:
Foro Inmigracion Ferrolterra
-ferrol.forogalegoinmigracion@gmail.com-
20 de abril de 2016 21:13
Hoxe pola mañá tivo lugar a rolda de prensa de presentación da Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas, á que o Foro Galego de Inmigración está adherido. Poñémonos en contacto con vos co fin de facervos chegar a nota de prensa.
_______________

martes, abril 19, 2016

Xornada aberta de debate na Estrada: "Presente e futuro enerxético da Galiza no contexto europeo", este sábado, 23 de abril, unha xornada aberta para reflexionar sobre os actuais modelos enerxéticos, no Teatro Principal da Estrada e reunirá unha decena de relatores que analizarán a situación actual e exporán novas propostas


Xornada: "Presente e futuro enerxético da Galiza no contexto europeo" (A Estrada, Sábado 23/04). | O GUE/NGL e AGEe desenvolverán o vindeiro sábado, 23 de abril, unha xornada aberta para reflexionar sobre os actuais modelos enerxéticos. | Terá lugar no Teatro Principal da Estrada e reunirá unha decena de relatores que analizarán a situación actual e exporán novas propostas
.

Dende as 10.00 e até as 19.30hrs. deste sábado 23 de abril, o Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), do que Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe) forma parte no Parlamento Europeo, desenvolverá a través de AGEe a xornada aberta Presente e futuro enerxético da Galiza no Contexto Europeo [1], que terá lugar no Teatro Principal da Estrada (Pontevedra).

Este espazo informativo e de encontro celebrarase a iniciativa da eurodeputada de AGEe, Lídia Senra, quen destacou que nestes momentos "estase a dar un debate moi importante a nivel da UE en relación ao modelo enerxético; Juncker quere impulsar nesta lexislatura o Mercado Único Enerxético, unha proposta que vai ter grande impacto en toda a poboación europea pero do que a cidadanía carecemos de información suficiente".

Fai apenas uns días debatiamos en sesión plenaria no Parlamento Europeo sobre a pobreza enerxética na UE, segundo os datos manexados nese debate, nalgúns estados membro o 60% da cidadanía non pode quecer a súa casa axeitadamente e o 33% está a vivir con goteiras e humidades nas paredes.

"Ao igual que o dereito á alimentación debería prevalecer por riba da productividade comercial, todas as persoas deberiamos ter garantido uns mínimos de acceso á enerxía que nos asegure unha calidade de vida óptima", reivindicou a eurodeputada galega. Sen embargo, a día de hoxe "a distorsión dos intereses de mercado é tan grande que atopamos situacións inxustificábeis como que na Galiza, un País produtor de enerxía, moitas persoas non poidan acender a calefacción todo o tempo que precisan no inverno".

Logo da APERTURA a cargo de Lídia Senra e Mar Casais -voceira de Móvete-Movemento Veciñal Estradense e concelleira na Estrada- a xornada, que contará con quenda de mañá e de tarde, estruturarase en torno a catro paneis temáticos.

Encetaremos o debate cunha reflexión sobre O MODELO ENERXÉTICO. VISIÓN GLOBAL DA SITUACIÓN ACTUAL. INSUSTENTABILIDADE E TRANSICIÓN ENERXÉTICA (10.30hrs.), introducida polo Profesor de Economía Aplicada da USC e Vicepresidente de Véspera de Nada, Xoán Doldán e polo investigador da USC e membro de Verdegaia, Miguel Pardellas. A deputada no Parlamento español por En Marea, Alexandra Fernández, será a encargada de realizar a moderación.

A través de Alfons Pérez, encargado de Monitorización das Políticas de Seguridade Enerxética da UE no Observatori del Deute en la Globalització, e ca introdución e moderación de Lídia Senra, achegarémonos á UNIÓN DA ENERXÍA (12:30hrs), como sinalabamos, unha das apostas máis controvertidas e de maior calado da Comisión Europea para a presente lexislatura [2].

A sesión de tarde centraranos no contexto e nas propostas enerxéticas a nivel galego. Será a través das Doutoras en Economía Rosa Regueiro -profesora de Economía Aplicada da Universidade da Coruña- e Natalia Fabra -profesora da Universidade Carlos III e Premio Sabadell-Herrero á investigación económica-. Este panel, que se desenvolverá baixo o título O MERCADO ELÉCTRICO NA GALIZA E NO ESTADO ESPAÑOL NO CONTEXTO EUROPEO. NORMATIVA E DÉFICIT TARIFARIO (16.00hrs), será introducido e moderado polo deputado de AGE no Parlamento Galego, Juan Fajardo.

