xoves, decembro 31, 2015

Como noutras cidades da Galiza, en Ferrol está convocada un acto de repulsa e denuncia ante un novo asasinato machista, desta vez pola morte violenta de Marina no concello de Mos - Este Venres 1 de Xaneiro de 2016, ás 8 da tarde na Praza do Concello


CONCENTRACIÓN DE REPULSA ASASINATO MACHISTA

A COORDENADORA COMARCAL DE FERROLTERRA DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES CONVOCA UNHA CONCENTRACIÓN DE REPULSA EN FERROL POLO ASASINATO POR VIOLENCIA MACHISTA DE MARINA R.B.

O VENRES 1 DE XANEIRO ÁS 20:00H NA PRAZA DIANTE DO CONCELLO DE FERROL

Unha vez máis sairemos á rúa para amosar a nosa indignación polo asasinato dunha muller por violencia machista. Marina foi asasinada polo seu marido pagando coa súa vida a discriminación e a desigualdade que padecemos todas.

Sairemos novamente para rexeitar este cruel asasinato e denunciar unha vez máis a violencia machista instalada na nosa sociedade.

É precisa unha resposta social contundente contra a violencia machista.

Non consentiremos que a violencia machista continue asasinándonos!!!!

-- "As mulleres decidimos"

Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres

Que é a Marcha ?
A Marcha Mundial das Mulleres é un movimento mundial de accións feministas que reúne grupos de mulleres e organizacións que actúan para eliminar as causas que orixinan a pobreza e a violencia contra as mulleres. Loitamos contra todas as formas de desigualdade e de discriminación sufridas polas mulleres. Os nosos valores e as nosas accións orientanse cara un cambio político, económico e social. Os mesmos que se articulan aoredor da mundialización das solidaridades, a igualdade entre mulleres, entre mulleres e homes, e entre os pobos, o respecto e a valoración do liderazgo das mulleres e o fortalecimento das alianzas entre mulleres e cos outros movimentos sociais progresistas.

Información baseada na enviada por:
Marcha Mundial Ferrolterra
-mmmferrolterra@gmail.com-
31 de dezembro de 2015 12:30

______________

mércores, decembro 30, 2015

Esquerda Unida de Narón defenderá tres mocións no último pleno do ano, unha sobre a Cementeira de Castro, outra sobre o VIH e unha terceira sobre os circos con animais


Hoxe 30 de Decembro de 2015, no último pleno do ano, o concelleiro André Abeledo de Esquerda Unida de Narón defenderá tres mocións: unha primeira moción da veciñanza de Castro sobre a Cementeira, xa ilegalizada polo Tribunal Supremo;  unha segunda moción para combater o VIH-SIDA que EU Narón redactou xunto co PSOE a que tamén se suman TEGA, BNG e ELIXIMOS; e unha terceira  moción para declarar a Narón "Vila Libre de Circos con Animais" promovida por LIBERA e respaldada por máis de 20.000 sinaturas.

MOCION DE EU NARÓN CEMENTEIRA CASTRO

Por segunda vez Esquerda Unida de Narón vai ter o honor de ser a voz das veciñas e veciños de Castro neste Pleno, novamente as concelleiras e concelleiros deste consistorio temos a oportunidade de facer xustiza a tantos anos de loita, a 12 anos de loita exemplar.

Esquerda Unida volve a defender unha moción dos veciños de Castro coa mesma forza e convicción que a primeira, sabendo que os ampara a razón, a xustiza e as sentenzas xudiciais.

Agardamos que esta vez ninguén sexa capaz de darlles as costas, hoxe faise unha reclamación tan simple como lóxica, reclaman o amparo dos seus concelleiros e concelleiras, esixen que nos poñamos do seu carón na loita contra os poderosos e para iso só nos piden que digamos o que todos xa sabemos, QUE TEÑEN RAZÓN, que durante todos este tempo cometeuse UNHA GRAN INXUSTIZA, que as sentencias están para cumprilas.

So piden que nos posicionemos coa legalidade, que manifestemos a favor de que se cumpran as sentenzas e que demos traslado a quen corresponde.

A nos como os seus representante, como os seus servidores, correspóndenos estar a altura para que hoxe non se produza outra inxustiza inxustificable para quen debemos representar, servir e defender, que son as veciñas e veciños de Narón e no a calquera outro tipo de interese.

MOCIÓN VIH/SIDA

O lema da ONU é: “A resposta rápida para acabar co VIH/SIDA” co obxecto de poñer fin a epidemia, como parte dos obxectivos da ONU de Desenvolvemento Sostible.

Pois ben, a política inxusta e insolidaria da Xunta de Galiza, consistente no recorte indiscriminado de axudas e subvencións ós Comités Cidadáns Anti-Sida e as súas casas de acollida terá como resultado todo o contrario ó que propón a ONU.

Na Galiza hai máis de 2000 persoas infectadas por VIH e entre un 30 e un 40% máis descoñecen a súa ser seropositivos.

Criticamos tamén que a industria farmacéutica actúe habitualmente dun xeito puramente mercantil, sen responsabilidade social algunha.

As mellores armas para loitar contra o SIDA están en nos mesmos. A mellor vacina é a solidariedade coas persoas afectada por VIH.

Esquerda Unida urxe a todas as Administraciósn para que impulsen campañas de prevención e atención e esiximos á Xunta que se alonxe destas políticas de recortes indiscriminados.

Esiximos á Administración que asuma a súa responsabilidade neste eido, con xustiza e solidariedade, con sentido comunitario, pois como dicía Eduardo Galeano: “O sentido comunitario é a forma máis fermosa de exercer o sentido común”.

MOCIÓN EU NARÓN “VILA LIBRE DE CIRCOS CON ANIMAIS”

Dende Esquerda Unida defendemos que os animais non deben ser vítimas de maltrato ou violencia, como tampouco deben estar suxeitos a actos que lles supoñan sufrimento físico ou psicolóxico, cuias consecuencias tradúzanse en alteracións do comportamento.

Os circos con animais, non poden atender as necesidades dos mesmos, cativos nas súas instalacións e os seus transportes, nin ofrecen unha educación medio ambiental apropiada xa que promoven unha visión terxiversada e falsa dos animais, resultando incluso antieducativos para os menores de idade, que constitúen o público maioritario destes espectáculos.

Ningún municipio debería permitir o maltrato animal como espectáculo e Narón ten unha oportunidade para rematar co uso de animais en circos.

Na Galiza son xa moitos os municipios, entre eles Lugo, Vigo e Ourense, que declaráronse “libres de circos con animais” impedindo que estes espectáculos que explotan fauna silvestre e domestica podan facer negocio co sufrimento e a catividade de especies como tigres, hipopótamos, e incluso cans.

Esta moción ven ademais respaldada por máis de 20.000 apoios a xeito de sinaturas.

Permitídeme rematar con tres frases de tres persoeiros:
"Hai pasos sinxelos que cada un de nos pode seguir para eliminar a explotación de outros seres. Un destes pasos consistiría en negarnos a visitar os circos que usen animais. Cando os vexo cativos nos circos, penso na escravitude. Os animais nos circos representan a dominación e a opresión contra as que temos loitado durante tanto tempo. Eles cargan cos mesmos grílletes e cadeas”.  (Dick Gregory, activista polos dereitos civís)

"A grandeza duna nación e o seu progreso moral pode ser xulgada polo xeito en que os seus animais son tratados". (Mahatma Gandhi, aciyivata polos dereitos civis e anon violencia).

"Quen é cruel cos animais, non pode ser boa persoa". (Arthur Schopenhauer, filosofo polaco-alemán).

Grupo Municipal de Esquerda Unida de Narón



ESQUERDA UNIDA DE NARÓN

Contas de Esquerda Unida Narón no facebook e no twitter.

Achegate xunta Nós, fagamos un novo Concello mais social, mais democrático, participativo e de Tod@s.

Foto: Casa do Concello | Galipedia.

Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
30 de dezembro de 2015 00:50

________________

domingo, decembro 27, 2015

Mario Paz Grille, Uriel Collazo e Paula López ganhadores/a da IV Ediçom do Concurso Escolar Conhecendo o Apalpador

Sofia González, 9 anos

O passado sábado, 26 de dezembro, o júri encarregado de atribuir os prémios do “IV Concurso Escolar Conhecendo o Apalpador” nas suas diferentes categorías, figérom público o seu falho.

Este ano participaron no concurso 120 crianças de diferentes centros de ensino da Comarca de Trasancos: Ferrol, Narom, Mugardos e Pontedeume.

