mércores, xaneiro 30, 2008

Este venres, 1 de febreiro, o Comité Cidadán de Emerxencia, convoca unha concentración ante a chegada dun novo buque gaseiro con GNL para REGANOSA

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, nunha reunión celebrada hoxe, ante o anuncio dunha proxima chegada dun novo buque gaseiro, cargado con GNL, para a ilegal e perigosa REGANOSA, convoca unha nova concentarción, no Porto de Ferrol, o vindeiro venres, 1 de febreiro, ás 11 da mañá.

Como outras veces, a concentración vai ser sonora, polo que se prega que levemos as cacerolas e outros elementos de percusión.

Despois da Concentración no Porto desprazaremo-nos até o Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, diante da Praza da Porta Nova [Praza de España].

Características do buque: LNG SOKOTO, Bandeira de Bermudas, Eslora: 288,75 m. Manga: 48 m.


[Clicar acima da imaxe para ampliar]

A planta de Reganosa dende a súa entrada en funcionamento en probas o pasado mes de maio, converteuse pola entrada de gaseiros cargados na Ría, nunha ameaza real para a vida de miles persoas; para a riqueza marisqueira e o emprego; o patrimonio e o potencial turístico da Ría de Ferrol.

O pasado 7 de Novembro a Area de Industria e Enerxía de A Coruña, dependente do Ministerio de Industria, aprobou a Acta de Posta en Servicio da Planta, que o Comité Cidadán ten recorrido por canto Reganosa non ten acreditada a solución os condicionados da súa licencia de construcción, entre eles, o da distancia suficiente ata as poboacións según require o artigo 12 da Directiva 96/82/CE (Seveso II), incumplindo tamén os 2000 m que require o RAMINP. Outro requisito tamén imposible de resolver é a saida dos gaseiros nunha situación de emerxencia durante unha descarga ou no seu tránsito polo interior da Ría, según a norma EN-1532.

O Goberno Central ten a competencia e a oportunidade de paralizar a actividade de Reganosa sin ter que pagar indemnización algunha,en base os condicionados que non ten cumplimentados e que ademais son imposibles de resolver dentro da Ría. É por iso que reclamamos do Ministerio de Industria que revoque a Acta da Posta en Servicio de Reganosa.

O Tribunal Superior de Xusticia de Galicia pronunciouse a través de dúas sentencias que anulan a tramitación medioambiental de Reganosa, recorridas ante o Tribunal Supremo por Reganosa e a Xunta de Galicia, estando pendentes de que sexan ratificadas. Están admitidos a trámite por diferentes Tribunais, 12 contenciosos. Asemade foron presentadas sendas denuncias no mes de Novembro diante da Comision da Competencia, Medioambiente e Comision de Peticións do Parlamento Europeo.

O CCE, seguirá promovendo iniciativas tanto de orde xurídica, administrativa, de sensibilización, e de mobilización social ata acadar paralizar a ameaza de Reganosa, antes de que ocorra unha catástrofe que poida provocar miles de vítimas.

_______________


Desde a Plataforma Ártabra 21, secundamos a convocatoria do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol e chamamos a participar o vindeiro venres, 1 de febreiro, na concentración convocada, ás 11 da mañá no Porto de Ferrol e despois ante o Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.


________________

Xoves 31 de Xaneiro terá lugar en Ferrol a segunda Masa Critica, partindo do Cantón de Molíns o carón do palco da musica: Usa a bicicleta a diario

De: MasaCritica Ferrol -masacriticaferrol@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 30 de janeiro de 2008 18:26
Asunto: II MASA CRITICA FERROLÁN



II MASA CRITICA FERROLÁN

Usa a bicicleta a diario, celébrao unha vez o mes.

Maña xoves 31 de Xaneiro terá lugar en Ferrol a segunda Masa Critica, partindo do Cantón de Molíns o carón do palco da musica, ás 20:00.

A Masa Crítica é unha "coincidencia organizada" de ciclousuari@s que realizan un paseo colectivo pola cidade. Este evento celébrase mensualmente en máis de 350 mes"

Comezou en San Francisco (EE.UU) no ano 1992 a partires dunha xuntanza da SF Bike Coalition, Chris Carlsson propuxo que posto que había moita xente pedaleando polo centro e que as condicións para facelo eran realmente malas, por qué non quedar unha vez ao mes, facernos visíbeis entre nos mesmos e ao resto da cidade e voltar a casa todos/as xuntos/as. A idea aceptouse rapidamente e na primeira "quedada" xuntáronse 60 a tras un ano eran máis de 600.

O nome de "Masa Crítica" vendo documental "Return of the scorcher" de Ted White, onde se describían as normas de cruce nas interseccións nas grandes cidades chinesas definíanse como unha cuestión de masa crítica: O tráfico para cruzar ten que agardar ate que acada unha masa crítica que lle permite meterse e frear o fluxo principal de tráfico que vese na obriga de parar ate alcanzar a súa vez a masa crítica suficiente para poder circular de novo.

Con este comunicado animamos a toda a poboación a participar nesta bicicletada, para facernos visíbeis como un medio de transporte mais que circula polas nosas rúas. E formar un grupo estable para repetir esta actividade mensualmente, como xa esta esta establecido noutras cidades de Galiza.

[Para ampliar clicar acima da imaxe]

Mais info en : www.bicis.info
masacriticaferrol@gmail.com
__________________

Outra volta na Defensa da Fraga de Menáncaro

A Comunidade Menáncaro e as organizaçons ecologistas ADEGA, SGHN e VERDEGAIA, mantivémos umha reuniom o passado 17 de Janeiro, nos locais da delegaçom ferrolám da SGHN, para analisar a situaçom na que está o processo para a proteçom definitiva da Fraga de Menáncaro.

As organizaçons ecologistas e a Comunidade, venhem mantendo reunions de seguimento, entre elas e também co Concelheiro de Urbanismo, Sr. Mato.

A reuniom de mais calado, foi no mês de Julho do passado ano, onde participou o Alcalde, Sr Irisarri e vários concelheiros. Reuniom onde os representantes do Governo Municipal formulárom o seu plano de actuaçom, despois de que a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, através da DIRECCIÓN XERAL DE CALIDADE E AVALIACIÓn AMBIENTAL [11.06.2007] e da DIRECCIÓN XERAL DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE [06.07.2007], requerira ao Concelho, no praço dum mês desde a última notificación, a anular ou revogar o acordo de aprobaçon definitiva adoptado na sessom plenária extraordinária do 20 de abril de 2007. Cousa que ocurreu, por acordo plenario, o dia 3 de agosto de 2007, onde se aprovou a "proposta de iniciación do expediente de revison de ofício do acordo citado de data 20 de abril de 2007", para a sua anulaçom. Por motivos de índole administrativo o Concelho deixou transcurrir o praço máximo de três meses, para elevar ao "Consello Consultivo de Galicia" a proposta citada, polo que nom lhe queda mais remédio que iniciar de novo o procedimento, comezando pola convocatória dum pleno extraordinário, cousa que até agora nom se fixo.

No requerimento da DIRECCIÓN XERAL DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE, do 6 de Julho de 2007, na sua parte final, manifestava que o citado requerimento ten carácter de "dilixencia preliminar á presentación dun recurso contencioso-administrativo entre dúas administracións públicas, segundo dispón o artigo 44.1 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa", polo que exigimos à Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible que apresente o citado RECURSO.

Muitos son os motivos polos que no se tinha que ter aprovado o "Plano de Sectorización de Menáncaro-Serantes", mas a razom pola que a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, considera que o acordado polo Pleno do Concello de Ferrol o 20 de Abril de 2007, é nulo de pleno direito, é que o proxecto urbanístico non cumprimentou o trámite de someter a "Avaliación de impacto ambiental", procedemento de avaliaçom ambiental estratégica exigido pola Lei 9/2006, de 28 de abril.

Pola importáncia da notícia publicada no dia de hoje no jornal comarcal Diario de Ferrol, transcrevemos a mesma a continuaçom, assim como publicamos a nota de prensa enviada pola SGHN, no nome da Comunidade Menáncaro e as já mencionadas organizaçons ecologistas da Comarca.

DIARIO DE FERROL
30.01.2008
Presentan un contencioso contra a aprobación do proxecto de chalés na zona de Menáncaro
En abril do pasado ano, co grupo de PP e IF á fronte do goberno local e nun polémico pleno no que a oposición non estivo presente, aprobouse o plan de sectorización de Menáncaro. O proxecto de urbanización incluía a construción de 69 chalés de luxo e un hotel nas inmediacións dunha fraga centenaria.

