xoves, agosto 30, 2007

Hoxe imos ao Pleno de Ferrol, di o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

De: Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
Carmelo Teixeiro -carmeloteixeiro@iespana.es-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 30 de agosto de 2007 09:18

Asunto: Hoxe imos o Pleno de Ferrol




Hoxe imos ao Pleno de Ferrol

Hoxe, xoves 30 de agosto de 2007, o Pleno Municipal ordinario deste mes, comenzará ás 19:00 horas.

Hai unha moción de EU que pide o apoio do concello para a solicitude co Ministro de Industria Joan Clos, a "Direccion General de Política Energetica y Minas" e o Presidente da Xunta, solicitada pola veciñanza de Mugardos pechada na Casa deste Concello.

Dita moción e case unha copia da que había presentado a Federación Veciñal Roi Xordo quitandolle algún paragrafo de menor importancia.

Na tarde noite de onte o Comité Cidadán acordou asistir a dito Pleno Municipal coas camisetas do CCE, nas súas distintas edicions existentes, aínda que se agarda que predominen as de cor vermello que chaman máis a atención. Tamén coas bandeiras de cor vermello que se desplegarán mentras fale Luz Mariña Torrente en representación da Federación Roi Xordo e do CCE. Esperase que dito turno de palabra para Luz Marina sexa concedido ao principio do pleno segundo o solicitado pola Federación Roi Xordo.

Desde as 18:15 hrs teremos á porta de entrada camisetas de cor vermello para quen as queira mercar.

Conven ir antes das 18:45 hrs, hora á que todas e todos debemos estar dentro.

Saúdos

Carmelo Teixeiro
Coordenador do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
__________________

O seu correo electrónico é:
comitecidadan@iespana.es

A súa web:
http://comitecidadan.org/
______________________________

Novo Blog da Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Meá"

De: Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Meá"
ocruceiromeha@yahoo.es
Para: artabra21@gmail.com
Data: 30 de agosto de 2007 08:22
Asunto: Á terceira vai a vencida [referente ao Blog]


[Para entrar no Blog clicar acima da imaxe]

Á terceira vai a vencida

Seguen os problemas cos blogues, (queremos pensar que REGAÑOSA non está detras de todo isto).

Din que á terceira vai a vencida.

Apuntarvos esta dirección e estaredes ao tanto de todo o sucedido e todos os actos programados polos pechados hai xa 38 días no concello de Mugardos.

Un saúdo e grazas polo voso ánimo e colaboración.

Venceremos

http://ocruceirodemea.blogaliza.org/

PLANTA DE GAS FÓRA DA RÍA

Plataforma de veciños ou Cruceiro de Meá
_____________________________

O apoio á veciñanza pechada na Casa do Concello de Mugardos, vaise tratar hoxe, xoves 30 de agosto, no Pleno Municipal de Ferrol

Hoxe no pleno municipal de Ferrol vai-se tratar unha moción de apoio á veciñanza de Mugardos que leva pechada na Casa do Concello, desde o pasado 23 de xullo en protesta pola actual localización da planta regasificadora de REGANOSA dentro da Ría de Ferrol.

A veciñanza pechada , está conseguindo apoios procedentes de toda Galiza, intelectuais, políticos, artistas, colectivos, ... a solidariedade é amplia. Agora vai-se tratar as súas demandas neste Pleno Municipal.

Desde comezos do peche a veciñanza consiguiu entrevistarse con varios cargos políticos e da administración, mais agora trata-se de conseguir entrevistar-se con cargos que teñen o poder de decisión, para impedir que REGANOSA consiga autorización para o seu funcionamento, sen cumprir os condicionados fundamentais de seguridade: a distancia de 2.000 metros de núcleos de poboación e que os buques gaseiros podan saír a alta mar, en caso de emerxencia, polos seus propios medios. Condicionados imposíbeis de cumprir, é por iso polo que se demanda desde hai oito anos [a Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Meá incluida] que esta regasificadora non pode estar localizada dentro da Ría.

Esta moción non está exenta de polémica, pois está presentada a mesma moción tanto polo grupo municipal de Esquerda Unida [Moción], como pola Federación Veciñal "Roi Xordo" [Moción]. Agardamos unha explicación pública por parte de ambas entidades.

Proposta:

1. O Pleno do Concello de Ferrol apoia as reivindicacións dos veciños da Plataforma de Mehá pechados na Casa do Concello de Mugardos e solicita do Presidente da Xunta de Galicia e do Ministro de Indústria se conceda unha entrevista a unha representación destes veciños na maior brevidade de tempo.

2. O Pleno do Concello de Ferrol insta ó seu Alcalde a realizar cantas xestións sexan necesarias para conseguir as entrevistas dos veciños da Plataforma de Mehá co Presidente da Xunta de Galicia, e co Ministro de Indústria, debendo dar conta pública nun prazo de 20 días das xestións realizadas e dos resultados obtidos


Acudamos ao Pleno para apoiar a Moción
________________

Enlace relacionado de moito interese -I-

Enlace relacionado de moito interese -II-
_______________

A veciñanza contraria a Reganosa, pechada en Mugardos critican que a Xunta e Goberno central "dean continuidade a unha cacicada de Fraga"

Noticia públicada no xornal dixital noticiasgalicia, de interese, pois recolle declaracións de portavoces da veciñanza pechada en Mugardos a axencia de noticias EuropaPress, logo das declaracións do expresidente da Xunta de Galicia, Manuel Fraga. Como sobre as filtracións de gas no gaseoducto ao seu paso polo concello de cabanas.

A veciñanza contraria a Reganosa, pechada noa Casa do Concello de Mugardos critican que a Xunta e Goberno central "dean continuidade a unha cacicada de Fraga"

noticiasgalicia.29/08/07.- A Plataforma Veciñal de Mehá, contraria á instalación de Reganosa en Mugardos (A Coruña), criticou que os gobernos autonómico e central "dean continuidade" á regasificadora, un proxecto que definen como "unha cacicada de Manuel Fraga". O ex presidente da Xunta de Galicia considerou onte nun acto celebrado en Cabanas (A Coruña) que Reganosa foi "un dos seus principais logros" ao longo dos seus dezaseis anos á fronte do Executivo autonómico.

Luz Mariña Torrente, portavoz do colectivo veciñal, admitiu a Europa Press que Fraga, ao "xestar" o proxecto poida "sentirse orgulloso", pero criticou que os actuais executivos central e galego "dean continuidade a Reganosa" e preguntouse "se senten orgullosos dunha cacicada".

Torrente inquiriu ás administracións sobre "que fan os gobernos" e se "senten tamén orgullosos da fazaña de Fraga", denunciando que "seguen adiante" con esta planta. En referencia ás críticas do senador do PP ás protestas veciñais contra Reganosa, dixo que "fai anos que empezamos as protestas, antes de que se puxese a primeira pedra", á vez que advertiu de "se quixesen diñeiro, venderían antes".

Así mesmo, a dirixente veciñal acusou de "gravísimo" unha filtración de gas que onte tivo lugar no tramo de gasoduto que abastece a Reganosa ao seu paso por Cabanas (A Coruña). Luz Mariña Torrente criticou que o feito "tratouse con tanta naturalidade e tranquilidade" e recriminou a falta de información pública sobre incidentes deste tipo. "Sácase importancia a algo que ten moita", lamentou, á vez que asegurou "tómannos como bobos ao dicir que a filtración débese a un cambio de temperatura", feito ante o que recoñeceu que os veciños móstranse "alarmados". De igual modo, preguntou que retén permanente ten Reganosa para estes sucesos.

A compañía atribuíu o incidente a unha filtración de moléculas de gas natural ao exterior, aínda que destacou que a cantidade de combustible que se escapou desde o gaseoducto foi de "pouca importancia" e que o incidente tivo lugar en ausencia de vivendas na contorna.

Enlace coa noticia orixinal en Noticias de Galicia

________________________

mércores, agosto 29, 2007

Outra vez pretenden usos privados en espazos públicos: Irisarri impulsará a implantación de negocios de hostalería e ocio na nave sen uso do Mercado

De: ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-

Para: artabra21@gmail.com
Data: 29 de agosto de 2007 17:33
Asunto: Irisarri impulsará a implantación de negocios de hostalería e ocio na nave sen uso do Mercado



Irisarri impulsará a implantación de negocios de hostalería e ocio na nave sen uso do Mercado
29/08/2007

La Voz
"que ocupa uns 600 metros cadrados e que se levantou co obxectivo de servir como nave provisional para o peixe mentres se rehabilitaba o edificio de Ucha.