Após umha complicada avaliaçom dos trabalhos recebidos, finalmente ficou da seguinte maneira:

Mario Paz Grille, 3 anos

Categoria de 3-5 anos

1.- Mario Paz Grille (3 anos) Semente Trasancos (Narom)
2.- Martinho Corredoira (3 anos) Semente Trasancos (Narom)
3.- Adriana Fernández Díaz (4 anos) Apelom (Mugardos)

Mençom honorífica: Nerea Seibane Cancela (4 anos) CEIP Paços (Ferrol)
Mençom honorífica: Jimena López Diaz (4 anos) CEIP Paços (Ferrol)

Uriel Collazo Montes, 7 anos

Categoria de 6-8 anos

1.- Uriel Collazo Montes (7 anos) CEIP Isaac Peral (Ferrol)
2.- Martín Tominaga Otero (8 anos) CEIP Paços (Ferrol)
3.- Candela Primoi (7 anos) CEIP Isaac Peral (Ferrol)

Mençom honorífica: Izan Vieites Legarreta (8 anos) CEIP Isaac Peral (Ferrol)
Mençom honorífica: Marcos Muñiz (7 anos) CEIP Isaac Peral (Ferrol)

Paula López Mella, 9 anos

Categoria 9-12 anos

1.- Paula López Mella (9 anos) CEIP Paços (Ferrol)
2.- Julia Maneiros Rodríguez (9 anos) CEIP Isaac Peral (Ferrol)
3.- Anxo Grandal (10 anos) CEIP Paços (Ferrol)

Mençom honorífica: Nuria Charlin Pérez (9 anos) CEIP Paços (Ferrol)
Mençom honorífica: Nerea Maria Garcia (9 anos) CEIP Paços (Ferrol)
Mençom honorífica: Sofia González (9 anos) CEIP Isaac Peral (Ferrol)
Mençom honorífica: Rosalia Vázquez (9 anos) CEIP Isaac Peral (Ferrol)

A todos e todas queremos trasladar os nossos parabéns e os do júri e indicar que o Apalpador entregará-lhes os prémios no próximo dia 2 de janeiro às 18.30hs no nosso Centro Social.
Também queremos agradescer a colaboraçom, por primeira vez, do Concelho de Ferrol na convocatoria, assim como a das mais e pais e profesorado que ajudam a que o concurso saia adiante e as crianças conhezam um pouco mais a esta personagem do natal galego.

- Imagem Capa Sofia González, 9 anos, CEIP ISaac Peral (Ferrol)

--
Travessa de Batalhons nº7   Esteiro
15403 Ferrol - GALIZA
Telefone:  +34 981 35 29 86
www.artabria.net

Segue-nos em twitter @fartabria e em facebook!
....

A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o nº 54 no registo de fundaçons da Xunta de Galicia.

Enviado por:
Fundaçom Artábria
-artabria@artabria.net-
27 de dezembro de 2015 12:53
_____________

De fondo Reganosa: Ao menos 100 persoas mortas pola explosión dunha pequena planta de gas en Nnewi (Nixeria), pertencente a Inter Corp Oil Limited Gas (Chicason Group)


Este xoves 24 de decembro, produciuse unha explosión nunha Planta de Gas en Nnewi (Nixeria), de Inter Corp Oil Limited gas. Unha pequena planta para recarga de bombonas de GLP, onde estaba descargando un camión cisterna que ante unha mala manobra de descarga provocou o accidente. Un só camión de 20 toneladas acaba coa vida de 100 persoas e numerosas persoas feridas, que é o que podería pasar, cun accidente dun buque gaseiro con decenas de miles de toneladas descargando en Reganosa ou algún dos camións cisterna que cargan na terminal da Planta de Gas en Punta Promontorio?Ante un accidente destas características, sempre de fondo Reganosa, pois os accidentes nunca se agardan, mais producen-se, por iso unha planta de gas destas características nunca se debeu construír no corazón da nosa Ría, produto da corrupción económica e política.

Di o Comité Cidadán para a Ría de Ferrol que "polo menos 100 persoas morreron ... na explosión dunha planta de gas ao sueste do país. O sinistro tivo lugar cando un camión cisterna fixo unha mala manobra e descargou o contido dos tanques sen contemplar o tempo de refrixeración obrigatorio". Continua a nota de denuncia do Comité:  "Logo da descarga produciuse unha gran explosión, seguida dun incendio que afectou á planta de gas e aos edificios e vehículos próximos ao accidente. Segundo a axencia de noticias Associated Press, entre operarios da fábrica e veciños que circulaban pola zona contabilizáronse polo menos 100 vítimas mortais e numerosos feridos. A empresa en cuestión pertence á firma Inter Corp. Oil Limited, dedicada ao tratado de gas licuado". Para erematar o Comité Cidadán de Emerxencia lembra que "Reganosa, situada no interior da nosa ría por mor dun pelotazo especulativo, consentido polas Administracións, é un risco permanente para toda a poboación da comarca".

A nova emitida polas axencias de noticias:
"Decenas de persoas" morreron o xoves na explosión dunha planta de gas do sueste de Nixeria, anunciou este venres o presidente nixeriano Muhammadu Buhari.

A explosión produciuse ás 13h00 (12h00 GMT) do xoves en Nnewi, nunha planta de Inter Corp Oil Limited gas, filial do conglomerado Chicason Group, e provocou un incendio que durou catro horas e destruíu edificios contiguos.

Cando os bombeiros lograron sufocar as chamas, apareceron cadáveres carbonizados no chan cuberto de cinzas, segundo medios locais.

As chamas destruíron varios depósitos de gas, así como automóbiles e bicicletas aparcados a proximidade da planta.

Buhari asegurou nun comunicado que estaba "moi conmovido e conmocionado por tantas perdas humanas nun único accidente industrial".

Un anterior balance policial mencionaba a oito falecidos no accidente.

"Era unha enorme fogueira", dixo o portavoz da policía Ali Okechukwu, que precisou que seis persoas resultaron feridas e tiveron que ser trasladadas a un hospital.

"As causas [da explosión] aínda están por determinar. Varias persoas perderon a vida. Algunhas sufriron queimaduras de distintos grados", declarou o gobernador do Estado de Anambra, Willy Obiano, á cadea Channels Television.

Alimentado polo gas, o incendio propagouse de forma instantánea, indicou á AFP James Eze, portavoz da axencia nacional de situacións de urxencia. "Todas as instalacións situadas nun área de 300 metros foron incendiadas, e unhas casas situadas a 400 metros foron alcanzadas" polas chamas, engadiu.

- Accidentes frecuentes -
"O lume [era] tan forte que converteu os ósos en cinzas, pero ninguén veu buscar información sobre unha persoa desaparecida", explicou Eze.

Segundo fontes locais, a explosión produciuse despois de que un camión descargase varias bombonas de gas para uns clientes antes das festas de Nadal.

Outras fontes aseguraban que o estalido ocorreu mentres o persoal levaba un contedor de gas cunha fuga a un vertedeiro da empresa.

"Vin a explosión e díxenlle á xente ao meu redor que tiñamos que correr, que era moi perigoso", contou Chika Nwokolo, unha empregada que sobreviviu ao incendio.

"Corremos pero a onda expansiva alcanzoume por detrás e caín", explicou, sinalando as feridas na súa cabeza.

Chicason Group, con sé en Lagos, é un conglomerado empresarial nixeriano con múltiples actividades: construción, fabricación de obxectos de plástico, produtos alimentarios e tamén petróleo e gas, etc.

A cidade de Nnewi é famosa por ser un centro do comercio de pezas de recambio para vehículos.

Nixeria é o primeiro produtor africano de petróleo, que constitúe a súa maior fonte de ingresos.

Os accidentes como o do xoves son frecuentes no país, e adoitan producirse despois de que ladróns de petróleo danen os oleodutos.

En xullo, 12 persoas morreron e tres resultaron feridas nunha explosión ocorrida durante as obras de reparación dun oleoduto no delta do Níxer.

Nos últimos 10 anos, centos de persoas morreron en explosións similares en Nixeria, a primeira economía de África.