REDACCIÓN > FERROL
A zona de Menáncaro conta cunha fraga centenaria que debe ser conservada

A pesar de que a Xunta informou desfavorablemente sobre o proxecto, a coalición PP-IF acolleuse a que este ditame foi presentado fóra de prazo para esgrimir a figura do silencio administrativo e dar o visto e prace ao plan.

O cambio de goberno (PSOE-EU) supuxo para o proxecto un novo xiro e así se anunciou que levaría a pleno a revogación do acordo do plan de Menáncaro, algo que respondía a un compromiso electoral e de pacto de goberno. O pleno da corporación aprobou, deste xeito, o 3 de agosto o inicio do procedemento de revisión de oficio de actos nulos de pleno dereito do acordo plenario de 2007, pero desde entón non se volveu a saber nada do tema. O único que se deu a coñecer, e non precisamente positivo, é que o expediente referido á urbanización de Menáncaro, resultado do acordo de agosto e que debería ser remitido ao Consello Consultivo da Xunta, caducou en novembro.

Ante esta situación, os colectivos opositores ao proxecto urbanizador da fraga de Menáncaro -Comunidade Menáncaro, Verdegaia, SGHN e Adega-Trasancos- acordaron nunha reunión mantida o rexeitamento á aplicación do silencio administrativo para a aprobación do proxecto, recordando que as resolucións de Medio Ambiente e da Dirección Xeral de urbanismo expuxeron no seu día que o plan non respondía á lexislación vixente, polo que non se lle podía aplicar o silencio administrativo.

Así mesmo, un dos propietarios afectados pola urbanización presentou un recurso contencioso contra a aprobación definitiva do proxecto, tendo en conta que o pasado 21 de xaneiro finalizaba o prazo establecido para tal fin. Así mesmo, reclámase das administracións competentes que se recalifiquen os terreos como chan rústico de especial protección, xa que a cualificación actual non respecta, a xuízo dos afectados, a Lei de Ordenación do territorio, Lei de Augas, Lei de Montes e Lei do Só, ademais de non adaptarse ao PXOM por non incluír un Catálogo de Bens Protexidos, non contar con tres hectáreas para edificación e non dispor de terreos regulares e de pendentes reducidas.

Estas medidas, segundo o colectivo opositor á urbanización, responden a un incumprimento dos seus compromisos por parte do goberno ao "non anular a aprobación definitiva do plan de sectorización de Menáncaro-Serantes e de protexer legalmente a carballeira existente nesa zona". Ante esta situación, que, segundo as entidades ecoloxistas e veciños da zona que integran a plataforma, limítase a ser unha declaración de intencións pero que non queda de manifesto en ningún documento legal, os afectados piden, ademais, unha entrevista urxente co alcalde de Ferrol, Vicente Irisarri, co obxectivo de que se lles explique o motivo do que consideran un deixamento municipal.

Desde o colectivo explícase que están dispostos a retirar o contencioso aberto se o Concello toma as medidas oportunas, pero, de non ser así, deben ser as entidades as que fagan fronte a esta situación para intentar salvar unha zona de máximo interese natural e que, polo menos deuse a entender, tamén interesaba ao goberno, aínda que aínda non fixo nada respecto diso.

Enlace coa noticia orixinal
________________________


De: SGHNFERROL -sghnferrol@teleline.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 29 de janeiro de 2008 11:50
Asunto: Nota de Prensa


Nota de Prensa
Prégase a súa publicación

@s afectad@s polo Plan de Sectorización de Menáncara-Serantes presentan un Recurso Contencioso contra a aprobación definitiva de dito proxecto.

Denuncian o incumprimento dos compromisos adquiridos polo Governo local de anular a aprobación definitiva de dito plan e de protexer a Carvalleira de Menáncaro.

Os colectivos opositores ao proxecto urbanizador da fraga de Menáncaro (Plan de Sectorización de Menáncara-Serantes); nomeadamente a Comunidade Menáncaro, Verdegaia, SGHN-Ferrol e ADEGA-Trasancos, mantiveron a semana pasada unha xuntanza na que se analizou a actual situación e se acordaron as seguintes accións a emprender:

- Rexeitar unha vez mais a aplicación do silenzo administrativo para tentar validar a aprobación do proxecto, dado que a Lei 9/2002, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galiza, no seu artigo 89.3 establece que non se aplicará o silenzo administrativo estimatorio cando os planos ou instrumentos contivesen determinacións contrarias á lei, aos planos de superior xerarquía ou ás directrices de ordenación. As resolucións prescriptivas da Consellería de Medio Ambiente e mais da Dirección Xeral de Urbanismo xa expresaron, no seu día, que o Plano de Sectorización de Menáncaro non se atiña á lexislación vixente, polo que non se lle pode aplicar o silenzo administrativo. Calquera actuación que desestime as prescripcións sinaladas levaría ao Concello a incurrir en graves infraccións urbanísticas.

- Presentación dun Recurso Contencioso contra a aprobación definitiva do devandito plan por parte dun dos veciños afectados polo proxecto, tendo en conta que o pasado 21 de xaneiro remataba o prazo establecido.

- Continuar esixindo ás administracións competentes o restablecimento da legalidade. Un dos requerimentos é que os terreos afectados se recalifiquen como Solo Rústico de Especial Proteción, dado que a cualificación actual (solo urbanizable non delimitado) non respecta as prescripcións da Lei de Ordenación do Territorio e infrinxe varios artigos da Lei de Augas, da Lei de Montes e da Lei do Solo, ademais de non adaptarse ao PXOM en varios aspectos:

a) O Plano Xeral inclúe esta zona no seu Catálogo de Bens Protexidos.

b) A superficie mínima establecida no PXOM para a edificación en cidade xardín é de tres hectáreas, superficie non existente no caso de respectar a carvalleira e máis o río e o seu bosque de ribeira.

c) Tamén se dispón que os terreos deben ser regulares e de pendentes reducidas, condicións que tampouco se cumpren.

O motivo polo que nos leva a emprender novas accións débese a que o actual Governo local incumpriú os seus compromisos de anular a aprobación definitiva do Plan de Sectorización de Menáncara-Serantes e de protexer legalmente a Carvalleira de Menáncaro. Por esta razón solicitamos, ademáis, unha entrevista urxente co Alcalde ferrolán para que nos explique o motivo deste desleixo.


*Máis información: 981352820 (SGHN) e 616039268 (Verdegaia).
________________

649779774 [ADEGA]
630287900 e 645158113 [Comunidade Menáncaro]
________________
Blogs da Comunidade Menáncaro:
http://menancaro.blogspot.com/
http://fragademenancaro.blogspot.com/
http://menancaroexpress.blogspot.com/
Correio-e da Comunidade Menáncaro:
menancaro@gmail.com

Sábado 2 de febreiro 2008: Ultranoite en defensa da ría de Ferrol

De: Alexandre -mpoulo@teleline.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 29 de janeiro de 2008 15:17
Asunto: Ultranoite en defensa da ría de Ferrol



Ultranoite en defensa da ría de Ferrol

reganosaEste sábado 2 de febreiro, ás 20:30 horas, o centro sociocultural Torrente Ballester (Ferrol) acollerá o espectáculo colectivo Ultranoite en defensa da Ría, producido pola rede de acción sociocultural Arredemo e Burla negra, a modo de homenaxe á veciñanza de Mehá e á xente do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, e como denuncia da actitude servil a intereses económicos particulares manifestada polos gobernos da anterior e da actual lexislatura, e que se traducen na imposición da planta regasificadora contra os intereses da cidadanía e do ben común.