Urbanisticamente, esa nave ten un problema en tanto que ocupa chan cualificado no plan urbanístico como de usos libres.

Sr. Alcalde queremos recordarlle que a nave provisional do Mercado está fóra de planeamento, sendo, polo tanto, ilegal. Non hai máis solución que o seu derrubamento. Non se vaia producir a ocupación dun espazo público para usos privados e sen o sustento do PXOUM como quixo facer o anterior goberno municipal do PP-IF na Praza de España e na Praza de Sartaña, non vaia caer nos mesmos erros.

As actividades comerciais, sexan do que sexan, non se poden facer nun edificio que é ilegal.

Un saúdo
_____________________

ESTEIRO-FERROL
ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-

Web veciñal
Blog veciñal

_______________

Enlaces Relacionados:

A noticia no Diario de Ferrol

A noticia na Web do Concello de Ferrol

Artigos 118 e 119 do PAXOM en Vigor en formato PDF

Plano con código de cores
_________________

Feira de Comercio Xusto - Ampliación da Rede Natura - Aproveitamento dos Montes de Brión - Rehabilitación da Graña - Reaxuste das parcelas do Bertón

Hoxe o xornal comarcal Diario de Ferrol, publica unha serie de noticias de moito interese que consideramos importante transcribir neste Blog, pois os aspectos sociais, urbanísticos e medioambientais que tratan son temas que a nosa PA21 considera necesario difundir. Lamentamos, nalgún caso, que as organizacións que as xeneran, non achegaran tal información directamente á PA21, como teñen feito outras veces, mais tampouco nos disgusta recolle-las do Diario de Ferrol, xornal que se fai eco das demandas e preocupacións sociais, ecoloxistas, culturais, ... da Comarca. [Dixi]

Feira de Comercio Xusto - Ampliación da Rede Natura - Aproveitamento dos Montes de Brión - Rehabilitación da Graña - Reaxuste das parcelas do Plano Bertón


Diario de Ferrol
Ferrol | Mércores, 29 de Agosto de 2007

Benestar Social promove unha feira de comercio xusto

Coincidindo coa celebración do Día Internacional da Solidariedade, a Concellaría de Benestar Social en colaboración coa ONG Solidaridade Internacional, traen á praza de Armas a primeira Feira de produtos de comercio xusto que se celebra na cidade.

REDACCIÓN > FERROL

A cita que se desenvolverá ao longo de toda a xornada do venres pretende atraer a un gran número de visitantes e conciencialos sobre o problema da pobreza e o fame no mundo.

Para a concelleira de Benestar Social, Solidaridade e Xuventude, Beatriz Sestayo, o obxectivo desta iniciativa pioneira na cidade é "achegar á poboación aos produtos do comercio xusto e informar sobre vos criterios que defende, talles como condicións laborais dignas, redución dá cadea de intermediarios ou a non discriminación". Así mesmo, a concelleira insistiu en que a idea de comercio xusto implica necesariamente un prezo xusto e digno que garanta que non haxa explotación infantil, que se respecten os dereitos laborais dos traballadores, e que non se dane o medio ambiente. Sestayo invita, deste xeito, a achegarse á praza de Armas e colaborar dalgún modo coa ONG Solidaridade Internacional.

Na feira, na que haberá casetas informativas, contacontos, degustacións e diferentes actividades infantís poderanse adquirir produtos fabricados de forma artesá e natural en diferentes paises do hemisferio Sur. Ás once da mañá darase por inaugurada a feira, e media hora máis tarde terá lugar a primeira degustación gratuíta de produtos elaborados por familias e pobos africanos. Todo aquel que se achegue pola praza de Armas poderá saborear galletas, cafés ou bebidas exóticas africanas. Así, os viandantes poderán probar, por exemplo, carcades, unha bebida típica de Kenya realizada a base de flor de hibisco e famosa polas súas propiedades estomacais e afrodisíacas, ou un rooibos, unha planta surafricana que se utiliza para elaborar infusións sen cafeína, ideais para persoas con problemas de nervios ou hipertensión ou para dar aos nenos.

E mentres os maiores gozan da gastronomía africana os máis pequenos farano das diferentes actividades infantís preparadas para eles. Así, xa desde pola mañá iranse desenvolvendo diferentes talleres lúdicos, como o de pintura facial. Pola tarde, e ata as oito e media, continuarán os xogos e as diferentes actividades programadas nesta feira do comercio xusto.

O traballo de Solidariedade Internacional consiste en importar, distribuír e vender produtos elaborados por cooperativas de países da zona Sur do planeta dentro da Rede Internacional de Comercio Xusto.

Enlace coa noticia orixinal no Diario de Ferrol


Adega, SGHN e Verdegaia propón novos espazos para a ampliación da Rede Natura

A delegación de Ferrolterra de entidades ecoloxistas, integrada por Adega, SGHN e Verdegaia, presentou nunha reunión celebrada a pasada semana na Xunta novas propostas para a ampliación da Rede Natura na comarca. No caso de Ferrol, figuran Cabo Prior e o estuario do río Sardiña.

REDACCIÓN > FERROL

As formulacións de inclusión na Rede Natura das asociacións ecoloxistas de Ferrolterra baséanse na aparición de poboacións de cinco especies protexidas polo Catálogo Galego de Especies Ameazadas e acompáñase da súa localización exacta nos lugares expostos. Entre elas figuran os "felgos macaronésicos" que crecen nos ríos Pequeno, de San Sadurniño; o regacho Belelle, de Neda; o río Ferrerías, de Vilarrube; e o Pulgueira, afluente do Mera.

Por iso é polo que os ecoloxistas propuxesen a súa inclusión na Rede Natura, xunto cos estuarios dos ríos Eume, Belelle, Sardiña, Sor, Landro e Condomiñas, que como canles fluviais xa gozan desa catalogación. A este respecto, Xesús López Piñeiro, de Ageda, manifestou a este xornal que resulta incomprensible que se catalogaron as canles fluviais e non os seus estuarios, coa gran importancia que teñen dentro do ecosistema.

Ademais das localizacións antes sinaladas, nas propostas dos ecoloxistas de Ferrolterra presentadas á Xunta tamén figuran a formación dunar da praia de Arealong, no Vicedo; as Illas Mirandas, na ría de Ares; e as Illas Ansarón, en Viveiro. Todos estes lugares foron propostos con prioridade "moi alta", debido precisamente á existencia de especies protexidas que poden verse ameazas.

A listaxe de Adega, SGHN e Verdegaia inclúe, así mesmo, outros lugares de gran importancia natural que ata agora permanecen desprotexidos e que corren o risco de sufrir fortes impactos ambientais. Son as propostas definidas con prioridade "alta" e entre elas figuran a marxe este de a lagoa da Frouxeira; o Monte dá Vea, tamén no termo municipal de Valdoviño; a Serra da Capelada, en Cedeira; e a zona de Cabo Prior, completando a franxa que une As Cabazas con Marmadeiro, en Ferrol.

Nesta listaxe inclúense, así mesmo, os humidais do Carregal, no municipio de Ares; a ensenada do Baño, no termo de Mugardos; e as Marismas de Neda.

As entidades que realizan estas propostas inciden en que o respecto á natureza é tarefa de todos, "xa que a conservación dá paisaxe mellora a nosa calidade de vida e permítenos ensinar aos visitantes ou noso patrimonio natural, que é unha dás razóns fundamentais polas que veñen vos turistas a Galiza".

Por iso é polo que insistan en que, aparte dos evidentes beneficios sociais que produce un medio ambiente ben conservado, tamén resulta beneficioso para a economía galega dunha forma directa.

Na actualidade, a Rede Natura ocupa un 12,4% do territorio galego, co que esta comunidade sitúase nuns niveis inferiores respecto doutras do Estado español, no que a media sitúase entre o 22 e o 23%. No caso de Europa, a media de superficie da Rede Natura por territorio sitúase en torno ao 15%.

De aí a necesidade e conveniencia de ampliar a catalogación na Comunidade galega, na que os recursos ambientais están á vista, en cantidade e calidade. Nesta liña trabállase desde as asociacións ecoloxistas da comarca de Ferrol.

Enlace coa noticia orixinal no Diario de Ferrol



O Club Montaña Ferrol pide o aproveitamento dos montes de Brión

Tras a celebración, o pasado domingo, da marcha polos montes de Brión para conmemorar o aniversario da batalla do mesmo nome, os organizadores, o Club Montaña Ferrol, volveron a presentar no rexistro municipal unha serie de propostas de actuación nesta zona que estarían encamiñadas a que o municipio dispoña dun espazo natural similar aos montes de San Pedro, Aloia, Castrove ou Figueirido.