Antón Sánchez, deputado de AGE tamén no Parlamento Galego, coordenará a derradeira mesa, que a través do título REFORMAS LEVADAS A CABO NOS ÚLTIMOS TEMPOS. OUTRAS EXPERIENCIAS DE COMERCIALIZACIÓN DENDE O COOPERATIVISMO (18:00hrs), centrarase na exposición de experiencias prácticas. Así, coñeceremos o proxecto cooperativo de orixe catalá Som Energía da man da súa presidenta, Ana Marco; e do coordinador de Som Enerxía Galiza, Daniel Espinheira. A continuación afondaremos tamén na traxectoria, obxectivos e funcionamento de Nosa Enerxía Sociedade Cooperativa Galega, que será presentada polo seu presidente, Pablo Álvarez; e o proxecto cooperativo de orixe vasca Goiener, será dado a coñecer da man do seu director, Santiago Ochoa de Eribe.

Bruxelas, 18 de Abril de 2016.

Notas.-
[1] Adxuntamos cartaz e díptico-programa. | Acceder/Baixar. | Acceder/Baixar.
[2] Información da UE: http://www.europarl.europa.eu/atyourservice/pt/displayFtu.html?ftuId=FTU_5.7.2.html; información crítica: http://www.rosalux.eu/fileadmin/user_upload/energy-union-what-is-behind-it-2015.pdf.

Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL)

Equipa de Comunicación AGEe.
lidia.senra@europarl.europa.eu

http://ageuropa.gal/

twitter  Facebook

Enviado por:

SENRA RODRÍGUEZ Lidia OFFICE
-lidia.senra-office@europarl.europa.eu-
18 de abril de 2016 16:11
__________

A Reválida de 6º de Primaria - Nova Escola Galega súmase aos colectivos de profesorado e familias que rexeitan a realización da chamada proba de final de etapa de Educación Primaria tal como se contempla na LOMCE


A REVÁLIDA DE 6º DE PRIMARIA

"Sexa cal for o desenlace político da situación que estamos a vivir -novo goberno ou novas eleccións-, o máis sensato e menos gravoso para todos é que o propio goberno en funcións asuma o máis que seguro resultado da votación no Congreso, renunciando a empecer a súa aplicación".
NEG súmase aos colectivos de profesorado e familias que reclaman que non se realice a chamada proba de final de etapa de Educación Primaria tal como se contempla na LOMCE e no seu calendario de aplicación.

En primeiro lugar, por non considerármola apropiada para a formación do alumnado. O seu establecemento normativo concreto, feito no Real Decreto 1058/2015, de 20 de novembro (BOE do  28  de  novembro),  establece  esta  proba  confirmando  o  seu  carácter  de  “reválida”  -denominación que desgusta ou da que foxen tanto o Ministerio como a Consellaría- ou sexa, de volver a validar ou “revalidar” o que se cursou nos seis cursos anteriores. Confírmase o seu carácter de reválida por varias razóns:
  • Por realizarse nun momento puntual e único (exame), e non como unha observación continua e procesual, dando por bo que aquel instrumento de avaliación é mais fiable.
  • Por  ser  feita  por  persoas  externas  ao  centro,  como se estas fosen garantes dunha maior obxectividade, e non o coñecemento continuado e en profundidade do alumnado e das súas circunstancias.
  • Por ter como resultado unha cualificación individual, o que provoca unha sinalización e un primeiro paso a unha segregación, que se poderá concretar só dous anos despois, ao  finalizar  segundo  da  ESO,  obrigando  nese  momento a decantarse por un tipo de matemáticas que marcarán o camiño para elixir un itinerario de estudos despois da ESO (FP ou Bacharelato).
  • Por ter outra consecuencia individual que non se explicita, pero que con moita probabilidade consistirá, para aqueles que acaden malos resultados, a da repetición de 6º de Primaria, se non se repetira antes nesta etapa.
Para valorar a situación formativa do conxunto do alumnado e dos centros abondaba ben coa avaliación diagnóstica, que non está derrogada, e non tiña consecuencias académicas individuais para o alumnado. Cómpre constatarmos que, dos países da OCDE, cos que tanto gustan de nos comparar, somos o único -agás EEUU- que temos probas externas en primaria.