O espectáculo que está programado para o sábado 2 ás 20:30 horas, contará coa participación, entre outros de: Chévere (Mónica García, Miguel de Lira, Xesús Ron...), Carlos Santiago, Espido (Guadi Galego e Guillermo Fernández), o Mago Romarís, Os da Ría, Clara Gayo, A Caricia da Serpe (Lino Braxe, Rómulo Sanjurjo), Volta e dalle (Pepe Penabade, Comba Campoy...), o colectivo de circo Pista Catro, Rebeca Montero, e os músicos Bernardo Martínez, Xoan Piñón, Xaquín Blanco, Suso Alonso e Xabier Olite, coa actuación estelar das "cantareiras e cantareiros de Mehá".
_______

Arredemo
Rede de Acción Socio-Cultural
http://www.arredemo.info/
______________

martes, xaneiro 29, 2008

Demandas do Ateneo Ferrolán ante o Concello de Ferrol

Paula -pmeizoso@gmail.com
Para: artabra21@gmail.com
Data: 29 de janeiro de 2008 22:32
Asunto: Comunicado do Ateneo Ferrolán

COMUNICADO DA XUNTA DIRECTIVA

O xoves, 17 de xaneiro de este ano 2008, un incendio intencionado (que se atopa baixo investigación policial), queimaba a porta de acceso ó Ateneo Ferrolán.
Pódense ver as fotos no noso enderezo web.
http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/2008/01/queiman-porta-do-ateneo-ferroln.html.

Desde ese mesmo día, o Concello de Ferrol (entidade propietaria do edificio) mostrou interés por arranxar os desperfectos.

Como aparece reflexado nesta nova da Voz de Galicia do 19 de xaneiro.

[....compromiso del gobierno municipal con el Ateneo y adelantó que los técnicos del Concello trabajarán «de xeito inmediato» para reparar los desperfectos que causaron las llamas. Con ese fin, ya el propio día del incidente, el concejal de Rehabilitación, Miguel Reimúndez se trasladó al Ateneo para conocer de primera mano el alcance de lo sucedido y analizar las acciones a acometer por parte del Ayuntamiento....]

A nova enteira no seguinte enlace:
http://www.lavozdegalicia.es/ferrol/2008/01/19/0003_6492778.htm.

Ainda que non saise na nova, a concelleira Beatriz Sestayo tamén pasou polas dependencias para ver in situ o acontecido

O sábado pasado, 26 de Xaneiro, como consecuencia dos desperfectos, o Ateneo sufriu outro incendio froito dun cortocircuito, provocado polas luces queimadas que iluminaban ate o día 17 a entrada a esta entidade cultural.

O Presidente deste Ateneo leva case quince días insistindo para que o Concello arranxe a entrada, e ata o momento non se realizou.

O Ateneo Ferrolán é unha entidade cultural sen animo de lucro con 129 anos de historia, e durante os últimos trinta anos un referente socio-cultural da Comarca, " Un lugar de encontro para a
Cultura" é o lema desta entidade.

O Ateneo Ferrolán desenvolve durante todo o ano actividades como:

  • É un lugar de encontro para moitas asociacións culturais, politicas e veciñais que atopan no Ateneo ese sitio onde facer moitas das suas actividades.

Baixo o noso punto de vista, O Ateneo, ten dúas cousas que o fan ainda máis valioso: Por unha banda, manter o posto de traballo de tres mulleres desde fai 25 anos e por outra ter no seu Patrimonio a única Hemeroteca da Comarca de Ferrolterra, que conta con exemplares editados en Ferrol no século XIX e principios do XX como Faro de Ferrol, El Eco Ferrolano, La Lucha, El Radical, La Democracia ou Diario Ferrolano dos que o Ateneo conserva os únicos exemplares.

A Xunta Directiva do Ateneo Ferrolán demanda do Concello de Ferrol que :

  1. Se arranxe de inmediato a entrada ó público. Pois nas condicións nas que se atopa, e logo do sucedido o sábado 26, periga tanto a vida das persoas, como a Hemeroteca-Bliblioteca, o Patrimonio da entidade e os edificios 202 e 204 da Rúa Magdalena.
  2. Se acometan as obras de REHABILITACIÓN tal e como esta contemplado no acordo de inversións (21 millóns de euros) que en Xullo do 2002 suscribiron o Goberno Local e a Xunta para a Rehabilitación do Barrio da Magdalena e Ferrol Vello.
  3. Se respete e se valore a unha Entidade Cultural con mais de 129 anos facendo Cultura con e para o noso pobo.

A Xunta Directiva do Ateneo Ferrolán

Ferrol, 29de Xaneiro do 2008

Ateneo Ferrolán, fundado en 1879.
REHABILITACIÓN DA SÚA SEDE, XA !!!!


www.ateneoferrolan.org

Enlace relacionado:
Atentado contra a Cultura: Incedio provocado contra o Ateneo Ferrolán
____________

venres, xaneiro 25, 2008

Comunicado do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, para a xornada de Acción Global do 26 de xaneiro de 2008

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, decideu participar na xornada internacional de Acción Global, convocada polo Foro Social Mundial, para o 26 de xaneiro de 2008 [FSM-WSF-2008].

Na Galiza esta xornada vai consistir nunha Asembleia Popular e unha pequena Feria de colectivos, sindicatos, plataformas e todo tipo de organizacións sociais que se celebrará na Facultade de Historia da universidade compostelán, co obxectivo de constituir o Foro Social Galego.

O Comité Cidadán, elaborou o seguinte comunicado para presentar na xornada de Acción Global:

Comunicado do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, para a xornada de Acción Global do 26 de xaneiro de 2008, convocata polo Foro Social Mundial

A planta de Gas de Reganosa ubicada no interior da Ría de Ferrol constitue a maior agresión medioambiental que se está a producir no país. Un caso gravísimo de corrupción financieira e política, exemplo dun modelo de capitalismo salvaxe ,no que unha minoría, para acadar o máximo beneficio, non repara en por en peligro de morte a miles de persoas ou liquidar un ecosistema do que dependen centos de mariscadores e a suas familias. A impunidade con que esa minoría asalta a legalidade vixente para acadar os seus propósitos, só é posible pola complicidade institucional (forzas políticas maioritarias) e mediática. Serva o exemplo recente: A Diputacion de A Coruña ,o Pleno do Concello de A Coruña, ou determinados cargos da Xunta homenaxeando como empresario exemplar a un dos impulsores de Reganosa (Sr. Tojeiro) e principal beneficiario deste caso de corrupción.

Dende a sua contitución no ano 2001, o Comité Cidadan de Emerxencia da Ría de Ferrol, así como a Asemblea Cidadán integrada por mais de cincuenta asociacions veciñais, ecoloxistas e culturais; veñen liderando a oposición cidadá a Reganosa, ao traverso da movilización social, da denuncia xudicial, administrativa e mediática.Unha loita que acabou rachando, a partires de maio do 2007, os muros de silencio impostos polo entramado que promove Reganosa, tralo bloqueo da entrada dos gaseiros na Ría,o peche dos veciños de Mugardos, a publicación do libro” Muros de Silencio” ou a divulgación de documentais, como “Un gasoducto no meu xardin” ou ”O salario do silencio”.

Cómo xurde Reganosa? Por qué a ubicación no interior da Ría?

No ano 1997, o Goberno Central privatiza Enagas , e ésta cancela o proxecto de Planta de Gas no Porto Exterior, a pesares de que tiña xa aprobada a Declaracion de Impacto Ambiental, e o lugar previsto gozaba do consenso social e político da bisbarra. Esta circunstancia foi aproveitada polo Sr. Tojeiro para, co apoio de Fraga , promover a construcción dunha planta de gas dentro da Ría de Ferrol, a carón do complexo petroquímico da súa propiedade “ Forestal del Atlantico” e cuia concesión marítimo terrestre caduca no 2017. Este acordo sustanciase no convenio asinado entre Fraga e os socios de Reganosa en xullo do 2000, nel se recolle en clausula confidencial, o compromiso da Xunta coa ubicación e a resolución dos problemas de viabilidade económica ou administrativa que tivese Reganosa. Como se comprobou mais tarde coa ubicación en Punta Promontoiro, o Sr.Tojeiro non só pretendia dotarse dun parauguas para prorrogar a concesión de Forestal do Atlántico, senon que levou a cabo un pelotazo urbanístico: unha soa parcela –na que logo se asentaron os tanques da planta- segregada de Forestal e rexistrada en Febreiro do 2001 por un valor de 47 millons de ptas. é transferida a Reganosa, un mes despois, por un importe de 737 millóns das antigas ptas.

Situacion Actual e Perspectiva

A planta de Reganosa dende a súa entrada en funcionamento en probas o pasado mes de maio, converteuse pola entrada de gaseiros cargados na Ría, nunha ameaza real para a vida de miles persoas; para a riqueza marisqueira e o emprego; o patrimonio e o potencial turístico da Ría de Ferrol.