REDACCIÓN > FERROL

As iniciativas inclúen a negociación cos veciños e a devolución dos terreos denominados de "a Forestal", dos que o CMF di que foron "expropiados non seu día a culatazos". Exponse así mesmo a utilización pública dos montes aos que non se estea dando uso, previo acordo cos propietarios, así como a limpeza dos viarios, tanto os antigos como as devasas ou os camiños reais.

Para a entidade, sería interesante aproveitar os recursos hídricos desta zona como posibles puntos para lóitaa contraincendios pero tamén para servizos relacionados co gando e a fauna silvestre.

Outra das ideas que propón o Club Montaña Ferrol é fomentar a reforestación, con medidas que permitan potenciar a plantación de árbores autóctonas onde sexa posible partindo das actuais masas forestais. Para iso haberá que ter en conta, di a entidade que preside Xan Ramírez, experiencias de repoboación anteriores que resultaron negativas, pero tamén outras positivas como a que deu lugar ao Bosque dous Nenos. A potenciación do paisajismo a través da creación de miradoiros en zonas como Fontelo, Monteventoso, Agarimo, Confurco, Entrecastelos ou Aucaral é outra das iniciativas elevadas ao Concello, xunto coa necesidade de que se busquen apoios no medio Rural, Medio, Porto e Deputación para sacar adiante estas iniciativas.

Enlace coa noticia orixinal no Diario de Ferrol



A reurbanización da Graña empezará por Pardo de Cela

O concelleiro de Vivenda, Miguel Reimúndez (Ou), aproveitou onte a súa reunión cos veciños da Graña para falar das obras que se executarán con subvencións correspondentes ao Área de Rehabilitación Integral para anunciar a reurbanización da praza Pardo de Cela.

REDACCIÓN > FERROL

A popularmente coñecida como praza da Graña converterase, deste xeito, na primeira actuación que se executará en espazos públicos do barrio no marco do ARI, que se estrea agora con 20 intervencións en vivendas situadas nesta zona, a única con consideración de urbana fóra da cidade propiamente dita.

Segundo informou o responsable municipal de Vivenda, o custo da intervención xa se cuantificou, ascende a 90.000 euros, e a proposta remitiuse á Xunta, xa que esta obra recibirá unha achega do 50% do custo total por parte da Consellería de Vivenda. Con todo, os termos do convenio subscrito no seu día para acometer as obras incluídas na área de Rehabilitación establecen que as obras de reurbanización non poderán dar comezo ata que estean listas as correspondentes á reforma de vivendas, aínda que si é posible sacalas a licitación, dixo Reimúndez.

Finais de ano > En calquera caso, o concelleiro asegurou que, "con sorte", a finais de ano poderá iniciarse a recuperación desta praza, eixo central do barrio da Graña.

A intervención viría completar, ademais -como indicou a presidenta da Asociación de Vecinos, Azucena Muíños- o traballo de recuperación da rúa adxacente, que xa executou no seu día a escola taller.

Tanto as intervencións nas vivendas como en reurbanización se corresponden con partidas orzamentarias pertencientes ao plan do pasado ano.

Enlace coa noticia orixinal no Diario de Ferrol



A Asociación FerrolDeporte solicita un reaxuste das parcelas do plan do Bertón

Ante a inminente aprobación do Plan Parcial do Bertón, a Asociación FerrolDeporte remitiu un correo ao alcalde, Vicente Irisarri, no que expón a necesidade de reaxustar a distribución das parcelas nese espazo. No escrito, proponse revisar e analizar a disposición do chan nese novo barrio, para que sexa acorde coas novas necesidades veciñais.

REDACCIÓN > FERROL

Desde a entidade sinálase que, segundo a disposición planificada, só catro pequenas parcelas estarían dedicadas ao deporte, das cales unha incorporar á zona dos campos de fútbol da Gándara, noutras dúas non se podería edificar, e, segundo din, a cuarta non sería suficiente para unha instalación como a que se pretendía acometer na praza de Sartaña.

"Por todo iso -din os responsables de FerrolDeporte-, estando a tempo de dotar á cidade dos suficientes espazos deportivos para atender as demandas dos cidadáns, espérase unha rectificación do plan".

Enlace coa noticia orixinal no Diario de Ferrol


__________________

Pola eliminación do Proxecto da Cidade da Cultura e a reconversión das obras e edificacións rematadas en instalacións útiles para a sociedade galega

CULTURA SI

MAUSOLEO NON


Plataforma Cidadá

Pola eliminación do Proxecto da Cidade da Cultura e a reconversión das obras e edificacións rematadas en instalacións útiles para a sociedade galega.

Pola depuración de responsabilidades penais ante o cúmulo de irregularidades desde o inicio do proxecto.

Pola anulación dos orzamentos destinados ao Proxecto da Cidade da Cultura e a súa inversión en Sanidade,Educación e Servizos Sociais.

O capricho faraónico de Manuel Fraga Iribarne, coñecido como Cidade da Cultura, ubicado no monte Gaiás de Santiago de Compostela, non pode converterse nun saco sen fondo, para o que destinar centos de millóns de euros que van hipotecar os orzamentos galegos nunha infraestrutura valeira de contidos, inútil culturalmente e representativa dunha arquitectura espectáculo que en Galiza supón un derroche dos fondos públicos. Van xa 373,7 millóns de euros invertidos nun complexo que triplicou o seu custe inicial e que vai continuar a ser unha sangría de cartos de todos os galegos e galegas, destinados a unhas obras innecesarias e que non responden a ningún proxecto cultural fiable e crible.

En Santiago de Compostela, a finais do mes de agosto de 2007, cidadáns do común, galegos e galegas conscientes do derroche inxustificado que supón a Cidade de Cultura constituímos a PLATAFORMA CIDADÁ CULTURA SI, MAUSOLEO NON, que ten como únicos e principais fins os seguintes:

1º. ELIMINACIÓN DO PROXECTO DA CIDADE DA CULTURA. DISOLUCIÓN DA FUNDACIÓN CIDADE DA CULTURA E NON EXECUCIÓN DE MÁIS OBRAS E INSTALACIÓNS QUE FORMAN PARTE DO PROXECTO INICIAL APROBADO POLO GOBERNO DO PARTIDO POPULAR NA XUNTA DE GALICIA.

2º. ANULACIÓN DOS ORZAMENTOS DESTINADOS Á CIDADE DA CULTURA E RECONVERSIÓN DE TODAS AS CANTIDADES EN CONCEPTOS DE SANIDADE, EDUCACIÓN E SERVIZOS SOCIAIS.

3º. APROVEITAMENTO DAS OBRAS EXECUTADAS E EDIFICIOS REMATADOS PARA ALBERGAR TODAS AS INSTALACIÓNS DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA EN SANTIAGO DE COMPOSTELA. AFORRÁNDOSE O PAGO DE ALUGUERES E DESTINANDO OS EDIFICIOS EN PROPIEDADE A OUTROS FINS CULTURAIS E SOCIAIS PARA USO E DISFRUTE DE TODA A CIDADANÍA.

4º. DEPURACIÓN DAS RESPONSABILIDADES PENAIS A QUE HOUBERA LUGAR, POR PARTE DAS AUTORIDADES DOS DISTINTOS GOBERNOS DA XUNTA DE GALICIA, POLO QUE DAMOS TRASLADO Á FISCALÍA ANTICORRUPCIÓN DO INFORME DO CONSELLO DE CONTAS DO ANO 2004, DAS DENUNCIAS APARECIDAS NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN GALEGOS E DAS EFECTUADAS POR ORGANIZACIÓNS SINDICAIS.

5º. RESPONSABILIZAMOS AO GOBERNO BIPARTITO E NOMEADAMENTE Á CONSELLERÍA DE CULTURA DA CONTINUIDADE DUN PROXECTO QUE COMPROMETE O BENESTAR E A CALIDADE DE VIDA CUNHAS INVERSIÓNS QUE DEBERÍAN SER UTILIZADAS EN CREAR BENESTAR E RIQUEZA PARA GALIZA.