Por se isto fose pouco, o anuncio do debate e votación no Pleno do Congreso da primeira proposición de lei da lexislatura, co obxectivo de paralizar o calendario de implantación da LOMCE, que traería con seguridade como mínimo a anulación desta proba, deixa nunha incerteza inadmisible a centros e familias cando está a piques de rematar o curso. Sexa cal for o desenlace político da situación que estamos a vivir -novo goberno ou novas eleccións-, o máis sensato e menos gravoso para todos é que o propio goberno en funcións asuma o máis que seguro resultado da votación no Congreso, renunciando a empecer a súa aplicación. Se, como xa están anunciando, o PP decide dilatar ao máximo os tempos, independentemente do prexuízo que, sen dúbida, ocasionaría, demandamos que, tal e como están facendo outras comunidades autónomas, o goberno galego se formule abordar, no uso das súas competencias, o modelo de avaliación que resulta máis acaído de cara a facer un seguimento completo dos obxectivos do sistema educativo no noso contexto.

Outras comunidades están dando pasos nesta liña, apostando por unha avaliación do sistema no seu conxunto e non reducíndoa á comprobación da adquisición de determinadas competencias por parte do alumnado.

www.neg.gal

Nova Escola Galega
OPINA
Abril de 2016
Nova Escola Galega
 · Rúa das Hedras, 4, 2º O · 15895 · Milladoiro - AMES (A Coruña)
Tfno./Fax 981.56.25.77 · Apdo. 586 · www.nova-escola-galega.org · neg@mundo-r.com
Asociación declarada de Utilidade Pública (Orde INT/2335/2008, BOE 5/8/08)

__________

Iniciado o proceso de Asembleas de Barrio para elixir as vicepresidencias das mesmas e a representación no Consello da Veciñanza do Concello de Ferrol - Regulamento de Participación Cidadán - Orzamentos Participativos - Axenda 21 Local de Ferrol


Despois dun proceso de asembleas deliberativas que se celebraron despois do "Foro Cívico Reiniciamos" celebrado no Teatro Jofre o 3 de Decembro do pasado ano 2015, coa súa xornada de avaliación e análise, celebrada na antiga Casa do Hospicio o sábado 30 de Xaneiro de 2016, do 18 de Abril, até o 16 de Maio, comeza o proceso de Asembleas de Barrio para elixir as vicepresidencias das mesmas e a representación no Consello da Veciñanza do Concello de Ferrol.  O concelleiro de Participación Cidadán, Álvaro Montes, tamén se comprometeu que se constituirían os Consellos Sectoriais previstos no Regulamento de Participación Cidadán. O Concello pon a disposición das cidadás e cidadáns as fichas para candidatar-se para as representacións nomeadas con anterioridade e que a continuación achegamos os seus enlaces. As fichas físicas estiveron nas diferentes asembleas de barrio, mais agora poden-se descargar desde a páxina do Concello e presenta-las no rexistro do mesmo antes das asembleas programadas. A programación das asembleas de barrio están publicadas nun cadro, coa conseguinte orde do día.

Achegamos enlaces a documentos de moito interese como o Regulamento de Participación Cidadán, o Regulamento Piloto sobre Orzamentos Participativos utilizado no 2009-2010 e a Axenda 21 Local de Ferrol un documento que xorde directamente da participación cidadán.

Desde o Colectivo Ártabra 21, chamamos a participar neste proceso de participación cidadán que seguro non é o mellor e que ten moito que reformar e revisar, mais é un punto de partida, por iso as persoas que estean realmente interesadas na participación cidadán deben implicar-se neste proceso, para transformalo e que se utilicen os instrumentos de participación previstos (Intervención no Pleno, Iniciativa Popular, Consulta popular, Audiencia Pública, Defensor/a da Veciñanza, Portal Cidadán, Oficina de Participación, ....)

Procesos Participativos.

