mércores, xaneiro 31, 2007

Xoves 1 de febreiro: reunión das entidades convocantes das mobilización na defensa dos espazos públicos

De: Convocantes en defensa dos espazos públicos
Para: artabra21@gmail.com
Data: 31 de xaneiro de 2007 0:26
Asunto: Reunión das entidades convocantes das mobilización na defensa dos espazos públicos

Quedades convocados a unha Xunta de CONVOCANTES DAS MOBILIZACIÓNS NA DEFENSADOS ESPAZOS PÚBLICOS, CONTRA O MACRO-EDIFICIO NA PRAZA DA PORTA NOVA [PRAZA DE ESPAÑA], todas as organizacións e entidades, para analizar, avaliar e debater os últimos acontecementos a respecto do EDIFICIO EMBLEMÁTICO que o GOBERNO LOCAL quere impulsar.

A reunión terá lugar no local social da A. Veciñal de Fontelonga o vindeiro xoves, día 1 de febreiro ás 7 horas da tarde.

Debatiremos as decisións que a pesar de haber uns INFORMES DESFAVORABLES do Sevicio de Urbanismo e Inspección Territorial da Coruña, sospeitamos, a xulgar polas últimas declaracións do Goberno, que continuarán as OBRAS .

Saúdos.

Ferrol a 31 de Xaneiro de 2007.

Os convocantes.

--
Convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos, en contra do macro-edificio da Praza da Porta Nova [Praza de España]:

Asociación Veciñal de Esteiro "Fontelonga",
Asociación Veciñal de Ferrol-Vello,
Asociación Veciñal de Santa Mariña,
Asociación Veciñal de San Xoan-Bertón,
Asociación Veciñal O Cruceiro de Canido,
Asociación Veciñal "O Rosario - Inferniño",
Asociación San Fernando de Recimil,
Asociación Cultural Fuco Buxán,
CIG-Ferrol,
CC.OO Ferrol,
Colectivo Veciñal Sartaña,
Esquerda Unida - IU,
Federación de ANPAS de Centros Públicos de Ferrolterra,
Os Verdes - Grupo Verde de Ferrol,
NÓS - Unidade Popular,
Plataforma Ártabra 21,
UGT-Ferrol.
USTG-Ferrol

Esquerda Unida-IU de Ferrol esixe ao Alcalde de Ferrol que resolvamente os recursos de Sartaña

Esquerda Unida-IU de Ferrol: Comunicado de Prensa
De:-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
Para: artabra21@gmail.co
Data: 31 de xaneiro de 2007 13:38
Asunto: Esquerda Unida-IU de Ferrol esixe ao Alcalde de Ferrol que resolva os recursos de Sartaña


“Esquerda Unida-IU de Ferrol esixe ao Alcalde de Ferrol que resolva
os recursos de Sartaña”

Esquerda Unida-IU de Ferrol quere manifestar o seguinte:

Que, como se lembrará, o seu Grupo municipal no Concello de Ferrol presentou, o pasado 23 de xuño de 2006, un Recurso de Reposición, contra o acordo número 11 da Orde do Día do Pleno da Corporación Municipal de Ferrol de data 25 de maio de 2006: “Proposta de adxudicación á Empresa Serviocio do contrato de redacción do proxecto de xestión e explotación dun centro deportivo de ocio e saúde no Barrio de Ultramar”.

Pois ben, dende a dita data e a pesar de ser requerido, incluso por escrito, que foxe dictada a correspondente resolución expresa sobre o mesmo o Sr. Alcalde non se dignou todavía a facelo.

Para Esquerda Unida-IU de Ferrol esta actitude amosa, unha vez máis, o carácter intolerante e a doble vara de medir do PP. Pois non ten a dignidade de contestar a un recurso presentado por un Grupo Municipal da Corporación Municipal que el preside e, doutra banda, el que anda a pedir respecto aos procedementos administrativos e co mesmo argumento, esixímoslle o respecto o procedemento administrativo, e tal como lle foi solicitado por escrito, resolva expresamente sobre o recurso de Esquerda Unida tal e como estipula a Lei.

É evidente que, con esta actuación, o Sr. Alcalde está a demostrar que cando as cousas non lle van ben esixe o cumprimento da legalidade ou utiliza esta no seu beneficio, esquecéndose arbitrariamente que a Lei é para todos e todas, nos dereitos e nas obrigas, e polo tanto consonte a Lei de Procedemento Administrativo esixímoslle que resolva, xa non só, o recurso presentado polo noso Grupo Municipal senón tamén o millar de recursos presentados pola veciñanza. Recurso , todo sexa dito, perfectamente argumentado e incluso acompañados de informes técnicos que veñen demostrar que o acordo recorrido vulnera a legalidade urbanística.

Así pois, dende Esquerda Unida-IU de Ferrol seguimos a considerar que a idea de colocar un centro deportivo nunha praza pública para negocio dunha empresa, que conta coa oposición da veciñanza, e que ten alternativas máis viables é, con todas as letras, unha auténtica barbaridade polo que invitamos ao Grupo de Goberno a reconsiderar o seu proxecto e eviten unha nova usurpación dun espazo público da nosa cidade.

Ferrol, 31 de xaneiro de 2007

Esquerda Unida-IU de Ferrol

Solidariedade coa veciñanza de Sartaña: o Goberno Municipal do PP e IF, quere aprobar o proxecto de SERVIOCIO, no Pleno deste xoves, 1 de febreiro

Solidariedade coa veciñanza da Praza de Sartaña: Sartaña Praza Pública.

O goberno municipal do PP e IF, quere aprobar o proxecto de SERVIOCIO, no Pleno deste xoves, 1 de febreiro de 2007.

O Goberno Municipal do Concello de Ferrol continua co seu empeño de facernos crer que o progreso consiste e encher as cidades de cemento, construír sen mais, para especular, para beneficiar a uns poucos que xa verten de privilexios. Nese empeño, queren acabar coa Praza de Sartaña, queren facer da Praza un centro de "lecer" de beneficio privado, sen atender as case 1000 alegacións presentadas [30.06.2006], nin ao recurso de reposición interposto no seu día polo grupo municipal de Esquerda Unida. Van presentar este Xoves, 1 de Febreiro, ás 9 e media da mañá a aprobación definitiva do nefasto proxecto do "Centro de Ocio Sartaña" concedido á empresa "amiga" SERVIOCIO [Con data 25 de maio de 2006, o pleno do Concello de Ferrol acordou adxudicar á empresa Serviocio, o contrato de redacción do proxecto, da xestión e explotación dun centro de ocio na Praza de Sartaña].

A Plataforma Ártabra 21, reunida en Asemblea Xeral Ordinaria, onte dia 30 de xaneiro, acordou, por unanimidade, solidarizarse coa veciñanza da Praza de Sartaña, nas súas xustas reivindicacións que non son outras que se desestime o proxecto de privatizar a Praza, e se aprobe a súa remodelación e acondicionamento integral como un espazo público, con xardíns, instalacións deportivas e parque infantil, para uso e goce de toda a cidadanía e en especial da veciñanza do barrio.

Conforme ás resolucións aprobadas pola PA21, na Asemblea Xeral Constituínte do 29 de maio e na segunda do 27 de xuño do pasado ano, de apoio á veciñanza de Sartaña e de oposición ao atentado urbanístico, cívico, social, ... chamado Centro de Ocio de Sartaña, e en defensa da Praza de Sartaña como Parque Publico, voltamos reiterar este apoio incondicional ás xustas demandas veciñais.

Non permitamos un novo atropelo contra o patrimonio veciñal, hai alternativas sobre a mesa, para unha nova proposta de asentamento dese proxecto, que ten o goberno municipal e a empresa SERVIOCIO, na zona do Bertón onde está previsto reurbanizar a curto prazo. Ademais poderíase facer unha verdadeira piscina municipal, non a bañeira ou lámina de auga, que queren facer na Praza de Sartaña.


Praza de Sartaña: Parque Público !!

Non permitamos a súa privatización !!

Acude ao Pleno Municipal este xoves, 1 de febreiro de 2007



Relación de enlaces de referencia públicados no Blog da PA21:

Sartaña

Resolucións aprobadas na Asemblea Xeral [27.06.2006]
RESOLUCIÓN DE APOIO Á CAMPAÑA DO COLECTIVO DE SARTAÑA


Argumentos veciñais de oposición ao atentado urbanístico, cívico, social, ...chamado Centro de Ocio de Sartaña

A veciñanza impide facer catas na Praza de Sartaña

Fotos Sartaña Praza Pública [26 e 30 de Xuño de 2006]

Información, nos xornais, sobre as reaccións que suscitou a información que filtrou "Roi Xordo", sobre as obras na Praza da Porta Nova

Información, nos xornais convencionais impresos que se editan na Comarca, na súa edición dixital, sobre as reaccións que suscitou a información dun documento da administarción autonómica [Proposta de resolución do expedente de infracción urbanistica -OT 107A-06/319- do Servicio de Urbanismo e Inspección Territorial da Coruña, dependente da Conselleria de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes] que filtrou a Federación Veciñal de Ferrol "Roi Xordo" aos medios de comunicación e colgou na sua web [http://www.roixordo.org], sobre as obras, que está executando a empresa ABECONSA, na Praza da Porta Nova [Praza de España].