Nixeria perde o equivalente a 300.000 barrís de petróleo ao día por culpa das bandas que rouban cru nos oleodutos, segundo a compañía petroleira nacional.

https://youtu.be/BPRiQt4Wcn4

---
Tras a Sentenza do Tribunal Supremo, que declara ilegal a localización de Reganosa, esiximos o fin desta ameaza e deste malgasto de cartos públicos. Temos que esixir o seu peche definitivo.
  • QUE SE CUMPRA A SENTENZA DO TRIBUNAL SUPREMO XA! 
  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  • MÓVETE CONTRA A IMPUNIDADE !!
  • PECHE XA!!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA  !!
Reganosa e Forestal del Atlántico no corazón da ría de Ferrol


O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc


Información baseada na enviada polo:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
26 de dezembro de 2015 16:41
_______________

Entrevista de Enric Llopis a Yayo Herrero, ponente nun acto da Fronte Cívica-Valencia e o sindicato Acontracorrent - "Non me creo a dicotomía pechada entre a autoorganización popular e as institucións"


Por Enric Llopis [*]

25.12.2015

Entrevista de Enric Llopis a Yayo Herrero, ponente nun acto da Fronte Cívica-Valencia e o sindicato Acontracorrent. |-  "Non me creo a dicotomía pechada entre a autoorganización popular e as institucións".

Unha das grandes achegas teóricas do feminismo, a idea de que o persoal é político, resulta hoxe capital. Tamén a consideración das persoas non a partir de grandes conceptos, senón dos seus corpos concretos. A activista e membro de Ecoloxistas en Acción, Yayo Herrero, apunta as razóns: "Hai tanta xente desposeída, que se sente soa e ten medo, que si as vías para construír a solidariedade non son desenvolvidas pola esquerda e os movementos sociais, e deixámoslla a colectivos neofascistas, estamos perdidos". A enxeñeira agrícola, antropóloga e educadora social, defensora do decrecemento e a economía crítica feminista, subliña así mesmo que non cre nunha "dicotomía pechada" entre a auto-organización popular e as institucións. Yayo Herrero participou no Seminario de Formación Política organizado pola Fronte Cívica-Valencia e o sindicato Acontracorrent. Directora de FUHEM (fundación que promueve a xustiza social e a sostenibilidad ambiental) desde xaneiro de 2012 e profesora da Cátedra UNESCO de Educación Ambiental da UNED, a activista é coautora de "Que facemos fronte á crise ecolóxica" e "Cambiar as lentes para mirar o mundo. Unha cultura da nova sensibilidade" e participou no libro dirixido por Carlos Taibo "Decrecementos. Sobre o que hai que cambiar na vida cotiá", entre outras publicacións.

- Participaches nunha conferencia titulada "Mellor con menos. Bases para un novo contrato social". Existe esa enerxía acumulada, esa "masa crítica" que poida fundamentar unha nova sociedade?

Os vimbios existen, pero hai que entretecelos e construílos. O suxeito revolucionario "clase obreira", tal como viña considerando, está bastante perdido e profundamente desmembrado. O movemento sindical, que me parece moi necesario, creo que carece hoxe dunha reflexión profunda sobre as nocións actuais de "traballo" ou "clase". Atopámonos con sectores sociais moi descontentos, perdidos porque se quedaron sen relato, pero que senten que non camiñamos pola senda adecuada. Por exemplo, moitos sectores precarios, ou xente que fixo todo o que o sistema díxolles para que a cousa fóselles ben: xente nova que terminou a súa carreira, fala dous idiomas e aínda así está nas marxes; mulleres que dentro dos seus fogares actúan como amortiguadoras da precariedade vital; moitas persoas excluídas e que xa non figuran nas contas do sistema; traballadores pobres... Esas son as bases para o novo contrato social.

- Como agrupar a todos eses sectores excluídos?

Creo que habemos de construír un relato que aglutine a todas estas persoas que teñen experiencia de clase, e son susceptibles de adquirir tamén conciencia de clase. Nese relato a mirada ecoloxista e feminista son imprescindíbeis.

- Cales son actualmente, ao teu xuízo, os referentes máis destacados neses ámbitos?

No estado español creo que os referentes máis interesantes do ecoloxismo e a economía feminista son Cristina Carrasco, Amaia Pérez Orozco e Lina Gálvez, ademais de toda unha xeración de mulleres moi novas que proceden do feminismo. Estas ideas circulan en moitas ocasións nas marxes das facultades de Economía, tamén en congresos como o último de Economía Feminista celebrado en Vic (xullo de 2015). Estes congresos son un fervedoiro nos que participan moitas mulleres, un espazo difuso que hai entre a academia e os movementos sociais. Actualmente é o mellor cultivo de cambio que existe.

- E no campo da economía ecolóxica?

Destacaría a liña de traballo que levaron economistas como José Manuel Naredo, que non son recentes. Naredo leva décadas publicando no deserto. Tamén persoas como Óscar Carpintero, ou mozas como José Bellver, investigador da FUHEM. Resulta así mesmo moi interesante toda a economía clásica que traballou na redistribución da riqueza; e o conxunto de reflexións en torno ao "común", en concreto, a tarefa do Observatorio Metropolitano de Madrid, a Fundación dos Comúns e a Librería Traficantes de Soños. No campo da Filosofía do Dereito, resaltaría a autoras como María Eugenia Rodríguez Palop.

- Hai experiencias concretas que apunten a ese novo contrato social que propós?

Todo o que se articula ao redor da Rede de Economía Alternativa e Solidaria (REAS), con iniciativas como a do mercado social de Madrid: cooperativas, asociacións, experiencias de banca ética, medios de comunicación alternativos... Subliñaría ademais todas as reflexións sobre o proceso constituínte e o cambio de modelo de estado. Na miña opinión, continúa sendo un referente Boaventura de Sousa Santos cando suscita repensar o estado como "novísimo movemento social" e experimentar, así, desde a propia institución.

- Como difundir as ideas de "vivir mellor con menos" ou "o pequeno é fermoso" entre a xente común, socializada no capitalismo de consumo e que a miúdo espera a recuperación económica para volver a situacións anteriores á crise?

Ese é o gran reto que temos no ecoloxismo social, o ecofeminismo e a esquerda transformadora. Contamos cun relato moi potente. A miña experiencia é que cando temos tempo para explicar e desenvolver os argumentos, até en contornas hostís, a xente enténdeos moi ben. O problema é que non acabamos de saber como xerar ese espazo onde o discurso póidase multiplicar. Aínda que os círculos de mobilización dos últimos anos, desde a irrupción do 15-M, propagouse de xeito importante. Antes de 2011, falabas a xente de movementos sociais afines e da esquerda sobre o "decrecemento da esfera material da economía" ou "vivir ben con menos" e o discurso non entraba ben. Actualmente non ocorre o mesmo.

- Tanta reticencia houbo no mundo da esquerda á idea do "decrecemento"? observaches directamente o cambio que apuntas?

Nos últimos anos habemos "pateado" asembleas de IU locais, círculos de Podemos, asociacións ou asembleas de barrio do 15-M e a xente está ávida de escoitar e entender. Cada vez é menos necesario neses ámbitos falar dos límites físicos do planeta. Agora ben, o "salto" até poder dicir que o discurso chega de forma maioritaria á poboación aínda está lonxe.

- Publicaches abundante material sobre ecoloxismo, decrecemento e economía crítica feminista. Que opinas da idea do "común", moi en boga nun sector dos movementos sociais?

Paréceme unha referencia moi interesante. O que habemos de facer é conectar ben o fío que camiña desde a proposta dos "comúns" até o "público". É dicir, dado que temos un problema multiescalar, necesitamos tamén solucións a gran escala. O "común" no ámbito do pequeno e municipal é máis fácil de construír, pero hai tamén unha lóxica -cando se vai superando esa pequena escala- que ha de construírse desde o "público". Outra cuestión é que o "público" tamén teña que reformularse desde o "común".

- Autores como Carlos Taibo escribiron sobre a necesidade de "descomplexizar" o mundo actual. Estás de acordo?

Habería que acoutar o concepto. A vida é complexa. Todo o modelo científico que se construíu a partir da modernidade fuxía da complexidade, baseábase en múltiples certezas e trataba de definir o funcionamento da natureza e da sociedade cunha lóxica mecánica, en términos de causa-efecto. Pero todo iso a ciencia desmentiuno fai moito tempo. Aínda que nos pareza complexa, a nosa sociedade vive realmente coa lóxica simple da máquina. Así, un río é interpretado como unha tubería de auga na que quitas e pos cousas. Cuestión distinta é que construamos sociedades elevadamente sofisticadas e que están baseadas en tecnoloxías que escapan cada vez máis ao control humano. Estou de acordo en que habemos de reconstruír un modelo de vida que sexa moito máis sinxelo e baseado na suficiencia, na utilización de menos recursos e minerais e, doutra banda, maior control da xente sobre a súa propia vida.

- Que pensas da "alta velocidade" como concepto?