O pasado 7 de Novembro a Area de Industria e Enerxía de A Coruña, dependente do Ministerio de Industria, aprobou a Acta de Posta en Servicio da Planta, que o Comité Cidadán ten recorrido por canto Reganosa non ten acreditada a solución os condicionados da súa licencia de construcción, entre eles, o da distancia suficiente ata as poboacións según require o artigo 12 da Directiva 96/82/CE (Seveso II), incumplindo tamén os 2000 m que require o RAMINP. Outro requisito tamén imposible de resolver é a saida dos gaseiros nunha situación de emerxencia durante unha descarga ou no seu tránsito polo interior da Ría,según a norma EN-1532.

O Goberno Central ten a competencia e a oportunidade de paralizar a actividade de Reganosa sin ter que pagar indemnización algunha,en base os condicionados que non ten cumplimentados e que ademais son imposibles de resolver dentro da Ría .É por iso que reclamamos do Ministerio de Industria que revoque a Acta da Posta en Servicio de Reganosa.

O Tribunal Superior de Xusticia de Galicia pronunciouse a través de dúas sentencias que anulan a tramitación medioambiental de Reganosa, recorridas ante o Tribunal Supremo por Reganosa e a Xunta de Galicia, estando pendentes de que sexan ratificadas. Están admitidos a trámite por diferentes Tribunais, 12 contenciosos. Asemade foron presentadas sendas denuncias no mes de Novembro diante da Comision da Competencia, Medioambiente e Comision de Peticións do Parlamento Europeo.

O CCE, seguirá promovendo iniciativas tanto de orde xurídica,administrativa,de sensibilización,e de movilización social ata acadar paralizar a ameaza de Reganosa, antes de que ocorra unha catástrofe que poida provocar miles de vítimas. Como parte integrante da “Rede Galicia Non Se Vende” nos movilezaremos para acadar que a manifestación “Contra a destrucción do territorio” a celebrar o vindeiro 17 de Febreiro en Santiago sexa un éxito.

Ferrol a 25-01-2008
___________________
Apoio económico para que
o Comité Cidadán de Emerxencia
poida desenvolver a súa actividade:

Blog solidario coa veciñanza de Meá
C.c. en BBVA, titular: Carmelo Teijeiro e otros.
Para ingresar desde unha oficina bancaria desde dentro do Estado:
0182-0181-59-0201548440

Para ingresar desde unha oficina bancaria desde fóra do Estado:
Codigo BIC: BBVAESMMXXX
IBAN
ES96 0182 0181 5902 0154 8440

Blog solidario coa veciñanza de Meá

luns, xaneiro 21, 2008

Ante a citaçom de 4 independentistas pola Audiência Nacional

De:Bruno Lopes Teixeiro -brunotrasancos@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 21 de janeiro de 2008 13:13

Asunto: Ante a citaçom de 4 independentistas pola Audiência Nacional



Caros companheiros e companheiras

Como talvez já tenhades sabido pola nossa difusom da notícia por diferentes vias, quatro militantes de NÓS-Unidade Popular que participárom na manifestaçom soberanista de Causa Galiza no passado dia 6 de Dezembro, detidos naquele mesmo dia, acabam de ser citados polo juiz da "Audiência Nacional" Grande-Marlaska.

O motivo é a denúncia policial contra os quatro companheiros, em relaçom à queima de um boneco que representava Juan Carlos I, umha vez concluída a referida manifestaçom. Pretendem acusá-los do inaudito delito de 'injúrias à Coroa', o que pode custar-lhes de 6 meses a 2 anos de prisom, ou multas importantes.

É nestes casos que os défices democráticos do Estado espanhol ficam mais claramente em evidência, com a perseguiçom de direitos fundamentais como o de liberdade ideológica e de expressom, além da acusaçom arbitrária a quatro manifestantes só polo facto de terem participado numha mobilizaçom soberanista.

É também nestes casos quando torna mais importante o apoio mútuo e a solidariedade com maiúsculas e por cima das legítimas diferenças no seio da esquerda nacional galega. Daí que nos dirijamos a vós para vos solicitar um pronunciamento público de claro rechaço à perseguiçom das ideias soberanistas e republicanas na Galiza.

Aproveitamos também para informar de que a nossa organizaçom vai disponibilizar transporte para levar a Madrid a solidariedade, mediante umha concentraçom em frente do edifício da Audiência Nacional, para reclamar a liberdade sem cargos dos quatro companheiros citados.

O preço do bilhete é de 35 euros. Podemos informar já dos horários e o lugar de saída dos autocarros que a nossa organizaçom porá a disposiçom dos galegos e galegas dispostas a viajar no mesmo dia 29 de Janeiro a Madrid, para apoiar a liberdade de expressom, a soberania da Galiza e a República Galega:

- Ferrol (As Pias): 00.00h

- Corunha (Sam Pedro de Meçouço): 0.30h

- Compostela (Avd de Lugo, altura estaçom autocarros): 1,15h

- Ponte Vedra (Pavilhom dos Desportos): 2,00h

- Vigo (Praça de Espanha): 2,20h

- Ponte Areias (L.S. Baiuca Vermelha) 2,45h

Esperamos contar com o vosso apoio e participaçom e, caso queirades algum esclarecimento ou mais informaçons, podedes telefonar para o número 669 778 474.

Recebei umha saudaçom independentista, socialista e nom patriarcal do
Bruno Lopes Teixeiro
Responsável Nacional de Organizaçom
________________

domingo, xaneiro 20, 2008

A Marcha Mundial das Mulleres convoca concentracións polo dereito ao aborto

A Marcha Mundial das Mulleres convoca concentracións polo dereito ao aborto


Diante das agresións e vulneracións de dereitos que veñen sucedendose nas últimas semanas, e que están afectando tanto a mulleres que interrumpiron o embarazo, como ao persoal que traballa nas clínicas onde se realiza a IVE, o próximo mércores 23 de xaneiro às 20hs a Marcha Mundial das Mulleres convoca concentracións en varias cidades do país:

* VIGO diante do MARCO
* CORUÑA no Obelisco
* COMPOSTELA no Toural
* FERROL diante do Edificio da Xunta
* PONTEVEDRA na Praza 8 de Marzo

A Coordenadora Nacional reunida o sábado 19 decideu comezar unha campaña de recollida de autoinculpacións que se presentarán nos xulgados o próximo 8 de Marzo, coincidindo co Dia Internacional das Mulleres.

ABORTO LIBRE E GRATUITO NA SANIDADE PÚBLICA XA!!!
__________________

Enlaces Relacionados:

Facendo fronte ás campañas reaccionarias contra os direitos das mulleres

xoves, xaneiro 17, 2008

Atentado contra a Cultura: provocan un incendio contra o Ateneo Ferrolán [17.01.2008]

De: Damch GZ -damchgz@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 17 de janeiro de 2008 19:03
Asunto: Fotos do Ateneo Queimado



Arredor das 13:25 horas do día 17 de xaneiro un fume denso alerta á traballadora do Ateneo que ao abrir a porta ve como está ardendo á entrada.

Qué medo pasei!

_______________

Blog do Ateneo Ferrolán
http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/

Correio do Ateneo Ferrolán
a_ferrol@teleline.es
___________

SOLIDARIEDADE ÁRTABRA CO ATENEO FERROLÁN

A Xunta Coordinadora da Plataforma Ártabra21, expresa súa SOLIDARIEDADE CO ATENEO FERROLLÁN ademais de nosa condena polo ataque intencionado no seu domicilio social, se isto ultimo se confirma.

Queremos salientar a súa presenza e necesaria labor social ademais de ser un destacado membro fundador- integrante da Plataforma Átabra21.

De confirmarse a súa intencionalidade por razóns ideolóxicas, esiximos ao Concello que abra unha investigación con todas as consecuencias e responsabilidades.

Ferrol a 18 de xaneiro de 2008.
A Xunta Coordinadora
_______________________

Documento para presentar diante das entidades que participan na Plataforma Ártabra 21

Documento para presentar diante das entidades que participan na Plataforma Ártabra 21

Estamos nunha encrucillada, logo de ser unha entidade que tivo certo protagonismo na vida asociativa e reivindicativa desta comarca. Principalmente no ámbito do concello de Ferrol. Pasa o tempo e non damos atopado o noso lugar dentro do movimento social que actua no noso contorno. Sexa polo protagonismo que a oposición a REGANOSA necesita ou por causas internas a nosa própria situación como modelo organizativo e sociopolítico. E por isto polo que, logo de varias reflexions e debates nas diferentes reunions que mantivemos desde o pasado 27 de maio, decidimos afrontar esta nova situación e plantar-lle cara com todas as consecuencias.