DIARIO DE FERROL
Mércores, 31 de Xaneiro de 2007

FERROL
O Concello inicia accións legais pola "filtración" do informe da Xunta
O Concello iniciará accións legais pola "filtración" do informe proposta do Servizo de Urbanismo e Inspección Territorial da Coruña recomendando a paralización das obras da praza de España. Os feitos xa foron postos en coñecemento da Fiscalía.

REDACCIÓN > FERROL
Francisco Pita-Romeu

O concelleiro de Urbanismo, Guillermo Evia (PP), acompañado polo anterior responsable desta área, Francisco Pita-Romeu (IF), compareceron onte en roda de prensa -a primeira para o edil "popular" desde que está á fronte deste departamento- para realizar unha valoración do contido da proposta do Servizo de Urbanismo e Inspección Territorial da Coruña, dependente da Consellería de Política Territorial, achega das obras da praza de España.

Evia, que insistiu en que dito informe non é unha resolución firme, senón unha proposta que devandito servizo provincial remite á Dirección Xeral de Urbanismo, manifestou que "alguén terá que explicar" como chegou o documento á Federación Roi Xordo e aos grupos da oposición. Neste sentido, o edil de Urbanismo afirmou que, tras consultar aos servizos xurídicos, iniciaranse accións legais contra aqueles que filtren" o informe por incurrir, considerou, nun presunto delito de infidelidade en custódiaa dun documento público.

Así mesmo, o concelleiro "popular" cualificou o escrito como "interesado, parcial e desinformado". En primeiro lugar, criticou que os funcionarios que realizaron o informe non requirisen o expediente "as veces que fose necesario" -solicitárono o 4 de decembro e, segundo o escrito, dita petición non foi atendida-, á vez que aclarou que únicamente restaban unhas fotografías para o envío da documentación.

Pero, ademais, afirmou que a proposta adoece de defectos "graves", como o feito de ignorar a aprobación por parte do pleno da corporación, o pasado 24 de novembro de 2004, da modificación dos usos na praza de España, acolléndose ao artigo 47.4 da Louga, de modo que desde entón, dixo, o chan afectado polo edificio xa estaba cualificado como sistema xeral de equipamientos públicos e zonas libres e non como sistema xeral viario. Sobre este punto tamén se pronunciou Pita-Romeu, que asegurou que ao tratarse de chan urbano consolidado é o Concello o que ten as competencias para aprobar un cambio de usos do chan.

"O informe elude que no momento da adjudicación das obras o Concello xa aprobara a modificación puntual do Plan Xeral", manifestou Evia, que engadiu que "é un exemplo claro de manipulación política". Neste sentido, o edil de Urbanismo instó á Dirección Xeral a abrir un proceso para descubrir "quen está detrás desta filtración".

Para o concelleiro do PP, o sucedido con este informe confirma que existen "presións" para evitar que se dea o visto bo á modificación puntual aprobada polo pleno, á vez que acusou a BNG e PSOE de instigar unha "trama política" co único obxectivo de paralizar os traballos da praza de España. O anterior responsable de Urbanismo foi máis aló e afirmou que cando se enviou á Dirección Xeral o acordo plenario, fíxose "advertindo" á Xunta achega do modo que o goberno local elixira para modificar os usos do chan deste espazo -o artigo 47.4 da normativa e non o 93.4- e co único obxectivo de cuantificar o incremento das zonas verdes e espazos libres de devandito ámbito con vistas a actuacións futuras.

O goberno local, anunciou Evia, seguirá adiante coas obras e, no caso de que o director xeral de Urbanismo sucriba a proposta, recorrerá, ata pola vía xudicial, o informe desfavorable. "Mentres que non se impugne o acordo plenario, as obras teñen que seguir", incidió o concelleiro, que engadiu que "están xogando con Ferrol dun modo sucio e, desde logo, van contar sempre coa nosa posición en contra".
==============================================
Enlace coa noticia orixinal no Diario de Ferrol
===============================================


DIARIO DE FERROL
Mércores, 31 de Xaneiro de 2007 -

O movemento cidadán felicítase pola proposta dos técnicos da Xunta

A plataforma Ártabra 21, que reúne a gran parte do movemento asociativo da cidade, remitiu un comunicado a través do cal felicítase da proposta de resolución da administración autonómica, xa que contempla en primeira instancia "as demandas sociais contra a usurpación dos espazos públicos para beneficios privados". De todos os xeitos, a entidade, unha das convocantes das manifestacións celebradas en contra do inmueble previsto, sinala que non se debe "baixar a garda", polo que sinala que continuará coas súas reivindicacións e coa convicción de que "outro urbanismo é posíbel".

O requerimiento do servizo dependente da Consellería de Política Territorial confirma, para a entidade, as súas demandas, as da Federación de Asociacións de Veciños Roi Xordo e as dos veciños en xeral que consideran que "o edificio é innecesario, ocupa un espazo público cualificado como sistema xeral viario e é ilegal".

===============================================
Enlace coa noticia orixinal no Diario de Ferrol
===============================================


DIARIO DE FERROL
Mércores, 31 de Xaneiro de 2007

A oposición pide consenso para a praza de España

A petición conxunta dos grupos da oposición no último pleno da corporación pedindo a paralización das obras da praza de España viuse agora reforzada pola proposta de resolución do expediente de infracción urbanística emitido polo Servizo de Urbanismo e Inspección Territorial da Coruña. Con todo, os "nefastos" resultados que pode carrexar o final da obra ou ata a paralización da mesma fixeron que tanto BNG como PSOE reclamen nuevamente un consenso dos grupos para alcanzar unha saída satisfactoria e o menos daniña posible para a cidade. EU-IU cre que se esgotaron as vías, ante a falta de preocupación do alcalde.

REDACCIÓN > FERROL

A marcha totalmente irregular dos acontecementos que rodean ás obras da praza de España pode desembocar aínda en algo peor. Polo menos é o que consideran os partidos da oposición, que recibiron a proposta de resolución do Servizo de Urbanismo e Inspección Territorial da Coruña de paralizar as obras como unha confirmación das súas críticas ao labor do goberno local a este respecto. Con todo, aínda abogan polo consenso e o diálogo co fin de conseguir unha saída "digna" ao problema xurdido, tanto coa legalidad das obras como coa construción dun macroedificio con poucos adeptos.

Deste xeito, o candidato á Alcaldía polo PSOE, Vicente Irisarri, considera que aínda se está a tempo de consensuar entre todos, "afastados da batalla política", unha solución "para que non se hipoteque o chan para os próximos 60 anos". Así mesmo, móstrase satisfeito de que sexan os propios inspectores os que vexan as deficiencias "alleos a supostas presións políticas".

Irisarri ve como única saída a restitución á legalidad, sinalando que o PSOE sempre considerou que o garante da legalidad urbanística é o Concello e, en particular, o grupo de goberno, polo que debería dar exemplo de como actuar.

O representante socialista recorda que a legalización é posible, xa que é competencia do municipio a modificación puntual do PXOM, aínda que nesta ocasión "empezouse a casa polo tellado e fíxose todo antes do cambio". Aínda así, Irisarri cre que "non hai mal que por ben non veña" e aínda hai tempo de "aproveitando este informe e a oposición manifesta dos cidadáns ao edificio suscitado, tanto en tamaño como en forma e uso, consensuar entre todos unha solución". Tamén se referiu á posible transcendencia que tería a paralización por ilegalidad con respecto á empresa concesionaria das obras, Abeconsa, sinalando que se incurriría nunha responsabilidade patrimonial da administración pública. A este respecto, os socialistas confían en que ao tratarse dunha empresa ferrolana, esta sexa "comprensiva" e "coas compensacións axustadas á lei" consígase outro modelo de praza cun edificio máis pequeno.

Informe negativo > Desde o BNG, o candidato á Alcaldía, Xoán Xosé Pita, maniféstase na mesma liña de que "cada vez é máis necesario que falemos e que ou alcalde recolla ou ofrecemento do BNG para dar unha saída digna ó problema".

A proposta dos nacionalistas pasaría por "coller ou proxecto do seu día e entre todos arranxar a situación", sen por iso, renunciar a ningunha posible opción.

O BNG destacou la "acumulación" de informes negativos do goberno local que "para nada benefician á cidade" e reiterou a súa plena disposición a buscar unha solución "que se pasa por parar as obras, benvida sexa pero, de calquera xeito, é ou momento de falar, e cada día que pasa é un novo perxuicio para a cidade". Menos proclive a novas oportunidades ao diálogo móstrase a responsable de EU-IU, Yolanda Díaz, quen sinala que esta proposta de resolución do expediente constata a tese abordada no último pleno e pola que, a través dunha moción, os grupos da oposición pedían a paralización das obras. Así, sinala que de prosperar a proposta de Inspección Territorial "ou alcalde tería que dimitir", critica que no último pleno "mesmo chegou a presumir de proxecto" e destaca "a súa falta de interese, despóis dás denuncias que se fixeron". EU-IU pide ao goberno local que proceda á paralización inmediata dos traballos e considera que esta actuación "que implica a construción dun edificio de 21 metros" é "temeraria", xa que se está falando de "un posible delito de ordenación do territorio". Desde EU-IU tamén se fixo alusión aos horarios nos que están levando a cabo as obras de reparación do túnel, xa que "están a traballar de madrugada con maquinaria pesada nas horas propias de descanso dá veciñanza". Neste sentido, presentáronse tamén en rexistro municipal protestas dalgúns veciños da zona.

