martes, agosto 29, 2006

Amigos da Terra organiza as I Xornadas de Natureza en Ortegal

Tags

Iª Xornadas de Natureza en Ortegal, organiza Amigos da Terra
29 de agosto de 2006 9:56
Victor Barro Plataforma Artabra 21 -artabra21@gmail.com-
Amigos da Terra Cedeira.
Campo da Cruz - Esteiro - Cedeira
15555 - A Coruña
Tel. 659655734
info.cedeira@amigosdaterra.net
www.amigosdaterra.net
Queridos compañeiros,
Dende Cedeira queremos informarvos da celebración das Iª Xornadas de Natureza en Ortegal o vindeiro 1,2 e 3 de septembro no auditorio municipal da Vila de Cedeira. Enviámosvos o programa completo.
Esperamos que vos interese e que podidades participar.
Pregámosvos a demais a máxima difusión posible a través das vosas canles habituais.
Un saudo
Victor Barro
Amigos da Terra grupo comarcal de Cedeira.

venres, agosto 18, 2006

Programa da Comisión Ferrolterra "A nosa memoria"

Tags

De: Bruno Lopes Teixeiro -brunotrasancos@gmail.com-
Fecha: 18-ago-2006 0:36
Asunto: Actividades organizadas pola Comissom FERROLTERRA: A NOSSA MEMÓRIA


ANO DA MEMÓRIA 2006

Actividades organizadas pola Comissom FERROLTERRA: A NOSSA MEMÓRIA

Do 22 ao 24 de Agosto


Terça-feira, 22 de agosto
19:30 horas
Chegada do Barco da Memória ao peirao de Curuxeiras.
Recepçom com música
Instalaçom de paineis coa "Nómina de Vítimas da repressom franquista em Ferrolterra (1936-1939)"

Apresentaçom no Barco da Memória do número 3 da revista "Ardentía", co título "Um mar de memórias".

Quarta-feira, 23 de agosto
19:30 horas
Acto "A voz das vítimas", no peirao de Curuxeiras, com recolhida de testemunhas de pessoas repressaliadas e familiares de pessoas repressaliadas. As pessoas interesadas em participar neste acto podem dirixir-se ao correio

ferrolterranosamemoria@hotmail.com
ou chamar ao telefone 629-366146.
Proxecçom contínua no Barco da Memória dos documentais "Ailhad@s", "Xan de Xenaro" e "A Cidade da Selva".


Quinta-feira, 24 de agosto
12:00 horas
Descubrimento dumha placa en lembrança das pessoas repressaliadas, no antigo cemiterio de Canido.
13:00 horas
Descubrimento dumha placa en lembrança das pessoas repressaliadas, no cemiterio de Serantes.

18:30 horas
Viaxe em lancha ao Castelo de Sam Filipe
19:30 horas
Recital de poesía e música no Castelo de San Felipe, seguido da inauguraçom dumha placa en lembrança das pessoas repressaliadas.
21:30 horas


Retorno a Ferrol
22:00 horas
Festa de despedida do Barco da Memoria do peirao de Ferrol.

A exposiçom "Os mártires do Mar" poderá visitar-se no Barco da Memória em horário de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 22:00 horas, os días 22, 23 e 24 de agosto de 2006.

Rogamos a difussom de esta informaçom

COMISSOM "FERROLTERRA: A NOSSA MEMORIA"




A veciñanza impide facer catas na Praza de Sartaña

O Colectivo Veciñal en defensa do parque público de Sartaña impediu, o pasado mércores, a realización de catas na praza, na que o Concello pretende construír un Centro Privado deportivo e de lecer.

A empresa Control y Estudos pretendia na tarde do pasado mécores [16.08.2006], facer catas no solo da praza cunha perforadora de grandes dimensións para proxectar as cimentacions do complexo privado de ocio adxudicado polo Concello á empresa SERVIOCIO.

Un grupo de veciñ@s impideu que se realizasen as obras de catación do terreo. A empresa despois de varias horas de presión veciñal, decideu non continuar no seu empeño e a media tarde retirou a maquinaria do lugar.