PROCESOS PARTICIPATIVOS CONCELLO DE FERROL
ASEMBLEAS DE BARRIO 2016

Ficha de candidatura ó consello da veciñanza Ficha de candidatura á vicepresidencia de asemblea de barrio

Cadro de asembleas 1ª volta
Orde do día: renovación Asemblea de Barrio (2016)
Regulamento de Participación Cidadán (BOP - BOLETIN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA - 2 de decembro de 2009 • número 256 • Da páxina 58 á 72 25 páxinas en formato pdf)
Orzamentos Participativos
(18 páxinas en formato pdf)
Axenda 21 Local de Ferrol
Plan de acción
Fonte: Web do Concello de Ferrol.
https://www.ferrol.es/


Foto: Publicada en Ferrol360 | O antigo Hospicio acolleu a xornada na que participaron varias decenas de persoas (foto: R.C.).

Interesantes artigos, baixo licenza  publicados en Ferrol360 sobre a Participación Cidadán e o Foro Cívico Reinicia. | Ir á Web (P.C.)  | Ir á Web (F.C.).

A Participación Cidadán en Ártabra 21. | Acceder.
___________

luns, abril 18, 2016

A eurodiputada galega Lídia Senra, foi este sábado 16 de Abril, a encargada de abrir na Pobra de Trives a xornada “As figuras de protección medio ambiental da Unión Europea en zonas de montaña” - Fotos e Audio


Lídia Senra reivindica políticas activas para manter a actividade agraria e gandeira nas zonas de montaña. | A eurodeputada abre en Trives a xornada organizada polo GUE/NGL e AGEe sobre as figuras de protección medioambiental nestas zonas. | Chama a esixir responsabilidade política para que o Día Internacional das Montañas e das persoas que viven nelas sexa todos os días do ano.


Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), foi este sábado a encargada de abrir na Pobra de Trives a xornada “As figuras de protección medio ambiental da Unión Europea en zonas de montaña”, un evento aberto que durante toda a xornada de hoxe está a reunir diferentes persoas técnicas expertas en figuras de protección medio ambiental, así como labregas e labregos galegos titulares de experiencias de produción en zonas de alta montaña e representantes de Parques Naturais. O obxectivo é poñer en valor as figuras de protección e analizalas e debater sobre elas como unha vía máis para contribuír a manter a montaña viva.

Durante a presentación, Lídia Senra reivindicou o papel das montañas e a necesidade de que desde as institucións políticas "non se esqueza ás persoas que viven nelas para poder manter vivas estas zonas", instando a que o Día Internacional das Montañas -que se celebra todos os anos no 11 de decembro, nunha data instaurada polas Nacións Unidas, pase a ser todos os días do ano e non só un.

Senra fixo fincapé na necesidade de afondar no coñecemento das figuras de protección ambiental para as zonas de montaña, co obxectivo de "explorar como aproveitar mellor este marco e como desenvolver actividades dentro del". Así, definiu como ante todo, “informativa” a xornada en Trives, se ben o obxectivo é poder presentar tamén iniciativas nos Parlamentos Europeo, Estatal e Galego que defendan a montaña galega.  Senra afirmou que organizar xornadas como a deste sábado en Trives é “moi importante para visibilizar a problemática das montañas e das labregas, labregos e persoas que desenvolven nelas outras actividades".

Na xornada, á que na sesión da mañá participaron preto dun cento de persoas, participan como ponentes Guzmán Ouro Vilariño, enxeñeiro de Montes, técnico agrícola e xefe do Servizo de Conservación da Natureza de Lugo, que foi presentado polo alcalde de Manzaneda, Davide Rodríguez. Tamén estivo pola mañá a dirixente do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane e os expertos Víctor Andrés Álvarez Arias e Xosé Santos Otero, nunha mesa presentada polo deputado de AGE no Parlamento Galego, Antón Sánchez.

Xa na sesión da tarde, a pastora Neves Fernández e o membro de Labregos Daiquí, Manuel García, falarán sobre as súas experiencias na montaña, presentados pola membro de Anova na montaña luguesa Vanesa Garrido Blanco. O alcalde de Somiedo, Belarmino Fernández, será o encargado de pechar a xornada, falando do Parque Natural asturiano, nunha mesa que presentará o deputado de En Marea no Estado español Miguel Anxo Fernán-Vello.