================================================
Enlace coa noticia orixinal no Diario de Ferrol
================================================


La Voz de Galicia
Mércores, 31 de Xaneiro de 2007

A Xunta admite que o seu primeiro informe para a praza de España «non é válido»

PP e IF esixen á Fiscalía que investigue quen «filtrou» o texto oficial que pedía parar a obra

A reforma continúa e o Concello di que só a poderá deter un ditame xudicial

(Firma: Rubén Santamarta | Lugar: ferrol)

GOLPE DE EFECTO.

Guillermo Evia e Francisco Pita-Romero , o actual edil de Urbanismo e o relevado o pasado 19 de xullo, compareceron xuntos por primeira vez para defender o proxecto da praza.

O informe difundido o luns pola Federación Veciñal Roi Xordo, asinado por dous técnicos do Servizo de Urbanismo e Inspección Territorial dá Coruña, «carece de validez porque a única resolución válida é a asinada polo director xeral de Urbanismo, e aínda non hai ningunha decisión adoptada», explicaban onte fontes oficiais da Consellería de Política Territorial. Restaban así importancia ao documento de seis páxinas asinado o día 22 de xaneiro pola xefa da sección de Disciplina Urbanística e o xefe de servizo de Urbanismo e Inspección Territorial, dependentes de Política Territorial ambos, documento que respondía a unha denuncia desa Federación Veciñal e que propuña a «inmediata paralización» das obras na praza de España e a revisión do acordo plenario que adxudicou os traballos a Abeconsa.

Esas mesmas fontes aseguraban que ese informe non chegara aínda onte á sede central da Xunta en San Caetano (Santiago) e que, polo tanto, non se puido estudar o seu contido. é, remarcaron desde Política Territorial, un «expediente máis» que se analizará co resto da documentación antes de emitir un informe, o que determinará se se aproba a modificación completa do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) para a praza de España.

A pesar desta controversia, os traballos proseguen na praza tanto para finalizar a reforma de urbanización (xogos infantís, mobiliario urbano...) como para levantar os tres edificios previstos na zona: dous locais de hostalería e un edificio para uso de oficinas, de 21 metros de alto. E para liquidar dúbidas, o goberno municipal remarcou que as obras da praza de España non poden ser detidas «nin por ese informe-proposta nin tan sequera por outro da Xunta, unicamente haberán de paralizarse se hai un requirimento xudicial».

«Quéirano ou non, gústelles ou non, o proxecto conta con todos os parabéns legais», observou o edil de Urbanismo, Guillermo Evia (PP). Acompañado do seu predecesor no cargo, Francisco Pita-Romero (IF), o edil anunciou que os servizos xurídicos do Concello solicitaron á Fiscalía que investigue quen «filtrou un documento oficial interno de traballo, que é un delito tipificado como de infidelidade por custodia de documentos público», remarcou Evia. «Espero que a Xunta -dixo- investigue isto e aclárenolo». Consultado por La Voz, desde Política Territorial asegurouse que o Concello será «o primeiro» en coñecer a resolución final sobre a praza.

Os dous concelleiros aseguraron, ademais, que o informe-proposta contén varias «anomalías» porque elude que o Concello xa aprobou o 24 de novembro do 2004 unha modificación puntual do plan urbanístico na zona do edificio, de forma que sexa «sistema xeral de equipamento comunitario».

================================================
Enlace coa noticia orixinal en La Voz de Galicia
================================================


La Voz de Galicia
Mércores, 31 de Xaneiro de 2007

«Esta situación confirma que hai presións para frealo todo»

A FRONTE POLÍTICA

Aos dous partidos que conforman a coalición de goberno de Ferrol, PP e IF, a situación xerada esta semana ao redor da praza de España, coa difusión dun informe que propuña parar as obras, non lles parece «casual». «Confírmanos o que levamos varias semanas dicindo, que hai presións e intereses para que se paren as obras da praza de España», explicaba o responsable de Urbanismo, Guillermo Evia. E apuntaba directamente a dous partidos: «Aquí hai unha trama de PSOE e BNG para deter isto, vulnerando un procedemento administrativo, e tutelando politicamente o informe final sobre o cambio de usos da praza».

Francisco Pita-Romero recordaba que fai apenas seis días os tres partidos da oposición solicitaron iso mesmo, a paralización das obras, unha solicitude que tombaron os votos de PP e IF no pleno. «Os acordos de adxudicación non se recorreron, e iniciáronse no 2004, e agora pasa todo isto, a catro meses das eleccións», reflexionaba Evia.

================================================
Enlace coa noticia orixinal en La Voz de Galicia
================================================


La Voz de Galicia
Mércores, 31 de Xaneiro de 2007

DOCUMENTACIÓN | Dúas resolucións do secretario e do arquitecto avalan a intervención

Dous informes diferentes, do 17 de novembro do 2006 e do 22 de decembro dese mesmo ano, validan ao Concello a continuar coas obras. Asínanos, respectivamente, o secretario municipal e o arquitecto municipal, quen é responsable da achaiadura urbanística da cidade. «¿E por que se ha de dar máis validez ao que diga a Xunta que aos informes dos técnicos municipais?», preguntábase onte o ex edil de Urbanismo, Francisco Pita-Romero .

No primeiro deses documentos oficiais detállase que a actuación iniciada o 7 de xuño do 2004 -aprobouse o expediente de contratación- e rematada o 16 de marzo do 2005 -adxudicouse a obra definitivamente- «goza de aparencia de legalidade e de presunción de validez», á vez que recorda que ningún dos acordos definitivos «foron recorridos ante vos órganos dá Xurisdicción Contencioso-Administrativa».

O segundo informe subliña que o 16 de marzo do 2005, cando se adxudicaron as obras de forma definitiva a Abeconsa o chan onde se vai a levantar o edificio «atopábase clasificado nesa data como sistema xeral de equipamento comunitario en só urbano consolidado», é dicir, apto para a construción.

O Concello, recordaron onte Evia e Pita-Romero, é competente para cambiar a clasificación de chan urbano consolidado segundo un artigo da lei galega.

================================================
Enlace coa noticia orixinal en La Voz de Galicia
================================================

luns, xaneiro 29, 2007

A Consellería de Política Territorial , ... , propon requerir ao Concello de Ferrol para que paralice as obras do edificio da Praza da Porta Nova

O Servizo de Urbanismo e Inspección Territorial da Coruña, organismo dependente da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, propon requerir ao Concello de Ferrol para que paralice as obras do edificio da Praza da Porta Nova [Praza de España]


O Servizo de Urbanismo e Inspección Territorial da Coruña, organismo dependente da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, segundo a Federación de asociacións veciñais de Ferrol "Roi Xordo" nunha entrevista concedida, hoxe, a unha emisora local de TV [Localia TV] e tamén pola nota de prensa que teñen colgada na rede [con data 29.01.2007], na súa web [http://www.roixordo.org/], propon requerir ao Concello de Ferrol para que paralice as obras do edificio da Praza da Porta Nova [Praza de España], incluíndo os dous edificios destinados a cafeterías de 180 m2 de superficie e 4 m de altura; e dispoña a suspensión dos efectos do acordo plenario do Concello, aprobado no seu momento [16.03.2005] cos votos do PP e Independentes por Ferrol, por entender a Inspección que é nulo de pleno dereito.

Esta proposta de requerimento do servizo da Consellería Consellería de Política Territorial, ..., ven confirmar as demandas do movimento social ferrolán constituído en Convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos, en contra do macro-edificio da Praza da Porta Nova [Praza de España], da Federación Veciñal Roi Xordo, da veciñanza opositora en xeral e da nosa Plataforma Ártabra 21 que en todo momento quixemos deixar patente a oposición á construción do edificio, por ser innecesario, por ocupar un espazo público cualificado como sistema xeral viario e por ser ilegal.

Chama a atención a mención a un delito tipificado no Código Penal, dentro do capítulo que se refire aos delitos sobre a ordenación do territorio [artigo 320] [1], que se puído ter cometido ao aprobar o acordo mencionado e a propia adxudicación das obras. Delito que contempla unha posíbel pena de prisión de seis meses a dous anos ou multa de doce a vinte e catro meses, ademais da pena de inhabilitación especial para emprego ou cargo público por tempo de sete a dez anos, contemplada no artigo 404 [2], por un delito de prevaricación.

Estamos pois diante dunha presunta infracción urbanística con posibles consecuencias penais. Pois na prposta de resolución do servizo e inspección di que “as obras denunciadas atópanse emprazadas en solo cualificado polo planeamento municipal vixente como sistema xeral viario, no que a súa ordenanza de aplicación tan só permite a implantación no subsolo de aparcamentos soterraneos públicos, preservando o carácter de dominio público do solo e subsolo. É decir, non se contempla para os sotos usos distintos do de aparcamento soterraneo nin usos edificatorios sobre a rasante do vial. “O Artigo 117 da Lei 9/2002 tipifica como infracción moi grave o incumprimento das normas relativas ó uso e edificación que afecten a terreos cualificados como dotacións ou equipamentos públicos” [3]

O movimento cidadán temos que felicitarnos pola proposta de resolución da administración autonómica, pois vén contemplar en primeira instancia as demandas sociais contra a usurpación dos espazos públicos para beneficios privados. Mais non debemos baixar a garda e continuar nas nosas xustas reivindicacións e coa convicción de que un outro urbanismo é posíbel.