A veciñanza lembrou aos medios alí desprazados que os responsabeis municipais aínda non deron resposta aos recursos e ás mil alegaciones apresentadas o pasado 30 de Xuño. A veciñanza reafirmouse na súa posición de non permitir de nengún xeito que se constrúa o complexo e moito menos que atenten contra os seus dereitos. Manteñense na súa reivindicación de que a praza de Sartaña siga sendo un espazo público e demandan a urbanización da praza e o seu acondicionamento sen perder o seu uso actual.

Diante do acontecido, solicitara-se unha reunión co novo concelleiro de urbanismo, Guillermo Evia, para solicitarlle unha esplicación polo ocurrido e voltar a recordarlle cais son as reivindicacións veciñais para esa praza.


A noticia no Diario de Ferrol

Principais referencias no Blog ao conflito de Sartaña:

Resolucións da Asemblea Constituinte [29.05.2006]

Argumentos veciñais de oposición ao atentado urbanístico, cívico, social, ...chamado Centro de Ocio de Sartaña

Resolucións aprobadas na Asemblea Xeral [27.06.2006]

Sartaña, de JFK

Fotos Sartaña Praza Pública [26 e 30 de Xuño de 2006]


xoves, agosto 17, 2006

Acordo sobre a manifestación de Nunca Máis.

Tags
Manifa NUNCA MAIS

Plataforma Ártabra 21 A Plaraforma da Costa Artabra, Ortegal e Eume -artabra21@gmail.com-
16 de agosto de 2006 23:01

A xunta coordinadora, reunida o día de hoxe, acorda lembrar que o vindeiro domingo 20 haberá unha convocatoria de manifestación por parte da Plataforma NUNCA MÁIS, deixando que as organizacións da Plataforma Artabra21 decidan apoiar a convocatoria.

Cremos que é o mellor acordo por non ter os suficientes datos da convocatoria e non ter claro se ten a xunta coordinadora a capacidade de decidir entre Asembleas.

Posiblemente a próxima xunta faremola o vindeiro dia 12 de setembro no club de montaña Ferrol ás 20:00 horas.

Saúdos

Ferrol a 16 de agosto de 2006.

A Xunta Coordinadora
Xan Ramirez
Carlos Gª Seoane
José R. Jove
Xosé M. Sanxoán

luns, agosto 14, 2006

Coordinación de vixiancia contra os incendios

Tags
Coordinación de vixiancia contra os incendios

CLUB - CLUBMF@terra.es -
14 de agosto de 2006 21:50

Estimad@s soci@s e amig@s:

En reunión convocada pola Sociedade Galega de Historia Natural, Adega e Verdegaia, acordouse abrir unha lista de voluntarios, que podan sair a pasear, de xeito coordinado polos montes da bisbarra, para incrementar os ollos contra o lume.

Se ves que podes botar unha mau, que dispoñes de algo de tempo libre e que podes darte unha volta co mobil e cuns prismáticos, non deixes de chamar o telefono da S.G.H.N. 981 352 820.

Senon xa sabedes que a Xunta habilitou tamén un telefono para toda Galicia 900 400 800, e se vedes un incendio non deixedes de chamar ao 085 ou ao 112

Recebide unha aperta neste ardente verán

Club Montaña Ferrol

Reunióm Extraordinaria da Xunta Coordenadora da Plataforma Ártabra 21

Tags
O vindeiro Mércores, día 16 de Agosto, ás 20:00 hs terá lugar unha reunión extraordinaria da Xunta Coorenadora, aberta a todos os colectivos e entidades que forman parte da Plataforma, no Centro Social de Artábria, Travessa de Batalhons nº 7, para analisar a situaçom na Comarca con respeito aos incendios forestais e a loita contra os mesmos, a toma de postura con respeito á manifestación convocada pola Plataforma Lume Nunca Máis, en Compostela, para o Domingo día 20 de Agosto; e fixar unha data para a vindeira reunión ordinaria da Xunta Coordenadora antes da Asemblea Xeral do 26 de Setembro.