As desta fin de semana son xa as segundas xornadas de montaña que organiza o GUE/NGL na Galiza en colaboración con AGEe. Na xornada no 2015, celebrada en Becerreá, púxose a énfase en que a actividade agraria é fundamental para manter a montaña viva, igual que é fundamental para isto poder dispoñer duns servizos públicos e de calidade en canto a sanidade, ensinanza e servizos sociais, para que as persoas poidan vivir con calidade de vida nas montañas.


Valoración da Xornada por parte de Lídia Senra | Acceder/Baixar Audio en formato mp3 (16.04.2016).


Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL)

Equipa de Comunicación AGEe.
lidia.senra@europarl.europa.eu

http://ageuropa.gal/

twitter  Facebook

Enviado por:

SENRA RODRÍGUEZ Lidia OFFICE
-lidia.senra-office@europarl.europa.eu-
16 de abril de 2016 13:24
16 de abril de 2016 18:47

__________

Asemblea de Barrio no Inferniño, dentro do proceso de Participación Cidadá do Concello de Ferrol


Asembleas de Barrio.

Esta Asociación veciñal O Rosario-Inferniño CONVIDA e fai un chamamento aos soci@s e veciñanza para participar na ASEMBLEA de BARRIO  deste LUNS-18 ás 19 horas no salón de actos do Centro Cultural Municipal CARVAHO CALERO.

Esta Asemblea de Barrio está convocada pola Concellaría de Participación Cidadá deste Concello de Ferrol en aplicación ó Regulamento de Participación Cidadá (Acceder/Baixar) que esta asociación participou tan activamente ate a súa aprobación unánime polo pleno deste concello.

Animamos a veciñanza a participar no desenvolvemento deste barrio sobre as infraestruturas, programas sociais ou debates de carácter social.

Saúdos

- Directiva .-

Proceso participativo:
Enlace Asembleas de barrio, na web do Concello. | Ir á Web.

--
ASOCIACION VECIÑAL O ROSARIO- INFERNIÑO

correo-e: avvorosario@gmail.com
www : orosario-inferninho.blogspot.com

Enviado por:
A.Veciñal Inferniño
avvorosario@gmail.com
17 de abril de 2016 11:58
_________

domingo, abril 17, 2016

Chamado urxente de solidariedade con Brasil - A Marcha Mundial das Mulleres chama á solidariedade internacional contra o intento de golpe institucional e en defensa de Dilma Rousseff


Deputad@s do parlamento brasileiro deciden hoxe sobre o relatorio da oposición que contempla a destitución (impeachmen) da presidenta electa Dilma Rousseff, aínda que sexa ilegal. Dos 242 deputados inscritos, 119 foron ouvidos até o de agora no debate da Cámara de Deputad@s. O Parlamento leva debatendo en sesión continua desde a mañá do pasado venres (15 de Abril) e aínda hoxe domingo 17 de Abril segue reunido, hoxe prevé-se a votación. A rúa está mobilizada permanentemente. a oposición con cores amarelas predominantes e quen defende á Presidenta Dilma coa cor vermelha. Os movementos sociais denuncian un golpe institucional contra a presidenta electa que ven sendo boicoteada perante un ano enteiro, polo poder económico, do integrismo relixioso, e fáctico. Difamada nos medios de comunicación nun constante ataque á democracia.  Caso que o afastamento de Dilma sexa aprobado, o proceso pasa para o Senado Federal
que decidirá en última instancia. Desde a Marcha Mundial das Mulheres chaman á solidariedade internacional en defensa da democracia contra o golpe de estado institucional. A maratoniana sesión parlamentaria esta sendo retransmitida en directo pola tv do parlamento: Ir á Canle en Directo.

Correo CNs 09/2016: Chamado urxente de solidariedade con Brasil



Un mes. Este é o período que separa unha curva histórica na nosa democracia. O 8 de marzo de 2016, o Supremo Tribunal Federal (STF) publicaba o rito do impeachment e deste xeito estaba dada a largada cara ao golpe. Un golpe si, porque a presidente Dilma Rousseff non cometeu ningún crime.

Durante este período, malia toda influencia e manipulación dos grandes medios, o que viu son brasileiros e brasileiras que se mobilizaron en diversas frontes e cun só obxectivo: frear o golpe en xestación e garantir as bases da nosa democracia.

Coa forza das redes sociais, movementos sindicais e sociais e a participación de formadores de opinión, instalouse o debate nas prazas, rúas, universidades, de Brasil e do mundo. Cada grupo ou representante comezou a sinalar as manobras xurídicas e mediáticas para darlle un aspecto de legalidade ao que é, en realidade, o intento da oposición de tomar o poder que non logra polas urnas.