Nota da Federación Veciñal Roi Xordo
[Nota de prensa en ficheiro formato privativo -doc- que está aloxado no servidor da súa web na rede, que se pode abrir ou baixar ao computador]



________________
Nota [1].-

LEY ORGANICA 10/1995, de 23 de noviembre, del Código Penal.
...
TITULO XVI
Dos delitos relativos á ordenación do territorio e a protección do patrimonio histórico e do medio ambiente

CAPITULO I
Dos delitos sobre a ordenación do territorio

Artigo 319.

1. Impoñeranse as penas de prisión de seis meses a tres anos, multa de doce a vinte e catro meses e inhabilitación especial para profesión ou oficio por tempo de seis meses a tres anos, aos promotores, constructores ou técnicos directores que leven a cabo unha construción non autorizada en chans destinados a viales, zonas verdes, bens de dominio público ou lugares que teñan legal ou administrativamente recoñecido o seu valor paisajístico, ecolóxico, artístico, histórico ou cultural, ou polos mesmos motivos sexan considerados de especial protección.

2. Impoñerase a pena de prisión de seis meses a dous anos, multa de doce a vinte e catro meses e inhabilitación especial para profesión ou oficio por tempo de seis meses a tres anos, aos promotores, constructores ou técnicos directores que leven a cabo unha edificación non autorizable no chan non urbanizable.

3. En calquera caso, os Xuíces ou Tribunais, motivadamente, poderán ordenar, a cargo do autor do feito, a demolición da obra, sen prexuízo das indemnizacións debidas a terceiros de boa fe.

Artigo 320.

1. A autoridade ou funcionario público que, a propósito da súa inxustiza, informe favorablemente proxectos de edificación ou a concesión de licenzas contrarias ás normas urbanísticas vigentes será castigado coa pena establecida no artigo 404 deste Código e, ademais, coa de prisión de seis meses a dous anos ou a de multa de doce a vinte e catro meses.

2. Coas mesmas penas castigarase á autoridade ou funcionario público que por si mesmo ou como membro dun organismo colegiado resolva ou votado a favor da súa concesión a propósito da súa inxustiza.

____________________
Nota [2].-

LEY ORGANICA 10/1995, de 23 de noviembre, del Código Penal.

TITULO XIX
Delitos contra a Administración pública

CAPITULO I
Da prevaricación dos funcionarios públicos e outros comportamentos inxustos

Artigo 404.

Á autoridade ou funcionario público que, a propósito da súa inxustiza, dictare unha resolución arbitraria nun asunto administrativo castigaráselle coa pena de inhabilitación especial para emprego ou cargo público por tempo de sete a dez anos.

Artigo 405.

Á autoridade ou funcionario público que, no exercicio da súa competencia e a propósito da súa ilegalidad, propuxer, nomear ou der posesión para o exercicio dun determinado cargo público a calquera persoa sen que concorran os requisitos legalmente establecidos para iso, castigaráselle coas penas de multa de tres a oito meses e suspensión de emprego ou cargo público por tempo de seis meses a dous anos.

Artigo 406.

A mesma pena de multa impoñerase á persoa que acepte a proposta, nomeamento ou toma de posesión mencionada no artigo anterior, sabendo que carece dos requisitos legalmente exixibles.

____
Nota [3].-

Lei 9/2002 de Ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (DO. Galicia 31 decembro 2002) modificada pola Lei 15/2004 (DO. Galicia 31/12/2004).


CAPÍTULO IV
Regras xerais para a equidistribución

SECCIÓN 1ª. Principios e criterios

Atrtículo 115. ...


Artigo 116. ...


Artigo 117. Procedemento de aprobación.

1. O expediente de aprobación do instrumento de equidistribución entenderase iniciado ao aprobarse a delimitación do polígono.

2. A iniciación do expediente de equidistribución implica, sen necesidade de declaración expresa, a suspensión do otorgamiento de licenzas de parcelación e edificación no ámbito do polígono.

3. Unha vez aprobado inicialmente polo órgano municipal competente, someterase o proxecto a información pública por prazo mínimo de vinte días a través da correspondente publicación no Boletín Oficial da Provincia, con notificación individualizada aos interesados.

A estes efectos, o municipio deberá ter a disposición do público un exemplar do expediente administrativo, con toda a documentación obrante.

4. A aprobación definitiva deberá recaer no prazo máximo de dous meses desde a conclusión do trámite de información pública. Transcorrido este prazo sen resolución expresa, o instrumento de equidistribución entenderase aprobado por silencio salvo nos supostos nos que na fase de información pública ou durante a instrución do expediente formuláronse alegaciones polos propietarios ou titulares de dereitos afectados, nese caso o silencio terá efectos desestimatorios.


______
Nota da Federación Veciñal de Ferrol Roi Xordo.-
[29.01.2007]

O Servicio de Urbanismo e Inspección Territorial da Coruña, dependente da Conselleria de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes comunicoulle á Federación Veciñal Roi Xordo á súa proposta de resolución do expedente de infracción urbanistica con referencia OT 107A-06/319 aberto a raíz da denuncia presentada pola Federación Veciñal Roi Xordo e por un aluvión de Cidadáns.

A resolución do Servicio de Urbanismo e Inspección Territorial da Coruña O Servicio de Urbanismo e Inspección Territorial da Coruña, en cumprimento do Ar. 118 do RDU PROPON REQUERIR Ó ALCALDE DE FERROL PARA QUE DISPOÑA A SUSPENSIÓN DOS EFECTOS DO ACORDO APROBATORIO DO PROXECTO DE URBANIZACIÓN E A INMEDIATA PARALIZACIÓN DAS OBRAS INICIADAS Ó SEU ABEIRO, E PROCEDA Á REVISIÓN DO ACORDO DO PLENO DO CONCELLO DE FERROL DE DATA 16 DE MARZO DE 2.005, QUE APROBOU DEFINITIVAMENTE O PROXECTO PARA A URBANIZACIÓN DA PRAZA DE ESPAÑA PRO SER NULO DE PLENO DEREITO

Esta resolución do Servicio de Urbanismo e Inspección Teritorial confirma na súa totalidade as denuncias presentadas pola Federación Veciñal Roi Xordo a respeito da construcción do edificio da Praza de España e que motivou incluso que se puxera en coñecemento da Fiscalia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia por ser constitutivo dun delito contra a Ordenanción do Territorio.

Na resolución do Servicio de Urbanismo indicase que a Modificación puntual da revisión e adaptación do P.X.O.M de Ferrol para a reordenación dos sistemas xerais de equipamentos comunitarios, zonas verdes e espacios libres públicos no ámbito da Praza de España está pendente da súa aprobación definitiva, e que se atopa suspendida ata o cumprimento do requisito de documentación que lle foi efectuado ó Concello de Ferrol con data 9 de Novembro de 2.006.

Indicase asimismo nesta resolución que “chama a atención ó subinspector urbanístico no seu informe de data 2 de Xaneiro de 2.007 sobre o feito de que no título do proxecto obxectivo de concurso, adjudicación e aprobación se omite toda referencia á construcción do edificio de 21 metros de altura e dos sotos, cando na memoria e planos do mesmo proxetase a construcción de dúas plantas de soto e un edificio de cinco plantas que se presentan diafanas, sen mencionar o uso que se dará ás mesmas”.

Continua decindo o informe que “as obras denunciadas atópanse emprazadas en solo cualificado polo planeamento municipal vixente como sistema xeral viario, no que a súa ordenanza de aplicación tan só permite a implantación no subsolo de aparcamentos soterraneos públicos, preservando o carácter de dominio público do solo e subsolo. É decir, non se contempla para os sotos usos distintos do de aparcamento soterraneo nin usos edificatorios sobre a rasante do vial. “O Artigo 117 da Lei 9/2002 tipifica como infracción moi grave o incumprimento das normas relativas ó uso e edificación que afecten a terreos cualificados como dotacións ou equipamentos públicos”.

Nas súas consideracións xurídicas a resolución do servicio de urbanismo indica que “dos feitos que se acaban de expoñer queda suficintemente acreditado no expedente que na praza de España de Ferrol, clasificada no vixente PXOM como solo urbano de Sistema Xeral Viario, estánse a ejecutar obras de construcción de dous locais de 180 m2 de planta cada un deles e 4 metros de altura, así como un edificio de dous sotos e 5 plantas sobre rasante, infrinxindo de xeito ostensible a ordenanza que lle é de aplicación” .

Indica a continuación que “constan tamén no expedente de planeamento que non está aprobada definitivamente e publicada (requisitos indispensables para a súa entrada en vigor) a modificación puntual do PXOM na que pretendian ampararse as obras denunciadas. En consecuencia, as devanditas obras e o proxecto de urbanización do que traen causa, aprobada por acordo do Pleno de data 16 de Marzo de 2.006, ao ejecutar e autorizar un uso distinto ó de aparcamento subterraneo, unico que permite o precitado artigo 115c, nun solo dotacional de uso público, constituen unha infracción moi grave tipificada no artigo 217-2 da vixente Lei 9/2002.”