domingo, agosto 13, 2006

O teu monte precisa de Ti

Tags

Telefone: 900 400 800

www.ardegaliza.info

www.aduaneirossemfronteiras.org

http://galiza.indymedia.org

http://www.vieiros.com/

http://www.flickr.com/groups/arde_galiza

http://xornalaberto.blogspot.com/

http://www.adega.info

http://federacionecoloxista.blogsome.com/

http://www.verdegaia.org/

http://chuza.org/

Chamamento á cidadanía das comarcas de Ferrol, e arrededores, para apoiar a loita contra o lume

"Lume Nunca Máis. Paremos o terrorismo incendiario. Por un cambio de rumbo nas políticas para os nosos montes". Con ese triple lema, a comisión xestora da Plataforma Nunca Máis anuncia a reactivación da plataforma cidadá e a convocatoria dunha manifestación en Santiago de Compostela para o domingo 20 de agosto ás 12h.

sábado, agosto 12, 2006

Chamamento á cidadanía das comarcas de Ferrol, e arrededores, para apoiar a loita contra o lume

Tags
Verdegaia en Ferrol, Eume e Ortegal
11 de agosto de 2006 14:00
Responder a: "Verdegaia en Ferrol, Eume e Ortegal"
Para: artabra21@gmail.com

Agradecemos difusión..

CHAMAMENTO Á CIDADANÍA DAS COMARCAS DE FERROL E ARREDORES PARA APOIAR A LOITA CONTRA O LUME

SGHN, Verdegaia e ADEGA convocan unha reunión aberta para toda a cidadanía e organizacións en particular co gallo da vaga de incendios que asola toda Galicia. O motivo é buscar solucións previas á orixe dos lumes e organizar un dispositivo de vixiancia, alerta rápida e aviso ás autoridades competentes. A reunión terá lugar o luns, 14 de agosto ás 20.00h na sede da SGHN (r/ Méndez Núñez, 11, Ferrol)

Teléfonos de contacto:

636958728

616039268

637586604

Ferrol, a 11 de agosto do 2006
--
Núcleo Comarcal de Verdegaia en Ferrol, Eume e Ortegal

Organizada limpeza de fondos mariños do porto da Graña

Tags
Nota da SGHN. Domingo 13 de agosto de 2006 as 16:00 horas, organizada limpeza de fondos mariños do porto da Graña ( Ferrol), punto de encontro a ex caseta da Cruz Vermella, xunto coa Sección de Mergullo do Clube do Mar. Para colaborar como mergullador e imprescindible ter o seguro ó día, para colaborar dende o porto para axudar ós mergulladores, recomendase levar roupa manchable e reposto. Esta actividade esta a colabar coa campaña internacional “A Limpar o Mundo”. Colabora a Concellería de Medio Ambiente de Ferrol. Organiza a SGHN e convidados quen queira participar.

BLOG DA SGHN -FERROL

Sociedade Galega de Historia Natural

A veciñanza de Canido afectada polas expropiacións reclama unha solución xusta

Tags
A veciñanza de Canido afectada polas expropiacions para a reurbanización de Pérez Parallé, apresentaron o pasado xoves [11.08.2006] no rexistro municipal de Ferrol máis de 2.100 asinaturas de apoio ás suas demandas e unha carta dirixida ao alcalde de Ferrol, Juan Juncal, pedindo unha solución xusta a esta situación.

As reivindicacións veciñais concretanse en que o Concello lle esixa á promotora que ofreza un prezo adecuado polo valor das casas que van ser derribadas e realoxe aos afectados, tanto se son inquilinos como propietarios.

Noticia no Diario de Ferrol

xoves, agosto 10, 2006

Vídeos sobre a agressom sionista ao Líbano

Tags
Umha pequena motra do que há no YouTube, podedes atopar de todo e moi interessante, ainda que a maioria está em inglês ou árabe, o mais impresionante e internacional som imagens com música, nom sabemos se existe a posibilidade de enlazar vídeos do YouTube coma podcast, pero poderia-se fazer um pequeno apartado multimedia sobre a guerra.