Denunciamos a alianza dá élite económica brasileira, ancorada con sectores da xustiza e grandes medios, especialmente, das Organizacións Globo, por manipular a verdade dos feitos e repetir, como en 1964, un golpe de estado.

O movemento #NoHabráGolpe creceu e hoxe recibe o apoio de persoas que non votaron á presidente Dilma Rousseff, pero saben que, si ocorre un golpe de feito, é a democracia a que está en perigo.

¡É un golpe si!

Xuristas, artistas, líderes sindicais, movementos sociais, xornalistas, estudantes, científicos, profesores, músicos. Todos os días, novos manifestos de grupos en Brasil e no exterior denunciaban o proceso golpista.

A prensa e a comunidade internacional precisan saber o que está ocorrendo. Con manobras golpistas, intentan fraxilizar e poñer en perigo a democracia brasilera e desestabilizar aínda máis nosa Nación.

Esa é a curva histórica. O xogo é sucio, pero a reacción popular vén facendo o seu papel nos cambios de rumbos sobre un taboleiro que parecía xa estar totalmente definido. Non o está.

Exemplo diso son os máis de 120 manifestos producidos nas últimas semanas (vexa lista completa aqui).

No exterior

Pedimos axuda aos brasileros que están no exterior e á comunidade internacional para manter e ampliar as denuncias e o enfrontamento ao golpe. Temos que manter as rúas ocupadas, as escolas e universidades debatendo.

Temos que presionar aos deputados a votar contra o golpe

www.mapadademocracia.org.br -

Temos que loitar todos os días, sen tregua. Porque só co exercicio da propia cidadanía e da movilización podemos impedir unha ruptura da nosa democracia.

#NoHabráGolpe

Chamado Internacional da Marcha Mundial das Mulleres á solidariedade con Brasil, o 14 de Abril de 2016.

A Marcha Mundial das Mulheres (MMM) en Brasil chama a movementos sociais aliados de todo o mundo para expresar a súa solidariedade sexa coa realización de accións públicas ou envío de fotos, carteis, mensaxes e cartas de solidariedade que expresen o rexeitamento aos intentos de vez de Estado en marcha en Brasil. Por favor, envíe ao correo: helena@sof.org.br

Unha suxestión de mensaxe é:

-------------------
# MulheresContraOGolpe (Mulleres contra o golpe)
Marcha Mundial das Mulleres (nome da CN) en solidariedade coa Marcha Mundial das Mulleres Brasil e a presidenta Dilma, pola legalidade, contra o machismo e en defensa da democracia.

A MMM é parte con outros movementos sociais da Fronte Brasil Popular, un espazo de coordinación de todas as accións contra o golpe de Estado que se fixeron nos 27 estados. Nos seguintes enlaces, atoparán máis información en diferentes idiomas sobre o proceso de mobilización e o lema e hashtag que move as nosas accións: #Nãovaitergolpe (Non haberá golpe).

É - Non haberá golpe - http://frentebrasilpopular.org.br/noticias/nohabragolpe-el-hashtag-que-cambia-la-historia-e38e/

En solidariedade feminista,

Marcha Mundialdas Mulheres de Brasil

#MulheresContraOGolpe (Mulleres contra o golpe).

#NoHabráGolpe, O hashtag que cambia a historia En Español

---

+ Info na web do parlamento:http://www2.camara.leg.br/


Enviado por:
Lupe Ces
lupeces@gmail.com-
14 de abril de 2016 09:22

http://lupeces.blogspot.com/

__________________

venres, abril 15, 2016

O Parlamento Europeo debateu na mañá do 14 de Abril a aplicación de medidas para paliar o empobrecemento enerxético da poboación - Lídia Senra: “Basta de hipocrisía! Para acabar ca pobreza poñan fin á concentración da riqueza”


Lídia Senra: “Basta de hipocrisía! Para acabar ca pobreza poñan fin á concentración da riqueza”. | O Parlamento Europeo debateu na mañá de hoxe a aplicación de medidas para paliar o empobrecemento enerxético da poboación. | Segundo datos do ano 2013, o 16,7% da poboación da Unión Europea está en risco de pobreza e o 9,6% padece privación material grave.