Paréceme que a velocidade é algo sacralizado e excesivamente valorizado nas nosas sociedades. A posibilidade de ir moi rápido, dunha cidade a outra, por unha vía de alta velocidade ou nas comunicacións informáticas ten como contrapartida a destrución do territorio, e a utilización de cantidades moi elevadas de enerxía que son finitas; probablemente unha vida máis lenta sexa máis adecuada aos ritmos das persoas, á democracia -que necesita tempo para ser desenvolvida- e ao funcionamento dos ecosistemas.

- Unha vez aceptada a tese de que o decrecimiento é inevitable (quéirase ou non o crecemento económico toparase coas limitacións do planeta), debe impulsarse o decrecimiento desde as institucións ou suscitarse desde a base, de xeito horizontal e polos movementos sociais á marxe do estado?

Non me creo a dicotomía pechada entre a auto-organización e as institucións, fan falta as dúas cousas. A vida humana sempre requiriu institucións. A cuestión é como crealas. Opino que hai que promover ao máximo as iniciativas cooperativas e centradas no territorio, de soberanía alimentaria... Pero actualmente temos problemas como o quencemento global ou tratados como o TTIP que poden destruír a túa ecoaldea si localizan un pozo de fracking a centenares de quilómetros. A cuestión é que a vida se complicou tanto, e os puntos de decisión afastáronse de tal xeito dos lugares onde vive a xente, que nos fai falta actuar en todos os ámbitos. A bacía dun río non se pode xestionar localmente, mídese á escala dunha biorrexión.

- Autores como Jorge Riechmann utilizan a expresión "colapso ambiental", idea que non apareceu no Cume do Clima celebrada en Paris. Camiña o planeta irremediablemente cara ao colapso?

Ninguén pode dicir si chegamos a unha situación de "colapso", porque científicamente é imposible determinar cando se pasou o punto de non retorno. Pero é moi posible que os ecosistemas e a biosfera estean colapsando xa. Así o suscita o IPCC (Grupo Intergubernamental de Expertos sobre o Cambio Climático). Os procesos de "retroalimentación negativa", que sempre serviran para tratar de mitigar as perturbacións no funcionamento da natureza, e levala ao equilibrio anterior, están deixando de operar. Por exemplo, cando empezou a aumentar o CO2 na atmosfera, os océanos comezaron a absorber parte dese dióxido de carbono para retiralo da atmosfera. Así se reconducía o sistema ao equilibrio. Pero cando a perturbación é moi intensa e lánzanse inxentes toneladas de CO2 á atmosfera, eses mecanismos deixan de funcionar. E dispáranse outros, chamados de "retroalimentación positiva", que afastan ao sistema do equilibrio.

- Como pode apreciarse este efecto?

Polo efecto do calentamiento global empezouse a descongelar o permafrost (capa xeada no chan das rexións moi frías ou periglaciares), co que se liberan enormes cantidades de metano que estaban retidas. Dáse a circunstancia que o metano ten un poder de "calentamiento" moito maior que o CO2. Si a iso agrégaselle a crise de biodiversidade, de enerxía e materiais, a alteración do ciclo do auga ou como se está alterando a polinización e a capacidade de fotosíntese, podemos concluír que a natureza está empezando a auto-organizarse dunha forma que pode levar a un novo equilibrio. E que este equilibrio non sexa o que lle veu tan ben á especie humana, e no que puido desenvolverse.

- Tralo Cume de Parides proliferaron titulares que celebran o acordo e os compromisos adquiridos. Tamén se dixo que se sintan as bases para combater o cambio climático. Estás de acordo con estas conclusións esperanzadoras?

Son moi pouco optimista. Os obxectivos suscitados inicialmente pola Unión Europea levaban a unha subida de temperaturas de case 3ºC, e necesitamos que a limitación se sitúe en 1,5ºC. Ninguén está disposto a adoptar as medidas necesarias. Refírome a un cambio drástico no modelo de produción e consumo, que reduza enormemente o uso de enerxías fósiles e deixe as que quedan debaixo da terra. Tamén se tería que abordar un gran proceso de reparto da riqueza, porque hai moitos lugares do mundo que necesitarían un aumento do consumo de materiais per capita, mentres outros teñen que reducilos drasticamente.

- Feito o diagnóstico, é posible o diálogo coa esquerda keynesiana e que continúa propoñendo o crecemento do PIB para despois repartir a riqueza?

Naturalmente, hai que continuar falando. Sobre todo para demostrar que esas políticas keynesianas non resultan viábeis fisicamente, ou van funcionar. E si fano, durante un tempo curto, será a costa de crear miseria e explotación a moita xente que se verá expulsada do sistema. Ecoloxistas en Acción estivo traballando con algúns sindicatos como ESK e ELA no País Vasco, Solidariedade Obreira e algúns sectores, aínda que minoritarios, de Comisións Obreiras. Trátase de suscitar unha reconceptualización do traballo e o decrecemento nun mundo que non poderá crecer economicamente segundo a lóxica de usar máis enerxía, materiais e xerar maior volume de residuos.

- Doutra banda, consideras que hai unha obsesión polos números e a estatística? Parece que asuntos transcendentais para a humanidade, como o quecemento global ou a "crise" de refuxiados, redúzanse a previsións matemáticas, a índices e cotas. Hai un interese en afastar á xente común dos grandes debates e deixalos en mans dos especialistas?

Creo que as cifras e os datos fannos falta porque necesitamos a ciencia. Pero a disputa da hexemonía cultural non pode facerse a base de números. Creo que a nosa sociedade ten un problema fundamental, que tamén vén derivado de certos límites da ciencia, tal como concibiuse durante a modernidade. Consiste na idea da matematización do mundo, é dicir, converter ás persoas nun suxeito contábel que medirá absolutamente todo para poder argumentar. Paréceme escandaloso o feito de manexarse con porcentaxes e cotas de refuxiados. Cando se atopou este verán o camión cos cadáveres descompostos de persoas refuxiadas en Austria, díxenlle a un amigo que algún día veriamos este titular: "Atopan miles de toneladas de carne inmigrante descomposta nunha estrada abandonada". Pero ás veces a esquerda tamén incorreu no mesmo erro. Amparámonos na idea de clase obreira e esquecemos as persoas e vidas concretas que a compoñen.

-Refíresche, en definitiva, a que a vida cotiá dos individuos tamén é política?

Si, creo que a política cotiá é un dos grandes logros do feminismo, tamén o pensar nos corpos concretos da xente. Unha dos grandes logros da PAH foi articular unha denuncia ante a UE en Bruxelas, recoller firmas para promover unha ILP, facer un "escrache" aos responsábeis da política de desafiuzamentos ... Mais ao mesmo tempo a PAH plantábase na casa dunha persoa ameazada de desafiuzamento, para tocala e dicirlle: "Mentres esteamos aquí, da túa casa non che bota nin deus". Esa idea de "o persoal é político" paréceme clave no momento actual. Hai tanta xente desposuída, que se sente soa e ten medo, que si as vías para construír a solidariedade non son desenvolvidas pola esquerda e os movementos sociais, e deixámoslla a colectivos neofascistas, estamos perdidos.

[*] Enric Llopis, Xornalista e colaborador habitual en diferentes seccións do xornal dixital Rebelión. Durante máis dunha década traballou en diferentes gabinetes de prensa e comunicación, colaborando ao mesmo tempo en medios alternativos como Kaos na Rede, Diagonal, Radio Klara e Crónica Popular. Participa activamente en distintos medios do País Valenciano como L'Accent ou L'Avanç. Así mesmo, elabora entrevistas e artigos para organizacións de solidariedade con Cuba e Colombia ou comités de solidariedade internacionalista que desenvolven o seu labor no País Valenciano. Para rematar, elaborou artigos e entrevistas para medios de comunicación alternativos durante as súas estancias en Guatemala, Cuba e Palestina. | https://twitter.com/enric_llopis |

Fonte: http://www.rebelion.org/

Artigo baixo licenza de Creative Commons, respectando a súa liberdade para publicalo noutras fontes.
_____________________

mércores, decembro 23, 2015

A Política un instrumento o servizo da transformación social e do Ben Común, ... Por Celso Posada Fernández