<< Voltar ao Blog da Plataforma Ártabra 21

Desde Beirut

Tags

martes, agosto 08, 2006

Convocatória reuniom Plataforma Galega contra a agressom sionista no Líbano e Palestina (Coordenadora de Ferrol)

Tags
De: Bruno Lopes Teixeiro -brunotrasancos@gmail.com-
Data: 07-ago-2006 16:24
Asunto: Convocatória reuniom Plataforma Galega contra a agressom sionista no Líbano e Palestina (Coordenadora de Ferrol)

Companheir@s,

A próxima junta da Plataforma Galega contra a agressom sionista na Palestina e no Líbano em Ferrol será a próxima quarta-feira, 9 de Agosto, às 19.30 na Sede de Esquerda Unida (Rúa do Sol, 124 entrechán esq). Nesta reuniom trataremos a possibilidade de convocar novos actos e mobilizaçons para denunciar esta nova agressom sionista.

É importante a participaçom de tod@s para dar umha resposta conjunta a esta nova agressom. Encaminhade este correio aos vossos contactos lembrando que a Plataforma está aberta a novas incorporaçons em base ao manifesto constituinte, nom só a colectivos se nom também a título pessoal.

<< Voltar ao Blog da Plataforma Ártabra 21

xoves, agosto 03, 2006

Anulada por segunda vez, en sentenza do TSXG, a tramitación ambiental realizada por Reganosa

Outra sentenza do TSXG anula por segunda vez a tramitación ambiental realizada por Reganosa aprobada pola Consellería de Medioambiente en xuño do ano 2001.

Hoxe foi comunicada ás partes a sentenza 00606/2006 de 27 de xuño, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no recurso contencioso-Administrativo 672/2002 interposto pola Plataforma de Veciñal da Parroquia de Meha (Mugardos) e outras asociacións do Comité Cidadán de Emerxencia, contra a descafeinada Declaración de Efectos Ambientais do proxecto de planta de almacenamiento e regasificación de gas natural licuado que a empresa Reganosa constrúe en Mugardos.

A sentenza do TSXG é favorable ao recurso presentado polas asociacións do Comité Cidadán de Emerxencia, estima o recurso administrativo interposto e anula os actos impugnados por ser contrarios a dereito, esa anulación afecta tamén á descafeinada Declaración de Efectos Ambientais de 11 de xuño de 2001 realizada pola Conselleria de Medioambiente. A sentenza de seis paginas entra ao fondo do asunto e di que en aplicación da normativa vixente o procedemento para a planta de gas de Reganosa debe ser a Declaración de Impacto Ambiental, e que deben ser anuladas as resolucións recorridas non sendo aceptable a alegación da Xunta.

A sentenza é susceptible de recurso de casación ao Tribunal Supremo no prazo de dez días hábiles contados a partir do 31 de xullo, data da comunicación. Dado que o mes de agosto non conta para os trámites na xustiza, ese prazo continua a partir do 1 de setiembre.

O Comité Cidadán o pasado 19 de xuño nunha entrevista en Santiago co Director Xeral de Industria Anxo Calvo Silvosa, felicitoulle polo feito de que a Xunta non recorra ao Tribunal Supremo na sentenza do TSXG que anulóu a licenza dos depósitos de Ferrazo en Vilagarcía. Así mesmo que a Xunta fose coherente e non recorrese as sentenzas que se producisen nos contenciosos pendentes no TSXG contra Reganosa. Tamén propúxoselle que a Xunta de Galicia se retire do recurso ao Tribunal Supremo na primeira sentenza que o TSXG fallóu contra Reganosa en xuño do ano 2004. O Director Xeral de Industria quedou en falalo co Conselleiro de Industria. A raíz desa reunión espérase que a Xunta acate as sentenzas do TSXG por ser a ultíma instancia de xustiza en Galicia, e polo tanto non recorra a Madrid ao Tribunal Supremo, máxime cando estamos nun proceso positivo de mellora de competencias autonómicas no que tamén deben recoñecerse as do TSXG.