Este documento é o resultado dos diferentes debates e reflexións aos que antes facíamos mención. Pretendemos un xeito de debate coas diferentes entidades que conforman e “participan” como tais na PA21 que sexa individualizado con reprersentantes de cada entidade, logo realizaremos unha Asembleia Xeral. As pesoas que participarían no debate serían as que conformam a Xunta Coordenadora Aberta.

Os primeiros pasos sería a elaboración do Documento para o qual xá se apresenta um borrador-guiom e un calendario de xuntas, da própria Xunta Coordenadora e da Xunta Coordenadora coas diferentes entidades, para o qual é necesário contactar directamente coas pesoas que as representan.

Pontos para o Documento:

1º .- Que é a Plataforma Ártabra 21 ?
2º .- Como se xestou ?
3º .- Memória de Actividades.
4º .- Eleicións Municipais 2007.
5º .- A loita contra a planta de gas de REGANOSA.
6º .- Período de adaptación á nova situación.
7º .- Propostas ante o novo período:
a) Seguir como até agora.
b) Disolución
c) Constituir un colectivo


1.- Que é a Plataforma Ártabra 21?

A PA21 é unha entidade que agrupa a 15 colectivos e organizacións da comarca, e que permite a pertenza á mesma de persoas a titulo individual. A PA21 nace en 29 de maio de 2006, coa pretension de permanencia, é por iso polo que se dopta dun programa estratéxico e vai elaborando o táctico de asembleia en asembleia, en forma de resolucións. A PA21 ten un funcionamento asemblear e procura decidir por consenso. As asembleias son cada mes e entre asembleia e asembleia funciona unha Xunta Coordenadora que se reune como mínimo unha vez entre asembleias; funciona como o orgánismo que efectiviza os acordos asamblearios e á vez funciona como unha especie de permanente.


2.- Como se xestou a PA21 ?

A PA21 nasce em Maio de 2006, logo dun proceso de debate de vários meses. A iniciativa xurde dunha asemblea pública da Comunidade Menáncaro, á cal asiste Amadeo da Asociación Veciñal San Fernando e Colectivo Veciñal de Recimil que propom a unidade de acción de todos os colectivos que estabán daquela en conflito e tiñan importantes demandas contra o goberno municipal do PP-IF. A Comunidade Menáncaro, Colectivo Veciñal “Praza de Sartaña Sempre Pública”, Comisión Veciñal pola Recuperación de Ferrol Vello, Colectivo Veciñal de Recimil, Plataforma en Defensa dos Montes de Brión e Leixa e Plataforma na Defensa do Transporte Público e Alternativo; respostáron á chamada da unidade, mas tamén organizacións ecoloxistas interesan-se pola iniciativa [SGHN, ADEGA, VERDEGAIA, FUSQUENLLA , LAPIS VERDES, ...] e culturais [Ateneo Ferrolán, Fundaçom Artábria, AC “Fuco Buxan”, ...], também aparecen en escena organizacións políticas [Nós-UP, Esqueda Unida, Unión Libertaria, ...] e as asociacións veciñais “Fontelonga” de Esteiro e “O Rosario” do Inferniño. Miguel Raimúndez, de Ferrol Vello, elabora o primeiro borrador do documento de mínimos. Despois de debati-lo queda claro de que non se ía particiar nas eleicións municipais. No debate de se debían ou non estar os partidos políticos, pois o borrador inicial contemplaba o carácter apartidario da Plataforma na Plataforma hai discrepancias que se susanan ao abandoar a Plataforma algumhas das organizacións que se opuñan á entrada dos partidos. Acorda-se un documento final logo de vários cámbios e contributos significativos ao borrador inicial.


3º.- Memória de Actividades.

  1. Pronunciamentos públicos, apoios a diferentes colectivos e loitas.
  2. Asembleas xerais.
  3. Aloita contra a Planta de Gás
  4. A loita contra o proxecto de minipiscina e edififício que pretendia sacrificar a Praza Pública de Sartaña, para beneficios privados.
  5. A loita pola reabilitación do bairro de Recimil.
  6. A loita pola defensa da Fraga de Menáncaro.
  7. Aloita da Comisión Cidadán pola Reacuperación e Rehabilitación de Ferrol Vello.
  8. A loita pola defensa dos montes de Brión e Leixa.
  9. A loita pola defensa da Praza da Porta Nova, contra a especulación e a usurpación dos espazos públicos.
  10. Na defensa da veziñanza expropiada de Canido.
  11. As mobilizacións e actividades.
Na loita contra o despropósito da Praza de Porta Nova houvo bastante participación, consegui-se reunir baixo os “Convocantes” a 15 organizacións e colectivos. Realizarom-se tres manifestacións de grande importáncia cualitativa. Ademais realizaron-se duas ocupacións de obra que tíverom destacado interese mediático.


4º.- Eleicións Municipais 2007.

O que significaron as Eleicións Municipais do 27 de maio de 2007, de punto de inflexiom para a PA21. O cambio de goberno no concello de Ferrol veu supoñer a paralización de muitos dos despropósitos urbanísticos que defendia a dereita quando era maioria no Pleno Municipal. Hai un cambio importante na Casa do Concello e nas políticas que non satisfacen as nosas aspiracións, mas que sin paralizan ao corpo social e asociativo que apoia o proxecto da PA21.


5º .- A loita contra a planta de gas de REGANOSA.

A participación da PA21 nesta loita.


6º.- Período de adaptación á nova situación.

Neste novo período despois das Eleicións Municipais de maio, o barco da PA21 queda atracado, ao asumir as principais reivindicacións que nos mantiñan en actividade o novo goberno municipal. Esta asunción das reivindicacións por parte do goberno municipal non está esenta de contradicións.

Despois dun período de reflexión, un verán polo medio, ve-se que non hai unha boa resposta ás convocatorias, ainda que con sinceridade, a resposta foi moi desigual ao longo das outras convocatorias amnteriores ás eleicións., mais é significativo a falta de interese pola maioria de organizacións e colectivos que asinárom a constitución da PA21.


7º.- Propostas ante o novo período da PA21:

a) Seguir como até agora.
b) Disolución
c) Constituir un colectivo


a) Seguir como até agora.

Non hai posibilidades de funcionar como PA21 que agrupa a várias organizacións e colectivos, se estas mesmas non participan nen teñen interese. Non ten sentido continuar como unha grande Plataforma con aspiracións tan amplas como as que ten a PA21 e que non haxa unha resposta real ante estas aspiracións.


b) Disolución.

A disolución non é desesábel, mais torna-se necesaria se non queremos morrer por inanición. Desde que se realizou o Paseio polos Despropósitos Municipais, a PA21 non volveu dar sinais de existencia, estamos falando do 20 de Maio de 2007. Houbo diversas reunións mais sen quórum suficiente. A PA21 xá non é o que foi no seu momento. Se segue sen haber participación, non nos quedaría outra alternativa mais que a disolución.


c) Constituir un colectivo.

Constituir-se en colectivo cunhas aspiracións mais modestas, pode que sexa a solución mais axeitada, pois seria recoller a herdança da PA21 e manter unha chama acesa como um observatório que denúncie e se é o caso, mobilize e formule alternativas. Participe en pé de igualdade con outros colectivos e organizacións. Así como manter unha actividade de integración na Rede Galiza Non Se Vende, No Foro Social Galego, no caso de se constituir, asín como na Asemblea Cidadá e a Mesa de Traballo do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.
_____________________

Enlaces Relacionados:

Documento Constituinte da PA21

Relación de colectivos, asociacións e organizacións que forman parte da Plataforma Ártabra 21

_______________


Orde do Día da Asemblea Xeral da PA21:


Ponto Único:

Análise Organizativa, da participación e da actividade da PA21. Ratificación, Disolución ou Reformulación do Proxecto.

Varios:

- A Rede Galiza Non se Vende e a manifestación do 17 de Febreiro.
- As contas da PA21.
- A acción Global do 26 de xaneiro de 2008 e a constitución do Foro Social Galego.
- Outros
_____________________

mércores, xaneiro 16, 2008

A Plataforma Ártabra 21 prepara a Asemblea Xeral do vindeiro 29 de xaneiro

Este xoves 17 de xaneiro, ás 19:00 hrs, está prevista unha reunión da Xunta Coordenadora da PA21 de carácter aberta, para preparar a vindeira Asemblea Xeral onde principalmente está previsto analizar a situación organizativa da plataforma.