* Se queres formar parte ou apoiar a plataforma "Cultura si mausoleo non" envia os teus datos a: culturasimausoleonon@gmail.com . O teu nome e profesión sairá publicado na lista de apoio do blog.

http://culturasimausoleonon.blog.com/

_____________________

Enlaces relacionados:

Fundación Cidade da Cultura

Redefinición do proxecto

A Cidade da Cultura en Vieiros

Monte Gaiás en Google
________________

martes, agosto 28, 2007

Noticia de interese en Vieiros, "Fraga di que Reganosa e a Cidade da Cultura son as súas mellores obras"

De: ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 28 de Agosto de 2007 19:06
Asunto: Noticia de interese en Vieiros, "Fraga di que Reganosa e a Cidade da Cultura son as súas mellores obras"



Declaracións do ex presidente Fraga di que Reganosa e a Cidade da Cultura son as súas mellores obras

"Os que defenden como gato panza arriba que Reganosa se vaia, só queren que se lles merque o seu silencio con cartos", afirmou este luns nunha cena homenaxe en Cabanas.
Redacción - 13:45 28/08/2007

O ex presidente Manuel Fraga

O ex presidente do Goberno, Manuel Fraga, foi o protagonista este luns dunha cea homenaxe por parte do PPdeG de Cabanas e de Pontedeume. O fundador do Partido Popular afirmou que "do que estou máis orgulloso da miña época como presidente da Xunta é da planta de Reganosa e da Cidade da Cultura", informa este martes El Correo Gallego.

Ademais, engadiu que "os que critican esas dúas xestións son os que nunca fixeron nada". Respecto aos que protestan contra a regasificadora dixo que "semella que a xente tolea", e xustificou o seu funcionamento para darlles servizo aos ciclos combinados das Pontes e de Sabón.

Segundo Fraga, "os que defenden como gato panza arriba que Reganosa se vaia só queren que se lles merque o seu silencio con cartos". O ex dirixente cualificou tanto esta obra como a da Cidade da Cultura como "moi positivas", e engadiu que "tamén o Palacio de Versalles recibira críticas no seu día".

_____________________

ESTEIRO-FERROL
ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-

Web veciñal
Blog veciñal

_______________

Enlace co artigo orixinal en Vieiros
[Recomenda-se entrar no enlace orixinal, pois hai noticias relacionadas de interese e varios comentarios]

Nota.- A foto postou-na a PA21, é de 2005 nun mitín en Bizkaia. A foto que sae na noticia en Vieiros, como que demasiado positiva.
______________

A Plataforma Veciñal "O cruceiro de Meá" informa: unha noticia de interes, cambio de morada do Blog, visitas e novas actuacións

Recimimos varios correos da Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Meá", informando de varios asuntos de interes, como son as visitas que recibiron; as actuacións que houbo e as que están previstas; o cambio de morada na rede e o novo Blog; e por último informando dunha nova que publica La Voz de Galicia na súa edición de hoxe.

[Clicar na foto para ampliar]
___________________

De: Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Meá"
-ocruceiromeha@yahoo.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 27 de Agosto de 2007 21:30
Asunto: Visitas e actuacións


O luns día 27 de agosto ás 12:00 horas, os veciños pechaos no concello de Mugardos recibiron a visita do Presidente e Vicepresidente da Sociedade Galega de Historia Natural, como acto de apoio e solidariedade.

Esa mesma tarde ás 20:00 horas, na praza do concello de Mugardos actuou o grupo A Faltriqueira, de Pontedeume. O grupo amosou en todo momento gran entusiasmo e interese en poder participar e achegar o seu granito de area na loita que os veciños da plataforma de veciños O Cruceiro de Mehá estamos mantendo contra a localización de REGANOSA no interior da ría ferrolá.

[Clicar na foto para ara ampliar]

Mañá martes 28 de agosto ás 19:30 horas, actuarán, nun recital de poesía, na mesma praza de Mugardos:

FERNÁN VELLO
EVA VEIGA
PEPE LEIRA
ROSA MÉNDEZ.

Plataforma de veciños O Cruceiro de Mehá
A RÍA E NOSA E NON DE REGAÑOSA

____________________________

De: Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Meá"
-ocruceiromeha@yahoo.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 27 de Agosto de 2007 22:37
Asunto: Novo enderezo do Blog



Queridos amigos, este correo é para avisarvos de que desde a Plataforma de veciños O Cruceiro de Meá, tivemos que cambiar de dirección web-blogg, debido a problemas técnicos co servidor.

A partir de agora, e esperemos que por moito tempo, sera a seguinte

http://ocruceirodemea.blogspot.com

Perdoade as molestias e ter en conta que por motivos de mobilidade de datos non estará completo ata dentro duns días, pero si que actualizaremos as actividades dende xa.


[Clicar na imaxe para entrar no novo Blog]

Grazas polo voso seguimento.

Nós, pola nosa banda seguiremos ata a vitoria final.

PLANTA DE GAS FORA DA RÍA

Un saúdo para todos e todas

Plataforma de veciños O Cruceiro de Meá

____________

De: Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Meá"
-ocruceiromeha@yahoo.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 28 de Agosto de 2007 10:44
Asunto: Noticia publicada en La Voz de Galicia [E ainda estamos empezando]



E aínda estamos empezando

Una filtración de gas nun tramo do gasoducto en Cabanas moviliza ao retén de Reganosa

Autor:
La Voz de Galicia
Data de publicación:
28/8/2007


O retén permanente disposto por Reganosa para vixiar os dous ramais do gasoduto que parte de Mugardos cara ás Pontes e Arteixo atendeu onte unha incidencia en Cabanas. Fontes oficiais de Reganosa informaron de que se produciu unha «filtración de moléculas de gas natural ao aire» nun tramo en obras do gasoduto.

A pequena fuga detectouse grazas a que o gas natural (é inodoro) leva incorporado un odorizante precisamente para que resulte fácil descubrir filtracións.

Reganosa sinalou que a cantidade de combustible que se escapou á atmosfera foi insignificante. A empresa achacou esta incidencia a que as condicións climatolóxicas dos últimos días (calor, humidade, entre outros) puideron provocar que se afrouxase unha válvula.

O retén de Reganosa resolveu o problema facilmente, segundo a empresa.

O lugar onde se produciu a filtración está afastado de casas, destacou a compañía, e localízase nunha posición onde conflúen os dous ramais do gasoduto. A tubaxe que vai ás Pontes xa transporta combustible, mentres que a que desembocará en Arteixo aínda non. Reganosa aínda deberá acometer as obras para que o gasoduto salve a desembocadura do río Eume, unhas obras de gran complexidade técnica.
_____________

Artigo de Xosé Manuel Beiras, "Do Courel a Corrubedo. III.- Enerxía a todo gas"

De: ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 27 de Agosto de 2007 20:29
Asunto: Artigo de Xosé Manuel Beiras, "Do Courel a Corrubedo. III.- Enerxía a todo gas"



Galicia Hoxe-26 agosto 2007

XOSÉ MANUEL BEIRAS
de catro a catro
Do Courel a Corrubedo. III.- Enerxía a todo gas

É vos unha historia patética. Queredes que así e todo vola conte? Pois velaí vai, logo. Primeiro fora a enerxía hidráulica transformábel en eléctrica: o potencial do país dos mil ríos coa orografía máis movimentada de toda a Penínsua. Sinalárao Valentín Paz Andrade nun seu libro pioneiro, Galicia como tarea: perderamos o tren da revolución industrial baseada na siderometalurxia, porque o noso sochán carecía de carbón de hulla e, asemade, o mineral de ferro que acobillaba non tiña, nen de lonxe, a calidade do famoso "rubio" vizcaíno, base da siderurxia vasca con carbón británico carrexado de volta nos mesmos buques que levaban mineral para aló. Non fora, pois, por falla de ideas e iniciativas: os altos fornos de Sargadelos foran precursores, inda no XVIII -mais funcionaban con carbón vexetal, feito a custe das fragas de frondosas da Mariña. Así que non fora, non, por falla de luces, no século delas. Fora por falla dos recursos básicos para esa caste de metalurxia e, primordialmente, do recurso enerxético fósil: o carbón de hulla. En troques, dicía o Valentín, tiñamos unha nova oportunidade coa "hulla branca": a enerxía hidroelétrica.

E así foi. Dixen que así foi? Corríxome: foi así tocantes ao aproveitamento da enerxía hidráulica para transformala en eléctrica; pero non foi así no aproveitamento da nosa enerxía hidroeléctrica para a transformación do noso país, é dicir, para o desenvolvemento industrial da economía galega. Nen sequer para os usos non industriais, for domésticos ou públicos, da enerxía eléctrica producida eiquí. Esprícome. Programouse o que deu en chamarse "aproveitamento integral" dos ríos galegos para a produción de eleitricidade. Enténdase: conversión dos cursos dos ríos en cremalleiras de represas e encoros en cadea. Resulta doado abesullar o que supuña un proxecto así para un país tan densamente povoado en habitat rural esparexido, como era daquela o noso, e onde máis de dous terzos da sua superficie era monte, as terras de labramio apenas unha sexta parte e, fóra das terras chás e penichaos, as millores veigas e cultivos intensivos achábanse nos vales, as ribeiras e as bocarribeiras -en léxico de don Ramón. Polo demáis, o resultado está hoxe mesmo ben á vista, inda con non chegar a ser "integral" a execución do proxecto programado daquela -meigas fóra, porque a intención é coñecida aínda agora. O que non está á vista son os custes económicos, sociais, ecolóxicos e meioambientais enxendrados polo aproveitamento hidroelétrico e padecidos por todos -o campesiñado,a natureza, o capital social básico do país- menos, precisamente, polas empresas concesionarias da esplotación enerxética dos ríos galegos. Iso non está á vista. Está na nosa intrahistoria -e, só a cachos, na clausura das hemerotecas.