Por Celso Posada Fernández [*]
23.12.2015

A Política un instrumento o servizo da transformación social e do Ben Común

A política e e debe ser un instrumento imprescindíbel para transformar a sociedade, o servizo do Ben Común e para erradicar as desigualdades sociais por iso nacemos o partido político socialista, de esquerdas e Republicano Decide en Común porque creemos que a política  e fundamental para  transformar a sociedade ,  para recuperar as institucións para xente do común e para maioría social e para democratizar a economía pra poňela o servizo do Ben Común e da maioría social por iso traballamos, cooperamos e colaboramos para conseguir un cambio político nestes tempos de Neoliberalismo e de salvaxes recortes nos que e fundamental a Unidade e a Confluencia real da esquerda. Para nos a política e unha ferramenta imprescindíbel para defender   os dereitos sociais, a Sanidade e O Ensino Públicos , os servizos públicos, a xustiza social, a solidariedade internacional , a igualdade de oportunidades e para alcanzar unha verdadeira igualdade real entre mulleres e homes.  En Decide en Común creemos firmemente na democracia interna por iso levamos a cabo frecuentes consultas a militancia de base tamén  defendemos firmemente as Primarias Abertas e sen Avais, os procesos revogatorios, a limitación de mandatos e concibimos a política como un instrumento publico   o servizo do empoderamento da cidadanía. O vindeiro 23 de Xaneiro Decide en Común celebraremos a nosa Asemblea Xeral en Madrid na que se expoñerá un relatorio político, na que se aprobará os nosos estatutos, na que se presentaran distintas Candidaturas para os cargos orgánicos do noso partido así como na que debateremos o noso programa político e as nosas propostas políticas que estamos elaborando de forma plural, aberta e participativa coa militancia de base, cos movementos sociais e con persoas de esquerdas e progresistas. Cada dia mais xente de esquerdas e progresista sumase, apoia e afiliase a Decide en Común  a través do noso correo: hola@decideencomun.es e segue a nosa Paxina Web: http://decideencomun.es porque creen que e imprescindible que exista  un partido político verdadeiramente de esquerdas, socialista e republicano que se opoña e rexeite rotundamente o TTIP, a Lei Mordaza, a Lomce, a reforma neoliberal do artigo 135, os recortes nos dereitos sociais, nos servizos públicos, na Sanidade e no Ensino Públicos. En Decide en Común seguiremos traballando para democratizar a nosa democracia para facela unha democracia real e participativa e para acabar coas políticas neoliberais e austeridade da dereita económica e política o servizo da Troika e dunha minoría privilexiada.

20 de Decembro de 2015

[*] Celso Posada Fernández, nado en Ferrol o 16 de Xullo de 1980. Activista e Coordinador en Galicia do partido Socialista, Republicano e de esquerdas "Decide en Común" e integrante da Plataforma Somos Izquierda. Diplomado en Maxisterio de Educación Primaria pola Universidade da Coruña e Monitor de Tempo Libre. É membro de STOP-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra , da Asociación de Mobilidade Humana para a Colaboración e o Desenvolvemento (de apoio ás persoas imigrantes e refixiadas) e participa nas Marchas da Dignidade e na Plataforma Cidadá de Ferrolterra contra o TTIP.

Enviado por:
celso posada
-celsoposada2006@hotmail.com-
20 de dezembro de 2015 14:55
_______________________

martes, decembro 22, 2015

Tod@s somos muçulman@s, ... Carta de Michael Moore a Donald Trump


Carta de Michael Moore a Donald Trump: “Somos todos muçulmanos”

O cineasta norteamericano critica as declarações racistas do candidato a presidente dos EUA. Segundo Moore, o magnata, que, “em desespero e loucura, decidiu proibir a entrada de todos os muçulmanos no país”, não representa o que a América é hoje. #WeAreAllMuslim.

Na missiva [1], Michael Moore [2] recorda que conheceu Donald Trump [3] em novembro de 1998, num programa televisivo. Segundo o cineasta, aquele que agora aspira tornar-se presidente dos Estados Unidos da América (EUA) estava nervoso com o facto de enfrentar Moore na televisão, receando ser “ridicularizado”.

Surpreendido com a forma como Trump, que se descrevia como “um homem rijo de Queens”, parecia “um gatinho assustado”, Moore teve, inclusive, de tranquilizá-lo antes do início do programa, destacando que não iria maltratá-lo e que, na verdade, “mal o conhecia”.

E agora, aqui estamos em 2015 e, tal como muitos outros homens brancos zangados, está assustado com o bicho papão que o vai apanhar. Esse bicho papão, na sua cabeça, são todos os muçulmanos. Não apenas os que mataram, mas todos os muçulmanos”, escreve Moore.

Felizmente, Donald, você e os seus apoiantes já não representam o que a América é hoje. Não somos um país de homens brancos zangados”, prossegue o cineasta, citando uma estatística que assinala que 81% do eleitorado que irá eleger o presidente no próximo ano é constituído por mulheres, pessoas de cor e jovens entre os 18 e os 35 anos. “Por outras palavras, não você. E não as pessoas que querem que dirija o país”, frisa.

Lembrando que o magnata, “em desespero e loucura, decidiu proibir a entrada de todos os muçulmanos no país”, Michael Moore refere que foi “educado para acreditar que somos todos seres humanos e irmãos, sem distinção de raça, credo e cor”.

Isto significa que, se quer proibir os muçulmanos, primeiro terá de proibir-me. E a todos os outros. Somos todos muçulmanos. Assim como somos todos mexicanos, somos todos católicos e judeus e brancos e pretos e todas as sombras no meio. Somos todos filhos de Deus (ou da natureza ou seja o que for em que acredite), fazemos parte da família humana, e nada que possa dizer ou fazer pode, de forma alguma, alterar esse facto”, avança o cineasta.

Se Trump não consegue viver sob estas regras americanas deve, segundo aconselha Moore, “ir para uma sala de espera de qualquer uma das suas torres e sentar-se ali para pensar no que disse”, deixando os eleitores em paz para que possam eleger “um presidente verdadeiro que seja solidário e forte”.

O cineasta norteamericano apela a todos aqueles que leiam a sua carta para tirarem uma fotografia a segurar uma pancarta com a palavra de ordem “Somos todos muçulmanos”, por forma a tornar a mensagem viral nas redes sociais. A iniciativa de Moore converteu-se numa das mais replicadas no twitter nos EUA.

Fonte: esquerda.net | 20 de Dezembro, 2015 - 21:47h

[1] Missiva | Acceder.

[2] Michael Francis Moore (Flint, 23 de abril de 1954) é un cineasta documentalista e tamén escritor estadounidense coñecido pola súa postura progresista e a súa visión crítica cara á globalización, as grandes corporacións, a violencia armada, a invasión de Irak e doutros países e as políticas do goberno de George W. Bush e os seus antecesores. | Sítio web oficial: http://www.michaelmoore.com/.

Michael Moore no buscador libre DuckDuckGo.

[3] Donald Trump (Queens, 14 de xuño de 1946) é un executivo, político, empresario e millonario de Estados Unidos. Actualmente, é precandidato a presidente para as eleccións presidenciais de 2016 polo Partido Republicano, é o presidente da Trump Organization e fundador de Trump Entertainment Resorts. +Info.

Enviado por:
Lupe Ces
-lupeces@gmail.com-
21 de dezembro de 2015 18:56
___

domingo, decembro 20, 2015

A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública deu a coñecer o Informe dramático sobre a situación da sanidade pública galega - O goberno do Partido Popular, presidido por Alberto Núñez Feijóo, ven aplicando unha estratexia deseñada para desmantelar a Sanidade Pública e xerar espazos de negocio para as empresas privadas


INFORME DRAMÁTICO SOBRE A SANIDADE PÚBLICA GALEGA


O goberno presidido por Núñez Feijóo ven aplicando, desde o súa chegada ao poder en 2009, unha estratexia deseñada para desmantelar a Sanidade Pública e xerar espazos de negocio para as empresas privadas a expensas do diñeiro público. Nestes últimos anos o goberno galego aplicou unha severa redución dos orzamentos sanitarios e fixo recortes profundos na dotación de persoal e camas hospitalarias; paralizou o Plan de Mellora e desmantelou a Atención Primaria; aplicou medidas privatizadoras nos hospitais así como en moitas áreas sanitarias que pasaron a mans privadas; tamén teñen planeado implantar as Unidades de Xestión Clínica que poñerían a disposición das empresas a actividade asistencial, o núcleo duro da sanidade. A continuación faremos, en sete puntos, un repaso dos principais problemas que ten hoxe a Sanidade pública galega e que deben ser plantexados ante as próximas eleccións.