A reunión da Xunta Coord. terá lugar nos locais da Asociación Veciñal de Ferrol Vello, no Calexón do Cuco nº1 1º.

Outros pontos que temos que tratar e que están pendentes son:
  • Constitución da "Rede Galiza Non Se Vende" e manifestación do 17 de Febreiro.
  • Acción Global do 2008 na Galiza cara á constitución do Foro Social Galego.
  • A PA21 e o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.
  • A PA21 e a Federación de Asociacións Veciñais "Roi Xordo".
_______________

Documento de Apoio ao Debate nos Arquivos Ártabros:

Documento para apresentar diante das entidades que participam na Plataforma Ártabra 21

_____________________

Proxecto Aldea Verde de ADEGA, no concello de Agolada, no lugar de Ramil

Tags
Proxecto ALDEA VERDE de ADEGA
ADEGA pon en marcha un ilusionante proxecto, "ALDEA VERDE" (ver documento apegado) para mercar unha propiedade (lugar de Ramil, Agolada) e desenvolver unha batería de de proxectos dinamizadores do medio rural co común denominador da ecoloxía. Este proxecto pretende ser algo máis que un equipamento de Educación Ambiental e servir como plataforma de lanzamento dos proxectos e alternativas ecolóxicas que ADEGA propón para camiñar cara a sustentabilidade real. En breve pecharase a adquisición das fincas (ver mapa anexo) e comenzará o traballo de acondicionamento dos predios, para o que agardamos contar coa colaboración de todos os socios/as. Dada a dimensión do proxecto, son benvidas todas as suxestións e posíbeis aportacións (man de obra e tempo de traballo, asesoría profisional, doazóns de materiais...etc). Contactade coa nacional (981570099) para máis información.
___________

Visualizar o mapa ampliado

____________

Manifestación en Malpica o vindeiro domingo, 20 de xaneiro, contra o Plano Acuícola da Xunta

De: paviorcam@wanadoo.es
Para: artabra21@gmail.com
Data:
16 de janeiro de 2008 20:44
Asunto: 20 de xaneiro, contra o Plano Acuícola da Xunta


Seiruga Limpa volve a manifestarse o día 20 de Xaneiro
, domingo, contra o Plan Acuicola.

A manifestación tera lugar as 13 horas, empezara diante do Concello. Teñen confirmada a súa asistencia as plataformas de Merexo, Camelle e Arou. Invitamos a todo mundo a asistir. Despois da manifestación sabede que empezan as festas de Malpica amenizadas pola orquesta Trebol.
Habera unha Carpa por si chove.

DI NON CON NOS AO PLAN ACUICOLA

GRACIAS

Proposta de lectura dun artigo escrito por Miguel Fernández e Fernández, Almirante na Reserva e publicado na revista "Ferrol Análise"

De: Comitecidadan -comitecidadan@iespana.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 16 de janeiro de 2008 20:32
Asunto: transcripción do artigo escrito por Miguel Fernández e Fernández, Almirante na Reserva e publicado a finais de 2007 no numero 22 da Revista "Ferrol Análise"



Para quen non o leera, adxunto achegase unha transcripción do artigo escrito por Miguel Fernández e Fernández, Almirante na Reserva e publicado a finais de 2007 no numero 22 da Revista "Ferrol Análise", editada polo Club de Prensa de Ferrol.

No ano 1999 Miguel Fernández e Fernández era o Xefe do Arsenal Naval Naval Militar de Ferrol, cando o 26/8/1999, polo entón Almirante da Zona Marítima do Cantábrico, foi subscrito un informe contrario á localización dunha Planta de Gas dentro da Ría, ao que fai alusión neste articulo.)

Saúdos Cordiais

Carmelo Teixeiro

_________

Trascripción do artigo que foi publicado no numero 22 de Revísaa "Ferrol Análise", editada polo Club de Prensa de Ferrol. No ano 1999 Miguel Fernández e Fernández era o Xefe do Arsenal Naval Naval Militar de Ferrol, cando o 26/8/1999, polo entón Almirante da Zona Marítima do Cantábrico, foi subscrito un informe contrario á localización dunha Planta de Gas dentro da Ría, ao que se fai alusión neste artigo.

Enlace co artigo nos Arquivos Ártabros:
NA IDUSTRIA: UN RISCO ADICIONAL
______

Apoio económico para que
o Comité Cidadán de Emerxencia
poida desenvolver a súa actividade:

Blog solidario coa veciñanza de Meá
C.c. en BBVA, titular: Carmelo Teijeiro e otros.
Para ingresar desde unha oficina bancaria desde dentro do Estado:
0182-0181-59-0201548440

Para ingresar desde unha oficina bancaria desde fóra do Estado:
Codigo BIC: BBVAESMMXXX
IBAN
ES96 0182 0181 5902 0154 8440

Blog solidario coa veciñanza de Meá

Trascripción do artigo que foi publicado no número 22 de Revísta "Ferrol Análise", editada polo Club de Prensa de Ferrol

Localización dunha Planta de Gas
dentro da Ría de Ferrol


Miguel Fernández e Fernández, Almirante na Reserva


[Trascripción do artigo que foi publicado no número 22 de Revísta "Ferrol Análise", editada polo Club de Prensa de Ferrol. No ano 1999 Miguel Fernández e Fernández era o Xefe do Arsenal Naval Naval Militar de Ferrol, cando o 26/8/1999, polo entón Almirante da Zona Marítima do Cantábrico, foi subscrito un informe contrario á localización dunha Planta de Gas dentro da Ría, ao que se fai alusión neste artigo.]

Imos supor que eu fose terrorista. Nunha das reunións cos meus colegas, proporíalles: Para atacar as bases desta sociedade que odiamos, busquemos un escenario onde sexa fácil cometer un atentado a un enorme buque transporte de combustible, ou de substancias químicas, ou de gas e á súa planta de apoio, ou mellor aínda, aos dous ao mesmo tempo. Un porto que teña unha entrada angosta por unha canle facilmente accesible desde terra, no que os grandes buques só poidan entrar coa marea alta, que se atope situado moi preto de núcleos densos de poboación, para que se produzan máis danos materiais, humanos e ecolóxicos e que, ademais, de paso carguémonos unha importante base naval, neutralizando aos estaleiros de apoio, o arsenal e todos os buques militares....

Agora imos supor que eu fose un político sen moitos escrúpulos: Nunha das reunións cos meus colegas, ao tempo de degustar unhas exquisitas ameixas, desas que xa van quedando menos na ría de Ferrol, proporíalles: Imos apoiar un proxecto sen ter en conta os intereses dos cidadáns (cantos postos de traballo creáronse?), a modificar unha solución intelixente tomada anos atrás (o porto exterior pensouse, precisamente, para situar á planta de gas), a cargamos o atractivo turístico dunha fermosa ría, a debilitar a súa candidatura a Patrimonio da Humanidade, a pór en serio perigo as vidas dos cidadáns que nos votan, a non cumprir as normativas de distancias de seguridade nin de impacto ambiental; a construír unha autoría con diñeiro público que termine, vaia casualidade, na planta de gas. Ademais, existe a posibilidade de cargamos máis aínda a vida mariña e os cultivos de ameixa e outros bivalvos... que tamén os crían noutros lugares de maior interese para o noso partido.

En ambos os casos as respostas son coincidentes e, se se consegue o segundo suposto, facilítase enormemente o labor dos "pobres" terroristas.

Se pasamos das suposicións aos feitos sucede que en Mugardos nos instalaron unha planta de gas, en casa.

Entre as moitas formas de actuar do terrorismo marítimo pódense de enumerar: O ataque en alta mar a barcos que transporten mercancías vitais; a voadura en augas interiores ou no peirao de mercantes especialmente vulnerables; o ataque en porto a grandes buques con cargas perigosas, ben desde o aire utilizando aeronaves pequenas cargadas de explosivos, ben mediante ataques submarinos por mergulladores ou equipos de demolición suicidas, utilizando minas adhesivas. Estas ha posibilidades están contempladas nos manuais interceptados aos terroristas. Afundir un barco mercante capturado previamente, bloqueando unha canle estratéxica é unha das moitas continxencias posibles. Outra é un ataque desde terra con foguetes. Tampouco fai foi falta ter moita imaxinación para pensar que podería pasar se uns terroristas secuestran un buque transporte de materias química ou de gas e fano voar nas proximidades dunha cidade da costa.