A produción de enerxía galega pegou un ascenso vertixinoso. Non así o consumo interno. Pasouse axiña a "exportar" case dous terzos da produción. Investíuse en tendidos para levala fóra, cara Celtiberia. Non na rede de distribución interna. Ao pé dos saltos, á beira dos encoros, as aldeas non tiñan alumeado. Ou o que tiñan era de risa. Cos cartos dos emigrados, os paisanos encetaban a mecanización agraria: as munxidoras eléctricas non funcionaban; para pór a andar un motorciño de nada compría desenchufalo todo e apagar as luces da casa. Apandamos co asolagamento dos vales, pero, por mor das famosas TTU -tarifas tope unificadas- pagabamos a enerxía ao mesmo prezo que a centos de kilómetros de eiquí, pesia as perdas polo transporte en alta tensión a longa distancia. É coma se en Venezuela pagasen os carburantes ao mesmo prezo ca en Europa. Nen a industria, nen o agro, nen os fogares, nen as instalacións públicas galegas puideron aproveitarse para nada da "vantaxe comparativa" de sermos excedentarios en enerxía eléctrica. A enerxía producida emigrou ao mesmo tempo que centos de miles de labregos e labregas: en pleno apoxeo do "desarrollismo" español, o sector industrial galego non foi capaz de absorber nen a metade da xente que abandoaba o campo. Foi así, groso modo, como perdemos tamén -fixéronnos perder- o tren da "hulla branca" anunciado por Paz Andrade. Véxase, para mostra, Sidegasa, en Teixeiro, a única factoría de siderurxia non integral, con ferro vello reducido en fornos eléctricos: foi desmantelada en aras da reconversión siderúrxica europea, recén ingresado o Estado español no paraíso do Mercado Comun. Ou véxase o escándalo de plans tan serodios con nomes tan elocuentes coma "Electrificación rural" ou "Millora eléctrica de Galicia": cartos públicos a esgalla ás empresas eléctricas para faceren, á fin de século, o que tiñan que ter feito e non fixeran en decenios de espoliación das concas e os recursos hidráulicos dos ríos galegos. E nen con ésas.

Así que primeiro fora a enerxía hidroelétrica, dicíavos. Mais logo veu o turno dos lignitos para centrais térmicas: Meirama e As Pontes. Seica había lignitos tamén na Limia, debaixo do que fora lagoa -a de Antela, desecada. Saltara o tema no Parlamento de Fonseca, anos oitenta. Así que faltou un tris para que esbandullasen a Limia tamén -se cadra salvouse porque disque, coido recordar, estaban a moita profundidade, nos arrabaldos do inferno dos cobizosos, e non ousaron furar tan fondo, non foran chamuscarse. Pero non se salvaron As Encrobas, pesia a resistencia labrega liderada por Moncho Valcárcel, o rexo cura de Sésamo. Por certo que, cando se publicaran parte das listas negras do 23-F, o Moncho figuraba nelas como que tiña todo un arsenal de armas na sancristía da igrexa. Meu santo: il que nunca tan sequer dera unha ostia fóra da comunión. En Meirama e As Pontes repetíuse o conto dos encoros -só que, no canto de asolagárense vales, fixéronse caborcos imensos coma cráteres de meteoritos enormes caídos do ceo sobre as nosas cabezas.

Repetíuse, digo, o conto da espoliación de recursos naturais para nada, poisque o sistema eléctrico español seguíu na mesma: apandamos nós cos custes todos sen participarmos nen res nos beneficios nen en vantaxe ningunha para o desenvolvemento económico nen industrial. Mais empiorouse o conto en duas novas dimensións perxudiciais: recursos esta vez fósiles, portanto non renovábeis, e grave contaminación da atmósfera. Iso si: a potencia das novas centrais térmicas era incomparábel coa das hidroelétricas. Facédevos unha idea: cada unha das catro turbinas das Pontes ten unha potencia de trescentos cincuenta megawatios; o famoso salto de Belesar, onde mataran ao Piloto cando xa era inofensivo, non chega aos douscentos.

Así que a produción eléctrica "galega" pegou outro chimpo monumental. Claro que desque As Pontes entrou en actividade, cáseque a metade da enerxía producida ía destinada -e a prezos de favor, agora si- ao novo complexo metalúrxico do aluminio montado por duas transnacionais co INI na Mariña, en San Cibrán: o consumo enerxético dese complexo equivalía a un seis por cento da produción eléctrica española enteira naquela altura. Rizaramos o rizo: tiñamos un enclave de espoliación mineira para un enclave de enerxía termoelétrica ao servizo dun enclave de metalurxia do aluminio. Mais, nas estatísticas, Galiza sobranceaba en produción de eleitricidade e en produción de aluminio metal en tocho: cousa de meio millón de toneladas, nos primeiros postos do ranking europeu. E iso éravos "desarrollo" a todas luces -eléctricas, claro- ou seica non?.

Meirama e As Pontes esgotaron os respeitivos lignitos pardos en pouco máis de dous decenios -ademáis de levar a contaminación da atmósfera, a níveis proibitivos, até a Maía e o Courel. Si. Contábame o finado Apolinar que, hai anos, saían de Brión camións a eito carregados de cereixas. Até que entrou en produción Meirama: mirraron cerdeiras a mazo. E o Courel, pola altitude e a posición xeográfica, figura como un dos pontos máis castigados polos fumes contaminantes das Pontes con ventos do cadrante norte. Ora, esgotados os lignitos, qué facer? Para Meirama, a corte fraguiana achoulles ás eléctricas unha brillante solución, moi propria ademáis desa peculiar cultura política: queimar o lixo todo da Galiza. O lixo físico, material, enténdese. Mais, e para As Pontes? Tate: o ciclo combinado con gas natural.

E velaí o proxecto Reganosa. Velaí o fío invisíbel que nos conduce a Mugardos, na glotis da gorxa da ría ferrolán. Na versión enxebre fisterrán do "triángulo das Bermudas", o vértice nordesío cadra xustiño en Mugardos, mira ti, frente por frente do arsenal ferrolán -ría por medio. O rótulo indicador dese vértice leva esta curiosa lenda: "enerxía a todo gas". Euforizante, ela. Mais, agora que o penso, iso ben merece outra prédica dominical. Si, xa sei, profana. Até xa.


Enlace co artigo orixinal en Galicia-Hoxe
_________________

ESTEIRO-FERROL
ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-

Web veciñal
Blog veciñal

_______________

luns, agosto 27, 2007

Peche na Casa do Concello de Mugardos: Estado da situación, novas visitas, novas actuacións [música, poesia, ...]

De: Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Meá"
ocruceiromeha@yahoo.es
Para: artabra21@gmail.com

Data: 26 de Agosto de 2007 19:42

Asunto: Estado da situación, novas visitas, novas actuacións [música, poesia, ...]



Despois de 34 días de peche no Concello de Mugardos, por parte dos vecinos de Meha, seguimos sin ter contestación ás peticións de entrevistas realizadas ó Presidente da Xunta de Galicia, ó Director Xeral de Política Enerxética e ó Ministro de Industria, Turismo e Comercio. Polo tanto, seguimos á espera de que esas entrevistas nos sexan concedidas para explicar a nosa posición sobre as medidas contempladas nas diferentes autorizacións, constructivas e administrativas, que son de imposible cumplimento por parte de Reganosa, e para recordar que existe unha sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que indica a obligatoriedade de realizar un estudio de impacto ambiental, e non de efectos ambientais como se realizou. Esta sentencia, recordaredes é do ano 2006, encontrándose recurrida pola Xunta de Galicia e de Reganosa.

Hoxe día 26 de agosto visitou o concello de Mugardos o Presidente do Ateneo Republicano de Galicia, CARLOS ETCHEVERRIA, como acto de solidariedade e apoio aos encerrados quen cumpren 34 días na súa protesta contra a localización das instalacións da planta de gas de REGANOSA, no interior da ría de Ferrol .