Dí tamén a resolución que “á vista do informe do secretario do Concello de data 13 de Outubro de 2.004, e que expresamente advirte de que o Concello non poderá adjudicar a obra mentras non realice a adaptación do planeamento, e do feito de que no título do proxecto técnico que foi obxeto de concurso público, adjudicación e aprobación se omitise toda referencia ó edificio emblemático, cuxa execución e claramente contraria ás previno contidas no vixente planeamento municipal para o solo cualificado como sistema xeral viario, considerase que o acordo aprobatorio do referido proxecto PUIDERA SER CONSTITUTIVO DUN DELITO SOBRE A ORDENANCION DO TERRITORIO DO ARTIGO 320 DO CODIGO PENAL. A tal efecto, e atendendo ó requerimento do fiscal, remiteselle copia deste informe proposta para a súa incorporación ás diligencias informativas nº 191/2006-Penal.”

Finaliza a resolución decindo que “de conformidade co artigo 213-2 da LOUG, as licenzas ou ordes de execución que se outorguen con infracción da zonificación ou uso urbanístico das zonas verdes, espacios libres, dotacións ou equipamentos públicos previstos no planeamento serán nulas de pleno dereito. Nestes casos, o Conselleiro competente en materia de urbanismo requerirá ao alcalde para que proceda á revisión da licenza”

A Federación Veciñal Roi Xordo, á vista desta resolución do Servicio de Urbanismo e Inspección territorial da Coruña quere manifestar que todas as súas denuncias e actuacións realizadas desde o mes de Setembro de 2.006 vense confirmadas polo organo tutelar de Urbanismo de Galicia, e que a solicitude realizada no seu día á Conselleira de Política Territorial de que asumira as competencias de urbanismo do Concello de Ferrol no relativo á Praza de España atopan hoxe a súa plena confirmación pola propia Conselleria de Política Territorial e Obras Públicas.

Asi mesmo, a denuncia presentada pola Federación Veciñal Roi Xordo na Fiscalia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia vese hoxe totalmente ratificada polo propio Servicio de Urbanismo da Xunta de Galicia que califica a actuación do Concello de Ferrol como constitutivo dun delito contra a Ordenanción do Territorio.

A Federación Veciñal Roi Xordo ESIXE O ALCALDE DO CONCELLO DE FERROL A INMEDIATA PARALIZACION DAS OBRAS DO EDIFICIO QUE ESTA A CONSTRUIR NA PRAZA DE ESPAÑA. Sobre a consideración política na que queda o Goberno Municipal de Ferrol despois desta resolución do Servicio Provincial de Urbanismo no é misión da Federación Veciñal Roi Xordo pero lle solicitaríamos que actuara en conciencia.

________________

A nosa actividade como movimento social no conflicto da Praza da Porta Nova [Praza de España].-



Enlaces relacionados da Plataforma Ártabra 21:

  1. O desenvolvimento do Pleno Municipal do 25 de xaneiro, en Ferrol, segundo os medios de comunicación
  2. Solicitude para poder intervir no Pleno Municipal do Concello de Ferrol do 25.01.2007, polo asunto do edificio da Praza da Porta Nova
  3. Éxito da mobilización do domingo 21 de xaneiro, pola defensa dos espazos públicos e contra a construción do macro-edificio na Praza da Porta Nova
  4. Galería Fotográfica da Manifestación Popular, na defesensa dos espazos públicos e contra o macro-edificio na Praza da Porta Nova [Praza de España] Ferrol, 21 de xaneiro de 2007
  5. Manifesto Cidadán asinado polas entidades convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos
  6. Domingo 21 de Xaneiro, manifestación pola defensa dos espazos públicos, non ao macro-edificio da Praza da Porta Nova [Praza de España]
  7. Acordos e actividade para a Manifestación Popular do domingo 21 de xaneiro
  8. Nova reunión para decidir e preparar unha nova manifestación, contra o macro-edificio da Praza da Porta Nova [Praza de España]
  9. Entidades convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos, solicitaron entrevista con diferentes organismos da administración autonómica
  10. Acordos mais relevantes da reunión das entidades convocantes da manifestación do pasado 3 de decembro
  11. Entrega do Manifesto Cidadán e solicitude de reunión urxente no Concello de Ferrol
  12. En defensa dos espazos públicos, non ao macro-edificio privado na Praza da Porta Nova [Praza de España]. Galeria fotográfica da manifestación celebrada en Ferrol o 3 de decembro de 2006.
  13. Baixo a chuvia: pequena crónica da manifestación do 3 de decembro
  14. Convocatoria dunha reunión para valorar a manifestación, para o martes 5 de decembro
  15. Manifesto Cidadán que se lerá o domingo, 3 de decembro na Manifestación Popular
  16. Convocatoria dun acto público o 1 de decembro, venres, ás 7 da tarde no Centro Cívico e Cultural Carvalho Calero do Inferniño [Ferrol]:
  17. Outro urbanismo é posíbel
  18. Convocatoria da manifestación do 3 de Decembro, en defensa dos espazos públicos
  19. Outro urbanismo é posíbel: Acto o 1 de decembro
  20. O 22 de novembro, reunión aberta a todas as entidades que se opoñen ás actuacións municipais no proxecto da Praza da porta Nova [Praza de España]
  21. Convocatoria dunha reunión de todas as entidades veciñais, sociais e políticas, opostas á actuación municipal na Praza da Porta Nova [Praza de España]
  22. Nota da Xunta Coordenadora da PA21
  23. Na defensa dos espazos públicos non ao edificio da Praza da Porta Nova [Praza de España]
  24. Porta Nova espazo público
  25. Valoracións e Acordos da Reunión Extraordinaria Aberta da Xunta Coordenadora do 10 de Xullo

+++++++++++++++++++++++++++++++++

Salvar Ponzos - SOS Ponzos


De: salvar ponzos -sghnferrol@teleline.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 28 de xaneiro de 2007 21:08
Asunto: S.O.S. Ponzos

Somos veciñ@s de Covas e pedímosvos axuda para evitar a destrución desta xoia natural. Calquera aportación, por pequena que pareza, será valiosa. O blog é de tod@s, medrará.

http://www.salvarponzos.blogspot.com

¡ Hai que salvar Ponzos!

Xunta planea unha piscifactoría de rodaballo de 390.000 m2 sobre os humedais e a praia de Ponzos, en Ferrol, unha xoia natural ao pé do cabo Prioiro declarada Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) e Lugar de Interese Comunitario (LIC Costa Ártabra) na Rede Natura 2000. Pedímoslle á Xunta coherencia e que non permita a destrución de tanta riqueza, que a valore, conserve e protexa. ¡EN PONZOS, ROBALIZAS!


---

sábado, xaneiro 27, 2007

Enmendas à Proposta da Xunta Coordenadora para o Regulamento Interno da PA21

Tags
De: Inácio M. Orero -inaciogz@gmail.com-
Data: 27 de Janeiro de 2007 02:01
Para: "Plataforma Artabra 21 A Plaraforma da Costa Artabra, Ortegal e Eume" -artabra21@gmail.com-
Asunto: Enmendas à Proposta da Xunta Coordenadora para o Regulamento Interno da PA21

Estimadas companheiras e comanheiros da PA21:

Mediante este correio-e achego a enmenda à proposta de regulamento que fai a Xunta Coordenadora da PA21 que se vai debater na vindeira Assembleia Geral Extraordinária, o 30 deste mès de Janeiro que se vai celebrar nos locais da Fundaçom Artábria, às 19:30 hrs.
...

Saúde !

Inácio

ENMENDA À PROPOSTA DA XUNTA COORDENADORA SOBRE O REGULAMENTO ORGANIZATIVO DA PLATAFORMA ÁRTABRA 21, APRESENTADA A TÍTULO PARTICULAR POR INÁCIO M. ORERO, MEMBRO INTEGRANTE DA COMUNIDADE MENÁNCARO.

Explicaçom dos motivos da enmenda que se apresenta.-

No documento constiuinte da PA21 que foi aprovado o 29 de Maio do 2006, acordamos o MÉTODO E PRINCÍPIOS ORGANIZATIVOS, que é necessário revisar nalgum aspecto, mas considero que nom fai falta desenvolver todo um Regulamento Interno como se dumha organizaçom se trata-se, pois a PA21 é umha soma de organizaçons e vontades, a perda desta perpectiva é a que nos fai desenvolver um regulamento que encorsetaria à própria Plataforma num modelo organizativo próprio dum partido ou no melhor dos casos umha organizaçom ou associaçom jerarquizada e moi estruturada que nom é o caso. A argumentaçom de VERDEGAIA [*] na sua enmenda apartado d, do paragrafo 1, é umha leiçom de sentido comum e de saber no terreo no que nos podemos e devemos mover.

Polo exposto, proponho só revisar alguns aspectos do MÉTODO E PRINCÍPIOS ORGANIZATIVOS, consensuados no seu momento pola maoiria das pessoas e entidades que participárom na constituiçom da PA21 no seu dia, que nom desvirtuam o consensuado e desde o meu ponto de vista fam mais ágil e dinámico o funcionamento interno.

Prostas que passo a expor:

MÉTODO E PRINCÍPIOS ORGANIZATIVOS

O funcionamento da plataforma baseia-se no compromisso, individual e colectivo, de participaçom para lograr a consecuçom dos objectivos.