Esta mañá o Parlamento Europeo procedeu ao debate en sesión plenaria en Estrasburgo (Francia) do Informe sobre a consecución do obxectivo de loita contra a pobreza á  luz do aumento dos gastos das familias, un intercambio de opinións que, ao estilo institucional europeo, remitía a medidas paliativas en lugar de preventivas, eludindo na maioría das intervencións a propia responsabilidade da Unión Europea (UE) no empobrecemento da poboación a través da imposición de medidas de austeridade.

Como sinala o informe tomado como base para o debate, entre o ano 2008 e o 2013 o número de persoas empobrecidas na UE incrementouse en 5,6 millóns de persoas, atopándose no ano 2013 o 16,7 % da poboación en risco de pobreza e o 9,6 %, en situación de privación material grave. Na Galiza, o 20,8% dos fogares chega con moita dificultade a fin de mes (INE 2015) e o 18% dos fogares en Galiza vense na obriga de gastar máis do 10% dos seus ingresos en pagar as facturas de enerxía [1].

A eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa, Lídia Senra, sinalou que son precisamente as políticas de austeridade e as recomendacións do semestre europeo para os pobos do sur “as causantes do aumento da pobreza e da exclusión social”, constituíndo “unha forma de violencia contra as persoas e vulnerando os dereitos humanos”.

Así, dirixiuse á Comisaria de Emprego, Asuntos Sociais, Capacidades e Mobilidade Laboral, Marianne Thyssen, presente no hemiciclo, recriminándolle que acuda ao pleno “a vender declaracións de intencións” para loitar contra a pobreza en Europa, mentras as políticas da Comisión “seguen  provocando destrución de traballo nas empresas, na agricultura e na pesca; redución dos salarios e o aumento das e dos traballadores pobres; que a xuventude, a pesar de ter mais e mellor formación, non atope traballo e que moitas famílias segan perdendo a súa vivenda”.

Aliás, continuou, a imposición de medidas de austeridade que conlevou facer pagar á cidadanía as perdas xeradas pola especulación do sector financieiro en connivencia cos gobernos, supuxo “o empeoramento da calidade de servizos públicos como a sanidade ou o ensino”. No caso concreto da sanidade, abondou, “incluso provoca que moitas persoas non teñan acceso a ela ou ter que agardar moitísimos meses para realizar probas médicas”.

Por iso, Comisaria, se realmente vostede e o Sr. Juncker queren loitar contra a pobreza, comecen por poñer  fin á concentración da riqueza”, espetou; “non é admisíbel que só vinte persoas no Estado español acumulen unha riqueza equivalente á do 30% da poboación máis empobrecida”. “Abandonen xa as políticas de austeridade, fagan políticas a favor do emprego e poñan en marcha desde xa a Renda Básica Universal”, esixiu a eurodeputada galega.

Bruxelas, 14 de Abril de 2016

Avance Informativo sobre a actividade da eurodiputada nos vindeiros días:
  • [1] Dende as 10.30 e até as 19.30hrs. de mañá, sábado 16 de abril, o Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), do que Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe) forma parte no Parlamento Europeo, desenvolverá a través de AGEe a xornada aberta “As figuras de protección medioambiental da Unión Europea en zonas de montaña”, que terá lugar na Casa da Cultura da Pobra de Trives -Auditorio Julio Vázquez- (Ourense). | Ir a Web.
  • O vindeiro sábado 23 de abril o Grupo da Esquerda Verde Nórdica-Esquerda Unitaria Europea levará adiante, a través de Alternativa Galega de Esquerda en Europa, as xornadas “Presente e futuro enerxético da Galiza no contexto europeo”, que terán lugar no Teatro Principal da Estrada. | Ir a Web.
---

RELATÓRIO: PROPOSTA DE RESOLUÇÃO DO PARLAMENTO EUROPEU | 25 de Fevereiro de 2016  | PE 569.633v02-00 | A8-0040/2016 | Sobre o cumprimento do objetivo de luta contra a pobreza à luz do aumento dos encargos domésticos. | (2015/2223(INI)) | Comissão do Emprego e dos Assuntos Sociais. | Relator: Tamás Meszerics | Accesar/Baixar. | + Info.

Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL)

Equipa de Comunicación AGEe.
lidia.senra@europarl.europa.eu

http://ageuropa.gal/

twitter  Facebook

Enviado por:
SENRA RODRÍGUEZ Lidia OFFICE
-lidia.senra-office@europarl.europa.eu-
14 de abril de 2016 11:59
______________ _____________

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol desenvolve este sábado, 16 de abril, às 12 horas na galería Sargadelos, un Encontro Aberto para presentar o “Proceso Adiante”, coa presenza da súa Portavoz nacional Ana Pontón - O BNG local renovou, en Asemblea, o seu Consello Local, da que saiu eleito como responsábel Carlos Outeiro Baamonde


Este sábado, 16 de abril, o BNG celebra un Encontro Aberto para presentar o “ Proceso Adiante”


O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol desenvolve este sábado, 16 de abril, às 12 horas na galería Sargadelos, un Encontro Aberto para presentar o “Proceso Adiante.

O Proceso Adiante nace do acordo na XV Asemblea Nacional do BNG de iniciar un proceso de refundación do Bloque Nacionalista Galego. Pretende sumar homes e mulleres que sen ser membros da organización comparten connosco a necesidade de dispormos dunha expresión política propia.

A Portavoz nacional do BNG Ana Pontón, canda ao Portavoz municipal Iván Rivas e o Responsábel Local Carlos Outeiro, presentarán este foro de análise e reflexión posto en marcha coa finalidade de actualizar, reforzar e relanzar o proxecto nacionalista galego mediante un proceso de debate aberto encamiñado a ofrecer á sociedade un proxecto político sólido, con maior capacidade de incidencia social e de transformar positivamente o noso país en proveito da súa xente.

Desde o BNG procuramos con este debate aberto realizar unha reflexión transversal sobre a necesidade de forzas políticas propias como alternativa política para este país. Faremos unha radiografía da Galiza de hoxe para actualizar as nosas principais análises e diagnoses sobre a situación económica, política, social, lingüística ou cultural.

Así mesmo, recolleremos propostas sobre melloras na estratexia política do nacionalismo galego; revisaremos cales deben ser as principais ideas que debemos comunicar e como debemos facelo. Mesmo estará en debate a estrutura do BNG na procura do modelo organizativo máis útil para defender os intereses galegos nas vindeiras décadas.

Máis información sobre este proceso na seguinte ligazón:
http://adiante.gal/

---

O BNG DE FERROL RENOVOU O SEU CONSELLO LOCAL

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol procedeu a renovar a súa dirección local nunha asemblea celebrada o pasado 17 de Marzo de 2016, un proceso enmarcado na XV Asemblea Nacional da formación, e do que saíu electo como responsábel local Carlos Outeiro Baamonde [*].

Ademais de Carlos Outeiro o novo Consello Local do BNG estará formado por Roberto Montero (Vice-Responsábel), Eva Espiñeira, Iván Rivas, Dolores Prieto, Ramón Fernández, Xoán Xosé Lourenzo, Pedro Fernández, Luisa Sánchez, Ladislau Rodríguez, Elia Rico, Miguel Anjo González e Iolanda Gómis.

Desde o BNG sinala que co impulso da recente Asemblea Nacional, en breve abriremos à sociedade o proceso de refundación, de adaptación da organización ás necesidades actuais do obxectivo de sempre, sermos útiles a Galiza.

Nesta asemblea, tamén se analizaron as liñas de traballo que o BNG vai desenvolver a nivel local nos vindeiros meses e resaltouse a importancia política do traballo do BNG resaltando que os debates sobre os problemas estruturais da nosa localidade están presentes cando son formulados pola nosa organización.

bngferrol@gmail.com

O BNG de Ferrol no facebook  ou no twitter.

http://bng.gal/ferrol/

[*] Carlos Outeiro Baamonde, enxeñeiro, traballador de Navantia e técnico de medio ambiente. Ligado á defensa da lingua e ao ecoloxismo desde hai moitos anos. Tamén desenvolveu actividade sindical ligada á sección sindical da CIG no estaleiro. Activista da Mesa para a Normalización Lingüística, das plataformas cidadáns 'Queremos Galego' e 'Nunca Máis' e de ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza). Manten unha conta de facebook.

Información baseada na enviada por:
BNG
-bng@ferrol.es-
14 de abril de 2016 12:56
___________