mércores, setembro 27, 2006

Logo pequeno da Plataforma Ártabra 21

Tags

luns, setembro 25, 2006

Convocatoria para a constitución dunha Rede en defensa do litoral

Tags
2ª Convocatoria para a constitución dunha Rede en defensa do litoral

Coordenador Xeral Verdegaia
24 de septiembre de 2006 17:55
Para: artabra21@gmail.com

Benqueridos compañeiros e compañeiras,

O pasado Sábado 2 de Setembro celebrouse unha xuntanza en Santiago de Compostela entre representantes das asociacións Plataforma en Defensa da Enseada de San Simón, Foro Social de Cangas, Luita Verde, Salvemos Monteferro, Bouzas Móvete, APDR, ADEGA, PDR Cíes, AVV de Bouzas e Verdegaia. Desculparon a súa ausencia FEG, Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol e Ártabra 21.

As persoas reunidas coincidimos en que este era un primeiro encontro para estudar a posibilidade de criar unha rede para a defensa do litoral, paso que dependerá das decisións que cada entidade tome nas súas asembleas. Con todo, existen uns primeiros acordos arredor da posíbel constitución desta rede:

1.- Enténdese positivo e necesario tecer unha rede de organizacións directamente interesadas na defensa do litoral, co fin de:

- Intercambiar información e experiencias

- Lograr que as novas transcendan do ámbito local

- Aumentar a sensibilización social

- Difundir alertas temperás e convocatorias de mobilización

- Xerar sinerxias que permetan mellorar a capacidade de presión sobre gobernos e empresas

2.- A rede, da que non farán parte forzas políticas e sindicais, será horizontal e cunha estrutura mínima (unha persoa de contacto por organización). O protagonismo será das organizacións integrantes. A intención non é construír un aparello burocrático e complicar máis aínda o traballo das e dos activistas das diversas entidades, aumentando o seu calendario de xuntanzas a.

3.- A rede terá como elemento central visíbel un sitio web onde as organizacións integrantes poderán colgar as súas novas e denuncias. Este sitio, ademais, recollerá o manifesto fundacional ou documento de bases da rede e unha listaxe de entidades integrantes con ligazóns aos seus respectivos webs (de os ter).

4.- Como primeiros labores estabeleceríanse a aprobación do manifesto ou documento de base, a posta en marcha do web e a elaboración dunha primeira "radiografía"/perfil das problemas e ameazas ao litoral galego.

Acordouse celebrar unha nova reunión para o vindeiro Sábado 7 de Outubro ás 11:00 horas. O lugar fixarase en función da asistencia confirmada tentando minimizar os desprazamentos.

Quixeramos que a vosa organización asistise a esta xuntanza e valorara a posibilidade de se integrar neste proceso.

Pregamos confirmedes a vosa intención de asistir para podermos definir o lugar de reunión.

Un saúdo

--
Xan Duro
Coordenador Xeral
www.verdegaia.org
www.bicis.info

<< Voltar ao Blog da Plataforma Ártabra 21

sábado, setembro 23, 2006

Convocatoria da Asemblea Xeral Ordinaria da Plataforma Ártabra 21, para o martes, 26 de Setembro de 2006.

Tags
Convocatoria de III ASEMBLEA XERAL ORDINARIA do mes de Setembro para o vindeiro martes, día 26 de Setembro, às 19:30 hrs, no local social da Asociación Veciñal de FERROL- VELLO.

Orde do día:

1º.- Nomeamento da Mesa [moderador/a e secretari@ de actas].-

2º.- Lectura e aprobación ACTA da ASEMBLEA anterior.- [+ info]

3º.- Estado de CONTAS.- [+ info]

4º.- Proposta de novas incorporacións.- [+ info]
Pediron a entrada:
- ASOCIACIÓN VECIÑAL STª MARIÑA
- ASOCIACIÓN AMIGOS DA TERRA-CEDEIRA
- TREME A TERRA DE PONTEDEUME

5º.- Intervencións e informacións.-
- Expropiacións de Canido. [+ info]
- Voluntariado vixilancia contra os incendios, que facer NO FUTURO ?. [+ info]
- Praza de Porta Nova –EDIFICIO EMBLEMÁTICO. [+ info]
- Plataforma contra a guerra do Libano e palestina. [+ info]
- Manifestación Nunca Máis. [+ info]
- Proxecto PARQUE URBANO do INFERNIÑO. [+ info]
- Sentenza TSXG a respecto da PLANTA DE GAS. [+ info]
- Participación na Rede de Defensa do Litoral [+ info]
- Outras.