Esta Plataforma está aberta a entidades, organizaçons e pessoas de jeito individual que solicitem a sua integraçom, que será ratificada pola Assembleia.

Farám-se Assembleias todas as derradeiras Terça-Feiras laborais de cada mês.

Constituirá-se umha Xunta Coordenadora formada por dous/duas coordenadores/as e dous/duas responsáveis de Actas e Contas, estes/as serám renovad@s de jeito alternativo pola Assembleia.

____

Redactar de novo este Parágrafo, na sua maior parte com palavras e conceitos propostos pola Xunta Coordenadora:

Constituira-se umha Xunta Coordenadora formada por seis pessoas que assumirám as responsabilidades de coordenaçon, actas e contas, e estas serán renovadas de jeito alternativo pola Assembleia. Sendo renovadas estas pessoas, alternativamente, de três en três, cada seis meses. A Assembleia poderá autorizar a continuaçom na Xunta Coordenadora de qualquer membro, sempre que haja unanimidade. Evitara-se no possível a permanência dumha mesma pessoa na Xunta Coordenadora por mais de seis meses consecutivos. Mas esta concibe-se como um organismo aberto a todas aquelas pessoas que quigerem participar por iniciativa própria ou da Xunta Coordenadora, para colaborar na actividade que desenvolva o organismo, ou para tratar um assunto ou campanha determinada.

A Xunta Coordenadora representará à PA21 entre assembleias, que aplicará as linhas gerais estabelecidas polas mesmas, determinando os medios necessários para levar a cabo os acordos decididos. Esta coordenará o blogue, o correio-e e todos os medios de difussom e comunicaçom dos que se disponha. En caso de urgência, terá capacidade decisória, respeito dum tema concreto, devendo justificar a urgência e dar conta da sua actuaçom, ante a Assembleia mais próxima.
______________

Para as juntanças urgentes, a Xunta Coordenadora fará a convocatória o mais rápido possível.

As Assembleias acordarám por Resoluçons os princípios gerais que regerá a Plataforma, o método para um funcionamento ágil e dinámico, e as actuaçons concretas a desenvolver.

Nom poderá exercer de Portavoz da Plataforma Ártabra 21 a mesma pessoa duas vezes consecutivas.

_______________

Cambiar este parrafo polo que propom a Xunta Coordenadora, que quedaria do seguinte jeito, dentro do texto de MÉTODO E PRINCIPIOS ORGANIZATIVOS:

Non poderá exercer de Portavoz da Plataforma, a mesma pessoa, mais de seis meses consecutivos. Para temas concretos, ou em caso de necessidade, a Assembleia poderá nomear umha ou um Portavoz ocasional.

________________


Proponho que o assunto sobre a economia e as quotas da PA21, nom vaiam dentro do Documento de Princípios, senom que seja umha resoluçom desta Assembleia Xeral, como concreçom do já acordado com anterioridade, mas reduzindo o contributo semestral a 15 € e outros cámbios.

Concreçom da Resoluçom, aprovada na II Assembleia Geral Ordinária, celebrada no Centro Cultural Torrente Ballester, a Terça-Feira, 27 de Xunho de 2006, referente às quotas e o assunto económico da PA21:

1.- A Plataforma Ártabra 21, parte dum património de zero euros.

2.- Ante a impossiblidade de prever os possíveis gastos, nom se farám orçamentos anuais.

3.- Estabelece-se umha quota semestral de 25 euros, para cada umha das associaçons membros, excepto aquelas plataformas sectoriais integradas na própria PA21, que cotiçam através dalgumha das suas organizaçons constiuintes. No caso de membros individuais, a aportaçom quantifica-se em 3 euros por semestre, adimitindo maiores aportaçons voluntárias.
_________________

Cambiar esse ponto 3, por este outro:

3.- Estabelece-se umha quota semestral de 15 € [euros], para cada umha das entidades membros da PA21. No caso de membros individuais, o contributo será de 3 € [euros] por semestre, adimitindo maiores contributoss voluntários.
__________________

4.- As contas da Plataforma estarám sempre a disposiçom da Assembleia, mediante a informaçom apresentada pol@ tesoureir@, ou pessoa em quem delegue.

5.- Em caso de necessidade pontual urgente, a Assembleia poderá estabelecer umha quota extraordinária.


Nota [*]

Argumentaçom de VERDEGAIA

Proposta de emenda de Verdegaia: propoñemos a supresión deste apartado d, do parágrafo 1, por considerar q isto pode provocar q unha asociación ten a obriga de aceptar, e incluso apoiar e defender algo q pode ir en contra da maioría dos seus asociados/as ou incluso en contra dos seus propios ppos, bases e Estatutos como asociación. A plataforma artabra 21 en ppo, xurdiu para xuntar e sumar os esforzos das asociacións q traballan no ámbito de Ferrol e comarcas naquelas causas nas q todos/as estamos dacordo ou iso foi o q entendemos dende Verdegaia. Con este artigo, unha asociación pode quedar ao abeiro do q diga a plataforma, ou da opinión doutras asociacións coas que pode non concordar na maioría dos casos. Cada asociación ten q ser coherente principalmente para cos seus socios/as e nun segundo lugar participar na plataforma naquelo no q crea ou naquelo q máis lle interese ou motive e dende logo non debe nunca renunciar aos seus propios ppos e aos seus acordos internos polo q decidan outras asociacións , aínda q estas estean en maioría. Se fose así, en vez dunha Plataforma de Asociacións, a Plataforma Artabra 21 sería unha especie de asociación q absorvería as distintas asociacións q a integran. Pensamos q a toma de decisión debe ser sempre o consenso e no caso de votación cada asociación pode reservarse o dereito propio de aceptar ou desvincularse daqueles acordos concretos cos que non coincidimos. Incluso, nun momento dado, pode ter unha opinión totalmente distinta á da Plataforma, porque para iso, moitas das asociacións nos declaramos independentes, entendendo con iso q non somos controladas nin por partidos políticos, nin empresas, nin outras asociacións e q , polo tanto temos o noso propio criterio non supeditado ao criterio doutras asociacións, incluídas neste caso, plataformas. E polo tanto nos reservamos o noso dereito de apoiar, defender e aceptar ou non as decisións das demais entidades. Só estamos supeditados ao noso Estatuto, ás decisións dos nosos órganos de goberno, e as decisións da nosa Asamblea Xeral amais da lexislación vixente, claro está. E no caso doutras asociacións será algo parecido e deberán sempre respetar en primeiro lugar os seus estatutos, o q digan os seus integrantes, sempre antes q o q diga a Plataforma Ártabra 21. Polo tanto, consideramos q o mellor e suprimir este apartado por resultar contraproducente.


--
Inácio Martínez Orero

Telemóvel
645158113
________________

venres, xaneiro 26, 2007

O desenvolvimento do Pleno Municipal do 25 de xaneiro, en Ferrol, segundo os medios de comunicación

Tags
Diario de Ferrol
Vernes, 26 de Xaneiro de 2007
Ferrol
PP e IF rexeitan a moción para paralizar as obras
Como xa se sabía desde o momento da súa presentación, os votos da coalición de goberno -PP e IF- impediron a aprobación da moción elaborada de forma conxunta polos grupos da oposición na que se pedía a paralización das obras do edificio da praza de España.

La Voz de Galicia
Venres, 26 de Xaneiro de 2007
Ferrol
A praza de España fractura a goberno e oposición ao iniciar a precampaña
A coalición recorda que hai dous anos aprobouse a obra «e entón non houbo contencioso»
A esquerda di que o edificio é «ilegal» e pide a súa paralización, que rexeitaron PP e IF

xoves, xaneiro 25, 2007

FUNDAMENTO 1º : Non cumpre co RAMINP (Reglamento de Actividades Molestas, Insalubres, Nocivas e Perigosas) Decreto 2414/1961.

Tags
___________________________________
Artigo 4 do RAMINP:

"Estas actividades deberán supeditarse, en canto ao seu emprazamento, ao disposto sobre o particular nas Ordenanzas municipais e nos Plans de urbanización do respectivo Concello, e para o caso de que non existisen tales normas, a Comisión Provincial de Servizos Técnicos sinalará o lugar adecuado onde haxa de emplazarse, tendo en conta o que aconsellen as circunstancias especiais da actividade de que se trate, a necesidade da súa proximidade ao vecindario, os informes técnicos e a aplicación de medidas correctoras. En todo caso, as industrias fabrís que deban ser consideradas como perigosas ou insalubres, só poderán emplazarse, como regra xeral, a unha distancia de 2.000 metros a contar do núcleo máis próximo de poboación agrupada".
____________________________________

AS RAZÓNS PARA NON APLICAR O RAMINP E EN ESPECIAL O ARTICULO 4, E QUE FORON ESGRIMIDAS POLO CONCELLO DE MUGARDOS (PREVISIBLEMENTE ACONSELLADO POLOS ?TECNICOS COMPETENTES? AUTORES DO PROXECTO ASI COMO DOS ASESORES LEGAIS DOS PROMOTORES DA PLANTA) RECÓLLENSE NOS 4 PUNTOS SEGUINTES.