Nas súas palabras afirmou a unidade de acción necesaria entre todos os colectivos para asi, sumar esforzos e derrubar ao despropósito que esa infraestrutura gasistica significa.

Recordar tamén que mañá Luns 27 de agosto ás 19:30 horas actuará na praza do cocello de Mugardos para tambien, mostrar o seu apoio e solidariedade cos encerrados, AS FALTRIQUEIRAS de Pontedeume.

O Martes 28 de agosto, terá lugar na plaza do concello de Mugardos un recital de poesía a cargo dos seguintes poetas:

FERNÁN VELLO
EVA VEIGA
XOSÉ LEIRA
ROSA MENDEZ

Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Meá"
ocruceiromeha@yahoo.es
http://ocruceiromeha.blogspot.es/
_____________

Valdoviño ou a costa de Cemento

De: ADEGA de TRASANCOS
CARLOS OUTEIRO BAAMONDE

Para: artabra21@gmail.com

Data: 27 de Agosto de 2007 07:20

Asunto: Enlace coa noticia de interese "Urbanismo na comarca e Miño"



Valdoviño ou a costa de Cemento


Adxunto vínculo a respeito do asunto.

O de portavoz de Adega-Trasancos é un exercizo de imaxinación da periodista
e o comentario sobre Pantín refírese a unha paisaxe luar non dunar.

Un saúdo, Carlos Outeiro.

Enlace coa noticia de interese en El Correo Gallego

________________--

domingo, agosto 26, 2007

Unha representación da veciñanza pechada na Casa do Concello de Mugardos, desprazouse en autobus até A Fonsagrada, concello da montaña do leste galego

Onte sábado, unha representación da veciñanza pechada na Casa do Concello de Mugardos e membros do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, desprazáronse en autobus até A Fonsagrada, concello da montaña do leste galego, o máis grande de Galiza [438,91 km²], mais pouco poboado [sobre uns 5.000 habitantes].

O motivo do desprazamento foi porque ese sábado, 25 de agosto, o Presidente Zapatero estivo na Fonsagarada nun acto político e un xantar. A veciñanza valorou que era un bon momento para amosar as faixas reivindicativas e o despropósito gasístico que están a facer no corazón da Ría de Ferrol.

Ía-se coa intención de poder achegar-se até Zapatero para entrevistar-se e entregar-lle a documentación do despropósito gasístico, mais sendo conscentes do difícil do asunto.

Outro obxectivo era o do efecto mediático, pois aun Presidente de Goberno, siguen-lle dúcias de medios informativos, polo que non se podía desaproveitar a ocasión, como así foi.

Nas inmediacións do polideportivo municipal, colocaronse, ben visíbeis, as faixas reivindicativas e denunciadoras contra REGANOSA e reapartiron-se boletíns informativos entre as persoas que acudiron ao acto, entre as que estaban xornalistas e representantes institucionais, políticos, ... Varios centos de exemplares do Boletín Informativo nº 13 do Comité Cidadán espalláron-se polo lugar.

Segundo informa o Coordenador do Comité Cidadán, Carmelo Teixeiro, á mesa onde estaba o Presidente do Goberno, chegou o citado Boletín Informativo, de mans do Subdelegado do Goberno en Lugo e do Senador Luís Angel Lago Lage que se entrevistaron con Luz Mariña Torrente, Presidenta da Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Meá" e representantes da veciñanza de Mugardos pechada na o Casa do Concello.

Achégase dito boletin nº 13
__________________



[Clicar no enlace ou acima da imaxe para entrar na Galería de diapositivos]


Platorma Veciñal "O Cruceiro de Meá
http://ocruceiromeha.blogspot.es/
ocruceiromeha@yahoo.es
_____________

Video enviado pola A.C. Fuco Buxán






fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es
fucobuxan@gmail.com

_____________

Noticia da Axencia Galega de Noticias:

Reganosa
O subdelegado do Goberno de Lugo entregaralle a Zapatero un informe do Comité Cidadán

Ramudo. AGN (Lugo).

Medio cento de manifestantes contra a planta de gas de Reganosa, pertencentes ó Comité Cidadán de Emerxencia da Ría de Ferrol, manifestáronse hoxe nos exteriores do Colexio de Educación Infantil e Primaria Santa María, en A Fonsagrada (Lugo), onde o presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero celebrou un acto político.

Ós manifestantes impedíuselles acceder ó centro educativo e repartiron dípticos entre as persoas que se achegaron ó mitin. Aínda que non puideron falar con Zapatero, o subdelegado do Goberno en Lugo, Jesús Otero, comprometeuse a entregarlle unha publicación elaborada pola plataforma.

Tras falar cos membros do Comité, Jesús Otero indicou que “só pola forma de comportarse merecen ser escoitados” e que “mantiveron en todo momento unha actitude moi correcta”.

25/08/2007

Enlace coa noticia orixinal

__________________

ENLACES DE INTERESE:

Moción de apoio á veciñanza de Meá nas súas demandas e que se xestione unhas entrevistas co Presidente da Xunta e o Ministro de Industria.

De: eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
Para: artabra21@gmail.com
Data: 24 de Agosto de 2007 15:19
Asunto: Moción de apoio á veciñanza de Meá nas súas demandas e que se xestione unhas entrevistas co Presidente da Xunta e o Ministro de Industria.



O Grupo Municipal de Esquerda Unida-IU ven de presentar no Rexistro Xeral do Concello unha moción de apoio aos veciños pechados no veciño Concello de Mugardos co obxecto de que sexa debatida no vindeiro Pleno da Corporación ferrolá

Esquerda Unida - IU entende que o Pleno da Corporación de Ferrol débese pronunciar sobre unha cuestión candente e importante para a
vida e seguridade da nosa cidadanía e, xa que logo, acordar solidarizarse coas demandas d@s veciñ@s pechados da Plataforma de
Mehá.

Non debemos permitir que nas cuestións fundamentais se impoñan os intereses espúreos económicos por riba da necesaria seguridade, que
resulta gravemente ameazada pola cercanía da planta de gas ás vivendas dos pechados na casa do Concello de Mugrados.

Razóns hai dabondo para escoitar aos veciños, dialogar con eles e chegar a acordos. Dende as administracións públicas tense que facer
traballo nese senso.

O Grupo Municipal de Esquerda Unida-IU vai tentar conquerir nun debate reflexivo que o conxunto dos grupos políticos do Concello se
pronuncien aprol dos veciños, os cales demandan dúas cuestións perfectamente asumibles:

- o apoio ás reivindicacións dos veciños e a solicitude dunha entrevista tanto co Presidente da Xunta como co Ministro de Industria.
- Para conquerir o punto anterior, demandamos que o Alcalde da nosa cidade se involucre e faga as xestións necesarios para elo.

Esquerda Unida-IU vai manter unha posición nidia de respaldo unha vez máis a cantas e cantos traballan e se esforzan por conquerir que a seguridade da nosa cidadanía pese máis que os cartos e os escuros e vellos convenios dalgúns.



MOCIÓN AO PLENO DA CORPORACIÓN MUNICIPAL DE FERROL

O Grupo Municipal de Esquerda Unida no Concello de Ferrol presenta para o seu debate en Pleno a seguinte Moción:

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Hai máis de 30 días que un grupo de veciños do Concello de Mugardos están pechados na Casa do Concello solicitando se lles conceda unha entrevista co Presidente da Xunta de Galicia e co Ministro de Indústria para explicarlles cal é a súa postura e as razóns que os moven a opoñerse á instalación da Planta de Gas de Reganosa no interior da Ría de Ferrol, expoñendo os continuos e múltiples incuprimentos da legalidade vixente que se están a producir neste caso.

Esta postura dos veciños da Plataforma de Mehá, é apoiada por gran cantidade de persoas de Ferrolterra, de Galicia, e incluso do Estado que comproban tristemente como os interese económicos dunha grande empresa priman sobre as leis.

En todo este tempo, parece ser que nin o Presidente da Xunta de Galicia nin o Ministro de Industria, tiveron un mínimo de tempo disponible para atender ás lexítimas razóns da poboación de Ferrolterra, que ve, preocupada, como se está a instalar unha indústria perigosa nas portas das súas casas.

A poboación de Ferrol sumase a esta preocupación, e por iso o Grupo Municipal Esquerda Unida solicita a aprobación dos seguintes puntos por parte do Pleno do Concello de Ferrol:

1. O Pleno do Concello de Ferrol apoia as reivindicacións dos veciños da Plataforma de Mehá pechados na Casa do Concello de Mugardos e solicita do Presidente da Xunta de Galicia e do Ministro de Indústria se conceda unha entrevista a unha representación destes veciños na maior brevidade de tempo.