1.- Redución do orzamento sanitario público:

Representa o 30.4% do gasto público da CCAA. Baixaron o orzamento sanitario un 18.3% desde 2009, e un 10.2% respecto ao ano pasado. Galicia é a CCAA que fixo o recorte máis severo. A maior redución aplicárona en Atención Primaria (AP) cun 22.3%  menos respecto ao ano 2009. Respecto ao ano pasado a redución é de 25.3%. O recorte foi moito menor no nivel hospitalario (un 0.2% de recorte respecto a 2009, e un crecemento dun 2.9% respecto ao ano pasado).

Este diferencia deixa ben ás claras que o goberno de Núñez Feijóo aposta por potenciar o modelo hospitalocéntrico e o uso intensivo da alta tecnoloxía (Galicia xa é a CCAA que máis RMN realiza); esto beneficia ás multinacionais farmacéuticas e da tecnoloxía sanitaria, en detrimento das actividades de prevención e promoción da saúde que deben realizarse en AP (segundo as recomendacións da OMS).

2.- Recortes de persoal:

Esta partida representa o 34.5% do gasto sanitario, que ven ser un 24,5% inferior á media estatal; esto sitúa a Galicia no penúltimo lugar do Estado, só superada por Catalunya.

O ano pasado Galicia foi a CCAA que máis recortou no capítulo de persoal, un 30.67% fronte a unha media do 7.9% do Estado. Esta redución afecta aos traballadores sanitarios, con descensos brutais en prazas e salarios e aumento da precariedade laboral. A partida de persoal baixou un 21% desde 2009: pasou do 43.15% do total do gasto sanitario ao 34.5% neste ano.

En total Galicia perdeu 1.795 prazas na sanidade pública (1.154 en AP e 641 nos hospitais). Eliminaron 513 prazas de medicos: 392 en AP (69.2%) e 121  en hospitais (30.8%). Recortaron 184 prazas de enfermería hospitalaria e 1.121 prazas de persoal non sanitario: isto é consecuencia da cesión de servizos a empresas privadas que teñen persoal propio. Moitas tarefas realizadas por empregados públicos pasan agora a ser desenvolvidas polas empresas concesionarias (central de chamadas, loxística, mantemento, cociñas, etc).

Estas medidas de recorte tan extremas producen unha merma na calidade asistencial e mesmo representan un risco para os pacientes. Sabemos que o persoal sanitario non pode ser substituído por máquinas, e hai evidencias contundentes de que a redución de persoal de enfermería nos hospitais por debaixo de certo nivel asóciase a incrementos da mortalidade hospitalaria.

3.-Recorte en camas:

Entre 2010 e 2014 eliminaron 447 camas hospitalarias públicas en Galicia. Pasamos de 8.010 a 7.563, a pesar do elevado e progresivo incremento das listas de espera e da conxestión permanente dos servizos de urxencias.

4.- Suspensión do Plan de Mellora de AP:

No Plan de Mellora de AP impulsado polo goberno progresista (2005-2009) estaba prevista a construción de novos Centros de Saúde e a creación de prazas de persoal. Dos 66 centros previstos só se plantexa a construción de sete. Tamén deixaron de crear prazas de sanitarios: eso representa a perda de 193 prazas de Medicina de Familia e 385 de enfermería.

5.-O desmantelamento e a privatización do Sistema:

-Privatización de hospitais:
  • Para a construción do novo hospital de Vigo (H. Álvaro Cunqueiro) utilizaron o modelo de Colaboración Público-Privada, o que representa un incremento no custe, que pasa de 450 a 1.400 millóns de euros, ao tempo que reduciron as camas operativas (de 1.230 a 850), recortaron os quirófanos nun 31.4%, as camas de UCI nun 25.5%, a superficie de Urxencias nun 55.5% e os servizos de Radioloxía nun 45%. A empresa concesionaria, coa complicidade do Sergas, recortou en servizos, consultas, superficies, equipamentos, calidade nos materiais, nos accesos e nas prazas de aparcadoiro (que deberán pagar tanto traballadores como usuarios). O hospital, desde a súa apresurada inauguración, acumula problemas e conflitos, que poñen en risco a calidade da atención, a actividade asistencial e mesmo a seguridade dos pacientes.
  • A Xunta xa licitou, por terceira vez, a ampliación e xestión privada do hospital de Ourense (CHOU, que dirixe unha prima de Núñez Feijoo), e mellorou as condicións á empresa concesionaria –integrada por ACS, Indra e La Caixa-, en 41 millóns de euros. Tamén adxudicou a ampliación do hospital do Salnés á multinacional Cofely-Suez que, xunto con La Caixa, posúe o fondo de inversion “Hisusa holding”, que é propietario da aseguradora privada Adeslas.
-Renovación do concerto singular co hospital privado Povisa de Vigo, que presta atención a case 140.000 persoas da área (Península do Morrazo, Valmiñor e polígono de Coia en Vigo). Pola utilización de 403 camas neste hospital o Sergas paga un canon anual de 75 millóns de euros (despois da última renovación e mellora do concerto, asinado sendo conselleira Rocío Mosquera, quen foi alto cargo na empresa propietaria de Povisa).

-Privatización do Laboratorio Central de Galicia, que foi adxudicado a unha UTE integrada por Laboratorio Cerba, Laboratorio Lema e Bandín. Esta empresa realizará máis de 600 probas analíticas e xenéticas, a expensas do desenvolvemento dos laboratorios dos hospitais públicos (que poderán pechar progresivamente como en Vigo) e dos seus profesionais. Esta decisión pon a disposición dunha multinacional datos moi sensibles da poboación galega (como o VIH e outras doenzas).

-Continuidade da empresa de xestión privada Galaria S.A., co que incumpren o compromiso do Sergas de rescatar os servizos asistenciais como a Radioterapia, a Medicina Núclear/PET e a Resonancia Magnética (RMN) para integralos no novo hospital. O propio Consello de Contas ten denunciado o abuso de exploracións de TAC e RMN (a taxa de RMN supera nun 50% a media do resto do Estado).

-Privatización da alta tecnoloxía por media da figura do “socio tecnolóxico”. Esta modalidade de contratación permite que as mesmas empresas que fabrican os aparellos tecnolóxicos poidan controlar cales son os equipos que deben adquirir os hospitais, fixar o seu prezo e mesmo decidir onde se ubican. Esta entrega a mans privadas do control da tecnoloxía hospitalaria pode ter consecuencias severas para a sustentabilidade do Sistema (a tecnoloxía provoca un enorme incremento do gasto sanitario) e para a saúde da poboación (a xestión mercantilista destes medios provoca unha sobreutilización dos mesmos, con repercusión negativa polos efectos iatroxénicos). Este modelo de contratación xa levou a unha inversión de 88 millóns de euros na compra de novas RMN, cando bastaría con substituír os equipos actuais cambiando só o software (moito máis barato).

-Privatización da investigación, por medio dos Institutos Biomédicos de Investigación dos hospitais públicos do Sergas. Estes Institutos acóllense ao modelo empresarial, son participados e coxestionados pola multinacional farmacéutica Janssen (Johnson&Johnson). Deste xeito as empresas privadas, ademais de conseguir beneficios económicos, controlan e dirixen a investigación, e teñen acceso a datos xenéticos e outras informacións sensibles sobre a saúde da poboación galega. O Sergas adxudicoulle fondos á Fundación Ramón Domínguez, para ampliar o laboratorio ubicado no CHUS, por un total de 1.2 millóns de euros. Esta fundación é de xestión privada e ten persoalidade xurídica propia (está integrada pola Fundación IDI-CHUS, Fido-Xeral Calde, a empresa farmacéutica Jhansen, a Fundación de Medicina Xenómica e a farmacéutica Biogen IDE).

6.-Externalización-privatización de recursos e servizos estratéxicos do Sergas a empresas multinacionais e fondos de inversión. Faremos un repaso telegráfico das distintas áreas de actividade que foron entregadas a mans privadas polo goberno de Núñez Feijóo, a maioría delas mediante concesións a longo prazo, o que dificultará o seu retorno a dominio público cando haxa un cambio de goberno.

-Servizo de ambulancias: foi adxudicado por 236 millóns de euros (a pagar en catro anos) á UTE Ambulevante, empresa valenciana á que Fabra (ex-presidente de Valencia) tamén lle entregou este negocio, e que está denunciada pola súa vinculación co PP.

-Historia clínica electronica (Ianus): concedida a Indra, empresa que foi privatizada por Aznar e Rato. Esto supón deixar en mans privadas todos os datos sanitarios da poboación galega.

-Telecomunicacións, cedidas a Telefónica (por 28 millóns de euros), empresa agora gobernada por La Caixa, BBVA e Bankia.