Coa sentenza 536/2004 de xuño de 2004, a interpretación que xa viña sostendo o Comité Cidadán é que anula todo o procedemento de autorizacións a Reganosa, pero non é firme polo recurso ao Tribunal Supremo realizado en xullo de 2004 por Reganosa e a Xunta de Galicia. Agora cunha segunda sentenza contraria a Reganosa o Comité Cidadán terá unha reunión extraordinaria, para valorar o seu contido e alcance, organizar a súa difusión, ademais de empezar a ver en que actuacións administrativas ou xudiciais debe incorporarse o coñecemento e efectos da mesma, xa que é a segunda sentenza contraria a Reganosa nos once contenciosos admitidos a trámite nos tribunais españois.

A sentenza 536/2004 de 23 de xuño, do TSXG contraria a Reganosa, foi realizada pola súa sección primeira, no contencioso nº 342/2002 que presentara o Concello de Ferrol contra a Declaracion de Efectos ambientais de 11-6-2001 realizada pola Conselleria de Medioambiente. O Concello de Ferrol ten outro contencioso a tramite no Tribunal Superior de Xustiza de Madrid.

Esta sentenza 606/2006 de 27 de xuño, do TSXG contraria a Reganosa, foi realizada pola súa seccion segunda, no contencioso nº 672/ 2002 presentado por asociacións do Comite Cidadán de Emerxencia, encabezadas pola Plataforma Veciñal de Meá (Mugardos), contra a mesma Declaración de Efectos Ambientais de 11 de xuño de 2001.

Ao non haberse acumulado eses dous contenciosos, prodúcense as sentenzas por separado.

A sentenza 536/2004 e a 606/2006 teñen igual resultado de anular a tramitación ambiental de Reganosa e como consecuencia quedan nulas a autorizacións administrativa de 3/6/2002 e de construcción de 13-2-2004 ambas outorgadas pola Direccion Xeral de Política Enerxética e Minas que é o órgano sustantivo ao que alude a sentenza.

En ambas sentenzas a votación produciuse en distintas seccións do TSXG, é dicir, por distintos grupos de Maxistrados, o que dá mais forza ás mesmas.
Esta segunda sentenza reforza a primeira na redacción e explicación de determinados aspectos que nalgúns medios se habían estado interpretando de xeito moi informal, en particular sobre as sentenzas do Tribunal Supremo nunha DIA, cando neste caso trátase dunha DEA.

A DIA (Declaración de Impacto Ambiental) é o que segun a lei tendría que realizar Reganosa pero non o fixo.

A DIA non é un papel que se poida adquirir con efecto retroactivo cunha construcción acelerada por feitos consumados que desde xuño de 2004 sábese que é ilegal, o que esta segunda sentenza vén ratificar de forma moi contundente.

Despois da reunión do Comité Cidadán de Emerxencia nos próximos días comunicarémoslles as valoracións que procedan.

Ferrol, 31 de xullo de 2006

Polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
Carmelo Teixeiro

Mais información:
http://comitecidadan.bitacoras.com/ target="_blank"

Concentración en Ferrol contra a agresión sionista aos povos da Palestina e o Líbano

Tags
Hoxe, dia 2 de Agosto, nos locais do Ateneo Ferrolán, quedou constituida a Plataforma Galega contra a Agresión Sionista no Líbano e Palestina da comarca de Trasancos, numha Asemblea Aberta.

Nesta reunión tomouse o acordo de convocar para o Venres, día 4 de Agosto, unha mobilización, ao mesmo tempo que van a ter lugar outras tantas, en diferentes lugares da Galiza, ese mesmo día.

A mobilización de Ferrol vai consistir nunha concentración ás 20:30 hs, diante do Edificio Administrativo comarcal da Xunta de Galicia, ese venres, 4 de Agosto.

A continuación transcrebemos o comunicado que se consensuou na reunión, que é o mesmo para toda Galiza.