2. O Pleno do Concello de Ferrol insta ó seu Alcalde a realizar cantas xestións sexan necesarias para conseguir as entrevistas dos veciños da Plataforma de Mehá co Presidente da Xunta de Galicia, e co Ministro de Indústria, debendo dar conta pública nun prazo de 20 días das xestións realizadas e dos resultados obtidos.


Ferrol, 24 de agosto de 2007

Asdo. Yolanda Díaz Pérez

Voceira do Grupo Municipal Esquerda Unida
_______________

sábado, agosto 25, 2007

Marcha Cidadá a Mugardos: os 17 Km a pé de Ferrol a Mugardos, foron un éxito. O movimento opositor a REGANOSA, está forte e concienciado.

Hai uns días a Asemblea Cidada reunida no local da Asociación Veciñal de Ferrol Vello, decidiu entre outras mobilizacións, facer unha marcha a pé até a Casa do Concello de Mugardos, onde se atopan pechados, desde hai máis dun mes, a veciñanza que vive nas proximidades da planta regasificadora. Onte, 24 de agosto, tiña lugar a Marcha Cidadá a Mugardos, cun grande éxito de participación e forza. O movimento opositor á planta de REGANOSA, medra día a día en conciencias e desexos de demolición da ilegal e perigosa planta, producto da corrupción política e de intereses económicos alleos aos do povo galego.

A Marcha Cidadá, comezou un pouco máis tarde do previsto saíndo con 111 participantes desde o peirao de Ferrol. Catro horas fixeron falta até chegar a Mugardos. No camiño fóronse unindo máis persoas, en Esteiro xente da Unión Libertaria e da asociación veciñal Fontelonga, en Caranza da asociación veciñal, en San Valentín de Fene, en Barallobre, ... e así até chegar a máis de 300 marchistas reivindicativos e solidarios. Só houbo un reagrupamento na Pedreira, máis non fixo falta agadar moito tempo para que chegase todo o mundo.

Baixar pola Travesa da Pedreira até os tanques de REGANOSA, convirtiuse nun estruendo de berros contra a planta de REGANOSA. En pouco tempo xa estabamos diante da Casa do Concello, onde agardaba a veciñanza pechada. Luz Mariña Torrrente da Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Meá", recibeu con alegría e palabras de agradecimento e loita ás marchistas.

Polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, falou Alexandre Carrodeguas:

Amigos e amigas, como tan ben dicía LINO BRAXE no seu emotivo artigo que tanto nos emocionou: Antes eramos veciños e veciñas, e agora sodes-somos, amigos e amigas; unha grande familia que voa soa como as águias ceibes e valentes, e non en manada como abutres de REGANOSA, que o fan en compañía dos poderes políticos, económicos e mediáticos.

Levamos 6 anos de mentiras loitando pola verdade, porque nunca nos acostumaremos a mentir e a que nos mintan. Porque nunca nos acostumaremos a que esta sexa a patria da picaresca, porque non queremos ser cómplices da corrupción, deste escándalo político e económico neste sistema, onde o diñeiro ten máis liberdade que as persoas.

Como ben dicía PATRICIA GABEIRAS no prólogo do libro editado por Fuco Buxán "Muros do Silencio", facendo referencia á película "Apaga y vámonos", queren tratarnos como tratou Endesa aos indios mapuches en Chile, desprazándoos do seu medio natural para construír unha central hidroeléctrica, e todo por intereses espúreos, e a vós quérenvos tratar igual, quérenvos desprazar das vosas casas, onde sempre vivistes, simplemente para favorecer os intereses de Reganosa. E os poderes políticos, no canto de estar ao servizo do pobo que os elixiron, están ao servizo do grande capital.

Esta herdanza de FRAGA e TOXEIRO está a ser xestionada polo actual Goberno, cando debería ser valente e desmarcarse deste despropósito. Porque se deberían facer unhas políticas para a xente e non simplemete xestionar as herdanzas recibidas.

Esta loita estámola gañando, cada vez é un tema que está máis presente na axenda política de Galicia, e é máis coñecido en todo o país. Temos avanzado moito nos últimos meses coa loita dos veciños e veciñas de Mugardos e de toda a cidadanía de Ferrol Terra.

Imos conquerir que este despropósito de REGANOSA, non sexa un feito consumado e trúnfe a xustiza, a razón e o sentido común.

¡¡¡ ADIANTE!!!

A RÍA E NOSA E NON DE REGANOSA

PLANTA DE GAS FORA DA RÍA

Unha vez máis o movimento opositor á planta regasificadora REGANOSA, demostrou que está forte e decidido a loitar. Onte veuse un movimento social con forza, cun discurso claro e argumentado. Un movimeto cidadán como este, se segue este camiño, conseguirá os seus obxectivos. Ánimo e forza. E a preparar a Manifestación do 30 de Setembro.

Galería fotográfica da Marcha Cidadá a Mugardos
[24.08.2007]

[Para entra clica no enlace ou acima da foto]


___________________

___________________

BLOG SOLIDARIO COA VECIÑANZA PECHADA NA CASA DO CONCELLO DE MUGARDOS


A Plataforma Ártabra 21, abreu un Blog en solidariedade coa veciñanza pechada na Casa do Concello, onde pretende subir todo o que ten e o que caia nas súa mans en referencia á loita desta veciñanza que xa vai pasar a historia do movimento popular e cidadán da nosa Comarca.

http://rompendo-muros-de-silencio.blogspot.com/
_______________

Cartaz aprobado polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, para convocar a manifestación cidadán do 30 de Setembro en Ferrol

[Se tés posibilidade difunde o cartaz na rede]
[ En versión impresa imos facer 1000 copias
]

[Para ampliar clicar acima do cartaz]

___________________

venres, agosto 24, 2007

Unha representación da veciñanza pechada na Casa do Concello de Mugardos, mantivo unha reunión este pasado 23 de agosto, co Subdelegado do Goberno

Unha representación da veciñanza pechada na Casa do Concello de Mugardos, mantivo unha reunión este pasado xoves, 23 de agosto, co Subdelegado do Goberno na Coruña, José Manuel Pose, co obxectivo de demandarlle a revisión dos permisos en probas que a Area de Industria e Enerxia Povincial emiteu para REGANOSA. Así como que revise os permisos que lle foron concedidos a Reganosa desde a autorización para a súa construción.


SOBRE OS PERMISOS EN PROBAS

REGANOSA, obtivo o permiso en probas, por tres meses, o pasado 4 de maio. Mais adiante, unha vez finalizado o citado permiso, a principios deste mes de agosto, a mesma Area de Industria, prorrogou este permiso por tres meses máis. Mentras, son xa seis os buques metaneiros que entraron ilegalmente na Ría de Ferrol, poñendo en perigo a miles de persoas que nas suas ribeiras vivimos.


IMCUMPRIMENTO DOS CONDICIONANTES DE SEGURIDADE

A avogada da Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Meá", presente como asesora na reunión, mantén que estes permisos son ilegais, alegando que só cabería a posibilidade dun permiso dun mes para probar o funcionamento das instalacións, non para funcionar unha planta regasificadora en probas sen cumprir todos os condicionantes de seguridade que están estabelecidos por lei e directivas europeas, para este tipo de instalacións altamente perigosas. A isto hai que engadir que hai duas sentencias do TSXG que anulan a tramitación de impacto ambiental aprobado pola anterior administración autonómica do goberno Fraga.

Segundo a representación da Plataforma, que se desplazou á cidade da Coruña, o Subdelegado do Goberno, mostrouse receptivo ás demandas veciñais.


OBXECTIVOS DAS ENTREVISTAS


A veciñanza pechada na Casa do Concello, ven cumprindo os obxectivos de entrevistarse cos responsabeis das administracións que teñen que ver coa posta en funcionamento de REGANOSA. Estas entrevistas teñen como obxectivo informarlles de primeira man, das demandas cidadás e os incumprimentos da mencionada empresa regasificadora. Mais ainda queda falar co propio Ministro Joan Clos e o Presidente Zapatero, últimos e decisivos responsábeis políticos, así como co Director Xeral de Industria ...


Á VECIÑANZA Á FONSAGRADA
OBXECTIVO: ENTREVISTA CO PRESIDENTE ZAPATERO


Este sábado, 25 de agosto, co motivo dunha visita do Presidente Zapatero á Fonsagrada, unha representación númerosa da veciñanza pechada na Casa do Concello e do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, vanse desplazar até ese concello, para intentar conseguir que o Presidente Zapatero os escoite e reciba a documentación que ten elaborado o movimento cidadán opisitor á actual localización da planta regasificadora de REGANOSA.