6º.- Elección por votación do LOGO que utilizará a PLATAFORMA ÁRTABRA 21.- [+ info]

7º.- Presentación de RESOLUCIÓNS.-
- Resolución presentada por VERDEGAIA: SOBRE O CAMBIO CLIMÁTICO. [+ info]
- Resolución presentada pola Coordenadora da PLATAFORMA ÁRTABRA21: Defensa da COSTA ÁRTABRA. [+ info]
- Resolución presentada pola Comunidade de Menáncaro: DEFENSA DA FRAGA DE MENÁNCARO. [+ info]

8º.- Proposta de debate sobre princípios organizativos.-
- Xunta COORDINADORA ou REPRESENTANTES ?
- Proposta de constitución dunha Comisión para presentar un regulamento de funcionamento xuntas, comisións ou grupos de traballo, etc, para os vindeiros meses.
[Documento Constituinte]

9º.- Renovación da Xunta Coordenadora, cese de tres persoas e nomeamento doutras tres novas e deixar convocada a próxima Asdemblea Xeral [Lugar, data e hora].-


10º.- Suxestións e preguntas.-

Ferrol, Costa Ártabra, a 13 de setembro de 2006.

Pola Xunta Coordinadora
Asdo.
Xan Ramírez-
Inacio Martínez
José Ramón Jove
Carlos Gª Seoane
Manuel Domínguez
Xosé M. Sanxoán

Proposta resolución sobre medidas para frear o cambio climático por parte dos concellos

Tags
O cambio climático, consecuencia da intensificación do efecto invernadoiro inducido pola especie humana, é xa unha realidade. O Panel Intergobernamental sobre Cambio Climático, IPCC, adscrito á ONU e formado por máis de 2000 cinetíficos en todo o mundo, asegura que o cambio climático global xa comenzou e que as accións para mitigalo e adaptarse a el son urxentes.

As emisións de gases efecto invernadoiro en Galicia medraron o 45’9% entre 1990 e 2005, crecemento moi significativo e preocupante. A nosa terra presenta unhas emisións por habitante que figuran entre as máis altas de Europa e do mundo. Boa parte das emisións teñen lugar nas vilas e cidades, onde vive o 70% da poboación galega, especialmente as emisións dos sectores transporte, doméstico, comercial e institucional.

A nivel estatal, máis do 50% das emisións de gases de efecto invernadoiro relacionadas co transporte realízanse en áreas urbanas, na súa meirande parte froito do emprego do automóbil privado. existen previsións moi preocupantes que sitúan ao sector do transporte como o de maior crecemento relacionado co consumo enerxético.

O crecemento do consumo enerxético nos sectores residencial, comercial e institucional está a ser moi importante, rexistrándose un uso da enerxía pouco eficiente. Isto é particularmente lamen tábel no caso dos Concellos e das Administracións Públicas en xeral, xa que, por razóns ambientais e económicas, deberían ser exemplos de uso eficiente da enerxía, nos seus edificios e instalacións, no alumeado público e nos parques de vehículos ao seu servizo.

A comunicación da Comisión Europea relativa a unha Estratexia temática sobre ambiente urbano, que forma parte do Plano de Acción Ambiental da UE en vigor, destaca o papel das zonas urbanas na implementación de medidas para a redución das emisións. Como áreas prioritarias de traballo apunta os transportes e a construción.

Perante a gravidade do problema do cambio climático e a necesidade de adoptar mediadas urxentes que impliquen a toda a cidadanía, a asociación ecoloxista Verdegaia propón á Plataforma Ártabra 21 que apoie pública e expresamente os seguintes puntos a demandar aos diferentes concellos da nosa comarca:

1.- Integración dos concellos da comarca na “Rede Española de Cidades polo Clima”.

2.- Elaboración de ordenanzas sobre captación e aproveitamento de enerxía solar que reforce as esixencias contidas no Codigo Técnico de Edificación (CTE).

3.- Elaboración de auditorías enerxéticas en tódalas instalacións e equipamentos municipais para, posteriormente, elaborar un Plano Enerxético Municipal que mellore a eficiencia enerxética e incorpore progresivamente fontes enerxéticas renovábeis nas instalacións e servizos municipais.

4.- Igualmente, realizar unha auditoría de consumo eléctrico do alumeado público e adoptar medidas para diminuilo como por exemplo: adecuación do número de puntos de luz ás necesidades reais, substitución por lámpadas de baixo consumo, diminución do horario de iluminación, etc..

5.- Crear unha Axencia Local de Enerxía en cada concello para realizr as auditorías xa comentadas e para informar, prestar asistencia técnica á cidadanía e empresas, desenvolver campañas de sensibilización, ...en materia de aforro enerxético e enerxías renovábeis.

6.- Redacción dun “Plano de Mobilidade Sustentábel” que inclúa a adopción de medidas de pacificación do tránsito e restricción do vehículo privado, potenciación de modos de transporte menos contaminantes (pé, bicicleta, transporte colectivo..)

7.- Planificación urbana que diminúa a necesidade de desprazamentos, que favoreza o uso do transporte menos ou nada contaminante (bicicleta, pé, colectivo..).Ademais, as novas areas residenciais serán libres de coches e estudarase o impacto sobre o tráfico antes de autorizar grandes areas comerciais.