CONTRA O XENOCIDIO EN LÍBANO E PALESTINA

As últimas accións israelís representan un paso máis na súa estratexia de limpeza étnica e expansión territorial que viola todas as normas do dereito internacional e as disposicións dos Acordos de Xenebra. Hoxe, Israel agride brutalmente O Líbano, asasina civís, destrúe infraestruturas e provoca novos éxodos de refuxiados baixo o espurio pretexto de autodefensa, coa complicidade dos EEUU e ante a covarde e vergoñenta política de apazugamento da Unión Europea, a que parece ter asumido a idea racista de que os tres soldados capturados – non secuestrados, xa que estaban en Gaza e no Sur do Líbano formando parte do exército de ocupación- valen máis que a vida de centos de milleiros de árabes, lexítimos e lexítimas habitantes dos territorios atacados. Inacción cómplice dos corruptos e antidemocráticos réximes árabes.

Máis de 650 mortos en vinte días de ataques ao Líbano, unhas 700.000 persoas desprazadas (un millón segundo a portavoz da ONU, Marie Heuzé), destrución sistemática das infraestruturas e barrios residenciais. Eliminación premeditada das testemuñas da carnizaría, bombardeando intencionadamente as tropas desarmadas da ONU, as ambulancias da Cruz Vermella e os transportes de civís e axuda humanitaria. Vinganza na poboación civil libanesa refuxiada en Qana, na súa maioría nenas e nenos, da derrota sufrida polo exército sionista en Beit Jbel a mans da Resistencia Libanesa. Arredor de 10.000 persoas palestinas en prisión política en cárceres israelís entre as que se contan 350 menores de dez anos (a maioría secuestrados dos seus fogares polo exército de ocupación en “operacións preventivas”). Preto de cinco millóns de persoas refuxiadas. Construción dun muro de separación en Cisxordania declarado ilegal polo Tribunal Internacional da Haia en 2004 e anexión de Xerusalén Leste. Apropiación de terras e recursos hídricos e creación de illas incomunicadas que fan imposible o desenvolvemento social e económico de Palestina e a construción dun estado nacional. Morte, fame e epidemias en Gaza, convertida no meirande campo de concentración da historia: 1.400.000 habitantes sen alimentos, luz, auga potable e medicinas, baixo bombardeos diarios e sen permiso de saída. Xenocidio, desposesión e impunidade.

Ante a extrema gravidade da situación queremos expresar a nosa enérxica condena e denunciar o exterminio sistemático do pobo palestino por Israel e a brutal ofensiva contra o Líbano, onde están a utilizar bombas de racimo, de fósforo branco, ambas prohibidas pola IV Convención de Xenebra, e outras armas químicas ata o momento non identificadas.

Condenamos e denunciamos tamén o silencio culpable de Occidente ante o masacre dunha poboación indefensa por un dos exércitos máis poderosos do mundo, a complicidade dos EEUU e a ambigüidade da Unión Europea. A Comunidade Internacional segue a presionar as vítimas da brutal carnizaría israelí, ás que debería apoiar por xustiza legal e moral e por decencia. Con cinismo e desvergoña reclaman o desarmamento da milicia libanesa Hesbulá en aplicación da orde 1.559 da ONU, mentres calan e omiten o sistemático incumprimento por parte de Israel de todas e cada unha das resolucións de Nacións Unidas relacionadas co conflito.

Os feitos proban sobradamente que Israel é o verdadeiro inimigo para a paz, a vida e a seguridade das fronteiras en Oriente Medio. As máis elementais normas de humanidade e xustiza universais reclaman que a solidariedade vaia cara ás vítimas e non cara aos verdugos. En consecuencia, varios grupos políticos, sindicais e sociais, ademais de persoas a título individual, de Galicia decidimos crear unha Plataforma Galega Contra a Agresión Sionista no Líbano e Palestina e esiximos dos poderes públicos:

  • Que a UE e o Goberno español emitan unha firme condena contra a agresión sionista e abandonen o cínico costume de igualar as vítimas palestinas e libanesas cos seus asasinos israelís.
  • A suspensión inmediata do Acordo de Asociación entre a UE e Israel.
  • A inmediata suspensión do comercio español con Israel, especialmente no referente aos programas de armamento que o Ministerio de Defensa español está desenvolvendo coas empresas israelís (mísiles anticarro Spike da casa Rafael, etc.).
  • A ruptura ou suspensión das relacións diplomáticas co criminal Estado sionista cando menos mentres persista a agresión no Líbano, Gaza e Cisxordania.
  • O pronunciamento de todas as institucións da nosa terra dende os concellos, pasando polas deputacións e chegando ata a Xunta de Galicia en contra da dita agresión.