MARCHA CIDADÁ A MUGARDOS

Hoxe, venres 24 de agosto, vai ter lugar a Marcha Cidadá a Mugardos, un percorrido a pé de case 17 Km, con saída desde o Porto de Ferrol ás catro da tarde que está previsto que remate sobre as oito diante da casa do Concello, cun acto reivindicativo contra REGANOSA e de solidariedade coa veciñanza que xa leva máis dun mes pechada.


BLOG SOLIDARIO COA VECIÑANZA PECHADA

Noutra orde de cousas dicer que a Plataforma Ártabra 21, abreu un Blog en solidariedade coa veciñanza pechada na Casa do Concello, onde pretende subir todo o que ten e o que caia nas súa mans en referencia á loita desta veciñanza que xa vai pasar a historia do movimento popular e cidadán da nosa Comarca.

http://rompendo-muros-de-silencio.blogspot.com/
________________

xoves, agosto 23, 2007

Un mes de peche, un mes de loita, un mes de solidariedade

De: Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Meá"
ocruceiromeha@yahoo.es
Para: artabra21@gmail.com
Data: 23 de Agosto de 2007 09:05
Asunto:LOGO DUN MES DE PECHE

LOGO DUN MES DE PECHE

Mugardos a 23 agosto 2007

Despois dun mes de peche no concello de Mugardos (lembrade o 23 de Xullo), os veciños e veciñas pechados con carácter indefinido para, deste xeito protestar pola localización da Planta de Gas no interior da ría de Ferrol (REGANOSA), queremos agradecervos todas as palabras de solidariedade e ánimo que nos fixéchedes chegar día a día, e sen as cales, case con absoluta seguridades, non poderíamos aguantar tanto tempo.

Queremos decirvos con isto que, non desfalezamos, que a loita e dura, longa e o inimigo moi poderoso. Mais nós somos os que estamos en posesión da verdade, da racionalidade; somos un colectivo soberano e testazudo, como dixo un bo amigo noso: Somos esa maldita almorrá no cu de REGANOSA!!.

Lembrade que mañán é a marcha ás 16:00 horas desde o peirao de Ferrol ata o concello de Mugardos e que nos gustaría estar con todos vós.

Sabede tamén que o vindeiro sábado iremos A FONSAGRADA para que o Presidente do goberno español tome conciencia, coa nosa presenza, dos perigos a que ten exposta á poboación que vive na ría de Ferrol. Lémbrome, cando Zapatero gañou as eleccións xerais que un galego lle berrou: ¡¡¡ZAPATERO NO NOS FALLES!!!.

Esa mesma mensaxe é, a que a nosa presenza quere darlle a entender, xa que, están a poñernos unha bomba no noso Xardín.

Compañeiras e compañeiros, amigos e amigas, asociacións veciñais e demais colectivos que nos apoiades, a todos vos un abrazo de amizade e solidariedade destas veciñas e veciños que pelexan pola dignidade e a legalidade, de xeito conxunto con todos vós.

PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !
A RÍA E NOSA E NON DE REGANOSA !

Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Mehá"
______________


O Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol

Convoca:

MARCHA CIDADÁ A MUGARDOS

Contra a localización da Planta Regasificadora de Reganosa
dentro da Ría de Ferrol, sumándose á veciñanza pechada
desde o 23 de xullo na Casa do Concello de Mugardos.

Andaina de 17 Kms.

Venres, 24 de agosto de 2007

Saída do Porto de Ferrol, ás 16 hs.
Regreso en autobús de liña, ás 22 e 23 hs.

¡¡¡ PARTICIPA !!!


¡¡¡ A NOSA VIDA E NOSA E NON DE REGANOSA ¡!!!


Cartaz consensuado na pasada reunión [16.08.2007] do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.

Pregase difundir o cartaz.
Se alguén quere o cartaz en formato PDF a cor ou B/N que o solicite ao correo-e:
artabra21@gmail.com

[Clicar acima del para ampliar]


Faite coa túa bandeira da dignidade
[+ info]

Para ampliar a imaxe clica acima dela
________________________

mércores, agosto 22, 2007

Reganosa, ser ou non ser, artigo de opinión de Xesús López Fernández

De: ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 22 de Agosto de 2007 16:43
Asunto: Artigo de opinión de Xesús López, sobre REGANOSA


Reganosa, ser ou non ser
Xesús López Fernández

Luns, 20 de agosto de 2007

O enclave en Mugardos da pranta regasificadora de REGANOSA, xa en fase de probas por un periodo de tres meses, é algo que ven sendo noticia case tódo-los días. O Comité Cidadán de Emerxencia prá Ría do Ferrol ven denunciando dende hai tempo a serie de presuntas ilegalidades, como pode ser incluso o Plan de Emerxencia Exterior que a empresa presentou como un plus de seguridade, como un alarde de xenerosidade según o devandito Comité comenta, como se a súa elaboración non fose obrigatoria. A pouco que examinémo-lo plano da ría do Ferrol e a situación da regasificadora, teremos que concluir, coas xentes do Comité, que o PEE non vai protexe-la vida dos veciños da ría. Do Real Decreto 1254/1999 do 16 de Xullo –Directiva Seveso II— emana a obrigatoria redacción do PEE, sendo once as empresas galegas obrigadas por esa normativa, dúas delas precisamente na ría do Ferrol, ás que habería que engadir á Autoridade Portuaria, que autorizou varias veces o atraco nun peirao da ría, a metaneiros cargados de gas natural licuado, mercancía peligrosa.

Prá elaboración dos PEE a Administración deberá establece-los mecanismos de consulta á poboación afectada. O público terá de ser requerido pra opinar en: Proiectos de novo establecemento, Planificación do territorio e prá elaboración dos Plans de Emerxencia. A consellería de Xusticia está obrigada a que a poboación reciba a necesaria información dos riscos existentes e da conducta a seguir no caso de accidente, o que non se fixo en nengunha das fases do proiecto. Por outra banda o PEE deberá ser homologado pola consellería ó tempo que informada a Unión Europea, nunca reducido a un listado de teléfonos pra avisar dos accidentes que se poidan producir, que nunca ten valor de prevención. E acordémonos de que o Raminp sigue en vigor, a maiores do Decreto citado que se refire á Normativa Seveso II. Se según éste as autoridades deben velar porque se manteñan as distancias de seguridade, no Raminp establécese unha distancia mínima de dous mil metros do núcleo máis próximo de poboación agrupada.

¿Pero cómo pode un alcalde renunciar a que se cumpra o dito regulamento, como fixo o de Mugardos por escrito do 13.2.2004? O Comité Cidadán de Emerxencia lembra [citando ó T. Supremo] que a Administración Autonómica podería establecer, incluso, unha distancia superior, pero nunca os concellos poden desatende-lo mandato legal nen por medio de ordeanzas, nen de plans urbanísticos. Aí topámonos novamente coa necesidade de exerce-la acción cidadá, por deixadeza da autoridade municipal en asunto que a Administración xudicial parece ter moi claro. Son actuaciós desafortunadas [prás que cabe o calificativo de nulidade radical], nas que os grupos de presión creen estar por riba da lei e onde non faltan políticos que esquecen os seus deberes. O Comité cita unha sentencia do Tribunal Supremo sobre a edar de Aranda de Duero, ilegal por estar situada a menos de 2000 metros da poboación.

Á marxe do que queda argumentado, tódo-los días se producen novas en relación coa desafortunada actuación por ter enclavado unha regasificadora en lugar inadecuado, coa agravante do posible efecto dominó pola proximidade doutras actividades peligrosas. A actuación dos mariscadores que se poden ver seriamente afectados [os seus bloqueos a caceroladas], parece non é comprendida por certos comentaristas que opinan sobre Reganosa, en Mugardos, como un feito irrenunciable. En economía, as ideas deberían ser sempre claras, como unha ecuación, e Mugardos, non hai nada máis que ve-lo mapa, non é o sitio. Pra unha maior información sobre o tema recomendámo-la lectura dos dous últimos exemplares de Tempos Novos, que estudia a fondo toda a problemática relacionada co mal paso denunciado polo Comité Cidadán de Emerxencia. Cando hai unha normativa estatal como o Raminp, dí a revista, é de forzosa aplicación.

---
Outros artigos de interese no:

BLOG DE XESÚS LÓPEZ FERNÁNDEZ

____________________

Enlace co artigo orixinal no xornal.com

Recomendase entrar no artigo orixinal pois ten moitos comentarios de interes
_________________

ESTEIRO-FERROL
ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-

Web veciñal
Blog veciñal

_______________