As instalacións de LNG situadas na costa tamén poden atacar desde terra por medio de camións bomba con similares desastrosas consecuencias.

Os ataques de piratería multiplicáronse nos últimos anos especialmente en lndonesia Curiosamente a rede de Al Qaeda, comprou un número considerable de buques creando a primeira, forza naval terrorista da historia. Os buques están rexistrados con bandeiras de conveniencia dea Iemen ou Somalia. É lóxico que recorde aquí que unha das accións máis claras de antiterrorismo naval foi a interceptación por unha fragata española, nunha impecable e brillante acción, do buque norcoreano Sosan levando mísiles a Iemen en decembro de 2002. Unha excitante historia de piratas que nos retrotrae ás novelas de Emilio Salgari da nosa infancia, coa diferenza de que non era ficción imaxinada por un escritor, senón a crúa realidade dos tempos que corren. O final foi que ao barco autorizóuselle a seguir a súa viaxe pois se trataba de dous países soberanos e, xa que logo, suponse que respectables. O negocio é o negocio.

Que sucedería en caso dun ataque? As características do gas natural licuado (LNG) e a súa volatilidade ofrecen, nesta desgraciada era do terrorismo, moitas oportunidades de atentados a infraestruturas de apoio vulnerables que estean emprazadas preto de núcleos urbanos.

Segundo técnicos respectables un ataque dun terrorista cun bote bomba sobre un gasero pode facer que a metade da carga de LNG se escápe e se incéndie. En 3 minutos o lume pódese estender a uns mil metros do buque. Nun caso así non hai nada que se poida facer, non hai tempo de evacuar á xente ou de apagar o lume. Os estudos afirman que os maiores efectos terán lugar ata os 500 metros. A radiación térmica alcanzará os 1.500 metros e pode incendiar miles de fogares. e estes estudos son os que impuxeron as actuais medidas de seguridade que fixan un mínimo de 2 a 3 km de distancia aos núcleos de poboación. En todo caso os informes máis conservadores, é dicir, os das propias compañías que varren loxicamente para casa, sinalan como distancia mínima de seguridade unha milla (1.850) metros.

Como se dicía no informe do Estado Maior da Zona Maritima do Cantábrico de Agosto de 1999, as distancias ao centro urbano eran de 1.200 metros, ao centro 1.600, a Mugardos 900 e ao propio Arsenal 1.000 metros. Ese informe foi elaborado co soporte técnico proporcionado polo Arsenal, naquel momento baixo o meu mando. Os informes negativos da Armada non prosperaron pois había unha firme decisión de .levar adiante o proxecto.

Non deixa de ser curioso que un dos socios da planta de gas de Mugardos, ENDESA, estea construíndo unha planta en Livorno (Italia) 20 km mar dentro e presuma da súa tecnoloxía como clave do que representará o futuro dos proxectos de regasificación mundiais. Este feito fai que á burla sómese o escarnio, cando xa estaba previsto que a planta situásese nos terreos do porto exterior en Caneliñas. Acaba de chegarme a esperanzadora noticia de que o goberno italiano acaba de suspender o decreto de aprobación da planta de gas licuado de Brindisi por non cumprir a lei italiana nin a europea.

Distintos organismos oficiais recoñeceron o perigo da planta, e que é previsible que se produzan perdas humanas en caso dun accidente cuxa repercusión económica sería alta. As distancias de seguridade non se respectaron e a saída do buque, nunha urxencia, polos seus propios medídevos é imposible. As persoas e organismos públicos que tiñan que haberse manifestado no seu momento, inhibíronse.

No seu favor poderíase dicir que o que non sabe é como o que non ve. Naquel momento os cidadáns e poida que algúns políticos, quizais non soubesen, pero os técnicos si sabían e os que tomaron as decisións tamén sabían. E agora si sabe que o lugar adecuado desta e bomba potencial é o porto exterior de onde nunca se debeu desvincular. Se aos galegos sóbranos diñeiro para pagar cinco veces máis que o seu orzamento orixinal por unha Cidade da Cultura de dubidosa funcionalidade, ben podiamos aspirar a que un sopro de xuízo nos nosos dirixentes faga inexorable o traslado futuro da planta.
______________

luns, xaneiro 14, 2008

Convocado o Foro Negro, para o 19 de xaneiro en Compostela

De: Arredemo -info@arredemo.info-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 14 de janeiro de 2008 19:22
Asunto: SÁBADO 19 DE XANEIRO - FORO NEGRO


_

PARTICIPA NO FORO NEGRO
A necesidade de gobernar o descontento

SÁBADO 19 DE XANEIRO
INSTITUTO GALEGO DE INFORMACIÓN (IGI)
Santiago de Compostela

O vindeiro sábado 19 de Xaneiro a Rede de Acción Socio-Cultural Arredemo presenta a nova xeira do portal www.arredemo.info no Instituto Galego de Información (IGI) a poucos días do afastamento definitivo de Isaac Díaz Pardo da dirección do grupo Sargadelos. No contexto desta agresión, reábrese o Foro Negro como punto de encontro, reflexión, debate e denuncia das outras tantas agresións que estamos a padecer no social, no ambiental, no político e no cultural.

No mesmo día presentarase o número cero do Xornal Galicia como reflexión colectiva e análise da situación social e cultural do país, que servirá como documento base do foro e inciativa de apoio a Isaac.

Desde Arredemo e desde a Burla Negra chamámoste a formar parte da construción da rede de comunicación e distribución social coa que xa compartimos aventuras, despistes e fracasos, e algún que outro éxito en experiencias como Hai que Botalos.

Queremos contar contigo e con toda a túa experiencia para sumar forzas na construción dunha rede capaz de proporse accións á altura das esixencias do momento, seguros como estamos de que cando traballamos xuntos nos sentimos menos sós e acadamos mellores resultados.

Porque cando as cousas se sinten e o compromiso é sincero e libre as nosas accións resultan máis divertidas e os obxectivos a acadar semellan máis próximos.

O domingo 19 chocámonos as mans no edificio do IGI. Non faltedes.

Confirma a túa asistencia ou a do teu colectivo en
foronegro@arredemo.info

+info

Axúdanos a difundir esta convocatoria
_____________

Manifestación en Compostela o 17 de febreiro de 2008

[Para ampliar clicar acima do cartaz]

Do 14 ao 18 de xaneiro, actividades no Ateneo Ferrolán

De: a_ferrol@teleline.es
Para: artabra21@gmail.com
Data:
14 de janeiro de 2008 17:46
Asunto:
ACTIVIDADES no ATENEO FERROLÁN - Semana do 14 ao 18 de xaneiro 2008




ACTIVIDADES no ATENEO FERROLÁN
Semana do 14 ao 18 de xaneiro 2008

ATENEO FERROLÁN
-Fundado en 1879-
“UN LUGAR DE ENCONTRO PARA A CULTURA”
Rúa Magdalena 202-204, 1º - FERROL

ACTIVIDADES do 14 ao 18 de XANEIRO
________________

MARTES Día 15

ás 19 horas – MARTES DE CINE: CICLO “A CENSURA E O CINE ESPAÑOL”

“EL VERDUGO” de Luís García Berlanga (Referencia máis abaixo)

_________________

MÉRCORES Día 16

ás 19 horas – ASEMBLEA da ASOCIACIÓN CULTURAL XUBILADOS ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

________________

XOVES Día 17

ás 18 horas – CICLO CONFERENCIAS “CULTURA E SOCIEDADE NUN MUNDO GLOBAL”

Organiza: ALGA (Asociación Luso – Galega de Antropoloxía Aplicada)

“Sistemas sexo / xénero “matriarcais”: os Bijagós (Guinea Bissau) e os Zapotecas (México)”.

Imparte: ÁGUEDA GÓMEZ SUÁREZ

Presenta: Rosario Alabau Albors (Concelleira da Muller-Concello de Ferrol)

___________________

EXPOSICIÓNS no ATENEO FERROLÁN:

AXENDA

IV EXPOSICIÓN COLECTIVA ARTES PLÁSTICAS “PEQUENO FORMATO” 2007

Do 14 de decembro ao 15 de xaneiro
(Sala de Exposicións 1ª planta)


MARTES DE CINE


As proxeccións terán lugar todos os MARTES ás 19 h. no salón de actos do Ateneo Ferrolán.