-A Plataforma Electrónica, cedida a Netaccede, fondo de capital risco creado en 2009, impulsada por ex-altos cargos da Xunta e Caixanova, e xestionada por un directivo que provén da auditora Deloitte.

-O teléfono de cita previa, tamén foi adxudicado a Netaccede.

-O servizo de suministro e loxística foi entregado, por 88 millóns de euros, á empresa Severiano Servicio Móvil (que o ano 2004 custodiaba as historias clínicas do CHOP nunha nave industrial sen licencia, e que arderon nun incendio por carecer de medidas de seguridade, quedando o hospital sen documentación clínica).

-O mantemento dos equipos sanitarios foi adxudicado á empresa zaragozana Ibérica de Mantenimiento SA.

-A xestion da limpeza e enerxía foi entregada ao Grupo Norte, vinculado á inmobiliaria Martinsa-Fadesa, (quebrada en 2008, que foi unha das principais causas do desplome de Novagalicia Banco).

-O servizo de catering dos hospitais, adxudicado a Mediterránea-Arturo, propiedade do fondo de inversion Portobello (Banco de Santander, BBVA, CAM/Sabadell, Bankia) e de Arturo Fernández (vicepresidente da CEOE, imputado no caso Bankia, acusado de defraudar á Facenda, de pagar aos traballadores en diñeiro negro e do uso das tarxetas black como conselleiro de Caja Madrid).

-Os servizos de protección radiolóxica foron cedidos a General Electric: dese xeito a mesma empresa que fabrica os equipos é a que realiza o control de calidade.

-A esterilización de instrumental medico e cirúrxico: o goberno de Núñez Feijóo ten prevista a súa adxudicación por un período de 12 anos e un custe de 160 millóns de euros. De levarse a cabo suporía, ademáis dun grave risco de incrementar as infeccións nosocomiais, unha severa redución de postos de traballo públicos pola desarticulación dos servizos existentes, que funcionan cun elevado nivel de calidade.

-Centro de Saúde móbiles, pendentes de adxudicar. De levarse a cabo suporía un chanzo máis na privatización e o desmantelamento da Atención Primaria.

-Teleasistencia domiciliaria: teñen contactos con R Comunicaciones (empresa inicialmente galega, hoxe vendida por NGB ao fnodo de inversión CVC-Capio).

-Tamén cederon ao sector privado as contratacións públicas do Sergas. Transferiron esta actividade á Plataforma Electrónica Vortal Connecting Bussines, constituída por grandes empresas tecnolóxicas e de xestión de recursos humanos, especializadas en dispositivos electrónicos para controlar a produtividade dos traballadores. Esta Plataforma está participada por Microsoft, Telefónica e Indra, que tamén xestionan a teleasistencia, a receita electrónica e a historia clínica electrónica. Esto supón que estas tarefas propias da función directiva, que deberían estar estritamente controladas polo Sergas e a Consellería, pasan a mans de empresas multinacionais e fondos de inversión (moitos deles radicados en paraísos fiscais). Deste xeito baleiran de contido ás actuais estruturas directivas e entregan a xestión estratéxica do Sistema sanitario público de Galicia a mans privadas.

7.- As Unidades de Xestión Clínica (UXC): o próximo paso cara a privatización do Sistema sanitario público. Dese xeito pretenden converter os Centros de Saúde e os Servizos hospitalarios en empresas con autonomía de xestión, presupostos propios e capacidade para beneficiarse dos aforros conseguidos en persoal, material ou actividade asistencial. Estas UXC poden abrir a porta ao mercado, á xestión privada e á laboralización do persoal. A empresa seleccionada pola Xunta para auditar a implantación das UXC é a axencia de calidade europea EFQM, que está presidida en España polo responsable de PwC (IBM), a empresa que almacena o maior número de datos sanitarios e non sanitarios a nivel mundial.

Está claro, á vista do relatado, que o principal obxectivo do actual goberno da Xunta é desmantelar a Sanidade Pública galega. Esta privatización, realizada con presa e coa maior cautela, deixa unha severa hipoteca para o país e os gobernos futuros, que deberán asumir o compromiso coas empresas ás que lle adxudicaron concesións a longo prazo. Esta forma de actuar non é inocente e responde a unha estratexia, que executan con todo rigor. É necesario desaloxar ao PP do goberno da Xunta para deter esta demolición planificada dos servizos públicos.

Decembro de 2015

Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública (AGDSP)

Publicado no blogue "Pavillón de Repouso" de Pablo Vaamonde. | 15.12.2015

Difunde:
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol
www.plataformadspferrol.blogspot.com
plataformadspferrol@gmail.com


Enviado por:
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Ferrol
-plataformadspferrol@gmail.com-
19 de dezembro de 2015 17:54

__________

sábado, decembro 19, 2015

Klute + Less fortunate songs, hoje sábado 19 de Dezembro em Artábria



Klute + Less fortunate songs

No sábado 19, chegá da Corunha o punk hardcore de Less Fortunate song, que estarám acompanhados polos locais Klute. O ingresso é de graça e o concerto começará às 22.30h. Antes e depois do concerto, estará picando discos o pessoal de CGTH.
--
Travessa de Batalhons nº7   Esteiro
15403 Ferrol - GALIZA
Telefone:  +34 981 35 29 86
www.artabria.net

Segue-nos em twitter @fartabria e em facebook!
 ....
 A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o nº 54 no registo de fundaçons da Xunta de Galicia.

Enviado por:
Fundaçom Artábria
-artabria@artabria.net-
18 de dezembro de 2015 18:41

____________________

A Contrarreforma em campanha..., por Lupe Ces

Por Lupe Ces [*]
19.12.2015



Era de esperar que irromperam na campanha as forças que levam botando um pulso no seio da sociedade desde que se aprovou a Lei Integral contra a Violência Machista no 2004. Um pulso que mantém o movimento feminista, entendido este em toda a sua amplitude, coa Contrarreforma que organiza ao seu redor colectivos masculinos, religiosos, do mundo judicial e político.
A violência machista segue cobrando dia a dia vidas de mulheres, e segue sendo anecdótica a compreensom da sua complexidade como expressom dum sistema social, o patriarcado, que seguimos estudando como se construiu e intentando alternativas para o deconstruir.

No médio desta realidade, a Contrarreforma instala-se no negacionismo, e fai-se acompanhar da cadena de tópicos e crenças que pretende tingir de estudos sociológicos umha realidade nom significativa, que é elevada a generalidade. Esta Contrarreforma tem, para o seu desenvolvimento viral, um corpo novo, forte e moi dinamizado mediaticamente, concretado na opçom eleitoral de Ciudadanos. A Contrarreforma tem no autoritarismo das maneiras deste partido, na leitura simplificada e uniformizada da realidade, o impulso que precisa para frear o avance social feminista destas últimas décadas. Avance ante o que o próprio PP dobrou coma um bímbio, lembremos a pressom exercida por amplos sectores sociais, liderados polo Feminismo, contra a Reforma da Lei do Aborto.

Ciudadanos pom voz no seu programa a esta Contrarreforma que se sente ameaçada polas conquistas sociais do Feminismo, num dos pontos mais concretados no médio dumha redacçom ambigua em temas fundamentais como o trabalho, a emigraçom, a educaçom... Ciudadanos é o burato de ozono que pretende colocar a Contrarreforma dentro do governo do estado, e levar a termo o que nom foi quem de fazer Ruíz Gallardón. Veremo-lo se este 20D nom som suficientes os apoios às forças de esquerda das naçons e do estado, onde as feministas levam anos fazendo labores de conscienciaçom e educaçom popular, e elaborando alternativas para deconstruir este sistema transversal que chamamos patriarcado.

O Feminismo foi umha a umha desmontando todas as lanças que desde o 2004 a Contrarreforma intentava chantar para parar a aplicaçom da Lei Integral, incluindo o recurso ante o Tribunal Constitucional. As lanças que conseguirom achegar-se mais ao seu objectivo fórom a irrupçom do SAP (Sindrome de Alineacion Parental) e da Terapia da Ameaça na prática judicial, cumha clara influência nas sentencias, e o ruxe-ruxe das denúncias falsas, que os distintos informes anuais venhem desmentindo, indicando que este tipo de denuncias som moito mais baixas que noutro tipo de delitos (estatisticamente irrelevantes). Outra ladainha forom os supostos privilégios acadados no processo de divorcio se se interpom umha destas denúncias, tristemente contestado polas próprias mulheres afetadas cumha reduçom considerável do número de denuncias interpostas, a pesar do pequeno aumento deste final de trimestre, ou co dato aterrador de que mais da metade das vitimas mortais nom tinham apresentado denúncia nengumha.