Solicitamos a todo o pobo galego:

  • Que acuda ás mobilizacións da Xornada Nacional Contra a Agresión Sionista no Líbano e Palestina que a nosa Plataforma convoca para o vindeiro venres, día 4 de agosto do 2006, ás 20’30 horas en:

      • A Coruña: Concentración no Obelisco.
      • Lugo: Concentración na Praza de Armañá.
      • Ponteareas: Concentración fronte ao Concello.
      • Pontevedra: Manifestación que parte da Praza da Ferrería.
      • Santiago de Compostela: Concentración na Praza de Cervantes.
      • Vigo: Concentración diante do MARCO.
      • Ferrol: Concentración diante do Edificio Administrativo da Xunta

  • Que se incorpore ás coordinadoras locais da Plataforma e apoien as mobilizacións e campañas en cada zona.

  • Que presione os representantes públicos para que, obedecendo a maioritaria vontade popular, tomen medidas eficaces para deter o xenocidio dos pobos palestino e libanés.

  • Que non compre ningún produto de procedencia israelí ou de compañías israelís. Boicot aos produtos de Israel.

¡ACABEMOS COA IMPUNIDADE!

¡FREEMOS O XENOCIDIO!

¡DETEÑAMOS A ISRAEL!

¡QUEN COMPRA OS SEUS PRODUTOS, PAGA AS SÚAS BOMBAS!

Galiza, 2 de Agosto de 2006

Plataforma Galega Contra a Agresión Sionista no Líbano e Palestina



<< Voltar ao Blog da Plataforma Ártabra 21

mércores, agosto 02, 2006

Chega o Barco da Memoria á nosa Comarca

Tags
Na súa singradura, o barco da Memoria, atracará nos peiraos de Mugardos e Ferrol.

Dentro do programa de actos de conmemoración do Ano da memoria, a Comisión Ferrol-Terra "A nosa Memoria", quere dar voz ás víctimas, no día 23 de Agosto.

BARCO DA MEMORIA
Agosto de 2006

· Data: 19, 20 e 21 de Agosto
· Lugar: Mugardos


BARCO DA MEMORIA

Agosto de 2006 · Data: 22, 23, 24 e 25 de Agosto
· Lugar: Ferrol



Os actos que se desenvolverán na nosa comarca trancurrirán entre os días 19 e 25 deste mes de Agosto de 2006.

A Comisión Ferrol-Terra "A nosa Memoria", fai un chamamento, para quen teña unha testemuña, algo que dicer ou con que contribuir, para o recoñecemento, a biografía e o resarcimento das víctimas, que se poñan en contacto con ela.

Para contactar con a Comisión pódelo facer, deixando a túa mensaxen no telefone 629366146 ou escrebendo ao correio-e:
ferrolterranosamemoria@hotmail.com


Máis información en:

http://www.anodamemoria.com

Programa da Comisión Ferrolterra "A nosa memoria"



Reunión para a constitución dunha plataforma contra a agresión israelí aos povos do Líbano e da Palestina

Tags
No Ateneo Ferrolán está convocada unha reunión en Asemblea Aberta para a constitución dunha plataforma contra a agresión aos povos do Líbano e da Palestina.

Esta reunión está aberta a todas as organizacións, sindicatos, colectivos, asociacións veciñais, partidos políticos, asociacións culturais e doutro tipo, así como a persoas a título individual que queiran participar na protesta e denuncia contra agresión sionista ao Líbano e a Plalestina, contra o terror do estado de Israel que exerce sobre a poboación civil dos citados países, ...

Esta reunión terá lugar, o Mércores, día 2 de Agosto, ás 19:30 hs, no Ateneo Ferrolán.

Imaxens do terror:
http://crimesdeguerranolibano.blogspot.com/

Algúns textos de interese:
http://www.rebelion.org/seccion.php?id=17