XANEIRO CICLO “A CENSURA E O CINE ESPAÑOL”

15 de xaneiro: “EL VERDUGO” de Luis García Berlanga (1963)

Intérpretes: José Isbert, Nino Manfredi, Emma Penella, José Luis López Vázquez, Ángel Álvarez, María Luisa Ponte, María Isbert, Julia Caba Alba

Duración: 87 min.

Sinopse:

Jose Luis empregado nunha funeraria está a pensar en emigrar a Alemaña para converterse nun bo mecánico. Namorado de Carmen, filla de Amadeo, un administrador de xustiza, que parece ter solucións para todo, será sorprendido con ela na intimidade, polo que se vén obrigados a casar. Ante a afogante falta de medios económicos e a necesidade de buscar un piso, Amadeo convence a Jose Luis para que solicite a praza de vacante que quedará libre trala súa xubilación.
_______________

Blog do Ateneo Ferrolán
http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/

Correio do Ateneo Ferrolán
a_ferrol@teleline.es
__________

Convite a unha conferencia sobre "Cultura e Sociedade nun Mundo Global"

De: María Xesús Pena Castro
-presidenta.alga@anthroponet.org-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 14 de janeiro de 2008 00:21
Asunto: Convite a unha conferencia sobre "Cultura e Sociedade nun Mundo Global"


Cultura e Sociedade nun Mundo Global

Estimad@s amig@s:

Como presidenta da Asociación Luso-Galega de Antropoloxía (ALGA) teño o pracer de convidarvos á primeira conferencia no Ferrol do ciclo de conferencias "Cultura e Sociedade nun Mundo Global" que imos desenvolver nos próximos meses na cidade.

Esta primeira conferencia impartida pola profesora da Universidade de Vigo, Águeda Gómez Suárez, ten como obxecto a presentación de dúas sociedades -os bijagós de Guinea Bissau e os Zapotecas de México- que apontan á existencia de matriarcado, feito novedoso e de suxerente interés e posibilidades na vital cuestión do xénero na nosa sociedade. O programa da actividade propicia o debate e a discusión co público a partir dunha primeira intervención da experta duns corenta – cincuenta minutos. Achamos que esta posta en común constitúe unha boa oportunidade para compartir experiencias e plantexamentos polo que apreciariamos extraordinariamente a vosa asistencia e participación activa. A conferencia celebrarase o xoves 17 de xaneiro ás 18 horas no Ateneo Ferrolán. Águeda Gómez é experta en movementos indixenistas de México e desenvolveu traballo de campo entre os zapotecas deste país e os bijagós de Guinea Bissau, analizando as relacións de xénero nas dúas sociedades.

Con este ciclo de conferencias tamén nos propoñemos dar a coñecer a nosa asociación como un incentivo máis para a vida sociocultural da nosa cidade. Pontoalmente irémosvos informando do programa de actividades, que se estenderá ao longo do curso académico, cun ciclo de cine, distintos talleres e seminarios así como un simposio sobre cooperación no próximo mes de abril.
Agradecendo o voso interés, enviovos un saúdo en nome de ALGA:

María Xesús Pena Castro

Presidenta de ALGA

www.anthroponet.org

presidenta.alga@anthroponet.org
___________________

sábado, xaneiro 12, 2008

Cobramento do recibo da luz as abonadas da antiga tarifa nocturna

INFORMACIÓN SOBRE O COBRAMENTO DO RECIBO DA LUZ AOS ABONADOS DA ANTIGA TARIFA NOCTURNA

Ferrol, a 11 de xaneiro de 2008.

Como xa é coñecido o Real decreto 1634/2006 de 29 de decembro, polo que se establece a tarifa eléctrica a partir do 1 de xaneiro do 2007, modificado parcialmente polo real decreto 871/2007 de 29 de xuño, polo que se axustan as tarifas eléctricas a partir do 1 de xullo de 2007, fan desaparecer a chamada Tarifa Nocturna, obligando aos consumidores aboados á mesma a escoller, antes do 1 de xullo do 2008 unha das novas tarifas recollidas na lexislación.

As novas tarifas con discriminación horaria, que sustituen á tarifa Nocturna, ofrecenlle aos consumidores un considerable aumento de horas de consumo nas chamadas HORAS VAL (a mais económica, antigamente NOITE) 6 horas ao día mais, o que implica outras tantas horas de disminución de consumo en HORAS PUNTA (a mais cara, antigamente DÍA), tamen hai que decir que para compensar este aumento de horas “baratas”, tamen se incrmentou o precio do Kw/h. consumido nas horas punta, aproximadamente un 30%. Ao mesmo tempo obliga aos consumidores a LÍMITARA A POTENCIA DE CONSUMO AS 24 HORAS DO DÍA (a anterior Tarifa Nocturna non aplicaba a limitación da contratación de potencia no consumo nas horas noite), o que implica un tamén considerable AUMENTO NA CONTRATACIÓN DA POTENCIA se o consmidor desexa manter a calidade no servicio. Tamen obliga ao cambio dos contadores por novos contadores electrónicos con posibilidade de telexestión.

Todas estas novedades fixeron que, dende hai algún tempo, moitos dos nosos veciños contrataran as novas tarifas e as novas potencias de consumo, para adaptarse á nova situación, resultando que nalgún caso os novos contadores foron instalados, pero noutros casos non, polo que estos últimos veciños CONTINUAN COS ANTIGOS CONTADORES.

Como tamén é sabido o día 26 de decembro Unión Fenosa paosu ao cobro o recibo correspondente ao consumo relizado entre o 23/10/2007 e o 24/12/2007.

A esta Asociación chegou coñecemento de que na lectura realizada NOS CONTADORES DOS CONSUMIDORES QUE, NESTE PERÍODO DE TEMPO, XA OPTARON POR UNHA DAS NOVAS TARIFAS CON DISCRIMINACIÓN HORARIA E QUE AINDA MANTEÑEN OS CONTADORES ANTIGOS houbo un “DESGRACIADO ERRO”.

O erro consiste en que no recibo do que vimos a falar e a todo consumidor que optara polo cmbio de tarifa DEBENSE REALIZAR DUAS LECTURAS :

* A primeira ate a data en que se realizou o cambio de tarifa, liquidando o consumo de día, o de noite e o consumo por potencia ao precio que tiñan contratado ate dito momento
* A segunda dende o día en que se fixo efectivo o cambio de tarifa ate o último día da lectura, LIQUIDANDO O CONSUMO DE DÍA, O DE NOITE E A CONTRATACIÓN POR POTENCIA AOS NOVOS PRECIOS

Sen embargo para os veciños que non se lles cambiou o contador SOLAMENTE HOUBO UNHA LECTURA e, “ERRADAMENTE” APLICÁRONSELLES OS PRECIOS DAS NOVAS TARIFAS, INDEPENDENTEMENTE DO MOMENTO NO QUE SE FIXERA O CAMBIO DE TARIFA, o incremento do importe do recibo variará dependendo do momento do período no que se realizara o cambio de tarifa, canto mais preto do día límite de lectura (esto é o 24 de decembro) maior cantidade de euros que pagaremos indebidamente. Temos información de veciños que sufriron un INCREMENTO DE MAIS DE 50 € no recibo

Polo tanto a Asociación Veciñal O Rosario Inferniño quere informar a toda a veciñanza que poda atoparse con dita situación que COMPROBE OS RECIBOS DA LUZ E SE OBSERVARA DITA ANOMALÍA SE DIRIXA ÁS OFICINAS DE UNIÓN FENOSA PARA QUE SE LLE ABONEN AS CANTIDADES INDEBIDAMENTE PAGADAS.

Tamén queremos aproveitar para recordarlle aos responsables da citada empresa eléctrica que unha vez detectada dita anomalía deberían proceder de oficio á devolución das cantidades indebidamente cobradas aos usuarios, así como chamar a atención das distintas Asociacións de Usuarios e Consumidores e responsables políticos tanto municipais como autonómicos e estatais, que deben estar moi atentos a estes “erros” de empresas que constitúen monopolios sobre servicios de primeira necesidade xa que se converten en verdadeiros abusos sobre o cidadán.

Asdo.. Xosé Manuel SANXOAN CAAMAÑO
________________