Intentando esquecer o ruido da Contrarreforma e os seus partidos-altofalantes, cumpre depois do 20-D fazer a necessária reflexom sobre a Lei, a sua aplicaçom e os seus resultados. Cumpre fazê-lo porque o número de denúncias diminuiu, analisando os datos dos ultimos anos, mas nom o delito,  porque as mulheres seguem morrendo polo feito de exercerem a sua liberdade. Cumpre fazê-lo porque os julgados específicos estám desbordados. Cumpre fazê-lo porque as novas geraçons estám repetindo estas condutas violentas e o modelo de relaçons afetivo-sexual que as sustenta e alenta.

A Contrarreforma tem um novo muro que tumbar. Umha morea de propostas que nos programas eleitorais ocupam um espaço cada vez mais prominente, o das propostas para rematar coa violência machista. Reformar a Lei para incluir todas as formas de violências contra as mulheres; aumentar a dotaçom dos Julgados Específicos; campanhas de educaçom popular; formaçom do pessoal sanitário e das forças de seguridade... e o Estatuto de Vítima de Feminicídio. Esta proposta intenta amparar também como vítimas da violência machista a aquelas crianças e a aqueles homes vítimas pola sua relaçom coa mulher sobre a que o machista quer exercer o controlo. Um Estatuto que se tem que redigir para melhorar, ao incluir a especificidade destes delitos, o Estatuto Jurídico da Vítima que entrou em vigor em setembro deste ano. Uns delitos com tanta particularidade como que case o 40% dos assassinos acabam suicidando-se.

[*] Lupe Ces Rioboo -Caranza Ferrol 1958, é mestra, activista social, integrante da Marcha Mundial das Mulleres e da Rede Social de Ferrol Terra. Forma parte do Consello Editorial de Altermundo e do Colectivo Ártabra 21. Participa nas Marchas da Dignidade. Blogue persoal: Caranza free opiniom.

_______________

venres, decembro 18, 2015

Eliximos Narón propón o cambio de normativa para o aforro de custes e a redución do roubo de cables do alumeado rexeita - Así como rexeita a redución da praza do Colexio de Xuvia e a tala das plataneiras

Eliximos Narón propón o cambio de normativa para o aforro de custes e a redución do roubo de cables do alumeado.

Nos últimos tempos estamos a sufrir o saqueo dos tendidos de cables de cobre propiciados polo alto custe deste material, e aínda que existen materiais alternativos para algún tipo de instalacións non sempre e posible o seu uso, nalgúns casos por razóns técnicas ou económicas en noutros pola falta de regulamentación axeitada ao respecto. E este é o caso das redes de alimentación do alumeado exterior.

Dáse o paradoxo de que unha instalación pode estar alimentada cun cable de aluminio ata o cadro de control e a alimentacións as luminarias tense que facer en cobre por falta de regulamentación. Esto é así porque o regulamento de baixa tensión non cita expresamente o citado material e fai referencia só a o cobre.

Con todo, a Guía de Baixa Tensión no apartado para Instalacións de Alumeado Exterior comentada polo Ministerio de Industria, indicase que:
"... no existen condicionantes técnicos para prohibir los conductores de aluminio..." e "... podrán utilizarse conductores de aluminio siempre que se tomen las precauciones adecuadas para su instalación".
Consultado este punto aos técnicos da Xefatura Territorial de la Consellería de Economía e Industria, comentáronos que dado que o regulamento non facía mención expresa ao aluminio e que a Guía comentada non é de obrigado cumprimento os técnicos da xefatura non tiñan respaldo legal para autorizalo uso deste material, e suxeríronos que instásemos á Dirección Xeral de Industria, a levar a cabo os pasos necesarios para a modificación do regulamento de forma que se contemple o uso do aluminio nas instalacións de alumeado exterior.

Os fins da proposta son:
  • Reducilo custe das instalacións a cerca do 33% das instalacións en cobre.
  • Reducir o interese polos posibles os roubos de cable e, por tanto,.o impacto que ten sobre o servizo de alumeado para os veciños e o custe de reposición para o Concello.
Dende Eliximos Narón non somos capaces de entender como este inconveniente no está resolto xa despois de 13 anos de aprobado o regulamento e 11 anos da edición comentada. Por iso, queremos que o pleno inste ao cambio normativo a Concellería e ao Ministerio de industria e que o Goberno Municipal busque o apoio da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ferrol, da FEGAMP e da FEMP co fin de sumar a os restantes concellos a favor desta proposta.
---

Eliximos Narón rexeita a redución da praza do Colexio de Xuvia e a tala das plataneiras.

O concello de Narón, no pleno extraordinario do 14 de decembro, aprobou (como unha obra do PAS) o acondicionamento da praza do Colexio en Xuvia co único voto negativo de Eliximos, xa que esta obra vai en contra das novas formulacións de urbanismo que dende o propio Goberno Municipal din que están a defender.

Non dubidaron en aprobar a redución do tamaño da praza e en destruír 11 arbores plataneiras de décadas de idade co fin de ter uns 11 aparcamentos mais. A desculpa e que obrigan a continuas podas, pero o seu crecemento non é dos mais rápidos e as podas son anuais. Estas árbores son das mellores para dar sombra, mentres que fan un importante aporte cara a mellorar a calidade do aire e á captura do CO2. Logo plantarán outros arbores mais verticais que non van a ofrecer a sombra tan necesaria na época estival, e que están a aproveitar tanto os transeúntes e visitantes da praza como os coches aparcados na beirarrúa.

Estamos a favor das outras obras da praza para mellorar o seu estado e acondicionamento, pero non podemos apoiar a redución da mesma, unha redución que supón un gasto innecesario de 24.000 euros e sacrifican un importante ben da praza como son as plataneiras.

Eliximos Narón Electores (ENE)
Grupo Mixto do Concello de Narón
Praza de Galicia s/n – Entrechán 15570 Narón (A Coruña)
Telf.: 981337700 - Ext.: 1066 - Móbil: 673141822 / E-mail: grupomixto_ene@naron.es
Grupo no facebook:
https://www.facebook.com/groups/Eleximos.Naron/

Web:
http://eliximos.esy.es/



Enviado por: ENE Eliximos Narón Electores
-eliximos@gmail.com-
16 de dezembro de 2015 14:07
18 de dezembro de 2015 14:03

_________________

xoves, decembro 17, 2015

A Mostra de Curtametraxes do Ateneo Ferrolán, chega á súa XV edición en Ferrol os días xoves 17 e venres 18





A Mostra de Curtametraxes do Ateneo Ferrolán, que comezou a súa andaina en 2001, chega á súa XV edición en Ferrol os días xoves 17 e venres 18 no salón de actos do Ateneo, en sesión continua e con entrada libre, entre as 19.00 e as 21.00 horas.

Amosaranse os mellores traballos producidos durante o último ano no xénero, entre eles as curtas de realizadores galegos como "Véndese. Baixo prezo. Pouco uso" de J.A. Blanco, ou "reStart" de Olga Osorio.

A mostra presta especial atención aos autores da comarca na sesión do venres, co pase de traballos que van desde o xénero documental, coa curta "Vivir no Adriano" de Pitusa Arias, até dramas como "Consciente" de Juanpa Ameneiros, ou a comedia de tinte político como "Elección a la fuga", realizada por alumnos do IES Terra de Trasancos de Narón.

Como lembranza do que foron estas xornadas ao longo destes quince anos de andadura dicir que na nosa programación priman as curtas galegas e en galego pero que tamén damos paso para coñecer outros autores a nivel internacional.

O obxectivo é dar a coñecer a un público amplo a calidade e variedade deste tipo de producións audiovisuais. Estas xornadas están a converterse nun referente, por ser un esforzo realizado para divulgar a produción de curtametraxes que en moitos casos fican agochadas ou inaccesibles para o gran público.

​Programa seleccionadas 2015:​

https://drive.google.com/file/d/0BwOQ0rnaU36Rbkp5UFBiSURGYWc/view?usp=sharing
--
Un lugar de encontro para a cultura.
Ateneo Ferrolán, fundado en 1879.

e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.:  +34 981 357 970 Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | FERROL (A Coruña)

BLOG: http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/

Faite soci@! Colabora con nos!

Para axudas e aportacións económicas:
CC en Cajamar-Cajarural Cooperativa. Titular Ateneo Ferrolán.
ES72-3058-6402-9527-2000-5350

Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-ateneoferrolan@gmail.com-
17 de dezembro de 2015 17:24

______________