8.- O imposto sobre vehículos penalizará de forma forte aos vehículos con maior consumo enerxético e maiores emisións de CO2, especialmente a vehículos todoterreno non destinados a usos comerciais.

9.- Primará a “Contratación Pública Verde”, isto é, contratar bens e servizos conceder adxudicacións que conten con criterios que favorezan a sustentabilidade.

10.- A política de residuos urbanos terá como obxectivo prioritario a redución en orixe. Para iso reformarase a taxa de recollida de lixo de xeito que incentive a prevención da xeración de lixo. Faranse accións de concienciación cidadá e o destino do lixo será a reutilización, reciclaxe e compostaxe.


De aprobarse a resolución por parte da Asamblea Xeral da Plataforma ártabra 21, esta publicaría estas medidas no seu blog para consulta de tódolos/as visitantes, emitiría un comunicado de prensa apoiando e facendo propias estas medidas e publicitaría accións de Verdegaia sobre o cambio climático, en concreto.

Narón , setembro do 2006

Asdo: Mª Belén Arenas Riveiro

secretaria comarcal Verdegaia Ferrol, Eume e Ortegal

Proposta de resolución pola defensa da Costa Ártabra

Tags
PROPOSTA DE RESOLUCIÓN.-

POLA DEFENSA DA COSTA ÁRTABRA.

A Plataforma Ártabra 21, quere manifestar a súa opinión, contra os ataques desmedidos que está a ter a Costa Ártabra como espacio xeográfico:

  • A urbanización desmedida como está a vivir Cabanas ou Ares.

  • O lume que arrrasou todo Montefaro.

  • A brutal Regasificadora de punta Promontorio en Mugardos.

  • Os macropaseos marítimos con grande impacto, de Pontedeume, Narón e Ferrol.

  • O polígono industrial de Brión.

  • As grandes zanxas de suministro o porto exterior San Felipe- San Cristobal -Cariño,

  • O propio porto exterior,

  • Os programados campos de golf (San Xurxo- Cabazas),

  • A falla de vixiancia ós complexos dunares de Doniños San Xurxo - Esmelle.

  • As concentracións parcelarias.

  • Os accesos artificiais a praias dos montes da Lagoa.

  • A Urbanización a pé de costa de Valdoviño.

  • O invasor urbanismo de Cedeira.

Todos este son temas, que están a trocar dun grande xeito a nosa costa, e que paradoxicamente cando se fala de facer unha mínima intervención “COSTAS” se opón, pero cando son as grandes intervencións, das grandes compañías, aí hai carta libre e vemos como as palas reventan as costas por onde sexa.

Por todo isto a Plataforma Ártabra 21, trasmitirá esta preocupación ós Concellos da comarca a Medioambiente da Xunta de Galicia, ó Ministerio de Medioambiente e ó de Fomento.

No Porto de Curuxeiras- Ferrol a 26 de setembro do 2006

mércores, setembro 13, 2006

Na defensa dos espazos públicos non ao edificio da Praza da Porta Nova [Praza de España]

Tags
Edificio Praza de PORTA NOVA (P. España)
Reunión- Xunta Coordinadora

A Plataforma Artabra21, REUNIDA este pasado martes día 12-set para analizar os acontecementos referente a Praza e a construción dun EDIFICIO PRIVADO chamado habilmente “Emblemático”.

Para a Plataforma A21 é unha segunda oportunidade que lle damos a antiga Praza de Porta Nova que debemos aproveitar para que o goberno local do PP-IF recapacite respecto ao futuro deste PRAZA porque suporía a DESAPARICIÓN PARCIAL DUN ESPAZO ABERTO E PÚBLICO, partindo e dividindo a Praza con este IMPACTO VISUAL.

O Alcalde de Ferrol ten que reaccionar para que esta obra non vaia adiante advertíndolle que sería un mal precedente , sendo o seu goberno o responsable directo de permitir este “atentado urbanístico”, que sería neste caso dunha obra totalmente ilegal, indecente e unha burla a cidadanía.

Esiximos o cumprimento total do Plan Xeral de Ordenación Urbano, ou en todo caso adecualo as necesidades e normativas propias das PRAZAS E ESPAZOS PUBLICOS que finalmente debe aprobar a XUNTA DE GALICIA.

Por todo isto esiximos ao Sr. Alcalde e a todo o Goberno Municipal a “PARALIZACIÓN DAS OBRAS DO EDIFICIO “EMBLEMÁTICO” e a máxima dedicación para o remate da tapa en superficie cun mobiliario e ornamentación de calidade, definido entre os distintos axentes técnicos e sociais.

Ferrol a 13 de Setembro de 2006.

A Xunta Coordinadora.-
Xan Ramirez
Inacio Martinez
Carlos Gª Seoane
José R. Jove
Manuel Domínguez
Xosé M. Sanxoán