Nota de F-CAPE: Os razonamientos destes señores, son moi comúns e manexados frecuentemente noutros proxectos por políticos, empresarios/especuladores e legistas viciados polas anteriores administracións pre-democráticas. Algúns proxectos cóanse porque non tiveron alegaciones en contra

1º) Adúcese que as Autonomías teñen as súas propias leis relacionados con este Reglamento e moito máis modernas. NON É VERDADE, ver máis abaixo.

2º) Indican que o emprazamento virá determinado polas ordenanzas municipais ou plans urbanísticos do municipio onde se establecen os lugares de ubicación e distancias por tipo de industrias. NON É VERDADE, ver máis abaixo.

3º) Din que, segundo o artigo 15 do RAMINP, pódese reducir a distancia indicada no artigo 4 (2000 metros) cando na planta adóptense medidas excepcionais. NON ES POSIBLE DE FORMA XERAL, ver máis abaixo.

4º) A distancia mínima de 2000 metros requirida no artigo 4 do RAMINP refírese a las "empresas fabrís" e segundo eles unha planta de GNL non é unha fábrica. NON É VERDADE, ver máis abaixo.


SOBRE O QUE DIN REALMENTE TANTO O RAMINP COMO O TRIBUNAL SUPREMO SOBRE As INTERPRETACIÓNS ESPECULADORAS DO RAMINP.

1º) Sobre o punto 1º) a Sentenza do Tribunal Supremo (Sala do Contencioso-Administrativo Sección 5ª, de 1 de abril de 2004) sobre o Recurso de Casación núm. 5921/2001 interposto polo Concello de Aranda de Duero pola mala ubicación dunha estación depuradora de augas residuales (EDAR), dise: (Fundamento de Dereito Cuarto) . . . " (-) o afastamento daquela norma no territorio dunha Comunidade Autónoma esixirá que a normativa propia desta sexa substituída, sen ningunha dúbida, por outra cuxa potencialidade protectora non sexa menor"

É dicir: A normativa Autonómica pode esixir unha distancia diferente pero nunca menor que a requirida no RAMINP de 2.000 metros.

2º) Sobre o punto 2º), nesta mesma sentenza se matiza o seguinte (Fundamento de Dereito Quinto) "Argumento tamén insuficiente, pois o texto daquel artigo 4, e en especial a expresión -en todo caso- con que se inicia o seu inciso último, conduce a entender que as ordenanzas municipais e os plans urbanísticos do municipio non poden desoír a regra xeral establecida neste inciso último".

É dicir: débese cumprir coa distancia indicada no artigo 4 de 2.000 metros.

3º) Con respecto a este punto 3º), a mesma sentenza deixa abofé que ... (Fundamento de Dereito Sétimo) "a) que a dispensa da regra xeral sobre distancias mínimas, en canto prevista só en casos excepcionais, non debe ser obxecto de interpretacións extensivas ... e dado que nela esíxese o previo informe favorable da Comisión Provincial de Servizos Técnicos, este informe ha de referirse, específicamente, ao tema da distancia, razoando cales son as circunstancias do caso concreto que xustifican dispensar a regra xeral ... debe permitir apreciar que as medidas correctoras impostas non son só as que demanda o tipo de actividade de que se trate, senón, ademais, singularmente, as exixibles pola concreta circunstancia da redución da distancia ... "

É dicir: se queren reducir a distancia a 1.185 metros (por exemplo), terán que demostrar que coas medidas correctoras propostas pódense reducir os 815 metros que faltan dos 2.000 metros e que a Comisión de Servizos Técnicos acépteno.

4º) Sobre o punto 4º), na sentenza anterior (Fundamento de Dereito Sexto) aclárase "Tampouco podemos compartir o argumento de que a estación depuradora, por non ser en sentido estrito unha industria fabril, non queda suxeita a aquela regra xeral sobre a distancia mínima, pois desde a coñecida sentenza de ... a jurisprudencia a defendido o emprego, na interpretación daquel artigo 4, dun concepto amplo da expresión industrias fabrís, de xeito que, do mesmo xeito que na primeira daquelas sentenzas, ... , habemos de concluír agora a estación depuradora de augas residuales, pois esta é tamén un centro onde as augas son sometidas a tratamento e, xa que logo, a unha actividade industrial".

Imaxínome que se unha depuradora de augas residuales é unha actividade industrial, a regasificadora de GNL tamén o é se aplicamos o "concepto amplo" desta sentenza.

CONCLUSIÓNS: Non cremos que o Tribunal Supremo apártese moito desta sentenza e das que achegamos máis abaixo, á hora de emitir a relativa á planta de GNL que se pretende situar en Mugardos, por canto unha PLANTA de GAS NATURAL LICUADO ten unha potencialidade de perigo inconmensurable e infinitamente maior a unha EDAR.


Información adicional de consulta:

- Artigo 149.1.23ª da Constitución Española.
- Artigo 45 da Constitución Española.
- Orde Ministerial de 15 Marzo de 1963 (Instrucións para aplicación do RAMINP)
- Sentenza do Tribunal Supremo de data 29 Maio de 1980
- Sentenza do Tribunal Supremo de data 8 Marzo de 1996
- Sentenza do Tribunal Supremo de data 31 Xaneiro de 2000
- Sentenza do Tribunal Supremo de data 4 Outubro de 1991
- Sentenza do Tribunal Supremo de data 18 Xullo de 1994
- Sentenza do Tribunal Supremo de data 4 Decembro de 1981
- Sentenza do Tribunal Supremo de data 19 Abril de 1982
- Sentenza do Tribunal Supremo de data 28 Marzo de 2000
- Sentenza do Tribunal Supremo de data 18 Abril de 1990

O blog www.f-cape.org (ferrolterra-Cidadáns Aliados para Protexer a súa Contorna) xorde pola SEN RAZON de políticos, especuladores e "técnicos competentes" que, debido aos seus intereses persoais, deciden situar unha peligrosísima planta de REGASIFICACION de Gas Natural Licuado na Ría de Ferrol. Este blog non é político nin ten relación algunha con persoas, entidades ou partes interesadas. O único interese na realización do blog está referido aos artigos 43 e 45 da Constitución Española, pois nos preocupa a nosa seguridade e a da nosa familia.


<< Voltar ao Blog da Plataforma Ártabra 21

Ao Pleno do Concello de Ferrol: Paralización das obras xa !

Para ampliar clicar acima da imaxen


REUNIÓN CONVOCANTES.-

De: Convocantes en defensa dos espazos públicos
Data: 25 de Xxaneiro de 2007 1:09
Para: PA21 -artabra21@gmail.com-
Asunto: O tratado na reunión

AVALIACION da MANIFESTACIÓN do 21 de XANEIRO-07. - OS CONVOCANTES valora moi positivamente a resposta SOCIAL e a practica totalidade das organizacións veciñais, sindicais, todos os partidos da oposicion, convocantes e a Plataforma A21, criticando a GRANDE AUSENCIA DA FEDERACION veciñal ROI XORDO, logrando aglutinar todas estas forzas nun exercicio de poucos precedentes ao tratarse dun tema de urbanismo, alcanzando un ACORDO UNANIME para evitar a construción do Edificio da Praza de Porta Nova - Praza de España .

Os CONVOCANTES, REUNIDOS anteriormente no día de hoxe, ACORDAMOS acudir ao PLENO DO CONCELLO DE FERROL , para apoiar a MOCION presentada polos grupos políticos da oposición de PARALIZAR AS OBRAS.

SOLICITAR POR REXISTRO O USO DA PALABRA no PLENO por parte dun membro dos CONVOCANTES.

VALORAR o desenvolvemento e contido do Pleno , as súas concecuencias e se se produce algunha reacción por parte da coalicción de goberno local.

Presentar escrito, denuncia ante a FISCALIA para que actúe de oficio, se procede, ante un posible delito urbanístico.

Priorizar a seguinte entrevista solilcitada a Direccion Xeral de Urbanismo, da xunta de Galicia, solicitando a PARALIZACIÓN DE OBRAS.

En base aos acontecementos convocaremos unha nova reunión para a vindeira semana .

SAÚDOS

Ferrol a 24 de Xaneiro de 2007.

Convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos, en contra do macro-edificio da Praza da Porta Nova [Praza de España]:

Asociación Veciñal de Esteiro "Fontelonga",
Asociación Veciñal de Ferrol-Vello,
Asociación Veciñal de Santa Mariña,
Asociación Veciñal de San Xoan-Bertón,
Asociación Veciñal O Cruceiro de Canido,
Asociación Veciñal "O Rosario - Inferniño",
Asociación San Fernando de Recimil,
Asociación Cultural Fuco Buxán,
CIG-Ferrol,
CC.OO Ferrol,
Colectivo Veciñal Sartaña,
Esquerda Unida - IU,
Federación de ANPAS de Centros Públicos de Ferrolterra,
Os Verdes - Grupo Verde de Ferrol,
NÓS - Unidade Popular,
Plataforma Ártabra 21,
UGT-Ferrol.
USTG-Ferrol

Acordos máis relevantes da Xunta Coordenadora da PA21 [24.01.2007]

Tags
XUNTA COORDINADORA deste Mércores, día 24 ás 8 horas da tarde, no LOCAL SOCIAL da Asociación Veciñal FONTELONGA.

AVALIACION da MANIFESTACIÓN do 21 de XANEIRO-07. - A XUNTA COORDINADORA valora moi positivamente a resposta SOCIAL e a práctica totalidade das organizacións veciñais, sindicais, todos os partidos da oposicion, convocantes e a Plataforma A21, criticando a GRANDE AUSENCIA DA FEDERACIÓN veciñal ROI XORDO, logrando aglutinar todas estas forzas nun exercicio de poucos precedentes ao tratarse dun tema de urbanismo, alcanzando un ACORDO UNANIME para evitar a construción do Edificio da Praza de Porta Nova - Praza de España.

Os CONVOCANTES, REUNIDOS anteriormente no día de hoxe, ACORDAMOS acudir ao PLENO DO CONCELLO DE FERROL , para apoiar a MOCION presentada polos grupos políticos da oposición de PARALIZAR AS OBRAS.

SOLICITAR POR REXISTRO O USO DA PALABRA no PLENO por parte dun membro dos CONVOCANTES .

VALORAR o desenvolvemento e contido do Pleno, as súas concecuencias e se se produce algunha reacción por parte da coalicción de goberno local.

Presentar escrito, denuncia ante a FISCALIA para que actúe de oficio, se procede, ante un posible delito urbanístico.

Priorizar a seguinte entrevista solilcitada a Dirección Xeral de Urbanismo, da Xunta de Galicia, solicitando a PARALIZACIÓN DE OBRAS.

En base aos acontecementos convocaremos unha nova reunión para a vindeira semana .

A Xunta Coordinadora fai a seguinte CONVOCATORIA de celebrar unha primeira ASEMBLEA ORDINARIA en data 30 de Xaneiro na Fundaçon Artábria ás 7 da tarde.

Unha segunda convocatoria dunha ASEMBLEA EXTRAORDINARIA en mesma data ás 7,30 horas na Fundaçon Artábria, para aprobar unha proposta de REGULAMENTO INTERNO de FUNCIONAMENTO na Plataforma Ártabra21.

Ferrol, a 24 de Xaneiro de 2007.

Asdo. - A Xunta Coordinadora.
Amadeo Varela
Ernesto Lopes
Miguel Reimundez
José R. Jove
Carlos Gª Seoane
Xosé M. Sanxoán

Solicitude para poder intervir no Pleno Municipal do Concello de Ferrol do 25.01.2007, polo asunto do edificio da Praza da Porta Nova

AO ALCALDE-PRESIDENTE

DO EXCMO. CONCELLO

DE FERROL


XOSÉ MANUEL SANXOAN CAAMAÑO, provisto de DNI núm. 32.613.638-Y, e con domicilio a efectos de notificacións R/ Río Lérez Nº 2-4, 2º esq. (15404) de Ferrol e tfnos. 981 32 59 13 e 649 024 612, en nome dos Convocantes da Manifestación en Defensa dos Espazos Públicos e e contra a Construcción do edifico da Porta Nova-Pza. de España (Asociación Veciñal de Esteiro"Fontelonga", Asociación Veciñal de Ferrol-Vello, Asociación Veciñal de Santa Mariña, Asociación Veciñal de San Xoan-Bertón, Asociación Veciñal Ocruceiro de Canido, Asociación Veciñal "O Rosario - Inferniño", Asociación San Fernando de Recimil, Asociación Cultural Fuco Buxán, CIG-Ferrol, CC.OO Ferrol, ColectivoVeciñal Sartaña, EsquerdaUnida-IU, Federación de ANPAS de Centros Públicos de Ferrolterra, Os Verdes - Grupo Verde de Ferrol, NÓS-UnidadePopular, PlataformaÁrtabra21, UGT-Ferrol, USTG-Ferrol) ante vostede comparece e DI:

Que tendo coñecemento no día de onte que no Pleno Ordinario do día de hoxe vai ser debatida unha moción dos Grupos Municipais de Esquerda Unida-IU, PSdG-PSOE e BNG sobre a paralización das obras do edificio da Pza. de España e a apertura de negociacións para a búsqueda dunha alternativa á construcción do mesmo, por medio do presente escrito intereso, con base no art. 19 do Regulamento de Participación cidadán do Concello de Ferrol, a intervención dun representante das entidades convocantes no Pleno de hoxe para expresar a nosa opinión sobre a dita moción.

Polo exposto,

SOLICITO: Que teña por presentado este escrito e, consonte o Regulamento de Participación cidadán do Concello de Ferrol, autorice a intervención no Pleno ordinario de 25 de xaneiro de 2007 aos representantes veciñais:

  • Xosé Miguel López Pérez

    Ou

  • Miguel Reimúndez González

Ferrol, 25 de xaneiro de 2007

Asdo. Xosé Manuel Sanxoan Caamaño

mércores, xaneiro 24, 2007

Fundamentos e razóns que invalidan técnica e legalmente a ubicación da planta de Gas Natural Licuado (GNL) que está construíndo REGANOSA en Mugardos

A Planta de Gas de Ferrol e ol RAMINP
De: Ferrol CAPE -Ferrol.cape@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
data: 24 de xaneiro de 2007 23:41

Ferrol.cape@gmail.com , blog opositor á ubicación da planta de Gas Natural Licuado dentro da Ría de Ferrol

PREGAMOS A MÁXIMA DIFUSION A PERSONAS E ORGANISMOS INTERESADOS. Grazas.

Realiza: Colectivo universitário opositor á planta de GNL dentro da Ría de Ferrol .

Ola de novo:

Tal como prometémosvos, enviamos a primeira emisión dos FUNDAMENTOS E RAZÓNS que invalidan técnica e legalmente a ubicación da planta de Gas Natural Licuado (GNL) que está construíndo REGANOSA en Punta Promontoiro (Mugardos), Ría de Ferrol.

Non nos cabe nin a máis mínima dúbida que os xuíces vana a parar cando se finalicen os procesos xudiciais en curso. Esta serie de FUNDAMENTOS técnico-legais axudarán a comprender a falta de criterio e senso común de todos aqueles que apoian esta ubicación con informes FAVORABLES ou con declaracións públicas.

Esperamos demostrar de forma CLARA e CONTUNDENTE que certos políticos e medios de comunicación escritos están nun erro e desenmascararemos a súa postura neste tema xa que se non aceptan estes argumentos é porque ou ben son uns necios ou porque participan conscientemente nesta ilegalidade. Demostraremos, ao rematar esta serie de artigos, que son ELES OS QUE MINTEN cando din que estamos enganando á cidadanía.

Estamos abertos aos COMENTARIOS, SUXESTIÓNS e CRITICAS que se puidesen realizar sobre a lectura destes FUNDAMENTOS. Os comentarios pódense facer por e-mail en: ferrol.cape@gmail.com

Ao final desta serie de artigos publicaremos unha ALTERNATIVA TECNICA á planta de Gas de Mugardos que permite recibir GAS NATURAL para o consumo dos Ciclos Combinados da Galicia sen a necesidade de meter na angosta Ría de Ferrol eses perigosos gaseiros e cun CUSTO MOI ACEPTABLE.

Saúdos a tod@s do blog www.f-cape.org ¡NON QUEREMOS OUTRO "NUNCA MAIS" e menos en Ferrol!.

Edita: Colectivo universitário opositor á planta de GNL dentro da ria de Ferrol .

O blog www.f-cape.org (ferrolterra-Cidadáns Aliados para Protexer a súa Contorna) xorde pola SEN RAZON de políticos, especuladores e "técnicos competentes" que, debido aos seus intereses persoais, deciden situar unha peligrosísima planta de REGASIFICACION de Gas Natural Licuado na Ría de Ferrol. Este blog non é político nin ten relación algunha con persoas, entidades ou partes interesadas. O único interese na realización do blog está referido aos artigos 43 e 45 da Constitución Española pois nos preocupa a nosa seguridade e a da nosa familia.

___________________

FUNDAMENTOS.-
___________________
FUNDAMENTO 1º : Non cumpre co RAMINP (Reglamento de Actividades Molestas, Insalubres, Nocivas e Perigosas) Decreto 2414/1961.

FUNDAMENTO 2º : Non cumpre o R. D. 6//2.001 do 8 de maio sobre EVALUACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL (Directiva europea 97 /11 /CEE) - NON SE TIVO EN CONTA - (Modifica o R.D. Lexislativo 1302/1986 do 28 de xuño - Directiva europea 85/337/CEE).

FUNDAMENTO 3º
: Non cumpre a norma UNE - NE 1532 sobre INSTALACIÓNS E EQUIPOS PARA GAS LICUADO ? Interfaz entre buque e terra ? Marzo de 1.997 SAÍDA Ao MAR DE BUQUES GASEROS EN CASO DE URXENCIA REQUERIMIENTOS PRINCIPAIS SOBRE ASPECTOS DE SEGURIDADE DE BUQUES GASEROS A CUMPRIR NOS TERMINALES DE DESCARGA DE GAS NATURAL LICUADO (GNL).


FUNDAMENTO 4º
: Non cumpre o R.D. 1254 / 1999 "Medidas de control dos riscos inherentes aos accidentes graves nos que interveñan sustancias perigosas" (Directiva Europea 96/82/CE ? Lei Seveso II)


FUNDAMENTO 5º : Non cumpre a norma UNE - NE 1473 sobre INSTALACIÓNS E EQUIPOS PARA GAS NATURAL LICUADO - Deseño para as instalacións terrestres - Maio 1998
_______________________________